Issuu on Google+

PRODUCIĂ“NS

servizos profesionais

2012


UT Producións é unha produtora audiovisual nada no 2008 na capital galega, que xestiona ademais contidos musicais e culturais, así como deseño e grafismo. Conta con profesionais do mundo do cine, da televisión e a comunicación, do deseño, da música e do márketing. Capaces de desenvolver contidos propios e alleos, ficcionais ou de carácter documental e con experiencia. Aquí detállanse os tres princiais campos de acción nos que se subdivide a actividade de UT:

audiovisuais utproducions.com/audiovisuais O audiovisual é o eixo central de UT, que desenvolve calquer tipo de proxecto/traballo relacionado coa imaxe e o son. Diversos spots publicitarios, reportaxes de festivais, actuacións e eventos, pezas de corte ficcional e videoclips forman a experiencia de UT Producións neste campo.

SERVIZOS PROFESIONAIS AUDIOVISUAIS: ·Spots publicitarios ·Videoclips musicais ·Reportaxes e documentais ·“Web series” e series de TV ·Grafismo, animación e 3D ·Radio

SERVIZOS INCLUÍDOS*:

·Guión ·Localización ·Escenografía, iluminación, caracterización, maquillaxe e FX ·Produción/rodaxe e son ·Edición, montaxe, etalonaxe e masterización SERVIZOS ADICIONAIS*: ·Asesoramento profesional en comunicación e márketing ·Estudos adicionais do proxecto

*Os servizos incluídos e adicionais de UT poden ser contratados por separado, independentemente dos produtos principais.

Imaxe arriba: Unha das cámaras no Rock&Clown (A Estrada) durante unha das actuación do festival.

Os proxectos propios: UT tamén realiza numerosos proxectos propios no campo audiovisual. As curtametraxes producidas até o momento e as que están en fase de produción avalan a actividade constante da compañia como produtora de creatividade. Imaxe dereita: Grafismo para o programa: “na terra das castañas” (TVG)

UT producións ven traballando ultimamente en proxectos que precisan unha gran dose de grafismo e animación (rótulos, cabeceiras para programas, presentacións...) nos que destacan traballos para a televisión autonómica.


música utproducions.com/musica Os servizos musicais de UT céntranse na produción de videoclips (como exemplo destaca “A Veciña” realizado para Kastomä) e na organización de eventos e festivais (como o Festival Psicotroita, un proxecto propio). Tamén traballa na orientación á promoción da música galega a través da colaboración en proxectos sociais que potencian aos grupos da terra emerxentes e lle proporcionan facilidades para acceder ao público. Imaxe abaixo: Xoanma Porto

Imaxe dereita: Logotipo Festival Psicotroita

O Festival Psicotroita de Sigüeiro é un proxecto propio de UT. Un evento de dous días que xuntou a diversos grupos do panorama musical galego . E que volve no vindeiro ano.

xestión

utproducions.com/xestion UT traballa na xestión de actividades de comunicación e de cultura como son a organización de espazos para actividades, publicidade e prensa, xestión de eventos e espectáculos, etc. Os coñecementos da organización e o traballo diario postos ó servizo dos demais. UT ten experiencia neste ámbito levando a cabo traballos como a creación e xestión web de sociedades ou a creación de contidos publicitarios. Imaxe arriba: deseño 3D para un vídeo promocional

SERVIZOS PROFESIONAIS DE XESTIÓN: ·Xestión de eventos ·Xestión de espazos ·Creación e xestión web ·Publicidade e prensa

Colaboracións: UT colabora nun proxecto de fomento da cultura galega que verá a luz ó longo do 2012. Este proxecto baséase nos eidos da música, letras, artes escénicas, cine...

A interconexión entre as tres seccións de UT producións (audiovisuais, música e xestión) fai que se poidan levar a cabo proxectos completos, dende a primeira idea até o produto rematado. Dende un guión até un masterizado, dende a xestión dun evento até a súa publicidade. Algúns traballos realizados: Ademais dos citados Psicotroita, videoclips e grafismos para TVG, UT tamén realizou ó longo destes anos numerosos spots (Rock&Clown, Desordes Creativas, Brincadeira Festival...), reportaxes, filmes, etc. Tanto para institucións e empresas privadas como proxectos propios.


PRODUCIÓNS

CONTACTO: www.utproducions.com contacto@utproducions.com Iván Dobarro: 646 09 75 78 Manuel Tarrío: 629 04 17 50


UT Producións - dossier servizos profesionais 2012