Page 1

PROGRAMACIÓN DE AULA

4º CICLO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

!


INTRODUCCIÓN: Neste curso de Ed. Infantil traballarase co método “ Proxecto Papeliños” da Editorial Anaya-Algaida principalmente. Determinadas unidades didácticas desenvolveranse en talleres con actividades relacionadas entre si nas que o alumnado se implicará na súa realización, actividades tales coma o outono, o nadal, os cumpleanos, as vacacións, as festas... ou outros que sexan do seu interés. xustificación: o porque deste método A razón pola que escollín este método é porque ten en conta a realidade escolar apostando por unha programación de obxectivos, contidos, actividades, e competencias básicas dun xeito completo e atractivo permitindo ao profesorado adaptarse ás necesidades concretas de cada contexto e ás dos alumnos e alumnas que nel se integran, non condicionando unha única forma de traballar e da resposta ao tratamento da divesidade. Ao través de 8 unidades cunha serie de personaxes ( o gatiño Papeliño, o gato Papelote, e a abella Pepa), o método desenvolve o nivel educativo deste nivel. Así trabállanse aspectos da educación en valores e para a convivencia abordando contidos a traves da linguaxe audiovisual, fomentando deste xeito, hábitos saudables, mediante a utilización do ordenador, e fomentando unha educación emocional e do comportamento desexables necesarios tales como a autonomía, o coidado do medio, educación para a saúde, coidado dos recunchos, expresión dos sentimentos... ofrecendo unha serie de materiais, informes e suxestións que os nenos e as nenas levarán para a súa casa: •

Cuestionario inicial.

Información sobre cada unidade didáctica e suxestións para as familias.

Contos.

Fichas nas unidades que se poden traballar na casa.

CD interactivo.

Informes trimestrais.

Libro para a familia.

• Actividades en todas as unidades didácticas que requiren a participación da familia. • Caderno con temas de interese para os pais, nais e titores relacionados coa educación dos seus fillos e fillas.

!


Metodoloxia a aplicar neste nivel: Na Educación Infantil é moi importante estructurar o tempo de xeito que o alumnado o interiorice e sepa cal é a orde das rutinas a seguir. Isto afianza a súa seguridade e desenvolva a súa autonomía, así como permite adquirir unha orientación temporal, o coñecemento da organización interna da aula, a estructuración das actividades e como se suceden unhas tras outras. Por isto é moi importante seguir sempre a mesma dinámica de traballo. Xeralmente un día na aula de Educación Infantil nesta aula discurrirá da seguinte maneira: •

Entrada, rutinas ( colgar chaquetas, bolsas da merenda…)

Asamblea (pasar lista, ver o tempo, os días da semana, actividades do día, nomear encargado/a…

Traballos globalizados en equipos ou individual

Lavar as mans, almorzo e recoller para sair ao patio

Nos aseamos, bebemos auga e relaxámonos.

Actividades globalizadas colectivas ou individuais.

Rutinas de recoller e despedida.

A dinámica da aula será a exposta anteriormente adicándolle tempo ao xogo simbólico, ao traballo individualizado e en grupo. A aula contará coa mestra de apoio 3 sesións á semana, e entrarán as especialistas de psicomotricidade, relixión, Tic, alternativa á relixión e Inglés. Outras actividades que se realizarán son a visita á biblioteca e hora de ler.

!


DESENVOLVEMENTO DO NENO E DA NENA DE 3 ANOS O desenvolvemento dos nenos e das nenas destas idades presenta unha serie de características cognitivas, afectivas, psicomotoras, de linguaxe, de hábitos de conduta…, que hai que ter en conta á hora de planificar a acción educativa. É unha etapa do desenvolvemento na que os pequenos están en continua evolución.O pensamento do neno e da nena desta idade caracterízase por ser concreto, é dicir, o desenvolvemento da súa intelixencia require que continuamente experimenten e manipulen a realidade que os rodea. Comézase a afianzar a función simbólica, que lles permitirá evocar o que está ausente, de maneira que, progresivamente, irán pasando da acción e da manipulación dos obxectos á súa representación. O desenvolvemento cognitivo está condicionado en gran medida polo desenvolvemento da linguaxe. Os nenos e as nenas están pasando da aprendizaxe sensorial á intuitiva, comezan a prever as consecuencias das súas accións e empezan a solucionar os problemas que se lles presentan na súa vida cotiá. Aínda non son capaces de desligarse do todo dos seus puntos de vista pero, pouco a pouco,irán descubrindo que a súa forma de ver as cousas non ten por que coincidir coa dos demais; paulatinamente, tomarán conciencia e comprenderán que a forma de actuar e de comportarse dos demais depende dunha serie de motivacións, desexos e necesidades que poden non coincidir coas súas. Intentarán axustar o seu comportamento para integrarse e interactuar coas persoas do seu medio. Pouco a pouco serán capaces de realizar deducións simples e clasificacións seguindo algúns criterios moi sinxelos. A esta idade terán dificultades para establecer relacións causais, temporais e lóxicas. No ámbito psicomotor, son moi áxiles, os seus movementos son suaves e harmónicos. Progresivamente, serán capaces de disociar os seus movementos realizando simultaneamente xestos diferenciados nos membros superiores e inferiores. Gústalles empezar a mostrarse independentes e senten atracción pola actividade física. Van coñecendo o seu corpo pouco a pouco, as súas posibilidades e limitacións motrices, van adquirindo confianza sobre o que son capaces de facer con el e van avanzando no control dos seus movementos. Gústalles correr e pararse, facer xiros, escalar, sortear obstáculos, andar en todas as direccións, patear, saltar cos pés xuntos, subir e baixar escaleiras e bailar, a pesar de que aínda non dominan o ritmo. Poderán manter o equilibrio sobre diferentes superficies; manteranse sobre un pé durante certo tempo; equilibraranse sobre a punta dos pés e gardarán o equilibrio estático cos ollos pechados. A coordinación óculo-manual aínda non é moi boa. Serán capaces de realizar diferentes accións que requiren esta coordinación, como abrochar un botón grande. Exercerán certo control sobre o lapis. Progresivamente, controlarán a partida e chegada do debuxo, que lles permitirá partir dun punto e chegar a outro dun só trazo; poderán completar e pechar figuras abertas e serán capaces de copiar un círculo. Aos pequenos e ás pequenas gustaralles experimentar coa pintura de dedos utilizando todo o espazo gráfico. Irán

!

"


adquirindo unha mellor percepción visual do espazo. Os nenos e as nenas utilizan indistintamente a man esquerda e a dereita; progresivamente, irán afianzando a súa lateralidade, polo que é moi importante non facer presión en ningún sentido sobre o uso dunha man sobre outra. Nesta idade, os nenos e as nenas afianzarán a súa identidade sexual e de xénero e utilizarana para definir as súas preferencias. Chegarán a recoñecer o seu propio sexo e interesaranlles as diferenzas fisiolóxicas entre eles. A linguaxe é un instrumento novo que aínda non dominan correctamente. O vocabulario que manexan os pequenos e pequenas é extenso, dunhas 1000 palabras, que irán aumentando rapidamente, aínda que comprenden o significado de máis palabras das que empregan. Progresivamente, elaborarán enunciados de tres ou catro palabras de estrutura máis complexa e diferenciarán os tempos e os modos verbais. Nas súas conversas utilizarán artigos e algúns pronomes e adverbios e aprenderán a facer correctamente a concordancia entre o artigo e o nome. Os nenos e as nenas desta idade comezan a percibir que a linguaxe, ademais de ser un instrumento de comunicación, é un medio para controlar o seu propio comportamento. Parece que captaron como funciona o sistema lingüístico, recoñecendo algunhas normas básicas e simples, pero non as excepcións desas normas e, polo tanto, adoitan cometer erros. Tamén comezan a formular moitas preguntas, algunhas delas aparentemente sen sentido. Comentan todo o que ven, senten e imaxinan. Aínda non dominan a pronuncia dalgúns fonemas nin algunhas estruturas gramaticais, pero poden pronunciar os sons fundamentais da lingua, aínda que, ás veces, nas súas conversas retroceden a unha pronuncia máis cómoda para eles. Aos pequenos e ás pequenas gústalles escoitar para aprender. Comezan as primeiras amizades, gústalles estar con outros nenos e nenas, aínda que seguen sendo egocéntricos e dominantes nas súas relacións. O seu círculo social irase ampliando. Progresivamente, serán capaces de establecer relacións afectivas fóra do ambiente familiar. A relación cos irmáns e coas irmás adoita ser moi cariñosa. Aos pequenos e ás pequenas gústalles xogar en parellas, en grupos de tres e, pouco a pouco, irán ampliando este número. No xogo hai unha identificación, fan imitacións tipificadas, como levar algo, mercar, dar… Tamén terán lugar as primeiras pelexas e rivalidades; a esta idade, poden responder con certa agresividade ante a frustración, polo que o papel do adulto como mediador é fundamental. Empezarán a coñecer e a asimilar algunhas das normas que rexen a vida en sociedade, así como a entender o que é compartir. Por outro lado, é importante que adquiran progresivamente hábitos de coidado e seguridade persoal, posto que poderán discriminar e, polo tanto, evitar algunhas situacións,accións e obxectos que poden ocasionarlles perigo (escaleiras, tesoiras, coitelos, enchufes, mistos…). Os pequenos e as pequenas aprenderán a comer sós sen derramar a comida ou a bebida e empezarán a utilizar o garfo. Terán a habilidade necesaria para espirse sós e vestirse sen axuda ou con pouca axuda do adulto, a pesar de que aínda non saberán abrochar algunhas pezas. Sentiranse moi orgullosos do que son capaces de facer, gustaralles esa autonomía que pouco

!

#


a pouco van ir adquirindo. Ao neno e á nena agradaranlles as gabanzas, amosaranse colaboradores e dispostos a facer pequenos “traballiños” na casa e na clase. En canto á orde, saberán que cada cousa debe estar no seu sitio, pero igual que imitan a orde, tamén imitarán a desorde. Teñen o seu propio concepto da xustiza, saben que deben dicir a verdade e que non deben mentir. Saben distinguir entre verdade e mentira. Tenden a ser sinceros, pero tamén, se non son educados correctamente, poden descubrir as vantaxes de mentir para obter o que desexan. Unidade 1. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Coñecer o seu corpo globalmente identificando algúns dos seus elementos e algunhas características diferenciais. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Explorar as posibilidades motrices e posturais do seu corpo e empezar a utilizalas coordinadamente adecuándoas, progresivamente, ás diversas situacións. – Descubrir os sentidos como fonte de sensacións. – Desenvolver de forma gradual hábitos de coidado e hixiene. – Desenvolver a coordinación óculo-manual necesaria para a manipulación e utilización de obxectos e a forma de representación gráfica. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Diferenza neno-nena. – Elementos do corpo: a cabeza e as mans. – Descubrimento das características do seu corpo globalmente. – Aceptación da identidade e características dos demais, evitando actitudes discriminatorias. – Sentido do tacto. – Educación emocional: a alegría. – Adopción progresiva de estratexias para regular estados emocionais en función da súa adaptación ás diferentes situacións, contextos e reaccións dos outros. Bloque 2.- Xogo e movemento – Movementos e posturas do corpo. – Adquisición progresiva do equilibrio estático e dinámico. – Exploración das posibilidades motrices do propio corpo.

!

$


– Iniciación na coordinación óculo-manual. – Iniciación na coordinación e no control de habilidades manipulativas no uso de utensilios comúns. – Reforzo da coordinación viso-manual mediante o xogo “O encerado das cores” do CD de xogos dixitais interactivos. Bloque 3.- A actividade cotiá – Normas elementais de relación. – Diversidade e tolerancia. – Desenvolvemento da atención a partir da observación. – Adquisición de hábitos elementais de organización, constancia, iniciativa e esforzo. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Coidados do corpo: hixiene das mans. – Obxectos relacionados co aseo persoal. – Iniciación no coidado e na limpeza persoal. – Aceptación das normas establecidas para o coidado do propio corpo. – Adquisición de hábitos de orde mediante o xogo “Prepara a túa mochila” do CD de xogos dixitais interactivos. Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística –Expresar emocións. Competencia para aprender a aprender –Prestar atención. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Poñer en práctica hábitos de hixiene.

Criterios de avaliación – – – – –

Identifica algúns elementos do corpo. Recoñece algunhas propiedades nos obxectos a través do tacto. Lava el/a só/a as mans. Relaciónase cos seus compañeiros e compañeiras. Adáptase ás rutinas escolares.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Coñecer os seus compañeiros e compañeiras da clase e o profesor ou a profesora, establecendo un primeiro contacto con eles.

!

%


– – – – – – – – –

Coñecer algúns dos elementos e materiais da aula. Desenvolverse nalgúns dos espazos e dependencias da escola. Coñecer algunhas normas de comportamento que rexen a vida escolar. Actuar de forma progresivamente autónoma no ámbito escolar. Descubrir algunhas propiedades dos obxectos a través da observación e da manipulación. Discriminar a cor vermella. Coñecer algunhas nocións espaciais: dentro-fóra. Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, encerado dixital, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…). Discriminar nalgúns obxectos a calidade grande-pequeno.

Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Situación espacial: dentro-fóra. – Tamaño: grande-pequeno. – Propiedades dos obxectos: cor vermella. – Reforzo da cor vermella e do tamaño grande-pequeno mediante os xogos “O encerado das cores”, “Pequeno e grande” e “Tres cores” do CD de xogos dixitais interactivos. Bloque 2.- Achegamento á natureza – Personaxe: Papeliño-Papelote. – Experimentos sinxelos. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…? Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Membros da clase: compañeiros e compañeiras, profesor ou profesora. – Algúns elementos da aula. – Algunhas dependencias da escola. – Rutinas escolares. – Normas sinxelas de comportamento na clase. – Colaboración nas rutinas de preparación e recollida dos materiais da clase. – Interese e gusto por acudir ao centro e permanecer nel. – Progresiva adaptación do comportamento ao grupo. – Desenvolvemento progresivamente autónomo no ámbito escolar. – Aceptación das normas que rexen a vida escolar. – Obxectos que non se deben meter na boca. – A biblioteca. – A importancia de aprender. Competencias básicas

!

&


Competencia matemática –Realizar agrupacións atendendo ao tamaño grande-pequeno e á cor vermella. –Manipular obxectos e descubrir as súas calidades. Competencia social e cidadá –Establecer relacións cos seus compañeiros e compañeiras. –Adaptarse á rutina escolar. Competencia cultural e artística –Valorar as producións plásticas dos compañeiros e das compañeiras. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico – Resolver problemas na medida das súas posibilidades interactuando co medio próximo. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Orientarse nas dependencias do colexio. Criterios de avaliación – Recoñece a calidade grande-pequeno nos obxectos.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Expresar mediante a linguaxe oral desexos e intencións e comprender as mensaxes dos outros. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, encerado dixital, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e !

'


expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario referente á unidade: Papeliño, Papelote, María, Chun, Sara, Xoán, lapis, mochila, pintura, vermello, grande, pequeno… – Normas socialmente establecidas para agradecer e para eloxiar. – Necesidade da comunicación oral. – Comprensión de mensaxes sinxelas dadas polo adulto. – Pronuncia progresivamente máis clara e correcta das palabras do vocabulario. – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico da unidade: Hello, school, one, red, boy, girl… *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples. – Iniciación no uso do nome. *Achegamento á literatura – Contos: “Papeliño e Papelote”, “Carrapuchiña Vermella” e “Martiño o peixiño”. – Iniciación no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. – Discriminación de emocións a través do conto. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas da expresión plástica: colorear, pegar, estampar marcas, siluetear… – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Grandes autores e artistas universais. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. Obxectos do colexio que soan e instrumentos musicais. – Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Dramatizacións sinxelas. – Control do corpo e das mans: movemento. !


Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Visualización de diferentes imaxes e uso de distintos soportes das tecnoloxías da información e da comunicación. – Curiosidade cara ás novas tecnoloxías presentes no medio.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística – Comprender a idea global do conto da unidade. Tratamento da información e competencia dixital – Aprender os diferentes movementos do rato do ordenador

Competencia para aprender a aprender – Utilizar os recursos de maneira adecuada. Criterios de avaliación – Colle correctamente o útil gráfico. – Participa nas actividades plásticas. – Comprende as ordes dadas polo docente. •

– Iníciase no uso do ordenador: arrastra e fai clic no rato.

Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para descubrir os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver. – Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Utilización do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar os contidos traballados. !


– Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. – Discriminación da cor aprendida na unidade (vermello) en obxectos e elementos da clase a través de xogos. – Identificación dalgúns elementos do corpo: cara e mans en si mesmo/a e no mural do corpo do material de aula. – Recoñecemento de obxectos que non se deben meter na boca. – Exploración dalgunhas calidades dos obxectos por medio do sentido do tacto. – Aplicación dos hábitos de hixiene aprendidos en situacións da vida real. – Identificación dos diferentes espazos e obxectos da escola mediante visitas guiadas polo docente. – Identificación dalgúns compañeiros e compañeiras polo seu nome. – Comparación, agrupación, manipulación de obxectos atendendo ao tamaño grande-pequeno e á situación espacial dentro-fóra. – Pronuncia progresivamente máis clara e correcta das palabras do vocabulario utilizando as tarxetas do material da aula. – Audición e interpretación de cancións en grupo. – Exploración e utilización de materiais e útiles da expresión plástica. – Creación de situacións na aula que potencien o desenvolvemento da linguaxe oral (preguntas do docente, asembleas, actividades en grupo, relato de vivencias…). – Iniciación no desenvolvemento de actitudes de respecto, tolerancia, amizade e cariño polos compañeiros e compañeiras. Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore e muralcalendario e de aniversarios, mural do corpo, despregable de números… – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – – – –

Pictogramas. Etiquetas de psicomotricidade. Rótulos de accións, lugares e obxectos. Semáforo.

!


– CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. – CD de xogos dixitais interactivos. – Materiais utilizados nas actividades plásticas e psicomotrices. – Materiais utilizados para a organización dos diferentes recunchos. – Outros recursos incluídos na caixa do material da aula. Espazos – – – – –

Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral. Recuncho do xogo simbólico: recuncho do espello. Recuncho dos xogos didácticos. Recreo. Diferentes dependencias da escola.

Temporalización Esta unidade desenvolverase unha vez superado o período de adaptación dos nenos e das nenas. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado. Medidas de atención á diversidade – Observación da lámina motivadora da unidade sinalando os diferentes obxectos da clase, desenvolvendo desta forma, a observación e a atención e reforzando algúns contidos traballados na unidade. – Realización de xogos que favorezan o desenvolvemento da motricidade fina: amasar boliñas de plastilina, resgar papel, ensartados, inserir macarróns en la… – Utilización do espello do recuncho do xogo simbólico para sinalar en si mesmo/a as partes do corpo que o docente nomee. – Utilización dos pictogramas do material da aula grande e pequeno asociándoos a diferentes obxectos e elementos da clase como axuda na aprendizaxe destes conceptos matemáticos. – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples: “Papeliño pequeno”, “Papelote grande”, “Mochila vermella”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. – Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable.

!


– Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. – Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. – Se cómpre, pódese contar con medidas de atención á diversidade externas á aula: logopedista, profesor de apoio, psicólogo… Procedementos e instrumentos de avaliación – Cuestionario inicial para conseguir información de cada alumno e alumna sobre datos persoais, familiares, de relación, de escolarización, físicos, psicomotrices, de linguaxe, de control de esfínteres, sono, alimentación, hixiene, autonomía e emocionais. – Rexistro de avaliación inicial. – Observación directa e sistemática. – Rexistro diario de incidencias. – Diálogos cos nenos e coas nenas. – Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. – Observación do comportamento dos nenos e das nenas. – Recollida de información por parte da familia e doutros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Recoñecer as propiedades dalgúns obxectos por medio do tacto. – Nomear obxectos da clase grandes e pequenos. – Pegar gomets vermellos dentro dun espazo marcado. – Realizar trazos sen saírse dentro dun espazo determinado.

as

Actividades complementarias e extraescolares – Sinalar obxectos e elementos de cor vermella para desenvolver a observación, a atención e reforzar o contido. – Nomear obxectos da clase que aparecen no mural da unidade didáctica para desenvolver a linguaxe oral e reforzar os contidos traballados. – – – – –

Observar a lámina motivadora da unidade 1 e conversar sobre ela. Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: a alegría. Lavar as mans con xabón antes e despois de ir ao recreo. Realizar unha visita cos nenos e coas nenas polos arredores do centro. Se é posible, realizar unha visita a outra escola de infantil da zona.

!


Planificación da convivencia Nesta unidade traballaremos os seguintes temas transversais: – Coidemos a nosa saúde: para fomentar a adquisición de hábitos de hixiene e a utilización correcta dos obxectos relacionados, así como o coidado dos aseos do colexio. – Todos somos iguais: propoñendo situacións de traballo cooperativo e en equipo e evitando actitudes discriminatorias cara a un dos sexos. – Sexamos bos cidadáns e cidadás: realizando actividades que promovan o respecto e o agarimo cara aos compañeiros e compañeiras e cara ao persoal do centro e procurando que, desde o primeiro día, utilicen normas de cortesía. – Dialoguemos e respectemos os demais: con actividades que fomenten o respecto por un mesmo e polos outros. – Vaiamos seguros: para que se inicien en normas de seguridade viaria co semáforo da clase. Plan das tecnoloxías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador. Este CD pode utilizarse ademais no encerado dixital. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Adquisición de hábitos de orde. – Observación e atención. – Tamaño grande-pequeno. – Cor vermella. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través do CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se trate dalgunha maneira o centro de interese da unidade: a escola. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. – Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora… Por suposto, educaremos no uso moderado de todos eles.

!


Unidade 2. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Coñecer as posibilidades motrices e as diferentes posturas do seu corpo e a súa relación coas diversas situacións das actividades cotiás. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Adquirir unha autonomía progresiva no desenvolvemento dos hábitos relacionados coa hixiene dental, coa alimentación e co coidado da saúde. – Adecuar progresivamente o propio comportamento ás necesidades e demandas dos outros. – Desenvolver progresivamente a coordinación óculo-manual necesaria para as habilidades motrices de carácter fino e o manexo de pequenos instrumentos. Contidos Bloque 1.- O Corpo e a propia imaxe – Elementos do corpo: os pés. – Sentimentos e emocións. – Educación emocional: a tristeza. – Regulación progresiva de emocións e sentimentos. – Instrumento de medida do tempo: o reloxo. – Aceptación e interese por persoas doutras razas. – Identificación das características de persoas que proceden doutros países. Bloque 2.- Xogo e movemento – Posturas e movementos do corpo. – Progresiva adecuación do ton muscular e da postura nas distintas actividades motrices. – Gusto pola actividade deportiva. – Coordinación e control progresivo das habilidades manipulativas de carácter fino. – Desenvolvemento da coordinación óculo-manual mediante a utilización do CD de xogos dixitais interactivos. Bloque 3.- A actividade cotiá – Desenvolvemento e fomento de actitudes de axuda e colaboración. – Predisposición a prestarlles axuda aos compañeiros e ás compañeiras. – Desenvolvemento da atención. – Iniciativa para realizar accións e actividades novas. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde

!


– Necesidades básicas do corpo: o sono. – O vaso e o biberón. – Adquisición de hábitos relacionados coa alimentación. – Coidado da saúde: a caixa de primeiros auxilios. – Desenvolvemento de hábitos de seguridade persoal. – A hixiene dental. – Uso axeitado dos útiles destinados ao aseo e realización autónoma de accións relacionadas con esta rutina. – Adquisición de hábitos de orde na casa mediante o xogo “Somos ordenados” do CD de xogos dixitais interactivos.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística – Expresar os seus gustos e preferencias. Competencia para aprender a aprender – Identificar emocións nos outros. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal – Buscar solucións a pequenos problemas formulados na clase.

Criterios de avaliación – Coñece a importancia da hixiene dental. – Empeza a realizar de maneira autónoma accións relacionadas co aseo.

Coñecemento de do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Coñecer algunhas características da súa propia casa: os seus espazos e algúns obxectos presentes nela, e comezar a utilizalos adecuadamente. – Orientarse de forma progresivamente autónoma nos diferentes espazos da casa. – Contemplar o medio natural e descubrir os cambios vexetais que se producen coa chegada do outono e as súas condicións atmosféricas. – Valorar e respectar o medio natural. – Coñecer e aceptar a súa propia situación familiar sentíndose membro da súa familia. – Coñecer algunhas normas de comportamento que rexen a vida familiar. – Actuar de forma progresivamente autónoma no ámbito familiar. – Descubrir obxectos e situacións a través da experimentación activa identificando as propiedades e as relacións entre eles. – Agrupar e clasificar obxectos atendendo ao tamaño grande-pequeno. !


– – – –

Iniciarse no coñecemento do cardinal 1 e na realización da súa grafía. Identificar a forma circular. Utilizar adecuadamente os cuantificadores moitos-poucos, moitos-un. Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…).

Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Propiedades dos obxectos: a cor vermella. – Reforzo da cor vermella, a forma circular, o número 1 e do tamaño grande-pequeno mediante os xogos “O encerado das cores”, “Que forma ten?”, “Imos ao mercado”, “Pequeno e grande” e “Tres cores” do CD de xogos dixitais interactivos. – Formas planas: o círculo. – Tamaño: grande-pequeno. – Cuantificadores básicos: moitos-poucos, moitos-un. – Nocións básicas de orientación espacial: dentro-fóra. – Realización dos quebracabezas do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar a orientación espacial. – O número 1: direccionalidade e grafía. – Iniciación á práctica de contar. – Asociación do cardinal 1 coa cantidade correspondente. Bloque 2.- Achegamento á natureza – Estacións do ano: o outono. – Observación guiada dos cambios naturais do medio próximo ao neno e á nena coa chegada do outono. – Alimentos propios do outono. – Algúns fenómenos atmosféricos: a chuvia. – Experimentos sinxelos. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). – Precaución ante os obxectos perigosos. Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Membros da familia. – Normas sinxelas de comportamento na familia. – Identificación dalgunhas relacións de parentesco entre os membros da súa familia. – – – – – –

Obxectos relacionados co aseo. Espazos e dependencias da casa. Características da súa casa. Obxectos presentes na casa. Normas de relación e de convivencia na casa. Inventos: microondas e secador de pelo.

!


– Orientación de forma progresiva e autónoma dentro da súa casa. – Realización progresiva de tarefas sinxelas na casa. – Achegamento a outros pobos e culturas: o dragón. – Algúns obxectos significativos do outono: o paraugas, as botas, o impermeable… Competencias básicas •

Competencia matemática –Asociar o cardinal 1 coa cantidade correspondente. –Recoñecer a forma circular en obxectos e elementos presentes na aula.

Competencia social e cidadá –Aceptar as normas de convivencia.

Competencia para aprender a aprender –Utilizar os coñecementos aprendidos en situacións reais. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal – Percibir o seu medio físico, algún dos cambios que nel se producen

Criterios de avaliación – Realiza a grafía do número 1 correctamente. – Nomea obxectos e pezas de vestir propios do outono. – Establece relacións de parentesco entre os membros da súa familia. – Coñece as diferentes dependencias da casa.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Empregar a linguaxe oral como medio de comunicación cos outros, pronunciando e articulando de forma progresivamente correcta. – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Observar e interpretar imaxes. – Amosar interese polos contos e polas narracións lidos polos adultos. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás.

!


– Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente. – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. – Utilizar o seu propio corpo como medio de expresión e desenvolvemento da creatividade. Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – A linguaxe oral e as necesidades de comunicación máis habituais. – Vocabulario básico da unidade: bebé, neno, nena, torta, zume, uvas, mesa, cadeira, comer, durmir, grande, pequeno… – Iniciación ao xénero: masculino e feminino. – Iniciación no uso do verbo como parte da oración. – Normas socialmente establecidas para saudar: por favor. – Produción de mensaxes sinxelas dirixidas a adultos e a compañeiros e compañeiras. – Articulación e pronuncia correcta das palabras do vocabulario. – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Vocabulario básico da unidade: Family, Mummy, Daddy, Goodbye, Thank you… *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples. – Instrumentos da lingua escrita: imaxes. – Precisión no manexo do útil gráfico. *Achegamento á literatura – Contos: “Na casa de Chun”, “ Os tres porquiños” e “A sopa de Don Nicanor”. – Atención e comprensión dos contos narrados polo adulto. – Identificación de emocións a través do conto. – Os textos de expresión oral: poesías, adiviñas… – Iniciación no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas e materiais propios da expresión plástica: puntear, pegar, picar… – Achegamento a outras culturas mediante as fichas de plástica: festa do Samaín

!


(Halloween). – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Grandes autores e artistas universais. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. Sons dos fenómenos atmosféricos e os producidos por algúns elementos do corpo (pés e mans). – Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Dramatizacións sinxelas. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Achegamento a diferentes produccións audiovisuais (películas, debuxos animados,…) Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística – Comprender a información visual das láminas secuenciadas dos contos. – Xogar co CD de novas tecnoloxías.

Competencia cultural e artística – Seguir diferentes ritmos – Participar en movementos e danzas

Criterios de avaliación – Mantén a atención na audición de contos e cancións. – Expresa emocións verbalmente. – Comprende as ordes dos xogos interactivos.

Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver.

!


– Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Utilización do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. – Identificación dalgúns elementos do corpo: pés, en si mesmo/a e no mural do corpo do material da aula. – Realización de xogos en grupo para localizar, comparar e agrupar obxectos atendendo á forma circular, ao tamaño grande-pequeno e ao cuantificador moitos-poucos. – Ambientación da aula co mural da árbore e cos traballos realizados polos nenos e polas nenas nas plásticas relacionados co outono. – Observación directa e indirecta dos fenómenos atmosféricos e dos cambios producidos no medio coa chegada do outono mediante saídas ao exterior, visionado de documentais, de revistas, de fotografías… – Orientación progresivamente autónoma dentro da casa. – Presentación das familias dos nenos e das nenas a través de fotografías. – Utilización axeitada dos obxectos relacionados coa hixiene: o cepillo de dentes. – Utilización do mural dos números do material da aula para identificar e aprender o número 1. – Aprendizaxe de pequenas rimas para exercitar a memoria. – Manipulación progresivamente autónoma dos libros do recuncho da linguaxe oral. – Mellora na coordinación dinámica xeral e óculo-manual a través da realización das actividades psicomotrices e plásticas da unidade. – Utilización de diferentes recursos presentes na aula para mellorar a expresión oral e ampliar o vocabulario.

!


Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números… – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – Pictogramas. – – – – – – – –

Etiquetas de psicomotricidade. Rótulos de accións, lugares e obxectos. Semáforo. CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. CD de xogos dixitais interactivos. Materiais utilizados nas actividades plásticas e psicomotrices. Materiais utilizados para a organización dos diferentes recunchos. Outros recursos incluídos na caixa do material da aula.

Espazos – – – –

Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral. Recuncho do xogo simbólico: recuncho da casa. Recuncho das construcións. Solicitar a colaboración dos pais para que os nenos e as nenas reforcen os contidos traballados relacionados coa casa e aprendan a desenvolverse con progresiva autonomía nela.

Temporalización Esta unidade desenvolverase no outono. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado. Medidas de atención á diversidade – Desenvolvemento da destreza e da precisión manual realizando exercicios de picado.

!


– Observación da lámina motivadora da unidade sinalando os diferentes membros da familia desenvolvendo, desta forma, a observación e a atención e reforzando algúns contidos traballados na unidade. – Realización de diferentes exercicios para conseguir a aprendizaxe do cardinal 1 e iniciarse na súa grafía: repasar a direccionalidade sobre diferentes superficies, pegar gomets seguindo a direccionalidade, picar, estampar marcas sobre el, modelalo en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalas sobre el, repasar o trazo do número cun útil gráfico… – Saídas ao patio do colexio para conversar cos nenos e coas nenas sobre os cambios que se produciron no medio coa chegada do outono, fomentando o desenvolvemento da linguaxe e o reforzo dalgúns contidos traballados na unidade: o outono, pezas de vestir propias da estación, a chuvia… – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples: ”Bebé pequeno”, “Bebé grande”, “Papelote come torta”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. – Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. –Realización das actividades psicomotrices relacionadas cos contidos desta unidade.

e

outras

complementarias

Procedementos e instrumentos de avaliación – – – –

Observación directa e sistemática. Rexistro diario de incidencias. Diálogos cos nenos e coas nenas. Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade.

– Observación do comportamento dos nenos e das nenas. – Recollida de información por parte da familia e doutros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Nomear alimentos que benefician a saúde dental. – O docente amosará unha lámina con diferentes obxectos para que os nenos e as nenas nomeen e sinalen os propios do outono. – Agrupar obxectos atendendo aos criterios grande-pequeno e moitospoucos. – Narrar o conto da unidade coas súas propias palabras.

!


Actividades complementarias e extraescolares – Amosarlles aos nenos e ás nenas a imaxe dun círculo para que observen, identifiquen e discriminen esta forma nos obxectos e elementos da aula. – Observar a lámina motivadora da unidade 2 e conversar sobre ela. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: a tristeza. – Debuxar unha castaña grande nunha cartolina. Proporcionarlles aos nenos e ás nenas un anaco de papel de seda marrón para que o engurren formando bólas. Pegar todas as bólas ata cubrir a castaña totalmente. – Bailar libremente a canción da unidade. – Realizar unha visita cos nenos e coas nenas a un parque próximo para que recollan follas secas caídas das árbores que pegarán nunha cartolina. – Se é posible, realizar unha visita a un ximnasio para que observen diferentes deportes. Planificación da convivencia Nesta unidade traballaremos os seguintes temas transversais: – Coidemos a nosa saúde: promoveremos hábitos relacionados coa hixiene dental e cunha boa alimentación. – Protexamos o medio: contribuiremos ao coidado do medio coa elaboración dunha papeleira de reciclaxe. – Dialoguemos e respectemos os demais: traballaremos a resolución de conflitos por medio do diálogo. – Todos somos iguais: realizaremos xogos nos que se intercambien os papeis tradicionalmente atribuídos ao home e á muller. Plan das tecnoloxías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador.. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Adquisición de hábitos de orde na casa. – Desenvolvemento da observación e da atención. – Mellora na coordinación óculo-manual. – Cardinal 1. – Tamaño grande-pequeno. – Forma circular. – Orientación espacial. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través do CD de contos animados da unidade.

!


– Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se trate dalgunha maneira os centros de interese da unidade: a familia, o outono e a casa. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. – Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora… Por suposto, educaremos no uso moderado de todos eles.

!


Unidade 3.

Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Descubrir de forma progresiva as posibilidades e limitacións do propio corpo aceptándose a si mesmo/a. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Desenvolver as posibilidades motrices dalgunhas adecuándoas ás diversas situacións da actividade. – Amosar interese na aprendizaxe de novas destrezas.

partes

corporais

– Adecuar, de forma progresiva, o propio comportamento ás necesidades e demandas dos outros. – Descubrir as posibilidades do seu corpo para expresar sentimentos e emocións. – Aprender progresivamente hábitos de hixiene, alimentación e descanso. – Desenvolver progresivamente a atención e a percepción visual. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Sentimentos e emocións: alegría, tristeza. – Educación emocional: enfado-rabia. – Identificación das posibilidades e dos límites do propio corpo. – Desenvolvemento da atención e da percepción visual. – Realización dos xogos “Onde está?” e “Cousas parecidas” do CD de xogos dixitais interactivos para desenvolver a discriminación visual. – Interese por persoas doutras razas. Bloque 2.- Xogo e movemento – Posturas e movementos do corpo e a súa relación cos segmentos corporais. – Reprodución de posturas combinadas realizadas co corpo. – Coordinación progresiva de movementos en actividades manipulativas de carácter fino. – As distintas actividades cotiás de xogo e de rutinas. – Adaptación do comportamento en diversas actividades cotiás: de xogo, de obrigas, de rutinas… – Gusto e gozo coa actividade lúdica.

!


Bloque 3.- A actividade cotiá – Normas sinxelas de relación. – Regulación da propia actividade desenvolvendo hábitos elementais de convivencia e relación cos seus iguais. – Adquisición de hábitos elementais de organización, constancia, iniciativa e esforzo. – Interese pola aprendizaxe de novas destrezas. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Hábitos e rutinas relacionados coa alimentación, coa hixiene e co descanso. – Coidado da saúde. – Apreciación da orde e da limpeza nos espazos nos que se realizan as actividades cotiás. Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Utilizar a linguaxe corporal e verbal para expresar ideas, necesidades, emocións, preferencias, gustos…

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico – Controlar o corpo en reposo e movemento – Utilizar os hábitos de hixiene, alimentación, vestido e descanso

Competencia para aprender a aprender –Solicitar axuda cando o necesita. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Permanecer sentado mentres realiza as fichas da unidade. Criterios de avaliación

– Adecúa o movemento e a postura ás diferentes situacións da actividade.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Observar o medio inmediato: a rúa, identificando algúns dos seus elementos, as súas funcións e as súas utilidades adquirindo, progresivamente, actitudes de coidado cara a eles. – Coñecer algúns costumes e tradicións do Nadal.

!


– Coñecer algúns medios de transporte relacionándoos cos medios físicos polos que se desprazan. – Iniciar os nenos e as nenas no respecto e na aceptación dalgunhas normas de circulación viaria: o semáforo. – Coñecer algúns lugares de lecer e diversión aprendendo a comportarse adecuadamente neles. – Descubrir obxectos e situacións a través da observación e da manipulación, descubrindo as súas propiedades e as relacións que entre eles se establecen. – Discriminar a cor amarela. – Agrupar e clasificar obxectos atendendo aos criterios: igual-diferente e grandepequeno. – Localizar obxectos que se atopan arriba e abaixo, dentro e fóra respecto a unha determinada posición. – Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…). Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Nocións de orientación espacial: arriba-abaixo, dentro-fóra. – Realización dos quebracabezas do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar a orientación espacial. – Propiedades dos obxectos: forma circular, cor amarela, igual-diferente, tamaño grande-pequeno. – O número 1: direccionalidade e grafía. – Utilización da serie numérica para contar elementos. – Agrupación de obxectos polo seu tamaño. – Reforzo da cor amarela, a forma circular, o número 1, o tamaño grandepequeno e a noción espacial arriba-abaixo mediante os xogos “O encerado das cores”, “Que forma ten?”, “Imos ao mercado”, “Pequeno e grande”, “Arriba-abaixo” e “Tres cores” do CD de xogos dixitais interactivos. Bloque 2.- Achegamento á natureza – Froitos do outono. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). – Experimentos sinxelos. Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Medio próximo ao neno e á nena: a rúa. – Elementos propios do medio: farol, caixa do correo, papeleira… – Medios de transporte: o autobús e o coche. – Normas elementais de seguridade viaria: respecto ao semáforo.

!


– Fomento de actitudes de cidadanía e de bo comportamento nos medios de transporte e nos lugares de lecer e diversión. – Profesións: policía municipal. – Festas do ano: o Nadal. – Algúns personaxes significativos do Nadal. – Observación dirixida cara ao cambio de aspecto que se produce no medio como consecuencia da celebración do Nadal: adornos nas casas, nas rúas, nos escaparates… – Contribución no mantemento e na limpeza do medio: utilización dos colectores de reciclaxe. – Valoración de medios limpos e non contaminados. – Lugares para a diversión e o lecer: teatro de marionetas.

Competencias básicas Competencia matemática

–Clasificar obxectos atendendo á cor, ao tamaño, á forma e á situación espacial. Competencia social e cidadá

–Demostrar actitudes de cidadanía. –Comportarse adecuadamente na rúa. Competencia para aprender a aprender

–Establecer relacións sinxelas de causa-efecto.

Criterios de avaliación – – – –

Coñece normas de comportamento relacionadas cos medios de transporte. Iniciouse na reciclaxe dalgúns materiais. Contribúe na limpeza e na orde do medio. Coñece algúns elementos do medio urbano.

– Participa no adorno da clase con motivo do Nadal. – Sitúase no espazo atendendo ás nocións arriba-abaixo, dentro-fóra.

!


Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Utilizar adecuadamente as formas socialmente establecidas para agradecer, para saudar e para despedirse. – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas. – Expresarse oralmente de forma cada vez máis clara. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Participar activamente nas situacións de transmisión oral, respectando as normas que rexen o intercambio lingüístico. – Iniciar os nenos e as nenas no uso do adxectivo como calidade dos obxectos. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas.

Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario básico da unidade: marioneta, coche, autobús, árbore, caixa do correo, castañas, papeleira, fonte, vermello, amarelo, correr, andar, comer, durmir… – A necesidade da comunicación. – Formas socialmente establecidas para dar as grazas, para saudar e para despedirse. – O adxectivo.

!


– Desexos de aprender palabras novas. – Produción de mensaxes referidas a necesidades e desexos propios. – Participación en diálogos espontáneos e dirixidos nos que interveñan varias persoas. – Interpretación de imaxes, fotografías, carteis… dando explicacións sinxelas sobre estes. – Palabras e expresións dunha lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico: Car, yellow, bus, Good Morning… *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples e realización de descricións sinxelas. *Achegamento á literatura – Contos: “Marionetas na praza”, “O rato de campo” e “O gato león”. – Iniciación no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Tolerancia cara a outros pobos, razas e culturas mediante a realización de actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Técnicas e materiais da expresión plástica: beliscar algodón e pegar, pegar gomets, colorear... – Grandes autores e artistas universais. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. Sons da rúa. – Cancións e panxoliñas da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Instrumento do Nadal: a pandeireta. – Identificación dos sons e ruídos dalgúns obxectos de uso habitual na rúa mediante o xogo “Escoita a paisaxe” do CD de xogos dixitais interactivos. – Dramatizacións sinxelas. – Progresivo control do corpo nas actividades de relaxación. – Experimentación das posibilidades expresivas do propio corpo. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación

!


– Iniciación na comprensión de mensaxes audiovisuais. – Desexos de participar en xogos interactivos.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Comprender as mensaxes que comunican os pictogramas.

Tratamento da información e competencia dixital –Manexar o rato do ordenador.

Competencia cultural e artística –Participar en pequenas dramatizacións. Criterios de avaliación

– Comprende os contos narrados polo docente. – Nomea en lingua estranxeira algunhas palabras sinxelas relacionadas coas rutinas cotiás. – Identifica sons da rúa no xogo “Escoita a paisaxe” do CD de xogos dixitais interactivos.

Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver. – Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións.

!


– Utilización do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. – Comparación, manipulación, observación e agrupación de obxectos atendendo á forma circular, á cor amarela, á situación espacial arriba-abaixo, dentro-fóra e ao tamaño grande-pequeno. – Reforzo da direccionalidade e da grafía do número 1 mediante xogos e exercicios. – Ambientación e adorno da clase con motivo das festas utilizando o mural da árbore e do belén do material da aula e os traballos realizados polos nenos e polas nenas nas plásticas. – Observación directa e indirecta dos elementos do medio e dos cambios producidos coa chegada do Nadal mediante saídas ao exterior, visionado de documentais, libros, revistas, fotografías… – Creación de situacións na aula que potencien o desenvolvemento da linguaxe oral (preguntas do docente, adorno da clase, canto de panxoliñas, asembleas, actividades en grupo, relato de vivencias…). – Iniciación no desenvolvemento de actitudes de respecto e tolerancia cara ás persoas do seu medio próximo mediante explicacións e diálogos. – Aplicación dos coñecementos adquiridos de educación viaria nas saídas que realiza na súa vida cotiá. – Aprendizaxe dalgunha expresión sinxela ou palabra en inglés relacionada coa unidade utilizando o CD de cancións. – Visionado dunha representación teatral infantil a través de medios tecnolóxicos. – Reciclaxe de materiais dentro da aula e no recreo.

Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números, belén… – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – Pictogramas.

!


– – – – – – – –

Etiquetas de psicomotricidade. Rótulos de accións, lugares e obxectos. Semáforo. CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. CD de xogos dixitais interactivos. Materiais empregados nas actividades plásticas e psicomotrices. Materiais utilizados para a organización dos diferentes recunchos. Outros recursos incluídos na caixa do material da aula.

Espazos – – – –

Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral. Recuncho das creacións plásticas. Recuncho do teatro. Solicitar a colaboración dos pais para que saian á rúa para observar o ambiente do Nadal.

Temporalización Esta unidade desenvolverase antes das vacacións de Nadal. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado… Medidas de atención á diversidade – Realización de diferentes desprazamentos polo espazo adoptando diversas posturas para desenvolver a coordinación dinámica xeral, o equilibrio e o control postural. – Realización de diferentes actividades de expresión corporal: dramatizar, xestualizar, saltar, adopción de diferentes posturas, respiración, relajación… para conseguir a interiorización do esquema corporal, o control corporal e para favorecer a expresión de emocións. – Observación da lámina motivadora da unidade para sinalar os diferentes elementos que o docente vaia nomeando, desenvolvendo desta forma a observación, a atención e a percepción visual e reforzando algúns contidos traballados na unidade. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. – Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. !


– Realización das fichas do material fotocopiable relacionadas cos contidos da unidade. – Discriminación dos sons propios da rúa utilizando o CD de audicións e lotos sonoros. – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples: “Autobús amarelo”, “Chun anda e corre”, “María come e dorme”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. Procedementos e instrumetos de avaliación – – – – –

Observación directa e sistemática. Rexistro diario de incidencias. Diálogos cos nenos e coas nenas. Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. Observación do comportamento dos nenos e das nenas.

– Recollida de información por parte da familia e doutros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Informe de avaliación trimestral. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Pedirlles aos nenos e ás nenas que collan moitos lapis cunha man e coa outra só un. – Nomear obxectos da clase que se atopen arriba e outros que se atopen abaixo. – Ler e interpretar os pictogramas e as tarxetas de vocabulario da unidade. – Realizar con plastilina o número 1. Actividades complementarias e extraescolares – Observar a lámina motivadora da unidade 3 e conversar sobre ela. – Nomear obxectos e elementos atendendo a diferentes criterios: cor amarela, forma circular, tamaño grande-pequeno, situación espacial arriba-abaixo. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: enfadorabia. – Realizar diferentes exercicios para reforzar a discriminación da forma circular: repasar a direccionalidade sobre diferentes superficies, pegar gomets seguindo a direccionalidade, picar, estampar marcas, modelar círculos en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalas sobre contornos con esta forma… – Ler as imaxes do conto da unidade seguindo a direccionalidade da escritura. !


– Aprender o texto da canción da unidade coa axuda do docente. – Realizar unha saída polos arredores do colexio para que observen e nomeen os elementos da rúa, os medios de transporte aprendidos e o ambiente do Nadal. – Se é posible, organizar unha saída ao teatro. Planificación de convivencia Nesta unidade imos traballar os seguintes temas transversais: – Todos somos iguais: realizaremos actividades nas que o sexo non sexa determinante para participar nelas. – Protexamos o medio: realizaremos actividades que esperten o interese dos nenos e das nenas por observar e coidar o medio urbano. – Consumamos responsablemente: incidirase na necesidade de ser responsables ao pedir e ao mercar nas datas do Nadal. – Vaiamos seguros: fomentaremos o respecto e a aceptación das normas de seguridade viaria: semáforo, abrochar o cinto, sentar correctamente… Plan de tecnologías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador. Este CD pode utilizarse ademais no encerado dixital. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Discriminación visual. – Desenvolvemento da observación e da atención. – Cor amarela. – Tamaño grande-pequeno. – Forma circular. – Noción espacial arriba-abaixo. – Orientación espacial. – Sons da rúa. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través de CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se trate dalgunha maneira os centros de interese da unidade: a rúa, os medios de transporte, o Nadal e os lugares de lecer e diversión. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. – Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora… Por suposto, educaremos no uso moderado de todos eles. !


Unidad 4. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Coñecer o seu corpo globalmente identificando algúns dos seus segmentos e elementos e algunhas características diferenciais. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Desenvolver as posibilidades motrices dalgunhas partes corporais adecuándoas ás diversas situacións da actividade. – Adquirir progresivamente hábitos relacionados co coidado da saúde. – Apreciar as calidades dos obxectos por medio da utilización dos sentidos. – Desenvolver a coordinación óculo-manual necesaria para a manipulación e a utilización de obxectos e a forma de representación gráfica. – Identificar as rutinas cotiás relacionadas coa noite. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – – – – – –

Imaxe global do propio corpo. Características diferenciais do corpo. Segmentos corporais. Identificación da propia imaxe corporal. Aceptación de si mesmo/a, das propias características corporais. Nocións básicas de orientación temporal: a noite.

– Educación emocional: o medo. – O sentido do olfacto. – Utilización do sentido do olfacto para apreciar as calidades dalgúns obxectos. – Confianza nas súas propias posibilidades de acción. – Distinción de semellanzas e diferenzas entre o seu corpo e o dos outros. – Aceptación e interese cara a persoas doutras razas. Bloque 2.- Xogo e movemento – Movementos e posturas do corpo: de pé, sentado. – Exploración das posibilidades motrices do propio corpo. – Progresiva adaptación do movemento e da postura ás características da acción e da situación. – Progresiva coordinación óculo-manual.

!


– Desenvolvemento da destreza manual e da coordinación mediante o manexo do rato do ordenador. – Adquisición progresiva de habilidades motrices novas. – Interese por aprender novas destrezas. Bloque 3.- A actividade cotiá – Desenvolvemento da atención. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – O coidado do corpo: protección contra o frío. – Respecto polas normas establecidas para o coidado do corpo.

Competencias básicas •

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Traballar na clase con alegría. Criterios de avaliación

– Adopta e nomea diferentes posturas: de pé, sentado/a. – Coñece rutinas relacionadas coa noite.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Observar e explorar o medio natural verificando os cambios que se producen na paisaxe como consecuencia da acción climatolóxica do inverno. – Identificar algunhas pezas de vestir propias do inverno e as pezas de vestir dobres e a parte do corpo en que se deben colocar. – Valorar o traballo das persoas a través do coñecemento dalgunhas profesións próximas a eles: médico/a. – Fomentar nos nenos e nas nenas a actitude de compartir os seus xogos e os seus xoguetes e desenvolver hábitos de convivencia e de amizade. – Iniciarse no coñecemento do Universo e dos astros do ceo. – Identificar o cardinal 2 e realizar a súa grafía. – Discriminar a forma cadrada. – Clasificar obxectos atendendo ao criterio curto-longo. – Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…).

!


Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Situación espacial: arriba-abaixo, dentro-fóra. – Realización dos quebracabezas do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar a orientación espacial. – Tamaño: longo-curto. – Formas planas: o cadrado. – A cor amarela e vermella. – Propiedades dos obxectos: o olor. – Número 2. – Aplicación da noción cuantitativa. – Reforzo das cores amarela e vermella, da forma cadrada, do número 2 e da noción espacial arriba-abaixo mediante os xogos “O encerado das cores”, “Que forma ten?”, “Círculo, cadrado e triángulo”, “Imos ao mercado”, “Arribaabaixo” e “Tres cores” do CD de xogos dixitais interactivos. Bloque 2.- Achegamento á natureza – As estacións do ano: o inverno. – Observación dirixida ao cambio de aspecto que se produce no medio como consecuencia da chegada do inverno. – Descubrimento das modificacións do medio e das actividades das persoas debido ao cambio climatolóxico que trae consigo o inverno. – Fenómenos atmosféricos propios do inverno: frío, nieve… – Universo e astros do ceo: lúa e estrelas. – Inventos: a lanterna e o termómetro. – Experimentos sinxelos. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Obxectos relacionados co vestido. – Pezas de vestir propias do inverno. – Pezas de vestir únicas e dobres. – Profesión: médico/a. – Identificación e utilización correcta da roupa e dos obxectos de abrigo. – Os xoguetes. – Coidado dos obxectos propios e colectivos.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Dialogar e expresar a súa opinión sobre temas sinxelos. !

"


Competencia matemática –Utilizar o número 2 para contar obxectos.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico –Coñecer o medio en que desenvolve a súa actividade cotiá.

Competencia social e cidadá –Cooperar nas actividades realizadas na clase en grupo. –Recoñecer a importancia do médico para a saúde.

Competencia para aprender a aprender –Utilizar os conceptos aprendidos na súa vida cotiá. Criterios de avaliación

– Oriéntase espacialmente atendendo ás nocións arriba-abaixo, dentro-fóra. – Realiza correctamente a grafía do número 2. – Recoñece a forma cadrada nos obxectos. – Nomea pezas de vestir propias do inverno. – Diferencia pezas simples e dobres. – Oriéntase espacialmente atendendo ás nocións arriba-abaixo, dentro-fóra.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Expresar mediante a linguaxe oral desexos, necesidades, intereses, intencións e emocións e comprender as mensaxes dos outros. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas. – Iniciar os nenos e as nenas no uso do nome propio e do nome común. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente.

!

"


– Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario básico da unidade: moneca, pelota, gorro, bufanda, tobogán, nube, maletín, rir, chorar, falar, durmir… – O nome propio e o nome común. – Utilización progresiva das normas que rexen o intercambio lingüístico: escoitar os outros, non falar á vez ca os demais… – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico: Doll, ball, kite, two, to play, It´s cold… *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples e realización de descricións sinxelas. – Trazos: vertical, horizontal e oblicuo. *Achegamento á literatura – Contos: “Folerpa, a moneca de neve”, “A ratiña presumida” e “A familia Paxariño”. – Identificación de emocións a través do conto. – Textos da tradición oral: poesías, refráns, adiviñas, trabalinguas… – Iniciación no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. – Grandes autores literarios: Charles Perrault. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas e materiais para a expresión plástica: puntear con rotulador, estampar marcas, beliscar e pegar algodón, engurrar papel de seda, colorear... – Ficha de plástica: Día da Paz. – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Instrumentos musicais: axóuxeres. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. Sons producidos por algúns xoguetes.

!

"


– Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Artistas universais. – Dramatizacións sinxelas. – Control do corpo: movemento. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Desenvolvemento progresivo de habilidades comunicativas por medio da linguaxe audiovisual. – Desenvolvemento da imaxinación e da creatividade mediante o xogo “Xogamos a colorear” do CD de xogos dixitais interactivos.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Comprender a información dos contos lidos na clase polo docente.

Tratamento da información e competencia dixital –Acender e apagar o ordenador.

Competencia cultural e artística –Identificar algunhas obras musicais clásicas. Criterios de avaliación

– Nomea en inglés algunhas palabras relacionadas cos contidos da unidade. – Recita poesías sinxelas. – Selecciona correctamente o xogo que hai que utilizar do CD de xogos dixitais interactivos.

Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para descubrir os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver.

!

"


– Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados …). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Realización das fichas da unidade de disfraces “Disfrázome de indio” para iniciar os nenos e as nenas en nocións básicas de xeografía e historia e no coñecemento e respecto doutros pobos do mundo. – Utilización da unidade “Para traballar un pouco máis” e do CD de xogos dixitais interactivos para repasar e reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. – Exploración das calidades dalgúns obxectos utilizando o sentido do olfacto. – Identificación de rutinas cotiás relacionadas co día e coa noite mediante sinxelas dramatizacións. – Control do movemento e da postura coa realización de xogos e actividades psicomotrices. – Comparación, manipulación, observación e agrupación de obxectos atendendo á forma cadrada, á cor amarela e vermella, á situación espacial arriba-abaixo, dentro-fóra e ao tamaño longo-curto. – Identificación e aprendizaxe do número 2 a través do mural dos números do material de aula. – Realización de diferentes exercicios para reforzar o trazo vertical, horizontal e oblicuo. – Ambientación da clase con motivo do inverno utilizando o mural da árbore e os traballos realizados polos nenos e polas nenas nas plásticas. – Observación directa e indirecta dos fenómenos atmosféricos (frío, nieve…) e dos cambios producidos no medio coa chegada do inverno mediante saídas ao exterior, visionado de películas, documentais, libros, revistas, fotografías… – Identificación de diferentes accións utilizando os pictogramas e os rótulos de accións do material de aula. – Relato da idea global do conto coas propias palabras do neno e da nena.

!

"


Material e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números… – – – – – – – – –

Contos. Láminas secuenciadas do conto. Láminas de contos clásicos. Cartolinas de imaxes. Pictogramas. Etiquetas de psicomotricidade. Rótulos de accións, lugares e obxectos. Semáforo. CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. – CD de xogos dixitais interactivos. – Materiais empregados nas actividades plásticas e psicomotrices. – Materiais utilizados para a organización dos diferentes recunchos. – Outros recursos incluídos na caixa do material da aula. Espazos – Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral. – Recuncho do xogo simbólico: recuncho do espello, recuncho dos disfraces. – Recuncho do movemento: a alfombra. Temporalización Esta unidade desenvolverase durante o inverno. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado. Medidas de atención á diversidade – Desenvolvemento da destreza e precisión manual realizando diferentes exercicios: picar, amasar plastilina, modelar con barro, repasar trazos, recorrer co lapis labirintos, ensartar, introducir pequenos obxectos en recipientes, resgar, recortar… – Observación da lámina motivadora da unidade para sinalar pezas de vestir propias do inverno, xoguetes, diferentes posturas, nenos e nenas, cores vermella e amarela, etc., desenvolvendo, desta forma, a observación e a atención e reforzando algúns contidos traballados na unidade.

!

"


– Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. – Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. –Realización de diferentes exercicios para conseguir a aprendizaxe do cardinal 2 e iniciarse na súa grafía: repasar a direccionalidade sobre diferentes superficies, pegar gomets seguindo a direccionalidade, picar, estampar marcas sobre el, modelalo en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalas sobre el, repasar o trazo do número cun útil gráfico – Saída ao patio do colexio para conversar cos nenos e coas nenas sobre os cambios que se produciron no medio coa chegada do inverno, fomentando o desenvolvemento da linguaxe e o reforzo dalgúns contidos traballados na unidade. – Realización das fichas da unidade de reforzo “Para traballar un pouco máis” do material do alumno relacionadas cos contidos da unidade. – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples e a descrición de accións: “Folerpa fala”, “Chun chora”, “María e Xoán rin”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. Procedementos e instrumentos de avaliación – – – – –

Observación directa e sistemática. Rexistro diario de incidencias. Diálogos cos nenos e coas nenas. Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. Observación do comportamento dos nenos e das nenas.

– Recollida de información por parte da familia e doutros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Nomear as rutinas relacionadas coa noite. – Adoptar as posturas que o docente nomee. – Agrupar obxectos atendendo aos criterios longo-curto e arriba-abaixo. – Realizar trazos verticais, horizontais e oblicuos. Actividades complementarias e extraescolares

!

"


– Sinalar as partes e os elementos do corpo que o docente vaia nomeando para reforzar o coñecemento do esquema corporal. – Observar a lámina motivadora da unidade 4 e conversar sobre ela. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: o medo. – Amasar plastilina para formar vermes curtos e longos. – Amosarlles aos nenos e ás nenas a imaxe dun cadrado para que observen, identifiquen e discriminen esta forma nos obxectos e elementos da aula. – Camiñar ou saltar por liñas debuxadas no chan. – Bailar libremente a canción. – Se é posible, realizar unha visita polos arredores do centro para observar os cambios producidos no medio coa chegada do inverno.

Planificación da convivencia Nesta unidade imos traballar os seguintes temas transversais: – Consumamos responsablemente: incidiremos na necesidade de coidar o material escolar e os xoguetes que recibiron no Nadal. – Protexamos o medio: conversaremos sobre a importancia da reciclaxe e construiremos un xoguete con cartón ou papel. – Sexamos bos cidadáns e cidadás: fomentaremos a cooperación, o respecto e a tolerancia nos xogos por encima da competitividade. Conversaremos sobre as pequenas responsabilidades que poden asumir. – Coidemos a nosa saúde: falaremos sobre a necesidade de protexerse contra o frío e sobre o traballo do médico. Seguiremos fomentando hábitos relacionados coa alimentación, coa hixiene e co consumo. Plan das tecnologías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador.. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Observación, atención e discriminación visual. – Coordinación viso-manual. – Número 2. – Cor vermella e amarela. – Tamaño grande-pequeno. – Forma cadrada. – Noción espacial arriba-abaixo. – Orientación espacial. – Desenvolvemento da creatividade e da imaxinación.

!

"


– Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través do CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se traten dalgunha maneira os centros de interese da unidade: o inverno, o coidado da saúde e os xoguetes. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. – Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora… Por suposto, educaremos no uso moderado de todos eles.

!

"


Unidade 5. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Descubrir as posibilidades expresivas do corpo para manifestar sentimentos e emocións. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Desenvolver, de forma progresiva, hábitos relacionados coa alimentación e coa saúde dental. – Adquirir unha imaxe positiva de si mesmo/a mediante o coñecemento do propio corpo, das súas posibilidades e limitacións, aceptándoas e valorándoas. – Identificar algunhas calidades dos obxectos e dos alimentos mediante os sentidos. – Coñecer progresivamente o seu esquema corporal formándose unha imaxe axustada de si mesmo/a. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Sentimentos e emocións propios a través da expresión corporal. – Progresiva desinhibición persoal descubrindo a posibilidade de expresar sentimentos e emocións co propio corpo. – Elementos únicos e dobres da cara. – Os sentidos: o gusto e o tacto. – Educación emocional: o agarimo. – Necesidades básicas do corpo. – Progresivo control das necesidades básicas en relación cos estados fisiolóxicos. – Identificación dalgunhas sensacións que se poden percibir co corpo: frío-calor. – Interese cara a persoas doutras razas. Bloque 2.- Xogo e movemento – Movementos e posturas do corpo. Bloque 3.- A actividade cotiá – Desenvolvemento da atención, da observación, da percepción de semellanzas e diferenzas e da discriminación visual mediante os xogos “Onde está?”, “Cousas parecidas” e “Pono no seu lugar” do CD de xogos dixitais interactivos.

!

"


– Gusto por prestarlles axuda aos outros e por relacionarse. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Alimentos que se comen e alimentos que se beben. – Alimentos fríos e alimentos quentes. – – – – – –

Alimentos saudables e alimentos prexudiciais para a saúde. Alimentos de orixe animal e vexetal. Obxectos relacionados coa alimentación: culler e garfo. Adquisición de hábitos relacionados coa seguridade persoal. Autonomía progresiva na alimentación. Colaboración e contribución ao mantemento da limpeza e da orde nos medios habituais. – A saúde dental. – Esforzo por cumprir as normas de hixiene e de alimentación.

Competencias básicas •

Competencia para aprender a aprender –Pedir axuda cando o necesite. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Discriminar alimentos saudables e alimentos prexudiciais para a saúde. –Controlar as súas necesidades fisiolóxicas. Criterios de avaliación

– Distingue diferentes tipos de alimentos: doce, frío-quente, que se comen ou se beben… – Coñece a importancia dunha axeitada hixiene dental. – Pide axuda cando o necesita. Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Observar as tendas do seu medio inmediato, identificando algúns dos seus produtos e das súas utilidades. – Coñecer algúns servizos relacionados co consumo que poden atopar no seu medio próximo, así como verificar a importancia que teñen para a sociedade. – Valorar a importancia do traballo das persoas a través do coñecemento dalgunhas profesións próximas a eles e desenvolver actitudes de curiosidade e interese cara a elas. – Contemplar e manipular obxectos relacionados coa alimentación, aprendendo a coidalos e a utilizalos correcta e adecuadamente. !

#


– Aprender a relacionarse cos outros e a non facer as cousas sempre sós/as, solicitando e ofrecendo axuda cando sexa necesario. – Contar ata 2. – Utilizar adecuadamente os cuantificadores cheo-baleiro. – Discriminar a forma circular e cadrada nos obxectos. – Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…). Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – – – – – –

Nocións de orientación espacial: diante-detrás. Tamaños: grande-pequeno, longo-curto. Cuantificadores: cheo-baleiro. Formas planas: círculo e cadrado. Números 1 e 2: grafías. Comparación de coleccións de obxectos atendendo a criterios cuantitativos.

– Apreciación da utilidade dos números para a vida cotiá. – Manipulación de moedas. Bloque 2.- Achegamento á natureza – Experimentos sinxelos. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Elementos e lugares relacionados co consumo: as tendas. – Inventos: o peso e o frigorífico. – O euro. – Realización do xogo “Imos ao mercado” do CD de xogos dixitais interactivos para repasar contidos como: o mercado, os establecementos de consumo, os alimentos, as moedas e os números. – Aceptación de normas relacionadas coa alimentación. – Utilización correcta de obxectos relacionados coa alimentación. – Identificación de obxectos referidos a diversos lugares de consumo. – Algúns servizos sociais: bombeiros. – Profesións: panadeiro/a, peixeiro/a, froiteiro/a, carniceiro/a. – Actitude de respecto cara a todas as profesións. – Tolerancia ante as diferenzas, debidas a diferentes causas, entre os seus compañeiros e compañeiras.

Competencias básicas •

Competencia matemática !

#


–Contar ata 2. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico –Saber onde se poden adquirir os diferentes alimentos. Competencia social e cidadá –Tolerar as opinións dos seus compañeiros e compañeiras. Competencia cultural e artística –Realizar debuxos de diferentes establecementos. Criterios de avaliación

– Nomea diferentes establecementos de consumo e as profesións relacionadas con eles. – Aplica correctamente os cuantificadores cheo-baleiro. – Realiza adecuadamente a grafía do número 2.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Valorar a linguaxe oral e escrita como medios de comunicación, información e gozo. – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Amosar interese cara ás narracións, audicións e representacións gozando con elas. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…). – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. Contidos

!

#


Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario básico da unidade: peixe, plátano, carne, mazá, pera, pan, bocadillo, leite, beber, comer, neno, nena, vermella… – Os determinantes “o” e “a”. – Evocación e relato de feitos cotiáns. – Iniciación na concordancia entre o determinante e o nome. – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico da unidade: To eat, to drink, fish, fruit, water… – Desenvolvemento de actitudes positivas cara á lingua estranxeira. *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples e realización de descricións sinxelas. – Trazos: horizontal, vertical, oblicuo e curvo. *Achegamento á literatura – Contos: “Lea na panadaría”, “A casiña de chocolate” e “Unha mamá diferente”. – Identificación de emocións a través do conto. – Iniciación no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. – Grandes autores literarios: Hans Christian Andersen. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Materiais e técnicas da expresión plástica: puntear con rotulador, colaxe, pintar co dedo, colorear... – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Desenvolvemento de técnicas plásticas mediante os xogos do CD de xogos dixitais interactivos “O encerado das cores” e “Xogamos a colorear”. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. O son da risa. – Artistas universais. – Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Posibilidades expresivas do corpo. – Dramatizacións sinxelas.

!

#


Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Utilización axeitada dos recursos e medios que achegan as novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Verbalizar en inglés algunha palabra ou expresión.

Tratamento da información e competencia dixital –Xogar só/a co CD de xogos dixitais interactivos.

Competencia cultural e artística –Bailar seguindo diferentes ritmos. Criterios de avaliación

– Relata feitos cotiáns sinxelos. – Manexa o ordenador de maneira adecuada para esta idade. – Pronuncia e articula as palabras do vocabulario correctamente.

Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver. – Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados …). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Realización das fichas da unidade de disfraces “Disfrázome de indio” para iniciar os nenos e as nenas en nocións básicas de xeografía e historia e no coñecemento e respecto doutros pobos do mundo. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto.

!

#


– Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Utilización do CD de xogos dixitais interactivos e da unidade “Para traballar un pouco máis” para repasar e reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. – Discriminación de alimentos doces e salgados mediante o sentido do gusto. – Realización de xogos cos pictogramas do material de aula para identificar alimentos que se comen e alimentos que se beben. – Comparación, manipulación, observación e agrupación de obxectos atendendo á forma circular e cadrada, á cor vermella e amarela, á situación espacial diante-detrás, ao tamaño grande-pequeno, longo-curto e ao cuantificador cheo-baleiro. – Manipulación de moedas de curso legal. – Dramatización dun pequeno mercado na clase cos diferentes establecementos e profesións relacionadas con eles. – Ampliación do vocabulario e reforzo da expresión oral a través das tarxetas do material da aula. – Manipulación correcta dos libros e uso axeitado do recuncho da linguaxe oral. – Ampliación do vocabulario básico en inglés mediante a canción da unidade. Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números... – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – Pictogramas. – Etiquetas de psicomotricidade. – Rótulos de accións, lugares e obxectos. – Semáforo. – CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros, e de contos animados. – CD de xogos dixitais interactivos. – Materiais utilizados nas actividades plásticas e psicomotrices. !

#


– Materiais utilizados para a organización dos diferentes recunchos. – Outros recursos incluídos na caixa do material da aula. Espazos – Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral. – Recuncho do xogo simbólico: recuncho das tendas, recuncho do baúl dos disfraces. – Solicitar a colaboración dos pais para que acudan cos seus fillos e fillas a un hipermercado ou a un mercado para que coñezan estes establecementos. Temporalización Esta unidade desenvolverase antes das vacacións de Semana Santa. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado. Medidas de atención á diversidade – Desenvolvemento da motricidade grosa e fina realizando diferentes exercicios: saltar, correr, subir e baixar chanzos, picar, resgar, amasar… – Observación da lámina motivadora da unidade sinalando os diferentes establecementos de consumo e os produtos que se poden adquirir en cada un, elementos de cor vermella e amarela, obxectos circulares e cadrados… desenvolvendo, desta forma, a observación, a atención e a percepción visual e reforzando algúns contidos traballados na unidade. – Realización de diferentes exercicios para reforzar a aprendizaxe dos cardinais 1 e 2 e iniciarse nas súas grafías: repasar a direccionalidade sobre diferentes superficies, pegar gomets seguindo a direccionalidade, picar, estampar marcas sobre el, modelalo en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalo sobre el, repasar o trazo do número cun útil gráfico… –Formulación de preguntas sobre o conto da unidade para desenvolver a memoria, a comprensión, o vocabulario, a imaxinación, a creatividade, etcétera. – Realización das fichas da unidade de reforzo “Para traballar un pouco máis” do material do alumno relacionadas cos contidos da unidade. – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples e a descrición de accións: “O neno come pan”, “María come mazá vermella”…

!

#


– Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material da aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. – Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. –Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. Procedemento e instrumentos de avaliación – Observación directa e sistemática. – Rexistro diario de incidencias. – – – –

Diálogos cos nenos e coas nenas. Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. Observación do comportamento dos nenos e das nenas. Recollida de información por parte da familia e doutros membros do equipo docente.

– Rexistro de avaliación da unidade. – Informe de avaliación trimestral. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Asociar a culler e o garfo con diferentes tipos de alimentos nomeados polo docente. – Asociar os establecementos de consumo e as profesións cos produtos nomeados polo docente. – Realizar picados en liña seguindo pautas marcadas nun folio. – Pedirlles aos nenos e ás nenas que reciten a rima memorizada na ficha da unidade. Actividades complementarias e extraescolares – Nomear elementos e obxectos situados diante e detrás dun dado e situarse atendendo a este criterio para reforzar esta noción espacial. – Observar a lámina motivadora da unidade 5 e conversar sobre ela. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: o agarimo. – O docente nomea un tipo de alimento e os nenos e nenas deben dicir se é frío ou quente, se se come ou se bebe, se se toma coa culler ou co garfo e se é saudable ou prexudicial para a saúde. – Formar estruturas gramaticais moi sinxelas combinando as tarxetas dos pictogramas e de vocabulario do material da aula relacionadas cos contidos da unidade. !

#


– Realizar unha visita cos nenos e coas nenas a unha froitaría ou a unha panadaría próxima ao centro onde poidan adquirir os produtos que leven “escritos” nunha lista da compra feita na clase. – Se é posible, realizar unha visita a algún organismo que preste un servizo á sociedade: parque de bombeiros, centro de saúde… Planificación da convivencia Nesta unidade traballaremos os seguintes temas transversais: – Vaiamos seguros: adecuaremos sinais de tráfico de prohibición e perigo nos obxectos, recunchos e espazos da aula decididos por eles en asemblea. – Sexamos bos cidadáns e cidadás: procuraremos que comprendan que deben pedir axuda cando o necesiten e que deben saber agradecela. Ademais, ensinaremos que coidar o aspecto persoal e os espazos comúns facilita a convivencia. – Coidemos a nosa saúde: fomentaremos a necesidade dunha alimentación sa a través de actividades atractivas para os nenos e nenas. – Dialoguemos e respectemos os demais: realizaremos actividades que fomenten o respecto, a sensibilidade e a desinhibición na expresión de emocións e sentimentos. Plan das tecnologías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Desenvolvemento da observación, da atención, da percepción de semellanzas e diferenzas e da discriminación visual. – Coordinación viso-manual. – O mercado. – Forma circular e cadrada. – Números 1 e 2. – Tamaño grande-pequeno. – Comparación de obxectos. – Técnicas plásticas. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través do CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se traten dalgunha maneira os centros de interese da unidade: as tendas, a alimentación e a saúde. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. !

#


Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora…

Unidade de disfraces. Disfrázome de indio Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Colocarse adecuadamente as pezas de vestir dos disfraces no lugar do corpo correspondente. – Ser progresivamante autónomo/a no vestido e na realización de actividades e tarefas. – Progresar na coordinación dinámica xeral e óculo-manual. – Desenvolver hábitos de respecto, axuda e colaboración. – Participar en diversos xogos de rol representando os diferentes personaxes dos que se disfraza. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Aceptación da identidade e características dos outros. – Sentimentos e emocións. Bloque 2.- Xogo e movemento – O xogo simbólico e de roles. – Aceptación das normas que rexen os xogos de representación de papeis. – Coordinación dinámica xeral e coordinación óculo-manual. Bloque 3.- A actividade cotiá – Habilidades para a interacción e a colaboración: traballo en equipo. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Autonomía progresiva no vestido. Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Expresar sentimentos e emocións. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Realizar movementos globais e segmentarios co corpo.

!

#


Criterios de avaliación – Adquire autonomía progresiva no vestido. – Participa nos xogos de roles. – Realiza movementos globais e segmentarios.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Adquirir algunhas nocións de xeografía e de historia a través dos relatos contados polo docente sobre outros pobos, outros lugares e outras culturas. – Coñecer os roles e responsabilidades das persoas doutros tempos. – Descubrir os costumes, a vivenda, a alimentación, o vestido e a forma de vida de persoas doutros pobos e culturas. – Coñecer e aceptar as normas que fan posible a vida en grupo e o traballo en equipo. – Participar nas festas e nos costumes da súa localidade: Entroido. – Agrupar e clasificar obxectos e elementos atendendo a diferentes criterios. Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Tamaños: grande-pequeno, alto-baixo. – Propiedades dos obxectos: igual-diferente, cor. Bloque 2.- Achegamento á natureza – – – –

A paisaxe e o medio físico: a pradaría. Pobos do mundo: os indios. Vivenda típica dos indios: tipi. A tribo india.

– Pezas de vestir propias dos indios. – Obxectos utilizados por esta cultura. – O xefe indio e os guerreiros. – Medios de transporte utilizados noutro tempo: cabalo e canoa. – Características morfolóxicas do bisonte. Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Iniciación á xeografía e á historia. – Os vaqueiros. – O Entroido. – A caza do bisonte.

!

$


Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística

– Relatar coas súas propias palabras as características e os costumes doutras culturas. •

Competencia matemática

– Empregar o coñecemento das formas e das figuras xeométricas •

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

– Identificar algúns accidentes xeográficos •

Competencia social e cidadá

– Participar na realización e preparación das actividades. – Respectar os costumes, tradicións e formas de vida doutros pobos. Criterios de avaliación – Adquire nocións básicas de xeografía e historia. – Identifica os medios de transporte utilizados polos indios. – Relata algúns costumes doutros pobos. – Goza coa preparación do disfrace de Entroido. – Realiza clasificacións de obxectos atendendo a diferentes criterios.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Escoitar atentamente as historias contadas polo docente sobre outros pobos do mundo para comprender a información e ampliar o vocabulario. – Escoitar, preguntar, pedir explicacións e aclaracións, e aceptar as orientacións dadas polo docente. – Participar en diferentes situacións de comunicación, respectando as ideas e opinións dos seus compañeiros e compañeiras. – Memorizar pequenas rimas co ritmo e coa entoación adecuados. – Coñecer e utilizar diferentes técnicas plásticas. – Bailar e interpretar danzas e ritmos propios doutros pobos. – Realizar pequenas dramatizacións.

!

$


Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario básico da unidade: indio, xefe, guerreiro, fogueira, cabalo, canoa, caza, tipi, tambor, bisonte, tribo, pluma, arco, frecha, colar, vaqueiro, grande, pequeno, alto, baixo, igual, diferente… *Aproximación á lingua escrita – Lectura e asociación de imaxes. – Trazos. *Achegamento á literatura – Rimas e poesías. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas plásticas: desprendido de molde para recortar, colorear, picar, pegar… – Bailes doutros pobos: a danza da chuvia. – Son característico dos indios. – Instrumento musical: o tambor. – Manifestacións culturais doutras razas: o tótem. – Dramatizacións sinxelas. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Curiosidade polos medios audiovisuais e tecnolóxicos.

Competencias básicas •

Tratamento da información e competencia dixital –Comprender os documentais visionados sobre outros pobos do mundo.

Competencia cultural e artística –Bailar diferentes ritmos e melodías.

Competencia para aprender a aprender –Utilizar os recursos e materiais de forma axeitada Criterios de avaliación

– Memoriza pequenas rimas. – Utiliza o vocabulario novo. Unidade 6. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal

!

$


Obxectivos – Explorar as posibilidades motrices do seu corpo, utilizándoas coordinadamente e adecuándoas ás diversas situacións de actividade cotiá. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Adquirir nocións básicas de orientación temporal relacionadas co día. – Adquirir progresivamente hábitos relacionados coa hixiene. – Desenvolver progresivamente a coordinación óculo-manual necesaria para as habilidades motrices de carácter fino e o manexo de pequenos instrumentos. – Utilizar os sentidos para percibir algunhas calidades dos obxectos. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Sentimentos e emocións propios. – Diferenzas corporais. – O sentido da vista e do olfacto. – Orientación temporal: o día. – Educación emocional: a xenerosidade. – Control progresivo das necesidades básicas do corpo en relación cos estados fisiolóxicos. – Confianza nas súas propias posibilidades. – Aceptación de persoas doutras razas. Bloque 2.- Xogo e movemento – Posturas do corpo: de pé, sentado, de xeonllos. – Progresiva adaptación do ton muscular e da postura nas distintas actividades motrices – Progresiva coordinación óculo-manual. – Esforzo por mellorar a precisión de movementos. Bloque 3.- A actividade cotiá – Manifestación de sentimentos de amizade cara aos seus iguais e cara aos adultos. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Progreso no uso axeitado e autónomo de espazos, materiais e instrumentos de hixiene e limpeza. – Adquisición de hábitos de orde mediante o xogo “Pono no seu lugar” do CD de xogos dixitais interactivos. – Gusto e gozo coa práctica de hábitos de hixiene. Competencias básicas •

Competencia para aprender a aprender

!

$


– Superarse cando non consegue realizar unha tarefa adecuadamente. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal – Practicar hábitos de hixiene con autonomía progresiva.

Criterios de avaliación – Identifica as rutinas relacionadas co día. – Controla as súas necesidades fisiolóxicas.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Observar os cambios naturais-vexetais que se producen no medio coa chegada da primavera. – Comportarse adecuadamente no seu medio próximo: o parque, desenvolvendo hábitos de coidado e de respecto cara á natureza. – Ser responsable no uso e no consumo da auga. – Coñecer algúns grupos cos que se relaciona nas súas actividades de lecer e diversión desenvolvendo cara a eles actitudes de interese e de respecto. – – – – – –

Iniciarse no coñecemento dalgúns medios de comunicación: o teléfono. Iniciarse no coñecemento do Universo e dos astros do ceo. Discriminar a forma triangular. Identificar o cardinal 3 realizando correctamente a súa grafía. Situarse no espazo atendendo aos criterios arriba-abaixo. Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, reprodutores musicais, videoxogos...).

Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Relacións entre obxectos e coleccións. – Formas planas: o círculo e o triángulo. – Agrupación de obxectos atendendo á forma. – Situación espacial: arriba-abaixo. – Realización dos quebracabezas do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar a orientación espacial. – Propiedades dos obxectos: aberto-pechado. – Tamaños: longo-curto, alto-baixo. – Cuantificadores: cheo-baleiro. – Iniciación á práctica de contar.

!

$


– Direccionalidade dos números 2 e 3. – Cor azul. – Reforzo da cor azul, da forma circular e triangular, os números 2 e 3 e a noción espacial arriba-abaixo mediante os xogos “O encerado das cores”, “Tres cores”, “Que forma ten?”, “Círculo, cadrado e triángulo”, “Imos ao mercado”, “Arriba-abaixo” do CD de xogos dixitais interactivos. – Observación, manipulación e comparación de obxectos. Bloque 2.- Achegamento á natureza – Estacións do ano: a primavera. – Cambios naturais-vexetais que se producen na primavera. – Cambios atmosféricos: deixa de facer moito frío na primavera. – Astros do ceo: o sol. – Importancia do consumo responsable da auga. – Experimentos sinxelos. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – O parque. – Profesións: xardineiro/a. – Invento: o teléfono. – Ocio e diversión: os pallasos. Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Relatar as súas propias vivencias sobre o parque.

Competencia matemática –Utilizar a serie numérica para contar elementos. –Aplicar os coñecementos matemáticos aprendidos en situacións da vida cotiá.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico –Realizar pequenos experimentos relacionados co crecemento dunha planta.

Competencia social e cidadá –Coñecer os beneficios que achega o traballo realizado polo xardineiro no coidado da natureza. Criterios de avaliación

– Discrimina as formas circular e triangular. – Coñece a importancia do sol e da auga para a vida. – Identifica o teléfono como un medio de comunicación. !

$


– Describe algúns cambios que se producen no medio coa primavera. – Asocia os cardinais 1, 2 e 3 coas cantidades correspondentes no xogo interactivo “Imos ao mercado”.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Valorar a linguaxe oral como medio de comunicación cos outros e utilizala progresivamente de forma máis clara e fluída. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, mostrando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente. – Aumentar as súas posibilidades comunicativas e desenvolver a creatividade mediante a utilización das técnicas e dos recursos dos diferentes medios de expresión. – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – A linguaxe oral e as necesidades de comunicación. – Vocabulario básico da unidade: flor, bolboreta, teléfono, xoaniña, sol, pallaso, lúa, randeeira, vermello, amarelo, azul, oír, ulir, ver… – Normas socialmente establecidas para falar por teléfono. – Os determinantes “un” e “unha”. – Utilización adecuada do vocabulario coñecido e ampliación deste en diversos

!

$


contextos. – Comprensión das explicacións do profesor ou da profesora e dos compañeiros e das compañeiras en situacións escolares. – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico da unidade: Butterfly e, park, blue, walk, red, yellow, T-shirt… – Desenvolvemento de actitudes positivas cara á lingua estranxeira. *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples e realización de descricións sinxelas. – Trazos: curvos e oblicuos. – Lectura de etiquetas. *Achegamento á literatura – Contos: “Pallasos no parque”, “O patiño feo” e “É meu”. – Identificación de emocións a través do conto. – Os textos de tradición cultural: poesías, cancións, refráns, trabalinguas… – Progreso no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. – Grandes autores literarios: irmáns Grimm. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas e materiais propios da expresión plástica: picado con desprendido, colaxe, beliscar plastilina, pintar co dedo... – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. O son dos paxaros. – Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Artistas universais. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Adquisición progresiva de habilidades e destrezas relacionadas co uso dos instrumentos tecnolóxicos. Perfeccionamento no manexo do rato. – Achegamento progresivo a diferentes producións audiovisuais (películas, debuxos animados…). – Dramatizacións sinxelas. – Posibilidades expresivas do corpo. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e

!

$


comunicación – Algúns obxectos e recursos tecnolóxicos. Competencias básicas •

Tratamento da información e competencia dixital –Participar en xogos interactivos.

Competencia cultural e artística –Utilizar os medios musicais, plásticos, audiovisuais e expresivos para ser máis creativo/a e imaxinativo/a. Criterios de avaliación

– Nomea en inglés algunhas palabras e expresións sinxelas relacionadas cos contidos da unidade. – Participa nas actividades musicais.

Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para descubrir os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver. – Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados …). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Utilización da unidade “Para traballar un pouco máis” e do CD de xogos dixitais interactivos para repasar e reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. !

$


– Realización de xogos e actividades psicomotrices para progresar no control do movemento do corpo e da postura. – Realización de xogos en grupo para localizar, comparar e agrupar obxectos atendendo á forma circular e triangular, á situación espacial arriba-abaixo, á cor azul, ás propiedades alto-baixo e ao cuantificador cheo-baleiro. – Ambientación da aula co mural da árbore e cos traballos realizados polos nenos e nenas nas plásticas relacionados coa primavera. – Observación directa e indirecta dos fenómenos atmosféricos e dos cambios producidos no medio coa chegada da primavera mediante saídas ao exterior, visualización de documentais, de revistas, de fotografías… – Dramatización de rutinas cotiás relacionadas co día. – Coñecemento dalgúns astros (sol) mediante o debuxo. – Realización de pequenos experimentos para coñecer o ciclo vital dalgunha planta. – Identificación e aprendizaxe dos números 2 e 3 a través do mural de números do material da aula. – Concienciación da importancia do consumo responsable da auga mediante explicacións dadas polo docente. – Memorización de poesías sinxelas. – Desenvolvemento da imaxinación e da creatividade coa realización de actividades plásticas, de expresión corporal, musicais… Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números... – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – Pictogramas. – Etiquetas de psicomotricidade. – Rótulos de accións, lugares e obxectos. – Semáforo. – CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. – CD de xogos dixitais interactivos. – Materiais utilizados nas actividades plásticas e psicomotrices. – Materiais utilizados para a organización dos diferentes recunchos.

!

$


– Outros recursos incluídos na caixa do material da aula. Espazos – Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral, recuncho do cine. – Recuncho do xogo simbólico: recuncho do xardineiro/a. – Solicitar a colaboración dos pais para que visiten cos seus fillos e fillas un parque. Temporalización Esta unidade desenvolverase no inicio da primavera. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado. Medidas de atención á diversidade – Desenvolvemento da destreza e a coordinación óculo-manual realizando diferentes exercicios: picar, recortar, repasar, amasar, modelar, pintar nun espazo marcado, estampar, pegar, ensartar…. – Observación da lámina motivadora da unidade para sinalar os diferentes elementos do parque, os obxectos que se atopan arriba e os que están abaixo, os que teñen forma circular ou triangular, os que son de cor azul e os personaxes que se nomean no conto, desenvolvendo desta forma a observación, a memoria, a atención, a discriminación e a percepción visual e reforzando algúns contidos traballados na unidade. – Realización de diferentes exercicios para reforzar a aprendizaxe dos cardinais 2 e 3 e iniciarse nas súas grafías: repasar a direccionalidade sobre diferentes superficies, pegar gomets seguindo a direccionalidade, picar, estampar marcas sobre el, modelalo en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalo sobre el, repasar o trazo dos números cun útil gráfico… – Saída ao patio do colexio para conversar cos nenos e coas nenas sobre os cambios que se produciron no medio coa chegada da primavera, fomentando o desenvolvemento da linguaxe, a percepción de semellanzas e diferenzas e o reforzo dalgúns contidos traballados na unidade: a primavera, pezas de vestir propias da estación… – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples e a descrición de accións: “María ole a flor”, “O pallaso oe o teléfono”, “Xoán ve o sol amarelo”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. !

%


– Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. – Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. Procedementos e instrumentos de avaliación – Observación directa e sistemática. – Rexistro diario de incidencias. – – – –

Diálogos cos nenos e coas nenas. Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. Observación do comportamento dos nenos e nenas. Recollida de información por parte da familia e outros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Nomear algunhas rutinas relacionadas co día. – Desprazarse libremente pola aula adoptando diferentes posturas. – Coller as fichas triangulares e circulares dos bloques lóxicos e agrupalas en dúas moreas. – Contar unha historia a partir dos pictogramas e tarxetas de vocabulario da unidade. Actividades complementarias e extraescolares – Representar na clase situacións reais relacionadas coa hixiene: lavar as mans despois de ir ao WC, antes de merendar, despois do recreo, despois de realizar algunhas actividades plásticas, autonomía progresiva para ir ao baño… – Observar a lámina motivadora da unidade 6 e conversar sobre ela. – Realizar agrupacións e clasificacións de 3 obxectos ou elementos para que os nenos e as nenas teñan que contalos. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: a xenerosidade. – Xogaremos a ser xardineiros e xardineiras. Para iso, o docente realizará unha serie de xestos e movementos co seu corpo relacionados con esta profesión, que os nenos e as nenas deberán imitar. – Xesticular os movementos e as posturas que adoptarían nas diferentes actividades relacionadas coas rutinas cotiás: durmir, comer, asearse, xogar, traballar… !

%


– Realizar unha visita cos nenos e coas nenas a un parque próximo para que aprecien todos os seus elementos, as cores das flores, o sol… – Se é posible, realizar unha visita a un lugar de lecer e diversión. Planificación da convivencia Nesta unidade traballaremos os seguintes temas transversais: – Dialoguemos e respectemos os demais: fomentaremos as actividades de grupo nas saídas que realicemos, o respecto polos lugares que visitemos e a resolución pacífica dos conflitos. – Protexamos o medio: propoñeremos situacións nas que os nenos e as nenas teñan que discriminar comportamentos axeitados e desaxeitados con respecto ao medio. – Consumamos responsablemente: insistiremos na necesidade de evitar o consumo abusivo de lambetadas nas actividades extraescolares. – Todos somos iguais: realizarán xogos de roles. Nenos e nenas coidarán por igual o xardín da clase e ensinarémoslles a valorar o traballo das persoas sen discriminar por motivos de sexo. – Sexamos bos cidadáns e cidadás: fomentaremos o respecto e a aceptación das diferenzas entre as persoas por diferentes motivos. Plan das tecnologías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Desenvolvemento da observación, da atención, da percepción de semellanzas e diferenzas e da discriminación visual. – Coordinación viso-manual. – Noción espacial arriba-abaixo. – Forma circular e triangular. – Números 2 e 3. – Cor azul. – Comparación de obxectos. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través do CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se traten dalgunha maneira os centros de interese da unidade: a primavera e os lugares de lecer e diversión. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados.

!

%


– Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora…

!

%


Unidade 7. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Desenvolver, de forma progresiva, hábitos relacionados coa hixiene, coa alimentación, co descanso e coa seguridade persoal. – Adquirir a coordinación óculo-manual necesaria para as habilidades motrices de carácter fino. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Utilizar os sentidos para identificar algunhas propiedades dos obxectos. – Identificar algúns sentimentos e emocións en si mesmo/a e nos seus compañeiros e compañeiras. – Coñecer as características diferenciais do corpo do neno e da nena. – Adquirir nocións básicas de orientación temporal. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Características diferenciais do corpo: neno-nena. – Identificación de diferenzas e semellanzas entre o seu corpo e o dos outros. – O sentido do oído. – Necesidades básicas do corpo. – Nocións básicas de orientación temporal: o día e a noite. – Sentimentos e emocións propios e dos demais. – Educación emocional: violencia. – Progresivo control de sentimentos e emocións. – Interese cara a persoas doutras razas. Bloque 2.- Xogo e movemento – Posturas e movementos do corpo: a gatiñas. – – – –

Coordinación corporal do movemento global en distintas accións. Progresiva coordinación óculo-manual. Interese por aprender novas destrezas e habilidades. Confianza nas súas propias posibilidades motrices e posturais.

Bloque 3.- A actividade cotiá – Desenvolvemento de hábitos de observación, memoria, atención,

!

%


concentración…, mediante os xogos “Descubre as parellas”, “Atopa as diferenzas” e “Que forma ten?” do CD de xogos dixitais interactivos. Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Progresivo control das necesidades básicas en relación cos estados fisiolóxicos. – Hixiene relacionada co coidado de animais: limpeza das mans. – Desenvolvemento de hábitos de hixiene tras o contacto con animais.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Relatar as accións que realiza de día e as que realiza de noite. –Utilizar as normas socialmente establecidas para saudar. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Abordar novas tarefas con seguridade. –Aceptar o erro. Criterios de avaliación

– Progresa na coordinación óculo-manual. – Coñece as diferenzas corporais entre un neno e unha nena. – Posúe un desenvolvemento motor groso axeitado á idade.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Coñecer os animais e os produtos alimenticios característicos dunha granxa. – Coñecer a relación de utilidade entre o home e os animais e valorala. – Observar algúns animais próximos a eles descubrindo algunhas das súas características morfolóxicas e funcionais. – Desenvolver hábitos de coidado e respecto cara a eles. – Iniciarse no coñecemento do Universo e dos astros do ceo. – Coñecer algúns medios de transporte e de comunicación. – Adquirir progresivamente un coñecemento lóxico-matemático, describindo obxectos e situacións a través da observación e da experimentación. – Agrupar, comparar e clasificar obxectos atendendo aos criterios: grandepequeno, alto-baixo, diante-detrás, moitos-poucos e máis ca.

!

%


– Discriminar as formas circular, cadrada e triangular nos obxectos do medio. – Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, encerado dixital, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…). Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – Cuantificadores: moitos-poucos, máis ca. – Tamaño grande-pequeno. – – – – – – –

Nocións de orientación espacial: diante-detrás. Propiedades dos obxectos: alto-baixo, son. Formas planas: círculo, cadrado e triángulo. Números 1, 2 e 3. Uso da serie numérica para contar obxectos. Relacións entre obxectos: series. Cor verde.

– Colocación de si mesmo/a e dos obxectos respecto das nocións básicas coñecidas. – Realización de series no xogo “Completa a serie” do CD de xogos dixitais interactivos. – Reforzo dos contidos básicos traballados mediante a realización dos xogos interactivos do CD. Bloque 2.- Achegamento á natureza – – – –

Universo e astros do ceo: o sol e a lúa. A granxa. Animais domésticos e o seu medio. Algúns animais acuáticos.

– Características morfolóxicas e funcionais dalgúns animais. – Observación guiada dos elementos que compoñen o medio natural e que son necesarios para a vida. – Observación do medio na primavera. – Observación guiada da relación de utilidade entre os animais e as persoas. – Identificación de animais segundo o medio no que viven. – – – –

Coidado dalgúns animais domésticos. Actitude de respecto cara aos animais. Experimentos sinxelos. Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Profesións próximas ao neno e á nena: agricultor/a, granxeiro/a.

!

%


– Respecto por todas as profesións. – Maquinaria agrícola: o tractor. – Algúns medios de transporte: o tren. – Medios de comunicación: o teléfono.

Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística

–Describir animais. Competencia matemática

–Realizar correctamente a grafía dos tres primeiros números. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

–Coñecer a importancia dos animais para a vida das persoas. Competencia social e cidadá

– Desenvolver hábitos de comportamento adecuados e adaptados aos diferentes contextos en que se desenvolve Competencia para aprender a aprender

–Utilizar os coñecementos adquiridos en situacións da vida cotiá. Criterios de avaliación – – – – –

Compórtase axeitadamente nos medios de transporte. Coñece a importancia do traballo do agricultor para a alimentación. Establece relacións causa-efecto en diferentes situacións. Discrimina as cores verde e azul. Realiza series sinxelas.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas. – Amosar interese cara aos elementos da linguaxe escrita, valorándoos como medios de información e de comunicación. – Expresar de forma cada vez máis correcta os seus desexos e ideas a través da linguaxe oral. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. !

%


– Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, encerado dixital, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente. – Utilizar as posibilidades expresivas do corpo e continuar desenvolvendo o control do movemento e da relaxación. – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario básico da unidade: vaca, pato, galiña, can, porco, paxaro, amorodo, voar, andar, tocar, bolboreta,… – Utilización axeitada do vocabulario coñecido e progresiva ampliación deste. – O singular, o plural e a concordancia de xénero. – A linguaxe oral necesaria para a comunicación. – Normas socialmente establecidas para saudar: bos días, boas noites. – Produción de mensaxes cunha progresiva mellora da pronuncia. – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico da unidade: Farm, sheep, cow, hen, three, one, two… *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples e realización de descricións sinxelas. – Lectura e interpretación de etiquetas. – Trazos: curvo, oblicuo, circular, horizontal e vertical. – Aplicación das habilidades motrices para un progresivo perfeccionamento do trazo. *Achegamento á literatura – Contos: “Onde está a galiña?”, “Os sete cabritiños e o lobo” e “O león rifón”. – Identificación de emocións a través do conto. – Recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten. – Grandes autores literarios: Gloria Sánchez.

!

%


Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas e materiais da expresión plástica: picado con desprendido, pegado de gomets, colorear, pintar co dedo, puntear con rotulador... – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. Sons emitidos por algúns animais. – Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Discriminación dos sons producidos por algúns animais mediante o xogo “Escoitar a paisaxe” do CD de xogos dixitais interactivos. – Dramatizacións sinxelas. – Gozo coa expresión corporal. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Desenvolvemento progresivo de habilidades comunicativas por medio da linguaxe audiovisual.

Competencias básicas •

Competencia cultural e artística –Utilizar diferentes medios e recursos nas súas actividades plásticas. –Participar en cancións e bailes.

Tratamento da información e competencia dixital – Comezar a coñecer diferentes tipos de información e de linguaxes Criterios de avaliación

– Exprésase oralmente cunha entoación, articulación, estruturación e pronuncia adecuada para a idade. – Utiliza diferentes linguaxes para expresarse: corporal, musical, tecnolóxica e plástica.

Métodos pedagóxicos

!

%


Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver. – Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…). – Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Utilización da unidade “Para traballar un pouco máis” e do CD de xogos dixitais interactivos para repasar e reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia a través de diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia… – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula. – Realización de xogos e actividades psicomotrices para progresar no control do movemento do corpo e na postura. – Realización de xogos en grupo para localizar, comparar e agrupar obxectos atendendo á forma circular, cadrada e triangular, á situación espacial diantedetrás, á cor verde, ás propiedades sonoras, ao tamaño grande-pequeno e aos cuantificadores moitos-poucos e máis ca. – Concienciación da importancia dunha correcta hixiene tras o contacto con animais. – Visualización de maquinaria agrícola por medio de fotografías, documentais, DVD, etcétera. – Realización de xogos do ordenador para potenciar a observación, a memoria, a atención e a concentración. – Observación directa e indirecta de diferentes animais. – Desenvolvemento do razoamento lóxico mediante a realización de series sinxelas. – Realización de debuxos dos astros do ceo aprendidos: o sol e a lúa. – Imitación do son e do movemento dalgúns animais. – Exercitación dos trazos curvo, oblicuo, circular, horizontal e vertical.

!

&


– Ampliación do vocabulario e mellora da expresión oral mediante o uso das tarxetas de accións e lugares, pictogramas, fotografías, cartolinas de imaxes e tarxetas de vocabulario. – Desenvolvemento da coordinación viso-manual a través dos xogos do material de aula: encaixables do corpo, quebracabezas, parellas de cores...

Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números... – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – Pictogramas. – Etiquetas de psicomotricidade. – Rótulos de accións, lugares e obxectos. – Semáforo. – CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. – CD de xogos dixitais interactivos. – Materiais empregados nas actividades plásticas e psicomotrices. – Materiais empregados para a organización dos diferentes recunchos. – Outros recursos incluídos na caixa do material da aula. – Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral, recuncho de vídeo e audio. Espazos – Recuncho do xogo simbólico: tenda de animais, recuncho do baúl dos disfraces. – Recuncho das mascotas. Temporalización Esta unidade desenvolverase no mes de maio aproximadamente. Terá unha duración entre 20 e 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado.

!

&


Medidas de atención á diversidade – Desenvolvemento da coordinación dinámica xeral e óculo-manual, do control postural, da respiración e do equilibrio mediante a realización de diversos exercicios: correr e pararse, saltar, poñerse na punta dos pés, á pata coxa, de gatiñas, de pé, sentado, soprar papeliños, apagar unha candea, picar, pegar, recortar, resgar, amasar, ensartar… – Observación da lámina motivadora da unidade para sinalar os animais da granxa, o tren, o tractor, algunhas froitas e produtos, obxectos e elementos de cor verde e de diferentes formas xeométricas e os personaxes do conto, desenvolvendo desta forma, a observación, a discriminación, a percepción visual, a atención e a memoria e reforzando algúns contidos traballados. – Agrupación e clasificación de obxectos atendendo a diferentes criterios: moitos-poucos, máis ca, grande-pequeno, alto-baixo, forma circular, cadrada e triangular e a cor verde. – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais simples e a descrición de accións: “María toca unha galiña”, “A bolboreta e o paxaro voan”, “O pato anda e voa”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. – Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. –Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. Procedementos e instrumentos de avaliación – – – – – –

Observación directa e sistemática. Rexistro diario de incidencias. Diálogos cos nenos e coas nenas. Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. Observación do comportamento dos nenos e das nenas. Recollida de información por parte da familia e outros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – Nomear e dramatizar accións que realizan polo día e accións que realizan pola noite. – Desprazarse polo espazo na forma indicada polo docente.

!

&


– O docente imitará a diferentes animais que os nenos e as nenas deberán identificar e nomear. – Coller tres lapis da súa bandexa e contalos. – Narrar o conto da unidade coas súas propias palabras. Actividades complementarias e extraescolares – Realizar diferentes exercicios para reforzar a aprendizaxe das figuras xeométricas círculo, cadrado e triángulo: repasar os seus contornos sobre diferentes superficies, pegar gomets nos bordos, picar, estampar marcas sobre elas, modelalas en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalas sobre elas, repasar as siluetas cun útil gráfico… – Dramatizar na clase as accións cotiás que realizan durante o día e as que realizan pola noite: erguerse, vestirse, almorzar, ir ao cole, espirse, lavar os dentes, deitarse…, para axudarlles a que sexan progresivamente autónomos e para que aprendan a orientarse temporalmente. – Observar a lámina motivadora da unidade 7 e conversar sobre ela. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: a violencia. – Simular que van montados nun tractor. – Simular unha conversa telefónica. – O docente nomeará un animal. Se este emite algún son, imitarano. Se non emite ningún, como a bolboreta, o caracol, a tartaruga, a formiga… pecharán os ollos. – Imitar as voces dos animais que aparecen nas tarxetas de vocabulario da unidade. – Se é posible, realizar unha visita a unha granxa. Planificación da convivencia Nesta unidade traballaremos os seguintes temas transversais: – Coidemos a nosa saúde: fomentaremos a adquisición de hábitos de saúde: lavado de mans antes e despois de almorzar e despois de ir ao WC, almorzos equilibrados… – Todos somos iguais: dialogaremos sobre diferentes profesións tradicionalmente ligadas a un dos sexos. – Sexamos bos cidadáns e cidadás: interiorizaremos comportamentos adecuados e inadecuados no trato aos animais a través de dramatizacións. – Consumamos responsablemente: debateremos sobre a importancia de non adquirir un animal por capricho. Plan das tecnologías da información e da comunicación

!

&


– CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador. Este CD pode utilizarse ademais no encerado dixital. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Desenvolvemento da observación, da atención, da percepción de semellanzas e diferenzas e da discriminación visual. – Coordinación viso-manual. – A granxa. – Forma circular, cadrada e triangular. – Números 1, 2 e 3. – Tamaño grande-pequeno. – Comparación de obxectos. – Técnicas plásticas. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través de CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se trate dalgunha maneira o centro de interese da unidade: os animais. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. – Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora…

!

&


Unidade 8. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal Obxectivos – Identificar algunhas sensacións a través do corpo e adquirir hábitos de seguridade persoal. – Establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas, en condicións de igualdade e cunha actitude de aceptación das diferenzas. – Progresar cada vez máis na adquisición e no perfeccionamento de habilidades motrices de carácter fino. – Progresar na adquisición de hábitos relacionados coa limpeza e coa orde do medio. – Utilizar cada vez máis coordinadamente as súas posibilidades motrices e posturais. Contidos Bloque 1.- O corpo e a propia imaxe – Partes do corpo. – Sensacións do corpo: a calor. – Identificación dalgunhas sensacións que se poden percibir co corpo. – O sentido do oído. – Educación emocional: a ilusión. – Identificación de mensaxes corporais que expresan emocións e sentimentos. – Aceptación da propia identidade e das súas posibilidades e limitacións. – Aceptación de persoas doutras razas. Bloque 2.- Xogo e movemento – Coordinación óculo-manual. – Movementos e posturas do corpo. – Progresiva adaptación do movemento e da postura ás características da acción e da situación. Bloque 3.- A actividade cotiá – Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde – Hábitos de seguridade persoal: protección contra a calor. – Limpeza e orde no medio.

!

&


Competencias básicas Competencia para aprender a aprender

–Utilizar os coñecementos adquiridos na súa vida cotiá. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal –Desprazarse con progresiva autonomía no seu medio próximo. –Manter a atención.

Criterios de avaliación – Identifica algunhas sensacións que pode percibir co corpo.

Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural) Obxectivos – Coñecer os cambios producidos no medio natural coa chegada do verán e coa aparición de novas condicións climáticas: a calor. – Percibir os cambios que se producen no medio social e na forma de organizar a vida das persoas no verán. – Identificar e diferenciar obxectos relacionados co vestido propios do verán. – Coñecer algúns medios de transporte relacionándoos cos medios físicos polos que se desprazan. – Contar ata 3. – Realizar series que combinen formas e cores. – Situarse no espazo atendendo a diferentes criterios. – Describir obxectos e situacións descubrindo, mediante a observación e a experimentación, as súas propiedades e as relacións que entre eles se establecen. – Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, encerado dixital, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…). Contidos Bloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida – – – – – –

Situación espacial: un lado-outro lado, dentro-fóra, arriba-abaixo. Números 1, 2 e 3: grafías. Iniciación á práctica de contar. Apreciación da utilidade dos números. Cuantificadores: máis ca. Identificación das cores vermella, amarela, verde e azul en xogos sinxelos de

!

&


ordenador. – Series de cor. – Propiedades dos obxectos: a cor, aberto-pechado. – Clasificación de obxectos segundo as súas calidades. – Formas planas: o círculo, o cadrado e o triángulo. – Recoñecemento e diferenciación das formas redondas, cadradas e triangulares mediante a realización de xogos interactivos. Bloque 2.- Achegamento á natureza – Estacións do ano: o verán. – Alimentos do verán. – Algúns tipos de paisaxe: o mar. – Observación directa e indirecta das transformacións do medio natural coa chegada do verán. – Observación, exploración, manipulación e degustación dalgunhas froitas do verán, descubrindo as súas calidades por medio dos sentidos. – Experimentos sinxelos. – Anticipación dos efectos das accións propias sobre os obxectos en situacións coñecidas (que pasaría se…?). Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade – Obxectos de uso específico no verán: vestido e outros. – Medios de comunicación: a televisión. – Algúns medios de transporte relacionados coas viaxes: o tren, o barco, o avión… – Inventos: os prismáticos. – Interese por coñecer aspectos relacionados coas viaxes.

Competencias básicas •

Competencia en comunicación lingüística –Relatar os seus plans de vacacións.

Competencia matemática –Contar elementos.

Competencia social e cidadá –Traballar en grupo.

Competencia cultural e artística –Identificar algunhas obras artísticas e musicais do seu medio. –Representar graficamente o medio.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico – Coñecer algúns dos efectos que produce a súa actuación no medio

!

&


Criterios de avaliación – – – –

Realiza correctamente as grafías dos tres primeiros números. Coñece algúns medios de transporte relacionados coas viaxes. Nomea alimentos e froitas propios do verán. Amosa respecto polos seus compañeiros e polo docente.

Linguaxes: comunicación e representación Obxectivos – Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas. – Valorar a linguaxe oral e escrita como medios de comunicación, información e gozo. – Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles. – Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras. – Amosar interese cara ás narracións, audicións e representacións, gozando con elas. – Coñecer algunhas palabras e expresións en inglés relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. – Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, encerado dixital, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…) – Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas nas linguaxes plástica, musical e corporal, e realizar actividades de representación e expresión artística para comunicar vivencias e emocións mediante o emprego de diversas técnicas. Contidos Bloque 1.- Linguaxe verbal *Escoitar, falar e conversar – Vocabulario básico da unidade: parasol, cubo, pa, flotador, avión, barco, peixe, traxe de baño, amarelo, azul, verde, ver, comer, correr, voar, uvas… – O nexo “e”. – Frases xustapostas. – Produción de mensaxes referidas a informacións, necesidades e desexos.

!

&


– Construción oral de frases cunha articulación progresivamente correcta. – Relato de feitos próximos. – Atención e comprensión de narracións e mensaxes producidas polos adultos. – Palabras e expresións en lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas rutinas cotiás. Vocabulario básico da unidade: Beach, swinsuit, swin, sun… *Aproximación á lingua escrita – Iniciación á lectoescritura: formación de estruturas gramaticais simples e realización de descricións sinxelas. – Trazos: horizontais, verticais, circulares e ondulados. – Instrumentos da lingua escrita. *Achegamento á literatura – Contos: “Papelote na praia”, “A galiña que sementou millo” e “Don Ramón e o canario”. – Identificación de emocións a través do conto. – Textos da tradición oral: poesías, adiviñas… – A biblioteca: cancións populares. Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal – Técnicas e materiais da expresión plástica: picado con desprendido, estender plastilina, pegar gomets, resgado de papel, colaxe… – Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas. – Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica. – Grandes autores e artistas universais. – Ruído-silencio-música. – Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria. Son dos medios de transporte. – Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións. – Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre. – Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos. – Participación en cancións e bailes sinxelos de forma libre. – Curiosidade cara ás manifestacións culturais doutros pobos, doutras razas: cancións, adiviñas sinxelas, contos… – Dramatizacións sinxelas. Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación – Reforzo dos contidos traballados mediante xogos interactivos.

!

&


Competencias básicas Competencia para aprender a aprender

–Utilizar os recursos de maneira axeitada. •

Tratamento da información e competencia dixital – Adquirir as habilidades e destrezas básicas para manexar o ordenador Criterios de avaliación

– Identifica as cores traballadas en xogos sinxelos de ordenador. – Constrúe frases cunha articulación axeitada para a idade. – Discrimina os sons do medio Métodos pedagóxicos Estratexias metodolóxicas – Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de interese e algúns contidos que se van traballar. – Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver. – Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos. – Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…). – Audición, dramatización e aprendizaxe das cancións da unidade. – Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto. – Observación e realización de experimentos de carácter científico para formular sinxelas hipóteses e establecer conclusións. – Utilización da unidade “Para traballar un pouco máis” e do CD de xogos dixitais interactivos para repasar e reforzar os contidos traballados. – Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia mediante diferentes recursos: titorías, ficha para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia. – Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula…

!

'


– Realización de xogos e actividades psicomotrices para progresar no control do movemento do corpo e da postura. – Realización de xogos en grupo para localizar, comparar e agrupar obxectos atendendo á forma cadrada, circular e triangular, a situación espacial abertopechado, un lado-outro lado e á cor vermella, amarela, verde e azul. – Ambientación da aula con motivo da nova estación co mural da árbore e as actividades plásticas realizadas polos nenos e polas nenas. – Observación directa e indirecta dos cambios que se producen no medio coa chegada do verán a través do visionado de diferentes soportes. – Explicación do docente sobre algúns inventos: os prismáticos. – Observación de diferentes paisaxes propias do verán. – Planificación de saídas para percibir a calor e as sensacións da nova estación. – Experimentación plástica con diferentes cores e técnicas. – Identificación de mensaxes corporais que expresan os seus compañeiros e o docente. – Emprego das palabras e expresións aprendidas en inglés nas actividades cotiás. Materiais e recursos – Mural motivador. – Materiais para ambientar e decorar a aula: murais da árbore, mural do corpo, mural-calendario e de aniversario, despregable de números... – Contos. – Láminas secuenciadas do conto. – Láminas de contos clásicos. – Cartolinas de imaxes. – Pictogramas. – Etiquetas de psicomotricidade. – Rótulos de accións, lugares e obxectos. – Semáforo. – CD de cancións, de música clásica, de audicións de contos e lotos sonoros e de contos animados. – CD de xogos dixitais interactivos. – Materiais empregados nas actividades plásticas e psicomotrices. – Materiais empregados para a organización dos diferentes recunchos. – Outros recursos incluídos na caixa do material da aula. Espazos – Recuncho da lectura e da linguaxe oral: recuncho da linguaxe oral.

!

'


– Recuncho do xogo simbólico: recuncho dos medios de transporte, recuncho da auga. Temporalización Esta unidade desenvolverase no inicio do verán. Terá unha duración aproximada de 20 a 30 días. Esta temporalización é flexible, dependerá das necesidades de cada contexto educativo e das características do alumnado. – Desenvolvemento da expresión corporal mediante a realización de diferentes exercicios: bailes, danzas, desprazamentos libres polo espazo, xesticulando expresións faciais fronte ao espello… – Observación da lámina motivadora da unidade para sinalar os obxectos propios da praia, algúns medios de transporte, elementos que están arriba ou abaixo, dentro ou fóra, de diferentes formas xeométricas…, desenvolvendo desta forma a observación, a discriminación, a percepción visual, a atención e a memoria e reforzando algúns contidos traballados. – Saída ao patio do colexio para conversar cos nenos e coas nenas sobre os cambios que se produciron no medio coa chegada do verán, fomentando o desenvolvemento da linguaxe e o reforzo dalgúns contidos traballados na unidade: o verán, pezas de vestir e alimentos propios da estación, a calor… – Utilización da alínea do conto “Ler…” para desenvolver e favorecer a formación de estruturas gramaticais algo máis complexas e a descrición de accións: “Xoán e María ven un barco”, “Papelote e Chun comen uvas”, “O coche corre e o avión voa”… – Realización de exercicios de pronuncia e articulación coas tarxetas de vocabulario do material de aula para reforzar o desenvolvemento da linguaxe. – Realización das fichas relacionadas cos contidos da unidade do material fotocopiable. – Realización das actividades suxeridas en cada ficha na proposta didáctica. –Realización das actividades psicomotrices e outras complementarias relacionadas cos contidos desta unidade. Procedementos e instrumentos de avaliación – Observación directa e sistemática. – Rexistro diario de incidencias. – Diálogos cos nenos e coas nenas. – Valoración das actividades e do traballo realizado ao longo da unidade. – Observación do comportamento dos nenos e das nenas.

!

'


– Recollida de información por parte da familia e doutros membros do equipo docente. – Rexistro de avaliación da unidade. – Informe de avaliación trimestral. – Propoñemos as seguintes actividades concretas para avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo desta unidade: – O docente nomea diferentes partes do corpo para que os nenos e as nenas se peguen un gomet sobre ela. – Proporcionarlles un folio con puntos amarelos e azuis formando unha serie. Os nenos e as nenas deben lela e realizala pegando gomets desas cores. – Falarémoslles de diferentes medios de transporte para que os pequenos digan se van por terra, mar ou aire. – Formar estruturas gramaticais simples combinando os pictogramas e as tarxetas de vocabulario da unidade. Actividades complementarias e extraescolares – Realizar diferentes exercicios para reforzar a aprendizaxe dos cardinais 1, 2 e 3 e das súas grafías: repasar a direccionalidade sobre diferentes superficies, pegar gomets seguindo a direccionalidade, picar, estampar marcas sobre eles, modelalos en plastilina, realizar boliñas de papel de seda e pegalos sobre eles, repasar o trazo dos números cun útil gráfico… – Agrupar e clasificar obxectos e elementos atendendo a diferentes criterios nomeados polo docente: cor, dentro-fóra, arriba-abaixo, situados a un lado e a outro lado, abertos e pechados, circulares, cadrados e triangulares… Contalos. – Observar a lámina motivadora da unidade 8 e conversar sobre ela. – Dramatizar a emoción traballada no conto de educación emocional: a ilusión. – Amosarlles aos nenos e ás nenas a imaxe dun círculo, dun cadrado e dun triángulo para que observen, identifiquen e discriminen estas formas nos obxectos e elementos da aula. – Cantar as cancións da unidade de diferentes formas: coa boca pechada, cantaruxando, berrando, xesticulando, bailando… – Realizar un debuxo sobre as vacacións do verán. – Se é posible, realizar unha visita a unha estación de autobuses ou de tren. Planificación da convivencia Nesta unidade imos traballar os seguintes temas transversais: – Coidemos a nosa saúde: insistiremos na necesidade do consumo de froitas para unha alimentación sa. – Sexamos bos cidadáns e cidadás: traballaremos hábitos de convivencia: pedir as cousas “por favor”, respectar a quenda de palabra, non berrar… !

'


– Todos somos iguais: nenos e nenas responsabilizaranse indistintamente das diferentes tarefas de clase e propoñerémoslles aos pais que continúen este labor na casa: asignar responsabilidades independentemente do sexo. – Vaiamos seguros: reforzaremos as normas de seguridade viaria aprendidas ao longo do curso. Plan das tecnologías da información e da comunicación – CD de xogos dixitais interactivos: para iniciarse no manexo do ordenador. Este CD pode utilizarse ademais no encerado dixital. – A través dos diferentes xogos e actividades elaboradas en soportes dixitais repasaranse e reforzaranse os seguintes contidos: – Coordinación óculo-manual. – Observación e atención. – Repaso de cuantificadores. – Repaso de cores: vermello, verde, amarelo e azul. – Cardinais 1, 2 e 3. – Nocións espaciais. – Técnicas plásticas. – Desenvolveremos o gusto, o interese e o gozo dos contos a través do CD de contos animados da unidade. – Propiciaremos o achegamento a medios audiovisuais como películas, debuxos animados, videoxogos, documentais, etc., nos que se trate dalgunha maneira os centros de interese da unidade: o verán e os medios de transporte. Será necesario facer unha valoración crítica dos contidos visionados. – Planificaremos a utilización doutros instrumentos tecnolóxicos como cámara de vídeo, cámara fotográfica, televisión, reprodutores de imaxes e sons, encerado dixital, escáner, impresora… Por suposto, educaremos no uso moderado de todos eles.

!

'

Profile for violeta corujo

Programación Ed.Infantil (3 anos)  

Programación de aula da titoría de Ed. Infantil

Programación Ed.Infantil (3 anos)  

Programación de aula da titoría de Ed. Infantil

Advertisement