Page 1

Unidade Did谩ctica

Marisqueo e Pesca na Enseada de San Sim贸n


Proxecto Mar Traballo e Patrimonio

Edita Concellaría de Medio Ambiente Concello de Redondela Produce Trespés Soc. Coop. Galega Textos Paulo Jablonski, Tania Martínez, Alberte Román Fotografías P. Jablonski, A. Román Ano 2013 Os textos foron editados baixo unha licenza creative commons: atribución, uso non comercial e partilla baixo a mesma licenza


Sumario Caderno do profesorado Evolución da pesca na Enseada Organización do sector A pesca na Enseada de San Simón O Choco A comercialización Quero traballar no mar Futuro da pesca Bibliografía

6 11 14 17 20 22 24 25

Caderno do alumnado Evolución da pesca na Enseada Organización do sector A pesca na Enseada de San Simón O Choco A comercialización Quero traballar no mar Futuro da pesca

27 30 32 34 35 39 41


Caderno do profesorado

Marisqueo e Pesca na Enseada de San Sim贸n


Ficha 01

A historia da pesca na Enseada de San Simón é parte da historia xeral de Galiza e Europa e podemos entendela dentro das dinámicas sociais, económicas e ecolóxicas do mundo. A visión que ofrecemos aquí procura, dentro das limitacións do formato, atender a estes factores no contexto da Enseada. Na Enseada de San Simón, a actividade da pesca está documentada desde a prehistoria. No Castro da Peneda encontráronse abondosos restos de depósitos de especies mariñas en diversos concheiros. Nestes depósitos atopáronse, sobre todo, moluscos. A chegada dos romanos incorporou unha nova técnica de conservación do peixe: a salga. Na ría de Vigo documéntase a explotación de diversas salinas. Durante a Idade Media, os gremios de mareantes organizan a pesca nas rías galegas. No caso da ría de Vigo, as primeiras ordenanzas documentadas que se conservan datan do ano 1573. En Redondela existe unha ordenanza municipal do ano 1605 na que se regula a venda de peixe e ostra na vila. O peso da actividade pesqueira en Redondela era central e podemos imaxinar a Ribeira chea de actividade con regateiras e veciños axustando o prezo baixo a atenta mirada dos enviados municipais. A chegada dos fomentadores cataláns a mediados do século XVIII provoca unha modificación das técnicas de pesca, as relacións sociais e laborais e crea un ambiente de conflito que afecta tamén ao caso de Redondela. En 1763 toma corpo un novo motín ludista en Redondela. Isto é, unha protesta contra estas novas artes de pesca mediante a súa destrución. Mulleres e homes de mar desta vila revélanse contra os fomentadores, neste caso, orixinarios da vila de Vigo. Con todo, as maiores transformacións na pesca dánse no século XX, no que se introducen novas técnicas e tecnoloxías, desaparecen especies, poténcianse outras e o marco lexislativo englóbase na actual Unión Europea. En termos de Historia da pesca, o século XX comeza en Galiza na década de 1880. Nestas datas conflúen dous fenómenos que provocan un

Caderno do profesorado

Evolución da pesca na Enseada

6


Ficha 01

Caderno do profesorado

Evolución da pesca na Enseada

cambio no deseño do mundo pesqueiro. Por un lado, asistimos ao desenvolvemento de novos medios de transporte, fundamentalmente o ferrocarril que vai mellorar substancialmente a distribución do peixe cara o interior. Por outro lado, Bretaña, primeira produtora mundial na altura de sardiña en conserva, esgota este recurso nas súa costa. A crecente demanda de produto fresco e para conserva impulsa os avances tecnolóxicos que se concretarán na adopción de novas artes de pesca. Principalmente, falamos do cerco de xareta e da aparición dunha nova embarcación, a traíña, que permitirá a pesca da sardiña fóra do espazo marítimo das rías galegas. As innovacións tecnolóxicas aséntanse con relativa rapidez na costa galega. En Redondela, na altura de 1910 hai un total de 14 traíñas. Este proceso non estará exento de dificultades e controversias sociais por parte dos xeiteiros e bolicheiros que se ven superados en capacidade produtiva e afectados pola baixada de prezos. A primeira noticia das traíñas en Redondela atópase no semanario local "El Pueblo" de 26 de maio de 1.898: "Crendo as vendedoras que a sardiña que chegaba ao mercado fora pescada coa traíña, esmagaron cos seus pés a mercadoría, botándoa polo chan." Entrados xa no século, asistiremos á incorporación masiva da máquina de vapor nas embarcacións de pesca, sobre todo nas de pesca de altura, asentándose as bases da pesca industrial galega do s. XX. Nesta altura introdúcense novas artes de pesca que mudarán as formas de extracción para a pesca de peixe fresco e as embarcacións da sardiña destinada a conserva precisan do vapor polo aumento do tamaño dos cercos de xareta. Se ben o vapor aparece por vez primeira no s. XIX, non será ata o XX cando se popularice o seu uso. A difusión do vapor e o arrastre provocaron profundas mudas nas relacións sociais do mundo pesqueiro. Moitos armadores seguiron sendo patróns nos seus barcos mais outros comezaron a ficar en terra, debendo delegar distintas funcións no persoal embarcado. Os patróns de pesca, elixidos polo armador entre os mariñeiros de máis experiencia e confianza, asumiron as competencias nas operacións de pesca, converténdose nos verdadeiros responsábeis da produtividade do barco. Pola súa banda, os patróns de costa pasaron a ser responsábeis unicamente do buque e a

7


Ficha 01

Caderno do profesorado

Evolución da pesca na Enseada

navegación, namentres que entre os tripulantes aparecían novas categorías, como maquinistas ou fogoneiros, necesitados de coñecementos distintos aos dos mariñeiros tradicionais. As modificacións nos procesos de captura e a progresiva industrialización propicia a aparición dos primeiros sindicatos mariñeiros. As grandes guerras da primeira metade do século tiveron unha incidencia desigual na pesca. A Guerra Civil influíu de forma limitada no sector da pesca, tanto dende o punto de vista da produción como da flota. Será a II Guerra Mundial co peche temporal dos caladoiros do Gran Sol que obrigará a flota desprazarse cara o banco CanarioSahariano. Nas diferentes etapas da ditadura franquista, a política pesqueira terá un denominador común: primar a pesca de altura sobre a flota e produción costeira. As primeiras consecuencias fanse sentir no sector: increméntanse as capturas das especies de altura (pescada, ollomol e bacallau), consolídanse os bancos de Terranova e Gran Sol e reactívase o sector da construción naval. Nos anos 40 introdúcese en Galiza a produción de molusco encordado en viveiros: bateas. O concello de Redondela terá que agardar ata o ano 1951 para contar coa primeira concesión para esta modalidade de explotación. Esta innovación modificará o sector nas seguintes décadas creando un novo grupo, os produtores de mexillón. Ao mesmo tempo, a instalación de bateas na ría provocará o depósito de sedimentos dos moluscos xerando os problemas ambientais propios do monocultivo. Na década de 1960, a ditadura experimenta certa liberalización económica e proxección internacional o que obriga ao sector a renovarse para poder manterse nun mercado cada día máis acosado pola sobreexplotación e a competencia. Nace unha nova xeración de buques que introduce parte dos procesos transformativos a bordo aumentando a capacidade produtiva: barcos factoría. Redondela será testemuña de excepción ao acoller na década de 1960 a factoría de Pescanova, pioneira mundial no conxelado e procesamento de peixe a bordo. Este contexto redunda nunha viraxe do peso das diferentes flotas pesqueiras. O desenvolvemento da pesca de altura fará que gran parte dos mariñeiros embarquen en longas campañas aos caladoiros de Namibia, Gran Sol, Arxentina e outros mares. Con todo, a comezos dos anos 70,

8


Ficha 01

Caderno do profesorado

Evolución da pesca na Enseada

Galiza experimenta unha crise pesqueira provocada, por un lado, por elementos de carácter endóxeno: aumento desmesurado do tamaño dos barcos de altura e gran altura, descenso dos rendementos, aumento dos prezos do combustíbel e unha crecente sobre-explotación dos recursos. Mais tamén por elementos esóxenos: muda da lexislación internacional sobre a explotación dos recursos mariños co estabelecemento de Zonas Económicas Exclusivas (ZEE) de forma xeneralizada a partir desta década. A pesca entra na década de 1980 arrastrando os problemas estruturais da sobre-explotación, a descapitalización das empresas pesqueiras, o estabelecemento das ZEE e o desleixe da flota litoral e artesanal. Como novo factor, a lexislación que se lle aplica provén dunha tríade institucional: Estado, Autonomía, a partir de 1983 e, dende 1986, a CEE. A comezos dos 80 comézase unha ordenación do sector dende o Ministerio de Pesca. Estas medidas serán complementadas pola Xunta que aplicará, sobre todo, medidas de vixilancia e melloras de infraestruturas. A entrada na CEE terá na pesca unha incidencia contundente. Dende o organismo europeo tómanse medidas enfocadas cara a conservación e protección dos stocks e a redución da flota. Ao mesmo tempo, supón entrar en competición directa con outros membros con importantes flotas pesqueiras. Os primeiros efectos non se fan esperar: redución das zonas de pesca, descenso dos prezos do peixe, regulación dos acordos con terceiros países e certa incerteza xeneralizada no sector. Os obxectivos, porén, serán a recuperación dos caladoiros propios e a protección dos recursos. Así, dende a Xunta apróbase un Plan de Ordenación dos Recursos Pesqueiros e Marisqueiros de Galiza e o estabelecemento de permisos de explotación, entre outras medidas, a partir de 1993. A propia reforma da Política Pesqueira Comunitaria (PPC) do mesmo ano debuxa un escenario neste mesmo sentido. Nas décadas seguintes, os cruces de intereses entre os diferentes países da UE e certa desvantaxe estrutural de Galiza no seo do Estado Español define a política pesqueira. A partir do ano 2003, a UE suxire fixar obxectivos a longo prazo e adoptar medidas para corrixir a sobre capacidade da flota pesqueira. O concepto de pesca sostible imponse no marco comunitario. Os efectos das dinámicas globais afectan de primeira man ao sector pesqueiro da Enseada de San Simón. A participación de mariñeiros nas

9


Ficha 01

Caderno do profesorado

Evolución da pesca na Enseada

grandes marés, a industrialización do sector da conservación da materia prima, a mingua de peso das confrarías e as lonxas do interior da Ría de Vigo na captura e venda de peixe son notables. A Enseada de San Simón converterase nunha zona dedicada, principalmente, ao marisqueo a pé a e flote, produción de mexillón e, de forma minoritaria, á pesca con rede.

10


Ficha 02

As persoas que traballan no mar organízanse en base a agrupacións e confrarías. A Enseada de San Simón está dividida en tres administracións pesqueiras: as Confrarías de Redondela, Arcade e Vilaboa. Esta última constitúe a máis recente de toda Galiza, creada en 2012, a partir dunha asociación de mariscadoras. As confrarías son entidades gremiais cuxa orixe penetra o ronsel dos tempos da Idade Media. Existen documentos que falan de mariñeiros de Redondela agrupados no gremio do Mar no s. XVIII. A actual confraría nace como “Sociedad de Marineros de San Juan” a finais do s. XIX. O seu cometido era o de dar servizo e cobertura aos seus asociados actuando como unha especie de seguridade social. A sociedade permaneceu no tempo organizando diversos actos sociais, alén dos estritamente sectoriais ata o golpe de Estado de 1936. Unha vez finalizada a Guerra Civil, estas sociedades pasarán a denominarse Confrarías de Pescadores. A Confraría de Pescadores “San Juan” de Redondela constitúese no ano 1944. É unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro composta dunha parte pública (colaboración e consulta coa Administración) e unha parte privada (organización e comercialización da produción). Todas as confrarías teñen asignada unha extensión de actuación. No caso de Redondela, o seu ámbito de explotación abrangue dende Soutoxuste (caseta do Ceboleiro) ata a praia de Arealonga (Chapela).

Caderno do profesorado

Organización do sector

11


Sector

Redondela

Marisqueo a pé 139 socias bivalvos Marisqueo a flote 50 embarcacións bivalvos 98 tripulantes Artes menores 12 embarcacións Cerco e racú

18 embarcacións

Bateeiros

10 embarcacións

Vilaboa

Arcade

62 socias

85 socias

15 tripulantes

51 embarcacións 80 tripulantes 24 embarcacións

Ficha 02 Organización do sector

No ano 2012, as diferentes confrarías da Enseada teñen a seguinte composición:

Informar e asesorar aos seus socios sobre as leis que lles afectan. Facilitar a formación dos seus socios e socias. Dar a súa opinión á Administración sobre os asuntos que lles afectan. Vixiar as zonas que lle fosen encomendadas para a súa explotación. Organizar a produción mediante os plans de explotación e a súa comercialización a través da regulación de prezos e da oferta de produto. A confraría está formada por socios e socias que poden ser persoas físicas ou xurídicas sempre e cando desenvolvan unha actividade empresarial ou laboral dentro do ámbito territorial da confraría coa correspondente autorización administrativa para a extracción de recursos mariños vivos. As persoas socias son as depositarias finais do rumbo da confraría.

Caderno do profesorado

Entre as funcións das confrarías, destacamos:

12


Patrón ou Patroa maior É o representante da confraría e é elixido/a entre os membros da xunta xeral. Agrupación de mariscadoras Dentro dunha confraría pode existir unha agrupación de socios e socias que se dedican á mesma modalidade de traballo e que se asocian para defenderen os seus intereses económicos e profesionais. O caso das mariscadoras é relevante na medida do peso económico do seu traballo e da situación de desigualdade estrutural na que se atopa a muller no sector. Non é frecuente atopar a mulleres en postos de máxima responsabilidade malia seren unha parte esencial do sector. As agrupacións contribúen a mellorar as explotacións, o seu coidado, planificación e distribución do traballo. Promociona a formación entre as persoas asociadas e enfatiza o carácter colectivo do traballo do marisqueo. As agrupacións organízanse en base a unha asemblea e unha xunta directiva que leva o día a día da agrupación. No caso da Enseada de San Simón, é de relevancia que a confraría de Vilaboa nacese grazas ao impulso da Asociación de Mariscadoras de Vilaboa.

Caderno do profesorado

O Cabido É o órgano de goberno e xestión da confraría e está conformado por traballadores e armadores a partes iguais. Os seus membros son elixidos pola xunta xeral ou asemblea por un período de catro anos. O Cabido é o órgano encargado de levar o día a día da confraría.

Ficha 02

Xunta xeral É o órgano superior de goberno e decisión da confraría onde están representados todos os sectores. Os membros son elixidos polos socios por un período de catro anos.

Organización do sector

A organización dunha confraría componse dos seguintes órganos reitores:

13


Pesca da Enseada de San Simón

Ficha 03

A Enseada de San Simón conta cun ciclo produtivo diverso determinado pola súa riqueza na produción de bivalvos e choco e, por outro lado, limitado pola sobre-explotación, presión urbanística e contaminación das súas augas. En tempos, a pesca da sardiña foi unha actividade central na Enseada. Ao longo da súa costa existían multitude de “postas”, puntos desde onde mariñeiros e mariñeiras pescaban empregando a técnica da “arte”, lanzamentos en media lúa da rede desde terra apoiados por unha embarcación no mar. As postas foron comúns ata os anos posteriores á Guerra Civil. A pesca coas artes do cerco, xeito, trasmallos, betas ou boliches constituíu o cotiá dunha Enseada que veu minguada a súa biodiversidade co paso dos anos. O ciclo anual de extracción comeza coa pesca do choco na primavera, entre marzo e xuño; a pesca de especies peláxicas ata finais do verán e, a partir de outubro, a práctica do marisqueo ata o mes de marzo do ano seguinte. Na actualidade, o marisqueo esténdese ao longo do ano. As actividade de maior peso son:

Toda a actividade do sector nas augas interiores do litoral está regulada pola Consellaría do Mar. Este é o organismo que outorga os títulos administrativos que habilitan para exercer a actividade de explotación dos recursos mariños. A actividade pesqueira e marisqueira está regulada por lei e o estabelecemento de épocas de veda, regulamentación das artes e aparellos corresponde á Consellaría. A explotación dos recursos marisqueiros regúlase mediante plans de explotación anuais que propoñen as Confrarías e revisa a Consellaría. Se tomamos o caso da confraría de Redondela como exemplo, no ano 2012 contou con dous plans conxuntos (marisqueo a flote, zamburiña, volandeira), dous en solitario (marisqueo a pé e poliquetos a pé) e un plan de pesca con trasmallos para o choco. Estes plans teñen unha grande importancia, tanto polo número de persoas que participan neles como polo volume de pesca e de ingresos xerados.

Caderno do profesorado

Marisqueo a pé e a flote Cultivo do mexillón en batea Captura do Choco Pesca da anguía

14


Zona

Total

Mulleres

Homes

Redondela

161

139

22

Arcade

69

68

1

Vilaboa

89

89

0

Total

319

296

23

Caderno do profesorado

Na modalidade de marisqueo a flote, os recursos principais que extraen son: ameixa fina, ameixa xapónica, ameixa babosa, croque nos bancos do interior da Enseada de San Simón (O Cabalo, Area Nova-Puntal-Río do Medio) e ameixa rubia, ameixa babosa e carneiro nos bancos da zona externa da Ría de Vigo, por fóra da Ponte de Rande (Rodeira, Tirán, Cabo de Mar, Cíes, Canido, etc). No marisqueo a flote a arte máis común é o raño. É de tracción manual e consiste nunha longa vara de varios metros que o mariscador lanza a auga tan lonxe como sexa o mango. A continuación, vai traendo o aparello cara a embarcación arrastrándoo polo fondo. Unha vez ao pé do barco, sobe o raño que vai deixando no traxecto as areas e ficando o molusco no seu cope. O marisqueo a pé constitúe, en número de persoas, a máis numerosa das actividades na Enseada. Se nos centramos no marisqueo a pé, do que temos datos do ano 2012, no conxunto das tres confrarías, son un total de 319 persoas as que se dedican á extracción de marisco. Tal e como vemos no cadro, Redondela é a confraría con maior número de persoas extractoras contando con máis da metade dos efectivos. Na composición deste grupo de persoas traballadoras é destacado sinalar a maioritaria presenza de mulleres mariscadoras. Tradicionalmente esta é unha actividade maioritariamente practicada por mulleres.

Ficha 03

nº de participantes 139 mariscadoras 98 embarcacións 3 embarcacións 6 mariscadoras 43 embarcacións

Pesca da Enseada de San Simón

Plan de explotación Marisqueo a pé bivalvos Marisqueo a flote bivalvos Zamburiña e volandeira Poliquetos Choco

15


Ficha 03

Caderno do profesorado

Pesca da Enseada de San Simón

Os principais recursos que extrae este sector son: ameixa fina, ameixa xapónica, ameixa babosa e croque. As mariscadoras realizan labores de limpezas de algas e de vixilancia nas praias durante gran parte do ano (sobre todo no verán), para tratar de manter os recursos en óptimas condicións. E levan a cabo traballos de semicultivo de ameixa xapónica a partir de semente de criadeiro dende fai varios anos. Os bivalvos extráense con diversas artes, todas elas manuais. No caso de Redondela, son principalmente, catro: sacho, legón, angazo e gancha. Estas son diferentes aparellos para extraer o molusco que habita por baixo dos areais da Enseada. O peso do cultivo de mexillón na Enseada de San Simón no global da Ría de Vigo é certamente reducido. En total, hai operativas 75 bateas das case 500 que hai no conxunto da ría. Todas elas dedicadas ao mexillón. A maior flota de mexilloeiros da Enseada de San Simón están amarrados no porto de San Adrián ocupando o espazo laboral dos polígonos de bateas do estreito de Rande, por outro lado, a zona máis profunda da Enseada de San Simón. Na Enseada tamén se extrae peixe. Destaca a pesca de anguía no fondo da Enseada mediante a arte do butrón. Esta actividade está altamente controlada pola escaseza do recurso. Normalmente, as embarcacións do marisqueo a flote contan no seu permiso de explotación con autorización para traballar con outras artes de pesca: trasmallos, nasas (para a extracción de choco) ou bou de man. Segundo a arte e a época do ano, poden vir á rede especies como a faneca, robaliza, linguado, congro, raia, solla, muxo, salmonete, xouba, rincha ou chincho e xurelo. Parte da flota da Enseada pesca en augas exteriores. Isto acontece coa modalidade de cerco, na que en Redondela hai 18 barcos que realizan as súas vendas na lonxa do Porto de Vigo.

16


Ficha 04

O choco é unha especie de molusco cefalópodo que se distribúe no Atlántico desde o mar Báltico ata as costas africanas, e polo Mediterráneo. É unha especie que se pode atopar en augas superficiais ata os 200 metros. Habita en fondos de area e lodo, introdúcese nas praderías submarinas de ceba (Zostera sp. ) que existen no interior das rías para desovar. As condicións ecolóxicas da Enseada de San Simón constitúen un hábitat ideal para a cría do choco. A pesca do choco está regulamentada e limitada segundo a época do ano e a modalidade de pesca. Así, os pescadores deportivos poden pescar 5 kg por licenza e día. Pola contra, os pescadores profesionais, que destinan as capturas á comercialización, contan con vedas anuais. A pesca do choco comeza no mes de marzo e se prolonga ata o mes de xuño. Neste tempo, utilízanse as artes do trasmallo e a nasa. O trasmallo consiste nunha rede de tres panos. Os lances que se realizan son dunha duración de 4–5 horas. Unha vez caladas as redes, agárdase o tempo descrito e víranse na embarcación. Os chocos desenmállanse a bordo onde se fan os pertinentes descartes. As nasas son unhas estruturas hemicilíndricas cubertas por unha rede e lastradas por pedras e que están unidas a un cabo en número variable. Nun dos estremos conta cun funil que permite a entrada da presa e non a súa saída. Trátase dunha arte selectiva, é dicir, coa que case exclusivamente se capturan chocos. Dentro das nasas colócanse ramallos de piñeiro que atraen ás femias para desovar e aos machos para as fecundar. As nasas lárganse ao mar unha vez e víranse cada día. Inspecciónase o seu interior e devólvense ao mar ata que comece a veda ou sexa necesario a súa limpeza. No cadro podemos observar o volume de capturas entre os anos 2001 e 2012 que veñen a demostrar tanto a importancia do recurso como a súa variabilidade. Estes datos avalan a atención que lle merece o choco á confraría de Redondela. A entidade ten desenvolvido varios proxectos nos últimos anos encamiñados ao coidado dos criadeiros do cefalópodo así como valorizar a súa comercialización e a sobrepesca.

Caderno do profesorado

O choco

17


2001

13.259

74.171,18

2002

38.070,5

179.221,54

2003

55.444,25

239.410,15

2004

40.010

152.928,11

2005

41.671,5

165.281,63

2006

26.381,75

116.114,44

2007

42.220,75

174.357,95

2008

29.024

149.067,80

2009

14.611,75

73.593,58

2010

18.111

76.686,06

2011

27.879,75

151.638,99

2012

50.712,5

295.905,60

2013

8.903,5

41.200,08

(EUROS)

Así, coñecedores das vida do choco, creouse un viveiro artificial de desove a base de ramallada de piñeiro. A resina do piñeiro contribúe á fixación das ovas e a follaxe á protección de depredadores. A experiencia aumentou a ratio de supervivencia da especie. A campaña do ano 2012 deu excelentes resultados nas capturas. Na perspectiva da comercialización, levouse a cabo unha campaña de etiquetado do choco e creación dunha marca de calidade do choco da ría para valorizar o produto e diferencialo no mercado. A achega de valor engadido, baseado na tradición da pesca do choco en Redondela e da calidade do produto contribúe a fortalecer o sector e a permanencia de moitos postos de traballo. Neste sentido, a labor emprendida basea o desenvolvemento da pesca do choco

Ficha 04

Importe

O choco

Quilos

Caderno do profesorado

Capturas do choco na lonxa de Redondela (2001-2012) Fonte: Pescadegalicia.com

Ano

18


Ficha 04

Caderno do profesorado

O choco

na produción local, atendendo tanto as condicións de cría e crecemento como a súa trazabilidade na comercialización. A pesca do choco non é unha actividade máis en Redondela. Trátase dunha actividade cun alto peso simbólico, cultural e social. Existe unha identificación social con este animal que transcende o ámbito mariñeiro. O choco está presente no maior equipo de fútbol do concello. O choco encóntrase no cancioneiro popular: "Para peixe fresco Vigo/ para chocos Redondela/ para camaróns Moaña/ e para caciques Pontevedra”. Desde o ano 1986 celébrase unha festa gastronómica dedicada a este produto na vila do Concello. O choco é un exemplo de como, sen sermos de todo conscientes, Redondela ten unha estreita relación co mundo mariñeiro. O nome de choqueiro, para denominar ás persoas de Redondela relaciónase, popularmente, co cefalópodo.

19


Ficha 05

Para que chegue o produto do mar ao consumidor, é necesario un conxunto de medios que teñen como fin controlar as cantidades do recurso extraido, evitar o furtivismo e garantir a saúde do consumidor. Tanto o peixe como o marisco non poden ser vendidos de forma directa. A primeira venda realízase nunha lonxa ou nun punto de venda autorizado. No caso da Enseada, as lonxas teñen unha escasa actividade. O principal recurso, o marisco, véndese na lonxa de Vigo, que concentra unha grande parte da actividade comercial marisqueira da Ría. Dependendo do banco marisqueiro, os controis de volume e calibre das pezas pódese realizar a pé de praia. A lonxa de Cesantes ten unha actividade case reducida á venda de choco. Con todo, o seu funcionamento non defire de calquera outra lonxa. A lonxa é un punto de venda e control do produto do mar. É un lugar de paso necesario para a comercialización de peixe. Na lonxa efectúanse diversas operacións: Pésanse os lotes de peixe ou marisco que se poñen á venda; realízase a poxa; emítense as facturas ou albarás, como comprobantes de compra; dánse as guías de descarga, que permiten levar o produto dunha lonxa a outra e, para os compradores, o documento de rexistro que xustifica que o produto que leva foi mercado nunha lonxa ou nun punto de venda autorizado por unha persoa, tamén, autorizada.

A Poxa A modalidade máis común de poxa é “á baixa”. Cántase o prezo de forma que se comeza co valor máis alto e vaise baixando ata que un comprador berra “meu” ou preme un botón no caso de existir marcador electrónico. Ese comprador ou compradora queda co lote. Se o prezo non convence ao extractor ou extractora, pode retirar o seu lote antes de que ninguén poxe por el. Unha vez feita a venda entrégaselle ao comprador toda a documentación que certifique que o produto provén dunha persoa profesional autorizada. Na poxa poden participar os compradores por xunto, que compran grandes cantidades; os compradores polo miúdo, que compran para a venda en postos particulares; os industriais, que compran en grandes cantidades para o procesamento; e os mariñeiros e mariscadoras que poden poxar polo seu produto cando o prezo non sexa o agardado.

Caderno do profesorado

A comercialización

20


Quero traballar no mar

Ficha 06

O traballo do mar require de preparación e de titulación específica que capacita á persoa interesada para o desenvolvemento das tarefas mariñeiras. O alumnado interesado en formarse para traballar no mar ten varias posibilidades no ensino regrado e no non regrado. Na Enseada de San Simón pódese traballar desde a terra, no marisqueo a pé ou a flote nalgunha embarcación ou enrolarse nalgún barco de pesca fóra do interior da Ría. Imos ver que pasos e que requisitos son necesarios para desenvolver o traballo no mar.

Existe unha variada estrutura de formación mariñeira regrada, incluída dentro dos ciclos medios e superior de formación. Con todo, non todos os centros de estudo contan con esta oferta. En Galiza son catro os centros especializados: Illa de Arousa, Vigo, Ferrol e Ribeira. Estes centros contan con instalacións especiais para desenvolver os módulos formativos. Hai que ter en conta, que a parte práctica desta formación é totalmente necesaria. Nestes centros pódense estudar os seguintes ciclos formativos: Acuicultura; Mergullo; Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque; Navegación, pesca e transporte marítimo e Transporte marítimo e pesca de altura. Os ciclos son medios e superiores e o acceso é semellante a outros ciclos da mesma categoría. Con todo, para as principais actividades mariñeiras desenvolvidas na Enseada existe unha formación non contemplada nos ciclos anteriormente descritos.

Marisqueo Quen quixera dedicarse ao marisqueo, ha de saber que, na actualidade, só poden mariscar aquelas persoas que teñan o PERMEX (Permiso de Explotación Marisqueira). O número de permisos asignado para cada zona de marisqueo determínase na Consellería do Mar e depende dos plans de explotacións de cada confraría.

Caderno do profesorado

Ciclos formativos

21


Non todas as persoas que solicitan o PERMEX acceden a el, xa que en condicións de concorrencia competitiva, existe un baremo no que se puntúan os méritos de cada persoa solicitante.

Ficha 06

Non ser titulares de concesión ou autorización administrativa para a explotación dos recursos mariños nas zonas marítimas e marítimoterrestres. Estar empadroado nun concello da costa. Ter máis de 18 anos (ou ser menor emancipado) e non pasar dos 65 anos. Ter o marisqueo como medio fundamental de vida. Ter o certificado de mariscador/a

Quero traballar no mar

As persoas que queiran solicitar o PERMEX teñen que cumprir unha serie de requisitos:

O proceso para exercer o oficio de mariñeiro/a – pescador/a ten un proceso diferente. En primeiro lugar, hai que ter cumpridos os 16 anos e, con eles, superar un curso de formación sobre coñecementos teóricos e prácticos sobre o mundo do mar. Con este curso, a persoa interesada pode ser mariñeira axudante, pero non gobernar un barco. Para tal misión, deberá ter un mínimo de 6 meses de embarque. Este permiso é necesario para mariscar a flote, por exemplo. Se quixera aumentar a capacitación e ser patrón ou patroa dun barco de litoral, terá que contar con 18 anos e superar un curso teórico e práctico de 250 horas. Con esta titulación poderá patronear unha embarcación de 12 metros de eslora cunha potencia de 100 Kw e navegar ata 12 millas da costa. O paso seguinte é o de patrón ou patroa costeira polivalente. Neste caso, o curso necesario é de 800 horas das que 300 son prácticas. Os contidos capacitan ao alumnado no manexo do motor, da embarcación, as dinámicas mariñas das correntes, meteoroloxía, sinaléctica do mar, seguridade, socorrismo, etc. Esta titulación permite gobernar barcos de ata 24 metros de eslora e de 400 Kw de potencia a 60 millas da costa. En todo caso, para o exercicio da pesca e do marisqueo na Enseada de San Simón, é suficiente con ter o título de mariñeiro-pescador/a e/ou o de patrón ou patroa de barco litoral.

Caderno do profesorado

Traballar desde unha embarcación

22


Ficha 07

O futuro da pesca e marisqueo na Enseada de San Simón presenta retos propios do lugar e outros que son comúns á pesca en Galiza. Presentamos algunhas das problemáticas de maior peso no sector e posibles medidas de mellora. As condicións ambientais da Enseada de San Simón non son as máis óptimas para a conservación da actividade pesqueira e marisqueira. Malia as proteccións establecidas por constituír un espazo dentro da Rede Natura 2000, a Enseada sofre unha forte presión urbanística, verquidos incontrolados nas súas augas, recheos que debilitan o seu sistema de correntes e fluxos mariños, presenza de especies invasoras, etc. O control de verquidos, a concienciación social, o estreitamento das normas construtivas no litoral ou a mellora dos procesos de depuración das augas residuais son medidas necesarias. A pesca en Galiza ten experimentado unha forte sobre explotación histórica que minguou a presenza de diversidade de especies na súa costa. Na Enseada temos dous claros exemplos: as ostras e a sardiña. Estas dúas especies eran comúns a mediados do s. XX e, na actualidade, están practicamente desaparecidas debido á sobre-explotación. A sobre-explotación soluciónase deixando de extraer o recurso. Mais sendo conscientes de que esta medida tería grandes efectos sociais, pódense pensar propostas intermedias: a aplicación dos principios da pesca sostible de respecto das tallas mínimas e os volumes de capturas, a creación de viveiros ou espazos-reserva de especial protección ou o uso de artes e aparellos axeitados ás medidas, cantidades e selección das especies capturadas. A sobre-explotación non só é responsabilidade do sector, senón que se fai necesaria unha regulamentación da pesca deportiva, cando menos, de certas especies. O furtivismo favorece a sobre explotación das especies e resulta economicamente pernicioso para o sector. O traballo de cultivar o marisco nos areais fica sen a súa recompensa total se parte dese recurso é extraido de forma non autorizada. Pensemos nunha plantación de tomates na que parte da produción fose para ás mans de persoas alleas á propia produción. O furtivismo é o mesmo fenómeno pero no mar. Esta práctica combátese mediante a concienciación de que a actividade mariñeira é unha actividade colectiva onde a acción individual ten efectos sobre o global. A concienciación é necesaria xunto con medidas de control máis intensos. Relacionado con esta problemática sitúase a pouca visibilización da actividade mariñeira na sociedade. Malia ser unha actividade que emprega a centos de persoas na Enseada, semella estar virada de costas á sociedade. Neste sentido, o distanciamento físico da vila de Redondela respecto do mar ten contribuído ao fenómeno.

Caderno do profesorado

Futuro da Pesca

23


Ficha 07

Caderno do profesorado

Futuro da Pesca

Achegar o mar á xente é labor das persoas do sector, valorizando o seu traballo e o seu produto, mais tamén das Administracións públicas. Vivir o mar como se fose propio e sentirse orgulloso do mar próximo poderían semellar ideas disparatadas, mais é desde a identidade e identificación co mar desde onde se pode mellorar. A viabilidade da actividade pesqueira e marisqueira depende, en grande medida, da capacidade de converter o recurso natural en recurso económico. Neste sentido, os produtos de orixe non se poden esvaecer no anonimato do lote do mariñeiro. Se o recurso é de calidade e esa calidade é froito do traballo e do lugar de cría, estas terán que contribuír á súa valorización. Por outro lado, a comercialización dos recursos mariños está inzada de intermediarios que chegan a inviabilizar a propia actividade pesqueira e marisqueira. Quen extrae o produto do mar está, moitas veces, á vontade dos compradores e comercializadores do propio recurso. A comercialización é un dos grandes retos do sector do mar. Neste sentido, medidas como a venda directa, a creación de cooperativas ou estratexias conxuntas de venda e comercialización favorecen que as persoas que viven do mar, poidan seguir vivindo. Por outro lado, as accións de creación de marcas de calidade e control do recurso, como é o caso do choco en Redondela, favorecen a valorización da actividade.

24


Bibliografía Alejandro Muíños, Xermán e Rodríguez Mariño, Eleuterio (sd): Aproximación á historia do sector pesqueiro galego: Desenvolvemento das actividades pesqueiroas ata os nosos días (1700-1990). Universidade de Santiago de Compostela (Documento policopiado) Arnaiz Ibarrondo, Ricardo et all. (2000): A pesqueira da sepia con trasmallo na Ensenada de San Simón. Xunta de Galicia. Fernández González, Ángel I. (2005): “De la roca a la cuerda. Orígenes y desarrollo de la industria mejillonera en Galicia (1946-2005)”, ponencia do VIII Congreso de la Asociación Española de Historia Económica Santiago de Compostela, 13-16 de setembro de 2005 García Allut, Antonio (2003): “La pesca artesanal gallega y el problema de la comercialización: lonxanet.com, una alternativa más que virtual”, Zainak. Nº 25, pp 17-32.

Gil Moure, Roberto “Historia das Traíñas en Redondela”. En liña (http://www.ipdca.com/internovas/historias/traineras/traineras.htm, consultado o 18 de marzo de 2013) Martínez Crespo, José (2007): Ordenanzas municipales de las villas de Redondela y Vilavella del año 1605”, Gallaecia, nº 26, pp. 365-384.

Recursos internet www.pescadegalicia.com www.chocoderedondela.com http://anecdotarioredondelan.jimdo.com/

Caderno do profesorado

García Villanueva, José Antonio et all. (Coords) (2002): Manual de formación para o marisqueo. Xunta de Galicia, Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos. Santiago de Compostela.

25


Caderno do alumnado

Marisqueo e Pesca na Enseada de San Sim贸n


Ficha 01

Na Enseada de San Simón, a actividade da pesca está documentada desde a prehistoria. No Castro da Peneda atopáronse abondosos restos de depósitos de especies mariñas en diversos concheiros. Nestes depósitos atopáronse, sobre todo, moluscos. A chegada dos romanos incorporou unha nova técnica de conservación do peixe: a salga. Na ría de Vigo documéntase a explotación de diversas salinas. Durante a Idade Media, os gremios de mareantes organizan a pesca nas rías galegas. No caso da ría de Vigo, as primeiras ordenanzas documentadas que se conservan datan do ano 1573. En Redondela existe unha ordenanza municipal do ano 1605 na que se regula a venda de peixe e ostra na vila. O peso da actividade pesqueira en Redondela era central e podemos imaxinar a Ribeira chea de actividade onde regateiras e veciños axustaban o prezo, baixo a atenta mirada dos enviados municipais. A chegada dos fomentadores cataláns a mediados do século XVIII provoca unha modificación das técnicas de pesca, as relacións sociais e laborais e crea un ambiente de conflito que afecta tamén ao caso de Redondela. En 1763 toma corpo un novo motín ludista en Redondela. Isto é, unha protesta contra estas novas artes de pesca mediante a súa destrución. Mulleres e homes de mar desta vila revélanse contra os fomentadores , neste caso, orixinarios da vila de Vigo. Con todo, as maiores transformacións na pesca dánse no século XX, no que se introducen novas técnicas e tecnoloxías, desaparecen especies, poténcianse outras e o marco lexislativo englóbase na actual Unión Europea. A crecente demanda de produto fresco e para conserva impulsa os avances tecnolóxicos. Aparece unha nova embarcación, a traíña, que permitirá a pesca da sardiña fóra do espazo marítimo das rías galegas. En Redondela, na altura de 1910 hai un total de 14 traíñas. Este proceso non estará exento de dificultades e controversias sociais por parte dos xeiteiros e bolicheiros que se ven superados en capacidade produtiva e afectados pola baixada de prezos. Entrados xa no século, asistiremos á incorporación masiva da máquina de vapor nas embarcacións de pesca. A difusión do vapor e o arrastre provocaron profundas mudas nas relacións sociais do mundo pesqueiro. Moitos armadores seguiron sendo patróns nos seus barcos mais outros comezaron a ficar en terra, debendo delegar distintas funcións no persoal embarcado. As modificacións nos procesos de captura e a progresiva industrialización propicia a aparición dos primeiros sindicatos mariñeiros. Nas diferentes etapas da ditadura franquista, a política pesqueira terá un denominador común: primar a pesca de altura sobre a flota e produción costeira. As primeiras consecuencias fanse sentir no sector: incremento das capturas de especies de altura (pescada, ollomol e bacallau) e reactivación do sector da construción naval. Nos anos 40 introdúcese en Galiza a produción de molusco encordado

Caderno do alumnado

A pesca da Enseada no tempo

27


Actividades Actividade. 1 No texto hai oito conceptos en cursiva. Busca información sobre eles e escribe un parágrafo indicando o seu significado

Actividade. 2 A introdución de novas tecnoloxías na pesca sempre foi motivo de conflito no sector. O 26 de maio de 1898, podíase ler no semanario redondelán de "El Pueblo" o seguinte comentario:

"Crendo as vendedoras que a sardiña que chegaba ao mercado fora pescada coa traíña, esmagaron cos seus pés a mercadoría, botándoa polo chan." Relaciona este feito co conflito ludista descrito no texto e intenta buscar exemplos na actualidade deste tipo de fenómeno.

Caderno do alumnado

en viveiros: bateas . O concello de Redondela terá que agardar ata o ano 1951 para contar coa primeira concesión para esta modalidade de explotación. Esta innovación modificará o sector nas seguintes décadas creando un novo grupo, os produtores de mexillón. Na década de 1960, nace unha nova xeración de buques que introduce parte dos procesos transformativos a bordo aumentando a capacidade produtiva: barcos factoría. Redondela será testemuña de excepción ao acoller na década de 1960 a factoría de Pescanova, pioneira mundial no conxelado e procesamento de peixe a bordo. A pesca entra na década de 1980 arrastrando os problemas estruturais da sobre-explotación, a descapitalización das empresas pesqueiras, o estabelecemento das Zonas Económicas Exclusivas e o desleixe da flota litoral e artesanal. Como novo factor, a lexislación que se lle aplica provén dunha tríade institucional: Estado, Autonomía, a partir de 1983 e, dende 1986, a CEE. Nos anos 90, a Xunta aproba un Plan de Ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros de Galiza e o estabelecemento de permisos de explotación, entre outras medidas. Nas décadas seguintes, os cruces de intereses entre os diferentes países da UE e certa desvantaxe estrutural de Galiza no seo do Estado Español define a política pesqueira. A partir do ano 2003, a UE suxire fixar obxectivos a longo prazo e adoptar medidas para corrixir a sobre capacidade da flota pesqueira. O concepto de pesca sostible imponse no marco comunitario.

28


Actividade. 3 Nas ordenanzas municipais de Redondela de 1705 podemos ler:

“ordenaron que por quanto en la mar y distrito de la dicha villa de Redondela suelen morir ostra en alguna cantidad y algunas perssonas, ansi vezinos como forasteros, la vienen a pescar a la jurisdicion que la dicha villa tiene por la mar con unas armadixas que se dizen rastros, y con las dichas armadijas matan toda la cria de la dicha ostra de manera que a venido a pereçer y pereçe, y si esto no se remedia seran pareçer la dicha ostra de todo como otras veçes a paresçido (. . . ) ordenaron que no la maten con dichos rastros atento que ay otras maneras con que se puedan matar sin daño de la dicha cria, y la persona que truxere e matare con el dicho rastro pierda la dicha armadixa de rastro y el barco con qeu la fuera a matar e pague mill maravedis de pena aplicados segun atras se contiene”

Caderno do alumnado

Lendo atentamente este texto, procura dar resposta ás seguintes cuestións: Que problemática hai na Redondela de 1605 respecto á ostra? É a primeira vez que a vila se atopa nesta situación? Cal é o remedio que propón a ordenanza? Relaciona esta ordenanza co concepto de “pesca sostible”

29


Organización do sector

Ficha 02

As persoas que traballan no mar organízanse en base a agrupacións e confrarías. A Enseada de San Simón está dividida en tres administracións pesqueiras: as Confrarías de Redondela, Arcade e Vilaboa. Esta última constitúe a máis recente de toda Galiza, creada en 2012, a partir dunha asociación de mariscadoras. Confrarías: Entre as funcións das confrarías, destacamos: Informar e asesorar aos seus socios sobre as leis que lles afectan. Facilitar a formación dos seus socios e socias. Dar a súa opinión á Administración sobre asuntos que lles afectan. Organizar a produción mediante os plans de explotación e a súa comercialización a través da regulación de prezos e da oferta de produto. Vixiar as zonas que lle fosen encomendadas para a súa explotación. A confraría está formada por socios e socias que poden ser persoas físicas ou xurídicas sempre e cando desenvolvan unha actividade empresarial ou laboral dentro do ámbito territorial da confraría. As persoas socias son as depositarias finais do rumbo da confraría. A organización dunha confraría componse dos seguintes órganos reitores: Xunta xeral

O Cabido

É o órgano de goberno e xestión da confraría e está conformado por traballadores e armadores a partes iguais. Os seus membros son elixidos pola xunta xeral ou asemblea por un período de catro anos. O Cabido é o órgano encargado de levar o día a día da confraría Patrón ou Patroa maior

xeral.

É o representante da confraría e é elixido/a entre os membros da xunta

Agrupación de mariscadoras

Dentro dunha confraría pode existir unha agrupación de socios e socias que se dedican á mesma modalidade de traballo e que se asocian para defender os seus intereses económicos e profesionais. O caso das mariscadoras é relevante na medida do peso económico do seu traballo e da situación de desigualdade estrutural na que se atopa a muller no sector. Non é frecuente atopar a mulleres en postos de máxima responsabilidade malia seren unha parte esencial do sector.

Caderno do alumnado

É o órgano superior de goberno e decisión da confraría onde están representados todos os sectores. Os membros son elixidos polos socios por un período de catro anos.

30


As agrupacións contribúen a mellorar as explotacións, o seu coidado, planificación e distribución do traballo. Promociona a formación entre as persoas asociadas e subliña o carácter colectivo do traballo do marisqueo. As agrupacións organízanse en base a unha asemblea e unha xunta directiva que leva o día a día da agrupación. No caso da Enseada de San Simón, é de relevancia que a confraría de Vilaboa nacese grazas ao impulso da Asociación de Mariscadoras de Vilaboa.

Actividades Actividade. 1 Cando un mariñeiro ou mariñeira vai pescar, sae na súa embarcación e o que captura é para el ou ela. O mesmo acontece cando a actividade é o marisqueo, sexa a flote ou a pé. Se, de forma aparente, a actividade mariñeira-pescadora ten este carácter individual, por que pensas que é tan necesario que existan agrupación de mariñeiros e mariñeiras? San Simón sen Confraría e sen agrupación de mariscadoras. Realiza unha táboa indicando elementos positivos e negativos de tal situación en relación aos seguintes temas: conservación do recurso, prezo do recurso, formación das persoas profesionais, incidencia do furtivismo.

Actividade. 3 No mar traballan homes e mulleres. Busca información sobre

o peso económico das mulleres na actividade mariñeira-pescadora na Enseada e, tamén, na presenza de mulleres nos órganos de dirección das diferentes Confrarías. Unha vez que teñas esta información reflexiona sobre a situación. Pensas que existe unha relación proporcional entre un dato e outro? Cales poden ser as razóns que expliquen esta situación? Que farías para mudar esta realidade?

Caderno do alumnado

Actividade. 2 En relación coa anterior cuestión, imaxina unha Enseada de

31


Pesca da Enseada de San Simón

Ficha 03

A Enseada de San Simón conta cun ciclo produtivo diverso determinado pola súa riqueza na produción de moluscos e choco e, por outro lado, limitado pola sobre-explotación, presión urbanística e contaminación das súas augas. O ciclo anual de extracción comezaba coa pesca do choco na primavera, entre marzo e xuño; a pesca de especies peláxicas ata finais do verán e, a partir de outubro, a práctica do marisqueo ata o mes de marzo do ano seguinte. Na actualidade, o marisqueo esténdese ao longo do ano. Segundo os datos da Confraría de Redondela, as actividade de maior peso son:

Toda a actividade do sector está mediada por plans de explotación da pesca e dos recursos marisqueiros que as confrarías presentan de forma anual. Estes plans contan coas cantidades de repoboación, lugares de cría, cantidades de captura, días de veda, etc. Os plans de explotación permiten practicar unha extracción responsable e sostible do recurso. Na modalidade de marisqueo a flote, os recursos principais que extraen son: ameixa fina, ameixa xapónica, ameixa babosa, croque. No marisqueo a flote a arte máis común é o raño. O marisqueo a pé constitúe, en número de persoas, a máis numerosa das actividades. Na composición deste grupo de persoas traballadoras é destacado sinalar a maioritaria presenza de mulleres mariscadoras. Tradicionalmente esta é unha actividade altamente feminizada. Os principais recursos que extrae este sector son: ameixa fina, ameixa xapónica, ameixa babosa e croque. Os bivalvos extráense con diversas artes, todas elas manuais. No caso de Redondela, son principalmente, catro: sacho, legón, angazo e gancha. O peso do cultivo de mexillón na Enseada de San Simón no global da Ría de Vigo é certamente reducido. En total, hai operativas 75 bateas das case 500 que hai no conxunto da Ría. Na Enseada tamén se extrae peixe. As embarcacións do marisqueo a flote de Redondela contan no seu permiso de explotación con autorización para traballar con outras artes de pesca: trasmallos, nasas (para a extracción de choco), bou de man. Na modalidade de cerco, en Redondela hai 18 barcos que realizan as súas vendas na lonxa do Porto de Vigo.

Caderno do alumnado

Marisqueo a pé e a flote Cultivo do mexillón en batea Captura do choco Pesca da anguía

32


Actividades Actividade. 1 A pesca e o marisqueo necesitan de diferentes artes e

aparellos. Alén dos aquí sinalados, coñeces algún máis. Enumérao, describe o seu aspecto, funcións e especies para as que se utiliza.

Actividade. 2 Os dous cadros que se mostran representan os topes de

Topes de captura Especies A pé (mariscadoras) 2 Kg Ameixa babosa 2 Kg Ameixa fina Ameixa xaponesa 8 Kg Ameixa bicuda 1 Kg Berberecho 12 Kg Caramuxo 5 Kg Longueirón vello 15 Kg Determinarase na resolución Relo

Actividade. 3 Na páxina web www.pescadegalicia.com poderás atopar unha listaxe con todas as embarcacións de Redondela. Unha vez atopes dita listaxe, procura buscar o significado dos seguintes conceptos: Lista, matrícula, folio, eslora, potencia e caladoiro. Que embarcacións pensas que se utilizarán para o marisqueo a flote, e para pescar chocos? Os nomes dos barcos son moi diversos, pero hai certas características que se repiten. Cal é a máis común? Procura atopar unha explicación.

Caderno do alumnado

captura por maré do ano 1961 e do ano 2012. Analiza a información que se observa. Fíxate na presenza ou ausencia das distintas especies e nas cantidades máximas de extracción e procura explicar as diferenzas.

33


O choco

Ficha 04

O choco é unha especie de molusco cefalópodo que se distribúe no Atlántico desde o mar Báltico ata as costas africanas, e polo Mediterráneo. É unha especie que pode atopar en augas superficiais ata os 200 metros. Habita en fondos de area e lodo, introdúcese nas praderías submarinas de ceba (Zostera sp. ) que existen no interior das rías para desovar. As condicións ecolóxicas da Enseada de San Simón constitúen un hábitat ideal para a cría do choco. A pesca comercial do choco realízase con dúas artes diferentes: os trasmallos e as nasas. A súa pesca practícase entre os meses de marzo e xuño. A Confraría de Redondela ten desenvolvido, nos últimos anos, varios proxectos de potenciación da cría do choco e de valorización do produto. A pesca do choco non é unha actividade máis en Redondela. Trátase dunha actividade cun alto peso económico, simbólico, cultural e social. Existe unha identificación social con este animal que transcende o ámbito mariñeiro.

Actividade. 1 Busca información sobre as artes do trasmallo e as nasas. Descríbeas e explica o seu funcionamento. Cal pensas que é a máis adecuada para a pesca do choco? E a máis selectiva? Actividade. 2 A pesca do choco ten un período de veda. Por que pensas que existe esta veda? A que contribúe a existencia de vedas de pesca? Afecta esta veda a todo tipo de pesca, incluída a deportiva? Actividade. 3 A Confraría de Redondela ten unha máquina de etiquetaxe do choco. En que contribúe esta etiquetaxe na valorización do choco? Cal é a diferencia entre un choco de Redondela e outro de Bueu? Que se pretende con esta iniciativa? Podes buscar información na páxina web www.chocoderedondela.com. Actividade. 4 Se é verdade que o choco non é un produto máis da Enseada de San Simón, fai unha relación da presenza do choco fóra da lonxa de Cesantes. A partir desa lista, pensa como se podería valorizar a produción de choco en Redondela.

Caderno do alumnado

Actividades

34


A comercialización

Ficha 05

O proceso da pesca remata coa súa comercialización. Para que chegue o produto do mar ao consumidor, é necesario un conxunto de medios que teñen como fin controlar as cantidades do recurso extraído, evitar o furtivismo e garantir a saúde do consumidor. Tanto o peixe como o marisco non poden ser vendidos de forma directa. A lonxa é un punto de venda e control do produto do mar. É un lugar de paso necesario para a comercialización de peixe. Na lonxa efectúanse diversas operacións: Pésanse os lotes de peixe ou marisco que se poñen á venda; realízase a poxa; emítense as facturas ou albarás, como comprobantes de compra; dánse as guías de descarga, que permiten levar o produto dunha lonxa a outra e, para os compradores, o documento de rexistro que xustifica que o produto que leva foi mercado nunha lonxa ou nun punto de venda autorizado por unha persoa, tamén, autorizada.

Actividades

Actividade. 1 Esta é unha actividade que pretende simular o funcionamento dunha poxa de peixe. Cada participante terá un dos papeis das persoas que interveñen no proceso: un poxador, un representante da confraría e catro compradores. Con tal de aproveitar o xogo, unha vez rematada a poxa, todos os participantes comentarán a súa estratexia. Para realizar a actividade recoméndase visitar unha poxa na lonxa ou explicar como funciona todo o proceso. Xogaremos con tres especies diferentes: choco, ameixa fina e xurelo Personaxes e datos da partida: Este é un xogo de roles para grupos de seis alumnos/as. Cada un/ha terá unha calculadora e un sobre persoal que non poderá mostrar a ningún ata que se fagan os comentarios finais. Cada alumno ou alumna interpretará a un personaxe. No comezo do xogo, cada alumno ou alumna recibirá un sobre co personaxe que terá que interpretar cos detalles do seu papel. Dentro do sobre atoparán os euros necesarios para o xogo.

Caderno do alumnado

A actividade que se presenta é unha versión do material didáctico “El joc de la subhasta” do Museu da Pesca de Palamós (http://www.museudelapesca.org)

35


Os detalles de cada rol son: Poxador/a: Porá o prezo máximo do peixe ou marisco e irá baixando o prezo de 10 en 10 céntimos ata que algún comprador/a berre “meu”. Para fixar os prezos, terá que ter en conta os prezos do día anterior. Representante da Confraría: tomará nota de quen compra que lotes, fará a factura e cobrará. Ten que lembrar que hai que sumar unha taxa da Confraría do 4% sobre total do lote. Mucha ou Moncho vende a varios supermercados: Encargáronlle que tiña que comprar, como mínimo, 4 kg de xurelo, 3 kg de choco e 3 kg de ameixa. Conta con 80 euros. Palmira ou Tomás vende na praza de Redondela ten que comprar, como mínimo, 3 kg de xurelo, 4 kg de choco e 2 kg de ameixa. É importante que non perda o choco, porque hai un restaurante que necesita o xénero para un xantar duns clientes que non pode perder. Conta con 75 euros.

A dona da peixería O Recuncho ten que comprar, como mínimo, 5 kg de xurelo, 3 kg de choco e 2 kg de ameixa. O xurelo está segura de que o venderá e os chocos e as ameixas son unha encomenda dun veciño que ten un xantar de amigos e amigas. Conta con 70 euros. Os prezos de onte na lonxa foron: Xurelo: 2.1 euros/kg Choco: 4.8 euros/kg Ameixa fina: 9.7 euros/kg

Caixas de peixe Estas son as caixas de peixes expostas na lonxa. Fixádevos ben e facede os vosos cálculos para saber o prezo que vos convén mellor! Xurelo: 4 kg, 3,8 kg, 4,2 kg, 3,6 kg, 3 kg Choco: 3,6 kg, 5 kg, 4,3 kg, 4,1 kg

Caderno do alumnado

O comprador ou comprador do Restaurante Casa Chisco ten que comprar, como mínimo, 3 kg. de xurelo, 4 kg. de choco e 3 kg de ameixa para poder prepara un xantar de aniversario. Conta con 85 euros.

36


Ameixa fina: 3,4 kg, 2,9 kg, 4,7 kg

Desenvolvemento do xogo

Confraria de pescadores de Redondela Comprador/a: Especie: Peso da caixa: Prezo kg: Prezo da caixa: 4% de taxas da confraría: 10,5% de recibo compensación (IVE): Prezo total a pagar: Unha vez rematado este proceso, o poxador ou poxadora escollerá unha nova caixa e repetiremos o proceso ata rematar as 12 caixas que están á venda. Unha vez rematado todo o proceso, o poxador ou poxadora e a persoa representante da Confraría terán que calcular o prezo medio da venda de cada especie e apuntalo. Será o prezo referencia para a poxa do día seguinte. Agora toca a quenda aos compradores e compradoras. Haberá quen teña comprado todo o que necesita, outras non por falta de cartos, outras por non ter a decisión de mercar a tempo ou outros mercaron máis do que tiñan pensado

Caderno do alumnado

Cada caixa de peixe será como unha carta da baralla. No comezo do xogo, estarán todas postas cara arriba no medio da mesa. Todos os participantes na poxa tomarán nota do que hai na lonxa. Todos e todas poderán observalas durante uns minutos. Despois, o poxador ou poxadora sinalará unha das caixas (cartas) e fixará un prezo de saída bastante máis alto que o prezo de compra-venda do día anterior. Irá baixando o prezo de 10 en 10 céntimos de euro ata que un dos compradores ou compradoras berre “meu”. Nese momento, o representante da confraría emitirá unha factura. O comprador ou compradora pagará e retirará a carta correspondente á caixa. Namentres, os outros compradores e compradoras farán unha nova configuración da situación para saber cal é a mellor estratexia a seguir. O ou a representante da Confraría xa terá os papeis das facturas coa seguinte información:

37


Caderno do alumnado

Cada comprador ou compradora ten que fixar o prezo ao que quere vender o xénero. Cando todas as persoas compradoras o teñan decidido, escribirano nun papel e o porán boca arriba na mesa, á vista do resto de participantes. Se é moi caro, venderán pouco, se é moi barato, gañarán pouco! Unha vez finalizada a interpretación, resta falar sobre as diferentes estratexias que cada quen utilizou para comprar e vender o peixe. Realizade un cadro explicando a estratexia de cada un/ha, os resultados da poxa e posibles melloras para o futuro. En todo o proceso de venda do peixe, o papel dos mariñeiros e mariñeiras é case inexistente. No debate incluíde este temas: Que capacidade ten de incidir no prezo final do xénero? Pode haber situación onde se pague un prezo por baixo dos custes de produción? Que estratexias serían positivas para que mariñeiros e mariñeiras poidan recibir polo seu traballo unha xusta recompensa?

38


Quero traballar no mar

Ficha 06

Naia, Rita e Daniel son tres amigos de Redondela que cursan 4º da ESO. Entre as súas preocupacións está a do seu futuro laboral. Non saben moi ben o que queren ser de maiores. A nai de Rita é mariscadora e o pai de Daniel é mariñeiro. Os dous pertencen á Confraría de Redondela. Os traballos do pai e a nai de Naia non están relacionados co mar. Saben que o traballo no mar é duro e, por veces, escoitan na casa que as cousas non van de todo ben. Mais, por outro lado, o mar sempre está presente nas conversas da casa. As familias de Rita e Daniel non poden vivir sen o mar. Algo saben das moitas tarefas que se poden desenvolver no mar e en terra, pero non están moi seguros de todo. Despois de falar, deciden investigar sobre a posibilidade de continuar a tradición familiar de Rita e Daniel. Axuda ao noso grupo de amigos a informarse sobre o traballo no mar.

Actividades

www.medioruralemar.xunta.es/mar/investigacion_e_formacion/formacion

Actividade. 2 No mar hai multitude de traballos e tarefas. Fai unha listaxe con todos os oficios-traballos que coñezas relacionados co sector pesqueiromarisqueiro. Actividade. 3 A diferencia doutros traballos, no mar, as tarefas están repartidas ao longo do ano. Pensa nun ano de vida dunha persoa que se dedica á pesca en Redondela e realiza un cadro ordenando os traballos por meses. Actividade. 4 Na casa de Daniel fálase moito do duro que é o traballo no mar. Busca información sobre os perigos desta actividade. Enuméraos e pensa posibles medidas de seguridade. Actividade. 5 Como se remunera o traballo no mar? Investiga sobre o salario das persoas que traballan no mar. É un salario constante? De que depende o

Caderno do alumnado

Actividade. 1 Calquera persoa pode ser mariñeira-pescadora e mariscadora? Que tipos de estudos ou formación son necesarios para chegar a ser mariñeiro/a ou mariscadora? Busca información na páxina web da Consellería do Mar sobre as vías que Rita, Daniel e Naia teñen.

39


salario? Pensas que pode chegar a ser un salario digno para sustentar unha vida?

Caderno do alumnado

Actividade. 6 Por último, e para axudar a que Rita, Daniel e Naia tomen unha decisión, fai un cadro con cinco razóns para traballar no mar e outras cinco para buscar outra actividade. Unha vez realizado o cadro, debate cos teus compañeiros e compañeiras de clase sobre o tema.

40


Futuro da Pesca

Ficha 07

O futuro da pesca e marisqueo na Enseada de San Simón presenta retos propios do lugar e outros que son comúns á pesca en Galiza. Presentamos algunhas das problemáticas de maior peso no sector e posibles medidas de mellora. As condicións ambientais da Enseada de San Simón non son as máis óptimas para a conservación da actividade pesqueira e marisqueira. Malia as proteccións establecidas por constituír un espazo dentro da Rede Natura2000, a Enseada sofre unha forte presión urbanística, verquidos incontrolados nas súas augas, recheos que debilitan o seu sistema de correntes e fluxos mariños, presenza de especies invasoras, etc. O control de verquidos, a concienciación social, o estreitamento das normas construtivas no litoral ou a mellora dos procesos de depuración das augas residuais son medidas necesarias.

O furtivismo favorece a sobre explotación das especies e resulta economicamente pernicioso para o sector. Esta práctica combátese mediante a concienciación de que a actividade mariñeira é unha actividade colectiva onde a acción individual ten efectos sobre o global. A concienciación é necesaria xunto con medidas de control máis intensos. Relacionado con esta problemática sitúase a pouca visibilización da actividade mariñeira na sociedade. Achegar o mar á xente é labor das persoas do sector, valorizando o seu traballo e o seu produto, mais tamén das Administracións públicas. A viabilidade da actividade pesqueira e marisqueira depende, en grande medida, da capacidade de converter o recurso natural en recurso económico. Se o recurso é de calidade e esa calidade é froito do traballo e do lugar de cría, estas terán que contribuír á súa valorización. Quen extrae o produto do mar está, moitas veces, á vontade dos compradores e comercializadores do propio recurso.

Caderno do alumnado

A pesca en Galiza ten experimentado unha forte sobre explotación histórica que minguou a presenza de diversidade de especies na súa costa. Na Enseada temos dous claros exemplos: as ostras e a sardiña. Estas dúas especies eran comúns a mediados do s. XX e, na actualidade, están practicamente desaparecidas debido á sobre explotación. Para paliar a sobre explotación pódense aplicar os principios da pesca sostible de respecto das tallas mínimas e os volumes de capturas, crear viveiros ou espazos-reserva de especial protección, usar artes e aparellos axeitados ás medidas, cantidades e selección das especies capturadas.

41


A comercialización é un dos grandes retos do sector do mar. Neste sentido, medidas como a venda directa, a creación de cooperativas ou estratexias conxuntas de venda e comercialización favorecen que as persoas que viven do mar, poidan seguir vivindo.

Actividades

Caderno do alumnado

Actividade. 1 Os problemas son problemas ata se que atopa unha solución. Le o texto atentamente e realiza un cadro coas problemáticas que afectan á Enseada de San Simón: Xunto ás problemáticas pensa que solucións se poderían artellar. Isto é necesario para solventar os problemas, mais non suficiente. Agora só falta atopar as persoas que teñen que levar adiante ditas solucións. Engade a cada solución un comentario sobre quen podería ou debería ser responsable das accións a tomar. Vendo o cadro resultante, que se pode facer desde o voso Instituto para mellorar esta situación?

42


Financia


Pesca e marisqueo na enseada de san simon  

Unidade didáctica sobre a actividade pesqueira e marisqueira na Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Vilaboa). Contén un caderno par...

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you