AUTÓCTONAS GALEGAS 9

Page 52

novas

52

A FEIRA MEDIEVAL DE PONTEDEUME OFRECEU “BURGER” DE TENREIRA CACHENA A localidade coruñesa de Pontedeume acolleu a principios de xullo de 2015 a sexta edición do Feirón Medieval dos Andrade, no que a Cachena tivo unha presenza destacada. Houbo unha degustación de tenreira desta raza faci-

litada pola gandería Tras do Río (Ortigueira) e preparada en hamburguesa e, ademais, distribuíronse trípticos con información sobre as súas calidades no abarrotado stand da ACRM Nogueirosa Xente de Aquí e de Acolá.

… E TAMÉN SE SERVIU CARNE DESTA RAZA EN RIBADAVIA! O 4 de xullo celebrouse en Santo André de Campo Redondo a 2.ª Festa Gastronómica da Tenreira Cachena, unha xornada de exaltación da produción destes animais que se crían en liberdade nos montes do corazón do Ribeiro. De feito, os exemplares que logo cataron os centos de comensais nun menú de empanada de carne, carne cocida e carne richada procederon da explotación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coto San Cibrao, que precisamente organizou este festexo co obxectivo de poñer en valor tanto o traballo realizado para a ordenación e o aproveitamento do monte coma as boas calidades que presenta a Cachena na cociña.

Autóctonas Galegas Número 9

PARTICIPACIÓN DOS CRIADORES NA FEIRA DE ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI A cuarta convocatoria da Feira de Artesanía tivo lugar o 4 de xullo e, como vén sendo habitual, ese día fíxose promoción das razas autóctonas galegas. O criador Alberto Fernández, veciño de Outeiro de Rei, levou exemplares da Galiña de Mos, e Jordi Ánguez, tamén criador de Galiña de Mos e mais de Cachena, atendeu o posto de Cachenas de San Breixo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.