Page 1

TRES CRIMES LÍRICOS

Nome:........Jose Antonio Barros Domínguez


MALOS DÍAS DE AUTOESTIMA

Eses monstros que te obrigan a realizar feitos, eses monstros que te hostigan violando os teus dereitos. A eses monstros ós que algún referiría: -Que estean mortos! adico a miña poesía

2


MELODÍA FINAL Chéganme as notas de seis cordas pulsadas ó fondo da alma, as baquetas de bater nas graves Caxias infunden esperanza de que a música siga viva por sendeiros, rastro de gaiteiros que non serán andados polos pasos milagreiros de peregrinos estranxeiros. As teclas que pulsadas fan melodías, hoxe en día, crean conflictos entre os que non deberían guerrear, senón prohibila. Pintadas en dúas cores que fan contraste, negro escuro e branco mate, representando o que hoxe é a sociedade que mañá ha de acabarse. Aerófonos soprados por músicos sabidos crean un vacío, para poderme achar nun abismo suspendido pendurado dun fío. Fanme soñador de por vida e para sempre farei o que ninguén quere, liberarei na terra despiadadamente as miñas serpes.

DO MAL Do mal, a guerra é a nai, a guerra é o mal do pai, e os fillos desta son homes que xa non han vivir máis. Deus quixera non facela mais quen manda non é Deus e aínda que manda Satán, os poderes non son seus. O poder téñeno os homes que agora habitan a Terra, o seu peor pecado foi comezar un día unha guerra.

3


Griletes arrastran os pés dos benditos, as cadeas soan sobre o sangue dos corpos feridos, atadas a min fanme cautivo e na loita por ser ceive vivo. Non chego ós barrotes, non toco a parade, non vexo auga fresca que sacie o calor mái-la sede, síntome reseco por verme tan feble sen te-lo que o meu corpo quere. Insectos inmundos sobre as miñas roupas, tentan alcanza-la pel que cansada, está suorosa. Morderánme a carne , cuio suor brota, á miña vida penosa, farán morta.

VALEIRO Penso que teño ganas de deixarme derrotar, teño ganas de perderme nun paraíso infernal, quero desfavorecerme, quero percorre-la terra e non cegar ó final, estou ansioso de verme vomitando as miñas penas, de arrastrarme coma un verme que non sabe onde vai, de perde-las pernas e libre voar. Teño algo ó que se teme, un sentimento de falta, un valeiro espiritual.

4


CANCIÓN TRISTE A TRES TEMPOS I Cun brazo estirado a cada lado ponse de xeonllos e pecha os ollos, érguese sen máis sabendo que o pai non o ha rexeitar no máis alá. II Escurece o ceo e vese reo dos seus temores e as súas dores máis carceleiras e certeiras. Dores no corazón e na razón. III Xa todo o mundo pode ver o que el non ve: desgracia, tormento, aborrecemento, dor, pánico e temor á súa decisión. Todos ven ó aforcado, ven o corpo pendurado.

5


Choro, suspiro e durmo por non senti-la dor que non quero vexa o mundo nos meus ollos xa sen cor. Vexo que as alimañas entenden que sufro pena, incluso a Santa Compaña chora coma unha nena, sabendo que teas de araña visten as miñas cadenas de prisioneiro. A anguria faise eterna e morro no cemiterio da miña propia condena. O último momento que espertei non vin nada, e a miña cara cos dedos toquei en sinal de descontento. Non vin as cousas tal e como son porque os meus ollos son profundas fosas, onde se enterra a razón con ornamentos de ouro. Morte atopei nunha soga pero aínda morto, peno, e sigo vivo, sufrindo agora por culpa do inferno, que me rexeitou por porta-lo teu veleno.

6


ODA DUN MÍSERO Baixo os fumes duna estufa composta de carbón nacen notas e máis notas do seu vello acordeón, cancións nunca compostas e melodías antigas olvidadas polas xentes que no corazón mantiña tales sonatas autentes. Consúmense os seus cigarros e o carbón da súa fogata, pero el segue tocando, e por nada deixará de facer nacer sonatas. Non ten onde caer morto, non ten unha manta, non ten máis que a pena do seu acordeón roto. O instrumento desafina detrás daquel vello valado, metido naquela esquina. Pero os dedos afinados do que non ten que comer percorren as vellas teclas espertando o seu lecer. E os aires mundanos son irreáis, vive dos soños vanos de ser algo máis, pedindo unha moeda a cada transeúnte, mais non ten limosna de todo o que el quixera.

NA NOITE Dous rapaces, dous, xogaban no camiño 7


co entusiasmo de darlle ó balón. Dúas luces, dúas, cruzaron diante deles coma un vento que non reanuda porque non se detén. Ningún rapaz, ningún, xoga xa ó balón porque coas luces voaron, e ningún xoga xa ó balón. Cantas cruces?, cantas fan falla para explicar que a alegría das súas caras non era criminal?

NON-NATO Chegou, ó final chegou. Chegou como chega un gran señor profanando a terceira dimensión. O mar no que medrín queda lonxe, porque a miña adicción é á tecnoloxía sen fin da máis torpe perfección. Ó final, chegou para dominar e para xogar a ser Deus, a ser poder, e a facer chorar ós que non se afán a el.

Xulgado polo Demo deixouse castigar coma un neno. Amarrárono á parede e déronlle con sarna, como se fose un verme, e non dixo nada por desafiar a quenes a vida lle quitaban. 8


CIDADE Desfilando pola rúa como nunha ceremonia, as sombras van e veñen como pola corredoira que leva ó máis profundo das súas tumbas. Semellan preocupadas, descontentas, como vacantes e aterradas, camiñan lentamente, suorosas, caladas pero non silenciosas.

PECADOR Perdedor nefasto cuia valentía é farsa, has morrer coma todos, queimado polas brasas dun averno de holocausto e aterradores modos. Como a peor das torturas que tí fixeches pasar, ¡¡arríncame as uñas e sinte a dor que sinto sen tan sequera mirar!! Morre co teu propio grito.

CANTAR Cantar? quen quere cantar se música non ha levar? Non canto pero quero, porque as teclas do piano non fan move-los martelos que habían tocalo, as cordas do violonchelo 9


non son rozadas polo arco, ninguén quere movelo porque ninguén sabe usalo. Cantar? quen quere cantar se música non ha levar? Porque as cordas da guitarra non vibran e non producen a música axeitada para este canto tan doce, a frauta non é soprada, as súas notas non inducen, nunca inducirán a nada e nada a nada conduce. Cantar? quen quere cantar se música non ha levar? Ocarinas que non sonan, violíns que non chirrían, timbáis que non tronan whammys que non asubían. Se tivese as sete notas música facer había, habíanme servir de escolta e cantar, eu cantaría pero... cantar? quen quere cantar se música non ha levar? SOEDADE Que é a soedade senón un manto negro? Que é a soedade senón unha ponla seca? É todo eso que non ves todo eso que nunca divisaras, todo eso que tiñas preto e aínda non adiviñaras. Que é a soedade senón un mundo cego? Que é a soedade senón reflexión lerda? É o tempo que coñeces sen sabelo, é a propia luz dun día apagado, é, en todo caso un sentimento. Algo difuso no aire, unha bruma, unha sensación a media vela, un día sen emoción algunha.

10


Que é a soedade senón un vano eco? Que é a soedade senón unha tumba? Unha tumba escura e profunda, un sarcófago de cobre brando, unha fosa onde non chegaron, e segues agardando. CELDA As paredes son escuras, catro escuros soldados que se amosan fríos e o paso me pecharon. A fenestra non se aprecia porque entre parede e vidrio apenas hai diferencia, é que nunca o limparon? Miro cara arriba, o teito parece desplomarse por non decir desplomado, todo é macabro a conciencia, como será a celda do lado? Seguramente coma esta, non lle faltará de nada. Ou sí! esas gotas polo teito, que nunca foron tratadas para non caer ó chan, o meu leito. Darme volta cara ó Sol e preguntarlle: que miras? Facer un trato co vento, que se leve as miñas rimas. Quero amplia-los camiños para non poder chegar, quero facer dunha gota un eterno e inmenso mar, entre o ceo mái-lo inferno sen poderme decidir prefiro estar, se outra opción é subir e non baixar. Os peixes quero apartalos, ter o espacio para min, gardar o tempo nun cofre e non deixalo sair. Quero apaga-las estrelas as nubes quero borralas, desexo calar á morte 11


e ata esquece-las palabras, ansío olvidar a dor e o sufrimento perdelo, somentes quero estar só, tan difícil é entendelo? CATRO RÚAS Os ollos, afundidos e apagados, a voz, somentes ecos escuros, as mans, eran garfos mal dobrados e a pel, coiro curtido e duro. Os pes, remos, somentes eso, o andar, sosegado, máis ben nulo, o carácter, cero, non tiña sesos e a roupa, coma un sioux no futuro. Percorría catro rúas que conferían o seu mundo, máis alá... coñecería? Non daba nunca os bos días debían ser cousas súas. Por que o recordo?, non sei. E por que escribo en pasado? quizáis porque eu mesmo pense que non existiu realmente, pero a xente fala del e eu penso que o vin, tamén.

PÉSIMOS DÍAS PARA O AFECTO

12


Alí a está, mirando a quen ten que mirar. E eu míroa a ela porque non sei a onde atender, se ó lume dos ollos do Demo ou á suave luz do mencer. Decídome a un lado voto o ceo, o lume a outro e mirandoa quédome , se hei de morrer prefíroa a ela despóis de morto.

A MENIÑA Que fermosa é a meniña! 13


Quen pasase preto dela! Eu quixera estar na sombra e morrer onda a meniña, morrendo despóis de tela, quixera, por agora vivir na miña mentira. Farei soa-la miña canción ó son do meu teclado, que se verá abandoado despóis de cantarlle á meniña, pra morrer eu tra-lo son da miña melodía.

Véxoa lonxe, ó alcance da man, mais está lonxe. ¿Como estando sentado ó seu lado non podo hoxe alcanzala? Chorando quedo, quedo chorando, e hei morrer temendo non ser ollado. Rompo as mans e miro a ela, deixo a ledicia na mesa. E coas bágoas scorregando a miña cara, voume condenado.

14


FÉMINA Aquela que ven e se senta, aquela que a diario me esperta, que fémina! Cando ven co seu paso calado, cando ven, sorrío e exclamo: que fémina! Ela, porque sabe do meu suplicio, ela, porque sabe o que sinto, que fémina! É coma un mundo de pedra, é coma unha gran estrela, que fémina!

TRISTURA Verbas que non din nada frescura que non se sinte, nun día de sol estou triste, faime falla a súa mirada. Coma unha mala herba carcomida polos vermes o meu corpo xime e treme polos efectos da néboa, unha néboa espesa e fría, fría coma ferro frío no meu corazón fundido. Estou feble e case morto por culpa duns ollos negros cuia cor mirar preciso para manter vivo o corpo. E verbas que non din nada frescura que non se sinte, nun día de sol estou triste, 15


faime falla a súa mirada. Namorado é a palabra para explica-lo que sinto? Debe ser e non o minto porque eu berro cal can ladra. Non me atopo nos espellos, preto do Hares teño a ialma e alcanzo a toca-las chamas coas puntiñas dos meus dedos. E verbas que non din nada frescura que non se sinte, nun día de sol estou triste, faime falla a súa mirada.

Sinto a anguria do afogado, a euforia do namorado, pero sinto máis a pena de non terte aquí ó meu lado. Entre copa e copa, bágoas, entre cigarro e cigarro, aparece dor e mágoa, pero non podo calmala, e beber para olvidar só sirve pra recordar que non me dixeches nada xusto antes de te marchar.

ALGO MÁIS Un bico, un bico. E algúns confórmanse cun bico. Eu quero algo máis, tra-lo bico, unha aperta, tra-la aperta... iso que se fai, non só quero un bico quero te-la mente aberta a ese hábito mal visto.

16


É moi pouco un bico só, iso é miserable e cruel porque che deixa a ilusión de chegar a unha muller, xa a moitos lle pasou, e entre todos eles, eu, o bico si que mo dou pero chegar non cheguei. Por iso non quero un bico, quero a cúspide do monte, a sensación de estar vivo e non o senti-la morte. Un bico, un bico... si só é iso mala sorte. Eu polo que se refire a isto quero o cumio, quero o tope.

Hoxe tiña un peiteado novo, máis maquillaxe ca nunca e durmía sen ter sono a pesares de ser xa vella. El mirábaa con nostalxia recordando aqueles tempos nos que xoves, cheos de maxia, corrían baixo as estrelas. Bicábanse ás escondidas cando ninguén os miraba e a Lúa era celestina das caricias del e dela. Agora estaba calada, el, mirandoa choraba, metida naquela caixa disposta na vella capela.

ESA CLASE DE MULLER É esa clase de muller sen a que os meus soños non son, e agora que está ó meu carón non sei que demos facer... non podo mirala máis 17


se quero non rompe-la calma, se quero deixar de chorar as penas da miña ialma. As súas curvas son trazos da noción da perfección, a hulmildade dun abrazo é toda a miña ilusión, pero non a podo mirar, porque sempre que recordo que non a hei alcanzar sinto bágoas derramadas; cada vez que penso nela sei que miña non ha ser e sinto a miña doce morte... ...e quero morrer. O SILENCIO Ningunha mostra clara ambos bandos calados, suspiros de alma en condena a vivir só do soñado. Nin roces nin fricción, sen carantoñas, abrazos... nin bicos nin conexión, só os seus ollos calados. Será de min, a pena e a tortura de vivir baixo desta loucura. Un soriso inocente, un bico fora de sitio, e unha mirada carente; da certeza só un rasquicio. Unhas palabras xordas que ispen a miña alma unhas mans agarimosas que me invaden de calma. DOUS OLLOS Hoxe vin entre as estrelas dous ollos que me miraban, pregunteime: será Deus? serán somentes parvadas?

18


Despóis de buscarlle xeito topei unha namorada, sorrín crédome perfecto para unha causa tan clara. Cando menceu tiven claro que non era afortunado e seino, porque na noite andiven acompañado. Busquei incasablemente dous ollos na escuridade mais pobre iluso de min, só é iso, escuridade. TEÑO MEDO Adico o meu tempo a mirar estrelas, pero polo día non podo velas, en comparación con luces tan belas miro a unha rapaza, esa rapaza é ela. Tan misteriosa e escura tan calada e tan riseira, alumea coa súa chama a miña negra miseria. Mireina por un día atraéume, -Feiticeira! berrei pensando en feitizos que non botan quenes queiran, -botoumo?, pregunteime, pero sen poder de leria non respostei cal quixera a tal pregunta tan seria. Pregunteille un día a Deus e a Satanás nos infernos, e si Deus non me resposta Satán, o demo, aínda menos, Entre mentres cavilo ó tempo que observo e aproveito os minutos que pasan correndo, 19


ás miñas cuestións contestación quero mais á resposta que sexa, teño medo.

AFASTADO Afastado dos lares divinos recordo outrora, e inocente, quero timar á memoria. Se recorda, eu fago que esqueza os vellos trapos, que vestiron días dignos dun retrato. Lonxe do piar e dos ruídos síntome fora do meu lugar, coma nunca antes, agora. No meu frente teño a natureza, quen sabe canto, pero morta, dun debuxo de arte abstracto. Preto do que pode ser sentido, sabedora, a miña alma, desfaise da súa aurora. Pero antes perdeu a beleza e mái-lo encanto dunha moza que foi a musa dos santos. SON RECORDOS Son recordos, só recordos, pero danlle a felicidade de saber que só son seus, e por máis que intente Deus de afastarllos dos seus soños, el é o lexítimo dono. Desmellorado fai tempo pero feliz coma un tolo, pertencenlle por dereito. Son recordos, só recordos, pero voa coma os anxos, e respira aroma eterno de primavera en inverno. 20


Todo florece ó seu paso camiñando de xeonllos, demacrado e descoidado, vai contento, nos seus ollos calquera pode notarllo. Son recordos, só recordos, os que o manteñen con vida, e aínda que xa non está, el a ela non a olvida... ...son recordos, só recordos. O MEU SOÑO Os catro elementos detéñenme os pasos e as forzas da vida róubanme a cordura, o vento sopra, de frente con tal furia que as pedras ó seu poder non dan colapso, o lume encérrame entre paredes ardentes que mesmo nos infernos, serían demasiado quentes, os sete mares veñen anegándome por dentro e a terra por tragarme fai excesivos intentos. Esperto dese soño, nun lugar distinto cada día, e buscándote prosigo porque esa é a miña empresa, mostrar a todo o mundo unha vella fotografía e co pasar do tempo menor pausa e maior presa. Mirando o teu retrato recoñecín o meu soño, o lume que me cautiva atopeino nos teus ollos, o vento que me arrastraba sempre foi esa risada, nos teus beizos auga clara e na tua pel terra mollada.

SENTENCIA Sacudido coma un monicreque no ar e cuberto de negrura na espesura, foi a sentencia que dictaron: a cordura, a culpabilidade e o mal estar desta soedade que me axustiza dende aquel adeus como última caricia. Sete voces de ningures, cada noite, veñen a convencerme de que a morte sería quizáis a forma máis sinxela pero tamén a máis covarde das maneiras de acabar con esta dor sen penitencia, sete voces, entre elas a conciencia. Se debo soportar esta tortura por non verte, e o meu maior pecado foi quererte, 21


soportarei cen anos sentindo esto que sinto, porque de quererte outrora nunca me arrepinto, e se sufro por berrar “-Quérote!” a voces entón o meu castigo, é o sufrimento máis doce.

A MIÑA FIESTRA Vexo pola fiestra no medio do mar un faro e as gaivotas a voar, vexo o Sol, e vexo os barcos que chegan de faenar. Vexo tamén os balcóns soleados e as pombas descansando nos tellados como se a brisa trouxese a terra un ambiente sosegado. Recordo que xa fai tempo, miraba procurando vela pasear pra saudala, e despóis entusiasmado vela entrar e acariciala. Agora só barcos, gaivotas, balcóns, pombas, tellados e o faro entre cons, agora a brisa calma calquera vella ambición. De cando en cando pasan follas caídas bailando coma expertas bailarinas sobre as rúas, celebrando as miñas penas e agonías. Ás veces, asubía o vento unha balada e parece estar chorando entre risadas, é o meu único aliado nesta loita por ter calma. Cando todo queda solitario e cae a noite pétanme na fiestra, abro as contras, vexo Iroite e vexo tamén a escuras sorrindo, cínica, á morte.

22


PEORES DÍAS PARA RAZÓN

23


Sudaba, coma un cabalo desbocado, menguado polo aceiro que o apuntaba e sentía que no máis fondo da memoria afloraba a súa vida fotograma a fotograma. Somentes unha voz polo tempo demacrada falaba no silencio e ás escuras relataba cinismo no retrato de como ía se-la morte, tiña a navalla e convertíao no máis forte. A punta do metal, xa afundía na pel e por uns poucos billetes non merece a pena ser noticia ó día seguinte no periódico local, nin ser identificado cadáver pola inicial. Deixou caer a carteira empapada de sudor e espalláronse as moedas ós pes do atracador, entregoulle nervioso o reloxo que levaba e o rateiro protestou que non servía para nada. Viuse no cadaleito entrando cos pes por diante ante a mirada asasina do alterado maleante pero suspirou un chisco cando o ladrón se calmou, e recolleu a carteira que sin revisar gardou. Sentiu o frío no pescozo, un frío seco, distante, un frío paralizante que nunca sentira antes, pola camisa corría un regueiro colorado, non tivo tempo de velo, antes caeu desplomado. ESQUIZOFRENIA Baixo as farolas alaranxadas, aínda acesas camiña lento sen despertar a mínima sospeita, un vello amigo, falando, deulle un consello na casa e agora vaise deixar guiar ante a leve ameaza de rematar mal se non o fai. As rúas valeiras e ó lonxe, ambulancias con sereas, un taxi pasa e cinco cans arredor dunha pobela, unha noite para a prosperidade gracias a un colega, unha noite que nalgures será parte dun poema. Algo grandioso, orgüioso. A mente núblaselle polo medio do camiño e sabe que o que vai facer é un pecado prohibido, pero non pode fallarlle ás promesas a un amigo e segue implacable e frío sen borrar o seu sorriso, a paz interior é o perdón. 24


O seu amigo, non existe, pero el, non o admite. TOXICÓMANO Cun pequeno medidor entra cada día na súa dimensión, os demáis non o entenden demasiado pero é un de tantos enganchados, non sabe se desexa rematar coa xeringa, pero non sinte envexa da xente que se cre estar limpa e digna. Nos brazos ten mazaduras de petar cos dedos cando a necesidade se transforma en anguria e disposto asume o golpe do veleno. Cada noite durme en vela e cada mañá somentes pensa en conseguir unha papela, unha nada máis. Non ten amigos, ten coñecidos, non ten piso, nin horta, nin casa, ten o brazo duro coma unha coraza e un currucho, entre edificios, escondido. Non ten futuro, ten no corpo un crono que acurta o tempo antes que o mate o mono. VIOLADOR Non a coñeceu antes de acariciala, non lle deu un bico antes de abrazala, e non lle preguntou o nome antes de violala. Sen mediar palabra colleuna dun brazo no portal, meteuna no coche a empuxóns e patadas e levouna a un descampado máis alá dos arrabáis. Tirouna no chan, de orballo mollado e arrancoulle a roupa coma un verdaeiro animal. Non era a primeira, houbo outras pero ela do pasado non quiso saber nada, estaba convencida de que a ía asasinar. Violouna ata o mencer e ela choraba, convencida que a ía matar, volveuna violar e despóis... ...ela preguntou: -vasme clavar esa navalla? e así foi. 25


AMANTE DO SEU ASASINO Os buratos do cinto asubiaban cando chegaba bebido e deixaban feridas lastimeiras na súa espalda. No silencio da noite oíanse as palmadas, e entre berros e laios outra labazada. Os veciños, sempre calaban, e fora desa mazá case ninguén sabía nada da inquisición que cada día sepultaba bágoas detrás de cada bofetada. Día a día a convivencia era sobrevivir, e cada vez con máis xenio dáballe máis a conciencia. Levantábaa pola noite como se fose unha prisión para converter a casa nun campo de concentración. É triste pero real e ela sigue leal ás promesas que fixera no momento de casar. Convencíase a sí mesma que non era el, era cousa do alcolismo que o traía de cabeza dereito cara o abismo. Pero a cor da realidade non era azul celestial, era o vermello do sangue que cada día ía a máis. Anos e anos sufrindo amante do seu asasino, malleiras e máis malleiras que non quería denunciar, ata que perdeu as pernas na cama dun hospital.

26


UN PAQUETE EMBALADO Abri-lo buzón e coller correspondencia con impaciencia, coa maior das ilusións, facturas e máis facturas, e ben tapado un paquete embalado con tres ataduras. Tirar do lazo supón o ruido do inferno e o eterno vai e ven do mísero mazo dun xuíz vampiro que porta unha gadaña baixado da montaña pra apagar suspiros. O paquete aberto, cachos de carne voan e despóis soan as campás no derradeiro intento de reordar á xente verbas da misiva. Vas perde-la vida; firmado: o remitente.

27

Tres crimes líricos  

Poesía en galego

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you