Page 1

A VIAXE DA TÍA A MADRID

imaxe obtida de:(https//www.youtube.com)

capítulo 6º de “Contos da tía Sebastiana”

81


Faltaba pouco para que a tía fixera

aquela

viaxe que tanto desexaba e ó mesmo tempo que lle daba tanto receo. Como se trataba de axudarlle á Candelaria, a súa afillada, cando lle chegase a hora de parir, ía de moi boa gana. Facía tanto tempo que non viaxara nun avión nin saíra da casa excepto nas dúas excursións do verán, que estaba moi nerviosa. Non había maneira de que se relaxara, non parecía ela. Entre a roupa de inverno que ía precisar, as chambras e chaquetiñas que lle fixeran ó bebé entre mamá e máis ela, o seu ordenador portátil, algún libro que estaba a ler e dúas ou tres larpeiradas típicas da nosa aldea que sabía que lle gustaban moito a Candelaria, tiña moito trafego tentando colocar todo na maleta e nun bolso de viaxe. Non daba acomodadas tanta cousas. O día sinalado para viaxar, levantouse máis cedo ca nunca e como aínda estabamos todos na cama, preparou o almorzo para toda a familia, que

82


xa nos levantou da cama o recendo do café e do e biscoito recen saído do forno. Na casa estabamos contentos pola viaxe da tía pero habiamos estrañala moito, así

que se

misturaban a ledicia daquela viaxe e a tristura da separación. Eran sentimentos que saían e non se podían reprimir. Como a hora de saída do avión era ás seis da tarde, aquel día xantamos moi cedo e invitamos a Pedro, o neto adoptivo da tía, que tamén quería ir despedila ó aeroporto. A tía Sebastiana, antes de se preparar para a viaxe, meteuse na súa bañeira- habitación e dixo que se ía dar un bo baño de auga salgada, que ata que non voltara non podería dar outro. Como eu era a de máis idade entre os meus irmáns, deixoume encargada daquel cuarto tan especial para ela. Se alguén quería darse un baño naquela inmensa bañeira, tería que me pedir permiso. Chegamos con tempo de sobra para evitar os apuros de última hora que aínda nos poñerían mais nerviosos a todos. Despois de facturar a equipaxe,

83


fomos tomar algo á cafetería e fixemos unha foto como recordo daquel día. Aquela cámara tan pequena que nos retratou, era un regalo para a tía, mamá entregoulla para que lle fixera moitas fotos ó bebé.

Imaxe obtida de:(https//sp.depositophotos.com, modoficada)

A

tía púxose moi leda có regalo, e como

parecía doada de manexar, ela mesma despois de darnos abrazos a todos e mesturar as súas bágoas de emoción coas nosas,

dende a porta de

embarque, fíxonos máis fotos nas que podíamos saír ata sorbendo os mocos que nos caían tamén coa emoción. 84


Mamá dicía que éramos uns esaxerados, que a tía só se ía por uns meses. Despois contounos o que lle acontecera a ela e a outra amiga nunha ocasión que viaxaban a Suíza. Facían a viaxe cun amigo que as invitara á súa casa pasar uns días e poder viaxar por aquel país. No coche ía tamén un rapaz suízo que case non entendía o español. Fixeron noite en Pamplona e antes de seguir a viaxe, mercaron música dunha tal Concha Piquer para escoitala no coche. Cando soaba o disco que falaba duns españois que celebraran a noite boa lonxe

da

súa

terra,

escoitando

o

pasodobre

“Suspiros de España”, empezaron os tres galegos a emocionarse. O condutor dicía que se lle poñían os pelos de punta escoitando aquela canción. O rapaz suízo non entendía nada do que estaba a pasar, non sabía o por que daquelas bágoas. Despois dáballes a risa, dicían que menos mal que ían de vacacións que se chegaran a ser emigrantes… Todo isto nos contaba mamá comparando a situación da despedida da tía con aqueles viaxeiros

85


que, sen saír do país, xa empezaban a sentir morriña del. Papá foi falar coas azafatas do vó, para que tiveran conta da tía que, como viaxaba soa e non tiña moita experiencia en viaxes, podía estar mais inqueda do habitual. Elas moi amables dixéronlle que non se preocupara que se ían encargar de todo ata que a recolleran os familiares no aeroporto de Madrid.

Imaxe obtida de:(https//br.123rf.com, modificada)

86


Se a tía fora sabedora daquela recomendación podería parecerlle ata mal, sempre dicía que se sabía coidar moi ben ela soa. Como estabamos en Santiago, no canto de voltar para a casa, papá invitounos a todos ó cine, xa que non tiñamos moitas ocasións de ir pola distancia que había entre o noso lugar e as cidades grandes onde a xente podía ir ó cine cando quixera. Fomos ver unha película que nos gustou moito, era un musical.

Despois levounos a unha pizzería,

outra das cousas que nos encantaba pero que facíamos poucas veces. Eu pensaba que cando chegara a hora de estudar na universidade, podería ir máis ó cine e fartarme de comer pizzas ata me cansar delas, ¡coma se as regalaran!, dicíame miña irmá . Aínda que non sabía onde cursaría os estudos superiores. A min, gustaríame estudar para traballar de psicóloga nalgún centro médico infantil ou no ensino, pero na casa dicían que esa carreira non tiña moita saída. De calquera maneira era mellor estudar o que a unha lle gustara de verdade, dicía a miña

87


titora do instituto, porque se conseguías atopar traballo do teu, habíalo gozar moito máis. Todos estes pensamentos víñanme á cabeza mentres voltabamos para a casa xa cansos e con ganas de chegar. Os mais pequenos ían durmindo no coche. Pedro tiña permiso para pasar o fin de semana connosco, parecía que a súa familia non lle impedía que nos visitara tan a miúdo. Cando

chegamos

había

varias

chamadas

perdidas, eran da tía que nada mais chegar queríanos contar como lle fora na viaxe, penso que como ela tamén nos había estrañar, era por escoitar a nosa voz. Na última chamada había unha mensaxe que dicía que a chamáramos a calquera hora que lle estrañaba que aínda non estiveramos de volta de Santiago. Debían ser xa as doce da noite, cando mamá chamou para tranquilizala, os demais xa non falamos con

ela

porque

tíñamos

moito

sono,

xa

lle

contaríamos o ben que o pasáramos ó día seguinte. Nada mais erguernos da cama, xa soou o teléfono, ¡quen ía ser!, a tía Sebastiana estaba

88


desexando contarnos tódalas vivencias que tivera dende que se separou de nós. Xa no avión, despois de escoitar con certo arrepío as instrucións que se escoitaban por megafonía no caso dunha aterraxe forzosa, colleu do seu bolso uns caramelos e ofreceulle á súa compañeira de asento que aceptou a invitación, e con aquel xesto que case sempre acurta distancia entre persoas descoñecidas, empezaron a falar. Aquela muller bastante máis nova que a tía, ía pasar uns días cunha amiga que se acababa de separar e atravesaba un momento difícil. Como estaba de baixa por depresión, a ver se conseguía levala con ela para que se fora animando. Falaron e falaron do amor, do desamor e de todas esas cousas que tanto nos afectan as persoas, por iso se lle fixo tan curta a viaxe. Cando se despediron ningunha sabía o nome da outra, pero non era algo de

importancia, fora un encontro

casual onde houbera certa comunicación que era o que tiña valor. Dixéronse adeus cunha aperta.

89


Voltouse a emocionar cando veu a Candelaria e o seu home esperándoa, naquel aeroporto tan grande e tan cheo de xente. Dende o coche, camiño da casa, ía asombrada da cantidade de coches e persoas que circulaban a aquela hora.

Imaxe obtida de:(www.secretosdemadrid.es)

Ela estivera había moitos anos en Madrid, pero estaba todo moi cambiado, parecíalle moito mais grande, as rúas mais iluminadas e algúns edificios tamén, parecía de postal. Candelaria vivía no barrio do Retiro moi cerca dese enorme parque do mesmo nome .Cando 90


chegaron ó portal, alí estaba o porteiro que se ofreceu a subir a equipaxe. Xa na casa, a tía andou vendo as habitacións, era unha casa grande e moi acolledora. Din que as casas teñen certo parecido coas persoas que as habitan, e neste caso era verdade. Ó chegar ao cuarto que lle prepararon para ela, chamoulle a atención os detalles de recibimento que alí había, dende un fermoso ramo de rosas parecidas ás que medraban no seu xardín, ata un libro que sabían que lle ía gustar. Na

ventá,

prendidas nas cortinas, unhas bolboretas de cores que parecía que ían voar, ata nunha mesiña había unha pequena bandexa con caramelos sen azucre. No cuarto de baño non había unha bañeira como a que lle fixeran especial para ela, pero puxéranlle

unhas

barras

laterais

para

poder

agarrarse e erguerse cando remataba o baño, como agora andaba mais lixeira ben había de se amañar soa. Nun lado había como se fora un “cofre do tesouro” cheíño de sal, e de riba un cestiño con xabóns cun recendo a rosas que fixera Candelaria.

91


Sempre se debía

bañar, indicáronlle os

sobriños, cando estaban a rapaza que lles axudaba na casa ou a súa afillada, podía así gozar de novo dun baño de auga salgada, sabendo que lle ían axudar se o precisaba Tamén visitou o resto das habitacións, buscaba a que ía ser para o bebé a quen todos esperabamos con moita ilusión. Aínda non estaba preparada de todo porque decidiran esperar ó seu nacemento para que a decoración se adaptara ben á persoiña que ía durmir nela. O que si lle puxeran eran unhas estrelas no teito que brillaban cando se apagaba a luz, e nas paredes había uns murais pintados, un simulaba un mar con peixes e outro bonecos xogando nun parque. Do salón saían unhas escaleiras que á tía intrigárona moito. A casa parecía grande dabondo. Para que precisarían mais cuartos na parte de enriba?. Cando deu subido, atopouse cunha fermosa terraza chea de flores, era un xardín, e ben coidado que o tiñan. As azaleas de varias cores, estaban

92


florecidas, había tamén xeranios, que nesa época no seu xardín da aldea xa non tiñan flores, os daquel xardín si que estaban ben fermosos. Habíaos brancos, rosas, e laranxas, e algunhas outras flores de inverno que empezaban xa a despuntar.

(Imaxe obtida do arquivo persoal)

Na primavera aquel lugar debía poñerse fermoso pola cantidade de plantas que alí había, incluso tiñan un espazo con pirixel, e outro para plantar fresas. O xardín era grande, do largo da vivenda e cunha anchura para poñer dobre fila de plantas con paseo estreito polo medio. Nun dos lados que facía ángulo coa casa, puxeran uns móbeis de exterior 93


para poder gozar comendo ou ceando ó aire libre cando o tempo o permitía, sobre todo nos solpores de primavera e nas noites do verán. A tía mandáranos fotos de toda a casa, moitas delas do xardín coas consabidas explicacións Aquela Candelaria e o seu home eran desas persoas que hai que coidar e querer moito, porque o merecen, claro, por iso pertencen á nosa familia que andamos na procura de contaxiarnos o mellor de cada nos. Os moitos lixos case sempre quedan compensados coa boa vontade e o cariño que nos temos. Iso dicía a tía cando nos contaba o do recibimento que lle fixeran os sobriños. Un dos días que viñan de pasear, a tía veu que nun

dos

portais

veciños

había

moita

xente.

Preguntoulle a Candelaria que estaría a pasar naquela casa, se habería unha desgraza por tantos como alí estaban. A súa afillada díxolle que non, que se trataba dunha xuntanza dos veciños do edificio para tratar os problemas ou as cousas que houbera que resolver na comunidade.

94


A tía non daba creto a aquilo, ¡xuntarse os veciños nun portal!, ¡como se non houbera casas dabondo para estar!. Andou a pensar o que lle gustaría facer nun caso así, e cando o porteiro trouxo un papel anunciando que o próximo martes ía ser a xuntanza dos veciños ás oito da tarde, decidiu que chegara o momento de cumprir o seu desexo. Pode que fora unha transgresión das normas establecidas pero aínda así, pensaba levalo a cabo. Como naquela zona vira varias tendas onde poder mercar o que precisaba, dixo na casa que ía dar un pequeno paseo e que voltaba de camiño. Candelaria tiña medo que se perdera, así que lle dixo que levara o teléfono móbil para se poder comunicar en caso necesario. Cando volveu gardou toda a compra

no seu

cuarto e logo revisou a despensa da cociña, todo o que precisaba estaba alí. Ese martes a súa sobriña, acompañada do seu home,

tiña que ir ó xinecólogo. Íanlle facer unha

ecografía para ver se o neno estaba na postura

95


adecuada para que non houbera dificultades no parto, así que chegarían co tempo xusto para a xuntanza veciñal. Como tiñan que estar toda a tarde fora, dixéronlle que non se preocupara que xa a chamarían por teléfono, ou se cadra prefería ir con eles. A tía dixo que quedaba encantada na casa, ademais ata media tarde aínda estaba Carmen, a muller que lles axudaba nas tarefas domésticas. Cando se foron meteuse na cociña e preparou dous biscoitos, un de nata, na aldea dicíaselle “bica”,e outro de mazá. Gastou case todos os ovos que había, ¡esperaba que non quixeran cear tortilla!. Despois encheu dous termos un con café e o outro con té. Foi ó seu cuarto e colleu os pocillos e os pratiños, lavounos ben e xunto coas culleres e unhas servilletas, meteu todo nunha bolsa. Despois nunha cesta grande puxo os biscoitos e cando estaba nesa faena soou o teléfono. Eran os sobriños para ver como estaba, dicían que xa non podían subir porque empezaba a reunión.

96


Moi ben, pensou a tía pois dentro de media hora baixo eu tamén. Así que cando aquela xuntanza estaba no momento de tratar algo que afectaba a toda a comunidade, abriuse a porta do ascensor e del saíu unha señora gorda de certa idade, cunha cesta na man e na outra unha bolsa bastante avultada. Puxo todo no chan e presentouse:

Imaxe obtida de:(https//br.123rf.com), e( https//www.amazón.es)

“Boas tardes, chámome Sebastiana, na aldea onde vivo todos me din tía Sebastiana e aínda que

97


algún non son sobriños meus danme esa categoría familiar que a min séntame moi ben. Xa sei que vostedes estarán tratando asuntos de importancia e que neste intre pódenme ver como unha intrusa, pero esa non é a miña intención. Tamén me dou de conta que vostedes son persoas moito mais preparadas do que son eu, non cabe a menor dúbida, pero aínda así o meu desexo é achegar algo do que eu teño, ese cachiño de tempo para darlle un pouco de calor a unha xuntanza de persoas que vivindo tan cerca unhas de outras, que no caso de precisar axuda chegaría antes calquera veciño que un familiar, precisan para se xuntar o portal do edificio”. Coa mesma dixo que fixera uns doces para que a conversa do que estaban a tratar fóralles mais doada e así atoparan as solucións adecuadas. Ata aquel momento ninguén dixera nada, todos quedaran moi asombrados da aparición daquela muller que semellaba unha fada pola súa actitude, atrevida e tenra ó mesmo tempo, aínda que debía

98


ser a fada mais gorda de todas, sempre elas representadas tan etéreas. Como

ninguén

dicía

palabra,

seguiu

co

pequeno discurso que levaba preparado: “Entendo que coa vida de cidade moito mais axitada que a do campo, ándase mais a correr, as relación persoais son menos cálidas e mais tecnolóxicas a través de móbiles, correos…, e as cousas que a todos nos parecen importantes porque o son, van quedando relegadas para mais adiante” Un dos señores ergueuse da escaleira onde estaba sentado e dixo que nunca vivira unha situación como aquela, tan entrañable e con tanta humildade como a que acababa de pasar, deulle as grazas á tía dicíndolle que se houbera máis persoas como ela, o mundo sería mellor. Os sobriños da tía, que quedaran mudos coa súa aparición e que non quixeron intervir en ningún momento,

déronlle

unha

forte

aperta

moi

emocionados e coa mesma presentárona a toda a comunidade. Todo o mundo lle agradeceu aquel xesto cun forte aplauso e un abrazo agarimoso que

99


lle deu en nome de todos os presentes o que representaba aquel grupo. Coa

mesma

foise

por

onde

viñera,

despedíndose cun sorriso. Xa na casa, pensaba na cara que puxeran moitos dos que alí estaban, uns de asombro outros de incredulidade, nalgúns había certo cabreo, (debían ser os que tiñan máis presa) e noutros un sorriso. A ela non lle importaba, ríase por dentro. Naquel atrevemento era como se sementara un grao pequeniño de solidariedade.

Imaxe obtida de(:coordinadoralareina.blogspot.com)

Contábanos Candelaria o discurso da tía, dito nun castelán pobre do que ela mesma se desculpou. 100


A cuestión foi que a xente o resto do tempo parecía mais relaxada, sorría mais e non chegaron a grandes

discusións

como

outras

veces

para

conseguir poñerse de acordo no que se estaba a tratar. Ó mellor era certo que a tía Sebastiana era un pouco fada ou un pouco meiga, pero o seu feitizo ese día deu resultado. A partires de entón cando se atopaban con ela no portal ou no ascensor, sempre a saudaban cun “bos

días

tía

Sebastiana”,

“boas

tardes

tía

Sebastiana” e parábanse a parolar un pouco. “Cando iamos ó mercado ou a calquera tenda ou cafetería do barrio, xa case saudaba a máis xente do que o facía eu”, contábanos Candelaria,

non

sabía como se chamaban nin en que piso vivían, pero sabía que era un veciño ou veciña da escaleira e iso xa era dabondo.

101

A VIAXE DA TÍA A MADRID  

A tía Sebastiana viaxa a Madrid para acompañar á súa afillada cando naza o bebé que toda a familia aarda con ledicia

A VIAXE DA TÍA A MADRID  

A tía Sebastiana viaxa a Madrid para acompañar á súa afillada cando naza o bebé que toda a familia aarda con ledicia

Advertisement