PLAN DE ACOLLIDA

Page 1

PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

PLAN DE ACOLLIDA

1. Introdución:

A incorporación dun alumno ou alumna que procede do estranxeiro adoita ir precedida de connotacións especiais que non se dan no caso da incorporación doutro tipo de alumnado. A súa chegada é cada día máis frecuente e variada, co que se fai necesario establecer medidas de atención específica axeitadas ás súas necesidades, e unha delas consiste en axustar a acollida que se lles vai dispensar. Para elo se leva a cabo este Plan de Acollida, onde se expoñen algunhas medidas e pautas orientativas para propiciar a axeitada integración e desenvolvemento do alumnado.

2. Xustificación do Plan:

Este é un CEIP para o que se vai realizar un plan de acollida. Nel pretendese reflectir as liñas prioritarias de actuación para os alumnos estranxeiros que chegan o centro. Recordar que en Educación Infantil e Primaria cada grupo terá un profesor titor que impartirá a maioría das áreas polo que a relación é máis intensa, e as actividades estarán incardinadas na actividade docente. Para levar a cabo esta actuación revisaríamos o PEC, xa que é alí de onde deben quedar establecidos os criterios, tanto pedagóxicos como organizativos, para a atención a estes alumnos, así como os contidos e accións para educar a tódolos alumnos no respecto a diversidade existente no centro. Por outro lado estas medidas quedarían reflectidas no Plan de Acción Titorial, xa que como indica a orden 20 de febreiro de 2004, o PAT debe recoller actuacións especificamente deseñadas que incluirán o PLAN DE ACOLLIDA e o seguimento do proceso de integración escolar por parte do profesor titor.

C.E.I.P. Sal Lence

1


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.