Page 1

1.- O IDEARIO...

A LOE basease en tres principios xerais: A continua mellora da calidade educativa,buscando nos alumnos/as “o máximo desenvolvemento de todas as súas capacidades, individuais e sociais,intelectuais, culturais e emocionais”. O “ esforzo compartido” de toda a comunidade educativa: ou alumnos/as, familias, profesorado, centros, administración e sociedade en xeral. Compromiso cos obxectivos educativos da Unión Europea(UE): acceso ás TIC, auxe dos estudos científicos, técnicos e artísticos, desenvolvemento do espíritu emprendedor, aprendizaxe de idiomas e intercambios lingüísticos e culturais,… Na LOE todo o proceso de esninanza-aprendizaxe ten como finalidade a consecución das Competencias Básicas. Dita consecución convírtese nun dos criterios fundamentais para a promoción dun ciclo a outro.

2.- AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia é a capacidade de aplicar dun xeito integrado os coñecementos adquiridos para resolver situacións e problemáticas diversas, dentro e fora da escola. Básica porque debe estar ao alcance de todos os suxeitos implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe. As competencias básicas inclúen os coñecementos teóricos (“saber”), os coñecementos prácticos (“saber facer”) e as actitudes persoais (“saber ser estar”). As competencias básicas do curriculum (establecidas en toda a UE) son: 1. Competencia en comunicación lingüística.

2. Competencia matemática. 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. 4. Tratamento da información e competencia dixital. 5. Competencia social e cidadá. 6. Competencia cultural e artística. 7. Competencia para aprender a aprender. 8. Autonomía e iniciativa persoal.

3.- ETAPAS E NOVIDADES E. Infantil (0-6 anos)

2º ciclo de E. Infantil (3-6 anos) 1º ciclo (1ºe 2ºnivel)

E. Primaria (6-12 anos)

2º ciclo (3ºe 4ºnivel)

3º ciclo (5ºe 6ºnivel)

Primeira aproximación á lingua estranxeira, á lectura e escritura,ás habilidades numéricas, ao uso das TIC, e á expresión visual e musical. A finalidade nesta Etapa é que as nenas e nenos: -Adquiran as habilidades básicas relativas á: expresión e comprensión oral, á lectura e escritura, ao cálculo. -Desenvolvan as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudio, a creatividade e a afectividade -Fomentar o hábito da lectura polo que dedicarase un tempo diario a esta. Porase especial énfase na atención á diversidade e na prevención das dificultades de aprendizaxe coa posta en práctica de mecanismos de reforzo. A COMPRENSIÓN LECTORA, a EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA, a COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL , as TIC, a EDUCACIÓN EN VALORES se traballarán en todas as áreas. En 6º introducese a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, un “espazo de reflexión, análise e estudio das características da democracia, a Constitución Española e os dereitos humanos.


AVALIACIÓN E PROMOCIÓN 

A LOE introduce unha Avaliación de diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polos alumnos/as ao rematar 4º de Primaria, con carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e toda a comunidade educativa. A decisión sobre a promoción dun ciclo a outro será tomada de forma colexiada polo/a titor/a e o conxunto de profesores que imparte clases ao neno/a; co asesoramento, se así o solicita, do departamento de orientación, sempre que alcance o desenvolvemento adecuado das competencias básicas e un axeitado grao de madurez consonte a súa idade. En toda a etapa de Educación Primaria so se poderá repetir un curso.

OUTRAS NOVIDADES DA LOE Plan de Convivencia de Centro Proxecto Lector de Centro Plan de integración das TIC

CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DAS REFORMAS 2007-08

2008-09

. Novas ensinanzas en 1º e 2º nivel de E. Primaria e 1º e 3º de ESO.

. Novas ensinanzas en 3º e 4º de E. Primaria e 2º e 4º de ESO.

. Nova regulación da avaliación en E. Primaria.

. Nova Ed. Infantil

. Novos criterios de admisión de alumnos/as (art. 84-87).

2009-10 . Novas ensinanzas en 5º e 6º de Educación Primaria.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

LOXSE .... LOCE .... e agora....

¡ LOE !

. Xeralización das avaliacións de diagnóstico en 4º de EP (10/11 anos) e 2º de ESO. . Primeiro ciclo de Educación Infantil.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP “SAL LENCE”

tripticoLOE completo  

a EDUCACIÓN EN VALORES se traballarán en todas as áreas. En 6º introducese a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, un “espazo de...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you