Issuu on Google+

COIDADO CO QUE DESEXAS

Ela fora o seu primeiro amor. Esa rapaza tan fermosa á que agora estaba vendo morrer entre as esqueléticas mans da Santa Compaña. Choraba, berraba chamando por ela, pregando que a levaran a el, pero nin caso. Canto máis branca se ía poñendo a cara da rapaza, máis enfurecido e triste estaba el. Nun intre de furia absoluta, conseguiu botar a correr cara ela e arrebatarlla das mans á Santa Compaña. A rapaza logrou seguir con vida. Xusto un ano despois, cando el xa estaba na cama, a piques de quedar durmido, un calafrío recorreulle todo o espiñazo. Ergueuse para ver se a contra estaba aberta, pero non, estaba pechada. Tiña a sensación de que

había

alguén na habitación, pero na escuridade non podía ver nada. Foi onda o interruptor da luz, mais antes de acendelo pensouno dúas veces. Tiña medo. Non sabía de que, pero tíñao. Unha vez máis, un calafrío percorreulle o lombo e arrepioulle a pel. Acendeu a luz e, alí estaba. Un ano despois, outra vez o mesmo ser noxento e terrorífico que tentara levarse á súa moza. Esta vez mirábao fixamente. Xa sabía o que lle tocaba; Ía morrer. Para que tentar fuxir? De que serviría? Ese era o seu destino. Sabíao. Todo permaneceu inmóbil uns segundos, aínda que a el parecéronlle unha eternidade. Tiña ganas de que ese pesadelo rematase xa. Un par de casas máis alá, atopábase a súa moza. Durmía, pero no interior da súa cabeza vía imaxes horribles. Vía ao seu mozo e á Santa Compaña levándoo cara o máis alá. Á mañá seguinte, nada máis saír o Sol espertou. Tiña bágoas nos ollos, pero pensou que todo fora un pesadelo. Cara ás 10, cando ela estaba almorzando, tocaron as campás da igrexa. Soaban de maneira que o fan cando hai algún defunto. Co medo metido no corpo e unha inquedanza que non presaxiaba nada bo, decidiu ir ver que pasaba. Vestiuse e saíu á rúa. Cando chegou alí viu á nai do seu mozo chorando. Comezou a preocuparse. Que pasara? Foi onda a muller e esta díxolle: -O meu fillo, o teu mozo, está morto.


A rapaza quedou sen alento. Todo o que soñara aquela noite non fora un simple pesadelo; sucedera de verdade. Desexou morrer. Non quería seguir vivindo sen el. Marchou para a casa e, sen pensalo dúas veces, colleu un coitelo e cortou as veas do pulso. Mentres caía nun soño profundo e eterno, comezou a imaxinar que volvía a velo e eran felices. Uns segundos despois pechou os ollos. Esta vez, para sempre.

Carmen Canal Blanco 3ºA

MEIGAS CONTRA O INSTITUTO

Dous días antes do inesperado día de Samaín, Uxía, Xulia e mais eu quedariamos ás 5 da tarde no parque de sempre para planear o que fariamos a noite do 1 de novembro. Cando chegou a hora collín a miña axenda, un bolígrafo e deixeille unha nota no frigo a miña nai, pois fora traballar moi cedo e non a puidera avisar. Cando cheguei ao parque, Uxía e Xulia estaban algo molestas, pois coma de costume levaban dez minutos agardando por min. Eu pedinlles perdón con cara de anxiño, e elas, aínda que tentaron aguantar serias, escacharon coa risa. Sentamos no céspede e comezamos a pensar de que nos disfrazaríamos. Non nos puñamos de acordo. Xulia dicía que podiámonos disfrazas de “zombis”. Uxía dicía que iso era moi pouco orixinal, que era mellor que nos puxeramos de fadas mortas ou algo polo estilo; e eu, aínda que non dicía nada por non molestar a Xulia, compartía a mesma opinión ca Uxía. De alí a uns 10 minutos puxémonos de acordo. Disfrazaríamonos de meigas. Eu apunteino na miña axenda e, acto segudio, Xulia arrincouma da man e comezou a debuxar. Esta levaba o pelo alaranxado, un vestido negro a manchas verdes, uns zapatóns enormes e, como non, a mítica vasoira. Cando rematou preguntounos que nos parecía e, Uxía, como de costume, protestou, pois dicía que era moi sinxela. Colleu a axenda e púxolle unhas cantas engurras na cara, un lunar no nariz, un sombreiro acorde co vestido e uns grandes e brillantes guantes. De momento todas estabamos de acordo.


O seguinte tema a falar foi o lugar onde pasaríamos a noite. Esta vez, foi a miña proposta a que lles gustou, sen ningún tipo de pegas por parte de Uxía. Pasaríamos a noite na vella casa abandonada á beira do río. Era unha casa pequena pero tiña un amplo e longo xardín onde poderíamos montar as nosas tendas de campaña. Miña avoa, cando era pequerrechiña, contoume que dende que viviu na aldea nunca vira entrar nin saír ninguén desa pequena casa, e que a xente de antes dicía que estaba enmeigada por un feitizo que só se produciría no día correspondente e naquelas persoas marcadas polo destino. Por último decidimos a que tres rapaces invitaríamos a pasar aquel día connosco. Xulia invitaría ao seu mozo Adrián, Uxía ao seu “amigo” Daniel , e eu a aquel rapaz que me traía toliña, pero co que só mantiña unha gran amizade. Nese intre sooume o móbil. Era unha mensaxe da miña nai que puña que fora xa para a casa , que xa eran as 8:30 e ao día seguinte tiña clases. Despedinme das miñas amigas e marchei. Cando cheguei á casa comenteille a mamá e papá, mentres ceabamos,o que acordaramos entre as tres, e nin lle puxeron pegas; “que milagre”. Ao día seguinte, despois de vir do instituto e xantar, miña nai axudoume a facer o traxe de meiga. Máis tarde fun á clase de piano, e ao saír Xulia e Uxía agardábanme na praza para ir mercar as pinturas. Fomos á tenda de xoguetes, mercamos a cor verde para a cara e a cor negra para o lunar do nariz. Cando rematamos, marchamos cada unha para a nosa casa, impacientes de que chegara xa o seguinte día. Cheguei á casa, ceei e fun para a cama. Aproveitando que miña nai fora traballar ás dez da mañá e non regresaría ata as oito da tarde, durmín a máis non poder, pois esa noite quería estar ben esperta e poder pasalo ben coas miñas amigas. A media tarde do día seguinte miña nai deume a tortilla de patacas que preparara para que ceara con Xulia e Uxía e deume dous bicos. Reuninme con elas e fomos para a casa vella, onde xa no agardaban os nosos amigos. Saudámonos, preparamos as tendas, conectamos a música, colocamos uns cantos coxíns e unhas mantas polo chan para estar máis cómodos e botamos unhas risas.


Cando chegaron as nove comezamos a ter fame e ceamos o que nos prepararan as nosas nais. Todo estaba moi bo. Ao rematar, puxémonos os nosos disfraces de meigas e pintarraxeámonos entre nós. Despois de estar todos preparados, saímos e xuntámonos cos demais rapaces e rapazas que saían a pedir chuminadas polas casas. Paseamos todas as da aldea ata que, ás tres da mañá, decidimos volver para a casiña, esta vez xa soas, xa que Adrián, Daniel e Iván pasarían a noite cos seus amigos como tiñamos acordado. Cando chegamos empezounos a dar un pitido moi forte nos oídos. Era un son inaguantable. Cando parou notei que Uxía e Xulia estaban comezando a cambiar. O seu pelo comenzaba a porse laranxa, os seus pés empezaban a medrar, as falsas engurras convertéranse en verdadeiras. Uxía e Xulia tamén notaban que eu me estaba transformando. Non entendiamos que nos pasaba. De súpeto o son parou e caemos rotundamente ao chan. Máis tarde, espertamos todas á vez e decatámonos do que sucedía. Eramos verdadeiras meigas: cos nosos poderes, cos nosos malvados conxuros e, o máis divertido, coa nosa vasoira voadora. Ao principio non sabiamos que dicir ni que facer, pero xa despois de asimilalo decidimos ir pasalo ben. O primeiro que fixemos foi achegarnos ata o instituto e destruílo. Máis tarde fomos a cada unha das casa dos nosos mestres e convertémolos en rás e sapos. E por último sobrevoamos toda a aldea coas nosas vasoiras. Ao chegar as dez da mañá volvemos escoitar o pitido e caemos de novo. Cando espertamos comprobamos que todo volvía á normalidade. Seguiamos sendo as mesmas rapazas de 14 anos altas e fermosas. Nós seguiamos lembrando todo o sucedido aquela noite pero, por desgraza, o instituto seguía estando en perfectas condicións coma sempre, e os profesores seguían sendo persoas, humanos. A partir daquel Samaín, cada ano que pasa imos durmir aquela vella casa do río e pasámolo, como moitos desexarían, sendo seres mitolóxicos reais.

Vanessa Álvarez 3º ESO


UNHA MENTE ATORMENTADA Era o momento perfecto. Unha noite escura, chovía, e de vez en cando podíase sentir algún que outro lóstrego. Laia botou incienso por toda a tumba, encima colocou candeas de cor negra, arredor dun extraño boneco. Estaba repleto de agullas, e no que semellaba a cara había a foto dunha rapaza. Estabamos intrigadas en saber que íamos facer no cemiterio aquelas horas da noite. Laia explicóunolo, pero ocultando cousas. A rapaza da foto chamábase Ana, era amiga de Laia. Non hai máis de tres meses morrera en extrañas circunstancias. Atopárana no seu cuarto, tendida sobre a cama, mans e pes cortados e os ollos cubertos no seu propio sangue. Non se sabía nada respecto ás persoas que o fixeran, pero Laia tiña sede de vinganza. Por iso estabamos alí, porque necesitaba a nosa axuda. Cá emoción, ningunha se decatou da toleria que íamos facer. Todas nos guiamos por Laia, ela axudábase dun libro no cal as tapas de cor negra cun peculiar símbolo, dábame que pensar. Marta mentres acendía as candeas pronunciaba unhas palabras moi extrañas, iso facía que a chama da candea se volvera máis forte, cun resplandor que facía mal á vista. O suor corría das nosas mans cando as xuntamos para ler o conxuro. Todas repetíamos o mesmo como unha letanía que Laia nos ía dicindo, excepto eu e Laura, que polo medo que tiñamos as palabras non querían saír da nosa boca. De súpeto unha ráfaga de aire apagou as chamas das candeas, e trouxo consigo o soar dunha campaíña. Todas nos deramos de conta de que algo non ía ben. Laura comenzou a berrar, dicindo que nunha esquina do cemiterio vira unhas luces brancas semellantes á Santa Compaña. Laia moi nerviosa, díxonos que o conxuro estaba acabado, que nos foramos á casa e que fixeramos como se aquilo nunca acontecera. Recolleu as candeas e o boneco, olvidándose por completo do libro. Volvemos á casa polos camiños que iámos normalmente. De súpeto a choiva volveuse máis forte, xireime para mirar se elas se gardaran para non mollarse, e foi cando vin o resplandor dos corpos da Santa


Compaña. Sentin os seus murmurios alonxarse atrás de Cristina e Noelia. Esa noite non daba durmido, algo me dicía que aquilo era mal sinal. O día seguinte non foi un gran día para a familia de Cristina e Noelia. Púxenme a correr de cara ó lugar onde estaban os corpos das miñas amigas. Cando cheguei todo aquilo estaba precintado, alí atopábanse todos os veciños do pobo. Unha muller explicoume que estaban colgadas polas pernas cabeza abaixo na mesma árbore na que no verán nos puñamos á sombra. Non deixaba de acordarme do que pasara esta noite, achegueime un momento ata o campo santo, desde a porta podíase ver o libro de conxuros que Laia olvidara. Ó abrilo había uns extraños símbolos que eu non entendín. De camiño á miña casa notei como se algo non me deixara respirar, por a cabeza pasoúseme que a Santa Compaña queríame dicir algo, non podía ser certo, penséi. O día 27 de Outubro de camiño para o colexio, Tania ía moi alporizada, non calou en todo o camiño. Ó chegar foi ó baño, tardaba moito e decidín ir buscala. Cando abrín a porta vin a Tania no chan, tiña todas as tripas fora. Comencei a berrar pedindo axuda e as persoas que me sentiron acercáronse para ver o que ocorrera. Despois de todo o acontecido dábame medo saír á rúa, chamei a Laura para que se quedara a durmir na miña casa. A noite era fría e estábamos arredor da lareira. Eu dáballe voltas ó libro de conxuros. O olor a cera era moi forte, Laura moi asustada díxome que mirara para atrás. Na porta estaba a Santa Compaña. Algo me decía que fora á casa de Lara, ela era a amiga que máis cerca vivía da miña casa. As miñas pernas xa non daban corrido máis. Eu e Laura chamamos á porta da súa casa, a nai dela díxonos que estaba no garaxe. Chamabámola, pero non contestaba. Ó achegarnos a ela vimos que estaba morta, tiña as mans cravadas na mesa e nos pés tiña postos uns parafusos. Volvemos á casa moi asustadas, tiñamos medo de ser as seguintes. O día seguinte, de boa mañá estabamos todas xuntas falando de todo o acontecido, estabamos moi asustadas do que estaba ocorrendo. A que notei


máis tranquila foi a Laia, dicía que todo era normal, que isto son cousas que pasan. Iso non era certo, todo isto proviña daquela noite no cemiterio. Clara estaba sentada no chan, estáballe dando aloumiños ó seu gato negro. Estaba no seu mundo, nin sequera nos escoitaba. Nun revés o seu gato, dase a volta e crávalle os dentes na gorxa, non puidemos facer nada para evitalo. Morreu naquel mesmo instante, diante dos nosos ollos. Todo era unha mala vivenza, non podía ser certo que o seu mellor amigo a matara. Xa só quedabamos cinco. Para averiguar o que estaba pasando decidimos ir ao lugar onde o outro día fixeramos o conxuro. Ó entrar vimos que encima da tumba de Ana atopábase o libro de conxuros. Acerqueime para collelo pero Laia agarroume bruscamente e tiroume ó chan. Tiña unha forza sobrenatural. Cando ía collelo, foi como se unha forza a tirara para atrás para que non o collera. Laura axudoume a porme de pé, collín o libro e nós as dúas saímos correndo. Estaba claro, a asasina era Laia. Escondémonos onde puidemos, con medo de que nos encontrase. Despois dun bo anaco escondidas, comenteille a Laura que aquilo non podía quedar así. Laura deume a razón. Eu non paraba de preguntarme como podíamos parar a Laia, decateime de que tiña o libro, así que abrino e busquei un conxuro para poñerlle fronte ao que ía a acontecer. Dirixímonos á casa de Laia. Á metade do camiño un forte olor desconcertounos, fomos detrás dese rastro. Ó chegar alí vimos unha fogata enorme. Laia empuxaba a Marta e a Noa de cara a fogata, cando vin que se distraía, collín un pau que había no chan e deille na cabeza, iso non lle afectou en absoluto, era como se estivera posuída. Ela empuxounos a todas á fogata. Estábame queimando viva, todos os meus intentos de saír daquel inferno eran nulos, ata que todo se volveu de cor branca. Nos estabamos salvas, como se non ocorrese nada, pero a que estaba dentro era Laia. Ela repetía “fostes vos que matastes a Ana”, acusandonos. Rapidamente collín o libro de conxuros e lanceino de cara ó lume. Así era o final dunha rapaza que dera fin ás vidas das súas inocentes amigas. Alba Andrade 2º ESO


Contos medo premiados 2013