Issuu on Google+

POETIZÁMONOS EN 3º DE ESO

TEÑO MEDO das palabras ocas dos silencios mudos das miradas baleiras das noites sen lúa das olladas escuras da soidade dos días sen sol de perder aos meus amigos das palabras mudas das malas noticias dos días sen ti das decisións sen sentido das olladas baleiras dos cemiterios de quedarme soa do sangue frío da morte da vista cega dos bicos sen sentido do silencio


do tacto da túa pel das alturas dos berros xordos das bágoas de amor de perderte para sempre de espertar un día e que nada sexa igual das miradas tristes da escuridade da ignorancia contra as persoas das noites de festa do mar revolto das casas a escuras das pantasmas brancas das armas sen dono que me poden matar de min mesmo ao falar das fanecas das armas brancas dos mares de lágrimas das serpes dos crocodilos verdes e con bocas xigantes da vida sen amor da desgraza da escura noite de inverno


do monte en silencio dos animais perigosos das serpes velenosas das ratas dos cazadores furtivos das casas abandonadas da dor da túa mirada das malas decisións de que me fallen os pés de non querer querendo de perder a xente que máis quero das falsas ilusións.

GÚSTAME/GÚSTANME as risas sonoras os abrazos sinceros as palabras verdadeiras o sol do verán a túa doce fala os teus beizos sen razón as patacas fritas os teus beizos de rosa


os días de piscina cos meus os xeados o verán a risas coas miñas amizades a túa cara ao espertar o sol de cada mañá a tostada co leite para almorzar o teu sorriso o chocolate con churros da miña avoa o polbo da feira os acordes dunha boa melodía os teus beizos de fresa o son da música o sorriso dos nenos as fotografías de xente que se foi demasiado cedo escribir historias sen terminalas a comida da miña avoa a brisa cálida do verán o arrecendo do limón os sorrisos sen consecuencias o cheiro do mar as túas mans finas a bonita lúa


o pan con chocolate os labios carnosos nadar ser libre, sen ataduras coma un paxaro voando no medio do monte, sen rumbo pero sempre parar o voo e poñer os pés na terra cando me dis que tes medo a perderme o olor da terra húmida despois dunha tormenta no verán os teus ollos verdes o verán, o sol, as tardes alegres rir e estar con amigos a serie “The Walking Dead” a boa comida que me inviten a comer aprobar sen estudar andar o máis rápido posible baixar as costas en bicicleta bañarme no río da miña aldea o olor da choiva de tormenta nunha calorosa tarde de verán o chocolate negro ser feliz o amencer comer na casa dos veciños


axudarlle á xente andar en bicicleta os teus ollos marróns a choiva, o mar, as estrelas os detalles do asento traseiro do teu coche o recendo do verán.

NON ME GUSTA/GUSTAN o ruído das balas os abrazos a medias os amores tóxicos a soidade do día o frío do inverno a guerra sen sentido as falsas palabras os enfados sen motivo o estralo das bombas o racismo a homofobia a xente mentireira os recordos esquecidos a xente que me desgusta e que me asusta


os xardíns sen flores os bicos sen sentimento as árbores sen follas os campos queimados o mal cheiro do contaminado aire as persoas sen alento quedar soa nas noites de tormenta, mentres os lóstregos deslumbran o escuro ceo vivir para morrer e morrer para vivir os parques baleiros os malos actos os sorrisos tristes a choiva a xente avarenta as luces apagadas o tomate as mentiras disfrazadas as miradas perdidas os días sen ti perder as persoas que quero os falsos sorrisos o inverno, as tardes longas, o frío a xente falsa


as inxustizas a coliflor cocida os espárragos as noites en vela os coches marelos o rostro da xente triste a tristeza os días sen sol que a xente se burle de min o teu silencio os doces as larpeiradas os falsos amigos o vento, as noites sen lúa, as tardes aburridas os choros nos que están gravadas as mentiras. ver a xente emigrar.

LÉMBROME das tardes co meu avó dos xogos coa miña irmá dos viaxes a Vigo cos meus pais das tardes de verán cos amigos


das cóxegas da herba na caluga dos paxariños cantores dos bocadillos da miña avoa dos paseos cos meus amigos das tardes coas veciñas dos xogos cos meus primos das noites de xeada daquela muller que dicía ser unha fada das tardes coa bicicleta das tardes de abril ao sol da miña infancia preguiceira do lugar de onde veño dos pés nos ríos dos peixes e rás dos amigos da infancia das noites en vela dos choros na almofada das noites sen ti das tardes sen solpor do seu riso finxido, aínda que pícaro dos doces da miña bisavoa das noites cálidas do verán dos teus beizos de chocolate


da boa vida do verán da bonita lúa dos meus tempos dos bos momentos das cousas boas da miña vida da túa cara expresiva do meu mes no hospital dos días sen ti do silencio que me deixaches dos días soleados ó teu carón das nosas intensas miradas e dos sorrisos debuxados nos nosos rostros do silencio do mar das tardes escuras dos días eternos que non teñen final da miña infancia de mellores momentos cos meus amigos en Portugal dos bos momentos da miña vida de miña nai cunha perna rota de miña avoa sen folgos dos veráns en soidade da nosa infancia das túas miradas penetrantes


do arrecendo dos teus ollos das estrelas do ceo das tardes cos amigos da mi単a infancia de cando eu era pequeno dos momentos felices do que prometiches.


Poetizámonos