Issuu on Google+

PROGRAMACIÓN DE AULA AULA DE 4 ANOS

CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

1


ÍNDICE: 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS E CONTIDOS. 3. PROPOSTAS DIDÁCTICAS. 4. AVALIACIÓN. 5. PAUTAS METODOLÓXICAS.

CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

2


1.-XUSTIFICACIÓN Esta é a programación do traballo que se levará a cabo durante o curso escolar na aula de 4 anos. O método didáctico a traballar é » Mica e os seus amigos« da editorial Santillana. Consta das 9 Unidades Didácticas seguintes: 1- Volvemos ao colexio 2- Onde vivimos? 3- Como celebramos o Nadal? 4- Xogos e xoguetes 5- Que pasa na rúa? 6- Comunicámonos 7- Para que serven as plantas? 8- Os animais medran 9- Deica o curso que vén! Dentro do marco espazo-temporal trataranse os seguintes temas : As estacións: O outono •

Conversar sobre os cambios que se producen no contorno coa chegada do outono

Facemos un debuxo do outono?

Clasificar follas das árbores segundo a forma

Decoramos a árbore que estará na porta da aula segundo a estación do outono

Conversar colectivamente sobre o outono, reflexionando acerca dos aspectos do contorno que cambian coa chegada desta estación.

Elaboración de unha árbore de papel maché á que os nenos/as irán cambiando a decoración segundo o paso das estacións.

Decoración da aula con motivos otoñales.

O inverno •

Conversar colectivamente sobre os cambios que observamos no contorno coa chegada do inverno.

.Cambiar a decoración da aula e da árbore en función da nova estación. A primavera •

Conversar sobre os cambios que se producen no contorno coa chegada da primavera.

Pedirlles aos nenos que fagan un debuxo sobre a primavera.

Decorar a clase e a árbore dacordo coa estación na que nos atopamos.

O verán •

Dialogar cos alumnos acerca do verán.

Falar sobre algúns hábitos relacionados coa prevención de accidentes como protexerse do sol ou tomar precaucións na auga.

Decorar a árbore segundo o verán.

CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

3


Festividades: O Nadal •

Conversa sobre o Nadal (as costumes de cada familia…)

Decorar a clase con adornos de Nadal.

Escribir a carta para os Reis Magos e unha felicitación para as familias.

Cantamos unha panxoliña infantil

O Entroido •

Conversar sobre a festa de Entroido: Que é o Entroido? Gústavos disfrazarvos?…

Aprender diferentes tradición que se levan a cabo en Galicia con motivo destas datas.

Elaborar o disfrace relacionado co bosque, para participar no desfile que se leva a cabo no colexio.

Decorar a clase con adornos para o desfile de disfraces: farois, tiras de papel de distintas cores, serpentinas, antefaces, caretas, etc., e acompañar o desfile con música.

Días especiais: Día da paz (30 de xaneiro) •

Conversar sobre a paz e sobre os comportamentos que van asociados a ela: a solidariedade, o respecto, a convivencia, a xustiza, a liberdade e a cooperación. Propoñer entre todos ideas que contribúan a vivir en paz no noso día a día: compartir os xoguetes, respectar e escoitar os compañeiros cando falen, non baternos... Contar e traballar un conto relacionado co tema. Participar nas actividades que se desenvolvan no centro para conmemorar esta data.

Día da auga (22 de marzo) •

Destacar a importancia da auga para as persoas, os animais e as plantas, transmitindo hábitos de uso responsable da mesma. Conversar sobre os efectos da carencia de auga nos seres vivos: É necesaria a auga para que medren as plantas? E para os animais e as persoas? Que pasaría se non houbese auga? Falar cos nenos sobre a chuvia: De onde pensades que vén a auga da chuvia? Cando chove, hai moitas nubes no ceo? Credes que o ceo está máis limpo cando chove? É importante que estea? Sabedes que é a contaminación?... Conversar colectivamente sobre os lugares da natureza onde hai auga: Onde vistes auga? Credes que se pode beber toda a auga que atopamos? A auga do mar pódese beber? Explicarlles aos nenos que a auga potable provén da superficie da Terra (ríos, lagos...) ou da auga subterránea (auga que enche as fendas e os ocos entre rochas e sedimentos por debaixo da superficie da Terra). Explicar que as verteduras de lixo, produtos químicos, etc., contaminan a auga subterránea, impedindo que a poidamos beber. Reflexionar sobre as formas de aforrar auga: Que pensades que é mellor para aforrar auga, ducharnos ou bañarnos? Cando lavades os dentes ou as mans, deixades a billa aberta? Cando pechades unha billa, asegurádesvos de que está ben pechada e non pinga? Credes que é bo ou malo usar o inodoro como caldeiro do lixo?

CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

4


Día da saúde (7 de abril) •

Conversar colectivamente sobre a importancia da saúde: Credes que estarmos sans e fortes é importante? Que cousas non podemos facer cando estamos enfermos?... Reflexionar sobre algunhas accións que poden contribuír ao coidado da nosa saúde: termos unha alimentación sa e variada; lavar as mans antes de inxerir calquera alimento, ir ao baño ou tocar algún animal; limpar os dentes despois das comidas e cando comamos lambetadas; protexernos dos cambios de temperatura, das posibles queimaduras do Sol; evitar riscos innecesarios na casa e na rúa. Realizar un mural en que se recollan algunhas destas medidas axeitadas para o coidado da nosa saúde, utilizando fotografías ou debuxos realizados polos alumnos.

Día do libro (23 de abril) •

Explicarlles aos nenos a frase: “Un libro é un bo amigo”. Comentarlles que un libro, como un amigo, fainos compañía, divírtenos, cóntanos cousas, fainos sentir. Insistir na importancia de coidar e conservar os libros como un tesouro prezado.

Elaborar un marcapáxinas.

Participar nas actividades que, dende o centro, se planifiquen para conmemorar este día.

Día das Letras Galegas (17 de maio) •

Conversar sobre o Día das Letras Galegas: por que se celebra…

Levar a cabo as actividades planificadas sobre a personaxe a quen se lle adique este día.

Ademáis destas Unidades temáticas ao longo do curso traballarase o proxecto interdisciplinar do centro » Os bosques« tema elexido polo claustro do profesorado por ser este ano 2011 o ano internacional dos bosques. 2.- OBXECTIVOS E CONTIDOS Obxectivos A Educación Infantil contribuirá a desenvolver nas nenas e nenos as capacidades que lles permitan: a) Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas. b) Observar e explorar o seu contorno familiar, natural social. c) Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais. d) Desenvolver as súas capacidades afectivas. e) Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos. f ) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

5


de expresión. g) Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, e achegarse á lectura e á escritura como medio de comunicación, información e gozo. h) Sentir o xesto, o movemento e o ritmo como recursos para a expresión e a comunicación. i) Achegarse, na medida das súas posibilidades, ao uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Contidos Organízanse en áreas correspondentes aos ámbitos de experiencia e do desenvolvemento infantil e abórdanse mediante actividades globalizadas. Esas áreas son Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; Coñecemento do contorno; Linguaxes: comunicación e representación. Estas áreas deben entenderse como ámbitos de actuación, como espazos de aprendizaxe de toda orde: conceptos, procedementos e actitudes, que contribuirán ao desenvolvemento de nenos e nenas e propiciarán a súa aproximación á interpretación do mundo, outorgándolle significado e facilitando a súa participación activa nel. COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL Obxectivos • Identificar a imaxe corporal global. • Discriminar entre actividade física e descanso. • Adquirir autonomía na realización de hábitos de hixiene. • Identificar e expresar adecuadamente os propios estados emocionais. • Discriminar as principais partes do corpo. • Adquirir hábitos de prevención de accidentes no fogar. • Desenvolver as capacidades de observación, atención e memoria. • Adquirir confianza nas propias capacidades mellorando a autoestima. • Potenciar as destrezas manuais. • Progresar na coordinación e o control dinámico xeral. • Realizar autonomamente hábitos de responsabilidade. • Desenvolver hábitos de coidado do contorno. • Asumir hábitos de coidado e respecto cara aos animais. • Manifestar actitudes de respecto, conservación e coidado ante o medio natural. • Desenvolvar a capacidade de observación e memoria. Contidos • O corpo humano. Identificación da imaxe corporal. Trazos físicos propios. Aceptación da propia identidade, das súas posibilidades e limitacións. • Valoración da existencia das diferenzas e semellanzas entre as persoas como un feito positivo e enriquecedor. • Discriminación dos cambios no corpo, en repouso e en actividade física. • Recoñecemento de distintas posturas corporais. • Iniciativa na realización dos hábitos de hixiene. Gusto por un aspecto persoal coidado. • Expresión de sentimentos e emocións persoais ante distintas situacións. • Exercitación das destrezas manuais mediante xogos diversos. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

6


• • • • • • • • • •

O esquema corporal. Discriminación das principais partes do corpo. Realización de xogos de actividade corporal. Identificación de situacións e actos que comporten risco de accidente. Adquisición de hábitos saudables. Valoración da importancia de previr accidentes domésticos. Identificación dos sentidos e relación co órgano correspondente. Interese por explorar os sentidos corporais e coñecer a información que transmiten. Aceptación dos hábitos axeitados no desenvolvemento dos xogos. Iniciativa e autonomía nas tarefas cotiás, nos xogos e na resolución de pequenos problemas da vida cotiá. Reflexión e adquisición de hábitos de bo comportamento, responsabilidade e esforzo polo traballo ben feito. Discriminación de accións adecuadas e inadecuadas no coidado do contorno. Interese por desenvolver hábitos de responsabilidade no coidado do contorno. Adquisición de pequenas responsabilidades e hábitos de hixiene no coidado dos animais. Discriminación de accións correctas ou incorrectas no coidado dos animais. Desenvolvemento da capacidade de observación para descubrir os elementos máis significativos de distintas imaxes.

COÑECEMENTO DO CONTORNO MEDIO FÍSICO: ELEMENTOS, RELACIÓNS E MEDIDA Obxectivos • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Identificar e trazar o círculo, o cadrado, o triángulo e o rectángulo. Coñecer e utilizar os tamaños: grande/mediano/pequeno. Discriminar as medidas: alto/baixo. Establecer relacións lóxicas entre os obxectos. Diferenciar cantidades: moitos/poucos. Identificar medidas: longo/curto e alto/baixo. Establecer relacións lóxicas entre os obxectos. Afianzar a escritura dos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 e asocialos á súa cantidade. Adquirir habilidades matemáticas de reconto e seriación. Explorar as características dos obxectos. Establecer relacións lóxicas entre os obxectos. Recoñecer posicións respecto a un referente. Ordenar secuencias temporais. Coñecer e utilizar os termos longo/curto para comparar magnitudes. Iniciarse na realización de sumas. Identificar os ordinais 1.º, 2.º e 3.º Utilizar axeitadamente os cuantificadores máis ca/menos ca. Identificar e trazar óvalos.

Contidos • • • •

Identificación e trazado do círculo, o cadrado, o triángulo e o rectángulo. Asociación de elementos segundo o seu tamaño: grande/mediano/pequeno. Diferenciación de elementos segundo sexan altos/baixos. Interese por explorar, medir e comparar os obxectos. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

7


• • • • • • • •

• • • • • • • • • •

Identificación e trazo dos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6. Asociación coas cantidades correspondentes. Realización da serie numérica do 1 ao 6. Valoración da importancia dos números na vida cotiá. Discriminación de cantidades poucos/moitos. Repartición de elementos para que haxa moitos ou poucos segundo se estableza. Diferenciación longo/curto e alto/baixo. Clasificación e reconto de elementos. Establecemento de relacións entre elementos que teñen a mesma cor. Identificación de semellanzas e diferenzas entre escenas. Realización de series lóxicas. Verbalización do criterio seguido nunha serie. Interese por coñecer a linguaxe matemática. Características dos obxectos. Discriminación de obxectos con forma cadrada, circular, triangular, rectangular ou forma ovalada. Comparación e relación entre elementos segundo os seus atributos. Gusto por explorar obxectos cotiáns para coñecer as súas propiedades. Discriminación de persoas e elementos que están os primeiros ou os últimos. Verbalización do criterio dunha serie para poder completala. Ordenación lóxica dunha secuencia. Esforzo por dar as respostas adecuadas. Ordenación das pezas dun crebacabezas para recompoñer unha escena. Clasificación e ordenación de elementos atendendo a distintas características. Iniciación á suma con apoio gráfico. Identificación dos ordinais 1.º, 2.º e 3.º. Adición ou supresión de elementos para que haxa máis ou menos dunha cantidade dada. Curiosidade e interese por explorar obxectos, contalos e comparalos.

ACHEGAMENTO Á NATUREZA Obxectivos • Identificar os cambios do tempo atmosférico. • Identificar os fenómenos meteorolóxicos que se producen no contorno. • Aproximarse ao medio físico con actitudes de respecto. • Observar o proceso de nacemento e desenvolvemento das plantas. • Recoñecer os cambios no medio físico e nos hábitos persoais relacionados co paso das estacións. • Analizar as características básicas dos animais. • Recoñecer animais domésticos, de granxa e salvaxes. • Descubrir as achegas dos animais ás persoas. • Observar e recoller datos de experimentos sinxelos na aula. Contidos • Curiosidade polos cambios e transformacións máis rechamantes do medio en relación co paso das estacións. Discriminación dalgunhas características do outono no contorno. • Observación de fenómenos do medio natural: chuvia, vento... • Curiosidade polos fenómenos naturais. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

8


• •

Relación do tempo atmosférico cos cambios da natureza. Realización dun rexistro atmosférico. Observación e descrición dos cambios que se producen na paisaxe como consecuencia do cambio de estacións. Respecto e coidado polos elementos do contorno natural. Identificación das necesidades básicas dos animais. Desenvolvemento de hábitos de coidado e de respecto do medio natural.

CULTURA E VIDA EN SOCIEDADE Obxectivos • Identificar algunhas dependencias relacionadas coa industria pesqueira (a lonxa, a pescadería…). • Identificar os obxectos e materiais dos distintos espazos relacionados coa industria pesqueira. • Recoñecer diferentes tipos de especies animais. • Coñecer diferentes tipos de vivendas • Coñecer e aceptar as normas de funcionamento escolar. • Coñecer e valorar os xogos como un medio de relación e socialización. • Coñecer e respectar as normas de comportamento nos lugares de ocio. • Identificar oficios e profesións relacionadas co mar. • Coñecer algúns servizos públicos necesarios para a vida en sociedade. • Identificar e coñecer algúns espazos e comercios da rúa, así como as actividades que se realizan neles. Contidos • • • • •

• •

• •

Interese por coñecer e manipular os obxectos e materiais relacionados coa vida animal e vexetal. Respecto polo persoal, os espazos e os obxectos fora do Centro escolar. Apreciación do diálogo como medio para resolver os conflitos e establecer colectivamente normas de comportamento. Identificación de distintos xogos e xoguetes, individuais e colectivos. Gusto por coñecer e desenvolver actividades de ocio individuais e colectivas. Discriminación de lugares de ocio e entretemento. Recoñecemento das actividades que se poden realizar neses lugares. Normas de comportamento en lugares de ocio e entretemento. Hábitos de participación e colaboración cos outros. Oficios e profesións relacionadas co mar. Identificación das persoas que os realizan. Discriminación dos útiles que necesitan no seu traballo. Respecto e valoración de todas as profesións e oficios. Sensibilización cara ás profesións tradicionais. Relación dalgúns comercios cos produtos que se venden neles.

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN LINGUAXE VERBAL Obxectivos •

Utilizar o vocabulario temático. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO

9


• • • • • • • • • • • • •

Adquirir habilidade e coordinación na realización de trazos. Expresar sentimentos, necesidades e emocións mediante a linguaxe oral. Coñecer as propiedades rítmicas e lúdicas da linguaxe. Utilizar a linguaxe oral para describir obxectos, acontecementos e situacións. Coñecer e comprender contos, poemas, trabalinguas e adiviñas. Valorar a importancia da linguaxe oral como instrumento de comunicación. Comprender ordes e explicacións sinxelas. Coñecer a utilidade dos listados. Coñecer as posibilidades da lingua escrita como medio de expresión. Comprender e reproducir algúns textos de tradición cultural. Iniciarse no reconto das sílabas dunha palabra. Utilizar de forma axeitada a linguaxe en distintas situacións comunicativas da vida cotiá. Realizar os trazos atendendo á direccionalidade e parada adecuadas.

Contidos • • • • • • • • • • •

• • • • • • • • • • •

Uso progresivo do vocabulario temático. Descrición de obxectos, láminas e situacións. Escoita e comprensión de contos, poemas, trabalinguas e adiviñas. Valoración da linguaxe como medio para comunicar sentimentos, necesidades e desexos persoais. Formación de frases utilizando o vocabulario, a estrutura lingüística e a entoación adecuados. Narración dun conto previamente lido. Curiosidade polo argumento dos contos e as narracións que se len na aula. Comprensión das intencións comunicativas de adultos e doutros nenos en situacións da vida cotiá. Interese por desenvolver habilidades previas á escritura. Reprodución dalgúns textos orais. Interese por exercitar destrezas manuais propias da lingua escrita. Descrición de feitos, acontecementos e vivencias. Iniciativa e interese por participar nas situacións de comunicación na aula. Discriminación dos obxectos e elementos dunha narración. Confección dun listado. Comprensión de textos con apoio gráfico. Identificación das sílabas dunha palabra mediante palmadas. Observación e descrición das escenas dun conto. Interese polos contos que len ou contan os adultos. Memorización de textos sinxelos. Valoración da funcionalidade da escritura e achegamento á linguaxe escrita. Gusto por interpretar autonomamente as imaxes ou ilustracións dos contos. Iniciativa e interese por participar nas distintas situacións de diálogo que se dan na aula. Recoñecemento de palabras bisílabas e trísilabas. Gusto cara aos textos da tradición cultural. Verbalización da secuencia dunha narración. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 10 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


• • • •

Realización de xogos orais. Valoración dos momentos de comunicación e expresión colectivos. Valoración social dos usos da linguaxe. Valoración da biblioteca da aula como espazo para a aprendizaxe e o goce. Actitude de escoita e respecto aos outros en diálogos e conversacións colectivas.

LINGUAXE AUDIOVISUAL Obxectivos •

Coñecer e valorar a televisión como fonte de información e entretemento.

Contidos • •

Achegamento ao uso da televisión como fonte de información e entretemento. Valoración da utilidade da televisión. Uso moderado e responsable da televisión.

LINGUAXE ARTÍSTICA PLÁSTICA Obxectivos Identificar as cores vermella, azul, amarela, verde, laranxa, rosa, branca, negra, morada e marrón. • Familiarizarse coas obras de arte. • Coñecer distintos materiais e técnicas para realizar obras plásticas persoais. • Explorar as posibilidades expresivas de distintos materiais e técnicas plásticas. • Utilizar distintas técnicas plásticas e materiais para realizar traballos artísticos persoais. • Explorar as posibilidades de distintas técnicas plásticas e materiais para realizar traballos artísticos persoais. •

Contidos • • •

• • • •

Discriminación das cores vermella, azul , amarela, verde, laranxa, rosa, branco, negro e morado. Aplicación das cores en composicións plásticas. Observación e coñecemento da obra de Jorge Peteiro Vázquez. Emprego de distintas técnicas plásticas para crear obras persoais. Interese por coñecer e explorar as propias capacidades expresivas. Respecto polas producións propias e dos demais. Coidado e respecto polo material da aula. Participación na limpeza e recollida de materiais. Observación da obra de Jorge Peteiro Vázquez e realización de creacións propias a partir da súa observación. Utilización das técnicas plásticas: pegado de materiais e plastilina. Manipulación de distintos materiais para crear obras persoais. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 11 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


• • •

Valoración das propias capacidades expresivas e dos demais. Valoración das propias capacidades expresivas e dos demais. Respecto polas creacións dos compañeiros e o material da aula.

MÚSICA Obxectivos • • • • • • • •

Coñecer e interpretar algunhas cancións. Desenvolver a actitude de escoita e atención en audicións musicais. Coñecer e experimentar as propiedades sonoras do propio corpo e de distintos obxectos cotiás. Discriminar sons fortes/frouxos. Coñecer instrumentos musicais de percusión e de vento. Recoñecer as calidades do son. Coñecer e reproducir cancións. Identificar sons do contorno.

Contidos • • • • • • • •

Memorización e comprensión de cancións. Interese por escoitar e aprender cancións e melodías. Exploración das calidades sonoras do corpo e de diferentes obxectos. Discriminación de sons fortes e frouxos. Interese por coñecer as distintas calidades do son. Discriminación visual e auditiva de instrumentos musicais de percusión e de vento. Apreciación das posibilidades da música como medio de expresión. Interese por coñecer distintos instrumentos musicais. Identificación dalgúns sons da rúa.

LINGUAXE CORPORAL Obxectivos • • • • •

Exercitar as posibilidades expresivas do corpo. Dramatizar situacións e acontecementos. Mimar cancións e poemas. Participar en actividades de xogo simbólico. Experimentar con xestos e movementos do corpo como medio de expresión e comunicación.

Contidos • • •

Participación e goce en actividades de dramatización e xogos grupais de contido corporal. Interese por utilizar as propias posibilidades expresivas. Representación de personaxes, feitos e situacións en xogos simbólicos, individuais e compartidos. Interese e goce co xogo simbólico. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 12 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


3.- PROPOSTAS DIDÁCTICAS Todos os obxectivos e contidos citados nos puntos anteriores, traballarémolos a través de diferentes actividades: -

-

-

Actividades individuais: •

Fichas de rexistro, nas que reflexar os coñecementos adquiridos.

Actividades de lecto-escritura: compoñer nomes con letras móviles, realizar diferentes trazos…

Actividades en pequeno grupo: •

Elaboración de murais.

Traballo nos recunchos.

Realización de experimentos.

Etc.

Actividades con todo o grupo clase: •

Aprendizaxe e posta en «escea» de cancións.

Conversas sobre diferentes temas, búsqueda de solucións para conflictos…

Lectura de contos…

Para levar a cabo as actividades contaremos cos seguintes recursos:  Recursos materiais: -

Material funxible: folios, lápices, pegamentos, ceras, rotuladores…

-

Material de refugallo: botes de plástico, lá, rolos de cartón…

-

Material audiovisual: televisión, reproductor de dvd, películas, documentais…

-

Material informático: ordenador, pizarra dixital…

 Recursos persoais: -

Mestres especialistas: inglés, música, relixión…

-

Contacontos, pais, nais, familiares…

4.- AVALIACIÓN No 2.º ciclo de Educación Infantil a avaliación será global, continua e formativa. A observación directa e sistemática constituirá a técnica principal do proceso de avaliación. A avaliación debe ter como fin a identificación das aprendizaxes dquiridas e o ritmo e as características da evolución de cada neno e de cada nena. Para estes efectos, tomaranse como referencia os criterios de avaliación de cada unha das áreas. Neste curso avaliaranse, ademais dos procesos de aprendizaxe, a propia práctica CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 13 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


educativa e as competencias básicas en Educación Infantil. A avaliación levarase a cabo a través dunha serie de rexistros que permiten avaliar de forma individualizada e en base ás capacidades de cada neno/a: Avaliación inicial Permite facer unha observación do nivel de competencia curricular de que parten os alumnos. Os elementos a valorar serán tanto as capacidades adquiridas coma os hábitos de comportamento que manifestan. Avaliación trimestral Recolle todas aquelas aprendizaxes consideradas significativas e básicas que o alumno debe conseguir. Parten das avaliacións por unidades. Avaliación de final de curso Permite comprobar o grao de consecución dos obxectivos propostos para cada curso proporcionando información sobre o mesmo e sobre os esquemas de coñecemento que posúen os nenos. Un exemplo de rexistro de avaliación é o que se presenta a continuación:

CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 14 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


SI

O alumno é capaz de: • Identificar a imaxe corporal global.

Identificar e expresar adecuadamente os propios estados emocionais. Poñer en práctica hábitos básicos de hixiene.

Desprazarse polo Centro escolar con autonomía.

Discriminar obxectos pertencentes ao ámbito escolar.

Coñecer o nome do educador e dos compañeiros.

Identificar e trazar os números 1 e 2.

Asociar os números 1 e 2 coas cantidades correspondentes.

Identificar e trazar o círculo.

Discriminar: − Grande/mediano/pequeno. − Alto/baixo. Empregar un vocabulario referido ao colexio e ao corpo.

• • •

Realizar os trazos propostos. Identificar os personaxes dun conto. Comprender e reproducir algúns contos e poemas.

Recoñecer e utilizar as cores vermella, azul e amarela.

Utilizar as técnicas plásticas de estampado, ceras e debuxo.

Discriminar se un son é forte/frouxo.

• •

Recoñecer sons producidos con algunhas partes do corpo e diferentes obxectos. Cantar, escoitar e dramatizar cancións e audicións.

Participar en actividades de dramatización e xogo simbólico.

EN PROCESO

5.- PAUTAS METODOLÓXICAS Nesta etapa, máis ca en calquera outra, desenvolvemento e aprendizaxe son procesos dinámicos que se producen como consecuencia da interacción co contorno. Cada neno ten o seu ritmo e o seu estilo de maduración, desenvolvemento e aprendizaxe; por iso, as súas características persoais, as súas necesidades, os seus intereses e estilo cognitivo deberán ser elementos que condicionen a práctica educativa nesta etapa. Os métodos de traballo basearanse nas experiencias, as actividades e o xogo e aplicaranse nun ambiente de afecto e confianza para potenciar a súa autoestima e integración social. CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 15 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


5.1.- Orientacións didácticas xerais •

Motivar os alumnos facéndoos copartícipes do proceso de aprendizaxe. Para isto, facilitar a participación de todos os alumnos na elección e realización das actividades, na toma de decisións na aula, etc.

Coñecer e valorar os coñecementos previos dos alumnos respecto ás aprendizaxes propostas. Iniciar o proceso de aprendizaxe partindo do que xa saben. Darlles a entender que co seu esforzo e coa nosa axuda poderán superar as dificultades que encontren en cada caso.

Propoñer situacións que fagan posible a aprendizaxe por descubrimento. Para isto, xerar escenarios onde os alumnos deban identificar a orixe de determinados problemas, facer un diagnóstico de cada un deles, propoñer solucións posibles, analizar as consecuencias e programar as accións necesarias para conseguir os obxectivos previstos.

Realizar actividades que posibiliten a observación directa, a manipulación e experimentación co obxecto de aprendizaxe.

Realizar, en xeral, actividades que: - Axuden a provocar conflitos cognitivos nos alumnos. - Xeren nos alumnos actitudes receptivas cara ao obxecto de aprendizaxe. - Permitan experimentar o aprendido. - Faciliten certo grao de autonomía. - Faciliten a adquisición de destrezas de aprendizaxe autónoma. - Permitan que todos os alumnos do grupo-clase poidan realizalas independentemente da capacidade e os intereses de cada cal, sempre que o docente levara a cabo as adaptacións pertinentes.

Propoñer actividades en que o protagonismo, os destinatarios e os obxectivos sexan diferentes: - Dirixidas pola titora, que levará a iniciativa na súa presentación e na metodoloxía con que se realicen. Este tipo de actividades empregarémolas principalmente á hora de introducir novos contidos. - Suxeridas polo educador, aínda que se permita escoller os alumnos entre diferentes opcións, de acordo cos seus intereses ou necesidades. - De reforzo, destinadas aos alumnos que presentan algún tipo de dificultade, e que poderán ir resolvendo coa axuda dos alumnos máis capacitados ou coa intervención directa e individual do educador cando se requira. - De ampliación, dirixidas aos alumnos con capacidades que lles permitan adquirir un nivel superior de contidos respecto aos que temos programados como básicos na unidade didáctica. - Libres, onde deixaremos que os alumnos empreguen a súa iniciativa, a súa creatividade e a súa autonomía para levalas a cabo.

Utilizar o xogo como recurso motivador e instrumento educativo na práctica diaria: - Xogo simbólico para que o alumnado reproduza ou imaxine escenas ou situacións da vida real. A simulación da realidade permítelles ir coñecendo, aceptando ou CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 16 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


provocando novas maneiras de relacionarse, de enfrontarse aos conflitos e de situarse no contexto social e relacional. - Xogos non competitivos en que se deberá ter en conta que: o O alumnado encontre pracer participando nos xogos, independentemente do resultado final obtido. o Eviten a discriminación ou menosprezo daqueles alumnos que non conseguiran os obxectivos marcados. Estes han ser indicadores para o educador de que habilidades han de mellorar individual ou grupalmente. o Posibiliten a participación de todo o alumnado do grupo-clase. o O alumnado vexa os seus compañeiros como iguais e non como contrincantes aos que hai que superar. o A finalidade sexa conseguir a suma de achegas individuais para lograr un obxectivo conxunto. Os xogos, en síntese, poden servir como instrumento educativo e de observación das peculiaridades de cada alumno (estilos de aprendizaxe, dificultades, actitude ante os erros…). •

Á hora de traballar con fichas, planificar as actividades de aprendizaxe tendo en conta tres momentos: - Antes de empezar: actividades previas para poñer en contacto ao alumnado co obxecto de aprendizaxe, motivalo e espertar o seu interese, activar os coñecementos e experiencias previos e, se é necesario, introducir aqueles aprendizaxes que lles permitan poder realizar a actividade. - Durante a realización: actividades da ficha para aplicar os coñecementos adquiridos, observar as posibles dificultades e resolvelas. - Despois da realización: actividades posteriores para consolidar as aprendizaxes adquiridas, reforzar aquelas en que tiveron máis dificultades ou ampliar as que xa adquiriran por ter unhas capacidades ou uns coñecementos previos que llelo permiten.

Intentar que o alumnado saiba ou sexa consciente do que aprendeu. Procurar que recorden as actividades que realizaron. É positivo, en determinados momentos, comparar os seus primeiros traballos cos últimos para que se dean conta dos cambios experimentados.

Traballar os textos tendo en conta os seguintes criterios: - Elixilos atendendo tanto á idoneidade do seu contido como ao seu valor gráfico, procurando que sexan un elemento motivador e agradable en si mesmo. - Converter os libros, revistas e demais soportes escritos nun elemento habitual na aula, permitindo que os alumnos os manipulen e interpreten libremente. - Realizar actividades dirixidas de comprensión lectora, en que se apliquen procedementos do tipo: activar os coñecementos previos, formular hipóteses ou predicións sobre o argumento, comprobar as hipóteses previas á lectura, extraer as ideas principais do texto lido, etc. Todo isto co fin de crear unha actitude receptiva cara á aprendizaxe da lectoescritura como instrumento de comunicación, información e goce.

CEIP DE CARNOTA- CURSO 2011/2012 17 TITORA: VIOLETA CORUJO QUINTEIRO


PROGRAMACION DE AULA- EDUCACION INFANTIL 4 ANOS