Issuu on Google+

Despois de ler "La araña enamorada" de Blanca Álvarez (inspirado no cuadro "hirondelle" de Miró), os trasniñ@s sentiron curiosidade por coñecer ese cuadro. E...empezamos a investigar. Atopamos dous cuadros e traballamos sobre eles:

Aprendimos cousas sobre a súa vida e a súa obra. Así viron e interpretaron o primeiro cadro:


JOAN MIRÓ


BIOGRAFÍA Joan Miró Ferrá naceu en Barcelona o 20 de abril de 1893. Miró foi pintor, ceramista, debuxante, gravador e escultor.

Sempre traballou moito e xogou con novos materiais para desenvolver a súa arte. Comezou a pintar dende moi neno; aínda se conservan traballos de cando tiña 8 anos. Aos 18 anos deixou Barcelona, para recuperarse dunha enfermidade , e instalouse en Mont-Roig del Camp, lugar onde pasaría tódolos veráns. Neste pobo decidiu que quería ser artista. Como a paisaxe lle gustaba moito, pintouna nos seus primeiros cadros. Mais tarde viaxou a París e alí coñeceu a Pablo Picasso e foron grandes amigos. En 1940, regresou definitivamente a España para instalarse en Mallorca, onde anos mais tarde crearía o seu propio taller. Como era moi curioso e lle gustaba experimentar, traballou a escultura con distintos obxectos que iba atopando.


Inventando e experimentando, coloreábase os pes e ao camiñar polo cadro pintábao. Ás veces votaba caldeiros con pinturas de cores ou apoiaba as mans sobre o lenzo. Tamén pintaba cunha vasoira en cadros enormes. Era moi enxeñoso! A Fundación Joan Miró inaugurouse en 1976 cunha exposición de traballos doados polo artista. Se queres podes visitala en Barcelona.

Miró é considerado coma un dos máximos representantes do “surrealismo”


Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no "infantil" e no seu país. Wikipedia Pero que é o surrealismo? Pois é un movemento artístico que crea a partir do mundo inconsciente e do mundo dos soños. Pois imos a imaxinar como se reflexa isto na súa arte, a través dun conto. A Joan gustáballe moito pintar animais, cans, peixes, gatos e paxaros. O que lle chamaba máis a atención eran os ollos dos animais, porque a través da súa expresión sabia se estaban contentos ou tristes, se tiñan fame ou frío, se querían xogar ou estaban cansos, así que lles pintaba os ollos de todas as formas posibles: ollos grandes, ollos pequenos, ollos amarelos, ollos abertos, ollos azuis pechados, ollos misteriosos e ollos de moitas cores.

Non pensedes que só sabia pintar ollos. Joan, debuxaba a todos os animais, pero non como eran, senón que os facía máis


belos, poñíalle tres colas e cinco ollos, dous narices e sete patas ou catro orellas e oito pelos. Así foi que os animais se divertían máis dentro dos cadros de Joan que pola rúas da cidade, e non quixeron saír nunca máis dese mundo tan alegre e fantástico onde podían voar e xogar sempre... Era o mundo da fantasía e a ilusión.

Joan amaba a natureza, por iso chamou ás flores, ás follas, ás árbores e a todos os insectos para que gozasen tamén dese mundo de felicidade, ah! e tamén ás pedras pesadas e grises ás que lles dixo: - "eu, pintareivos de cores para que esteades belas. " Colleu as cores que utilizaba, que como vedes eran poucos, e pintou ás pedras grandes e pequenas de amarelo, vermello, verde, azul e laranxa. - Nunca as pedras estiveron tan bonitas!


Un día, o noso amigo, levouse os animais e os insectos a París. Subiron a unha gran torre de ferro e ensinoulles a inmensidade do Universo, presentoulles a lúa e o sol, as estrelas, os planetas e satélites así como tamén as grandes constelacións ou agrupacións de estrelas. E díxolles: - "A partir de agora, formardes parte do noso mundo, poderedes viaxar coa imaxinación a través do cosmos e descubriredes novos mundos e teredes grandes aventuras, porque todo isto é posible se de verdade o desexades. "

Outro día, fixeron outra viaxe, foron a unha illa chamada Mallorca. Era un lugar tranquilo e luminoso. Joan pensou: - todos os animais, as plantas e as estrelas estarán moi a gusto". Os


personaxes que habitaban Mallorca eran os humanos: homes, mulleres nenos, parecían estraños pero eran unha xente boa, tranquila e divertida que gozaba do mundo máxico de Joan. Pronto todos formaron un gran grupo onde o respecto pola liberdade dos outros era a única condición. Iso era un mundo feliz.

"Penso que, ao final da miña vida terei reencontrado todos os valores da nenez". Joan Miró Bibliografía: - Miró para niños

Ed. Susaeta - http://www.slideshare.net/terebonet/cuento-de-mir


Fundaci贸n Mir贸: http://www.fundaciomiro-bcn.org/


JOAN MIRÓ