Issuu on Google+

AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

1


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

SUMARIO • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Editorial ......................................................................................... O Buxo (5º E. Infantil)................................................................. Murais (6º E. Infantil) ................................................................. Os Merlos (6º E. Infantil) .......................................................... 2012 Ano Internacio nal da Enerxía Sostible ....................... (1º Ciclo de Primaria) 2013 Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga . (1º Ciclo de Primaria) Conto: “Os tres bidueiros”........................................................... (1º de Primaria) Poemas adicados as nosas árbores ............................................ (4º de Primaria) As nosas árbores ........................................................................... (5º de Primaria) Coplas do Magosto ......................................................................... (4º de Primaria) As nosas cancións: “Maio longo”................................................... Moucho Laroucho ............................................................................ (Óscar G.F.) Centenario de Ravachol ................................................................. (5º de Primaria) O entroido en imaxes ..................................................................... Zoorks (Pedro García Lorenzo) .................................................... Entrevista a Mª José Ferrada ..................................................... Exposicións ....................................................................................... Coplas dos maios .............................................................................. Roberto Vidal Bolaño – Letras Galegas 2013 ............................ Polas pólas na escola ....................................................................... Contamos historias .......................................................................... (Yolanda González – Alejandra Tomé) Bibliomarcón: * Novidades ........................................................................................ *Actividades na Biblioteca Escolar ............................................... Adiviña, adiviñanza ............................................................................

2

3 4 5-9 10-12 13 14-25 26-28 29 30-31 32-33 34 35 36-37 40-41 42 43-44 45 46-47 48 49-51 52-54

55-57 57-61 62


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

EDITORIAL Esta é unha nova experiencia para nós. As novas tecnoloxías van facéndose cada vez máis patentes no noso Colexio e aquí tedes o resultado: a primeira revista dixital “As Nosas Lideiras”. Da man da coordinadora das TIC, a profesora Florentina Otero, levamos a cabo esta experiencia que esperamos vos guste. Como é a primeira vez, seguro que atoparedes algún fallo susceptible de ser mellorado. Pero tamén esperamos que vos decatedes de toda a ilusión que se puxo en cada páxina. Foi un esforzo colectivo que, ademais da novidade, ofrécenos todas as vantaxes da era dixital: economía de espazo; tela sempre ao noso alcance a través da maxia da Internet; aforro de papel; etc. Conservamos o mesmo formato da revista en papel, co deseño tradicional da portada que, como vedes, fai referencia a Landriña, a mascota da Biblioteca, que cumple dous anos. Tan pequerrecha ela e xa con tanta experiencia das moitas actividades de animación a lectura que se fan neste espazo. Porque, como diciamos o ano pasado, a Biblioteca Escolar queremos que siga sendo o “motor” do Colexio e, por iso, o seu Equipo Dinamizador, coordinado pola profesora Mª Carmen de Vega, está a realizar un gran esforzo, levando a cabo unha profunda transformación na mesma para que a comunidade escolar se anime a ver nos libros uns amigos que nos axudan a pasar moi bos momentos. Esperamos que con estas páxinas dixitais pasedes un bo rato. Entrade nelas e... a disfrutar. E. de D. da Lingua Galega

3


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

O BUXO OS ALUMNOS E ALUMNAS DE E.I. 4 ANOS DO C.E.I.P. DE MARCÓN, ESTÁN FACENDO

UN BUXO ENTRE TODOS CON DIFERENTES TEXTURAS DE PAPEL.

ESTE CURSO ACABARON O TRONCO E AS RAMAS E QUEDA PARA O SEGUINTE FINALIZALO. FIXERON UN TRABALLO BEN LUCIDO E CUNHA ELABORACIÓN TOTALMENTE ARTESANAL. CADA UN DA CLASE PUXO MOITO INTERESE, E O SEU GRANCIÑO DE AREA PARA QUE POIDADES APRECIAR A SÚA OBRA. É UNHA PENA QUE NON PUIDERAN REMATALO, PERO ESPERAMOS QUE SE POIDA VER A FIN PROXIMAMENTE. AUTORES : ADONAY, ADRIANA, BREOGÁN, CARLOS, DAVID, DIEGO R., DIEGO V., ESTELA, HÉCTOR, HUGO, LOLA, MARCOS, MARTÍN, MATEO, MICHAEL, PAULA P., PAULA T., SAMUEL, SODA, TOMÁS, YAGO, YAGO REGO. Enlace de vídeo http://www.youtube.com/watch?v=wTETS85C1jo

4


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

TRABALLANDO EN EQUIPO FIXEMOS MURAIS DE OUTONO, INVERNO E PRIMAVERA

Este é o mural completo de Outono, que recolle traballos feitos na aula e outros que trouxeron da casa, na que buscaron imaxes ou aportaron fotografías para a súa elaboración

5


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Co selo da súa mascota, crearon froitas de outono

6


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

7


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

INVERNO

8


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCร“N - CURSO 2012/2013

PRIMAVERA

Alumnos de 6ยบ de E.Infantil

9


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

PEQUENOS ARTISTAS DEBUXAN O ESPECTÁCULO “MERLOS” de Miro Magariños

10


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

11


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCร“N - CURSO 2012/2013

6ยบ de E.I.

12


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

O 2012 foi o Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos, e os nenos e nenas do 1º Ciclo de Primaria, no 1º Trimestre traballaron nun proxecto relacionado con este tema, sacando conclusións importantes. Este traballo estivo exposto, xunto cos de outros colexios do Concello, no Teatro Principal.

Se queres saber algo mais do seu traballo “clica” aquí. http://www.slideshare.net/Florenotero/2012-enerxa-sostible 13


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

2013: ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA. Os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria traballaron nun proxecto: A auga no noso planeta. As súas utilidades. Os nen@s de 1º recolleron información sobre a contaminación do mar.

14


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

15


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

16


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

17


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

18


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

19


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Que é a “auga oculta” ou “auga virtual”?

20


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

21


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Aprenderon que é moi importante facer un uso racional da auga.

22


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

OS CONTOS DA AUGA

23


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

24


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCร“N - CURSO 2012/2013

2ยบ de Primaria

25


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

TALLER DE ESCRITURA: OS TRES BIDUEIROS

26


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

27


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Autores: 1º de Primaria Ilustradores: Yaiza, Huda.

Despois de ler: Entre todos fixeron a súa propia versión.

28


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Os nenos de 4º pintamos 21 árbores diferentes utilizando temperas de cores e papel dos xornais. Para rematar o traballo, escribimos pequenos poemas: Os rapaces de 4º con moita ilusión, pintaron as árbores usando a imaxinación.

Os rapaces de 4º árbores pintaron, xa que algunhas do colexio as derribaron.

As nosas árbores son fermosas. Con periódico e brochas, fixémolas marabillosas.

Todos os nenos de 4º de primaria debuxamos árbores coa nosa imaxinación e con cores moi bonitas.

Os nenos de Marcón divertímonos un montón facendo árbores a cor con traballo e imaxinación. Saíu xenial!

Os nenos de Marcón esforzámonos un montón a parte de estudar o tivemos que “currar”.

Os rapaces de 4º árbores pintamos coa axuda da “profe” as decoramos.

As árbores que con ilusión ilustramos, e logo con pintura coloreamos no corredor do colexio as mostramos 29


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

AS NOSAS ARBORES No noso colexio temos un patio con pistas de fútbol,de balonmán e de baloncesto. Tamén hai un bonito bosque, un pouco pequeno,pero moi xeitoso. Podemos atopar carballos,castiñeiros,unha cerdeira e mesmo un abeto que plantamos un nadal. Este ano decidimos observar unhas árbores en concreto, dous carballos e un castiñeiro.

Sacámoslles fotos cada semana. Empezamos no mes de outubro. Despois buscamos información na biblioteca do centro e en Internet sobre o carballo. O Carballo: É autóctono da Europa atlántica e continental. Atopamos carballos ,entre outros lugares, na Península Ibérica, Asia , América e mesmo no norte de África.En Galicia foi a especie principal durante séculos. O froito do carballo son as landras ou belotas. As landras están provistas dun longo pedúnculo A madeira do carballo utilízase principalmente para a construción de casas,fabricación de mobles,toneis, armas,travesas de tren…

30


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Tamén foi e segue a ser o principal combustível das lareiras e cociñas galegas.Coa infusión da cortiza prepáranse baños para tratar os sabañóns. O carballo tamén tivo uso ornamental nos lugares públicos de Galicia. Cerca do noso colexio temos un carballo moi vello.Está na parroquia de Mourente.É o carballo de Santa Margarida. Esperemos que os nosos carballos cheguen a durar tantos anos coma este!!! Alumnado de 5º Curso.

31


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Fun ao monte por castañas Atopeime cuns ourizos Metinos nunha caixa E leveinos para casa (Uxia 4º) Dende aquí á miña casa Todo é camiño chan So hai castiñeiros E ourizos polo chan. (Sara Casqueiro)

Fun ao río por noces Fun ao río por castañas Fun ao río por ourizos Fun ao río por perquiñas. (Oscar 4º). Debaixo do castiñeiro Non chove nin hai orballo Castañe que has de ser miña Non me deas máis traballo. (Lois)

A tempada das castañas Xa chegou aquí a Marcón E pasamos todo o día Tralo tesouro marrón. (Dinke) 32


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Este ano o outono Trae castañas a varrer Imos a facer magostos E enchernos a comer. (Alex C) Miña nai dóeme a barriga! Miña filla,confesión. As castañas que comiches De que castiñeiro son? (Laura Iglesias).

Castiñeiro sen polóns Que castañas pode dar Mozo solteiro sen dentes Que moza pode atopar. (Yolanda) A castaña do castaño Chorou moito e se empapou Caeu do castiñeiro abaixo E chorando alí quedou (Patrick). Castañas asadas Que boas están Coidado con elas Que queiman na man. (Alba G).

33


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

AS NOSAS CANCIÓNS ( Traballo realizado polo alumnado de 6º curso) MAIO LONGO Este curso aprendimos unha canción titulada “Maio longo”. A letra foi escrita por Rosalia de Castro e a música composta por José Baldomir. Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Entre as súas obras destaca Cantares Gallegos, o primeiro libro impreso en galego nunha época na que a lingua galega non se empregaba como lingua escrita.Outro libro de poemas moi importante foi “Follas Novas” ao cal pertence “maio longo”. Moitos poemas de Rosalía foron musicados por compositores daquela época. José Baldomir Rodríguez naceu na Coruña no ano 1867 e morreu en 1947.Aprendeu música dun compositor moi famoso, Marcial Torres Adalid que era o seu curmá. Dirixiu coros importantes e recolleu temas tradicionais galegos. Pero polo que mais destaca é por musicar poemas de Curros, Cabanillas e Rosalía entre outros.Desgraciadamente dos máis de cincuenta poemas que musicou só se conservan uns poucos. Entre eles podemos salientar “ Maio longo”, “Meus amores”, “¿Cómo foi” Nós ademais de aprender a canción estudamos o proceso que hai que seguir para poñer música a un poema: contar as sílabas,axustar os acentos…. Aquí vos deixamos a partitura desta fermosa melodía por se a queredes tocar coa frauta ou mesmo cantar.

34


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

35


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

CENTENARIO DE RAVACHOL Ravachol naceu arredor do ano 1981 e morreu o 24 ou 25 de xaneiro de 1913. O noso amigo era un papagaio mascota de D. Perfeuto Feijóo e vivía na botica que éste tiña na Praza da Peregrina en Pontevedra. Ravachol era un pouco maleducado e grazas a iso fíxose famoso en toda Pontevedra e parroquias dos arredores. Dicía frases curiosas coma estas: “ Se collo a vara”…”Aquí non se fía” ou “arre, arre”. Cóntanse moitas anécdotas de Ravachol unhas certas e outras…. Ravachol era un loro moi listo e cando se fixo popular todo o mundo lle traía unha lambetada ou gominola.Se non a traían Ravachol dicía frases como “vaite de aí lambón” ou a xa nomeada “ se collo a vara”. Cando D. Perfecto ía á trastenda deixaba a Ravachol só. Se chegaba algún cliente Ravachol o avisaba “D. Perfeuto,xente na tenda” ou “D. Perfeuto ,parroquia”. Se collo a vara!!

Ravachol tíñalle manía aos cregos e cando entraba algún na botica o manifestaba facendo o son dun corvo: “crua, crua,crua…” xa que eles ían sempre de negro coma os corvos.

Nunha ocasión e debido a súa facilidade para falar escollerono para actuar nunha obra de teatro.Tocoulle un papel moi curto na quinta escea.Como era de esperar, cando o sacaron ao escenario fixo o que lle petou e empezou a dicir as súas frases favoritas.. 36


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Como esta poderiamos contar moitas máis anécdotas de Ravachol.

O 27 de xaneiro de 1913 a prensa pontevedresa informaba do pasamento de Ravachol .Algúns destes periódicos ainda se conservan no Museo de Pontevedra. Non se soubo moi ben a causa da morte de Ravachol . Uns dicían que fora por unha misteriosa enfermidade,outros por un empacho de biscoitos mollados en viño…. Incluso hai quen dicia que o envelenara alguén enfadado polos insultos que lle adicaba.

Ravachol foi embalsamado e colocáronno enriba dunha mesa na botica,rodeado de flores .Acudiu moita xente a darlle o pesame a D.Perfeuto.

Disfrazada moita xente participou nun gran desfile que se organizou na cidade,para acompañar os restos mortais de Ravachol feito que coincidiu co entroido. Hoxe en dia nas festas do entroido recordamos esta historia de Ravachol e o seu enterro.

Traballo realizado polos alumnos de 5º curso

37


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

COPLAS DO ENTROIDO

A aula da profe Merche necesita mais calor porque dentro vai un frío que é unha desesperación.

Os rapaces de Marcón Saímos na onda cero Dicimos dúas cousiñas Non nos cortamos un pelo.

O proxecto de lectura Esta saíndo fetén Xa sabemos ler mellor Que iso nos ben moi ben.

Agora na biblioteca Hai maletas viaxeiras Non sabemos o que teñen Poden traer ata lendas.

E agora ao colexio chegaron bastantes nenos Dentro duns pouquiños anos Xa todos non caberemos

38


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013 Este venres cos disfraces Ímolo pasar moi ben Seguro que hai piratas E bucaneiros tamén.

Este ano na escola Hai orellas e filloas E como estamos en crise Temos que comelas soas

Os disfraces traeremos Comprados ou reciclados Despois da festa teremos Uns dias ben descansados

Agora os nosos profes non nos deixan engordar vannos quitar o entroido, as filloas e o chámpan

Por causa desta gran crise non temos nin pra disfraces poñamos uns trapos vellos e a disfrutar rapaces

Este ano ven o entroido cargadiño de miserias vamos a pasalo ben e esquecelas todas elas

39


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

40


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

41


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

ZOORKS Estamos no ano 2348 e descubrimos vida en Marte. Non se sabe que nos poderemos atopar. Vamos a Marte nunha misión para buscar aos marcianos e saber se son perigosos, listos, bos... O capitán preguntou os nomes de todos os pasaxeiros cando chegou a un rapaz moi miudo respondeulle con voz suave: -Eu son… -Quén? -Son Lucas. “Collede as armas e subide á nave!” dixo o capitán berrando moi forte. Ao día seguinte chegamos a Marte. Buscamos, buscamos e nada. Lucas, colouse nun oco que levaba a unha base secreta dos marcianos. En cuestión de segundos estabamos rodeados. Eran uns seres verdes e pequenos. Lucas preguntou quen eran, e eles respondéronlle: -Somos os Zoorks e queremos ensinarvos os coñecementos que temos e que nos ensinédes os vosos, pra asi saber mais todos. Levamos ao seu líder para Terra e cando chegamos todos se sorprenderon cos Zoorks. Cando o líder dos Zoorks falou co presidente, el dixo: -Eso teremos que falalo. Un ano máis tarde todos vivían xa en paz, xa intercambiaran os coñecementos e grazas a eso poderon construir moitas cousas como por exemplo unha ponte para unir dous planetas e así poder ser máis facil ir de un planeta a outro. Pedro García Lorenzo. 5º de Primaria

42


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

ENTREVISTA A Mª Jose Ferrada O pasado 17 de abril os alumnos do Terceiro Ciclo fixemos un obradoiro de escritura. Para levar a cabo esta actividade contamos coa presenza de Mª José Ferrada, escritora chilena especializada en escribir obras para nenos. Aproveitamos a presenza da escritora para conversar con ela sobre o seu traballo destes anos. ¿Canto tempo tardaches en escribir “ un mundo raro”? Tardei un ano, un ano moi raro ¿Cantos anos levas adicándote a esto? Empecei a escribir de pequena,cando era màis ou menos coma vos.Ademáis eu teño un irmán que é quince anos mais pequeno ca min e empecei a contarlle historias,facíalle libriños de cartón...Eu tiña dezaoito anos e el tres.Xa fai bastante desto!!!!! Escribiches algun libro en Chile? Escribin algúns en Chile e outros en Barcelona. Escribes só para nenos ou fixeches algún libro para adultos? Empecei tratando de escribir para adultos pero non se me daba ben e creo que me vai mellor escribir para nenos. Agora teño o proxecto de escribir unha novela para xóvenes. A ver como queda!! Fai moito que estás en España? Desta volta cheguei en febreiro e estarei ata o mes de xuño.Estou traballando cunha beca dunha editorial que ten unha colección de libros para nenos autistas.Estou aprendendo como escribir para eles,como se traballan as ilustracións… Con que libro quedaches mais contenta? Eu creo que eso pasa por épocas.Agora estou moi contenta con éste,que é un dos últimos. Con él gañei un premio.O libro está adicado á miña avoa que xa morreu e podiamos dicir que é bastante autobiográfico.Téñolle moito cariño e recórdame á miña avoa cando o leo. Que se sinte cando se recibe un premio importante? Unha emociónase moito,e tamén os pais,a familia os amigos.Tamén é moi importante ver o libro publicado, Ademáis o premio recibino polo libro que está

43


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

adicado á miña avoa, “ El idioma secreto”.Eu xa me presentara ao premio con outros libros e non conseguira nada,pero como son moi insistente seguin enviando e traballando.Finalmente déronme o premio por este libro que para min foi o mellor porque é como un regalo para a miña avoa. Chile parécelle un pais de inspiración? Eu creo que si porque ten unha paisaxe moi verde, moi diversa e a paisaxe é moi importante para inspirarse.Dous escritores chilenos moi coñecidos,Pablo Neruda e Gabriela Mistral escribiron moito sobre a paisaxe. As nosas letras teñen moito que ver coa paisaxe. Nós aquí tamén temos escritores que se inspiraron na paisaxe,Rosalia,Manuel María… Sabedes algunha poesía que fale da paisaxe? Neste punto da conversa pasamos nós a seren os entrevistados. Comezamos a recitar a poesía de Rosalía “Adios ríos,adios fontes”.Mª Jose, que xa a coñecía, comentounos que lle parecía unha poesía moi emocionante.A A continuación preguntounos como nos fora co noso conto,se nos resultara doado de escribirl…. E engadiu que para ela o mellor de escribir é que un se divirta escribindo. E así o fixemos e comezamos a ler as historias que fixemos tomando como modelo o seu libro ( que xa forma parte da nosa biblioteca ) “Un mundo raro”.

44


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

(Xaneiro 2013)

(Abril 2013)

45


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013 COPLAS DOS MAIOS

Este ano na escola Unha árbore caeu Por culpa do temporal Unha verxa nós rompeu.

E agora os nosos profes xa non saben que facer quitaronlle a paga extra e non a van volver ter.

E noso rei de España Xa non quere cazar mais Pois o cazar elefantes Espatarrouse e zas.

Este noso rei de España xa non sabe que facer que se vai para Bosguana a cazar e mais comer . Este ano no colexio Queremos patio cuberto Para así poder xogare Os días de chuvia e vento

E agora ao pavillón entralle a auga dentro non sabemos que lle pasa entralle até o vento .

46


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Agora se te pos malo os xaropes pagarás non che van a ser baratos coidadiño co que fas.

Os deberes son un rollo mándannos un montonazo pero o peor de todo non nos levan nin ao Pazo

E agora cos do paro Faremos unha cidade Imaxinade as cifras Menuda comunidade.

O hospital do Carrasco Quedoulles aí aparcado Iano facer moi pronto E deixárono de lado.

Este ano os profesores Non deixan ir de excursión Por eso nós os maiores Protestamos con razón

Agora polos recortes Parados hai a montóns Os profes sen paga extra Os nenos sen excursións

47


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

(Santiago de Compostela 1950 – 2002)

Levado polas ganas de contar historias, comeza a facer teatro sendo moi novo e xa todas as súas actividades xirarán en torno a esta arte dramática. Formou parte do Grupo Abrente, que renovou o teatro galego Funda o Teatro do Antroido en 1975 co que trata de partir desde o festivo e o popular ata outro teatro marcado polas condicións políticas e sociais da transición. Dentro do teatro, cubría todas as facetas: autor, director, actor, iluminador. A partir de 1978 decide vivir do teatro, dando un paso definitivo cara a profesionalización do teatro galego. O Centro Dramático Galego estréase en 1984 e o dramaturgo é o primeiro autor galego en estrear peza propia e dirixila. Tras oito anos apartado da primeira liña do teatro, na década dos noventa retorna á loita escénica e gaña o premio Alvaro Cunqueiro. Funda unha nova compañía que será a definitiva de Bolaño: Teatro de Aquí. Con ela, busca un tipo de teatro que ofrecese un espello no que mirarse, que contase historias que explicasen algo sobre nós. É nesta última etapa na que lle chega o maior recoñecemento, con premios como “Rafael Dieste”, “Xacobeo 92”, “Eixo Atlántico”, “María Casares”... A produción de Vidal Bolaño estivo caracterizada polo compromiso co país e coa lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa transición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego. Este ano 2013 adícaselle o Día das Letras Galegas.

48


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

D. Jaime Bernardo Blanco-Dios, autor e coautor de numerosos artigos científicos no eido da botánica e da micoloxía. Presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra (brincabois@gmail.com) e coautor do libro: “As árbores da cidade de Pontevedra” editado polo mesmo concello e que podedes atopar na biblioteca desta escola. D. Jaime, actuou de guía nun paseo polo patio para axudarnos a coñecer as árbores e outras plantas que nos acompañan no día a día dándonos beleza, sombra e froitos, entre outras cosas que cada quen pode descubrir. Durante este paseo puidemos comprobar a gran variedade de árbores que adornan a escola. Comezamos por unha abeleira nova. No inverno florece, na primavera fermosas follas verdes e no verán e outono formación e maduración do froito as abelás. As pólas finas usáronse para cestería e para doelas de bocois. A madeira, branco-avermellada, lixeira, empregada para facer mangos de ferramentas, cribas, avións de aeromodelismo ou carbón para pólvora. Ademais a súa casca e as súas follas foron usadas para deter hemorraxias e diarreas.

49


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

O bidueiro caracterízase pola cor abrancazada da súa casca. Dende a antigüidade tivo múltiples usos: a casca, combustible, impermeable, para cubrir teitos e mesmo facer as perneiras dos zocos. A súa madeira é moi doada de traballar fanse pratos para o polbo, culleres, calzado para a neve,… O ameneiro, as raíces son quen de fixar o nitróxeno atmosférico e pode vivir perfectamente con elas dentro da auga. A súa madeira úsase en ebanistería, e tornería e para mobles xa que tingue e pule con facilidade imitando madeiras nobres. O ameneiro de sexto

O abeto de cuarto Terceiro co seu acivro

50


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

A nespereira produce froitos comestibles as nésperas, a súa floración é no outono e a principios do inverno e a frutificación en abril e maio. O pradairo americano de madeira branco-cremosa, usada en tonelería, pasta de papel e mobles baratos. A cerdeira cultivada polos seus froitos as cereixas e pola súa beleza.

Bibliografía: “As árbores da cidade de Pontevedra”. Jaime Bernardo e Amancio Castro. Ed. Concello de Pontevedra. Orquídea dos campos galegos.

51


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

A búsqueda de Violeta Nun lugar había unha casa pequena na que vivían Violeta, o seu pai e a súa nai. A Violeta gustáballe descubrir cousas, así que un dia colleu a merenda e todo o que necesitaba e foise buscar unha...fada! Ese dia estivo toda a tarde buscándoa e cando ia caer a noite, foise para casa preparouse e quedouse a durmir no sofá. Ao día seguinte pola mañá díxolle a súa nai: -Mamá, está o almorzo. -Si, vén tomar o almorzo. Violeta cando acabou de almorzar despediuse da nai e foise directamente ao bosque a buscar a súa fada. Ela sabía que por moito que buscara non ia encontrala, pero de súpeto tivo unha idea facer unha casa para fadas. Cando era a hora de comer marchou, e ao acabar de comer, foi rapidamente ao seu cuarto e fixo unha casa as fadas, e cando rematou lle dixo a súa nai que se ía. Violeta había quedado coas amigas na cabaña que fixeran no bosque: -Olaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!. –dixo Violeta. -Ola.- respondéronlle todas. -Ensinanos a casa das fadas?- preguntoulle Leticia. -Vale,vale, que vos parece?- dixo Violeta ensinándollela. -Que chula. -Gracias, veña imos buscar as nosas fadas. Fóra da cabaña empezaron a dicir como lle gustarían que foran as súas fadas, pero de repente...Leticia caeu, caeu e caeu ata que chegou ao fondo do pozo do señor Viramontañas, que era un señor moi sabiondo. -Socorrooooooooo!!!!!!!- gritaba Leticia.

52


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Cando Leticia chegou ao fondo do pozo cheo de auga gritou: -Que guai! -Como?- dixeron as súas amigas, porque como o ía a pasar guai nun pozo. -Sabedes por que é guai? -Non. -Porque parece unha piscina. -Pero agora como subes? -Non sabedes que agora nos pozos hai escaleiras? -Eh? – dixeron todos estrañadas. -Si, queredes baixar? -Siiiiii- contestaron todas, excepto Violeta. -Violeta ti non queres baixar? -Non, porque eu vin aqui para buscar a miña fada. -Pero un descanso non ben mal. Violeta seguiu para adiante, e como estaba moi cansa sentouse ao pé dunha árbore. Pasou un tempo, e Violeta quedouse durmida e, de repente, escoitou un ruido. -Que foi ese ruido? Violeta mirou a casa das fadas e que habia no “sofá”? -Unha fada? A miña fada? Violeta coñeceu a fada e... bueno, queredes saber como era... imaxinadea! FIN Yolanda González

Saber o que vai ocorrer 53


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Imaxinas espertar e atopar un libro no peitoril da fiestra…Pois a Laura ocurriulle !!! Si así é, queredes saber o que fixo Laura, supoño que si; así que poñédeos cómodos e a seguir lendo.

Laura colleu o libro timidamente e leu en voz alta: Queres saber o que vai ocorrer. Pensouno un rato e abriu o libro: Que estraño! – pensou- o libro non ten letras se non debuxos, bueno seguirei lendo máis ou menos. Cando viu a primeira imaxe viuse a ela mesma. -Incrible –pensou. Cando pasou a folla xa estaba vestida e a punto de xantar pero había algo raro unha carta, xa aberta, atopábase enriba da mesa, ela na imaxe saltaba de ledicia. Había unha carta enriba da mesa cando pasou de novo a folla pudo distinguir o que poñía nela “ Foi vostede seleccionada como gañadora do concurso de talentos no que participou ”. Claro, o que vós non sabedes, é que a Laura o que máis lle gustaba era bailar e entón decidira apuntarse a un concurso de talentos. Terminou de ler o libro pero unha cousa nova apareceu Laura leu en alto: -POST:Se liches este libro as cousas que poñían nel ocurrirán pero ao revés. -Bueno, eu non teño que crer o que pon no libro. Pero ocorriu todo o que poñía, Laura empezábase a preocupar pero xusto o día antes de que recibira a carta apareceu outro libro esta vez o título era podes arranxalo todo. Cando a nena viu que con so pulsar un botón todo volvería ser como antes aceptou sen pensalo e así todo volveu ao principio. Porque non saber o que vai ocorrer e moito máis interesante. E quen sabe, quizais pronto pode ocurrirte o mesmo que a Laura. Alejandra Tomé

54


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Que podo contar?! Un ano máis dende estas páxinas quero saudarvos a todos os nenos e nenas que me visitade, desfrutades e coidades de todo o que aquí temos!!! Un saúdo moi especial para os equipos de maiores que foron axudantes. MOITAS GRAZAS!!!!!

A principios da primavera

Estou moi contenta co bosque que me fixéstedes para que asi, cando estea cansa poda xogar e durmir nel. Ten ata árbores froiteiras!!!

55


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Agora preséntovos algunhas das novidades que chegaron a nosa BE:

E moitos máis sobre os que tendes información en: http//www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Tamén podedes visitar o noso blog bibliomarcon@blogspot.com

56


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA ESCOLAR Lemos

Traballamos coa autora Mª José Ferrada

“O mellor de escribir é que un se divirta escribindo”. Que se sinte cando se recibe un premio importante? Unha emociónase moito.Tamén é moi importante ver o libro publicado, Ademáis o premio recibino polo libro que está adicado á miña avoa, “ El idioma secreto”.Eu xa me presentara ao premio con outros libros e non conseguira nada,pero como son moi insistente seguin enviando e traballando.Finalmente déronme o premio por este libro que para min foi o mellor porque é como un regalo para a miña avoa. Mª José Ferrada (escritora)

57


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Representamos teatro

“O coelliño branco” “O

soño do osiño rosa”

Aprendimos a coidar das árbores con Anxo Moure

58

“O carballo con botas” Anxo Moure


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Compartimos lecturas cos compañeiros/as participando en concursos Marcapáxinas gañadores

59


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Concurso lectura terceiro ciclo (iniciación aos clubs de lectura)

Vimos teatro con Miro Magariños

60


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

Miro Magariños debutou como actor no mundo das series de televisión con Mareas vivas, no ano 2000. Como segundo traballo relacionado coas series, apareceu en Platos combinados, no ano 2004. Entre os últimos traballos de Miro Magariños figuran as series A polos 25, Terra de Miranda, Libro de Familia e Platos combinados.

61


AS NOSAS LIDEIRAS

(

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

1

2

"Alto ou baixo deitado ou de pé sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el"

Unha torre moi alta, moi alta, á que a cal e a pedra lle faltan; ten bóvedas máis dun cento e a leva e a trae o vento. ( A ______ _____-

O _____ 3 Na horta do meu amo hai un galiño francés. Ten dentes e non ten boca, ten cabeza e non ten pés.

4 Na horta fun criada, atada con verdes lazos, aquel que chora por min estame partindo a pedazos. A ______

O

____

6

Estou pensando, pensando, de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿Qué parentesco me toca?

5 Alto de pernas, delgado de bóla, e en cada póla, unha perindola.

A O _______ 62

____

___


AS NOSAS LIDEIRAS

CEIP DE MARCÓN - CURSO 2012/2013

R/ PAZOS, 37 – 36158 MARCÓN – PONTEVEDRA TELÉFONO: 986 84 54 00 FAX: 986 86 57 26 ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: -

PARROQUIAS DE MARCÓN E TOMEZA.

CENTRO AO QUE O C.E.I.P. DE MARCÓN ESTÁ ADSCRITO: -

I.E.S. FREI MARTÍN SARMIENTO.

SERVIZOS QUE OFERTA O CENTRO: - BIBLIOTECA. - AULA DE AUDIOVISUAIS. - AULA DE MÚSICA. - AULA DE INFORMÁTICA. - XIMNASIO. - AULAS DE APOIO. - SERVIZO DE ORIENTACIÓN. - PATIO DE RECREO CON PARQUE INFANTIL. - TRANSPORTE ESCOLAR. - PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DO CONCELLO, CAIXANOVA… - PARTICIPACIÓN EN CROS MOURENTE. - OLIMPIADA ESCOLAR. - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA A.N.P.A.: (poden variar cada curso escolar) o NATACIÓN o TALLER LÚDICO INGLÉS o XIMNASIA RÍTMICA o BALONMÁN o KING BOXING o FESTA DOS MAIOS o EXCURSIÓN FIN DE CURSO - ELABORACIÓN DE REVISTA ESCOLAR AS NOSAS LIDEIRAS. - PÁXINA WEB: www.edu.xunta.es/centros/ceipmarcon - BLOG DTO. ORIENTACIÓN: http://marcon-orienta.blogspot.com/ - BLOG BIBLIOTECA: http://bibliomarcon.blogspot.com.es - BLOG 1º CICLO PRIMARIA: http://trasninhosdemarcon.blogspot.com.es/ - COMEDOR ESCOLAR. - PLAN MADRUGA 63


Revista escolar dixital