Issuu on Google+

Salvando libros Que libro salvarías ti? Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito. Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre. Maio 2011

LIBROS SALVADOS POR ALUMNADO DE INFANTIL


O CRA Nosa Señora do Faro decidiu salvar o libro “Dona Carme” de Manuel Bragado e Pepe Carreiro . Por que? Porque é un conto moi divertido e rimos moito cada vez que o lemos. E memorizo Dona Carme tiña un lobo debaixo da cama o lobo ouveaba, o burro orneaba, o porco roñaba, o boi bruaba, a ovella meaba, o galo cantaba, o raton chiaba, a gata miañaba a cadela ladraba e dona Carme despertou! CRA NOSA SEÑORA DO FARO


Este sálvoo eu

María é maior

de

Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás

¿Por que?

Como María xa é maior … pode aprender a facer outras moitas cousas, axudada polos maiores.

Unha nena moi maior…

CEIP VISTA ALEGRE CEIP CEIP VISTA VISTA ALEGRE ALEGRE BURELA BURELA BURELA


Este sálvoo eu Eu salvaría O Coelliño branco

¿Por que? Porque é un conto moi divertido que sempre nos fai rir moito

(E memorizo...) .

Pois eu vou contigo-dixo a formiga-. Non lle teño medo a unha cabra caprina. E os dous volveron á casa do coelliño e petaron na porta. -Aquí ninguén entradixo un vozarrón desde dentro-. Xa está a cabra cabresa, que vos salta encima da cabeza se non marchades á présa. E dixo a formiga:-Pois eu son a formiga rabiga. Como non abras, fúroche a barriga. Á cabra cabrisa deulle un ataque de risa

INFANTIL - C.E.I.P. DE VIÑAS


No CRA de Ribadumia salvamos…

“Dez piratas” Gloria Sánchez Porque as aventuras dos pesonaxes e o tono humorístico, cautivaron aos nenos. (E memorizamos...)

Eles eran dez piratas os máis feos, os máis brutos os máis malos os máis sucios Cobizosos coma ratas. Saíron de porto un día a bordo do Marabillas… CRA DE RIBADUMIA


A EEI Fernández Varela da Pobra do Caramiñal quere salvar o libro “ A casa de había unha vez” de Ana María Fernández.

Por que? Porque se achega aos contos populares a través de fermosos poemas. Nel atopamos o poema dos sete cabritos. Matarile-rile, materile-rón, os sete cabritos de branco algodón. Os sete cabritos querían xogar á roda rodiña, no verde pinar. E chegaron novas que o lobo feroz, quería xantar año con arroz. A mamá cabuxa, mortiña de medo, pechóulle-la co seu tarabelo. Non saiades fóra, que nunca se sabe, eu volverei logo e xa levo a chave. Pero o lobo malo, que andaba á procura, a seis deles puxo na barriga escura. Dentro do reloxo, o máis pequeniño, púidose librar do negro fouciño. E avisou á nai, que era costureira, e xuntos, abríronlle a tripa tripeira. Ó saíren todos, brincando contentos, enchéronlle a panza de pedras a centos. Matarile-rile, matarile-rón, os sete cabritos de branco algodón.

EEI FERNÁNDEZ VARELA


A EEI SAN ROQUE de Viveiro quere salvar o libro: “COCORICO” de Marisa Núñez.

Por que? Neste conto o malo é moi, moi malo e o bó e moi,moi bó, como lles gusta os nenos e nenas de infantil.

Todos cantamos: Picotí,picotá! Ai que rico, Cocorico! Picotí, picotá! Ai que rico, rico está O Gato Pelado, que tamén tem fame, pensa no biscoito : quere a metade. MARRAMIAU, MARRAMIAU,MARRAMIAU, MIAU MIAU MIAU!

EEI SAN ROQUE


Este sálvoo eu Eu salvaría Bolboretas no papel de Antonio

García Teijeiro ¿Por que?

Polo ritmo e musicalidade dos seus versos. (E memorizo...)

No país das bolboretas fai cada un o que lle peta. As abellas fan calceta, os cans tocan a trompeta e os coellos, a corneta. As carreiras son sen meta, mesmo as curvas son ben rectas e os poemas perden letras. As centolas son perfectas, os pardais van en carretas e o sol anda en bicicleta. No país das bolboretas fai cada un o que lle peta. Rouban versos os poetas, van os sapos con maletas e os robots con caldeiretas Algúns mercan con pesetas, vense gatos con coleta e as bandeiras son baetas..

CEIP A PEDRA BUEU

Os pingüíns van de etiqueta, non hai cartos na estafeta e un pintor non ten paleta. Ai, que demo de país! O país das bobloretas! Todos fan o que lles peta! .


Este sálvoo eu Eu salvaría Que contan as ovellas para durmir?

Por que? Porque todos os animais espertan á ovelliña.

(E memorizo...) A ovelliña contaba sapos: -Croack, croack! – e a ovelliña espertou. A ovelliña contaba gatos: -Miauuu, miauuu, miauuu! – e a ovelliña espertou. A ovelliña contaba porcos: - Oink, oink,oink, oink! – e a ovelliña espertou. A ovelliña contaba cans: - Guau, guau, guau, guau, guau! – e a ovelliña espertou. A oveliliña contaba lobos: - Auu, auu, auu, auu, auu, auu! – e a ovelliña espertou. A ovelliña contaba vacas: _ Muuu, muuu, muuu, muuu, muuu, muuu! – e a ovelliña espertou.

CPI PONTE CARREIRA


Este sálvoo eu Eu salvaría A pequena árbore

De Anxeles Ferrer

¿Por que? Porque fala das árbores

(E memorizo...) A pequena árbore ia medrando nun souto vendo como pasaban as estacións e como os merlos construían niños nas súas poulas.

Infantil Salvado por: CEIP ANTONIO VAZQUEZ. C.E.I.P. de Louro (Rairiz de Veiga) Infantil


Este salvámolo nós PACO De PAULA CARBALLEIRA

Por que? Porque nos gustan os ratos

E memorizamos… A cuarta cousa que fixo Paco foi… crebar os dentes de diante.

Salvado por : EDUCACIÓN INFANTIL C.E.I.P. Os Casais


EDUCACIÓN INFANTIL SALVA “O coelliño branco” adaptación de Xosé Ballesteros

POR QUE? Porque ten animais, porque ten medo, porque ten unha formiga valente, así que o animal máis pequeno é o que axuda ó Coello. Un conto delicioso!!! .

E MEMORIZO... “…Eu son o coelliño Branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un caldiño, pero nela está a cabra caburra que me salta encima e me espaturra. ¿Queres vir comigo?....” . .

Salvado polo C.E.I.P.

Víctor Sáenz de Mazaricos


Este sálvoo eu Eu salvaría “O galo Quirico”

¿Por que? Porque o teño na casa e é un dos libros que máis me gustan.

(E memorizo...) E o bichiño, que foi del? pois, cando a cociñeira puxo o galo na tarteira, o verme botou a andar e as potas puido larpar.

CEIP “VIRXE DO CARME” BURELA


Este sálvoo eu Nós salvaríamos Espantallo amigo

Por que? Porque é divertido e todos acaban sendo amigos.

(E memorizamos...) Os merlos, aínda cun chisco de medo, pousáronse todos no Espantallo. E xuntos cantaron: Tirulí, tirulí, na arrandeeira. Tirulí, tirulí, por entre as follas da figueira. Tirulí, tirulí somos amigos. Tirulí, tirulí e non viremos máis aos figos.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE TARAGOÑA


Este sálvoo eu

“Contos en cantos” Almudena Janeiro ¿Por que? Porque é unha maneira moi orixinal, lúdica e interesante de achegarnos á literatura infantil e no mundo máxico dos contos

E memorizo... “Pío pío dáme o amor que serena pío e direiche a miña pena pío, pío dáme o xantar pío e ensinareiche a voar…”

CPI PROGRESO CATOIRA


O CRA Nosa Señora do Faro decidiu salvar o libro “Dona Carme” de Manuel Bragado e Pepe Carreiro . Por que? Porque é un conto moi divertido e rimos moito cada vez que o lemos. E memorizo Dona Carme tiña un lobo debaixo da cama o lobo ouveaba, o burro orneaba, o porco roñaba, o boi bruaba, a ovella meaba, o galo cantaba, o raton chiaba, a gata miañaba a cadela ladraba e dona Carme despertou!

CRA NOSA SEÑORA DO FARO


Este sálvoo eu Eu salvaría “MATEO” ¿Por que? o protagonista é un neno coma nós. Ademáis as ilustracións son moi bonitas. (E memorizo...) … Mateo sorriu, saudou o avión, volveu sorrir e sorriu unha vez máis, agora para a súa nai Altisidora.

Educación Infantil Culleredo

C.E.I.P. isaac Díaz Pardo -


Este sálvoo eu “Chibos. Chibóns” De Olalla González

¿Por qué? Porque é divertido, inxenioso, dende vai oito anos fai as delicias de todos os que escoitan esta sinxela historia.

Aprendo: Na outra beira do río medraba unha herba moi moi verde. Mais , para chegar , tiñan que cruzar unha ponte. Debaixo da ponte vivía un trasno terrible. Tiña os pés peludos, brazos de forzudo e o nariz cheo de verrugas.

Ceip. Chano Piñeiro


Este sálvoo eu "O coelliño branco" Autor - Ilustrador Begoña Caamaño – Óscar Villán

¿Por que? Este conto o escollemos porque nos encanta a historia, que fala do valor (sen importar o tamaño), fala da inxustiza e da solidariedade ante ela e porque nós encantan as ilustracións. Segundo os nenos: "Porque a formiga lle gaña á cabra." "Gústame todo porque é un dos meus libros favoritos do cole." "Porque a cabra rompeu a parede."

(E memorizo...) "Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles a horta para un caldiño..........."

facer

CEIP “EMILIA PARDO BAZÁN” VIGO Infantil IES "LUÍS SEOANE"


O C.EI.P. A.D.R Castelao de Rianxo salvaría: Lueiro de Papel de Antonio García Teijeiro

¿Por que? Porque nos fixo gracia que un rato se namorara da lúa.

(E memorizo...) Un rato díxolle á lúa: “ - Nunca reparas en min; por iso vivo na rúa metido nun calcetín.” Ela fitouno abraiada. Déronlle ganas de rir. Daquela apagou a lámpada e dispúxose a durmir. Polo desprezo da lúa O ratiño, alporizado, Berroulle con moita forza: “- Xa non estou namorado!”


CEIP O PIÑEIRIÑO

Este sálvoo eu Eu salvaría PACO De Paula Carballeira

¿Por que? Pola súa simplicidade, a tenrura e as fermosas ilustracións que tanto gustan aos rapaces.

C.E.I.P. C.E.I.P.O OPIÑEIRIÑO PIÑEIRIÑO VILAGARCÍA VILAGARCÍADE DEAROUSA AROUSA INFANTIL PRIMARIA


EDUCACIÓN INFANTIL Nós salvamos Follas Novas ¿Por que? Porque nel atópase o poema “Paseniño” (E memorizamos...) Paseniño, paseniño Vou pola tarde calada De Bastabales camiño. Camiño do meu contento; I en tanto o sol non se esconde Nunha pedriña me sento. E sentado estou mirando Como a lúa vai saíndo, Como o sol se vai deitando. Cal se deita, cal se esconde Mentres tanto corre a lúa Sin saberse para donde. Para donde vai tan soia Sin que aos tristes que a miramos Nin nos fale nin nos oia. Que si oira e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara

C.E.I.P. AGRO DO MUIÑO


Este sálvoo eu "Mamá , ti si que me entendes" Autora: Teresa Moure. Ilustracións: Leandro Lamas

¿Por que? Por tres razóns: porque a temática deste libro se vincula moito coa nosa etapa educativa (E. Infantil), porque está escrito por unha muller e porque é unha aposta pola literatura contemporánea

CEIP DE AGUIÑO


Este salvámolo nós: “Pola rúa dos versos” de Ana Mª Fernández ¿Por que? Porque xa está moi velliño pero non para na Biblioteca, sempre está polas clases ou nas mans de alguén. (E memorizo...) O cuco larpeiro co seu compañeiro en busca dun niño que faga un veciño. O cuco larpeiro é moi preguiceiro e non ten vagar para traballar. Só quere brincar, voar e cucar.

CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño)


Este sálvoo eu Vestida co arco da vella

¿Por que? Porque é un libro para primeiros e vellos lectores. Cheo de luz, cor, musicalidade, ritmo e rima que despertan emoción e alegría. Ilustracións atractivas, combinando diferentes técnicas. Autor ferrolán

(E memorizo...)

Se un día te vistes con blusa amarela que teña os botóns de anacos de estrelas... Se un día te vistes con saia violeta cheíña de flores como a primavera... Se un día te vistes con chaqueta verde, coma o campo alegre... Se un día te pos para non teres frío bufanda laranxa longa coma un río... Se un día te pos medias azuis nos pés.... Se un día te calzas zapatos de anil... Se un día colocas arredor do pelo unha fita con lazo vermello... Se un día te pos a Lúa no bico, nos ollos o sol e un merlo no oído... Entón poderás á corda choutar, co arco da vella collido das mans. .

CEIP ISAAC PERAL FERROL


Este sálvoo eu “Sopra neste furadiño” ¿Por que? Porque compartir con vós os alentos que lle sobran a Antón é para nós un orgullo e unha grande satisfacción.

(E memorizo...) Xa que soprar non te cansa, sopra o máis forte que poidas e veremos o que pasa. Soprar forte ben que sabes; a ver se podes agora soprar con máis suavidade. Cun muiño viraventos faslle cóxegas ao ar co riso do teu alento! O teu alento é de cores e bailan as bolboretas co ventiño que ti moves.

CEIP DE PAZOS Ferrol


Este sálvoo eu Eu salvaría Os Bolechas van ao cine de Pepe Carreiro

¿Por que? Porque me encantan as aventuras dos Bolechas

(E memorizo...) Hoxe botan unha película de dinosauros.

CEIP DOS DICES ROIS Infantil


Este sálvoo eu “Os soños na Gaiola” ¿Por que? Porque Manuel María soñaba os nosos soños E memorizo... Caracol, col col; Caracol, caracoleiro: pon os teus cornos ao sol xa que eres tan frioleiro! Ao lombo levas a casa, caracol, caracoleiro: e deixas cintas de seda que engalanan o carreiro! Caracol,col,col; caracol, caracolón: pon os teus cornos ao sol ao sol os teus cornos pon!

CEIP DE VIDE. Infantil


Este sálvoo eu Eu salvaría : “Naufraxio no Mar de Lira” Autor: Pepe Carreiro ¿Por que? Porque nel fálase do noso Concello e aparecen ilustracións onde se aprecian distintos recunchos de Lira. (Falanos así...) Pepe é un vello mariñeiro de Lira. O seu neto Pepiño vai pescar moitas veces con el. De grande tamén quere ser mariñeiro. ...No faro, Nemo o fareiro axexa o mar polos anteollos. Vixía os barcos día e noite. Nesta costa hai cons que os capitáns dos barcos non coñecen e naufragan moitos deles ....

CEIP de CARNOTA Infantil


Este sálvoo eu Eu salvaría “Era unha folla” de Gonzalo López Abente

(E memorizo...)

Era unha folla murchada barrida do vendaval; caeu na doira que baixa bruadora cara ó val; a doira levouna ó río, o río levouna ó mar, e a branca escuma enterrouna na alba area do areal.

CEIP OS MUÍÑOS- Muxía


Este salvámolo nós Nós salvariamos A casa de había unha vez, de Ana Mª Fernández ¿Por que? Porque nel atópanse poemas como “o da casa dos contos” ou “o dos ratiños que querían que lles contasen un conto antes de durmir” (E memorizo...) A casa dos contos como podes ver, ten un chamador de “había unha vez”.

Tamén hai trasniños raíñas, princesas, encantos e fadas palacios turquesa.

Se ábre-la porta, hai un corredor, por onde pasea o Lobo Feroz.

Ti mira con tino que, nas librerías, has ver esa casa, ¡se les cada día! [.......]

Infantil C.E.I.P. de Louro


SALVANDO LIBROS