Page 14

PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

8. Avaliación:

O Plan de Acollida avaliarase en relación a súa posta en marcha e ó seu desenvolvemento. Instrumentos a empregar: - Os instrumentos máis utilizados, en xeral, son os cuestionarios e as enquisas. - As preguntas estarán relacionadas cós seguintes aspectos do Plan: 

Sobre o grao de sensibilización da comunidade educativa en relación ós aspectos da educación intercultural.

Sobre as accións formativas realizadas polo profesorado do centro en relación a esta temática.

Sobre a información recibida polas familias e a súa participación no Plan.

Sobre a realización da avaliación inicial, a utilización de instrumentos axeitados e a implicacións dos equipos de ciclo e o departamento de orientación.

Sobre os agrupamentos e as modalidades de apoio, a elaboración das adaptacións curriculares e as medidas de reforzo educativo.

Sobre o papel do resto do alumnado respecto da integración do alumnado novo estranxeiro na vida do centro.

Sobre as prácticas educativas postas en marcha e o seu funcionamento: titoría, actividades,…

Sobre as melloras que hai que incluír de cara a un futuro no Plan de Acollida.

- En relación ós destinatarios, poderá elaborarse un cuestionario para as familias, outro para o profesorado e outro para o alumnado., tendo en conta a idade.

C.E.I.P. Sal Lence

14

PLAN DE ACOLLIDA  

A incorporación dun alumno ou alumna que procede do estranxeiro adoita ir dispensar. Para elo se leva a cabo este Plan de Acollida, onde se...

PLAN DE ACOLLIDA  

A incorporación dun alumno ou alumna que procede do estranxeiro adoita ir dispensar. Para elo se leva a cabo este Plan de Acollida, onde se...

Advertisement