Page 1

6

EDITA: Sociedade Liceo Alameda s/n 15200 Noia - A Coruña Tef./fax: 981 82 05 35 COORDINADOR: Cándido M. Prego Rajo CONSELLO DE REDACCIÓN: Xosé Agrelo Hermo Ramón Carredano Cobas Mª Antonia Castro Patiño Pedro García Vidal A. Ventura González Arufe Aurora Marco López Xosé Moas Pazos GRAVADO DE CAPA: Antoñeta Castro DESEÑO DE CAPA: Alfonso Costa DESEÑO GRÁFICO: Xosé L. Ces Laiño Telf.: 981 59 89 28 E-mail: xoseloisces@wanadoo.es IMPRESIÓN: Gráficas Sementeira, S. A. Telf.: 981 82 38 55 Fax: 981 82 05 35 E-mail: sementeira@arrakis.es DEPÓSITO LEGAL: C-888-2000

PRESENTACIÓN

stamos xa nos días de Nadal. Vivimos neste ambiente navideño, nesta festa tradicionalmente familiar enchendo o noso espírito desa ledicia un pouco infantil. Nestas festas entrañábeis avívanse as lembranzas e hai algo de nostalxia na noite de Nadal. Arredor do lar, coa familia, coas amizades, en conversa distendida e gozosa, tamén pode ser un bo momento para a lectura, para a lectura da revista Alameda, feita con cariño e ilusión polos nosos colaboradores e colaboradoras. A temática, diversa, que enche as páxinas deste número, un pouco máis groso que o habitual, pode dar cumprida satisfacción aos gostos dos nosos lectores e lectoras. Desde este pórtico, que me honro en presentar, en nome da Xunta Directiva, do Consello de Redacción e no meu propio, desexo unhas felices festas a todos os socios e socias do Liceo e que o próximo ano 2002 veña cargado de paz, saúde e prosperidade.

Xosé Moas Pazos Presidente da Sociedade Liceo

1

º

Presentación


Sumario Axenda . . . . . . . . . . . . . . . . .

2

Historia do Liceo . . . . . . . . . .

6

Cándido M. Prego Rajo

Ramón Carredano Cobas

Axenda Cándido M. Prego Rajo

Colaboracións . . . . . . . . . . . . 11

Suso de Toro

Entrevista . . . . . . . . . . . . . . . . 12

Cheché Álvarez Otero

Personaxes . . . . . . . . . . . . . . 15

Aurora Marco

O ensino en Noia . . . . . . . . . 20

Xosé Agrelo Hermo

Xeografía . . . . . . . . . . . . . . . 23

Pedro García Vidal

Esculturas de Ferreiro . . . . . . 28

Xoán Mariño

Historia . . . . . . . . . . . . . . . . . 34

Xerardo Agrafoxo

Noia na lembranza . . . . . . . . 40 Sobre Alvaro das Casas II . . . . 42

Uxio-Breogán Diéguez

O tímpano de Sta. Mª a Nova . 49

Concha Allut

Os cruceiros de Noia . . . . . . . 53

Xepe Torres

Os muíños de Pedra Chán . . 59

M. Ces Canle

Pinceladas sanitarias . . . . . . 64

Víctor Vez Vilar

Cousas de Noia . . . . . . . . . . . 66

Ricardo Mariño

O pasado 17 de novembro, once membros da Escola de Taekwondo da Sociedade Liceo, participaron no I Open Ibérico de Taekwondo Tradicional, celebra do na localidade portuguesa de Loures, próxima a Lisboa, e na que acadaron un importante éxito. Destacaron na modalidade infantil: Ulises Hermo Veiga, medalla de ouro en combate de 25 a 30 Kg., Alfredo Nieto Gudín, ouro en 35 a 40 Kg, e Xosé Antón Miranda Deán, prata en 45 a 50 Kg. Na categoría junior, conseguiron medalla: Antía López Iglesias, prata en 48 a 53 Kg. e técnica individual cinturóns negros, e Tania Iglesias López, bronce na mesma categoría. Cumpliron perfectamente no seu traballo: Lorena Blanco García, Beatriz Carreño Recarey, Macías López Iglesias e Pablo Castiñeira Olveira, inda que non obtiveron medalla. O único competidor senior que presentou o Liceo, foi o instructor Serxio Maneiro Beiro, que obtivo un moi merecido ouro en combate de categoría de 63 a 71 Kg.

A paz que disfrutamos . . . . . 72

En conxunto a Escola da Sociedade Liceo, clasificouse no terceiro lugar por clubes, o que ven demostrar que se encontran nun excelente nivel de preparación.

Unha rúa moi entrañable . . . . 73

Vaia a nosa felicitación para toda a Escola, tanto instructores como alumnos.

Cancións de Noia . . . . . . . . . 69

M. Damoa

2

ACTIVIDADES:

Isolino Nieto M. Hermida

Os nosos libros . . . . . . . . . . . 80

A Comisaría especial para mulleres, da


Escola de Teatro da Sociedade, segue representándose con grande éxito de público e crítica: o día 10 de novembro na Casa de Cultura da Serra de Outes; o día 24 dese mes no Teatro Elma da Pobra do Cara-miñal, no marco dos actos programados polo Concello con motivo do “Día Internacional sobre a Violencia contra a Muller”. O 16 de decembro representarase na Casa da Cultura do Porto do Son. Andrea Cambeiro, alumna da Escola de Gravado Alfonso Costa, foi a gañadora do Certame Galego de Artes Plásticas convocado pola Dirección Xeral da Xuventude, na modalidade de gravado na categoría de 13 a 17 anos pola obra titulada Cordón umbilical. Desde Alameda enviámoslle a nosa máis cordial enhoraboa.

patrona dos músicos. Participaron a Banda de Música de Noia e a Coral do Liceo, con grande éxito e afluencia de público. Xa se enviou a programación para as próximas Festas de Nadal, nas que haberá entretenimento e diversión para pequenos e maiores. EXPOSICIÓNS: Para as Festas de Nadal está prevista unha Exposición da obra pictórica de Paola Susana García Paz, nacida en Cespón, Boiro.

FESTIVAIS:

3

O pasado domingo 18 de Novembro, celebramos no salón de actos da Sociedade, o Festival de Santa Cecilia,

Membros da Escola de Taekwondo da Sociedade Liceo


4

A Coral do Liceo, protagonista nestas datas.

Andrea Cambeiro coa obra premiada Cord贸n umbilical


5

Unha escena da obra o dĂ­a 24 de novembro no teatro Elma de Pobra do CaramiĂąal, no marco dos actos organizados polo Concello con motivo do DĂ­a Internacional sobre a Violencia contra a Muller. ( La Voz de Galicia , 27/11/01)


Ramón Carredano Cobas

Historia do L i c e o (VII)

s festas do Antroido de Marzo do 46 semella que foron movidas, pois a Xunta Directiva, como observase varias faltas cometidas por algúns socios nos devanditos festivais, decide sancionar con tres meses de castigo a Don S.G.R., Don J.V.M. e Don A.A.M., entendendo que así se respectarán en todo momento os dereitos de cada socio e a autoridade da Xunta. Tamén se acorda dar de baixa como socios, por transferir o carné a persoas alleas a sociedade, a Don F.F. e a Don A.N. Aforradora, a Directiva decide adquirir a madeira empregada no Coliseo Noela para nivelar o chan e poder celebrar os bailes que tiveron lugar no Antroido, facultando ó Presidente para que, no caso de interesar a súa venda, se efectúe, o que realmente se fai ó precio de adquisición, quedando na Sociedade a que sufrise desperfectos.

6

Esta tendencia aforradora, non impide que na visita que efectúa a Agrupación musical ó Asilo Municipal desta vila, se lle faga un donativo de cen pesetas, como obsequio ós anciáns e ós nenos asilados.

Estas dúas cantidades sinaladas, dannos unha idea do xeneroso donativo efectuado pola Sociedade, sen dúbida concienciada coas necesidades e carestías que se estaban a vivir por aquelas datas. A primavera deste ano 46, debeu resultar chuviosa, e a nosa cauta e aforradora Directiva, acorda contratar unha orquesta da localidade para amenizar a verbena de San Xoan, e no caso de que o tempo non o permita, trasladar a súa actuación ó día de San Pedro. Dado o tempo inseguro que existe, e sendo un só día de festa, tratarase de suspender a verbena e darlle un maior realce ás que se celebren polas festas de Agosto.

Se cen pesetas nos parecen hoxe, en vísperas da entrada do euro, unha cantidade ridícula, teñamos en conta que na acta do dous de Abril do 46, a Xunta acorda, en vista da actual carestía da vida, elevar a nómina do conserxe a cento cincuenta pesetas mensuais.

No mes de Maio, está a expoñer nos locais do Casino o pintor noiés Don Francisco Creo, e a directiva con moi bo criterio, acorda adquirir un dos seus cadros, que supoñemos que é o que hoxe podemos todos disfrutar na Sociedade, e que representa un mercado no campo de San Francisco.

Acórdase tamén facerlle traxes de verán ó conserxe e botóns. Ós botóns duranlle pouco os novos uniformes, pois na acta do oito de Agosto, por faltas cometidas, acórdase expulsar ós dous e nomear para sustituilos, con carácter interino e un soldo de duascentas pesetas, a Don Manuel Mosquera.

Tamén coincidindo coas festas de Agosto, o pintor Don Eduardo Mariño Mirazo, solicita que se lle conceda autorización para exhibir no salón de festas, varios cadros pintados polo devandito señor, e a Directiva, por


Para estas festas de Agosto, acordase contratar unha orquesta de fóra da localidade para as verbenas que se celebren no parque os días vinteseis e vinteoito, e adquirir a madeira necesaria para os bancos da festa, por ser insuficientes as cadeiras que actualmente ten a Sociedade. Como sempre que hai festas, hai sancións: 12-9-46: Acórdase sancionar con tres meses coa obriga de satisfacer as cotas correspondentes, ós señores socios Don R.B., Don J.M. e Don M.C.C., por faltas cometidas na verbena do pasado día vinteoito, ó pretender o ingreso na pista de persoas alleas á Sociedade. A pesar das economías realizadas pola Xunta Directiva, o problema económico está omnipresente na vida da Sociedade: 14-10-46: Dado que a Sociedade non conta cos fondos necesarios para o abono do billete completo que pretende

“... No mes de Maio, está a expoñer nos locais do Casino o pintor noiés Don Francisco Creo, e a directiva con moi bo criterio, acorda adquirir un dos seus cadros, que supoñemos que é o que hoxe podemos todos disfrutar na Sociedade, ...” distribuir entre os socios con motivo do sorteo da Lotería Nacional que se celebrará no próximo Decembro, acórdase solicitar do Sr. Apoderado do Banco de A Coruña desta vila, anticipe a cantidade necesaria para a súa adquisición e se lle reintegre da mesma ó tempo de facerse a distribución das participacións así como satisfacer os intereses que poida devengar dito anticipo. Nembargantes non se escatiman gastos cando estes son necesarios: 11-12-46: Vistas as propostas presentadas por varios mestres de obras para a reparación do pasillo, escaleiras

e portal do local social, acórdase adxudicarl as obras a Don José Figueroa pola cantidade de setecentas vinte pesetas. Nesta mesma acta, acórdase que a Sociedade xogue no próximo sorteo da Lotería Nacional cento cincuenta pesetas e que se envíe unha participación do número que leva esta Sociedade, por un importe de corenta pesetas ós asilados do Hospicio, así como con motivo das festas do Nadal, enviar ós hospicianos, un donativo de duascentas pesetas. Pola Presidencia, previo permiso do Excelentísimo Gobernador Civil, dase conta da próxima convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria para o día 14. Como a elección é para a renovación da metade da Xunta, os señores ós que lles corresponde continuar nos seus cargos, presentan a dimisión, acordándose que a elección sexa polo total dos cargos. 14-12-46: Xunta Xeral Ordinaria: Procédese á elección de cargos, resultando elexidos os seguintes socios: Polo señor Mariño, proponse o nomeamento dunha comisión que estudie e propoña á Xunta Directiva a idea lanzada por outro socio, Señor Fabeiro, referente á confección dunha obra que recolla o ambiente noiés e que sería subvencionada pola Sociedade, reintegrándose dos gastos ocasionados unha vez editada. Descoñecemos o motivo polo que nesta Xunta o socio Don A.L., promoveu un escándalo proferindo ameazas e insultos contra os directivos e os señores socios, sendo expulsado polo Sr. Presidente, acordando a Directiva sancionalo con seis meses de expulsión.

7

unanimidade acorda acceder ó solicitado e prestarlle o máximo apoio.


Os compoñentes da nova Directiva, presentan a dimisión, e o dez de Xaneiro do 47, celébrase nova Xunta Xeral, e nela son elexidos como directivos para o novo ano, Presidente: Don Eduardo Ces Iglesias; Vicepresidente: Don José Barreiro Fernández; Secretario: Don José Maneiro González; Depositario: Don José Moas Filgueira; Contador: Don Manuel Rivas Rego; Bibliotecario: Don Ángel Blanco Senra; Primer Vocal: Don Silvestre Fernández Vilas e Segundo Vocal: Don Severiano Loroño Laciana. Con esta nova Directiva, a Sociedade segue a súa vida normal: Acórdase a celebración dos bailes do Antroido, que terán lugar o día dezaséis no salón da Sociedade, e o día dezaoito no Teatro Colise Noela, para cuxo fin, será dirixida unha carta ó xerente da citada empresa Don Eduardo Mariño Mirazo, con data vinteseis de xaneiro. Sanciónase económicamente ós socios Don J.P. e Don R.F. coa cantidade de 37,50 Pts. cada un, valor en total ó que ascende o 75% do importe do cristal dunha das mesas desta Sociedade, que romperon nun acto de pouca demostración cultural, polo que o citado importe será satisfeito antes do día primeiro do mes de xuño.

8

Suscribirse á revista “Mundo”, e ó periódico “Español”. Aumentar o capital do seguro sobre o mobibliario a 50.000 Pts. na compañía “Mutua General de Seguros”. Dirixir carta á casa “Escardibul” de Barcelona en petición dun pano para a mesa de billar, nas mesmas condi-

cións que se fixo en anteriores ocasións. Celebrar un campionato de pimpón a cargo dos socios Don Ramón Varela, Don Ramón Fiuza e Don Severo Loroño, mediante a asignación mensual de trinta pesetas para axuda de gastos de fluído eléctrico. Como en anos anteriores, celébranse no parque desta Sociedade as tradicionais verbenas durante as festas patronais. Entrégase un pergamiño ó Presidente fundador e na actualidade socio de honra, Don Luís Rivas Rego, para cuxo acto celebrarase un banquete, previa inscripción de comensais entre os socios, acompañado duin festival galego en honra á laboura desenrolada polo Sr. Rivas Rego en pro da Sociedade. --

“... Polo señor Mariño, proponse o nomeamento dunha comisión que estudie e propoña á Xunta Directiva a idea lanzada por outro socio, Señor Fabeiro, referente á confección dunha obra que recolla o ambiente noiés e que sería subvencionada pola Sociedade, ...” O Sr. Presidente expuxo á xunta a apertura dunha exposición de arte galego nos salóns de esta Sociedade dos principais artistas noieses e composteláns, cuxa apertura terda lugar o día vinteseis de Agosto. A Directiva acorda sancionar con tres meses de expulsión os Srs. Socios Don R.F.S.; Don M.H.I.; Don M.V.C.; Don F.S.F.; Don I.G.R. e Don M.B.B., por perturbar a orde no local social, interceptando a radio, sendo amonestados por outros socios alí presentes, e oportunamente polo conserxe, a quen repeleron con palabras de insulto e deshonestas. O día doce de Decembro de 1.947, celébrase nova Xunta Xeral Ordinaria nos salóns da Sociedade, baixo a presidencia de D. Eduardo Ces Iglesias, e da que cabe salientar a elección de novos cargos para a directiva e que tras a votación dos socios presentes, da o seguinte


Polo Sr. Rivas Rego, dase lectura para expoñer á Xunta o desexo desta Directiva de levar a cabo o aumento da cota social de cinco a oito pesetas e que logo dito aumento sexa depositado nun banco da localidade como fondos de reserva para un futuro edificio social. Levada a votación, a proposta é desestimada, dando lugar a que varios socios formulasen protestas en contra de tal aumento sen base a un bo criterio, que feriron o sentimento daqueles que queren ó Liceo, e antes de que tales obxeccions chegaran a un grado de pouca estima para a vida e historia da Sociedade, o Sr. Presidente levanta a sesión. Como xa nos teñen acostumados, os socios elexidos para a Xunta Directiva, presentan a súa dimisión, polo que debe procederse a unha nova votación, de cuxo resultado daremos conta na nosa próxima entrega.

9

resultado: Presidente: Don Emilio Salanova con cincuenta e un votos; Vicepresidente: Don José Pérez Morales con coarenta e catro votos; Secretario: Don Manuel Baltar Abella con trinta e oito; Contador: Don Segundo Caamaño Martínez; con corenta e catro; Depositario: Don Samuel Cobas Lamas con trinta e oito; Bibliotecario: Don José Brenlla Blanco con cuarenta e catro; Primer Vocal: Don Ramón Fiuza con trinta e oito, e Vocal Segundo: Don Augusto Salanova con cuarenta e tres votos.


10

I. Oviedo Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


ando eu fun rapaz Noia era a miña viaxe. O Castromil levábame de Santiago nunha verdadeira viaxe, pois duraba horas e era un camiño con estacións, parada en Roxos, Os Ánxeles, Urdilde, unha viaxe na que o ceo mudaba e primeiro chovía e logo abría o sol e logo viña brétema e logo viña a claridade da ría e chegabamos a Noia. Para min, neno santiagués, Noia era cousa medieval e case case marítima. Non sendo vila mariñeira tiña esa fragancia da ría que penetraba aquelas rúas cheas de vida os domingos de feira. Para min Noia era exótica e valiosa. O seu exotismo era o do mundo rural e mariñeiro que a ocupaba aqueles días de feira, que eran os días nos que eu chegaba. Noia era un mundo sonoro belísimo, eran voces altas de homes e mulleres seseantes, palabras líquidas e escorregadizas, cantarinas e bailarinas. O galego máis fermoso que se xuntaba con olores a humanidade e a fariña de centeo, a casa de comidas, a churros... Noia era a porta de entrada nun pequeno paraíso que para min foi a aldea dos meus avós, Camboño. Desde Camboño teño entrado a andar en Noia coa

miña avoa Dolores, por Miñortos, por Boa, Taramancos... A Noia fun a andar por bailar no Santo Bartolomé, de Noia percorrín todas as tabernas, a Noia fun enterrar ao meu tío Falapaso. A Noia cheguei e en Noia entrei de todas maneiras, menos pola mar enxoita. Os galegos temos unha parte da nosa identidade nos lugares aos que pertencemos. Este picholeiro ten unha parte de si naquela aldea e outra parte en Noia. Cando un quere dicir de onde é di que é de Santiago e tamén un pouco dunha aldea. ¿De cal? Dunha que está pola parte de Noia.

11

Suso de Toro

Colaboracións


Pepe da Roca

Entrevista

12

ostede naceu cando remataba a primeira guerra mundial, ¿como foi a súa xuventude en Noia? Eu nacín o 18 de agosto de 1918 e a Gran Guerra acabou o primeiro de novembro. Dez anos despois inagurouse o Instituto de Noia onde me matriculei e onde cursei o Bacharelato no que tiven a inmensa sorte de contar con profesores de categoría de Vilanova García, médico con clínica aberta en Noia, na casa de Moas e que ensinaba matemáticas, o profesor Hontoria que impartía Ciencias, Pérez de Gómez de Letras, o inesquecíbel Don Álvaro de las Casas de Xeografía, Don César Carreño de Historia, López Niño de Física, Blanco Such de Latín, a profesora Ruibal de Agricultura, Maside de Debuxo, Don Cástor Núñez Outeiriño, Don Carlos Villar... Un plantel de profesores a maioría extraordinarios que eran o verdadeiro motor cultural de toda a comarca noiesa. Curiosamente, os meus estudios de bacharelato desenvolvéronse en tres situacións políticas distintas: empezei na dictadura de Primo de Rivera, seguín na República e rematei no Franquismo, pois quedárame pendente a asignatura de Debuxo e fun examinarme a Vigo despois da Guerra Civil en 1939. Claro que polo medio aparece no 36 a Guerra Civil. ¿Participou vostede nela?

Non me quedou máis remedio pois en agosto de 1937 movilizaron a miña quinta (a do 39) que foi denominada en toda España co nome de “Quinta do Biberón” pola pouca idade que tiñamos os soldados dese reemplazo. Fun destinado a artillería de Costa en Ferrol e polo tanto non pisei o frente, ou mellor dito, as trincheiras, pois dicíannos que “frente” a nós podía chegar o inimigo polo mar. Xa de volta a casa, rematada a contenda, matriculeime en Medicina e despois en Dereito e non rematei ningunha das dúas. Finalmente fíxenme procurador e entre os tribunais de xustiza e o comercio de meu pai fun pasando a miña vida. ¿Como se divertía a xente naquela época? A pequena burguesía da vila pasaba o tempo libre paseando pola Corredoira de Dentro (Rúa do Comercio), arriba e abaixo ou pola beirarrúa do casino. Tamén íamos ao cine, primeiro


a un que había xunto ao Convento dos Franciscanos e despois ao Coliseo Noela, magnífico edificio que destacaba entre as pequenas casas do Curro e que foi construido nos anos vinte por Don Ramón Mariño, Don Primitivo Trigo e Atán do Cruceiro de Roo. A partir do 1928 acudían ao Edificio Novo do Casino ou á Sociedade Liceo, segundo os gustos e as pandillas, ainda que algúns chegamos a ser socios das dúas entidades. Lugares frecuentados tamén eran os sitios de onde saían e chegaban os coches de viaxeiros, como a porta do Ceboleiro onde tiña chegada a empresa La Emprendedora, ou o Café Avenida de onde saía El Noroeste e tamén a Casa do Bolo na Carreiriña onde se collía El Ferrolano.

tecidos, zapatos e perfumería. Logo pasou á Casa de Moas na esquina da Rúa do Comercio onde viñemos ao mundo todos os irmáns, e finalmente en Comercio 20, frente á farmacia de Busto. Pero tamén lembro outros establecementos moi importantes como a Ferretería de Don Severo Riva e a de Varela, os comercios de Primitivo Trigo e de Rafael Sáez e mesmo empresas como a dos Barcia (parece ser que o nome procede da vila asturiana de onde viñeran) que abarcaba naviera e madeiras e que foi un

Vostede estivo sempre moi ligado ao comercio noiés, ¿era tan florecente na posguerra como se comenta aínda hoxe? Eu formei parte do comercio noiés desde moi antigo pois meu pai, José Álvarez Mariño, que nacera en Enfesta, veu para Noia como socio de Miguel Cacheiro. Esta razón social que na primería ostentaba o nome de Miguel Cacheiro, Hermana y Compañía, tivo a súa primeira sede enfrente do que é hoxe a Tasca Típica e vendía

forte impulsor da economía noiesa. Recordo tamén a Banca Pérez Lorenzo, onde actualmente está Caixa Galicia. Hoteis e restaurantes había moitos: Ceboleiro, Carreño, A Xouba, Ferrador, Dominga, Mato... Seguro que me quedan moitos nomes no tinteiro e pido disculpas por iso, pero xa van alá moitos anos. Dúas anécdo-

13

“... Xa de volta a casa, rematada a contenda, matriculeime en Medicina e despois en Dereito e non rematei ningunha das dúas. Finalmente fíxenme procurador e entre os tribunais de xustiza e o comercio de meu pai fun pasando a miña vida ...”


tas si recordo ben: as visitas aos comercios só para falar e comentar chismes da vila que facía un militar retirado chamado Don Fermín Álvarez-Mesa y Menéndez que chegara a Noia no ano 1923 como Delegado Gubernativo da Dictadura e aquí quedou e foi o primeiro alcalde do franquismo en 1936. Outra curiosidade despois da guerra era que os sábados acudían a pedir os pobres, sobre todo da zona de Escarabote, e dábaselles de limosna unha perra chica a cada un, ainda que os máis xenerosos dábanlle un patacón. O que si é verdade é que, tanto antes como despois da guerra, o comercio noiés era moi importante e absorbía á clientela dunha enorme comarca que ía desde O Son e Boiro ata Esteiro contando, coma sempre con Lousame. E se a isto lle engadimos os extraordinarios artesáns noieses, sobre todo de zapatería e xastrería, e as fábricas de curtidos, Noia foi naqueles intres o referente económico dunha enorme comarca, como o fora durante a República no aspecto cultural.

14

Falando de cultura, poucos sabían da súa amizade con ese xenial pintor e extraordinario ser humano que foi Eugenio Granell. ¿Como se fraguou esa relación? O pai de Nucho Granell era da Coruña pero montou un comercio en Santiago e fíxose moi amigo de Cacheiro de Manuel Molina e por ahí ven a relación. O fillo foi estudiar violín a Madrid pero a súa formación era completísima: músico, pintor, poeta e economista. Cando a guerra, el militaba no POUM e veuse na obriga de exiliarse a Francia, e despois a América Central, onde coñecería ao grande teórico du surrealismo, o francés André Breton, que influiría moito na súa carreira artística. Ao remate foi profesor de economía na Universidade de New York. Eu ainda tratei máis ao seu irmán Mario, un pintor fabuloso pero escurecido pola fama de Eugenio, que andivo por Venezuela. Tamén tiven a sorte de tratar ao pintor Luis Seoane, xa que a súa familia era de Arca-O Pino. Precisamente, preto de alí, na nosa casa de Enfesta, morreu de moi nova miña nai, Pilar

Otero Jaurrech, Pilariña a Francesa, pero esas xa son cousas de familia... Con el chegou a paz. Xosé Manuel Álvarez Otero naceu días antes da fin da primeira guerra mundial. Desde o retiro da atalaia de Xío no Porto do Son, vive unha prácida madurez, arrolado polos roncos bruídos das covas de Fonforrón, e lembra un pasado noiés, no que a vida comercial era a razón de ser da Vila. Eis un testigo de excepción e gardián dunha memoria histórica moi recente que nos parece tan lonxana.


ntre as personalidades que brillaron con luz própria nos últimos anos do XIX e comezos do XX figura o noiés que lembramos neste número: mestre e profesor da Escola Normal Superior de Santiago de Compostela, alén das suas actividades estritamente docentes, non descoidou o labor investigador, o publicismo, a dirección de prensa pedagóxica, a (co)organización de certames pedagóxicos, como o de 1906, unha das accións formativas con maior transcendéncia das celebradas en Galiza naquela altura. Foi un home inquedo, preocupado polo tema da instrucción, que dirixiu durante bastantes anos unha publicación destinada a defender os intereses e direitos dos mestres e mestras do distrito universitário de Galiza, El Magisterio Gallego.

Reproducida de Galicia, Madrid, 1906

VIDA E OBRA Nacido en Argalo en 1859, estudiou a carreira de Maxistério na Escola Normal Superior de Mestres de Santiago, onde obtivo o título de Mestre de Primeiro Ensino Elemental e Superior. Os seus primeiros destinos foron a escola de Cesuras (A Coruña) -que obtivo por concurso e, posteriormente, por oposición e onde permaneceu algo máis de catro anos (de 1878 a 1882)-, e a escola de Serantes (A Coruña), que rexentou en propriedade de 1882 a 1887. Preocupado pola formación de adultos, durante a sua estadia nesta última escola, creou e dirixiu unha Escola de Adultos gratuita, o que lle valeu o recoñecimento da Xunta Local, experiéncia que se plasmaria anos máis tarde nunha publicación. En 1887 trasladou-se a unha escola elemental de Lugo, por oposición, cidade en que permaneceu seis anos (18871893), e onde iniciou a sua actividade investigadora. Ao tempo, participou en todas as conferéncias pedagóxicas realizadas na Escola Normal de Lugo aqueles anos. Un novo traslado, desta vez definitivo, levou-no à Escola Normal Superior de Mestres de Santiago, a

15

Aurora Marco

Personaxes


onde chegou en 1893, unha vez titulado Mestre Normal pola Escola Central de Madrid, e que só abandonaria por motivo da sua morte. Inícia entón Celestino Buján unha etapa fecunda, dedicada non só à docéncia, tamén a accións educativas, à participación en congresos e outros eventos que tiñan como obxectivo abordar cuestións que preocupaban ao profesorado: hixiene escolar, excursións instructivas, os locais escolares en Galiza...

Os problemas do Maxistério nos derradeiros anos do século XX, nomeadamente no que di respeito ao médio rural (povoación diseminada, absentismo escolar, escasa formación do profesorado, locais escolares ruinosos) produciron certa movilización entre o profesorado máis inquedo. Neste grupo de profisionais galegos estaba Celestino Buján. A sua participación como representante do Maxistério da província de Lugo –durante os anos de exercício ali– na Asemblea celebrada en Madrid en 1891, asi o poñen de manifesto. Formou parte, inclusive, da Comisión de Bases. Anos máis tardes, xa estabelecido en Santiago, hai constáncia da sua participación no Certame Pedagóxico celebrado en Pontevedra, convocado por El Noticiero Gallego, órgao do Maxistério provincial: o tema 3º, “Condiciones que deben reunir los locales de escuelas de Galicia, y medios de que en breve plazo lo tengan propio, sin gravamen sensible para los municipios”, foi abordado por Celestino Buján. Segundo recolle Anxo Porto Ucha no libro La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, ao falar da Galiza rural, afirmou: “Allí donde vean la peor casucha, tal vez al lado del cementerio, indigna por su aspecto de que en ella ondee la bandera nacional; sin más luz que la que penetra por la mezquina puerta de la entrada, y sin más ventilación que

16

Na Escola Normal Superior de Mestres de Santiago impartiu diferentes matérias: Matemáticas, Ciéncias Físicas e Naturais, Química, Agricultura, Pedagoxia, Gramática, Xeografia e História. Mais o seu labor non se limitou só à actividade docente neste centro, porque tamén formou parte do claustro de profesores do Coléxio de Xordomudos e Cegos. E desempeñou asimesmo cargos de tipo administrativo: foi Secretário da Escola Normal en diversos períodos (1897-1899, 1913, 1917, 1923-1927)

e Director acidental durante un ano, por enfermidade do titular, Gorgónio Hueso.

Comisión Organizadora do Certame Pedagóxico de Santiago de 1906. O terceiro pola direita é Celestino Buján. Reproducida de Galicia, Madrid, 1906


Organizadora estaba tamén Celestino Buján Suárez, que dirixia daquela El Magisterio Gallego. Neste evento presentaron-se diversos traballos do profesorado galego e de fóra de Galiza (alguns deles premiados), e através das actividades levadas a termo, abriu-se un espazo que canalizou as inquietudes dos mestres e mestras. Paralelamente, houbo un certame musical, un curso de traballos manuais e conferéncias de extensión escolar, impartidas, entre outros, polo profesor noiés.

la que naturalmente se establece por las grietas de sus paredes y los intersticios de las tejas; el pavimento de tierra humedecida, y las paredes sucias y ahumadas... esa casucha será la escuela pública.” Falando das zonas urbanas, descrebe a mesma situación: “Y si nos encaminamos a la villa, a la ciudad, y tratamos de buscar en ella la escuela, apartemos también la vista de toda casa de aspecto medianamente agradable, introduzcámonos, eso sí, en callejuelas que parece no tienen salida, busquemos la casa que nos parezca más mala aunque al municipio cueste caro; busquemos, si allí lo hay, un convento ruinoso, lóbrego, y entonces encontraremos... lo que allí llaman escuela pública.” Era consciente o noiés de que a denúncia da situación de pobreza, das pésimas condicións en que tiña que desenvolver a sua actividade o profesorado, poderia aportar algunha solución encamiñada à sua mellora, porque aquel Certame estaba presidido polo coruñés Eduardo Vincenti e Reguera, à sazón deputado por Pontevedra, que desempeñou o cargo de Director Xeral de Instrucción Pública, militante do Partido Liberal, e home destacado na defensa do ensino público. Mención aparte merece o Certame Pedagóxico de Santiago, celebrado en xullo de 1906, unha das actividades formativas máis importantes que tiveron lugar en Galiza naquel tempo. A alma daquel Certame foi Vicente Fraiz Andón, Director da Escola Normal de Santiago e figura ilustre da pedagoxia galega. Mais na Comisión

Aritmética elemental (Lugo, 1890), destinado ao primeiro ensino. Escuelas de adultos: su necesidad y objeto. Carácter, límites y organización de esta enseñanza (Lugo, 1890). Trata-se do discurso pronunciado nas conferéncias pedagóxicas celebradas en Lugo no mes de agosto dese mesmo ano na Escola Normal luguesa.

17

Reproducida do Catálogo-Exposición A Educación en Galicia (1669-1970). Universidade de Santiago de Compostela, 1999

Xa se apontou que Buján destacou no campo da investigación pedagóxica. Entre as suas publicacións cumpre citar:

Reproducida do Catálogo-Exposición A Educación en Galicia (1669-1970). Universidade de Santiago de Compostela, 1999


El Precursor Gramatical, acomodado a la doctrina sustentado por la Real Academia (Lugo, 1891). Programa de Elementos de Geometría, Dibujo y agrimensura (Santiago, 1897), destinado ao alunado da Escola Normal Superior de Mestres de Santiago. Como publicista, durante a sua estadia en Lugo, fundou e dirixiu a revista de primeiro ensino El Mensajero, órgao da Asociación Provincial do Profesorado de Ensino Primário de Lugo, cuxo primeiro número saiu en 1882. Foi tamén redactor de La Idea Moderna, xornal editado naquela cidade, e colaborou asimesmo en outros xornais. Cando se trasladou a Santiago, dirixiu El Magisterio Gallego, publicación trimensual destinada a defender os intereses e direitos das mestras e mestres galegos, que iniciara a sua andadura en 1882. Estivo à frente da dirección durante bastante tempo: xa constaba en 1906 e en 1920 continuaba dirixindo-a. PRÉMIOS

18

No curso 1880-81, sendo estudante na Escola Normal de Santiago, obtivo un prémio outorgado por este centro. Na Exposición Pedagóxica de Pontevedra de 1894 foi proposto para o primeiro prémio. En 1895 novo prémio, concediddo neste caso pola Sociedade de Amigos da Instrucción de Barcelona, e tamén no Certame Pedagóxico de Pontevedra. En 1897 é galardonado novamente no Certame Pedagóxico de Pontevedra, con obtención de diploma, pluma de prata e 25 exemplares dunha obra. Polos seus méritos docentes foron-lle outorgados votos de grácia polas Xuntas Locais de Cesuras e Serantes, e foi nomeado tamén “Caballero de la Real Orden de Isabel la Católica”.

A sua morte, acontecida o 1 de abril de 1927, puxo fin a unha carreira docente de cuarenta e nove anos, intensa e fructífera. Do recoñecimento e estima de que gozaba Celestino Buján, é boa mostra a nota necrolóxica que saiu en El Eco de Santiago o 7 de abril dese ano, en que se daba conta da repercusión que tivo a morte do profesor, e do acompañamento à igrexa de San Fructuoso de diversas autoridades académicas (comezando polo Reitor), políticas, militares, dos sectores culturais, o claustro da Escola Normal en pleno, mestres e mestras da zona, inspectores e, o que resulta máis significativo, o alunado dos catro cursos, que acompañaron a comitiva. Desaparecia un docente entregado ao traballo, volcado nos seus problemas e preocupado pola sua resolución. BIBLIOGRAFIA: Marco, A., Porto Ucha, A., A Escola Normal de Santiago de Compostela (1849-1996), Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Colección histórica “Fonseca”, Santiago, 2000. Porto Ucha, A., La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1986.


19 Rebeca López Cieto Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


O ensino en Noia ( 811 )

Xosé Agrelo Hermo

20

A Segunda República nesto, chegou a República. Xurdiu espontaneamente o 14 de abril de 1931, nunhas eleccións municipais, cando o pobo abriu as ventás para que entrase o ar fresco e fixese desaparecer o cheiro dunha dictadura podre e a barola dunha monarquía anquilosada. Se cadra non era o intre máis oportuno pois as secuelas da depresión económica do 29 en EEUU facíanse notar en todas as actividades sociais, e sobre Europa aboiaban as nubes negras do fascismo xa imperante en Italia e do nazismo que agromaba en Alemaña, pero a ilusión dun cambio social e político en España non deixaba pensar no futuro. Un dos problemas máis destacados que se abordou foi a reforma da infraestructura e da sobreestructura do sistema educativo. Non se tratou tanto de crear unha nova lei de educación –seguiuse en liñas xerais o plano de Romanones reformado en 1934 pola Lei Villalobos que dispoñía o Bacharelato en 7 cursos– senon de insuflar un espírito innovador baseado nos principios socialistas e nas ideas da Institución Libre de Enseñanza, organización que, por certo, cumpre este ano o seu 125 aniversario. A escola sae á rúa, elévase consi-

derabelmente o número de centros de ensino e dignifícase a profesión de mestre cun Plan Profesional que aínda hoxe é admirado por todos os docentes. Os nomes de Marcelino Domingo –o primeiro mestre que chegou a ministro–, Fernando de los Ríos ou Luzuriaga van marcar a “corredera” educacional sobre todo no primeiro bienio seguindo a norma constitucional de escola pública, única, neutra e laica. Galicia Seguindo esta liña de concepción dunha escola pública que sexa responsabilidade do estado, laica e baseada na xeneralización da cultura e na supresión da influencia do caciquismo, orixínase en Galicia (na opinión do profesor Costa Rico que estudiou como ninguén este período) mesmo nas escolas do rural un movemento de transformación. Frente ás prácticas conservadoras, iníciase un cambio educativo dirixido á formación de cidadáns e membros activos. Ao mesmo tempo prodúcese un acercamento á Institución Libre de Enseñanza e aparecen multitude de traballos escolares en xornais e revistas como Escuela Vivida, Vida Escolar ou El Pueblo Gallego. Un elemento fundamental nesta época foi o labor das Misións Pedagóxicas impulsadas polo rector da Universidade de Santiago, o ilustre noiés Alejandro Rodríguez Cadarso para insertar a escola no rural, e que máis tarde funcionarían como Patronato por toda a xeografía galega coa colaboración de moitos mestres e de homes da categoría de Rafael Dieste ou Fernández Mazas. Os actos misionais enfocábanse en tres eidos distintos: o fomento da cultura xeral, a orientación pedagóxica e a educación cidadá. Charlas, proxeccións de películas e documentais, exposicións de fotografías e pinturas, teatro de títeres (iniciado por


Dieste en Malpica), recitado de poemas populares e audicións musicais. Na nosa comarca as Misións Pedagóxicas funcionaron en Rianxo, Boiro, Noia, Outes, Mazaricos, Beba, Abelleira, Serres, e Muros.

Noia

Valls, recibiu a orde da darlle posesión do seu cargo aos concellais electos o 12 de abril. No acto presidido polos vocais da Xunta Republicana Álvaro de las Casas, Antonio Oviedo Arce, e Basilio Fernández Barbazán as diferencias entre os concellais eran tantas que impugnaron as votacións, volvendo a realizarse de novo o 31 de maio, nas que sairía alcalde Germán Vidal Barreiro. Nentrementres gobernou unha Xunta Xestora presidida polo propio Peiteado Valls. Pero todos estes enfrentamentos políticos, moi propios dos procesos electorais noieses ata os nosos días, non impediron que o cambio educativo orixinado pola República chegase ás nosas aulas.

Na vila de Noia o primeiro acto que podemos chamar oficial de constitución dun Concello republicano celebrouse o 19 de abril de 1931, cando a Xunta Republicana, da que era presidente Santiago Peiteado

Moi prolixo sería enumerar aquí as actividades desenvoltas no eido do ensino primario pero sirva como mostra a importante colabo-

21

Nesta época suprimíronse as Xuntas Locais de Educación, verdadeiros reductos caciquís que tiveran sometidos os mestres ao poder municipal e foron sustituídas polos Consellos Locais de Educación que organizaron os Centros de Colaboración Pedagóxica. Nestas reunións os mestres dunha comarca xuntábanse para estudiar problemas comúns e artellar solucións conxuntas tan necesarias nunha xeografía dispersa coma a galega. Todo este traballo complementábase coas bibliotecas de instrucción primaria con servicio circulante, consideradas como verdadeiros centros de cultura xa que nelas lían nenos e adultos, con dous tipos de libros adaptados á idade dos lectores.

Profesores do Instituto de Noia, xunto cos seus alumnos, diante do Coliseo Noela. Ano 1935. Na parte central e de esquerda a dereita: Alvaro de las Casas (Xeografía e Historia), Luis Vilanova (Matemáticas), Carlos Maside (Debuxo), Manuel Mariño (Educación Física), Enrique López Niño (Física e Química), Castor Núñez Outeiriño (Francés), Jovita (Auxiliar de Física e Química), Carlos Villar (Lingua e Literatura Española), Xacobe Hontoria (Historia Natural e Fisioloxía) e César Carreño.


22

ración coas Misións Pedagóxicas dos mestres José Castro Romero da Pontenafonso e Laurentino Alonso, presidente ao mesmo tempo da Sociedade Agraria do Obre. Citemos tamén para recordo os nomes dos mestres de Noia en 1934: Francisco Villarino, Aurea Fraga García, José Rodríguez (Palabras), Antonio Seijas Boch, José Freiro Basanta, Antonio Piñeiro Armas, Venancio Blanco Nieto, Pilar Souto Calvo, Carmen Anta Tovar e Mercedes Cubas Cacheiro. Na mente dos máis vellos tamén están José Daponte, poeta singular que chegaría a Noia un ano máis tarde, e José Rodríguez Agrelo que ainda que desempeñaba o seu labor exemplar en BéxeresLousame, estivo sempre moi vinculado á xente de Noia. Pero si as escolas primarias collían un novo rumbo, foi no Instituto de Ensino Medio onde máis se notaron o ar fresco que trouxera a República. Nomes ilustres do profesorado medio impartían clases dentro e fóra das aulas cunha serie de actividades complementarias inimaxinábeis ata agora: conferencias, viaxes, teatro, exposicións nas que a maioría das veces eran os alumnos os protagonistas. Podemos citar como exemplo as “xeiras” (viaxes culturais por terra e por mar) organizadas polos “ultreyas” do profesor Álvaro de las Casas,

de quen se celebra este ano o centenario do seu nacemento, ou a actividade teatral do Instituto, en sintonía coa intensa vida artística da vila, como a representación do anónimo Auto de los Reyes Magos baixo a dirección do catedrático Mariano Pérez Gómez que subíu ao escenario a alumnos que máis tarde terían grande influencia na vida social e política de Noia: Ramón Carreño, Antonio Busto, Manuel Blanco Ons, Gonzalo Rudiño... Cómpre destacar tamén pola súa orixinalidade a serie de conferencias sobre historia de Galicia impartidas polos propios alumnos do profesor de las Casas en febreiro do 34: La Galicia Prehistórica por Santiago González Zurdo; La alta edad media en Galicia, por Eduardo Ronquete Viñas; Nuestra baja edad media, por Valentín Mata Hernández; Nuestra Historia en la decadencia, por Joaquín Pérez Pérez e Galicia en el siglo XIX, por Alfonso Costa Rodríguez. A pesar de que a personalidade de Álvaro de las Casas pode eclipsar en parte aos seus compañeiros de Claustro pola súa polifacética actividade como profesor, historiador, escritor e político fundamental na historia da Galicia republicana –mesmo foi director desde o 1 de marzo de 1932 ata o 28 de outubro de 1933, expedientado por un discurso pronun-

ciado na Universidade de Santiago– isto non merma a valía contrastada dos distintos Claustros do Instituto de Noia. O do ano 1934 serve de exemplo: Jacobo Hontoria González (director), Álvaro de las Casas Blanco, Cástor Núñez Outeiriño, Carlos Villar García, José Blanco Such, Carlos Maside García, Enrique López Niño. Auxiliares: Manuel Mariño Neu, Jovita Rodríguez Romero e César Carreño Rodríguez. Secretaria: Isabel Gil, con 4 axudantes e 3 bedeis. En xullo de 1936 os acontecementos precipitáronse: un golpe de estado militar iniciou a fin da república, unha guerra “incivil” levou a angustia a todos os fogares, unhas inhumanas represalias envelenaron os corazóns e moitos ensinantes convertíronse en apestados, fuxidos, exiliados cando non mortos. Pero dentro deste baño de sangue, Noia ainda non foi a máis castigada, se cadra porque aquel ar fresco da educación libre que invadira as escolas e as aulas cinco anos antes, aliviou os rencores e abrandou os corazóns.


Xeografía Pedro García Vidal

Matar as catedrais da natureza O monte Tremuzo, SOS por unha paisaxe da alma

ba a ría, e contemplaba sen obstáculos as súas prácidas e azuladas augas xunto coa luminosa frecha areenta en amarelas tonalidades da punta de Testal. Grupiños de casas brancas conformaban os pintorescos lugares de O Freixo, San Cosme ou a Barquiña. Ás súas costas, o cume montesío era unha liña recta no horizonte azul. Só nun punto rachaba a penichaira. Naquel lugar, a rocha dura resistira o pulo uniformador dos axentes erosivos reivindicando a diferencia. Alí erguía a súa altiva figura o singular contorno do Tremuzo, o ubicuo monte dos tres picos da miña traxectoria vital. Un particular acontecemento, que tiña lugar sen excepción cada 23 de xuño, contribuíu grandemente á interiorización daquela particular visión que era o alto do Tremuzo. Ese día, o máis

23

quel monte de tres picos na banda oriental da ría, cume senlleiro que preside o seo de Noia polo norte, convertírase no decorrer do tempo nun referente vital, un fito sempre presente na miña particular xeografía. Infancia e adolescencia transcurriron baixo a súa permanente presencia nas alturas, que eu ollaba a cotío desde a horta que acollía os meus xogos infantís na traseira da casa familiar no lugar de A Calzada. A habitación que gardaba os meus sonos, cunha fiestra aberta cara ó oeste, foi sempre a mellor atalaia para contemplalo. Naquel tempo, cando o formigón urbanizador aínda non colonizara máis alá do barrio de O Calvario, e a rúa de A Calzada era só un camiño salpicado de casas unifamiliares dispersas ó seu carón, desde aquel privilexiado observatorio olla-

O senlleiro perfil do Tremuzo recórtase nidio no horizonte norte do seo de Noia.


24

grande do ano, no solpor, recollidas xa as herbas ulideiras postas logo a macerar na auga coa que lavar a cara á mañanciña do día seguinte, e amoreada a leña a arder nos diferentes lumeiros desa noite meiga, víspera de San Xoan, todos os nenos e nenas do lugar acudíamos prestos á consumación dun rito ancestral. Relixiosidade e paganismo misturábanse naquel intre. De cara a un sol que morría na tarde, a miña nai collía a nosa diminuta man de nenos/as e, de un en un, conducíaa con automatismos e maestría por diante da nosa face de ollos que non pestanexaban, a trazar un completo e preciso percorrido de simbólicas cruces, mentres recitaba velozmente as oracións preceptivas. Recordo para sempre aquel horizonte visual cara ó oeste, co círculo roxizo dun sol mori-

bundo na tarde, e á súa dereita, poderoso, o Tremuzo recortando unha silueta altiva e vixiante de toda aquela milenaria ceremonia. O pico convertírase, por iso, en moito máis que un mero fito xeográfico, funcionaba asemade como un particular calendario solar. O astro rei transitaba no decorrer do ano entre a súa rexa figura e o alto do monte San Lois, marcando ó seu paso o ritmo das estacións. A maior proximidade do sol ós tres picos da singular elevación, significaba no natural observatorio, a chegada do tempo de lecer, o predominio do día sobre a noite, o anuncio inequívoco de que a estación estival estaba a instalarse no calendario. O cambio no estado civil fixo que mudaran os horizontes. Trasladaba a miña nova inaugurada vida a un espacio plenamente urbano, con diferencias notables sobre aquel máis rural no que transcurrira a miña infancia e adolescencia. Instalábame nun piso do Malecón de Gasset, nun edificio de oito prantas en formigón, xenuino froito da especulación tardofranquista, símbolo inequívoco dun tempo novo a nacer. Tamén alí, naquel espacio xeográfico humanizado, en pleno casco histórico da vila de Noia, o Tremuzo ía seguir a ser referente visual sobresaínte. Cando asomei por vez primeira ás fiestras que miraban á ría, alí estaba a súa inconfundible e robusta figura, xusto a presidir o seo de Noia cara ó norte. Olleino fixamente, e sentín unha sensación estraña de seguridade. Todas as incertidumes da nova situación semellaron despexarse naquel intre cando me decatei de que só mudara un pouco a perspectiva, pero o espacio vital en que me movía continuaba a ser o mesmo. A presencia daquel referente


físico coñecido era como o facho que aseguraba o bo rumbo na nova singladura que se iniciaba. Cando xa a familia duplicara os seus membros con dúas novas vidas que agromaran, decidimos facer mudanza. Na busca de acubillo familiar, fixamos a atención nun piso –curiosamente o cuarto ó igual que o anterior– dun edificio a levantar na praza do Calvario. Era un entre varios a decidir. A carón do inicio da rúa de A Calzada, o lugar achegábame ós teritorios da infancia. Subimos para poder estudialo. Aínda estaba en construcción e faltaban moitos detalles para completalo. Ollamos con atención por ver se cubría as nosas necesidades. Algún detalle non nos convencía de todo. Asomei á ventá da que dicía o constructor podería ser unha pequena dependencia con terraza. Alí diante, lixeiramente desprazado á dereita, estaba el, o Tremuzo inamovible, forte, rexo, conmovedor. Desde aquel lugar semellaba, se cabe, máis preto e máis alto. Naquel intre souben xa que aquel ía ser o meu novo observatorio desde o que pasar horas contemplándoo mentres a imaxinación voaba por outros territorios e experiencias. Agora mesmo, mentres redacto estas liñas, o seu

nidio perfil recórtase rotundo no solpor. Era xa mozo cando pisei a súa altura. Fíxeno, aquela vez primeira, de xeito pouco poético, subido sobre un coche que, a través dunha complicada pista de terra, deixoume a poucos metros do seu cume. Logo, comprobei o sufrimento montado sobre unha bicicleta de montaña, na ousadía de vencer a dureza da súa indómita ladeira. Varias veces no tempo repetín a ascensión e sempre foi para min a montaña máis arisca. Sen embargo, a recompensa xustificaba con creces o esforzo realizado. Eu que sempre mirara o Tremuzo desde o espacio afundido, agora instalado sobre o bloque erguido, conmovíame ante o monumental espectáculo natural que contemplaba na parte baixa. Alí, ós pés do mítico monte, admírase a monumental obra do tempo. Ante as abertas pupilas ofrécese o froito de millóns de anos de esforzo combinado das forzas internas da Terra e os axentes ero-

25

Desde o alto do Tremuzo admírase unha paisaxe que conmove. Ós pés do sobranceiro cume, a terra ábrese en profunda ferida triangular asolagada polas salgadas augas atlánticas ó encontro coas doces do río Tambre. Aparece grandiosa a ría de MurosNoia, suma de líquidos e esforzos oroxénicos.


26

sivos externos modeladores de formas. O resultado é de tal grandiosidade que empequenece aínda máis o que se ven considerando o producto superior da evolución. A terra ábrese nunha profunda ferida triangular, para dar cabida ás augas do atlántico a atoparse en feliz mescolanza coas augas do río Tambre. Aparece grandiosa a ría de Muros-Noia, suma de líquidos e titánicos esforzos oroxénicos. Festoneada de entrantes e saíntes tapizados de areas brillantes, o home sinala a súa presencia nun rosario de aldeas e pobos a través dunha delgada liña de costa. Só a través dos vales, a residencia humana penetra nunha montaña maioritariamente libre de poboamento. Ó fondo, no recuncho maís recollido da ría, a vila de Noia, o núcleo poboacional máis destacado. Xusto fronte a ela, cara ó norte, o Tremuzo aparece como un facho natural, un balcón insuperable a contemplar a súa dilatada historia. Agora afirman que os industriais do ar queren colonizar o simbólico monte con torres de ferro para a obtención de enerxía eléctrica. O negocio do ar non sabe de xeografías da alma. Se iso ten lugar, o monte de tres picos xa nunca volverá a ser o mesmo. Significará matar unha paisaxe singular e única somentes para encher os petos de catro industriais subvencionados que inundarán de propaganda uns medios dóciles, publicitando as bondades dunha enerxía limpa que, sen embargo, oculta dicir que non impedirá que as suxas sexan tamén cada vez máis numerosas. Paseniñamente matan os nosos máis emblemáticos cumes, as farmacias do espíritu das que fala Joaquín Araujo, consumando o asasinato dunhas paisaxes espectaculares, aínda que maiormente descoñecidas. Aquelas persoas que se emocionan ante a fermosura dunha natureza a penas humanizada, os amantes do disfrute das paisaxes naturais, protestarán no silencio de quen se sente unha

minoría, e sobre o mapa que reflicte as súas xeografías da alma colocarán unha nova cruz sobre o último esceario dun crime en forma de torres no ar. Mentres, coa tristura de quen non atopa solución a un mal que avanza inexorable, repasarán mentalmente os cada vez más escasos territorios aínda non colonizados. Paradoxicamente, pola contra, aqueles que ollaron pero endexamais viron o Tremuzo, ollos que nunca o admiraron como unha catedral da natureza, como unha obra de arte esculpida no transcorrer de millóns de anos, seguramente xentes que nunca sentiron a emoción de pisar a súa pétrea pel, nin se estremeceron ó admirar a enorme beleza que se ofrece ós seus pés, falarán de progreso, defenderán acríticamente a desfeita, e incluso ousarán tachar de románticos nostálxicos ós que se negan á conquista dun dos máis emblemáticos dos nosos montes pola voracidade económica dos homes. É o signo dos tempos: as nosas mellores paisaxes montesías, antes cubertas de árbores e verde, repoboadas agora con máquinas de encher petos de xente allea, están a ser paseniña pero inexorablemente colonizadas por un exército de molinillos a rapiñar estes escasos remansos de tranquilidade e fermosura, verdadeiras reservas para as emocións, sen que este irrespetuoso latrocinio produzca a penas reacción social por estar amparado polo pensamento global. Rematamos con palabras do escritor Manuel Rivas, persoa comprometida e preocupada polo que de negativo está a acontecer coa paisaxe galega, e que chega a afirmar nalgún escrito de que en Galicia, ante o estado da cuestión, habería que ir pensando xa nun estado de emerxencia paisaxística: “ A paisaxe fala. As súas cicatrices, segundo Freud, explican outros malestares, escomezando polo cultural. Galicia necesita un consenso sobre o territorio. Decidir o que é sagrado. O que non se toca. Salvar algo”.

O Tremuzo, o monte dos tres picos, ergue altivo a súa salvaxe natureza, para ofrecerse como facho natural e como torre vixía sobre as prácidas augas da ría de Muros-Noia.


27 Teté Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


Xoán X. Mariño

28

o concello de Muros hai varias obras atribuibles ó escultor noiés Xosé Ferreiro, nacido en 17381 e que viviu en Santiago a maior parte da súa vida, onde dirixiu un dos máis importantes obradoiros artísticos de Galicia, do que saíron ó longo de 60 anos pezas sublimes para todo o país. Este taller fora fundado por Xosé Gambino, sogro de Ferreiro, e traballou fundamentalmente para igrexas, conventos e mosteiros santiagueses como S. Pedro, o Carme, S. Francisco, S. Martiño Pinario e a catedral, pero tamén para os grandes mosteiros cistercenses de Sobrado e Oseira, para os franciscanos de Betanzos, Herbón, A Coruña, para os benedictinos de Samos, e para o cabido de Santiago, para quen o noso artista fixo a súa obra máis coñecida: o Santiago matamouros en pedra da fachada de Raxoi. Mentres colaborou con Gambino, as súas tallas movíanse dentro de presupostos barrocos: naturalismo nos rostros, expresionismo nos xestos, movemento nos perfís, luminismo e viveza na policromía e, sobre todo, aparatosidade nas composicións, a miudo, incluso, con grandes doses de artificiosidade. Pero desde 1770 o estilo de Ferreiro comenzou a

evolucionar, como consecuencia do contacto con Manuel Álvarez primeiro e o seu paisano Felipe de Castro despois, ambos directores da Real Academia de Belas Artes, desde a que se estaba impulsando un novo concepto estilístico: o neoclasicismo, que pretendía recupera-la harmonía das proporcións, dos movementos, o comedimento expresivo, o equilibrio das composicións e a sobriedade cromática para restaura-lo ideal de beleza dos clásicos greco-romanos. Existen na bisbarra abondosos exemplos da evolución de Ferreiro desde os postulados barrocos a outros clasicistas: en Noia temos o S. Bartolomeu e o Calvario da Pena do Ouro, ambas de xuventude; en Carnota están o gran retábulo de S. Mamede, do ano 1775, e na igrexa de Sta. Columba un S. Sebastián e unha imaxe da santa titular, realizados probablemente tamén durante os seus últimos anos de colaboración con Gambino. Da etapa de madurez son as obras realizadas entre 1782 e 1801 en Outes2 e o Cristo da Casa de Cultura de Noia. En Muros hai varias imaxes que se lle poden atribuir: tres na capela do Carme, outra na colección de Xoaquín Dubert e dúas, máis dubidosas, en Serres. As do Carme non foron realizadas moito máis tarde cá propia capela, en torno a 17673, e na súa elaboración debeu participar o seu sogro Xosé Gambino, tal como evidencia o trazado barroco do altar maior, (foto 1) co seu frontón partido sobre columnas separadas do fondo, o entablamento notablemente crebado e as abondosas decoracións de rocalla nos laterais do altar, na fornela e rodeando o escudo no friso. Este altar vai coroado por un gran relevo da Trinidade: Pai e Fillo sedentes e Espírito Santo en forma de pomba, enriba (foto 2). As figuras van rodeadas de nubes, raios celestiais e anxiños voando. Cristo sostén unha cruz na man dereita, Deus un cetro e, entrám-


Foto 1. San Marcos. Capela do Carme. Muros

bolos dous, disponse unha esfera, representación da bóveda celeste ou do universo sobre o que reinan. Se ben as obras de Ferreiro nos primeiros anos son difíciles de distinguir das de Gambino, aquí atopamos un Cristo que corresponde claramente á súa man, pola forma de tratala caixa torácica (remarcando a curva da costelaxe e incidindo na descripción das costelas xunto ó esternón) e o rostro, de faccións suaves e peiteado cara atrás, por riba das orellas. A figuras infantís que sosteñen o escudo do entablamento tamén parecen seus, pola semellanza co Neno que acompaña á Virxe do Rosario, tamén tallada para o convento compostelán de Bonaval por estes anos: figuras de carnes moles nas que consegue unha sensación de brandura e tenrura difícil de atopar noutros artistas.

nela central e mide uns 170 cm. de alto (foto 3), amósanos un rostro de rasgos suaves e doce expresión que segundo a tradición recollida por Murguía iv reproduce o da súa propia muller: un rostro ovalado de boca pequena, ollos grandes, meixelas regordiñas e queixo destacado. É de salientar tamén o balanzo das cadeiras, que delata a flexión dunha perna baixo a roupaxe, mentres a outra segue tensa, co cal consegue fuxir do ríxido estatismo que caracteriza a outros escultores neoclásicos. O Neno que leva no brazo é absolutamente idéntico ó do S. Xosé do convento santiagués das Orfas, onde Ferreiro, ó noso xuízo, comenzara a súa colaboración con Gambino.

Foto 2. Trinidade. Retábulo do Carme. Muros

Pero en tanto que a Virxe do Carme, de gran devoción entre as

29

A Virxe do Carme que ocupa a for-


familias mariñeiras deste porto, é obxecto de esmerados e continuos coidados e o seu estado de conservación é magnífico, non sucede así coas imaxes que ocupan as fornelas laterais da capela, S. Marcos e S. Xerome, cuia policromía se atopa moi deteriorada, polo desprendemento de amplas superficies da súa capa pictórica. A figura do apóstolo S. Marcos (foto 4), ubicada na fornela que se abre na parede do lado do Evanxeo, mide 115 cm de alto e represéntase co libro dos Novos Testamentos que está escribindo, sostido coa súa man esquerda, mentres ergue a dereita para amosar unha pluma que xa non conserva (a que actualmente ten non é a orixinal); viste longa túnica que lle chega ata os nocellos e se lle cingue

oitescos nos que se move durante a súa formación con Gambino, dentro dos que tamén está o tratamento lumínico dos cabelos, a base de grandes mechóns, que producen un variado xogo de luces e sombras, herdanza barroca que pervivirá na súa producción posterior. De igual tamaño có anterior é a figura de S. Xerome (foto 5), devoción persoal do promotor da capela, D. Jerónimo Durán, que se atopa no lado da Epístola da mesma, situada fronte á de S. Marcos, nunha fornela que presenta, o mesmo cá imaxe un notable deterioro, polo apodrecemento dalgunhas táboas e o desprendemento da capa pictórica. Este santo dálmata, que por postular algúns dos dogmas do catolicismo é considerado como un dos Pais da Igrexa, represéntase non de xeonllos, como é tradicional, senón ergueito, sostendo un croio coa man dereita, men-

30

máis arriba da cintura, marcando un talle moi alongado que dá gran esveltez á imaxe; por riba, un manto que desde o ombreiro esquerdo cae en diagonal ata o costado do lado contrario, mentres un extremo dobra por enriba do brazo. Vai acompañado do león que tradicionalmente o representa no Tetramorfos. O seu rostro, barbado, de faccións suaves e co cabelo peiteado cara atrás, mira ó espectador e sorrí docemente. Estilisticamente, os rasgos máis destacados son a contraposición das diagonais trazadas polo pano que cruza oblicuamente o peito e a marcada pola inclinación da perna esquerda que se continúa no brazo dereito, a flexión das pernas e a inclinación da cabeza, que á par que lle dan un contorno sinuoso á figura, confírenlle un notable dinamismo, propio da etapa de xuventude do autor, dentro dos postulados daza-

Foto 3. Virxe do Carme. Muros


tres ergue a contraria para suxeitar unha cruz que xa non conserva e dispoñéndose a bater coa pedra no propio corpo, en sinal de penitencia. Por outra parte, a figura amósase semiespida; unha túnica caída cóbrelle só a parte inferior do corpo, deixando ó descuberto unha anatomía dun naturalismo pouco incisivo, no que só as longas barbas son signo de vellez, alonxándose, polo tanto, das representacións do santo con aspecto decrépito con que soía aparecer no Barroco, lucindo, polo contrario, un nu elegante e pletórico, de canon esvelto; a túnica, de color vermella facendo referencia ó seu nomeamento como cardeal, dignidade á cal a tradición, sen embargo, di que renunciou para vivir como anacoreta, ábrese para amosar tamén ámbalas dúas pernas, unha das cales se apoia sobre a cabeza do león que sempre o acompaña, en alusión á lenda que refire como o santo curou ó animal cando estaba no deserto facendo vida

ascética. O león, pola súa parte é igual ó que acompaña a S. Marcos, tanto aquí, como na sacristía de S. Martiño Pinario, onde están os evanxelistas que pouco despois faría para o Monumento do Xoves Santo deste mosteiro. Propiedade do sr. Xoaquín Dubert é un S. Xoán Bautista (foto 6) de pequeno tamaño -uns 50 cms.- que probablemente saiu do taller de Ferreiro anos máis tarde. Repite a composición do que o noso artista fixera para s. Mamede de Carnota en 1775, pero xa sen o realismo tan penetrante de entón, nin os cabelos tan lumínicos, esencializando as guedellas, como sucede en numerosas obras dos seus últimos anos, quizais debido á participación cada vez máis habitual dos discípulos; o año que o acompaña, pola súa simplicidade e menor finura de talla, parece confirmar a nosa suposición. Pero aínda maiores dúbidas presentan as esculturas que se lle poden atribuir en Serres: outra figura do Bautista e unha Virxe do Rosario. No arquivo parroquial non se conservan libros de fábrica anteriores ó 1778 e no que comenza ese ano hai unha anotación datada no 1796 referida a S. Xoán que di: “Quatrocientos rs que costo la echura de el Patron Sn Juan...5

brazo de el Patrono que se rompiera” 6

Foto 4. San Marcos. Capela do Carme. Muros

Posto que no actual non é perceptible ningunha clase de rotura, chegamos á conclusión de que se trata

31

Sen embargo, tal anotación non se debe referir á que hoxe alí se conserva (foto 7), pois noutra nota nas contas do ano 1808 sinálase: “Veinte rs pa composicion de un


de obras diferentes. A que hoxendía preside o altar maior da igrexa non é moi diferente da de Carnota antes citada, pero o seu rostro máis compunxido e arcos ciliares máis destacados lévanos a pensar nunha obra de xuventude, do tipo de S. Bartolomeu de Noia ou S. Sancho de Brens (Cee). O feito de que no 1796 se pague tamén a pintura do camarín da Virxe do Rosario, segundo unha anotación que aparece a continuación da mencionada máis arriba e que di: “Cincuenta rs que llevó Luis

Reloba por pintar el camarín de la Virgen (...) del Rosario” 7

NOTAS: 1 MARIÑO REINO, XOÁN X. O escultor Ferreiro. Noia, 1991. 2 MARIÑO REINO, XOÁN X. As esculturas de Ferreiro en Outes. Revista Alameda nº 5. Ed. Sociedade Liceo. Noia, 2001. 3 ARTAZA MALVÁREZ, RAMÓN. Crónica de la Villa de Muros. Santiago, 1908. 4 MURGUÍA, MANUEL. El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria. Madrid, 1884. 5 Libro de fáfrica que comenza no ano 1778. Arquivo parroquial de San Xoán de Serres. Fol. 34 vº 6 Ibidem. Fol. 51. 7 Ibid. Fol. 34 vo. 8 MARIÑO REINO, XOÁN X. O escultor Ferreiro. Noia, 1991. Páxs. 39 e 40.

32

permítenos deducir que esta imaxe xa é anterior, seguramente encargada ó mesmo tempo que S. Xoán, é dicir que sería outra das primeiras tallas do noso artista. As trazas, desde logo, son idénticas ás da Virxe do Rosario de Sigrás do ano 17718 ou a mesma de Carnota, contemporánea do S. Xoán antes mencionado; só o rostro é algo diferente, pois aínda que sí tén a boca pequena e o queixo destacado, as fazulas xa non son regordiñas como é habitual, mais débese ter presente algún outro caso semellante: a Sta. Quiterea do Carme de Santiago, a Angustia do convento do Carme de Arriba, na mesma cidade e, por suposto, unha das súas obras máis importantes, a Sta. Escolástica de S. Martiño Pinario de 1779 na que volven aparecer as meixelas finas que responden a un ideal de beleza máis clásica e tamén máis actual.

Foto 5. San Xerome. Muros


33

Foto 6. S Xoan Bautista. Col. Dubert. Muros

Foto 7. San Xoรกn Bautista. Serres.


Historia Xerardo Agrafoxo

Fotografías de Suso Xogaina

viaxeiro entra na vella quintana dos mortos, a través das sólidas reixas da porta da entrada, e divisa no muro exterior que protexe ao recinto un curioso escudo no que se labrou a figura dun cabaleiro en clara actitude de loita contra un perigoso dragón. Quizais un símbolo cristiano da loita contra o pecado. Sorprendido por esta escena, avanza silencioso ata encontrarse cun rechamante porche de construcción recente (Del año colérico de 1865) que conserva no seu arco central unha significativa inscrición:

1817.Oid esos sepulcros, un Dios juzga y en eternas moradas premia o pena Ay del que impío la medida llena.

34

Baixo esta sobresaínte edificación destacan dous sólidos sartegos e o tímpano policromado, no que se representa a Adoración dos Reises Magos, a Virxe María co Neno e o arcebispo de Santiago D. Berenguel de Landoira acompañado de San Xosé. Sobre a fachada do templo un luminoso rosetón de tracería gótica. A porta de entrada á igrexa está pechada e o visitante emprende unha lenta camiñada ao redor do monumento relixioso, seguindo a dirección contraria ás agullas do reloxo. Na súa ollada, atenta e abraiada, diríxese ata os banzos do cruceiro gótico e aprecia a disposición dos sartegos seguindo os sendeiros de grava trazados con harmonía. Continúa o seu percorrido pola ábsida decorada con laudas medievais e avanza ata o baldaquino, nun tempo escenario da derradeira oración aos mortos, para

deterse baixo o seu teito piramidal. Dende alí contempla as follas secas, que cubren os camiños de recordos, e os muros do templo empregados por familias senlleiras da vila como privilexiados lugares de enterramento. Impresionado polo acougo da soidade, le nunha guía que nesta quintana dos mortos hai terra traída dos Santos Lugares. Noutro libro coñece a historia da construcción do acolledor baldaquino asociado a dous irmáns templarios mortos durante a caída de Xerusalén. Un estraño peregrino explícalle que os símbolos lapidarios gravados nas laudas son mar cas voluntariamente indescifrables e intentos dos viaxeiros medievais por recrear a súa propia morte. Lendas atesouradas a carón dunha necrópole empregada como derradeira morada dende a fundación histórica da vila. Pero o viaxeiro, dende as suaves altitudes do cruceiro gótico e o testemuñal baldaquino, contempla outra realidade diferente á apreciada polos continuos visitantes que acuden á chamada das laudas existentes no interior da igrexa de Santa María a Nova. Un horizonte de sartegos extén-


O marabillado camiñante detense entón no recinto amurallado durante varios días, aproveitando as bondades dun outono demorado, e anota as súas impresións neste caderno. A súa atenta ollada só obedece a intención de deixar constancia dunha quintana que conserva a condición dun museo ao aire libre, coa súa senlleira presencia e o seu acougo no corazón dunha anterga vila. Estas son algunhas das curiosidades apreciadas. En primeiro lugar, destacan as referencias existentes nos sartegos sobre a categoría profesional das persoas enterradas. Nunha época na que se intentaba deixar constancia da dignidade dun ser a través do seu traballo, rexístranse numerosas sepulturas con estas inscricións: Manuel Fraga Malvido (Licenciado en Derecho. 1900), Ramón Pérez Neu (Abogado. 1911), José Pérez Neu (Abogado. 1924), Venancio Vidal Reino ( Registrador de la Propiedad. 1934) , Castor Núñez Outeiriño (Catedrático de esta villa. 1937), Franco Roura Azuaga (Notario. 1939), Manuel Plata Agrelo (Jefe de Correos 1942), Alfonso Cadarso Caamaño (Abogado. 1942), César Morales Noya

(Médico. 1945), Blas Agra Cadarso (Abogado. 1956), Angel Pérez Morales (Doctor en Derecho. 1961), Luis Gonzaga Vaamonde Alcalá (Maestro Nacional. 1963), Antonio Piñeiro Armal (Maestro Nacional Asunción Rodríguez Viñas (Maestra Nacional. 1973), Pacita Pérez Morales (Licenciada en Derecho. 1991), Angel Pérez Moralez (Profesor. 1999 ) e Joaquina Baltar Abella (Farmacéutica. 1999). Tamén se recolle nalgunhas sepulturas os méritos profesionais acadados durante a vida: Jesús María Rodríguez Vázquez (Subdelegado y Médico Forense de este Partido. 1918), Alejandro Cadarso Ronquete (Gobernador Civil que fue de varias provincias. 1918), Leopoldo Suárez Filgueira (Procurador de los Tribunales. 1922) e Francisco del Campo Lacalle (Consejero Director Técnico de la Electra Jallas. 1926). Esta tendencia de expresar na hora da morte a categoría social en vida, tamén se albisca no emprego dalgúns tratamentos: Excmo. Sr. Don (1961), Ilma.

Señora (1979) e, entre outros, Excma. Señora Doña (1981). Neste apartado, merecen un capítulo aparte os sartegos dos cregos que sempre reflicten a súa especial dignidade: A la memoria de D. Ramón y D. Silverio Neu Salanova, curas párrocos de San Martín de Lesende y San Cosme de Outeiro. Fallecidos el 7 de noviembre de 1885 y el 8 de noviembre de 1888), Serafín Muíños Suárez (Recuerdo de la comunidad Trinitaria. 1933) , José Martínez Balirac (1949), D. Fernando Mariño Neu (Prebístero Caballero de la Hermandad de San Fernando. 1957), Reverendo José Andrés Form o s o S a n d e (Coadjutor de San Martín de Noya . 1964 ), D. Santiago

35

dense cunha apreciable regularidade deixando unha luminosidade branca, salferida de pequenas tonalidades de mármore negro e gris, nas dúas partes do camposanto. As cruces de ferro a penas resisten o paso dos anos e antigas laudas gremiais aínda conservan a súa función orixinal. Imaxes da Virxe María, o Sagrado Corazón e o Ecce Homo rivalizan con outras de Santa Rita, a Virxe do Carme, San Antón e San Lois. O cemiterio amósase non só como un fermoso lugar de encontro, onde a vida dos mortos perdura na memoria dos vivos, senón como un centro de documentación sobre a evolución das modas funerarias e dos hábitos da sociedade alí representada.


Fernández García (Párroco de Noya. 1964 ), D. José Sáez Pichel (Cura Párroco de Marín. 1968 ), Reverendo Francisco Javier Cuadrado de Santiago (1895-1975. Franciscano. 22 años al servicio de la comunidad franciscana de Noya) e D. Eugenio Fernández García (1976). Tamén figuran representadas a comunidade Sor Patrocinio das Monxas Trinitarias (S Robuster.1922; Sor Concepción Salinas Ugalde.1996 e Sor Inocencia Andrés .1977) e as Fillas de Xesús Dolores Novoa Lado. 1959 ). Algúns (D militares tamén son recollidos no estudio das sepulturas: Juan Calvo Chicote (Sargento de Carabineros. 1900 ), Enrique García Sande (Capitán de Infantería. 1905 ) e Jerónimo Aisa Acín (Sargento Caballero Mutilado. 1943). A identidade dalgunhas familias da vila cunha determinada profesión aparece expresada cando a morte chama às súas portas. Así aparece nun sartego do cemiterio : D. Felipe Paz Carbajal (Compositor y Director de Música. 1918), José Paz Ortíz (Compositor y Profesor de Música. 1957) e Sebastián Paz Ortiz. (Compositor y Profesor de Música.. 1999). Un caso curioso é o da profesora de música Mercedes Cobas Lojo (1948) que ten na súa lauda unha fermosa e escultural lira de mármore. Esta representación de signos referidos á súa profesión aparece noutros sartegos do cemiterio: Na do pintor José V. Pena Luhia aparece unha senlleira

36

paleta na actualidade erosionada. No sartego granítico do Axudante de Marina Germán Olariaga Derteano (1952) apréciase unha áncora, e outra na do mariñeiro Manuel Iglesias Carreño. Neste último tamén se pode observar a inscrición referida ao seu

nome popular : Ferreiro. Unha circunstancia pouco frecuente neste cemiterio aínda que se pode ver nalgunha outra, como a de Sara Louro Gómez (A Morena. 19041967), nai do popular José Antonio Arufe Louro, que conserva na súa sepultura a dignidade profesional que sempre demandou : Periodista. 29-I-1991. A los 47 años. Na súa memoria o epitafio de John Keats: Aquí xace un home co nome escrito na auga. A circunstancia de pertencer o camposanto a unha vila onde todos se coñecen, permite ver reproducida nas laudas os nomes máis familiares: Coro por Coronación, Kari por Caridad, Fanny por Francisca e os diminutivos agarimosos, independentemente da idade da falecida:: Merceditas (2 años),, Lolita (69 años) e outros como Juanita, Luisita, Loliña, Manolita, Pacita, Aurorita, Angelita, Auroriña e Lucita. No mesmo senso, para que a identificación do falecido sexa doada, empréganse outros procedementos: Carmen González... de la Barquiña ou Dolores Barros Maya. Nació en León, pero... falleció en

Noya. Así dice a inscrición desta muller de etnia xitana e viúva do recoñecido Francisco Borgas (Francisco Alegre). Para decatarse como cambiou a moda no que se refire aos nomes das persoas, só hai que fixarse nalgúns sartegos. Entre eles destacan:: Froilana, Eumelia, Jesusa, Felipa, Crescencia, Salada, Honorata, Casta e Rosenda.


A traxedia da morte dun mozo é acentuada cando couta a carreira estudiantil de maneira traumatizante: Seminarista. Alumno de 4º Año de Santa Teología. (1934), Alumno de 2º Curso de Medicina (1961), Teniente de Aviación (1962) e Licenciado en Bellas Artes (1989 ). Só en casos excepcionais é expresada na lauda a natureza da morte, como se aprecia nalgunhas tumba: Fallecido en el naufragio del Castillo de Coca (1947) ou como se vía nunha Muerto en Accidente de Aviación (1957). De todos os panteóns existentes chama a atención o coñecido polo sobrenome de As Castañas onde os catro falecidos son dunha envexable lonxevidade: Manuel Rey Tubío. A los 93 años. Marcelino Martínez Castaño. A los 97 años. Manuel Rodríguez Castaño. A los 89 años. Manuela Castaño Creo. A los 90 años. Aínda que a persoa

son xeralizadas as frases cun claro contido relixioso e referidas á presencia do falecido na vida dos vivos:

No te olvidaremos. Rogad a Dios por el alma. El que cree en mi vivirá eternamente. A la memoria querida.. A la querida memoria. Esperanza del Señor.. En la esperanza de Cristo. Recuerdo eterno.. Sepulcro perpetuo. La vida es un desierto sin ti. Que dio su alma al creador. Creo en la comunión de los santos, creo en la resurrección de los muertos, creo en la vida eterna. Algunhas familias adoptan o latín para recordar aos seus mortos. Xeralmente expresións curtas e cun significado altamente afectivo. A morte semella fonte de vida, a vida unha sombra da morte:

Haec est mea resurgam.

que rexistra a maior idade no momento do soterramento é unha señora con 105 anos.

Esta é a miña esperanza, que revivirei.

Pero, sen dúbida, onde a quintana se amosa máis emotiva é na abraiante lectura dos numerosos epitafios gravados nos sartegos en diferentes épocas. Nun principio

Omni laude digna. Digna de toda gabanza.

37

Nunha segunda lista podíamos engadir: Visitación, Teonila, Cipriana, Petra, Jacoba, Estela, Presentación e Inocencia, amais de Sara Julia e Rosa Teresa. Entre os homes son chamativos : Robustiano, Práxedes, Valeriano, Filomeno, Bonifacio, Ruperto, Natalio, Crisóstomo, Edelmiro e Jacinto. Tamén Ramiro Pedro e Enrique Teodoro. É curiosa a caligrafía que provocan algún deles:: Rogelio e Rojelio; Balirac, Balirach e Valirac; Salanova e Salanoba; Balbina e Valvina; e Torcuato e Torcuatro .


Non omnis moriar. Non morrerei de todo. Et aderis perubique. Estarás en todos os lugares. Ut abii abs te. Como me alonxei de ti. Quae pars debetur tuae modestiae tolle. Quita a parte que se debe a túa modestia. Cinis Pulvis Nihil. Cinza, po e nada. Quizais a máis lírica é a existente nun sartego situado na zona norte da quintana. A lauda contén unha inscrición gravada no mármore branco e posteriormente pintada de negro. A frase insculturada fai referencia a unha libre interpretación do Salmo CXXIII, ao figurar as letras Ex.P., é decir, ex paritate ou parecida, é dice.

Anima nostra sicut passer erepta est de laqueo venantium. A miña alma foi arrebatada polo engano dos cazadores, coma un paxaro. Outra significativa é a correspondente a unha muller do concello casada en Reino Unido. A súa familia deixoulle unha agarimada lembranza a través dun sensible epitafio escrito na lingua do seu home:

38

Forever in our thoughts a dear wife and mum. Para sempre nos nosos pensamentos unha dona e unha nai moi querida. Breve, tenra e conmovedora, polo seu especial contido, é o expresado por uns pais á memoria do seu fillo

falecido á curta idade de vinte anos:

LEMBRAMOSTE. BREOGÁN INSUA ARUFE. O DIA DA PATRIA GALEGA. 1979-1999. Epitafios expresivos son aqueles que representan a dor a través dunha disposición dos sentimentos no sartego a modo dunha sentida poesía.Vivir é recordar :

Tu vida, luz y calor fue hacia el reino de los muertos por el camino del amor. A figura do marido laiado pola ausencia da súa amada e dona, tamén figura nunha sepultura que a penas conserva máis inscrición que a expresada neste curioso e sentimental epitafio:

A la memoria bien merecida de fiel esposa, gran modelo tu compañero que no te olvida una plegaria envía al cielo. A repentina desaparición dun ser querido, vencellado á circunstancia de tratarse dunha nena, aparece nun panteón expresada cunha fermosa intensidade. Neste senlleiro caso é a persoa desaparecida desta vida a que dirixe a plegaria en emocionado homenaxe aos seus queridos pais:


Muy corta mi vida fue Padres no lloreis por mi A Dios por vos rogaré. Extraído dun coñecido e calafriante poema de Miguel Hernández (Elegía a Ramón Sitjé), é o senlleiro epitafio dedicado por un fillo magoado -o admirado Xoán Manuel Fernández- á súa nai ausente:

Siento mas Tu muerte Que mi vida. Tu hijo Esta viaxe sentimental ao cemiterio de Santa María A Nova rematouse na semana do mes de Novembre dedicada aos Defuntos, cando a última morada dos seres humanos atopábase ateigada de rechamantes e recendosas flores. Unha forma de conservar na memoria o recordo inesquecible dos familiares perdidos. Durante as tranquilas tardes a carón dos sartegos o viaxeiro aínda tivo tempo de contemplar un rosal, que exhibía fachendoso a última rosa (a morte) do ano, e que abrollaba entre dúas tumbas que lle lembraron un solitario verso de Federico García Lorca (Mi corazón reposa junto a la fuente fría).

Tamén viu o antergo cruceiro gótico cos banzos adornados con coloridas flores. Unha lembranza aos desaparecidos en extrañas circunstancias e que non puideron esculpir nas súas tumbas aquel epitafio de Robert Louis Stevenson: Baixo o inmenso ceo,

cavade a miña fosa e deixádeme descansar. Cando saía polo camiño medieval, que conducía á rúa da Corredoira, agradecía a testemuña ofrecida polas asiduas visitantes e a valiosa colaboración e compañía das amables coidadoras da melancólica quintana: Rosa e María Xosé. E recordou un fermoso epitafio lido unha tarde no cemiterio ou quizais ecoado nun soño: Todos, todos están dormidos, dormidos no camposanto.

39

Muy niña el mundo perdí


Noia na lembranza

40

Cando Noia tiña porto

Recollida de lixo selectivo con carro e “Careto”


41

Hipermercado noiés. Principios do século XX

Fervor relixioso no Curro


Uxio-Breogán Diéguez Cequiel Do cámbio de rumbo

42

e na nosa anterior colaboración na revista Alameda facíamos un percorrido polo que foi a traxectória política de Álvaro das Casas durante o período que ía desde os albores da II República (1931-1936) ao dia da Pátria do 1933, desta vez imos dar conta da actividade política de Álvaro das Casas desde 1933 ao limiar do furacán da criminoxenia milite-fascista1 que dixera Álvarez Gallego naquela obra que tiña por bandeira render homenaxe ao grande patriota galego Alexandro Bóveda2. Verbas aos mozos galegos e Vanguarda Nazonalista Galega Son duas as cuestións principais que marcan a Álvaro das Casas en relación à cuestión política no ano 1933 e que serán determinantes, do meu ponto de vista, para comprender a sua traxectória posterior en tempo republicano. Dunha banda está a conferéncia que sob o títulado ‘Verbas aos mozos galegos. O momento universitario’ pronúncia Das Casas no Paraninfo da Universidade de Santiago o 9 de marzo, doutra banda a criación e posterior presentación ao público da formación política ‘Vanguarda Nazonalista Galega’ (VNG), con data 25 de xullo do devandito ano. Destas duas cuestións xa temos escrito mais vexamos algo máis. No que atinxe ao pronunciamento da conferéncia ‘Verbas aos mozos galegos. O momento universitario’, podemos reiterar que tivo unha grande sona aquén e alén mar. Mais temos que subliñar que, à luz da documentación manexada, son os nacionalistas de América do Sul os que máis relevo lle dan às reaccións suscitadas diante da devandita conferéncia. Mentres, o nacionalismo galego aquén mar, representado polo

Partido Galeguista (PG), fica out en relación ao tema. Será algo que persoalmente lle recriminará Álvaro das Casas ao secretário de organización do PG, Alexandro Bóveda, a través dunha carta privada. Neste mesmo sentido Das Casas envia outra carta, desta vez pública, à Sociedade Nazonalista Pondal (SNP) de Buenos Aires para que sexa publicada no seu órgao de expresión, A Fouce. Dirixindo-se à SNP como a única forza orgaizada que laboura e traballa pol-a liber-


Con efeito, o Dia da Pátria de 1933 aparez Mais! o voceiro dun novo partido político que nasceria co nome de Vanguarda Nazonalista Galega (VNG); un voceiro partidário que pretende ser a expresión de un grupo de patriotas

que, desligados de todos los partidos, se juntan para luhar sin tregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego. Xa temos marcado que por moito que a verba desta Vanguarda sexa acentuadamente nacionalista en canto conteúdo se refere, o certo é que VNG utiliza o español como idioma para se dirixir ao povo galego a través do seu voceiro. Un auténtico contrasentido. Alexandro Bóveda a través dun artigo en A Nosa Terra5 pronuncia-se sobre a recén criada VNG asinalando que non lle deveria disgustar à militáncia do PG que os galeguistas que deica agora se foron vontariamente do Partido o fagan porque estiman necesaria unha posición máis avanzada. Engadindo que considera que en certo modo, istes arredamentos poden ser comenentes. Mais retruca indicando que o que cumpre é unha cousa: que os taes arredados aitúen d´acordo coas posicións que ao irse asinaban. E decir: que procedan en todo intre como arredistas, sin rodeos nin eufemismos, actuando coerentemente en relación ao ideário que din representar e tomando enriba de sí toda a responsabilidade das suas conductas. E é que para Bóveda a actuación destes exmilitantes que marcharon cando Das Casas é pura incoeréncia (...) somentes fume de pallas, que esmorece axiña. As palavras duras de Bóveda aprofundan na ideia de ser na práctica Vanguarda Nazonalista Galega un aborto de criación dunha organización superadora das supostas fallas ideolóxicas e organizativas do PG.

43

dade defiñitiva da nosa Terra3, Das Casas asinala que fai fronte ao expediente que se lle abre a petición de 23 catedrátricos da Universidade de Santiago, aceitando cantas responsabilidás se deriven das miñas verbas, as que sosteño por enriba de todo sin medos nin craudicacións4. O affaire serve-lle fundamentalmente a Álvaro das Casas para duas cousas: dunha banda para reforzar a imaxe pública que tentaba cultivar, de home forte, duro, loitador, disposto a se enfrontar con quen for e co que for en defensa da Galiza e os seus intereses nacionais e doutra banda como argumento co que xustificar a sua marcha do PG e a posterior tentativa de criación dun proxecto político arredista (independentista). Nesta orde de cousas a partir xa de finais de marzo do 1933 achamo-nos con dous feitos importantes. Dunha banda podemos falar dun Álvaro das Casas que se alonxa para sempre do nacionalismo galego representado polo PG, rachando incluso a amizade que tiña con alguns militantes galeguistas que foran amigos del dentro e fóra do Partido e, por outra, achamos como Das Casas enceta o proceso de organización dunha formación política nacionalista de corte independentista, baixo o alento da SNP como representante do independentismo galego en América do Sul.


44

Eleizóns ao Parlamento español O 21 de outono do 1933 o PG desenvolve en Santiago unha Asambreia Nacional extraordinária para fixar a sua postura en relación âs eleicións de Diputados âs Cortes Hespañolas.6 Álvaro das Casas, fóra do PG desde finais de 1932, non está presente. Días despois o director do Instituto de Noia7 fica dando un discurso na Serra de Outes en homenaxe ao poeta Añón entre autoridades do partido xudicial e unha gran cantidade de xente8. Este contexto é no que Álvaro das Casas se mergulla nunha nova aventura: apresenta-se como candidato independente nas eleizóns ao Parlamento español de novembro do 1933. Diante dunhas eleizóns nas que a direita se axunta a través do Pacto de las Derechas, apresentando candidaturas mixtas9, este facto é bastante surprendente. Fronte à unidade da direita un ex-militante do PG da pé a división do eleitorado nacionalista apresentandose como candidato independente. Sen organización que o apoie por trás, infra-estrutural, económica, e socialmente, como este proxecto poderia chegar a algo? Acaso Das Casas non pretendia sair eleito? Cal era a sua pretensión? Nesta orde de cousas quen con maior dureza fai

fronte a Das Casas é, curiosamente, a SNP quen tanto e en tantas ocasións o tiña louvado a través de artigos en A Fouce. Con efeito, a SNP entende que non pode aceitar que un nazonalista opte aos postos electivos sin antes crear os órgaos partidarios que o propoñan e o controlen na sua acción. A política dos nazonalistas galegos, ten que desenrolarse, non a base de persoalidades, sinón a base de multitudes nazonalistas(...) acrescentando a isto que sin povo orgaizado, non é posibre ningunha crás de acción política nazonalista10. No caso do nacionalismo de aquén mar, achamos un certo silenzo público ao respeito, o contrário, maxinamos, seria dar-lle publicidade ao seu protagonista. O feito volvia ser un contrasentido: recén criada da mao de Álvaro das Casas unha organización à sua talla, VNG, apresenta-se a unhas eleizóns como candidato independente. Porque non o fai como candidato da organización que viña de criar? Das Casas xustifica o facto de se apresentar como candidato independente, en función da dúvida sementada na Galiza por moitos xornaes, arredor da eisestencia de arelas arredistas, nunha loita que se enrabexou por parte destes xornaes co gallo do ingreso da Galiza na seición de minorías da Sociedade de Nacións, eu quería amostrar o contrario11. Aliás, xustifica apresentar-se como candidato porque, trás a conferéncia que dera no Paraninfo da Universidade, achara que podíame xulgar intérprete de algúns milleiros de galegos12, cousa que, segundo el, demostrou o escrutínio posterior à


manifesto eleitoral arredista13. Diante desta pretendida xustificación, Das Casas aprofunda nas críticas ao PG. Na liña que caracterizou a sua marcha do Partido, realiza, outravolta, un ataque ao partido liderado por Bóveda e Castelao, afirmardo que acha desvirtuado(...) o idearium do Partido Galeguista14, por ficar afastado da ortodosia que comenzou a percisarse no 1815, e luxado na loita eleitoral en conxuncións que tiñan de ferir os mais elementais sentimentos da galeguidade, un PG que practica segundo el unha funesta política. Conclui a sua xustificación Álvaro das Casas dando a entender que foi tan interesante ter-se apresentado as eleizóns ao Parlamento español, ainda non conseguindo acta de deputado, que agora ten un eleitorado, os meus dez milleiros de votos16, cos que desenvolver un proxecto político cuxos integrantes non se perdan, diríamos, en discusións bizantinas; dez milleiros de votos

Vicente Risco

(...) que teñen de sere un mentíns que nos afastará de discusións nas que se perden enerxías e tempo17 que son percisos pra outras labouras. O certo é que neste contexto non se ve por ningures actividade política de grupo algun dirixido por Álvaro das Casas. Polo que fun apreciando na miña investigación, a finais do 1933 marca-se un claro ponto de inflexión na biografia do noso protagonista. Das Casas, arredado do PG, cesado como director do Instituto de Noia, e dirixente da fastasmal VNG, reclui-se definitivamente nunha actividade, en apariéncia, exclusivamente cultural. Boletin de Estudos Políticos Alento Situados en xullo do 1934 achamos como nasce na Galiza o Boletín de Estudos Polítecos Alento. Sob a dirección e sostén económico de Álvaro das Casas un fato de patriotas que arelan a liberdade do (...) pobo galego, paren Alento. Unha revista que nasce no inquérito de ir percisando a máis limpa e rexa ortodoxia nazonalista, nestes tempos tristeiros de vacilacións e de dúvidas18, segundo nota de redacción19. Pretende potenciar este boletin a escasa reflexión de carácter nacionalista que se daba no noso país e para isto, como non podia ser menos, van pedir-lle a sua colaboración a Vicente Risco. Será el o encargado de desenvolver teoria do nacionalismo galego ao longo da série de artigos intitulados ‘Nacionalismo galego’ que se inserirán en Alento. Aliás, atopamos nas páxinas de Alento a Xoán Brañas, Augusto Casas20, F. Fernández del Riego, A. Iglesias Alvariño, L. Manteiga, L. Seoane, R. Vilar Ponte, P. Pedret Casado, Pedro Piquer e un sobriño político de Álvaro das Casas que asina como Ulloa. Alento morrerá no número triple 10-11-12, correspondente ao trimestre abril-maio-xuño do 1935. Neste momento o Boletín de Estudos Polítecos ten a sua direizón na rua Escultor Ferreiro de Noia, logo de ter estado nos seus comezos a redacción e dirección en Casas Baratas nº18, Algalia de arriba 35 e na rua do Vilar 42 en Compostela. Esmorecimento e viraxe definitiva Desde a desaparición de Alento, última grande empresa liderada por Álvaro das Casas até o golpe de Estado militar-fascista do 18 de xullo do 1936, a grande actividade do noso protagonista vai esmore-

45

consulta eleitoral, dado que perto de dez milleiros de cidadáns aprobaron cos seus sufraxios o meu


46

cendo. Xa non era tan frecuente como for a sua presenza en Compostela, onde ainda non sendo militante do PG desde finais do 1932, coincidia e intercambiaba impresións, desde na histórica cafetaria Derby à imprensa Nós de Ánxel Casal, con destacados militantes do Partido. Nunha carta manuscrita observamos a un Álvaro Das Casas canso da política e da vida pública descansando algunhas tardes en Portosin. Pasan os meses e vemos que Das Casas enceta o ano 1936 en Tetuán onde pasa o nadal de 1935. Os meses que restan para que a barbárie militar-fascista chegue à Galiza non temos a penas notícias del. Segue facendo vida en Noia e unha vez rematado o curso ´35-36´ inícia unha viaxe pola Alemaña. O 28 de xuño do 1936, data fundamental na História do noso país, diante da celebración do plebiscito do Estatuto de Autonomia de Galiza, Álvaro das Casas está lonxe do país, en Berlín, entre Zingaros, wodka e cancións rusas21. Isto acontecia mentres Alexandro Bóveda e Castelao, xunto ao conxunto da militáncia do PG a quen tanto tiña criticado Das Casas pola sua falta de compromiso coa realidade nacional, viñan de desenvolver un duro traballo en favor do recoñecimento legal da Galiza como nación a través do Estatuto de Autonomia. Chegados ao 18 de xullo do 1936, a barbárie militar-fascista entra en moitas casas do noso país. Moitos homes e mulleres, bons e xenerosos, caen asasinados pola traizón militar e civil non en poucos casos. Militantes naciona-

listas, republicanas, loitadores pola liberdade, demócratas en resumidas contas, son detidos e logo, unhas veces trás xuizo sumarísimo, outras trás violación, maos tratos, etc, asasinados: Victor Casas, Ánxel Casal, Blanco Torres ou o noiés Ramón Maián... Outros demócratas, caso de Daniel Castelao ou Alonso Ríos, logran fuxir das gadoupas asasinas grácias à sorte22. Mentres tanto Álvaro das Casas fica salvo. Despois de ter regresado a Noia da sua viaxe pola Alemaña dias antes do 18 de xullo, enceta unha nova viaxe que o levará finalmente a América do Sul. Segundo o historiador X. Agrafoxo, Álvaro das Casas dous días antes do golpe de Estado, (...) presentouse no (...) hotel [onde se hospedaba en Noia] (...), fixo a maleta, pagou o que se debía e marchou23 para nunca volver à Galiza. Tres meses máis tarde, concretamente a mediados de outubro, mentres os militares golpistas asasinaban na Galiza, Euskádi, Catalunya e España a miles de persoas polos seus ideais democráticos, temos notícias de Álvaro das Casas desde Portugal. Presente nun ‘comício anti-comunista’ no Porto, Álvaro das Casas como orador manda desde o estrado

Daniel Castelao nos anos trinta.


Por último, e chegados a este ponto, queremos lembrar à persoa à que faciamos referéncia cando come-

Propaganda nacionalista pro-Estatuto, xuño 1936

zábamos o presente artigo: Alexandre Bóveda. Asasinado polo seu compromiso coa Galiza no camiño da sua liberdade, Bóveda, secretário de organización do PG foi, e non devemos de esquecé-lo, un dos principais atacados por Álvaro das Casas, en función da suposta actitude claudicante do PG fronte os poderes estabelecidos. Paradóxico, verdade. Álvaro das Casas falando de claudicacións. Antoxa-se-nos rematar coas palavras24 que Bóveda pronunciou diante do Tribunal que estaba a preparar o seu asasinato a través dun xuizo sumarísimo: “Non se apure o señor Presidente. Concluo de seguida. Soamente unhas poucas palavras máis para rexeitar o cualificativo de ‘traidor a la Patria’. “A miña patria natural é Galiza. Amo-a frevorosamente. Xamais a traicionaria, ainda que se me concedesen séculos para viver. Adoro-a até o alén da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañável, debe de aplicar-se-me a pena de morte, recibirei-na como un sacrifício máis por ela. Fixen canto puiden pola Galiza e faria máis se puider. Se non podo, até gostaria de morrer pola miña Patria. Baixo a sua bandeira desexo ser soterrado, se o Tribunal, en conciéncia, xulga que devo sé-lo. E este ‘agarimo’ -permita-se-me a única palavra galega que emprego no idioma que teño falado sempre- que lle teño à Terra Sagrada en que tiven a sorte de nascer non me obriga a sentir nengun ódio a España, à que, por direito, pertenzo. Soamente teño combatido os seus erros, e, às veces, a suas cruel-

47

proclamas fascistas. Asinala Das Casas “...quiero unir mi voz –clara y rotundal- a esta gran manifestación de la ciudad que cantó himnos triunfales en su avance espléndido contra la horda comunista”. As suas palavras, máxime nos tempos que corren, non teñen desperdício, prosegue dicendo o noso protagonista “...llegó el gran día de Europa. Como antaño contra el peligro islámico, que amenaza arrasar los campos multifecundos de los viejos imperios, los pueblos que hoy tienen conciencia de sí, y repudian nefastas claudicaciones serviles España es otra vez trinchera y clarín de europeidad (...). Nos toca vivir una de las más grandes horas en la Historia de la Humanidad. La guerra está iniciada y no cabe descanso hasta aplastar para siempre al adversario”. A viraxe definitiva para nós fica clara. Mentres Álvaro das Casas fai aseveracións deste tipo, insisto, na Galiza, país que ‘xurara’ defender o noso protagonista, asi como en Catalunya, Euzkadi e España, os militares sublevados contra a legalidade republicana masacraban ao povo. Estas declaracións preceden a unha longa série de livros e artigos de carácter fascista que, fundamentalmente en América do Sul, escreverá Álvaro Das Casas. Unhas declaracións, diante das que coido sobran neste artigo comentários.


dades políticas para coa miña Galiza idolatrada. Máis nada”.

A Fouce (redacción), 17 de decembro 1933. 11 Carta enviada por Álvaro das Casas à SNP, asinada en Noia o

26 xaneiro de 1934.

Cai Bóveda asasinado ao mencer do 17 de agosto de 1936 na Caeira (Pontevedra) pensando, de seguro, nos seus e nesa Galiza ceive pola que tanto traballara. Mentres tanto Álvaro das Casas enceta, xa digo, unha nova singladura lonxe do nacionalismo galego e do país. 1 Álvarez Gallego, Xerardo, Vida, paixón

e morte de Alexandre Bóveda, Vigo: Eds. A Nosa Terra, 1996. 2 ‘Alexandro’ e non ‘Alexandre’ Bóveda.

Con independéncia do que se poda opinar A. Bóveda era como queria que se lle chamase e nós cumprimos os seus desexos. Para aprofundar na cuestión Álvarez Gallego, Xerardo, Vida, paixón,.... non indicamos a páxina porque quen teña lido a obra saberá do que falo e non irá á cita textual, e quen non leu a obra, opino, debe lé-la e que mellor que espertar a inquedanza sobre esta obra desta maneira. 3 Casas, Álvaro (das), ‘Aos irmáns da

14 Ibidem. 15 Refere-se a Asambleia Nazonalista de Lugo (1918) na que por

vez primeira o movimento galeguista deixa de se entender como movimento rexionalista para se considerar nacionalista. 16 O subliñado é noso. Na liña do que xa temos indicado está

fóra de toda dúvida o acentuado carácter personalista de Álvaro das Casas. 17 Das Casas fai alusión a algo que xa tiña achacado como mal

do PG: as discusións, segundo el improdutivas, que derivadas de postas en comun se desenvolvian nas xuntanzas do PG entre a sua militáncia. Postas en comun totalmente lóxicas e fructíferas, do noso ponto de vista, dentro de calquer asociación ou axuntanza de persoas (política, cultural...) vacina contra todo tipo de personalismo e/ou caudillismo partidário. 18 Primeiras verbas, Santiago: Alento (editorial), nº1-2, xullo-

agosto do 1934. 19 Nota que nos atrevemos a atribuir a Álvaro Das Casas. Unha

nota que, lida entre liñas, é dunha banda pura crítica ao Partido Galeguista e, por extensión a calquer forma organizativa, e doutra clara mensaxe proselitista. 20 Irmao de Álvaro das Casas. 21 Documento manuscrito enviado desde Berlin a un amigo

galego. 22 Daniel Castelao librou da morte por estar en Madrid o 18 de

xullo de 1936.

Sociedade Nazonalista Pondal’, Buenos Aires: A Fouce (SNP), 1 de xullo de 1933.

23 Agrafoxo, Xerardo, Álvaro de las Casas, Noia: Casa da

4 Ibidem. 5 Bóveda, Alexandro, ‘Fume de Pallas,

imposición do Tribunal e que nós traducimos à língua na que de seguro foron pensadas, a língua na que falaba o Bóveda.

V.N.G.’, Santiago: A Nosa Terra, setembro de 1933. 6 ‘Asambreia do Partido Galeguista’,

Santiago: A Nosa Terra (redacción), 16 de Outono de 1933. 7 Director do Instituto noiés por poucos

dias. Lembremos que é cesado nesta responsabilidade con data 28 de Outubro do 1933. 8 ‘Un Homenaxe a Añón’, Santiago: A

48

12 Ibidem. 13 Ibidem.

Nosa Terra (redacción), 26 de Outono 1933. 9 Nas que conviven monárquicos (Re-

novación Española) e republicanos (CEDA). 10 ‘¡Por ese camiño non!’, Buenos Aires:

Gramática (revista) nº7, pp. 9-10. 24 Palavras que tiveron que ser pronunciadas en español por


Concha Allut

A Epifanía de Santa María “A Nova” é un altorrelevo coas imaxes distribuídas da forma seguinte: no centro vemos á Virxe coroada sedente sostendo o Neno; a esquerda está ocupada polas figuras dos Reis Magos; á dereita están o arcebispo don Berenguel de Landoira, representado como doante-benefactor cos seus atributos respectivos, mitra e báculo in tau –en forma de T– usual no século XIV na mitra

compostelana, e pechando este espacio dereito encontramos a San Xosé. Rematan o conxunto do tímpano dous anxos con incensarios. Os Tres Reis Magos, coñecidos polos nomes familiares de Melchor, Gaspar e Baltasar, figuran como é habitual nas escenas onde se narra esta historia: o máis próximo á Virxe está en posición xenuflexa e a súa man esquerda está levantada en ademán de retirar a coroa, mentras a man dereita sostén a ofrenda; os dous seguintes Reis tamén teñen coroa e portan as ofrendas. Os dous Reis Magos que están en pé visten unha longa túnica e manto; logramos tamén distinguir unha longa túnica con cinto dourado noutro rei. Tanto a coroa real coma este tipo de vestidura danse a partir do século XI; a coroa veu sustituir o gorro frixio, e a súa inclusión está xustificada según Réau “por unha pasaxe dos Salmos (67:30) que di: polo teu templo en Xerusalén, ofreceranche agasallos os Reis”, e a vestidura real coñecerá, ás veces, cambios co tempo. Observarán que na descrición das figuras non identifiquei quen era Melchor, quen Gaspar e quen Baltasar. É moi difícil, polo tratamento arcaico da escultura e polo estado da policromía, distinguir cal é o máis novo e cal o máis ancián; a diferenciación física é inexistente, e xa non falemos dos seus rasgos étnicos que neste tempo non se dan; así e todo podemos, hipoteticamente, aventurarnos de que a tez dun rei se presenta máis oscura cás outras, o que nos

49

o tímpano da igrexa de Santa María “A Nova” (imaxe nº 1) aparece representado a escena da “Epifanía” ou “Adoración dos Reis Magos”. O conxunto escultórico data do século XIV. O tema e o modo de representalo era bastante habitual nesa época podendo velo non só en Noia senón tamén na igrexa de San Fiz de Solovio ou na capela de dona Leonor na Catedral de Santiago. Todos eles remítense a un modelo divulgado polos talleres ourensáns.


levaría a identificalo como Baltasar, e aquí plantexamos a nosa primeira interrogante: ¿Cando se representou o rei negro?, pois, na Idade Media, ata finais do XV, a cor negra era símbolo do demo. Nos tímpanos de San Fiz de Solovio e da capela de dona Leonor distínguese o rei negro pero podemos supor que esta policromía se aplicou con posterioridade á execución da obra. A interrogante da representación do rei negro non é a única de carácter iconográfico, pois, hai que plantexar puntos referentes a súa idade, vestimenta e a outras cuestións que xurden

onde nacerá o Mesías. Eles contestaron: en Belén de Xudá, pois, así está escrito polo profeta: Entón Herodes, chamando en segredo ós magos, interrogounos cuidadosamente sobre o tempo da aparición da estrela; e, enviándoos a Belén, díxolles: ide e informádevos exactamente sobre ese Neno, e, cando o encontrades, comunicádemo para que vaia eu tamén a adoralo. Despois de escoitar ó rei, marcharon; pre-

Tímpano de Santa María “A Nova”

50

unha vez lida a pasaxe evanxélica de San Mateo (2:1-12) sobre a Adoración dos Magos, que di: “Nado, pois, Xesús en Belén de Xudá nos días do rei Herodes, chegaron do Oriente a Xerusalén uns magos, dicindo: ¿Onde está o rei dos xudeos que acaba de nacer? Porque vimos a súa estrela ó Oriente e vimos a adoralo. O rei Herodes turbouse ao escoitar isto, e con el toda Xerusalén, e reunindo a todos os príncipes dos sacerdotes e ós escribas do pobo, preguntoulles

cedíaos a estrela que viron de Oriente, ata que veu a pararse enriba do lugar onde estaba o Neno. Ó ver a estrela sentiron grandísimo gozo, e, chegando á casa, viron ó Neno con María, a súa nai e de “xionllos” adorárona, e, abriron os seus cofres, ofrecéronlle como dons ouro, incienso e mirra. Advertidos en soños de non volver a


No texto do Evanxeo non cita os nomes dos Reis Magos, tampouco di que sexan Reis, nin o seu número, a descrición deles, idades, caracteres étnicos... Ante este vacío, os Evanxeos Apócrifos tómanse como referencia para completar a historia. Indaguemos, pois, sobre estes temas que nos axudarán a entender a tradición: CANDO SE CHAMARON REIS MAGOS : o texto do evanxelista San Mateo cita ós magos. No libro de Réau a palabra “mago” asimilábase a astrólogo, persoa que lía o futuro nas estrelas, e ademais tiña un sentido negativo de “bruxo” nos primeiros tempos do cristianismo. Mago tamén significa casta sacerdotal localizada entre os persas, e logo en Babilonia e en gran parte de Oriente. Temos que considerar que os visitantes, Os Magos, eran persoas de grande dignidade e había que realzar que ó Neno Xesús rendíanlle homenaxe todos os Reis do mundo. No século III o avogado e teólogo cartaxinés Tertuliano foi o primeiro en convertir ós magos en Reis Magos. No século XI Cesario de Arles comparte a mesma postura e, desde este momento, a coroa pasa a ser habitual nas representación dos Reis Magos, sustituíndo ó gorro frixio ( gorro

terminado en punta coa parte superior pregada cara diante) que levaban nas súas antiguas representacións nas que vestían o traxe persa dos sacerdotes de Mitra. SOBRE O NÚMERO DE MAGOS: No texto evanxélico non nomea o número de magos, aínda que se pode entender que son tres polo número de ofrendas: ouro, incienso e mirra. Existen frescos e mosaicos na historia en que aparecen dous, catro e ata doce Reis Magos; o que sí podemos dicir é que prevaleceu o número de tres desde o século IV. No século III temos o primeiro testimonio de Oríxenes, teólogo cristián; no século V o Papa San León compartía este número de tres que se impuxo polo simbolismo teolóxico: cifra sagrada da Trinidade, servía para representar ás tres Idades da Virxe, tamén para ser delegados das tres partes do mundo (Europa, Asia e África, os tres continentes coñecidos ata finais do século XV. No Evanxeo din que chegaron de Oriente a Xerusalén uns Magos), e, por último, polas reliquias que corresponden ós tres corpos. O descubremento do Novo Mundo plantexou un problema, porque, se pretendemos que a escena da Adoración dos Reis simbolice a homenaxe ó Salvador do Xénero humano, habería que engadir outro cuarto Rei que representaría a América; isto nunca se produciu debido, en palabras de Réau a que “a igrexa era moi conservadora como para autorizar a posta en día dun tema consagrado por una tradición milenaria”. A iconografía só recoñecía tres continentes. Nalgún momento do século XVI, e dunha forma esporádica, houbo intentos de representar a un indio como Rei pero esta nova introducción non prosperou. Este exemplo de reemprazar o rei negro por un cacique indio do Brasil consérvase nun retábulo da Catedral de Viseu (Portugal). SOBRE OS RASGOS FÍSICOS DOS R E I S M A G O S : Na pasaxe do novo testamento non aclara nada neste aspecto. ¿De onde provén a idea de que o rei Melchor é

51

Herodes, tornáron á súa terra por outro camiño”.


o máis ancián, ou de que o rei Baltasar é negro? Podemos observar na ilustración da adoración dos Reis do século XIV do Museo de Arte de Cataluña (imaxe nº 2) que non existe ningún rei negro, pero sí podemos distinguir que o rei de xeonllos é o de máis idade. ¿Ca ndo aparece o rei negro? As fontes que tratan sobre esta cuestión din que, nun primeiro momento, non había diferencias, tiñan o mesmo vestido e tipo; a partir do século XII se diferencian, pero será desde o século XVI cando se introduza totalmente a figura do rei negro. Por outra banda, ¿onde aparece a descrición física?. O texto que se ocupa disto atopámolo da man do monxe anglosaxón Beda el Venerable, no século VII, que di: Melchor, ancián de longa cabeleira e longa barba; Gaspar, xoven imberbe de tez blanca e rosada; e Baltasar, de tez morena. E finalmente trataremos da procedencia dos nomes: EN RELACIÓN OS SEUS NOMES: No apartado anterior vimos que Beda detíase na descrición física ligada ós seus nomes. Existen outros textos onde se localizan os nomes dos Reis: no Liber Pontificalis de Ravena e, posteriormente, nos textos do Pseudo Beda e Pedro Comestor.

52

Con anterioridade, no século VI, lemos os nomes nun mosaico de San Apollinare Nuovo, en Rávena, pero neste caso non coincide sempre a descrición física co nome.

BIBLIOGRAFÍA:

- La Biblia, Biblioteca de Autores cristianos, Miñón, S.A. 1970. - Manso Porto, C., Arte gótico en Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993. - Réau, L., “Iconografía de arte cristiano: Nuevo testamento. Tomo 1.Volumen 2. Ed. Del Serbal, Barcelona, 1996. - Rodríguez, P., Mitos y ritos de la Navidad: Origen y significado de las celebraciones navideñas.Ed.B.S.A., Barcelona, 1997.


Xepe Torres

Elemento da nosa paisaxe, parte da nosa idiosincrasia, vencéllanos á nosa historia ao tempo que é unha mostra viva das nosas señas de identidade. Cunha serie de artigos publicados na “Galicia

Diplomática” a fins do século pasado comezou o seu estudo, pero será a partir da obra de Castelao “As cruces de pedra na Galiza”, de 1950, cando este adquira importancia. Na actualidade hai unha serie de traballos sobre os cruceiros de diferentes bisbarras: Melide, Campañó ou A Estrada son bo exemplo; e investigadores como Valle Pérez con estudios de gran interese. BERCE Os antecedentes máis afastados dos cruceiros están a buscarse na cristianización de menhires e miliarios. As escaleiras sobre as que se erguen aparecerán no Camiño de Compostela baixo as cruces que amosaban o camiño aos peregrinos. O varal xorde a imitación das cruces procesionais. Todo o conxunto forma un modelo que a partires dos séculos XIII-XIV pervive ata os nosos días. ESPALLAMENTO As novas máis vellas con que contamos polo de agora sobre os cruceiros son as dun documento do Arquivo da Catedral de Lugo, do ano 1215, no que aparece citado cruceiro como referencia topográfica. Os cruceiros máis vellos que se conservan podémolos datar nos séculos XIV

e XV, exemplos de sona son: o de Melide, o do Home Santo en Compostela, o da Ponte Nafonso (agora no Tapal, Noia) e o do Campo das Rodas (agora no cemiterio de Santa María a Nova de Noia). O intre de maior esplendor na construcción de cruceiros, tanto pola súa calidade como polo seu número, foi a época barroca, a partires da segunda metade do século XVII, o pulo das ideas da Contra-Reforma, que potencian a remisión dos pecados mediante indulxencias e boas obras e a salvación gracias ao purgatorio, unido á bonanza económica derivada da introducción de novos cultivos, xorden gran cantidade de cruceiros e petos de ánimas por toda a nosa terra. Na actualidade dáse outro intre de pulo, trátase de cruceiros que podemos chamar de “horta” ou “xardín”. Dun tempo a esta parte está a recuperarse o gusto polas cousas de pedra, pola arte popular, por todo o galego, e isto fixo xurdir un tipo de cruceiro que se caracteriza, sobre todo, pola súa función decorativa. Trátase de pequenos cruceiros, feitos nos obradoiros do arredor de Santiago e Pontevedra, que se ven-

53

oucas son as parroquias que non teñan máis de catro cruceiros, ben no adro, ben no camiño real, aparecen marcando xurisdiccións, sinalando unha morte tráxica ou, quizais, acristianando algún lugar pagán.


den por toda Galiza e chegan incluso a exportarse. Nin que dicir ten que estes cruceiros, agás no aspecto formal, pouco teñen que ver cos antigos cruceiros que atopamos en corredoiras e encrucilladas, sempre en terreos comunais e nunca coutados polo peche dunha propiedade particular. ELEMENTOS Os elementos formais que caracterizan un cruceiro son cinco: a plataforma, o pedestal, o varal, o capitel e a cruz. A PLATAFORMA: Está formada polo xeral con dúas ou máis escaleiras. A súa planta é pouco variada, predominando as cuadrangulares e, en menor proporción, as octogonais e circulares. As súas medidas decrecen coa altura, oscilando entre os 250 cms. e os 90 cms. de lado por 21 cms. de alto. Poden ter esquinas e abas biseladas e non ofrecen decoración. Ás veces aparece encaixado nela un peto de ánimas, como no caso do cruceiro do Pumadiño, da parroquia de Postmarcos, na Póboa, coas almiñas a penar no lume redentor do Purgatorio e a Virxe por riba delas a axudalas.

54

Outras veces teñen diante unha mesa, empregada para pousar as caixas dos defuntos cando pasa o enterro, ou para descansar os santos nas procesións, como no cruceiro da encrucillada de Cando de Arriba, no concello de Outes. Nalgún caso a plataforma é de pedra sen traballar, o da praza da Constitución de Noia está sobre pedras graníticas que presentan a típica erosión en cazoletas naturais, e o da Rúa Nova, na parro-

quia de Argalo, érguese directamente sobre unha rocha. O PEDESTAL: Ten a mesma variedade formal de plantas que a plataforma, quitando que ás veces pode ter unha planta composta e que pode estar decorado. As súas medidas soen estar ao redor dos 60 cms. de ancho por 50 cms. de alto. Con biseis e unha decoración sinxela a base de incisións, bolas, pináculos ou algo xa máis complicado: os elementos da paixón (martelo, esqueiras e cravos), figuras alegóricas do pecado (a serpe ou a píntega), ou da morte (caveiras e canelas). Adoita ser o lugar preferido para a inscrición, no anverso e con letras incisas na pedra, maiúsculas ou cursivas que varía as súas medidas desde os 3 aos 8 cms., na inscrición aparece, polo xeral, o nome de quen mandou facer o cruceiro e o ano. O VARAL: é a parte do cruceiro que máis nomes ten: vara, varal, esteo, fuste, columna, etc. A súa planta pode ser cadrada, octogonal ou circular. Soe ter un diámetro duns 21 cms. e unha altura que varia entre os 200 e os 500 cms. Unhas vegadas son nidios e outras presentan unha decoración sinxela de acanaladuras. Máis raros son os casos nos que aparece unha decoración figurada: instrumentos da paixón, santos (Santiago, San Francisco ou San Antón) ou mesmo a Virxe. O CAPITEL: Trátase dun elemento eminentemente constructivo, serve de unión entre o varal e a cruz pero, aproveitase case sempre para decorar. A súa planta é Cruceiro de Campo de Lamas. Barro

Cruceiro de San Francisco. Noia


polo común cuadrangular e ten unha decoración moi variada de influencias clásicas, producto do traballo dos mestres canteiros. Nas súas esquinas aparece unha decoración a base de volutas e motivos vexetais das máis diversas formas; nas súas caras a decoración máis común é: caras de anxos, instrumentos da paixón, caveiras, rosáceas e, máis raramente, os evanxelistas. O seu ancho non adoita pasar dos 30 cms. e o seu alto varía entre os 20 e 40 cms. A CRUZ: A súa sección é latina e as súas plantas máis comúns son as cuadrangulares, octogonais e circulares, ás veces con nós. Os seus remates son variadísimos e van desde os nidios ate os florenzados, pasando polos xeométricos. Como norma xeral temos no seu anverso ao Cristo e no seu reverso á Virxe. No anverso é normal que apareza só o Cristo crucificado con tres cravos. Variando duns a outros a posición da cabeza, o nó da saba, o pé que cabalga e algún que outro detalle anatómico. Outras vegadas aparece o Cristo acompañado, nos cruceiros “góticos” aparece o escena do Calvario, coa Virxe e San Xoán, e nos posteriores pode aparecer un anxo recollendo o sangue ou San Francisco. No reverso pódese dar o caso de que non leve decoración ou que apareza un santo; sen embargo, o xeral é que apareza a Virxe riba dunha peaña prismática ou dun anxo alado. A advocación da Virxe que máis aparece é a da Virxe da Angustias, co Cristo morto no seu colo, tamén soen aparecer a Dolorosa e a Piedade e, en menos ocasións, a Virxe Coroada e a de Belén, co neno no colo.

exemplo, non son raros os cruceiros localizados nas Rías Baixas, dos séculos XVII e XVIII, con formas de seseo nas súas inscricións, como é o caso do cruceiro dos Remedios, no Deán Pequeno, en Ribeira, no que se pode ler “ISOLOAN/RESGO/MESFDO/1646”. FUNCIONAL: As funcións dos cruceiros son moi diversas, atinxen desde o campo práctico ate o simbólico. É o aspecto que máis está a sufrir debido á evolución da nosa maneira de vivir e pensar; non obstante aínda se conservan unha serie de costumes e lendas vencelladas con eles: Os meniños que morrían sen bautizar eran soterrados baixo o cruceiro nunha cerimonia noitarega na que só participaba o pai ou algún parente próximo, sen contar co crego. Ata hai uns cincuenta anos era unha práctica moi común. En determinados cruceiros curábanse enfermidades: tirizós, mal cativo, etc. ou facíanse bautizos profilácticos. Os romeiros que ían ao San

Ademais destes cinco elementos formais hai que ter en conta unha serie de aspectos para comprender na súa globalidade o fenómeno dos cruceiros e a súa raigame na nosa terra. Normalmente son estudados baixo os epígrafes de etnolóxicos ou folklóricos e teñen un importante elemento ideolóxico. De entre eles, nos que máis se repara temos:

55

LOCACIONAL: Os cruceiros aparecen sempre en lugares públicos, en relación con vieiros de comunicación (corredoiras, estradas) ou espacios comunais (adro, torreiro, cemiterio). Gracias a isto podemos coñecer en moitos casos o trazado do vello camiño real. LINGÜÍSTICO: Gracias ás inscricións dos cruceiros podemos estudar a fala dunha determinada bisbarra. Por Cruceiro da Igresa. Boa


Campio, ao pararse no Cristo do Monte, botábanlle unha pedra, formando milladoiros ao seu redor. Aínda pervive o costume de facer un cruceiro ou unha cruz no lugar no que houbo unha morte violenta, como é o caso da Cruz da Coxa, na parroquia de Queiruga, Porto do Son. Ían as rogativas e aínda van as procesións a dar a volta ao cruceiro que soe estar preto da parroquial ou dunha capela, como é o caso do cruceiro da Virxe Negra de Sobreviña, parroquia de Argalo, onde na festa da Candeloria vai dar a volta a procesión da Virxe que sae desde a capela da Ponte de San Francisco. Paran os enterros diante dos cruceiros para botar un responso, esta práctica tamén se fai nas encrucilladas. Aínda se ve á xente persignarse con reverencia cando pasa a carón dun cruceiro.

56

Hai cruceiros como o de Moldes que teñen gran influencia por toda a bisbarra, chega xente de moitos lugares a prenderlle luz ou a botarlle esmola para pedirlle as cousas máis diversas. Outro tipo de ofrecemento que se dá moito é o de limpar o cruceiro, cousa que nunca se debe facer con productos corrosivos nin abrasivos se non queremos destruílo, noutros casos o ofrecemento é a pintalo. Outro costume, en cruceiros como o de Pedrafurada, Caamaño ou da Igrexa da Baroña era arrincar unhas areas do manto da Virxe para ferver con auga e darlle o bebedizo a unha muller parideira para que tivera un bo parto (esta práctica tamén se facía co gando).

CRUCEIROS DE LORETO Xeograficamente concéntranse na península da Barbanza, e caracterízanse por ter unha capeliña por vez de capitel, ademais o seu varal, xeralmente octogonal, é moito máis ancho e baixo, carecen de pedestal ou, de telo, é pouco desenvolto, teñen menos escaleiras, de dúas non pasan. A Virxe pasa a estar na capeliña, sendo a súa advocación máis frecuente a de Belén, tamén chamada da Sagrada Familia, representada co neno no colo. Os máis antigos son, cando menos, do século XVI. O conxunto aparece coroado por unha cruz co Cristo crucificado. CANTEIROS Os cruceiros galegos soen ser obras anónimas, en moi poucas ocasións coñecemos o nome do canteiro que o tallou. Nos cruceiros máis recentes empeza a verse a firma do artífice. Gracias á documentación coñecemos o nome duns poucos canteiros: Xohán de Vega e Xohán de Vilasoa son do século XVI; do século seguinte son Xohán Neto e Xohán Fernández. Unha parte dos canteiros dos séculos XVIII e XIX pervive gracias ao recordo da xente como é o caso do escultor Ferreiro ou do Santeiro de Chaves. No noso século perviven xunto aos grandes escultores como Asorey ou Faílde que teñen feito obras deste tipo, un sinfín de canteiros que continúan a realizar, entre outras obras, fermosos cruceiros: Ramiro que vive en Agrelo, Santa María de Roo, o canteiro de Montemuíño, parroquia da Baroña, ou o Sr. Picón de Noia, son un bo exemplo.

Cruceiro de Añón. Obre


LEXISLACIÓN Os cruceiros, como parte do noso patrimonio, están protexidos pola lei. Está prohibido o seu traslado, modificación ou venda sen as autorizacións previas. A súa protección e defensa corresponde aos concellos nos que están emprazados. O seu propietario é o do terreo no que está mentres non haxa algún documento que demostre o contrario. Sen embargo, son moitos os cruceiros que, dun tempo a esta parte, desaparecen das nosas corredoiras, unhas veces son roubados, outros trasladados polos seus propietarios a fincas particulares e noutros casos son víctimas do tráfico rodado coma o desgraciado “accidente” do cruceiro de Eiroa. OS CRUCEIROS DE NOIA Entre 1983 e 1984 realicei o traballo de catalogación dos cruceiros, cruces e petos de ánimas do partido xudicial de Noia cunha beca da Subdirección Xeral do Patrimonio Artístico e Monumental que daquela dependía da Consellería de Educación e Cultura. Debido ao seu volume este traballo permanece inédito. Só nas seis parroquias do concello de Noia catalogamos, entre cruceiros, cruces, petos de ánimas e restos de cruceiros, máis de 75, que pouco a pouco irán aparecendo en sucesivos números desta revista.

É difícil escoller algún para citar como exemplo neste artigo, uns destacan pola súa feitura, outros por manter vivas as tradicións populares e outros pola súa singularidade, pero xa que non podemos gustaríame, cando menos, citar brevemente uns cantos. Na parroquia de San Pedro de Boa catalogamos seis cruceiros, o da Parroquial, o de Carreira, os dous do lugar de Taramancos, o de Refoxo e o dos Moreira, na Corredoira, este último é unha obra recente realizada polo Sr. Picón, trátase dunha estupenda copia do cruceiro gótico do Tapal. Só se lembra na memoria da xente unha tradición referida a estes cruceiros, refírese ó de Refoxo no que segundo se conta foi morto o Sr. Díaz de Gandoy a mans do seu primo Rui Soga de Lobera. A iconografía predominante é a que amosa o Cristo crucificado no anverso e á Dolorosa no reverso. Na parroquia de Santa María de Argalo están os cruceiros de Figueiras, o de Beiro, preto do peto de ánimas do mesmo nome, o da Agra de Argalo, o de Piñeiro, a Santiña de Piñeiro, resto dun cruceiro seguramente, o da Rúa Nova, a Virxe Negra de Sobreviñas, o da Ponte de San Francisco xunto coa cruz da capela, o dos Montiños en Argote, o Crebado de Balbargos (do que só quedan os restos da cimentación), o de Balbargos xunto coa Santiña de Balbargos, que é o reverso dunha cruz dun cruceiro caído, e a cruz da Casa Alta da que só queda o recordo. Os tres máis fermosos son o de Figueiras, escondido no monte, nunha encrucillada do Cruceiro do Muiño. Roo Cruceiro Virxe Negra. Argalo

57

Polo xeral traballa máis dun canteiro na obra, gracias á tradición oral sabemos que o mestre canteiro facía os traballos máis delicados: cruz, capitel, inscricións, namentres que os aprendices facían o varal, o pedestal e as escaleiras.


antigo camiño real entre os lugares de Figueiras e Vilaboa; o da Rúa Nova, tamén nun cruce do antigo camiño real e o de Balbargos encargado por D. Fernando Mariño no 1762.

58

Na parroquia de Santa Mariña do Obre están os cruceiros de O Rego, da Agra das Hortas, do Cemiterio, do Campo das Rodas, o da Pena do Ouro e o de Añón que foi trasladado desde a casa que os Añón tiñan en Argalo. O máis interesante é o do pazo da Pena do Ouro xa que na súa cruz ademáis do Cristo crucificado e a Virxe Coroada temos un frade, Santo Domingos segundo o Sr. Atanasio López. Na parroquia de San Martiño de Noia, temos os cruceiros da praza da Constitución, obra recente do Sr. Picón, o cruceiro do Concello, o desaparecido de Constantino, no Calvario, os tres de Santa María, un deles desaparecido, e o do Tapal. Por méritos propios é preciso citar o do Tapal, que antes estaba na entrada da Ponte Nafonso, fermosísimo cruceiro gótico, cun capitel no que aparecen varios frades de ordes distintas e unha cruz imitando ás cruces procesionais e que nos presenta no seu anverso ao Cristo crucificado, coa Virxe e San Xoán, e no seu reverso a Virxe Coroada co Neno no colo. Segundo a tradición foi realizado polo mestre canteiro que fixo a ponte onde estaba. E compre citar tamén o do cemiterio, outro fermoso cruceiro gótico que tamén estaba a carón dunha ponte, neste caso da Ponte de Noia, no seu capitel temos a representación dos catro evanxelistas e na súa cruz aparece o mesmo programa iconográfico que no do Tapal. Na parroquia de Santa Cristina de Barro é onde se conservaron máis

cruceiros, hai que ter en conta que é das máis grandes do concello, das máis poboadas e das máis ricas. Entre uns e outros temos practicamente 30. Algún deles é unha sinxela cruz ao pé do camiño, como o caso da Cruz de Ousoño é outros teñen fermosas tallas, como é o caso dos cruceiros do lugar de Eiroa, un deles fíxose a devoción de Agustín Pérez no 1879, trátase dun fermoso desencravo de estupenda talla que segundo os propietarios é obra do santeiro de Chave e segundo Atanasio López do santeiro de Marracín. É nesta parroquia onde mellor se conserva a tradición, paran os enterros en moitos deles, enterraban aos meniños aos seus pés, como no cruceiro da Barquiña e no de Vilanova, e moitos eran pintados como agradecemento ou por devoción, como o de Orro ou o da Fialla. Na parroquia de Santa María de Roo hai 9 cruceiros, o de Pontenafonso, o do Río das Cunchas, o de Agrelo, o de Paradela, o de Cea, o de Roo de Abaixo, o de Muíño, o de Rivel e o de Pouso. Entre eles os máis fermosos son os de Pontenafonso e Roo de Abaixo. Pola súa singularidade cabe citar o de Muíño, trátase dun cruceiro de loreto, mellor dito dos restos dun cruceiro deste tipo. BIBLIOGRAFIA ÁLVAREZ CARBALLIDO, E. “El crucero do San Roque de Mellid”. Galicia Diplomática, t.V, nº11, 1892. BARREIRO, Bernardo “La cruz del Home Santo”. Galicia Diplomática, t.III, 1888. BROZ REI, Xosé Manoel “Os cruceiros da Terra de Melide”. Boletín do Centro de Estudos Melidenses - Museo Terra de Melide. nº 2, 1983. CASTELAO, A. RODRÍGUEZ, As cruces de pedra na Galiza. Buenos Aires, 1950. CASTRO CASTAÑO e FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA: Vidas labradas en pedra: os santeiros de Chave - Lousame. Noia, 2001. FABEIRO GÓMEZ, M. “Noticias de artistas de Noya (siglo XVII a XIX)”. Boletín de la real Academia Gallega, ano LI, t, XXVIII, nº 321-326, nadal 1957. FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA: Esmoleiros e petos de de ánimas da provincia da Coruña. Vigo, 1998. FILGUEIRA VALVERDE, J. “Cruceiros”. Cuadernos de Estudios Gallegos, Fasc. V, t. II, 1946. LÓPEZ, P. Atanasio “Una excursión por los alrededores de Noia (cruces y cruceros)”. Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia, Vol. II, Madrid, 1947. NÚÑEZ SARMIENTO, E. “El crucero do Berrimes y el túmulo del Barbanza”. Galicia Diplomática, T. IV, nº 17, 1889. RODRÍGUEZ FRAIZ, A. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, t. xv, 1961. VALLE PÉREZ, J. C. “Los cruceros en la parroquia de Mourente (Pontevedra)”. Gallaecia, T. II, 1976. VALLE PÉREZ, J. C. “Cruceiros”. Gran enciclopedia gallega, t. VIII.


Manuel Ces Canle

Que xenio desenvolvería esta técnica, de transforma-la forza da auga en forza mecánica, substituíndo o esforzo humano. Uns sitúan este invento en Asia Menor a principios do século 1 a.C., outros citan un poema de Antipater de Salónica no ano 85 a.C., que menciona os muíños hidráulicos, como un novo invento; este parece o dato máis acertado. Os muíños de río marcaron unha época histórica na nosa Galicia tan dispersa, tan individualista onde por primeira vez os nosos antepasados uníronse para facer frente ás elevadas porcentaxes das maquías, construíndo estas industrias hidráulicas, que sobreviviron na sociedade ata os nosos tempos. Os muíños construídos ó longo dos ríos e regatos, eran como un emblema das nosas terras de cultivo, un indicativo de “riqueza”; onde había muíños había pan. Hoxe a maioría destes muíños repousan como estelas funerarias, no esquecemento, medio destruidos polo abandono cubertos de matogueiras e madreselvas, a maioría das moas adornan nos xardíns de casas particulares, como mesas da merenda. Pero os muíños xa figuran como unha parte moi importante da nosa

cultura popular. Cantos secretos gardan os seus muros, cantos enganos, cantos amores imposibles, cantas poesías, como esta de Helida García López que, desde Arxentina, adicou ós muíños de Pedra Chan: Muiños de Pedra Chán; cóntanlle contos ô Traba; augas veñen, augas van, mais o conto non acaba ¡muiños da Pedra Chán!. As augas pásanse rîndo fartas de tanto escoitar. Tempo fai que están ouvindo, e antes de cegar ô mar ¡as augas pásanse rindo! Van correndo presurosas as crenchas ondas do río. Non vos oyen, desdeñosas, E deixando o caserío ¡van correndo presurosas! Muiños da Pedra Chán non lle faledes ô Traba, que no inverno e pol-o vran indiferente pasaba,… ¡Muiños da Pedra Chán! Os que nacemos no medio rural e temos unha certa idade, aínda lembramos con nostalxia aquelas noites de moenda, cando de nenos acompañabamos a algún familiar con aqueles fachos de polas de carballo, levándoa en

59

s muíños mecánicos, esas máquinas hidráulicas que substituiron os muíños planos e os muíños de man.


movimento continuo para que non se apagara, facendo figuras no ar e soltando cachos de carbón incandescentes, como estrelas no ceo. Cantas santas compañas, cantas almas do purgatorio camiñando nas noites de inverno polos camiños, aqueles relatos que nos contaban os nosos avós sentados na lareira ó calor do lume, nas longas noites de inverno, que nos poñían os pelos de punta, cantos destes relatos se poderían atribuír a aqueles xogos de nenos. Co farol de aceite, os xogos luminosos xa non eran os mesmos, este non permitía demasiados movimentos, nin soltaba estreliñas. Coa chegada da batería eléctrica, o entusiasmo de ir de noite ó muíño terminouse. As lanternas como moito, permitían iluminar as polas das árbores e molestar ós morcegos que revoaban polos camiños ou as aves nocturnas.

segue utilizando nalgunhas zonas como en Portugal. Posteriormente, introduciuse o rodicio construído en madeira de carballo (ultimamente en ferro fundido); este vai enlazado directamente ó eixe vertical, evitándose con este sistema os engrenexes, sistem máis utilizado nas nosas terras. O sistema de trituración consiste en dúas pezas cilíndricas de granito, unha fixa chamada pe e outra moa, que é a xiratoria. Estas pezas son lixeiramente convexas, a planimetría destas dúas pezas debe de ser o máis perfecta posible.

Ó principio comentábamos a dificultade de coñecer a antigüidade destas máquinas, en Galicia este dato é aínda máis difícil. O primeiro documento coñecido por min que fai referencia ós muíños, é a doación que fai D. Fernando II e a súa muller Dª Urraca ó mosteiro de Toxosoutos, dos lugares de Entíns e San Tirso de Cando, con todas as propiedades incluso os muíños ano de 1167.

O tipo de pedra a utilizar varía segundo o gran a triturar, a máis dura utilízase para triturar o trigo.

Canto á tipoloxía dos muíños, os muros máis frecuentes son os de mampostería ordinaria ou de laxes. As cubertas máis frecuentes son a dúas augas iguais ou desiguais incluso a catro augas. Desta arquitectura pouco frecuente atópase un no río Ces (Concello de Lousame). Este muíño coñécese co nome de Caparucho, nome que recibe do remate que ten a cuberta, que soe ser de cerámica ou pizarra, mesmo de pezas graníticas. Para a construcción da ceña elexiase no cauce do río un punto que favorecese o desvío da auga coa menor obra posible, evitándose desta maneira o posible derrumbamento coas enchentas do río. O tipo de presa varía segundo o caudal do e o destino que tivesen as terras lindantes:

60

Co caudal sobrante e terras adicadas a prados, a presa é en terra e sobredimensionado, para abastecer os prados e ó mesmo tempo ó muíño, a presa remata no canle e este descarga a auga no canleiro que vai directamente ó rodicio. Ríos con caudal reducido, a canle descarga a auga no cubo de balsa, nome que reciben os muíños que utilizaron este sistema. En terras chans e ríos con pouco caudal, a arquitectura do muíño e “ceña” son similares ós anteriores; os canais son pezas graníticas labradas e apoiadas en pailastras do mesmo material. Con este diseño a auga discorre co mínimo desnivel ata a cima do cubo, con esta forma o máis longo que coñezo é o de Maceira (Concello de Carnota) o cal superaba os cen metros de longo. Na actualidade este canal atópase practicamente destruído. A forza motriz é moi similar en todos os muíños. Primeiramente foi a roda vertical, que transmite a forza ó eixe vertical a través duns engrenaxes, sistema que se

Gracias á información que me enviou a miña amiga Miryam desde Orsecina (Suíza), a sete kilómetros da fronteira con Italia, puiden comprobar que a tipoloxía dos muíños dese país e de Italia son practicamente iguais ó das nosas terras. A xente do medio rural destes países adicados á agricultura, agrupáronse igual que os nosos antepasados para construír estas máquinas hidráulicas, estes tamén aproveitaron a forza da auga para construír outras máquinas como os batáns e os serradoiros de madeira. Na vila de Noia a industria dos muíños deu orixe ó Barrio de Pedra Chan á beira do río Traba, estes son tan antigos ou máis que a Carta Pobra (1168). Eran e son muíños de maquía con vivenda na planta alta para o muiñeiro e a familia, a maioría dos propietarios destes eran mercaderes. Nin o paso de centos de anos, nin a dificultade de acceso que deu lugar a construcción doutros muíños mellor comunicados como os da Ponte de Traba, nin as novas tecnoloxías, foron capaces de arrinconar estes muíños ancestrais da Pedra Chan. Os primeiros datos destes muíños figuran en “El tumbo rojo de D. Lope de Mendoza”, que foi redactado no século XV para consignar usos e costumes de tempos pasados, no que figuran os seguintes datos:


“Iten ha de aver el mayordomo de los aniversarios de los molinos del río de Vaeza, que son XLVIII soldos de cada rodicio de aniversario, salvo de los molinos viejos de azea, que son XXIIII soldos del mayordomo de cada rodicio” “Estos son los molinos que deven dar la meytad del diesmo al mayordomo e han de dar de cada un aniversario en cada año. Primeramente los dos molinos nuevos que tiene Estevan Cotorino que fueron de Fernan de Carpijo e ha de dar de aniversario cada año por San Juan XXIIII soldos. Iten otros dos molinos de Mayor Fernández e de Juan Peres e deses

purçeros e han de dar de cada molino por aniversario por San Juan XXIIII sueldos, que son XLVIII soldos anbos molinos. Iten otro molino de Benito Guillelmes e de sus yrmâos e ha de dar aniversario por San Juan, XXIIII soldos. Iten otros dos molinos que fueron de Alfonso Pelaes Carneiro, e han de dar aniversario cada molino XXIIII soldos, que son XLVIII soldos.// Iten Juan Rodríguez, por el arçobispo arrendados dos molinos que tiene agora Juan Lobería e han de dar por niversario cada año por san Juan X maravedis. Iten han de dar de neversario los dos molinos de Juan Martis Gui-llelmes cada año XLVIII soldos.” “Iten ha de dar el molino de Salgero, que fue de Pero Carneiro, que agora jase en terra, ha de dar cada año XLVIII soldos pòr San Juan. Iten ha de dar Pero Masino cada año de neversario por la mina de la Barrera, que fue de Pero Bochon XXX soldos de cada año por San Juan.” Libro de fábrica de San Martiño, año 1.571

Molinos.......... mas se carjan de la Renta de la mitad de

61

“Iten ha de aver el mayordomo la meytad dl diesmo de los moyños de lo que ganan todo el año los moyneyros en ellos e de la azea(ceña) que esta en el río Trava”


los molinos da perachan (Pedra Chan)..................que sumandos mill edoscientos y carenta e quatro. rr Dous destes muíños seguen triturando gran, gracias ó cariño dos seus donos que se resisten a que queden como historia do pasado. Un deles pertenceu ó vizconde de San Alberto (esta familia tiña neste barrio outro muíño de cinco pedras de moenda), o outro foi de Mayor Fernández e cinco socios máis. Este muíño co paso dos anos foi pasando de herdeiro en herdeiro e outros donos. No ano 1519 figura como representante Bosco Fernández, en 1533 Pedro Montas, que herdou parte da legado de seu pai Fernán Montáns, máis coñecido como Fernán das Viñas (polo gran número de viñedos que este mercader posuía), que comprara a parte que tiña Fernán de Arxellas. No ano 1650 figura como propiedade da fábrica de San Martiño e do hospital do Sancti Spiritus (Hospital de Afora) que se repartían as rendas á metade. Estes foros non sempre foron pagados asiduamente, dada a dificultade económica dos aforantes. Coa lei de desamortización, estes muíños foron adquiridos polos aforantes. O bo facer destes muíños era recoñecido en toda a bisbarra, a onde viñan triturar gran nos días de festas. Outros muíños importantes eran os de Enterríos, ó lado da ponte da Chaínza, propiedade de Diego Dabaya, que deixou en herdanza unha parte destes muíños, e da casa torre coa súa horta circundada por un muro, ó seu fillo Lopo Dabaya (dise que Lopo-Lope-Dabaya mandou facer un cruceiro que estaba situado no Campo das Rodas, na actualidade este cruceiro atópase no adro de Santa María a Nova; dise tamén que serviu de modelo para este cruceiro o que estaba no Pontenafonso, agora emprazado na Praza do Tapal). Lopo Dabaya deixa como herdeiros ós seus sobriños González Dabaya, veciños da vila de Muros, os cales no ano 1560 véndenlle estas propiedades a Juan de Veiro e a súa muller, que xa os tiñan por foro. Outros propietarios destes muíños, foron José Pais (familia dos muiñeiros Pais da Pedra Chan), Francisco Malvares, Juan Morales e Ramón Oviedo...

Este muíño tiña na planta alta, vivenda para o muiñeiro. As augas que facían xirar as moas foron motivo de pleitos con veciños de Argalo e de Santa María do Obre, que querían que o propietario tivese o leito do río limpo, así como os ollos da ponte. Outro motivo era o aproveitamento das augas do río, ás que tiñan dereito de regadío as leiras lindeiras, a excepción dos meses de xullo e agosto, meses en que só se podía regar os sábados e domingos. Estes muíños non tiveron a mesma sorte que os da Pedra Chan, ó ser remprazados pola nova tecnoloxía da forza invisible (corrente eléctica). Este artigo é soamente como un raio de luz, o cal nos incíta a pensar no pasado luminoso que tiveron estas máquinas. Os artesáns fabricaron nas súas fraguas pechaduras para portas, algunhas tan inxeniosas dignas de estar en museos. En Galicia as portas que herbolaban estas pechaduras eran as igrexas, os muíños e os seus irmáns menores, os hórreos resgardados por estas inxeniosas pechaduras. Describir o pasado dos muíños será describir o noso pasado agrícola, fonte principal da nosa alimentación, para iso farían faltas centos de follas de papel... Canto se valora o que se perdeu e pouco se valora o que se vai perdendo día a día. BIBLIOGRAFÍA: - Archivo da parroquia de S. Martiño.

62

MUIÑOS DE ENTRERRÍOS Lopo da Baya ou a súa familia, ó construir os muíños, e con eles a presa, vense na obriga de facer a ponte que está ó lado da fonte, ó quedar atricado o camiño pola presa. Entrerríos era simplemente o nome que recibían os muíños.


- BAS, Begoña, Muíños de mares e de vento en Galicia.

- LÓPEZ FERREIRO, Antonio, Fueros municipales de Santiago y su tierra. - RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Ángel, O tumbo vermello de don Lope de Mendoza. - Revista TAPAL. - Atanasio López OFM, Estudios acerca de Galicia. - Gato Soengas, Antonio, Os muíños da auga na Ulloa.

63

- Ramiro Barros, Susto, Muíños de río nas terras de Pontevedra.

Estefanía Pazo Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


Pinceladas sanitarias

Víctor Vez Vilar

64

Anorexia e Bulimia

on moitas as persoas que viven en constante preocupación por controlar o peso e a figura. En principio, isto non só non sería nada malo, senón mesmo bo para a saúde. O perigo comenza cando esta inquedanza saudable convértese en obsesión; daquela aparece o risco de enfrontarse a un destes dous graves problemas: a anorexia nerviosa e a bulimia. E non penses, amigo lector, que son problemas diferentes. De feito, a fronteira entre un e outro trastorno da nutrición é moi tenue e ás veces resulta dificil diferenciar a súa orixe. A sociedade na que vivimos está dominada pola publicidade. Os grandes “negocios” destes tempos son: A beleza, as drogas, o armamento e o xogo. Vemos como a publicidade en cada un destes eidos, co seu inmenso poder está a condicionar conductas e mesmo ocasionando verdadeiros desastres e traxedias humans. “Se necesita dependienta. Buena presencia” Este tipo de demandas laborais, desgraciadamente tan frecuentes, son todo un símbolo de que na sociedade actual priman os valores estéticos sobre outros, como a intelixencia, a moral e mesmo a capacidade profesional. Non é de extrañar, pois, que eses “corpos de ensono” que publica a prensa especializada, cheguen a converterse nunha obsesión para moitas persoas, que desexan imitar a eses triunfadores portadores de semellantes “figuras”. E postos a conseguir semellante meta e lóxico que non “se repare en gastos” e moitas persoas (sobre todo xoves) estén dispostos a facer o que sexa: dietas raras,

agresivas para a saúde, arriscadas intervencións cirúrxicas, etc. etc. É tan dramática a situación destes doentes, que podemos falar dun verdadeiro suicidio. A anoréxica négase a comer, mentras que a bulímica consume grandes cantidades de comida dun xeito “compulsivo” para, logo, nunha segunda fase de “arrepentimento”, provoca-lo vómito. En moitos casos estas dúas patoloxías van “irmanadas”, e hai enfermas que pasan da anorexia á bulimia en determindos momentos. Antes de seguir adiante, mencionemos que co termo “anorexia” tamén se coñecen outras situaciones como a “anorexia senil” e as anorexias debidas a outras enfermidades (cancro, p.e.). Pero o termo “anorexia nerviosa” refírese a típica da persona (xeralmente xoven e máis frecuentemente muller), que se nega a comer co obxectivo de lograr unha figura que ela considera “ideal”. A anorexia, e mesmo a bulimia, adoitan comenzar, ben por radicalizar unha dieta de adelgazamento, ben por un desengano amoroso, ou moi frecuentemente por deixarse influenciar por unha “mensaxe” intrascendente que unha mentalidade inmadura non sabe “dixerir”: refírome a burlas sobre características anatómicas (que se tes o “cú” así ou “asao”, que se as “tetas”, etc, etc) . Pensemos que, ás veces, os xoves son crueles uns cos outros. Pero, máis triste é aínda pensar que, en moitos casos, este tipo de “mensaxes” se producen dentro do propio seo familiar. E así resulta que o que comenzou como unha “broma” de dubidoso gusto, pode chegar a converterse nunha verdadeira traxedia. A anorexia e a bulimia son cada vez máis frecuentes (calcúlase que, perto de 20.000 persoas, están afectadas en España, delas o 90 % moi xoves). O inicio da enfermidade é cada vez máis temperá e non é extraño ver nenas de 12 ou 13 anos afectadas por este grave problema de saúde. O perfil típico destas enfermas (cada vez son máis os varóns que tamén se ven afectados) é o dunha xóven brillante nos seus estudios, perfeccionista en todo, con desexos de agradar e procedentes dunha clase media-alta. Cando o proceso está instaurado, a enferma perde a percepción da súa propia imaxe e por moitos quilos que cheguen a adelgazar, o espello sempre lle vai devolve-la imaxe “dunha gorda”. Chegan a padecer


xia como da bulimia, require un tratamento longo. Conseguir que a anoréxica recupere o sentido da “realidade” é unha tarefa moi complicada, que non é posible sen os apoios adecuados. Por iso é tan importante afrontar ó mal de raíz, sen “saca-las cousas de sitio” pero con serenidade e rigor. É a enferma, e só a enferma, a que ten que chegar, primeiro, ó convencemento de que padece unha enfermidade, e, segundo, que debe somerterse a un tratamento. E logo na fase de resolución da enfermidade, compre que, pouco a pouco, consiga volver á vida normal e sair do pozo desas doenzas. E como remate uns datos curiosos: a anorexia non é en absoluto unha enfermedade “moderna”. A primeira descripción científica deste padecemento data de mediados do século pasado, e está recollida no diario dun médico de Londres. Pero tamén é interesante mencionar, entre moitos máis, os casos históricos de moitas “santas”: como Wilgefortes de Portugal ou mesmo a famosa “espiritada de Gonzar” (parroquia dpróxima a Santiago), casos que foron estudiados durante moitos anos. Mentras a primeira se negaba a comer para estar fea e non espertar os apetitos sexuais dos homes da corte, a segunda (que viviu a mediados do século XIX) pasou, ó parecer, moitos anos sen recibir máis alimentos que a sagrada hostia. Vemos pois como a anorexia nerviosa existiu xa hai séculos, se ben as motivacións antes foron de tipo relixioso e agora de alcanzar un ideal de beleza imposto pola moda.

65

“amenorrea” (desaparición da menstruación) e caquexia que, en moitos casos, desgraciadamente termina na morte da enferma. Non é doado descubrir cando un membro da familia está afectado por estas enfermedades porque son grandes finxidores e manexan unha serie de recursos para non ser descubertos. De todos os xeitos, os síntomas soen ser estes: perda de peso sin aparente xustificación, negarse a comer con escusas banais (“xa comín na casa dos amigos”, ou dos avós); pasar só con froitas; consumo de laxantes; perda do sentido da realidade; cambios de carácter: agresividade, hiperactividade (adoitan facer exercicio físico dun xeito desmesurado); alteracións do sono; caída do cabelo; ás veces, ausencia de menstruación, etc. A anoréxica, asemade, adoita partir a comida en anaquiños moi pequenos e repartilos polo prato, esconde a comida e mesmo a guinda polo WC, etc. etc. Poñer en tratamento a estas enfermas non é tarefa doada xa que un dos problemas da anorexia é que as enfermas non “van ó médico” se non que “as levan” polo que se negan de cheo a colaborar. Alguén defineu a anorexia como a enfermedade “das tres A”: “A” á contra de si mesma. “A”, á contra da familia. “A” á contra dos médicos. Dada a gravedade e complexidade desta patoloxía, debe ser tratada, nunha primeira instancia polo Médico de Atención Primaria, e moi posiblemente sexa preciso recurrir a algunha das unidades de tratamento dos trastornos nutricionais existentes. Son unidades multidisciplinares porque o tratamento destas enfermidades require a intervención de diferentes especialistas como sicólogos, nutricionistas, etc. Pero, ¿que facer cando existe unha sospeita de que algún membro da familia pode estar afectado por estas doenzas? Ante todo teñamos en conta que, como xa dixen antes, o inicio pode partir dun episodio illado no propio entorno da/o xove: o desexo de agradar ó sexo oposto, de triunfar ou, sinxelamente, de integrarse nun grupo: mensaxes como “ahí ven a gorda”, “a esta xa con lle cabe o cú na cadeira”, etc. etc. poden facer que. moi probablemente esta rapaza desexe facer unha dieta de adelgazamento e, (¡ollo!), se non encontra comprensión dentro do seo familiar, de seguro que acudirá ó consello de calquera amiga ou a revistas de mínimo rigor cientíco, facendo dietas agresivas, eficaces ás veces, pero en absoluto eficientes xa que, case todas elas resultan perxudiciais para a saúde. Por conseguinte, o primeiro é tratar de comprender (que non quere decir compartir) os desexos da xove. O paso seguinte é poñerse en mans dalgún especialista serio que faga unha valoración e sinale, se fose preciso, unha dieta saudable. Cando o problema está xa instaurado, como dixemos antes, acudir ós especialistas correspondentes, pero tan importante como o tratamento médico é o apoio da familia: ás veces a presencia dun destes doentes, converte o entorno familiar nun verdadeiro inferno; a hora da comida vólvese unha auténtica traxedia. Por iso, non deixo de insistir no necesario que a ou o doente encontre cariño, comprensión e apoio no seu lar, para que non o busque en calquer sitio onde pode correr serios riscos. En todo caso, existen asociacións que prestan unha interesante labor de apoio e asesoramento tanto para as enfermas/os como para os seus familiares. É conveniente, por último, suliñar que a curación, tanto da anore-


Ricardo Mariño Golpe

Cousas de Noia

A peregrinaxe noiesa a Santiago no ano 1943

ermanecía na memoria de todos os noieses a peregrinaxe á cidade do Apóstolo da parroquial de San Martiño de Noia do ano 1937. Estábamos en plena Guerra Civil, era o primeiro ano triunfal, e rexía a parroquia noiesa, de forma accidental, o que sería máis tarde coengo e profesor do Instituto feminino de Santiago, o noiés don José Pardiñas Blanco, que anos despois exercería como profesor do Seminario da mesma cidade. Con grande fervor, os peregríns noieses cubriron a pe a estrada de macadán que nos unía con Santiago de Compostela, e con moita fe asistiron, ás seis da mañá, á misa oficiada por don Xosé Pardiñas na igrexa de Nosa Señora María nos Ánxeles de Brión. Xa en Vidán, ao divisar as torres da Catedral, o formigueo daquela xente era perceptíbel, porque tiñan preparadas as peticións ao Apóstolo Santiago.

66

Aquelas peticións de 1937, víronse reflectidas o 16 de xullo de 1943 na magna peregrinaxe da parroquia de San Martiño de Noia e de todo o Arciprestazgo de Post Marcos de Arriba. Era cura párroco de San Martiño e do seu anexo, Santa Mariña do Obre, o marinense don Perfecto López Souto, que ostentaba o cargo de Arcipreste de Post Marcos de Arriba. Á frente da parroquia de Santa

Cristina de Barro estaba don Antonio Facal López, que deixou unha pegada profunda polo seu grande labor na citada parroquia. San Pedro de Boa estaba rexentada por don José Barbazán. A de Santa María de Argalo por don Ramón Otero Resua e a de Santa María de Roo por don Jesús Suárez Filgueira. As autoridades que rexían o goberno municipal de Noia eran as seguintes: Alcalde

D. Juan Pérez Pérez

Xuíz de 1ª Instancia

D. Julio Balboa López

Xuíz Comarcal

D. Ramón García Malvar

Capitán Garda Civil

D. Manuel Villaverde

Xefe de Correos

D. Enrique Cerviño Coronas

Axudante de Mariña

D. Germán Olariaga Dearteano

Xefe de Telégrafos

D. Eduardo González Goyanes

Rex. da propiedade

D. Eugenio Gil Lutenski

O alcalde tomara posesión do seu cargo o ano 1940 e a Corporación que rexía o Concello de Noia era a seguinte: Alcalde

D. Juan Pérez Pérez

1º Tenente de Alcalde

D. José López Pérez

2º Tenente de Alcalde

D. Luis Rivas Rego

3º Tenente de Alcalde

D. Eduardo López Medina

Síndico primeiro

D. Juan Vilaró Pereira

Síndico segundo

D. Alejandro Barreiro Lafuente

Vocal de Ensino

D. Manuel Pérez Pais

Vocais

D. Eduardo Juanatey Rodríguez D. Eduardo Patiño Ronquete D. Ramón Suárez Oviedo D. Daniel Paradela Caamaño


D. Manuel Nimo Veiga D. Antonio Cascallar Tajes D. Manuel González Muñoz Aquela mañá do 16 de xullo de 1943 apareceron totalmente cheas de camións -medio de transporte que había- a Avenida de Calvo Sotelo, a baixada a Pedra Sartaña e o Campo da Angustia, calculándose uns cincuenta camións os que desplazaron a Santiago aos numerosos peregríns de toda a comarca de Post Marcos de Arriba. O noso párroco, don Perfecto López Souto, demostrara as súas cualidades de grande organizador. O que isto escribe, ía no camión número catorce -conducido polo señor Calo-, e o responsábel do Arciprestazgo de Post Marcos de Arriba foi o último en saír da Alameda

de Noia, nun camión da Artillería de Costa, instalada en Testal, e o primeiro en chegar a Compostela e situarse á frente da caravana peregrina. En Vidán colleu o camiño de San Lourenzo, o Pombal e o Campo da Estrela, para situarse no Camiño Novo á frente de comitiva que se dirixía ao sepulcro do Apóstolo Santiago. Xa na Catedral, a misa foi cantada pola Schola cantorum, órgao e chirimias. Co Cabildo en pleno, e presidindo a comitiva noiesa a Cruz Parroquial e o Pendón do Concello, portado por don Antonio Cascallar Tajes, pronunciou a ofrenda unha personalidade noiesa e foi respondida polo Arcebispo, don Tomás Muñiz Pablos. Ao final o botafumeiro, que de mans dos "tiraboleiros" parecía que voaba sobre a nave central da basílica, o abrazo ao Apóstolo e a saída pola Porta Santa á Praza da Quintana, puxeron fin a esta inolvidábel xornada. Con canta nostalxia lembramos esta efeméride e algún detalle, como a sustracción do bolso da familia Hermida Iglesias (diante do Bar Azul), e outras cousas que están na memoria dunha NOIA que se nos foi para sempre.

67

D. Manuel Ríos Martínez


68

Dous aspectos da peregrinaxe noiesa a Santiago en 1943. Pódese apreciar ao Arcebispo D. Tomás Muñíz Pablos xunto con todo o Cabildo. Na páxina anterior pódense apreciar a cara e a cruz da medalla do Ano Santo; na foto superior, entrando na Basílica, a Juan Leiceaga, Pedro Sáez, Alfonso Cadarso, Manuel Canitrot, etc.. Na foto inferior aparecen os irmáns Hermida (Paco e Manolo), Manolo Creo, José Ferreiro e, pechando fila, Agustín Agra Fernández (Palabriñas). Ao fondo, o pai de Fernando Borbón.


Canci贸ns de Noia

69

M. Damoa


70


71


Isolino Nieto Caamaño uscaba eu o silencio fuxindo da música metálica dos artiluxios, que alteran a paz do espírito con notas estridentes e cancións inintelixíbeis, cimbreando o ritmo que suscita o abaneo dos mozos, que buscan nese espiche a satisfacción de algo que se fixo moda imprescindíbel. E baixo as cúpulas frondosas dos altos castiñeiros e esbeltas cerdeiras, que eu mesmo plantei hai xa anos, vou pousando a vista sobre literatura clásica francesa, saboreando a finura dun dos seus autores, célebre pola frescura da sua narrativa, broslada de adxectivos que divinizan as palabras.

72

Refírome, por exemplo, a Guy de Maupassant, que tanto influencia exercía sobre a xente nova, alá pola época en que comezábamos a sentir a pubertade, cando xa se desbordaba de maneira represiva aquel réxime totalitario da España que aínda cantaba o Cara el Sol, como revancha dos mortos no campo, sen mármores e sen cruces, de que se doía o poeta: unha paréntese interminábel cinxindo a política que encorsetaba as palabras. Así, case subrepticiamente, solapadamente, pedíamos ao conserxe do Liceo que nos facilitase aqueles tomos –baixo chave– dentro das vitrinas dun entrañábel caserón, en que ademais de propagar a literatura da importante biblioteca, permitíanos entreter con lícitos xogos, de azar e de lecer, tanto a civís como a militares, en perfecta camaradaxe, porque á hora dos triun-

fos todo o mundo se rendía, como se se tratase dunha real democracia. No Liceo aquel cabían todos os credos, tocábanse as ideas (por precepto regulamentario estaba prohibido falar de política e de relixión), aínda que ninguén disparaba, nen tirios nen troianos, ignorando conscientemente a política –sempre prostituída-, que era rexeitada ipso facto en todo evento, debido a aquelas “circunstancias” de que nos advertía Ortega e Gasset (que tiña rúa na vila, alá polos Malecóns). Aquela entidade cultural recreativa que chegou a ser a médula da sociedade civil na vida local, a que pouquiño a pouco se ía abrindo a unha incipiente liberdade vixiada, en que os mozos sentíamos o desexo irrefreábel de liberarnos mediante o seu exercicio, que xa comezaba a filtrarse pola espiche do feito consumado para aspirar no cruxol dos ventos novos que a migración traía de países continentais, algunha que outra rapaza francesa, que en épocas de verán nos facilitaba o coñecimento real das belas formas, desas exuberancias e turxencias que, se non fose por elas, teríamos que agardar moito tempo para contemplar a fermosa anatomia feminina, malia as proclamas do clero e as súas condeas, frearan o imparábel avance dunha época que facía esvaecer a anterior. E camiñando amodiño por ese difícil pasadizo que nos foi levando da guerra da Cruzada ao sendeiro da liberación (relativa) co servizo militar cumprido, comezábamos outra nova andadura, lendo as verdades de Emilio Romero, adicto ao Réxime; de Francisco Umbral, íntegro aínda; Bocelo, arroupado polas circunstancias, e outros da casa, como Millares e Mariño, cada un desde a súa cela (como diría Bécquer), para converter un mundo de freazos bruscos nesa marcha distendida que deixou enfraquecer aquel caduco réxime para recuperar un sendeiro de liberdades... Hoxe é historia, pero os que a vivimos e forxamos, sentimos, no máis íntimo do músculo cardinal, as vibracións con inusitada intensidade, para poder gozar da paz que disfrutamos.


Manolo Hermida

e no artigo anterior dediqueime a lembrar os establecementos tabernarios ubicados na rúa da Carreiriña, neste intentarei relembrar a rúa Montero Ríos ata os anos sesenta, e ainda que poida sexa das máis pequenas de Noia, pola contra tódolos seus baixos estaban ocupados por negocios de moi diferentes especialidades, e que en nada perxudicaba a circulación de todo tipo de vehículos polo seu adoquinado chan, pero agora temos unha corporación que amolou, ¿moito ou pouco?, as vendas dos cada vez mais modernizados baixos, máis, o meu escrito non vai sobre deste tema, e si facer algo de historia de esta para min entrañable vía. E nada mellor para empezar decir que o 23 de agosto de 1887, nesta rúa, pero entón chamada do Espolón, naceu un neno ó que lle impuxeron os nomes de Alejandro, Manuel, Luis, José e Joaquín, apelidado Rodríguez cadarso, quen en 1933 foi nomeado Rector Magnífico da Universidade Compostelana. Os seus pais foron o santiagués Jesús Rodríguez Vázquez, médico con consulta na nosa vila, e da que ostentou en varias ocasións o bastón de mando como

rexidor municipal, e a noiesa Manuela Cadarso Ronquete. Sen pena nen gloria, trasncorreu o trinta de decembro de 2000, data da conmemoración dos 75 anos do seu nomeamento como Fillo Predilecto. Xa metidos en materia comenzarei polos edificios que se atopan na man direita, en dirección á Alameda. O primeiro dos establecementos, con esquina á rúa Comercio, era El Encanto, atendido polo seus donos Ventura e Milucho, que ofrecían a súa clientela un moi grande surtido en pañería e xéneros de punto expostos nos seus grandes escaparates, os cales tamén servian para amosar carteis de touros, teatro, cine, fútbol, orlas, e de todo canto redundara no interese sobre da vila. Estes dous grandes noieses sempre estiveron moi ligados á Sociedade Liceo, e así, Ventura González Carnota (meu conveciño na rúa da Corredoira) desempeñou en 1939 o cargo de Depositario, con Luis Rivas de Presidente, e ocupando en 1944 a Vicepresidencia, aínda que durante varios meses actuou de Presidente por cuestións particulares do titular Penalta Corral. (Actualmente, o seu fillo, Ángel Ventura, ocupa a Vicepresidencia da Sociedade, que se supón botará a casa pola ventá no xa próximo 2003 con motivo das “bodas de platino” da súa fundación. E aproveito a ocasión para darlle as gracias por ter desfeito o galimatías que existía nos arquivos en relación coa miña condicion de socio). En canto a Milucho Salanova Rodríguez, sería extenso enumerar toda a traxectoria realizada ó longo dos seus 97 anos, pero non podo deixar de citar que en 1942 ocupou a Vicepresidencia da directiva do Liceo, con Severo Loroño Laciana de Presidente. Como bo aficionado que era do fútbol, presidiu a directiva do titular noiés; actor

73

Primeira parte


74

teatral, e máis tarde director de escea de grupos artísticos. Dirixiu e organizou zarzuelas, operetas, comedias e sainetes, entre as que destacan na memoria das xentes, La verbena de la Paloma, La Gran Vía, Gigantes y Cabezudos, Doña Mariquita de mi corazón (na que actuei como un máis do coro). Pero por falta de espacio para detallar o seu extenso traballo, creo que nada mellor que recoller un anaquiño do publicado en La Noche, de agosto de 1960 que dí: “Don Emilio Salanova, una auténtica vocación, es el maestro. Un maestro que ha sacrificado su gloria personal, un maestro eficaz y desinteresado que aconseja, encauza y dirige y luego trabaja en el más oscuro anonimato planeando los grandes triunfos, sin el menor ruido y también, sin esperar recompensa”. El ha renovado nuestro teatro, le ha dado impulso y desde hace muchos años lo conduce admirablemente. Sería una omisión imperdonable si hablando del teatro noyés no resaltáramos aquí su labor encomiable digna de un homenaje de toda la Farándula noyesa y... de Noya entera”. E así foi, xa que en 1991, con Pastor Alonso de rexidor, concédeselle a Medalla de Prata da Vila co nomeamento de fillo predilecto. No único andar do edificio citado vivira , e tivera consulta médica, Agustín Rodríguez García. Casado con Cira, tivo catro fillos: Rosario, Agustín, José e Cira, da que lembro vela actuar no programa televisivo de Don Cicuta, Un, dos tres: Responda otra vez. Don Agustín emigrara a Venezuela. O seu fillo Titín, casado cunha filla de Luis Cascallar, estiveron aquí este pasado verán. A continuación o comercio de tecidos de Ricardo Diz Agra, quen, casado con Lupe Trigo, atendían a súa clientela con toda amabilidade e paciencia, que era a que amosaba o señor Diz cando xogaba aquelas interminables partidas de xadrez na Sociedade Liceo, enfrentándose ó comerciante de ferretería Manuel Guerra Fornos. Do seu matrimonio con Lupe Trigo, naceu seu único fillo Pepe, e casado con Filucha Filgueira, continúan co negocio establecido nesta rúa en 1941 (5), dado que denantes estivera na Porta da Vila. Pepe Diz, a quen lle desexo unha melloría da súa latosa doenza, ocupou distintos postos nas directivas do Liceo comandadas por Francisco de Andrés Perez, e así en 1958 fixo de Secretario; de Contador en 1959; Bibliotecario entre 1960 e 1962, e de Tesoureiro en 1964. Cos seus compañeiros de directiva, Manolo Cobas Vázquez, os irmáns Mario e Eladio Ronquete Viñas, Isolino Nieto Caamaño e Pepe Pestonit

Brenlla, concertaran o 18 de abril de 1959 a compra dos terreos na Alameda para a construcción do actual local social. Creo interesante lembrar a Manolito Fernández Luces que durante algún tempo traballou neste establecemento, por parentesco, como tamén fixera na farmacia da súa cuñada Saladina Leiceaga Baltar, cando á tiña no edificio “A Conserva” no Campo da Rodas. O cine “Galicia” que se ubicaba na rúa Comercio, tiña porta de urxencia con saída a esta de Montero Ríos, e debaixo da casa do señor Diz (a mesma por onde hoxe se entra para as Galerías) , fora inaugurado o 12 de outubro de 1944, coa película Intermezo. Anos máis tarde, e sendo rexidor da vila aquel a quen lle dedicaron o de “y hoy todo apaciguado, es alcalde un mutilado”, dedicáranlle tamén este outro “Este cine que aquí vés, lo hicieron en compañía, llegando a un acuerdo un dia, “Bocatorta” y “Vianes”. O ambigú do cine estaba atendido por dous noieses con negocios, nesta rúa o “Moreno”, e Sabin, na rúa do Cantón. No programa de

Boda de Fitola con Pepe no Xardín do Casino


Correo Gallego do 23 de xaneiro do ano a piques de rematar. A esta barberia acudeu meu pai durante toda a súa vida, sendo un dos clientes fixos e abonando unha cantidade mensual (non lembro cal era, pero si escoitarlle a miña nai decirlle debera subirlle algo), con dereito a un corte de pelo mensual e tres afeitados á semana, a saber: martes,xoves e sábados. Era unha das barberias nas que podía ollar El Faro de Vigo, posto que case tódolos establecementos collían os xornais da Coruña,e tamén El Correo Gallego. Dous dos fillos de José Ventura e de Mª Luisa, a saber José Luis e Javier, continuaron co negocio ata as súas xubilacións (o outro irmán, Andrés, traballaba no Banco da Coruña, a quen teño saudado en Carballo cando o Club Noia de fútbol xogou alá). Agripina e Joaquina son as mulleres da familia. Creo ser de xustiza se digo que José Luis, ademais de continuar aínda na banda de música municipal desde a fundación en 1949 tocando o saxofón tenor 1º, tivo a gala, e durante varios anos, ser o encargado de organizar as festas de San Marcos e San Bartolomé,e precisamente ións tras derrotar na final o Atlantic por un contundente 6-1. No primeiro desta casa, daquela co número 15, estaban as oficinas de delegación de Seguros e Reaseguros Galicia, S.A., atendidas por dous Ramóns: Carredano, (meu compañeiro na comisión de festas de 1960, quizás unha das mellores que houbo nos derradeiros anos, porque a pesar diso, para min, as mellores que lembro foron as de 1943, con dúas corridas de touros; fútbol de rivalidade contra o Riveira, e inauguración do campo de San Alberto contra o Deportivo -daquela e aínda que se pasaba fame canina non lle comeran as letras, o quedarse agora co do Depor-, festival galego, na praza de touros, becerrada; concertos de música na praza de Suárez Oviedo, hoxe Constitución, na Alameda, e un Gran Folión na rúa Ferreiro, e naturalmente as solemnes funcións relixiosas a Virxe Peregrina, a San Bartolomé, San Luis, San Roque e a Virxe do Carmen, e a banda de música, nada máis e nada menos que Banda do Regimiento de Zamora) e o outro Ramón, Calvo Pérez, a quen lle envío unha aperta. Nas oficinas traballaba Antonio Creo, popularmente conecido polo “Manquiño”, e quen no Tapal de 1954 anunciábase coa “Orquestina Creo”, la preferida por todos los públicos.(Neste mesmo número da revista, tamén se anunciaban “Horizonte del Jazz”, la preferida de

75

festas de 1947 insertaron este anuncio: “¡CINEASTAS! La satisfacción que producen las inmejorables películas que pasan por el suntuoso Cine Galicia solo son comparables a los exquisitos vinos, licores, caramelos, galletas y cacahuetes tostados al día, que les sirven en el bar del mismo, Moreno y Sabín. Siempre a sus órdenes”. O seguinte edificio é propiedade de Francisco Ferreiro, mestre de escola. Con este señor compartín fileira na peregrinación do Ano Santo de 1943, que tivera lugar, o venres 16 de xullo. No baixo existen dous locais, acordando desde sempre a barberia dos irmáns Rodríguez, e unha tenda de roupas para nenos, de Celina, a filla de Francisco Blanco,”Chico do Cantón”. Pero sen esquecerme que anteriormente estivera un pequeno almacén para gardar ferramentas de todo un señor conde, dedicado a patear os montes da bisbarra, e vivia no derradeiro andar. No outro baixo,e lindando ca casa de Molina,tiñamos a barberia dos irmáns José Ventura e de Pepito (aínda que o seu verdadeiro nome era o de Argimiro Rodríguez Millares),e a quen, os xa mentados ripios, dedicábanlle o de “Le sigue el Quiquiricón, un amante de Bretón”, e continúan lembrando a outro irmán, a saber: “El de la revista en mano, su hermano el americano”, que non era outro máis que Andrés, ex emigrante en Cuba, e popularmente coñecido por “Anromi”, seudónimo que popularizou ó longo da súa vida, e de quen a Sociedade Liceo non dá mostra algunha en organizar un acto literario na súa memoria, como así xa llo demandei no meu comentario en “Tribuna Libre” publicado en El


pinturas, pinceles, brochas, aceites, barnices, esmaltes y patentes, colchones de lana, corcho y miraguano. Precios limitadísimos. Nadie haga sus compras sin antes visitar esta casa”. Lémbrome sendo un rapaz de vir o señor Molina a avisarlle a meu pai para atender unha chamada telefónica de moitos lugares nos que tiña clientes polo de curtidos, pois por aquelas datas era imposible instalaran un, e aínda lembro que o 6 era o seu número. Morreu o señor Molina o 16 de nadal de 1962, con 80 anos, mentres que a súa dona, Ventura Blanco Agrafojo (irmán de Ricardo, perdón, de don Ricardo, o da administración de Castromil, xa de cando as oficinas estaban na Angustia a carón do Ceboleiro) finou o 4 de febreiro de 1962. Tiveran catro fillos, a saber: Manolo, asentador en Madrid, e a quen, desde Noia, envíabanlle caixas de mariscos, naqueles anos en que os servicios de comunicación non eran os máis doados para este mester, que por certo, durante unha temporada traballou o amigo Agrelo. A súa filla Teresa, casada co avogado Luis Antonio Vidal Barreiro, era a que

76

la juventud, con 9 componentes músicos. Igualmente a Orquesta “Brasil”, con 10 profesores, e con un selecto personal para música sacra, e non faltaba a da Pontenafonso “Los Beiros”, con Constantino Prego, “El Gitano”). Anteriormente, Galicia, S.A., estivera instalada na rúa do Cantón, enriba da Ferretería Rivas, cuia Delegación abarcaba os partidos xudiciais de Noia, Muros e Padrón, estando ó frente o noiés Antonio Hermoso, quen tamén era dono da fábrica de curtidos “Hermoso”, situada no fondo do Obre, preto da igrexa de Santa Mariña. A súa filla, Pachuca, casara con Ignacio Opacio, destacado locutor da TVE, nos seus estudios de Madrid. No segundo andar vivía o propietario de todo o inmueble, e no terceiro, nada máis e nada menos que todo un señor Conde. E así era, pois vivíache o conde Tichensky, a dona do cal chamaba poderosamente a atención por ir vestida con pantalóns, nuns tempos nos que non será necesario lembrar como se vivía naqueles anos da postguerra, pois todo era prohibición, e hai daquel que non asistira ós sermóns do padre Solís. O señor Conde dedicábase á prospección dos terreos para determinar a presencia de wolfram polos numerosos montes da península barbanzana, aínda que, dada a súa condición de estranxeiro, non podía denunciar nada ó seu nome. Tiñan unha asistenta chamada Celina. O programa das festas de San Bartolomé de 1933 publica o anuncio do establecemento comercial de Manuel Molina Cisneros, ofrecendo toda unha gama de artículos: “Muebles, loza y cristal, objetos para regalos, Ferretería, puntas, vidrio hueco y plano, impreso blanco y de color,

Luis Lamas. Caudino Blanco. Manuel Iglesias. Manuel Marias. José Bamio. (Vigo)


Agrelo, dedicoulle un comentario en La Noche, no San Marcos de 1962 co título de “Tascas de mi Noela”. Nun chuvioso día de San Lázaro do ano1956 abriran aquí un establecemento de aparatos de radio e demais elementos relacionados coa electricidade, co nome de Fonbar, a saber, Fon, de Fontano, e Bar, de Barcia, de nomes Enrique e Xoaquín. Como é sabido, o primeiro casou con Amelia Fernández Hermo o día da Ascensión de 1953, ante o altar maior da igrexa parroquial de San Martiño. O señor Fontano traballaba na Papelera de Brandia (¿cando quererán descabalarse os de Santiago de quitarlle o tíl do í?), namentres que o seu socio Barcia, (aínda que o seu apelido sexa Pérez) avogado e procurador, casou con Pacita López Dans, recibe o 24 de xuño de 1988 unha homenaxe, con Pedro Areoso Padín e Antonio Maseda Rodríguez, tres personaxes que dunha ou doutra forma estiveron ó servicio da administración de Xustiza. Como anécdota, aínda non moi grata, principalmente para a familia, foi quen en xullo de 1991 inaugurou o Camposanto do Paramo. Cando o seu establecemento pechou, abreu as súas portas unha tenda de roupas, Sabín, atendida polas fillas, que xa contaba con outra na rúa do Cantón, aínda que naqueles anos chamados gloriosos, fora trocado polo de José Antonio, pero para Esclavitud Varela Pais, era unha Avenida, como así consta na propaganda insertada na revista Tapal. Viña a continuación a barbería de Daniel (que vivía no Curro), habendo contado entre os seus mestres con Ríos, Martín Cuesta, Ovide, pero coñecido por Chichinea. O que non faltaba en ningunha das barberías, era un porrón para a auga, e non polas sedes que poideran ter dono e clientes, senón para mollar as brochas do afeitado, posto que daquela todavía non se coñecían as eléctricas.

77

levaba o negocio, pero no que tamén estaban as súas irmáns. Natalia, casou con José Pedreira Burés, un daqueles que en xullo de 1936 tivera que coller “as de Villa Diego” por aquelo da guerra civil, posto que ocupaba o cargo de tenente alcalde, e acompañado de homes de Noia e Lousame, que non comulgaban co que lles viña, pero nada mellor que ollar La Voz de Galicia, do 4/7/87, na que vemos os seus nomes na sección 50 años atrás, ou tamén ler “A Guerra civil en Lousame e Noia” libro de Xerardo Agrafoxo. A outra filla, Angelita, finou solteira, e moi apegada á igrexa, tivo na casa a imaxe da Purísima Concepción, desde o intre en que a anterior Camarera, Chenta Pérez Loroño, casara en 1955, precisamente co meu primo Roberto. Durante moitos anos, e ata que emigrou a Venezuela, traballou “Manolete”, quen no seu retorno instalara unha gasolineira en San Bernardo, así como despois o fixo Isidro Campos, quen con banquilla de zapateiro no lugar de Vilanova (preto da casa dos pais de Agrelo), pasou a ser un excelente dependente ata que pechou; e precisamente están agora en obras, ainda que para outro mester. Sería imperdonable non citar a Luis, fillo de Teresa e Antonio, e casado cunha sobriña de Genucho dos “Beiros”. A continuación a casa da señora Carmen, pero conocida por “Troca”, na que o seu agradable cheiro indicaba ó lonxe ser un ultramarinos. Non creo sexa necesario decir que era tía de Carmiña, que fora mestra de escola; de Jesús que traballou no Banco Pastor, e Luisa, coñecidos polo dos de “Santolo”, restaurante ubicado no remate da Alameda, e ao cal, o amigo


78

Noutros dos baixos tiña a súa tenda de zapatería o mestre Francisco Pérez García, popularmente coñecido por Cornotorto, e foi un dos noieses que en xullo de 1936 tivo que fuxir nun dos barcos atracados en Muros, que os levou a Bilbao, do cal, e con todo rigor recomendo lean A guerra civil en Lousame e Noia, de Xerardo Agrafoxo. Xa na esquina coa rúa do Asesino, pero oficialmente Rodríguez Cadarso, tiña Avelino Guerreo Rey unha pequena tenda, que ademais de ultramarinos, tamén se dedicaba a despachar viño, pero non tardando moito en inaugurar o restaurante Ribadavia, e no que a súa dona María Dosil, atendía os fogóns, nos que Maruja, a filla maís vella, casada con Pepe, non daban abasto en atender a numerosa clientela, mentras a outra filla, Aurora, dedicábase ós estudios, creo lembrar que de medicina. O señor Avelino, que viñera de Sampaio, e era socio da empresa dos automóviles a Padrón, morreu traxicamente nun accidente aéreo o 4 de maio de 1957, no vóo MadridSantiago. O seu alcume era o “Gallardo”. O derradeiro edificio desta man segue estando ocupado por Dominga, e se hoxe está dedicado a despacho de doces, anos atrás era unha das boas casas de xantares, nos que ademáis da vella, contaba coaa fillas Demetria (ausente varios anos por cuestións políticas) e Sofía, que atendían a cociña da que saían unhas viandas para chuparse os dedos, como así acontecera, na noite do 21 de agosto de 1954, na cea de despedida de solteiro de Moncho Costa Sánchez, e igualmente na de meu irmán o 14 de febreiro de 1959. Ademáis, e alá polos anos trinta, o seu xenro, Xan Hermo (tío de Agrelo), casado con Sofía, tiña unha linea de autobuses co recorrido Noya-Puente de Don AlonsoSierra de Outes, cos conseguintes informes, sacados da Guía do partido Judicial de Noya, e feita na Puebla del Caramiñal: Empresa “Autobuses Her-mo”. Saídas: mañá, ás 7; tarde, ás 2. Chegadas: mañá, ás 9; tarde, ás 7. Precio do billete:1 peseta. E aquí era precisamente onde a empresa de transportes Míguez reco-llía os encargos para La Coruña (aínda non deran coa “baina” de A Coruña), e facendo as súas viaxes os luns, mércores e sábados. A revista Tapal, correspondente a agosto de 1951, publica un artigo de Eduardo Ces Iglesias, titulado: “Nuestros pescadores”, do que recollo: “En medio de este letargo, un hombre-todo modestia- sobrio y enamorado del noble arte que practica, va escalonando por sus propios méritos el pedestal de la

opinión pública: nuestro buen amigo Pepe Míguez, encarnación viva y elocuente del pescador de primera magnitud”, inclúe unha fotografía na que aparecen: as irmáns Cristina, Juana e Manolita Mato; Fontano, os irmáns Castaño, Argimiro Cobas, Manolo Ons e Ramón Moreira. Pepe Míguez, fora meu convecino na rúa da Corredoira, e vivía nun dos pisos do edificio de Antonio Mato. Unha das netas da señora Dominga, Fitola casou con meu primo Pepé, Chicha, co santiagués Pepe Castromil, Chefa, co eumés, Tomás, e Marité, con Félix, e tamén está, desgraciadamente, un tanto minusválida, a quen sempre vexo acompañada de Maruja, viúva de Aldán. Nen que decir que as cinco mulleres son fillas de Sofía e Xan.


79 Bernardo G. Suárez Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


Os nosos libros PEDRO FIAÑO GONZÁLEZ Documentos para a Historia de Galicia Edita: Toxosoutos, Noia, 1999 15 x 21 cm. 213 pax. Este libro, publicado logo do falecemento do seu autor, Pedro Fiaño González ( 1927/ 96), é resultado da escolma dalgúns dos seus traballos, por parte de Concha Allut e Xerardo Agrafoxo, posteriormente editados pola editorial noiesa Toxosoutos. Coa rigurosidade con que o investigador Pedro Fiaño trataba calquera dos temas relacionados coa historia da vila de Noia, aparecen aquí seleccionados un conxunto de oito campos de investigación que cobren un longo período histórico. Desde as Orixes de Noia, un intento de analizar canto hai de mito e de lenda nas orixes históricas da vila, ata o excelente traballo sobre O escudo de Noia, pasando polos non menos interesantes estudios sobre Santa María a Nova, O duque de Lancaster en Galicia, A ponte Nafonso, ou O cadáver de D. Joseph dos Santos. O traballo sobre A venda da vila de Noia ós xenoveses nos séculos XVI-XVII, podemos tomalo como representativo do minucioso labor de documentación do autor na pescuda de claridade para un feito tan curioso como descoñecido da historia da vila. Todo un placer ler estes traballos do sempre recordado Pedro Fiaño, exemplo de investigador riguroso e solidario, sempre disposto a facilitar calquera dato ou fonte que tivera á súa disposición, sen solicitar nunca nada a cambio.

LUPE GÓMEZ

80

Fisteus era un mundo Edita: A Nosa Terra, Vigo, 2001 10 x 16 cm. 246 pax. Narración en primeira persoa dunha rapaza de Fisteus, concello de Curtis, que tivo medo de dicer que era da aldea, que saíu do seu habitat natural para se debruzar nun mundo urbano, que a sorprendeu desagradabelmente. Escrita en clave autobiográfica, é un canto de amor à terra, representada por esa pequena aldea (“ser da aldea é maravilloso... é levar a forza e a paz nos ollos”), que abandonou aos trece anos para ir estudar à Coruña e, posteriormente, a Compostela. Pero o libro é moito máis: é unha reivindicación da língua (“amo a miña gheada”), dos costumes do viver labrego, da amizade, da família, da viciñanza... Hai tamén outros temas que se tocan no relato: o coléxio, o traballo, a morte, a relixión, as mulleres (“ser muller na aldea era como andar espida pola rúa. Era algo salvaxe. Era algo difícil... Dalgún xeito, ás mulleres da aldea roubóusenos a palabra”), e está, claro é, a memória do paso da infáncia à mocidade. Delicioso libro, da autoria da xornalista e poeta Lupe Gómez, escrito cun ar de autenticidade e frescura que para si quixeran moitos dos escritores consagrados pola oficialidade reinante. Unha moi boa leitura para unha destas curtas tardes outonizas.

Revista Alameda nº 6  

Revista Alameda nº 6 Sociedade Liceo de Noia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you