Vaca Pinta 32. Edición en galego

Page 44

A C T U A L I DA D E

A Xornada Técnica de Africor Lugo e Vaca Pinta regresou ao seu formato presencial Unha decena de relatores deron forma a esta edición, celebrada o 14 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. Na sesión púxose o foco en temáticas coma o estrés por calor, o uso responsable de antibióticos, a pegada de carbono ou o manexo dos datos na granxa.

T

ras dous anos sen poder celebrarse de maneira presencial, a Xornada Técnica de Africor Lugo e Vaca Pinta recuperou o seu formato o 14 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC), onde houbo unha participación moi alta e se expuxeron temas de interese para os profesionais do sector. A cita deu comezo cunha exposición de Israel Flamenbaum, consultor e experto internacional na xestión de rabaños leiteiros e no control do estrés por calor, e propietario da empresa Cow Cooling Solutions, sobre o deseño das instalacións e os medios que se poden implementar para mi44 | Vaca Pinta n.º 32 | 06.2022

tigar os efectos da calor e a importancia do uso de medios de monitorización para o control dos rabaños. Na súa intervención animou ao foro cunha boa noticia: “Afortunadamente o estrés por calor en Galicia está en moi boas condicións con respecto a outras partes de España e do mundo”. Así mesmo, explicou como se pode arrefriar a vaca de maneira directa e indirecta e abordou a importancia de monitorear a efectividade dos tratamentos. Tras el, José Luis Benedito, presidente do Colexio de Veterinarios de Lugo, deulle a palabra a Gerardo Rivero, xefe de Servizo no Departamento de Seguridade Alimentaria

nas Producións Gandeiras da Xunta de Galicia, quen explicou a nova normativa da Unión Europea en materia de medicamentos veterinarios no exercicio desta profesión, especialmente cando se prescriben antimicrobianos para animais produtores de alimentos, e como é o labor de control oficial. “Os alimentos de orixe animal non teñen residuos de medicamentos, pero a utilización de certas medicinas pode xerar resistencias que logo se converten nun problema grave de saúde pública. Por iso, o reto debe ser utilizar os antibióticos que son para a saúde humana como último recurso na veterinaria”, apuntou no seu relatorio.