Issuu on Google+

Eva Carrasco Taboada Kimberly González Rodríguez Lorena Placer Vidal Noelia Valencia Martínez


TIPO DE NOVELA: É unha novela social (xa que conta a historia que lle sucede a unha familia) e é de misterio e intriga porque fala sobre os segredos dunha estirpe.

VOZ NARRADORA: A historia é contada en 1ª persoa, pero hai que destacar a alternancia de voz narradora, é dicir, hai perspectiva múltiple. A historia é contada nuns capítulos por Rosa e noutros por Verónica.


ARGUMENTO: No libro nárranse os segredos e as intrigas dunha estirpe, que se van transmitindo de xeración en xeración. Pero unha noite, durante a que será a última cea, revelaranse todos os segredos que estiveron ocultos durante anos.

TEMAS: No libro, os temas que se tratan son: o misterio (vese reflectido nos segredos familiares que se van desvelando ao longo da historia), o amor (exprésase na relación entre Rosa e Nicolás) e outro tema importante é a morte de varios personaxes ao longo da historia destacando a morte de Nicolás.


PERSONAXES: Os personaxes principais son :

• ROSA: é a avoa doutra das protagonistas, é unha persoa moi adiantada a súa época. É ela que revela os segredos familiares. A súa avoa, Carlota, era unha menciñeira. Rosa estaba moi namorada de Nicolás (o seu marido) e sufriu moito pola súa morte. Tivo dúas fillas Helena e Violeta. • VERÓNICA: É a neta de Rosa. É a persoa da familia máis interesada en descubrir o pasado dos seus ancestros e todos os misterios que esconde a familia. Ao longo da historia vese como vai buscando información e como atopa respostas as súas intrigas.


Este é a árbore xenealóxica:

Amaranto

Carlota

Hortensia

Narciso

Nicolás

Rosa

Luis

Violeta

Helena

Pedro

Marga

Verónica

Lis

Azucena


TEMPO: • Tempo de discurso: a novela ten saltos temporais (analepses). Conta a historia de tres xeracións (a de Carlota, a de Rosa e a de Verónica) • Tempo cronolóxico: a época na que se desenvolve a historia é real. Transcorre dende século XX ata a actualidade.

ESPAZO: É un espazo real. Desenvólvese en diferentes aldeas da comarca da Limia. Aínda que tamén hai numerosas referencias a Cuba e China.


Antón Riveiro Coello AUTOR: O autor do libro é . Naceu en 1964 en Xinzo de Limia. Cursou estudos de Dereito en Santiago pero abandonounos no quinto ano. Despois de tocar nun grupo de rock, de vender ordenadores, ser funcionario do Estado… decatouse de que a súa verdadeira vocación era a escrita. Ten sido galardoado en varios certames, os máis salientables son: o Álvaro Cunqueiro, o García Barros, Café Dublín, Torrente Ballester (finalista), Manuel Murguía entre outros.



A ESFINXE DE AMARANTO