Autóctonas Galegas 10

Page 91

novas PORCO CELTA

91

I XORNADA MONOGRÁFICA DO PORCO CELTA NO IBADER O 11 de novembro tivo lugar no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) en Lugo a I Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia. O principal obxectivo deste evento é fomentar o coñecemento desta raza e permitirlles unha maior especialización a todos os gandeiros interesados na súa cría e produción. A primeira sesión foi abordada por Jesús Fernández, veterinario de porcino de Nuscience Ibérica SAU, e nela tratou temas tan importantes como a alimentación das diferentes fases de cría e o seu manexo. O segundo relatorio correu a cargo de M.ª Helena Fernández da Escola Politécnica Superior de Lugo, quen lles explicou aos asistentes os diferentes tipos de instalacións que se precisan para a cría de Porco Celta. A mañá rematou coa intervención de Gonzalo López Lorenzo, veterinario do Departamento de Patoloxía Animal da USC, quen amosou diferentes pautas sanitarias aplicables nunha explotación de Porco Celta. Pola tarde foi a quenda de Daniel Franco, investigador do Centro Tecnolóxico da Carne de Ourense, quen realizou varios proxectos con esta raza. Na súa charla falou sobre as diferentes características da carne e da canal de Porco Celta. No segundo relatorio vespertino, Jesús Cantalapiedra, veterinario dos servizos oficiais da Xunta de Galicia, explicou a normativa de benestar animal nas explotacións de porcino. Este encontro deu fin co debate da mesa redonda, na que todos os asistentes puideron aclarar dúbidas ou expresar inquedanzas en relación coa raza Porco Celta. O balance de participación foi moi positivo, pois asistiron a esta primeira edición preto de setenta persoas, que puideron compartir experiencias relacionadas co sector.

CHARLA DE ASOPORCEL NA XORNADA SOBRE SISTEMAS SILVOPASTORAIS

APETITOSO MENÚ NO VALADOURO!

O auditorio municipal José Casal de Vila de Cruces (Pontevedra) acolleu os días 25 e 26 de novembro a Xornada Técnica sobre o Uso Múltiple e Sistemas Silvopastorais en Montes Atlánticos, que estivo dirixida a membros das comunidades de montes, traballadores do sector agrícola e forestal, estudantes e titulados de ciclos formativos, así como a todas as persoas que puidesen estar interesadas.

Do 4 de novembro ao 6 de decembro o restaurante Asturias do Valadouro (Lugo) serviu un saboroso menú cuxa materia prima foi a carne de Porco Celta: de primeiro, táboa de embutidos celtas e, de segundo prato, grellada celta, a base de costeleta, lombo ou segredo, segundo a dispoñibilidade do establecemento. A sobremesa e o café acompañaron esta deliciosa oferta.

Asoporcel encargouse dunha charla específica sobre a xestión de sistemas silvopastorais coa raza Porco Celta. Así mesmo, os asistentes tiveron a oportunidade de visitar a CMVMC do Carballo (Friol), onde se crían animais desta raza autóctona.

Autóctonas Galegas Número 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.