Issuu on Google+

LETRAS GALEGAS 2013


ESCENAS TEATRAIS 3º ESO

UNHA CHARLA Á SOMBRA

(Tres anciás charlan animadamente sentadas nun banco á sombra dunha árbore) MARUXA: Oístes o que ían falando o cura e o Manolo hoxe á saída da misa? ROSA: (con cara de non saber nada) Non, Maruxiña, que falaban, Maruxiña? MARUXA: Pois ían comentando que a viúva do Millonario anda co fillo da Adeliña e do Ramiro. ROSA: Como que anda, Maruxa? Pasean xuntos? GENARA: Ai, Rosiña! Ben parva es, muller! Que vai ser? Que andan anoivados, muller! ROSA: Aaaah… GENARA: Ben, Maruxa, conta, conta! MARUXA: Pois dicía o Manolo que lle contou o Benito, que os viu esoutro día saíndo da corte do Ramiro. GENARA: (Sorprendida) Como?! Pero se a viúva é moito máis vella ca o Xoanciño! MARUXA: Xa o sei! El fai nada que se agochaba atrás das saias da Adeliña, e mira agora en que malos vicios foi caer… ROSA: (Levantando a voz) Viúva do demo! Non che elixe mal! MARUXA E GENARA: (Berran ao mesmo tempo) ROSA! ROSA: (Pegando un brinco moi asustada) Que?! Que foi?! GENARA: Pero ti como dis iso? Non sabes que o que fan é pecado? MARUXA: Iso! E ademais, non berres tanto, ou queres que o saiba toda a aldea? ROSA: (Con voz de arrepentimento) Ai… Tedes razón! Síntoo.


GENARA: (Mirando o reloxo) Ben, señoras, eu teño que marchar que xa van ser horas da cea. MARUXA: Xa marchas, Genara? GENARA: (Levantándose do banco) Marcho, que deixei ao Pepiño só na casa, e aínda lle vai dar a fame e arma unha avaría. MARUXA: (Erguéndose tamén) Bueno, pois acompáñote logo. GENARA: Pois veña, vamos. Disto que falamos nin unha palabra a ninguén! E iso vai por ti, Rosiña. MARUXA: Iso, entendido, Rosiña? (Rosa está absorta nos seus pensamentos e non contesta) MARUXA E GENARA: (Berrando) ROSIÑA! ROSA: (Asustada) Ai! Que?! MARUXA: Que non lle digas nada do que vos contei a ninguén. GENARA: A ninguén, eeh? NINGUÉN! ROSA: Que si, que si… MARUXA: Ben, pois nós marchamos. Ata mañá! GENARA: Ata mañá, Rosa! ROSA: Ata mañá, ata mañá… (Maruxa e Genara marchan e deixan a Rosa sentada no banco) ROSA: Pois eu dicir, non llo vou dicir a ninguén… Pero non entendo que misterio che ten ir a ver unhas vacas á corte…

Miriam Rodríguez, 3º C


CURAS E MARUXEOS

1º ACTO (No centro da escena atópase un confesionario cun cura barrigudo. Hai un lixeiro aroma a velas. Entra unha muller e axeónllase ante o confesionario)

PEPA: Bos días, Señor Padre. CURA: Bos días, señora. PEPA: Ave María Purísima. CURA: Sen pecado concibido. Que pecados ten, señora? PEPA: É algo moi grave (preocupada). CURA: Muller, non será para tanto. PEPA: Enganei o meu home co Manolo. CURA: Levoute o teu home no colo? Iso non é pecado ningún. PEPA: Non, ho, púxenlle os cornos ó meu home co… co Manolo. CURA: Que Manolo? Hai moitos por aquí (falando con picardía). PEPA: E que máis terá iso! CURA: Ai, Deus élle moi exquisito. PEPA: Foi co da Isabel. Bo, non sei para que dixen nada. CURA: Mire, a min non me importa, é Deus quen o quixo saber. PEPA: Ben, logo mellor… xa marcho. CURA: (retirando a cortina do confesionario e falando para sí). Xa mo temía, é a Pepa a Repichoqueira.


2º ACTO

(Está o cura na súa casa xantando na cociña, mentres a súa asistenta lava a louza)

CURA: Sabe o que? ASISTENTA: A ver, sorpréndame (con superioridade). CURA: Como siga así non llo conto. ASITENTA: Non, non, conte, conte. CURA: A Pepa a Repichoqueira púxolle os cornos ao home co Manolo da Isabel. ASISTENTA: Non me diga! (sorprendida). CURA: Pero non llo conte a ninguén, que a despido! ASISTENTA: Non, non, tranquilo, eu sonlle de fiar. CURA: Máis lle vale!

(A asistenta non cumpriu o seu silencio e contoullo á tendeira, a tendeira á muller do panadeiro, e esta a Luísa. A Luísa que era moi amiga da Pepa foi de visita á súa casa)

3ºACTO

( A Pepa anda na súa casa vendo a televisión e sen esperalo soa o timbre. A Pepa vai abrir a porta)

PEPA: Bos días, Luísa. Pasa, pasa. LUÍSA: Bos días, Pepa (está nerviosa).


(Luísa senta no sofá do salón e Pepa queda de pé)

PEPA: Queres algo, Luísa? Que tal un café? LUÍSA: Vale tráeme un, se non é moita molestia.

(Pepa marcha un rato e Luísa queda agardando no salón. Pasado un tempo chega Pepa con dous cafés na man)

LUÍSA: Moitas grazas. PEPA: Nótote un pouco nerviosa, Luísa, que che pasa? LUÍSA: Nada, nada (con nerviosismo). PEPA: Veña, conta! LUÍSA: Bo, é que… é que souben que lle puxeches os cornos ao teu home co da Isabel PEPA:Uff, curas e maruxeos só serven para os mareos! FIN

Breogán Vázquez, 3º A


NO PROBADOR

(Entra nai e fillo nunha tenda de roupa de xuventude e comezan a mirar as pezas)

RAPAZ: Mira, mamá, como me gusta este pantalón vaqueiro, e ese, e aqueloutro… NAI: Pero, Manoliño, non era mellor que os colleras noutra cor e non todos iguais??? Mira este que moderno é… (colle un pantalón roto e todo destinxido) RAPAZ: (Aumenta o ton da voz) Pero, mamá, como queres que poña esa cousa? Que queres? Que se rían de min??? NAI: Tampouco te poñas así, Manoliño.. non o dicía por mal.. (apesarada) RAPAZ: Veña! Veña! Imos probar estas cousas que topei por aí.

(Cambia o decorado e pásase para os vestiarios)

RAPAZ: Que che parece este pantalón e esta camisa para o sábado? NAI: Calquera che di nada… de maneira que te pos sempre.. pero quédache moi ben, meu ruliño!!

(Pasan uns minutos mentres o rapaz se cambia)

RAPAZ: Vaime por unha talla máis neste pantalón, que non consigo abrochalo… NAI: Vou.

(Despois dun bo anaco aparece a nai co pantalón e un montón de roupa máis ao seu agrado)


(Xusto cando lle vai dar os pantalóns e abre a porta dos vestiarios, o rapaz está en panos menores para seguir probando e pasan unhas súas amigas de clase. O rapaz pon a primeira peza de roupa que topa para que non o viran así)

NAI: Mira, Manoliño, esas non son as túas compañeiras de clase? NAI: RAQUEL! MARÍA! VIDE! VIDE! ASÍ AXUDÁDESLLE A ELIXIR A MANOLIÑO UNHAS PEZAS!!!

(Cando chegan as rapazas o rapaz tiña posto a peza máis hortera que a nai lle puidera traer sen darse conta)

RAPAZAS: Hahahahahahaha (Polo baixo) NAI: Manoliño, que ben che queda!! RAPAZ: MAMÁ, SEMPRE FAS O MESMO!! É MELLOR VIR SÓ A TER QUE VIR CONTIGO!! NON FAS MÁIS QUE INCORDIAR!!!!

(A nai marcha chorando)

Oswaldo Rodríguez, 3º A


SABER PEDIR

(A Filla 1 e Mamá están sentadas no sofá)

FILLA 1: Mamá! A que me deixas ir á festa de Mónica? MAMÁ: É que Mónica… Non, non me gusta que te xuntes con esa rapaza. FILLA 1: Pero por que? Mamá, que che custa? Só é unha noite. MAMÁ: Dígoche que non e punto! Mónica é unha rapaza que non che convén. FILLA 1: Pero mamá … MAMÁ: Xa está decidido (Berrando). E queres parar xa co teléfono? Vanche quedar os dedos deformes. FILLA 1: Boh! Non estou tanto. MAMÁ: Non, que va! Pasas todo o día diante dese aparello, falando con quen sabe quen! FILLA 1: Pois falo cos meus amigos, mamá... MAMÁ: Moito lles tes ti (supoño que escribiches tu porque se di aquí, non?) que contar, vállame Deus! Se teño que andar escribindo tanto coma ti póñome tola. FILLA 1: Boh, é que ti non o entendes, ti es... doutra época. MAMÁ: Estasme chamando vella? (Sorprendida)

(Entra a outra filla)

FILLA 2: Pois si! (ríndose) MAMÁ: Que paspallás es! As dúas todo o día co teléfono, vóuvolo acabar quitando. FILLA 1: Sabes?, mamá, non me deixa ir á festa, así que non creo que te deixe ir a ti.


FILLA 2: Como? Temos que ir! MAMÁ:

Non ides, non, porque non vos deixo, e con que saiba que ides, témola...

asegúrovolo! FILLAS: Mamá! Por favor! ( Pondo cara de pena) MAMÁ: Que non e punto, e que pelotas sodes cando queredes, Xesús! FILLA 1: Pero é que temos que ir. FILLA 2: Vai todo o insti! MAMÁ: Como se vai o cura da parroquia, tanto me ten, non ides e punto! (Berrando) E con que sigades insistindo quítovos o aparello ese que vos ten tolas, así que, xa sabedes. FILLA 1: (Levántase) Paso... Vou dar unha volta, vés? FILLA 2: Vou.. (Con cara de enfadada) MAMÁ: Volvede cedo á casa. FILLA 2: Que si! Pesada... MAMÁ: Como me chamaches? (Alterada, levántase do sofá) FILLA 2: Guapa, guapa... Marcho, chao. MAMÁ: Ah ben, deica logo. (Volve sentar)

(Pola noite, entra Papá)

PAPÁ: Boas noites! MAMÁ: Boas, viches as túas fillas pola rúa? PAPÁ: Non, e logo? MAMÁ: Pois porque lles dixen que volvesen cedo, e xa son as oito! Estarán ben? PAPÁ: Boh, muller! Aínda é de día, xa virán, son novas, déixaas.


MAMÁ: Si, claro! Se por ti fose andarían todo o día de troula... E non pode ser. PAPÁ: Non, iso tampouco, pero... é que ti... es algo nerviosa, deixémolo estar! MAMÁ: Como? Ben, o que me faltaba. PAPÁ: Non te enfades. MAMÁ: Déixame. PAPÁ: Pero, miña ruliña, cousa preciosa, se eu dígocho por ben, deixa as rapazas. MAMÁ: Ben, malo será.

(Chegan as rapazas)

FILLA 2: (Murmurando) Con que se decaten os papás de que tes mozo... póñense tolos! Quen vería a mamá! ( Rise) FILLA 1: Xa tía... pero ti cala! Que ti pronto soltas todo! FILLA 2: Que non, non te preocupes. MAMÁ: Que andades murmurando? FILLAS: Nada, nada. PAPÁ: Xa, claro. FILLA 1: Ben, papá, ti... déixanos ir á festa de Mónica? FILLA 2: A que si? PAPÁ: Por min non hai problema. FILLA 1: Pois dillo a mamá! PAPÁ: E logo? Ruliña miña, non as deixas ir? MAMÁ: Pois a verdade é que... PAPÁ: Que estivemos falando?


MAMÁ: Ben... vale! Pero só por esta vez (Sorrí) FILLAS: Grazas! Sodes os mellores! PAPÁ: Moito conto tedes vós! FILLA 1: Algo... (Rise) MAMÁ: Anda, marchade antes de que cambie de opinión. FILLA 2: Si. PAPÁ: Esperade! FILLAS: Que? PAPÁ: Nós deixámosvos ir se deixades de estar co teléfono todo o tempo; esta semana só unha hora ao día. FILLA 1: Pero papá! PAPÁ: Temos trato ou non? FILLA 2: Por min si, pero non me gusta moito... FILLA 1: Ben... vale... PAPÁ: Pois xa está decidido! FILLA 2: Nós imos ao cuarto. MAMÁ: Vale.

(As rapazas marchan)

MAMÁ: Ben listo me es! Sempre acabas parecendo o bo e eu a mala. PAPÁ: Primeiro hai que pensar (rise) e sempre sairán as cousas mellor. MAMÁ: Xa vexo xa. Marta Opazo, 3º C


TRASTORNOS DE PERSONALIDADE

Doutor: Bos días, señora Luz! Luz: Mariluz para os coñecidos se non lle importa. Doutor: Moi ben, Mariluz. Cónteme, como vai súa nai? Sentoulle ben o tratamento? Luz: Bueno, a verdade é que estanlle a pasar cousas un tanto estrañas. Doutor: A que se refire? Luz: Como… Trastornos de personalidade… Doutor: Como di? Luz: Por exemplo: o outro día botouse un bote de ketchup na cabeza e tirouse polas escaleiras dicindo que era a nena do exorcista… Cada día fai algo diferente. Doutor: Ben, eu agora teño un apuro, e teño que marchar, que vai parir a porca do meu primo. Pero tráiame a súa nai dentro duns días e miramos as posibles causas.

(Ese mesmo día ao chegar Luz á casa)

Luz: Ánxela, Anxeliña miña, onde estás, mamá? Ánxela: Aquí.

(Luz entra na habitación onde está Ánxela).

Luz: Pero, mamá, que fas intentando montar un berce? De onde o sacaches? Ánxela: Compreino. Luz: Pero, para que?


Ánxela: Que vas ter un irmán. Luz: Que?! Pero de quen? Ánxela: O Espírito Santo preñoume.

(Ánxela marcha correndo da habitación) (Ao día seguinte no médico)

Doutor: Bos días, señora! Luz: Bos días, doutor! Doutor: E súa nai non veu? Luz: Si, si, vén agora que foi ao servizo. Doutor: E que tal anda? Luz: Moi mal, onte dicía que a preñara o Espírito Santo. Doutor: Ai, Xesús…

(Nese momento entra Ánxela pola porta cun extintor na man)

Ánxela: (Berrando) Rápido, señores, están ardendo! (Sóbese Ánxela na mesa do doutor e comeza a botar a espuma do extintor). Doutor: Pero que fai?! Xesús, pare quieta! Vaiámonos rápido antes de coller unha intoxicación!

(Ao día seguinte na mesma sala do doutor)


Luz: Bos días, doutor! Doutor: Esperemos que sexan bos, porque miren como quedou a sala. Luz: Síntoo moito, perdón. Doulle todo o diñeiro que gastou en arranxar a sala. Doutor: Non, deixe, xa está todo máis ou menos arranxado. Luz: É que miña nai non sabe o que fai. Ánxela: Como que non sei?! Indo por enriba de que vos salvo a vida. Doutor: (Berrando) Si, salvou, un carallo! Ánxela: (Berrando máis alto ca o doutor) Mire, eh! A min non me levante a voz. Doutor: Inda por enriba quererá ter razón, que vostede está coma unha cabra! Ánxela: Vostede siga, e xa verá que hostias leva. Luz: (Berrando) A ver, xa vale! Doutor, mire a miña nai, faga o favor. Doutor: Non lle hai nada que mirar, está louca e acabouse, lévea a un psiquiatra. Luz: Pero, pero… Ela está ben, é pola idade. Ánxela: Mirade, discutide o que queirades. Eu teño que ir matar a Brancaneves. ( Levántase e vaise da sala) Doutor: Si, mire que ben está. Luz: Ela está ben, e que é moi graciosa. Doutor: Si, e o de onte tamén foi unha broma? Vaia broma. Luz: Mire, eu creo que xa sei o problema que ten, creo que ten dobre personalidade. Doutor: Dobre? É moitas máis. Luz: Por favor, fágalle algo. Doutor: Eu non lle fago nada, váiase e lévea a un psiquiatra.

(Dous días máis tarde noutra clínica)


Luz: Bos días! Doutor: Bos, boísimos! É vostede a paciente? Luz: Non, é miña nai. Ánxela: Serei eu, aínda que non teño nada! Doutor: Que son? Irmáns? Ánxela: Non, que va! É miña filla, só que a tiven moi nova, tiña 13 anos. Foi un erro, arruinou a miña carreira como cantante, eu neses tempos competía contra Madonna. Doutor: Ah, é que son iguais, moi ben, moi ben. Pero que lle pasa? Ánxela: Eu, doutor, estou ben. Pero din que estou mal porque, doutor, voulle ser clara. Vin a virxe, díxome que seguira o camiño do Señor, que matara a Brancaneves. O fillo que estou esperando é o novo Mesías, é o oitavo ananiño. Doutor: Ooooooooh… Eu tamén a vin, e díxome que tiña que coidar dunha muller que estaría embarazada do Espírito Santo. Esa es ti, Ánxela. Casa comigo, xuntos seguiremos o camiño do Señor. Ánxela: Si, meu amor. Vaiámonos moi lonxe.

( O doutor e Ánxela cóllense da man e marchan correndo)

Luz: E eu?

(Nese momento entran dous axentes e unha señora pola porta)

Axente 1: Non se mova, vostede queda detida. Luz: Pero, eu? Por que? Axente 2: Cale!


Axente 1: É está a muller? Muller: Si, é ela, foi a que entrou na miña casa dicindo que era Batman, e fuxiu co meu bebé! Axente 2: Queda detida, ten dereito a contratar un avogado… Luz: Eu non fixen nada, por favor, isto debe ser unha confusión. Axente 1: Pásame as esposas. Luz: Xa sei, non fun eu, sería a miña nai que fai dous días dicía que era Batman, sóltenme, todo ten unha explicación razoable. Axente 2: E onde está a súa nai? Luz: Acaba de marchar correndo. Axente 1: Está mentindo. Muller: Estou segura de que é ela, é igualiña. Luz: Que eu non son! Axente 1: (Berrando) Cale xa!

(Os axentes, a muller e Luz abandonan a habitación)

María Losada, 3º C


O LAPÓN, O ROSMÓN E O LADRÓN

(Están dous policías, xefe e o seu subordinado, agochados detrás dun coche, esperando a que un ladrón saia dun banco con diñeiro roubado)

POLICIA: Mira, ese é o home que estamos a buscar. MIGUEL (subordinado): Si si, é o home que buscamos! (berra a todo pulmón) POLICIA: Miguel, non berres tanto! Non te acordas? Estamos de incógnito, cacho parvo! MIGUEL: Oh, é verdade! Síntoo, xefe! POLICIA: Ti sentes todo, como cando case me atropelas! Non aprendiches na escola de policías que non se debe berrar? MIGUEL: Bueno, si, creo eu... P: Como que cres? M: É que, o policía asignado ao meu grupo era o vello de Lourenzo, que non se decata de nada. LOURENZO (dende o micrófono que levan os dous na orella): Como que vello? Mira, Miguel, cando te pille, xa non terás nin oportunidade de atropelar a ninguén!!! MIGUEL: Lourenzo? É vostede? Onde está? Non o vexo! P: Miguel, na túa orella... M: Que? Don Lourenzo está na miña orella?! P: Larpán! No micrófono da orella! LARPÁN É LARPEIRO, LAMBÓN, NON ENCAIXA M: Está nun micrófono? P: Hai dios santísimo, dáme paciencia.... ESTÁ NA OUTRA LIÑA QUE DÁ CO TEU MICRÓFONO DA ORELLA! M: Xefe, non era que non se debe berrar? (Cun sorriso de pícaro).


(O policía suspira polo baixo. Cinco minutos máis tarde, Miguel empeza a moverse moito)

P: Pero a ti que che pasa? Tes pulgas no cu ou que? M: Non, xefe, é que teño que facer pipí... P: Como? Pipí? Agora? M: Si, é que bebín tres coca-colas para non durmir. P: Cun café non che chegaba, ou? M: Non, porque se me alborotarían as hormonas e non paro quieto. P: Para non estar quieto, a ti, non che fai falla nin coca-colas nin ostias. M: Xa, ben... Iso non quita o feito de que me estou mexando! P: Pois foras na comisaría, agora quedas quieto e pendente a ver se sae o outro lapón. M: Pois tereime que aguantar...

(2 minutos máis tarde...)

P: Miguel! Xa sae! Agora tócache a ti! Vamos, vamos, vamos! M: Xa vou, xa vou... (Miguel levántase do chan e empeza a correr pero da media volta). P: Pero ti que cona fas!? M: Que non sei que dicirlle! P: Como que non sabes?! M: Non me berre, que non son un super-policía con memoria extra-grande! P: Meu deus... Algún día destes afogareite coas miñas propias mans! M: Vamos, déixese de tonterías e dígame o que teño que dicir! P: Dille: Quieto, as mans enriba da cabeza!


M: Ok, ala vou! (Miguel corre ata chegar a tres metros do ladrón) M: Dille: quieto, as mans enriba da cabeza! (bérralle ao ladrón) P: Será idiota... LADRÓN: Quieto, as mans enriba da cabeza! (Miguel, todo asustado, levanta as mans) M: Xefe! Xa o collín! (O xefe sae coa pistola na man cara o lugar onde se atopan Miguel e o Ladrón) P: Miguel, serás lapón! Ti tíñaslle que dicir a este: Quieto, as mans enriba da cabeza! Non el a ti! M: Ben, non son perfecto!

(Cinco minutos despois, o ladrón xa esta de camiño a comisaría, e Miguel achégase ao seu xefe.)

M: Que, xefe, tan mal non saíu! P: MIGUEL, NON CHE METO A PISTOLA POR UNHA ORELLA PORQUE NON CADRA!!! M: Non se lle debe berrar a ninguén, xefe, que é de mala educación. (sorrindo e chiscando un ollo ao seu xefe).

Lara Schery, 3º A


DISCUSIÓNS ABSURDAS

(O sábado pola mañá, coma de costume, dúas amigas foron de compras ó centro comercial)

Amiga 1: Que che parece este pantalón? A min encántame, vouno probar a ver que tal me senta! (Sinalando ó escaparate da tenda) Amiga 2: Pero ti ves ben? A min paréceme totalmente hortera! Non os poría nin para ir ó Entroido! (A punto de escachar coa risa) Amiga 1: Que pouco entendes de moda! Pero se é a última tendencia en todos os sitios! Se non che gusta é teu problema, a min gústame e vouno probar! (Empezando a enfadarse) Amiga 2: Pois se mercas iso eu non saio contigo a ningún sitio! Non quero que me vexan en público cunha persoa que leva posto iso! (Sinalando o pantalón) Amiga 1: Tranquila! Non quero que te avergoñes de min! Non necesito que me acompañes a ningún sitio! Podo ir ben eu soíña! Amiga 2: Pois aí quedas! Eu marcho para a miña casa que non quero seguir vendo como te disfrazas! (Dando media volta para saír da tenda) Amiga 1: Pois marcha! Eu prefiro quedar soa antes ca mal acompañada! (Dirixíndose cara ao probador) Amiga 2: Pois adeus! (Saíndo da tenda)

Nuria Domínguez, 3º C


(Alba entra pola porta)

ALBA: Mamá, vou dar unha volta cos... amigos! A que hora veño? NAI: Unha volta cos... amigos? Que tramas, Albiña? Non irás quedar co panpoxo do teu mozo! ALBA: Pois... a verdade... é que sí. Pero non te apures; querémonos moito e cóidame ben. NAI: Xa sei, xa sei... O que me preocupa é que ao teu pai non lle gustan esas saídas. ALBA: (Algo abraiada) Mamá, xa sei... é que a última vez que falei con el... NAI: (Sen deixala rematar) Foi detrás de vós e ameazou ao teu mozo...! ALBA: Por iso... eu... pretendía mantelo en segredo para que non se decatase. NAI: Alba, filla! Eu e o teu pai non temos segredos, ti ben o sabes! Ademais, se sabe que non llo contei... MÁTAME! ALBA: Ben... Pois eu marcho! NAI: Que paciencia a miña... Volta ás nove!

(Alba marcha cara ao parque)

MANOLO: Alba, estou aquí! Díxoche algo o teu pai? ALBA: Ben... Non estaba na casa, que se non, non me deixaría. MANOLO: Tranquila, muller! E achégate a min que aínda non me deches un bico!


(Achéganse os dous cun sorriso parvo e bícanse. Nese intre pasa por alí o seu pai)

PAI: Alba, non me digas que xa estás outra vez coa cara de cebola! ALBA: Non ten cara de cebola! MANOLO: Eu marcho.. PAI: Ti non te moves! MANOLO: De acordo. (Asustado) ALBA: Papá, xa che dixen que non nos separarías nunca, querémonos e punto. PAI: (Coa cara vermella de rabia) Aínda es pequena para estas cousas e este infame non te merece! ALBA: (Enfadada) Pero por que non o entendes dunha vez?! Xa son maior para decidir o que quero, xa case son maior de idade! E mamá compréndeme! PAI: Ben... pode ser... pero inda así, se non me fas caso... quedarás castigada todos os días! ALBA: Pois vale! Xa me dá igual todo!

(O pai colle a Alba polo brazo e lévaa a casa. Manolo marcha) (Na casa)

ALBA: Pero sube, home! MANOLO: Espera que collo a escaleira.

(Manolo sobe pola escaleira ata a ventá do cuarto de Alba)


ALBA: Como caias... A ver que fago sen ti, paspán! MANOLO: Non, non caio. Non te deixaría soíña, a saber quen te atrapa logo.. ALBA: (Manolo sobe e bícao) Non está na casa, non te verá. MANOLO: Perfecto. ALBA: Acostumaríaste a isto? MANOLO: A subir pola escaleira todos os días? (Rindo) Pois claro que si, se non, haber que fago sen verte tantos días... ALBA: Pois vete acostumando! Que ata que me vaia de aquí...

(Abrázanse)

Uxía Veloso, 3º C


O MISTERIO DA VECIÑA

(Na casa dos Sánchez, as 3 fillas do señor Sánchez están no cuarto da máis vella pensando como entrar no xardín de dona Lola para descubrir que esconde na caseta do xardín)

Natalia (irmá maior): Que credes que terá dona Lola na caseta? Hai xa 3 noites que se oen ruídos sospeitosos. Sofía (irmá pequena): Non o sei pero a min pícame moito a curiosidade e necesito sabelo. Camila (irmá mediana): Como pensas descubrir que esconde na caseta do xardín? Sofía: Vou coarme no xardín de dona Lola e mirar que hai na caseta. Natalia: Como te vas coar no xardín de dona Lola? Camila: Si, irmanciña, ti estás tola! Sofía: (para as dúas) Claro que non estou tola, coarme no xardín será moi fácil pero necesitarei a vosa axuda. Natalia e Camila: (á vez) A nosa axuda? Sofía: Si, teño un plan. Natalia e Camila: (á vez) Que plan? Sofía: Primeiro poredes a música a todo volume para que dona Lola veña a rifarnos, cando chame á porta sairedes a entretela, mentres eu coareime no seu xardín para ver que hai na caseta, cando vos avise apagaredes a música e marchará, pero se marcha antes teredes que avisarme, quedouvos claro? Natalia e Camila: (non moi convencidas) Claro. Sofía: Ben, comecemos co plan.


(Natalia e Camila poñen a música, ao minuto soa o timbre, as dúas irmáns saen para falar con dona Lola e Sofía cóase no xardín)

Natalia: Dona Lola, canto tempo sen vela, que lle pasa? Dona Lola: (berrando) Que qué me pasa? Pásame que puxestes esa música infernal a que nin sequera se lle pode chamar música e non hai quen descanse na casa. Camila: Moléstalle? Dona Lola: (berrando) Pois claro que me molesta, estás parva, nena?, estoucho dicindo.

(Óese un berro que vén da casa de dona Lola) Ahhhhh!!

Natalia e Camila: (berrando) Sofía!!!

(As dúas irmás saen correndo e don Lola detrás, entran no xardín chegan á altura de Sofía e comezan a rir)

Natalia e Camila: Hahahaha. Natalia: Así que eras ti quen facía o ruído e, Lucas, tanto che gustan os ratos para meterte aquí dentro a por un? Camila: (rindo) Estás ben, Sofía? Sofía: (levantándose) Pois claro que non!! Case me dá un infarto ao ver ese maldito rato. Natalia: Estívoche ben por cotilla.


Sofía: (aínda recuperándose do susto) Aprendín a lección nunca máis volverei a meterme no que non me chaman.

(As tres irmás marchan correndo e dona Lola quedou alí plantada berrando)

Dona Lola: Malcriadas! Como vos atrevedes a entrar na casa dos demais sen permiso, maleducadas!

Ana Díaz, 3º A


Primeiro acto

(Están Carmiña e Maruxa, dúas anciás dunha pequena aldea de Trasmiras, sentadas nun banco falando mentres que toman o sol e o aire)

CARMIÑA: Boas tardes, Maruxa! Xa recolliches o xantar? (Con énfase) MARUXA: Boas! Si, comido e engulido! (Moi alegre) CARMIÑA: Entón, que novidade tras hoxe? MARUXA: Pois nada novo, vai ser o aniversario do meu neto e está empeñado en

que

lle

regale

unhas

zapatillas,

unhas

“das

estrelas”

ou

algo

así…(Dubidosa) CARMIÑA: Cala, filla, cala! Non sigas, muller, que xa entendín! Esas sonche moi famosas entre os rapaces de agora, pero sonche ben caras. (Afirmando) MARUXA: Pois si, e foi o que lle dixen: Luisiño, non prefires que che compre unhas zapatillas máis baratas e outras cousiñas en vez das estrelas esas? E el teima en que non, que el quere esas e non hai tutía! (Berrando) CARMIÑA: Eu xa che sabía que ese teu neto che era ben caprichoso, claro, consentíndolle todo dende que era pequeno non me estraña! El fai o que lle ensinan. (Con retintín) MARUXA: Perdoa?? Os meus netos son moito máis educados e boas persoas cos teus, así que deixa de falar mal deles! E caprichosos serán os teus! (Moi enfadada) CARMIÑA: Non, Maruxa, non! Eu non me refería a iso! Soamente estaba tratando de dicirche que…(Tratando de desculparse) MARUXA: Non! Non! E non! Agora non trates de desculparte, que o que tiñas que dicir xa o dixeches, e ben a gusto que debiches quedar! (Sen deixar opción a rebater)


CARMIÑA: Pero se eu só trataba de… MARUXA: Que non!!! Non me esperaba isto de ti… (Decepcionada)

(Maruxa marcha da escena moi anoxada mentres que Carmiña queda simplemente coa boca aberta e sen poder dicir nada para arremendar o seu erro)

Segundo acto

(Carmiña está na súa casa moi desgustada polo enfado coa súa veciña mentres que prepara a cea. Nese intre, petan na porta)

CARMIÑA: Quen é? MARUXA: Son eu, Maruxa! Veño pedirche un favor. (Con ton avergonzado e pacífico) CARMIÑA: Ah, vale! Agora mesmiño abro (mentres que colle as chaves). Pensei que xa me viñan atracar (abrindo a porta) Dime entón, que era o que querías? MARUXA: Poderíasme deixar un pouco de leite? CARMIÑA: Pero ti non se supuña que estabas enfadada? MARUXA: (Con cara avergonzada) Deixareino pasar por esta vez… CARMIÑA: Como es, Maruxa! Pasa, anda hahahaha (rinse as dúas mentres que se dan un abrazo)

Tania Montero, 3º A


AMOR RELIXIOSO

(No confesionario dunha igrexa atópanse o Padre Nicanor e Sor Anselma realizando o sacramento da Santísima confesión)

Sor Anselma: Ave María purísima. Padre Nicanor: Sen pecado concibida. S.A.: Perdóeme, padre, porque pequei. P.N.: Cóntame, filla, iso que non che deixa acougar a conciencia. S.A.: Padre, estou moi namorada dun home con saias. P.N.: (sorprendido) Sor Celsa, namorouse vostede dun escocés? S.A.: Non, padre, non. Estou namorada dun home que me pilla moito máis preto do que vostede imaxina. P.N.: (intrigado) Filla, vai ter que explicarse mellor porque non me estou decatando de nada… S.A.: O home que me quita o sono sente tamén a mesma vocación relixiosa ca min , el tamén sentiu a chamada de Deus. P.N.: Pero, filla, ese é un amor imposible, un relixioso nunca vai abandonar a senda de deus por un amor imposible. S.A.: Vostede cre? P.N.: Claro, filla, ti dedícate ás túas ave marías, e as cousas do convento para esquecer ese amor que seguramente é unha proba de Deus. S.A.: É que eu creo que el tamén me ama … P.N.: Filla, eu sei que estás namorada de min pero eu NUNCA te vou amar xa que estou comprometido con Deus …


S.A.: Gañei a aposta!!! P.N.: (sorprendido) Como dis? S.A.: Que gañei a aposta que fixen con sor Felicia, eu dixen que vostede ía caer na broma e ela dixo que non me ía crer, agora ela ten que arrancar as herbas do patio do convento ela soa (rindo escandalosamente). P.N.: Entón estívose rindo de min toda a tarde???!!! S.A.: Eu non diría tanto coma rir, máis ben puxen a proba a súa intelixencia! (rindo escandalosamente) P.N.: Pois a min non me fai graza ningunha!!! Teño a igrexa chea de xente agardando para confesarse. S.A.: Mellor, así ten a tarde entretida!

José Sarmiento, 3º A


UN LÍO DE SUPERMERCADO

Señora Rosa: Meniña, cóbrame isto aí que teño présa. Carlota: Como di? Eu son nova aquí, pídallo a Paloma. Eu non teño experiencia... Paloma: Pase, Rosa, pase por aquí que xa lle cobro eu...

(A señora Rosa sae do supermercado despois de finalizar a compra)

Paloma: Bonita, si ti, Carlota, ti pensas que a xente aquí cobra sen traballar? Carlota: ¿Que dis? ¿Non ves que non teño experiencia? Fai o teu traballo e cala, amargada. Paloma: Non, guapiña, non, eu dígocho como consello. Se non queres ser despedida traballa que é o que tes que facer, pero vamos, que a min dáme igual, eh! Pero non penses que Ramón che vai pagar pola cara bonita. Bueno, quen di cara di peitos...

(Entra Ramón, o xefe)

Ramón: Bos días. Paloma: Bos días para vostede, que se tivera que aguantar a unha pelandrusca que non fai máis ca chatear e acumularme a min o traballo, veríamos se fosen bos.

(Carlota ponse a chorar)


Carlota: Señor Ramón, iso non é verdade! É o meu primeiro día e estou un pouco nerviosa e claro... ¿Quere que vaiamos cear esta noite e explícollo mellor? Ramón: (traga saliva e comeza a suar) Non te poñas así, rapariga... Eu... Tes razón, estas a facer un excelente traballo para ser o primeiro día... Merecese unha paga extra... Pase logo a hora de cerrar polo meu despacho. Carlota: Moitas grazas, que comprensivo é vostede. Bueno, quedamos para ir cear hoxe logo...

(Carlota lisca ao baño limpar a cara) (Ramón vai ao despacho) (Volve Carlota maquillándose)

Carlota: Ben, cerraremos ou? Paloma: Pero que ganas tes de apañar os cartos... Pois síntoo moito pero aínda quedan 4 horas de xornada. Carlota: Ah...

(Á hora de cerrar, no despacho de Don Ramón)

Ramón: Pase, Carlota. Carlota: Estou. Ramón: Bueno, tome 100 euros do meu peto a maiores da xornada de hoxe. Moi ben, aínda que unha cousa... Eses peitos tan fermosos non terían que estar tan tapados, xa sabe, cousas da política da empresa... Bueno, vémonos á hora de cear logo.


(2 meses despois)

Señora Rosa: Bos días.

(Carlota míraa con mala cara e non se inmuta)

Señora Rosa: Bueno que? Non me vas cobrar? Carlota: É que eu... Uff... Eu non teño experiencia, dígallo mellor a Paloma. Paloma: Síntoo moito, Rosa, pero eu négome a facer o traballo desa laparda. Ramón: Que pasa aquí? Que é este barullo? Paloma: A incompetente esta, que non lle cobra á xente e quere que o faga eu. Era a conta. Carlota: Incompetente eu? Vella do carallo! Que me tes envexa porque son guapa e nova!

(Carlota colle a Paloma dos pelos e don Ramón sepáraas)

Carlota: O que pasa é que me acabo de pintar as uñas e non penso derramar a manicura por cobrarlle á vella esta, ti enténdesme, verdade, Ramón? Señora Rosa: Vella serei, pero unhas hostias inda chas dou, así que ten coidado co que dis, meniña. Ramón: Haxa paz! Pois claro que te entendo, miña Carlotiña. Rosa, pasa pola caixa de Paloma, ela xa lle cobra. Ah, Paloma, por certo, xa falaremos ti e mais eu.


(Vaise Don Ramón)

Paloma: Rosa, sonlle 32 con 95. Un momento, que non lle cobrei a latiña dos mexillóns.

(Soa o teléfono de Rosa)

Rosa: Si? Ola, cariño. Que pasou? Como dis? Deus meu! Vou agora mesmiño! Paloma: Que pasa, señora Rosa!? Rosa: Ai, filla! Unha muller vestida de Batman metéuseme en casa e roubou o meu neto que estaba a durmir! Por que, señor?

(Faise o silencio)

Rosa: Pero ben, pódesme pasar eses mexillóns tan ricos?, o neto xa aparecera.

(Ao día seguinte)

Carlota: Señor Ramón, que lle pasou a Paloma que hoxe non veu? Ramón: Onte chameina ao despacho e... bueno, está despedida. Carlota: E iso? Ramón: Xa era moi maior para o posto, ademais, temos un rapaz que se presentou para o posto. Estará a punto de chegar.


Fernando: Bos días, chego tarde, Don Ramón? Ramón: Non, home, 5 horiñas de nada non matan a ninguén. Agora... A traballar! Fernando: Ben, o certo é que agora é hora de comer... Eu pensaba ir aquí ao bar de enfronte. Se a miña compañeira quere vir... Carlota: Eu contigo vou onde ti queiras, guapo! Ramón: Como dicides? Si, ho! E quedo eu aquí atendendo? Carlota: Non se altere, Don Ramón, é que ten que coller forzas para hoxe a noite, que eu e mais vostede imos cear outra vez. Parécelle?

(Ramón babeando)

Ramón: Ide tranquilos.

(Xa no bar)

Fernando: Tes fillos? Carlota: Si, teño 7, tiven o primeiro con 14 anos.

(Como Fernando queda asustado, Carlota intervén)

Carlota: Ben... pero falemos de ti... Ti es o substituto de Paloma, non si? Fernando: Si, ben, dixéronme que a despediran porque non facía ben o seu traballo.


Carlota: Pois non facía, non. Queres que che conte un segredo? A pobre facíao tan mal que moitas veces facíalle eu todo o seu traballo. Pero ben, tamén cobro máis ca ela. Fernando: Se se pode saber... canto? Carlota: Cobro 1100, e ela 900. Fernando: Ben, pois así, en confianza... A min páganme 1400... Carlota: Como dis? 1400? Que inxustiza! Agora mesmo vou a falar co cabrón de Don Ramón! Fernando: Pero... Pero...

(No despacho de Don Ramón)

Carlota: Ramón, idiota! Explícame por que este cobra máis ca min! Ramón: Carlota, non te poñas así, aquí non hai inxustizas nunca, ou fixémolas contigo algunha vez? Carlota: Si, agora mesmo! Ramón: Carlota, Fernando cobra máis porque... porque... Carlota: Por que é home non si? Machista! Resulta que agora cóbrase pola cara bonita! Que inxustiza! Fernando: (axeónllase) Canta razón, Carlota! Es unha muller magnífica, por iso quero... casar contigo!

Fernando: (Saca un pedrolo enorme e ponllo a Carlota na man) Carlota, queres casar comigo? Carlota: Tes diñeiro?


Fernando: Si, meu amor! Carlota: Entón, vale.

(Vanse Fernando e Carlota)

Ramón: Bueno... E agora que fago eu...

(Colle o teléfono e chama a Paloma)

Ramón: Ola, Paloma... Eu... Necesito que volvas, quedei sen ningún traballador. Si. Como que estas preñada?, á túa idade? Pero así non poderás traballar! Como que pensas traballar todos os meses? pensas cobrar en negro? Dáme igual que teñas que manter a criatura! Como te cachen empaquétannos! Non, non chores, muller... Es... Está ben... Está ben.

(Nove meses máis tarde)

Paloma: Pase Rosa, pase por aquí, que lle cobro os mexillóns. Señora Rosa: Meniña, mexácheste. Paloma: Como di? Ai Xesús Rosa! Que rompín augas! Señora Rosa: Ai, filla, que estas de parto e non te decatas! Pouco máis e sae o rapaz disparado e ti tan tranquila! Paloma: Chame a ambulancia! Señora Rosa: Xa chamo!


(A señora Rosa chama a ambulancia)

Señora Rosa: Nada, tardan moito! Eu terei que sacar ao rapaz! Aí, encima da caixa! Paloma: Como di!? Señora Rosa: Empuxa, Paula, empuxa! Paloma: Xa empuxo, pero se se confunde de nome cada dous por tres é máis difícil! Señora Rosa: Xa está! Aquí tes o teu fillo! Paloma: Ai, señora Rosa... Señora Rosa: Agora chega a ambulancia... Ai, a sanidade de hoxe en día... Bueno, móvete! Estes mexillóns non se van comprar sós... Bo, porras, xa chos pagarei! Adeus, Paula!

(Rosa saíu botando foguetes cos mexillón porque tiña medo de que os da ambulancia lle pediran)

(Paloma foi despedida por deixar que a señora Rosa levara os mexillóns sen pagar, aínda que despois encontrou un traballo no que lle pagaban moito mellor)

Víctor Álvarez, 3º C



ESCENAS TEATRO 3º ESO