Page 1

PROPOSTAS DE LECTURA PARA O VERÁN 2011

Para entender mellor o que nos pasa e o mundo que nos rodea Para compartir momentos de tranquilidade (ou non) xuntos. Para adquirir vocabulario, estruturas, orde, hábitos de coidado, limpeza … Para aprender Para disfrutar


ÁLBUMES ILUSTRADOS Paul Hoppe: Sombrero . Editorial Flamboyant Cántas cousas se poden facer cun chapeu! Mágoa que non sexa noso.

Daniela Kulot: Unha familia normal. Faktoría k de libros A última entrega de Xirafa e Crocodilo ou como buscar solución para convivir sendo diferentes.

Julia Donaldson: ¡Cómo mola tu escoba! Ed. Macmillan Infantil y Juvenil

Un clásico xa da literatura infantil anglosaxona. Unha meiga na súa vasoira vai facendo amigos na súa viaxe.


Poderemos falar do paso do tempo e as súas posiblidades con estes dous títulos

Phillis Gershator; Alison Jay. Aquí no hay silencio. Intermón Oxfam.

Gyo Fujikawa: ¡Oh, qué día más divertido! Ed. Juventud

Aquí tedes un libro con varios contos para contarlles ós nenos e ás nenas. Nel se especifica a idade ideal e o tempo que se tarda aproximadamente en contalo.

Celia Ruiz (adaptadora): Léeme un cuento. Ed. Susaeta


BILINGÜES Cada vez hai máis variada oferta de libros en inglés e castelán ou galego . Estes dous exemplos se poden atopar nas librerías habituais

Sebastien Braun: Miau y las sillitas. ( Ed. Bilingüe) Ed. Pirueta Traballar as cores dunha forma sinxela.

Caillou at the zoo/en el zoo. Ed. Everest

INFORMATIVOS

Os bolechas sempre son un valor seguro para as nenas e os nenos. Da súa colección Queren saber… vos propoñemos un tema tan de actualidade como o uso responsable da auga.


ALGO MÁIS QUE LIBROS Marion Billet. Los tres cerditos. Libro teatro. Ed. SM Poderemos contar unha e outra vez o clásico conto empregando as personaxes e o teatrillo.

Un libro para usar. Sólo se precisan unas tixeiras e pegamento; ou si queredes pódese recortar cos dedos.

Equipo La Zoo: Collage. Ed. Coco Books

PARA OS MÁIS PEQUECHOS Dúas propostas da exitosa escritora e ilustradora Liesbet Slegers publicadas pola editorial Edelvives


NA REDE Moi interesantes e recomendables actividades para o verán ofrece esta dirección web da Junta de Castilla y León para traballar en castelán ou inglés

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/verano2011/inde x.html

Por suposto hai moitas máis lecturas axeitadas para os vosos nenos e as vosas nenas. Só tendes que darvos una volta por alguha librería ou ben visitar as Bibliotecas Municipais do Concello de Arteixo. E non deixedes de visitar o noso blog: http://bibliorrodis.blogspot.com/

bo verán

Propostas de lectura para o verán  

Recomendación de lecturas para o verán 2011

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you