ULTRAGRÁFICO_O Tema (Saurobuks)

Page 63

Pour l'anarchiste à qui tu donnes les deux couleurs de ton pays, le rouge pour naître à Barcelone, le noir pour mourir à Paris.

Thank you Satan.

Dende a proclama antimilitarista “Mon Général”, contra De Gaulle, que foi censurada no seu tempo, e cuxo antibelicismo retomou a miúdo ("Pacific Blues", "Regardez-les", "Miss Guéguerre"), a denuncia contestataria máis epatante e provocativa sería unha das súas características emblemáticas. Así o poñen en evidencia os propios títulos “Le temps des roses rouges”, “Les temps sont difficiles”, "La Maffia", “Merde à Vauban”, “Le cul sur la chaise”, “Les quat’ cents coups”, "Chanson mécanisée", “La complainte de la télé”, "La Marseillaise", "À une chanteuse morte", “Y’en a marre” ou o longo poema recitado “La violence et l'ennui”, que se remonta fraterno á Comuna de París e chega solidario ás miserias do chamado Terceiro Mundo. Ferré, que invoca Guatemala neste último texto, non esqueceu tampouco a represión en América Latina, dende Chile, presente en “Allende”, ata México ou Arxentina, países lembrados en “Words... Words... Words...” partindo de Shakespeare.

Entre estas protestas radicais gustoume especialmente a bela e contida canción “L’oppression”, unha densa e fonda reflexión sobre o sometemento e “ces rivages perdus vers lesquels tu t'acharnes”. E nunca tópico e sempre utópico, como en “L’Âge d’or”, “La mer noire” e “La Révolution”, encantoume tamén nos longuísimos recitados contra o poder de “Il n’y a plus rien”, que termina: “NOUS AURONS TOUT. Dans dix mille ans”, e da súa vertixinosa prolongación “L’imaginaire”.

Aínda que se conta que por un minuto adheriu ao Partido Comunista Francés, Ferré significouse axiña polo seu compromiso anarquista, cuxa exhibición baixo o lema Amour Anarchie (título dun dos seus discos máis amados por min e dun posterior filme de Averty), tanto me fascinaba na miña mocidade. Mesmo escribiu ensaios como Introduction à l'anarchie, onde declara que “L’anarchie est la formulation politique du désespoir”. De feito, Ferré cantou periodicamente para o movemento ácrata dende os anos corenta e, nos oitenta, sostivo Radio Libertaire (“La radio sans dieu, sans maître et sans publicité”, como dicía o seu benemérito lema) e inaugurou o Théâtre Libertaire de Paris (TLP-Déjazet). En consecuencia, en “Ils ont voté” satirizou o sistema político francés avogando por “une France anarchiste” e na peza “Le chien” proclamou o seu militante ateísmo ácrata:

63


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.