Vaca Pinta 32. Edición en galego

Page 10

EN VACA TV

O CIAM amosou ante medio cento de gandeiros os seus progresos para a produción de leite O pasado 19 de maio, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) levou a cabo unha xornada para dar a coñecer os seus avances no sector lácteo. O principal obxectivo desta cita, organizada pola Consellería do Medio Rural, foi impulsar a sustentabilidade e a rendibilidade do sector, ademais de profundar en temas como o sistema Crédito Carbono no leite ou nos traballos para alcanzar unha nova tecnoloxía para a trazabilidade do leite de vaca en Galicia. Para abrir o encontro, ao que asistiron medio cento de gandei-

En Vaca.tv

En Vaca.tv

Inauguración con José Luis Cabarcos e Abelardo Nimo

ros galegos, estiveron o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, e o director do CIAM, Abelardo Nimo Silva, que acompañaron aos investigadores encargados de mostrar os diferentes estudos. O primeiro relatorio estivo a cargo de César Resch Zafra, quen ofreceu os resultados WP7 do proxecto Dairy for Future. Seguiu-

no Gonzalo Flores Calvete, que amosou unha nova tecnoloxía para a trazabilidade do leite de vaca en Galicia, e a continuación, na súa quenda, Marcos Veiga López falou sobre a caracterización do leite de pastoreo. Adrián Botana Fernández foi o responsable da última charla, na cal abordou a sustentabilidade dos diferentes sistemas de produción de leite en Galicia.

CONCESIONARIO OFICIAL CONCESIONARIO OFICIAL NEW HOLLAND LUGO, NEW HOLLANDPARA PARA ASTURIAS, CANTABRIA Y LA LUGO, ASTURIAS COMARCA DEL DEZA Y CANTABRIA

10 | Vaca Pinta n.º 31 | 05.2022