Revista Alameda n 5

Page 62

FONFORRON-INVERNAL, con moita xente na vella grada de madeira, no antigo campo do Bosque, máis tarde baptizado co nome de San Alberto. Nela aparecen: de pe e de esquerda a dereita Fidel Bello (porteiro), Lisardo Sampedro, Miluco, Moraña, José Avilés, José Luis Colomer e José Sampedro. Agachados- Alejandro Pazos, José Bouzas (o paparrulo), Galitero, Pepe Sampedro e Bernardo. Para o partido contra o Invernal, confíaselle o cargo de adestrador ao Sr. Picher, que era Delegado de Abastos no concello de Ribeira. Este díxolle a Fino que non o ía aliñar naquel partido, e o seu irmán, Zamorita, fixo causa común e tampouco xogou. O partido finalizou coa victoria do Invernal C.F. (3-2), o que deu lugar á retirada do equipo do Son, por dirixir o partido dos árbitros (Salanova e Rubiche). Un mal perder de xente que presumía de deportista e que deixou coxa á competición. O RAPETA C.F. do Obre representaba ao anexo de Santa Mariña na parroquia de San Martiño. Por estas calendas, o Obre era unha saída con moi poucos veciños e escasos medios económicos. O entusiasmo dun reducido grupo de afeccionados, capitaneados por Manuel Rodríguez Martínez (o Roncho) –máis tarde Manolo do Liceo- enfrascáronse no torneo e tiñan un conxunto máis que aceptable. Antes de enfrentarse ao equipo do Fonforron C.F. foi captada esta imaxe na que aparecen os sguintes xogadores: de pe,e de esquerda a dereita: Jaime Mariño (porteiro), Celestino do Coto, José Cabezón, Jesús Nimo Abeijón e Nocho. Agachados: Benigno de Paco (o Pardelo), Adelino Rios Filgueira, Andrés Melchor, Felitos, Manuel Rios Filgueira (Nolo) e Manolo Canabal (o Rubico). O equipo retirouse do torneo por unha decisión arbitral que lesionou os intereses do equipo de Santa Mariña, e con esta decisión moi pouco deportiva, corrobora o que dicía ao principio: todos os equipos querían ser “cabalo ganador”. O INVERNAL C.F. de PORTOSIN tiña un grande conxunto con xogadores como Rechou, o Negro, o extremo esquerdo

62

Foto 3

Limés, o bon porteiro Toñín e tantos outros que se perderon na lembranza. É mágoa que non se conserve unha fotografía daquel equipo e iso que se buscou por todo Portosín mais non hai forma de encontrala. O mesmo podemos decir do MUROS C.F., capitaneado por Carcamán e outros bos xogadores que o facían no Campo de Lariño, onde hoxe está ubicado o terreo de xogo do Ancoradoiro. O BOA C.F. con directiva presidida por D. Jesús Rios Silvaera, un grande dirixente e un bon deportista. Reunira un excelente plantel de xogadores, capitaneados por José Luis Bandín e fixeron unha competición discreta. O CAMARON C.F. da Chainza (Noia) era un equipo formado por xente do lugar con incrustacións do Campo das Rodas. Era o colista do torneo e tiña máis moral que o Alcoiano. Non creou problemas á organización e xa ten o su mérito. RETAZOS DO CAMPEONATO. Crónica en EL IDEAL GALLEGO Del encuentro INVERNAL-FONFORRON, es falsa, absolutamente falsa, la noticia circulada ayer en cierto periódico vigués, haciendo constar que el Invernal F.C. de Santiago, resultó claro vencedor del Club Fonforrón de Puerto del Son, en el partido celebrado en Noya el pasado día 12 del actual, pues aunque el equipo san-tiagués saltó al campo animado de las mejores esperanzas por ha-


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.