Issuu on Google+

RECREACIÓNS “POETÍZATE” 2012

Bolboreta (Francisco X. Fernández Naval) Durante o día O faro semella bolboreta durmida. Cando anoitece abre as alas E busca a sombra dos mariñeiros perdidos.

Pola noitiña O vagalume semella o aceso Cando amanece espreguízase E permanece silandeiro Na cor do agro. Valentina Paz Jorquera


O que máis me gusta da poesía (Kiko Neves) O que máis me gusta da poesía Os silencios. Na literatura o noventa por cento Deberían ser silencios. Ou páxinas en branco.

O que menos me doe do mar, A súa cor azul, Nos poemas todo o mar Debería se océano azul Ou verde non tristeiro.

Valentina Paz Jorquera


E coa palabra (Ana Roman铆) E coa palabra recuperar os cami帽os, p贸rlle o nome 贸 labirinto, navegalo.

E na escuridade Atopar a soidade, Disfrutar o momento na mente, Saborealo.

Alba Alonso Carrasco


Faísca (Vicente Araugas)

Faísca

Sol

negra

luz

danza.

alegría.

¿Braga

¿Mar

slip

río

ou tanga?

ou monte?

Alá van

Aquí están

as pupilas

as vacacións

en avalancha.

por diante.

Alba Alonso Carrasco


… porque a cidade é de pedra (Salvador García –Bodaño) …porque a cidade é pedra, sombra e calma. O gorgolexo das gárgolas. E, de tempo en tempo, algunha palabra.

...porque a noite é silencio ausencia e escuridade. O brillo das estrelas. E, de cando en cando, algunha palabra.

Pablo Rodríguez Iglesias


Se apreto os ollos (Emma Couceiro) Se apreto os ollos as manchas de humidade que hai no teito semellan caracois sen cuncha.

Se miro 贸 alto as formas das nubes que hai no ceo semellan animais con vida.

Pablo Rodr铆guez Iglesias


Sobre “Cando ela riâ€?, de Vicente Araguas Cando ela ri ĂŠ un luceiro da costa galega. E a luz do faro brillante coma pulido diamante. Cando ela ri: un amor esquecido no sentimento

Cristian Atanes


Sobre “porque a cidade é de pedra” de Salvador García Bodaño

... porque a cidade é pedra, cadeas e pranto. O estalido das armas. E, de cando en cando, uns nenos xogando.

Laura Aparicio


Sobre “¡Gol!” de Eduardo Blanco- Amor

Pola pel das súas facianas vai esvarando unha bágoa, e de lonxe, os homes. Deu comezo a guerra. Marcos Argibay

Sobre “Bolboreta”, de Francisco X. Fernández Felino Durante o día o gato semella criatura indefensa. Cando anoitece saca as garras e busca o aroma das sardiñas en lata. Álex Rodríguez


Sobre “Terra Chá”, de Manuel María. Os políticos españois soamente son: un ladrón aquí, outro acola, mil billetes, traxes caros, un senado inútil e desocupado. O resto é honradez.

Álvaro Dopozo

Sobre “Por amor”, de Darío Xoán Cabana Por correr xa son máis de dous golpes por correr estou como estou por correr gastei o que gastei por correr.

Por correr trémenme as pernas e cánsansenme os ollos por correr xa non me dobro por correr, todo por correr.

Raúl Parada


Sobre “A unidade componse”, de Xela Arias O amor fórmase O amor fórmase. Da maxia.

Enmudezo, meniño, e entro no momento exacto na fantasía dun abrazo.

Abrazo a maxia do silencio e sei que o amor se forma.

O amor fórmase.

Da maxia.

Rocío Gómez


Sobre “Bolboreta”, de Francisco X. Fernández Naval

“Ceo”

Dende a Terra o ceo vólvese amigo inseparable.

Mentres dormen cobre as persoas e protexe o corazón da xente honrada.

Sobre “Anoitecer na terraza”, de Xavier Seoane

“A Primavera”

Cae a chuvia no campo. Medran as flores na humidade. Caen as estrelas, esperta o sol na madrugada.

Mentres espertan nos niños,


marabillados ante o comezo saen do seu recuncho os paxaros. Lorena Nóvoa

Anhelaría sentir o teu amor na branca lúa dunha noite de choiva.

Desexo levantarme sen dor entre árbores con follas e flores. Mª Xosé Garrido


POETÍZATE 2012 IES LAGOA DE ANTELA