Autóctonas Galegas 10

Page 77

novas

77

AS AUTÓCTONAS GALEGAS, ENTRE AS MELLORES NO EMPREGO DO LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA O día 25 de outubro presentáronse no Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) en Madrid os resultados de evolución dos censos das razas autóctonas e da comercialización dos produtos 100% Raza Autóctona. Os datos reflectiron que as razas autóctonas de Galicia sitúanse entre as mellores en España na divulgación e na promoción dos seus produtos a través do logotipo 100% Raza Autóctona. Algunhas delas, como Galiña de Mos e Porco Celta, seguen a ser as únicas especies autorizadas para o emprego desa marca.

POSTA EN VALOR DA GALIÑA DE MOS NO SAN MARTIÑO DE TEO O 11 de novembro a parroquia de Francos (Teo, A Coruña) celebrou a súa Feira de San Martiño. Tamén nese evento estivo presente a nosa ave autóctona, nesta ocasión da man dos criadores Marco Antonio Feijóo e María Luisa Canicoba, procedentes do propio municipio, que participaron ofrecendo moita información da raza e coa venda de ovos e de exemplares vivos.

A GALIÑA DE MOS E A CACHENA VAN AO MERCADO DE ORDES Mari Luz Gómez Fernández, criadora do concello de Ordes das razas Galiña de Mos e Cachena, asistiu o mércores 15 de novembro ao mercado semanal que se organiza na praza de Abastos desa localidade, que conta con máis de 100 postos. Ese día arrancaban na propia praza unhas xornadas tituladas Vaia Praza-Día e Noite. Xornadas Gastro-lúdicas, cuxo cartel incluía degustacións, showcookings, master class, venda de produtos, música… O evento deu fin o 25 de novembro. Sen dúbida, outro interesante espazo para dar a coñecer a nosa produción autóctona.

Autóctonas Galegas Número 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.