Issuu on Google+

Presentación º

5

EDITA:

COORDINADOR: Cándido M. Prego Rajo CONSELLO DE REDACCIÓN: Xosé Agrelo Hermo Ramón Carredano Cobas Mª Antonia Castro Patiño Pedro García Vidal A. Ventura González Arufe Aurora Marco López Xosé Moas Pazos GRAVADO DE CAPA: Segundo Oviedo DESEÑO DE CAPA: Alfonso Costa DESEÑO GRÁFICO: Xosé L. Ces Laiño Telf.: 981 59 89 28 E-mail: xoseloisces@wanadoo.es IMPRESIÓN: Gráficas Sementeira, S. A. Telf.: 981 82 38 55 Fax: 981 82 05 35 E-mail: sementeira@arrakis.es DEPÓSITO LEGAL: C-888-2000

on algúns defectos e non poucos acertos, a revista “Alameda” segue con férrea vontade o seu camiño. As colaboracións agradan ou suscitan polémica, mais non deixan indiferente a case ninguén. Din que, cando se desexa coñecer algo, logo ao ter coñecimento do mesmo, soe defraudar. Non acontece isto coa nosa revista na súa recente mais intensa andadura. Agardo e desexo que isto sexa unha constante no longo camiñar tan arelado por todos os socios e socias. Neste trimestre a Sociedade Liceo foi noticia no mundo empresarial, ao acoller na súa sede a entrega dos premios “Dolmen de Ouro”, evento que a Federación de Empresarios do Barbanza celebra cada ano nun concello diferente. A F.E.B. de Muros, Noia e Sar, funciona como asesora e impulsora dos empresarios destas comarcas. Ao pedimento realizado polo seu Presidente, Manuel Tomé Arca, á directiva do Liceo, esta prestoulle o seu apoio como caso excepcional, máxime tendo en conta que moitos dos nosos socios e socias pertencen ao mundo empresarial. Pareceunos unha colaboración positiva porque permitiu ao Liceo disfrutar das conferencias e exposicións que precederon á entrega de galardóns. Os “Dolmen de Ouro” foron creados co obxectivo fundamental de dar a coñecer a empresas e empresarios/as que apostan por crear riqueza. A gala é un referente para a Galicia interior e exterior. Este ano deulle unha importante proxección á vila de Noia. Confío que este novo número da nosa revista sexa do agrado dos socios e socias e gostaria poder seguir contando co seu inestimábel apoio.

Xosé Moas Pazos Presidente da Sociedade Liceo

1

Sociedade Liceo Alameda s/n 15200 Noia - A Coruña Tef./fax: 981 82 05 35


Sumario Axenda . . . . . . . . . . . . . . . . .

Axenda

2

Cándido M. Prego Rajo Historia do Liceo . . . . . . . . . 15

Ramón Carredano Cobas

Cándido M. Prego Rajo

Personaxes . . . . . . . . . . . . . 18

Aurora Marco O ensino en Noia . . . . . . . . . 21

ACTIVIDADES

Xosé Agrelo Hermo Xa están en marcha as actividades do curso 2001-2002. Xeografía . . . . . . . . . . . . . . 24

Pedro García Vidal Ferreiro en Outes . . . . . . . . . 29

Xoán Mariño Historia . . . . . . . . . . . . . . . . . 35

Xerardo Agrafoxo Sobre Alvaro das Casas . . . . . 39

Uxio-Breogán Diéguez Unha viaxe ó pasado . . . . . . . . 43

Héctor Agrafoxo En defensa do Patrimonio . . 48 O vello palco da música . . . . 51

O taekwondista desta Sociedade, José Antonio Roo Pérez, conseguiu formar parte da Selección Nacional de Taekwondo Tradicional e participar no Campionato Europeo e Mundial do citado deporte na presente tempada, motivo polo que foi felicitado persoalmente polo Presidente da Sociedade Liceo, felicitación que repetimos en “Alameda”. FESTIVAIS Como estaba previsto, o dia 7 de xullo, celebrouse o intercambio de Folklore Tradicional, no que participou o Grupo de Danzas “Virgen del Campo” de Cabezón de la Sal (Cantabria), como devolución da visita que o noso Grupo de Baile Tradicional fixera a aquela localidade montañesa no ano 2000. Do 19 ó 28 de Agosto celebramos as Festas Patronais '01, conforme ó programa que se incluiu no último número desta revista.

Pedro G. Vidal EXPOSICIÓNS Cancións de Noia . . . . . . . . . 53

Prudencio Romo Visións de Noia . . . . . . . . . . 55

Fermín Bouza-Brey Pinceladas sanitarias . . . . . . 58

Víctor Vez Vilar Cousas de Noia . . . . . . . . . . 60

Gomari

2

Os nosos libros . . . . . . . . . . 64



No mes de Agosto fixéronse as exposicións dos traballos dos alumnos e alumnas do Curso de Gravado e do Curso de Dibuxo e Pintura. Tamén se expuxeron obras realizadas polos Santeiros de Chave (Lousame) do 22 de agosto ó 2 de setembro. VARIOS Do 17 ó 22 de setembro celebrouse nos locais desta Sociedade a Semana Empresarial “Dolmen 2001”, organizada pola Federación de Empresarios de Barbanza, con seminarios, conferencias, exposicións, Gran Gala da XIII Edición Dolmen de Ouro e un Baile amenizado pola Orquestra “Fin de Siglo”. O día 1 de Setembro a Escola de Teatro da Sociedade Liceo de Noia, formada por socias e socios aficionados, puxo en escena as obras “O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes


e “Comisaría Especial de Mulleres”, de Alberto Miralles (ambas as duas traducidas ó galego), con grande éxito e afluencia de público. Felicitamos e animamos desde aquí a todos os que participaron dalgún xeito na súa posta en escena, a continuar con esta actividade, para a que contan co apoio da Xunta de Governo.

Invitado por esta Sociedade, o Taller de Teatro “Liceo Rubia Barcia” de Ferrol puxo en escena no salón de actos, o día 15 de setembro, a obra de Gonzalo Torrente Ballester “Una Gloria Nacional”. Á representación acudiu moita xente.

3

Arriba, actuación do Grupo de Danzas “Virgen del Campo”, Cabezón de la Sal (Cantabria), no Salón do Liceo Abaixo, integrantes do Grupo de Baile do Liceo recibindo un premio.


4

Arriba, confraternidade co Grupo “Virgen del Campo” nos terreos de Ceilán. Abaixo, integrantes do Grupo de Baile do Liceo recibindo un premio.


Á dereita: Exposición das obras realizadas polos Santeiros de Chave (Lousame)

5

Abaixo:Exposición das obras realizadas polos alumnos e alumnas de Debuxo e Pintura


Á dereita: Exposición das obras realizadas polo alumnado de Debuxo e Pintura

6

Abaixo:Exposición das obras realizadas polo alumnado do Curso de Gravado


7

Distintos momentos da representaciĂłn da obra “O Retablo das Marabillasâ€? de Miguel de Cervantes..


8


Esquerda arriba: Un momento da representación da obra “O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes. Esquerda, centro e abaixo, e dereita arriba: Distintos momentos da representación de “Comisaría Especial para Mulleres”, de Alberto Miralles

9

Ambas as dúas obras foron dirixidas por Manolo Sabín

Dereita: Cartel anunciador de “Una Gloria Nacional”, obra de Gonzalo Torrente Ballester, posta en escena no salón de actos do Liceo o día 15 de setembro polo Taller de Teatro “Liceo Rubia Barcia” de Ferrol.


10


Á esquerda arriba: Cartel anunciador dos actos do Dolmen ’01. Ao lado, aspecto que ofrecía o salón de actos do Liceo o día da entrega dos Dolmen de Ouro Á esquerda abaixo: Na entrada do Liceo, o Presidente da FEB, Manuel Tomé Arca, o Presidente da As. de Empresarios de Noia, Saturnino Balderrábano, e o Presidentedo Liceo, Xosé Moas Pazos

Nesta páxina, arriba: O Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Xaime Pita, asinando no Libro de Honra da FEB.

11

Abaixo: O Fiscal Xeral de Galicia, Ramón García-Malvar Mariño, asinando no Libro de Honra da FEB.


12


13

Esquerda, arriba: O Presidente da Deputación da Coruña, Xosé Luis Torres Colomer, asinando no Libro de Honra da FEB. Esquerda, abaixo: Intervención do Presidente da FEB, Manuel Tomé Arca. Nesta páxina, arriba: O Presidente da Asociación de Empresarios de Noia, Saturnino Balderrábano, nun momento da súa intervención. Abaixo: O Presidente do Liceo, Xosé Moas, entregándolle o Dolmen de Ouro á representante da Cooperativa Confecciones O Viso


14

Directivos do Liceo no acto de entrega dos Dolmem de Ouro


Historia do Liceo (VI)a

ras dar conta ó Excmo. Sr. Gobernador Civil do resultado da última xunta xeral, en relación coa elección da nova directiva, esta toma o acordo de facerlle dous uniformes ó botóns da Sociedade, un de diario e outro de gala, así como sacar a concurso o aluguer dos servicios do ambigú, tendo en conta que o actual adxudicatario debe cesar o día 31 do mes en curso, segundo o contrato establecido, poñéndose como data tope para a presentación de pregos o próximo día quince, data na que, unha vez abertos os citados pregos, se refrexa o seguinte resultado: D. José Martinez Carro, ofrece

305 pesetas mensuais

D. Ignacio Arufe Abeijón,

510

D. Ricardo Mariño

200

D. José Somoza

330

D. Manuel Martínez Carro

250

D. Antonio Cruz Romero

275

D. Carlos Sabater Paya

450

D. Manuel Rodríguez Martínez

300

Visto o prego presentado polo actual arrendatario do ambigú, manifesta no mesmo que en virtude das disposicións vixentes sobre arrendamentos e prohibición de deshaucios, considérase asistido do dereito de prórroga do contrato acordado coa Sociedade, non ofrecendo neste prego cantidade algunha para optar ó novo arrendamento. A Xunta, previa deliberación e discusión, acorda non tomar en consideración o escrito do Sr. Gómez Arufe, e adxudicar o aluguer dos servicios do ambigú a D. Ignacio Arufe Abeijón como mellor postor. Non obstante, D. Manuel Gómez Arufe, a quen lle correspondía cesar nos seus servicios no ambigú o día 31 de Xaneiro último, négase a abandonar o local e a desaloxalo dos utensilios da súa propiedade, polo que a Xunta acorda requerir ó citado Sr. Gómez Arufe, con asistencia dun notario, a que, en vista do contrato establecido, proceda a abandonar e deixar libre dos utensilios da súa propiedade, o local-ambigú.

O día tres de febreiro, o Presidente D. Manuel Penalta, en unión do Secretario D. Ramón Carredano, requiren ó Notario D. Santos Fernández-Crespo y Riego para persoarse no ambigú da Sociedade coa finalidade de inventariar os efectos existentes no local e requerir ó Sr. Gómez Arufe para que o desaloxe. Persoados no local-ambigú o Presidente e o Secretario ,en compañía do Sr. Notario, foi requerido D. Manuel Gómez Arufe para efectuar inventario e desaloxar o local, negándose a ambos requirimentos, de todo o cal, levantouse a oportuna acta notarial. Seguidamente, o Presidente prohibe, a partir desta data, a entrada na Sociedade a D. Manuel Gómez Arufe, quen, a pesar de todo, continúa entrando no local destinado a ambigú. A Xunta acorda polo tanto autorizar ó Sr. Presidente para tomar as medidas propias do caso, co fin de manter a autoridade da Directiva e os dereitos e intereses da Sociedade, incluso pasando o tanto de culpa ó Xulgado pola rebeldía e coacción do citado D. Manuel Gómez Arufe. O día 10 de Febreiro, ás catro da tarde, o Presidente, en presencia dos socios señores D. Angel Cascallar Seoane, D. Alfonso Díez Gutiérrez, D. Rodrigo Romero Rodríguez, D. José González Agrelo, D. José Gómez Villar e D. Ramón Fiuza Sánchez, requeriu por escrito e de palabra a D. Manuel Gómez Arufe, solicitándolle que abandonara o localambigú, deixando a porta aberta, ou ben entregando a chave na conserxería.

15

Ramón Carredano Cobas


Mais tarde, e en vista de que o Sr. Gómez Arufe se ausentou do local-ambigú, deixando este pechado e levndo a chave, o Sr. Presidente, en presencia dos socios D. Eduardo Mariño Mirazo, D. Angel Cascallar Seoane, D. Manuel Mayán Seijas, D. José Gómez Villar e D. Ramón Fiuza Sánchez, estando tamén presente o conserxe D. José Vázquez Rey, deu a orde de que, coas ferramentas necesarias para o caso, e por un carpinteiro, se procedese á apertura da porta, o que se fixo en presencia das testemuñas citadas, sen entrar no local ata a chegada do Notario, D. Cesáreo Vázquez Ulloa, con quen se entrou, procedendo seguidamente a levantar acta de todo o existente no local-ambigú e da propiedade do Sr. Gómez Arufe. Na acta do 19 de abril, o Sr. Presidente expón a proposición que fai o Sr. Gómez Arufe de chegar a un acordo en relación co interdito presentado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila polo citado señor, consistente en que a Sociedade o indemnice coa cantidade de catro mil pesetas, co que se consideraría conforme, renunciando a calquera reclamación. A Xunta, unanimemente, rexeita a proposición, facendo constar que se suxeita esstrictamente ó fallo que poida recaer por parte do Xulgado citado, estimando interpretar así o sentir do tódolos socios. Con data 18 de Maio, o Vicepresidente, en funcións de Presidente, ó ter pedido este dous meses de licencia por asuntos

“Facúltase ó Sr. Director da citada rondalla para que presente un orzamento do importe dos traxes para, se o encontra da súa conformidade esta Directiva, facer un anticipo para o pago dos mesmos,...”

16

persoais, dá conta de ter entregados ó Sr. Gómez Arufe, tódolos utensilios da súa propiedade que deixara no local social ó cesar os seus servicios como adxudicatario do ambigú, apreciándose ó efectuar a entrega, a falta de dúas botellas cheas, nove culleriñas, e unha cadeira. A Xunta acorda indemnizar ó Sr. Gómez Arufe a falta destes enseres. En espera da decisión xudicial, a Sociedade continúa a súa vida habitual, comenzando por condonar o importe do aluguer dos servicios do ambigú dos meses de Xaneiro e Febreiro, tendo en conta os graves perxuizos económicos ocasionados ó novo adxudicatario por mor dos incidentes ocorridos co saínte. Adquírense os mobles necesarios para o salón onde está instalada a radio, e repárase o piano. Acórdase decorar os dous salóns principais e o pasillo do primeiro piso, de acordo co orzamento presentado por D. Jesús Rabina, e que ascende a Pts. 880.-

Asemade, pídese orzamento para reformar a instalación eléctrica do salón dianteiro do primeiro piso, sendo adxudicada a obra a D. Juan Pereira, por un importe de Pts. 257,50. Tampouco faltan as habituais sancións: 18-5-45: Acórdase impoñer sancións ós socios Don V.S. e Don A.M.V., suspendéndoos durante quince días dos seus dereitos de socios, pola má conducta observada na Sociedade. 25-5-45: Acórdase sancionar ós socios Don. S.P:P. e Don A.S. con dous meses e quince días respectivamente, de tódolos dereitos de socios pola liorta entre ambos socios no local social, o que deu lugar por parte de Don S.P.P. a proferir blasfemias e adoptar acenos inconvenientes. 28-12-45: Acórdase a expulsión total do socio Don J. R. R.F. polo seu indesexable proceder no local social. 9-1-46: Acordouse por unanimidade suspender dos seu dereitos de socio polo prazo de tres meses a Don S.C.R. pola reprochable conducta observada no último festival celebrado na Sociedade. Previa solicitude de permiso ó Sr. Gobernador Civil, celébranse no parque da Sociedade, as tradicionais verbenas de San Xoan e de San Bartolomé. O 17 de Decembro, celébrase Xunta Xeral Ordinaria, previa autorización da Superior Autoridade, procedéndose na mesma á elección de nova directiva, por presentar a dimisión a directiva actual, sendo elexidos tras votación os seguintes socios: Presidente: Don Eduardo Ronquete Viñas; Vicepresidente: D. Ramón Patiño Ronquete; Secretario: D. Angel Baltar Abella; Depositario: D. Ramón Moreira Martínez; Contador: Don José Salanova Rodríguez; Bibliotecario: Don Francisco Pérez Loroño; Vocal 1º Don Manuel Louro Gómez; Vocal 2º Don Alfonso Elías Costa Rodríguez. Seguidamente, o Sr. Presidente dá lectura a un escrito presentado por varios


socios no que solicitan se organice, patrocinada pola Sociedade, unha rondalla musical. A Xunta Xeral, previa deliberación e discusión do asunto, acorda se faga constar en acta a simpatía e o agrado con que verían a organización da citada rondalla, deixando a súa organización a cargo da Xunta Directiva. Pero todos os socios elexidos na última Xunta Xeral celebrada para formar a nova Xunta Directiva, non aceptaron os cargos, polo que se acorda convocar nova Xunta Xeral para o día 31 de Xaneiro. Nesta Xunta, e tras o oportuno escrutinio, son elexidos os seguintes socios: Presidente: D. Eduardo Ces Iglesias; Vicepresidente: Don Luís Lamas Seijas; Secretario: D. Silvestre Fernández Vilas; Depositario: Don Manuel Iglesias Siso; Contador: D. Manuel Rivas Rego; Bibliotecario: D. Salustiano Agra Aseguinolaza; Vocal 1º : D. Antonio Romero Aneiros; e Vocal 2º D. Manuel Seijas Louro. Finalmente, acórdase aumentar nunha peseta a cuota mensual de socios.

Acórdase tamén facer as xestións oportunas para que os bailes que se celebren os días tres e cinco de Marzo (Antroidos), teñan lugar no salón do teatro Coliseo Noela, xa que o gran número de socios, e o reducido do local social, case impediría a súa celebración. O asalto do día seis, celebrarase no local social. Para a comisión de orden destos festivais, son nomeados os señores socios Don Ramón Carredano, Don Manuel Louro, Don José Moas, Don Ramón Lira, Don Manuel Barreiro, Don Maximino Pérez, Don Ramón Taboada e Don José Salanova. Acordándose que a Agrupación Musical recorra as rúas da vila, pasarase invitación a tódalas autoridades comunicándolles a súa visita, así como ós demais señores desta localidade que se acorde. Desexando que os señores socios dos primeiros días do ano 1946, disfruten do Antroido no salón do Coliseo Noela e coa súa nova rondalla, emplázoos para a próxima edición da revista “ALAMEDA”.

17

Entre as primeiras actuacións da nova Directiva, está a de prestar á rondalla o máximo apoio por entender os señores

que conforman esta Xunta, que é un dos fins que deron motivo para a creación e fundación desta Sociedade, así como tamén se acorda incrementar a devandita rondalla e crear un cadro de declamación. Facúltase ó Sr. Director da citada rondalla para que presente un orzamento do importe dos traxes para, se o encontra da súa conformidade esta Directiva, facer un anticipo para o pago dos mesmos, esperando reintegrarse do seu importe co que se recaude nas saídas e concertos que se celebren. Tamén se acorda que unha vez suspendidas as visitas ou concertos, os traxes deberán ser entregados na Sociedade para a súa custodia.

Alameda de Noia, ao fondo á dereita ubícase a actual sede da sociedade


Personaxes Aurora Marco

Eduardo Núñez Martínez “D’Arxellas”

18

esta galeria de personaxes nacidas en Noia, lembramos neste número a Eduardo Núñez Martínez, que asinou co seudónimo “D´Arxellas”, escritor cuxa vida e obra son moi pouco coñecidas, debido talvez à auséncia da terra, por seguir, coma tantos outros galegos e galegas, o camiño da emigración. “Poeta, heraldista e carpinteiro de trencha fina”, en palabras de Neira Vilas, na sua estimábel produción literária, a vila de Noia está moi presente, en lembranza, como o poeta di, “de lonxanos días, daquel outro tempo que pasei ditoso, lumínico e fermoso por ruas e prazas, recovecos, de que se compón a miña vila, o meu pobo, que ainda levo latente en ensoño novo…”

VIDA E OBRA Son escasos os dados biográficos que posuimos de Eduardo Núñez. Fillo do tamén escritor, mestre e xornalista Eduardo Núñez Sarmiento (1865-1906), natural de Rois1, o noso biografado naceu en Noia o 4 de marzo de 1888. Sendo moi novo emigrou a Cuba –posibelmente esta data haxa que situá-la en 1894, cando partiu o seu pai para a illa– e ali morou até a sua morte, acontecida en 1971, con viaxes esporádicas à sua terra, como se desprende da leitura de Caulículos, un dos seus poemários: en 1904, por exemplo, está datada en Noia, a canción “Tú”, que figura ali recopilada. En 1953 foi-lle concedida a Medalla de Honra da vila, posteriormente entregada… Destas viaxes hai constáncia. Máis nada. Tampouco podemos aportar case nengun dado biográfico da sua vida en Cuba. Só un breve apontamento de Neira Vilas, que se refere a el como “o poeta, heraldista e carpinteiro de trencha fina Eduardo Núñez Martínez”, no seu libro A prensa galega en Cuba, do que parece deducir-se a profisión a que se dedicou. A consulta da correspondéncia cruzada co seu pai, que se conserva no Arquivo de Manuel Fabeiro, segundo informa a Gran Enciclopedia Galega, talvez deitaria luz sobre diferentes aspectos biográficos de ambos os escritores, pai e fillo, que nesta altura descoñecemos.


Alén da sua obra de criación reunida en libro, colaborou na revista Tapal, en todos os números: “Fragmentos de historia noyesa” (1950), “La Historia y la Heráldica” (1951), “Semblanzas de Noya” (1952), “Mariño de Noya” (poema, 1953), “Nin exilios nin noxos” (poema en galego, 1954), “Un explorador gallego” (1955). Hai constancia da sua colaboración na revista Vivero en Cuba, que iniciou a sua andadura en 1911, dirixida por Jesús Peynó até 1932 e posteriormente por Francisco Docal. Posibelmente, a sua asinatura figura en outras revistas ou xornais da colectividade galega en América, pois debeu dedicar à escrita boa parte do seu tempo. Mais este pormenor biográfico, como outros, precisa ser recuperado e completado. Por esa dedicación, unida ao feito de ser un divulgador das lendas da vila de Noia –a quen dedicou sentidos poemas, alguns en galego–, o Concello de Noia outorgou-lle en 1953 a Medalla de Bronce, con Pergameo honorífico, galardón que lle foi entregado polo tamén poeta, residente na Habana, o Pai José Rubinos, en solene acto celebrado en 1954, segundo informa a revista Tapal. Eduardo Núñez Martínez recebeu asimesmo o prémio “Bachiller y Morales”, concedido polo Ministério de Educación cubano.

Non podemos emitir xuízos valorativos da totalidade da sua obra por resultar de difícil, e mesmo imposíbel, aceso. Sí puidemos ler as colaboracións de Tapal e o libro Caulículos. Tradicións noyesas, publicado en 1953. Libro misceláneo, con poemas en galego e castellano, de diversa feitura e temática: un bo monllo de sonetos, a maior parte dos cuais é de temática cubana, como os seis recollidos sob o título “Visiones de la Habana”, evocacións da “vella, boa e noble Habana” (“Por eso, a aquesta Habana…/ la quiero y la requiero por tránsito obituario/ a recorrer, tan pronto me falle el corazón”). Outros sonetos están inspirados en figuras históricas, con protagonismo na vila de Noia , “Ad memoriam” e “Adorade”, ou teñen por motivo a concesión da medalla outorgada pola Corporación Municipal (“Medalla de Noya”, “Nobleza obliga”). Referidas a Noia hai outra série de composicións, algunhas en galego, evocacións, lembranzas da vila, das suas ruas, de homes e mulleres que deixaron a sua pegada nostálxica en D´Arxellas: Consueliño a “Policia”, Doloriñas do “Marchenas”, Pilariña a da Portela, Maripepa a de Sueiro, dona Eulalia Míguez… ou o vello Colás, o “Churrapas”, o “Cosito”, o Rachou, o vello Magariños, o ferreiro Anxelo, Agrelo o zapateiro, o “Demiño”, o Sampedro. A Rasa, o Obre, o Chan de Maroñas, o fiadeiro da Ponte, a Alameda, os muíños de Xei, o Campo de Noia, a ponte de Argalo… están presentes nestas composicións, que semellan enchidas de saudade. O libro se completa cun longuísimo poema en tres partes e diferentes estáncias ou capítulos: “Blanca Lis de Bergondo”, que o autor dedica ao concello por motivo da concesión a que aludimos, e que asina o derradeiro dia de xuño de 1953, con esta estrofa final: Esta leyenda, lector” / de muchachito la oía / de Noya en su alrededor… / Yo, la escribí como autor / sabiendo que no era mía. / Tan sólo la narración; / por lo demás mentiría.” Eduardo Núñez Martínez morreu na Habana o 15 de setembro de 1971. Toda a sua obra literária doou-na ao Concello de Noia. Non estaria de máis, para ampliar o coñecimento –polo de agora escaso– sobre “D´Arxellas”, escolmar o máis interesante da sua produción lírica e dá-lo a coñecer; e completar a sua biografia coa exumación da correspondéncia, ou parte dela. Mais isto, claro é, depende da sensibilidade das persoas que teñen na sua mao levar a cabo o que aquí se formula como un desexo. Para finalizar estas breves notas bibliográficas, reproducimos alguns fragmentos de Caulículos: Ría de mi Noya hasta el mar del Son; playas las de Boa, Portosín y Nebra, isla de la Creba milagro y canción. …………………..

19

Algo máis podemos dicer da sua obra de criación, relativamente extensa, en prosa e verso, reunida nos seguintes libros: En mis tedios del exilio (A Habana, 1920), en verso; Himnos del bien (A Habana, 1951), prosa e verso; Metopas. Tradiciones noyesas (A Habana, 1952), en verso; Mi cruz de refugio, libro que non aparece referenciado na brevísima biobibliografia da Gran Enciclopedia Galega, mais ao que alude Andrés Rodríguez Millares en Tapal (nº correspondente a 1952); Caulículos. Tradiciones noyesas (A Habana, 1953), en verso; Minucias (A Habana, 1954), verso e prosa; Fragmentos, verso e prosa (sen poder precisar data de publicación).


Ría de mi Noya, verso y madrigal que termina en Muros… mar de los salseiros que adorna la ría que empieza en Testal. (De “Rumores”) No idioma da nai Galicia teño de falar falar, hasta que a morte me eschuche das fontes do paladar. (De “Volveretas”) Cando lonxe, no eixilio, fora da España a morte deixe a ialma no alén de min, heime de ir, (en)col do ánxel que me acompaña, a voar ao paradiso onde eu nacín. Entre os ledos rumores de entre os pinares, dentes as altivas cumes que percavín de neno en cen olladas, cantando os mares volverei sentir canto en vida sentín. ¡Ou! Do vivir nunha bágoa de orballo que se esguma e de nada volve a xurdir, fecundando no coco que dá o carballo mosca que dura un día e vólvese a dir.

20

Sendo esprito mais nunca da miña terra o meu corpo de patria verei despir: “Nin eixilios, nin noxos” a patria berra para non ter dignidades que empercudir. (Publicado en Tapal, nº de 1954)

1

Núñez Sarmiento desenvolveu unha intensa actividade en Cuba: exerceu como profesor no plantel “Concepción Arenal” do Centro Galego da Habana; colaborou en numerosas publicacións galegas, ou vinculadas a Galiza; fundou e dirixiu Galicia en América, La Región, El Quijote, El Eco español; publicou tres poemários; foi membro honorário de moitas colectividades e obtivo diversos prémios e condecoracións. Entre os seus numerosos traballos non literários, cumpre destacar un dedicado à vila de Noia, “Antiguedades de Noya”, publicado na revista Galicia Diplomática.

BIBLIOGRAFIA: NEIRA VILAS, X., A prensa galega de Cuba, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1985. GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, sub voce “D´Arxellas”, Silverio Cañada editor, Vitoria, 1974, tomo 8, páx. 227. Revista Tapal, Noia (1950-1955).


O ensino en Noia (VI)

Xosé Agrelo Hermo

Século XX

Reformas da Lei Moyano O que máis lle interesaba á burguesía da Restauración a principios de século era organizar os estudios para a formación dos seus fillos como futuros cadros de

elite nunha sociedade caciquil, na que traballadores e labregos (e máis aínda se eran mulleres) tiñan un acceso moi restrinxido ás escolas primarias de pago que seguían as pautas e os programas do século XIX. Pola contra, hai varios intentos de adecuar os estudios secundarios a uns tempos máis modernos e así xa en 1900 aparece o Plano de Bacharelato do ministro conservador García Alix con dúas novidades moi interesantes e que permanecerían bastante tempo: o ingreso aos dez anos e a duración dos estudios fixada en seis cursos. Pero é a reforma de Romanones en 1901 a que confirma o Plano de García Alix e reorganiza os estudios secundarios en Institutos Xerais e Técnicos para o grao de bacharel, e os estudios elementais de Agricultura, Industria, Comercio, Belas Artes e Nocturnos. Pola trascendencia que terá no futuro cómpre deterse un pouco para observar as asignaturas que aparecían no programa de cada curso de estudios secundarios (1901): 1º- Lingua Castelá, Xeografía, Aritmética e Xeometría, Relixión, Debuxo, Ximnasia e Caligrafía. 2º- Lingua Castelá, Xeografía, Aritmética, Relixión, Debuxo, Ximnasia e Caligrafía. 3º- Lingua Latina, Historia de España, Xeometría, Francés, Xeografía, Relixión, Debuxo e Ximnasia. 4º- Lingua Latina, Historia Universal, Xeometría, Francés, Debuxo, Ximnasia e Cosmografía. 5º- Psicoloxía e Lóxica, Historia da Literatura, Física, Química, Inglés ou Alemán, Debuxo e Ximnasia. 6º- Ética e Rudimentos de Dereito, Historia Natural, Fisioloxía e Hixiene, Agricultura, Técnica Industrial, Inglés ou Alemán, Debuxo e Ximnasia. O Ensino Privado en Noia No ensino primario a formación dos alumnos e alumnas está en mans de relixiosos ou de persoas non cualificadas específicamente, como bachareles fracasados ou ex seminaristas, que lle cobraban aos usuarios por impartir as clases xa que os mestres oficiais, que dependían das Deputacións, non pasaron ao Ministerio de Instrucción Pública ata 1911 cobrando un salario anual de 1.000 pesetas. Mesmo o Concello tiña problemas para alugar os locais destinados a escolas como pasou en 1906 cando se trasladou a escola de Boa a Taramancos e, ante a solicitude de

21

níciase o século XX coa volta dos poucos soldados que quedaron vivos na guerra de Cuba, desfeitos física e moralmente, nun ambiente de fracaso e pesimismo polo remate definitivo do aínda chamado pomposamente “Imperio Español”. A Rexencia de María Cristina e a alternancia no poder político de conservadores e liberais, xunto co sistema electoral censitario propio da Restauración alfonsina, consolidaban un caciquismo que en Galicia mostraba a súa faciana más dura, causante de revoltas e protestas populares, que só na vida de Noia causaron dous mortos en 1910, e en Nebra a de cinco labregos en 1916. A represión foi aumentando cada vez máis ata que en setembro de 1923 instáurase co apoio do Rei Alfonso XIII a dictadura do xeneral Miguel Primo de Rivera e o seu Directorio Militar que aboliu a Constitución e as poucas liberdades que aínda quedaban, intentando suprir a ausencia de liberdade por grandes obras públicas, propias de todos os dictadores, e co remate da guerra de Marrocos. O malestar popular, as protestas sindicais e a recesión económica levaron á demisión de Primo de Rivera en xaneiro de 1930 e despois dun ano de “dictabranda” do xeneral Berenguer, a monarquía borbónica é derrocada nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Ía comezar a curta pero apaixoante historia da Segunda República Española.


casas para impartir as clases, non se presentou máis que un veciño que pedía polo aluguer 120 pesetas ao ano. Poucas veces as Escolas Públicas ubicadas no flamante edificio onde hoxe está o Instituto “Virxe do Mar” son noticia por algunha actividade extraescolar. Así o 28 de agosto de 1903, e como remate das festas patronais, faise entrega de premios a diversos alumnos cun discurso pronunciado por Manuel Otero Fontán, profesor superior de Ensino Primario e baixo a presidencia do Rector da Universidade de Santiago de Compostela Francisco Romero Blanco, o anatómico lousamiano tan vinculado a Noia. A Escola de Debuxo fundada en 1879 polo alcalde Luis Cadarso Allarza, con Ramón Lira Castro de Boán na dirección, segue o seu exitoso camiño, como cando en 1905, co gallo do terceiro centenario da publicación de El Quijote, convocou un concurso de Debuxo que gañou o alumno de terceiro ano Avelino Ageitos. Foi esta Escola un auténtico viveiro de artistas noieses –insigne precedente do ansiado bacharelato de artes tan reivindicado actualmente pola comunidade educativa e por todo o pobo de Noia– ata o punto de que en 1927 a Xunta Directiva da Sociedade Comarcal e Industrial da Vila acorda solicitar a creación dunha Escola de Aprendizaxe Obreira en base á memoria da que fora dirixida polo profesor Ramón Lira e premiada polo Ministerio de Fomento. Xa máis tarde, o 17 de outubro de 1930, créase a Escola de Artes e Oficios dirixida por Ramón Creo Vilas.

Creación do Instituto Sen dúbida, neste primeiro tercio de século o feito máis trascendente no mundo da educación en Noia foi a creación en 1928 do Instituto Elemental de Bacharelato. Daquela só as principais cidades galegas contaban con centros oficiais de ensino medio: Lugo, Santiago, Pontevedra, Ourense, A Coruña, Vigo e Ferrol. A demanda educativa da comarca e a influencia dun noiés de prestixio como profesor

22

No eido dos estudios secundarios segue o seu labor o colexio “San Vicente de Paul”, do que xa temos falado, que fora fundado en 1866 por Atanasio López e dirixido máis tarde por Marcelino Rodríguez Castro ata 1916 ano en que se fixo cargo da dirección César Carreño. (Por certo, este coñecido profesor

aparece en 1903 formando parte como vocal do Comité Republicano presidido por Miguel Cacheiro Carou). No ano 1915 o Claustro do Colexio San Vicente de Paul estaba constituido polos seguintes profesores, todos moi coñecidos na Vila, non so pola súa dedicación á docencia senon tamén polo seu labor público e profesional: Marcelino Rodríguez Castro, director; José Vázquez Millares, sacerdote; Angel Pérez Morales, avogado; José María Cairo Hermo, médico; Arturo García Rudiño, avogado; Benito Víctor Fraga, avogado; José Pena Luhía, pintor; Pedro Leiciaga Sieira, responsábel do ensino primario. Nese momento tiña 30 alumnos internos procedentes de Ribeira, Pobra, O Son, Serra de Outes e Ferrol.

Edificio do Instituto Virxe do Mar


na que o caciquismo máis cerril pechaba noutros lugares o acceso á cultura das clases populares. Máis que anecdótico é sintomático que nese ano 1928, cando a dictadura “Primoriverista” estaba a dar os últimos latexos, aparecesen tres proxectos tan dispares e complementarios na sociedade noiesa, como foron o Instituto de Bacharelato, a Sociedade Liceo e o Clube de Fútbol federado, dos que en 2003 se celebrará –coido que con moito pulo– o seu 75º aniversario. Máis unha vez ten Noia aí outra oportunidade para demostrar que os nosos devanceiros non traballaron en balde.

Fe de erros: Na entrevista do número V da nosa revista apareceron trastocados os apelidos de Franco Cobas González polo que solicitamos disculpas do interesado e dos nosos lectores que facilmente comprenderían a equivocación pois o noso entrevistado, aínda que afincado en Vigo, é moi apreciado e coñecido na nosa vila”.

23

Alexandre Rodríguez Cadarso, fillo predilecto da vila desde 1925 e futuro Rector da Universidade compostelá, fixeron que Noia contase –ao mesmo tempo que Ribadeo– cun centro educativo que ía ser o facho que alumease a vila cultural de toda a súa zona de influencia, sobre todo nos anos da Segunda República. Esta institución educativa, que tivo a súa primeira sede no actual edificio dos Xulgados da praza da Constitución, marcaría para sempre o nivel cultural e o estilo de vida dos habitantes de Noia, poñendo ao alcance das clases menos favorecidas a posibilidade de melloramento intelectual e formativo nunha época

Ángeles Romero Iglesias Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


Xeografía Pedro García Vidal

Sobre a paisaxe construída do casco histórico noiés

CLAVES PARA A INTERPRETACIÓN DUNHA PAISAXE URBANA SINGULAR

(e IV) O século XX. Os derradeiros instantes da muralla noiesa pesares dunha continuada e cada vez máis intensa agresión levada a cabo nos anos finais do século XIX, a principios do século XX a muralla noiesa presentaba aínda lenzos perfectamente visibles nas partes que miraban ó mar e ó río. Algunha das fotografías dese tempo así o poñen de manifesto. Pouco ía durar esta medieval imaxe da vila de Noia. O proceso que vai conducir á progresiva desaparición da cerca pétrea, vai ter como vimos casuística múltiple. Trátase dun proceso dilatado no tempo, no que o desinterés das autoridades, xunto cos intentos de apropiación por parte dos viciños, son factores que colaboran na súa degradación. Pero a desaparición de partes significativas da muralla non ocorre por igual en todas as partes da mesma. Son os lenzos que dan á terra os que primeiro van caer, ó contrario do que sucede cos que miran ós bordos marítimo e fluvial. Neste caso, a función dos muros como dique de contención das augas fai que estes se manteñan en pé ata máis tarde. Os primeiros anos do século XX van ser testemuñas dos derradeiros días de vida da muralla nas súas frontes marítima e fluvial. O proceso que vai rematar coa súa case completa desaparición vai correr parello á aparición dun novo elemento fundamental para o futuro da vila, como vai ser a construcción dos Malecóns.

24

A construcción dos Malécóns de Cadarso e Gasset e Os novos tempos, cos modernos medios de transporte, a desaparición da muralla nas súas frontes maríti- precisan de novas vías de tránsito. Por este motivo, é ma e fluvial preciso superar o impedimento que supón o ter que cruzar a vila polo seu centro con rúas estreitas e sinuoO capítulo final da historia da muralla vai escribirse sas pouco aptas para a circulación rodada. A solución agora, cando se decide levar a cabo a obra de alonxar, virá coa construcción de novas vías que, paralelas mediante recheos, a liña de costa do linde amurallado. exteriormente á muralla, permitan circunvalar o

Plano da vila de Noia realizado por D. Ramón Lira Castro. Neste plano da vila, realizado no ano 1907 polo profesor de debuxo D. Ramón Lira Castro, figuran xa perfectamente sinaladas as novas aliñacións dos recentemente finalizados Malecóns de Cadarso e Gasset que, xunto coas rúas da Carreiriña do escultor Ferreiro, Porta da Vila e Ferrador, permiten agora circunvalar o recinto histórico sen necesidade de atravesalo.


Malecón de Cadarso. O recheo e posterior trazado dos Malecóns, coa construcción de muros de contención pétreos, así como a cesión e venta das parcelas sobrantes da nova aliñación dos bordos ribeireños, vai poñer o punto final á historia das murallas.

O Malecón de Cadarso No ano 1879 escomeza o recheo do Malecón que posteriormente se denominará de Cadarso. O proceso iníciase a partires do Hospital do Sancti Spíritus, ou Hospital de Afora, no arrabalde mariñeiro do Espíritu Santo. Ó longo dos anos oitenta vai procederse desde este lugar a un progresivo recheo con materiais procedente de escombros das obras públicas e particulares. A edición dun Bando de Policía urbana vai animar a realizar esta tarefa, sinalándose xa no mesmo a nova denominación do lugar: “..que los escombros que resulten de las obras públicas y particulares se depositen en el punto llamado hoy del Malecón”. Asemade, para o sostemento duns materiais que axiña escomezan a ser abundantes, e de cara a “terraplenar los escombros y para evitar el derrumbamiento de los mismos”, vese a necesidade da construcción dun dique de con-

tención. Este muro de pedra, en contacto directo coas augas do Traba, iníciase desde o Hospital de Afora e van realizarse nunha primeira fase vinte metros do mesmo. Posteriormente, no ano 1884, en vista do avanzado dos recheos, e por estar estes en contacto directo coas augas do río, de novo se solicita a construcción dun contedor pétreo que “impida sean llevados por la corriente del río Traba que desemboca en el mar por este punto, de modo que ocasiona perjuicios a la baía, pues de no evitar su caída llegaría a obstruírse la ría, motivo por el que debe continuar la muralla de sostenimiento que parte del Hospicio”. Por esta razón, acórdase construír un novo tramo de vinte metros continuación dos xa realizados, con vistas a evitar o arrastre dos escombros polas augas. Igualmente, un mes máis tarde, apróbase continuar o muro vinte metros máis, pois con frecuencia os escombros ocasionaban “perjuicios de consideración al río de la Pedrachán y Bandiña que obstruían el paso para el tránsito de las pequeñas embarcaciones que por allí circulan”. Unha decisión importante, e que vai ter notables consecuencias no futuro da muralla, vai tomarse en sesión do 7 de abril de 1884. Acórdase, con vistas a acelerar o proceso de construcción do Malecón de Cadarso, proceder, canto antes, á aliñación desta fronte fluvial para así “enajenar los sobrantes que resultasen e invertir su valor en aquellos”. Dado que a apertura e aliñación de rúas é de competencia exclusiva das corporacións municipais, segundo a regulamentación do artigo 72 da Lei Municipal en vigor nese momento, o Concello de Noia decide realizar a aliñación da rúa do Malecón de Cadarso, que unha vez exposto ó público por un período de vinte días sen que se presente reclamación algunha, é finalmente aprobado. Unha vez cumprida a formación do expediente de aliñación, a Corporación, en virtude do artigo 85 da mencionada Lei Municipal que faculta ós concellos para vender os sobrantes da vía pública ingresando o seu producto nas arcas municipais, decide: “proceder a la enajenación de los terrenos sobrantes de la vía pública, anunciándose en la forma más conveniente para que los interesados puedan solicitar la adquisición de los terrenos limítrofes”. Para dita adquisición, ós viciños lindantes cos devanditos terreos desígnaselles no plano aprobado a porción de terreo ó que teñen dereito e fíxase un precio para as parcelas. En principio, o precio de venda dos sobrantes ía ser de dúas pesetas o metro cadrado, pero dadas as diferentes condicións dos terreos, que fan que o seu valor non sexa idéntico, é polo que se decide que o precio do

25

núcleo urbano sen necesidade de penetrar no seu interior. O recheo e posterior trazado dos futuros malecóns, coa construcción de muros de contención pétreos, así como a cesión e venda das parcelas sobrantes da nova aliñación dos bordos ribeireños, vai poñer o punto final á historia das murallas.


As edificacións reemprazan á muralla na rúa da Carreiriña do escultor Ferreiro. A realización das rúas da Carreiriña e Ferrador que dan saída ós novos Malecóns cara a Santiago e Muros, puxo en valor estes bordos do casco histórico e as edificacións miran as novas rúas erguéndose sobre os restos da primitiva muralla.

metro sexa convencional: “atendiendo el Ayuntamiento a las condiciones y demás circunstancias que respectivamente reunan”. Un aspecto ó que as autoridades da vila prestan tamén atención, ó mesmo tempo que se realizan as obras dos Malecóns, é a reforma das rúas limítrofes dos mesmos con vistas ó embelecemento xeral do conxunto. Por este motivo, en sesión do 21 de xullo de 1894, e referíndose ó Malecón de Cadarso, sinálase que: “las calles limítrofes – paralelas a este –, que llegará a ser un magnífico paseo, cuando terminen las obras, necesitan que las edificaciones que en ellas se realicen, se sujeten a una alineación fija, y al mismo tiempo, hacer una calle de avenida al expresado Malecón, en atención a que las que hoy existen son sumamente estrechas, cuya calle se proyectará en el centro del largo Malecón, a fin de comunicarlo con la población; creyendo por consiguiente necesario que se nombre persona perita que se encargue del proyecto de alineación”. A Corporación vai nomear ó profesor de debuxo D. Ramón Lira Castro para que se encargue do proxecto de aliñación das rúas da Praza de Lamas, Pescadería e Canliña por ser as que máis preto se atopan do Malecón.

26

O Malecón de Gasset O espaldarazo definitivo para a construcción dos Malecóns tivo lugar o ano 1897. O Deputado en Cortes por este distrito, Rafael Gasset Chinchilla, en escrito remitido ó Concello, informa que con data 13 de abril deste ano, o ministro de Fomento aprobara o proxecto de “construcción del Puente de esta Villa, así como la travesía que ha de enlazar las carreteras del estado de Padrón a Noya, Boimorto a Muros y Angeles a Noya”. En agradecemento ás xestións realizadas polo mencionado Rafael Gasset, o Concello, en sesión que se celebra o 24 de abril de 1897 “rindiendo justo tributo de agradecimiento al interés demostrado por el celoso Diputado, debía significárselo en la forma que estimase oportuno, acordándose por unanimidad dar el nombre de Gasset a la calle que ha de formar el nuevo Malecón desde el puente hasta el punto de enlace en que se han de unir las carreteras de Padrón a Noya, Angeles a

Noya y Boimorto a Muros, acordando también dar un voto de gracias al Señor País Lapido y dirigir un telegrama al Excmo. Sr. Ministro de Fomento, dándole gracias por la aprobación del proyecto de la Travesía y Puente”. A importancia das obras a realizar para o futuro da vila son consideradas tales por parte das autoridades municipais, –“inmensos beneficios para los intereses locales que han de reportar”–, que non parecéndolle suficiente proba de gratitude o anteriormente acordado, deciden, en sesión de 2 de outubro de 1897, nomear ó mencionado Gasset como fillo adoptivo da vila. No ano 1901, o día 3 de novembro, remátanse as obras da ponte de Noia, producíndose nese momento a súa reapertura. Ó mesmo tempo, o Malecón de Gasset vai ver como se levan a cabo ós últimos retoques do mesmo, mentres que o de Cadarso vai estar por estas datas practicamente rematado. Como remate dos mesmos solicítase no ano 1902 a realización dun pretil en pedra en todo o seu bordo O derrubo das portas e muralla no nacente Malecón de Gasset As primeiras partes en caer da muralla van ser as portas que aínda se mantiñan en pé. O 8 de xaneiro de 1902 apróbase o derribo das portas que daban ó Malecón de Gasset en construcción: “Por el Sr. Calvo se propone que la Ilma Corporación acuerde el derribo de


las dos puertas de la antigua muralla que cerraba el pueblo y que dicen a las calles de la Plazuela y subida al Tapal, comprendiendo el tal derribo la parte de la muralla que cierra las expresadas calles a fin de que estas desemboquen con todo su ancho en el malecón en construcción”. Pouco máis tarde, o 26 de xullo de 1902, a Corporación autoriza o derrubo da porta que se abría na rúa da Axuda: “El Sr. D. Benito Fraga hace la manifestación de que está autorizado para consentir el derribo de la antigua puerta de la muralla parte que dice a la calle de la Ayuda. La Corporación quedó enterada y acuerda que se proceda a dicho derribo por medio de empleados que nombre el Ayuntamiento y que esto se tenga en cuenta para en su día, cuando se haga la cesión de parcelas, por lo que respecta al propietario de la puerta que se trate”. A puntilla final para os restos da muralla que aínda subsisten no que será o futuro Malecón de Gasset vai producirse cando a Corporación decida proceder á nova aliñación que vai trazarse neste lugar con vistas á futura edificación. En caso de quedar algún sobrante da vía pública, este debe concederse gratuitamente como compensación a aqueles propietarios que se viron na obriga de tirar partes da muralla. Así se fai constar en sesión do 6 de agosto de 1904:

“..se propone que el Ilmo. Ayuntamiento se sirva acordar que si al conceder línea en el Malecón de la Travesía y Puente quedase algún sobrante de la vía pública frente a las fincas que allí tienen los herederos de D. José Andrés Curiel y Dña. Angela Fernández, se conceda gratuitamente a los mismos como compensación, una extensión de terreno igual a la que ocupe cada uno de los trozos de muralla que habrá de derribarse con las antiguas puertas de piedra que obstruyen la comunicación de las calles de la Ayuda, Condesa y Tapal”. Do anteriormente sinalado dedúcese facilmente, que todo o proceso de construcción dos Malecóns vai en paralelo coa venda a particulares dos terreos sobrantes da nova aliñación. Este proceso simultáneo traerá acompañado igualmente a práctica total desaparición dos lenzos da antiga muralla que aínda estaban en pé nesta fronte marítimo-fluvial. Os viciños adquiren os terreos, e no seu lugar escomenzan a levantar edificacións que miran ó mar e ó río. O resultado será unha transformación profunda dos bordos acuáticos do recinto histórico. As transformacións futuras estarán en relación co firme dos Malecóns ou o alzado das edificacións que os delimitan. O asfalto sustituirá, en épocas recentes, o primitivo adoquín, e os desproporcionados edificios en altura e volume destruirán a imaxe agradable que ofrecía a vila na distancia, –o sky line do recinto histórico noiés– un conxunto de pequenas vivendas apretadas en escalonada ascensión hacia a plataforma do Tapal na que se erguía poderosa a figura pétrea de San Martiño. O debate político Mediante a lectura das discusións e deliberacións extraídas das actas dos plenos municipais, reconstrúese un debate bastante

27

Parte da muralla no Malecón de Gasset. A muralla, un elemento tan fundamental na historia da vila de Noia, un fito tan destacado na súa paisaxe, unha obra diferenciadora dunha realidade urbana á que proporcionaba categoría de cidade, unha arquitectura en fin, presente sempre nas imaxes do pasado da vila, sen embargo non ocupa o lugar destacado que merece na memoria urbana dos seus habitantes.


A muralla logo da muralla. O proceso que conduce á vila de Noia ó desmantelamento das antigas murallas xustifícase en base á utilidade, a novos valores urbanos, e o primeiro deles é a circulación. Así, a aparición simultánea á desaparición dos muros de vías de circulación que rodean igualmente a cidade antiga, vai dar lugar ó nacemento dunhas novas murallas simbólicas. Ó igual que o muro pétreo, as vías circunvalatorias, hoxe cun tráfico notable, van ser tamén fronteiras difíciles de traspasar, a veces causantes de verdadeiros tapóns circulatorios para todos aqueles que pretenden saír da cidade antiga.

prolongado no tempo, no que están implicadas diferentes administracións civís, sobre a demolición das murallas. As razóns dos primeiros ataques á muralla teñen pouco que ver con problemas de orde urbanístico, relacionándose máis ben con necesidades de carácter social. Posteriormente, entra en xogo o tema do saneamento daquelas zonas máis degradadas nas proximidades da muralla. O discurso da utilidade pública toma en consideración tamén o problema, e tampouco faltan discusións de orde arquitectónico provocadas pola destrucción das portas. A intención especulativa estaba clara en moitos casos e faise referencia específica a ela nas actas das comisións. Do debate extráese a impresión de que o interés económico prima sobre as outras consideracións, sobre un punto que semella ser aceptado pola grande maioría: a eliminación dun elemento que xa non se considera útil. No momento en que a vila medra e se desenvolve, a muralla vai converterse no símbolo do impedimento que dificulta saír á cidade fóra dun límite tan reducido. Por ese motivo, vai facerse ver a necesidade de suprimila co fin de que o desenvolvemento económico e demográfico poidan realizarse axeitadamente.

28

O pobo en xeral está máis inclinado cara ós aspectos negativos que poden representar as murallas, principalmente en aqueles solares urbanos moi preto da muralla, onde as condicións de degradación e insalubridade presentes fanse patentes dunha maneira máis clara e extendida. As preferencias da administración e propietarios de solares en contacto coa muralla a favor de intereses económicos vai facer posible o binomio destrucción–construcción nos seus muros. O interés económico nestes casos, que considera o espacio só en función do valor do solo, vai ver as murallas como unha fonte de beneficios máis que como unha necesidade histórica ou un ben colectivo. Incluso unha obra pública non vai garantir o interés colectivo da muralla. A construcción de vías de circulación que circunvalan a muralla vai traer consigo a operación de venda de solares

sobrantes da aliñación, en moitos casos adquirido con oportunidade e a moi baixo prezo, con clara intención especulativa. A muralla hoxe No proceso de xeral degradación do recinto histórico noiés, na perda ou despersoalización dunha notabilísima arquitectura patrimonial, no desinterés por conseguir un recinto histórico cada vez máis fermoso e agradable, estamos todos implicados e poucos son de verdade os que poden proclamar sen rubor a súa inocencia. Hoxe, recén inaugurado un novo século, cando vestixios dun pasado de tanto esplendor saen á luz baixo os solares edificables dos bordos do casco histórico, cando teóricamente unha maior e mellor información conforma a base social, corresponde ás/ós cidadáns noieses decidir que solución dar a esas testemuñas dunha historia de séculos. Unha sociedade con futuro é aquela que sabe recoñecer e gardar con celo o seu pasado; construír un futuro próspero sobre os poderosos alicerces dun pasado se merecen ser conservados. Preservar a memoria, en definitiva.


As esculturas de Ferreiro en Outes Xoán X. Mariño

escultor noiés Xosé Ferreiro é un dos máis grandes artistas da nosa Terra e introductor do estilo neoclásico en Galicia. Traballou case toda a súa vida en Santiago (onde fixo o Santiago Matamouros que coroa o Pazo Raxoi e outras grandiosas obras en pedra e madeira para franciscanos, benedictinos ou a Universidade). En Outes está constatado o seu traballo para S. Ourente e atribúenselle algunhas outras obras en Roo e Sabardes. 1. Os retábulos de Ferreiro en San Ourente No ano 1796, D. Simón Díaz de Rábago, Penitenciario da catedral de Santiago e apoderado do cardeal Celada, promotor das obras de engrandecemento de S. Ourente (por se-la sé do seu arcedianado de Sta. Tasia) que incluíron a construcción da nova igrexa da parroquia, que sustituiu á do Rial como parroquial, con-

tratou con Xosé Ferreiro, un dos máis importantes escultores galegos e o mellor daquela época, a realización de cinco retábulos coas súas correspondentes imaxes para o actual templo, xunto co cruceiro do cemiterio, a urna de S. Campio e algunhas outras pezas.1 O primeiro levado a cabo foi o retábulo maior, que costou 18.000 reás, pero que a fins do s. XIX ou comenzos do XX foi sustituído por outro máis moderno e menor interese no que aínda se conserva a imaxe do Santo titular, realizada polo noso artista (foto 1), figura de gran tamaño –2.3 m. de alto– vestido de bispo coa súa túnica, roquete cunha ampla faixa pintada pola parte inferior imitando puntillas, capa pluvial vermella e mitra sobre a súa cabeza de perfil clásico, cuio rostro, a 2. Retábolo de San Francisco Xavier pesar do desafortunado repinte a que foi sometido hai algúns anos, destaca pola súa placidez, aire de dozura e tratamento lumínico de barbas e cabelos. Coa man esquerda sostén un báculo, mentras bendice coa dereita; a roupaxe, de plegues achaflanados, imitando a talla do mármore, revela a estructura interna da figura baixo a vestimenta, de maneira que podemos recoñecer como unha perna está máis retrasada que a outra, facendo balancearse ó corpo.

1. San Ourente

O retábulo de S. Francisco Xabier (foto 2), no brazo sur do cruceiro, de 7 m. de alto por 3.25 de ancho e liñas neoclásicas, caracterizadas pola maior pureza na utilización dos ordes grecorromanos, así como na maior sobriedade decorativa respecto do barroco, levántase sobre un sinxelo banco sen ornamentación, seguido da predela na que vai un pequeno sagrario flanqueado

29

No mesmo ano de 1796 Ferreiro realizou os retábulos de S. Francisco Xabier e o Rosario, que valeron en conxunto 16.000 reás, situados a ambos lados do cruceiro, pegados á parede oriental.


por pequenas pilastras, sobre as que vai a única rúa do primeiro corpo, cunha fornela cuberta por unha pequena bóveda acasetoada que acobilla á imaxe de S. Francisco Xabier xunto a un pequeno S. Roque procesional. Pilastras pareadas, a ambos lados, de fuste liso e capiteis compostos, precedidas de columnas do mesmo tipo, sosteñen o entablamento liso, máis adiantado na parte central sobre o que pousan dous xarróns nas esquinas e o

3. Virxe do Rosario

30

segundo corpo, formado por pequenas pilastras que sosteñen un entablamento que se curva na parte central, enmarcando as letras IHS e cruz enriba, rodeadas dunha mandorla de nubes e feixes de raios. A imaxe de S. Francisco Xabier, de 1.6 m. de alto, que ocupa a fornela central, viste o hábito negro dos xesuítas, cinguido cun lazo á cintura e ornamentado con finos motivos vexetais dourados na parte inferior que se repiten na esclavina que leva sobre os ombreiros. A postura, cunha perna flexionada e outra tensa, ademais de provoca-la acumulación de plegues na zona da entreperna como é característico en Ferreiro–, fai balancea-las

4. Dolorosa

cadeiras, dándolle movento e vida á escultura, efecto reforzado polo seu rostro clasicista de barba curta e sens deprimidas que mira ó espectador con expresión de anhelante misticismo. Co brazo dereito sostén un bordón e na man esquerda porta un crucifixo, no que se observan tódalas características coas que o artista distingue ós seus crucificados: Cristo en expiración xirando a cabeza cara ó lado dereito, cun pano anoado tamén deste lado e un plegue central dobrado para fóra, tibias e costelaxe moi marcadas, dedos gordos dos pés separados, anatomía de gran elegancia, peiteado cara atrás, deixando ver o lóbulo da orella esquerda e rostro de expresión serea. O retábulo do Rosario, é xemelgo do anterior e, polo tanto, ademais das mesmas dimensións presenta idéntica concepción de estilo e organización: sobriedade clasicista no banco e predela lisos, fornela central acasetoada que acobilla a imaxe da Virxe do Rosario xunto á cal se acha un pequeno S. Ourente, que non pertence ó retábulo, como tampouco San Antonio, pousado sobre o banco que fai de altar, flanqueados por pilastras e columnas pareadas de fuste liso e capitel composto que sosteñen o entablamento denticulado que separa este corpo do seguinte no que pilastras lisas e entablamento curvo enmarcan nesta ocasión un releve composto polas letras A e M superpostas cunha coroa enriba, rodeadas de nubes e raios dourados, con xarróns tamén nas esquinas. A Virxe do Rosario (foto 3), un pouco máis grande có S. Francisco Xabier –1.75 m de alto– é outra talla de fantástico preciosismo saída das mans de Ferreiro, figura de increíble beleza que sostén ó Neno no seu brazo esquerdo e extende o dereito cun xesto gracioso e elgante, remarcado por uns dedos exquisitamente finos e delicados, para amosa-lo colar de contas que acompaña ós recitados de devotos e devotas. O rostro repite, segundo tradición recollida por Murguía, o da súa propia muller: boca pequena, queixo resaltado, fazulas carnosas, colo alongado, pelo partido ó medio, recollido por enriba das orellas e cuberto por unha pañoleta que lle enmarca a fermosa e sensual faciana de óvalo perfecto, indudablemente idealizada, porque para esta época, a súa dona tiña xa máis de 50 anos e aquí, a Virxe presenta unhas faccións bastante


xuvenís, dacordo cos ideais de beleza clasicistas que Ferreiro persegue e difunde por toda Galicia. Outro pano anóase sobre o peito; a túnica que se lle cingue á cintura permite trasluci-la rotundidade das súas cadeiras, así como a posición das pernas (unha tesa outra relaxada) que fai oscilalo corpo; sobre ela, o manto azul, cuios amplos plegues se arremuíñan artisticamente baixo o brazo, incrementa, se cabe, a perfección da imaxe. Tres anos máis tarde, é dicir, en 1799, fixo Ferreiro os tamén neoclásicos retábulos da Dolorosa e do Cristo para as dúas paredes do fondo do cruceiro.

6. Cristo

acasetoado, sobre cuia cornixa dous anxos adoradores con senllas cruces nas mans e sobre nubes, se dispoñen a ambos lados dun releve central que representa ó Año Pascual sobre o Libro dos Sete Selos da visión apocalíptica, rodeado de nubes e raios dourados, rematando o conxunto. A Dolorosa (foto 5) que preside o retábulo, de 1.6 m. de alto, elegantes proporcións e talla de inigualable maestría, viste túnica morada de aristados plegues decorada con orla e cenefa douradas que se repiten no ampuloso manto azul anoado na cintura e que lle cobre a cabeza, tocada tamén cun veo, e levantada coa mirada cara ó ceo cun rostro de intensa tristura, ó tempo que pousa a man esquerda sobre o peito, no que está cravado un puñal, mentras extende a man dereita para intensifica-lo dramatismo da representación. Os anxos adoradores que se atopan sobre o frontón do retábulo (foto 6) miden 1 m. de alto cada un e están afrontados e axeonllados sobre grupiños de nubes en actitude orante cara ó año que pousado sobre o libro dos Sete Selos remata o altar, portando senllas cruces que apretan contra o seu peito, vestindo túnica azulada con floriñas douradas pintadas, mostrando un rostro de fazulas regordiñas e sonrosadas e unhas mans de suave morosidade e finura de talla. Facendo xogo co anterior, ó outro lado do cruceiro, dispúxose o retábulo do Cristo, que tamén tén as mesmas dimensións, claridade de liñas e distribución e poucos cambios nos seus elementos: banco, predela, columnas e pilastras, dosel, cortinaxe, entablamento e frontón son iguais; unicamente unha coroa de espiñas con tres cravos sobre o Santo Sudario sustitúe ó pano da Verónica no banco, como tamén o Cristo crucificado (foto 6) ocupa o lugar da Dolorosa, os anxos do remate carecen de nubes, cambian as cruces por varas con follas e o releve central sustitúese pola columna do martirio sobre nubes, con lanzas en aspa, unha delas coa esponxa mollada en fel, coroando o conxunto. O Cristo mide un pouco menos cá Dolorosa –1.5 m. de alto–, pero mantén as mesmas harmónicas proporcións e factura maxistral no tratamento da anatomía, dos cabelos e da expresión serea do rostro, que se inclina cara á dereita en expiración, ó

5. Anxo adorador

31

O retábulo da Dolorosa (foto 4), de case 6 m. de alto e 4.2 de ancho atópase no lado do evanxeo e levántase sobre un banco coa súa parte central máis avanzada e unha pintura no medio que representa o Pano da Verónica co rostro de Cristo, sobre unha cruz e unha escaleira en aspa. A predela é lisa e vai sobresaíndo a medida que se aproxima ós extremos, por servir de base a pilastras na parte máis interior, columnas exentas no medio e columnas dobradas na parte exterior que flanquean unha Dolorosa, trala cal unha gran cruz se continúa polo segundo corpo, onde unha ampla cortinaxe embelecida con múltiples flores de lis, saíndo dun dosel central, cae a ambos lados da Virxe, sen ser interrumpida polo entablamento, que se corta na parte central. O segundo corpo péchase cun dobre frontón curvo e


mesmo lado onde vai o nó do pano de pureza de plegues tamén aristados. Os anxos adoradores que flanquean a columna do altar do Cristo están sentados sobre o frontón directamente, sen nubes, pero coa mesma calidade cós anteriores, na talla das túnicas, do rostro de sonrosadas puchinchas e da branda carnosidade das mans que agora soteñen un martelo e unha vara con follas respectivamente. Entre esa data de 1799 e a de 1801, na que cobrou o último pago do que se lle adeudaba, realizou o pequeno –90 cm.– S. Roque procesional (foto 8) que se atopa pousado no altar de s. Francisco Xabier. Viste túnica azul cunha estreita orla dourada na parte inferior e un artístico lazo tamén dourado cinguíndoa na cintura. Leva un manto vermello que colga do brazo esquerdo e desprendido do ombro dereito enrédaselle no brazo. O manto loce unha esclavina con dúas cunchas de vieira, alusión á súa peregrinaxe a Santiago, polo que leva na man esquerda tamén o bordón de peregrino e na cabeza o sombreiro característico no que figuran dúas chaves cruzadas, recordo da súa viaxe a Roma, onde adquiriu sona de curar ós apestados, pola que foi santificado, logo de contraer el mesmo a enfermidade, cuias chagas nos amosa e que un anxo lle sandou milagreiramente, aquí representado ó seu carón cun tarro de ungüentos na man e acompañado do can que entramentras curaba lle traía comida ó refuxo. No mesmo recibo datado en 1801 no que di cobrar “700 reás a conta dun cruceiro e outras obras”, que non se detallan, debíase incluir tamén a Virxe do Carme (foto 9) de pouco máis de 1 m. de alto que está colocada no pequeno altar que fai esquina entre o presbiterio e o brazo sur do cruceiro2; levántase sobre un trono de nubes e anxos, viste o hábito carmelita (túnica e escapulario marróns e manto branco) e leva ó Fillo no brazo esquerdo, mentras amostra, ó igual có Neno un pequeno escapulario. A cabeza, de rostro ovalado, boca pequena, queixo destacado e mirada saudosa, vai cinxida cunha coroa de prata.

e hoxe na parte posterior do mesmo, visible desde un pasillo habilitado por detrás do retábulo. Tén forma trapezoidal, mide 2 m. de lon-go e leva no marco decoración de tipo vexetal dourada, pero antigamente tamén tiña na parte superior un grupo de nenos, estandartes, nubes, palmas e emblemas militares de gusto neoclásico, eliminados brutalmente a fins do s. XIX ou principios do XX para empotra-la caixa na súa ubicación actual. Pecha a actividade do gran artista o cruceiro (foto 11) que se menciona no documento antes citado e preside o cemiterio. Mide case 6 m. de altura, pero a parte máis interesante é cruz, que leva por diante un Cristo duns 60 cm. de alto que repite en pedra as características descritas no crucificado do interior da igrexa e polo reverso unha Dolorosa sedente sobre un trono de nubes e anxos, coas mans xuntas, mirada cara ó alto e un puñal de ferro chantado no peito.

32

Tamén fixo Ferreiro a urna de S. Campio (foto 10), para garda-los restos do mártir traídos uns anos antes de Roma e que, recubertos de cera, orixinalmente exhi-bíanse ó pé do altar maior

8. Virxe do Carme

7. San Roque

9. Urna de San Campio


Unha obra en Roo En S. Xoán de Roo, súa é tamén con toda seguridade a figura de S. Xoán Bautista, de armonioso e clasicista perfil que se pode admirar no lateral esquerdo do retábulo do Carme3 que hai pegado ó muro nororiental do cruceiro do templo parroquial, pero aínda que este retábulo foi realizado cara a 1820, a figura do Bautista é moi anterior, a xulgar pola única referencia documental coñecida e que atopou Carmen Bermejo nas contas de 17824, nas que ademais se cita o seu coste: 761 reás. A imaxe (foto 12) de gran elegancia, harmonioso perfil e talla exquisita, posúe tódolos rasgos estilísticos que identifican as obras do artista noiés: a serenidade na expresión, o canon alongado, o tratamento lumínico de cabelos e pelexo de camelo que viste, o rostro ovalado de finas cellas e boca pequena, o balanzo de cadeiras provocado polo retrasamento dunha perna, coa que tamén busca a profundidade pola superposición de planos, de forma idéntica á utilizada noutras figuras deste tipo realizadas para S. Mamede de Carnota e S. Fructuoso de Santiago.

10. Cruceiro

As esculturas do Freixo

12. San Bernaldo

33

En S. Xoán de Sabardes, probablemente as elegantes imaxes de S. Bernaldo e S.Basilio, situadas no retábulo maior da igrexa parroquial, do que só sabemos que foi pintado en 17905, saísen tamén do seu obradoiro, porque a maneira en que o canon se alonga e os panos se aristan son características do artista noiés; se a esto engadimos que as espesas barbas do primeiro (foto 13) repiten as dos apóstolos de Loureda ou de S. Pablo de Carnota e a composición do seu S. Bieito da fachada do mosteiro de Samos (libro na man esquerda ó que dirixe a mirada, báculo na dereita, perna adiantada flexionada e mitra ó seu pé), mentres que a composición do segundo recorda enormemente á do S. Pedro de Mezonzo que Ferreiro fixera en 1779 para S. Martiño Pinario de Santiago (do que dependía o mosteiro do Freixo ó que pertencía esta igrexa), co mesmo ba-lanzo de cadeiras provocado pola flexión da perna adiantada que, á súa vez, fai acumula-los panos do hábito

13. San Ourente


–agora negro– na entreperna, báculo na man esquerda e mirada ó alto, repetindo, asemade, o aristamento dos panos, o alongamento do canon e a espiritualidade do rostro, coa introducción de pequenas variantes como son a mitra na cabeza, en lugar de ir pousada ó pé, pluma na man, en vez do libro e barbas máis recortadas, pero semellantes ás do S. Francisco Xabier de S. Ourente, resulta que podemos estar certos de que nos atopamos diante de dúas novas esculturas descoñecidas do noso artista embelecendo os templos da nosa comarca.

Notas: 1 MARIÑO REINO, XOÁN X. O escultor

Ferreiro. Noia, 1991. Páxs. 101 a 106. 2 MARIÑO REINO, XOÁN X. Patrimonio

34

Histórico-Artístico de Outes. Volume II. Ed. Tórculo. Santiago, 1999. 3 MARIÑO REINO, XOÁN X. Unha escultura de Ferreiro en Roo. Revista Século XXI, nº 9. Noia, setembro-outubro 1997. 4 BERMEJO DÍAZ DE RÁBAGO, CARMEN. Una escultura de Ferreiro en Roo. Revista Composte-llanum, Vol. XXII. 1982. 5 MARIÑO REINO, XOÁN X. Patrimonio Histórico-Artístico de Outes. Volume II. Páxs. 127 e 128.

11. San Xoán de Roo


Historia Xerardo Agrafoxo

150 apelidos de Noia

investigación polo poeta noiés Maxi Olariaga (tamén de Eivissa ), podemos apreciar como este apelido de inconfundible raigame vasca xa tivera presencia na vila dende o século XVI: En 1.589, Pedro Ochoa DELORIAGA, es Rector de la parroquial de San Juan de Lousame, perteneciente a la Jurisdicción de Noia. Procedía de Vasconia y en su traslado a Galicia, le acompañaron algunos parientes.

Cando algunhas capas da poboación amosan un acusado receo á chegada de inmigrantes, tampouco está demais recordar a orixe de moitas familias do concello instaladas dende hai anos nesta banda da ría. A través dos censos de habitantes, os textos históricos, as inscripcións nos sartegos de Santa María a Nova e a mesma guía telefónica, nalgúns casos a fonte máis apropiada, sorprende o peso demográfico de veciños cunhas raíces fóra de Galicia.

En 1.606, su sobrino MARTÍN DE OLARIAGA, ostentaba el cargo de Alguacil Mayor de la Villa de Noia.

En primeiro lugar, destaca a presencia dun elevado número de apelidos de delatadora procedencia vasco-navarra. Amais de Celaya, Bazarra, Zabala, Arzuaga, Mendieta, Ilundaín, Beitia, Ciaurriz, Iníguez, Zúñiga,Vaquero, Oiza, Echevarría, Elu, Herraiz, Segurola, Arrugaeta, Leiceaga e Iturralde, está documentada a procedencia dos Juanatey, de orixe no Val de Baztán en Navarra e instalados como curtidores no lugar de Sameiro (Santa Cristina de Barro). O apelido Larrondo, de recente chegada á vila, xurde do lugar do mesmo nome preto de Sondica (Biscaia). Loroño ten un dos seus berces en Larrabezúa, tamén en Biscaia. Chegou a Noia a través do Enciso (A Rioxa) e nalgún caso emparentou con outro de Euskadi como Viazcoechea ou Beascoechea (“Casa grande da esquina”). Son proviñentes da Rioxa os Sáez (Ortigosa de los Cameros) e os Llaría Fontecha (Brieva de los Cameros).

29 de Mayo de 1.639, Juan Varela de Quirós, hijo de Bartolomé Méndez de Rivera y María Álvarez de Quirós, contrajo matrimonio con Constanza Ochoa de OLARIAGA y Constanza García, siendo testigos el Capitán Vasco de Puga Quiñónez y don Rosendo Sotelo.

En tempos da controvertida Segunda República (19311936) chegou á vila o matrimonio formado polo Axudante de Marina Germán Olariaga Derteano e Coro Basterra Aramburu, que deixaron os seus apelidos de AmorebietaEtxano (Biscaia) en varias xeracións de noieses. Curiosamente, a través dun documento aportado a esta sinxela

El clérigo Francisco Ochoa de LORRIAGA, es testigo de un concilio otorgado por Doña Mayor de Figueroa, de la nobleza noiesa, (12 de Octubre de 1632) en el cual mandó hacer una ermita dedicada a las Santas Susana y Rufina, en el monte Barbanza.

La Doña Constanza Ochoa de OLARIAGA, vivía en Noya al siguiente año de su matrimonio. A cuestión que xurde trala lectura do interesante e preciso documento resulta obvia. ¿ Terían algo que ver estes Olariagas de Vergara cos actuais, asentados na vila dende hai setenta anos? ¿Sabería o Axudante de Marina, orixinario de Amorebieta, desta anterga pres-

35

ando a política de inmigración dun país está construida sobre a represión e o medo, non está demais lembrar estes importantes datos. Segundo a División da Poboación das Nacións Unidas, España pasará no ano 2050 dos 40 millóns de habitantes actuais a 31 millóns, dos cales o 44% terá máis de 60 anos. Segundo os informes elaborados pola Unión Europea, España precisa da chegada anual de 240.000 inmigrantes para manter o seu actual nivel económico e o das súas prestacións sociais.


encia de posibles antepasados en Noia? Da mesma procedencia vasco-navarra é a parella Echeandía- Azkona que, a pesar da súa curta estancia na vila, deixaría unha pegada imborrable. Cun Rh galegovasco son varias rapazas e mozos de Noia, pero residentes en Bilbao, cos apelidos Urbieta e Gallastegui, repectivamente. Outro dos apelidos de renome na vila é o de Cadarso. Segundo as fontes consultadas procede de Viana (Navarra). O primeiro desta rama en chegar a Noia foi Luis Cadarso Ayarza que acompañou ata San Xoan de Lousame a seu tío o presbítero Alejandro Ayarza. Casado con Manuela Rei Andrade, filla do procurador noiés Xacobe Rei, tería cinco fillos: Alexandre, Manuel, Luis (heroe do Cavite), Luisa e Carmen. Daquí partiría toda a saga dos Cadarso en Noia.

36

De Asturias proveñen os noieses Manjón e Buylla. Da veciña rexión tamén están afincadas en Noia varia familias con apelidos frecuentes noutras comunidades: Arias, Arobes Calzadilla, Méndez e Menéndez. De clara orixe na ampla meseta configurada por Castela-León, Madrid e Castela-A Mancha existen na vila varias familias. Entre elas podemos citar ás que levan o apelido Otero (Zamora), Melcón (Burgos),

Belén Freire Barreiro Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia

Matilla (Pinilla de Toro, Zamora), Torija (Noez, Toledo), Gutierrez de Velasco (Utrilla, Soria), Muñoz e Opacio (Madrid), Bejarano (Candelario, Béjar, Salamanca), Galdino (Aldea Nueva de Guadalaxara), Morata de La Cruz (Cuenca), Digón (León), Duque (Madrid), Martín (Peñaranda de Bracamonte , Salamanca), Cabezón (Zamora), Salas (León), Romo (de berce castelán e chegado a Noia dende Villanueva del Segura, Murcia), Lope (Medina del Campo, Valladolid), Blázquez e Orcajo (Burgos) e Manzanedo (San Martín de Valdeteja, León) e Carrasco. Tamén son desta última provincia os Vega, Pol, Marbán, Gundín e Gavela. De recente chegada ó concello son os apelidos: Tudanca (Burgos), Uzquiano e Serrano de Toledo, Valdezate, Bombín e Arranz de la Horra (Valladolid) e Valdecantos (Yaguas, Soria, vía Portomarín).


ANDRÉS PETISCO 1917 PORTOSÍN

AICINENA,

Mis abuelos paternos eran de Hinojosa del Duero (Salamanca). Él, carabinero de fronteras, fue destinado a Santa Engracia- Huesca. Donde nació mi padre; Éste, carabinero como su padre, fue destinado al valle del Baztan, Elizondo (Navarra), en la frontera francesa. Allí , se casó con mi madre, Francisca Aicinena Maia, 1901. En 1907 vino destinado a Galicia, donde nacimos mis hermanos y yo. En reciente viaje por Navarra y Euskadi pude comprobar que mi segundo apellido es Ainzinena en lugar de Aicinena, pues así me lo han hecho saber mis parientes. A instalación de numerosas fábricas de salgazón de pescado en determinados puntos da ría nos séculos XVIII e XIX trouxo consigo a chegada de industriais cataláns que, procedentes dun rosario de peiraos da Costa Brava (Blanes, Canet de Mar, Arenys de Mar, Calella, Sant Pol, Tossa, Lloret, etc.. ), deixaron a pegada dos seus apelidos en Noia. Romaní, Roig , Ferrer e Roura, teñen a súa orixe nestes fomentadores chegados ao mesmo tempo que outros instalados noutras rías (Colomer, Portals, Batista, Vieta, Pla, Goday Domenech, Martorell, Massó, etc.). A mesma raigame catalana teñen os apelidos Valls (Tarragona), Treus (Sitges, Barcelona), Salanova (catalano-aragonés) e Canitrot. De marcado orixe altoaragonés é o apelido Allut, chegado á vila, a través de Salamanca, a mediados do século XIX. Desta rexión tamén é o apelido Olave. Do arco mediterráneo tamén proceden os apelidos Guasch Suñer (ibicenco), Calafat (Valencia), Fornas (Viver, Castellón) e Palau (mallorquín). Das terras de Extremadura son os

noieses Pedrero (Cáceres) e Hidalgo. Unha rama deste apelido é o pertencente a Teodomiro Hidalgo Iglesias (Don Teo) con raíces en Torre de Santa María (Cáceres), pero nado na Coruña. Son de orixe andaluza algunhas familias de Noia cos apelidos Hita (Almería), Del Pozo (Sevilla), Narváez (Cádiz), Tobajas (Málaga) e Baena (Córdoba). De Murcia viñeron os que levan o apelido Florit. Das limítrofes terras portuguesas proceden os noieses con nomes como Olveira, Da Silva, Barbosa, Dos Anxos, Gonçalves, Silvalde, Nascimento e Gomes. A presencia de apelidos estranxeiros nas terras de Noia obedecen a diversos motivos e exténdense dende a Idade Media ata os nosos días. De orixe polaca é Lutensky e, quizais, Delphenich. De Italia son os apelidos Agrasso, Paccini, Gregori (siciliano emigrado a Valencia) e Ronquete (derivado de Ronchetti). Proceden de Alemania os Erst, Jankhe e Da Bonna. Posiblemente Ons teña a súa orixe en soldados holandeses instalados en Galicia en tempos da retirada dos Tercios do Duque de Alba dos Países Baixos. A famila Russu ten a súa orixe na calorosa e mediterránea illa grega de Siros. Da illa verde de Gran Bretaña son orixinarios os “noieses” Robertson, Sutclife, Bonner e Munro (este último escocés). Da chuviosa e céltica Irlanda é orixinario o apelido Burke. Os Van Itterbeck proceden de Bélxica e os Grafas de Suiza. O apelido Paulo procede de Angola e os sonoros Saada Hassasi, Sadek Asan e Suelma Abbid son de Exipto. Deeb é sirio, Bishara Rantisi xordano, Ben Amar marroquí e Nske Boquesa é de Guinea Ecuatorial. Da vila do Aaiún, na República Arabe Saharaui, existe en Noia a familia irmán dos Aabid. De raíces en Hispanoamérica existen na vila varios apelidos: Matías (República Dominicana), Pardomo (nicaragüense); Brarda, Marco e Stumpf son arxentinos. Por último, no veciño do norte teñen a súa orixe os noieses Jaudénes (Normandía), Cluet Comte, Rechou, Pestonit, Balirach, Especht ou Speck (alsaciano) e o que levan con humilde fachendía os catro irmáns Roget (Madalena, Victorio, Pura e Jaime), descendentes dun toneleiro francés (Rouget) fuxido a principios do século XIX dende departamento meridional de La Arriege (bispado de Touluse) ata as terras do val de Miñortos. A sorpresa final da investigación é reconfortante. Un mosaico de culturas comeza a divisarse a principios do século XXI en Noia. Benvidos todos a esta pequena aldea global. Gracias aos numerosos informantes, pola súa inestimable aportación a este breve estudio das raíces de moitos noieses, e permítaseme unha última e necesaria lembranza. Tal como di o oportuno lema antirracista: “Todos somos diferentes. Todos somos iguais”. É dicir: “Todos somos emigrantes”.

37

Circunstancias do destino e da emigración posibilitaron a presencia na vila de persoas con apelidos vascos e casteláns. Tal é o caso do exposto aquí abaixo con amable precisión para este traballo:


38

Andrea Martínez Cambeiro Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia


umpre-se este ano o centenário do nascimento do catedrático de Instituto, escritor, historiador e xeógrafo Álvaro Maria das Casas Blanco (Ourense, 1901Barcelona, 1950). Mais este ano cumpre-se tamén o centenário do nascimento do Álvaro das Casas político. Digo isto porque parez ficar no esquecimento, à luz das poucas reseñas que este ano teñen saido da imprensa sobre Das Casas, a importáncia que na traxectória vital deste home tivo a res política, cando, ao meu ver, se algo o acompañou ao longo da sua vida foi precisamente a sua actividade neste eido.1 Nesta liña, o presente artigo tenta suplementar as achegas até o momento aparecidas sobre Álvaro das Casas, aportando alguns dados en relación á sua actividade política na Galiza republicana. Esta colaboración remata no ano 1933 deixando para unha próxima achega o período que vai desde este ano ao 1936. Álvaro Das Casas en Tempo republicano No 1931 puña-se fin a ese tan breve como incerto espazo temporal que comezara coa queda da dictadura primorriverista (1923-29). Encetaba-se a II República o 14 de abril e Catalunya, Euskadi e Galiza pensaban máis cercano o recoñecimento das suas respectivas realidades nacionais. Enmarcado neste contexto achamos a Álvaro das Casas, que nunha carta dirixida a un colega2 portugués asinala perante a proclamación da República o seguinte: “Por mi parte yo estoy dedicado con alma y vida a una actuación política que no me deja punto de reposo. Concentro todas mis fuerzas en batallar por mi tierra gallega que esta por encima de todo. Creo que ha llegado el año de su liberación y en estos meses espero hacer algo definitivo por libertarla”3. Con efeito, desde que no 1930 Álvaro Maria das Casas Blanco se instala no país, logo da sua andaina por España, achamo-lo en canto acto político de corte nacionalista de relevo se desenvolve. Residirá concretamente en Noia onde exercerá como profesor de Xeografia e História no Instituto da vila. Parello à toma de posesión da devandita praza4 aparez xá como asinante5 do manifesto fundacional da ‘Irmandade Galeguista’ da localidade. Neste manifesto asevera-se que se está a “(...) entrever unha Galiza nova, que ven fortalecida de recordos e cobizosa de espranzas (...)” acrescentando os seus asinantes que traballarán “(...) sin acougos (...)” para “(...) ollar a nosa bandeira azul e branca latendo en todol-os ven-

tos, dend-a vila a ffreiguesía6 mais lonxana”. En abril do 1931, diante da proclamación da República, atopamos que Das Casas formará parte da ‘Xunta provincial republicana’ que se constitui en Noia7, sob a presidéncia de Germán Vidal Barreiro, en convocatória do ‘Delegado do Comité revolucionário de Santiago’ José Ramallo Gómez. Dous meses despois xunto a Lois Tobío, Basilio Fernández, Xosé Eiroa, Antonio Fraguas e Carvalho Calero, entre outros, Álvaro Das Casas asina o manifesto profundamente republicano e nacionalista ‘Ezquerda galeguista falalle o pais’8. Neste manifesto da Ezquerda galeguista os asinantes dan conta das problemáticas políticas, lingüísticas e infra-estruturais do noso país, marcando que se comprometen a “(...) labourar solo pra Galiza, [e] ... a non aceitar nomeamentos polítecos do goberno de Madrí (...)”, afirmando que se desligan de “(...) todol-os partidos hastra hoxe eisistentes, si ben non abandonamos a posibilidade de xuntar nosos esforzos aos que teñan un

39

Uxio-Breogán Diéguez Cequiel

Álvaro das Casas e o seu compromiso político na Galiza republicana (I)

Álvaro das Casas nos anos trinta


Álvaro das Casas visto por Seoane

40

contido manifestamente ezquerdista, no caso en que o ben de Galiza esí o requira”. Actuando en consecuéncia, os asinantes deste manifesto xunto aos formantes de todos eses comités, irmandades e pequenos partidos9 que se crian polo país adiante trás a proclamación da II República, constituen en Pontevedra entre o 5 e 6 de Decembro do 1931, diante da celebración da VII Asembleia Nacionalista, o Partido Galeguista (PG). Neste acto elexirá-se o primeiro ‘consello executivo’ da organización do que Álvaro das Casas10 formará parte11. Entanto, o profesor do Instituto de Noia irá tendo gradualmente unha maior presenza pública, quer a través dos distintos cabezallos de dentro e fóra da Galiza quer por meio das conferéncias que dará polo país. A comezos do 1932 será cando o noso protagonista inície a criazón da organización pola que máis se lle ten coñecido, a agrupación nacionalista de xovens

Ultreya. Esta organización, segundo o próprio Das Casas, concebeu-na pensando “(...) no éisito que un tempo alcanzaron no noso país os eisproradores (...) e na posibilidade de ispirar unha organización que, recollendo o esprito xuvenil daquelas tropas, se mantivese ao marxen de patrioteirías pueriles e de malsanas parodias castrenses”12. Asi foi que o dez de fevreiro,“(...) perfeitamente perfilada miña visión sobre o que tiñamos de facer, pedín colaboración aos meus alumnos do Liceo de Noia, e con eles lancei un chamamento â mocedade galega (...)”13. A organización nascia coa idea de aglutinar ao maior número de mozos posíveis, axuntados nun convivio da máisima galeguidade pra labourar, na posibilidades das suas forzas, pol-o engrandecimento da Terra.14 Só un mes despois de se ter lanzado desde Noia ese chamamento que dixera Das Casas, Ultreya tiña arredor de si oitocentos rapaces de entre doce a dezaoito anos localizados maioitariamente en Ourense, Pontevedra, Vilagarciá, Vigo, Compostela e Noia. Este número tan elevado de mozos foi resultado da visita que ao longo dunha semana organiza Ultreya à Misión Biolóxica da Galiza na Granxa de Salcedo en Pontevedra. Cunha clara finalidade proselitista asinala o profesor de Xeografia e História de Noia que habia que organizar “(...) rapidamente unha xeira de unha semán, na que poidesen convivir perto de min rapaces de difrentes vilas e cidades aos que teria de eispricar amplamente o meu pensamento (...)”seria “(...) unha xuntanza na que se ia á xogar o noso porvir (...)”15. Mais Ultreya parez que foi en parte o motivo polo que Álvaro das Casas se deu de baixa do PG esgrimindo ‘discrepáncias tácticas’16. Os tira-puxas que mantiña coa dirección do Partido dunha banda xunto a aparente conciéncia independentista que ía tomando doutra, foron quen de facer que ese militante que tan louvado fora por destacados dirixentes do nacionalismo da altura, fuxa a finais de 1932 da disciplina partidária do PG. Que Das Casas se dea de baixa do PG non significa que abandoe o traballo en Ultreya nen, de contado, a política. Con efeito, segue a traballar politicamente e tenta criar unha organización à sua medida, independentista e que fuxa das claudicacións das que acusaba ao PG. Esta nova organización será Vanguarda Nacionalista Galega (VNG). O Dia da Pátria de 1933 esta formación apresenta-se à sociedade galega tirando às ruas unha volantina intitulada Mais!, na que ao carón de Das Casas escreve

Álvaro das Casas con Ultreias. Figueirido, 1932. (O quinto da segunda fila)


Cadarso, naquela altura reitor da Universidade de Santiago, abre o devandito expediente a instáncias de vintetrés catedráticos universitários que me denunciaron ao señor Reitor en termos de violencia improcedente23. O asunto tivo unha grande sona, até tal ponto que fóra da Galiza vanse dar probas de apoio ao catedrático noiés, nomeadamente entre a emigración galega. Sociedades galegas como a Unión P. Ourensana, a Unión Estradense, a Unión Quiroguesa, Fillos do A. de Maside, Residentes de Teo, Asociación de Chantada, entre outras, van a se solidarizar, a instáncias da Sociedade Nazonalista Pondal24, con Álvaro Das Casas polo que consideran un irregular proceso académico25. Contodo, o certo é que tais probas de solidariedade de alén e aquén mar non serviron para nada; con efeito, Álvaro das Casas seria encarcerado un ano despois da apertura do expediente académico durante dezanove dias en Santiago. O motivo do seu ingreso no cárcere foi, nen máis nen menos, que por dar a sua persoal opinión sobre o que era e o que cria devia ser a Universidade na Galiza. Desde o ano do pronunciamento da conferéncia Verbas aos mozos galegos. O momento universitario até a sublevación militar de xullo do ´36 Álvaro das Casas, por moito que for tomado prisioneiro durante dezanove dias na cárcere de Santiago, seguiu a desenvolver unha forte actividade política na Galiza, mais isto, se callar, será o tema do que nos ocuparemos noutra colaboración nesta revista.

41

Francisco F. Del Riego, Manuel Beiras e Ramón Cabanillas, todos eles, segun din, galegos axuntados para “(...) luchar sin tregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego (...)17”. Mais por moito que a verba deste manifesto da VNG for tan enérxica, o certo é que este novo proxecto político non terá máis transcendéncia que a própria dos seus formantes. Neste senso, Álvaro das Casas segue a dar conferéncias e é de destacar que, mália as suas controvérsias coa liña oficial do PG, a plana maior do Partido está presente diante da conferéncia que Das Casas pronúncia no Instituto de Ponte-Vedra o 16 de fevreiro de 1933 sob o título de “Terra, raza e lingoa”18. Ora, se falamos das conferéncias pronunciadas por Álvaro das Casas temos de ter presente que a de máis releváncia foi, ao meu ver, a que desenvolve no Paraninfo da Universidade de Santiago o 9 de marzo de 1933. Aceitando o convite da FUE o leeder separatista19 desenvolve a conferéncia intitulada Verbas aos mozos galegos. O momento universitario. A releváncia desta conferéncia ven dada polas consecuéncias que tivo o seu pronunciamento, isto é, a apertura dun expediente académico. O problema estribaba no conteúdo da conferéncia do director do Instituto de Noia20, ainda que nesta, en palavras do próprio Das Casas, só se dixo que “(...) a nosa Universidade, en troques de ser o eixo da vida galega, fica de costas á ela sin importarse dos seus probremas (...) saben todos que (...) na bibrioteca da faculdade de Letras onde se gastaron milleiros de pesetas, onde teñen volumes como a edición castelán de Sin Novedad en el Frente, non teñen un libro de Vicente Risco, nin de Taibo, nin de Marcelo Macías, nin de Noriega, nin de Villar Ponte (...) libros fundamentais para o estudo da nosa Historia e o conocimento da nosa Literatura (...) que os nosos alumnos de Dereito rematan sin debruzarse n-un probrema económico ou xurídico da Terra e os de Meiciña sin visitar nin por curiosidade centros de estudo como Conxo (...) e sin acometer probremas como o da lepra que son unha anguria e unha vergonza pra o noso país”21. Ainda asi, as verbas de Das Casas foron acollidas pola ierarquia universitária como un atentado contra a Universidade e un modo de incitar à violéncia ao estudantado22, polo que o noiés Rodríguez

Ao pé da foto, Álvaro das Casa con Ultreias. Salcedo, 1932


NOTAS: 1 Ainda que non destacase coeréncia política. Isto é, se ben sobranceia a face política de Álvaro das Casas, o certo é que hai, grosso modo, tres etapas claramente diferenciadas na sua vida política. É monárquico até finais dos anos vinte. Diante da proclamación da República é, para alén de republicano, nacionalista. Trás o alzamento militarfascista do 18 de xullo do 1936, parez que lonxe da Galiza, concretamente na Alemaña, Álvaro das Casas enceta a sua andaina profascista. 2 O colega e íntimo amigo ao que Das Casas

lle escreve esta carta é o portugués Júlio de Lemos. 3 O subliñado é meu. Quero resaltar aqui tres ideias: dunha banda pór a atención no facto de que Álvaro das Casas parez estar convencido de que todo o que fai durante a II República, fai-no a prol da Galiza e a sua liberación nacional, doutra, sinalar que o traballo que coma o del se desenvolve está enmarcado nunha espécie de guerra. Isto último, ainda que unha hipótese miña na que vou seguir traballando, coido é acertado se temos en conta a forte componente militarista que ao longo da sua vida nos amosa Das Casas. Por último a conxugación do verbo en singular e o ton empregado no último subliñado que fixemos, somado a artigos e cartas deste autor coas que traballamos, aponta cara un Álvaro das Casas acentuadamente personalista, que entendia tiña o futuro do país nas suas maos. 4 Tomará posesión da sua praza de profesor o primeiro de outubro do 1930. 5 Xunto a José Mª Vázquez Ulloa, Luis Vilanova, José López, Blas Agra Cadarso, Abelardo López e o crego de Fruime, entre outros. 6 O duplo ‘f’ pertence à redacción do orixinal. 7 Con data 15 de abril de 1931. 8 O manifesto asina-se o 14 de xuño do 1931 en Compostela. 9 Beramendi González, J. e Núñez Seixas,

42

X.M., O Nacionalismo Galego, Vigo, eds. A Nosa Terra, 1995 p.142 10 Das Casas está presente na VII Asembleia

Nacionalista como representante da Irmandade Nacionalista de Noia. 11 Isto indica às claras a forte importáncia e implantación que tiña Das

Casas no movimento nacionalista da altura. Pensemos que este primeiro ‘consello executivo’ do PG fica formado, para alén de Álvaro Das Casas, por Banet Fontenla, Alexandre Bóveda, Núñez Bua, Tobio Fernández, Carballo Calero, Alonso Rios, Plácido Castro, Vicente Risco, Lugris Freire, Ramón Martínez e Paz Andrade. Se ben hai que lembrar que os deputados Daniel R. Castelao, R. Suárez Picallo e Ramón O. Pedrayo, non están non Consello, mália seren pesos pesados do movimento, pola incompatibilidade existente, segundo os estatutos do PG, entre formar parte dun órgao colexiado do Partido e ser un cárrego político-institucional, tal e como era o caso. 12 Das Casas, Álvaro Limiar, Ultreya 1ª Xeira. Misión Biolóxica de Galiza, Santiago, 1932. 13 Ibidem 14 Tirado dun anónimo enviado desde Noia a distintos xornais con o título Da Galiza Moza. A autoria do escrito parez corresponder-lle a Álvaro das Casas. 15 Ibidem 16 Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana, Deputación Provincial de Ourense, vol.II, p.755 17 Non podemos deixar de chamar a atención no facto de se utilizar o español como idioma de redacción do manifesto Mais! da VNG. 18 Capelán Rey, Antón, Contra a casa da Troia, eds Laiovento, Compostela, 1996. p.70 19 Fernández del Riego, Francisco, Pol-a Universidade Nacional, A Fouce, órgao de expresión da Sociedade Nazonalista Pondal-SNP, Buenos Aires, 1933. 20 Álvaro das Casas é director do Instituto de Noia entre o 1 de maio de 1932 e o 28 de outubro de 1933. Cremos que non é un casual que Das Casas cese no seu posto de director do centro de ensino noiés tan só sete meses despois de ter pronunciado a conferéncia “Verbas aos mozos galegos. O momento universitario”. 21 Das Casas, Álvaro, Alvaro das Casas, fala dos incorrectos procederes dos que lle incoaron o vergoñoso e ilegal proceso académico, carta asinada en Noia a 20 de maio do 1933. 22 Diéguez Cequiel, Uxio-Breogán, Introducción à imprensa nacionalista. Alento, un caso singular. Actas do IX Congreso de Xovens Historiadores da Asociación Galega de Historiadores-AGH, Universidade de Santiago, 2001(en impresión). 23 Das Casas, Álvaro, Alvaro das Casas, fala dos... 24 A Sociedade Nazonalista Pondal agrupaba desde os anos vinte à militáncia independentista galega alén mar, nomeadamente en Buenos Aires. Temos prova da relación de Álvaro das Casas con esta sociedade desde mediados de 1930. 25 A protesta das Sociedades galegas pol-o atropello de que se quer facer victima a Álvaro das Casas, A Fouce-SNP, Outono 1933.


Héctor Agrafoxo Blanco

Unha viaxe ó pasado por Marrocos

“Ahora (...) no dejo de preguntarme por el extraño poder de seducción del desierto, esa omnipresente e inseparable mezcla de pavor y de fascinación”. Pep Subirós, La rosa del desierto. O reino do caos. Chego a Tánxer despois de cruzar o Estreito en ferri. Os trámites que teño que realizar na aduana do porto son interminables, e en seguida me dou conta de que nos próximos días vou ter que tomar a viaxe con moita calma. “As présas matan”, como me din os marroquís. Por algún motivo que descoñezo os funcionarios que traballan na fronteira non conseguen tomar nota dos meus datos con rapidez e tardan en deixarme marchar co coche. Resulta extraño que os policías se retrasen tanto cos meus documentos, cando dous dos seus colegas xa mos revisaran dentro do ferri, tranquilamente sentados nunha das mesas da cafetería do barco. En fin, este é o meu primeiro contacto coa realidade deste país, que vive a vida moi lentamente. Os trámites na fronteira quítanme as ganas de determe en Tánxer, así que pospoño a visita ata a volta e diríxome ó sur atravesando os montes do Rif. Os meus nervios póñense a proba

A vila fortificada de Ait Benhaddu, esenario de grandes películas.

43

lgúns países exercen unha influencia tan profunda sobre o visitante que acaban por seducilo. É o caso de Italia, que ofrece unha dose desbordante de arte e beleza, ou do Reino Unido, que fai recordar o seu pasado épico cos seus espléndidos castelos. Marrocos, pola súa banda, invita a viaxar cara atrás no tempo e a disfrutar dunhas paisaxes que case semellan oníricas. Nas súas casbahs (prazas fortificadas) pódese asistir ó espectáculo de observar escenas cotiás que permanecen inalterables desde a Idade Media. No seu deserto o tempo e o espacio parecen desaparecer. Esta é unha breve crónica da realidade deste país tal como a percibín no verán do 2001.


As ruínas da cidade romana de Volubilis. Ó fondo distínguese a vila de Mulay Idris

nestas primeiras estradas que percorro cando me vexo adiantado en liña continua constantemente por conductores que son dignos de ser seleccionados como especialistas para películas de acción de Hollywood. Eu prefiro continuar alleo a esta voraxe de velocidade e adrenalina.

cubriron en moitas das súas casas. Máis tarde os bereberes pasaron a habitala, ata que a abandonaron no século IX. Xa no século XVIII un terremoto acabou por destruíla.

A medida que vou coñecendo as vilas deste reino do caos quedo fascinado polo extraordinario ambiente que se vive nos seus zocos (mercados). Teño que conducir con moito coidado cada vez que chego a un deles, porque sempre están ateigados de xente. Aquí, os comerciantes, os motoristas, os camellos e os turistas forman un grupo do máis heteroxéneo. O cheiro que desprenden os excrementos dos animais e a carne que se cociña nas rúas comezan a transportarme a un mundo distinto, descoñecido. Paradoxalmente, a pesar desta aparente desorde todo semella seguir unha lóxica, todos os nativos parecen colaborar entre si con enorme harmonía para levar a cabo as súas actividades diarias. Tamén resulta sorprendente que este mundo estea tan preto xeograficamente e ó mesmo tempo quede tan distante.

O que máis chama a atención desta cidade son os mosaicos que adornan o chan dalgunhas construccións. Neles vense figuras mitolóxicas como Hércules ou Baco, decorados xeométricos, grecas, medallóns e cores diversas combinadas con mestría. Por momentos, estes mosaicos parecen grandes tapices.

44

Restos dun imperio glorioso Ós pés dun bosque de oliveiras atopo, solitarias, as ruínas da cidade romana de Volubilis, probas da enorme expansión do imperio que se orixinou na Cidade Eterna e que, igualmente, deixou para a posteridade admirables monumentos en lugares tan dispares como Caerleon (Gales), Arles (Francia) ou El Yem (Tunicia). Aínda que fai unha calor abafante, todos os que coincidimos alí ese día nos paramos a contemplar con atención as pedras desta cidade, tal como veñen facendo moitas persoas nos últimos anos. Desde o século I a. C. Volubilis formou parte do Imperio Romano. Chegou a ser unha das cidades máis importantes de Mauritania e nos séculos II e III d. C. baseaba a súa economía no comercio de aceite, tal como o demostran as prensas que se des-

A visita prolóngase debido ó excepcional tamaño das rúas e das casas polas que me vou introducindo. Como en todas as ruínas romanas, hai como unha forza magnética que me retén alí, e iso que xa fai tempo que me caen gotas de suor pola faciana. Préstolle especial atención á basílica, da que só quedan unhas columnas, e ó arco do triunfo, o monumento que mellor resiste o paso dos anos. Finalmente despídome de Volubilis intentando imaxinarme o aspecto que tería esta cidade na súa época de esplendor. Máis ó norte descubro os restos doutra cidade romana, Lixus, que tamén esconde uns mosaicos interesantes. O guía, gran coñecedor da historia desta cidade, continúa a tradición do seu pai de explicarlles ós visitantes onde se encontraban as ter-


Unha viaxe ó pasado Tras uns días de aclimatación ó país, chego á cidade de Fez. A súa medina (parte vella) é a máis grande do Magreb e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Ó igual que as grandes cidades medievais europeas, este casco histórico está amurallado e accédese a el a través de diferentes portas. Desde o hotel, que está na parte nova da cidade, diríxome ó palacio de Dar El-Majzen e de alí ó mellah (barrio xudeo), coas súas casas de balcóns ornamentados. A continuación atraveso a muralla e entro na medina polo arrabalde de Fez El-Yedid. Inmediatamente teño a sensación de retroceder centos de anos no tempo: moita xente usa a vestimenta tradicional de chilabas e babuchas, e os asnos ocupan as rúas cargados coas mercadorías dos seus amos comerciantes. Un guía ofréceme a súa axuda para conducirme por este labirinto. Tén unha tenda de tecidos na medina e fala castelán

con soltura. Non o aprendeu en ningunha escola; é un autodidacta. Tanto os moitos guías que se me ofrecen para levarme por Fez como os vendedores das tendas que vou encontrando esfórzanse por atraer a miña atención. Árabes e bereberes tratan de ser hospitalarios e pronuncian unha frase que se pode escoitar ata a saciedade neste país: “Soyez le bienvenu”. Os guías vanse turnando pola medina e todos intentan sacar tantos cartos como poden. Lévanme a ver tendas de alfombras, de especias, de teas e de babuchas e véxome máis desbordado que en calquera centro comercial de Londres. As rúas son estreitísimas e están abarrotadas, o caos é total e a calor sofocante. Para rematar a visita vou ó barrio dos curtidores, onde presencio escenas bíblicas de traballadores mergullados en cubas cheas de líquidos de cores coas que se tinxen as peles antes de ter forma de bolsos ou maletíns. Os coiros están a secar nas terrazas deste arrabalde e o cheiro é fortísimo. Pero a experiencia é gratificante. Hai outros lugares que ofrecen espectáculos semellantes en Marrocos. Xauen, unha vila do norte, caracterízase polas súas vivendas escarbadas nas rochas e pola cor azul pastel coa que están pintadas. Vilas como Mulay Idris ou Skura viven ancoradas no atraso e na miseria. E tamén Maadid, unha pequena vila situada no medio da nada, permite asistir á triste realidade do país. O guía que me ensina Maadid é o responsable da casbah. Vai vestido cunha túnica de cor índigo e unhas sandalias gastadísimas, e tén cincuenta e poucos anos, aínda que aparenta moitos máis. Neste lugar as casas están feitas de adobe e están todas gretadas. A pobreza que se ve na xente é total. O guía invítame a ir á súa casa e acepto de boa gana. Tén unha muller e dous fillos pequenos. Dormen na terraza enriba dunhas alfombras, ó lado dun cuberto para as súas cabras e dun pequeno cubículo con palla que serve de retrete. A sala principal e a cociña están sucias e a súa imaxe é desoladora. Extraen auga dun pozo que está no centro da sala, xa que, por suposto, no hai auga corrente. Os únicos

45

mas, o teatro e as vivendas neste lugar fai séculos. Fala un castelán fluído, entre outras linguas, e é moi cortés. Viste con roupa de abrigo e leva un gorro de la, como en inverno. Ó final da visita recibe a xusta remuneración pola súa profesionalidade.

Vista de Skura


En Rabat, a capital, atópase a importante Torre de Hassan

obxectos que me recordan que estou no ano 2001 son un radiocassette, un televisor e unha parabólica, todos en mal estado. Marcho de Maadid aturdido e prométome que, a partir de agora, valorarei máis as comodidades que teño na miña casa. Orson Welles en Marrocos Tradicionalmente Marrocos foi fonte de inspiración para moitas figuras do mundo cultural. Por aquí pasaron pintores como Henri Matisse ou Eugène Delacroix, que representaron nas súas teas escenas da vida diaria marroquí. Ata aquí chegou tamén o compositor estadounidense Paul Bowles coa intención de estudiar a música do país. A atracción que sentiu por esta cultura levouno a establecer en Tánxer a súa residencia e a escribir unha extensa colección de obras ambientadas no norte de África, como O ceo protector. Bowles, como tantos outros, foi moi sensible ó encanto do deserto, que provoca sentimentos de benestar e relaxación, pero tamén de sobrecollemento e incluso medo.

46

O cine tamén sacou partido das paisaxes de Marrocos. Recentemente rodáronse escenas da película Gladiator na vila fortificada de Ait Benhaddu, unha espectacular cidadela con torres almeadas rodeada de murallas que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Anteriormente David Lean utilizara o marco de Ait Benhaddu e de Uarzazat, unha cidade situada nunha meseta desértica, para rodar escenas de Lawrence de Arabia. A visita a estes lugares tan áridos e tan apartados faime revivir secuencias destas películas. A seguinte etapa da miña viaxe lévame á costa atlántica, concretamente á cidade de Essauira. No porto todo o mundo está en plena actividade. Algúns mariñeiros traen raias frescas do mar, outros esfórzanse por reparar os seus barcos. O motivo que me leva a vir ó peirao é descubrir a súa fortaleza, pois neste mesmo lugar estivo Orson Welles en 1949 rodando os exteriores de Otelo, adaptación dunha das obras mestras do xenio de Stratford William Shakespeare. Aínda se conservan en bo estado as torres e os cañóns das murallas. Para recordar ó cineasta, no hotel onde me aloxo hai unha cafetería que leva o seu nome.

O esplendor do Islam As terras conquistadas polo Islam tras a morte de Mahoma están cheas de monumentos conmemorativos. En Marraquech detéñome a ver a Kutubia, a mezquita máis emblemática da cidade. Sen embargo, o espectáculo está alí ó lado, na praza de Yamaa El-Fna, onde se reúnen cociñeiros, adiviños, encantadores de serpes, augadores, taxistas e moita máis xente para darlle animación á praza. É o caos en estado puro. Meknès é unha cidade que tamén val a pena visitar polo seu conxunto de murallas, capaces de deter a calquera exército. Unha das portas máis enormes das murallas é a de Bab Mansur. Colócome alí para facer unha foto e aparéceme un augador, que tamén quere saír retratado. Como propina por facer de modelo improvisado recibe 10 dirhams, e como cre que son moitos cartos devólveme unha moeda de cen pesetas. Marrocos é un país imprevisible. En Casablanca visito un dos monumentos máis modernos do país, a Grande Mezquita de Hassan II, que co seu colosal minarete foi concebida para ser o principal templo do extremo oeste do mundo musulmán. Finalmente, vou á capital, Rabat, para ver a Torre de Hassan, un enorme minarete inacabado dunha mezquita que se iniciou no século XII e que estaba chamada a ser unha das maiores construccións da súa época. O encanto desta torre


O barrio dos curtidores de Fez, un espectáculo digno de ver

Vendo transcorrer a vida Na medina de Tánxer dou os últimos paseos desta viaxe e tomo uns doces árabes para que me quede un bo sabor de boca desta visita. Ó día seguinte marcho de Marrocos recordando con claridade a sensación de tranquilidade que vivín nas vilas que visitei e nas terrazas nas que me parei a tomar un refresco. A pesar das precarias condicións de vida nas que está sumido este país, a xente consegue recibir ó visitante facendo gala dunha grande

hospitalidade. Nunha ocasión un bereber invitoume a tomar un té na súa casa. A súa irmá estaba tecendo unha alfombra empregando instrumentos moi rudimentarios. A casa era moi austera. O bereber, que tiña a dentadura negra e levaba posto un turbante xigantesco, contábame que pasaba seis meses ó ano na montaña coidando as súas cabras e outros seis naquela vila adicándose ós seus negocios. Ós seus fillos non os mandaba á escola senón que lles ensinaba o que el consideraba máis importante na vida (as tradicións do seu pobo, etc.), tal como viñan facendo os seus antepasados. Os índices de analfabetismo e de paro en Marrocos son alarmantes. Sen embargo, os nativos son reacios a comentarlle ó estranxeiro os problemas políticos que arrastra o país por medo á represión. Mentres tanto, seguen vivindo na súa pobreza, sentados diariamente á sombra dalgunha árbore esperando a que pase a vida.

47

reside precisamente en que está inconclusa, así como o atractivo especial da Torre de Pisa é que está inclinada.


En defensa do Patrimonio O escrito que figura de seguido en defensa do Patrimonio cultural noiés, asinado por un grupo de cincuenta persoas relacionadas coa cultura, foi enviado en días pasados ó rexidor Municipal, ó responsable de cultura da Diputación Provincial e ó director Xeral de Patrimonio, solicitando unha maior protección para o conxunto patrimonial da localidade noiesa. A equipa de redacción da revista Alameda, consciente da importancia do patrimonio como alicerce da nosa memoria histórica, constituíndo unha das súas preocupacións principais o dalo a coñecer, quere manifestar o seu apoio pleno ó referido escrito e facilita a través das páxinas da revista Alameda a súa difusión de cara ó seu xeral coñecemento.

A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NON PODE DEPENDER DOS FADOS DO DESTINO acontecido en Noia co cruceiro de Eiroa –un desencravo en granito dos máis importantes e coñecidos de Galicia, esnaquizado por mor dun accidente de tráfico– non é máis que a exemplificación práctica dun feito que se repite a cotío: o Patrimonio está en mans da providencia, da fatalidade, dos fados do destino.

48

Nun lugar onde os accidentes se suceden a cotío coa caída das primeiras pingas de auga –máis de 50 nos últimos anos–, con constantes chamadas da vicindade a correxir curva tan perigosa, onde os coches accidentados se estrelan sempre nas proximidades do lugar onde se asentaba o cruceiro –algunha vez tocando xa a base do mesmo– era claramente previsible que algún dos sinistros tivese fatais consecuencias para o monumento. E o día fatal chegou. A consecuencia: o esnaquizamento dun elemento patrimonial de primeira orde, que coa súa presencia enchía de valor engadido cultural o lugar onde se emprazaba. Pero, desgraciadamente, este caso non é máis que o reflexo dunha situación de abandono xeral que percorre o conxunto Patrimonial que garda a nosa memoria histórica. Todo un variado tipo de bens que constitúen o legado deixado polas xeracións pasadas, e que entendemos como Patrimonio Histórico Cultural, está seriamente ameazado, ó albur dos fados do destino, dependendo a súa salvación ou ruína somentes da fatalidade.Un breve percorrido pola xeografía próxima serve para confirmar a veracidade desta afirmación: mámoas e dólmenes, como o dolmen da Cova da Moura, nun estado lamentable; castros como o de San Lois convertidos nun bosque de antenas; cruceiros e petos de ánimas en completo esquecemento só en pé polo mimo dos viciños; lavadoiros, fontes, muíños, pombais, pontes, hórreos, aldeas, .... todo un conxunto de realizacións representativas de variados movementos culturais, de formas de vida anteriores que, superando tódolos avatares do tempo chegaron ata os nosos días, están na actualidade baixo a ameaza da destrucción irremediable, a perderse nun total abandono, a morrer pola desidia de quen debe mirar polo seu mantemento e coidados, ou a parar a algunha finca dun chalet lonxano, sen

ninguén que os bote en falta, ante a ausencia dunha catalogación exhaustiva que, cando menos, os tivese rexistrados. Unha clara mostra da dimensión e gravidade do tema, ofrécenola o estado de penuria en que se atopan tres dos monumentos máis notables do noso entorno máis inmediato, coñecidos por todos, e publicitados na totalidade de guías e folletos turísticos da bisbarra: ¿Cantas invernías poderá resistir Pontenafonso, a mítica Ponte das Pías nos documentos medievais, voando sobre as augas do Tambre?, ¿ quen dubida que o seu sostén en pé ante próximas riadas, nunha lamentable situación de penuria froito do abandono máis absoluto por parte das autoridades “competentes”, vai depender da fatalidade ou dos fados do destino?, ¿cantos avisos dos viciños denunciando unha danada estructura son necesarios?, ¿cantas promesas incumpridas?, ¿a que se espera para actuar? Asemade, ¿alguén ignora que a medieval Ponte de Traba, sobre o río do mesmo nome, espera exhausta a chegada dunha nova invernada?, ¿que, de non axudala reforzando os seus piares e defensas ante as augas, o seu derrube só depende da capacidade de resistencia dunhas forzas de por si moi debilitadas? O mesmo acontece coa románica capela de Santa Cristina, alí soa no interior do que foi o seu camposanto, totalmente esquecida e abandonada,


E que dicir do Casco Histórico da vila de Noia. A aprobación dun Plan Especial de Protección do mesmo escomézase a incumplir de xeito sistemático ós poucos días de aprobarse: Peches de seguridade, rótulos, cores de fachadas, fóra de normativa; derrubo de edificios protexidos; tratamento irregular de ocos de fachada nos baixos; ... a ilegalidade consentida é a norma. A nosa sociedade civil está acostumada á desidia dos nosos representantes políticos que, lonxe de defender e conservar o patrimonio, actúan en moitos casos con claros signos de ignorancia. As súas actuacións son, ás veces, froito da improvisación, de arroutadas do político de turno que considera a súa idea como única e xenial e lévaa a cabo sen unha planificación axeitada e global. Como mostra disto temos a actuación do Concello na suposta peonización do Casco Histórico de Noia, actuación que se limitou a restrinxir o paso de vehículos por un par de rúas. Curiosamente, todo o contorno de San Martiño segue sendo un aparcadeiro inverosímil nunha vila que di protexer os seus monumentos. O grave neste tipo de actuacións é que non existen, hoxe por hoxe, mecanismos sociais que obriguen ás autoridades a cumprir a lei –que existe, non hai dúbida diso– que protexe e conserva a nosa memoria histórica, sexa patrimonial ou paisaxística. A impunidade que preside as nefastas actuacións dos nosos responsables políticos leva moitas veces a pensar que teñen durante o seu mandato carta branca para facer o que se lles antolle. Con seguridade, nos países desenvolvidos, onde se considera o patrimonio como un ben rendible que se debe preservar mesmo tamén por intereses económicos, as actuacións indignas dos responsables políticos terán consecuencias mesmo xudiciais. Aquí, por desgracia, só nos queda agardar a

que consoman o tempo do seu mandato e non perder a esperanza de que veñan outros mellores. Debemos empezar a considerar que os poderes públicos teñen a obriga de cumprir as leis e de que ese cumprimento é un dereito que os cidadáns temos e non unha gracia magnanimamente outorgada polos que gobernan. Hai leis que protexen o noso patrimonio. Esixamos que se cumpran. Os poderes públicos actúan con frecuencia no tema do Patrimonio, como unha medida de propaganda motivada polo éxito fácil e momentáneo que reporta a fotografía de inauguración. Publicítase a intervención puntual en pro da protección do Patrimonio mediante folletos e guías turísticas ou a través dos medios de comunicación, e ó mesmo tempo estase a permitir con pasividade e desidia o progresivo deterioro ou destrucción do conxunto do mesmo. Son coñecedores que o monumento histórico pode presentarse como unha “imaxe de marca” do conxunto da urbe ou do concello, e por conseguinte, van facer unha utilización propagandista de determinados aspectos do Patrimonio cultural, esquecendo aquilo que non se presta ós seus intereses meramente electoralistas. Cegados pola adulación instantánea, vense como salvadores do monumento, sen decatarse de que iso non é suficiente, e obviando os aspectos fundamentais que si farían verdadeiramente exitoso un programa rehabilitador. CONCLUÍMOS: Somentes desde unha visión global poderá abarcarse a rehabilitación integral da paisaxe construída. Só tendo en conta o Patrimonio no seu conxunto, harmonicamente integrado na paisaxe, no convencemento da importancia da súa conservación como elemento identitario, e do que supón de responsabilidade a súa conservación de cara ás xeracións futuras, pode concebirse o levar a cabo un proceso de rehabilitación integral do mesmo. A planificación a longo prazo dunha actuación sobre o territorio construído, solidaria e comprometida, significa coñecer as necesidades reais, ter vontade de buscar solucións, e obter os recursos ó efecto. Iso significa crer, en definitiva, na historia propia e nas súas potencialidades. DEMANDAMOS: – Identificar, catalogar e inventariar o conxunto patrimonial. – Evitar a degradación e perda das construccións en maior perigo mediante unha actuación urxente: Pontenafonso, ponte de Traba, capela de Santa Cristina ... – Favorecer a restauración e rehabilitación dos bens culturais facendo uso de materiais axeitados. – Conservar de xeito integral o patrimonio construído e o medio, vendo a paisaxe natural e construída como un todo. – Preservar e revitalizar os bens culturais como un patrimonio a conservar para legalo ás xeracións futuras e como un activo económico.

49

colonizada por hedras e outra vexetación, que van comendo as súas entrañas, ¿canto resistirá en pé ante o ataque dos elementos?


RELACIÓN DE ASINANTES XOAN X. MARIÑO REINO Ensinante e investigador. Mª DOLORES ARXÓNS ÁLVAREZ Ensinante e Coord. de “Casa da Gramática” PEDRO GARCÍA VIDAL Ensinante e investigador. XERARDO AGRAFOXO PÉREZ Ensinante e investigador. NACHO COSTA BEIRO Pintor. PÍO COSTA BEIRO Pintor. CONCHA SABUCEDO ÁLVAREZ Ensinante e Coord. de “Casa da Gramática”. MIGUEL FERNÁNDEZ NOGUEIRA Director do I. E. S. “Virxe do Mar”. PILAR MELCÓN NÚÑEZ Vicedirectora do I. E. S. “Virxe do Mar”. XAVIER CASTRO RODRÍGUEZ Xefe de Estudios do I.E.S. “Virxe do Mar”. ANA Mª BLANCO GÓMEZ Patronato Rosalía de Castro. XABIER A. OLARIAGA Ensinante e escritor. RICARDO DE BARREIRO Pintor. ALFONSO COSTA Pintor. JULIO M. CAAMAÑO PÉREZ Director do I.E.S. “Campo de San Alberto”. Mª MANUELA DOSIL VIEITES Ensinante. ELENA NOGUEIRA RIVADULLA Vicedirectora do I.E.S. “Campo de San Alberto”. MATÍAS BARREIRO BLANCO Xefe de Estudios do I.E.S. “Campo de San Alberto”. JUAN M. RODRÍGUEZ CAMPOS Secretario do I.E.S. “Campo de San Alberto”. Mª ANTONIA CASTRO P. Ensinante e gravadora. ANA CAMBEIRO Gravadora. Mª JOSÉ ESPAÑA GONZÁLEZ Ensinante. RAMÓN CARREDANO COBAS Membro da Xunta Directiva da Sociedade Liceo. JOSÉ LUÍS VEIRAS MANTEIGA Pintor.

50

Mª TERESA GONZÁLEZ CES Artesá. XOSÉ AGRELO HERMO Director do I.E.S. de Muros, Dir. de Toxosoutos, Escritor.

BERTA NIETO VILLAR Ensinante. DOMINGOS CAMPOS ALBORÉS Ensinante. DOLORES MARTÍNEZ PROL Ensinante. LUÍS AVILÉS BAQUERO Audiovisual. RODRIGO ROMANÍ BLANCO Compositor e músico. J. ISAAC RODRÍGUEZ JUANATE Membro da Xunta Directiva do Casino. JESÚS MARTÍNEZ MOLEDO, “SUSO XOGAINA” Fotógrafo. IGNACIO SUÁREZ CARNOTA Colectivo Literario Sacou. MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ Colectivo Literario Sacou. MANUEL MARIÑO REINO Músico e pintor. MANUEL CAAMAÑO MARIÑO Encargado Casa da Cultura de Noia. FRANCISCA CASTRO BLANCO Ensinante. JESÚS GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ Bobliotecario. ANDRÉS CASTRO CAAMAÑO Investigador. MARÍA ESPERANZA PONTE CASTRO Ensinante. JOSÉ MANUEL BARREIRO INSUA Ensinante. AVELINA NEIRO CUENCIO Ensinante. IRIA LAGO GARCÍA Colectivo Literario Sacou. RAMÓN BLANCO FERNÁNDEZ Colectivo Literario Sacou. MANUELA PÉREZ MATO Arqueóloga. ROSA MARTÍNEZ FERREIRO Ensinante. XEPE TORRES REINO Ensinante e investigador. AURORA MARCO LÓPEZ Ensinante e investigadora. XOÁN GARCÍA FERNÁNDEZ Colectivo Literario Sacou. LOLA GIL AGRA Arqueóloga.


O VELLO PALCO DA MÚSICA MUTILADO. A falta de agarimo polo patrimonio propio

coqueto palco en pedra que preside a alameda de Noia, obra construída por encargo do alcalde Pedro Sáez Pichel e inaugurada en 1950 sendo rexidor Manuel Blanco Ons, alza aínda hoxe a súa singular figura poliédrica no bordo norte deste espacio de lecer. Trátase dunha obra sinxela pero fermosa. Con base en ben traballados sillares de granito e baranda en ferro forxado, da que se prolongan columnas no mesmo material a soster un tellado en forma de paraugas protector, o coñecido como palco da música, constitúe un elemento patrimonial destacado dentro do conxunto axardiñado-verde que é a admirada alameda noiesa.

O paso dos anos escomeza a afectarlle en forma de crecente re-xeite por parte dunhas orquestras cada vez máis necesitadas de espacio. O palco quedábase pequeno, pero aínda resistíu uns anos, tempo no que os grupos musicais sonaron con potencias de racionalidade. Os novos tempos de culto ós watios, sen embargo, personificados en forma de mastodónticas torres de amplificación, fixeron que o vello palco fora arrinconado, e en sinal de desprecio convertido nun lugar accesorio para colgar no seu lateral un mamotreto de cables e enchufes co que suministrar enerxía ós novos e agresivos palcos que se colocaban ó seu carón. O seu acolledor piso de madeira quedaba somentes para dar cabida ás tradicionais bandas de música, sempre auténticas por carecer de todo artificio co que sacar as notas ó ar para deleite dos oídos sen necesidade de artificiais amplificacións. Os poderes públicos, mentres tanto, acordaban do antigo palco para ordear aplicar sobre o abandono unhas capas de pintura enmascaradora dunha realidade molesta, ou acometer urxentes reparacións, sempre en vísperas

51

A octogonal silueta do palco en granito, testemuña dunha ben gañada fama de bo facer en pedra duns canteiros que chegaron a acadar xusta sona, foi converténdose co paso do tempo en depositaria, xunto con ban-

cos e baranda corrida, dunha imaxe de autenticidade nunha alameda cada vez máis desnaturalizada de palmeras e azulexos. Bandas de música e orquestras sentían fachenda por tocar nel. Era todo un luxo para a época.

Inauguración do palco da música o 31 de decembro do ano 1950. Imaxe aparecida na revista Tapal no número de febreiro do 1951


festivas. Máis recentemente, a vaidade e soberbia do poder quedará asinada en forma de placa metálica que, atornillada perforando o corpo pétreo do monumento, certifica igualmente o impúdico desprecio sobre tan singular ben patrimonial.

Pedro García Vidal

52

Tiña que ser un macroconcerto –non podía ser doutro xeito– o que puxera finalmente ó diminuto palco no seu lugar. ¿Como ía consentirse que aquela antigalla insignificante supuxera o máis mínimo impedimento para unha actuación de tal calibre?, ¿que representaba aquela miniatura obsoleta para poder obstaculizar a colocación dun escenario tan monumental nunca antes visto na alameda noiesa?, ¿por que había que perder un só instante de tempo en pensar nunha solución menos traumática?, que máis daba que se tratase dun elemento patrimonial catalogado e protexido, incluído dentro dos lindes do casco histórico. Había que definirse. Sería de provincianos pensar en priorizar quen tiña que perder. Solución: amputar, cortar polo san. Deste xeito,

algún universalista defensor do progreso redentor, autoriza mutilar o entrañable palco da música. Na claridade da solución non pensa sequera que a súa actuación pode ser considerada como falta grave contra o patrimonio e, polo tanto, sancionable por lei. O pasado patrimonial non debe obstaculizar o novo tempo, berran estes vendedores de fume, mentres publicitan hipócrita e cinicamente defender o patrimonio. Aí radica a clave da situación de penuria en que actualmente se atopa o patrimonio cultural noiés e galego, e o desprecio a que se ve sometido a cotío. ¡Que tristura! .

25 de agosto de 2001. Un empregado municipal, serra en man, procede á mutilación do vello palco da música, un monumento catalogado e protexido por Lei, co fin de facilitar a montaxe do macroesceario preparado para a actuación da cantante Mª del Monte.


Cancións de Noia Prudencio Romo

Canto a Noia

resento neste número unha composición que un compañeiro estreou no ano 1956 naquel vello Liceo, que foi un pouco o símbolo da nosa vila. Aquel Liceo, referencia de estilo e diversión para os forasteiros, que inventaban historias para poder asistir ás verbenas na súa famosa pista. Cantaron esta peza acarón do vello hórreo dous compañeiros que xa non están entre nós: Constantino Pego (O Xitano) e Maceiras. Estou a falar de Os Beiros.

O autor que presento nesta colaboración é Eugenio Lestón (Genucho) que, ademais de “Canto a Noia”, é autor de moitas das cancións que interpretaban Os Beiros, e tamén de composicións para banda e coros. O que isto vos conta, estaba á outra banda do camiño, pois era rival artístico de OS BEIROS,

53

Os Beiros tiveron un papel moi importante na música que soaba nas nosas festas, ao lado de outras orquestras, todas elas da nosa comarca. Lembro agora a Orquestra Creo-Brasil, a París, Horizontes del JAZZ, Veracruz e outras que deixo para falarvos delas no sucesivo.


mais admiraba e respeitaba o traballo de Eugenio Lestón porque, coma min, traballaba por elevar o nivel artístico e persoal dos músicos, infravalorado naqueles tempos. Agora, despois de moitos anos de loita e de peregrinaxe, volvemos atoparnos no camiño tranquilo que deixan as pegadas dos anos, e rememoramos os vellos tempos, medrando, no noso interior, unha profunda e sinceira amizade.

54

Como homenaxe a Eugenio Lestón Alcaina, o día 17 de novembro do ano en curso, o cantante noiés José M. Túñez, acompañado da Orquestra Key, interpretará no Salón de Actos da Sociedade Liceo a canción “Canto a Noia”.

Eugenio Lestón Alcaina


Visións de Noia Fermín Bouza-Brey

Unha hora na paz do cimiterio de Noia

Este ano en que se celebra o centenário do nacimento de Permin Bouza-Brey, a revista “Alameda”quer render-lle a sua particular homenaxe lembrando brevemente a sua figura e incorporando a esta sección a saudosa evocación que fixo sobre o cemitério de Santa Maria a Nova.

Como escritor, destaca a sua faceta lírica: foi o iniciador da escola neotrovadoresca co seu primeiro poemário, Nao senlleira (1933), onde recolle e adapta a técnica e o espírito da lírica medieval e, máis concretamente, das cantigas de amigo (paralelismo, leixapren e refrán). Embora a sua produción poética non sexa extensa –só publicou un segundo poemário, Seitura (1955)–, a sua obra, absolutamente persoal e cun selo inconfundíbel, foi unha das máis xenuinas realizacións da poesia contemporanea. Bouza fixo tamén unha pequena incursión na narrativa: en 1925 publicou Cabalgadas en Salnés, subtitulada “lembranzas

dun fidalgo”, ambientada na Galiza decimonónica. Como ensaista salientan os seus traballos sobre a biografia de Rosalia de castro, publicadas en diferentes revistas e reeditados en 1992 co título de Artigos rosalianos. En 1963 fixo unha edición crítica de Cantares Gallegos, comemorativa do centenário do nacimento da grande cantora do Sar. Mais se como criador literário ten un posto de seu na história da literatura galega, a sua produción máis relevante acha-se no campo científico. Foi un auténtico polígrafo e os seus traballos abranxen diversas ciéncias do saber humanístico: Prehistória e Arqueoloxia (xunto con López Cuevillas, foi un dos sistematizadores da Prehistória galega), Epigrafia e Numismática, História (centrou-se, sobreto, nos estudos relativos aos períodos xermánico e suevo), Arte, Etnografia… O seu esforzo investigador materializou-se en perto dun millar de publicacións, que o converteron nun dos máximos eruditos da bibliografia galega contemporánea, con grande prestíxio na comunidade científica internacional. Fermin Bouza-Brey morreu en Santiago de Compostela, onde viveu na derradeira etapa da sua vida o 11 de xuño de 1973. En Vieiros, revista do “Padroado da Cultura Galega no México”, dirixida por Luis Soto Fernández, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, no número 1 (1959), publicou Bouza-Brey a evocación a que fixemos alusión e que aquí reproducimos: Hai nas Rías Altas da Galiza, unha vila evocadora e misteriosa que é doce pervagar do brazo de algunha venturosa lembranza: a Vila de Noia. Perdeuse no tempo como fror prensada nas follas de un libro esquecido, e que algún día foi o resto amado de unha pasión saudosa. Lonxe das vías do tráfego interurbán, buscada polas ondas leves do río Traba e do sonoroso Tambre, tráelle

55

ermín Bouza-Brey naceu en Ponteareas o 31 de marzo de 1901. Cursou estudos de Filosofia e Letras e Direito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira xudicial e exerceu de maxistrado en diferentes cidades. Vinculado desde moi novo à cultura galega, en 1923, xunto a outros estudantes, foi un dos artífices da fundación do Seminário de Estudos Galegos, institución vital no desenvolvimento cultural, que tiña como obxectivo principal a formación de investigadores e o estudo científico de Galiza en todos os seus aspectos. Bouza-Brey realizou un intenso labor no SEG e, máis adiante, no Instituto Padre Sarmiento, continuador daquel.


o mar Atlántico lonxanos efluvios de perdidos minutos de poderío e melancolía. As casas do burgo medieval viven aínda baixo a melancolía apuntada como unha espiña das oxivas. Hai unha tristura de claustro en algúns anacos da rúa, que animan os batifondos dos mercados e das feiras. Nos peiraos do porto, as barcas de pesca remansan, como agardando por unha inspiración. Pradilla, que a visitou, deixounos apuntes do seu vivir plácido, nos derradeiros anos do século XIX. ¡Todo o que teña alma de artista debe visitar a vila de Noia! Atravesando os séculos, por riba dos progresos urbanísticos, aboia nas caladas horas nouturnas a saudade da cántiga, que o pobo atribui ao autor da vella ponte noiesa, un rapaz pedreiro que alí consumiu a súa vida. É un laio rachador, un adeus doente de morte sin remedio: ¡Adeus, ti, Ponte Nafonso! Non sei quen te acabará. Trinta anos me levache, Fror da miña mocedá.

56

Iste peso dos vellos historiadores que lle chamaron Noela, das antigas crónicas que a nomearon “chave de Galiza”, das depredacións normandas e das loitas señoriaes co Arcebispo de Compostela, recai como nun pano sagro no cimiterio de Santa María. É unha quintana, unha antiga quintana herbosa e fresca, onde noutros tempos –en medio dos túmulos– se axuntaban para facer estrados ou xusticias os alcaldes da vila. É un adro, que ten no seu centro a eirexa que “edificou e sagrou” –asegún reza o epígrafe dun tímpano– o Arcebispo

Berenguel de Landore no século XIV; aquil discutidísimo prelado que, nado en Francia, tanto interviu nas loitas políticas galegas do tempo. É un panteón onde dorme boa parte da nobreza galega, da burguesía noiesa e dos individos dos gremios ds antiga vila. Un panteón tranquío, como un agro ou como un prado, onde se durmeu o vento que non move as frores silandeiras, nadas á ventura acó e aló. A fidalguía dos Guisamondes e dos Caamaños, dos Romeiros e dos Mariños, afaise á beira dos xastres e dos carpinteiros, dos zapateiros e dos curtidores. Alí os brasós máis requintados da heráldica galega, emparexan cos símbolos gremiaes –as tesoiras, os machados, as anclas– na mesma pedra de fino grau salgado dos cons da ribeira. Eiquí temos a Pedro Carneiro, de quen reza o seu epitafio que era “veciño da porta da Corredoira”. Acolá anda Xoán de Estibadas, un taberneiro de moita conta que deixou bos diñeiros para a Cofradía dos Cregos en 1397. Parez como si de sempre nos coñecéramos: que saen ao


noso encontro e que nos invitan a descansar tamén, naquel curruncho senlleiro do cimiterio de Noia.

alcipreste isolado, unha oliveira acaracochada, unha roseira brava tal vez… As xeneraciós sucédense baixo da mesma pedra labrada co sinal da cruz ás penas.

¿Qué nos quer decir aquela lousa? Antre as letras e os símbolos grabados, ten un liquen mouro, tristento, que fala ao esprito algunha cousa fonda que non percibimos ben. Soletreamos: “Aquí xaz Lope Urcete Mateu, Mercador de Bilbau”. Por baixo das letras unhas tesoiras e unha vara de medir. Si a imaxinación suplise á historia, a cousa era doada. Un mercader de panos de Bilbau veu a Noia a mercar lenzo galego, para traficar na súa terra; e aquí quedouse á soma de Santa María, por imperio da morte.

¡Camposantos da miña terra! ¡Cimiterio de Iria onde xaceu o corpo de Rosalía, responsada polas belas oliverias que ela mesma cantou! ¡Romántico cimiterio de Ribadavia custodiado de mirtos e de alciprestes! ¡Cimiterio de Castrelo de Miño empoleirado hastra o ceo, onde achou paz unha raíña! ¡Cimiterio compostelán de Santo Domingo, musgoso de mirtos e de loureiros, onde repousan os graves e doctos universitarios de outrora!

Veleiquí están o Xoán Moas, aquil vello notario, o señor Antonio Alvez o tendeiro; e o rector de Santa María de Argalo, Álvaro de Ben. Dentro da eirexa, en solene arcosolio, un banqueiro dos Arcebispos de Santiago: Pedro Carneiro; e no chan, homildoso, o crego Xan de Sabugueiro. ¡Pénsase que tivemos que coñecer a istes que levaron taes nomes, tan axeitados aos destinos de cada un como si a fonética se adaptase aos cárregos e aos oficios!

¡Cimiterio de Noia, en fin, onde un grande fillo da Galiza renacente topou un xacigo modesto –falo do insigne Don Eladio Oviedo e Arce–, que os tempos che conserven ise aire misterioso de agachado recanto, onde se agarda o xuicio de El Señor! ¡Camposantos da miña terra! Veñen á ideia os versos de Rosalía… Cimiterios de Galicia, frescos como os nosos campos, en cal dormirá algún día, este, meu corpo cansado.

E cobexando a todas as sepulturas, o palio de pedra de baldaquino con baixoreleves da caza, simbólica da vida quezais. Un baldaquino solene e grave, como unha pirámide tumular, acolle un cruceiro aldeán, patético e sinxelo. Polo camposanto adiante, outras cruces de pedra erguen o seu varal ouricelado.

A súa vista, veñen á lembranza aquiles outros cimiterios galegos, sin mármores nin estatuas, nin latinorios presuntuosos nos epígrafes, sin cultivadas frores antre os cinerarios… Un

57

¡Quen será o que vaia a Noia, cos ollos do esprito abertos, que non faga estación de camiñante emocioado no cimiterio de Santa María!


Pinceladas sanitarias

Víctor Vez Vilar

O COLESTEROL alábamos no anterior artigo da inxustificada crenza que atribúe ó colesterol o papel de “inimigo da saúde”. Vexamos como realmente non só non é así, senon máis ben todo o contrario. Ó mesmo tempo, analizaremos o seu verdadeiro papel e como debemos comportarnos ó respecto. ¿Qué é? O colesterol é unha graxa presente no organismo humano e mesmo en moitos animais. Non poderíamos vivir sin colesterol xa que forma parte da membrana das células e serve, asemade, para a formación das hormonas, Vitamina D e sales biliares (que permiten dixerir as graxas). O bó e o malo

58

Nen o colesterol nen ningún tipo de graxa podería circular polo sangue como tal. Precisa dun “medio de transporte”: as lipoproteínas, que veñen sendo unha combinación de proteinas e graxas e que se clasifican pola súa densidade, denominándose científicamente dacordo coas siglas da nomenclatura inglesa: Lipoproteínas de moi baixa densidade: VLDL. De baixa densidade: LDL e de alta densidade HDL. Segundo sexa o “medio de transporte”, así será o comportamento no organismo: as VLDL e as LDL levan as graxas (e polo tanto o colesterol) do figado (que é onde o “fabrica” o organismo) ós tecidos para almacenalas; mentras que as LDL levan as graxas dos tecidos ó fígado para queimalas.

Cando falamos de “tecidos”, pensemos nas paredes das arterias, xa que o acúmulo de placas de colesterol (Placa de “ateroma”) e o endurecemento das mesmas arterias por mor do colesterol son un dos principais responsables (pero non o único) dos problemas cardiovasculares, tales como arterioesclerose, infarto, etc. etc. Vemos pois que a función das lipoproteinas LDL é perxudicial para a saúde e esa é a razón pola que se lle adxudica o apelativo de colesterol malo, mentras que a función beneficiosa das lipoproteinas HDL fan que o colesterol que trasportan sexa coñecido como colesterol bo. ¿De onde ven o colesterol? Xa ficou dito que o fígado “fabrica” colesterol. A palabra correcta sería sintetiza. Vexamos: o 30% do colesterol presente no noso organismo procede directamente dos alimentos que inxerimos. E o 70% restante sintetízao o fígado a partir dos alimentos. Vemos pois a importancia que ten a clase de alimentos que consumamos, xa que segundo sexa a nosa dieta, así será o tipo de lipoproteina. Ou dito doutro xeito: segundo o tipo de graxa que comamos, así teremos máis ou menos colesterol “bo” ou “mau”. Colesterol e dieta En principio, compre suliñar que, en teoría, co colesterol que sintetiza o fígado sería suficiente para cubrir as necesidades do organismo. Digamos que as graxas que se denominan saturadas son as responsables do aumento do LDL (ou “colesterol mau”). Manteiga, nata, embutidos, carnes graxas, pastelería, etc. serían os alimentos que nos proporcionarían LDL. As graxas insaturadas pola sua parte, nos proporcionarían HDL (ou colesterol bo). Peixes (peixe azul), aceites vexetais, olivas, noces, améndoas, avelás, etc, son os alimentos ricos en HDL. Non obstante, no referente a aceites vexetais teñamos en conta que non todos eles nos proporcionarían “colesterol HDL” xa que hai aceites (coco, palma, palmito) que teñen unha estruc-


Se a isto engadimos que son máis baratos que os aceites de oliva ou sementes, entenderemos por que adoitan estar presentes nos procesos de fabricación da meirande parte dos productos de bollería industrial, pois como pode comprenderse, sen incumplir a lexislación, a súa utilización abarata custos. Esta é a causa pola que moitos médicos (pediatras, cardiologos, etc.) alertan sobre o consumo excesivo destes productos. Consellos: a/ Alimentarios Para mellorar a taxa de colesterol no sangue, recoméndase seguir unha alimentación rica en productos vexetais: comer máis legumes, froitas, cereais. Reducir o consumo de graxas animais, escollendo carnes magras. Consumir preferentemente productos lácteos desnatados. Utilizar aceites (oliva, sementes) para cociñar en vez de manteiga Comer peixe, cando menos dúas ou tres veces á semana. Reducir o consumo de bombóns, pastelería e bollería. Moderación no consumo de bebidas alcoholicas e de sal. b/ Hixiene de vida Xa se apontou que o colesterol (ou se se prefire a alimentación) non é o único responsable das enfermidades cardiovasculares. O tabaco, ademais doutros efectos perxudiciais (sobre todo no aparato respiratorio), favorece a aparición de placas de ateroma nas paredes das arterias, e ó mesmo tempo parece ser que favorece a disminuición de colesterol HDL.

O estrés é, segundo algúns investigadores, responsable do aumento da taxa de colesterol. O exercicio físico, exerce unha influencia moi positiva no aumento da taxa de colesterol bo (HDL). A hipertensión ten un efecto negativo sobre os vasos sanguíneos, volvéndoos fráxiles e favorecendo os depósitos de colesterol LDL Non podemos esquecer que o sobrepeso é asemade un factor de risco máis. Concluindo: Vemos que o colesterol non é en sí ningún inimigo da saúde, sempre, claro está, que se manteña dentro das cifras consideradas “normais” (menos de 220 de colesterol total). Pero máis importante, se cabe, que manter a “raia” a cifra de colesterol total, é que a proporción entre HDL e LDL sexa a adecuada (así, pois, o que realmente deberemos manter a “raia” é o chamado colesterol “mau”) Para iso non temos máis que seguir os consellos xa indicados: Control da alimentación, exercicio regular, control do sobrepeso e moderación (ou supresión) de tabaco e alcohol. E a vivir moitos anos con boa saúde ...

59

tura química semellante ás graxas animais polo que favoreceren a aparición de colesterol “malo”.


Cousas de Noia Gomari

60

Xunta Rectora do NOIA F.C. organiza un campionato para os conxuntos modestos e os equipos xorden por doquier, moi ben organizados, por certo, e algúns coas correspondentes directivas e co seu adestrador e masaxista. O que demostraba que os equipos tiñan desexo de quedar ben diante da afección no recinto de San Alberto. O ter na vila de Noia un equipo arbitral magnífico e numeroso, dirixido por José Salanova Rodríguez; o ter na directiva do NOIA F.C. xente cualificada e preparada, e o ter unha afección que sempre respondeu ante os diversos eventos que se lle ofrecían, animou aos dirixentes a embarcarse nunha grande aventura. E dicimos “aventura” porque a directiva organizadora non contaba cun problema ao que se ía enfrontar o barco dirixente e a súa tripulación: o “handicap” non era outro que ningún equipo estaba disposto a perder con esta mentalidade dos equipos, con estas miradas de tanta estreitura tiñan que cubrir moi pouco terreo. A competición finalizou como o rosario da aurora, mais, con todo, o torneo tivo unha organización perfecta, foi unha competición moi ben organizada. Víronse bos partidos, algúns de moita clase e perfeccionada técnica, e os afeccionados saían compracidos do vetusto campo de San Alberto. E como remate final, no escaparate do negocio de D. José Fernández Vilas (Pepino o Ceboleiro),

Temporada 1.948-1.949 (e III) aparecían cada luns os resultados da xornada, e no bisemanario META, publicabáse un comentario de cada partido.Ou sexa que nada ficaba no tinteiro. Os equipos participantes nesta Copa da Ría eran os seguintes: BARCIA C.F. de Noia BOA C.F. de Boa (Noia) CAMARON C.F. da Chainza (Noia) FONFORRON C.F. da Vila de Porto do Son INVERNAL C.F. de Portosín LANDIN C. F. de Noia MUROS C.F. de Muros de San pedro RAPETA C.F. do Obre (Noia) O NAVALES BARCIA C.F. era un equipo que se fundou no Malecón de Cadarso, e na súa directiva aparece como presidente José Sabín Nieto e como segundo de abordo José Baltar Abella. Pouco a pouco, foise escorando cara o centro da vila e xa aparecía como “euipiers” xogadores de verdadeira clase, algúns deles chegaron a xogar no equipo local da serie A rexional e outros emigraron a outros lares, chegando a xogar torneos internacionais. Neste equipo do Navales BARCIA C.F. destacaban o bon porteiro Juanatey, o magnífico extremo Basilio Rodríguez Castro, que se desenvolvía moi ben pola banda dereita, o centro dianteiro Juan Reino, o interior esquerdo Paco Sarmiento, un xogador dunha clase extraordinaria, que para si quixeran os que hoxe son considerados cotizables. O outro interior era Moncho Costa Sánchez, o chamado interior de enlace; o sacrificado do equipo na banda deste lado, o extremo Milucho Seijas. Era un equipo de luxo que o 25 de abril de 1949 se enfrentou ao conxunto local do LANDIN C.F. e, como premio ao seu traballo e bon facer ante o equipo rival, recibiron a prima de 24 pts. Outro partido para a lembranza é o Muros C.F.- N. Barcia que finalizou coa victoria do conxunto naval por 3-1. Este partido foi arbitrado por D. Jesús “O cebolo”. Antes de dar comezo o encontro o xogador do Barcia, Andrés “O galego”, dirixiuse ao árbitro decindo: este balón parece unha vexiga e, a seguir, o “trencilla” sinaloulle o camiño dos vestuarios. Foto 1.- Na foto que reproducimos aparece o primeiro conxunto do Navales Barcia C.F., formado polos seguintes xogadores: Balolo, Lelucho, Milucho, Vicente, Gonzalo, Portugués, Sarmiento, Peldebé, Luis, Segundo, Andrés e Hermida. Foto 2.- A foto foi tomada o 25 de abril de 1949, antes de dar comezo o choque local Barcia-Landín, e está tomada na portería que lindaba


Foto 1

coas leiras de Santolo. Nela aparecen de esquerda a dereita e arriba: Andrés (o Galego), Manuel Hermida, Balolo, Gonzalo Salanova e Benito Juanatey (porteiro), e vestía de xersei amarelo. Agachados: Moncho Costa, Emilio Seijas, Juan Reino, Basilio Rodríguez Castro e Paco Sarmiento Rodríguez. Todo un equipo que hoxe traería de cabeza a moitos equipos de rexional preferente e a outros tantos de 3ª división. Moitos afeccionados –asiduos a San Alberto– lembraban con nostalxia a algúns dos componentes, e a directiva do Barcia, ao disolverse o torneo, ofreceulles un pequeno “ágape” no Bar do Cine Galicia, rexentado naquela altura por Sabín, O Moreno, e M. Germán Mayán. O Landín C.F. era outro equipo noiés, que viña ser unha sucursal do Clube Area, que recibiu este nome porque un armador deste apelido estaba construindo un barco nos asteleiros próximos a Noia, pensando que sería un bon patrocinador.

Un conxunto de grande poder ofensivo, cun bon porteiro en Santiago Allut, un grande medio centro en Marcial Breñilla e unha dianteira que saía a goleada por partido. Foto 4.- A foto que aparece corresponde ao equipo da Vila de Porto do Son, representada polo FONFORRON C.F., coa súa alma mater, Rufino Maneiro Dávila, ao tempo xogador do equipo albinegro en compañía do seu irmán, o porteiro Zamorita. A foto foi tomada o 12 de xuño de 1949 antes de dar comezo o encontro

61

Presidía o equipo D. José González Vázquez (Pepe Culebras), sendo adestrador D. Alfonso Louro (Torpedero) e utilleiro José Gómez Ulloa.

Foto 3.- Na foto aparecen de esquerda a dereita: Pepe Culebras, Santiago Allut, Rafael González, Antonio Cao (O chato) Marcial Breñilla, Martín Hermo, Pepe Pestonit, Chemanel, Joaquín Fernández, Alberto o Bravo, Alberto Pérez, o Torpedero e co botiquín Joseito o Bravo.

Foto 2


FONFORRON-INVERNAL, con moita xente na vella grada de madeira, no antigo campo do Bosque, máis tarde baptizado co nome de San Alberto. Nela aparecen: de pe e de esquerda a dereita Fidel Bello (porteiro), Lisardo Sampedro, Miluco, Moraña, José Avilés, José Luis Colomer e José Sampedro. Agachados- Alejandro Pazos, José Bouzas (o paparrulo), Galitero, Pepe Sampedro e Bernardo. Para o partido contra o Invernal, confíaselle o cargo de adestrador ao Sr. Picher, que era Delegado de Abastos no concello de Ribeira. Este díxolle a Fino que non o ía aliñar naquel partido, e o seu irmán, Zamorita, fixo causa común e tampouco xogou. O partido finalizou coa victoria do Invernal C.F. (3-2), o que deu lugar á retirada do equipo do Son, por dirixir o partido dos árbitros (Salanova e Rubiche). Un mal perder de xente que presumía de deportista e que deixou coxa á competición. O RAPETA C.F. do Obre representaba ao anexo de Santa Mariña na parroquia de San Martiño. Por estas calendas, o Obre era unha saída con moi poucos veciños e escasos medios económicos. O entusiasmo dun reducido grupo de afeccionados, capitaneados por Manuel Rodríguez Martínez (o Roncho) –máis tarde Manolo do Liceo- enfrascáronse no torneo e tiñan un conxunto máis que aceptable. Antes de enfrentarse ao equipo do Fonforron C.F. foi captada esta imaxe na que aparecen os sguintes xogadores: de pe,e de esquerda a dereita: Jaime Mariño (porteiro), Celestino do Coto, José Cabezón, Jesús Nimo Abeijón e Nocho. Agachados: Benigno de Paco (o Pardelo), Adelino Rios Filgueira, Andrés Melchor, Felitos, Manuel Rios Filgueira (Nolo) e Manolo Canabal (o Rubico). O equipo retirouse do torneo por unha decisión arbitral que lesionou os intereses do equipo de Santa Mariña, e con esta decisión moi pouco deportiva, corrobora o que dicía ao principio: todos os equipos querían ser “cabalo ganador”. O INVERNAL C.F. de PORTOSIN tiña un grande conxunto con xogadores como Rechou, o Negro, o extremo esquerdo

62

Foto 3

Limés, o bon porteiro Toñín e tantos outros que se perderon na lembranza. É mágoa que non se conserve unha fotografía daquel equipo e iso que se buscou por todo Portosín mais non hai forma de encontrala. O mesmo podemos decir do MUROS C.F., capitaneado por Carcamán e outros bos xogadores que o facían no Campo de Lariño, onde hoxe está ubicado o terreo de xogo do Ancoradoiro. O BOA C.F. con directiva presidida por D. Jesús Rios Silvaera, un grande dirixente e un bon deportista. Reunira un excelente plantel de xogadores, capitaneados por José Luis Bandín e fixeron unha competición discreta. O CAMARON C.F. da Chainza (Noia) era un equipo formado por xente do lugar con incrustacións do Campo das Rodas. Era o colista do torneo e tiña máis moral que o Alcoiano. Non creou problemas á organización e xa ten o su mérito. RETAZOS DO CAMPEONATO. Crónica en EL IDEAL GALLEGO Del encuentro INVERNAL-FONFORRON, es falsa, absolutamente falsa, la noticia circulada ayer en cierto periódico vigués, haciendo constar que el Invernal F.C. de Santiago, resultó claro vencedor del Club Fonforrón de Puerto del Son, en el partido celebrado en Noya el pasado día 12 del actual, pues aunque el equipo san-tiagués saltó al campo animado de las mejores esperanzas por ha-


Foto 4

El colegiado Sr. Salanova dirigió el encuentro durante el primer tiempo siendo sustituido en el segundo por su colega Sr. Rubiche, relevando este al primero del compromiso adquirido y sentenciando un 3 – 2 a favor del Invernal, pues el Sr. Salanova se encerró en sus casillas sin comprometerse a salir en la segunda parte. Por ello, la directiva del Fonforrón, considerando injusto el resultado del encuentro y haciendo uso de un perfecto derecho reglamentario pidió la anulación de este partido y propuso la celebración de un nuevo encuentro presidido por un Delegado federativo encargado de controlar el arbitraje...y siguen las explicaciones del Fonforron en una larga crónica.

Así se respiraba en los dos equipos participantes y como nadie quería perder, terminó todo, suspendiéndose el torneo con el perjuicio para los equipos que no participaban de estas rencillas. EPILOGO.- Unha competición organizada coa máxima seriedade, cun grande entusiasmo e con moita ilusión, acabou moi mal, ante a intransixencia do Fonforrón C.F. e do Rapeta do Obre. As estreiteces de miras e que todos os equipos quixeran ser vencedores, finalizou desta maneira. Quizás o fallo do comité fose non esixir un depósito económico aos equipos, porque desta maneira a afección non contemplaría estes desplantes. Por último, o perxuízo que causaron aos equipos do Navales Barcia, Landín, Invernal e Muros. En deporte o máis importante –segundo o Barón Pierre de Coubertín– é participar.

63

llarse reforzado con tres elementos de una aldea del Son, llamada Portosín, no consiguió vencer al Fonforrón a pesar de las noticias circuladas en tal sentido, ya que el marcador señalaba un empate a dos tantos en el momento que el equipo agredido y no vencido, decidió retirarse a sus posiciones, siendo marcado el tanto del desempate en plena ausencia del Fonforrón y aunque la superioridad de este equipo fue claramente reflejada durante su actuación, optó por desistir de la continuación del encuentro creyendo que más vale una retirada a tiempo que una victoria injusta.

Foto 5


Os nosos libros XERARDO AGRAFOXO PÉREZ A Guerra Civil en Lousame e Noia Edita: Concello de Lousame 14 x 21 cm. 702 páx. Este libro constitúe o derradeiro dunha triloxía que o profesor Xerardo Agrafoxo adica ós tráxicos días da Guerra Civil nas terras de Lousame e Noia. A través das súas páxinas o investigador saca á luz, devolve a voz, a unhas persoas esquecidas, que nen sequera sabiamos que existiran. O libro pon ó descuberto que a historia tén tamén as súas miserias, os seus axentes anónimos que igualmente a protagonizan. Combinando atinadamente os documentos orixinais dos procesos co relato do propio autor, logra que os acontecementos se fagan asequibles e cheguen a todo o mundo, e non só se dirixan a expertos e estudiosos do tema. Cunha palabra clara e precisa, o autor narra os días e as horas que anteceden á traxedia. Ante o que alí se relata o lector non permanece impasible, a concencia remóvese no máis fondo. Seres humildes, obreiros, escasos de todo o posuidores de nada, perdedores, en fin, recuperan a voz por medio da palabra escrita de Xerardo e reivindican o seu lugar na historia.

FRANCISCO ABEIJÓN NÚÑEZ

64

Álvaro das Casas Edita: Toxosoutos, Noia, 2001 11 x 16, 5 cm. 85 páx. Na colección “Fasquía” saíu recentemente o número 6, dedicado a Álvaro das Casas Blanco. Oportuna publicación porque este ano se cumpre o centenário do seu nacimento. O nome deste ourensán resulta familiar en Noia porque no instituto de segundo ensino desta vila exerceu como profesor de Xeografia e História de 1930 a 1936, e estivo a cargo da dirección (1932-1933). Aqui desenvolveu un grande labor educativo e puxo en funcionamento as agrupacións ULTREYA. Álvaro das Casas cultivou vários xéneros: poesia, narrativa, ensaio, teatro. Este último parece ser o veículo de expresión en que mellor se achaba o escritor (Pancho de Rábade, A morte de Lord Staüler, O outro, Mítin, O tolo de Lastra, A gavilla, Dente de ouro). De todos estes pormenores nos informa o libro de Abeijón: vida, obra, o político, Ultreya, As xeiras... O libro se completa cunha biobibliografia e con textos escolmados da sua abundante produción. O escritor ourensán, que morreu o 8 de marzo de 1950, publicou moitos libros, en galego e castellano, os derradeiros en América, de exaltación españolista. Unha viraxe sorprendente, por certo, a xulgar pola sua actividade política anterior à guerra.


Revista Alameda n 5