Page 1

CONTOS DE MEDO CURSO 2017- 2018

ENDL IES LAGOA DE ANTELA


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O NÚMERO OITO

Algún, probablemente o máis ―místico‖, atribuiría aquel descubrimento ás ―forzas magnéticas do noso incerto destino...‖ ou algo semellante. Pero nin moito menos. Si, saír dar unha volta ás...-consultou o reloxo- 23:27, -pensou que aínda tiña tempo antes de que súa nai regresara do traballo-, cando a noite cede paso ás lendas... e aos neóns dos bares, todo sexa dito, non podía considerarse algo normal! Mais aquela tola idea tivera unha orixe simple: a densa brétema do aburrimento, que se abatía sobre el cando intentaba mergullarse no pantano das raíces cadradas e os números irracionais. Un completo pesadelo! E alí, no outeiro que acostumaba frecuentar para observar a impecable imaxe da súa aldea, topárao. Aquel camiño non tiña nada en particular, era coma aqueles tránsitos antigos, sen pavimentar e cheos de vexetación. Unha cousa totalmente normal... se non fose porque nese lugar nunca houbera nada.

1


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Deixouse tentar e avanzou, con pasos lentos, barallando calquera posibilidade de dar media volta. As dúbidas perderon rápido a batalla contra a curiosidade ao toparse cara a cara co surrealista traxecto. Onde levaría? Deu o último paso; de todas formas só miraría un pouco, non tiña tempo que... Frío... de súpeto sentía... moito frío... Un descontrolado tremor destruía calquera amago de reacción por parte das súas pernas. Qu-qu-que lle pasaba...? O súbito desconcerto facía do aceite perfecto para engraxar a maquinaria do seu corazón. Pum, pum, pum... Oía con claridade aqueles vertixinosos latexos... uns latexos propios de alguén que acaba de ser ligado á morte. Cando abriu os ollos viuse teletransportado. O frío fuxira e deixárao abandonado nun lugar onde as árbores, semellantes a xigantes mortos, eran tragadas por un sombrío ceo gris sen estrelas. Non tivo tempo a preguntarse onde estaba, pois idéntica a calquera arma afiada, unha mirada agochada entre a nova decadencia paisaxística conseguira ferilo no máis profundo da tranquilidade. ―Ven, meu fillo, axúdame a lavar no río. Era unha muller de cabelos prateados, vestimenta negra e ollos con moitas bágoas inda por chorar; pero sobre todo... que era aquilo vermello nas súas mans? Guiado por un instinto, lanzou o primeiro obxecto -debía ser unha póla- que topara no chan cara a sinistra figura. Esta desapareceu, pero... ―AAAAHH! Tíñao dentro... tíñao metido na cabeza! Que era iso? QUE ERA ESE SON?! Tambaleouse sen rumbo, movido por aquela dor atroz e, para acabar de fundilo na súa fraxilidade, todo o ceado durante a noite fixo o percorrido de volta, concluíndo coma unha noxenta regurxitación laranxa. As bágoas pintábanlle cadros de sufrimento e desconsolo na cara. Que querían del...? QUE SE SUPUÑA QUE TIÑA QUE FACER?! De súpeto, divisou unha luz... Unha luz! Nun intento de carreira, esvarou cos seus xugos gástricos. Esa debía ser a saída! Se a cruzaba... seguro que espertaría na casa, igual que nunha película! Quizais se o rapaz houbera mirado o reloxo, podería terse decatado de que as 00:00 non é boa hora para rematar un conto de terror... 2


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Máis mulleres foi o que topou ao outro lado, só que esta vez os acabados de nacer que con posesión acollían nos brazos, roubaban calquera atención que puideran depositar nel. Parecían abrirlle paso a algo medio mergullado no... río? Desde cando... Daba igual, xa non tiña caso preguntarse nada a estas alturas. Avanzou, simplemente para descubrir un anaco de tea cun... infinito?, debuxado a dedo nunha cor vermella bastante sospeitosa. O que veu despois escapaba con totalidade á súa imaxinación: ―Sálvate! Vamos, corre! ―berroulle un dos infantes, seguido polos demais. Amarrouse a cabeza. Era... Era igual ao son de antes! Dúas engurradas mans collérono en metade do retroceso. F-frío... volvía sentir mmoito frío...! Comezou a convulsionar. Aos seus pés... un charco de sangue! Estaba...? Estaba morrendo?! Fixou a mirada no líquido carmesí, que era atraído polo río. Na auga formábase unha imaxe... Era un oito? Entón, co derradeiro alento, decatouse de algo: nos brazos das mulleres só había sete nenos.

MÓNICA SANTANA RÚA

3


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O DIARIO DE XAN

Día 29 de outubro de 2010 (venres) Despois de moito tempo vólvoche escribir, porque noto que algo raro está a suceder. Volvín da escola e atopeime co mesmo home que nos contaba historias de pequenos, cada ano, cada 31 de outubro. Sentado ao pé da lareira chamoume a atención, mais decidín pasar de largo. Recordo as extravagantes e terroríficas historias. Sobre todo había unha que me chamaba a atención que ía sobre a morte, dous rapaces, e un final non moi alegre. A aparencia do señor non é moi agradable, senón que leva roupa remendada e elaborada de farrapos. Vímolo meu mellor amigo, Berto, e mais eu. Cando digo que noto algo raro na aldea é porque recordei a historia que nos repetía o señor cada ano. Non sei se é casualidade pero agora mesmo na aldea non hai unha 4


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

árbore con follas, como contaba a historia; estes días sopra o vento moi forte, como contaba a historia; o ceo está con nubes grises e chovendo aos poucos, como contaba a historia. Estou algo preocupado, aínda que non sei por que. Remato de escribirche por hoxe. Vou cear. Día 30 de outubro de 2010 (sábado) Onte á noite, ao regresar de cear e meterme na cama, decateime dunha nota que había debaixo da miña almofada. A nota dicía así: ―Hoxe pola noite ven ao pé da lareira‖. O pequeno anaco de papel estaba sucio e queimado nas esquinas. A súa mensaxe non era moi clara nin específica, a que hora? En que lareira? Mais esa letra non moi lograda, e a súa presentación misteriosa... Iso é! Non cabe dúbida de que é do devandito señor. O que máis me asusta é como a introduciu dentro da almofada. Acábame de chamar Berto. Resulta que a el tamén lle apareceu unha nota coas mesmas indicacións, as mesmas condicións e debaixo da almofada. Imos quedar pola tarde para ir xuntos, e decidimos non contárllelo aos nosos pais, nin el tampouco a Lucía, a súa irmá pequena. Teño curiosidade por se nos contará algún conto. Ben, vou almorzar. Vale, acábame de pasar algo moi estraño! Por curiosidade pregunteille a miña nai quen era aquel home que estaba sentado na lareira. Mais eles non acordaban telo visto. Decidín levalos á fonte da aldea, xa que dende alí víase. Resulta que os meus parentes non vían nin home nin lareira mais eu si. Volvín á casa correndo e lavei a cara, pero a nota era de verdade. Chamei a Berto e conteillo. Só nos os dous o podemos ver. Acaba de chegar. A ver que pasa na cita. Acabo de regresar da quedada. Ao chegar á lareira, o señor esperábanos cun enorme sorriso. Saudounos como se nos coñecera de toda a vida. Fíxonos sentar e só contou un dos seus contos: "ían dous rapaces por unha aldea con árbores sen follas, co ceo nubrado e con moito vento. Encontraron un vagabundo e decidiron darlle esmola. De súpeto, o misterioso home converteuse na morte, e na aldea non se soubo máis deles". Ao rematar o relato comezou a rir. Logo díxonos que foramos mañá á mesma hora. Berto e mais eu afastámonos para regresar ás nosas vivendas mais quería preguntarlle como nos enviou a nota. Botei a vista atrás e xa non había nin home nin lareira. Decidimos regresar mañá. Estou algo asustado.

5


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Día 31 de outubro de 2010 (domingo) Xa sei que che escribo algo tarde pero fai pouco Berto veu á miña casa. Non hai ninguén na aldea nas súas vivendas xa que se reúnen nas aforas para festexar o samaín. Imos ir á lareira a ver que conto nos narra hoxe. Vale, agora xa sei o que pasa! Cando nos achegamos, o señor mantiña o seu sorriso pero a súa aparencia cambiaba: os seus ollos mudaron de cor a negro, o seu cabelo desapareceu, é máis, a súa cabeza transformouse nunha caveira encapuchada por un turbante escuro que lle cubría o corpo enteiro. De súpeto, apareceulle unha gadaña na súa man esquelética coa que enganchou a Berto, matouno. Saín correndo cara a miña casa, pechei a porta e as ventás. Estouche escribindo e chorando encima da cama. Meu Deus! Que pasará? Vexo unha luz tenue ao redor da porta. Aparece o son dunhas cadeas, que se intensifica aos poucos. Escoito os latexos do meu corazón, que se aceleran. Creo que está no corredor. A porta estase abrindo pouco a pouc--

GUILLERMO ARCOS SALGADO

6


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A PROCESIÓN DAS XAS

O sol xa iluminaba a pequena aldea de Escoiras, no norte da provincia de Lugo. Ás oito e media daquela mañá, todo a aldea estaba preparada para o enterro de Bieito Modia. Cando os dous máis fortes do lugar deixaron o cadaleito no cemiterio parroquial, o cura comezou cos salmos en nome do falecido. Un pouco máis tarde, trala inhumación, pregunteille a meu avó por que morrera Bieito e o ancián comezou a contarme algo que pasara había moito tempo.

7


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

— Cando eu era un neno, máis ou menos coma ti, nesta pequena vila vivía un home moi raro. Non saía case nunca da súa casa e cando o facía, acostumaba a ser unha vez á semana para dar unha volta polo monte, e facíao de noite. Ao volver, tardaba case un día enteiro, viña moi demacrado e coas roupas todas esgazadas e sucias. O meu pai e mais el foran amigos na infancia, así que un día decidiu ir visitalo á súa casa e preguntarlle o motivo das súas extravagantes saídas. O homiño aceptou a contarlle o que pasaba. Cos trinta anos acabados de cumprir, comprometérase a saír a andar todas as semanas polo menos un día. Uns meses despois, ao anoitecer dun día calquera, mentres camiñaba, atopouse cunha muller sentada a un lado do camiño. — Ola, señora. Atópase ben? — Si, pero é que non encontro o lavadoiro. — Non se preocupe, eu ensinareille o camiño.´ Así que os dous se dirixiron ao lavadoiro da aldea, que estaba nas aforas. Ao chegar alí, a anciá deulle as grazas e de súpeto, no centro do pilón, apareceron dúas mulleres máis, co mesmo aspecto que o da primeira, vellas e engurradas, e nin sequera estaban molladas despois de ter estado mergulladas. Nese momento, o home decatouse de que algo raro sucedía. Saltaba á vista. Pero non fuxiu, esperou ata que unha das mulleres falou. — Axúdanos a limpar as nosas sabas- dixo a primeira, a que parecía a líder do grupo. — E se me nego a facelo?- contestoulle. — Sufrirás as consecuencias que iso trae- dixo a mesma.´ El supuxo que non tiña outra opción, así que axudounas. Pero cometeu un erro. Estaba a tratar coas lavandeiras, unhas mulleres que aparecían polas noites no medio dos camiños pouco transitados a pedir axuda para lavar as súas sabas manchadas de sangue que non se ía, e se non o facías, morrías. Ademais, se te comprometías a axudalas, non podías retorcer as roupas no mesmo sentido ca elas, pois quedarías preso dos seus meigallos.

8


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Equivocouse, ao abaquilar as sabas, fíxoo no mesmo sentido que elas, pois era o que pedían. Ao pasar unha semana, cría que todo fora un soño, pero decidira non saír por se acaso. Ao anoitecer, sentiu alguén petar na porta traseira así que foi mirar, e alí estaban elas. As lavandeiras. Esperándoo. Amarrárono cunhas cordas e tiraron del arrastrándoo ata o lavadoiro. — Tiñamos un trato, e acábalo de incumprir- dixo a de sempre. — Que trato? Eu non me acordo de ter quedado en nada. — Sábelo ben! Ao facer todo o que nos che pediamos, comprometícheste a axudarnos todas as semanas a lavalas roupas- dixo unha que tiña o pelo vermello. — Non me lembro. — A nós tanto nos ten que te lembres ou que non, só sabemos que tes que cumprir o trato- dixo unha terceira. — De acordo. Por canto tempo vai ser? — Até que vexas a procesión das Xas vindo para aquí. — Iso que é? — Son persoas vivas que teñen a morte moi preto. Segundo a vexas, converteraste nunha desas persoas e a túa alma coas súas respectivas promesas xa non nos pertencerá. — Está ben. Vamos limpar a roupa dunha vez.´ E durante tres meses non faltou a ningunha das súas citas con aquelas estrañas anciás, chamadas lavandeiras. Pero unha semana do cuarto mes, de camiño ao lavadoiro, nun cruce, topouse cunha procesión de xente que lle pedía que se unise. A procesión das Xas. Todas as noites a partir de aquel momento, debería ir ao cruce do seu primeiro encontro para unirse a ela e ir de aldea en aldea na busca de persoas que xa non debían seguir máis tempo aquí.

9


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Cando o meu pai falou con el, o señor xa estaba baixo a posesión daquela comitiva, polo que non quedaba nada que facer. Trece días despois do seu encontro, toda a aldea chorou a súa perda, pois inda que non era moi coñecido, a maior parte dos anciáns e anciás da aldea vírano crecer. — Avó, e con todo isto que me estás querendo dicir? — Meu querido neto, non te decataches de que Bieito levaba uns cantos meses distante e que case non saía da casa? Pois penso que puido morrer polo mesmo que morreu o amigo do meu pai. Non sei, avó, porque aínda que é verdade que estaba algo cambiado, e non creo nesas lerias que me acabas de contar, parécenme incoherentes na súa totalidade. Non creas, pero Galicia é unha terra moi feiticeira. Ninguén pode coñecer tódolos seres que se agochan nos bosques e lagoas da nosa encantada Galicia. E vinte cinco anos despois da morte de Bieito, recoñezo que me equivoquei ao chamar lerias a todas esas lendas coas que contamos, porque agora estame a pasar a min. A procesión dás Xas atopoume despois de dous anos baixo a posesión das lavandeiras e co pouco tempo de vida que me queda, quérovos recordar que non sexades coma min, que teñades fe en que as historias dos vosos avós teñen unha parte verdadeira, e ás veces, pode que todo o que contan sexa verdade.

DOLORES GONZÁLEZ LÓPEZ

10


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

NOITE NA SAÍNZA

Pasaban xa das dúas da madrugada cando Carolina voltaba do campo da festa da Saínza. Ela estivera ata entón de troula co seu grupo de amigos, gozando da Romaría coma cada ano. Estaba a abrir a porta da súa casa, onde xa estaban a durmir seus pais e irmáns, cando, de súpeto, escoitou berros ao final da estrada. Xirouse asustada para ver que era o que pasaba. Ninguén, non había ninguén. Carolina pensou que todo fora produto da súa imaxinación e dispúxose a abrir a porta da casa cando escoitou aqueles estraños lamentos ao fin da estrada. Eran coma choros. Carolina tratou de se calmar convencéndose a si mesma de que eran os seus amigos. Imaxinou que a seguiran ata a casa para darlle un susto. Entón, a rapaza botou a 11


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

andar cara ao lugar de onde procedían os berros. Sen medo. Dando pasos firmes e longos e escoitando ao lonxe a música da orquestra da Romaría da Saínza. Ao chegar ata onde cría que ía atopar os seus amigos, ao final da estrada, o son de fondo cesou, as luces apagáronse e deixou de ver e de escoitar. Sentiu, por uns intres, que o corazón tamén lle deixaba de latexar. Quedou quieta, cos pés pegados ao chan, paralizada. Tiña medo. De súpeto, sentiu que a collían polas costas e a erguían. Ela seguía sen ver nada, sen escoitar nada. Comezou a berrar moito e a retorcerse. Tamén choraba. Non sabe durante canto tempo estivo así, o que sabe é que ese rato fíxoselle eterno. Seguía a se intentar liberar daquilo que a agarraba cando, de súpeto, comezou a ver e a escoitar. E, cando se quixo decatar, estaba outra vez na porta da casa. Seguía asustada. Respirou fondo e notou como o ritmo do corazón ía diminuíndo pouco a pouco ata chegar ao ritmo normal. Carolina permaneceu inmóbil onde estaba. Tiña ganas de volver a mirar ao final da estrada, de onde proviñan uns berros que escoitara antes. Picáballe a curiosidade pero non tiña valor de virar a cabeza. Unha vez máis convenceuse a si mesma de que alá non había nada e quixo pensar que aquilo que acababa de vivir fora só produto da imaxinación. Armouse de valor para mirar cara alí. Xa non escoitaba os berros de antes. Estaba calmada. Quería pensar que alí non había nada. Xirou a cabeza cara á súa esquerda, cara ao final da estrada, e alí viu un grandísimo resplandor. Foi entón cando comprendeu que se trataba dunha procesión de ánimas. Si, aquilo era a Santa Compaña.

SILVIA GARCÍA FERREIRO

12


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O OUTRO

Ola, chámome Xulio e vivo en Arteixo, n’A Coruña, teño catorce anos e vivo cos meus pais nunha tranquila casa do casco vello, ou ao menos iso pensaba. Tras moito pensar, decidinme contar esta historia que me atormenta todas as noites. Todo ocorreu hai uns días, meus pais tiveran que marchar a Barcelona ao enterro dun familiar e eu quedárame só ata o día seguinte. Polo día non notara nada, cando fun ó instituto inda estaban e á tarde, despois de xantar e facer os deberes saíra cos amigos a dar unha volta. Mais á noite, ao voltar á casa, ocorreron uns sucesos que xamais 13


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

esquecerei. Mentres me duchaba empecei a escoitar ruídos estraños, pero pensei que serían os veciños desbravando no xardín. Estaba xa desenxaboándome cando, de repente, apagáronse as luces e escoitei un leve murmurio que me deixou paralizado: Xuuuuuuulioooooooo! E logo volvéronse acender. Desde ese momento comecei a asustarme, polo que rematei rápido a ducha. Mentres me secaba, moi ás présas, decateime de que na condensación da ducha líanse estas palabras: ―Bos días, irmanciño‖. Quedeime superaterrado e escapei correndo ó meu cuarto. Cando ía pór o pixama decateime de que non estaba en ningún lado, e iso que eu o deixara enriba da cama. Xa non sabía que facer, así que puxen uns calzóns e corrín para chamar ós meus pais. Pero, ao acender o móbil, a pantalla aparecía negra e non respondía ás miñas accións. Morto de medo, corrín á miña cama e quedei agachado baixo as sabas. As luces comezaron a acenderse e apagarse e, cando saquei a cabeza para ver que ocorría, aí estaba, mirándome fixamente un ser completamente idéntico a min, cun sorriso arrepiante dime: ―Ola, Xulio, esta cama agora é miña!’’ Antes de que me puidera defender bótame fóra e bérrame: ―Non tentes volver, ninguén te recoñecerá!‖ Eu, ao límite da tolemia, decido esperar o resto da noite ós meus pais, pouco a pouco voume tranquilizando, iso si, aterrorizadísimo pola situación! Por fin chegaron os meus pais, mais non me recoñecían e pensaron que estaba tolo ou que me perdera. Nese intre decateime do que me dixera o ser e marchei a outra vila a facer o mesmo, agora chámome Luís, teño 12 anos, son de Salvaterra do Miño e gústame xogar ao tenis. Isto cóntovolo por se algún día vos pasa a vós.

XURXO ALONSO ALONSO

14


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A FESTA DO SAMAÍN

Era a noite de Samaín e Natalia decidiu facer unha pequena festa coas súas amigas e amigos para pasalo ben. Pero, para poder entrar, tiñan que cumprir uns requisitos: o primeiro, ir disfrazados de algo relacionado co Samaín; a segunda, levar un cabazo decorado, xa que máis tarde ían facer un concurso para ver cal era o mellor; e, por último, levar unha historia de medo para contar ao anoitecer. A primeira en chegar foi Cristina que levaba un traxe de meiga. A continuación chegaron Carlos, David e Mencía.

15


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Como Mencía era moi medorenta non se atreveu a levar ningún conto de medo. Cando xa estaban todos, o primeiro que fixeron foi merendar e despois foron pola aldea adiante facendo parvadas. Cando se decataron, xa anoitecera, entón decidiron ir ao cemiterio contar as historias de medo. O primeiro foi Carlos. Cando rematou, escoitaron pasos e, pensando que eran as súas nais xa que estaban facendo moito ruído, foron mirar pero, debido a que estaba moi escuro, non viron nada. Decidiron continuar coas historias. A seguinte en falar foi Natalia pero, cando ía empezar a falar, escoitaron un grito. Asustados, decidiron pescudar que pasara. Polo camiño atopáronse cun home que lles dixo que non debían andar sós pola noite. Eles, sen facerlle caso, continuaron andando. Natalia ía de última pero, cando miraron para atrás, xa non estaba. Buscárona por todos os lados pero non a atoparon. Correron rapidamente a dicírllelo aos seus pais pero, cando chegaron á casa, a porta principal estaba aberta e non había ninguén na casa, as luces non funcionaban e escoitábanse ruídos. De repente, cando entraron polo corredor, a porta pechouse con moita intensidade. Eles intentaron abrila pero non deron, e botáronse a chorar. Entón, de súpeto, acendéronse todas as luces e saíron os pais de Natalia ríndose. Todo fora unha broma.

NAIARA BLANCO RODRÍGUEZ

16


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

BROMAS DE SAMAÍN

Xan e mais o seu irmán non crían naquelas historias de medo que lles contaba a súa avoa sobre a Santa Compaña. Só faltaban tres días para o Samaín, a festa preferida de Xabier polas lambonadas que lle daban os seus tíos. Encantáballe saír pola noite pola pequena aldea a dar unha volta asustando a xente. Gozaban facéndolle crer á veciñanza que eran a morte, que ían en busca dunha alma para saciar a súa temible fame. Na véspera os dous irmáns colleron as bicicletas e baixaron ata a vila. Por esas datas as tendas estaban decoradas de maneira que parecían mansión encantadas, as supostas mansións encantadas eran tal e como lle contara a súa avoa que eran as casas dos trasnos e das meigas. Dirixíronse á tenda de xoguetes para comprar uns disfraces

17


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

novos, que os seus xa estaban todos esgazados. Escolleron uns de pantasmas que anunciaban na televisión, eran os adecuados para as súas bromas. Cando ían de volta para a casa xa era de noite e pola estrada arriba custaba darlle ós pedais, menos mal que apareceu seu pai no coche, que fora buscalos porque estaba moi preocupado. Díxolles que meteran as bicicletas no maleteiro e subiran ao coche. Despois de montar no vehículo puxéronse a falar do susto que lle ían dar a unha veciña que vivía no medio do monte, un susto de morte. Esa muller non tiña moitas amizades e non saía case nada da casa. Ás veces víase subir unha furgoneta para o monte, Xan e Xabier supoñían que era para levarlles a comida a domicilio. Cando xa estaban chegando á aldea o coche parou de súpeto, o pai pensou que era unha avaría e, efectivamente, iso fora! Arranxouna rapidamente e reanudaron a marcha. Ao chegar á súa casa, a nai dos nenos tiña feita unha sopa de polo que moito lles gustou a todos. O día do Samaín pola mañá, os nenos estiveron todo o tempo fitando o reloxo esperando a que se fixese de noite. Por fin chegou o momento que tanto agardaban, a noite! Puxeron os seus disfraces e pintaron a cara dunha cor moi pálida, case branca. Decidiron ir primeiro xunto á muller que vivía no monte. Foron monte arriba ata chegar á casa da vella. Xusto cando ían petar na porta oíron unha voz que dicía: ―Marchade de aquí, rapaces, e non volvades máis‖. Os rapaces, cagadiños do medo, deron a volta e viron preto deles a mesmísima Santa Compaña. Liscaron de alí cara á súa casa a fume de carozo. Ao chegar contáronlle a súa avoa o que lles pasara, só a súa avoa. Dende que isto aconteceu, non volveron xamais facer bromas e queimaron os seus traxes novos. ― 88888‖

MARCO GARRIDO LAMAS

18


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O MISTERIO DA IGREXA

Sucedeu a mediados do mes de decembro, era unha noite escura, desas en que o vento sopra con aire bastante frío. Os maiores dicían que era unha noite para quedar na casa vendo unha película. Cando mirei pola fiestra, vin que o campanario estaba iluminado e decidín achegarme a comprobar porque estaba con luz a esas horas. Cando saíu da casa, un cadelo empezoume a ladrar coma se fose o fin do mundo e cando empecei a camiñar, o can empezoume a seguir e eu corrín. O can seguíame cada vez máis rápido e eu tiña medo. Cando por fin cheguei ao campanario, vin que xa non estaba iluminado e, de repente, escoitei uns ruídos estraños. Entrei á igrexa a ver se os ruídos viñan de dentro. Cando xa estaba dentro, volvín escoitalos pero máis cerca e asusteime cada vez máis. Mencionaron o meu nome e eu non sabía quen era nin de onde viñan os ruídos.

19


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O cadelo, que quedara fóra, estaba ladrando cada vez máis. Decidín coller unha candela, acendina e iluminei. Abriuse a porta de golpe e entrou o can. Neses intres, o can non ladraba. A porta pechouse de golpe dando unha portada. De súpeto, romperon as fiestras caendo os cristais enriba miña e do cadelo. O cadelo estábase achegando cara min, pero tiña os ollos vermellos e xa non ladraba, agora só me miraba fixamente e a voz dicíame: ― Mírao aos ollos e deixareite marchar tranquila‖ Eu fíxenlle caso á voz e mireino fixamente aos ollos vermellos e hipnotizoume. A partir dese momento só lle facía caso á voz da que aínda non descubrira o seu dono. A voz dicíame que tiña que ir á casa e dicirlles aos que estiveran na casa que a igrexa estaba encantada. Eu non lle fixen caso á voz e entón ela gritoume para que lle fixera caso. De súpeto, a porta volveuse abrir de golpe e entrou un refacho de aire frío. Decidín pór a chaqueta e a bufanda. Neses momentos, o cadelo saíu fóra. Cando abrín a porta, o cadelo non estaba, desaparecera. Fun correndo á casa e no medio do camiño apareceu unha rapaza cos ollos vermellos. Fun á casa toda asustada e miña nai díxome que tiñamos que ir á igrexa que había unha cerimonia. Todo fora un soño.

NEREA QUELLE DONAIRE

20


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A MULLER DO RÍO

A viaxe fíxoseme curta, facela de noite foi unha boa idea. Ao chegar á que sería a miña casa os próximos meses, decidín durmir un rato e descargar as cousas máis tarde. Cando espertei era mediodía, comín os bocadillos que fixera antes de marchar e empecei a quitar do coche e pasalo á casa. Cando acabei o traballo xa era de noite. Tomei unha cea rápida e fun durmir. Ao día seguinte, a media mañá, saín da casa para pasear un pouco pola pequena vila lucense. Non era gran cousa: unhas vellas casas bastantes coidadas, dúas tabernas, un estanco e pouco máis. Era xusto o que buscaba, un lugar tranquilo onde poder encontrar inspiración para o meu libro. Xantei nunha das tabernas. A iso das tres da tarde marchei para a casa intentar escribir aínda que só fora o primeiro capítulo. Nada, non tiña ideas. O único que sabía é que os meus editores queríano para o 7 de setembro. Escribir a primeira novela fórame doado pero esta tíñame louca.

21


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Determinei que un paseo á beira do río axudaríame a aclarar a mente. Camiñei tanto que chegou un momento en que o camiño se volvía moi rodeado polas árbores. Un tempo despois, divisei unha muller sentada xunto ás augas lavando un gran anaco de tea. Parei para vela realizar o seu labor. Era xa entrada en anos, uns 70, tiña a pel engurrada e o cabelo grisáceo. A curiosidade matoume e pregunteille: — Señora, non lle sería máis doado metelas na lavadora?-virou cara a min. As engurras arredor dos seus ollos e beizos gritaban o vella que era. — Non, muller, como as augas deste río non che hai cousa mellor- tiña un galego pechado pero os veráns que pasara nas Rías Baixas de cativa fóronme de axuda para entendela- E ti, de quen vés sendo? Nunca te vira pola vila. — Eu son de Madrid, señora, vin pasar aquí as vacacións. — Pois xa verás como che gusta a vila. — E, dígame, que está a lavar?.

— A miña filla púxose onte de parto, e como non tiñamos tempo de ir ata a vila con hospital máis próxima, deu a luz no fogar, como fixen eu con ela e seus irmáns e a miña nai comigo e as miñas irmás. — E foi todo ben? Digo eu que non se teñen os mesmos medios que nun hospital. — Morreron ambos, por iso lavo estas sabas- dixo mentres as ensinaba e reprimía algunha bágoa. — Perdoe, non tiña nin idea, acompáñoa no sentimento. — Pois claro que non o sabías, acabas de coñecerme!- dixo mentres refregaba a tea. Despois dun incómodo silencio no que só so oía como corría a auga do río, díxome: — Nena, poderíasme axudar? — Claro, que precisa? — Axúdame a escorrer isto, mañá volverei e intentarei lavalas de novo. Axudeina con gusto. Cando terminamos a tarefa a señora díxome: 22


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

— Non te decataches? — Do que señora? — Escorriches as sabas no mesmo sentido ca min. — E que sucede con iso?- pregunto, estrañada. — Digamos que quen fai iso moi ben non acaba. De súpeto, cunha forza que non era propia da súa idade, tiroume contra as rochas onde estaba a lavar. Iso deixoume bastante dorida e indefensa. Coa mesma rapidez e axilidade de antes, púxome boca abaixo e mergulloume nas augas ata que pasei á outra vida.

MARÍA VILA CAMINO

23


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O SOÑO DOS INOCENTES

Nunha noite de treboada, na habitación de Pablo e Xavier escoitáronse choros e berros... Estaban soñando que o Home do Saco viña detrás deles. A súa nai, moitas veces, cando se portan mal, ameázaos con chamalo. No seu soño aparecían os dous irmáns no monte de súa aldea xunto a un monumento altísimo feito de pedra escapando da besta. Cando estivo a piques de atrapalos, os dous nenos espertaron chorando e delirando do medo. Mortos de medo, os dous irmáns contáronse o que soñaran un ao outro. Coincidían exactamente no soño e na descrición dos feitos. Xavier, que era moi valente, díxolle a Pablo: 24


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

— E se é certo o ocorrido? Pablo respondeu: — Como vai ser certo iso...! Á mañá seguinte, Xavier díxolle a Pablo que ía intentar demostrar que o soño fora certo. Pablo contradíxoo pero, coa intriga, uniuse ao irmán. Ao acabar de almorzar, decidiron ir ao camiño descrito no soño. Cando chegaron era idéntico ao soñado. Eles colleron algo de medo e voltaron para a casa. Uns intres máis tarde voltaron ao camiño para subir o monumento de pedra unha fortaleza de vixilancia do século XIII. Ao chegaren decidiron dar unha volta de recoñecemento pero non viron nada estraño. Idearon un plan e foron comprar unha lanterna e unha escopeta por se estaban en perigo. Xavier imprimiu ao ordenador o plano do monte e explicoulle a Pablo o plan. Á seguinte lúa chea os dous irmáns foron na busca do Home do Saco. Subindo a costa empedrada presentiron que alguén os estaba seguindo. Xavier deulle unha palmadiña nas costas a seu irmán e este quedou quieto. Xavier, que levaba a escopeta ao lombo, colleuna moi amodiño e apuntou a uns arbustos. De súpeto o gatillo do fusil disparouse e os perdigóns saíron da escopeta en menos de que canta un galo. Estes impactaron en algo. Os dous irmáns foron correndo onde disparara e atoparon un neno morto medio roído e con signos de descomposición avanzada. Era un signo de que o Home do Saco o comera. Os rapaces, mortos do medo, continuaron a súa expedición ata a cima. Cando chegaron á cima esperaron un bo anaco sentados nunha peneda. De súpeto apareceulles diante dos seus ollos o Home do Saco. Colleunos coas súas gadoupas e meteunos no saco que levaba ao lombo. Encerrounos na fortaleza e deulles moito de comer para que engordaran e comelos o antes posible. Os rapaces non comían e a fera enfadouse tanto que os meteu aos dous nunha cazola e comeunos dun bocado

ÁLVARO LOSADA BARCELÓ

25


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

OS DO CANDIL

´´Para que non te collan tes que poñer os brazos en cruz e berrar: Xesucristo! Tamén vale subir a un cruceiro.´´Quen non escoitou isto de boca en boca, de maiores a mozos, de avós a netos? Ti podes crelo ou non, pero asegúroche que despois de escoitar o próximo relato, vas comezar a pensar doutro xeito. A nosa historia comeza en Sillobre, unha aldea preto de Fene, na Coruña. O lugar está cheo de vida no verán, posto que fica a pouca distancia da costa. Non obstante, en inverno dáse unha estampa diferente, xa que a alta poboación deixa paso a unha pequena concentración de veciños preto do pé do monte. Ademais, engádeselle o feito de que chove a todas horas, dando unha aparencia invernal de tristura e soidade. O único rapaz da aldea durante estes meses é, ou mellor dito, son eu. Chámome Carlos e teño 14 anos, aínda que iso é o que menos importa. Para min, os 26


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

últimos meses do ano son os mellores. Quen se resiste a unha boa cunca de leite ou a un bo puñado de castañas asadas xunto ao lume mentres túa avoa che conta unha lenda tras doutra? Pois cadra que os meus avós sempre me contaban moitas veces a da Santa Compaña e eu, como era un valente, non ma cría, pero todo iso cambiou fai un mes... Estaba co meu amigo Xoaquín de Ferrol, que viñera a pasar uns días á miña aldea. A min encantábame meterlle medo, así que lle relatei, con pelos e sinais, a lenda tantas veces contada. Cando rematei, noteille unha lixeira chispa na ollada, coma se tivese unha idea. Díxome que lle podiamos facer unha trasnada ao párroco, se iamos á igrexa e nos disfrazabamos de espíritos. A min, coa mente tan inocente que me caracteriza, pareceume unha boa proposición, así que alá fomos. Collemos dúas sabas e dúas velas e fomos á igrexa. O cura durmía na reitoral, coa ventá aberta, polo que a trasnada ía ser doada. Vestimos as sabas brancas e corremos en círculos pola estrada berrando, pero o único que pasou foi que o párroco espertou e rifounos dicindo que nos ía denunciar se non nos íamos do atrio. O noso plan fracasara. Volviamos para a casa cando, de súpeto, algo nos detivo. Escoitabamos voces! Xiramos, pero detrás non había ninguén. Decidimos retomar o camiño, non obstante, cando chegamos á espesura do bosque, escoitamos de novo as voces, e esta vez ao xirarmos, víanse luceiros ao pé da igrexa. Xoaquín quixo voltar alí. Eu non estaba moi seguro, pero ao final cedín. Arrepíntome da miña decisión, porque ao erguer a vista cara a igrexa, xeóuseme o sangue: Era, era… A SANTA COMPAÑA! Unha procesión de espíritos, cun defunto ao fronte portando unha cruz, todos ataviados con túnicas de cor marrón, alumeando o camiño cun candil e descalzos, cos pés apresados cunhas cadeas que facían un ruído de ferro arrastrado polo chan. Ademais, tiñan unha face desfigurada, mutilada, as mans pálidas coas unllas negras, e falaban con voz de ultratumba, entoando unha macabra canción: ´´Cando nós estabamos vivos, non criamos nos castigos; e agora que somos almas en pena, cumprimos a nosa condena; morremos e por aquí pasamos, na caixa xa fai anos; e vimos anunciar ao seguinte, que morrerá coma os outros vinte.´´ Segundo me contara miña avoa, a estadea ía facendo o camiño dos enterros. Collín da man a Xoaquín e subimos ao cruceiro. Deseguida a estantiga dirixiuse cara a Sillobre, non sen antes sinalarnos. Cando pasou o desfile macabro, voltamos á casa e durmimos, por dicir algo… 27


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Agora non nos atrevemos a volver polo lugar. Os dous temos medo. Pode que non me creades, pero ás veces, o sobrenatural non o é tanto… Escribo isto o día seguinte. Acabo de saber que Xoaquín está ingresado grave no Hospital Universitario da Coruña. Meus pais foron visitalo e estou só na casa. Estou moi asustado. Escoito pasos no vestíbulo e as escaleiras chirrían. A porta está pechada, pero iso non me tranquiliza. Téñome que ir, non sen antes despedirme. Adeus a todos! ´´Cando cruces coa estadea, fai un círculo e comeza a rezar, que se o do Candil se achega, pola casa non has voltar. Somos almas en pena, dános igual a túa idade, se non cres esta lenda, atrévete a comprobar a verdade.´´

IAGO DAMEÁ PORTELA

28


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A CASA MISTERIOSA

Era a noite de Samaín, todo o mundo ía disfrazado: de pantasma, de cabaza, de bruxa…, aínda que había un grupo de cinco rapaces en que os nenos ían de lobishomes e as rapazas de Santa Compaña. Estes cinco amigos eran moi atrevidos, chamábanse Ana, Anxo, Lurdes, Manuel e Uxía. Esa noite había lúa chea e os rapaces, como di a tradición, foron de casa en casa pedindo caramelos e dicindo: TRUCO ou TRATO.

29


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Despois de parte da noite pedindo chuches, por fin tan só lles quedaba unha casa, aínda que non por ser a última tiña que ser a menos terrorífica; todo o contrario, era a casa na que ningún neno se atrevera a entrar. Os nenos, ao chegaren fronte á casa nº 9 da rúa San Antón, sentiron un arrepío que os obrigou a deterse. Non se atreveron a petar pero, despois duns minutos inspeccionando o terreo, o máis valente, Manuel, atreveuse a abrir aquel enorme portón, que renxeu cando o empurrou. Dentro estaba todo escuro, pero menos mal que Lurdes, a máis responsable, traía unha lanterna na mochila. Intentaron observar ao mesmo tempo todo o que alí había: as paredes estaban inzadas de arañeiras e os mobles cubertos con grandes sabas brancas que, máis ben, semellaban amarelentas. No fondo do corredor da entrada había catro portas e unha escaleira que accedía ao segundo andar. Os rapaces achegáronse ás portas que tiñan cadanseu número. Tardaron uns minutos en decidir cal das portas ían escoller. Anxo, o máis medorento, decidiu esperar máis atrás e sentou nunha das cadeiras de brazos; cada un dos catro elixiu unha porta e, sen pensalo, turraron pola porta. — Isto ten que ser unha broma- dixo, rendida, Lurdes. — Si, tes razón, é imposible que detrás dunha porta haxa outra- dixo Ana. Despois de asimilar este caso tan extraordinario, abriron a seguinte porta, pero pronto os catro rapaces se achegaron ao asento onde parecía cansado Anxo. Na porta nº 1, encontrábanse animais mortos e disecados: paxaros, un esquío… segunda porta estaba escura e non se vía case nada, só e podía enxegar un enorme armario ao fondo da habitación. A terceira porta escondía un gran ataúde onde se podía distinguir perfectamente a palabra PERIGO decorada ao redor con marcas de mans ensanguentadas. A última das portas contiña unha gran sala de estar. Por suposto os rapaces escolleron entrar nesta última porta e sentaron no gran sofá central que había fronte ao moble que ensinaba recordos de fotos por unha cristaleira. Ao lado do sofá había un vaso baleiro e ao carón unha garrafa de auga. Lurdes colleu a garrafa e botou a auga no vaso para beber; de repente saíu unha machada do outro lado da habitación e, a pesar de que 30


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Uxía o advertiu, non houbo volta atrás e a rapaza caeu pesadamente no chan. Os rapaces, mortos de medo, intentaron escapar pero, tan pronto como entraron na seguinte porta, caeron por un tobogán e baixaron ata unha sala chea de enigmas. Decidiron saír canto antes de alí pero non puideron, primeiro deberían resolver un enigma: Cal foi o primeiro presidente dos Estados Unidos?? — Isto vímolo onte na clase do señor Xosé- dixo Anxo. Por desgraza, non estiveran atentos ás explicacións así que optaron por escribir un nome calquera e, como non?, a resposta era errónea. Entón, os seus destinos foron caer na profunda boca de dous grandes crocodilos que os comeron nun abrir e pechar de ollos. Non se soubo máis deles, e dende aquela, ningunha persoa se atreveu a entrar polo medo a algunhas das moitas lendas que se transmiten de boca en boca.

LIDIA FERNÁNDEZ PÉREZ

31


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A SANTA COMPAÑA

Era una noite pecha de Samaín na que eu e meus amigos decidimos ir pedir caramelos pola aldea. Cando estabamos a piques de rematar de ir polas casas

todas da aldea

pasamos por enfronte da igrexa e escoitamos voces, empezamos a correr e chegamos á última casa. De súpeto, a lámpada do alumeado fundiuse e, ao mirar para a igrexa que albergaba o cemiterio, vimos coma unha especie de néboa e nela distinguín uns fachóns: era a Santa Compaña. A procesión de mortos empezounos a seguir e ao chegar correndo á aldea do lado decatámonos de que faltaba un dos nosos amigos.

32


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Máis tarde vímolo na procesión de mortos. Esa noite fomos correndo de aldea en aldea ata que se fixo de día. Sabiamos que isto non podía acabar ben, porque cando aparece a Santa Compaña é que vai morrer alguén. Pois así foi: morreu o segundo dos meu amigos e o outro tamén desapareceu, colleuno a Santa Compaña. Quedei eu só. Non volvín saír nunca máis unha noite de Samaín e os meus amigos non volveron aparecer. E no Samaín de hai uns anos aparecéronseme os seus espíritos e dixéronme que ía morrer no Samaín de cinco anos despois, que vou ir camiñando á igrexa e se me vai aparecer a Santa Compaña e me vai apresar na súa procesión. Aquí estou, a unha hora da miña morte escribindo este relato.

ÁLVARO LÓPEZ MARTÍNEZ

33


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O LOBISHOME ALEMÁN

A historia comeza cunha familia estranxeira que se traslada a Galicia, en concreto aos pés da Serra do Xurés . Naquel lugar, os anciáns dicían que había unha especie de lobos que parecían seres humanos xa que camiñaban a dúas patas e asustaban a xente da zona. 34


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Nunca se viu ningún exemplar vivo aínda que, cada vez que alguén os atopaba nos montes ou nos bosques mortos, non podían voltar para contalo. Aínda hoxe non se sabe o que lles ocorría. Un día, Francis, un neno alemán, saíu a xogar a un prado localizado preto da súa casa. Naquel lugar atopou un montón de follas no chan de cor vermella, pero aquela cor non era propia das follas: era o sangue dun lobishome que estaba tumbado uns metros máis adiante. O animal estaba morto e o neno, do susto que levou, saíu correndo do lugar en dirección á súa casa para contarlles aos seus pais a súa experiencia. Contra todo prognóstico, o neno chegou á casa para contalo. Durante o verán e outono os lobishomes non saían moito a vixiar a zona aínda que alguén dixo que os vira. A mediados de outono, a familia xermana de Francis saíu da casa para visitar o cumio máis alto da zona e facer unha merenda. Todos os integrantes da familia tiñan medo de que se lles aparecera un lobo daqueles e así foi: ao chegar ao cumio atoparon unha manada deles. Asustáronse tanto que saíron correndo. Chegou o inverno e os días eran máis curtos, os lobos aproveitaban para saír a buscar presas. Pouco a pouco a poboación foi diminuíndo ata quedar un grupo pequeno de anciáns e a familia alemá. Durante moitas noites a xente reuníase para falar sobre como se comportaban e sobre como eran aqueles seres que amedrentaban o lugar. Unha desas noites, mentres falaban de como actuaban os animais, un ancián enxergou pola fiestra unha sombra que se movía, o cal era estraño. Nun intre os lobishomes entraron na casa e levaron consigo os anciáns. A familia xermana, asustada, voltou para o seu país de orixe. Dende entón, naquela aldea abandonada vagan as almas das vítimas dos ataques daqueles seres tan estraños.....

FERNANDO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

35


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

SOMBRA DE LÚA CHEA

Hai anos que non visito a miña antiga casa, lugar que deixei por non acabar tolo. Non foi doado, só a presenza dese ser fixo que me esquecese das poucas esperanzas que tiña de vivir. Pasei tempo só, pechado, sen ninguén a quen poder chamar. Estaba preparando a cea cando, por un intre, véuseme á cabeza a casa, outra vez a mesma historia de sempre, todos os días tiña na cabeza o mesmo tema. Aínda que non eran sempre as mesmas imaxes, era coma se todo o sufrimento que pasara seguira nunha mesma historia, como se o conto continuara. Deille voltas toda a noite, coma sempre sen saber que facer, ata que tomei a decisión de voltar á casa. Pablo e Raúl insistiron en facerme compaña, pero acordei ir só, non quería que ambos pasaran polo mesmo inferno ca min.

36


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Xa eran as nove da mañá, pasei a noite sen pegar ollo, co mesmo pesadelo, pero cunha nova imaxe que me fixo crer que a noite estaba moi cerca, e se arriscaba, podía acadar co que eu desexaba: liberdade. Collín o coche e dirixinme cara á casa maldita. Non estaba nervioso, tiña as ideas moi claras. A casa case nin se vía, había un gran capa de silvas e toxos que impedían o paso. Dirixinme cara á porta e, despois de despexar a zona, dispúxenme a abrila. Abrina de golpe, como puiden, ata lle metín un pau para que non se pechara. Xa dentro, o meu corpo sentía a presenza de alguén. A porta, sen saber como, pechouse de contado. Nese intre sabía ben que non estaba só, sentía a mesma presenza que me atemorizara hai anos… Comeceille a falar, desafogueime diante daquela sombra casi invisible, berrei, fixen todo o posible para que saíse e me dixera algo. As lámpadas comezaron a acenderse e apagarse, os mobles tremían seguido e a sombra non paraba de dar votas. E eu alí, só, xa non sabía que facer. Era cuestión de matar ou morrer. Saquei o meu arsenal, dispareille bastante veces, pero, cando me decatei, a sombra estaba detrás miña. Dende ese intre non recordo máis nada. Voltaba a estar alí, naquel desván escuro que me facía tremer, o sitio que máis me atemorizaba da casa, sen poderme lembrar de que facía alí. Só escoitaba unha voz que berraba e berraba: ―Vas morrer.‖ Agora atópome escribindo esta historia, co lapis e o caderno que tiña de neno, coa pouca luz dunha raiola de lúa chea que entra por un oco da fiestra, e lembrándome a cada intre de meus pais, que non me libraron das maldades daquel ser. O momento acaba de chegar, xa soan as campás e vénme matar. Xa só me queda despedirme. Xa conseguín o que quería, ver a meus pais que…

IVÁN ATANES BLANCO

37


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

UN MAL SOÑO

Un martes 13 de lúa chea, nunha casa vella, abandonada, situada ao carón dun cemiterio, e onde vive unha familia humilde, óese un tremendo alarido. Un enorme lobo branco, de ollos azuis e fociño negro ouvea á lúa. O rapaz da casa vella, que estaba a durmir, espertou e saíu ata a porta. Unha vez que mirou o que sucedía, púxose branco coma a neve: vira saír das súas tumbas unhas persoas moi raras que formaban filas. Quedou moi quieto. Estaba asustado.

38


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Unha daquelas persoas, que debía ser o xefe, empezou a falar e comentáballe ao grupo que irían polas casas recrutando novos membros: ―Cada un que morra hoxe do susto, será un novo compañeiro.‖ Ao rapaz empezáronlle a tremer as pernas, xa que non quería morrer. De repente, os seres empezaron a camiñar cara á aldea. Como facían moito ruído, os habitantes cerraron todas as portas e ventás xa que pensaron que era un terremoto. O rapaz meteuse rápido na casa, só pensaba na xentiña da aldea, as persoas que levaran susto morrerían. El tiña que tranquilizarse, se non, sería o primeiro. Pasaron as horas e, cando volveu oír moito ruído, sentiu que petaban na porta. Entón meteuse no armario cun foco xa que non quería acender as luces. Ao ver que ninguén lles abría a porta a porta, continuaron no camiño para o cemiterio, xa que se ía facer de día. Ao día seguinte, o rapaz ergueuse coma de costume, aínda tiña o medo no corpo, só pensaba na xente da aldea, preguntábase que lle pasaría. Viu a nai e o pai no almorzo, ninguén lle comentou nada, e foise á escola. Na escola ninguén falou nada do tema e o rapaz decatouse: fora un mal soño que tivera esa noite. Entón respirou tranquilo.

ADRIÁN LORENZO FERNÁNDEZ

39


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

REENCARNACIÓN

Ola, chámome Xavier. Teño 25 anos. Hoxe vouvos contar unha historia persoal, miña. Unha noite coma outra calquera, ou iso cría, eu ía tan tranquilo coma sempre, camiñando dirección á Torre do Castro igual ca todas as noites. Cando cheguei, púxenme a mirar a fermosa paisaxe nocturna. E, uns minutos despois, vin detrás miña a Santa Compaña.

40


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Aínda que me dá tristeza contalo, atrapoume baixo o seu feitizo que, para quen non o saiba, faite estar baixo as súas ordes toda a vida. Todas as noites estarás pedindo por ela, sen que teñas mínimo recordo ao día seguinte, só se nota un tan canso que acabas morrendo pouco a pouco de sono, estrés e loucura. Poucas maneiras hai de escapar do maleficio. A min non me tocou ningunha, polo que debedes supor, xa que acabei morto. A miña historia é moi longa para contárvola enteira, polo que con dicirvos o seguinte chegará: A Santa Compaña fíxome sufrir durante dous anos. O estrés, os cambios de humor repentinos e outros sufrimentos físicos e psicolóxicos fixéronme enlouquecer ata tal punto que pensaba que a última posibilidade de finalizar coa tortura sen explicación era tirarme pola ponte máis alta á que tiña acceso. Cando me dispuña a tirarme, decateime de que unha persoa presenciaba o acto sen inmutarse, polo que decidín que ela era a persoa perfecta a quen dicirlle mentres me tiraba: ―As torturas sen sentido só terminan coa morte.‖ E agora que escoitastes a miña historia quero saber se alguén se decatou de que houbo un erro no relato. Algo que non ten sentido. O que?, preguntarédesvos. Pois que, se non recordas nada, como se puido redactar isto? Pois eu digo que é un caso pouco recoñecido de reencarnación grazas ao cal tiven a sorte de recordar vidas anteriores.

ZAIRA DOPOZO FEIJOO

41


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O PEREGRINO ENTRE A NÉBOA

―Xa hai máis dunha década...‖ dixo a avoa a carón do lume e dos seus netos, os cales insistiron para que lles contara que pasara había unha década. Tanto insistiron que a avoa comezou a falar. ―Hai máis de dez anos un home atopábase entre Lugo e Ourense realizando o Camiño de Santiago. Era un día deses de néboa pecha, dos que non ves nin os teus propios pés.‖ A avoa parou de repente e botou a durmir no sofá de coiro. Os netos berráronlle: — Avoa! Avoa! A muller espertou e, sen perder nin un momento, continuou coa historia. 42


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

―O home, coa espesura da néboa, tomou o camiño equivocado. Non tardou en decatarse xa que fronte aos seus ollos apareceu unha casa en ruínas a cal indicaba a chegada a Montes, unha aldea fronteiriza da comarca de Ourense. O peregrino chamou a todas as portas buscando refuxio, pero ninguén contestaba. Logo dun tempo, unha muller, xa maior, abriu a porta dunha casa case derrubada e con portas de madeira pouco traballada, onde o home entrou. A muller deulle cama e cea durante a noite. Á maña seguinte o peregrino retomou o camiño. Pronto chegou ao lugar onde se desviaban os dous camiños e decatouse de que había un cruceiro. O home, chamado pola curiosidade, achegouse a el! Do que aínda non se decatara é de que, a cada paso que daba, a néboa vertía cada vez máis e máis... De súpeto, detrás do cruceiro, comezou a saír unha procesión do que parecía unha sucesión de almas en pena encadeas por cordas avelladas polo paso do tempo. Ía dirixida por un home xa maior que portaba unha cruz de madeira desgastada polo paso dos anos.‖ A avoa pegou unha cabezada e os rapaces berraron: — Avoa! Non sexas preguiceira! A avoa proseguiu coa historia. ―O peregrino correu e correu, pero de nada lle servía, alí onde ía atopábase con aquela estraña procesión. Nun intento de zafarse, a procesión aparecéuselle diante dos ollos. O home vello entregoulle a cruz de madeira e desapareceu.‖ A avoa rematou a historia dicindo: ―Agora ese pobre home conduce todas as noites de néboa pecha aquela procesión polos montes galegos ata que atope outra persoa a que darlle a cruz. Esa procesión de almas é a Santa Compaña...‖

ALDO VELOSO RODRÍGUEZ

43


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

CRUZ

Roi estaba convencido de que aquela noite sería unha das mellores da súa vida. Era un rapaz de aldea e un apaixonado do Samaín, e xunto cos seus mellores amigos, ese ano decidiuno celebrar de maneira especial. Roi miraba o seu reloxo dixital de maneira continuada, esperando que desen as doce, hora na que seus pais xa estarían durmindo e el podería fuxir para atoparse cos

44


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

seus compañeiros. Logo de dúas interminables horas, o mozo meteu no seu macuto un libro de lendas, o foco, uns doces e un teléfono móbil. O rapaz decidiu que a mellor opción para saír da casa sen facer ruído era cruzando a fiestra do seu cuarto, que daba cara ao teito do garaxe, e descender polo caleiro. Así o fixo, aínda que tivo algunha dificultade á hora de manter o equilibrio sobre o aparcadoiro, xa que as tellas esvaraban debido á sarabia caída aquela tarde. Despois disto, camiñou ao carón da estrada principal ata un pequeno desvío que conducía a un camiño de terra e croios con finalización nunha carballeira moi extensa. Ao chegar ao centro da densa zona arborada, atopou a Celtia e a Tristán, os seus mellores amigos. Ao rematar os saúdos, puxéronse mans á obra para conseguir ter unha fogueira que durase toda a súa estadía naquel lugar. Celtia trouxera unha machada e cortou algunhas pólas dos carballos máis pequenos, mentres que Tristán e Roi acomodaron o sitios cos abrigos a modo de coxíns, recolleron herba seca como combustible inicial do lume, colocaron as lanternas traídas por eles en puntos opostos, enfocando cara ao exterior do que sería o lume, e depositaron os refrescos e os doces á dereita dos improvisados coxíns. Cando Celtia rematou coa súa tarefa e lle prendeu lume, aquela madeira comezou a arder de xeito moderado aínda que suficiente para proporcionar calor naquela noite tan fría. Unha vez finalizadas as actividades de preparación e despois de que Tristán collera a súa guitarra, quedou unha fermosa vista dos tres amigos. Os mozos, vestidos con roupa abrigosa e de cores escuras, sentaron un ao carón doutro na parte esquerda do lume, o cal provocaba moita luminosidade e seguridade, xa que os animais, ao velo, non se atreverían a achegarse. Repartiron entre eles os doces e os refrescos, os cales consistían en nubes de azucre e Coca-Cola; e mentres Tristán tocaba o cordófono, Celtia e Roi contaban as lendas e os mitos do libros do avó do segundo. Todo isto nunha carballeira frondosa dende a que era imposible albiscar o ceo estrelado e a lúa crecente. Naquela fría noite de outubro tamén se escoitaban entre a herba seca os grilos e algún que outro animal máis. O reloxo de Roi marcaba as tres e media da mañá, cando despois dunha ducia de relatos e de mañas sobre como fuxir da casa sen ser visto, os mozos observaron como un 45


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

home duns sesenta anos, vestido cunha camisa de algodón verde, pantalóns de pana marróns e unhas botas negras, se lles aproximaba portando unha cruz grosa de madeira e seguido duns seres vestidos cunhas túnicas negras e unha gran caparuza cubríndolles o rostro. O ancián cada vez se lles achegaba máis, co fin de entregarlle a cruz, pero os rapaces non a aceptaron e, ante a negativa, o maior respondeulles cunha mirada ameazante e á vez de tristeza. Tristán, tenso, deixou a guitarra no chan, ergueuse e tomou o símbolo da cristiandade de mans daquel individuo. O señor, inmediatamente despois, voltou polo camiño de maneira apresurada, pero a quincena de encapuzados non se moveu do lugar, feito que provocou temor nos rapaces. Tristán botou a cruz ao lume, pensando que se aqueles seres viñeran detrás do símbolo de madeira, ao destruílo, marcharían ao non ter nada polo que esperar. O rapaz non podía estar máis trabucado, xa que esa acción provocou un avance inmediato das almas cara a eles, que o rodearon en menos dun pestanexo, quedando así sen escapatoria. Os rapaces botáronse enriba dos encapuchados, pero, para a súa sorpresa, aquilo non supuxo ningunha resistencia para as almas, que continuaron co seu avance ata deixalos uns pegados aos outros. De súpeto, os ollos dos mozos pecháronse para sempre. Á mañá seguinte, logo de que os bombeiros extinguiran o lume da carballeira máis importante da zona, e de que os pais de Celtia, Tristán e Roi denunciaran a súa desaparición, os gardas do SEPRONA atoparon na metade do lugar queimado tres cranios e, ao seus carón, unha cruz en perfecto estado.

MARÍA BARGE MÍGUEZ

46


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A PEOR TRADICIÓN

Isto ocorreu na noite de Samaín, cando os membros da familia Campos ían rezar ao cemiterio. Este ano foi diferente aos anos anteriores, pois, cando se encontraban no cemiterio, comezaron a saír zombis das tumbas, e tamén apareceu a Morte, coa súa gadaña, que se lles puxo diante recriminándolles que fosen molestar os seus súbditos, que por iso os ía matar.

47


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Comezou pola avoa, a continuación foron o pai, a nai e a última, a filla. Cando os tres primeiros estaban transformados en pantasmas, descubriron que a nena era inmortal, e a Morte estivo, dende media noite ata a mañá seguinte, intentando matala, pero non deu. Entón a nena colocouse encima da súa nai, facendo un ritual que lle devolvera a vida, e así cos outros membros da súa familia. Cando xa estaban os tres vivos, preguntáronlle se era unha meiga e ela contestoulle que si, que o descubrira uns meses antes, e que estivera practicando con feitizos que atopaba en internet. Cando ían para a súa casa, que estaba ás aforas da aldea, saíulle un lobishome da beira da estrada e abalanzouse sobre a nena. Ela dixo unhas palabras que parecían doutro idioma e, de repente, o lobishome saltou cara atrás e caeu no chan e, pouco a pouco, volveu a transformarse nunha persoa, quedando ao seu carón a pel do lobo. Cando chegaron á casa, sentaron á mesa do comedor e acordaron non delatar a nena, se, a cambio, ela os protexía. O día que a Morte veu buscar a avoa, a nena non deu feito nada aínda que o tentou millóns de veces. A familia pensou que perdera os poderes pero o que acontecía era que só os podía utilizar unha vez en cada persoa. Ao día seguinte, cando a nena estaba xogando co seu can, este saíu correndo detrás dun balón e foi atropelado. A rapaza correu onda os seus pais para contárllelo e estes dixéronlle que tentara resucitalo. Logo da cerimonia, o can resucitou e púxose de pé. O propietario do coche viuna e foi correndo onda o alcalde a contarllo. Entón queimaron a nena na fogueira por meiga.

MIGUEL ESTÉVEZ DÍAZ

48


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O BOSQUE SANGUENTO

Todo comezou nunha viaxe, cando 5 amigos decidiron acampar nun suposto bosque bastante aterrador. Un deles, aburrido, porque non quería facer nada, decidiu proporlles un reto aos seus amigos que consistía en que o primeiro que atravesara o bosque enteiro e chegara de volta tería que ser tratado como se fora un rei. Todos aceptaron o reto e un por un fórono intentando, pero non puideron xa que todos se mexaron de medo. Todos menos un rapaz. Este, mentres ía camiñando, comezou a escoitar sons estraños e botouse a correr un pouco. De seguido escoitou pasos, coma se o estivesen perseguindo. Aterrado correu e correu coma se non houbera fin. De pronto, detívose e viu unha gran silueta diante del, a suposta sombra moveuse rápido e da nada apareceulle ao rapaz detrás. Tratábase dun minotauro que deseguido meteulle unha cornada en toda a cabeza. Vendo como o sangue corría polo chan, o minotauro, sedento de sangue, dirixiuse onda os outros rapaces. Mentres tanto, estes, xa preocupados pola tardanza do seu amigo, foran buscalo. 49


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

De súpeto, o minotauro embestiu o rapaz que ía diante, arrincándolle a cabeza do corpo; os outros, vendo o seu amigo decapitado, comezaron a correr en dirección ao bosque profundo. Cando xa esgotaran todas as súas forzas, un dos rapaces comezou a hiperventilar e os outros, preocupados, axudárono a tranquilizarse. Despois, idearon un plan que consistía en facerlle unha trampa para matar o monstro e así arrincarlle as tripas. O minotauro volveu aparecer, pero esta vez sacou un gran machete que llo cravou a un rapaz en todas as costas atravesándollo ata que saíu polo peito. Mentres se desangraba o rapaz, este dixo unhas últimas palabras e morreu ao instante. O minotauro, inda sen satisfacerse, cortou o rapaz en anacos, arrincándolle as tripas e as pernas. Os dous últimos rapaces quedaron paralizados polo medo, e, sen decatárense, o minotauro desapareceu. Cando se tranquilizaron, comezaron a facer unha trampa, esperando a que o maldito monstro caera nela para que pagara por todo o que fixera. Así foi: caeu na trampa e supostamente morreu. Tiveron que tirar o corpo do ser ao río. Antes de marchar de volta para súa casa, un dos dous rapaces volveuse achegar ao río para beber un pouco de auga. Mentres bebía, o amigo aproximouse a el e díxolle que xa se ían, pero, de súpeto, o minotauro colleuno e… e o demais xa é outra historia.

ANDERSON ARROJO ÁLVAREZ

50


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

LOBISHOME

Esta historia trata sobre unha rapaza chamada Ana, que naceu nun Venres Santo. Cando é de día é unha rapaza normal e moi fermosa, pero cando a noite se achega convértese nunha besta arrepiante, medio animal e medio muller, con pernas e brazos longos, pelo abundante e garras de prata, e os seus ollos poden cambiar de cor dependendo do lugar onde se atope. O que máis lle gusta facer é ler, pero nun sitio moi especial para ela: no alto dunhas rochas situadas no medio do bosque, lugar onde súa nai morrera. Achegábase o comezo das clases, e ela e seus amigos, Lucas, Samanta, Ariadna, Paula e Óscar, querían saír a acampar no bosque aínda que a Ana non lle facía moita graza por se se transformaba. Pero todos a convenceron aínda que ninguén sabía o seu segredo.

51


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O día que ían de campamento, Paula e a súa nai, Marta, pasaron a recoller a Ana pola súa casa xa que lle quedaba de camiño, Paula baixou moi rápido do coche con moita ilusión por ir de acampada, abrazáronse moi forte e subiron ao coche. Ao chegar non atoparon a ninguén e Ana aproveitou ese intre para contarlle a Paula o seu segredo, pero chegaron todos os seus amigos e non tivo máis remedio que contalo todo xa que as escoitaran falar un rato bo sobre o tema. Quedaron todos moi asustados, estaban tan asustados que non lle volveron a dirixir a palabra en bastante tempo. Ana axudounos en todo o que precisasen, puxo a súa tenda de campaña, recolleu canotos para prender o lume etc. Cando Ana fora polos canotos, vira unha sombra dun lobo pero non era un lobo normal senón alguén coma ela, un lobishome. Perseguiuno para ver de que se trataba pero sen achegarse moito por se era un animal perigoso. O animal meteuse nunha cova e Ana decidiu esperalo fóra. Cando estaba a punto de regresar ao campamento, saíu un lobo grande e púxose a camiñar a dúas patas e tras del apareceu outro máis. Caeu para atrás do asustada que estaba e decidiu fuxir dese lugar o máis rápido posible. Cando a noite se achegaba, Ana decidiu afastarse do campamento para non pór as vidas dos seus amigos en perigo, pero Paula seguiuna para pedirlle desculpas porque se decatou de que o que tiña que ter feito era apoiala e comprendela. Ana dirixíase para a súa rocha especial onde a súa mai tivera un tráxico accidente cando, de repente, escoitou ruídos detrás súa e decatouse de que alguén a estaba seguindo. Entón comezou a correr e logo agachouse detrás dunha árbore para ver de quen se trataba e, cando se aproximara, abalanzarse sobre el. Ana seguiu o seu plan paso a paso e tirouse por riba de Paula. Esta empezou a gritar moi asustada e Ana tapoulle rapidamente a boca por se a escoitaban os outros lobishomes. De repente escoitaron un ouleo e puxéronse a correr. Eran catro lobishomes que as viñan seguindo. Cando parecía que xa os despistaran, apareceulles diante un dos lobishomes que se abalanzou sobre elas. Ana empurrou a Paula cara á dereita e seguiron correndo, chegaron a un precipicio e Ana transformouse en lobishome. Esta decidiu sacrificarse pola súa mellor amiga e botouse polo precipicio cos outros catro lobishomes xa que era imposible saíren intactas. Paula viu como a súa mellor amiga caía polo precipicio cos outros lobishomes, e non parou de chorar durante un bo rato esperando que a súa amiga aparecese.

52


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Paula estaba esgotada de tanto correr e loitar contra os lobishomes, sobre todo de chorar pola súa mellor amiga, pero tivo forzas para ir ata o campamento xa que era moi perigoso quedar alí soa por se chegaba algún lobishome. Ao chegar ao campamento, tan pronto a viron, os seus amigos, que estaban moi preocupados xa que nos sabían nada sobre elas, correron cara a ela e preguntáronlle o que ocorrera. Ela contouno todo. Quedaron todos asombrados e moi tristes pola ausencia da súa amiga. Din que se vas á rocha onde ela sempre estaba unha noite de lúa chea pódeselle escoitar oulear e vela sentada co seu libro preferido de lobos, O lobishome.

YESENIA CERDEIRO RODRÍGUEZ

53


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A AVOA

— Nesta aldea, cada medianoite de Samaín con lúa chea, aparece a Santa Compaña rodeada duns fogos fatuos e cunha vela na man, matando así todas as persoas que estean presentes – recitou a avoa. — É dicir, que se vimos á festa do Samaín virá a Santa Compaña e mataranos?preguntou Breixo. — Parvadas, como te vas crer iso? É todo mentira- díxolle a súa irmá Sofía. Os dous cativos saíron da casa vestidos de pantasmas cara á festa, e a avoa, ao velos saír, suspirou. Cando chegaron á festa atoparon alí xa os seus amigos e charlaron un pouco. Logo participaron nos xogos organizados, e Sofía gañou tres, un coa súa mellor amiga, Uxía, e Breixo só gañou dous. A continuación foron recoller os premios por gañar algún xogo, e eran doces. 54


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Cando os xogos xa remataron, puxéronse a cear todos a rica empanada de bonito, acompañada cun pouco de churrasco e, de sobremesa, comeron un bo anaco de bica de Laza. Ao acabar de cear, un pequeno grupo de gaiteiros e gaiteiras puxéronse a tocar canción típicas de Galicia. Coa música case que a xente non podía falar entre ela, pero Breixo preguntoulle a Sofía: — Ti cres que o que nos dixo a avoa sería certo? — Non sexas mexericas e goza da festa- respondeu Sofía-. Xa era case medianoite cando Breixo decidiu voltar á casa polo medo que tiña. Non lle dixo nada a ninguén porque non quería que se burlasen del. Era medianoite, e a festa non paraba, ata que, de súpeto, marchou a luz, a música parou e a todos os invadiu o medo. De súpeto, apareceron fogos fatuos, un detrás doutro, paralizando así toda a xente para que non puidese escapar. Ao final de todo, apareceu a Santa Compaña cunha vela nas mans. Esta íase achegando a cada integrante da festa, deixando a este morto. Logo foi onde Sofía e díxolle: — Se me houbeses feito caso como che dixen… Sofía descubriu que era a Santa Compaña, e logo esta tirou a cativa ao chan acabando así coa súa vida.

DAVID SABURIDO DACUÑA

55


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

CRUZ TEÑO

Este verán xuntámonos na miña aldea un bo grupo de amigos que durante o ano viven en moitas cidades. Xogamos moito, fomos á piscina, en fin, vivimos moitas aventuras. A última fin de semana decidimos facer unha acampada no monte. Para isto levamos sacos de durmir. Cando chegamos ao monte repartimos as tarefas: uns montaron a tenda, outros foron por leña para acender a fogueira e outros puxémonos a preparar a cea. Ao chegar a noite sentamos arredor da fogueira, comemos e puxémonos a contar historias de medo. De súpeto, un dos meus amigos, Antón, dixo:‖CALAI!‖. Todos miramos para onde el estaba mirando, e vimos algo estraño ao lonxe que viña cara a nós. Enseguida me decatei de que era a Santa Compaña. Oíra falar dela, sabía que se visitaba 56


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

alguén era porque ía morrer. Estaba moi asustado, decateime de que lle estaban a dar a cruz ao meu amigo Antón, e el colleuna. Eu quería berrarlle que non o fixera pero tremíanme tanto as pernas e a voz que non fun capaz de facelo. Perdín o coñecemento. Cando espertei, púxenme de pé e vin que todos os meus amigos estaban chorando arredor de algo. Achegueime e vin que era Antón, estaba morto. Expliqueilles aos meus amigos que era a Santa Compaña. Estando no medio da explicación sentín que alguén me tocaba por detrás. Xireime e observei que era a Santa Compaña que esta vez me viña traer a min a cruz. Aínda que estaba moi asustado, berrei: ‖Cruz teño!!‖, e a Santa Compaña desapareceu. Díxenlles aos meus amigos que isto era o que había que facer se aparecía de novo e para sentirnos máis seguros, esa noite fixemos un círculo cunha cruz no centro e metémonos nel.

XABIER LAMAS PÉREZ

57


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A MANSIÓN

Unha familia de 3 membros mudouse a unha nova casa. O pai chamábase Xavier, a nai Lucía e a filla Alba. E a casa era unha mansión de dúas plantas, antiga, na que ocorreron diversos asasinatos nos anos 90, pero á familia non lle importaba, xa que reducía o seu prezo. 58


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Semanas despois de instalarse, a familia comezou a notar sucesos estraños, como obxectos que parecía que se movían ou luces que se apagaban e prendían soas, os cales atribuíron á idade da casa. Unha mañá, Xavier saíu correr e á media hora decatouse de que un estraño o estaba a seguir. Cando o alcanzou, o home explicoulle que fuxira daquela casa porque estaba maldita, e que había 20 anos el vivira alí e escoitaba voces que o atormentaban con asasinar á súa familia, e ao final fíxoo. Xavier, que era psicólogo, non lle deu maior importancia e regresou á súa casa. Ao chegar ao fogar atopouse coa súa muller retirando o papel pintado da parede, debaixo do cal había estrañas pinturas arrepiantes e ata manchas de sangue. Esa mesma noite atopábanse os tres no salón vendo unha película cando se escoitaron golpes no faiado, o pai xa non aguantaba máis e buscou a entrada para acabar co que fixera o ruído. Cando atopou a escada, colleu unha lanterna e subiu. Unha vez arriba, de primeiras non viu nada, pero entón a lanterna falloulle e cando a prendeu de novo, mirou cara atrás e viu o mesmo home que o seguira á mañá, aforcado. Entón asustouse e caeu polas escaleiras (non se mancou) e botou a correr cara á súa familia. Cando ía chegar ao salón, foise a luz e tivo que prender a lanterna. Nese intre observou a terrible escena: a súa familia degolada, co seu sangue esparexido por todo o salón. Preso do temor, virouse disposto a fuxir, pero viu a un palmo del cun coitelo na man o aforcado, que o destripou vivo.

CRISTIAN NOVOA GONZÁLEZ

59


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A MENSAXE EN CADEA

— Quedada ás tres da madrugada na casa abandonada do bosque. Á hora sinalada os tres rapaces apareceron alí e botáronlle unha ollada á casa xa que era a primeira vez que a vían dende tan cerca. Ao día seguinte recibiron unha mensaxe dun número descoñecido que dicía: — Quedada á media noite na casa do bosque. Chegou medianoite e os tres compañeiros estaban na casa, pasou o tempo e nada ocorría, ninguén aparecía, ninguén que lles puidera explicar a mensaxe... Un dos compañeiros, á tarde seguinte, recibiu a mesma mensaxe que a do día anterior. O rapaz, 60


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

todo confiado de que non ía pasar nada, foi alí. Mentres tanto, cada compañeiro foi recibindo a mesma mensaxe pero en distintos días. Un cuarto compañeiro que non andaba moito cos outros catro botou en falta a súa presenza. Entón decidiu ir á policía denunciar a desaparición dos seus compañeiros. Buscaron polos arredores da aldea e non encontraron nada. O rapaz, ao ver que non encontraran nada, decidiu camiñar máis e atopou a casa do bosque. Achegouse máis e na fiestra do piso de arriba viu unha sombra dunha persoa maior. Intrigado, entrou na vivenda e inspeccionouna un pouco. No salón encontrou o seu compañeiro, o primeiro que desaparecera, colgado dunha lámpada de araña. Quixo chamar a policía pero non había cobertura. De repente escoitou uns gritos aterradores que eran das almas dos seus compañeiros antes de morrer. Ao cesar os gritos escoitou un ruído estraño que proviña da planta de arriba. Cando chegou ao corredor, avistou ao lonxe un corpo tirado: era outro dos seus compañeiros que non tiña nin brazos nin pernas. O rapaz que descubriu os dous corpos quería fuxir pero mantiña a esperanza de encontrar o seu último compañeiro. Cando mirou enfronte encontrouse cunha porta que abriu e que conducía ao faiado. Subiu, estaba moi escuro, así que pensou en prender a luz pero non había electricidade e acendeu o seu móbil. Onda os seus pés había un regueiro de sangue que conducía ao fondo, alí encontrou ao seu amigo morto, morrera intentando escapar pola fiestra. O rapaz sentiu alguén detrás súa, e así era, deu a volta e encontrou a sombra que vira. Mentres tanto, a policía quería falar co compañeiro que denunciara a desaparición pero non daba sinais de vida. Así que os policías fórono buscar. Ao pouco tempo encontraron a casa do bosque. Cando se achegaron viron que a porta estaba aberta e escoitaron un berro e subiron moi rápido. Alí encontraron ao cuarto rapaz que a sombra xa estaba empezando a matar. Os policías, abraiados, dispararon e a sombra ao final resultou ser un home que desaparecera nos anos noventa e que a policía xa andara buscando pero que logo dera por morto.

VANESSA CUQUEJO GONZÁLEZ

61


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

UNHA TRÁXICA NOITE DE SAN XOÁN

Era unha noite de San Xoán e todos os rapaces da aldea reuníronse na praza para facer unha gran fogueira. Aínda non escurecera e comezaron cos preparativos; uns foron en busca de leña, outros ocupáronse das mesas, María e Paula foron comprar sardiñas á peixería do señor Xoán e Anxo, xunto con Breogán, encargáronse de prender o lume. Comeron, beberon, bailaron a carón do lume e, entre risos, e risos foron pasando as horas rapidamente. O lume apagouse e os rapaces emprenderon camiño cara ás súas casas. María, Paula, Anxo e Breogán marcharon polo longo camiño da Igrexa. Ían falando do ben que o pasaran cando os interromperon os fortes ladridos duns cans. Empezaron a ter calafríos do frío que facía. Levantárase unha densa néboa, o vento sopraba e chegáballes un cheiro moi estraño.

62


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Nese intre, pareceulles ver ao lonxe unhas pequenas luces que se ían achegando cada vez máis e máis xunto cuns ruídos de cadeas. Cando xa estaban máis preto deles puideron ver como o Sr. Xoán levaba na man unha cruz e detrás del ían varios encapuchados nunha perfecta fila portando unhas velas, cantando e rezando. De repente, Anxo berrou: — A Santa Compaña, correde! E os seus amigos obedeceron e correron cara á Igrexa sen mirar atrás. Chegaron moi cansos, Anxo mandoulles subir ao cruceiro, todos se preguntaron por que e el explicoulles que, cando era pequeno, o seu avó contáralle unha historia sobre a Santa Compaña. Nesta historia contábase que, se algunha vez se atopaba con ela, unha das formas para protexerse e que pasasen de largo era buscar un cruceiro e subirse enriba del. E así foi; os encapuchados, encabezados polo peixeiro, pasaron cantando e nin se decataron da presenza dos nenos. Pasaron uns minutos e todo volveu outra vez á normalidade, os cans calaron, a néboa marchou e o vento cesou. Todos apresurados, o grupo de rapaces regresou ás súas casas. Esa noite non puideron durmir e tiveron moitos pesadelos. Á mañá seguinte, decidiron ir os catro falar co Sr.Xoán. Ao entrar na tenda decatáronse de que estaba moi pálido e, ao preguntarlle que fixera de noite, puideron comprobar que non se acordaba de nada do que lle sucedera. Ao cabo duns días o agradable peixeiro morreu, ninguén soubo a causa da súa morte, excepto os rapaces que sabían a verdade que días atrás decidiran manter o segredo, a Santa Compaña levoulle o alma ao Sr. Xoán.

AROA RIVERO BLANCO

63


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

LÚA DE LOBOS

Nunha fría noite Antón encóntrase no seu cuarto cando, de súpeto, soa o timbre e sobresáltao, levántase e baixa as escaleiras para abrir a porta. Xa abaixo, abre e atopa o seu mellor amigo, Daniel. O rapaz cóntalle que ao seu pai, o comisario principal, lle chegaron novas sobre o encontro dun corpo, pero que só atoparan a metade inferior do cadáver. Antón, mirando o seu amigo, xa sabe o que pretende e sabe que é unha loucura, pero o morbo matábao, así que xa está decidido: van buscar a outra metade. No bosque encontrábanse moitos policías e cans buscando o corpo. Intentaron pasar desapercibidos entre todo aquilo pero non foi posible... Luís, o comisario, atopou o seu fillo e non dubidou en botarlle a bronca... Antón conseguiu agocharse tras unha árbore, pero Daniel tivo que marchar e el quedou só. Cando saíu de detrás da árbore escoitou un estralo e xirou, observou unha manada de cervos e, correndo, agochouse detrás dunha rocha. Notábase que fuxían de algo. Tras pasar todos, viu dúas esferas brillantes e de cor vermella achegándose a el, xa estaban cerca… Non o podía crer, era un ¡Lobishome!

64


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Ferozmente, cunha forza incrible, mordeu o rapaz no lado esquerdo do seu abdome. O rapaz, ferido, sacou forzas e conseguiu levantarse. Despois dun tempo, chegou á súa casa e decidiu curarse el mesmo. Á mañá seguinte encóntrase con Daniel e cóntalle todo, tamén decide ensinarlle a mordedela, pero cando quita a vendaxe non hai ferida. Buscaron información

e

encontraron que cando un home lobo mordía a alguén isto o mataba ou o convertía nun... Non o podían crer, Antón era un lobishome. Pasaron semanas, estaban desesperados, querían acabar con todo, xa ocorreran dez asasinatos máis. Pero o que atormentaba a Antón era que esa noite era lúa chea e sabía que se esa noite non mataba co seu alfa, o alfa o mataría a el. Chegou o momento, Antón estaba encadeado completamente e xa comezaban a entrar os raios de luz da lúa pola fiestra e por primeira vez viron o seu aspecto, tiña os ollos amarelos e brillantes, garras fortes e longas, colmillos enormes e a súa voz era grave. Non paraba de gritar e ouvear, e coa súa forza sobrehumana conseguiuse soltar e saltou pola ventá. Non sabía o que facía, dirixíase cara ó instituto, xa que escoitara o ouvido do seu alfa, intentaba conterse, pero non podía, ía matar a primeira persoa que encontrara. Ao día seguinte, no instituto, había ambulancias por todo o recinto, un dos autobuses estaba cheo de sangue e estaban levando un corpo. Antón non recordaba nada e Daniel intentaba despreocupalo, pero este asunto íaselles das mans. Tiñan que idear un plan para atrapalo. E así foi, Antón aprendeu a controlar o seu poder baixo a lúa chea, así todo sería máis fácil, e foi posible grazas á axuda doutro home lobo que localizara a Antón e quería axudalo, xa que só un lobishome da súa propia manada podería matar o alfa. Chegou a noite de acabar co alfa, todo ocorrería no instituto, alí, Antón achegouse ao micrófono do instituto e ouveou todo o forte que puido para así atraer o alfa. Así foi, o alfa chegara ao instituto e pechárano dentro do recinto, pero xurdiu un problema, non contaban con que se encontrara máis xente alí e Antón tiña o deber de protexelos. Intentounos guiar ata o laboratorio correndo, xa que o alfa perseguíaos. Non todos se lograron salvar, a besta colleu unha rapaza e o resto da xente viu como lle cortaba a garganta coas garras. Finalmente conseguiron chegar ao laboratorio e alí pensaron un novo plan: unha rapaza pensou que Antón debería saír e enfrontarse a el, pero cunha mestura de substancias químicas, formada por líquidos inflamables, que ao romperse o vidro se xuntarían e crearía unha pequena explosión. Antón saíu desa aula para encontrar 65


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

o alfa. Encontrábase no ximnasio, camiñaba debaixo das gradas ata que viu gotas de sangue caer dunha das gradas, alzou a cabeza e viu o conserxe morto e colgado por cordas. O rapaz sabía que estaba aí, e así foi, cando fixeron contacto visual comezaron a correr o un cara ao outro para enfrontarse, pero Antón antes de nada tiroulle ao home lobo a bomba, e cando rompeu o vidro fixo que o alfa comezara a arder, facendo que quedara case morto no chan, pero chegou Jorge, o outro lobishome, e matouno coas súas garras. Así lograron acabar co alfa e todo volveu á normalidade, Antón tamén conseguiu acostumarse á súa nova vida como home lobo.

JOCELYN GARRIDO SUAZA

66


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O PENEDO DO ARANGAÑO

Contan os máis vellos da miña aldea que houbo una familia con moi mala sorte, toda a mala sorte do mundo. Esta familia tivera había tres anos un rapaz fermoso, un rapaz de cabelos longos e louros, cos ollos dunha cor azul intensa, tan intensa coma a auga dunha lagoa. Un rapaz máis listo e espelido ca un raposo, máis o único malo era que o rapaz estaba moi maliño. Tiña unha enfermidade na pel da que só se deran tres casos na comarca da Limia e esas tres persoas acabaran morrendo. A familia do meniño estaba desesperada, non sabía que máis facer, gastaran os poucos cartos que tiñan no rapaz, en médicos e curandeiros, pero ningún dera coa solución. Un día o pai do rapaz, seguindo co labor de gandeiro, foi á feira de Xinzo a mercar unha vaca.

Cando chegou, viu unha das boas e gustoulle moito. Aínda que lle pareceu

algo cara, mercouna. O home fíxolle un gran favor ao vendedor da vaca, este tiña moitas débedas e coa venda da vaca podía pagalas e mais convidar o pai do meniño e a un señor esfarrapado que se arrimara a el para darlle compañía no xantar.

67


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Entre unha tapas de polbo e unha cuncas de viño, o comprador da vaca, un pouco alumeado polo viño, contoulle o mal do seu fillo, e o señor, esfarrapado e algo fedorento, díxolle que levase o seu fillo a unha pedra cunha boca triangular e á que non se lle vía fondo. Tamén lle dixo que estaba no alto do monte que separaba Sarreaus e Folgoso, un camiño á dereita, xusto no altiño do monte. Tras un longo camiño de volta, o home gardou a vaca pero non se preocupou dela, despois contoulle á súa muller e mais á súa sogra o que o señor fedorento lle contara. Despois dun longo debate decidiron levalo alá, non perdían nada. Despois de percorrer un longo camiño cheo de lama dende Paradiña, unha aldea no alto do monte que estaba ao outro lado de Sarreaus, chegaron ao lugar indicado polo home da feira. O rapaz ía un tanto asustado pero, como quería deixar de padecer, botouse polo burato sen pensalo e, no mesmo momento no que chegou abaixo, non se acordaba de nada, tan só tiña na cabeza tres caras coñecidas: a do pai, a da nai e a da avoa, xa non tiña a pel irritada nin ningunha doenza. Cando a familia viu o rapaz curado prometéronse uns a outros que volverían a tódalas feiras de Xinzo ata atopar o home fedorento e esfarrapado para convidalo á festa de Sarreaus, que se celebra o dia seis de setembro, para agasallalo cunha boa ofrenda.

ALEJANDRO PAZ RODRÍGUEZ

68


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A M EI G A

Unha vez máis nas festas da miña aldea reunímonos os meus amigos e mais eu. Decidimos ir pasear, cando de repente vimos unha luz, seguímola e vimos unha casa ao lonxe. Fomos investigala, aínda que estabamos cheos de medo, xa que había moitas lendas que contaban que vivía alí unha meiga que odiaba os nenos e os convertía en calquera cousa que se lle pasase pola cabeza. Entramos na casa e oímos uns ruídos, seguimos o son e encontrámonos cunha meiga que lle dicía a un neno: — Que facías na miña casa? Que pretendías facer? — Nada, nada só que escoitei uns sons dentro da casa, como berros dun neno e pensei que pasaba algo. — Pois non, non pasaba nada, e para asegurarme de que non contarás nada do que viches vouche borrar a memoria meténdote neste cazo cunha poción. 69


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

— Non, por favor, non contarei nada, xúrollo. Pero as súplicas do neno non serviron, xa que a bruxa conseguiu o seu propósito. Iamos marchar cando Simón tropezou cun xarrón que estaba no chan, e de repente escoitamos a bruxa berrar: — Quen anda aí? Intentamos correr todo o que puidemos pero a meiga conseguiu coller dous dos nosos compañeiros: a Xoán e a Lucía. Agora tiñamos que idear un plan para rescatalos. Antes de nada fixemos grupos: Simón e Alberto ían por detrás da casa e Rocío e mais eu por diante. Antes de actuar cada un trouxo unha arma: Simón trouxo unha pa, Alberto unhas bólas, Rocío, xa que era de cidade, unha maceta e eu unha corda. Chegou a hora. Mentres Simón e Alberto facían ruído por detrás para atraer a meiga nós esperabamos a que fixera efecto e a meiga saíra para rescatar os nosos compañeiros. En canto saíu, Rocío e mais eu entramos na casa, buscamos e buscamos pero non os atopamos, entón decidimos berrar: — Xoán! — Lucía! Foi unha mala idea xa que a meiga escoitounos e volveu rapidamente á casa; deunos tempo de escondernos nun armario. Xa dentro do armario escoitamos a meiga dicir: — Perdín os outros nenos pero inda me quedan estes e mais os que se meteron dentro da casa. A meiga sabía que estabamos dentro, tiñamos que rescatar os nosos amigos e escapar. Xusto nese mesmo intre escoitamos alguén subindo as escaleiras, pensamos que era a meiga; pero por sorte eran Simón e Alberto: — Que facedes aquí? — Estabamos escondidos porque entrou a meiga. — Onde está agora? — Saíu buscar uns ingredientes para a poción pero non tardará, hai que darse présa.

70


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Xusto nese intre entrou a meiga. Baixamos as escaleiras con coidado para que non nos escoitara. Decidimos tenderlle unha trampa, xa que o plan non funcionara. Puxemos as bólas facendo coma un camiño, e, ao principio dese camiño, estaban Rocío coa maceta e Simón coa pa. Alberto e mais eu comezamos a berrar para que a meiga nos escoitara e viñera tras nosa. A trampa ía funcionando, cando quedaba pouco para chegar o camiño de bólas, onde estaban Rocío e Simón. Alberto e mais eu separámonos, deixando a meiga soa, e en canto chegou ao camiño, Rocío deulle coa maceta e Simón coa pa, quedando mareada. A meiga esvarouse coas bólas caendo ao chan. E nese intre collín a corda que traía e atámola. Rescatamos os nosos amigos e marchamos de alí. Cando chegamos á casa, chamamos a policía, quen acudiu á casa o máis rápido posible, pero cando chegaron non había rastro dela, e desde ese día non volvemos ver a casa nunca máis ata hoxe, na noite de Samaín.

NEREA ALVAR BLANCO

71


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O MONTE DAS ANÉCDOTAS

Era un día de pleno outono, había nubes negras e facía aire pero non ía moito frío. Xoán e os seus amigos estaban aburridos nas súas casas cando, de repente, soou o teléfono, ―TIIIN‖. Era Xosé que preguntou polo grupo: — Que vos parece se imos dar unha volta nas bicis polo monte? Todos contestaron que si, que podía ser boa idea, pero Xoán tardou en dar a súa resposta, xa que el escoitara algo dese monte, unha lenda sobre uns lobos que comeran a Manolo, o da taberna. Ao final tamén dixo que si.

72


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Despois de comer, preparáronse, reuníronse todos no campo da festa da aldea e alá foron, cinco rapaces inocentes que non sabían o que lles agardaba. Unha vez que chegaron ao alto da ―Calciña‖, punto máis alto do monte, pararon un pouco para descansar, comer a merenda e beber uns grolos. De súpeto, uns ruídos moi estraños chaman a atención de Xosé, que, como non?, avisou o grupo. A Xoán xa lle veu a lenda á cabeza. Así foi, tres lobos louros saíron do toxal de Maruxa e os rapaces, apampados pola situación, case non deron reaccionado. Colleron as bicicletas e baixaron a toda velocidade pola costa, cos lobos, sen apenas esgotarse, detrás deles. Por casualidade, a Xoán lembróuselle a casarella vella que tiña seu pai cando ía de caza, entón dirixiu o grupo ata ela. Unha vez alí, metéronse dentro, pecharon a porta e subiron cara ao piso de arriba onde tiña seu pai as castañas a secar. En absoluto silencio, puxéronse a escoitar. Cando xa pensaron que todo rematara, oíron como os lobos rabuñaban e empurraban a porta ata que a conseguiron derrubar. Aos rapaces, mortiños de medo, ocorréuselles quedar no sitio caladiños mirando a reacción dos lobos, os cales, ao non atopalos, marcharon polo monte arriba en busca de carne viva. Mentres, os rapaces, armados de valor, colleron as bicicletas e dirixíronse á aldea. Ían reflexionando sobre sucedido e contando a súa anécdota a todas as persoas que se cruzaban polo camiño.

SAMUEL RODRÍGUEZ BOLAÑO

73


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

AS LAVANDEIRAS

Na ponte do Samaín tocoume ir co meu pai e o meu irmán maior á casa dos meus avós, en Xinzo de Limia. A min non me gustaba ir xa que a casa dos meus avós estaba situada ao lado dunha lagoa, a Lagoa de Antela, e desprendía moi mal olor. Cando chegamos, o meu irmán mais eu dirixímonos ás nosas respectivas habitacións para desfacer a maleta e, seguidamente, ir cear. Ese día, de cea tiñamos macarróns, e, mentres eu degustaba o meu gran prato de pasta, os meus avós preguntábanme que tal o colexio, os amigos…, fixéronme as preguntas típicas que se fan sempre. Ao terminar, recollemos a cociña eu e mais a miña avoa, pero esta cansou logo e mandeina deitar mentres eu finalizaba. Cando acabei, dirixinme á miña habitación e

74


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

púxenme a mirar pola ventá. Enseguida me decatei da presenza de tres mulleres que se atopaban lavando unhas sabas brancas, entón corrín cara á habitación do meu irmán. Ao chegar conteille o que vira e el decidiu saír a mirar. Cambiouse e antes de saír díxenlle que tivera coidado. Cando se dirixía xunto a esas mulleres, asomeime á ventá…, nese momento desexei non facelo. Cando o meu irmán chegou xunto a aquelas mulleres, estas pedíronlle axuda para retorcer unhas sabas brancas. O meu irmán, que era moi bo rapaz, axudoulles, pero xusto cando entregou a saba o seu corpo caeu á lagoa e as mulleres desapareceron de súpeto. Chamei os meus avós e o meu pai, e ao contarlles o sucedido eles dixéronme que non se podía facer nada, e contáronme quen eran aquelas mulleres. Desde aquela cada vez que oio o nome das lavandeiras éntrame un arrepío polo corpo.

GABRIELA VÁZQUEZ GARCÍA

75


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O HOME DO SACO

Nunha aldea preta da zona da Limia vivían dous nenos chamados Xoán e Manuel que se dedicaban a facer trasnadas por diversión. Os homes da aldea, fartos das trasnadas que lles foron gastadas, acudiron aos pais para solucionalo. Seu pai, farto, díxolles: ―Este e o último aviso! Se seguides coas trasnadas o home do saco virá por vós‖. Os nenos tomárono por unha lenda e non fixeron caso as palabras de seu pai. Unha noite de frío, cando se ían deitar, Xoán escoitou ruxir a escaleira e asustouse moito xa que seus pais estaban durmidos e non sabía quen podía ser. A porta estaba aberta e alí víase unha sombra moi grande dun home que sostiña un saco na súa man esquerda. Este ser entrou na habitación e coa súa chirriante voz díxolles que deixaran as trasnadas ou el levaríaos consigo. Ao principio pensaron que era falso pero, debido ao saco ensanguentado e cheo do que parecían cabezas, deulles medo e, por se acaso, deixaron as trasnadas durante un tempo. Ao concluír ese tempo, pensaron que ao mellor era seu pai que quería asustalos e, como lle encantaban as trasnadas, decidiron continuaron realizándoas. Ao principio estaban algo asustados por se regresaba aquela criatura pero non foi así. 76


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Pasaron meses e, nunha noite de inverno, cando estaban plenamente durmidos, o home colleunos e meteunos no saco e levounos a un matadoiro abandonado ás aforas da aldea. Alí espertaron cunhas cadeas nos pés, levaron tal susto que, ao berrar, asustaron o home do saco. Xoán, enfadado, díxolle ao home do saco que deixara a broma que sabían que era o seu pai. O home botou a rir e díxolles que, se querían probas, ao día seguinte teríanas. Todo confiado, Xoán aceptou. Chegou a mañá seguinte e os nenos, ao espertaren, viron o corpo morto de seu pai cun coitelo cravado nas costas. Efectivamente, era seu pai xa que este non tiña ningún irmán xemelgo, entón os dous botaron a chorar e dixéronlle ao home do saco que era un desalmado e este contestou dicíndolle que aí tiñan a proba. Os rapaces, medorentos, pensaron un plan de fuga. Fixáronse nunhas chaves, ás cales daban accedido a pesar das cadeas, esperaron ata que o home durmira e nese intre aproveitaron para coller as chaves e marchar. Fóronse hospedar á casa de seu amigo Cristian, que era unha persoa moi querida na aldea. A nai, despois de escoitar a historia, decidiu axudalos pero, como era tarde, foron durmir. Ao espertar encontráronse encadeados outra vez e viron o home do saco que díxolles unhas palabras ―Non se pode escapar de min‖ e alí mesmo os matou. Ninguén viu máis a Cristian e súa nai nin a Xoán, Manuel e seu pai.

DAVID LAMAS PÉREZ

77


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

LOBISHOME

Hai uns cantos anos aconteceu algo que cambiou Vilar de Toxos para sempre. Esta aldea, xa de por si, tiña moi mala sona xa que contaba con innumerables asasinatos sen resolver e cada un cunhas características máis estrañas que o anterior. Un deses homicidios foi o dos pais de Xoán, un dos máis estraños xa que na súa casa só estaban eles e o seu fillo de sete anos. Ademais, por riba as feridas mortais parecían ter sido feitas por un animal. Non obstante, Xoán si sabía que pasara, fora el, xa que nunha noite de lúa chea e, sen aínda saber controlarse, converteuse en lobishome e asasinou os seus propios pais, pero sen ser dono do seu corpo e iso foi como un gran penedo sobre a súa conciencia o resto da súa vida. Pero el non tiña culpa de ser un monstro, fora culpa daquela meiga que odiaba os pais de Xoán e, nada máis nacer el, 78


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

converteuno nun lobishome. Pasou anos e anos informándose sobre a súa especie pero a maioría dos textos que encontraba eran lendas e non sabía se crelas ou non. Unha tarde de abril un matrimonio e mais a súa filla instaláronse en Vilar de Toxos. Nada máis vérense, Xoán e Diana namoráronse e, como o domingo de ramos estaba á volta da esquina, ela convidouno a pasar o día coa súa familia. Os pais dela pasaron o día criticando a Xoán e no momento en que mencionaron aos seus pais e insinuaron que os asasinara el, este, da rabia, transformouse en lobishome e esgazou os seus sogros ata deixalos feitos anaquiños. A Diana, tras contemplar tal escena, deulle un infarto e Xoán, xa volto en si despois de descargar toda a rabia, fixouse en Diana que estaba no chan sen vida. Desolado, tras perder o único que lle importaba no mundo, decidiu suicidarse. Como era indestructíbel tivo que romper primeiro a maldición -algo que non era nada seguro e podía saír mal-, colleu un dos ramos benditos e cortou as veas con el, polo que se converteu en humano. Logo cravou un ferro no peito e morreu desangrado. Os veciños, alertados por tal escandálo, foron á casa. Nunca saíron dela, tan só se escoitou como se lles ía a vida e despois tan só silencio. Así sucesivamente ata que a aldea quedou deserta. A xente da bisbarra, ao ver a aldea completamente baleira, decidiron alzar un muro para que ninguén entrara ou saíra desa aldea enmeigada. Algúns curiosos achegáronse ao muro e, aseguraron escoitar berros agonizantes. E aínda hoxe ninguén sabe que pasou naquela casa, pénsase se foi a alma do lobishome convertida en demo que os matou a todos ou morreron de espanto pola escena tan sanguenta, a saber deus que.

ALBA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

79


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O PENEDO DA AGUIONCHA

Unha noite de inverno do ano 1820, unha familia composta por tres irmáns, Pablo, Sara e Andrea, e os pais, Ana e Lois, que viaxaban nunha caravana por todo o mundo, decidiron parar nun monte chamado ―O Penedo da Aguioncha― situado no monte de Calvos de Randín. A noite comezou ben, os pais prepararon a cea mentres que os fillos puñan a mesa. Ao rematar serviron a comida e sentaron a cear; cando acabaron recolleron e lavaron a louza e, ao rematar, saíron a dar un paseo os cinco xuntos. Cando ían camiñando, os nenos viron un pequeno bichiño no chan e puxéronse a miralo cunha lanterna; cando se puxeron a andar de novo non estaban os pais. Seguiron camiñando pero non os toparon, entón decidiron voltar á caravana pero, cando chegaron, tampouco os encontraron. Os nenos agardaron toda a noite por eles pero os pais non 80


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

apareceron. Cando se esgotaron as provisións, os rapaces tiveron que buscar comida e auga: Pablo foi por auga ao río, Sara a por leña e Andrea a por peixe ou carne e algún acompañamento. Camiñaron e camiñaron, cada un en busca do seu, pero un deles perdeuse, só chegaron ao refuxio Pablo e Andrea, Sara desaparecera. Os nenos foron

deixar as

provisións á caravana e logo foron en busca de Sara pero non a toparon, entón voltaron á casa. Ao día seguinte saíron en busca dela chegando ata máis lonxe xa que ían na caravana. Nun recuncho do monte viron unha pequena casa antiga na que vivía unha vella, foron alí e petáronlle na porta. A vella abriu e, no momento que entraron na casa, viron a súa irma, á que acollera a vella, e, cando decidiron saír, a uns poucos metros viron o can que os acompañara durante toda a viaxe e que convivira con eles. O animal dirixiunos ata unha cova na cal se atoparon coa Santa Compaña que estaba reunida coa Raíña Loba. O can era un lobo amestrado por esta para guiar os nenos ata a cova. Por sorte, os nenos lograron escapar na caravana e decidiron non volver a separarse nunca para non perder a ninguén máis e foron vivir nunha pequena casa nunha aldea próxima e pequena na que se vivía de forma moi antiga.

ANDREA ESTÉVEZ FERREIRO

81


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A SANTA COMPAÑA

Xoán é un rapaz de 15 anos e vive en Galiza, concretamente en Xinzo de Limia. É un neno moi aventureiro, ao cal sempre lle gusta investigar lugares inhóspitos. Xunto con Xurxo, ía a todos os lugares sen medo ao que lles puidera pasar. O 31 de outubro, polo día de Samaín, os dous decidiron que esa mesma noite irían ao cemiterio pasar a noite. Pola tarde prepararon todas as cousas necesarias para a aventura: comida, tenda de campaña e roupa de abrigo, a cal xa levarían posta. Para que os seus pais os deixaran marchar, mentíronlles dicíndolles que ían durmir un á casa do outro, e con iso non quedaran preocupados. Ás 11.30 da noite saíron da casa e reuníronse detrás da casa de Xoán, porque, para ir ao cemiterio, había que cruzar un bosque que se atopaba detrás dela. Cando Xurxo 82


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

chegou ao destino, puxeron rumbo ao cemiterio. Polo camiño foron contando chistes para non aburrirse na andaina. 15 minutos máis tarde, chegaron ao cemiterio, pero xusto antes de saltar a porta para entrar viron unhas luces que se achegaban a eles. Rapidamente agocháronse detrás dunha árbore e ficaron para ver que era. Cando esas luces estaban o suficientemente cerca, puideron ver varias persoas que agochaban o seu rostro baixo unha túnica e unha capucha. Os dous decatáronse de que era a Santa Compaña. Quedaron petrificados. 5 minutos máis tarde de que marcharan, volveron en si e decidiron seguir o seu camiño para ver onde ían. Resulta que foron polo mesmo camiño que eles colleran para chegar ao cemiterio, así que só tiveron que desandar os seus pasos. Chegaron á cidade e viron moita xente arredor dunha casa, por iso foron preguntar que pasara e contestáronlles que morrera a familia que vivía alí dentro. Eles dous souberon que fora a Santa Compaña, por iso voltaron ao cemiterio para ver se cruzaban con ela e podían ver a próxima casa á que ían. 10 minutos máis tarde, volveron ver as luces e escondéronse detrás dun arbusto próximo. Non obstante, xusto cando as persoas estaban pasando ao seu carón, Xurxo moveuse sen querer e os individuos colléronos e leváronos ao cemiterio. No medio do camiño, Xoán conseguiu escapar e foi rápido á casa avisar os seus pais do que pasara, descubrindo así o que en realidade fixeran, aínda que iso daba igual, pois o importante era avisar a policía e os pais de Xurxo e buscalo. Xa pasara un ano dende que Xurxo desaparecera, e volvía a ser Samaín, aínda que, esa noite, Xoán quedou castigado na casa polo que fixeran el e máis o seu amigo o ano anterior mentres que os seus pais e mais a súa irmá maior ían de festa. Pero a Santa Compaña non perdoa e así foi, accedeu á casa de Xoán e levou a súa alma. Cando os seus familiares chegaron á casa e se encontraron o seu fillo sen vida, chamaron a policía para saber as causas da morte. Uns meses despois, acordouse que en Xinzo de Limia, lugar onde eles dous vivían, se fixera oficial o 31 de outubro como día de Xurxo e Xoán. Por iso, cada 31 de outubro ás 12 da noite, toda a aldea colle as lanternas e cruza o bosque para ir ao cemiterio e deixar dous ramos de flores na entrada na honra de Xurxo e Xoán.

MIGUEL GIL CASTRO

83


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O LOBISHOME NO IES LAGOA DE ANTELA

Era unha noite de inverno no que o chan estaba cuberto de folerpas e o vento estaba entolecido. As clases no Lagoa de Antela foron imposibles polo incrible temporal que se acababa de levantar. Non obstante, Manolo non se decatara e estaba á entrada do instituto esperando a que abriran as portas. Como xa empezara a nevar outra vez, saltou o valado e resgardouse no teito. Logo dun tempo, canso de esperar telefonou a súa nai para que o viñera a buscar pero esta non o colleu. Ía marchar a pé pero un ruxido paralizouno. Saltou

84


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

un segundo valado e observou ao dobrar unha esquina unha besta devorando unha rapaza. Marchou correndo a pedir axuda pero ninguén o escoitaba, só a besta, que xirou a cabeza cara a Manolo e ruxiu. El intentou chamar de novo a súa nai pero non encontraba o teléfono. Empezou a correr polo patio en dirección a cociña para coller armas coas que defenderse e xusto cando entrou case lle colle unha perna o animal que, ao velo de cerca, percibiu algo humano nel. Entrou na cociña, colleu unha vasoira e pegoulle con cinta un coitelo moi grande na punta. Cando abriu a porta para enfrontalo, tiróuselle enriba e só puido colocarlle a vasoira entre os dentes que ameazaban con comelo. Tras uns 5 minutos de defenderse do animal, acabou todo raspuñado. Nun brazo conseguira mordelo e sangraba moito. Cando xa se dera por morto e ía afrouxar o agarre, a besta caeu sen vida ao seu carón. Así morto só parecía un peluche . Ao levantar a cabeza deu coa rapaza, que presentaba unha hemorraxia na perna dereita e case non se tiña en pe. Chegou a policía grazas ao balbordo que a besta montou e puxéronos a salvo canto antes. Eles non crían aos rapaces, pensaron que entoleceran xa que o corpo da besta non aparecía por ningures, só había unha gran mancha de sangue onde minutos antes se encontrara. Só eles saben o que viron. Unha besta, o lobishome.

SHEILA RODRÍGUEZ VILA

85


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O DEMO É O DEMO

Ben, chegou o Samaín deste ano e, como o ano pasado, imos ir os meus amigos Sarela, Amaya, Carlos Xóan e mais eu polos caramelos ás casas. Ai! Non me presentei, eu son Marta, a nena que vos contou o conto de ―A noite de lúa chea‖. Acordádesvos? Este ano non iremos de acampada, iremos de ruta pola noite polas covas do demo. Ui, que medo! Mañá pola noite sairemos ás 22:00 para chegar xustos para as 00:00. Chegou o día. Eu fun chamar todos os meus amigos para saír de ruta. Tivemos que esperar porque Carlos quedara durmido coa sesta. Que risa botamos os outros por culpa del. Cando chegamos, todos nos asustamos ao ver as covas, estaban moi escuras. Sarela, como sempre, foi a máis valente, e animounos a entrar. Dentro todo estaba cheo de sangue, sangue verdadeiro, entón Carlos dixo:

86


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

— Vámonos de aquí, isto estame dando mala espiña. — NOOOON. Contestamos todos á vez. Nós seguimos ao que estabamos. Co sangue verdadeiro, todos calamos e puxemos a discorrer a nosas cabezas e…. dixemos Amaya e mais eu ao mesmo tempo: — Se este sangue é verdadeiro entón o demo tamén! Despois dixen eu que tiñamos investigar algo máis de cerca. Carlos, como sempre, non quería seguir e tivémolo que levar a rastro. Cando estabamos dentro oímos uns ruídos espantosos. Quedamos quietos, cheos de medo, ata que, de súpeto, Xóan pisou nunha cousa noxenta: era moco de demo era azul. Collemos un pouco e metémolo nun bote que tiña Amaya na súa mochila. Seguimos camiñando ata que nos atopamos dous camiños. Entón, dividímonos en dous grupos: Sarela, Xóan e Carlos iriamos por un lado e Amaya e mais eu por outro. Nós atopámonos cun montón de portas e nunha delas puña ―Aquí esta o demo.‖ Nós, sen pensalo, entramos nesa e chocamos cos outros tres que faltaban. Seguimos todos xuntos ata que ao final nos atopámonos co demo. Todos empezamos a berrar como loucos e puxémonos a correr e o demo pisándonos os talóns. Ata que eu parei e díxenlle ao demo: — Sei que non es o demo de verdade — Así que non cres en min, pois xa verás.- dixo o demo. Colleume e levoume con el, eu comecei a berrar e os meus amigos correron tras nosa. Metémonos na cociña onde tiña un montón de nenos atados. Amaya, Sarela, Xoan e Carlos, cando chegaron, dixeron todos xuntos: — Solta todos os nenos xa, demo. — Sóltoos se me dades algo a cambio -respondeu o demo. — Entón que queres a cambio, demo? -soltou Sarela enfadada. — Quero que me busquedes una muller porque me sinto moi só nesta cova.-falou o demo todo avergonzado. — Ha,ha,ha,ha que gracioso, demo -rimos todos. — É verdade -dixo triste. 87


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

— Vale, traémoscha pero vaime soltando a min e os demais nenos.-díxenlle eu. Soltoume e saímos correndo para facer una boneca e levarlla. Tardamos un pouco pero chegamos. Namorouse a primeira vista. Os nenos xa estaban todos soltos e nós fixémoslle un sinal para que viñera cara onda nós. Todos saímos escopeteados antes que o demos se decatara que era una boneca. Cando estabamos xa chegando á saída oímos un berro e… xa se enterara do engano. Entón a Carlos ocorréuselle unha idea xenial: esconderse como se foramos as estatuas que tiña o demo alí. Así o fixemos pero… un dos nenos fixo un esbirro e o demo advertiuno. Nese mesmo momento fomos directos cara á saída. E el tras nosa, aínda que non nos pillou. Sabedes por que? Porque non podía saír da cova. Despois Sarela decatouse de que os nenos eran os que desapareceran todo ese ano na aldea. Camiñamos cara a un descampado e instalámonos alí para durmir. Ao dia seguinte fomos á aldea e devolvemos todos os nenos ás súas casas. Despois eu invitei os meus amigos a que quedaran un pouco na miña casa e contámoslle todo a meu irmán pequeno Diego e quedou coa boca aberta. Ben, ata outra amigos!!

PAULA CERDEIRO CASAS

88


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A TOUZA DO TÍO XUÍZ

A principios do século XX, na miña aldea, todos estabamos abraiados por unha cousa aterradora que estaba a ocorrer na Touza do tío Xuíz, arrepiabamos co medo. Aquilo parecía unha cousa estraña, nunca na vida se vira outra igual, e todos pensabamos que era cousa de mortos, dalgunha alma en pena que por alí andaba vagando. Todos os días, ao esconderse o sol, e despois de facer as tarefas domésticas que cada un tiña encomendada, colliamos os escapularios, santos e crucifixos, que tiñamos nas nosas casas. Iamos armados de fouces e sachos, cada veciño co seu farol. Iamos todos cara á Touza do tío Xuíz a tratar de encomendar e guiar aquelas almas en pena que andaban vagando por aquel sitio. Marcial, que era o meu curmán, levaba 89


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

tanto medo, que lle tiña que pedir a súa nai durmir con ela, durante dous anos esa foi a nosa rutina diaria, ata que un ano no mes de maio alguén nos dixo que aquilo que pensábamos que eran ánimas eran as luces públicas doutras aldeas.

LAURA LAMA OPAZO

90


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

LUCÍA

Nunha longa noite de lúa chea, aló cara ao ano 1666, paseaba pola rúa dunha aldea de Lugo unha nena moi ben feitiña, cunha cara redondiña, ollos azulados e fermosa melena dourada. Aquela nena era Lucía, unha cativa moribunda en busca de seus pais. Lucía percorría as aldeas de Galicia en busca de esmola e de alguén que a acollese na súa casa e que lle dese comida e unha cama de palla onde botar unha soneca para descansar da longa camiñada que facía. Pero ninguén lle abría a porta. O desgusto que levou a cativa foi tan forte que se encheu de rabia, e cos seus choros e berros espertou ao peor dos males que había na Terra. Abriu a pequena caixa dos males, a caixa que todos os veciños temían, a caixa escura cuxo nome nunca era pronunciado... ―A Caixa da Ánima en Coiros‖. Esta caixa fora atopada en Guitiriz, terra

91


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

natal de dita muller que a posuía. Era unha muller que se encargaba de enfeitizar a xente e matar os homes que non a querían. Din que morreu pero non de todo, pois os seus males e feitizos residen nesa caixa escura. Os veciños, como non?, non tardaron en sabelo, pois o ceo de seguido se escureceu e un suave vento comezou a soprar. Tamén apareceu vagando polos camiños a Santa Compaña, que se encargaba de ir casa por casa en busca da súa próxima vítima. Acostumaba parar nos cruces de catro camiños, e a xente das vivendas que había cerca tapaban con madeira as ventás e as portas para que esta non puidese entrar. Pero era irremediable: a Santa Compaña sacaba as súas vítimas e facíaas participar nunha procesión sen fin. Unha familia de pobres campesiños, con 6 fillos que manter, decidiron facer un oco na súa casa e hospedar a Lucía, co fin de salvar a aldea. A nai, cabeza de familia, ofreceulle todo o que tiñan a cambio de que a cativa arranxase todo mal desprendido no mundo. Lucía aceptou, e decidiu saír unha noite a falar coa Santa Compaña, para que a levase a Guitiriz a pechar aquela Caixa. Esta levouna na seguinte lúa chea, e ao día seguinte todos podían observar como as flores volvían a saír e como o sol brillaba de novo no alto do ceo. Os veciños estaban alegres, pero... Lucia xamais volveu! Agora atópase nun escuro lugar, gardando a Caixa dos males, a que nunca debeu ser aberta. Así que xa sabes, coidado con berrar na rúa, e nunca te quedes nun cruce de catro camiños ás doce da noite, con lúa chea... O seguinte en capturar serás ti!

UXÍA GONZÁLEZ SOTELO

92


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

31 DE OUTUBRO

O 31 de outubro as miñas amigas e mais eu estabamos na casa de Antía preparándonos para saír á rúa disfrazadas. Aroa estaba pálida, xa que eu era moi boa maquillando e ela tiña moita imaxinación para estas cousas, tamén puxera unhas lentes de contacto de cor amarelas e negras que daban moito medo e o seu traxe era unha camisa toda rota e manchada de sangue. Tamén tiña uns pantis moi feos pero para esta ocasión eran perfectos.

93


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Paula era a máis divertida de todas, sempre nos facía rir coas súas parvadas pero era moi boa rapaza, ela disfrazouse de vampiro xa que lle encantaba a triloxía de Crepúsculo. Era un disfrace moi aterrador. A Antía, como non sabía de que disfrazarse, enseguida lle fixemos un amago con todo o que tiña e o que nos sobrara a nós dos nosos disfraces. Tamén ía bastante aterradora xa que eu era moi boa niso do maquillaxe. Fixéralle unhas feridas con papel hixiénico e cola, que retoquei dándolle cunhas sombras de cor carne e vermella. Uxía era a encargada de vestila xa que era unha blogger de moda, podía facer calquera modelo que quixera. Púxolle unha blusa manchada en sangue, uns pantalóns todos rotos e cheos de sangue e Yesenia, que ía de bruxa, peiteouna de tal maneira que parecía unha psicópata. E eu, eu ía disfrazada de pallaso porque me gustou moito a película de IT. Cando xa rematamos de prepararnos fomos a unha festa na casa de Harry, un dos máis populares do instituto, que sorte que nos invitara. Ao chegar démonos de conta de que non había ninguén na casa. Fomos ata o xardín de atrás e vimos a Harry nunha cadeira. Eu achegueime a ver o que pasaba e como el non reaccionaba ás miñas chamadas decidín mirar se tiña pulso. Ao tocalo, a súa cabeza saíu disparada contra a min e eu nese instante berrei como nunca. As outras rapazas viron que alguén viña camiñando cara a nós, e correron xunto a min que seguía no chan chorando pola morte de Harry. De repente a silueta dun home apareceu ao lonxe, tiña algo na man pero eu non era capaz de distinguilo. Uns segundos despois o home estaba máis cerca e aí foi cando vin o que tiña na man: era unha motoserra!! Nese mesmo instante eu berreilles ás miñas amigas o que acababa de ver e empezamos a correr. Saímos da casa que fora queimada no 1947 con xente dentro. O home perseguiunos ata que entramos no xardín, alí nós seguimos correndo ata que caemos nun burato moi profundo. Eu crera que ía ser como o de Alicia no país das marabillas, pero non era o que eu me esperara. Estabamos no soto da casa que fora queimada no 1947, todas tiñamos os vestidos cheos de sangue e eramos as criadas dun asasino que nos daba de comer membros de xente que matara. Despois de 3 tristes anos decidimos que non podiamos estar así, de modo que decidimos matar o asasino. Pero, como matamos un asasino? 94


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Sería máis fácil do que pensaba, só tiñamos que esperar a que durmira. E como detectariamos que durmía? El roncaba moi forte e esa foi a nosa gran pista. Logo de estar tres anos encerradas, e aínda que xa durmiamos nunha habitación e comiamos ben, non aguantabamos máis así que decidimos facelo unha noite. Collemos unhas garrafas de gasolina e uns mistos e á noite, cando se durmiu, botamos a gasolina por toda a casa e prendemos lume. De repente esperto nun hospital. Cando caín no burato non me fun ao pasado senón que estiven en estado de coma durante tres anos.

UXÍA CALLEJA MARTÍNEZ

95


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O HOME DO SACO

Carlos era un rapaz de 10 anos, de complexión débil, pequeno e fraco. Un día espertou e, como era habitual, cando se levantou un cheiro a tortiñas recendía. Mentres baixaba as

96


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

escaleiras, deuse de conta de que era súa nai, que todas as mañás lle preparaba o almorzo. Cando acabou de almorzar, marchou á escola andando xa que a tiña a catro pasos. Durante ese traxecto notou unha presenza, alguén o estaba a seguir. Cheo de medo, pegou un brinco e empezou a correr. Cando chegou á escola díxolles aos seus amigos o que lle estaba a pasar. Eles escoitárono atentamente. Cando rematou, Elena, que sempre se interesara moito pola mitoloxía, díxolle a Carlos que podería ser o home do saco xa que, segundo Elena, este era un señor de complexión forte, alto e esfarrapado que, se te portabas mal cos teus pais, viña a por ti é obrigábate a facer maldades. Se non as facías asasinábate. Carlos, intrigado, ao chegar á casa, buscou en internet quen era ese tal home do saco e, ao ver as fotos, sentiu un arrepío, pois a ese home xa o vira en soños. Carlos, asustado, foi durmir sen saber o que lle ía pasar. Eran as doce da noite. Carlos estaba esperto, pois un ruído acordárao. A súa fiestra estaba aberta, e na esquina da habitación había unha sombra. Cunha lanterna, apuntou á esquina e viu un home moi forte, esfarrapado e alto. Do susto pegou un chimpo e saíu da cama gritando: ―o home do saco ―. Mais non puido facer nada, o home do saco colleuno, deulle un coitelo e díxolle: ―ou matas a túa nai e a teu pai ou eu matareite a ti ―. E así foi, Carliños foi ata a habitación dos seus pais, mentres choraba e pensaba que seria del sen os seus pais. Cravoulle o coitelo a súa nai e mentres esta se desangraba matou a seu pai con outra coitelada, logo botou a chorar. De súpeto apareceu o home do saco cun coitelo e Carliños preguntoulle: ― Vasme matar tamén a min? ― E el contestoulle: Non, vaste matar ti mesmo‖. Ao dia seguinte, Carliños estaba moi mal, non podía coa angustia de ter asasinado a seus pais, e non comprendía aquelo de que se ía matar el mesmo, pero dáballe igual, non podía pensar niso, só nos seus pais. Ao chegar a tarde, Carlos non podía máis, tanto pensar nos seus pais estábao matando e así o rapaz colgouse do teito deixando a súa vida. O home do saco tiña razón: el mesmo acabou matándose da angustia de ter matado a seus pais.

JOSÉ AVELINO SANTANA DEBUXO: ANTÍA SEGUÍN SEGUÍN 97


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

O NENO LOBO

Hai moito tempo, nunha aldea de pouco máis de 20 persoas, unha muller tivo un fillo a noite de Nadal. Os veciños da aldea querían matar o cativo por culpa dun mito que aseguraba que se un neno nacía esa noite converteríase en lobishome. Os pais, vendo que non padecía de lobishome, levárono á praza da aldea onde agardaban os veciños e dixéronlles: ―meu fillo está totalmente ben‖. Con isto querían demostrar que o mito era falso. O rapaz tivo unha infancia dura xa que os demais pais non querían que os seus fillos xogasen con el polo tema de que a xente inda cría que se ía converter en lobishome. O rapaz preguntáballes aos seus pais porque os demais rapaces non querían xogar con el, e os pais nunca sabían que responderlle e sempre intentaban pasar do tema. O 27 de xaneiro, en pleno inverno, o rapaz ergueuse coma todas as mañás pero esta vez viu que tiña toda a cara chea de sangue polo que se asustou moito e acudiu aos pais inmediatamente. Os pais miráronse un ao outro preguntándose que podía ser. Ao acabar de xantar, o veciño, Pepe, que tiña un rabaño de ovellas, contounas e viu que lle faltaba unha. Todas as mañás se levantaba con sangue o rapaz, e todos eses días lle faltaba unha ovella máis a Pepe. Os pais, ao ver ao seu fillo así todos os días, xa empezaron a sospeitar do mito do lobishome, entón decidiron espialo. Efectivamente, 98


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

comprobaron pola noite de que se trataba do mito do lobishome pois este só se manifestaba nesa parte do día. Como os pais sabían que se os veciños se decataban o matarían, decidiron gardar o segredo. Unha moi mala decisión xa que cinco noites despois sucedeu o que nunca se pensaba que fose suceder: o rapaz transformouse en lobishome como unha noite máis e matou os seus pais. O rapaz, ao erguerse pola mañá, foi onda os pais e viu que estaban mortos e el decatouse de que tiña o mito de que tanto se falaba na aldea polo que decidiu abandonar a aldea para sempre e nunca se volveu saber nada máis del.

ANXO PENA RODRÍGUEZ

99


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A VILA ATERRADORA

Ola, chámome Claudio e estou a escribir no meu diario secreto o que me acontece. Dende que chegamos meu irmán Paulo mais eu a esta pequena vila chamada Xinzo de Limia a xente comezou a desaparecer cada pouco misteriosamente. A familia de Úrsula, unha compañeira nosa, desapareceu no bosque que hai ao carón da estrada nacional camiño a Ourense. Un día coma o de hoxe, soleado e con poucas nubes, foi cando a familia da nosa amiga desapareceu de súpeto. Ese día levantámonos da cama, fixemos o almorzo e levámosllelo aos nosos pais, despois saímos a xogar e de súpeto non había xente na rúa, e o día escurecera coma se fose de noite en dous segundos. Nós nos agochamos detrás dun coche.

100


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Dende alá vimos unha persoa, ou algo semellante, cunha gadaña, entón decidimos ir correndo cara á casa. Alí, nun agocho secreto que o noso pai fixera para gardar munición da escopeta, meteuse primeiro o meu irmán, e despois eu. Cando nos decatamos tiñamos ao outro lado da parede falsa un home cunha túnica de cor escura buscándonos. Ese suxeito foise e nós apagamos as luces. Estivemos no agocho varios días. Cunhas lanternas láser que estaban a carón da munición do noso pai alumabamos a estancia para poder comer. Un día

decidimos saír á rúa, primeiro Paulo e despois eu. Fóra todo estaba

derrubado: árbores, edificios..., era unha verdadeira desfeita. Tamén había moitos cadáveres ciscados polo chan. Sen que nos decataramos, o suxeito apareceu, a uns 300 metros de distancia. Nós botamos a correr cara á ponte do río. Iamos a tal velocidade que pensamos que o deixaramos atrás cando, de súpeto, coma se fose obra de maxia, apareceu diante dos nosos ollos . O meu irmán Paulo correu na dirección contraria e díxome que fuxira, cando o oín, corrín ata quedar sen alento, e pasei a noite sen saber nada del debaixo dunha caseta ás aforas de Xinzo de Limia. Ao día seguinte erguinme e, tras seguir un rastro de sangue, cheguei ás portas dunha casa que nunca antes vira en Xinzo de Limia. Collín un navallón e dispúxenme a entrar. Unha vez dentro encontreime co monstro. Aquel sitio era unha especie de cemiterio subterráneo, e nunhas lápidas conseguín ver o nome de Úrsula e mais os dos seus pais pero non o do meu irmán. Despois caín ao chan dun golpe e non recordo o que me aconteceu. Cando espertei estaba atado xunto co meu irmán, e o monstro levouno sen dicir nada e xa non o volvín a ver nunca máis. Pasadas dúas horas, púidenme desatar

e así conseguín escapar e

agocharme no refuxio do noso pai e dende acá estou a escribir o que me aconteceu. Sinto que hai un suxeito estraño ao carón da porta do refuxio

JOSÉ LAMA MÉNDEZ

101


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

A CARREIRA DA MORTE

Ola, chámome Xoán e estou escribindo o que me pasou o outro día. Era unha noite escura e a xente saía á rúa disfrazada de monstros ou mortos; eu, por suposto, non levaba nada xa que non cría nos monstros mitolóxicos como a Santa Compaña ou a Morte... Esa noite saín cos meus mellores amigos, Antonio e Lucas, e, como os demais rapaces, fomos petando nas portas das casas para conseguir agasallos. A primeira foi a casa dunha profesora do colexio CEIP Rosalía de Castro; a segunda, un bar coñecido como o Aladiño; e a terceira, a casa duns veciños de Lucas. Cando acabamos, comemos todo e marchamos a unha casa onde un veciño de Xinzo gardaba un montón de caramelos. A casa estaba nun lugar ás aforas, no antigo barrio preto do cemiterio. Dirixímonos aló cun dos grupos que estaba máis preto de nós. Cando chegamos encontramos máis 102


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

grupos que, ao pouco, empezaron a pelexar. De alí a un bo anaco moitos marcharon e nós entramos na casa onde un ser moi poderoso agardábanos: a Morte. Por un segundo tivémola detrás nosa e, logo, apareceu diante. Intentamos fuxir da casa e conseguímolo. Fóra esperaban un montón de rapaces para poder entrar, nós dixémoslles o que viramos pero ignorárono. Se entraban pensei ―todos morrerán‖, entón pensei nun plan para que non entrasen. Algúns escoitáronme e outros non. Marchamos case todos para as nosas casas, só os que se crían máis valorosos quedaron... Unha semana despois, a policía de Xinzo de Limia ordenou un protocolo de bus para os nenos desaparecidos na noite do 1 de Novembro, Samaín. Moitos dos meus amigos déronme as grazas por salvalos.

SANTIAGO LAMA MÉNDEZ

103


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

RAÍÑA LOBA

Unha vez un neno foi pasear o seu can polo monte contra a noitiña. O can comezou a olfactear o chan e saíu correndo, o neno detrás del. Nun momento dado, o can comezou a oulear e ganir e o neno, cando chegou ao penedo, encontrou o animal morto e unha loba coméndoo. O neno botou a chorar e a loba, ao escoitalo, díxolle: — Se non queres morrer ti tamén vai polas aldeas dicindo que me traian de comer, se non o fan, acabarei con todos. O neno saíu correndo e, ao chegar á casa, contoulles o que pasara aos seus pais porén estes non o creron; tampouco o creu ningunha persoa das aldeas. Ao día seguinte, a loba, cansada de esperar, enfadouse e matou tres nenos: o primeiro apareceu coas tripas fóra, o segundo apareceu sen corazón e o terceiro sen gorxa. A partir de aí todas as aldeas se foron alternando para levarlle a comida.

104


contos de medo 3º ESO

IES Lagoa de Antela

ENDL 2017-2018

Ao levar varios días facendo iso, e como se estaban quedando sen gando que ofrecerlle á loba, os veciños das aldeas decidiron darlle unha ovella envelenada para así matala. Leváronlle a ovella co veleno no seu interior á loba, non obstante a esta, cando ía comezar a comela, cheiroulle raro e non a comeu e matou o dono da ovella esgazándoo a cachiños. A partir dese intre os veciños das aldeas só podían saír das súas casas para levarlle de comer ao animal. Non obstante, xa cansos, os veciños e veciñas reuníronse ás agachadas

e

decidiron idear un plan para rematar coa loba dunha vez. O seu plan consistía en armarse con machadas, lanzas, pistolas e outros tipos de armas para así acabar coa raíña loba. A noite de San Xoán decidiron atacar a chamada Raíña Loba, a cal vivía nunha gran torre afastada das aldeas. Cando chegaron o primeiro que fixeron foi tirar a porta abaixo para poder entrar e a loba, ao velos entrar, sabendo que se non fuxía non lograría saír con vida, subiu ao alto da torre. Alí acurralárona e matárona.

LAURA LÓPEZ LAMA

105

Contos de medo curso 2017-2018 IES Lagoa de Antela  

publicación para as Letras Galegas

Contos de medo curso 2017-2018 IES Lagoa de Antela  

publicación para as Letras Galegas

Advertisement