__MAIN_TEXT__
feature-image

Page 1

ano 3


© da edición VEGALSA-EROSKI Primeira edición: abril 2018 Idea orixinal: Molotov Cóctel Creativo para VEGALSA-EROSKI Edita: Molotov Cóctel Creativo SLU. www.molotov.es Fotografía: Vegalsa - Eroski Deseño editorial e maquetación: Molotov Cóctel Creativo Queda estritamente prohibida, sen autorización por escrito do editor, calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra. Todos os dereitos reservados.


unha ĂĄrbore, unha historia _ano 3

CEIP Alexandre RodrĂ­guez Cadarso

Organiza:

Colabora:


índice Saúda Joaquín González Iglesias. Director Xeral de Vegalsa-Eroski...............................................................................................9 Saúda José Santiago Freire Abeijón. Alcalde do Concello de Noia................................................................................................... 11 Prólogo Gabriela González Márquez Directora de Comunicación, RSE e Área de Clientes de Vegalsa-Eroski............................ 13 Relatos gañadores Camping misterioso. Flavia M. Suárez ..................................................................... 19 A vida de Xoana. Sara Queiro................................................................................... 23 A casa da árbore. Uxía Mariño................................................................................. 27 Relatos seleccionados Unha árbore moi importante. Xabi Martínez .......................................................... 31 O renacer do meu parque. Gabriela Núñez ............................................................ 35 A avoa e a magnolia. Simón Canle........................................................................... 37 O pino Mansiño. Alejandra Rodríguez .................................................................... 39 O neno e a árbore. Daniel Piñeiro ........................................................................... 41 Pinky e a árbore. Mariña Maneiro............................................................................ 45 O arboriño. María García.......................................................................................... 47 Argallando un plan. Leo López................................................................................. 49 Unha idea marabillosa. Lucía Mareque .................................................................. 51 Respecto ao medio ambiente. Joaquín Castro......................................................... 53 O prado das árbores. Joaquín Castro ...................................................................... 55 Trapacia. Clara González ......................................................................................... 59 O bosque das árbores máxicas. Ángela Gómez ..................................................... 63 O belo xardín. Jesús Romero.................................................................................... 67 A importancia das árbores. Marta Iglesias.............................................................. 71 Árbore pariante. Xenxo Barreiro.............................................................................. 73 Os gnomos das árbores. Judith Quesada ................................................................ 75 Amor pola vida. Carlota Alcalde............................................................................... 79 Arquivo fotográfico.................................................................................................................. 84


saúda Joaquín González Iglesias Director Xeral de Vegalsa-Eroski

En Vegalsa-Eroski implicámonos no desenvolvemento de proxectos que nos diferencien como unha organización comprometida e sensibilizada co medio ambiente. “Unha árbore, unha historia” é un exemplo diso. É unha iniciativa de educación medioambiental que busca espertar conciencias vinculando coñecemento e actitude. Conciencias que guiarán os pasos da xeración do futuro, encargada de crear unha cultura sostible no tempo.

Deste xeito, queremos contribuír á educación dos máis novos cunha formación integral baseada en valores, do mesmo xeito que concibimos o noso modelo de negocio. Valores que se recollen no noso firme compromiso co coidado da natureza e a redución do impacto medioambiental. Unha aposta en firme que nos levou a perfeccionar o noso proceso de xestión e tratamento de residuos para lograr incrementar o número de quilos que reciclamos cada ano. Ademais, temos activo o programa de Residuo Cero grazas ao cal axudamos as familias galegas a través da doazón de alimentos.

Un compromiso que quixemos facer tamén extensible aos nosos consumidores, ofrecéndolles a oportunidade de reciclar a través dos puntos limpos que instalamos nos establecementos da nosa rede comercial e aos máis pequenos, poñendo en marcha a campaña “Devólvelle a cor á natureza”. Convencidos de que a boa xestión dos recursos naturais repercute nun modelo frutífero de desenvolvemento económico e social, seguiremos traballando nesta liña, en colaboración cos nosos clientes, apostando pola sostibilidade en toda a nosa cadea de valor, a reciclaxe e o coidado do planeta. Porque a responsabilidade é nosa.


saúda José Santiago Freire Abeijón Alcalde do Concello de Noia

É un orgullo para o Concello de Noia apoiar as iniciativas das empresas que operan na nosa contorna. Sumando forzas podemos contribuír de maneira activa a impulsar o coidado da nosa bisbarra.

Porque é a suma de todas as accións as que logran xerar un impacto positivo na nosa contorna máis próxima e, por extensión, no planeta. E o concurso “Unha árbore, unha historia” de Vegalsa-Eroski é boa testemuña diso.

Así o entendemos dende o equipo de goberno e así o respaldamos, xa que esta iniciativa representa dous valores clave para o noso Concello: medio ambiente e cultura, piares que consideramos esenciais para que a vila avance. Xuntos asumimos o compromiso de fomentar unha mirada ambiental para que os nosos veciños e veciñas poidan camiñar cara modelos de vida sostibles que comezamos a construir dende a nosa mocidade.


prólogo Gabriela González Márquez Directora de Comunicación, RSE e Área de Clientes de Vegalsa-Eroski

Nestas páxinas poderás mergullarte nos relatos da terceira edición do noso concurso literario, un paseo entre historias de árbores e medio natural, e así sumarte á construción dunha contorna máis sustentable e saudable.

A través de “Unha árbore, unha historia, ano 3”, queremos seguir fomentando a sensibilización sobre o medio natural entre vós, os máis pequenos, dándolle visibilidade ó noso sentimento ambiental a través deste libro dixital no que recollemos os vosos mellores relatos.

As aventuras dos protagonistas destas historias son sen dúbida o mellor aliado para crear conciencia medioambiental. Por iso, neste libro cedémosvos a palabra para elaborar unha ferramenta de educación verde que quere velar por un futuro sostible.

Este é un proxecto común ao que te animamos a sumarte poñéndolle letra ao coidado da natureza.

“É o tempo que perdiches coa túa rosa o que fai á túa rosa tan importante”. O principiño


A festa da Plantaciรณn


_relatos


Camping misterioso Flavia M. Suárez Terceiro curso de Educación Primaria

Había unha vez tres nenas que foron cos seus pais a un camping. O camping estaba en Cabeiro, ao carón dun gran bosque e era moi misterioso. As nenas, Sara, Tatiana e Emma eran as mellores amigas do mundo enteiro. Sempre ían unhas a casa das outras e sempre estaban xuntas. Xa chegaran ao camping e Tatiana tiña moita curiosidade por descubrir o bosque enteiro. Pero Emma tiña medo e non quería ir ao bosque. Cando se fixo de noite, Tatiana espertou ás súas amigas e foron ao bosque. Cando chegaron estaba moi escuro, pero elas seguiron camiñando coma se nada, ata que de repente escoitaron algo que falaba: –Aquí, olaaa, olaaaa - dixo unha árbore. As tres amigas deron un salto asustadas e déronse conta de que o que falaba era unha árbore. Achegáronse á árbore e dixeron: –Quen es?- dixo Tatiana. –Son unha árbore, ou non me vedes? –dixo a árbore. –Pero… como falas se es unha árbore? –dixo Sara. –Porque eu antes era unha persoa –dixo a árbore. –Entón que che pasou? –dixo Emma. –Pois mira… unha bruxa chamada Bruxa Lambona, que era moi mala, quixo transformarme

19


nunha árbore, pero hai unha cura para que volva a ser unha persoa. Necesito a bágoa dunha persoa que sexa amable, valente, sincera e, por agora, todos os que quixeron axudarme non o conseguiron, pero creo que unha de vós é a escollida –dixo a árbore. De repente, escoitouse un ruído enorme: era un can de cinco cabezas. Todas estaban tremendo de medo. O can lanzouse enriba de Emma para atacala e esta, morrendo de medo, pediu axuda, pero ningunha delas a axudou e Tatiana e Sara escaparon correndo, deixando a súa amiga soa. Emma, despois de ser atacada polo can, transformouse en árbore, xa que o can era a bruxa transformada. Pasaron moitos anos e Emma seguía esperando a ver se alguén no mundo ía ao bosque e rompía o seu feitizo. Pero ninguén ía alí, ata que un día unha nena chamada Lúa foi ao bosque de noite. Alí atopouse a árbore que era Emma e, despois de moito falar con ela e de escoitar a súa historia, a nena púxose moi triste por Emma e unha pequena bágoa caeu pola súa meixela, ata que chegou ás polas da árbore, rompendo así o feitizo. Emma, moi agradecida, deulle un gran abrazo, e Lúa rompeu a chorar. Ante esta situación, estrañada, preguntoulle por que choraba e ela díxolle que choraba porque era orfa e levaba moito sen sentir o abrazo de alguén. Emma, ao escoitar esas palabras, emocionouse moito e decidiu adoptar a Lúa. Despois de recuperarse do feitizo, comezou a investigar sobre as árbores e decidiu converterse en axente forestal, realizando discursos polos colexios sobre a importancia das árbores e sobre que había que coidalas moito, porque elas regalábannos o osíxeno para respirar e nos deberíamos devolverlles o favor coidándoas moito.

20


21


A vida de Xoana Sara Queiro Abelleira Quinto curso de Educación Primaria

Un día calquera, coma hoxe, unha árbore chamada Xoana estaba no medio dunha leira moi triste. As súas follas estaban tan secas que non se sabía que árbore era. Fora un ano moi seco e o seu dono non a regaba nadiña de nada. Un día, Ana, a filla do dono da árbore, foi dar un paseo e viu que Xoana estaba coa cabeza cara abaixo. –Que che pasa? Por que estás tan triste? –preguntoulle Ana. –E que me vai pasar? Estoume secando. Este ano non caeu gota e teu pai non me rega. Estou morrendo. –Eu pódoche axudar! Vou correndo á casa e tráioche auga, que che parece? –Farías iso por min? –preguntou Xoana sorprendida. –Pois claro, veño de seguido –contestoulle Ana. E alá foi a meniña a todo correr á casa. Primeiro díxollo ao seu pai a ver se a axudaba, pero el estaba tan ocupado dándolle de comer ás vacas que non lle fixo caso. Así que colleu a súa bici e cargou a cesta con tres botellas de auga, para voltar de novo á leira e regar á súa nova amiga. –Aaaaai! Graciñas- dixo Xoana. Como te chamas? –Son Ana, e ti? –Eu son Xoana.

23


–E… que árbore es?- preguntou Ana. Estás tan seca que non sei que eres. –Son unha maceira, unha preciosa maceira, e cando me recupere darei unas grandes e vermellas mazás moi saborosas. –Non te preocupes. Eu axudareiche a que te recuperes. –Canto teñen que aprender os maiores de ti, miña amiga! Fíxose tarde e Ana tivo que voltar para casa, pero cumpriu coa súa promesa: tódolos días á mesma hora ía coa súa bici rosa a regar a Xoana. Falaban e rían moito e así foi pasando o tempo ata que chegou xullo. Xoana convertérase nunha preciosa maceira verde coas súas mazás vermellas. Que bonita era! Pero unha noite Ana espertou cos berros dos seus pais e ergueuse a correr. –Que pasa mamá? –preguntou Ana asustada. –Corre Ana, corre. Está ardendo. Un tolo prendeu o lume no monte e ven cara aquí. Estase queimando todo. Temos que fuxir á casa dos avós! Ana pensou en Xoana. Mirou a través da fiestra e non a vía co fume que había. Tiveron que fuxir da casa e non voltaron ata dous días despois. Ana non sabía nada da súa amiga e foi correndo xunto dela: xa non tiña mazás e as súas follas estaban queimadas. Xa nin lle falaba. Ana chorou moito, pero os seus pais animárona e axudáronlle a regar a Xoana, que pouco a pouco foi recuperándose e ao ano seguinte voltaba a presumir de mazás vermellas e saborosas.

24


25


26


A casa da árbore Uxía Mariño Blanco Sexto curso de Educación Primaria

Chámome Manola. Teño 59 anos e vivo nun pobo chamado Serra de Outes que está situado en Galicia. Vivo coa miña mellor amiga dende fai 48 anos, Flora. Flora está sempre no mesmo sitio, non me da moita conversa pero faime moi feliz. Xa sabedes de quen estou a falar? Si, é unha árbore que plantamos unha amiga e eu cando eramos pequenas. Desde moi nenas vímola crecer, coidamos dela e ela (aínda que non o creades) tamén de nós. Sempre me gustou moito a natureza. A amiga da que vos estou a falar chámase Carmen. Ela e mais eu tiñamos en común moitas cousas pero, sobre todo, que nos encantaba a natureza. Sempre éramos voluntarias para os grupos de limpeza e coidado das nosas zonas verdes. Ver o día a día das árbores que alí había era a nosa paixón, observar as diferentes etapas polas que pasaban, como lles afectaban as estacións… Cando tiñamos 16 anos a Carmen ocorréuselle facer unha casa nunha árbore, pero non nunha árbore calquera, senón na nosa árbore favorita, Flora. Eu estaba de acordo, facíame moita ilusión. Empezamos a construír, pero pouco despois Carmen tivo que marchar para Suíza porque seus pais encontraran traballo alá. Eu púxenme moi triste. Era a miña mellor amiga e non quería que marchara. No principio non me apetecía seguir ca nosa casa da árbore. Total, ía estar eu sola… Carmen xa non estaba. Un día notei que a Flora lle caían as follas, non entendía o porqué, pois o outono aínda non chegara. Lembrei que nunha das charlas ás que fora alguén me dixera que unha árbore pode notar o estado de ánimo das persoas, e veume á cabeza que Flora estaba preocupada por min. Isto non podía seguir así! Decidín seguir coa nosa casa e Flora empezou a recuperar as súas follas e eu… a recuperar o meu sorriso. Grazas á axuda do meu amigo Hugo, que era un manitas, acabei a casa e din por cumprido o soño que Carmen e mais eu tiñamos dende pequenas… a nosa casa da árbore!

27


Ao cabo duns meses, Carmen veu de vacacións. En canto chegou, veunos visitar a Flora e a min. Encantoulle a casa e pasamos case todos os días das vacacións alí ca nosa querida árbore. Pero as vacacións logo terminaron e Carmen tivo que volver a marchar. Antes de marchar, fixemos a promesa de que toda a nosa vida reservaríamos unha semana ao ano para pasar xuntas tempo con Flora. Plantámola, vímola crecer e, xunto a ela, pasamos moi bos momentos que nunca deberíamos perder. Hoxe en día seguimos cumprindo esa promesa, sempre temos esa semana reservada. As dúas pertencemos a unha asociación que se dedica ao coidado do medio ambiente e sentímonos moi orgullosas. Flora está estupenda e é unha das árbores mais bonitas da redonda. Sempre debemos recordar que as árbores nos dan vida, así que nós non lla debemos quitar. Coidemos entre todos a natureza. Ela agradeceránolo.

28


29


30


Unha árbore moi importante Xabi Martínez Regueira Terceiro curso de Educación Primaria

Había unha vez unha árbore que sempre estaba moi soa e que case non tiña follas. Cada ano nacíanlle follas novas que logo dun tempo desaparecían. Cando as súas polas estaban cheas de follas era moi feliz. Un día veu un leñador coa súa machada e cortoulle todas as súas polas. Ao día seguinte, un neno que paseaba polo xardín daquela árbore dixo: –Dame moita pena esa árbore. Ese día o neno decidiu plantar unha árbore ao seu carón para que lle fixese compañía. Pouco a pouco, esa pequena semente creceu e creceu e foron moi amigos. Despois, aquel leñador pasou de novo polo xardín e dixo: –Eh… Que fai esa árbore aí! E dixo o neno que por casualidade daba unha volta a carón da súa árbore: –Planteina eu señor. –Por qué non che gustan as árbores? O leñador contestou: –Porque as árbores son moi pesadas. Hai que botarlle auga, e iso costa moito. E o neno respondeu: –Non, non! Non llas cortes! Se o fas estarán moi tristes, morrerán e nunca voltarán a ter follas.

31


–Dame igual. O mellor será que lle corte ata o tronco. –Jobe, a ti gustaríache que che cortaran o pescozo? –Non, a min non me gustaría. –Pois entón, déixaos en paz! –Vale, vale… Xa os deixo en paz. Penso que tes razón. Xa sabedes, a coidar as árbores porque grazas a elas temos osíxeno.

32


33


O renacer do meu parque Gabriela Núñez Trigo Terceiro curso de Educación Primaria

–Que calor fai hoxe! Menos mal que quedamos en ir ao parque... –Mamá, baixo ao parque –isto díxeno eu que son Gabriela, a protagonista desta historia que vai dar comezo. Cando chegamos ao parque isto foi o que pasou: –Pero que pasou aquí? Non queda nada –dixo Enxa. –Todo está tallado –dixo Flavia sorprendida. –Agora quen nos dará sombra? –dixo Mariña. Non sabíamos quen fora nin cando fora, pero arranxaríamolo. Tiñámolo moi claro. Cando xa íamos perder a esperanza de recuperar o parque, María atopou algúns froitos. Decidimos recollelos e sacarlles as sementes para poder plantar novas árbores. Dous anos máis tarde, o parque volveu á vida e, moi ledas, decidimos colgar un cartel que poñía: “Prohibido tallar árbores” e, deste xeito, ninguén podería volver danar o parque. A IMPORTANCIA DAS ÁRBORES As árbores dan osíxeno e dan de comer aos animais. Sen eles no teríamos papel nin leña coa que quentarnos nos invernos fríos, nin os ricos froitos que tomamos todos os días. Tamén son as casas dalgúns animais, como por exemplo: os esquíos, os paxaros e os insectos.

35


A avoa e a magnolia Simón Canle Insua Tercer curso de Educación Primaria

Na miña horta temos unha magnolia. Eu dende pequeno sempre escoitei falar dela e non ben precisamente, xa que lle estorbaba a moita xente. Meu avó pensa que é demasiado grande e que está en mal sitio; a nosa veciña Carme di que lle entran as pólas na súa horta por enriba da parede; a miña nai gústalle cando florece porque está moi fermoso, pero cando lle caen as follas ao chan, dalle moito traballo apañalas e, para rematar, tamén lle estorba ó tío Xosé. Este di que ten tantas follas que non lle deixan pasar a luz pola fiestra, xa que ten a casa pegada. Malia todos estes contras, miña avoa sempre foi unha gran defensora da magnolia, dicíndolle a todo o mundo que a árbore está plantada na súa horta e que ao que non lle guste que olle para outro lado. Tamén poder ser que a defenda porque a plantou ela coa miña nai fai doce anos, cando miña avoa aínda se podía ocupar do seu coidado. Eu penso que deben de ter envexa do fermosa que é. No outono, cando se ven tódalas árbores núas e marróns, a nosa magnolia parece que alguén a engalanase con flores de tulipán de cor púrpura, dende a póla máis fina ata chegar ó bico e arriba de todo. Cómpre dicir que a nosa magnolia florece dúas veces ao ano: unha con flor e folla e outra no outono, na que o seu tronco e pólas están espidas e só ten como vestimenta os seus fermosos tulipáns de cor púrpura por toda a árbore. Ás veces, as cousas parece que acontecen por algo. Fai anos, todos querían cortar a magnolia e miña avoa non o permitiu e agora que ela está enferma, con só mirala dende a fiestra, xa se lle alegra o día. Eu estou agardando a que deixe de chover para poder levar a miña avoa á horta e poñela ao carón da árbore, chea de tulipáns de cor púrpura, e me volva contar esta historia… a historia da avoa que lle deu vida a árbore e a árbore que lle da vida a avoa.

37


O pino Mansiño Alejandra Rodríguez Terceiro curso de Educación Primaria

Había una vez un pino que perdeu a toda a súa familia nun incendio de verán. Un día o pino veu chegar a moita xente e asustouse un pouco, xa que se parecía moito á xente que lle fixera tanto dano a súa familia, pero pronto se deu conta de que estes eran diferentes, e o que estaban a facer estes humanos era darlles unha familia nova. O pino Mansiño púxose tan feliz que comezou a balancearse ó son do vento, para así esparcir as sementes das súas ramas e axudar a estas persoas tan agarimosas que lle estaban a dar unha nova familia. Deste xeito, nunca máis se sentiría tan so, e así deuse conta de que non todos os humanos son malos e que son moitos máis os que os queren ben e poucos aqueles que propagan o mal. Xurou e prometeu que cada vez que un humano decidira recostarse baixo el, tentaría darlle a mellor sombra xunto dunha brisa agradable en modo de agradecemento pola súa nova familia.

39


40


O neno e a árbore Daniel Piñeiro Pombo Terceiro curso de Educación Primaria

Había unha vez unha árbore moi pequena e solitaria que vivía en Noia. Chamábase Golfo. Un día viñeron uns leñadores que ían tallar a Golfo, pero apareceu un neno e lles dixo: –Un día imos quedar sen osíxeno se seguides así. Así que os leñadores marcharon. O neno sorriulle, fíxose amigo da árbore e esta preguntoulle: –Como chamarte? O neno respostou: –Chámome Alex, e ti? A árbore dixo: –Chamarme Golfo. Ao día seguinte, Alex descubriu que Golfo podía camiñar, así que o levou ao parque a xogar. Alí atoparon a Marcos un neno abusón, gordo e feo. Marcos díxolle a Alex: –Que miras, anano? E cando Golfo escoitou iso, colleu a Marcos no aire e díxolle:

41


–Se ti volver insultar Alex, lamentaralo moito. Marcos marchou co rabo entre as pernas. Despois de todo o barullo, Golfo díxolle a Alex: –Ti querer axudarme? Alex dixo: –Claro, pero en que? –Atopar miña familia. Despois foron ata o bosque. Alí había dous carteis que indicaban distintas opcións e direccións. Os que dirixían cara a dereita poñían: “Morte segura”. Os que apuntaban cara a esquerda, poñían: “Terás un amigo”. Así que foron pola esquerda. Ao acabar o camiño atopáronse con Felino, un gato que tiña unha espada. Felino dirixiunos a unha montaña. Golfo viu á súa familia no alto e non puido evitar saír correndo. Alex despediuse chorando: –Espero que o pases ben! Alex marchaba con Felino, pero como desde tan lonxe non sabía voltar á súa casa, a familia de Golfo decidiu agradecerlle que o axudara e todos acompañaron a Alex e Felino unha derradeira vez. Desfixeron o camiño de ida ata o parque onde Alex coñecera a Golfo. Alí botaron as súas raíces converténdose nun precioso grupo de árbores dentro do bosque. Colorín colorado, este conto xa se acabou. E lembrade que as árbores danos osíxeno, comida, madeira, papel… polo que debemos respectalas e coidalas.

42


43


Pinky e a árbore Mariña Maneiro Rodríguez Terceiro curso de Educación Primaria

Érase unha vez un unicornio chamado Pinky que ía morrer sen osíxeno. Pinky atopou unha árbore que lle deu osíxeno e de comer, pero esa árbore tiña 158 anos. Entón un señor dixo: –Hai que cortar esta árbore, xa está vella. Pinky, ao escoitar esa desgracia, saltou dunha das ramas da vella árbore e berrou tanto que espantou a aquel home. Puxéronse moi contentos e Pinky e a árbore gritaron de felicidade. –Yupi!–gritaron Pinky e a árbore. Pinky preguntoulle a árbore: –Falas? –Si, e ti tamén? –respondeu a vella árbore. –Claro –dixo Pinky. Xa pasaran dúas horas cando viron que aquel home ao que asustaran volvía cun machado ao lombo: –O home do machado! –gritaron Pinky e a vella árbore moi asustados. Aquel home volvera con cara de poucos amigos, cun machado ben afiado. Todas as árbores e animais que escoitaron o berro de Pinky e da vella árbore acudiron ata eles para ver que pasaba. Cando chegaron, viron ao leñador e, ao decatarse de que tódolos animais e árbores miraban cara el, asustouse e decidiu fuxir a toda presa. O leñador nunca máis volveu aparecer por alí. As árbores son unha fonte de vida, non so para o ecosistema senón tamén para a supervivencia do ser humano e dos mundos animal e vexetal.

45


O arboriño María García Romero Terceiro curso de Educación Primaria

Había unha vez unha nena que tiña unha árbore moi pequeniña nunha maceta, e ela sempre estaba decorando o seu arboriño. Co tempo, a nena veu que o seu arboriño estaba medrando moito. Cada vez medraba máis e máis, tanto que houbo que plantalo na horta. A nena púxose un pouco triste, porque quería telo na maceta ao corazón, pero cando descubriu que podía velo pola ventá dende o seu cuarto sentiuse moi contenta. A nena sempre estaba coidando o seu arboriño pero nunca se cansaba de el e xogaba e xogaba con el. Cando viñan os amigos da nena que, por certo, chamábase Laura, o que máis lle gustaba era xogar as agochadas na horta. Laura sempre se escondía detrás do tronco da árbore. Traíalle moita sorte ese escondite e os seus amigos lle preguntaban onde se agochaba, pero non llo dicía para esconderse sempre nese sitio. Á árbore gustáballe a primavera, porque lle saían as flores e eran de moitas cores. Laura presumía da súa árbore e dicía que ela tiña a árbore máis bonita do lugar. Laura revisaba todos os días a súa árbore, porque ás veces se lle caen os pétalos das flores e se lle ocorre unha estupidez, que é pegarlle de novo os pétalos con pegamento. Os demais nenos pensaban: –Que árbore tan bonita ten a nosa amiga Laura! Todos os amigos de Laura desexaban ter unha árbore coma esa. Laura sentía pouco de pena porque tiña unha árbore moi bonita e os seus amigos non. E ela, en vez de estar presumindo, pensaba que podía facer. Como tiña moi bo corazón, decidiu compartir a súa fermosa árbore con todos e se lle ocorreu unha idea xenial: poñer a súa árbore na alameda do seu pobo para que todo o mundo a puidera ver. Colocaron a árbore no mellor sitio da alameda e, como Laura foi tan amable, puxéronlle o seu nome.

47


Argallando un plan Leo López Collazo Terceiro curso de Educación Primaria

Había unha vez un neno chamado Paulo que desfrutaba coidando o medio ambiente. Botaba as botellas ao cubo verde de reciclaxe, aforraba moito papel, non botaba lixo ao mar e coidaba moito as plantas e as árbores, pero sentíase triste porque vía a moitos nenos, nenas e adultos que non facían o mesmo que el e non respectaban a natureza. Paulo quería que a xente reciclase máis! Unha noite na cama, non podía descansar porque estaba pensando nun plan para que a xente coidara mais a natureza. Ao día seguinte, foi ao parque e púxose mans a obra: colocou carteis con caras tristes nas árbores. Chamou a moita xente para que fosen a velos. Pouco a pouco o parque foise enchendo de xente e preguntáronlle a Paulo porque había carteis nas árbores. Paulo explicoulles que as árbores estaban tristes porque moi pouca xente coidaba o medio ambiente e que o osíxeno que respiraban cada vez contaminábase máis e máis. Así que as árbores sentíanse enfermas e cansas e os carteis representaban o seu estado de ánimo. Toda a xente do parque quedou calada e pensativa e marcharon de alí co propósito de coidar máis a natureza. Cando Paulo chegou a súa casa, meteuse na cama e pensou: –Non sei se conseguirei algo con isto pero síntome satisfeito. Oxalá todas as persoas fixeran un plan como este!

49


Unha idea marabillosa Lucía Mareque Arestiño Quinto curso de Educación Primaria

Isto ocorreu fai moito tempo nun pobo tan triste que ninguén quería saber o seu nome, nin lles importaba. Todos os días eran grises naquel pobo e ninguén estaba contento, a excepción dunha nena chamada Lucía. Ela quería cambiar o seu pobo. Estivo matinando e dándolle voltas a cabeza un día tras outro, ata que se lle ocorreu. E así foi: esa mesma tarde foi á praza, na metade do seu pobo, plantou unha árbore moi bonita e todos comezaron a rir e a alegrarse. Os días volvéronse soleados e sobraba alegría polas rúas. A xente xa non respiraba o fume do tubo de escape do coche e empezaron a ter unha vida máis saudable. Así durante anos. Un día, a árbore morreu, o pobo perdeu a súa risa, a súa alegría, e nubes cubriron aquel soleado ceo. Esvaeuse toda aquela vitalidade. Uns comezaron a tusir, moitos enfermaron e Lucía descubriu que unha árbore, só unha árbore, pode cambiar as vidas. As árbores axúdannos en moitas cousas: grazas a elas temos o papel que necesitamos nas nosas vidas, aínda que non debemos abusar, e o osíxeno que necesitamos para respirar. Non podemos vivir sen plantas na nosa vida diaria. Elas axúdannos, porque as maltratan?

51


Respecto ao medio ambiente Emma Moledo González Quinto curso de Educación Primaria

Fai uns mil cincocentos anos, nun campo con montóns de árbores, vivían moitas persoas que lles daban moi pouca importancia as cousas. Solo pensaban en eles mesmos. Un día, unha rapaza estaba xogando coa súa pelota e sempre andaba a tropezar cas árbores. Así que foi para a súa casa a xunto seus pais e díxolles: –Papá, mamá, eu non podo nin correr por culpa desas árbores que so molestan. E dixo o pai: –É que esas árbores so serven para molestar á xente. Un día destes xa non estarán, tranquila filla! E así foi. Un día o pai decidiu ir cortalos. Cando cortaba un, sentía que tiña menos respiración, pero cando cortou todos sentiu que non respiraba case nada. Pero non só era el, eran todos os que vivían alí. Rapidamente tiveron que ir todos ao hospital a respirar osíxeno. O pai fixera enfermar a todos e incluso matara a algunhas persoas. Toda a xente que se encontraba mais ou menos ben foi plantar árbores, para que cando a xente lle deran a alta xa tivera respiración. E cando todo volveu a normalidade, seu pai sentiuse moi mal polo mal que fixera e decidiu pedirlle perdón a toda a xente e facer unha horta de árbores con froitas na súa casa para que todos as puideran coller e comer, e a xente que no se podía mover levaríallo a casa. Ese era o seu novo traballo: axudar a xente e plantar árbores. Agora aprendeu a darlle importancia as cousas.

53


O prado das árbores Joaquín Castro Quinto curso de Educación Primaria

Había unha vez un neno chamado Raúl que vivía nun pobo de Carnota e sempre ía andando a un prado que tiña moitas árbores. A Raúl gustáballe moito porque pechaba os ollos e oía o piar dos paxariños. Tamén porque as árbores dábanlle sombra e algunhas ata tiñan froitos. Ao día seguinte volveu e había un home cortando as árbores. Raúl dixo: –Por que estás cortando as árbores? –Porque necesito madeira –contestou o home. –Pero non te das de conta do importantes que son as árbores! –exclamou Raúl. –Que van ser importantes as árbores!!! –exclamou o home. –Pois si. Son moi importantes porque nos dan osíxeno, froitos, sombra e serven de vivenda para os animais –contoulle Raúl. –Pois si. As árbores son moi importantes –razoou o home. Cando pasaron uns minutos o home parou de cortar, porque se dera conta do importantes que eran as árbores. El e máis Raúl sentaron debaixo dunha árbore, pecharon os ollos e oíron o piar dos paxariños. Ao cabo duns días Raúl e o home volveron e plantaron mais árbores. Estaban moi contentos porque lles gustaba moito ver aos animais comer os froitos das árbores.

55


Cando pasaron uns meses volveron e viron que xa creceran as árbores que plantaran e cada unha daba un froito diferente. Pero o froito que mais lles gustaba aos dous eran as laranxas, polo que decidiron facer unha caseta de madeira e en ela gardaban todos os froitos que recollían. Ao cabo dunhas semanas plantaron máis árbores. Esta vez eran limoeiros, pero estes tardaron máis en crecer. Estaban bastante ricos pero amargos. Na caseta tiñan as laranxas, os limóns e moitos froitos mais. Pero non só tiñan froitos: tamén tiñan botes con sementes de todo tipo de árbores E moitas botellas de auga para regar ben todas as árbores e plantas. A caseta tiña fiestras para que lle entrara luz ás plantas e no teito, había un niño de paxariños. Ao cabo dun tempo, chegaron ao prado e viron que había unha árbore no chan e déronse de conta de que tamén había un niño. Viron que o tronco da árbore tiña cortes dunha motoserra e Raúl e o home fustráronse. Entón o home dixo que coñecía un señor que cortaba as árbores dos prados. Foron a buscalo e, cando chegaron á casa do señor, dixéronlle que por favor parara de cortar as árbores e explicáronlle o importantes que eran para os seres vivos. Entón o señor díxolles: –Eu necesito a madeira para a cociña de leña, porque senón teño moito frío na casa. –Pero non tes que cortar todas as árbores –dixo Raúl. –Pero eu necesito a madeira –respondeu o señor. –Entón, facemos un trato: cada vez que cortes unha árbore terás que plantar unha nova. Aceptas? –propuxo Raúl. O señor pensouno uns minutos e acabou aceptando. Non cortou moitas máis árbores pero algunha si. O señor, antes de cortar a árbore, miraba se había algún niño de paxaros. E, se non había, cortaba a árbore pero logo plantaba outra. Raúl, o home e o señor atopáronse, foron ao prado e alí colleron da caseta unhas sementes, as regadoiras e as botellas de auga para plantar unhas árbores noutro prado, pero acabaron plantándoas por todos os prados.

56


57


Trapacia Clara González Quinto curso de Educación Primaria

Son Gala. Vivo en Galicia, nun pobo chamado Águia. Teño 12 anos e vivo ao lado dun bosque. Vouvos contar a historia da Trapacia. Un día estaba vendo o telexornal, cando oín: –Informámosvos dende China, Beijing, que no pobo de Águia hai unha árbore chamada Trapacia cuxo zume cura a enfermidade propidoides. Esta é unha enfermidade moi perigosa e rarísima. No 2000 ocorreulle a dúas persoas, pero daquela non descubriran a cura. Apareceu unha foto da árbore e eu a recoñecín en seguida. Puxen os zapatos e saín da casa cara ao bosque. Cando cheguei ao lado da Trapacia quedei tranquila porque non a ían cortar, por se alguén necesitaba o seu zume. Estiven unha hora pegada a Trapacia, debuxándoa e mirando o grande que é. Miña nai chamoume para ir a cear. Cando terminamos chegou o meu pai. A nosa vida era perfecta. Miña nai traballaba de arquitecta e o meu pai nunha tenda. –Gala, a durmir –dixo o meu pai. –Vou. Cando me deitei estaba asustada pola Trapacia, pero deseguido quedei durmida. Ao día seguinte ao volver do cole o meu pai deume unha mala noticia: –Gala, un multimillonario pediu tallar as árbores para facer un libro! –Iso é imposible! Non pode cortar as árbores para facer un libro!

59


Iso é imposible! Non pode cortar as árbores! Son necesarias por se alguén enferma. –Por desgraza, dixeron que era imposible que enfermara alguén. –Aínda podemos salvala? –Non, cortárona cando estabas na escola. Eu quedei triste. Ninguén sabe onde se atopa a semente así que non se pode plantar unha nova. Despois de cinco semanas, a sorte de que ninguén enfermase de propidoides foise da peor das maneiras. Ao chegar meu pai díxome: –Tes que quedar soa na casa. Teño que levar a mamá a urxencias. Mais tarde virá a avoa. –Que lle pasa? –contestei asustada. –Non sei, pero tranquila. Eu fun a miña habitación. Despois chegou a miña avoa. Baixei correndo a darlle un abrazo. –Tranquila, estará ben. Despois de chorar senteime no sofá coa avoa e meu pai chamou. Eu, preocupada quería saber que dicían. Pola súa cara parecía que non pintaba ben. –A túa nai ten propidoides. –Podo ir fora? –Si. Eu adentreime no bosque ata o sitio onde se atopaba o que quedaba da Trapacia. Experimentei para ver se podía plantar outra pero non atopei nada. Desesperada oín voces e ,secándome as bágoas, fun a ver o que era. Alí estaba o multimillonario cun grupo de leñadores e pregunteilles que facían aquí. –Non che interesa e, se non queres problemas, vaite. Eu fun a casa, xa que non podía facer nada contra eles. Pillei a avoa chorando sen parar. –Podo facer algo para salvar a mamá? –díxenlle secándome as bágoas. –Non, pero podemos ir a vela. A miña avoa colleu o coche e arrancamos cara urxencias. Ía tan triste que non podía fixarme na carreteira. Ao chegar entrei a sala. –Mamá, todo sairá ben.

60


A doutora falou con papá e avoa. –Gala non creemos que mamá se salve –dixéronme con moito tacto. –Non pode ser, quero a opinión doutra doutora –dixen desesperada. Dinlle un bico e comecei a asumir a situación. –Mamá sei que vai pasar, ti tamén o sabes. Quérote, non o esquezas. A miña avoa levoume para casa. Reflexionei: as árbores dan cousas que non valoramos. As historias non acaban sempre cun final feliz.

61


O bosque das árbores máxicas Ángela Gómez Quinto curso de Educación Primaria

Había unha vez… Non me gusta como queda. Hai uns anos… Tampouco me gusta moito. Hai un tempo, había un gran monte cun gran bosque. A miña nai explicoume a historia moitas veces: no Mercadona, na praza de Abastos, no Eroski... Explicoume esa historia do ano do catapún trinta e sete veces. Trinta e oito, se contamos a que está explicando agora e non atendo, porque estou intentando contala eu, para que se vos preguntan: “Coñeces a historia do bosque de árbores máxicas?”, poidades dicir que sí. Agora atendede, apagade os vosos móviles, cerrade sesión en Facebook, Instagram, Snapchat, ou o que sexa que teñades nesas caixas cotillas que queren saber todo sobre vos co correo electrónico ou as redes sociais, e gardade silencio que non quero oír nin as moscas. Hai uns oitocentos anos, creo eu, porque a miña tátara, tátara, tátara, tátara, puf, que mareo. Cantas levaba? Sete? Facervos unha idea. Fai uns oitocentos anos, había unhas colonias de… Tailandia? Xapón? Ou México? Non sei. Chegaron a Noia e plantaron unhas sementes no monte de San Lois. Pasaron trinta e oito anos cando eran unhas árbores descomunais, de vinte centímetros (estou sendo sarcástica, para os que creen que eran bonsáis, que non o eran). Pasaron setecentos sesenta e dous anos despois dos outros trinta e oito anos, e dicir, onte. Esas árbores (non son sarcástica) creceron de repente, como se tiveran un “raicidólogo”, en vez de podólogo, coma se lles fixeran cóxegas, esbirraran, e pof! Saíran disparadas para arriba. Literalmente! De tan raro que foi (máis raro que o que dixen do podólogo), querían tallalas. Eu non penso deixar que tallen as árbores da miña tátara… Sabedes que isto vai acabar como antes, verdade?

63


Algúns coches frearon de golpe e coméronse o air-bag con toda a cara. E o mellor de todo, estaba gravando as vistas do meu balcón e, como se ve o monte, aparecía como saíron as árbores e colgueino en todas as miñas redes sociais (incluíndo Lacebook, unha pésima imitación de Facebook so que con outras cousas) nas que teño setecentos mil seguidores. A ver, que sigo, e decidín chamalos “Azucarillos”. Chámoas así porque son moi brancas, doces e... moles! Despois foron uns animais ao monte, non sei se para papalas ou para vivir alí. Estou empezando a pensar que foron para o segundo, que se non xa no habería bosque. E tamén viñeron científicos (porque as árbores podían curar enfermidades que se investigaban), os militares, as forzas armadas de Estados Unidos, a ONG Paxariños de Galicia (para darlle fogar a todos os paxaros carpinteiros que quedaron sen un fogar por culpa das tallas), e incluso máis científicos (porque desprendían unha gran cantidade de osíxeno). Esas árbores tiñan o que todas as demais tiñan, só que ao grande. Literalmente! Avisade se digo moito literalmente. Ao final non lle pasou nada ao bosque. E non é porque xa cortaramos moitas árbores. É porque recapacitaron e agora xa non cortan a destro e sinistro. Elemental, querida xente descoñecida. As árbores son moi importantes. Esa é a historia.

64


65


66


O belo xardín Jesús Romero Hernández Quinto curso de Educación Primaria

Había unha vez un pobo chamado Deserto. Este pobo acollía a xente amargada, sen sentimentos, sen empatía. Non había árbores, nin plantas, o pobo era un deserto. Pero un día pasou algo que cambiou dunha maneira extraordinaria as súas vidas. Un día amargado coma outro calquera, viu de excursión un ecoloxista chamado Mateo. Era alto, rubio, e os seus ollos eran de cor azul. Mateo alucinaba, dicía: –Como poden vivir aquí? Non teñen natureza, nada de nada! Mateo estaba por irse. Non soportaba aquel lugar horroroso. Pero en vez de irse dixo: –Vou axudar a estas pobres persoas. Mateo, o primeiro que fixo, foi facer favores a outras persoas, como axudarlles a levantarse do chan, darlles cousas que se lles esquecera… para ver se deixaban de estar un pouco menos amargados, pero non funcionou. O segundo que fixo Mateo foi ensinarlles a bela natureza e aí si que deixaron de estar amargados, e ademais comprendían que o deserto non era bo para eles. E a xente dicía: –Guau! Encántame a natureza! –Xa non me gusta o desértico, é moi aburrido! –Oxalá viviramos nun entorno tan bonito como o que nos ensina o ecoloxista! –Nunca vin algo tan bonito! Mateo alegrouse moito porque á xente empezáballe a gustar a natureza, as árbores, o bosque... e ademáis xa deixaban de estar amargados. O que despois fixo Mateo foi facer unha campaña chamada “A gran plantación”, na que se plantaban árbores e todo tipo de plantas, dende as máis raras, ata as máis coñecidas. Mateo sabía de todas estas plantas raras porque el é un ecoloxista e os ecoloxistas deben de saber todas estas plantas.

67


Mateo alucinou porque absolutamente todo o pobo apuntouse á campaña. E entre o pobo e Mateo construíron unha bela contorna que xa non era un deserto, nin un pobo amargado e sen sentimentos, agora era un pobo con empatía, con sentimentos e cun un bonito xardín. Dende o día en que Mateo cambiou as súas vidas para ben, as persoas do pobo axudábanse, facíanse regalos, favores… E tamén, o pobo cambiou de nome e agora chámase O belo xardín.

68


69


70


A importancia das árbores Marta Iglesias León Sexto curso de Educación Primaria

Son Ana, teño sesenta e dous anos e vivo nun pequeno pobo costeiro de Galicia. A miña paixón é escribir. É algo que me gusta dende sempre, porque de pequena non puiden estudar, xa que tiña que ir ao prado cas ovellas e, unha vez alí, sentábame debaixo dunha gran árbore a escribir. Así botaba todo o día, dende a mañá ata a noite e, como non tiña máis que facer… escribía! Ao principio facíao por aburrimento, pero despois xa o facía por diversión e pracer. Parecerá unha parvada, pero eu collinlle moito cariño a esa árbore. Debaixo dela vivín os mellores momentos da miña vida. Pasou o tempo e eu xa tiña trinta e dous anos cando unha mañá espertei coa nova de que ían tallar esa árbore que tan especial era para min porque era moi grande, perigosa e en calquera momento podía caer. Eu estaba moi triste aínda que sabía que era necesario, xa que podía provocar algún accidente. Uns días antes de que a cortaran fun alí e estiven lendo algunhas das historias que fixera naquel lugar cando só era unha nena. Eu pensaba que, unha vez cortaran a árbore, todos eses momentos que vivira alí desaparecerían pero, ao instante, decateime de que non sería así. Todos eses momentos nunca ían desaparecer, xa que sempre os levarei no meu recordo. Chegou o día de cortala. Estaba moi triste, pero ocorréuseme unha gran idea. Díxenlle a toda a xente do pobo que ía plantar moitas árbores no lugar onde estaba a outra. Fun á escola a preguntarlles si querían acudir alí e, por suposto, aceptaron. Ese día eramos duascentas vinte persoas e cada unha levaba unha árbore. Puxémonos a plantalas e todos estábamos moi felices, xa que estábamos axudando á natureza e eu sabía que ela nolo estaba agradecendo. Cada día, ao pasar por alí, recordo a miña doce infancia e acórdome do ben que o pasaba debaixo daquela árbore.

71


72


Árbore pariante Xenxo Barreiro Sexto curso de Educación Primaria

Ola, chámome Arce. Sei que non é un nome moi común, pero é o que me puxeron e aguántome. Teño once anos. Mañá cumpro doce e tiña pensado ir co meu mellor amigo Santi na bici polo monte, pero onte rompeu unha perna, así que vou eu solo. Ao día seguinte, espertáronme meus pais ás sete da mañá para avisarme de que non podía ir ao monte, porque pola noite queimaran e seguía ardendo o monte, pero sabía que ía ir igual porque alí estaba o meu querido Arce e tiña que salvalo. Collín a miña bici de montaña e encamiñeime ao monte antes de que o lume chegara alí porque sabía que con esa árbore tiña unha pequena conexión, xa que naceramos o mesmo día e tiñamos o mesmo nome. Por se vos preguntades, vivo na montaña, nos Ancares, e agora mesmo están ardendo enteiros. Surcando unhas chamas cheguei ata o meu amigo Arce, pero o vento cambiou de dirección e agora dirixíase a nós e fíxose o silencio ata que a miña árbore rompeuno. Empezáronlle a caer as follas dunha forma estraña formando unha palabra que dicía: “Sálvate”. Pero tiña claro que antes salvaría á miña árbore, así que sen pensalo fun encher unha botella de auga. Cando volvín era tarde: a miña árbore estaba en chamas. Pero non ía a permitir que morrera. Empecei a tirarlle a auga, pero unha ráfaga de vento arrastrou o lume e de repente sentín un calor terrible e a miña árbore dixo: –Grazas por intentar salvarme, oxalá todos fosen coma ti.

73


74


Os gnomos das árbores Judith Quesada Sexto curso de Educación Primaria

Ola. Chámome Olmo Piñeiro e son un gnomo da árbore dos gnomos, onde traballamos todos os días axudando ás persoas nos seus oficios. Hoxe teño que pedirvos axuda para intentar que o alcalde Xuanez non queime a árbore dos nosos amigos elfos. Xa lle dixemos ao alcalde que se queimaba a árbore xa nunca máis ía escoitar o canto dos paxariños, nin os sons da natureza e, o máis importante, xa nunca máis ía ver o sorriso dos animais. Todo o que lle dicíamos entráballe por un oído e saíalle polo outro. Falábamos, falábamos e falábamos e non nos facía caso. Conteille que as árbores tiñan valores na nosa vida como o amor, a liberdade, a compaixón e, o máis importante, a cooperación entre todos. El todo o tempo dicíame: –Non vou cambiar de idea, quero a miña estatua de ouro alí e vou por un cartel que poña “O LIXO, NO BOSQUE”. Eu non podía crelo. O alcalde contoume que eran contos chinos o de reciclar. Eu quedeime en estado de shock. Como ía ser un conto chino que a capa de Ozono estivera destruíndo todo? Os raios ultravioletas chegarían ata nós e sería moi difícil sobrevivir. Temos que convencer ao alcalde de que a reciclaxe non é un conto chino e de que hai que coidar o ben ambiente e non tirar o lixo ao bosque nin cambiar árbores por estatuas. Iso non é facer bo traballo sendo alcalde. Temos que idear un plan mais, que podemos facer? O alcalde ten ideas fixas, nunca cambiará de idea así por así. Como dicía a miña avoa “Unha árbore, unha historia”. E esta é a nosa historia, como eu sempre digo: –Nunha historia ten que saír a miña árbore. Eu teño varias ideas, mais non sei se serán moi boas. Unha delas é dicir os valores das árbores, como o amor, a liberdade, etc. Voullos dicir ao alcalde por segunda vez a ver se agora ten un pouco de compaixón polas

75


árbores: –Señor alcalde, as árbores nas nosas vidas teñen varios valores, por iso douche este froito da árbore dos gnomos, danos amor, liberdade, compaixón, honor... O alcalde aínda non estaba convencido de facerme caso. Entón díxenlle que o papel, a leña, os froitos e o osíxeno é o que nos dan as árbores, por iso podemos vivir. O alcalde fíxome caso e non queimou a árbore dos elfos e non converteu o bosque nun vertedoiro. Este é un día que hai que celebrar, para sempre xamais. E a historia da árbore rematou e os valores importaron, como que xa nos quedaron.

76


77


78


Amor pola vida Carlota Alcalde Sexto curso de Educación Primaria

Chámome Amaia e vouvos contar a miña historia. Son filla dun garda bosques e dende pequena sempre me gustaron as árbores da miña terra. Un día, paseando por ela, vin dous homes cortando as miñas árbores. Rapidamente comecei a berrarlle, pois as árbores son a vida, a nosa vida. Elas axúdannos a respirar. Os homes ríanse de min e seguían cortando ás miñas pequenas amigas ás que tanto agarimo lles tiña e non quería que mataran. Un día meu pai tiña que asistir a unha conferencia do seu traballo, pero ficaba na cama enfermo e non ides adiviñar o que fixen, ou si… Armeime de valor e asistín eu. Cando cheguei alí todos quedaron mirándome. Subín á plataforma como puiden (pois era moi pequena e non chegaba) e sen vergoña ningunha dixen: –Queridos compañeiros: Chámome Amaia e o outro día vin como varios homes cortaban as árbores do meu corazón. Sentín como elas choraban e a min partíaseme a alma vendo como o facían. Chameilles a atención e… ríronse de min! Eles non sabían o que estaban a facer. Vos sabedes o importante que son as árbores, pois dannos osíxeno e si as matan, dentro de anos, nós morreremos tamén. Vedes estes sucios papeis? Non serven para nada, só para matar ás miñas amigas. Todas as mesas de madeira que hai aquí son a vida de moitas árbores. Marchei daquela conferencia e fun a sentarme xunto á miña árbore favorita do monte: Naria. Chamábaa así porque é centenaria. Xunto dela había moitas bolsas de lixo e tamén arredor das demais. Non podía soportar iso, porque as árbores son a miña vida. Nun momento no que estaba sentada vin ir aos bombeiros a toda présa cara ao Monte das lendas, pois estaba ardendo. Cada vez era peor, non o podía crer.

79


Dous meses despois… Os meus montes estaban completamente queimados. A xente buscaba xustiza, si se pode chamar así, pois oxalá fora como tiña que ser, pero o mundo está feito unha… Xa nin sei como chamarlle. Miña avoa vivía no monte, nunha casa de pedra que tiña un xardín e unha leira onde vive Naria, acórdaste dela? Foi unha das poucas árbores que sobreviviu ao lume. Moitos anos despois… Meu pai morreu no monte, cando estaba vixiando. O lume desprevido arrasou con el facendo que quedara orfa. Hoxe en día miña avoa faise cargo de min e eu sigo coidando das árbores e máis dela, pois xa vai maior. Cada día desexo que non se maten más árbores, pois… son vida!

80


81


_arquivo fotogrรกfico


84


85


86


87


Gambrinus 11, PolĂ­gono A Grela - Bens 15008 A CoruĂąa

www.vegalsa.es

Profile for Vegalsa

Unha arbore unha historia ano 3  

Unha arbore unha historia ano 3  

Profile for vegalsa
Advertisement

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded