Page 26

DE FESTA EN FESTA

26

...E PARA COMER,LUGO

CERVO O concello mariñano conta con dúas celebracións únicas polo seu carácter teatral, a Queimada e a Maruxaina. A Queimada Popular de Cervo celébrase na céntrica Praza do Souto, o sábado seguinte ao 16 de agosto. Sobre un tema invariable, a loita do ben contra o mal, o guión da representación varía ano tras ano. Ao final triunfa o ben e esconxúrase o mal co lume da queimada. A festa foi declarada de interese turístico no 2001. Maruxaina de San Ciprián

Queimada de Cervo ...E PARA COMER,LUGO

O segundo sábado de agosto, a vila de San Cibrao vive con intensidade a Maruxaina, festa declarada de interese turístico no 2002. A Maruxaina, unha serea que vive nuns illotes próximos, é conducida a terra en chalana e sometida a un xuízo nocturno na praza. Acúsana de tocar o corno polas noites para facer naufragar os mariñeiros, pero finalmente conclúese que o que busca é avisalos do perigo e recibe o indulto. O final feliz celébrase ata o mencer.

CERVO El municipio mariñano cuenta con dos celebraciones únicas por su carácter teatral, la Queimada y la Maruxaina. La Queimada Popular de Cervo se celebra en la céntrica Praza do Souto, el sábado siguiente al 16 de agosto. Sobre un tema invariable, la lucha del bien contra el mal, el guión de la representación varía año tras año. Al final triunfa el bien y se conjura el mal con el fuego de la queimada. La fiesta fue declarada de interés turístico en el año 2001.

El segundo sábado de agosto, la villa de San Ciprián vive con intensidad la Maruxaina, fiesta declarada de interés turístico en 2002. La Maruxaina, una sirena que vive en unos islotes cercanos, es conducida a tierra en chalana y sometida a un juicio nocturno en la plaza. Se la acusa de tocar el cuerno por las noches para hacer naufragar a los marineros, pero finalmente se concluye que lo que busca es avisarlos del peligro y recibe el indulto. El final feliz se celebra hasta el amanecer.

II Guía ... E para comer, Lugo 2009  

Guía turística editada por la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (Apehl)

II Guía ... E para comer, Lugo 2009  

Guía turística editada por la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (Apehl)