Issuu on Google+

Diego Blanco Alfonso VĂ­tor Vicente DĂ­az 1


Índice • • • • • • • • •

Situación……………………………………páx. 3 Propiedade e historia…………….……….páx. 5 Tipo de viveiro e dimensións……….……páx. 6 Catálogo……………………………………páx. 8 Producción…………………………………páx. 9 Sistemas de rega e abonado……………páx.13 Comercialización………………………….páx. 15 Empregados……………………………….páx. 17 Anecdotario………………………………..páx. 18

2


Situaci贸n O viveiro at贸pase na Ramallosa, capital do Concello de Teo, a pouco m谩is de 8 kil贸metros de Santiago de Compostela

3

3


Situación Ro is

a dr e V

T eo ón Padr

As fincas onde esta empresa realiza a producción de ornamentais distribúense polo Concello de Teo e a súa contorna.

4

4


Propiedade e historia

A empresa ORVISAHOUSE S.L. nace como Sociedade Limitada no ano 1982, cando Don José Sánchez Quintáns volve de EEUU, logo dunha longa etapa de formación e especialización na producción de especies ornamentais. Dende aquela, ORVISA convertiuse nun dos poucos exemplos de empresa do sector que traballa na obtención de novas variedades arbóreas ornamentais da Península. 5

5


Tipo de viveiro e dimensións ORVISA traballa con proxección local, e procura a introducción de novas plantas no mercado galego e español. Naceu con 2 Ha. de producción (8.000 m² de invernadoiros, zonas de adaptación e exposición e 12.000 m² de producción en campo ou engorde) Actualmente contan con 32 Ha. propias 6

6


Tipo de viveiro e dimensións O local da Ramallosa conta con tenda, oficina e varios invernadoiros onde expoñen os produtos á venda.

Tamén conta cunha ampla zona exterior de exposición e almacenamento de produtos.

7

7


Catálogo Malus floribunda “kuky”, Cotinus “dammeri grace”, Malus x “orvisa hansen”, Cornus florida “spring white” e “double white”, Liquidambar styraciflua “rotundiloba”, Wisteria x formosana “issai” e Acer palmatum “fireglow” son as novidades de maior reclamo para a temporada 2011 - 2012

ORVISAHOUSE conta cun amplo catálogo no que expoñen a relación de plantas á venda, calibre, altura, prezo e se son en cepellón ou en contedor. 8

8


Producción A producción céntrase na obtención de especies arbóreas ornamentais (non producen arbustos) traballando moito as coloracións de outono. A filosofía da empresa é a procura dunha xardinería de baixo mantemento ao longo da vida da especie.

Dentro das especies coas que traballan, as “especialidades” son: Camellia sp. Cornus florida Acer palmatum Liquidambar sp. 9

9


Producción Só traballan o esgallado con algo de producción de Camellia sp., pois ten un bo comportamento. Polo demáis procuran evitar esta práctica (sobre todo coas especies de folla caduca) porque lles crea moitos problemas, sobre todo de chupóns, cousa que non acontece coas sementes. Realizan unha producción integramente por enxerto: Sementan primeiro e despois enxertan as variedades. Con esta metodoloxía obteñen plantas máis resistentes fronte a pragas e enfermidades. Ademáis as plantas de orixe sexual son máis resistentes na nosa latitude, onde temos unha climatoloxía húmida e uns períodos de estío curtos pero duros.

Chupón

10

10


Producción As zonas idóneas para a producción son terreos fondos, con boa drenaxe e, de ser posible, cunha certa cantidade de arxila que permita espaciar os repicados (xa que encarecen moito o proceso)

Unha das tarefas que realizan con maior coidado nesta empresa é o control do crecemento da planta. Procúrase regulalo por medio de podas suaves e de guía, para que a árbore non xere chupóns. Para tal fin, é fundamental que as podas se realicen xunto co repicado para lle dar equilibrio á árbore mantendo a proporcionalidade entre a parte aérea e a radicular.

Traballado de repicado

11

11


Producción

O proceso de producción tamén está pensado para o momento do transporte, polo que se busca a obtención de cepellóns pequenos (pesan menos, collen máis no vehículo e a árbore dánase menos na extracción e transporte)

12

12


Sistemas de rega e abonado No que respecta รก rega, a zona aviveirada conta cun sistema de rega, que foi instalado minuciosamente e do que se realiza un seguimento para controlar o seu estado de mantemento.

Esta empresa traballou con diversos abonos, pero sempre cun mesmo obxectivo: Conseguir que sexan asimilables o antes posible. Para iso adoitan empregar abonos de liberaciรณn lenta agรกs en determinadas especies de folla caduca pois poden xerar problemas se non deixan cubrir ben o ciclo de repouso da especie. 13

13


Sistemas de rega e abonado Despois de moitas probas ORVISAHOUSE decidiu traballar preferentemente con humus de miñoca por varios motivos: O humus permite un abonado moi localizado, co cal se optimiza o produto. É un material facilmente manexable que ten unha gran persistencia e que permite unha gran asimilación. Ademáis favorece moito a flora microbiana, axudando á colonización do terreo por miñocas e polo tanto ao abonado. Tamén axuda a controlar a presencia de outros vermes e bichos. Aínda asi o humus ten condicionantes negativos como a aparición de malas herbas (por ir as sementes misturadas no medio) e que o custe inicial sexa elevado (aínda que posteriormente resulte moito máis rendible) 14

14


Comercialización A comercialización é directa desde o propio local, que centraliza os pedidos. Aínda que vende ao detalle, o groso da actividade comercial procura a venda maiorista, para o cal é fundamental atinar coa demanda real do mercado. Neste senso, o seu propietario atopa dúas cuestións determinantes entre un tipo de comercio e outro: 1) A venda maiorista permite a especialización (co que se optimiza a producción pero exponse a empresa ao devir dese produto) 2) A venda ao detalle obriga á diversificación (co que non obtés un alto rendemento pero sopórtanse mellor épocas de crise)

15

15


Comercialización A comercialización realízase en bandexa se é planta pequena de temporada ou forestal, aínda que o groso das vendas é en maceta (75% do total) e en cepellón (20% do total) A venda de plantas a raíz núa é mínima. Polo xeral, os exemplares grandes comercialízanse en cepellón pois as macetas grandes encarecen moito o produto (arredor de 90€)

Tamén se comercializan mediante un produto provinte de Nova Zelandia e baixo patente chamado “colmea” que autorepica as raíces e impide que estas espiralicen. Prepáranse para a venda realizando unha presentación traballada en termos de poda, fundamentalmente. 16

16


Empregados Actualmente a plantilla consta de 5 empregados fixos pois as tarefas de mantemento non requiren gran n煤mero de persoal. Sen embargo, entre decembro e abril aumenta moito a carga de traballo polo que recurren 谩 contrataci贸n temporal de traballadores/as.

Colocaci贸n de exemplares

Traballos de trasplantado

17

17


Anecdotario ORVISAHOUSE foi a primeira empresa galega en realizar un catálogo. Iso provocou que a Xunta tardase máis de 8 meses en dar a aprobación ao mesmo. Don José Sánchez Quintáns, socio propietario da empresa, formouse durante 9 anos en Norteamérica, onde se especializou na producción de frondosas ornamentais. A pesar de estar orientada ao comercio local, ORVISAHOUSE ten realizado envíos dos seus produtos a moitos puntos de España, Europa e mesmo a Oriente Medio e Asia (Singapur, por exemplo). Na actualidade as investigacións da empresa están centradas na consecución de Malus de tipo pendular que sexa moi resistente a pragas e enfermidades e que faga floracións dobres e abundantes. 18

18


Viveiros ORVISAHOUSE