Issuu on Google+

Santa María de Laroá Un bo lugar para xantar é o bar “As Casiñas” onde poderedes degustar un magnífico polbo á galega. Santa María de Laroá; C.P: 32632

Aloxamento a 6 km Hotel “Orly”. Xinzo de Limia; C.P: 32630 Rúa 2 de Maio; nº19 Télf: 988460506

Un bo lugar para contactar coa natureza.


A parroquia de Santa María de Laroá, situada na comarca de Xinzo de Limia, ten 191 habitantes segundo o censo do 2009. Laroá atópase a 6 km ao sur de Xinzo. En Laroá debes visitar:

A igrexa de arte románica que se atopa no punto máis alto da aldea. Dende alí vense unhas fermosas vistas.

Rumba de Laroá

O cruceiro que se atopa sobre unha plataforma con pedestal na que se ergue un fuste semicircular rematado en capitel e cruz representando a Cristo.

O río, que é un afluente do río Limia nun dos seus tramos en Laroá. Ao carón do río atópase un merendeiro para poder repousar coas marabillosas vistas desta paisaxe.

A escola da aldea actualmente úsase para a celebración de festexos coma o Magosto e xuntanzas dos veciños. Enfronte hai un forno.

A rumba de Laroá é un dos símbolos máis representativos desta aldea. O seu autor, xa falecido é Juan Ferreiro. En conmemoración a el realizouse unha lápida no cemiterio da igrexa anteriormente nomeada. Naceu nunha casa na parroquia de Laroá e residiu na aldea a maior parte da súa vida.


SANTA MARÍA DE LAROÁ