Page 1


INTRO As drogas están en todas partes, é fácil tropezarse con elas e non é difícil probar: porque "estou mal", porque "teño un problema", porque me dixeron que esta non engancha", porque "por unha vez non pasa nada", porque "así aumentará a miña potencia sexual, terei sensacións mellores, desprendereime do meu sentimento de inferioridade, desinhibireime, ligarei mais...". Mentiras amplamente recoñecidas e demostradas. As drogas xeran problemas e nunca os solucionan; no referente á sexualidade tamén. Desde tempos moi remotos o home e a muller buscaron sustancias que lles permitiran incrementar o seu pracer sexual e para iso recorreron a plantas, alimentos e por suposto, a compostos químicos como o son as drogas. Pero a crúa realidade é que as drogas estimulan o sistema nervioso central e producen moitos efectos estimulantes ou depresivos e ademais de todos os problemas físicos, mentais, familiares, sociais e económicos que producen, tamén no terreo da sexualidade ocasionan grandes danos. Con toda esta serie de efectos, por chamalos dalgunha forma "desinhibidores" da conduta, as drogas adoitan levar a comportamentos de risco nos que perdemos o control do que facemos e do que está pasando ao noso redor. Isto significa máis posibilidades de complicacións nas relacións sexuais como poden ser a violencia, as E.T.S. ou o embarazo.

Entre os adolescentes o consumo de alcol e outras drogas está frecuentemente vinculado ao contexto recreativo nocturno, do mesmo xeito que a procura e experimentación en sexualidade. Cada unha das sustancias ten efectos no comportamento, na experiencia sexual e nas consecuencias. A mocidade cre ter unha idea moi precisa de como cada unha delas funciona en relación con distintas prácticas sexuais. Para eles o alcol é con moito a máis popular e a que se converteu nun ingrediente practicamente imprescindible do cortexo. Aínda que logo de moito falar dos efectos milagrosos de certas drogas na cama, son as estimulantes do sistema nervioso (anfetaminas, éxtases ou cocaína) as drogas que ostentan o maior prestixio sexual. O cannabis non gusta porque relaxa e non hai interese no éxtase polos seus efectos sobre a sexualidade.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


A continuación relataremos algúns dos efectos que determinadas sustancias producen nas relacións sexuais:

Alcol Debido principalmente ao seu efecto desinhibidor, é falsamente considerado como un poderoso estimulante que intensifica as relacións sexuais. En realidade produce efectos negativos sobre os sinais fisiológicas de excitación sexual tanto en homes como en mulleres xa que o alcol é un potente depresor do sistema nervioso. Xa o di Charles Bukowski, escritor, bebedor e mullereiro: “Se queres beber, bebe, pero se queres facer o amor, abandona a bebida”. O alcol provoca que se perda o control sobre algunhas emocións e sobre algunhas inhibicións de tipo social, fai que te creas máis libre, menos tímido, máis ligón...pero esa é a visión que de si mesmo ten o borracho. A visión que ten o resto da xente, incluída a persoa á que quere ligar, é que di bobadas, que está pesadísimo, que fai o ridículo... e isto posibilita poucos ligues. No home, tras as primeiras copas hai un incremento temporal e aparente do desexo sexual e a sociabilidad. Con todo, se continúa bebendo, as funcións da erección e eyaculación deterióranse en relación proporcional á dose de alcol, ata o punto de disfunción total. Así mesmo, o alcol debilita a eficacia masturbatoria e diminúe o goce e a intensidade do orgasmo. Na muller diminúe a lubricación vaginal, dificulta a consecución do orgasmo, atrasando temporalmente a chegada do orgasmo ou diminuíndo a intensidade deste. É a droga de uso legal, que chega a producir dependencia psíquica, física, tolerancia, abstinencia, e cuxo uso crónico provoca deterioración física, psíquico e social, progresivo e incurable (aínda que tratable e controlable), así como demencia en casos de uso crónico e sen control. É a drogadicción máis xeneralizada e pode ser a vía de entrada ao consumo doutras drogas.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


Tabaco O tabaco lesiona a resposta sexual a medio prazo porque ocasiona unha perda sensorial xeneralizada (gusto, tacto, olfacto) ademais de ser o peor inimigo para a pel. As maiores queixas céntranse no mal alento (halitose) ou do cheiro a tabaco da parella, o que pode afectar de forma severa ao desexo sexual e ata provocar un rexeitamento ao encontro. Ten efectos adversos sobre o sistema circulatorio, esencial para unha boa función sexual, porque dificulta a irrigación sanguínea e facilita a aparición, a medio prazo, de disfunción eréctil no home, así como problemas de lubricación e orgasmo na muller. Os fumadores producen un número maior de espermatozoides anormais no seme.

marihuana e haxix A marihuana ten efectos depresores sobre o cerebro provocando unha relaxación física e mental con desinhibición no comportamento o que permite esquecerse de limítes sociais adquiridos e tabús persoais que nalgúns casos dificultan gozar da sexualidade, e posibilita unha maior percepción das sensacións pracenteiras, sobre todo as táctiles. O consumo habitual de cannabis produce efectos negativos na fertilidade, tanto en homes como en mulleres.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


heroIna, morfina, metadona A heroína é o analxésico de orixe natural máis poderoso que se coñece, máis forte que a morfina. Ambas xeran múltiples trastornos sexuais e utilízase polos adictos como sustitutivo ás veces da propia actividade sexual. Moitos consumidores sinalan que é moito máis pracenteiro e intenso que un orgasmo .”Colle o mellor orgasmo que teñas, multiplícao por mil e nin sequera andarás cerca”, sentencia o protagonista da película “Trainspotting”.

Na muller é frecuente a alteración do desexo sexual e a dificultade para sentir orgasmos. Igualmente son habituais as alteracións menstruais. Nos homes, o efecto inicial máis común da heroína é a inhibición do orgasmo/exaculación; máis tarde, pode provocar un descenso do desexo sexual e a resposta sexual. Persoas con exaculación precoz poden notar un atraso na exaculación a doses pequenas, pero a erección desaparece a doses máis altas. As análises de plasma en consumidores de heroína revelan niveis ínfimos de testosterona en sangue. A todos estes problemas adoitan engadirse os provocados pola adicción, que leva un estilo de vida totalmente caótico, coa destrución da personalidade e os consecuentes riscos embarazo ou de enfermidades coma hepatite, VIH..., sobre todo se a droga sevinxécta e se compárten xiringas.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


Drogas de deseno Son potentes estimuladores e aumentan de forma antinatural a resistencia ao cansazo. A máis coñecida e utilizada é o “éxtase” (MDMA) usada por moitas persoas para intensificar as súas relacións sexuais e a súa sociabilidade. Parece que a MDMA fai que o cerebro produza máis serotonina (sustancia que afecta ao noso estado de ánimo) cuxo efecto máis característico é maior comunicación e máis intima entre as persoas, e dopamina (actúa como supresora da dor )cuxo efecto é unha sensación de calma, liberación de medos e tensións. Algunhas persoas consumidoras falan dun estado emocional similar ao namoramento, polo que esta droga foi bautizada en moitas ocasións como a “droga do amor”. Cando se pasan os efectos da droga as persoas sentense deprimidas, cunha diminución en xeral do desexo sexual. Ao potenciar os comportamentos compulsivos e a desinhibición colocan ás persoas que as tomaron en situación de risco de contraer unha ETS ou dun embarazo non desexado como consecuencia da falta de previsión e da non utilización de métodos de protección. Todos estes efectos negativos poténcianse ao asocialas ao alcol.

CocaIna/crack

No mercado clandestino existen polo xeral 2 tipos de cocaína: o clorhidrato de cocaína e o crack. É quizá unha das sustancias que ten máis fama de ser capaz de aumentar a excitación e a resposta sexual; pero sábese que provoca disfuncións sexuais, sobre todo se se trata dun consumo crónico. Os seus efectos eufóricos poden cambiar a percepción dun mesmo e das propias experiencias ou encontros sexuais. Nun primeiro momento é un estimulante do sistema nervioso central polo que pode provocar elevación do apetito sexual, pero detrás da euforia chega a depresión e o desencanto. Nos consumidores habituais describíronse trastornos na erección, como impotencia e ata ereccións dolorosas. En fases posteriores aparece desinterese sexual tanto no home como na muller. Algunhas veces a cocaína utilízase de forma tópica, espolvoreándola directamente sobre os xenitais, porque se pensaba que aumentaba a excitación sexual. Pero lonxe do que se pensaba, esta droga ten un efecto claramente anestésico polo que a sensibilidade na zona onde se aplique, diminúe ou desaparece.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


Anfetaminas As anfetaminas son drogas estimulantes que en pequenas doses poden provocar unha sensación de exaltación, euforia, rapidez, locuacidade... polo que algúns adictos, especialmente as mulleres, informan dun incremento no seu desexo sexual, pero tomadas en doses maiores ou se se inxeren normalmente, as anfetaminas reducen a excitación e diminúen a resposta sexual. Mesturadas con alcol causan perda de inhibicións e aumenta a agresividade e/ou excitación sexual. Esta combinación dá a confianza e enerxía para facer propostas sexuais, pero correndo o risco de ter relacións sen tomar medidas preventivas.

Nitrato de amilo Denominado poppers nos ambientes gai, esta droga ten unha enorme reputación (inxustificada) como afrodisíaco, especialmente nos homes homosexuais. É un inhalante que aumenta a vasodilatación e o seu uso pode ser moi perigoso. Nalgúns casos provocou ataques cardíacos, e como efectos secundarios máis comúns inclúense os mareos, os ataques de migrañas, as náuseas e a debilidade muscular. Atrasa a eyaculación, pero o seu uso continuo carrexa problemas coronarios e de presión arterial, con repercusión negativa na sexualidade.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


LSD É unha droga con acción fundamentalmente alucinógena. Consómese por vía oral, e ven preparado en forma de papel secante ou selos. Debido ás alucinacións que produce, a experiencia sexual é confusa e difusa. O seu uso continuado provoca ansiedade, pánico e repetición dos primeiros efectos, o que afecta a sexualidade. Nas mulleres embarazadas aumenta o risco de malformacións congénitas no feto.

ESTEROIDES Son usados para aumentar a virilidad, pero logo de consumilos por algún tempo o que ocasionan son o aumento do tamaño da próstata e a diminución do tamaño dos testículos.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


En resumo Ningunha droga das coñecidas incrementa o desexo sexual. O feito de que unha droga facilite o encontro erótico non significa que garanta maiores doses de pracer. Aparte do prexuízo que as drogas ocasionan no sistema nervioso central, o que afecta directamente á excitación e á capacidade eréctil, o certo é que o seu efecto é máis ben sustitutivo do sexo, e non complementario. Finalmente o consumo de drogas deriva na inapetencia, cando non na impotencia sexual. O mellor estimulante da paixón é o cerebro: a imaxinación, a fantasía ... Segundo isto, podemos afirmar que unha política de prevención do consumo entre os mozos ha de ter en conta o compoñente sexual. "Non podemos tratar de solucionar o problema do alcol, da droga e das relacións sexuais non seguras de xeito illado, porque para moita xente nova as tres cuestións forman parte dunha noite de marcha", afirma moi ben o profesor Bellis e considera que hai que cambiar a percepción das drogas: "Igual que fumar era considerado sexy fai uns anos e esa imaxe cambiou mostrando como unha persoa que fuma non é sexy por cuestións como o cheiro, deberiamos insistir en que, lonxe do que cren moitos mozos, os efectos que as drogas teñen no rendemento sexual son a maioría das veces moi negativos"

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


Concellaría de Xuventude Concello de Vigo

SERVIZO DE ORIENTACIÓN AO ESTUDANTE - CONCELLARÍA DE XUVENTUDE DE VIGO


Pracer ou drogas  

Xuventudevigo.org

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you