Issuu on Google+

NOTA DE PRENSA Verín, 24 de xullo de 2012

O Verín Club de Fútbol invita a nenos e maiores a participar na presentación das últimas fichaxes e do seu novo entrenador Este xoves, día 26 ás 20:00 terá lugar no estadio José Arjiz de Verín a presentación das últimas incorporacións ao Verín CF. Esta actividade está especialmente pensada para os máis pequenos: repartiranse regalos relacionados co clube e os asistentes terán a oportunidade de poder falar uns minutos tanto cos novos xogadores como co novo técnico. Ademais, entre os maiores que asistan con algún neno e que non foran socios previamente do Verín CF, sortearase un carnet familiar que permite a entrada ao estadio de dúas persoas da mesma familia. Con esta actividade de presentación búscase que a xuventude da comarca se sinta máis unida ao seu equipo, podendo apoiar a nova etapa do Verín CF dende o primeiro día.

Aposta polos que crean empleo, ofrecendo carnets gratis aos emprendedores A nova xunta directiva do Verín C.F. -tomou posesión a finais de xuño- é moi consciente da delicada situación económica que se vive na bisbarra, polo que decidiu ofrecer importantes descontos a todos os socios, ben sexan renovacións ou novas altas. O motivo é evitar que posibles problemas financieros nas familias e nas empresas impidan poder disfrutar do equipo de referencia da súa tierra. En primeiro lugar decidiuse apoiar a aqueles que se animaron recentemente a crear a súa propia empresa, xa que ademais do seu propio posto de traballo, tamén son posibles xeradores de emprego para outros veciños, algo moi necesario nunha comarca cun altísimo índice de desemprego, sobre todo entre a mocidade. Para apoiar a estos emprendedores e animar a outros a que den o paso, o club regalará carnets de socio a todos aqueles autónomos ou empresarios que iniciasen a súa actividade a partir de xuño de 2011.

VERÍN CF – Nota de Prensa

1  


Importantes descontos para todos os socios, sexan novas altas ou renovacións Pensando nos máis mozos que aínda non contan con ingresos pola súa conta, o Club crea un novo tipo de carnet para estudantes por 30€, un 62% menos do que lles custaba abonarse o ano pasado. As persoas xubiladas e outras que viven cunha pensión contarán cun descenso do 25% sobre o prezo do carnet individual do ano pasado: o novo carnet para pensionistas ten un custe de 60€. Pero os descontos se extenden a todos os tipos de abono, xa que o resto dos futuros socios disfrutarán esta tempada dun desconto de 10€ no custo de renovación ou alta dos abonos individuais e familiares, quedando os respectivos en 70 e 80€ para a tempada 2012-2013. Con todo, a gama de carnets queda da seguinte forma: Tipo de carnet

Quen pode facelo

Custe 2012-2013

Carnet de emprendedor

Autónomos e empresarios dados de alta despois de xuño de 2011

Gratis

Carnet de estudante

Alumnos de formación oficial na actualidade

30€

Carnet de pensionista

Pensionistas na actualidade

60€

Carnet individual

Calquera

70€

Carnet familiar

Calquera

80€

Fraccionar o pago: outra facilidade máis para os socios Para facilitar os pagos das distintas cotas de socio a aquelas familias e entidades con menos recursos, permítese a posibilidade de fraccionar o desembolso en dúas entregas semestrales: a primeira ao recoller o carnet e a segunda no mes de Nadal.

VERÍN CF – Nota de Prensa

2  


O Verín CF adaptase ás novas tecnoloxías: altas e renovacións de carnets por internet Aquelas persoas que desexen ser socios do Verín CF nesta tempada poderán renovar ou seus abonos ou tramitar a súas inscripcións a través da Internet, ben accedendo dende a páxina web do club (www.verincf.es), ben a través do Facebook oficial (www.facebook.com/verincf) ou incluso directamente empregando a seguinte ligazón directa: http://www.verincf.es/altasocio.html Aqueles que prefiran medios mais tradicionais poden visitar ou chamar por teléfono (988 41 22 66) á oficina do club os luns, mércores e venres laborais en horario de 18:00 a 20:30. No caso de non poder contactar nese horario, tamén existe a opción escribir un correo electrónico a club@verincf.es indicando cándo e cómo quere que se poñan en contacto con el dende o club.

Obxectivo: incrementar a base social do clube e formentar os valores do deporte de equipo entre a mocidade Con todas estas medidas búscase facilitar que moitos máis veciños podan seguir ao seu equipo, sen que a actual situación económica supoña un impedimento. A meta é intentar incrementar a masa social que apoia aos equipos do clube, sobre todo apostando por ser unha alternativa de ocio saudable para a mocidade, promovendo entre a xunventude os valores do deporte de equipo.

Verín CF comunicacion@verincf.es 988 41 22 66 (luns, mércores e venres laborais de 18:00h a 20:30h)    

VERÍN CF – Nota de Prensa

3  


Nota de prensa - 24-07-2012 - Verín CF