Issuu on Google+

Recollendo o millo

ANO VIII โ€ข Nยบ 48

XXIV Concurso nacional

Dolores da Casa Costa

Unha aposta polo

sistema intensivo A voltas coa

PAC


editorial

É necesario que non se esqueza de que son en definitiva, ademais os principais valedores dese entorno "idílico" do que disfruta cada vez máis xente, o cal están encargados de preservar e coidar. O ciudadano de a pé ten que entender que sen agricultura e sen gandeiría a maioría non tería de comer, non existiría o modo de vida rural, cos seus costumes, que son en definitiva

o

noso

pasado e o noso futuro; o nexo de unión entre os nosos abós e os nosos fillos; a nosa cultura; a nosa historia; e as nosas tradicións; e que debe, sen lugar

a

dúbidas,

seguir a formar parte do futuro de tódolos ciudadáns.

No horizonte do 2013 Ultimamente cando un prende a tele ou lee os períodicos, queda abraiado coa cantidade de datos, cifras e precisións numéricas das que se supón nos enteramos porque niso vai parte da explicación do que vai se-lo noso futuro máis inmediato. Reunión tras reunión, cumio tras cumio, asistimos ós resultados das mesmas confiando en que co tempo asimilaremos todo, e as decisións tomadas neses foros serán as axeitadas. Ata o de agora o que semella estar claro é que as cousas da PAC seguen igual, segundo fontes oficiais, no que se refire ós cartos ata o 2008 -e posiblemente ata o 2013-, pero con 10 países máis. Sen embargo, en Europa non só se fala dos orzamentos e das cifras que apoian ós agricultores, senón tamén de cómo xustificalas ante a opinión pública, que en definitiva din que é a que sufraga cos seus cartos eses orzamentos, e polo tanto esas políticas. E iso é correcto, pero temos que facer ver á sociedade, que as explotacións leiteiras son empresas cualificadas, que tamén pagan os seus impostos, que xeran moita riqueza, e que

contribúen como os demais a ese peto común. Por iso é necesario que non se esqueza de que son en definitiva, ademais os principais valedores dese entorno "idílico" do que disfruta cada vez máis xente, o cal están encargados de preservar e coidar. O ciudadano de a pé ten que entender que sen agricultura e sen gandeiría a maioría non tería de comer, non existiría o modo de vida rural, cos seus costumes, que son en definitiva o noso pasado e o noso futuro; o nexo de unión entre os nosos abós e os nosos fillos; a nosa cultura; a nosa historia; e as nosas tradicións; e que debe, sen lugar a dúbidas, seguir a formar parte do futuro de tódolos ciudadáns. A nós, en parte esgrimindo algunha destas razóns, se nos suxire a obriga de preserva-lo noso entorno, de coida-lo medio ambiente, de manter esas formas de vida; moitas veces, incluso, se non é así, pode que teñamos que pagar por iso, entón, moitos gandeiros se preguntan que por que cando estamos a facer as cousas ben a xente non está disposta a recoñecelo.

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

3


4

sumario

5

CONCURSOS

5

XXIV concurso nacional

Un ano máis o Nacional serviu de cita ós amantes da vaca leiteira.

XENÉTICA

10

Desde Barreiros, Dolores, a gran subcampiona.

ENTREVISTA

10

13

Dolores de Casa Costa

Os propietarios da Casa de Peteira fálannos dunha ampliación e reforma da que están moi satisfeitos.

ACTUALIDADE

18

A Reforma da Reforma da PAC invade a actualiade diaria dentro e fora das nosas fronteiras.

SANIDADE ANIMAL

13

21

Casa Peteira

132 millóns de euros para a loita contra as enfermidades animais.

COTAS

23

Cambios na xestión das cotas.

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

26

Nos Estados Unidos o mercado dos productos ecolóxicos está a medrar.

A voltas coa PAC

17

MEDIO AMBIENTE

28

As características do esterco do gando varían moito dunha corte a outra.

MERCADO

23

29

O prezo do leite baixa e baixa.

Cambio na xestión de cotas

ALIMENTACIÓN

34

Resultados da experiencia co millo.

LEXISLACIÓN E RETRINCOS

35

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Consello de redacción: Xosé R. Anido, Celia Fernández, Gustavo Frog, Antonio María ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Celia Fernández, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C-1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

Recollendo o millo

34

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002


concursos

XXIV Concurso Nacional

Conafe 2002 Un ano máis o Nacional serviu de cita ós amantes da vaca leiteira. Na bonita cidade de Xixón, puidemos disfrutar dun bo ambiente gandeiro e de 262 excelentes animais, pertences a 108 gandeirías, de 10 Comunidades Autónomas. Coma sempre, as gradas volveron a estar ateigadas de gandeiros e técnicos galegos, que aproveitaron a ocasión para intercambiar pareceres co resto de profesionais españois, e comparti-los problemas da producción de leite. Este ano, segundo diversas apreciacións de asistentes, o Nacional estivo un pouco frío en asistencia de público como consecuencia da problemática sectorial; sen embargo, no que respecta a profesionais galegos, probablemente houbo unha asistencia semellante ou, se cadra, superior a outras edicións o que pode indica-la vitalidade que está a te-lo sector no noso país. Esta edición xulgouna un xuíz da Asociación Holstein dos Estados Unidos, Randy W. Kortus, da gandería Mainstream Holstein, quen fixo o seu labor de xeito moi serio e preciso, poñendo moito énfase no carácter leiteiro das participantes, e repartindo os premios entre as tres comunidades leiteiras por excelencia, Asturias, Cantabria e Galicia. Nas gradas, coma sempre, houbo algunhas pequenas discrepancias, probablemente máis pola "tensión interautonómica" que se xenera, que pola obxectividade, xa que Bambi (da gandería cántabra La Flor), Gran Campiona Nacional, foi unha merecida gañadora. E se nas gradas a presencia de galegos foi importante, máis aínda o foi a actuación das ganderías galegas, que se pode considerar como de extraordinaria conseguindo catro importantes

títulos: o Gran Subcampionato e o título de Vaca Campiona para Dolores (da gandería lucense Casa Costa, de Barreiros); e o título de Vaca Intermedia Subcampiona (por detrás da Bambi), para Agrortegal Galletera Juror (da coruñesa Granxa da Caxigueira, de Ortigueira), e un magnífico e merecido título de Segunda Mellor Autonomía. Finalmente non podemos deixar de salienta-la sentida homenaxe, de tódolos participantes do Nacional e do público asistente, que se lle tributou a Alfonso Ahedo Arriola, falecido no mes de setembro, e á que dende esta revista tamén nos sumamos con todo o noso cariño para toda a súa familia.

Cantabria e Galicia gañaron en adultas, e Asturias en animais xóvenes O sábado foi o día dos anfitrións xa que as ganderías asturianas acadaron tódolos títulos en disputa. O concurso comezou cos

animais máis xóvenes. En xovencas salientou Badiola Rubens Jenny, da Gandería Badiola (Asturias), que acadou os títulos de Xovenca Campiona e Gran Campiona Nacional de Xovencas; e en tenreiras, Espicioso Lee Lea, da Gandería Espicioso (Asturias), que acadou o premio de Terneira Campiona, ámbolos dous uns animais magníficos que viron recoñecida a súa calidade na pista. Vendo a calidade dos animais xóvenes que sairon á pista, non se podía esperar outra cousa que máis e mellor no domingo, día no que se disfrutou dalgunhas grandes seccións, con moitos animais na pista e dunha tremenda calidade. Un exemplo do que estamos a dicir foi a sección de Vaca intermedia lactación 3 anos, na que saíron á pista nada máis e nada menos que 28 animais, "todos moi bos e dunha grande calidade" na que xa despuntou a Bambi, de La Flor, da que o xuíz dixo que "era unha fácil gañadora, unha vaca que sae á pista disposta a gañar". Dentro das súas enormes cualidades, salientou especialmente o seu gran SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

5


6

concursos XXIV CONCURSO NACIONAL CONAFE 2002 Nome

Pai

Gandería

Terneira Campiona Espicioso Lee Lea

C. Lee

Espicioso (Asturias)

Terneira Subcampiona Coto Astre Lidia

Astre

Casa Coto (Asturias)

Xovenca Campiona Badiola Rubens Jenny

Rubens

Badiola (Asturias)

Xovenca Subcampiona Badiola Leduc Elda

Leduc

Badiola (Asturias)

Gran Campiona Nacional Xovencas Badiola Rubens Jenny

Rubens

Badiola (Asturias)

Vaca Xoven Campiona Gayere Mason Charles

Mason

Gayere (Asturias)

Vaca Xoven Subcampiona Serpa Storm Tania

Storm

S. Esteban (Cantabria)

Vaca Intermedia Campiona Bambi

Storm

La Flor (Cantabria)

Vaca Intermedia Subcampiona Agrortegal Galletera Juror

Juror

Granxa da Caxigueira (A Coruña)

Vaca Adulta Campiona Dolores

Hochey

Casa Costa (Lugo)

Vaca Adulta Subcampiona Flora

Grand

La Ría (Cantabria)

Gran Campiona Nacional e Mellor Ubre Bambi

Storm

La Flor (Cantabria)

Gran Subcampiona Nacional Dolores

Hochey

Casa Costa (Lugo)

Mellor Autonomía Cantabria 2ª Mellor Autonomía Galicia Mellor Rabaño Gandería Badiola Mellor Criador Tauste Ganadera S.A

Conafe 2002

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002


➔ ubre, a sua inserción posterior e ligamento suspensor, o seu bo comportamento na pista e por ter moito caracter da raza, e en definitiva, por ser un aminal moi ben unido en tódalas súas partes". En definitiva, un extraordinario animal, que o fixeron unanimemente, un xusto gañador. Salientamos nesta complicada e extraordinaria sección, o excelente 2º posto da vaca da Granxa da Caxigueira, Agrortegal Galletera Juror. Pero vaiamos por partes, e vexamos o que aconteceu paso a paso. A primeira sección do domingo foi a de Vaca Xoven Lactación ata 30 meses que gañou Travesía James Fina, da S.A.T. La Travesía (Navarra), animal que o xuíz puxo no último momento na primeira posición "polo seu mellor ubre e por ser mais longa e mais ancha que a colocada en segundo lugar", Alba Paula Win. Na seguinte sección, a de Vaca Xoven Lactación de 31 a 35 meses, gañou Gayere Mason Charles, de Gayere (Asturias), que remataría sendo a Campiona Xoven por, segundo palabras do xuíz, "un dos mellores ubres e ter máis fortaleza no tercio anterior, cun bo ligamento suspensor, e con tódalas súas partes moi ben unidas". A continuación, a sección de Vaca Intermedia Lactación de 3 anos, da que xa falamos anteriormente, e logo a de Vaca Intermedia Lactación de 4 anos. Esta sección que xunto coa anterior, foi das máis numerosas. Para o xuíz Kortus, unha sección moi difícil, "cun excepcional grupo de vacas de leite" do que salientou El Carrascal Raider Sabrina, de La Flor (Cantabria) por "ter unha mellor cabeza cas demais, ter unha tremenda estructura leiteira, e unha grande fortaleza no ligamento posterior medio". A mañana nos ía deixando cada vez mellor sabor de boca. E por fin, na sección de Vaca Adulta Lactación de 5 anos, os galegos íamos ter unha segunda mereci-

da alegría, por gaña-la sección Dolores , da gandería Casa Costa, que ademais remataría sendo Gran Subcampiona do Nacional deste ano. Esta vaca, na opinión do xuíz é "un animal cun excelente ubre, unha insercción moi boa que anda moi ben na pista e que é moi correcta sobre todo no seu tercio anterior". Na sección de Vaca Adulta Lactación de 6 anos ou máis, Flora, de La Ría (Cantabria), foi a gañadora nunha sempre difícil sección por participar animais de diferentes idades da que o xuíz subliñou que "aínda que é unha vaca pequena, pasea moi ben na pista, e a pesares de ter 2 partos máis e ser a máis vella, ten as mellores patas e o mellor ubre". Chegado o momento das grandes decisións, o xuíz foi bastante rápido e decidido. Como Vaca Xoven Campiona puxo a Gayere Mason Charles, por "ter máis angulosidade, ser un animal moi balanceado e ter un bo ubre". Como Vaca Intermedia Campiona, como non podía ser de outra maneira, a Bambi "por ser un animal tremendamente balanceado, con tremendas patas, unha gran morfoloxía e un bo caracter leiteiro", por diante da ortegana A. Galletera Juror.

E finalmente o xuiz decidiuse pola Bambi como Gran Campiona por "ser máis alta e máis ancha" que a Gran Subcampiona, a galega Dolores, á postre Vaca Adulta Campiona.

Galicia, Segunda Mellor Autonomía Ademais, e por segundo ano consecutivo, Cantabria obtivo, o premio á Mellor Autonomía, e Galicia un moi honroso segundo posto. O premio ó Mellor Rabaño quedou en Asturias na Gandería Badiola, mentres que o premio ó mellor criador marchaba a Zaragoza, a Tauste Ganadera. Canto ó Campionato de Manexadores os gañadores foron Jaume Serrabassa, de Barcelona na categoría Senior; Adrián Alvarez, de Asturias na Junior; e Antonio Blanco, tamén de Asturias na infantil. Conxuntamente co Concurso se puido ver unha exhibición de Grupos de Descendencia na que participaron os centros Xenética de Fontao (Galicia) e Ascol (Asturias). E por último, no que se refire á Subhasta, dicir que o prezo máis alto acadado nesta ocasión foi de 7.100 euros pola novilla Travesía James Elsa. SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

7


8

concursos

Final vacas intermedias

Bambi

Bambi

Agrortegal Galletera Juror

Doleres

Dolores

Gayere Mason Charles

El Carrascal Raider Sabrina

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002


■ mais o xuíz suliñou que "son animais con estilo, limpos a nivel de corbaxons, de nalgas, de cabeza e colo, e que son unha bosa mostra do que é a raza frisona". Finalmente para o Gran Campionato, José A. Santoveña decidiuse pola becerriña de Louzao, e aínda que alabou as características dos dous animais, dixo que se decidiu polo animal que, segundo a súa opinión tiña menos defectos, "un animal realmente extraordinario que espero que siga nesta liña, que sexa capaz de desenvolver esa beleza que leva dentro e chegue a ser un animal tan belo e tan bo como o é agora, cando sexa un animal adulto. Un animal extraordinario, nunca me cansarei de repetilo xa que se asemella ó que queremos da raza frisona, tanto pola cabeza, colo, cun grande estilo, fortaleza de lomo; os movementos das patas posteriores creo que son extraordinarios. Non podo dicir nada máis de ela".

Unha filla de Lérez gañou na Estrada O pasado 8 de setembro a choiva que arreciaba en A Estrada a primeira hora da maña non desanimou finalmente ó numeroso público que pouco a pouco foi enchendo as gradas para ser testigo do VII Concurso de Frisón da Becerra Selecta. O xuíz desta edición, o asturiano José A. Santoveña, dende a primeira sección salientou a beleza da que se podía disfrutar coas participantes na pista, e comezou colocando no primeiro campionato, á Becerra Campiona, a unha preciosa filla de Lérez, Louzao Lerez Silvia, da gandería Louzao, animal ainda que moi novo (do 15/4/02), paseou moi seguro das súas posibilidades, e foi posta na primeira posición "por ter máis carácter leiteiro, por ser unha becerra moi balanceada, ter unha grande feminidade, e unha cabeza e colo moi da raza; unha moi boa calidade de oso, e un gran movemento das patas posteriores. Ademais, se move cunha grande facilidade e ten unha gran curvatura de patas. O seu carácter leiteiro, a feminidade desta becerra xoven así como un mellor posicionamento da grupa, tanto de isquións como de ilións que a colocada en segundo lugar". Este segundo lugar acadouno Doygle Bellwood Blanca, da gandería Doygle, a subcampiona, "un animal moi longo e potente no tercio posterior, cunha grande calidade das patas posteriores, unha gran calidade de oso, e unha gran curvatura das patas poteriores”. O xuíz salientou a ámbolos dous animais como xustos campions, por "ser os que mellor se moveron na pista, as mellores patas das

súas respectivas seccións, asi como por ter moi bos carácteres leiteiros". Xulgadas as becerras, tocoulle o turno ás xovencas das que salientaron Os Caseiros Storm Carol, da gandería Os Caseiros, que foi finalmente xovenca campiona, e Pereira Emerson Muñeca, da gandería Pereira, xovenca subcampiona. A vaca de Os Caseiros acadou o campionato "por ser un animal moito máis estiloso, con máis carácter leiteiro, unha maior calidade de oso e unha maior limpeza das nalgas". Destes dous ani-

VII CONCURSO FRISÓN BECERRA SELECTA Nome

Pai

Gandería

Becerra Campiona Louzao Lerez Silvia

Lérez

Becerra Subcampiona Doygle Bellwood Blanca

Bellwood

Louzao (A Estrada) Doygle (A Estrada)

Premio da Consellería de P. Agroalimentaria e D. Rural Rivas Fontans Simba Fontans Rivas (Forcarei) Xovenca Campiona Os Caseiros Storm Carol

Storm

Os Caseiros (A Estrada)

Subcampiona Pereira Emerson Muñeca

Emerson

Pereira (Forcarei)

Gran Campiona Louzao Lerez Silvia

Lérez

Louzao (A Estrada)

Mellor Criador Gandería Louzao- A Estrada Segundo Mellor Criador Gandería Pereira - Forcarei

Concurso Xovenes Manexadores Xovenes menores de 10 anos Ex aequo: Alejandro y Lucía Gañete, Bruno Rivas e Adrian Conde Xovenes entre 10 e 16 anos Sonia Carbia

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

9


10

xenética

Gandería Na crónica do Nacional salientamos o excelente resultado

dos

animais

representantes das gandería galegas, e sobre deles o

Gran

Subcampionato

acadado por Dolores, da gandería Casa Nova. Coa intención

de

mostrar

como se pode chegar a criar unha subcampeona, nos achegamos de novo ata á fermosísima Mariña lucense, á gandería Casa Costa

(A

Xulián

de

Rilleira-San Cabarcos-

Barreiros), onde nos atopamos con José Angel

Casa Costa

Cando lle preguntamos a José Angel polo éxito acadado no Nacional notaselle un brilo nos ollos que transmite un orgullo contido. E non é para menos. Temos que ter en conta que este ano foi a primeira vez que participara en concursos, e semella que lle gustou. Comezou asistindo, "con moita ilusión", a Muimenta con dúas xatas e gañou o premio de mellor criador novel; en Silleda levou unha xata e á Dolores, e acadou un 5º posto en internacional, 3º Rexional e a xata un 2º posto en animais do PIMX; e finalmente ó concurso de Vegadeo levou á Dolores . "Iso dache ilusión para seguir, e tentar mellorar en xenética e, de feito, senón che gusta a xenética, non che gustan as vacas. As vacas non é so botarlles de comer e muxilas. Iso

é o mínimo, pero non é o traballo do gandeiro de hoxe. É verdade que tes que darlle de comer e muxilas, pero por iso o que hai que darlle é de comer a animais bos. E os concursos valen para comproba-los resultados do teu traballo e o que están a face-los demais. Sempre é un orgullo ter un animal que queda ben na pista, pero vale moito máis o que aprendes". Ante a pregunta de como definiría á Dolores díxonos que "véxoa coma un animal case perfecto. É unha vaca excelente, con moita estructura, unhas patas boas, finiñas pero moi ben colocadas, un oso moi fino e un carácter leiteiro moi bo". Dela dixo o xuíz estadounidense que "é un exemplar extraordinario, cun ubre moi bo, con moi boa inserción, que anda moi ben na pista e que é

Vega, titular da explotación, rapaz moi novo, pero cunhas ideas sobre o seu futuro bastantes claras. Chegar a unha explotación e que che digan que o propietario ten tan só 27 anos é unha magnífica nova. Dentro da idea dun futuro próspero do sector leiteiro galego segue a estar o de contar con animais cunha xenética punteira a nivel nacional. E este foi o fío conductor da conversa co titular da Gandería Casa Costa.

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

DOLORES (Casa Costa - Barreiros) No concurso de Vegadeo, Dolores non conseguira o que todos esperaban dela. O motivo foi que a pesares de que estaba en óptima forma, o seu comportamento na pista eliminaba calquera posibilidade de acadar bos postos. Consciente diso José Angel se puxo a traballar duro con ela, e conseguiu con moito esforzo que o seu comportamento na pista chegase a ser unha das cualidades que o xuíz salientaría á hora de alaba-las súas virtudes.


DATOS DE DOLORES Calificación: Ex1 EyC Gru PyP Ex1 EX1 EX1 Índices Xenéticos Rp Leite %Graxa 40 -29 +0.09 Datos primeira Lactación Días Litros Graxa 305 6.951 4.48

S.Mam.

Graxa

perfecto. É unha

vaca excelente, con moita estructura, unhas patas boas, finiñas pero moi ben colocadas,

leiteiro moi bo

%Proteína Proteína +0.13 +9

Proteína 3.38

animal case

e un carácter

Puntos EX1

+6 ESPO1-2

Véxoa coma un

un oso moi fino

E.Leite MB2

90

moi correcto, sobre todo no tercio anterior". Dolores é unha filla de Rosa Roja, unha vaca santanderina de 14 anos que aínda está na corte, e da que probablemente saque embrións. Rosa Roja tivo polo de agora tres fillas con moi boa estructura. Unha delas Dolores (x Hockey, Ex1 90 puntos) , e as outras dúas, unha con 79 puntos no primeiro parto, e a outra unha xovenca que conta que chegue ós 82 de promedio. "Eu sempre estiven interesado en sacar embrións, pero nunca houbo onde sacalos, e compralos é moi caro. Se te saen xatas, ben; pero se te saen machos, non tes nada. Entón agora que apareceu unha vaca –Rosa Roja- que ten outras dúas fillas que son moi boas en estructura, pois interesoume sacarlle embrións". Nestes momentos os touros que está a usar son, na maioría dos casos, candienses, e tamén touros galegos, tanto probados como en proba, sendo os que máis lle gustan Lérez e Sultán. "Penso que están funcionando bastante ben e nestes momentos teño 12 ou 13 fillas de touros galegos en producción. A xenética galega vai por bo camiño; aínda hai que mellorar moito xa que se está a utilizar en moitos casos en vacas malas, e pode ser que teñamos sorte e saia unha vaca boa, pero non é o mellor. O programa xenético galego é o máis completo de España e iso hai que aproveitalo". Canto ós touros canadienses interésanlle Comestar Lee, Comestar Outside, algo de Comestar Leader, e comezou o outro día con Willsona Stardel. José Angel o que busca é fundamentalmente patas e ubres porque na súa opinión "unha vaca pode ser moi boa pero nós vivimos do leite e o que temos que buscar son patas e ubres. Un animal para que dea moito leite ten

que ter onde metelo e ten que ser capaz de moverse e aguantarse. Tamén procuro conseguir capacidade e estructura". De tódolos xeitos, tal e como apunta José Angel, a xenética non son matemáticas, "dous máis dous ás veces non son catro, aínda que os índices son referencias válidas porque te orientan en que aspectos unha vaca é boa ou mala. Sen embargo, aínda que os índices fosen fiables ó 100%, os resultados hai que esperar para velos". Eses resultados poden non tardar moito en chegar, se en zonas da nosa comunidade coma A Rilleira, onde as explotacións están a quedar nas mans de xente nova con moitas gañas, a xenética adquire o seu verdadeiro sentido e importancia. SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

11


12

xenética

COSTA LÉREZ PAULA

Nada ó 4/4/2002

DATOS DA EXPLOTACIÓN Titular: Casa Costa, sita na Rilleira, San Xulián de Cabarcos, en Barreiros, Lugo. Dende o 96 é José Angel Pérez Veiga, de 27 anos. Nº de Vacas en muxido: 32. Recría: 24, entre xatas e xovencas. Secas: 4. En total, unhas 62 vacas. Media de producción: uns 30 litros. En Control Leiteiro o ano pasado estaba por 26, pero compraron un carro en decembro e subiuse uns 5 litros a media. Ración: silo herba, silo de millo, concentrado, herba seca ou palla.

DATOS ROSA ROJA, NAI DE DOLORES E yC BB3

Gru BB3

Mellor Lactación Días Litros 279 7.094

PyP B2

S.Mam. B2

Graxa 4.44

Proteína 3.35

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

E.Leite BB2

Puntos 80

Superficie: 22 hectáreas, das que unhas 6 se adican a millo. Sistema semiintensivo.


entrevista

Unha aposta polo

sistema intensivo Na nosa terra a maioría das explotacións leiteiras son de carácter familiar, e no traspaso das explotacións dos pais ás/ós fillas/os, son estes os que, na procura de adapta-las explotacións ós novos tempos, vense no grande dilema de ter que decidir cal é a reforma máis axeitada á hora de levar a cabo esa adaptación que, no 100% dos casos, implica unha ampliación, non só no número de cabezas de gando senón tamén da corte, polo que sempre supón falar dunha inversión forte de cartos. Nesta ocasión visitamos a Casa de Peteira C.B., explotación leiteira sita na Ponte – Triabá, no concello lucense de Castro de Rei onde nos esperaban Serafín Peteira e o seu pai Manuel para contarnos como están a adapta-la explotación ós novos tempos. Hai dez anos constituíuse a comunidade de bens Casa de Peteira, que na actualidade está formada por Serafín Peteira García, Mª del Carmen Fernández Mouriz e Josefa García Barros. Serafín lembra os comezos da explotación, na que os seus pais Manuel e Josefa "comezaron con dúas vacas e 60 áreas de terreo. Recórdome de levar á estrada dous litros e medio de leite á mañá e á noite. Diso hai 30 e tantos anos polo menos". Co tempo foron aumentando primeiro a 12 vacas, logo a 22, despois se fixeron con 44, e finalmente, coa última ampliación, na actualidade contan con 58 prazas para vacas en producción.

Cambio definitivo cara a un sistema intensivo Este mes de xaneiro que ven haberá dous anos dende que fixeron a última reforma que supuxo o cambio do manexo dos animais a un sistema intensivo, do que Serafín dende o comezo da nosa conversa, se mostra moi satisfeito cos resultados obtidos. Ata hai dous anos tiñan as vacas sobre parrillas e estradas, cos conseguintes problemas de mamite e de carga de traballo. A corte que tiñan estaba en boas condicións pero o que buscaban, entre

outras cousas, era soluciona-los problemas de mamite e do tema do esterco, ademáis de aumenta-la producción. Logo de estudia-las diferentes posibilidades que tiñan, contando coas instalacións existentes, nun principio reformaron unha parte da corte que tiñan sen usar e a adaptaron para ter 14 prazas en estabulación fixa, ó estilo das cortes canadienses en sistema intensivo. Rematada aquela parte, fóronse cambiando pouco a pouco o resto dos cubículos e instalacións ata chegar a ter 58 vacas en estabulación fixa, en camas de palla, con 7 puntos de muxido en praza e un sistema de limpeza automátizado. "Nun primeiro momento probamos co serrín pero coas parrillas non funcionaba porque caía e non dabamos traído material para estrar. Entón foi cando pensamos en que tiñamos que cambia-lo sistema de limpeza que era o que máis traballo nos daba. A medida que aumentaban as vacas tamén o facía, e moito, o traballo. Entón acordeime deste sistema que o tiña montado un de Chain. Vímolo, gustounos, e seguimos para adiante con isto. A verdade é que estamos moi contentos con este sistema. A fosa é o que non quedou moi ben, pero é que aínda non sabía que facer co tema do zurro cando fixen os

cambios." Como se ve a día de hoxe Serafín está satisfeito co cambio e, se volvera a estar na situación de antes, voltaria a facelo. Canto ós cartos que investiron na reforma, Serafín indicou que era "difícil de cuantificar porque moitas cousas as fixemos nós mesmos pero, entre a limpeza, cambia-lo ferro, o aumento para meter outras 14 vacas e demáis, sen contar coa man de obra, aproximadamente uns 5 millóns de pesetas, máis 2 millóns do circuíto de muxido".

Non foi un cambio traumático O paso a un sistema intensivo supúxolles un incremento na producción de 5 litros/día/vaca, pasando de 25 litros/vaca a 30, cunha ración, que como se pode ver no recadro correspondente, non é moi diferente doutros sistemas. De feito, a alimentación xa a tiña cambiado antes de pasar ó sistema de estabulación fixa. Salientar que o carro mesturador xa o tiñan dende había máis anos, e únicamente o que se cambiou hai dous anos, foi suplementar e pasar ración única. "Os números dende logo son positivos. Non tes que ter sa de muxido, e por riba, aumentei a producción. O único SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

13


14

entrevista problema que pode ter este sistema en comparación co da estabulación libre é o de ter que repartirlles a comida. Tes que estar moi pendente pero tamén están máis controladas e podes tratala mellor se se che pon mala". Canto ó tamaño dos cubículos Serafín comentounos que "son xustos, pero se fosen máis grandes, se poden atravesar e é peor. Nos aproveitamos como tiñamos a cuadra á hora de facelos e estamos contentos. Con outros sistemas semi-intensivos ou extensivos hai que saca-las vacas, levalas a sala de muxido, lavarlle o ubre, dedicar moito máis tempo a limpeza, etc. Aquí se se quere, un é capaz de facelo solo. Tardaríase un pouco máis, pero se podería facer". Serafín é da opinión de que con este sistema as vacas están máis vixiadas e teñen menos problemas en xeral, incluso di que duran máis os animais-ten unha vaca de 13 anos. Ademais, parece que "con este sistema teñen menos problemas de pes. Se lle fan unha vez ó ano porque teñan os cascos moi longos, pero nada máis- os teñen máis sans porque están máis enxoitos e máis duros".

Ración Con silo de herba: 20 Kg. de silo de millo 11 1/2 Kg.de mezcla 11 1/2 Kg. de silo de herba. Con alfalfa: 25 Kg.de silo de millo 2-3 Kg. de alfalfa 11-12 kg. de mezcla Segundo nos comentou Javier Murias, nutrólogo da explotación, o mellor é darlles millo máis alfalfa, pero se hai un bo silo de herba non se usa a

alfalfa, aínda que é mellor. Os animais reciben unha ración única ó longo de todo o ano que lles sae por 20 pesetas, cando o normal son 22-23 pesetas, e que polo de agora reciben cada 18 horas. Isto é consecuencia do tamaño do carro, pequeno na actualidade, pero que esperan cambiar en breve para poder darlles 1 vez ó día. Canto á preparación e reparto da ración tardan tan so 35 minutos

Superficie: 22 hectáreas, das que 6 son arrendadas. Nesta zona aínda non se levou a cabo a concentración parcelaria polo

que esas 22 hectáreas están repartidas nunhas 35 fincas ou máis -a maior ten 2 hectáreas e a máis pequena 10 áreas-. A finca que está máis lonxe está a 7 kms. Destas 22 hectáreas, en 17 cultívase millo e o resto Raigrás.

Datos da explotación Nº de animais: 120, das 60 son vacas secas e xatas. Recrían eles, e xa hai moito tempo que non mercan ningún animal.

Maquinaria: 3 tractores, remolques, 1 picadora, 1 carro mezclador, 2 gradas rotativas, e sementadora de millo entre outras. En definitiva dispoñen de toda a maquinaria que precisan. Producción: Actualmente uns 30 litros/vaca, 5 litros/vaca día máis que antes da reforma. Graxa 3,80-3,90%, Proteína 3,20%. Bacterioloxía 20.000, Células Somáticas 200.000 RCS

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002


➔ Cambios de cara ó futuro O máis importante para Serafín e os seus nestes momentos, a parte de comprar cota, é meterse a fondo coa ventilación. Polo de agora non semella que atopara o que busca pois os ventiladores non lle convencen e o aire acondicionado recomendáronlle non instalalo xa que, segundo lle comentaron, nas nosas cortes o importante non é só que a temperatura non sexa excesivamente elevada, senón que se renova o aire, que se reduza o amonía-

co e que desaparezan as moscas. O motivo de tentar instalar un sistema de ventilación óptimo ten moito que ver coa producción, xa que "cando mellor estean as vacas, máis van a producir. Un exemplo claro témolo nos meses de máis calor, xullo e agosto, nos que a producción pode baixar entre 2-3 litros". Outro dos cambios que podería levar a cabo en breve é o das camas. Eles están contentos coa palla pero da bastante traballo, polo que están a estudiar diferentes posibilidades na procura de

reduci-lo traballo, mantendo o confort e a limpeza.

Epílogo "Estou tan satisfeito con este sistema que de aumentar o seguiría facendo con este sistema, sobre todo porque con poucos cartos eu podo medrar. Sen embargo, doutro xeito teño que meter moitísimos cartos. Realmente é a grande diferencia á hora de toma-la decisión de poñer estabulación fixa". Serafín dixit.

A limpeza Este é un dos aspectos máis importantes nun sistema intensivo: debe ser eficaz, pero tamén rápido. Neste caso, este sistema consiste nunhas canles de 20 por 50 que levan unhas aspas que funcionan gracias a un motor de 3 CV de potencia. Nestes momentos lévalles 30 minutos limpar cada lado e se está a facer unha soa vez o día; en concreto pola noite antes de muxir, o que polo de agora é suficiente. En breve teñen pensado cambialo para que funcionen os dous lados ó mesmo tempo. O gasto de limpeza é mínimo e as vacas, están sempre moi limpas. Canto á fosa esta ten unha capacidade de 240 mil litros. Fan zurro que despois botan nas fincas de millo e polo de agora non lles sobra. Facendo esterco lles deixan máis polo que terá que facer igual unha fosa pequena para os líquidos e despois os sólidos. Co esterco non hai problemas pero co zurro, depende da cantidade de vaca por hectárea. O custo é dun millón de pesetas . De feito, hai uns meses estaba a almacena-lo máximo de zurro posible antes de saca-lo millo para botalo nas terras. "O zurro non me sobra. Uso 1 cisterna de 10 mil litros cada 20 áreas e agora vou ver se fago un estercolero para almacenar".

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

15


16

entrevista

Equipo de muxido

Análise do silo de millo

Celos

Ph ....................... % MS ....................

O normal é que no 40% das vacas non haxa problema, pero no resto hai que pinchar. Unha das vantaxes deste sistema é que tes vixiadas ás vacas e "é bastante fácil darte conta, por exemplo, cando se está a muxir, pero o mellor momento para detecta-los celos é a primeira hora da mañá cando chegas a corte e en seguida notas cal é".

3,8 33,2

PB ....................... 8,34 FB ....................... 20,43 FAD ...................... 21,37 FND ...................... 36,94 CEN ...................... 2,55 ALM ..................... 30,44 PDIE ..................... 6,84 PDIN ..................... 5,13 Custoulle preto de 2 millóns de pesetas en total, incluíndo os sete puntos de retirada, as tuberías e os grifos. Aumentouse o diámetro da tubería e o tempo de muxido é de 1 hora e cuarto para muxir 58 vacas. Este traballo o realizan dúas persoas que ó mesmo tempo están preparando as camas. Ás veces teñen pequenos problemas de sobremuxido sen importancia. Canto ós índices de mamite son os normais.

Quilos de concentrado 4 Kgrs. de fariña de millo 1 Kg. de cebada 2 Kg. de semente de algodón 3 Kg. de soia 1 Kg. de glute 440 gr. de minerais e correctores

Resultados expresados materia seca.

en

Silo de herba (15/04/02) Descrición

Resultado

Obxectivo

4,80 63,10% 36,90 15,40% 26,75 30,93 50,98 11,00 4,77 0,04 1,41 0,83 7,30 8,97

4,2-4,4 63-64% 37-38% 16-18% 25-26% 29-30% 40-43% 8-9%

Ph Humidade % Materia Seca % Proteína Bruta Fibra Bruta Fibra ácida Fibra Neutra Cinzas PHCON CONS Enerxía neta leite Unidade F leite PDIE PDIN

1,4-1,6 0,9-0,95

Resultados expresados en materia seca

Camas Son de palla máis mineral. Esto lles vai ben, sobre todo tendo en conta que as vacas nunca mexan na cama. Precisamente para evitar que manchen as camas teñen instalado un pastor eléctrico que o poñen a funcionar tan só cando

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

é necesario. Outra das vantaxes deste sistema intensivo e destas camas é que os casos están sempre enxoitos, polo que non sofren de dermatites. Serafín cóntanos que unha vez escoitou dicir a un catalán que "se

te tiras de rodillas enriba dunha cama e te levantas ben, a cama vale, senón non". Nas camas gastan uns 170 Kg. de palla por cada lado, 340 Kg. nunha semana. Tendo en conta que se necesita 1 quilo/vaca/día, e supoñendo que a palla estea a 16 pesetas, os custo é de 12 pesetas/vaca/día. "Cando as vacas están en estabulación libre gastas moito máis porque ó estar entrando e saíndo manchan moito máis, sen embargo, neste sistema hai algunhas vacas que semella que lles medra a cama, non manchan nada. O único problema pode ser cando cae leite na cama".


actualidade

Informe sobre a reestructuración e modernización das explotacións galegas De acordo cun informe presentado polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Juan Miguel Díz Guedes, no ano 2001 quedaban en activo en Galicia un total de 26.115 explotacións leiteiras, un 7,92% menos que no 2000. Esta diminución supuxo un incremento da cota media por explotación duns 5.000 quilogramos, ata acadar os 71.535 kgs./explot. no ano 2001, sendo as explotacións lucenses as de maior cota media por explotación, con 90.364 kgs. e co 42% da cota total dispoñible en Galicia. Sen embargo tamén se indica que Galicia perdeu nese ano 2001 un 0,27% da súa cota como consecuencia da retirada de cotas mortas, como tamén das cotas da Reserva Nacional de transferidores que non as podían vender. Neste informe tamén refírese que no ano 2001 424 productores

galegos beneficiáronse do programa de abandono da producción leiteira, dos que 193 eran coruñeses, 90 de Lugo, 43 ourensáns e 98 da provincia de Pontevedra. A cota total que tiñan asignada foi de 11.600 toneladas, recibindo por ela 3,6 millóns de euros.

Como conclusión do informe saliéntase que "Galicia continúa a avanzar no proceso de reestructuración e modernización das súas estructuras productivas baixo criterios de rendibilidade económica, potenciación dos recursos propios e optimización dos procesos productivos".

317 millóns para desenvolvemento rural

Mirando ó leste

Para o período comprendido entre 2002 e 2006 investiranse en Galicia, nos programas Proder, Agader e Leader Plus, unha cantidade superior ós 317

A Central Lechera Asturiana (Capsa) está estudiando participar en cooperativas lácteas húngaras xa que os responsables de Capsa consideran que o modelo de cooperativa da central leiteira é aplicable a países como Hungria, e consideran atractivas as inversións nestes países onde existe unha grande tradición en modelos cooperativistas. Representantes de Capsa manterán unha reunión co Ministro de Agricultura, que se enmarca dentro da viaxe institucional do presidente asturiano, Vicente Álvarez Areces, que pretende estreitar lazos comerciais con Hungría no campo da industria agroalimentaria e o medio ambiente.

millóns de euros, os cales serán xestionados por 37 grupos de acción local, que abranguen ó 92% do territorio de Galicia e ó 66% da súa poboación.

Aumenta-lo valor reducindo custos O presidente do Instituto para o Desenvolvemento de Galicia (Idega), o economista Edelmiro López, expresou nunha entrevista que "hai que aumenta-lo valor dentro do sector reducindo custes, reducindo os pensos concentrados, para producir o mesmo leite máis barato. Así crecerían as rendas. Para logralo habería que mobilizar máis terras para forraxes". De acordo cos datos do Idega, o actual prezo do leite está a nivel -en termos de pesetas correntes,

sen o efecto da inflacciónsimilar ó do ano 1989, o que implica que nos últimos 13 anos, en termos reais, en moeda constante, o prezo do leite baixou en casi un 40%, polo que para este instituto é máis grave esta evolución que a baixada puntual neste ano. Edelmiro López indicou que se se segue esta tendencia á baixa dos prezos, os productores galegos perderían uns 100 millóns de euros ó final deste ano.

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

17


18

actualidade

Os orzamentos previstos para 2003 ascenden a máis de 316 millóns de euros

Na súa comparecencia na Comisión Parlamentaria para dar conta dos orzamentos previstos para o ano 2003, o Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Juan Miguel Diz Guedes, deu a coñecelo orzamento do seu departamento para o ano 2003 que ascende a máis de 316,43 millóns de euros, o que segundo as súas palabras, supón un crecemento do 7,6% con respecto ós do ano o 2002 e especificou que "este aumento céntrase nos capítulos destinados a investimentos reais e transferen-

ADEUS Ó ILGGA O FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA, ou o que é o mesmo, o Fogga, é o nome con que se coñecerá a partir do 1 de xaneiro ó anterior Ilgga, segundo o manifestou o Conselleiro de Política agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes ó longo da súa comparecencia sobre os orzamentos do seu departamento, co fin de de darlle a este organismo unha denominación acorde cos obxectivos reais e as súas competencias. Dentro das diferentes partidas dese orzamento, os cartos previstos para o 2003 para o Instituto Lácteo Gandeiro de Galicia –Ilgga, e dende agora, FOGGA, será de 33,7 millóns de euros, dos que 2,7

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

cia de capital, que se incrementan globalmente nun 8,64 por cento con respecto ó ano 2002". A partida do orzamento que irá destinada á investimentos será de 84,9 millóns de euros que terá como finalidade "ós programas de concentración parcelaria, as infraestructuras rurais, novas actuacións en materia de regadíos, incrementa-los controis de calidade e seguridade alimentaria e o apoio á industria, comercialización e promoción alimentaria", sinalou o conselleiro, e engadiu que se pretende tamén levar a millóns de euros estarán dedicados ó financiamento dos traballos para a creación do Sigpac (Sistema de Información Xeográfica de Identificación de Parcelas Agrícolas) en todo o territorio da Comunidade, de maneira que se permita, a través de orto-fotos dixitalizadas, identificar xeograficamente as parcelas declaradas polos agricultores en calquera réxime de axudas relacionados cas superficies. No que respecta a Xenética Fontao, S.A., o Conselleiro anunciou uns investimentos en novas construccións e instalacións técnicas e de maquinaria por valor de 360.000 euros, mentres que as previsións de ingresos estímanse nuns 758.000 euros.

cabo neste ano 2003 a concentración parcelaria nunhas 85 zonas -acadando as 60.000 hectáreas-, melloras na rede vial rural, e a construcción, mellora e modernización dos regadíos de Galicia para o que están presupostados máis de 13 millón de euros. Canto o que se destinará para o desenvolvemento rural, están previstos 15,4 millóns de euros, e anunciou que para estes fins, ata o ano 2008, están previstos investimentos por un valor de 302 millóns de euros. Para garanti-la calidade e seguridade dos productos agroalimentarios, dentro do seu espacio de competencia na cadea alimentaria, Diz Guedes indicou que está previsto o emprego no 2003 de preto de 13 millóns de euros para programas de control e vixilancia de enfermidades no gando, así como 4,3 millóns de euros para o Plan de Mellora Gandeira e 3,4 millóns para equipamentos dos laboratorios de Sanidade e Producción Animal. No capítulo correspondente ás transferencias de capital, o conselleiro sinalou que destinaranse neste concepto máis de 173 millóns de euros. Con esta cantidade se intentará garanti-las existencias de axudas para incentiva-la actividade agro-gandeira, o apoio á industria transformadora e o fomento asociativo. Ademais, segundo o precisou o Conselleiro, se tentará melloralas infraestructuras das explotacións, destinándose para elo uns 32 millóns de euros. Por outro lado, 28,5 millóns de euros irán para planos de cesamento anticipado cos que se busca garanti-lo relevo xeracional. A partida que respecta á industria agroalimentaria será de preto de 25 millóns de euros destinados ó apoio á comercialización e 3,2 millóns para mellora da comercialización.


Xornadas sobre a PAC A Reforma da PAC segue a ser un dos temas que máis expectativas está a suscitar na actualidade, e mostra diso foi a xornada celebrada o pasado mes de setembro polo PSdeG-PSOE en Compostela entorno ós puntos clave que se estaban, e aínda se están, a debatir. Entre os aspectos relacionados con esta reforma sobre os que máis se falou ó longo de toda a xornada, a salienta-la opinión común de tódolos ponentes na defensa dun modelo de explotación familar mediana, a diferencia doutros países europeos, e acabar coa situación actual de que o 75% das axudas van ó 25% de productores, que ademais son os que máis producen e os que están nas zonas máis ricas da UE. Outro dos aspectos sobre os que se debatiu foi o do cambio dos

mecanismos de intervencióngarantía polo dunha rede de seguridade, aspecto que, segundo os ponentes, é clave para un mercado moi sensible e inestable, xa que o que acontece nun país membro ten repercusións no resto. Ademáis se falou sobre as axudas fixas por explotación, as cales deberían ter en conta outros aspectos como poden sela propia explotación, os dereitos históricos e o que pode aportar esa mesma explotación polo lugar onde está encravada -a súa aportación medio-ambiental-, etc., facéndose fincapé no carácter multifuncional das explotacións. Outro dos temas moi debatido ó longo desta xornada foi o da modulación das axudas, o desenvolvemento rural e a necesidade dunha política común na cornixa

cantábrica na defensa dos productores e os seus intereses. Os ponentes desta xornada, por orde de intervención, foron Juan José Quintans, Francisco Sineiro, Roberto García, Emilio Pérez Touriño, Rosa Miguélez, Santiago Menéndez de Luarca, Jesús Cuadrado e María Rodríguez Ramos.

Os británicos en contra do Correccións sistema de subsidios agrarios financeiras A organización Countryside Alliance, máximo expoñente da comunidade rural británica, presentou o pasado mes de setembro unha valoración sobre a proposta da reforma da Política Agraria Común- PAC- ó Ministerio de Agricultura de Reino Unido no que subliña que "o sistema de subsidios da PAC non é só insostible, senón que ademais está alienando ós gandeiros con respecto ás forzas do mercado e as demandas do consumidor". A Alianza se manifestou claramente a favor da

modulación dinámica e matizou que "esto será sempre así mentres o montante modulado permaneza no capítulo Agrario". Como é lóxico rexeita ademais que os fondos sexan xestionados por Bruxelas. Nun artigo publicado polo periódico británico The Guardian ,e que estaba baseado nun informe realizado por Countryside Alliance, indicábase que co diñeiro que a UE se gasta anualmente no sector gandeiro "os 21 millóns de vacas comunitarias poderán da-la volta ó mundo en primeira clase".

á España pola UE

A Comisión Europea anunciou unha serie correccións financeiras referentes a deficiencias canto á aplicación da PAC. No caso que a nos nos interesa, o de España, é de 27,4 millóns de euros por non proceder a controis clave no sector de cultivos herbáceos e por controis insuficientes no sector do aceite de oliva e á primas gandeiras. Da corrección aplicada ó noso país, 10,3 millóns corresponden a inadecuados controis en primas gandeiras e 9,5 a irregularidades nas axudas por superficie da PAC.

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

19


20

actualidade

Últimos acordos sobre a

PAC

A declaración final do Consello de Xefes de Estado da UE sobre a reforma da PAC reflicte o acordo orzamentario acadado previamente por Alemaña e Francia, e é textualmente a que segue: - Deberá respectarse o límite máximo do gasto relacionado coa ampliación fixado polo Consello Europeo de Berlín para os anos 2004-2006. - Sen prexuizo de futuras decisións sobre a PAC e a financiación da UE despois de 2006, nin dos resultados tra-la aplicación do apartado 22 das Conclusións do Consello Europeo de Berlín, nin dos compromisos internacionais que a UE asumii, por exemplo, coa posta en marcha da

Ronda sobre desenvolvemento de Doha, introduciranse pagos directos de conformidade co seguinte calendario de incrementos expresados como porcentaxe do nivel dos devanditos pagos na Unión: - 2004: 25%, 2005: 30%, 2006: 35%, 2007: 40% e posteriormente, con incrementos do 10%, a fin de garantir que os novos Estados membros acaden en 2013 o nivel de axuda que se aplique nesa data na actual Unión Europea. A suma global en termos nominais dos gastos relacionados co mercado e os pagos directos anuais durante o periodo 2007-2013 deberá manterse por debaixo da cifra de 2006 corrixida á alza nun 1% anual.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Miguel Arias Cañete, sinalou que "a afirmación de que a ampliación se vai facer a costa dos agricultores españois é rigurosamente falsa, porque van mante-lo fortísimo nivel de apoio que están recibindo. Tódalas axudas directas están garantidas, non se van a reducir, hai diñeiro adicional que vai a ir ós países candidatos, como é lógico, porque haberá máis agricultores na Unión Europea, pero non a costa dos pequenos e medianos agricultores. Garantizouse o esforzo orzamentario a favor da agricultura ata o ano 2013, non so dentro do período das perspectivas financieras do ano 2006, senón que se despexou un horizonte de incertidume e ata 2013 se estableceron os teitos orzamentarios para as políticas de mercado na agricultura". O ministro manifestou que "non haberá unha Europa agraria a

dúas velocidades senón que tódolos agricultores comunitarios serán tratados por igual, recibindo axudas directas á renda" e que, en definitiva, "os nosos agricultores teñen ante sí un horizonte de tranquilidade para planifica-las súas inversións e seguir modernizando a súas explotacións". En termos semellantes expresouse o conselleiro galego Juan Miguel Díz Guedes.

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

En resumo, os puntos máis importantes deste acordo son os seguintes: - Poderá seguir habendo pagos directos máis alá de 2006, aínda que cun tope máximo semellante ó actual en termos reais (ou inferior xa que a inflación previsiblemente será superior ó 1%), e a repartir entre máis estados membros. É dicir entre máis hectáreas, máis cabezas de gando, etc. Por tanto os pagos unitarios (por hectárea, por quilo, cabeza de gando, etc.) deberán necesariamente diminuir. O teito refírese ás axudas agrarias, non as que vaian con cargo dos fondos estructurais. - O acordo non determina a Reforma da PAC propiamente dita, pero a pon xa nun marco orzamentario onde debe encaixarse, a cal segue a súa marcha independentemente deste acordo. As decisións sobre a mesma tomaranse en 2003, aínda que é posible que a data de aplicación de parte dos planos das medidas que finalmente se acorden se pospongan a 2006. A determinación do marco orzamentario a medio prazo resolve a incógnita de que haberán practicamente os mesmos cartos que agora, para atender a más agricultores. Se lembramos, en 2001 o orzamento agrícola da UE ascendeu a 41.533 millóns de euros, dos que 37.170 corresponderon a axudas directas e políticas de marcado, mentres que para o ano 2006 a partida ascenderá a 37.290 millóns, de acordo co Cumio de Berlín. Se a esta cantidade se lle suman as propostas da Comisión para pagos directos ós 10 candidatos en 2004-2006, o importe total rolda os 42.000 millóns de euros, cifra na que se fixería o teito de gastos agrícolas a partires de 2007, actualizándoo so de acordo coa inflación.


sanidade animal

Loita contra enfermidades animais Prohibición A Comisión Europea destinará para o vindeiro ano 132 millóns na importación de euros para loita contra as enfermidades animais, dos que persoal de leite 94 millóns financiarán as activiCasos de EEB en Galicia e España

dades de control das Encefalopatías Esponxirfomes Bovinas (EEB) e da tembladera ovina ou caprina; o resto destinarase á erradicación e control de 13 enfermidades do gando europeo, como é o caso da brucelose, a tubercoluse, a peste porcina clásica e a rabia. Canto ó número de casos de animais afectados pola EEB no que vai de ano 2002, dicir que en España lévanse rexistrados 98 casos (en todo o 2001 rexistráronse 82), dos que 24 corresponden á nosa Comunidade, sendo o número de test prionics a nivel nacional de 424.660 test, dos que 126.306 fixeronse na nosa Comunidade no que vai de ano 2002.

CC.AA Nº Casos no 2002 CASTELA-LEÓN 29 GALICIA 24 CATALUÑA 7 ASTURIAS 7 EXTREMADURA 7 NARVARRA 5 CANTABRIA 4 ARAGÓN 4 ANDALUCÍA 3 BALEARES 2 CASTELA-A MANCHA 2 MADRID 2 VALENCIA 1 RIOJA 1 Total 98

No que se refire á Unión Europea, se levan constatados un total de 1.633 positivos no 2002, polo que a cifra, dende que comezou a enfermidade no ano 1995, asciende a 39.137 nos diferentes Estados Membros - o Reino Unido segue a se-lo Estado membro cun número maior de casos -882 no 2002-.

A amígdala como MER As amígdalas, hoxe en día consideradas Material Específico de Risco, semella que son, segundo un estudio da Axencia Británcia de Seguridade Alimentaria, susceptibles de ser un tecido infectable coa EEB. Sen embargo, a pesares de ser eliminado como MER, poderían quedar restos de amígdala debaixo da lingua polo que a Axencia Alimentaria está a analiza-lo xeito no que se extrae a lingua para comprobar se quedan restos de tecido destas.

Detección de patóxenos nas explotacións Investigadores do servicio de Investigación Agraria de EE.UU están a desenvolver un método que permite a detección de patóxenos nas propias explotacións gandeiras cunha grande rapidez. Trátase dunha técnica de análise xenética, e o tempo que se precisa para a detección de patóxenos é de entre 30 e 45 minutos, moito menos que o tempo de cultivo nos laboratorios que dura varios días.

Ademais, este sistema de detección é portátil polo que se pode levar a cabo a análise na propia explotación sen ningún problema. As substancias que se están a analizar para determina-la presencia de organismos patóxenos como Salmonela, Listar monocytogenes, E. coli O157:H7, virus da hepatite (A e E) e virus entérico bovino, son o leite, a terra, a auga e o xurro.

Dende o vindeiro 1 de xaneiro de 2003, os viaxeiros que entren na UE non poderán traer con eles, nin en persoa nin no seu equipaxe, carne, productos cárnicos, leite ou productos lácteos. O Comité Permanente da Cadea Alimentaria e de Sanidade Animal da UE votou a favor desta proposta da Comisión, co obxecto de reforza-llas actuais normas. O motivo de tomar esta medida é que os devanditos productos poden orixinar enfermidades animais na UE. De feito, a crise da febre aftosa do pasado ano creese que se debeu a restos de catering importados, así como tamén o foco de Peste Porcina Clásica do Reino Unido de agosto de 2000. A proposta aprobada suspende as derogaciónes existentes na lexislación actual, as cales permiten a importación de carne, leite e derivados cando son traídos por viaxeiros para o seu consumo persoal ou enviados a persoas privadas. Exclúese o leite infantil, alimentos infantís e comidas especiais por razóns médicas sempre e cando se cumpran as seguintes condicións: que o producto non requira refrixeración antes do seu consumo, que estea empaquetado coa etiqueta do fabricante e que o paquete non estea aberto. Para a importación persoal de leite, carne e derivados será preciso aportar documentación veterinaria oficial.

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

21


22

sanidade animal

Control sobre os medicamentos veterinarios A asociación galega de vendedores de productos zoosanitarios e fitosanitarios (AZOFIGA) solicita á Xunta medidas para frea-lo mercado negro de medicamentos veterinarios, xa que estima que se moven ilegalmente medicamentos por un volume económico duns 30.000.000 de euros. Ademáis Azofiga considera que non hai suficientes garantías de que reses tratadas con antibióticos u otros productos cheguen ós matadoiros e posteriormente á mesa dos consumidores. Azofiga considera que os servicios de inspección da Xunta deberán modifica-los seus protocolos «de tal xeito que os gandeiros non teñan posibilidades de utilizar medicamentos con periodo de supresión, que

A vacinación de novo a debate A Comisión Europea, baseándose no informe do Comité Permanente sobre a febre aftosa, está a debate-la posibilidade de impulsa-la vacinación como método de prevención cando se detecte algún foco de febre aftosa. En concreto, nesta nova proposta prevese unha vacinación de emerxencia só cando non se poida sacrifica-lo gando en menos de 48 horas, tras ser detectada a enfermidade, rexeitándose polo de agora a posibilidade dunha vacinación profiláctica (rutinaria). No mencionado informe do Comité Permanente incídese ademais na necesidade de seguir investigando tanto no campo das vacinas como das probas que se usan para detectar estas epizootías, polo que estiman necesaria a designación inmediata dun laboratorio de referencia para epizootias vesiculares víricas. AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

non sexan prescritos previamente polos veterinarios e queden debidamente asentados no libro de tratamentos». Esta asociación considera que deben liberalizarse os productos que non teñan periodo de supresión e pretende da Administración Galega que inste ó Goberno Central a que aplique a Lei do Medicamento, de ámbito estatal, «para evita-lo agravio comparativo que se está producindo entre Galicia e outras comunidades (como Asturias e CastelaLeón), o que xenera gran prexuicio económico (polo mercado negro) e o risco para a saúde pública. Se o gandeiro -di Azofiga- contara cun veterinario responsable da sanidade da explotación; se o colectivo de veterinarios clínicos unicamen-

te prescribira (salvo os tratamentos de urxencia) coa liberdade que hoxe non se lle garante; se as comerciais venderan exclusivamente con receita; se as entidades gandeiras venderan unicamente ós socios con receita, e cumprindo os planos zoosanitarios autorizados pola Administración, todos nos veriamos beneficiados porque o consumidor tería máis confianza nos productos e compraría máis, o cal faría medra-la demanda e aumenta-lo o poder adquisitivo do sector primario». Finalmente esta asociación estima que o cumprimento da ley prexudica ó que a segue a raxatabla, «namentras o resto aproveita a marea para lucrarse e, o máis grave, controlando o mercado negro».

Detectados casos de anaplasmose en Suíza Segundo un informe da Oficina Veterinaria Federal de Berna, no mes de agosto observouse un número crecente de mortes inexplicadas en vacas adultas dunha explotación leiteira localizada na cidade de Chur no cantón dos Grisones, ó leste de Suíza, na fronteira con Austria e Italia. Estas mortes semella que foron causadas polo patóxeno rickettsia Anaplasma marginale, descu-

berto en 1910 en África do Sul, e que é frecuente en países de climas moito máis cálidos que Suíza. Na opinión dos científicos o feito de que se rexistrasen casos desta enfermidade nun país tan frío ten a súa explicación no indiscutible cambio climático. Na mesma explotación tamén se detectaron 15 casos de IBR, enfermidade do aparello respitarorio que causa severas pneumonias.

A anaplasmose é unha enfermidade provocada pola rickettsia Anaplasma marginale que se transmite pola picadura de mosquitos, e provoca abatemento e anemia nos animais afectados pola destrucción dos eritrocitos do sangue. A IBR (Rinotraqueite Infeciosa Bovina) é unha enfermidade do aparello respiratorio. A enfermidade comeza cun estado gripal, con descarga nasais, inflamación de conxuntiva, etc. En adultos limitase á infección das vías respiratorias, con complicacións nos animais preñados. Estas afeccións respiratorias, fan algúns susceptíbeis á Pasteurella haemolitica, que causa severas pneumonías.


cotas

Cambio na xestión das cotas O MAPA ten previsto efectuar unha serie de cambios na xestión das cotas, que pretenden simplifica-la normativa existente, tendo en conta as consideracións do Tribunal Constitucional pola que se delimitan as funcións do Estado e das CCAA en materia de xestión e introducir cambios como consecuencia da evolución do sector nos últimos anos. Como consecuencia desta nova normativa, tódalas cantidades asignadas pola Reserva Nacional entre os anos 1993 e 1996, pasarán a ser titularidade dos gandeiros que as recibiron, podendo ser, polo tanto, susceptibles de transferencias ou cesións. En total nesta situación hai 1.000.000 de toneladas. Con respecto ás transferencias e cesións a nova normativa que se está a discutir prevé: - Que o transferidor de cotas deberá estar libre de compromisos derivados de calquera axuda que perciba o percibira, destinada á súa explotación. - Que o productor que adquirira cotas sen transferencia da explotación, non poderá transferir nin ceder temporalmente tanto a súa cota anterior á transferencia como a adquirida, ata que transcorran tres campañas (antes eran cinco) desde a súa adquisición, contando como primeiro período aquel no que adquiriu. Sen embargo, poderá ceder temporalmente, en casos excepcionais.

- Da cantidade obxecto de transferencia, no caso de transferencias sen explotación entre distintas Comunidades Autónomas, deducirase o 20% a favor da Reserva Nacional, co que a cantidade que realmente se asigna ó adquirinte será do 80% (antes era o 90%). - Tanto as transferencias como as cesións serán competencias das CCAA na súa resolución. Con respecto á retirada de cotas e á Reserva Nacional: - Cando un productor durante dúas campañas, non utilice alomenos un 70% da súa cota en cada unha delas, e salvo causa de forza maior, o productor perderá definitivamente a porcentaxe de cota non utilizada en ningún dos períodos - Mantense o abandono indemnizado, e do total da cota abandonada por cada Comunidade, un 80% asignarase ós gandeiros as explotacións dos cales radiquen na mesma comunidade, a través do Fondo Nacional. - Na Reserva Nacional, engádense novos requisitos para ser beneficiario, relacionados con cumprimentos de aspectos sanitarios, e de benestar animal. Tamén se introducen cambios no baremo da puntuación das solicitudes á Reserva, entre os que fan relación coa posesión de explotacións prioritarias, ser agricultor xove, ser titular de explotación calificada sanitariamente, pertencer a

cooperativas de comercialización, ó control leiteiro, ou por ter comprado cota nos últimos anos. - A asignación de Reserva Nacional corresponderá ó MAPA, coas seguintes limitacións: · Non se asignarán cantidades superiores ás solicitadas. · Non se asignarán cantidades superiores ó 200% da cota de inicio da explotación de que se trate. · Non se asignarán cantidades superiores a 120.000 quilogramos por explotación. · Non se asignarán cantidades inferiores a 5.000 Kg de cuota. - Unha das novidades más importantes da proposta do MAPA supón que as cantidades asignadas procedentes da Reserva Nacional, non se poderán nin vender nin ceder, pasadas catro campañas, a partires da campaña en que recibiu a cota, sí que poderán ser vendidas ou cedidas. - Sobre o Fondo de Cotas, a cantidade máxima que se pode adquirir dependerá da cota que teña asignada a 1 de abril de cada período, do seguinte xeito: a) Se se non tivera cota asignada, ata un máximo de 75.000 quilogramos. b) Se a cota asignada é inferior a 150.000 quilogramos, ata un máximo do 50% da mesma. C) Se a cota asignada está comprendida entre 150.000 e 250.000 quilogramos, ata un máximo do 50% da diferencia entre a cota e 350.000 quilogramos. d) Se a cota asignada está comprendida entre 250.000 e 400.000 quilogramos, ata un máximo do 25% da diferencia entre a cota e 500.000 quilogramos. Nos casos de sociedades agrarias de transformación (SAT) ou cooperativas de producción, con cota asignada a nome da entidade, os límites sinalados para o acceso ó Fondo, calcularanse dividindo a cota asignada polo número de agricultores a título principal que os integren, e a cantidade máxima que podan solicitar será o resultado de multiplicar polo devandito número a cantidad que correspondería a cada un, segundo os baremos anteriores. SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

23


24

cotas

Supertaxa campaña 2001/2002 A 276,3 millóns de euros ascendeu a supertaxa da pasada campaña, a cobrar a Italia, Austria, Finlandia, Holanda, Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Irlanda e Luxemburgo, por sobrepasarse nun total de 775.579 toneladas da cota asignada. Desta cantidade, un 80% correspondeu a Italia, cun sobrepasamento de 389.000 tn., Alemaña con 144.000, e Austria con 98.000. Italia nesta campaña

volveu a repetir unha superación importante da súa cota xa que na campaña 2000/2001 xa se pasara en 408.000 toneladas. A cota total de venda a industria na campaña 2001/2002 fixouse en 117,72 millóns de toneladas, asignadas a 590.000 explotacións, das que 325.232 toneladas non se utilizaron, polo que que o sobrepasamento neto total na UE foi dunhas 450.000 toneladas.

Cota media comunitaria A cota media por explotación en España acadou os 121.000 kgs. na campaña 2001/2002, fronte ós 104.677 da 2000/2001. En Galicia, ó inicio da campaña 2001/2002, a media acadaba os

65.000 quilogramos (28.231 explotacións con 1.831.800 toneladas asignadas), fronte ós 52.000 quilogramos na 2000/2001. No resto da UE os datos son os seguintes:

Cota media (kg/expl.)

Cª 01/02

Cª 00/01

Galicia (1) España Bélxica Dinamarca Alemaña Grecia Francia Irlanda Italia Luxemburgo Holanda Austria Portugal Finlandia Suecia Reino Unido UE-15

65.000 121.406 199.046 501.656 218.727 63.541 196.072 193.730 171.819 241.518 423.126 43.427 92.657 110.412 284.556 562.859 199.528

52.000 104.677 185.690 457.588 214.954 54.424 188.679 183.510 141.995 230.355 330.723 41.587 77.973 102.652 264.614 427.660 182.372

Variación Tm. 13.000 16.729 13.356 44.068 3.773 9.117 7.393 10.220 29.824 11.163 92.403 1.840 14.684 7.760 19.942 135.199 17.156

% 25,0 16,0 7,2 9,6 1,8 16,8 3,9 5,6 21,0 4,8 27,9 4,4 18,8 7,6 7,5 31,6 9,4

Falta de cota en Portugal Xa vimos no cadro referente ás previsións da presente campaña que Portugal estaba en condicións de supera-la súa cota de referencia nunhas 46.000 toneladas (un 6,76%) o que podería supór a aplicación dunha importante supertaxa. E aínda que hai tan so unhas poucas campañas Portugal non chegaba a produci-la súa cota, dende hai dúas campañas Portugal está a sobrepasala, polo que comeza a albiscarse un serio problema tamén ós nosos veciños. As asociacións de productores e das industrias están a solicitar un incremento de cota, semellante ó conseguido por España e Italia, pero a Administración lusa suliña que a responsabilidade do sobrepasamento corresponde ós productores e industrias, debendo estes procurar non aumenta-la producción e, se é preciso, reducila. Pero se o problema é moi preocupante na Península, de grave se pode califica-la situación nas Azores, zona tradicionalmente leiteira que cada campaña supera con creces a cota asignada ás súas explotacións, e aínda que o goberno portugués conseguiu da UE autorización ata 2003 a sobrepasa-la cota nas illas Azores por ser rexión ultraperiférica, o problema probablemente se complique.

(1) Inicio campaña 2001/2002

Previsións para a campaña 2002/2003 De acordo coas informacións das enquisas mensuais de entregas de leite ás industrias que realiza a Comisión europea, a mes de xullo, as previsións de cara ó fin da campañan indican que: • España podería supera-la cota nun 0,01% (tan só nunhas 206 toneladas). Sen embargo, de acordo con

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

esta proxección a fin da campaña, seis países superarían de xeito importante a súa cota, como por exemplo Francia que podería supera-la cota en 134.233 toneladas (un 1,62% da súa cota); Gran Bretaña superaría a súa cota en 46.767 toneladas (un incremento de 0,74%); ou Portugal, que tería

unha sobreproducción dunhas 46.002 tonelas (+6,76%). • Non superarían a cota, sempre de acordo con estos datos da Comisión europea, Italia que estaría por debaixo da cota asignada en 55.825 tonelas (1,27%), ou Alemaña, en 236.100 toneladas (-1,96%).


Cañete quere extrema-los controis sobre a cota O titular do MAPA, Miguel Arias Cañete ven de confirma-la súa pretensión de extrema-los controis sobre a aplicación do sistema de cotas lácteas "para reducilo risco de fraude", e lembrou que o seu Ministerio remitira ós tribunais de xustiza informes sobre denuncias de cantidades de leite comercializadas por nove compradores autorizados, presuntamente adquridas á marxe do sistema de cotas. Neste senso asegurou que, tras reunións coa Interoprofesional, o Goberno, as CC.AA., e o propio sector están a traballar para por en marcha un plano integral que recolla a completa trazabilidade do leite.

Reducción no Un tercio dos gandeiros italianos superan as cotas número de explotacións Respecto do número de explotacións leiteiras na Unión Europea, subliñar que 52.000 explotacións cesaron na súa actividade entre a campaña 2000/2001 e a 2001/2002. O país en donde máis explotacións deixaron a súa actividade foi Italia, con máis de 11.000 explotacións, seguida do Reino Unido, cunhas 8.000, Holanda, con 7.200 e España con 6.000, das que unhas 3.900 foron galegas. En porcentaxe de variación o maior número de ceses correspondeu ó Reino Unido (cun 23,8%) e Holanda, cun 21,8%. Respecto das causas que influiron nesta importante diminución, no Reino Unido achácase ós sacrificios debidos á febre aftosa e ós baixos prezos do leite como consecuencia da revaluación da libra; mentres que en Holanda a política medioambiental foi determinante para o cese na producción.

O ministro italiano de Agricultura, Gianni Alemanno, recoñeceu que un tercio dos 60.000 productores de leite do seu país superan están fuera de los parámetros que exige la Unión Europea en materia de cuotas. Alemanno calificou de "tormentoso e inquietante" o asunto, xa que dixo que "Italia se Nº explotacións

Cª 01/02

Galicia (1) España Bélxica Dinamarca Alemaña Grecia Francia Irlanda Italia Luxemburgo Holanda Austria Portugal Finlandia Suecia Reino Unido UE-15

28.231 49.916 16.302 8.880 126.918 11.010 121.786 27.814 59.994 1.112 26.000 60.455 20.896 21.722 11.597 25.567 589.969

equivocou" á hora de cuantificalo seu potencial de producción no momento de negocialas cotas iniciais, polo que so ten asignada a metade da súas necesidades. Engadiu que se estaba a un organismo que combatirá a producción e comercialización de leite negro, e que implementarán medidas para axudar ós gandeiros italianos.

Cª 00/01 32.097 (2) 55.963 17.421 9.735 129.144 12.393 126.510 29.071 71.093 1.165 33.239 62.915 23.895 23.358 12.471 33.553 641.926

Variación Explot. % -3.866 -6.047 -1.119 -855 -2.226 -1.383 -4.724 -1.257 -11.099 -53 -7.239 -2.460 -2.999 -1.636 -874 -7.986 -51.957

-12,0 -10,8 -6,4 -8,8 -1,7 -11,2 -3,7 -4,3 -15,6 -4,5 -21,8 -3,9 -12,6 -7,0 -7,0 -23,8 -8,1

(1) Inicio campaña 2001/2002; (2) Explotacións con cota

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

25


26

control e calidade do leite

FEPLAC denuncia ante a OLAF O pasado mes de setembro a Feplac comunicou a súa intención de interpoñer unha denuncia, ante a Axencia Europea da Lota Contra o Fraude (OLAF), polo incumprimento en Galicia do R.D 1679/94, no que se marcan os parámetros mínimos de calidade para a comercialización do leite. Estes parámetros, que o leite estea libre da presencia de antibióticos ou inhibidores; que teñan un reconto en células somáticas inferior a 400.000; e que teña un reconto de xermes inferior a 100.000-, segundo a Feplac, non os cumpre nin sequera o 50% das explotacións galegas. A denuncia interpúxose finalmente o día 23 de setembro, sen que polo de agora se tiveran coñecemento de ningunha reacción á mesma.

Certificación da calidade do leite nas explotacións Unha empresa galega sita no municipio de Vilalba, está a traballar nun proxecto de I+D que ten como obxectivo a certificación da calidade do leite galego. Esta empresa conta coa cooperación do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago e co apoio económico da Secretaría Xeral do I+D e da Consellería de Política Agroalimentaria, a través

do Programa de Investigación Agraria do Pgidt. O sistema de control sanitario do leite nas explotacións que está a desenvolver esta empresa configurouse como un código de boas prácticas recollidas nun manual, co se busca sobre todo controlalas prácticas hixiénicas nas explotacións, así como orientar ós gandeiros no correcto tratamento das reses en canto ó muxido e á alimentación.

Estatística mensual de recollida de leite e productos elaborados (Península e Baleares) DATOS PROVISIONAIS DO M.A.P.A. (Cantidades en Miles de Toneladas) SET. RECOLLIDA Leite de vaca % media de Mat. Graxa % media de Proteína

ANO 2001 OUT. NOV.

DEC.

XAN. FEBR. MAR.

ANO 2002 ABRIL MAIO XUÑO

XUL.

AGOS.

463,23 469,22 465,26 3,71 3,78 3,84 3,12 3,16 3,21

478,81 463,66 442,18 503,65 3,88 3,86 3,81 3,78 3,21 3,17 3,16 3,15

530,94 3,74 3,16

547,27 518,87 521,68 499,15 3,71 3,67 3,66 3,68 3,13 3,10 3,09 3,09

PRODUCTOS OBTIDOS Leite de consumo directo 286,21 315,59 311,41 Nata de consumo directo 9,74 9,72 8,22 Leite concentrado 5,95 5,33 5,23 Leite en po desnatado 0,48 0,38 0,00 Outros leites en po 0,74 0,49 0,58 Manteiga 2,23 2,82 3,73 Queixo de vaca (1) 9,47 10,79 9,38 Leites acidificados (iogures) 45,91 49,89 46,94

322,43 321,05 284,93 307,91 8,95 8,34 6,64 8,77 4,82 5,91 5,61 6,55 0,47 0,42 0,56 1,66 0,85 0,92 1,66 1,47 3,87 4,81 4,31 4,35 8,45 9,69 9,42 9,87 36,30 43,14 45,62 50,17

329,27 9,10 6,23 1,85 1,26 5,04 11,36 51,89

333,74 298,33 314,59 293,75 9,61 8,80 8,49 9,03 5,78 5,11 4,66 4,75 2,94 3,79 2,63 3,45 1,75 0,83 1,17 1,06 5,65 5,07 4,55 4,36 10,74 9,78 11,12 10,23 53,10 45,24 51,51 52,81

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002


Estándares da agricultura bio nos EE.UU. O pasado 21 de outubro a Ministra de Agricultura estadounidense, Ann M. Veneman, deu a coñece-la aprobación dos estándares para os productos orgánicos – ecolóxicos- a nivel nacional, cos que se pretende que, segundo as súas propias palabras "dende hoxe, cando os consumidores vexan o precinto de producto orgánico, estes poderán estar seguros de que estes productos etiquetados como orgánicos serán iguais en tódalas partes do país". Polo tanto, a partires desa data, tódolos productos que queiran ser comercializados como orgánicos deberán cumpri-los estándares fixados polo USDA, iguais para tódolos estados, e terán un etiquetado máis especí-

fico para asegurar que os consumidores saben exactamente o que están a mercar. Un producto poderá ser denominado oregánico se polo menos o 95% do mesmo se produce de acordo cos estándares da producción orgánica e levará polo tanto a etiqueta de USDA Organic. Sen embargo moitos productores opinan que esta nova certificación é moi custosa e consideran que a medida está feita para beneficiar ás grandes explotacións ecolóxicas , que están proliferando por todo o país e tamén á grande distribución agroalimentaria que é a que domina a venda ó por menor deste tipo de productos.

CRECEMENTO DO MERCADO DOS “BIO” NOS EE.UU O mercado dos "productos "bio" "orgánicos" ou "ecolóxicos" nos EE.UU non semella estar en tan mala situación como nalgúns países da UE, pois esta industria medrou entre un 20% e un 25% anualmente nos últimos anos, acadando as vendas no ano 2000 os $7.8 billóns ó por menor, cunhas vendas globais que excederon os $17.5 billóns. Segundo un estudio publicado polo Servicio de Investigación Económica do Departamento de Agricultura

de EEUU sobre as pautas de crecemento do mercado destes productos neste país, dende o ano 2000, a maior parte deste tipo de productos se venden nos supermercados convencionais, máis que noutro tipo de puntos de venta como poden se-las tendas exclusivamente de productos "bio"; o crecemento nas vendas é de preto do 20% ou máis dende o ano 1990; e a grande maior parte das vendas de productos "bio" son productos frescos.

Resultado satisfactorio en Francia sobre a producción de caseínas O pasado mes de xuño unha misión comunitaria da Oficina Alimentaria e Veterinaria levou a cabo unha inspección no país galo co obxectivo de determinar que controis se estaban a realizar na producción, tratamento e posta no mercado de caseínas e outros productos a base de leite pero que non estaban destinados ó consumo humano. O resultado desta inspección foi en liñas xerais satisfactorio, polo que só se fan algunhas recomendacións para que se melloren os controis. No transcurso destas inspeccións, detectáronse, sen embargo, algunhas deficiencias por parte da industria en materia de hixiene xeral, ausencia de aplicación do sistema HACCP (Análise de riscos e dos puntos críticos de control), e outras condicións de tipo estructural.

VÉNDENSE VACAS Teléfono 981 67 07 83 SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

27


28

medio ambiente

Características do esterco do gando As características do esterco do gando varían moitísimo dunha explotación a outra. Entre os factores que máis inflúen nestas diferencias poderíamos salientar: (a) a idade do animal: o esterco de animais máis novos non será tan estable bioloxicamente como o de animais adultos. (b) O tamaño do animal: en termos xerais, canto máis grande sexa o animal, máis esterco producirá –estímase que cada animal produce un 8% do seu peso. (c) A ración: a dixestibilidade, o contido de proteínas e a fibra das racións son factores importantísimos. (d) O sistema de producción: este pode afectar a que o esterco sexa sólido, semisólido, ou líquido. Por exemplo, se se utilizaran grandes cantidades de material de cama, o esterco será máis sólido.

Dependendo da consistencia do esterco, podemos falar de esterco sólido, o que ten un 20-25% ou máis de contido sólido; esterco semisólido, cando ten un 10-20% de contidos sólidos; e por último, esterco líquido, cando o contido sólido é de tan so do 10% ou menos. (e) Outros factores: tales como alimento salpicado, auga potable desbordada, limpadores, medicamentos, pelo, etc. que poderían ir parar co esterco e que deben ser considerados tamén cando se deseñen as instalacións. É importantísimo que teñamos presente que eliminada calquera fonte de desperdicio, na medida do posible, reduciremos tamén posibles prexuízos para a instalación e, polo tanto, evitaremos incrementos innecesarios dos custos.

PRODUCCIÓN APROXIMADA DE ESTERCO NO GANDO LEITEIRO Peso do animal Producción esterco Contido de auga Sólidos totais Sólidos volátiles Nitróxeno Fosfato Potasio

Kgs. Kgs./día % Kgs./día Kgs./día Kgs./día Kgs./día Kgs./día

70 5,5 87,3 0,7 0,6 0,03 0,01 0,02

115 9 87,3 1,2 0,9 0,05 0,02 0,04

230 18,5 87,3 2,4 1,9 0,09 0,04 0,08

450 635 37 52 87,3 87,3 4,7 6,6 3,9 5,3 0,19 0,2 0,07 0,1 0,15 0,2

Fonte: "Livestock Waste Facilities Handboock"", Midwest Plan Service.

Unha veintena de explotacións expedientadas O Departamento de Medio Ambiente da Generalitat de Cataluña abriu expediente a unha vintena de explotacións por non presenta-lo plan de tratamento de xurros. Estas explotacións expedientadas teñen máis 2.000 cabezas de gando e poderían ser sancionadas co peche se a sanción detectada fose cualificada de moi grave. É moi importante recordar que segundo o Decreto 220/2001 do 1 de agosto, as explotacións deberán aplicar un plan que acredite a correcta xestión das dexeccións gandeiras, e contar cun Libro de Xestión das mesmas onde, entre outros datos, quede constancia do volume que prevén producir en función do número de animais, o destino das mesmas, a cantidade, e a razón social e código de autorización do transportista, no caso de que estes sexan xestionados fora da explotación.

Ampliada a lista de sustancias

Holanda podería liberaliza-la fitosanitarias normativa en materia de xurros Ó longo de todos estes anos, Holanda, un dos países europeos con maior concentración de gando, conseguiu ter unha das normativas mais estrictas no que a medio ambiente se refire. Sen embargo, a nova da que nos facemos eco agora é precisamente na dirección oposta xa que o AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

Ministerio de Agricultura holandés semella que ten in mente liberaliza-la normativa de xurros o vindeiro ano xa que considera que, tal cal está a situación a día de hoxe, é suficiente se se cumpre coa normas a nivel comunitario e a producción se mantén dentro duns nivel sostibles.

Na última ampliación da lista de productos fitosanitarios levada a cabo polo Ministerio da Presidencia BOE do 17 de OutubroR.D2163/1994), inclúense tres novas sustancias activas: o glifosato, o tifensulfuron-metil e o ácido 2,4Diclorofenoxiacético.


mercado

Situación dos prezos en España O Ministro de Agricultura Arias Cañete Para o Ministro de Agricultura a baixa do prezo do leite non se debe ás importacións, senón máis ben a "un contexto mundial excedentario", e considera que a media de prezos no 2002 "está por riba dos rexistrados nos últimos dez anos". Segundo Arias Cañete, os prezos mostran unha tendencia descendente pero porque se toma como referencia os prezos do ano 2001, "ano no que o leite acadou cotizacións históricas". Por outra parte, estima que

"todo semella indicar que se está a producir unha estabilización das cotizacións en torno ós 0,28 ó 0,30 euros por litro, que situaría o prezo do leite por riba dos niveis medios do 2000". Por outra parte, Arias Cañete manifestou que nestes momentos unha das proirdades do Goberno é loitar contra todo tipo de fraude que se puidese producir neste sector, e en especial no que se refire á aplicación da cota e no relativo a unha maior transparencia do sector.

Consellería de Política Agroalimentaria e D. Rural A Consellería de Política Agroalimentaria asegura que dende o pasado mes de xuño os prezos medios pagados ós productores de leite galego non descenderon senón que se mantiveron nos 28 céntimos de euro polo que, na opinión da Consellería, os prezos "tocaron solo" e, segundo un comunicado desta Consellería, esto pon de manifesto "unha establización da situación existente antes do verán e a confirmación do compromiso expresado

polos representantes das industrias lácteas na súa última reunión co conselleiro, Juan Miguel Diz Guedes". Tamén, esta consellería sinalou que é evidente que os prezos non se poden comparar cos acadados no 2001, ano no que se acadaron os prezos máis altos dos últimos dez anos. Segundo a súa opinión, os prezos son equivalentes "ós doutros anos de situación normal e equiparables co prezo medio do ano 2000 nestas mesmas datas".

Unións Agrarias Unión Agrarias denunciou que a caída dos prezos do leite xenerou pérdas por valor de 40 millóns de euros en Galicia. Segundo as estimacións deste sindicato, entre novembro de 2001 e xullo de 2002, o custo do litro de leite baixou catro céntimos. Para Roberto García, secretario xeral deste sindicato, a razón "desta caída en picado" non está no exceso de pro-

ducción, e sinala que o leite "nunca estivo tan caro" para o consumidor, o que proba a intención das empresas de amplia-las súas marxes de beneficios. UU.AA pide que se articulen unha serie de actuacións co fin de palia-las secuelas da baixa de prezos e logra-la súa recuperación no mercado, entre as que estarían o diálogo entre responsables da industria e productores.

Sindicato Labrego Galego Para Xosé Ramón Cendán, coordinador nacional do sector lácteo do SLG, "o prezo actual escasamente chega ós 0,27 euros por litro mentres que o ano pasado estatisticamente foron 0,32 euros''. Para este sindicato, a culpa a ten a aprobación da Axenda 2000 europea, que esta-

blecía recortes de ata o 15% nos prezos indicativos. "Ademais, en Galicia resíntense máis á baixada dos prezos por non dispoñer de grupos empresariais determinantes de capital propio, e pola escasa transformación do leite líquido en productos de máis valor engadido''.

Xóvenes Agricultores Para Tomás Díaz Castañeira, responsable lácteo de Xóvenes Agricultores e presidente da Interprofesional Láctea (Inlac), "o leite estase a pagar en torno ós 30 céntimos de euro pero con moitas oscilacións dependendo de cada industria'', e opina que a culpa a teñen os excedentes, pois "antes o mercado era capaz de asumir todo ese leite, cousa que non sucede agora''. Para XX.AA., a loita agora, que comeza o debate para a reforma da política agraria común (PAC), pasa por conseguir máis cota para Galicia, para iguala-las posibilidades á capacidade productiva e así poder elimina-lo problema do leite negro.

O sector industrial Feiraco, que procesou o pasado ano 110 millóns de litros de leite provintes de 1.400 cooperativistas (cunha media de 78.771 litros anuais cada un deles), considera que o 2001 o prezo do leite no campo medrou un 17,56% fronte ó exercicio anterior, e no primeiro semestre deste ano, o promedio acumulado de prezos caera para os seus socios nun céntimo (algo más do 3%). Sen embargo, Leche de Galicia, que recolle 125 millóns de litros en Galicia sinala que, mentres que en xullo de 2001 un productor cobraba 330 euros por 1.000 litros, na actualidade cobra 294 euros por esta cantidade.

Feplac Para Manuel Bouzas, secretario xeral da Feplac existe un amplo abano de prezos que chega nalgún caso ós 30 céntimos, pero o termo medio rolda ós 27 (un 18% menos), aínda que logo existe leite por baixo dos 24 céntimos (leche negro). As causas, que achaca a tódalas partes (gandeiros, industrias e administración), pasan pola producción por riba da cota, non controlada suficientemente. Esto provoca excedentes, potenciados ademais, polas importacións de Portugal e Francia.

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

29


30

mercado

Prezos do leite no mundo Na Unión Europea O prezo medio pagado no mes de agosto de 2002 roldou os 31,22 €/100 kg (52 ptas/kg), o que supón un aumento de 2,66 €/100 kg (4,5 pts/kg) en relación co prezo pagado en xuño. Este incremento débese a que moitas empresas pagaron en agosto primas estacionais. Pola contra, en relación co prezo de agosto de 2001, o pagado este ano

é preto dunha peseta máis baixo. Coma sempre, estes prezos calculáronse como media do pagado por 17 das máis importantes industrias lácteas que recollen na UE. O prezo refírese a un leite cun 4,2% de graxa, 3,35% de proteina, menos de 25.000 bacterias, menos de 250.000 células e unhas entregas anuais de 350.000 kg.

En Nova Celandia O prezo medio pagado en agosto foi de 9,68 €/100 kg (16 ptas/kg), case a metade do pagado o mesmo mes o ano anterior. Proba desta baixa importante é que Fonterra xa actualizou á baixa as súas previsións de prezo para esta campaña iniciada o xuño pasado, esti-

mando 3,70 NZ$/kg de sólidos lácteos (graxa+proteína), que equivale a uns 13 €/100 kg de leite estándar (21,6 ptas/kg). Inicialmente, a previsión de prezo para a campaña 2002/03 era de 15,50 €/100 kg (25,8 ptas/kg), un 25% máis baixo que a da campaña precedente.

En EE.UU. O prezo medio para a clase III en agosto deste ano foi de 24,15 €/100 kg (40,2 ptas/kg), cotización que é 3 €/100 kg (3,2 ptas/kg) inferior á dos meses atrás. Comparado co prezo de hai un ano, a reducción foi dun 44%, da que un 8% débese ó dólar. O prezo en EEUU se segue a manter moi por baixo do prezo na UE.Sen embargo, os gandeiros de EE.UU perciben gracias á recentemente aprobada Fram Bill axudas para protexer ós gandeiros dos baixos prezos. Na actualidade, o actual prezo é unhas 16 ptas/kg máis baixo co do ano anterior, polo que é probable que este tipo de axudas sexan bastante frecuentes.

Os gandeiros británicos conseguen que lles repercutan as subas dos prezos Por fin logo de moitas conversacións e fortes presións, os gandeiros do Reino Unido conseguen que as industrias accedan a unha vella reivindicación do sector: que as subas nos lineais repercutan nos gandeiros. A suba que as industrias repercutiran nos productores é de 0,03 €/kg (5,3 ptas/kg), pero as aspiracións dos productores é de que o leite chegue a subir uns 0,06 €/kg (10,5 ptas/kg), co obxectivo de pode acada-lo prezo de 0,3 €/kg (53 ptas/kg).

Dairy Crest, que é unha das industrias lácteas máis importantes do Reino Unido, mostrouse de acordo en repercuti-los incrementos de prezos en queixos e outros productos lácteos no prezo pagado ós gandeiros, algo impensable ata o de agora. Mentres o consumidor pagaba 0,94 €/kg (157 ptas/kg) polo litro de leite, a media que estaba cobrando o productor antes do incremento de 5,3 ptas/l, era de 0,25 €/kg (42,5 ptas/kg).

Aumentan excepcionalmente as entregas de leite en Francia No que levan de campaña os franceses, a recollida de leite está a mostrar un grande "dinamismo", dinamismo que se traduce nun incremento, por exemplo, no mes de agosto dun 1,8% en relación co mes de agosto do ano 2001. A explicación a este forte crecemento semella se-la estupenda climatoloxía da primavera.

AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

As cifras que constatan este incremento son bastante claras: de abril a agosto de 2002, as entregas brutas acumuladas subiron a 10,05 millóns de tn, un 3,5% mais en relación co mesmo período do ano anterior. Canto á materia graxa constatada en agosto de 2002 foi de 41,14 g/l, cifra que é 0,38 g/l máis alta ca

de agosto de 2001. Ademais, para setembro, os datos apuntan a un novo incremento do 2% nas entregas con respecto ó mesmo mes do ano anterior. Polo tanto, a administración francesa está a tentar frear esta tendencia porque de continuar con este incremento, o rebasamento da cota moi importante.


A Alianza Láctea Global

Francia exporta unha cuarta parte do leite que produce

Nas pasadas semanas constituiuse a coñecida como Alianza Láctea Global, entre Arxentina, Australia, Brasil, Chile, Nova Celandia e Uruguai, co obxectivo de acadar unha reforma substancial do comercio internacional de productos lácteos na Ronda do Desenvolvemento de Doha da Organización Mundial de Comercio, polo que pretenden:

A producción de leite en Francia rolda os 24 millóns. Desta cantidade, 5,5 millóns de toneladas, un 23% do total, se destinan á exportación, segundo os datos do ano 2001 facilitados polo Ministerio de Agricultura francés. Estas exportacións son na súa maior parte de productos lácteos transformados, sendo os queixos os que supoñen un maior volume, uns 2.050 millóns

• a eliminación dos subsidios á exportación, • unha mellora substancial no acceso a mercados, • unha reducción significativa das medidas de apoio interno que distorsionan o comercio, e • un tratamiento especial e diferenciado para os países en desenvolvemento. A Alianza está constituída por: Arxentina: Sociedad Rural Argentina, Centro de la Industria Lechera, Junta Intercooperativa de Productores de Leche e Asociación de Productores de Leche. Australia: Australian Dairy Industry Council e Australian Dairy Farmers Federation. Brasil: Confederación de Agricultura y Ganadería del Brasil e Confederación Brasilera de Cooperativas Lácteas. Chile: FEDELECHE. Nova Celandia: Fonterra Cooperative Group. Uruguai: Asociación Nacional de Productores de Leche e Centro de Industrias Lecheras del Uruguay.

de toneladas de equivalentes de leite enteiro, ou o que é o mesmo, un 9% do leite recollido; en segundo lugar, a manteiga –1.55 millóns de toneladas (7%), e o leite en po, tanto enteiro como destonado –1.066 millóns de toneladas (5%). Como dato curioso dicir que o volume de leite exportado por Francia equivalería case que a producción total de leite en España.

Explotacións bio en crise Moitos son os gandeiros que apostaron nun pasado, aínda recente, por unha producción bio, orgánica ou ecolóxica, que é como se denomina nos diferentes países. Pero nesta aposta está a fallar algo vital na lei do libre mercado: o axuste entre a oferta e a demanda. Se facemos unha radiografía da situación das explotación "bio" no Reino Unido, atopámonos co último informe do principal sindicado deste país, o NFU, onde se deixa ben claro que moitas das explotacións "bio" están nunha seria crise económica. Tal e como se recolle neste informe, o ano pasado a superficie de agricultura bio aumentou nun tercio mentres que o número de explotacións con perdas duplicouse, polo que nestes momentos a terceira parte dos productores bio están perdendo cartos. As causas desta situación, polo menos no sector lácteo deste país, semellan ser dous: por unha banda, a oferta saturou a demanda de xente que está disposta a pagar máis por estes productos; e por outra, o importante incremento das importacións de productos bio doutros países, tanto da UE como de terceiros países. Non se pode pasar por alto o feito

de que a producción e venda de productos bio é un negocio moi atractivo para países que poden producir con custos moi baixos, e ter polo tanto unha maior marxe. Para os productores bio británicos a importación destes productos "vai en contra da mesma filosofía da producción bio" e piden que só se vendan os de producción local. Esta postura é comprensible se temos en conta que o 75% dos productos bio que se consumen polos británicos son importados. No caso galo, a producción de leite ecolóxico polo de agora só representa unha pequena parte, pero o consumo non semella que estea a medrar na mesma proporción ca producción, polo que o sector vai directo á crise. O desequilibrio xa é significativo e a consecuencia do mesmo é que nada máis e nada menos que 3 litros de leite ecolóxico é vendido como leite convencional coa conseguinte perda para o productor a están a vender un tercio máis barata. Onilait, nun intento por solucionar esta situación, vai poñer en marcha unha campaña de promoción do consumo deste tipo de leite, campaña na que investirá 600.000 euros e quere ademais, que o leite bio se inclúa nos programas de leite escolar. SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

31


32

mercado

O sector lácteo canadiense Canadá é un dos referentes mundiais dentro do noso sector e se caracteriza, entre outras cousas, por un altísimo rendemento por explotación e por vaca. DATOS COMPARATIVOS ENTRE ESPAÑA E CANADÁ CANADÁ

ESPAÑA

• 19.369 explotacións leiteiras

• máis do dobre das explotacións canadienses.

• unha cabana de 1,16 millóns de vacas

• cabana de vacas lixeiramente superior.

• uns 7,8 millóns de toneladas de producción anual.

• uns 6 millóns de toneladas de producción anual.

• 400.000kg. de producción/explotación. • 6.700 kg. de rendemento/ vaca.

• 120.000 kg. de producción/explotación. • 5.000 kg. de rendemento/vaca. • a campaña láctea vai do 1 de abril ó 31 de marzo.

• a campaña láctea se extende do 1 de agosto ó 31 de xullo do ano seguinte. A producción canadiense concéntrase principalmente en dúas das nove provincias que compoñen Canadá, Ontario e Québec, e que aglutinan o 80% do leite producido. Como outro dato estatístico significativo poderíamos dicir que a media de vacas/explotación é dunhas 56, que na súa práctica totalidade son da raza Holstein. Ademais de diferencias meramente numérica entre Canadá e España, existen outras non menos relevantes. Unha destas diferencias é que en Canadá existen dous mercados de leite moi definidos. Un é o chamado mercado do leite fluído, que comprende o leite de AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

consumo e a crema (nata) fresca, e que representa o 40% do total; outro sería o que corresponde o mercado de leite de uso industrial constituído por productos lácteos elaborados como a manteiga, o queixo o iogur ou os xelados, e que supón o restante 60%. Este mercado de leite industrial regúlase por medio dun sistema de xestión da oferta para ese leche industrial, que se adoptou xa a principios dos anos 70. A idea eé a de poder controa-la producción de forma que ésta se adapte ás previsiónes de demanda. Desta xeito, evitan uns excedentes que sempre revirten nunha baixa do prezo por satura-

O sector lácteo é un dos sectores agrarios mais importantes de Canadá. Este representa a cifra nada despreciable do 14,1% do total de ingresos agrarios, colocándole en terceiro lugar, so por detrás dos cereais e as carnes. Dentro da industria agroalimentaria, a industria láctea é a segunda do país, trala cárnica, cunha porcentaxe do 15% do total das vendas, e 261 industrias transformadoras de productos lácteos. Sen embargo, a importancia de Canadá nos intercambios internacionais de productos lácteos é pequena, e supón só o 2% do total.


■ ción de mercado e polo custo que supón o seu almacenamento. Para cada campaña establecese unha cota pola que se fixaría a producción nacional de leite para uso industrial prevista para ese período. Mes a mes vanse controando as previsiones de demanda, e se é necesario, se modifica o volume de cota para axustarse ós cambios na demanda. Desta xeito, na campaña 2000/01, esta cota foi de 46,4 millóns de hl, mentres que na camapña 97/98 foi de 42,9 millones de hl. A demanda, que se mide en kg de materia graxa, calculase como o consumo interno mais as exportacións previstas de productos lácteos industriales. Por outra parte, a Comisión láctea canadiense establece cada

ano os prezos de apoio para a manteiga e o leite en po. Este prezo serve de referencia para que os organismos provinciais establezan os precios da leite que venden ás industrias. Estes organismos provinciais poden ser axencias gubernamentales ou ben mesas de productores, que se ben son independientes do goberno, están suxeitas á supervisión do mismo. Os organismos provinciais, ademais de negociar prezos, encárganse de distribui-las cotas entre os productores, con-

trola-lo sistema e levar a cabo programas sanitarios e de control de calidade. Dende 1995, existe un sistema un sistema polo que o prezo do leite de uso industrial depende do fin ó que vaia destinado (Special Milk Class Pricing and Pooling System). Mediante unha serie de cálculos, estes prezos e os volumes producidos de cada producto son englobados nun único prezo, de forma que reverta de igual forma en tódolos productores ( é o que chaman "poolling").

En 1996, os membros do All-pooling ou o P-6 (Manitoba, Ontario, Quebec, Nova Brunswick, Nova Scotia e a Isla do Priíncipe Eduardo) se puxeron de acordo para, en lugar de hacer este poo-

ling en cada provincia, facelo en conxunto. Outro grupo, o "Western Pooling" (Manitoba, Sakatchewan, Alberta e Columbia Británica), formouse un ano despois, no 1997.

Aumenta o consumo de lácteos en China

O goberno suízo compensará ós productores pola quebra de SDF O goberno suízo anunciou o pasado mes de setembro que pagará máis de 70 millóns de francos suizos, uns 47 millóns de dólares, a preto de 7.000 gandeiros afectados gravemente pola quebra de Swiss Dairy Food, unha das industrias lácteas máis importantes do país e que controlaba o 20% do mercado.

Esta empresa láctea presentou suspensión de pagos (entrou en liquidación) como consecuencia das enormes débedas contraídas, moitas das cales eran cos productores. O goberno, tendo en conta a gravidade da situación, prometeu pagar preto do 90% do diñeiro que a compañía lle debe ós productores.

O goberno suízo anunciou o pasado mes de setembro que pagará máis de 70 millóns de francos suizos, uns 47 millóns de dólares, a preto de 7.000 gandeiros afectados gravemente pola quebra de Swiss Dairy Food, unha das industrias lácteas máis importantes do país e que controlaba o 20% do mercado. Esta empresa láctea presentou suspensión de pagos (entrou en liquidación) como consecuencia das enormes débedas contraídas, moitas das cales eran cos productores. O goberno, tendo en conta a gravidade da situación, prometeu pagar preto do 90% do diñeiro que a compañía lle debe ós productores.

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

33


34

alimentación

Resultado da experiencia co millo

1

2

3

No número anterior achegámonos a Castro de Rei para comprobar "in situ" a experiencia que Cirilo Novo estaba a levar a cabo nas terras nas que tiña botado o millo na procura de atopar métodos alternativos ó uso excesivo de herbicidas. Se facemos unha comparación entre o antes e o despois o mellor é botar unha ollada ás fotos antes de levar a cabo a sachadura (Foto 1), xusto despois de facela (Foto 2) e case dous meses despois, momento no que se levou a cabo o ensilado do millo (Foto 3). Botando unha ollada ás fotos queda claro que o terreo estaba inicialmente moi pragado de herba, pero que se mantivo nunhas condicións excelentes sen que se lle tivera que botar máis herbicida. Outra das vantaxes do método da mecanización levada a cabo por Cirilo é que os surcos que quedaron como resaultado da sachadura facilitaron, e moito, a colleita do millo naquelas partes da finca onde o aire o tumbara case que por completo (Foto 4). Incluso unha vez recollido o millo pódese ver que as condición nas que se atopa o terreo son moi boas (Foto 5). Canto ós inconvintes, polo de agora pódese dicir que ningún, e so queda polo tanto levar a cabo ver as características nutritivas deste silo para facer unha última valoración (Foto 6). AFRIGA / SETEMBRO - OUTUBRO 2002

4

5

6


lexislación retrincos

Lexislación Retrincos BOE

Real Decreto 1097/2002, de 25 de outubro, polo que se establecen axudas ós programas de carne de vacún de calidade. BOE nº 257, 26/10/02 Real Decreto 1073/2002, de 18 de outubro, sobre evaluación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de azufre, dióxido de nitróxeno, óxidos de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono. BOE nº 260, 30/10/02

DOCE Regulamento (CE) no 1774/2002 do Parlamento Europeo e do Consello de 3 de outubro de 2002 polo que se establecen as normas sanitarias aplicables ós subproductos animais non destinados ó consumo humán. L273, 10/10/02 Regulamento (CE) no 1924/2002 da Comisión, de 28 de outubro de 2002, que dispón excepcións ós Regulamentos (CE) no 174/1999, polo que se establecen disposicións específicas de aplicación do Regulamento (CEE) no 804/68 do Consello no relativo ós certificados de exportación e ás restitucións por exportación no sector do leite e dos productos lácteos, e (CE) no 800/1999, polo que se establecen disposicións comúns de aplicación do réxime de restitucións por exportación de productos agrícolas. L293, 29/10/02 Regulamento (CE) no 1925/2002 da Comisión, de 28 de outubro de 2002, que dispón excepcións ó Regulamento (CE) no 2535/2001, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) no 1255/1999 do Consello, no que se refire ó réxime de importación de leite e productos lácteos e á apertura de continxentes arancelarios. L293, 29/10/02 Directiva 2002/82/CE da Comisión, de 15 de outubro de 2002, que modifica a Directiva 96/77/CE pola que se establecen criterios específicos de pureza dos aditivos alimentarios distintos dos colorantes e edulcorantes. DOCE L 292, 28/10/02 Regulamento (CE) no 1931/2002 da Comisión, de 29 de outubro de 2002, que modifica o Regulamento (CE) no 214/2001 polo que se establecen as disposicións de aplicación d Regulamento (CE) no 1255/1999 do Consello no que respecta ás medidas de intervención no mercado do leite destonado en po. DOCE L295, 30/10/02 Regulamento (CE) no 1932/2002 dla Comisión, de 29 de outubro de 2002, que modifica o Regulamento (CE) no 2799/1999 polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) no 1255/1999 en relación coa concesión dunha axuda ó leite destonado e ó leite destonado en po destinadas á alimentación animal e coa venda do leite destonado en po. DOCE L295, 30/10/02

"O rural galego é un espacio con novas oportunidades e estes orzamentos tratan de facer patente o compromiso da Administración autonómica a prol de desenvolver plenamente as súas potencialidades, favorecendo a presencia de elementos que produzan un incremento da calidade de vida e das oportunidades, contribuíndo á creación de infraestructuras, apoiando ás iniciativas privadas e fomentando o lóxico relevo xeracional". Juan Miguel Díz Guedes, conselleiro de P. Agroalimentaria e D. Rural na súa comparecencia na Comisión Parlamentaria para dar conta dos orzamentos previstos para o ano 2003. 5/11/02. "O que está claro é que a agricultura non pode dar de vivir a tanta xente. So as explotacións viables teñen futuro. En Galicia, en particular e en España a media de traballadores do campo é moi elevada. Hai que intentar que dea para substentar a un grupo grande de poboación, pero non a todo. A xente vaise do campo por idade, por abandono ou cese e só queda o viable. A de problemas que da o noso famoso sistema de transmisión da propiedade e as dificultades de acceso á terra pola práctica inexistencia de arrendamentos...As explotacións deben ampliarse, pero vía compra é imposible a causa do prezo, e o arrendamento é moi difícil, casi inexistente. O mellor é a fusión de explotacións, familias que forman SAT e que unen a súas bases territoriais, iso implica un aumento do nivel de vida. Iso é fundamental porque necesitamos un cambio cultural. A ese nivel hai un problema porque considérase que o agricultor é o último da lista e o que vive peor...". Jesús Collar, Delegado Provincial da Consellería de P. Agroalimentaria e D. Rural. "La Voz de Galicia", 28/10/02. "O problema da EEB xa está totalmente controlado, aínda que para erradicala completamente terán que pasar uns anos". Carlos Escribano, Director Xeral de Gandería do MAPA. "El Progreso", 27/10/02. "O que non é lóxico é que no 2004 entren na UE dez nocos países que aportarán máis de 8 millóns de agricultores e non se incrementen as axudas. Nós apostamos pola ampliación da UE, pero non aceptamos que a paguemos os socios pobres e que non haxa unha modificación orzamentaria, sobre todo cando o noso máximo competidor, os Estados Unidos, destinan o 20% do seu PIB a axudar ós agricultores, e Europa so emprega o 1,27%". Roberto García, Secretario Xeral de Unións Agrarias. "La Voz de Galicia", 29/10/02. "O sector agrícola é o único da economía española que ten garantido-los apoios comunitarios ata o 2013". Miguel Arias, Ministro de Agricultura, Pesca Alimentación. "La Voz de Galicia", 29/10/02.

e

"As cooperativas e outras empresas agrarias que se dedican á comercialización sufrirán moito coa reforma intermedia da Política Agraria Común prevista pola Unión Europea. A reforma prevista consolida a penalización da agricultura mediterránea fronte á continental". Agustín Herrero, subdirector da Confederación de Cooperativas Agrarias de España. 30/10/02

SETEMBRO - OUTUBRO 2002 / AFRIGA

35


AFRIGA 48