Issuu on Google+

A PAC de Fischler

ANO IX • Nº 50

Saneamento

2003

Pagamento dunha factura

Tres muxidos ó día Vodas de ouro


editorial

Botando unha ollada ós nosos inicios, habería que salienta-la difícil tarea de sacar adiante este proxecto que supuxo, e supón, un grande esforzo para a Asociación, non só para os que nela traballamos, senón tamén, como non, para os socios que coa súa confianza nela son os que en definitiva fan posible este proxecto.

50 números

Con este número de "AFRIGA. Producción de Leite en Galicia" se celebran as súas vodas de ouro, ou o que o mesmo, a publicación de 50 números, froito dun grande esforzo e despois de sortear moitas dificultades.

A andaina desta publicación comezou alá polo ano 1994, coa reedición de AFRIGA Informa, que supuxo unha aposta da Asociación por continuar coa edicción da revista que saíra á rúa por primeira vez no ano 1989. Daqueles primeiros anos poderíamos salienta-la grande ilusión e esforzo de AFRIGA por este proxecto, e que afortunadamente foise consolidando co tempo. Cara ó futuro, a pretensión dos que facemos a revista, é a de seguir traballando tendo sempre presente os intereses dos socios, en primeira instancia, xa que deles e para eles é a revista, invitándoos a participar e colaborar na mesma. Sabemos que o futuro do noso sector semella complicado e incerto, sen embargo, na nosa mente está intentar ser un pequeno referente onde cada un de vos como profesionais e empresarios podades atopar toda aquela

información que precisedes para coñecer, ou polo menos, atisba-la dirección que tomen as políticas autonómicas, estatais e comunitarias, así como dar a coñecer todas aquelas iniciativas que se estean levando a cabo polos productores de leite de Galicia, sen esquecernos do que acontece noutras partes do mundo. Botando unha ollada ós nosos inicios, habería que salientala difícil tarea de sacar adiante este proxecto que supuxo, e supón, un grande esforzo para a Asociación, non só para os que nela traballamos, senón tamén, como non, para os socios que coa súa confianza nela son os que en definitiva fan posible este proxecto. Sabemos das nosas limitacións, pero o que dende o principio sempre tivo claro o consello de redacción da revista foi o de defender os intereses dos productores de leite de Galicia. O esforzo pagou a pena e hoxe en día, "AFRIGA. Producción de leite en Galicia" é unha publicación que se ten gañado un certo prestixio dentro do sector, principalmente por unha seriedade, obxectividade e imparcialidade que esperamos manter no futuro.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

3


4

sumario

6

ENTREVISTA

6

Tres muxidos ó día

Visitamos a Gandería Tamaredo onde se está a apostar por muxir tres veces ó día.

ACTUALIDADE

11

Recollémo-las verbas do comisario Fischler sobre as súas propostas de reforma da PAC.

13

COTAS

14

A PAC de Fischler

A día de hoxe as previsións apuntan a unha posible supertaxa no Estado español.

INFORMÁTICA

17

Demostración práctica de pagamento dunha factura de penso.

18

SANIDADE ANIMAL

21

Pagamento dunha factura de penso

Nova campaña de saneamento con algunha novidade sobre campañas anteriores.

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

22

Reunión de Diz Guedes coa Asociación de Empresas Lácteas de Galicia.

21 Saneamento 2003

MERCADO

25

Repaso da actualidade mundial do sector leiteiro, incidindo nos prezos acadados polos productores.

MEDIO AMBIENTE

29

O uso da enerxía do sol en Galicia medrou un 40 por cento o ano pasado.

25 Prezo mínimo de 0,35 €

ALIMENTACIÓN

30

Vantaxes da sementeira directa.

LEXISLACIÓN E RETRINCOS

35

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Celia Fernández, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C-1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

Vantaxes da sementeira directa

34

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003


6

entrevista

Tres muxidos ó día En Galicia estamos a ver coma moitas explotacións están a apostar por modelos diferentes, e se cadra discutidos por moitos, na procura de produccións o máis rendibles posible. Precisamente coa intención de dar a coñecer unha destas novas iniciativas na producción de leite en Galicia, visitamos a Gandería Tamaredo (VilafríoCastroverde), onde se está a apostar por muxir tres veces ó dia. José Manuel Tamaredo Domínguez, xoven de 36 anos está á fronte da Gandería Tamaredo dende os 21 anos, tempo que lle valeu para coñecer en profundidade ó sector da producción de leite e para tomar decisións de tanta transcendencia. Afriga.: ¿Que foi o que lle fixo tomar a decisión de pasar ós tres muxidos? José Manuel Tamaredo: "O motivo foi a rendibilidade económica. Para min, onde está a verdadeira rendibilidade é nas vacas e en producir leite. Se estás botando o xurro estás perdendo tempo e cartos. Aquí na corte gaño máis que estando unha hora co tractor, estou pendente das vacas, e polo tanto, as teño moito máis controladas". AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

A.: ¿Cómo chegaches a esta conclusión? J.M.T: "Ben, pensas, daslle voltas, falas con uns e con outros, e fas moitos, moitos números. Por exemplo, a mín en dous muxidos saíame o litro de leite a 24 ptas. polo custo de alimentación, mentres que agora anda polas 20 ptas/litro. En Catalunya, onde hai máis de 60 explotacións con tres muxidos, teñen estimado para 100 vacas en muxido nuns tres millóns de pesetas ó ano o incremento no beneficio. Ademais, o tema medio ambiental é tamén moi importante á hora de tomar este tipo de decisións porque eu só vexo dúas formas de cumpri-los requisitos medio ambientais: un é a gandería ecoloxía, pero hai que ter moitas hectáreas para ter un número razoable de vacas, ou senón tamén, se pode cumprir así porque se sacas 11.000 litros por vaca estar a cumpri-las, por ter menos vacas por hectárea pero a mesma producción". A.: ¿Aumenta moito a producción cando se pasa a este sistema? J.M.T: "No meu caso foi comezar cos tres muxidos, e ós dous días aumentar catro litros máis por vaca. Iso quere dicir, 10.000 litros máis ó mes. Por outra banda, as vacas están moito mellor xa que, como exemplo, as vacas de primeiro parto que moitas chegaron a estar en 37 ou 38 litros en dous muxidos, vías como antes do

muxido se atopaban bastante incómodas, e agora están moito mellor xa que o ubre ten que notalo". A.: De tódolos xeitos, ¿non é forzar moito ós animais? J.M.T: "Se a vaca produce é que a vaca está ben. Se a vaca non che produce é que a vaca está mal polo que sexa. Todo é manexo e pequenos detalles". A.: ¿Por que media andas? J.M.T: "Na corte vella estabamos en 26 e pico e aquí en 30 litros, estando a metade do ano con dous muxidos, e sen que se cambiara o sistema de alimentación". A.: ¿E de reconto celular? J.M.T: "Algo baixaron, pero no meu caso sempre foron baixas e tampouco temos moitos casos de mamite, sobre todo dende que están na corte nova". A.: Supoñemos que a vosa xornada de traballo é moi longa, ¿a que hora comezades? J.M.T: Eu veño chegando á corte ás 5:40 e o empregado ás 5:50. Eu encárgome de amaña-los cubículos e o empregado de prepara-la sala e mete-las vacas. Empezamos a muxir ás 6:10 e rematamos nunha hora. Ás 7:15, marcho a face-la mestura e o empregado queda acabando de limpa-la sala e adecenta-la leitería, e despois ven ós pesebres. A continuación, descárgase a mestura, e sobre as


➔ 8:15-8:30 rematamos. Imos almorzar e logo fanse as outras mesturas para cuxas, vacas secas, tratamentos de vacas, e outros traballos que van aparecendo. Ás 12:1512:30 comézase a amaña-los cubículos de novo, arrimar comida; e vólvese muxir ás 12:50. Remátase ás 14:00. Logo limpamos ata as 14:15, que é cando marcha o empregado ata as 20:00 que volve. Imos comer e pola tarde outra vez. Nas horas que quedan o tempo vaise moitas veces cos papeis. Eu volvo ás 19:00-19:30. As 20:00 outra vez a amaña-los cubículos e o terceiro muxido faise ás 21:00 polo que rematamos sobre as 22:00 máis ou menos". A.: ¿Cómo facedes os fins de semana? J.M.T: "O empregado marcha despois do muxido do mediodía do sábado pero quedan as mesturas feitas. A verdade é que no futuro habería que mirar de ter a outra persoa, polo menos un axente de substitución para unhas cantas granxas. Hoxe todo o mundo necesita man de obra de fora porque na explotación familiar só aguantas así uns anos. Sen embargo se eu non tivera unha persoa contratada non podería ter tantas vacas e estaría igual de atado. Traballaría o mesmo para menos producción". A.: Antes falaches da cuestión medio ambiental, ¿ti como tes o tema do xurro? J.M.T: "Aquí témolo en tres fosas, que fan un total de 1.400.000 litros. Penso que para nós vai a acabar sendo fundamental o seu control, pero aínda un non sabe o que vai pasar. Sen embargo, penso que o fundamental polo de agora é cubri-las fosas, xa que estiben facendo contas e cústame unhas 500.000 pesetas saca-la auga ó ano".

poden ter en terra, e adecentar un pouco por diante da corte. O custo previsto é duns tres millóns". A.: ¿Estás satisfeito co cambio? J.M.T: "Eu estou contento pero o peor disto é a inversión que hai que facer. Ademais tocou un ano co prezo do leite baixo,

e a pena foi non facelo no 2001 xa que agora son 8 ptas menos o litro e iso é moito. Sen embargo, os resultados que estamos vendo é que as cousas van cara diante, que se vai mellorando, pouco a pouco, cuns días mellores que outros pero cara adiante que é o importante".

FOTOPERIODO José Manuel está a mira-la posibilidade de aplicar na súa corte o fotoperiodo, é dicir, poñer luz todo o día, agás 6 horas á noite. Isto supón tan só

poñer uns puntos de luz cada determinados metros co que se consigue "enganar" á vaca que con este sistema pode producir 2 litros máis.

SUPERFICIE 32 hectáreas a forraxe, (23 a millo, e 9 a herba) Toda a superficie atópase en

dúas fincas ó redor da corte, estando separadas tan só por unha pequena estrada.

A.: ¿Qué obxectivos tes para o futuro? J.M.T: "Coma todos, a cota. Pero agora o que máis nos urxe é facer uns silos porque non se XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

7


8

entrevista MAQUINARIA Como ocorre en moitas outras explotacións, parte da maquinaría a ten á venda e parte queda con ela porque lle fai falta. Entre a que conserva está un carro, un tractor de 80 CV e unha pala que, sen embargo, estaría disposto a vender tamén senón tivese que facer el a ración. Os motivos de desfacerse da maquinaria son fundamentalmente o tempo que se perde andando con ela e os cartos: "sae máis barato que veña alguén a facelo, sobre todo dende que hai empresas de servicios na zona. Eu o que quero é atende-las vacas. Se me fora rendible e gañase cartos coas máquinas, ben, pero o que vexo é que traballo coas máquinas e o que fago é perder cartos. No 2001 o quilo de silo de millo saíume a 0,55 euros mentres que no 2002, o quilo de millo me saíu a 0,35. A diferencia é moi significativa tendo en conta que no ano 2001 pertencía a unha CUMA e que nese prezo non se ten en conta o teu traballo". Agora, xa non pertence á CUMA e considera que o mellor é contratar o que se poida e encargarse das vacas. Outra das vantaxes que ve na contratación de servicios é que é moito máis doado cuantificalos gastos: "tes unha factura que te desgrava, non tes gastos de amortización de maquinaria, e aínda que saíra polo mesmo prezo, te compensaría pola man de obra e evita-los amaños que ás veces supoñen moitos cartos. Eu o ano pasado paguei nada máis e nada menos que 700.000 ptas de amaños do tractor". Neste intres os servicios que contrata son: a sementeira e colleita do millo, o ensilado da herba; a retirada do xurro; o laboreo das fincas, e en definitiva, todo o manexo dos pastos, encargándose so dos tratamentos do millo.

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

PESEBRES Nun futuro quizais cambiará os pesebres, que na actualidade son de cemento por uns de aceiro inoxidable. Así a ración conservarase en mellores con-

dicións e polo tanto as vacas aproveitarana máis, podéndose chegar a aumentar un litro a producción, segundo nos comentou.

AS CAMAS A metade das camas aproximadamente están con palla e a outra metade con area nunha rede, e en calquera dos casos, se amañan tres veces ó día, xusto antes de cada muxido. Segundo nos comentou o propio Tamaredo, "a area da menos traballo ca palla, sae moito máis barata, case que unha terceira parte en cartos e traballo, e incluso, ó ter os dous lotes separados, noto que hai menos casos de mamite no lote que está con area, pero non é un

dato moi fiable porque son cuxas. De tódolos xeitos, das 36 cuxas que están con area, so tiven 1 caso de mamite dende principios de novembro que foi cando comecei coa area". Polo de agora non está convencido ó 100% de que sexa mellor a area e a rede, dálle menos traballo pero falta medir mellor o confort xa que está nun 80%, e na súa opinión debería ser do 90%. Sen embargo, co sistema de limpeza, que é de arrobaderas de cadea, está moi satisfeito.


➔ A RACIÓN

ÍNDICES REPRODUCTIVOS Intervalo Parto-Parto ....................................... 423,75 días Intervalo Parto-Parto Previsto ............................ 391,26 Intervalo Parto- Inseminación Fecundante.............. 108,26 % de Animais Xestantes .................................... 52,63 Media de días en leite (D.E.L) ............................ 149,58 % de Animais con máis de 150 días vacios .............. 8,42 Idade 1º Parto (Cuxas) ..................................... 26,75 Idade a 1ª Cubrición (Cuxas) .............................. 15,00 % de Baixas por problemas reproductivos ............... 1,94 Índice de abortos ........................................... 1,05

Dende hai un ano está racionando con millo e alfalfa, que mercan a 26 ptas. Dende que están cos tres muxidos esta ración é prácticamente a mesma, coa única diferencia de que as vacas comen un pouco máis e que se recalcou máis na enerxía, estando agora nun 18% de proteína e 1,75 de enerxía. O cálculo é o mesmo que para dous muxidos: " tes que calculala materia seca que comen, o que custa a ración e o leite que produces. Loxicamente, cada vez que aumentes a producción, o custo do litro de leite abarátase porque a vaca sempre deixa unha marxe co que come. Estas por cada quilo de materia seca que comen, producen 1,6 litros de leite, un índice de conversión que está moi ben tendo en conta que o normal é que coman 21 quilos de materia seca para 30 litros". RACIÓN 25 Kg. de silo de millo, 4 Kg. de alfalfa e 13,7 Kg. de mestura A MESTURA (en %) 42,1% millo, 22,1 soia, 13,8 semilla de algodón, 5,8 cebada, 3,8 gluten, 1,8 melaza, 1,5 bicarbonato, 1,2 carbonato, 0,4 fósforo, 0,4 sal, 0,2 óxido de magnesio, 0,2 núcleo vitamínico mineral. Valor nutritivo (%) 18% proteína, 1,77 enerxía neta, 28 almidón, 29 FND, 1,20 FAD, 4,82 graxa.

ÍNDICES DAS CUBRICIÓNS Fertilidade á 1ª Cubrición ........................................ 42 % Fertilidade á 2ª Cubrición ........................................ 22 % Fertilidade á 3ª Cubrición ........................................ 20 % Nº de inseminacións por Xestación.............................. 2,18 % de Animais repetidores 3 ou máis veces .................... 12,63 Días á primeira cubrición ......................................... 68,42

DATOS MEDIOS DA PRODUCCIÓN DE LEITE SEGUNDO O CONTROL LEITEIRO (Data do control: 04/01/03) Vacas Nº lact D.E.L Leite 78 2,05 168,87 36,31

% G % P RCS 3,53 3,15 90,23

Kg. leite % G % P 6.262,71 3,48 3,16

VACAS 102 en producción, 70 cuxas. Na corte nova as vacas entraron a finais do 2001, e está deseñada

para 110, pero coa previsión de que, se se quere ampliar, non sexa un problema.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

9


10

entrevista

MUXIDO

O ideal para facer tres muxidos sería cada 8 horas pero semella complicado pola man de obra. O muxido da mañá faise ás 6, o do mediodía tiña que ser ás 14 horas cando en realidade o fan ás 13 horas (7 horas), e o da noite tiña que ser ás 22 horas (e faise ás 21), así eles teñen unha hora de máis que non afecta demasiado á producción. As medias de producción andan en: 10 litros no do mediodía; uns 11 litros no da noite e aproximadamente 13 e pico no da maña. Tal e como está pensada a sala de muxido, perden moi pouco tempo limpando e as vacas non teñen que saír fora. Se a sala estivera totalmente afastada, habería que limpar moito máis. "Se tes un corredor moi longo ou moita distancia, tardas en leva-los lotes, e eses corredores non se soen limpar, polo que eu tiven que pensar todo moito porque, con tres muxidos, 5 minutos é moito". Teñen separados as cuxas e as máis vellas en dous lotes, que entran e saen por un lateral diferente ó resto dos animais. "Non muxi-las cuxas coas vacas é importante polo tema de sanidade do ubre e ademais, facilítase moito o traballo porque é máis sinxelo". A sala ten 24 puntos e se atopa, como se pode apreciar nas fotos, nun extremo superior da nave por si nun futuro se quere

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

ampliar, e así a sala quedaría centrada. Respecto do aloxamento do gando. "Está claro que con tres muxidos se tes a metade dos puntos suponte o dobre de tempo, polo que se en vez dunha hora teño que pasar dúas co mesmo número de vacas, suporía seis horas ó día só muxindo. Se tes empregado é menos problema pero hai que pagar a eses empregados, e entón, a rendibilidade xa non é a mesma". Unha referencia para facer un cálculo da viabilidade de ter empregados é o calculo dos americanos: "Os americanos o que miran é a producción de leite/día por operario –aquí o chamamos UTA-. E andan 1.500 litros/día por traballador. Vendo isto quedan moitos detalles por mellorar".

O tempo de muxido é de 6 minutos/vaca e queren baixar a 4. Marcan as que tardan máis, as poñen de primeiras, e así vanse muxindo mentres se preparan as outras. "Temos dous ou tres moi duras, que tardan 10-12 minutos polo que de non facelo así, atrasaríano-lo todo moito". "O obxectivo para que sexa rendible muxir unha vaca é que produza 35 litros de media, e o listón mínimo é de 28 litros. Se baixa de aí xa non se muxe. Ó baixar a 18 ou véndese ou sécase. Disto dedúcese que o muxido ten que ser rendible en cada unha das vacas e que se o custo de alimentación está en 15 litros, está claro que non compensa muxir unha que está a dar 18 litros".


actualidade

Concursos 50 A temporada de concursos comeza este ano con moita forza e xa están á volta da esquina moitas das grandes citas para este ano. En primer lugar, temos o XII CONCURSO MORFOLÓXICO DE GANDO FRISÓN CHANTADA 2003, organizado por AFRICOR-Lugo e que se celebrará os vindeiros 8 e 9 de marzo do 2003. Nesta ocasión o xuíz desta edición será o xuíz nacional de CONAFE, José Antonio Santoveña. Poucos días despois, pero iso si, moi lonxe de Chantada, se celebrará o XVII CONCURSO MORFOLÓXICO DE GANDO VACÚN DE RAZA FRISONA DE ALAIOR (MENORCA), organizado pola

Asociación Frisona Balear e será do 15 ó 16 de marzo do 2003. Pocos días despois, e tamén en Menorca, se celebrará a XXXII edición da Escola Nacional de Xuíces Gandeiros que nun principio se ía celebrar do 25 ó 29 de marzo, e que cambia finalmente, sendo as datas definitivas do 26 ó 30 de marzo en Menorca. Xa no mes de abril, de novo na nosa comunidade, temos a sempre intresante cita do XVII CONCURSO MORFOLÓXICO DE GANDO FRISÓN MOEXMU 2003 (Muimenta), organizado por AFRICOR-Lugo os días 5 e 6 de abril do 2003.

Tamén nese mes de abril o VI CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA DA RAZA FRISONA CONAFE 2003, que este ano celebrarase no Recinto Ferial de Mollerussa (Lleida), do 23 ó 26 de abril e onde haberá 15.000 euros a repartir entre as campionas. O xuíz desta edición do concurso de primavera será o xuíz nacional de Conafe, José Manuel Medina Menéndez. E finalmente salienta-la celebración do X CONCURSO AUTONÓMICO DA RAZA FRISONA FEFRIGA 2003, que coincidirá coa sempre animada VII SUBHASTA TOP-BOS, que se celebrará o 3 de maio e que coma sempre a nosa revista estará aí puntualmente debullando todo o que aí aconteza.

11


12

actualidade

Semana Verde 2003 A Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que este ano se desenvolverá do 30 de abril ó 4 de maio, será de novo cita obrigada de tódolos profesionais do noso sector no que poderán comproba-las últimas novidades de mundo agropecuario, e onde se volverán a xuntar moitos profesionais que intercambiarán as súas inquedanzas sobre o futuro do mundo rural galego. Neste certame que engloba o sector agrícola, gandeiro, maquinaria e equipamientos; forestal e madeira; xardín, horta e flor; mascotas e pequenos animais, tamén se desenvolverá de xeito paralelo ó Salón de Alimentación del Atlántico, Salimat. Segundo a organización da Semana Verde de Silleda, as principais razóns para participar na Feira Internacional Semana Verde de Galicia "son facer negocio, establecer contactos comerciais, presentar novidades e desenvolver unha importante promoción da imaxen da empresa". E como non, no noso caso, asistir ó X Concurso Autonómico de raza frisona Fefriga 2003 e a VII subhasta Top-Bos, e volver a ver de novo a moitos amigos.. Alí, un ano máis, nos vemos.

350 embrións

Un total de 350 embrións serán entregados pola Deputación de Lugo ós gandeiros de toda a provincia que os solicitaran á Granxa Gayoso de Castro de Ribeiras do Lea. A entrega está vinculada á asistencia a xornadas de formación, que se desenvolven na propia granxa dende xaneiro ata finais de marzo. As entregas faranse nunha subhasta a prezos simbólicos, e nunha primeira entrega repartiranse 150 embrións, que so poderán cubrir parte da demanda.

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

Consenso necesario

Nas pasadas semanas a prensa escrita de Galicia encabezaba o encontro do conselleiro Diz Guedes con representantes da Asociación de Empresas Lácteas de Galicia co seguinte titular "As industrias acordan recolle-lo leite a pesares da reducción da demanda". Nas crónicas da reunión salientábase o compromiso de seguir recollendo todo o leite que producen as explotacións galegas, para así asegura-la saída da producción. Non se concretaba na noticia se iso significaba que tamén o leite fora de cota se recollería no seu conxunto. Non obstante, algúns botaron en falta a participación de representantes do sector productor na reunión xa que os compromisos acadados na mesma afectan en grande medida ós productores de leite de Galicia. Sen embargo, eses mesmos días as industrias e os productores reuníronse en Madrid para intentar

senta-las bases duns prezos mínimos, polo que decidiron encargar a expertos da universidade un estudio que proporcione criterios orientativos para consensuar un valor referencial. Semella que a reunión foi moi fructífera pois en tódalas informacións da reunión se salientaron a satisfacción dos representantes do sector productor pola iniciativa consensuada. Como exemplo, as declaracións de Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, quen dixo que "é un paso histórico e inmenso, que por primeira vez ámbalas dúas partes están interesadas en chegar a un punto de encontro en materia de precios mínimos". García tamén mostrouse convencido de que nun mes a Inlac contará con este estudio que "permitirá poñer en marcha un mecanismo referencial de prezos mínimos antes de que comece a nova campaña".

Un, dous, ou tres muxidos ó día Hoxe en día é cada día máis evidente que non existe unha soa maneira de face-las cousas. ¿Quen lle ía dicir ós nosos pais que íanse muxi-las vacas tres ou unha soa vez ó día?. Neste mesmo número da revista aparece unha reportaxe feita nunha explotación que optou por tres muxidos ó considerar que era, no seu caso, a mellor opción para sacarlle a máxima rendibilidade ó seu gando. Sen embargo, tamén está quen pensa que sería máis doado en determinados momentos cuestionarse un único muxido. Nunha investigación levada a cabo en Francia, en concreto no Departamento de Gandería e Nutrición Animal do Centro francés de Investigación de ClermontFerrand- Theix-Lyon se estudiou a viabilidade deste único muxido e para iso se tomaron dous grupos de vacas semellantes que xa tiveran tres lactacións sucesivas, e se muxiron, un grupo unha vez ó día e o outro, dúas veces. Os resultados mostraron que non había diferencia significativa entre

a cantidade de alimentos inxeridos polos dous lotes de animais. As vacas que se muxiron unha vez só, produciron un 30% menos de leite, aínda que esta era máis rica en graxa e proteína. Ó final da lactación, os animais muxidos unha soa vez tiñan un peso corporal máis elevado e atopaban en mellor estado. Os científicos consideran que a práctica dun único muxido pode ser interesante para as explotacións con altos custos de man de obra e cunha cota láctea insuficiente. Ademais, dado que non se estudiou o impacto que o muxido único pode ter nas sucesivas lactacións, se recomenda que se aplique en períodos curtos de tempo ó longo da lactación, por exemplo, para adaptar a producción á cota ou nos períodos estivais. En Nova Celandia, onde a producción láctea é moi competitiva e está baseada fundamentalmente no pasto, é xa unha práctica habitual , aplicándose ó final da lactación e en animais cunha producción inferior ós 5.000 Kgr. de leite.


A

PAC de Fischler

Moitos de nós preocupámonos por entende-las continuas negociacións que en torno á PAC se producen. Sen embargo, non menos interesante é coñecer en moitos casos as opinións que deste asunto expresan as persoas directamente implicadas, para ter máis "pistas", á hora de intentar dilucidar por onde poden ir esas futuras "negociacións". Nesta ocasión recollemo-las verbas do Comisario da Unión Europea, Franz Fischler, para que cada quen saque as súas conclusións: "Esta reforma persigue un obxectivo, a saber, que as subvencións teñan sentido para os agricultores, os consumidores e os contribuíntes. Necesitamos reformas e debemos toma-las decisións xa. Os nosos planos darán ós agricultores unha perspectiva clara para os seus planos de futuro.

Tenderán a posibilidade de obtelo maior rendemento posible do mercado. Estudios realizados indican que as reformas conducirán a un aumento da renda agraria. Unha actitude pasiva sería prexudicial para os intereses dos agricultores. Non serviría senón para amplia-la brecha existente entre a política agraria e as expectativas da sociedade. A sociedade está disposta a axudar á agricultura, a condición de que os agricultores ofrezan o que a xente desexa: a salubridade dos alimentos, o benestar animal e unhas boas condiciones medio ambientais. " "Os agricultores poden contar cun apoio adicional da UE para axudarlles a adaptarse ás esixentes normas comunitarias en materia de medio ambiente, salubridade alimentaria e benestar animal, e promove-la calidade dos alimen-

tos e os productos tradicionais. Como consecuencia das decisións adoptadas polos Xefes de Estado e de Goberno no Cumio de Bruxelas, será necesario aforrar fondos reducindo as axudas directas ás explotacións de maior tamaño, e o traspaso de fondos destinados á potenciación do desenvolvemento rural haberá de ser menor. É un primeiro paso. Confío en que os Estados membros manteñan o compromiso adquirido no citado cumio e aumenten a axuda ó desenvolvemento rural no vindeiro período de financiamento. A nova axuda única por explotación non falseará o comercio internacional e, en consecuencia, non prexudicará ós países en desenvolvemento. Gracias a ela, a UE poderá aproveitar ó máximo as súas bazas de negociación na OMC e defender mellor o modelo europeo de agricultura."

ELEMENTOS CLAVE DA REFORMA • Unha axuda única por explotación, independente da producción: "disociación"; • Vinculación das axudas ó cumprimento das normas en materia de medio ambiente, salubridade dos alimentos, benestar animal e seguridade e hixiene no traballo, así como a condición de mantene-las terras agrarias en boas condicións agronómicas: "condicionalidade";

ño, a fin de xerar fondos adicionais para o desenvolvemento rural e o financiamento de novas medidas de reforma; • A revisión da política de mercado da PAC; • Unha reducción final dun 5% no prezo de intervención dos cereais, parcialmente compensada por un incremento das axudas directas ós agricultores do sector dos cultivos herbáceos;

• Unha política de desenvolvemento rural reforzada, o que supón máis fondos e novas medidas para promove-la calidade e o benestar animal, axudar ós agricultores a cumpri-las normas da UE en relación coa producción;

• Unha reforma máis rápida e de maior alcance no sector lácteo, diferenciando os recortes dos prezos da manteiga e o leite en po destonado, e mantendo as cotas lácteas ata o 2014/15; e

• Unha reducción das axudas directas, "regresividade", ás explotacións de maior tama-

• Unhas reformas nos sectores do arroz, o trigo duro, as patacas e as forraxes desecadas.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

13


14

cotas

Superación da cota De acordo cos avances da producción leiteira proporcionados polos Estados membros da UE, semella que a estas alturas da campaña 2002/03, España está dentro dos países que probablemente teñan un rebasamento da súa cota, o que daría lugar ó pago da supertaxa, logo de varias campañas sen ela. E, de seguro, moitas explotacións galegas se atopan nesta difícil situación. Mentres que os datos do mes de novembro, facilitados pola UE sobre das entregas, indicaban unha reducción destas sobre do mes de outubro de 2002 e tamén a novembro de 2001, os datos do

Importacións francesas O sindicato UPA mostrou a súa sospeita de que existe un acordo entre empresas lácteas e a grande distribución, de capital francés, para inunda-lo mercado español de "leite fora de cota" dos excedentes de producción de Francia, e denunciou a importación de máis de 1 millón de litros de leite diarios procedentes fundamentalmente de Francia e Portugal a baixos prezos, o que podería provocar unha crise ecónomica sen precedentes no sector leiteiro español no ano 2003. As empresas españolas baixaron os prezos en decembro de 2001 nunha media do 10 ó 15% e dende entón no se produxo ningunha suba, coa conseguinte importante perda de poder adquisitivo dos productores do Estado español.

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

mes de decembro reflicten un importante aumento, o que case que con toda seguridade supoña un sobrepasamento de moitos países. Segundo a UE no mes de decembro de 2002 o leite entregado a nivel comunitario foi un 5% superior que no mes de novembro e un 0,4% por riba da de decembro de 2001. No caso de España, as entregas en decembro pasado foron un 3,2% máis elevadas que en novembro, pero un 3,3% máis baixas que en decembro de 2001. Concretamente a recollida do último trimestre de 2002 en España, en miles de toneladas, foi a seguinte:

OUTUBRO

NOVEMBRO

DECEMBRO

469, 60

448,64

462,84

3,77%G

3,82%G

3,85%G

3,17%P

3,19%P

3,18%P

Respecto do resto de países, Portugal semella que tamén nesta campaña podería ter superación da súa cota, xa que as estimacións indican un sobrepasamento dunhas 50.000 tn, un 2,7% por riba da cota asignada. En Francia, as entregas acumuladas desde o inicio da campaña ata novembro son un 2,2% máis elevadas que na campaña anterior, logo da compensación por materia graxa. En decembro as entregas aumentaron un 0,1%, polo que para evita-lo rebasamento de cota sería necesario que nestes tres últimos meses de

campaña, as entregas diminuiran nun 5,1%, unhas 310.000 tn, cousa complicada. Segundo estas previsións, no Reino Unido, a pesares do intento de frea-la producción, que se traduxo nun descenso dun 3,7% das entregas de novembro, se podería esperar unha superación en torno do 1,5%. Pola contra, noutros pa��ses comunitarios prevese que as entregas se manteñan por debaixo da súa cota, como Alemaña onde levan unhas entregas un 1,4% inferiores á asignación e os Países Baixos cun -2%.

Elevados stocks de manteiga A Comisión Europea non entende como España ten uns stocks tan elevados de manteiga na intervención e por iso está a solicitar formalmente unha explicación ó respecto. A Comisión non ten claro como un país teoricamente deficitario en leite como España pode ter, sen embargo, uns stocks de intervención de manteiga tan grandes, algo que si

sería o lóxico no caso de ser un país excedentario. A mediados de decembro, España tiña máis de 35.000 Tm de manteiga na intervención, o segundo país de Europa neste aspecto despois de Irlanda, por diante doutros países tradicionalmente excedentarios como Holanda (24.503 Tm), Francia (13.989 Tm) ou Alemaña (13.623 Tm).


Prórroga das cotas

A proposta de regulamento aprobada polo Colexio de Comisarios sinala que o réxime de cotas, que actualmente estaba limitado ata o 2008, se prorrogará ata a campaña 2014/15. Neste regulamento se adiantará nun ano a aplicación dos incrementos de cota previstos na Axenda 2000, polo que a partires da campaña 2004/05, a tódolos Estados membro, agás España, Italia, Grecia e Irlanda do Norte, que xa recibiron un incremento especial de cota, aumentaráselle-la cota un 1,5%, nun prazo de tres campañas. Ademáis, nas campañas 2007/08 e 2008/09 producirase un novo incremento dun 1% da cota, no que xa si estarían incluidos tódolos Estados membros. En canto ós prezos, proponse que a baixada dos prezos institucionais que pola Axenda 2000 estaba previsto que se iniciará na campaña 2005/06, se aplique un ano antes. Outra novidade é que a reducción de prezos continuaría nos anos 2007 e 2008, cunha reducción en conxunto dun 35% nos prezos da manteiga e un 17,5% nos do leite en po destonado, o que equivalería a unha reducción global dun 28% dos prezos indicativos do leite na UE no período de 5 anos. Estas baixadas de prezos irían acompañadas dunha prima compensatoria.

O poder das industrias O director xeral de PROLEC, Carlos Gil, asegurou que foi a industria quen induciu ó gandeiro a producir fora de cota, a comprar vacas en lugar de cota, e sen cumpri-la normativa hixiénico-sanitaria, recollendo leite con antibióticos e con exceso de células somáticas. "Esta forma de actuar provoca unha oferta de leite a baixo prezo que ten como consecuencia estimula-la caída dos prezos en orixe, asfixiando ós gandeiros e dando unha marxe de beneficio moi grande ás industrias", segundo a opinión de Carlos Gil, quen ase-

gurou que as industrias están a redistribui-lo territorio e eliminan ós gandeiros toda posibilidade de cambiar de cliente. Segundo Carlos Gil "o gandeiro está vendido á industria, xa que os productores nunca saben a canto van cobra-lo leite, nin siquera unha vez entregado". O director xeral de PROLEC engade que "os productores ven o prezo no momento de cobralo, de xeito que lles resulta imposible facer una previsión de inversións e moito menos pedir un crédito para afronta-lo elevado custe derivado da compra da cota".

Reduci-las entregas nun 5% O Ministro de Agricultura frances ven de remitir a cada productor de leite de Francia un comunicado no que lles indica que é necesario que as entregas entre xaneiro e marzo se reduzan nun 5%, para intentar evita-la supertaxa. Nesta campaña 2002/03 semella inevitable que Francia supere a súa cuota a non ser que os gandeiros franceses fagan un verdadeiro exercicio de contención da producción. Actualmente as entregas, corrixidas por materia graxa, son 310.000 tn superiores ás do mesmo período na campaña precedente. Segundo a Oficina Interprofesional do Leite de Francia (ONILAIT), a 20 de febreiro as entregas de leite á industria descenderon nas últimas

semanas de campaña, pero non a un ritmo suficiente para que non haxa rebasamento de cota e supertaxa, que coa nova estimación e corrixida a materia graxa sería de 270.000 Tm. A situación semella complicada xa que a Onilait anunciou que a compensación será dun máximo de 5.500 kg para os productores de menos de 100.000 kg de cota e que non haberá compensación para os que teñan unha cota por riba deste umbral. Francia non supera a súa cota láctea dende a campaña 1995/96, cando o rebasamento ascendeu a 160.000 tn. Nese período a compensación realizada foi de 1.000 litros para os pequenos productores e de 206 litros para o resto.

Transparencia na xestión das cotas lácteas A interprofesional INLAC ven de enviar ó MAPA un documento coa súa posición sobre a proposta de reforma intermedia da PAC, valorando positivamente a prolongación do sistema de cotas e rexeita o incremento lineal de cota a tódolos Estados membro. Ademáis a interprofesional pretende clarificar e asegura-la transparencia na xestión do réxime de cotas en España, como xeito de garanti-la

adecuada retribución de toda a cadena de valor do leite. Neste senso ten previsto realizar un estudio para deseñar un sistema que estableza os parámetros a evolución dos cales debe determina-la formación do prezo do leite, co fin de regular e dar estabilidade ó sector leiteiro español, ademáis de continuar discutindo e analizando os diversos aspectos a incluir nun sistema referencial de

prezos, como poden ser: estacionalidade, zonificación, custes de recollida, primas ou penalizacións por calidade e control leiteiro. En base ó resultado do estudio, e ós acordos que se acaden, a INLAC pretende establecer un sistema semellante ó existente na interprofesional francesa, para así evitar as tensións que regularmente se producen. En principio ista é a idea da INLAC. Veremos a ver.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

15


16

cotas

Saída ó leite negro O goberno italiano está redactando un proxecto legislativo sobre á xestión da cota láctea, que segundo semella, incluiría un sistema moi estricto de cumprimento da normativa e o perdón das multas adebedadas dende a campaña 1995. O proxecto contempla novas normas de compensación das cotas, un reforzamento dos controis e do sistema sancionador e a determinación da débedas existentes no período 19952000, salvagardando os intereses dos gandeiros que respectaran a lexislación. Segundo o Observatorio de Leite de Cremona, a cantidade de leite negro en Italia roldaría o millón de toneladas. Pola súa banda, a asociación agraria Confagricoltura estima a producción de leite negro de Italia nun millón e medio de toneladas. Ante o futuro do réxime de cotas, os diversos gobernos italianos sempre manifestaron que, ou se lles incrementaba máis a súa cantidade de referencia, de xeito que se evitaran as supertaxas que ano tras ano veñen sofrindo, ou que se eliminara totalmente o sistema de cotas.

Situación do sector en Polonia A producción de Polonia, segundo datos de 2002, é de 11,8 millóns de tn, case o dobre da cota láctea asignada a España. Desta produción, o 60% (7,2 millóns de toneladas) se corresponde co leite que o productor vende á industria, o 13% (1,5 millóns de tn) ó que os gandeiros venden directamente ó consumidor, o 5% (600.000 tn) ó que vai á alimentación dos animais e ó 21% (2,5 millóns de tn) ó consumo dentro da explotación. As previsións indican que o leite destinado ás industrias aumentará, acadando os 8,4 millóns de tn no 2006, mentres que diminuirá case a metade (800.000 tn) o vendido directamente ó consumidor, manténdose estable o destinado ó consumo interno na explotación e á alimentación dos animais. A cota láctea que a UE concedeu a Polonia é de 8,96 millóns de tn, cun incremento en 2006 de 416.000 tn, acadándose finalmente os 9,38 millóns de tn. Actualmente a producción vendida ás industrias máis a de venda directa ascende a 8,7 millóns de tn, e no 2006 esta cifra estímase que será de 9,2 millóns de tn; é dicir, gracias á cota asignada, Polonia poderá incrementa-la súa producción e manterse por baixo da súa referencia. A data da primeira campaña neste pais é o 1 de abril do 2004. No que se refire ó númeo de explotacións, en Polonia hai case o mesmo número que en toda a UE: 500.000 en Polonia

fronte a 590.000 na UE. Como é lóxico, está cifra se reducirá de xeito importante, e, como no resto de Europa, pecharán as explotacións máis pequenas. Como dato comparativo dicir que, por exemplo, en España antes da aplicación do sistema de cotas había máis de 300.000 gandeiros mentres que na actualidade hai preto de 49.000. Outro dos aspectos que se espera que muden en Polonia coa entrada en vigor do sistema de cotas é a media de producción por explotación que actualmente é tan só de 23.000 kg/explotación, mentres que na UE é de 200.000 kg e en España de 120.000 kg. Tamén se espera que dimúa o número de cabezas ó aumenta-lo rendemento por vaca. Nestes momentos o número de cabezas é de 3,1 millóns e o rendemento de 3.828 kg/vaca. A industria tamén terá que "renovarse ou morrer". Nestes momentos, das 414 empresas lácteas existentes, tan só 40 cumpren a normativa que esixe a UE, e se espera que para maio de 2004, momento no que Polonia se unirá á UE, so haxa 222 plantas aprobadas que procesarán o 70% total do leite. Por último, no relativo ós prezos, dicir que son os máis baixos da UE, situándose ó redor dos 0,25 €/kg (41,6 ptas/kg), aínda que os productores polacos confían que trala adhesión os prezos suban.

Sube o prezo da cota no Reino Unido

As propostas formuladas pola Comisión con respecto ó futuro do sector lácteo teñen xa unha incidencia clara no mercado de cotas do Reino Unido: "a suba". Ata o de agora no Reino Unido a tendencia era precisamente a contraria. Nos últimos anos descendera moito sobre todo pola febre

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

aftosa. Nese momento se sacrificaron moitos animais e se puxo á venda moita cota; ademais, isto ocorreu nun momento no que os prezos estaban baixos e a incertidume do futuro das cotas non animaba nada a comprar. Pero a incertidume se disipou, polo menos ata o 2015, e xunto

coa concesión da axuda por quilo da cota láctea prevista na Axenda 2000, que agora se adiantaría unha campaña (2004/05 e que podería prolongarse ata o período 2008/09) moitos gandeiros queren mercar cota co fin de beneficiarse das axudas. A consecuencia, é a normal: a suba.


informática

O correo electrónico ANTONIO ALONSO CAMPOS ÁLVARO DÍAZ MORADO Academia e Informática TWIN

O correo electrónico (e-mail) poderíase dicir que é como o correo convencional que usamos para envia-las nosas cartas, pero a través dun ordenador persoal. Sen embargo, aporta algunhas melloras sobre o correo convencional tales como que chega case de xeito instantáneo, podemos envia-los correos a calquera hora do día, o custo é mínimo e fixo, pódese envia-lo mesmo correo de xeito simultáneo a varias persoas, se pode ter acceso ó correo dende calquera ordenador, e por exemplo, nunha viaxe ó estranxeiro poderíase seguir tendo acceso ó noso correo como se estivésemos na nosa casa ou oficina, etc.

@

¿Que se precisa para facer uso do correo electrónico?

O primeiro é ter unha dirección electrónica propia. A dirección electrónica obtense contratando unha conta de correo con algún provedor ou en portais de Internet. Cando xa temos a conta, ademais de ter unha dirección electrónica propia e única, imos ter un buzón onde se almacenarán as mensaxes que recibamos. Dende a conta poderemos xestiona-las mensaxes do buzón, borralas, almacenalas, editalas, enviar novas, reenvialas a outra dirección, etc. O gandeiro pode utiliza-lo correo electrónico para o mesmo fin que calquera outra persoa, manter un contacto rápido con familiares, amigos, etc., pero tamén para o seu traballo. A través do correo pode manterse en contacto con outros gandeiros de sitios afastados para intercambiar experiencias ou ideas, solicitar información ou presupostos a empresas, etc. No caso de cooperativas, pode ser utilizado para comunicarlles ós socios novas que lles interesen, convocar ós socios a reunións, realizar pedidos e moitas outras funcións que se poden atopar.

Na actualidade as contas de correo pódense dividir en dous tipos:

a) Pop3

Son contas de correo que xeralmente necesitan ser xestionadas a través dunha aplicación específica para correo electrónico (Outlook, Netscape Mail, Eudora, Pegasus Mail, etc.). Esas aplicacións traen con elas unha gran cantidade de funcións adicionais que converten a algunhas en axendas persoais, organizadores, etc. Tamén acostuman a permitir interactuar con outras aplicación como procesadores de textos, follas de cálculo, etc., o que permite realizar envíos mais complexos e de xeito mais rápido. Estas contas non acostuman a ser de balde pero algúns provedores inclúenas cando se contrata un acceso a Internet de pago.

b) Webmail A diferencia das contas Pop3, estas contas poden ser xestionadas dende o navegador que teñamos, xa que o acceso á conta faise como se estivera navegando por un páxina web. Ademais, deste xeito facilítase a consulta

do correo dende calquera ordenador con acceso a Internet, sen necesidade de realizar ningunha configuración. Esto supón que podemos consultar e xestiona-lo correo dende un cibercafé, a oficina, no ordenador doutra persoa ou dende unha biblioteca. Outra vantaxe que teñen este tipo de contas é que existen moitos sitios en Internet onde se poden contratar gratis (www.yahoo.es, www.hotmail.com, www.mixmail.com, etc.), simplemente con cubrir un formulario cos datos que se piden xa se pode disfrutar deste servicio. As desvantaxes son que non teñen tanta funcionalidade como as contas Pop3, o espacio para almacenar as mensaxes no buzón acostuma a ser reducido, as mensaxes teñen que descargarse para cada lectura, etc. Sen embargo, é a opción recomendada para a xente que comeza a traballar co correo electrónico porque non ten que preocuparse de realizar ningunha configuración; a facilidade de xestión da conta é superior; o nivel de seguridade fronte a virus, vermes, etc., é moito mais alto, reducindo as posibilidades de que o ordenador sexa contaxiado.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

17


18

informática

Pagamento dunha factura a través de internet Neste capítulo aprenderemos como se fai paso a paso unha transferencia bancaria de 680 € a través de Internet para face-lo pago dunha factura de penso. As ventás que vamos a ver son as que se realmente se verían no caso de consulta-los datos pero os datos reais dos clientes e os números de conta cambiáronse por motivos de seguridade. Canto a entidade coa que imos a ve-lo exemplo é Caixa Galicia, a través dun servicio do que dispón chamado "Caixa Activa" e que poden solicitar tódolos clientes de Caixa Galicia.

1

Abrimos o navegador, Internet Explorer, Netscape Navigator, Opera ou calquera outro compatible.

Unha vez nesta ventá temos que cubri-los datos que nos pide: número de tarxeta, número de PIN, e a coordenada que nos indica. O número PIN e a coordenada enmascáranse para evitar que alguén os vexa mentres os escribimos, no seu lugar aparecerán asteAFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

2

Entramos no servicio de Caixa Activa, https://activa.caixagalicia.es, (é moi importante escribir correctamente a dirección, xa que se non a escribimos ben non accedemos ó servicio).

riscos. O número de tarxeta e a coordenada aparece impresa na tarxeta (ver exemplo). Por outro lado o número segredo "P.I.N." enviaránolo a entidade noutro documento, xeralmente nunha carta. Logo disto, facemos clic no botón central que pon Inicio.


3

A seguinte ventá que nos aparece xa é a da conta bancaria dende a cal vamos a traballar, e en caso de ter varias contas, apareceranos especificadas cada unha co seu número, saldo e a súa dispoñibilidade. Á parte das contas, se temos tarxetas de crédito como a Visa, Maestro, ou outras similares, poderemos ve-los números de tarxeta e os límites que temos para a retirada de diñeiro ou os límites os cales non podemos superar cando se faga un pago. Outra parte é o dos investimentos, como poden ser unha compra de valores ou accións dunha empresa.

Facemos clic onde pon Xestión de Contas que é o sitio dende o cal vamos a face-la transferencia.

Dende aquí, teremos opción de consultar calquera dato ou movemento dentro na nosa conta, como as domiciliacións, investimentos, préstamos, recibos, etc.

Nesta penúltima ventá é onde se fará esa transferencia. Aquí ademais de ve-la información das contas (número, saldo, etc), na parte inferior vemos dous apartados que son: Datos da transferencia, onde cubriremos os datos concretos de: - Concepto: unha breve descrición do que imos facer. - Importe: poñemos o importe da transferencia. Se o importe ten decimais, témolos que separar con coma, non serve o punto. Datos do beneficiario, que serán os da persoa ou empresa a cal lle transferimos os cartos. - Nome: Nome da persoa ou empresa beneficiaria. - N.I.F / C.I.F.: número de identificación fiscal ou código de identificación fiscal do beneficiario, non e obrigatorio cumprimentar este campo pero é recomendable.

- Conta cliente: número de conta a cal vamos a transferi-los cartos, que será o desa persoa ou empresa beneficiaria, tendo que escribi-los 20 díxitos da conta, que corresponderan a: Oficina (os catro primeiros); Sucursal (os catro seguintes); Díxito de control (os dous seguintes) e Número de conta (os dez últimos díxitos).

Para completa-la a transferencia debemos de cubrir estes datos, no caso de ter máis dunha conta, seleccionamos a conta dende a cal imos a facela transferencia. Unha vez cubertos tódolos datos, facemos clic no botón Aceptar. Si os datos están correctamente introducidos apareceranos outra ventá, onde introduciremos de novo outra coordenada, para confirmar a operación. A última ventá coa que nos atoparédemos será a de confirmación desa transferencia, onde aparece o número de transacción ou operación que fixemos, o cal debemos imprimir ou anotar para ter constancia e xustificación del. Todo este proceso apórtanos unhas vantaxes sobre outros sistemas de pagamento: a transferencia feita

por internet ten menos custe que a través da oficina; non necesitamos desprazamento xa que a facemos desde a nosa casa por internet, e se non temos internet, pódese facer tamén por teléfono; e non nos temos que adaptar ó horario da oficina, a través de internet podemos realizar operacións as 24 horas do día, incluso en días festivos ou fins de semana. Agora que xa temos feito ese pago ó noso provedor, mediante esta transferencia que acabamos de facer, vamos a apuntar ese gasto na nosa "contabilidade" da explotación. Para esto o mais fácil é se temos un programa de xestión, neste caso usaremos o TwinSag. Abriremos o programa de xestión TwinSag facendo clic no icono que temos no escritorio...

4

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

19


Publi-reportaxe

20

informática

Programa de xestión Twin sag 1

Unha vez estamos no programa, temos que entrar na parte de xestión económica, para eso pulsamos o icono "custos".

2

Xa estamos na parte económica do noso programa, só nos queda facer ese apunte da factura que acabamos de pagar por transferencia. Entón facemos clic no icono movementos. 2

1

Nº factura

3

Data da factura

Xa dentro de movementos, pulsamos o icono superior que pon añadir, e cubrimos os datos desa factura que temos do penso, apuntando estes datos: Provedor ou cliente ó que lle compramos ou vendemos Producto comprado ou vendido Cantidade comprada ou vendida % de IVE aplicado

% de retención aplicada

4

Por último, despois de cubrir tódolos datos pulsamos o botón Aceptar, e xa nos sae a pantalla principal de custos co apunte ou movemento engadido, neste

Importe neto

caso esa factura co importe de 680 € que era o total da transferencia. Así vemos como nos pode axudar a leva-las contas un programa de xestión, co cal, despois destes apuntes, podemos sacar varios informes (*) para eso o mellor e ter un programa adecuado... ¡e se é o TwinSag mellor!. *(pode consultar os informes da parte económica do TwinSag instalando a versión demostrativa que temos en Internet na nosa páxina www.infotwin.com).

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003


sanidade animal

Notificación de enfermidades O Ministerio de Agricultura español acaba de publicar unha orde pola que se modifican certos aspectos relacionados cos datos que os Estados membros deben facilitar á Comisión na notificación obrigatoria de enfermidades. Na declaración da enfermidade, ademais da información que habitualmente se viña facilitando, haberá que indica-lo número de refe-

rencia do foco, a data de sospeita do foco (se se coñece), a data estimada da primeira infección e as provincias afectadas polas restriccións. Ademais, no caso de animais procedentes de outro Estado membro ou Comunidade Autónoma haberá que especifica-la data e hora de expedición e o Estado ou Comunidade Autónoma de orixe.

A información sobre EET no continente americano O pasado mes de febreiro, nunha reunión técnica organizada pola FAO e celebrada en Santiago de Chile, acadouse o acordo de que fose Arxentina o país encargado de centralizar toda a información relativa ás enfermidades esponxiformes bovinas transmisibles (EET) que se produciran no continente americano. En concreto, a

Extracción dos MER O Consello de Ministros aprobou recentemente un Real Decreto polo que se modifica a vixente lexislación relativa ós materiais específicos de risco (MER). Dentro das modificacións recollidas neste Real Decreto, están por exemplo, que o mesenterio dos bovinos deberá ser considerado tamén material específico de risco. Ademais, a partires de agora, as fábricas ou instalacións de transformacións poderán encargarse, xunto cos matadoiros e salas de despece, da extracción dos MER, debendo contar para iso coa autorización da autoridade competente.

información que Arxentina terá que recompilar será toda aquela relacionada coas estratexias e accións dos Programas Nacionais de Prevención e Vixilancia das EET dos animais, o control das importacións para os productos de risco, o sistema de alimentación animal e a vixilancia epidemiolóxica.

Detección da

brucelose Investigadores españois están a traballar na elaboración dun sistema capaz de detecta-la brucelose, enfermidade infecciosa que se transmite fundamentalmente polo consumo de leite e derivados lácteos sen pasteurizar. O obxectivo das investigacións é coñecer cantos xermes ten o enfermo en cada momento da súa fase clínica, o que permitirá ademais coñece-lo risco que teñen os pacentes de sofrir recaídas provocadas pola enfermidade, e encontrar unha nova forma de tratamento a través dun antibiótico que destrúa mellor a brucela, para así reduci-la incidencia da enfermidade, que xa descendeu de xeito considerable nos últimos 20 anos.

Saneamento 2003 Chegou a nova campaña de saneamento, logo dunha polémica campaña 2002 que enfrontou á Xunta e ós veterinarios contratados para esa laboura. O Programa de Sanidade Animal e Investigacións Sanitarias para o 2003, nome polo que agora se coñecen as vulgarmente coñecidas como campañas de saneamento gandeiro, será levado a cabo por persoal da empresa Tragsega (filial de Tragsa, encargada de traballos de sanidade animal) que disporá de equipos de campo, compostos por dous veterinarios que, como novidade nesta campaña, contarán con mochila de desinfección,

equipos de bioseguridade (para evita-la posible transmisión de enfermidades entre explotacións) e un localizador GPS. Ademáis publicouse a orde que establece as contías das indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando como consecuencia da campaña de saneamento. Para ter dereito a estas indemnizacións é imprescindible o cumprimento estricto da normativa sobre epizootias e programas de erradicación de enfermidades animais vixente. A estas indemnizacións destínanse un total de 1.359.503 euros.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

21


22

control e calidade do leite

O control leiteiro como indicador da crise arxentina De acordo con información recollida na páxina web arxentina www.todoagro.com.ar, a partires de 1999 a crise desatada no sector pola caída no prezo do leite na Arxentina afectou ó sistema de tal maneira que comeza unha caída libre na que abandonan o control leiteiro o 50 % das explotacións e se deixan de controlar oficialmente unhas 350.000 vacas. Sen embargo, semella que a causa da caída do control leiteiro nese país non foi só a baixa no prezo do leite senón tamén a falla dun marketing axeitado para a venda dun sistema baseado nos beneficios da disponibilidade, análise e difusión dos datos recollidos polo control, e que fose tamén considerada

como unha ferramenta útil á hora da toma de determinadas decisións polos productores de leite arxentinos. No marco xeral das explotacións arxentinas, moitos consideran importante revaloriza-lo control leiteiro sobre todo porque: a) A toma dos datos faise no momento da rutina de muxido co que lle da un valor de campo real e ó repetirse no tempo pode ter unha secuencia histórica e unha actualización permanente; b) Ó participar o productor e o controlador na toma do dato, se garante a súa veracidade e non se depende de terceiros para te-lo resultado; c) É un sistema organizado en tempo e área, e está compa-

tibilizado metodolóxicamente, o que permite integrar e comparar resultados mais alá da propia explotación; d) Mide factores básicos da producción que teñen valor individual; na planificación de políticas rexionais e nacionais nos campos da producción, a sanidade, o comercio e a calidade dos productos. Por estes motivos, na Arxentina son moitos os que pensan que chegou o momento de que os productores valoren esta ferramenta como un instrumento para o desenvolvemento do sector lácteo no seu conxunto, e que o sector industrial tamén entenda a importancia que ten.

Protocolo da calidade do leite producido en Galicia O conselleiro de Política Agroalimentaria e D. Rural, Juan Miguel Diz Guedes, mantivo unha xuntanza o pasado 19 de febreiro co comité executivo da Asociación de Empresas Lácteas de Galicia na que se analizou a situación do sector en Galicia. De acordo cunha nota de prensa da consellería de Política Agroalimentaria, entre outros aspectos, falouse do contido do protocolo da calidade do leite producido en Galicia, co fin de incrementa-los niveis de calidade nas propias explotacións e homoxeneiza-los procedementos de producción láctea cara a mante-los niveis de competitividade que neste momento posúe a industria láctea galega, que produce o 33% do conxunto do Estado. Así mesmo, outro dos aspectos abordados neste encontro foi o relativo á situación dos prezos do AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

leite ós productores. A este respecto a consellería considera que, tras analiza-la situación actual que está a atravesar Europa e que está caracterizada por unha contracción da demanda o que está a provocar unha estabilidade dos prezos, é preciso esperar á evolución que experimente o mercado nos vindeiros meses. Non obstante, e de acordo con esas fontes oficiais, semella que a industria se compromete a continuar recollendo todo o leite que se produza nas explotacións galegas, para asegura-la saída da producción. Ante estas afirmacións o Sindicato Labrego Galego contestou que en realidade, o único que ten estabilidade é a baixada continua de prezos, que foi de entre 5 e 6 céntimos de euro por litro nos últimos doce meses, e que o sector se enfronta a unha nova ameaza da industria de baixa-los

prezos do leite en máis dun céntimo nas seguintes semanas. Para o SLG, a estabilidade que poida existir nestes intres non lle sirve para nada ao sector, pois o leite estase a vender rozando os custos de producción, o que significa que de continuar así de estable a situación veranse forzadas a pechar numerosas explotacións pola falla de rendibilidade económica da súa actividade. Respecto do protocolo da calidade do leite galego, o SLG estima que Diz Guedes volveu demostrar unha vez máis unha incapacidade absoluta para dialogar cos agricultores e agricultoras do país, xa que o protocolo é unha iniciativa que se está a cocer a porta pechada entre a propia consellería, o Ligal e a industria, e que, para o SLG, non se vai contar coa opinión e demandas dos productores galegos.


O control leiteiro en Galicia No noso caso, se observamos os datos que podemos atopar na páxina web da Consellería de Política Agroalimentaria o que vemos é que o número de explotacións en control leiteiro experimentou o seu maior incremento no ano 1996, ano no que se rexistraron 221 explotacións, pero que ó mesmo tempo, dende ese ano, o número foise incrementando moito máis lentamente, sendo o número de explotacións que se rexistraron no ano 2001 de tan só 9. ¿Son estes datos indicativos de que nós tamén estamos a pasar unha crise?. Dífícil de responder se se teñen en conta tan só os datos do control leiteiro. Pero, ¿qué é o Control leiteiro? Segundo a definición que fai a Consellería na súa páina web, "é unha das ferramentas básicas do Programa de Mellora Gandeira de

que se produzan na súa explotación.

Galicia. Consiste en rexistrar, obxectiva e sistematicamente, a producción e calidade do leite das femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co Programa, co fin de estima-lo valor xenético da poboación".

¿Qué datos se recollen? • Producción: kg de leite • Calidade: % de graxa, % de proteína, % de lactosa, reconto de células somáticas (RCS). • Reproducción: Inseminacións (data e touro), partos (data, número, tipo e facilidade). • Xenealoxía: data de nacemento, pai e nai.

¿Cales son os requisitos mínimos que se debe cumprir para poder entrar? • Ter un mínimo de 17 femias rexistradas no Libro Xenealóxico da Raza Frisona. • En canto á conformación, para que unha vaca poda ser incluída no Libro ten que cumpri-los requisitos raciais da raza Frisona. • Cumprir coa normativa da Campaña de Saneamento Gandeiro. • Proporcionar ós controladores tódolos datos das incidencias de carácter reproductivo

¿Para qué? para saber: • Medias de producción e calidade do leite das explotacións. • Índices reproductivos • A avaliación xenética das femias e dos sementais utilizados para á mellora xenética a través da reproducción (índices de vaca e proba de touros). • O apoio ó manexo técnico e económico da explotación.

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE EXPLOTACIÓNS EN CONTROL LEITEIRO ANO

A CORUÑA

LUGO

1977-80 1996 2001 TOTAL %

48 211 9 1403 30

8 183 5 2425 52

OURENSE

GALICIA NETO ACUMULADO

PONTEVEDRA

4 -3 41 1

56 509 -15

111 -26 778 17

56 3342 4647

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE RESES MAIORES DE 2 ANOS ANO 1990 2001

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

GALICIA

%

%

%

%

9.506

59

4.260

26

1.635

10

818

5

16.219

53.739

34

82.897

52

1.904

1

19.658

13

158.198

PRODUCCIÓNS MEDIAS A 305 DÍAS SEGUNDO O ANO DE FINALIZACIÓN DA LACTACIÓN ANO

Nº LACT.REMATADAS

LEITE

GRAXA

PROTEINA

Kg

Kg

%

1990

6.777

6.000

215

3.59

2001

101.895

7.426

279

3.76

Kg

232

DIAS LACT.

INTERV. PARTOS

303

402

332

420

%

3.13

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

23


24

control e calidade do leite ■

Subvencións Leite libre de lactosa de calidade

O secretario Xeral da Feplac Galicia, Manuel Bouzas, manifestou na prensa dixital a súa desconfianza sobre a xestión das axudas á mellora da calidade do leite dende 1995, preguntándose a cantos gandeiros e industrias se lles concederon subvencións e que resultados acadaron na mellora da calidade do leite. "No seu día, tanto a industria, como a administración, obrigaron ós gandeiros a realizar un esforzo sobrehuman para adaptarse ó R.D. 1679/94, vista a ameaza duns e outros que se non cumpríamos eses parámetros, pararían de recollerno-lo leite, e agora vemos que os mesmos que nos impuseron unha orde, agora promoven e encobren o incumprimento da mesma".

O leite sen lactosa comercialízase dende hai dous anos en Finlandia e Suecia, sendo as vendas en ámbolos dous países moito maiores do que se esperaba. A empresa que comercializa este leite sen lactosa afirma non te-la intención de rempraza-lo leite normal polo seu leite sen lactosa, senón que o seu obxectivo é o de axudar á xente que ten unha alta intolerancia á lactosa e que polo tanto non pode beber ese leite normal. A poboación que se atopa nestas circunstancias nestes países é do 17% en Finlandia e do 5% en Suecia. Por outra banda, as perspectivas de mercado increméntanse se se pensa que hai moita xente que a pesares de tolera-la lactosa, o leite provócalles problemas de estómago.

Leite con niveis de lactosa reducidos levaba sendo comercializado dende hai moito tempo. Neste tipo de leite con lactosa simplemente reducida, a lactosa divídese en dous azucres que non provocan problemas de estómago por medio dunha encima, pero que presenta o problema de ter un lixeiro sabor doce por estes azucres. Sen embargo, o leite libre de alctosa non ten nada de azucre e o sabor é o mesmo co do leite normal. Aínda que este leite é moitísimo máis caro que o leite normal, ten un sabor tan bo que se vende moi ben. Polo menos iso é o que di a empresa que o fai e que afirma é un éxito rotundo a pesares do elevadísimo prezo.

Leite clónico e transxénico Os neocelandeses están a apostar forte pola biotecnoloxía e a xenética, e a proba disto témola nas contínuas novas que saen no campo da producción de leite que teñen como base a aplicación das últimas tecnoloxías nestes campos. Nesta ocasión facémonos eco dunha investigación na que se combinaron diferentes técnicas de clonación e modificación xenética coas que se lograron a creación de nove vacas cunha maior facilidade

para producir leite cun contido alto en caseína, proteína do leite que facilita a producción de queixo ó aumenta-la velocidade de coagulación do leite e a expulsión do soro lácteo. O estudio consistiu en tomar cultivos de células de vaca e engadirlles xenes extra de caseína. Os científicos tomaron os núcleos das células en cultivo (con xenes extra de caseína) e introducíronnos nos óvulos de vaca. Estes embrións foron despois implantados nas

Reconto norteamericano Por terceira vez en seis anos o Consello Nacional de Mamite dos Estados Unidos (NMC) proporá unha diminución gradual no reconto de células somáticas ata chegar ás 400.000 células en oito anos. A primeira baixada coincidiría nos 650.000 RCS en xaneiro de 2005. Dende esta data os niveis deberíanse diminuír cada dous anos, ata chegar ata as 400.000 RCS, nivel a acadar en xaneiro de 2011. As dúas anteriores propostas do NMC para diminuír o RCS por debaixo das 400.000 células foron AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

rexeitadas, por estima-los opoñentes a esta medida que o leite con RCS superior ás 400.000 células non afectaba á saúde humana. Sen embargo, o Consello Nacional de Mamite mostrou estudios científicos que demostran que o risco para a saúde humana increméntase consumindo leite por riba das 400.000 células, poñendo o exemplo de que o risco de atopar resíduos de antibióticos no leite é de dúas a sete veces máis alto en rabaños con RCS superior ás 400.000.

vacas, conseguíndose en total 11 cuxas todas elas clónicas e transxénicas á vez, xa que son xenéticamente idénticas ás células cultivadas de partida e levan ademais, xenes extra da caseína. Das 11 cuxas, nove delas produciron leite con extra de caseína, en concreto, dos dous tipos de caseína utilizados no experimento, a beta e kappa, dúas das máis importantes co obxectivo de que este "leite clónico" conteña un alto contido en calcio.

Uso da BST

No ano 2002 o 22% das vacas leiteiras estadounidenses foron tratadas con BST, de acordo cos datos aportados polo Programa Nacional do Control da Sanidade Animal dos Estados Unidos. De acordo con esta información, o 55% dos rabaños de 500 ou máis vacas usaron a BST, mentres que tan só o 9% dos rabaños de 100 ou menos vacas foron tratados con esta hormona. Ademáis só o 2,2% de rabaños con medias por baixo das 16.000 libras (7.264 kgrs.) usaron BST, mentres que o 32,4% de rabaños por riba das 20.000 lb (9.080 kgrs.) si que a empregaron.


mercado

Aumento das restitucións

Prezos do leite en decembro

de 2002 EU

Na UE o prezo roldou os 31,57 €/100 kg (52,5 ptas/kg), o que supón unha baixada de 1,5 ptas/kg con respecto ó mes de novembro no que o prezo foi de 32,56 €/100 kg (54 ptas/kg). Sen embargo, se o comparamos co prezo rexistrado no mes de decembro pero do ano 2001, o do 2002 é 1 ptas/kg máis alto, segundo a información proporcionada pola organización LTO. Estes prezos calculáronse como media do pagado por 17 das máis importantes industrias lácteas que recollen na UE. Ademais, o prezo é con respecto a un leite con 4,2% de graxa, 3,35% de proteína, menos de 25.000 bacterias, menos de 250.000 células e unhas entregas anuais de 350.000 kg.

EE.UU

Aquí os prezos tamén baixaron en consonacia coa tendencia á baixa existente dende o mes de novembro tralos prezos á alza de outubro. O prezo medio para a clase III en decembro de 2002 foi de 23,75 €/100 kg (39,5 ptas/kg), cotización 0,8 ptas/kg máis baixa que en novembro de 2002 e 6,3 ptas/kg máis baixa que en decembro de 2001.

Debido ó difícil momento polo que está a pasa-lo mercado, especialmente afectado polos movementos do cambio euro/dolar, a Comisión acordou un incremento das restitucións á exportación do leite en po destonado, pasándose dos actuais 44 €/100 kg ós 51 €/100 kg, o que supón un aumento dun 16%. Esta medida foi moi ben recibida polos operadores que estaban afeitos a ver como a Comisión nos útimos meses baixaba reiteradamente as mencionadas restitucións.

Nova Celandia A diferencia da tendencia xeralizada á baixa, en Nova Celandia a nota dominante pódese dicir que é, polo de agora, a estabilidade. O prezo medio pagado en decembro de 2002 foi de 10,22 €/100 kg (17 ptas/kg), moi semellante ós prezos rexistrados nos mes de outubro e decembro. Sen embargo, se comparamos estes prezos cos de hai un ano, a baixa é de nada máis e nada menos, que de case que 9 ptas/kg.

Prezo mínimo de 0,35 € O presidente da Feplac, Xaquín López, nunha rolda de prensa celebrada o pasado mes de xaneiro, manifestou que se debería establecer un prezo mínimo ou medio de 0,35 euros/litro co que se poderían cubri-los custos de producción. Segundo lembrou o propio Xaquín López, "hai dous anos, antes das vacas tolas, o prezo do litro de

leite era de 0,38 euros e agora está en 0,27 euros", polo que non nos debe estranar que moitos abandonen vendo que se fan moitos investimentos para moi pouco beneficio". Ademais, Xaquín López tamén criticou que nin a Feplac nin as cooperativas lácteas poidan participar na elaboración de acordos para o establecemento de prezos

e cotas que si organiza a interprofesional Inlac. Por último, e en relación ó Real Decreto sobre xestión de cotas lácteas que prepara dende hai tempo o Ministerio de Agricultura, o presidente da FEPLAC asegurou que é abusivo porque obrigaría ós productores que queiran vende-la súa cota fora da súa Comunidad autónoma a que regalasen o 20% ó Estado. XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

25


26

mercado

Balance dos principais productos lácteos

durante o 2002

Os prezos durante a primeira metade de 2002, tiveron unha clara tendencia á baixa no mercado internacional do leite en po, acadándose no segundo cuatrimestre o seu punto máis baixo con prezos de 1000 $/tn para o leite destonado en pó e de 1.100 $/tn para o leite enteiro en po. Ó final do verán, a situación foi mellorando, tanto no mercado mundial como no comunitario, segundo semella en parte debido á mala climatoloxía en Australia e Nova Celandia, xa que ó producir menos estes países, a oferta foi máis axustada e os prezos se elevaron ata os 1.750 $/tn. A pesar disto, na UE as cotizacións de leite en po destonado e de leite enteiro son un 15 e un 12% máis baixos que no ano anterior. No que se refire á manteiga, a situación do mercado mundial no 2002 mantívose estable aínda que

cuns prezos relativamente baixos, estando en 1.000 $/tn no primeiro trimestre e ascendendo a 1.200 $/tn despois. Canto ós prezos comunitarios estiveron entre 297 e 308 € por 100 kg, cunha media un 5% máis baixa que no 2001. Ademais, a maior producción que se rexistrou na primavera provocou que 160.000 tn foran vendidas á intervención.

Por último, no caso do queixo, o enorme incremento na oferta e na demanda dos dous últimos anos non se mantivo no 2002. Aínda así, a producción se incrementou mentres que o consumo se mantivo estable. Como consecuencia desta falta de equilibrio se produxo unha baixa nos prezos do 10%, respectos dos prezos do 2001.

Caída das exportacións En Francia as exportacións de leite líquido destinadas ó mercado intracomunitario caeron nos dez primeiros meses do ano 2002 nun 15%, logo dun crecemento dun 16% no mismo período do 2001. Con respecto a España, que é un dos principais clientes de leite líquido francés, a reducción foi dun 24%. Tamén con respecto a Italia, que é outro dos principais compradores, a reducción foi dun 23%. En canto ás exportacións de queixo, que supoñen a metade das exportacións totais, a tendencia foi tamén á baixa (-0,7%). As principais baixadas foron en Alemaña, que é o principal cliente, adquirindo unha cuarta parte dos queixos exportados, cara a Italia ós Países Baixos.

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

Recomendacións á baixa Para este primeiro trimestre do ano, o Centro Nacional Interprofesional da Economía Leiteira de Francia (CNIEL) solicitou unha nova baixada do prezo do leite, recomendando unha reducción en 7,65 € por 1000 litros (1,3 pts/l). O pasado ano o CNIEL aconsellou baixa-los prezos para tódolos trimestres do ano, sendo de 9,88 €/1000 l. (1,6 ptas/l) para o primeiro trimestre, 8,93 €/1000 l (1,5 pts/l) para o segundo, 16,15 €/1000 l (2,7 pts/l) para o terceiro e de 15,93 €/1000 litros (2,6 pts/kg), no cuarto. Además estableceuse unha prima de axuste de 4,6 €/1000 l (0,8 ptas/l) para o primeiro trimes-

tre e de 1,6 €/1000 l (0,25 ptas/l) para o segundo e terceiro trimestre. Para este ano, e co fin de atendelas peticións dos productores de que na fórmula de cálculo do prezo recomendado se tivera en conta o prezo dos productos de grande consumo do mercado francés, acordouse a implantación dunha prima de reaxuste de 2,76 €/1000 litros (0,5 ptas/l) para o conxunto do ano 2002, que se distribuiría en 7,5 €/1000 l (1,25 ptas/l) no primeiro trimestre e 1,6 €/1000 l (0,25 ptas/l) no segundo e terceiro trimestre. En definitiva, para o primeiro trimestre a baixada recomendada sería de 0,8 ptas/l.


A maior explotación do mundo A explotación en cuestión que non é nin americana, nin candiense, nin holandesa nin neocelandesa gañou recentemente o premio Guiness por se-la maior explotación de leite integrada do mundo. ¿Onde se atopa?. Pois non está nun dos grandes países productores de leite e nin sequera nun país de verdes pradeiras ou grandes pastos. Está nada máis e nada menos que nun país onde as temperaturas medias están ó redor dos 50ºC, e que ata o de agora sempre viviu, e moi ben por certo, do ouro negro, o petróleo, sempre tan conflictivo e causa de tantas guerras inútiles. O país é Arabia Saudí.....sorprendente, ¿verdad?. Pois aínda o son máis os datos desta explotación saudí chamada Al Safi, que significa "o puro". A explotación, que pertence ó príncipe saudita Al Safi, conta con nada máis e nada menos, que 29.000 vacas e produce 460.000 litros de leite ó día. Ten seis salas

de muxido e nunha delas se muxen 120 vacas cada 12 minutos e pasan por ela cada día 3.100 vacas que son muxidas tres veces ó día. A explotación está totalmente informatizada e cando unha vaca produce menos de 8 litros de leite ó día, se sacrifica. Como media, cada vaca ven tendo uns 10 partos. Para produci-la forraxe coa que alimentan ós animais, e tendo en conta que se atopa en pleno deserto, a agua é imprescindible. Esta a extraen de pozos subterráneos, que chegan a ter ata 1 km. de profundidade e que cando se extrae, sae case á temperatura próxima á ebullición. Os animais se atopan ó aire libre, cunha temperatura ambiental duns 49ºC de media. Dado que estas elevadas temperaturas son un impedimento para a producción de leite, sobre os animais hai instalados uns abanicos que pulverizan auga, e que fan baixa-la temperatura a 27ºC. Ademais,

Baixos prezos pola distribución Nun informe realizado para o Consello Británico para o Desenvolvemento do Sector Lácteo, sobre "Prezos e rendabilidade da cadena británica de abastecemento lácteo", despréndese que a distribución exerce unha forte presión sobre as industrias lácteas británicas que está a provocar unha indiscriminada baixada dos prezos. Unha das causas semella estar no cambio de hábitos do consumidor ingles que de te-lo leite á porta de casa pasou a ter que ir a supermercados e grandes superficies a mercalo. Por este motivo, dende a metade dos anos 90, as industrias lácteas británicas declararon "unha guerra sen cuartel" para poder posiciona-los seus productos nos lineais da distribución. Pero esta é unha guerra na que os prezos son a principal arma. Se

reducen as marxes das empesas lácteas e, en consecuencia, se lles paga menos ós productores, que demandan un precio obxectivo de 47,5 ptas/l e só reciben 43 ptas. Neste mesmo informe tamén queda patente que a industria láctea elabora productos con pouco valor engadido –se se fai unha comparación coa industria francesa vemos como a gala obten un valor medio de 150 ptas/l e a británica tan só de 100 ptas/l. Por último se sinala a falla de integración da cadea productiva, a escaseza de cooperativas, e que as que hai son pequenas e con pouca forza ante a industria. Como dato ó respecto dicir que tan só o 5% do leite é transformado por cooperativas, mentres que esta porcentaxe ascende a un 62% en Francia e un 93% en Dinamarca.

cada vaca consume diariamente uns 115 l. de agua. Na propia granxa se produce a transformación do leite, que se destina fundamentalmente á producción de bebidas a base de iogurt e cremas. Conta asi mesmo, cunha flota de camións para a súa distribución por todo o país.

Prezo do leite en Italia Segundo diversas informacións, na presente campaña o prezo do leite en Italia está sobre 0,35 €/kg (58 ptas/kg), sen embargo o sector industrial ten previsto baixar proximamente ata os 0,32 €/kg (53 ptas/kg). Este feito está a provocar importantes protestas polo sector productor, que ven a baixa como unha provocación e preparan mobilizacións na procura de prezos xustos.

Non ás importacións ilegais Centrais leiteiras de Macedonia ameazan con deixar de mercar leite ós productores locais se o goberno non toma medidas urxentes para dete-la importación ilegal de leite e productos derivados. Neste momentos o límite que cada persoa pode pasar pola aduana é dun litro de leite por persoa. Na procura dunha solución a este problema, representantes das grandes centrais leiteiras locais se reuniron con funcionarios de aduanas e veterinarios, que advertiron da inminente crise que vai sufri-lo sector lácteo debido ás enormes reservas de productos lácteos e ás importacións ilegais. XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

27


28

mercado

Tamén baixas nos

Estados Unidos

Todo semella indicar que tampouco nos EE.UU. o 2003 vai ser un bó ano no que ós prezos se refire. O motivo fundamental desta baixada é o importante aumento da producción durante o ano 2002, pero sin que este incremento na oferta vira acompañado por un incremento na demanda. A consecuencia foi como é lóxico un importante aumento dos stocks de productos lácteos, que suporán o afundimento dos prezos para este ano. Actualmente, o prezo medio do leite de clase III (leite de con-

sumo) é de 0,19 €/kg (31,6 ptas/kg). Para o ano 2003, as previsións apuntan a que o prezo medio de tódolos tipos de leite será do 0,23 €/kg (38,8 ptas/kg), mentres que a media no 2002 foi de 0,24 €/kg (40 ptas/kg). O Departamento de Agricultura de EE.UU. estima que os custos de producción roldan sobre os 0,28 €/kg (46 ptas/kg), polo que está claro que cos precios ós que as industrias están pagando o leite, non se pode cubri-lo que costa producila.

Os gandeiros máis afectados por esta situación serán os

gandeiros alí chamados de tamaño medio, que en EE.UU. é todo aquel que ten entre 200 e 400 vacas. Fronte a estes, os gandeiros máis pequenos agardan aguantar mellor a situación

ó poder beneficiarse das axudas previstas na Farm Bill. Canto ós gandeiros máis grandes, se supón que tamén salvarán mellor a situación tendo en conta que teñen uns custes de producción por litro de leite máis baixos.

Os gandeiros máis afectados por esta situación serán os gandeiros alí chamados de tamaño medio, que en EE.UU. é todo aquel que ten entre 200 e 400 vacas. Fronte a estes, os gandeiros máis pequenos agardan aguantar mellor a situación ó poder beneficiarse das axudas previstas na Farm Bill. Canto ós gandeiros máis grandes, se supón que tamén salvarán mellor a situación tendo en conta que teñen uns custes de producción por litro de leite máis baixos. Así as cousas, os expertos semella que están a recomendar ós gandeiros que se desprendan do maior número posible de vacas de desvelle para reduci-los custos, sen compromete-lo futuro a longo prazo da explotación. Do mesmo modo, tamén aconsellan que as explotoacións que non sexan eficaces na producción das súas propias forraxes contraten o abastecemento destes productos.

Contratos de futuro O Departamento de Agricultura dos Estados Unidos aposta polos chamados contratos de futuro para diminui-la inestabilidade do prezo do leite. Dende agosto de 2000 ata decembro de 2004, o departamento ten posto en marcha unha experiencia piloto para que as industrias podan establecer contratos de futuro con productores e cooperativas para leite de consumo. Antes desta experiencia se podían establecer AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

contratos, pero as industrias estaban na obriga de pagar polo menos o prezo mínimo establecido pola administración de cada Estado. Segundo os datos recollidos ata o de agora sobre os contratos realizados entre setembro de 2000 e marzo de 2002 se puxo de manifesto que o leite baixo contrato tivo un prezo medio de 0,28 €/kg (46 ptas/kg), cunha variación que roldou entre o prezo máis baixo de

0,26 €/kg (43 ptas/kg) ó máis alto de 0,29 €/kg (48 ptas/kg). O leite sen contrato tivo un prezo medio de 0,29 €/kg (48 ptas/kg), cunha variación entre 0,24 €/kg (39 ptas/kg) e 0,35 €/kg (58 ptas/kg). Isto indica que o leite con contrato tivo un prezo medio máis baixo que o leite sen contrato, pero con menores oscilacións, aínda que sen acadar o que aquí en Galicia poderíamos considerar como un prezo xusto.


medio ambiente

29

O uso da enerxía solar medrou un 40% en Galicia O uso da enerxía solar en Galicia incrementouse durante o ano pasado en máis dun 40%, tanto para producción de calor (térmica) como de electricidade (fotovoltaica). En total, a 31 de decembro estaban instalados 4.025 metros cadrados de captadores para a producción de enerxía térmica, o que supón un 44% máis que no ano 2001; a potencia da enerxía fotovoltaica ascendía a 205 kW, é dicir, un 39 por cento máis que no exercicio anterior. Con 1.700 metros cadrados de paneis solares e 85 kw de potencia instalada, a provincia de Pontevedra é, ata o de agora, a primeira galega en uso e aproveitamento da enerxía solar, tanto térmica como fotovoltaica, seguida de A Coruña, Ourense e Lugo, se ben esta última supera á provincia de Ourense no que atinxe a enerxía fotovoltaica. O pulo a este tipo de enerxía renovable forma parte do Programa de Fomento de Enerxía Solar en Galicia, que está a desenvolve-la Consellería de Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega). O programa pretende que no ano 2010 estean instalados na nosa comunidade 40.000 metros cadrados de captadores solares térmicos, e de 2.500 a 5.000 Kw de potencia solar fotovoltaica (dependendo da evolución neste período, da tecnoloxía aplicable).

A enerxía solar como alternativa España, pola súa privilexiada situación e climatoloxía, vese particularmente favorecida respecto ó resto dos países de Europa, xa que sobre cada metro cuadrado de seu solo inciden ó ano uns 1.500 quilovatios-hora de enerxía, cifra similar á de moitas rexións de América Central e do Sur. Esta enerxía pode aproveitarse directamente, ou ben ser convertida en otras formas útiles como, por exemplo, en electricidade. Ademais, esta fonte de enerxía proporciona a oportunidade non só de contaminar menos senón tamén, de depender cada día un pouco menos do "pouco seguro" petróleo.

¿Qué se pode facer coa enerxía solar? Básicamente, recollendo de xeito adecuado a radiación solar, podemos obter calor e electricidade. O calor se logra mediante os colectores térmicos, e a electricidade, a través dos chamados módulos fotovoltaicos. Ambos procesos nada teñen que ver entre sí, nin en canto a súa tecnoloxía nin na súa aplicación. No caso do aproveitamento térmico, quizais menos coñecido, o calor é recollido nos colectores e pode destinarse a satisfacer numerosas necesidades. Por exemplo, se pode obter auga

quente para consumo doméstico ou industrial, ou ben para dar calefacción ós nosos fogares, e como, non explotacións, sanitarios, piscinas, e un longo etcétera. Tamén por estrano que semelle, valería como sistema de refrixeración, porque para obter frío fai falla dispor dunha "fonte cálida". A electricidade pola súa banda se obten a través dos paneis fotovoltaicos e pode usarse de xeito directo (por exemplo para sacar agua dun pozo ou para rega, mediante un motor eléctrico), ou ben ser almacenada en acumuladores para usarse nas horas nocturnas. Incluso é posible inxecta-la sobrante á rede xeral, obtendo un importante beneficio.

850 millóns para o medio ambiente A Ministra de Agricultura dos Estados Unidos, Ann Veneman, anunciou nos pasados días que a administración Bush adicará 582 millóns dólares máis para os fondos medio ambientais do ano 2003. Estes suporán $255 millións máis para o Programa de Incentivos da Calidade Medio Ambiental, que de ser aproado, disporía de $850 millións neste ano.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA


Publi-reportaxe

30

alimentación

O encalado en Galicia GONZALO LEMA CLAVIJO Enxeñeiro Técnico Agrícola. CEDIE

A realidade actual do mercado do CAL en Galicia, atópase moi por baixo das súas posibilidades, sendo unha práctica moi esquecida e abandonada por parte do gandeiro e do agricultor. É evidente que a aplicación do CAL supón un certo sacrificio para o "aplicador", por ser un producto difícil de manexar, pero as grandes vantaxes que se obteñen ó facer uso do cal, fan que mereza a pena esforzarse en realizalo ENCALADO. Gracias ó esmero profesional do noso departamento técnico – comercial, promovido pola realización de charlas, visitas a explotacións, ensaios en culti-

CEDICAL preocúpase por ofrecer un servicio óptimo tanto técnicocomercial como de aplicación do CAL, e para iso conta con máis de 40 abonadoras espalladoras de CAL en distintos puntos de distribución de toda Galicia, e de camións espalladores de CAL para aplicación directa ó consumidor final. AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

vos, analíticas de terras e forraxes, e coñecedores das inquietudes dos gandeiros por mellora-los rendementos das súas colleitas, CEDICAL garante os resultados baixo un serio asesoramento, o que implica que, pouco a pouco, os gandeiros estean cada día máis concienciados do emprego do CAL, pois temos demostrado que esta emenda incrementa substancialmente as produccións e calidades das colleitas, ademais de ser un producto realmente económico canto os custos da explotación se se compara con outro tipo de fertilizantes. Para facerse unha idea do escaso uso do CAL en Galicia, só

temos que atender ás estatísticas do mercado actuais: existen unhas 425.000 Has. destinadas a cultivos de millo forraxeiro, praderías artificiais e pastos, pero só hai hábito de ENCALADO nun 10% do total, cifra bastante preocupante para os intereses da nosa gandería. Se sumamos o costume ou o "vicio" dos nosos gandeiros a aplicar grandes cantidades de abono e a falta de ENCALADO, non só se aumentan os custos de producción no quilo de forraxe, senón que a efectividade destes abonos redúcese substancialmente debido ó efecto "bloqueante" dos nosos SOLOS ÁCIDOS.

¿Por que é tan importante o encalado? Ninguén pon en dúbida a grande fertilidade dos nosos SOLOS GALEGOS á hora de cultivar, nos que calquera semente xermina e se desenvolve unha planta, pois son solos ricos en humidade, en materia orgánica e na súa grande maioría son de estructura franco areosa (lixeiros e aireados), condicionantes esenciais para o desenvolvemento dun cultivo. Pero debido á implantación de cultivos foráneos da nosa terra, tales como o Millo e outras forraxes, estes necesitan aportes extra para que a súa producción

sexa óptima e rendible. O ENCALADO xoga un papel moi importante nestes cultivos, xa que deben de desenvolverse en pH (parámetro medidor da "acidez") próximo ó 6,5, e os solos galegos, pola súa natureza, están comprendidos entre o 4 e o 5. A adición do CAL corrixirá este pH baixo, e descomporá a Materia Orgánica de xeito suficiente, transformándose en HUMUS, que é esa materia orgánica mineralizada de color "negruzco" e case impalpable que nos atopamos no solo. É tal


a cantidade ou reserva de Materia Orgánica existente nos nosos solos, que por moito que se degrade pola activación do CAL, sempre nos encontraremos con niveis de materia orgánica máis que aceptables (6 – 9%). Tamén podemos dicir que a adicción de CAL produce un quentamento dos SOLOS moi ácidos, que son fríos e con pouca actividade microbiana, polo que axuda a que proliferen as bacterias que descompoñan a Materia Orgánica e as fixadoras do nitróxeno. Esta degradación da Materia Orgánica, pouco descomposta nun principio, se converte no mencionado HUMUS que conxuntamente coa ARXILA forman un "pegamento" que axuda a unirse partículas do solo tales como a AREA, formando o que denominamos AGREGADOS da terra, ou vulgarmente, os "TERRÓNS". Para que se forme este "pegamento" é necesaria a presencia de CALCIO no solo, ben pola apli-

cación dun ENCALADO ou ben das reservas propias do solo. O "TERRÓN" do solo ten "carga negativa", polo que atrae a tódolos elementos fertilizantes necesarios para a nutrición da planta que son de "carga positiva", producíndose o efecto "imán" do solo. Os máis importantes son o Potasio, o CALCIO, o MAGNESIO, o Sodio, ou o Amonio. É o que se denomina como BASES do solo. Estes argumentos, explican a importancia de realizar un correcto ENCALADO con CALCIO e MAGNESIO, e que polo tanto, se produza un "equilibrio" de nutrientes no solo sen que se bloqueen uns a outros, como é o caso do "Potasio co Magnesio". Son coñecidas por todos as grandes cantidades de abonado orgánico que se realizan nas nosas praderías e campos de cultivo a base de XURRO, fertilizante altamente rico en POTASIO, e que satura deste elemento ós nosos solos, provocando bloqueo no MAGNESIO, problema engadi-

do á escasez do mesmo na terra, por iso, CEDICAL, tamén se preocupa de incorporar MAGNESIO ós seus cales. O MAGNESIO desempeña un papel moi importante na función clorofílica da planta, de vital importancia para a síntese de PROTEÍNA. Ó mesmo tempo, unha ración rica en MAGNESIO evita a HIPOCALCEMIA ou "mal da vaca deitada". O CALCIO é parte esencial das paredes celulares que conforman o esqueleto da planta, dándolle vigorosidade, e tamén no desenvolvemento óptimo das súas raíces. Resumindo, tan importante é abonar como ENCALAR, e sobre todo, ter conciencia de que ENCALANDO, se están fertilizando mellor as nosas terras de cultivo, incrementándose os rendementos e as calidades das colleitas, abaratando custes dentro da explotación, e obténdose unha maior marxe de rendibilidade.

31

Publi-reportaxe


Publi-reportaxe

32

alimentación

¿Pero que ocorre co FÓSFORO?

¿Que aumento de producción das colleitas proporciona o encalado?

A forma de absorción deste elemento por parte da planta é en forma de ión fosfato, ou sexa, ten "carga negativa". Polo tanto, por si só non é capaz de fixarse á ARXILA e ó HUMUS do solo, para despois ser absorbido polas raíces da planta, disolto na auga do solo. A única opción de fixarse é mediante unha "ponte" de CALCIO.

CEDICAL, a través de distintos ensaios realizados nas propias terras de gandeiros galegos, cunhas condicións reais de climatoloxía e solo, se involucrou e preocupou por estudiar e demostralos aumentos das colleitas, con aportacións de varias doses e tipos de CAL con MAGNESIO. Os solos de partida teñen distinta acidez e textura uns de outros, se aplicou a mesma cantidade de abono segundo as necesidades, sementándose MILLO, e nalgúns se empregou o CAL en coberteira (sementeira directa). En tódolos ensaios se produciron aumentos da producción das colleitas de millo coa adicción de CAL. Nos terreos con maior acidez inicial ou pH moi ácidos (4,5 – 5), con pequenas doses de CAL se experimenta un importante

Fixación do ión fosfato (de carga negativa) mediante unha ponte de calcio (carga positiva)

“PEGAMENTO” ARXILA+HUMUS FÓSFORO CALCIO

GRÁFICA 1.Aumento do 157% (case que o triple da producción sen encalar)

GRÁFICA 2. Aumento do 50% (1,5 veces da producción sen encalar)

Rendementos colleita de Millo, segundo dose de CAL Producción Kg M.V./Ha

pH inicial = 4,5-5

incremento da colleita, representándolle triple de producción. (gráfica 1) Para terreos menos ácidos (pH en torno a 5,5 – 6), as produccións iniciais son maiores que en terreos máis ácidos, polo que necesitarán un maior aporte de CAL, para incrementa-la colleita, pero que coñecendo o custo que representa a aplicación de CAL e o beneficio que supón aumenta-la producción nun mínimo do 50%, é aconsellable o ENCALADO. (gráfica 2) En "sementeira directa", o CAL aplicado en COBERTEIRA tamén ten efectos positivos sobre os rendementos das colleitas. (gráfica 3) Por último, os solos pesados, ou cun maior contido en arxila (25%), necesitan maior aporte de CAL que os solos máis lixeiros. (gráfica 4)

Rendementos colleita de Millo, segundo dose de CAL Producción Kg M.V./Ha

% Sat. Al inicial = 40%

pH inicial = 5,5-6

% Sat. Al inicial = 2-10%

80.000

50.000

70.000 45.000

40.000 40.000

50.000

35.000

30.000

75.000

60.000 50.000

40.000

20.000

55.000

60.000

65.000

30.000 17.500

20.000

10.000

10.000 0

0 0

2.000

2.500

3.000

0

2.000

Dose de CAL kg/Ha (Encalante Comercial) Textura: Franco-Arenosa (15% arxila)

Rendementos colleita de Millo, segundo dose de CAL pH inicial = 5-5,5

% Sat. Al inicial = 11-25%

65.000 60.000

50.000

pH inicial = 5,5

45.000 40.000 35.000

30.000 40.000

% Sat. Al inicial = 15%

40.000

55.000

40.000

5.500

Rendementos colleita de Millo, segundo dose de CAL Producción Kg M.V./Ha 50.000

70.000 60.000

4.000

GRÁFICA 4. Aumento do 80% (case que o dobre da producción sen encalar)

GRÁFICA 3. Aumento do 62,5% (1,6 veces da producción sen encalar) Producción Kg M.V./Ha

3.000

Dose de CAL kg/Ha (Encalante Comercial) Textura: Franco-Arenosa (15% arxila)

Sementeira Directa

30.000

25.000

20.000

20.000 10.000

10.000 0

0 0

2.500

4.000

Dose de CAL kg/Ha (Encalante Comercial) Textura: Franco-Arenosa (15% arxila)

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

5.000

0

2.000

2.500

Dose de CAL kg/Ha (Encalante Comercial) Textura: Franco-Arenosa (25% arxila)

3.000


Trevo mellorado

Controis na alimentación animal A UE ven de presenta-las recomendacións sobre o programa controis no ámbito da alimentación animal, no que se vixilará a aplicación das restriccións relativas ó uso de productos de orixe animal en pensos, a contaminación de subproductos na fabricación de pensos e a presencia de antibióticos prohibidos utilizados como promotores do crecemento en pensos. No caso dos controis sobre o uso de productos de orixe animal se controlarán as explotacións seguintes: - Explotacións con mesturadores propios que utilizan proteínas animais elaboradas derogadas.

- Explotacións que dispoñen de ruminantes e outras especies (risco de alimentación curzada). - Explotacións que compran pensos en grandes cantidades. No caso de mesturadores móviles a UE recomienda que se controlen, entre outros: - Os mesturadores que incorporan pensos cun alto contido proteico. - Os mesturadores que producen unha gran cantidade de pensos. - Os que traballan para un grande número de explotacións, incluídas explotacións que disponen de ruminantes.

Un grupo de importantes empresas gandeiras neocelandesas investirán 25 millóns de dólares nunha investigación o obxectivo da cal é o de conseguir unha variedade de trevo branco que incremente o rendemento e amplia-lo seu ciclo de crecemento, para así asegura-las vantaxes do baixo custe nunha producción gandeira baseada en pastos. Para iso usarán técnicas de biotecnoloxía, xa que o que pretenden descubrir é como os xenes do trevo branco inflúen no rendemento do pasto e así poder aumenta-la súa productividade. Esta iniciativa será subvencionada polo goberno de Nova Celandia que aportará 12,5 millóns de dólares en 5 anos, e o resto será asumido polo sector productor. O trevo branco ten unha grande adaptibilidade ó medio e pode resistir un forte pastoreo e a competencia entre outras especies forraxeiras, e ademáis ó aportar nitróxeno dispoñible ó solo, inflúe directamente no nivel de producción do pasto reducindo a necesidade de fertilizantes nitroxenados e mellorando a producción animal.

Gran experiencia en siembra de maíz y praderas Cambás - ARANGA

SERVICIOS

TRANSFORMACIONES AGRÍCOLAS Y FORESTALES • Autocargador-Picador • Maquinaria de siembra directa para maíz y praderas • Grada rotativa con sembradora neumática incorporada • Grada de discos • Cisterna • Fresadora • Desbrozadora • Encaladora • Pulverizadora

Teléfonos: 981 793 517 - 606 440 669 - 606 436 183

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

33


34

alimentación

Vantaxes da sementeira directa A sementeira directa introdúxose en Brasil e Arxentina e agora son moitos os paises que se interesan por este sistema que consiste en sementar sen ter que facer laboreo no solo, só se remove a terra na liña de sementeira, quedando sobre este, case sen destruir, o rastroxo do cultivo anterior. Nunha época onde todo apunta a sistemas de producción que respeten o medio ambiente e que estean dentro dos parámetros do que se da en chamar "gandería e agricultura sostible", a sementeira directa pode ser unha opción perfectamente válida que non ten porque traducirse nunha diminución da producción. Precisamente en consonancia con esta preocupación por preservalo entorno, reducindo na media do posible a erosión e o abuso de herbicidas, se di que a sementeira directa, sempre que permita unha cobertura de rastroxos sobre o solo de polo menos o 50%, se convirte nunha práctica conservacionista efectiva. Unha das vantaxes da sementeira directa a salientar é o uso eficaz da auga do solo gracias a

unha maior infiltración e unha menor pérda por escorremento, e o control da erosión por auga e vento. Isto se debe a que coa utilización deste sistema se incrementa a drenaxe interna pola intensa actividade biolóxica que se desenvolve nos solos traballados ó irse construíndo co tempo unha rede de biocanais que facilitan a recarga hídrica do perfil. Ademais, o rastroxo en superficie permite conserva-la auga almacenada porque este retarda a perda por

evaporación conseguíndose ese uso máis eficaz. Os aspectos medio ambientais son importantes pero non se poden esquece-los resultados obxectivos dos rendementos das colleitas. As diferencias, segundo estudios comparativos coa sementeira tradicional, non semella que sexan tan significativas como nun principio se pensaba, sobre todo cando este sistema de producción se axusta ás condicións locais e se fai un manexo agronómico correcto.

PASOS FUNDAMENTAIS Encalado O aporte de cal debe facerse como mínimo tres ou catro meses antes da sementeira xa que o non laborea-lo terreo supón unha absorción moito máis lenta.

Aplicación correcta do glifosato Sabemos que o glifosato é un herbicida de absorción folicular (significa que a planta absorbe o producto pola folla), polo que debemos ter en conta que á hora de aplica-lo tódalas

plantas a eliminar deberán estar rebrotadas, xa que de non ser así, as que non tiveran folla no momento da aplicación do glifosato se desenvolverían no millo semenetado, aproveitándose así dos nutrintes da planta e impedindo o seu perfecto crecemento. Ademais, todas esas plantas que eliminaremos co glifosato, ó secar vannos permitir ter unha capa de rastroxo que protexerá o solo da calor e da evaporación da humidade do solo, aspecto fundamental sobre todo en zonas de seca ou verans moi calurosos.

FRONTE Á SEMENTEIRA TRADICIONAL, A SEMENTEIRA DIRECTA SUPÓN: a) Un custo inferior Aforrámonos a man de obra e a amortización da maquinaria porque non se traballa a terra como no laboreo tradicional; o custo canto se fai o abonado tamén é menor porque se fai de xeito localizado, téndose que botar ademais menos abono e obténdose un maior rendemento. b) Control de malas herbas Ó non remove-la terrra e ó facer rotacións de cultivos aplicando sempre un glifosato

AFRIGA / XANEIRO - FEBREIRO 2003

antes de sementar, permitiranos ir eliminado as malas herbas persistentes. c) Control de pragas A eficacia no control de pragas é maior porque se botan insecticidas granulados que teñen unha maior persistencia no solo que os líquidos, localinzándoos ó rente da planta. d) Textura do terreo Coa sementeira directa non se modifica a textura da

terra, evitándose así a erosión, aspecto este moi importante sobre todo no caso de terreos que se atopen nunha pendente. Sen embargo, non todo son vantaxes e debemos dicir que con este sistema as toupas e ratos se converten nun problema ó aproveitarse do surco aberto polo disco da sementadora, levantando a raíz e provocando a morte da planta.


lexislación retrincos

Lexislación

DOG

BOE

Orde do 6 de febreiro de 2003 sobre axudas á promoción, comercialización e mellora da calidade dos productos agrarios e agroalimentarios galegos. DOG 13/2/03.

R.D.100/2003, do 24 de xaneiro, polo que se modifica o R.D.1911/2000, de 24 de novembro, polo que se regula a destrucción dos materiais especificados de risco en relación coas encefalopatías esponxiformes transmisibles. BOE 4/2/03.

Orde do 6 de febreiro de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria e se convocan para o ano 2003. DOG 14/2/03. Orde do 6 de febreiro de 2003 pola que se convocan para o ano 2003 as axudas ás organizacións profesionais do sector agrario. DOG 17/2/03. Orde do 12 de febreiro de 2003 pola que se establecen as contías das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de erradicación de enfermidades animais para 2003. DOG 20/2/03

Orden APA/212/2003, do 5 de febreiro, pola que se modifican determinados anexos do R.D. 2459/1996, de 2 de decembro, polo que se establece a lista de enfermidades de animais de declaración obrigatoria e da normativa para a súa notificación. BOE 11/2/03. Real Decreto 179/2003, do 14 de febreiro, polo que se aproba a Norma de Calidade para o iogur ou ioghourt. BOE 18/02/03.

DOCE

Orde do 12 de febreiro de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios do período 2000-2006 e se convocan para o exercicio orzamentario de 2003. DOG 20/2/03.

Regulamento (CE) no 223/2003 da Comisión, do 5 de febreiro de 2003, relativo ós requisitos en materia de etiquetado referidos ó método de producción agrícola ecolóxico no que respecta ós alimentos para animais, os pensos compostos e as materias primas para a alimentación animal, e que modifica o Regulamento (CEE) no 2092/91 do Consello. DOCE 6/2/03.

Orde do 12 de febreiro de 2003 pola que se convocan para o ano 2003 as axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaría agrícola en Galicia. DOG 20/2/03.

Recomendación da Comisión, do 10 de febreiro de 2003, relativa ó programa coordinado de controis no ámbito da alimentación animal para o ano 2003 de conformidade coa Directiva 95/53/CE do Consello. DOCE 11/2/03.

Retrincos

"España está na peor das situacións de partida...Máis que nunca é necesario contar cunha visión clara e suficientemente crítica". Isabel García Tejerina, secretaria xeral del MAPA, sobre a reforma da PAC. "Nos momentos difíciles para tomar decisións, ten que haber un pacto de Estado con plantexamentos profesionais en defensa so sector agrario". Pedro Barato, presidente de ASAJA.

"Unha peaxe ou penalización do 20% ó gandeiro que vende a súa cota a outro gandeiro (sexa dentro ou fora da C.A.) non ten ningún sentido. Isto supón un imposto abusivo máis para o gandeiro que se lle impón por algo que él adquiriu cun esforzo económico ímprobo. Tampouco ten sentido que te cautiven a cota durante 3 anos (din que para evitar especulacións) xa que nesta actividade é moi difícil saber que ocorrirá neste tempo. O problema é parar a eses intermediarios especuladores que negocian coas nosas cotas e sacan o diñeiro do sector". Xaquín López, presidente de FEPLAC.

"O máis rexeitable nos incrementos de cota é que países que producen excedentes de leite van recibir máis cota que España que é un país de producción deficitaria". Unión de Campesinos Asturianos (UCA-UPA).

"O cambio de mentalidade dos profesionais do agro galego está contribuíndo a que mude tamén a fisionomía minifundista a prol dunha configuración acorde cos usos profesionais e técnicos da actividade agraria, que son os que posibilitarán, e xa o están a facer, a existencia dunha actividade moderna e compoetitiva". Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia.

"A distribución está recortando as marxes de beneficio das industrias lácteas tal e como éstas o fixeron cos productores de leite". Carlos Gil, director xeral de PROLEC.

"O ano 2002 foi globalmente considerado un ano positivo para a agricultura española". Miguel Arias Cañete, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación.

XANEIRO - FEBREIRO 2003 / AFRIGA

35


AFRIGA 50