Issuu on Google+

España non superou a cota

ANO VIII • Nº 47

A reforma da reforma da PAC

Recuperación dos prezos

Controlando

o millo

Plano integral do control e calidade

no sector lácteo


2

GANADERÍA DIPLOMADA

A mellor maquinaria do mercado ó seu alcance Te l é f o n o

Venta permanente de sementales y novillas de alto pedigree Sanidad comprobada

VENDO

Te l é f o n o

9 8 5

5 5

5 0

985 55 50 00

0 0

COTA ALQUILO 150.000

COTA 168.000 KILOS

985 55 50 00

Litros

Te l é f o n o 9 8 5 5 5 5 0 0 0

Aquí podería estar

o seu anuncio E-mail: revista@afriga.es

Consulte as nosas tarefas

SISTEMAS INFORMÁTICOS DE GESTIÓN T e l e f o n o AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

9 8 5

5 5

5 0

0 0


editorial

A nós preocúpanos en especial as conversas que se están a ter entorno a proposta presentada

pola

Comisión Europea en relación ás cotas de leite.

Dos

catro

modelos propostos, dos que xa falamos e seguiremos a falar, dependerá o escenario onde nos teremos que

mover

todos

dende o ano 2008 ó 2015,

e

que

vai

determinar, e moito, o noso futuro como productores.

Benvidos á normalidade Un ano maís remata o verán e o tan desexado descanso estival queda postergado ata o ano que ven. Comeza de novo o mes de setembro, o mes onde case que tódalas actividades recuperan o seu ritmo normal polo que hai que poñerse as pilas e meterse a fondo no traballo. No noso caso este traballo, non interrumpido nen sequera no verán, será o de estar moi pendientes de tódalas cousas que quedaron no forno nos meses pasados. Un destes asuntos é o denominado Plano Integral de Control e Calidade no sector lácteo que esperáse será aprobado no mes de outubro para que poida entrar en funcionamento dentro dun ano. Neste Plano incidiráse en tres aspectos fundamentais: a trazabilidade do leite e os seus derivados, co que os productos estarían perfectamente identificados en todo momento; a calidade, un dos principais obxectivos se se quere vender un producto de calidade no que confien os consumidores, e a xestión económica-finaceira, co que se pretende mellora-la operatividade da supertaxa. No que se refire ós prezos do leite igual temos un pequeno respiro. Logo de moitos meses sofrindo un verdeiro acoso cos prezos, semella que, segundo a opinión do propio conselleiro de Política Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, "estes xa tocaron fondo" é agora chega o momento de que comecen a experimentar unha recuperación. Da mesma opinión é a FEPLAC que considera que o leite dentro da cota subirá ante a forte tendencia á desaparición de ganderías nestes primeiros meses do ano. Importante neste novo arranque de curso será tamén a inminente

aprobación da futura Lei de Sanidade Animal que sustituirá á vella Lei de Epizootías -cunha vixencia de case que 50 anos-, e que será o novo marco legal que artelle as actuacións das Administracións na coordinación de accións de prevención, loita e erradicación das enfermidades. E como non, menciona-la reforma da reforma da PAC que está a convulsiona-las conversacións entre os representantes agrícolas e gandeiros de media Unión Europea. A nós preocúpanos en especial as conversas que se están a ter entorno a proposta presentada pola Comisión Europea en relación ás cotas de leite. Dos catro modelos propostos, dos que xa falamos e seguiremos a falar, dependerá o escenario onde nos teremos que mover todos dende o ano 2008 ó 2015, e que vai determinar, e moito, o noso futuro como productores. Por outra banda, e dentro do noso ánimo de procurar solucións prácticas ó día a día nas explotación de leite, visitamos a un xove gandeiro da Terra Chá que, sendo conscente da importancia de ir probando métodos alternativos ó uso indiscriminado de herbicidas, está a eliminalas malas herbas utilizando medios mecánicos, menos agresivos co solo e que, en principio, non semella que afecten negativamente ó millo. En definitiva, benvidos á normalidade, e esperamos que a maioría verémosnos na derradeira cita importante deste ano -o XXV Concurso Nacional de Outono CONAFE 2002 -que se celebrará en Xixón, do 26 ó 28 de setembro, e no que de seguro daremos boa mostra da calidade e bo facer das ganderías galegas.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

3


sumario

6

CONCURSOS

Reportaxe

4

REPORTAXE

5

Éxito da XI edición do concurso de Chantada.

6

Controlando o millo.

ACTUALIDADE As cooperativas confirman a súa marcha da Interprofesional, mentres que a recente proposta da Comisión Europea da Reforma da PAC provoca posturas encontradas.

A reforma da reforma da PAC

13

COTAS

11

16

Satisfacción pola ausencia de supertaxa.

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

19

Novo Plano Integral de Control e Calidade do Leite.

16

MANEXO

21

España non superou a cota

Analizamos algúns dos aspectos que poden influir no consumo de auga.

MERCADO

22

Probable recuperación dos prezos do leite.

SANIDADE ANIMAL

26

Recuperación parcial dos prezos

A Lei de Epizootías ten os seus días contados.

MEDIO AMBIENTE

29

Reduci-lo impacto dos productos fitosanitarios.

XENÉTICA

30

A degradación da celulosa pode axudar a mellora-la productividade.

26 Futura lei de sanidade animal

ALIMENTACIÓN

31

Un crecemento acelerado clave á hora de reducir custos.

LEXISLACIÓN E RETRINCOS

35

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Consello de redacción: Xosé R. Anido, Celia Fernández, Gustavo Frog, Antonio María ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Xosé Ramón Anido, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C-1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

crecemento acelerado

31

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002


concursos

XI Concurso de Gando Frisón

Chantada 2002 O esperado concurso de Chantada superou as expectativas, e esta nova edicción supuxo un grande éxito tanto a nivel de participantes, con 125 animais dunha extraordinaria calidade, como de público, cunhas gradas ateigadas. Proba da calidade da que se puido disfurtar en Chantada foron os excelentes animais gañadores de varias seccións en Silleda e que sen embargo, nalgúns casos, viron como nesta ocasión outros animais superábanos. Un exemplo do que estamos a dicir tivémolo nunha Aeroline da gandería Sendín que foi a gañadora da primeira sección de vacas xovenes polo seu excepcional ubre, a mellor do concurso, e unha aínda mellor grupa que lle serviron para que o xuíz do concurso, José Ramón Badiola, a colocase por diante dunha Red Marker da gandeiría Carlota que xa fora segunda de sección en Silleda 2002. Máis numerosa e competida foi a segunda sección de vacas xoves na que o xuíz atopou serias dificultades á hora de decidirse entre Reixa Triada KLN Leadership (gandería Reixa) e Bos Progress Grila (da gandería Carlota), resultando esta última a gañadora da sección e tamén vaca xove campiona "polo seu tercio anterior e polo seu mellor ubre". Canto ás vacas intermedias, salientar unha Bookie da gandería Machetín e unha Leadership da gandería Perrelos. En concreto, Perrelos Leadership Sombra que finalmente se impuxo á súa compañera de corte, Perrelos Lee Maya, no campionato de vaca intermedia "pola súa mellor estructura, mellores cuartillas e inserción posterior do ubre" e ademais, convertiuse, na vaca gran campiona desta edición. Das dez vacas que participaron na primera sección de vacas adultas, salientaron tres: Bonita Aerostar da gandería Perlada, "unha vaca

alta, moi fina e dun clarísimo carácter leiteiro sobre todo a nivel do colo e a cabeza" que gañou sen problemas a súa sección e rematou sendo a campiona das vacas adultas. A Parada Osca Ayatola e Bos Highlight Albariña foron segun-

da e terceira respectivamente. A calidade da xenética das explotacións galegas quedou novamente demostrada nesta cita, e agora temos que ver que sucederá na última grande cita deste ano, o Nacional de Xixón.

XI CONCURSO CHANTADA 2002 - Resultados do concurso Nome

Pai

Gandería

Tenreiras de 0 a 6 meses Pozo Lee 3120 C. Lee Tenreiras de 6 a10 meses Pozo Lee 4760 C.Lee Tenreiras de 10 a 14 meses Capon Chaira Storm Storm Tenreira Campiona Pozo Lee 4760 C.Lee Novillas de 14 a 18 meses Raxiño Turca Leader C.Leader Novillas de 18 a 24 meses O Pacio Outside Nevada Outside Novillas de 24 a 30 meses Tato Fontans Tana Fontans Novilla Campiona O Pacio Outside Nevada Outside Novilla Gran Campiona Pozo Lee 4760 C.Lee Vaca Xove Lactación ata 30 meses Sendin Aeroline Claudia Aeroline Vaca Xove Lactación de 30 a 36 meses Bos Progress Grila Progress Vaca Xove Campiona Bos Progress Grila Progress Vacas Lactación de 3 a 4 anos Perrelos Lee Maya C.Lee Vacas Lactación de 4 a 5 anos Perrelos Leadership Sombra Leadership Vacas Lactación 5 a 6 anos Bonita Aerostar Morito Aerostar Vacas de máis de 6 anos Muchi Pozo Raider Vaca Adulta Campiona Bonita Aerostar Morito Aerostar Vaca Campiona Intermedia Perrelos Leadership Sombra Leadership Vaca Gran Campiona Perrelos Leadership Sombra Leadership

Pozo Fontestriz Capón Pozo Raxiño O Pacio Tato O Pacio Pozo Sendin Carlota Carlota Perrelos Perrelos Perlada Pozo Perlada Perrelos Perrelos

VINDEIRAS CITAS 7 e 8 de setembro na Estrada, Pontevedra: X Feira de Becerra Selecta e VII Concurso Frisón Do 26 ó 29 de Setembro en Xixón, Asturias: XXV Concurso nacional de Outono CONAFE 2002

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

5


6

reportaxe

millo

Controlando o

FOTO 1

Nestes veráns de climatoloxía tan "especial", o control das malas herbas que pretenden invadi-lo noso millo supón para moitos un serio problema, e se non se quere abusar dos tratamentos herbicidas -cos que de seguro combatímo-las malas herbas, pero ó mesmo tempo tamén moitos estiman que podemos achicá-lo millo e contribuír á acumulación de productos que cheguen a ser tóxicos para o solo–, algúns están a buscar métodos mecánicos que supoñan unha forma de traballar menos agresiva co millo e o solo. Nesta ocasión achegámonos a Castro de Rei e comprobamos o método de traballo que está a desenvolver Cirilo Novo, un xoven gandeiro veciño da parroquia de Bazar.

Na procura dunha máquina multidisciplinar Cada campaña Cirilo sementa unhas 30 hectáreas de millo, que se ben en anos anteriores foron sementadas por sementeira directa, nesta campaña optou pola convencional. E como noutros anos, Cirilo veu como á vez que medraba o millo, tamén o facían as sempre difíciles de eliminar malas herbas; e no seu ánimo de non abusar dos herbiciAFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

das, plantexouse a utilización dunha máquina que as arrincara. Buscando, atopou un cultivadorabonador, de tres módulos surcadores con dous depósitos para o abono, que pensou lle podería servir para ese fin. A máquina, que está pensada para sementeira convencional, tamén serve para sementeira directa, e como veremos máis adiante, tamén como abonadora e para eliminar malas herbas mecanicamente, o que nos permitiría un uso sostido dos herbicidas.

Control do uso dos herbicidas A experiencia comezouse a principios de xullo, cando o millo xa tiña unha altura duns 25 cm e estaba moi invadido pola herba (Foto 1), "quizais un pouco tarde, a pesar de que o millo atrasouse moitísimo". Segundo as súas propias palabras "un dos obxectivos é tentar atopar outras opcións alternativas á sementeira directa. Xa que aínda que aquí funciona ben, penso que


2

3

4

Na Foto 2 vénse os apeiros incorporados para achega-la terra que non viñan ca máquina. Deste xeito, e dunha soa pasada, se abona, sacha e achega. Precisamente a diferencia de usar ou non estes apeiros adiccionais podémola comprobar botando unha ollada á Foto 3, na que non se usaron, e na Foto 4, onde si se utilizaron.

os herbicidas son un inconveniente. Ademáis, falta moi pouco para que os herbicidas estean totalmente controlados, polo que é interesante ter probadas outras opcións e ve-los resultados. A tendencia ó cambio que se está a producir é fundamentalmente porque a sementeira directa require dunha grande cantidade de herbicidas, e agora o que se pretende non só é aforrar cartos senón tamén reducila contaminación das terras na medida do posible, e estas experiencias poden indicárno-lo camiño a seguir. De feito, os franceses tamén están a facer experiencias deste tipo, intentando combinar o que é o herbicida con isto, usando só un 50% do herbicida xusto por onde esta o millo, e ó resto pásanlle unha sachadura, nun intento de aforrar cartos, pero sobre todo, de contaminación". A máquina, tal cual viña, permitía sachar e abonar ó tempo, pero pensouse que facéndolle unhas pequenas modificacións, tamén permitiría achega-la terra se se lle incorporaban uns sachos adicionais para ese fin. Se fixo, e como se pode ver nas Fotos 2, 3, e 4, con resultados excelentes. Ademais, este cultivador-abonador pode ir equipado con tres ou cinco módulos surcadores, a gusto de cada quen. Cirilo pensou que tres eran de abondo pero, que non estaría de máis ver que pasaría se nun dos regos se pasaran cinco (Foto 5). A proba tivo un resultado clárísimo, xa que con tres aínda quedaron algunhas malas herbas, mentres que con cinco quedou perfecto (Foto 6).

5 Nesta experiencia utilizouse un cultivador-abonador de tres módulos surcadores con dous depósitos, pero cunha interesante variación: a utilización nun tubo soporte de cinco módulos surcadores mentres que nos outros, levaban so tres.

6 A diferencia de utilizar 5 módulos surcadores en vez de tres é evidente.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

7


8

reportaxe

7 Primeiro plano do módulo surcador onde tamén se pode observa-lo sistema de abonado. Este é un bo modo de bota-lo nitróxeno á vez que se sacha a terra.

8 Nesta fotografía pódese aprecia-lo estado do millo a principios de agosto, mes e pico despois de que se lle fixera a sachadura coa máquina.

Resultados interesantes

10

11 AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

Os resultados, como se pode ver nas fotos, foron moi interesantes. A día de hoxe o estado do cultivo é excelente, cun crecemento bo (Foto 8), tendo en conta as condicións metereolóxicas nas que lle tocou medrar este ano (Foto 9), e proporcionando unha clara demostración da diferencia de usar ou non os herbicidas (Fotos 10 e 11). "Nunha parte da finca botouse herbicida, e nesta o millo quedou moito máis achicado. O herbicida parouno, e iso que non se lle cargou. Cando veu a máquina xa era tarde, estaría moito mellor se se fixera, aínda que fora só un mes antes, polo que houbo que botarlle herbicida ademais de facer antes a sachadura-. De telo feito moito antes, cando a planta era noviña de todo, os resultados serían mello-

9 Aquí podemos comprobar como a pesares de que non foi un ano excelente para o millo, este adquiriu unha boa altura.

A limpeza dos regos un mes e pico despois da sachadura resulta evidente.

12

Na foto 10, vemos en primeiro plano como a altura do millo ó que se lle botou adicionalmente herbicida de postemerxencia é bastante menor co millo que aparece na parte do fondo, ó que so se dou un paso do cultivador, diferencias que se observan mellor se cabe na foto 11, onde tamén vemos a limpeza dos regos.


➔ res -sempre usando os protectores rotativos, ver Figura 1." Polo de agora, estes son os resultados. Haberá que esperar unhas semanas para facer unha valoración das posibilidades que nos dá esta máquina, sobre todo no aspecto medio-ambiental do seu uso.

Figura 1

PROTECTOR ROTATIVO

Figura 2

Figura 3

Características da máquina O custo da máquina rolda as 800.000 pesetas, dependendo dos accesorios. Esta é unha máquina que traballa acoplada ó tractor, a través dun sistema hidraúlico de tres puntos. Está consistituída por unha Barra Porta Ferramentas con 4,20m; 6,00m e 6,80m de longo, cun sistema de enganche de tres puntos, que pode ser equipado como cultivador, cultivador abonador, e abonador. Como cultivador, contaría con reixas (de varios tamaños segundo o cultivo e o grao de infestación) (Fig.2,3) fixadas en flexes vibratorios de aceiro especial, que exercen un movemento vibratorio de alta frecuencia ás reixas, conseguíndose así desenterra-las herbas dañinas e sacudi-las raíces soltando deste modo a terra e expoñéndo-as ó sol, facendo posible deste xeito a súa eliminación. Para que os distintos elementos activos poidan desempeña-la súa función correctamente, estes van fixos en módulos pantográficos (fig.4) que acompañan por completo o perfil do solo, garantindo desta forma a mesma profundidade de traballo en toda a extensión do terreo. Conta así mesmo ca posibilidade de usar un tunel protector (Fig.5) para protexe-las plantas da operación do cultivador. Ademais de servir para controlalas malas herbas, esta máquina pode ser usada para quebra-la capa superficial do solo e así impedi-la evaporación da auga, regulando a mesma coa mínima profundidade posible. Canto á distribución de fertilizantes, esta faise mediante un sistema de rosca sen fin, podendo ser depositado no solo por tubos conductores ou incorporado (en

O protector rotativo é utilizado no cultivo cando o terreo presenta restos de cultivos ou de terróns, e ten a finalidade de protexe-las plantas evitando que sexan cubertas. A montaxe do protector rotativo é realizada a través da fixación da abrazadera de fixación a no tubo b coas distancias entre as liñas a ser cultivadas. A reglaxe de presión das rodas é realizada a través da varilla c. Os protectores son tamén usados no tratamento con herbicidas en banda; evitándose desta forma que sexan colocados terróns con sementes infectadas xunto ás plantas.

REIXAS SURCADORAS E A SÚA REGULACIÓN Son equipadas opcionalmente as reixas surcadoras de 1.1/2", 2.1/2" y 7" . Canto á reglaxe da distancia das reixas surcadoras de acordo coa liña de sementeira, pode ser realizado a través do tubo soporte a ou das varillas surcadoras b. Para move-lo tubo soporte a para a dereita ou para a esquerda. Débense solta-los enganches c e move-lo tubo ata a distancia desexada. Para efectua-la reglaxe do flexe vibratorio débese solta-lo bulón e a presilla d.

Figura 4

UNIDADE ABONADORA PANTOGRÁFICA O conxunto de disco dobre está montado nun sistema pantográfico articulado con condicións de acompañar perfectamente as ondulacións do solo, colocando o abono a unha profundidade uniforme previamente determinada.

Figura 5

TUNEL PROTECTOR O tunel protector ten a función de protexe-las plantas da operación do cultivador, evitando que esta sexa cuberta pola terra. A montaxe deste tunel protector é realizada a través da fixación do tubo a na base de apoio do módulo, a través da fixación da abrazadera b. A reglaxe é realizada a través do movemento para a dereita ou a esquerda, de acordo coa distancia entre liñas.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

9


10

reportaxe

sementeira directa ou convencional) a través de surcadores de discos dobres desencontrados (fig.6). Poidendose facer o aporte de fertilizantes tanto de xeito lateral como bilateral. Como cultivador abonador pode ir equipado, lateral ou bilateral, con módulos de 3 ou 5 reixas, e ademais con 2 a 8 depósitos de fertilizantes, para o cultivo e abonado de 3 a 8 liñas. Como abonador, tamén pode ir equipado, para un abonado lateral ou bilateral, cun sistema conductor para a colocación do fertilizante sobre o solo, e o sistema de surcadores de disco dobre desencontrado para a incorporación do fertilizante no solo, xa sexa na sementeira directa como na sementeira convencional, con 2 a 8 depósitos de fertilizantes, para o abonado de 3 a 8 liñas, segundo as necesidade de cada un. (fig. 7)

Descenso na venda de tractores

A venda de tractores en Europa descendeu un 6,4% en 2001, segundo se pon de manifesto no balance xeral presentado na reunión do Comité Europeo de Asociacións de Fabricantes de Maquinaria Agrícola (CEMA) celebrada recentemente en Roma. As perspectivas para o presente exercicio indican que se producirán novos descensos. En concreto, segundo as estimación da Asociación Nacional do Sector de Maquinaría Agrícola e Tractores (Ansemat), membro da CEMA, espérase que a venda de tractores descenda nun 1,5% con respecto ó 2001. Estes datos, no referente a España, falan dun descenso do 8% no rexistro de tractores durante 2001 en relación ó ano anterior, así como unha baixa das vendas de tractores do 10%. As vendas totais en España, tanto de tractores como doutra maquinaria agrícola, descendieron un 8,6% durante o ano 2001.

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

Figura 6

DISCO DOBRE DESENCONTRADO O disco dobre desencontrado é recomendado para o abonado en coberteira, no sistema de sementeira directa e/ou convencional, permitindo a incorporación do abono directo no solo. O conxunto posee discos de quince pulgadas desencontrados, que permiten corta-la palla, abrindo o surco para a colocación do fertilizante próximo ás raíces das plantas. Posee ademais limpadores internos axustables, coa función de remove-la terra que se acumula na parte interna dos mesmos.

Figura 7

Lateral

Bilateral

Central

CANTIDADE DE DISTRIBUCIÓN DE FERTILIZANTE O derrame de abono é realizado a través de roscas sen fin conductoras individuais. A distribución de fertilizantes deberá de ser estimada polo usuario tendo en conta variables como o propio tipo, marca, densidade e humedade do propio fertilizante, o índice de patinación da roda motriz, condicións do solo e velocidade de dislocamento na operación de sementeira. Ademais, o abonado pode ser lateral, bilateral ou central.

Mellora do parque de tractores O Ministerio de Agricultura ten pensado iniciar unha serie de actuacións dirixidas a mellora-las condicións do parque de tractores. As medidas a tomar terán como obxectivo impulsa-la renovación e modernización dos tractores mediante a articulación dalgunha medida de apoio, acelerando o proceso natural de renovación do parque de tractores. A este respecto, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Arias Cañete, sinalou que, para poñer en marcha un Plano de renovación, "é necesario contar coa colaboración das diferentes Administracións". Nestes momentos a idade media do parque español de tractores é de 16 anos, dos que un 31% ten unha antigüedade superior ós 20 anos, e

o 53% máis de 15. Estes datos poñen de manifiesto que, tanto dende o punto de vista tecnolóxico como de dotación de elementos de seguridade e aforro de combustible, os tractores españoles necesitan modernizarse. Tendo en conta estes datos, os tractores cos que ten pensado empezar a actuar son os tractores con 16 anos ou máis de antigüedade dende a data da primeira inscripción. Tal e como se recolle na información aportada polo Ministerio, o colectivo que se beneficiaría da aplicación deste Plano serían os titulares de tractores cunha antigüedade de propiedade de máis de tres anos. Estes titulares, pola súa parte, de beneficiarse do plano, deberán adquirir un tractor novo.


actualidade

As cooperativas abandonan a Interprofesional Nunha nota de prensa difundida o 29 de xullo, as Cooperativas Agrarias de España (CCAE) veñen de confirma-la súa marcha da Interprofesional láctea (Inlac) como consecuencia "da falta de operatividade para convocar con carácter de urxencia e reactiva-lo necesario dialogo sectorial e o seguimento das actuaciones dirixidas contra determinadas estructuras cooperativas" e "por considerar que se demostrou que non está sendo un foro útil para plantexar solucións á actual crise do sector lácteo". Segundo esta nota de prensa, as CCAE veñen denunciando nas últimas semanas que non se pode permanecer nun foro no que a FENIL aínda non adoptou as medidas que se lle ven demandando, para defender e promove-la calidade e a transparencia da producción láctea nacional. O Consello Sectorial das CCAE esixiu á FENIL que asuma e se comprometa a desenvolver co sector un esquema de traballo centrado en lograr un programa de aprovisionamientos de referencia, o cumprimento estricto do sistema de cotas lácteas, o control e seguimiento da política de calidade esixida pola UE e que pona fin ás agresións ós grupos cooperativos. Con anterioridade a este abandono da Interprofesional, as cooperativas denunciaran publicamente que as actuacións da industria láctea podían provoca-lo colapso do sector xa que o volume de leite líquido UHT vendido a baixos prezos ascendera en xullo a un 20 %, un 8% máis que no mes pasado, e un 12 % máis que hai seis meses. Segundo as cooperativas, a xustificación da industria é a situación excedentaria e as limitacións para transforma-lo en leite en po; sin embargo, para as CCAE resulta curioso que as grandes empresas

puideran mante-los seus prezos, entre 0,70 e 0,65 euros (116-106 pesetas), mentres que no campo a baixa media que provocaron foi de 0,05 euros por litro (8,32 pesetas) dende decembro. Segundo as CCAE, a política da industria de fomento de compra de leite fora de cota e de aprovisionamento de leite a baixos prezos, está producindo tal situación de excedentes, que se non se atalla pode provocar un colapso na recollida, habendo so unha saída a esta situación que pasa por un cumprimento estricto das cotas e da calidade esixida pola UE. Estas son as medidas, que con carácter de urxencia, propoñen as cooperativas ás autoridades competentes: - Implantación das medidas necesarias para certificar en fronteira a calidade e trazabilidade do leite que entra de Portugal e Francia. - Auditar ás empresas que importan este leite, para comprobar se cumpren o sistema de cotas. - Estudiar por parte da Comisión europea a posibilidade de que a exportación de leite a España sexa utilizada como sistema para incumpri-lo sistema de cotas nos países de orixe. - Constitución dunha mesa de traballo para analiza-la actual política de inspeccións en materia de xestión de cotas e buscar novas fórmulas de control do leite fora de cota. - Que as CCAA, en coordinación co MAPA e o Ministerio de Sanidade e Consumo, asuman de forma urxente o control da calidade e a seguridade alimentaria do leite e productos lácteos en tódalas fases da cadea alimentaria e se implante o sistema de trazabilidade, no menor tempo posible.

A COAG segue os pasos das cooperativas A Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) anunciou que paraliza a súa participación activa na Interprofesional porque esta "non resolve os problemas do colectivo máis importante do sector lácteo, os productores". A organización agraria, nun comunicado, explicou que a súa actividade na INLAC será "testimonial" ata que non se defendan os intereses de toda a cadea, xa que ata o de agora "favorece o interese da industria, que logrou que os prezos se desplomen de xeito alarmante nos últimos dez meses". Segundo a COAG, a Interprofesional "está ferida de morte pola intransixencia e os desexos de especular duns poucos"; ó tempo que lamentou que "a Administración se manteña á marxe desta perigosa deriva do sector, un erro que podería ser irreparable". A coordinadora sinalou que a INLAC debe servir para regular todo o sector "en beneficio de toda a cadea e, sobre todo, dos eslabóns menos protexidos, productores e consumidores".

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

11


12

actualidade

Orde no mercado Diálogo A FEPLAC estima que hai que controla-la legalidade do leite de marcas brancas, que teñen calidade, pero que poden estar incumprindo a normativa de cotas. Segundo a súa xunta directiva, "resultaría inconcebible que estemos poñendo orde no noso mercado interno, e deixemos sen controla-lo leite que entra de outros veciños da Unión. Hai que seguir vixiando á grande distribución que segue comportamentos que afectan moito ós intereses da verdadeira agroalimenta-

ción española". Para esta federación tanto o Plano Integral de Control e Calidade no sector leiteiro do MAPA -do que falamos nas páxinas de control e calidade do leite-, coma a vixilancia que os mesmos productores están impoñendo ó verse na obriga de levar a certas empresas ante os tribunais, son solucións concretas que darán resultado e que deben esperanzar ó sector gandeiro, durisimamente tratado neste primeiro semestre do ano.

O conselleiro de Política Agroalimentaria e D. Rural, Juan Miguel Diz Guedes, recibiu ós secretarios xerais dos principais sindicatos agrarios galegos ós que lles informou da situación do sector leiteiro galego e das conclusións da reunión que tivo cos representantes das industrias lácteas. O conselleiro garantiu a recollida do leite motivada polo "exceso de producción e a reducción do consumo" e aseguró que "é previsible que o prezo do leite comece a subir". A secretaria xeral do SLG, Lidia Senra, asegurou que "se abre unha posibilidade" de diálogo entre a Administración e os sindicatos para "soluciona-lo problema lácteo en Galicia". Mentres que Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, valorou que a Consellería retomara o funcionamento da mesa do leite. Pola súa banda o secretario de Xóvenes Agricultores, Juan Pérez, valorou "moi positivamente" a reunión, porque se inicia un diálogo "necesario" e que continuará "con outra reunión formal a primeiros de setembro". Ó finaliza-la reunión, Diz Guedes asegurou que seguirá traballando na calidade do leite galego, porque "é un referente nacional".

Déficit de leite De acordo coas previsións da Comisión europea cara ó ano 2008, os 10 países da Europa Central e Oriental (PECOs), candidatos á adhesión á UE, serán deficitarios en leite e productos lácteos. Dende 1997 estase producindo unha diminución do censo de vacas leiteiras, sobre todo como consecuencia do saneamento. Na actualidadde o número total de vacas leiteiras destes países ascende a 7.621.000, mentres que no 2008 cheguen a ser unhas 6.280.000. Destas, case que a metade corresponden a Polonia, seguida de Rumanía.

No que respecta ó rendemento medio por vaca, no 2000, a media do conjunto destes países foi de 3.748 Kg. por vaca. Na UE ese mesmo ano foi de 5.931 e o do Estado español de 4.964. Espérase que os rendementos aumenten cara o ano 2008, no que se chegue a 4.179 Kg/vaca. Ademáis dicir que a producción total de leite en 2.000, ascendeu a 27.330.000 toneladas estimándo a Comisión europea que para 2008 descenda ata 25.251.000 toneladas (-4%), o que fai pensar que os PECOs serán importadores de leite nos vindeiros anos, agás Chequia e os Países Bálticos.

Vacas de leite (*1000)

Rendemento (kg/vaca)

Bulgaria Chequia Estonia Hungría Letonia Lituania Polonia Rumania Eslovaquia Eslovenia

1997 358 619 172 414 277 583 3.490 1.769 310 185

1998 389 562 168 403 264 538 3.470 1.753 288 183

1999 424 545 159 407 242 494 3.296 1.753 262 181

2000 434 519 154 399 206 438 3.047 1.663 246 186

2008 401 442 142 351 201 378 2.620 1.393 195 160

1997 3.330 4.367 3.085 4.664 3.559 3.325 3.372 2.875 3.712 3.085

1998 3.400 4.934 3.199 5.108 3.594 3.444 3.524 2.937 4.089 3.199

1999 3.257 5.163 3.271 5.100 3.400 3.322 3.615 2.981 4.224 3.271

2000 3.198 5.345 3.311 5.200 3.800 3.184 3.772 3.063 4.467 3.311

2008 3.358 6.065 4.370 5.880 4.323 3.584 4.120 3.463 5.700 3.631

Pecos-10

8.176

8.017

7.763

7.261

6.282

3.444

3.610

3.648

3.784

4.179

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002


A reforma da reforma da PAC O Colexio de Comisarios da UE fixo a formulación da proposta da chamada revisión intermedia ou "a medio camiño" da Política Agraria Común (PAC), que en realidade será unha das propostas máis radicais de Reforma da PAC ata momento. O nome de "reforma intermedia" é porque en realidade nos acordos de Berlín de 1999, nos que se decidiu sobre a política agraria ata o ano 2006, se preveu que no ano 2003 se fixera unha revisión da PAC, revisión que "á luz da evolución da situación", especialmente en materia orzamentaria, en realidade vai supoñer unha verdadeira reforma. Naquel intre, preveíase esta revisión intermedia só para realizar alguns arreglos concretos nos importes de determinados prezos e axudas, e non para unha reforma en profundidade, que é o que se está a plantexar nestes momentos e que é un dos puntos de máis discordia entre os diferentes representantes dos Países membros. O principal factor que motiva este desexo dunha reforma radical por parte dalguns países é de tipo orzamentario, xa que son os principais contribuintes da UE, e por ende, da PAC. A preocupación orzamentaria recrudécese aínda máis pola inminente ampliación da UE ós novos países que serán beneficiarios netos, polo que a reducción do gasto agrario tiña que levarse a cabo de inmediato, na opinión destes países. Por outra banda, a actual situación de déficit público en Alemaña, principal contribuíte da UE, non mellora precisamente a situación. Do mesmo xeito, deberemos esperar a comproba-las consecuencias que as recentes inundacións que asolaron ó centro de Europa, e sobre ó país teutón, terán nas arcas europeas. Dentro desta controvertida proposta de Reforma, os eixos fundamentais serán o desacoplamento das axudas; a modulación e trasvase de fondos ás axudas ó desenvolvemento rural do chamado "segundo pilar"; e as reformas e axustes en diversas organizacións de mercado (OCM).

Con respecto ós sindicatos agrarios, dicir que a práctica totalidade dos sindicatos agrarios dos países da UE deron a coñecer a súa oposición á proposta de Reforma, mostrando só unha postura favorable, pero con reticencias, dous sindicatos agrarios italianos, o Coldiretti e a CIA. Sen embargo, os dous principais sindicatos de agricultores de Francia e Alemaña (FNSEA e DBV), emitiron un comunicado conxunto en contra da proposta. A favor semellan estar diversas organizacións da agricultura bio, organizacións ecoactivistas e de consumidores, ó igual que a industria agroalimentaria europea, agrupada na CIAA. EE.UU se manifesta a favor da reforma, o igual que o director da Organización Mundial do Comercio (OMC) e outros países como pdoen ser

Australia, Nova Celandia ou Arxentina. Canto a postura de outros Países membros, parece que os ministerios de agricultura do Reino Unido e Alemaña recibiron con agrado a proposta de Fischler, e manifestaron públicamente o seu apoio. Alemaña concretamente demandou eficaces economías orzamentarias e substanciales márxes de maniobra financiera para financia-la ampliación da UE. Pola contra, como era de esperar, Francia se declararou en contra da oportunidade dunha reforma radical anticipada, cando aínda están en vigor os compromisos de Berlín ata o año 2006. Unha postura similar á de España e Portugal, países que ademais reclaman a corrección de diversos desequilibrios territoriales e que presentarán propostas alternativas. Irlanda Austria tamén se mostran en contra da reforma.

A MODULACIÓN consiste en que cada campaña se detraerá destas axudas desacopladas un 3% do montante, con carácter acumulativo. É dicir, un 3% o primeiro ano, un 6% o seguinte etc. ata chegar en principio ata un 20% ó cabo de 7 anos. Este diñeiro irá a parar a financia-las medidas horizontais de desenvolve-

mento rural (axudas medioambientales, de fomento da calidade, xubilación anticipada, estructuras etc.). Estará exenta da modulación unha franquicia de 5.000 euros por explotación, aínda que esta porcentaxe podería ser maior se a man de obra empregada supera determinados niveis.

O DESACOPLAMENTO das axudas consiste en que se calculará por explotación un montante de axuda a tanto alzado en función de tódalas axudas directas cobradas no pasado, e axustándose ós límites establecidos. Unha vez feito isto, as explotacións cobrarán a súa axuda cada campaña, con independencia do que sementen ou do gando que teñan, e sempre e cando se

respecten unha serie de criterios e compromisos medioambientais, sobre os que haberá que realizar auditorias. Estas axudas desacopladas substituirían a tódalas axudas directas actuais. Haberá un teito máximo de axuda por explotación de 300.000 euros e haberá que arbitra-las normas para o trasvase dos dereitos a percibi-la axuda por cambios na tenencia da terra.

POSTURAS ENCONTRADAS

REACCIÓN ESPAÑOLA Para o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación español, Miguel Arias "nin éste é o momento, nin éste é modelo de reforma da PAC que a agricultura europea necesita agora", e manifestou que a primeira reacción do Goberno español é de "perplexidade, inquietude e preocupación". Perplexidade porque "non se termina de comprender cómo dunhas previsións do compromiso de Berlín sobre determinadas revisións puntuais da PAC, nas que nin siquera se cita a expresión Mid Term Review, se pasou a unha reforma en profundidade que

altera conceptos e que vai moito máis alá do modelo definido no propio Consello Europeo de Berlín"; inquietude, porque "este novo modelo non foi contrastado por ningunha política agraria consolidada e pode significar un experimento perigoso, no que sexa moi difícil posteriormente correxi-los efectos de desregulación e deslocalización que poidan producirse"; e preocupación, porque "á inquietude xeral pola viabilidade do novo modelo que se propón para o conxunto da PAC, incorpórase un tratamento sectorial inaceptable para determinadas actividades agrarias específicas da agricultura española e mediterránea".

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

13


14

actualidade

O leite na proposta de reforma da

PAC

E xa falando do sector lácteo na prevista reforma da PAC, canto ó futuro do sistema de cotas, non se presenta unha proposta concreta senón que a Comisión preferiu enunciar catro posibles opcións, das que xa falamos con anterioridade, que están a ser debatidas entre os Estados membros. Para ver máis claramente as posibles modificacións, no cadro pódese ver unha comparativa entre o réxime actual coas opcións propostas: SITUACIÓN ACTUAL

PROPOSTA DE REFORMA

(1) Réxime de cotas ata o 2008.

Opcións contempladas na proposta: (1) Manter ata 2015 a situación actual (status quo).

(2) Reducción escalonada do prezo de intervención dun 15% dende a campaña 2005/2006.

(2) Reforza-la tendencia da Axenda 2000, con outra reducción do prezo de intervención do 15% para a manteiga e do 5% para o leite destonado en po, incrementando a cota nun 3%.

(3) Prima á vaca leiteira a partires de 2005/2006 de 5,75 €/t de cota en 2005/2006, a 17,24 €/t en 2007/2008, máis un pago adicional.

(3) Introducción do réxime dos dous tercios (cota A e cota C).

(4) Incremento global da cota dun 2,39 %.

(4) Eliminación da cota e un recorte da intervención do 25%.

Estas opcións irían dende a máis conservadora (non cambiar nada) ata a máis radical (elimina-las cotas), pasando por dúas opcións que implicarían certos cambios sobre o sistema de cotas actual. A opción de mante-lo sistema tal e como está, implicaría que ata o 2015 non se produciría ningún cambio. Aseguraríase que o sistema de cotas se manteria ata esa data, cos niveis de cota establecidos no 2008. Coa segunda opción, aumentaríanse novamente as cotas a tódolos países, baixaríanse os prezos de intervención e introduciríase unha axuda que compensaría parcialmente esta baixa. Esta alternativa suporía aplicar no 2008 exactamente as mesmas medidas que se aplicaron no 2000. O increAFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

mento de cotas proposto sería dun 3% en tres etapas, dende 2008/09 a 2010/11. Os prezos de intervención reduciríanse nun 15% para a manteiga e nun 5% para o leite en po destonado. A opción do réxime de cota dos dous tercios implicaría establecer dous tipos de cota. Unha chamada cota A para a demanda interna e unha cota C destinada á exportación. Recibe o nome de réxime dos dous tercios porque ésta sería a proporción da cota A, sendo o tercio restante o da cota C. De acordo coa proposta, a cota A sería un 5% máis baixa que a resultante no 2008, sen embargo, a suma da A e a C sería algo maior. O documento fai mención que este sistema non sería novedoso, dado que xa se

ven aplicando noutros sectores como o do azucre. A última opción é a da eliminación total das cotas e a reducción nun 25% do prezo de intervención. Con esta medida, o sector lácteo veríase abocado ó mercado libre.

Primas Actualmente, no sector leiteiro non se conceden axudas directas pero si se empezarán a percibir a partires da campaña 2005/06, de acordo co establecido na Axenda 2000. As futuras axudas ó leite pasarían a ser unha das que serían englobadas dentro da axuda por explotación, a cal estará sometida a un réxime de modulación dinámica, teitos, auditoría etc, previstos con carácter xeral.


Nova política de protección de solos da Os solos son dende agora recoñecidos como un recurso vital non renovable ós que a Comisión Europea pretende prestar a debida atención. Por este motivo, e en resposta á crecente preocupación sobre os procesos de degradación dos mesmos, a Comisión iniciou os pasos necesarios para o establecemento dunha futura política de solos. Neste sentido, a Comisión publicou recentemente unha Comunicación titulada "Cara a unha estratexia temática para a protección do solo", onde se trata por primeira vez o tema da protección dos solos. Entre os principais obxectivos que nesta comunicación se recollen están: a descripción das múltiples funcións dos solos; a especificación do solo que debe terse en conta para a elaboración de políticas; a especificación das principais ameazas para o solo; a presentación dunha visión xeral das políticas comunitarias pertinentes; a avaliación da situación actual en materia de información e vixilancia de solos e determinación das carencias que deben ser satisfeitas como base da política de protección de solos; o esta-

blecemento das bases políticas e indicación dos pasos que se han de seguir para a presentación dunha estratexia temática en materia de protección de solos no 2004. Entre os procesos de degradación prestarase especial atención á erosión dos solos europeos e á perda de materia orgánica, sobre todo nas zonas mediterráneas. Canto ás políticas comunitarias que de algunha forma deben incidir xa na protección de solos, faise especial referencia á PAC. Un exemplo de por onde poden ir as cousas témolo xa no 2000, ano no que se aprobaron novos planos de desenvolvemento rural, que inclúen unha definición de boas prácticas agrícolas, sobre a base de normas verificables nas que a protección do solo recibe unha atención considerable. Dentro dos planos de desenvolvemento rural, certos Estados membros con problemas de erosión incluiron prácticas como o laboreo seguindo curvas de nivel, mentres que alguns con baixos niveis de materia orgánica no solo prohibiron, por exemplo, a queima de rastroxos de cereais.

A Comisión considera que a mellor solución para a protección do solo neste intre consiste en aplicar unha estratexia baseada en: (1) Iniciativas inmediatas en diversas políticas medioambientais como pode se-la introducción de medidas de protección do solo en novas directivas e en futuras modificacións das xa existentes. (2) A integración noutras políticas como a PAC, e particular no que se refiere ó reforzamento das medidas agroambientais destinadas a conserva-lo solo, a política de transportes, de investigación, etc. (3) A vixilancia do solo mediante o desenvolvemento de bases de información, controis e indicadores máis completos; (4) A futura preparación de novas medidas baseadas nos resultados obtidos a partires da vixilancia do solo.

UE

Para o futuro prevese un maior nivel de integración das cuestións medioambientais na PAC. Neste sentido, o aumento da asignación de recursos ó desenvolvemento rural que se contempla na Comunicación da Comisión sobre desenvolvemento sostible favorecerá tódas aquelas técnicas agrícolas de protección de solos. Espérase que para xuño de 2004, a CE publique un informe sobre as medidas técnicas e as iniciativas lexislativas e políticas adoptadas co fin de favorece-la protección do solo. O obxectivo fundamental é preparar unha proposta sobre vixilancia de solos; unha comunicación sobre a erosión, a disminución da materia orgánica e a contaminación do solo que incluirá recomendacións detalladas en relación con futuras medidas e accións.

Record de

lactación Na edición electrónica da revista Info Holstein de xullo se publica un artículo sobre KEFAY S S POPPY, filla de STARTMORE STERLING ET, que iniciou este xaneiro a súa 13ª lactación ós seus 14 anos, desbancando neste peculiar ranking de lonxevidade productiva, a WIELENDALE BM ERICA que en xuño do ano anterior iniciara a súa 12ª lactación con 13 anos. Os datos de Poppy son abraiantes: pariu cada 355 días, acadando unha producción media de 8759 kg de leite que fan un total, tendo en conta toda a súa vida productiva, de máis de 105.000 quilos.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

15


16

cotas

Caso El Churtal

O pasado 26 de xullo, apareceu na sección de "a fondo" de "La Voz de Galicia" unha noticia baixo o titular "Descuberta unha trama de facturas falsas para a venda ilegal de leite" na que se falaba das investigacións que a Audencia Nacional e Facenda estaban a realizar para poder esclarece-las dimensións dun suposto fraude cometido por esta empresa e as súas conexións en diferentes comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia. A citada empresa madrileña El Churtal presuntamente dedicouse a expedir facturas falsas a decenas de primeiros compradores para que estes puideran comerciar con leite fora de cota. Tal e como indican persoas do propio sector, El Churtal ofrecía un recibo para branquea-la mercancía a cambio de 5 ptas/litro, cando en realidade a firma que expedía a factura non entregara ningún leite, aínda que no recibo constase que sí. Pola súa parte, o

primeiro comprador ofrecía ó gandeiro un prezo de 48 ptas/litro que estaba dentro da cota e 40 ptas/litro polo "leite negro" ou fora de cota. Unha vez pagado o leite ó productor, o primeiro comprador xa tiña deste xeito xustificados os litros de leite gracias ós recibos e polo tanto podía comerciar con eles. Segundo se informa no propio xornal, a denuncia en concreto fala de que esa empresa madrileña expedía recibos a nombre de European TR, sendo Pedro José Merediz Blanco o que figura como administrador único da compañía, pero tamén do El Churtal. Cando empezou todo isto ninguén parece sabelo con exactitude pero era algo que se sabía entre moitas das personas pertencentes ó sector. Sen embargo, non foi ata este mes de xuño cando a Fiscalía Anticorrupción presentou a dita denuncia contra a firma por un presunto delito de fraude fiscal por valor de 78 millóns de

euros. No auto xudicial relátase como o querelado, de común acordo con empresarios ata o de agora non identificados, pergeñou unha inxeñería contable para evita-lo pago da supertaxa. Segundo a denuncia, Pedro José Merediz Blanco creou unha sociedade denominada Lacteos del Noroeste, radicada en Zamora, que servía ó empresario para oculta-la producción láctea fora de cota. O xuíz en concreto acusa no auto a este empresario de burlar e de entorpece-lo esclarecemento dos feitos. Neste momentos, a Audiencia Nacional está a tentar averiguar cales eran as conexións desta empresa madrileña. Ademais, o expediente tamén figura en poder da Axencia Tributaria que está a investigar pola súa parteademais deste suposto fraude, outros dos negocios supostamente fraudulentos- un en Castela e León, e outro na Comunidade galega.

Non se superou a cota Segundo os datos aportados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), as entregas dos 49.916 productores de leite declarados ascende 5.913.908 toneladas, unha vez realizado o axuste por materia graxa, sendo a cota dispoñible de 6.060.094, polo que non procede nesta campaña practica-la liquidación da taxa suplementaria. Ademais, o incremento da cota láctea de 550.000 toneladas acadado por España dentro da Axenda 2000 contribuiu a que non houbese soprepasamento da cantidade de referencia, a pesares de que as entregas incrementáronse en

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

263.761 toneladas- un 4,67% respecto da campaña anterior. Estes datos veñen confirma-las previsións dos pasados meses de que España non rebasaría a súa cota, sen embargo, pode que as cantidades declaradas se vexan incrementadas como consecuencia do resultado dos controis que o FEGA, a través das CC.AA, vai realizar ós primeiros compradores que acadarán alomenos un 40% das cantidades declaradas para o período, segundo o previsto no artigo 12.2 a) do Regulamento (CE) Nº1392/2001 da Comisión do 9 de xullo do 2001. Como é lóxico a nova dunha nova campaña sen penalizacións foi recibida no sector con satisfa-

ción, pero non total xa que moitos consideran que a producción real comercializada é moi superior. Segundo os datos que se manexan no sector, a producción vendida por riba da cota e a baixo prezo superaría as 750.000 toneladas. De ser certas estas cifras, a conclusión que se tira é que mentres que hai dispoñible unha cota de producción de 6,2 millóns de toneladas, a demanda interior de leite supera os 7,5 millóns de toneladas, diferencia que non se cobre coas importacións, senón con producción interior. Esta venda de leite por riba da cota supón para os gandeiros non pagar una taxa duns 0,36 euros por quilo.


Acordos mínimos cara á aprobación dunha nova política láctea O pasado 1 de agosto clausurouse en Compostela un seminario no que participararon diferentes organizacións agrarias. De España participaron a COAG e o SLG, de Portugal o CNA, e de Francia a CP. Estas organizacións elaboraron na clausura deste seminario, un acordo de mínimos cara á nova política láctea europea no que deixaron constancia da súa opinión respecto de temas tan importantes como son os prezos ou a mesma cota láctea. Por exemplo, mostráronse de acordo na necesidade dun control europeo da producción láctea axustado ás necesidades do consumo da Unión Europea (UE) para que se poida acabar coas prácticas que xeran excedentes e crises de prezos e mercados; propoñendo ademais que se faga unha nova redistribución de cotas lácteas, primando ás explotacións familiares, á vez que se axuste a producción ó consumo europeo, e se fomenta-la calidade e seguridade alimentaria. O eixe de reflexión durante o seminario foron como non as cotas lácteas, a crise dos prezos do leite, as estratexias da industria láctea e a grande distribución e a valoración da recente Reforma da PAC para o sector lácteo aprobado pola Comisión Europea. Ó longo destas xornadas analizouse tamén a caída dos prezos do leite que está a afectar, en maior ou menor medida, a tódolos países comunitarios, e criticouse a política leiteira europea por considerar que "non ten en conta ós productores e facilita tanto a estratexia da industria láctea de obter materia prima barata, como a da grande distribución alimentaria", aínda que na opinión da COAG "gracias á presión sindical logrouse acabar no 2001 coa dinámica de venda a perdas da grande distribución, e a actualización dos

prezos finais ó consumo supuxo prezos máis razoables ós productores", pero ó mesmo tempo a COAG puntualizou que "esta dinámica racha coa nova actitude da industria láctea de conseguir máis materia prima recurrindo incluso ás importacións de leite de Francia e Portugal que xera un colapso no mercado que a grande distribución aproveita".

Por último, dicir que tódalas organizacións agrarias presentes estiman de grande importancia que se rache este círculo vicioso para que se poidan senta-las bases dunha nova política láctea, máis pensada no productor, que se merece polo menos un prezo xusto, e no consumidor, que quere, e se lle debe dar, un leite seguro e de calidade.

O gobierno italiano

non pagará a supertaxa Os productores italianos, en contra das previsións que falaban de que só catro países da Unión Europea ían estar por riba da súa cota –Bélxica, Luxemburgo, Irlanda e Finlandia-, terán que afronta-lo pago dunha supertaxa da que o seu goberno non semella estar disposto a pagar. O propio vicepresidente do Executivo italiano, Gianfranco Fini, anunciou que o Goberno non pagaría as multas ós gandeiros que superaran a producción do leite por riba da cota fixada pola Unión Europea, e recordou que era totalmente imposible que o Estado substituira ós gandeiros no pago das multas tendo en conta que a UE prohibe expresamente esa posibilidade. Sen embargo, Fini puntualizou que o

Estado anticipou o pago dun millón de euros. Como é lóxico os productores non están contentos con estas declaracións é levan realizado diferentes movilización ó longo do mes de xullo. Ademais das protestas na calle, presentarán centos de recursos nos tribunais administrativos para solicita-la suspensión cautelar do pago. Pola súa parte, o ministro de Agricultura italiano, Gianni Alemanno, non semella ter nada máis que engadir con respecto a supertaxa pero, sen embargo, anunciou que se creará proximamente unha comisión de investigación sobre a comercialización ilegal de leite. Alemanno recoñece que se detectaron xa algúns casos.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

17


18

cotas

Perspectivas de mercado

do 2001 ó 2009 da Comisión Europea A Comisión Europea acaba de publicar un estudio sobre as perspectivas de mercado do período que vai do 2001 ó 2009 segundo o cal a producción de leite na UE, durante o ano 2001, incrementouse en relación coa producción no 2000, ata acada-los 114,5 millóns de toneladas. Neste mesmo estudio tamén se indica que, dado que o nivel de producción comunitario está directamente relacionado co nivel de cota, é previsible que a partires do 2005 ata o 2008, a producción siga aumentando polo menos na medida na que o fagan as cotas segundo o acordado na Axenda 2000. Este incremento na cota aplicarase en tódolos países, agás en España, Italia, Grecia e Irlanda do Norte, que xa viron incrementadas as súas cotas de referencia no ano 2000 Do mesmo xeito, tamén prevese que se produza un incremento do 1,4% anual dos rendementos leiteiros das vacas, que suporá unha obrigada reducción na

Asturias superou os 100.000 quilos de cota media A cota láctea media dispoñible polas explotacións asturianas supera por primeira vez os cen mil quilos na actual campaña leiteira, acandando a cifra de 102.550 quilos/explotación. A cota inicial de Asturias, segundo datos do MAPA, para a campaña 2002/2003, sitúase nas 656.001 toneladas, distribuidas nun total de 6.397 explotacións. Esta cota podería acada-las 680.000 toneladas ó final de campaña, tendo en conta a cota asinada a Asturias polo Fondo Nacional Coordinado.

VÉNDESE COTA 188.000 LITROS 3,76% DE GRAXA

Teléfono 981 67 07 83 AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

cabana de vacas de leite, téndose que pasar, segundo estes datos, dos 20,2 millóns de animais no 2001 a 18,1 millóns no 2009 – a máis rendementos por animal, menos animais se necesitan para cubri-la cota. No que se refire ó consumo de queixo, está previsto que nos vindeiros anos aumente, pero en menor medida que nos anos 2000/01, pasándose previsiblemente de 18,9 kg/hab no 2001 ós 20 kg/hab no 2009. As exportacións tamén crecerían ata o 2005, pero menos que no 2000/01. Neste estudio ponse de manifesto que os expertos comunitarios son da opinión de que, se ben vaise reducir gradualmente o apoio comunitario ó sector lácteo, co incremento do prezo mundial do queixo conseguirase mante-la competitividade das exportacións comunitarias. Así pois, espérase que no 2005/06 se acaden as 480.000 tn de queixo exportado. Sen embargo, segundo as estimacións deste estudio, para o 2009 producirase un descenso de ata as 440.000 tn, debido fundamentalmente a unha maior demanda interna. No que respecta ás importacións, estas continuarían á alza principalmente polo maior acceso ó mercado imposto polos acordos do GATT e os acordos bilaterais cos países candidatos á adhesión. As previsións referentes á producción de manteiga, son que se producirá unha baixa debido á reducción dos prezos de intervención, fixada na Axenda 2000. Do mesmo xeito, o seu consumo tamén diminuirá, a pesares de que nos últimos anos semellaba que se estabilizara, baixando dos 4,67 kg/hb no 2001 ós 4,47 kg/hab no 2009. Por outra banda, as importacións comunitarias aumentarían polos acordos comerciais, mentres que as exportacións tenderían a diminuir, a pesares de que no mercado mundial as previsións apuntan a un aumento do comercio de manteiga pero este será previsiblemente absorbido polas exportacións de Australia e Nova Celandia. Canto ó leite destonado en pó, tanto a producción como o consumo, e especialmente o destinado á alimentación animal, estímase que reduciría a súa producción, pasándose das 980.000 tn no 2001 a 780.000 tn no 2009; as importacións aumentarían pero as exportacións diminuirían. A pesares de que tanto para a manteiga como para o leite en pó, as perspectivas de comercio exterior non son moi favorables, os expertos comunitarios consideran que a medio-longo prazo eliminaríanse os stocks de intervención debido á reducción da producción destes productos.


control e calidade do leite

control e calidade no sector lácteo Plano integral de

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación xunto coas Comunidades Autónomas decidiu a articulación dun Plano Integral de control e calidade no sector lácteo que espera aplicalo en todo o Estado dentro dun ano. Este Plano integral incidirá de xeito específico en tres aspectos ben diferenciados: (1) A Trazabilidade: establecendo un sistema que garantice o seguimento dos productos elaborados, permitindo a súa identificación nas etapas previas que forman parte do proceso de elaboración. (2) A Calidade: mediante a articulación de medidas dirixidas á producción láctea, partindo das condicións hixiénicas na explotación, prolongándoo durante o transporte e finalizando nas industrias, incluíndo a calidade do producto final das mesmas. (3) A Xestión económico-financeira: a través do deseño e posta en práctica dun sistema que mellore a operatividade do sistema de xestión da supertaxa. Dentro deste Plano Integral o MAPA destacaría como principais obxectivos: • A mellora da transparencia da cadea de producción e polo tanto dos controis de calidade;

• A simplificación dos servicios de xestión e control da supertaxa láctea e facilita-la xestión das cotas; • A incorporación de novas tecnoloxías da información ós procedementos de introducción e validación de datos, coa posta en marcha dun novo sistema de control telemático de entregas, que ademais facilitará ó acceso á información de tódolos operadores; e • O incremento da confianza dos consumidores no leite e nos productos lácteos. Como peza básica na que se fundamenta o proxecto, está o desenvolvemento de aplicacións informáticas ás que se acceda a través de Internet, que faciliten a información e actualización de toda a información que se pretende recopilar sobre cada unha das fases que conforman o proceso de producción, transformación e comercialización do leite. Nestes momentos, e con carácter previo á implantación xeralizada do sistema de control telemático de declaración da producción láctea, estase procedendo á implementación de 3 Proxectos Piloto sobre a utilización de tarxetas e terminais para a informatización de datos.

Para poñer en marcha o sistema é necesario en primeiro lugar ter rexistrados a tódolos operadores (explotacións, cisternas, centros de recollida, industrias, laboratorios, etc.). Unha vez feito isto, establecerase un sistema que permita capta-los movementos de leite que se producen entre eles e un sistema que permita ós distintos operadores transmiti-la información captada. O proceso sería o seguinte: cando unha cisterna carga leite nunha explotación, anótase e transmítese a información. Posteriormente anótase o lugar e a cantidade de leite que descarga nun centro de recollida. A continuación, se o centro de recollida non é unha industria transformadora, ó leite sairá do centro de recollida cara unha industria ou outro centro de recollida. O centro de recollida deberá anota-la saída do leite e o destino. O leite moverase nunha cisterna que tamén deberá anota-la carga e a descarga. Por ultimo, cando o leite chegue á industria transformadora, ésta deberá anotar a súa vez o destiño do leite. Para este último seguimento, haberá que basearse nos sistemas de trazabilidade que tódalas industrias lácteas teñen establecido. XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

19


20

control e calidade do leite ■

Bebida láctea Alimentos irradiados baixo a con burbuxas denominación de pasteurizados Nos Estados Unidos estase a comercializar de cara ó mercado dos máis novos unha nova bebida refrescante, elaborada a base de leite, pero que lembra ós refrescos tradicionais, xa que leva dióxido de carbono, o que lle da unha sensación burbuxeante. Investigadores da Universidade de Cornell xunto cunha industria láctea estadounidense conseguiron unha nova bebida que semella ser tan atractiva para os mozos, como os refrescos, pero a diferencia destes, co valor nutritivo do leite. Ademais, esta bebida ten unha duración superior á do leite, pois en refrixeración, a vida media sería dunhas seis semanas. O refresco está elaborado con leite destonado, con calcio engadido e a metade de sodio que outros leites con sabor. Está endulzado con fructosa en lugar de con azucre refinado. A bebida preséntase con tres sabores: laranxa, crema ou galleta. Recentemente, o Departamento de Agricultura dos EEUU autorizou a súa venda nas cafeterías dos colexios públicos.

Dentro das medidas aprobadas na Farm Bill norteamericana, atopamos a decisión do Senado de permiti-lo etiquetado de alimentos irradiados como pasteurizados. A xustificación que se da é que, aínda que cada vez son máis os productos que se tratan por este sistema - dado que reduce a presencia de bacterias patóxenas-, o consumidor segue recelando deste termo. En consecuencia, e adoptando unha postura clara en defensa dos alimentos irradiados, o Senado norteamericano propuxo e aprobou que os productos irradiados puideran etiquetarse

Leite con máis graxa “boa” Recentes investigacións levadas a cabo por científicos na Universidade de Alberta en Canadá semellan indicar que existe unha graxa "boa", o CLA (conjugated linoleic acidácido linoleico conxugado). O CLA é un ácido graxo que se atopa de xeito natural no leite dos ruminantes e que semella pode ralentiza-lo crecemento das células canceríxenas, reduci-lo risco de enfermidades cardiovasculares e estimula-lo sistema inmunolóxico. Para John Kennelly, catedrático e director do Departamento de Agricultura, Alimentación e Ciencia Nutricional desa universidade, o que se está en realidade a demostrar é que algunhas graxas específicas poden contrarresta-los efectos doutras graxas AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

que poden ser consideradas negativas. Como é lóxico, comprobados estes importantes beneficios, o seguinte paso sería o de traballar na maneira de facer que o leite conteña uns índices máis altos desta graxa, e nesa fase e na que se atopan as investigacións a día de hoxe.

como pasteurizados, baseándose no feito de que a pasteurización sería un termo máis amplo que incluiría varios procesos de eliminación de patóxenos. Polo de agora o leite non se atopa dentro dos alimentos que se poden tratar por irradación pero quizais non tarde moito se é verdade que é un sistema máis seguro na eliminación de bacterias.

Leite favorable ó sono E seguindo con todo este maremagnum de ofertas novas de productos lácteos, no mercado británico acábase de lanzar outra novidade. Trátase dun leite de vaca que, segundo os fabricantes, favorece que os que a consumen durman mellor, debido a que contén uns niveis máis elevados de melatonina, substancia que axuda a concilia-lo sono. Estas maiores concentracións de melatonina non se adicionan, senón que se consiguen, segundo a empresa que a comercializa, utilizando exclusivamente o leite producido polas vacas durante a noite, que é cando a concentración desta substancia no leite é máis alta. Ó publico ó que principalmente vai dirixido é ás mulleres de máis de 45 anos, con insomnio, sendo o seu prezo de venda duns 3,73 euros/l.


manexo

O consumo de

auga

Cando os animais

consumen dietas de

alto contido proteico ou de sales ou

substancias con efectos diuréticos, a excreción de orina aumenta, e polo

Sempre que se fala da auga faise dende o punto de vista da cantidade necesaria por animal, e noutros casos, os menos, dende o punto de vista da calidade da mesma. Nesta ocasión gustaríanos deternos nun aspecto que se pode esquecer no manexo nunha explotación: os factores que poden influir no consumo de auga. O consumo de auga por parte do ganado está influenciado por factores intrínsecos ó animal tales como a composición da dieta, a taxa de gañancia de peso, o estado da preñez, a lactación, a actividade física, o tipo de ración, o consumo de materia seca e de sales, e outros extrínsecos, como pode ser a temperatura ambiental. Estes factores van a afecta-las necesidades mínimas de auga por parte do gando, sendo ademais un reflexo dos requerimentos do animal en cada momento; por exemplo, polo seu crecemento corporal, fetal ou lactación, perdas por excreción na orina e nas feces, ou transpiración polos pulmóns ou pola pel. Tamén a cantidade de orina producida, por exemplo, varía diariamente dependendo da actividade do animal, a tempera-

tanto, as necesidades de auga tamén

tura ambiental, e o propio consumo de agua, e pode influir tanto como outros factores. Outro aspecto moi importante é o da alimentación. Cando os animais consumen dietas de alto contido proteico ou de sales ou substancias con efectos diuréticos, a excreción de orina aumenta, e polo tanto, as necesidades de auga tamén. De feito, as perdas de auga nas feces

dependen en maior medida da dieta e o propio animal. As substancias contidas na dieta teñen efecto diarréico, o que incrementa os efectos da perda de agua por esta vía xa que o gando vacún excreta as feces cun maior contido de humidade que outras especies. A cantidade de perda de auga a través da evaporación pola pel, ou os pulmóns, tamén é importante xa que nalguns casos chega a excede-las pérdas de auga pola orina. Se a temperatura ambiental e/ou a actividade física aumenta, as perdas de auga a través da transpiración e da respiración aumentan. Dende un punto de vista máis práctico, todos estes factores e a súa interrelación fan que a mínima necesidade de auga sexa difícil de acadar. É importante ter en conta que, aínda que os propios alimentos producen auga, e a oxidación de certos nutrientes tamén, non toda a auga é provista pola inxestión directa da mesma. Alimentos como os silos, a herba ou os propios pastos conteñen unha alta porcentaxe de humidade, pero noutros como os grans e a herba seca, o aporte acuoso é moito menor. Canto ós alimentos altamente enerxéticos dicir que producen moita auga metabólica, mentres que os alimentos de baixa enerxía producen menos. Todos estes factores, os relativos ó propio animal e os externos, como os ambientais e a súa alimentación, deben ser tidos en conta para que a cantidade e a calidade do leite non se vexa prexudicada. XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

21


22

mercado

Os prezos comenzan a experimentar

unha recuperación parcial A Federación de Empresarios Productores de Leite (FEPLAC) confirmou, a través dunha nota de prensa, que nestes momentos estamos "nun proceso de recuperación parcial dos prezos do leite". Para a FEPLAC, a investigación por parte da Audiencia Nacional do fraude económico no leite de vaca está a supor un lixeiro recorte productivo e, polo tanto, fai unha valoración moi positiva da decisión do Ministerio de Agricultura de actuar xunto á Axencia Tributaria para acabar co blanqueo descontrolado de leite fora de cota, e levar ante a Audiencia Nacional "os casos de primeiros compradores máis irresponsables", xa que considera que con esta actuación está a provocar un cambio na tendencia

da "desgraciada e inxustificable debacle de prezos do leite en orixe que está a soportar a gandería española". En principio, e segundo o afirma a FEPLAC, as denuncias presentadas, xunto coa actuación da Fiscalía Anticorrupción, fixeron que, por exemplo, os avisos de novos recortes nos prezos de xullo non se produciran. Por outra parte, a FEPLAC sinala que "bastou un lixeiro recorte na producción para que gandeiros con moito exceso de leite sen cota ou ganderías importantes sen cota algunha, se estean desfacendo dunha parte das vacas, ou ben de toda a explotación, xerando un recorte da oferta no mercado e a conxelación das baixas dos prezos, e creando unha situación de tendencia á alza nos

Prezo do leite en Xusto antes de comeza-lo tan ansiado periodo vacacional, o conselleiro de Política Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, mantivo unha reunión cos responsables dos sindicatos agrarios da que todos saíron bastante satisfeitos. O conselleiro de Política Agroalimentaria sinalou que todo semella indicar que o prezo do leite "xa tocou fondo" coa súa caída ata os 0,28 euros por litro, e que polo tanto "comezará a subir e non descenderá máis". Por outra banda, tamén anunciou que a partires de setembro a Xunta propiciará a creación dun "diálogo estable" entre as industrias lácteas e as organizacións agrarias para que exista "un mellor entendemento entre as partes" e poder así "elaborar un protocolo que defina un maior grao de estabilidade entre os intereses das industrias lácteas

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

Galicia

e os dos productores". Ademais, o conselleiro aproveitou o encontro para garantir que as industrias "recollerán o leite" e o seu prezo comezará a recuperarse. Pola súa parte, os secretarios xerais dos sindicatos valoraron positivamente a actitude mostrada polo conselleiro de Política Agroalimentaria respecto ós problemas do sector lácteo. Tanto o secretario xeral de UU.AA., Roberto García, como a de o SLG, Lidia Senra, e o de XX.AA, Pérez Miramontes, coincidiron en cualificar como moi positiva a proposta de diálogo do goberno galego asumindo un papel de arbitraxe na mesa do leite e abrindo deste xeito un camiño para que exista unha relación estable entre productores e industria que permita o a posibilidade de acadar acordos en termos de igualdade entre as partes.

prezos do leite de vaca, especialmente para gandeiros individuales, xa que as industrias -de novo equivocadamente a xuicio da FEPLAC- están a pagar menos o leite a certos grupos organizados de gandeiros, co fin de acabar con eles". Na mesma nota de prensa, a FEPLAC, expresou a sú postura respecto ás grandes superficies, ás que considera en grande parte culpables da dura situación vivida "por seguir traendo leite para marcas blancas dende Portugal ou Francia da que se descoñece se está amparada por cota láctea". Para Manolo Carlón, secretario xeral da FEPLAC "chega ata tal punto a paradoxa, e a falla de planificación das industrias españolas que a estratexia de recorte de prezos que impuxeron as empresas transformadoras en España, levou a moitos grupos de gandeiros españoles a ter que leva-lo leite cara Francia a prezos moi baixos. Leite, xeralmente sen cota, que os franceses poden estar envasando e revendendo en España a prezos que fan a competencia ás nosas propias empresas, apoiándose en que as grandes superficies son de capital galo". "A solución a isto", para a xunta directiva da FEPLAC, "pasa por controlar igualmente a legalidade do leite de marcas brancas, que teñen calidade pero que poden estar incumprindo a normativa de cotas". A xuicio da FEPLAC, tanto o Plano Integral de control e calidade no sector lácteo, presentado polo Ministerio de Agricultura -que publicarase con toda probabilidade no BOE no vindeiro mes de outubro- como a vixiancia que os mesmos productores están impoñendo ó verse obrigados a levar a certas empresas ante os tribunais, son solucións concretas que darán resultado.


Prezos do Un 20% de ventas de leite leite en a baixo prezo en xullo maio A Confederación de Cooperativas Agrarias de España (CCAE) estima que o volume de leite líquido UHT a baixo prezo ascendeu un 20% en xullo, o que supón un 8% máis respecto do mes de xuño e un 12% superior ós primeiros meses do ano. Na opinión da CCAE, a xustificación da industria é a "situación excedentaria" e as "limitacións para transforma-la en leite en pó ó remata-las compras de intervención a prazo fixo". Sen embargo, resulta curioso que as grandes empresas poideran mante-los seus prezos, entre 0,70 e 0,65

euros, mentres que no campo a baixa media por litro foi de 0,05 euros dende o mes de decembro. Pero por outra parte, non é menos sorprendente que as industrias incrementaran, a pesares dos mencionados excedentes, as súas importacións de leite e derivados que xa en abril do 2002 superaban nun 60% o total do importado o longo de todo o ano pasado. Para a CCAE só existe unha saída a esta situación, e esta pasa por un cumprimento estricto do sistema de xestión de cotas e da calidade esixida pola Unión Europea.

Protestas dos productores británicos polos prezos Os productores das illas británicas están indignados polas grandes diferencias existentes entre o prezo do leite ó productor e ó consumidor. Esta situación, que a nós nos é xa tan coñecida, semella ser como unha epidemia que se contaxia por toda a Unión Europea: o productor recibe cada vez menos cartos polo leite que produce; o consumidor segue a paga-lo mesmo, ou incluso máis, polo leite que merca; e, no medio, a industria e a distribución. Canto á industria "mutis" total, e canto á distribución dicir que se defenden ante os "argumentos" dos gandeiros esgrimindo que eles mercan o leite á industria e non ós gandeiros, polo que descoñecen o prezo que éstes últimos reciben, e ademais engaden que unha baixa dos prezos ó consumo non reactivaría a demanda de leite.

Como é lóxico, as protestas dos gandeiros non van dirixidas a que baixen os prezos ó consumo. Os productores o que queren é denuncia-lo feito de que a pesares de que as súas marxes se reducen drásticamente, vendendo en ocasións por baixo dos custos de producción, os beneficios dos outros eslabóns da cadea productiva (industria-distribución) se incrementan a súa costa. No último ano, para os gandeiros británicos as cotizacións baixaron nunha media de 31 céntimos de euro/l (52 ptas/l) a 22 céntimos de euro/l (37 ptas/l). Sen embargo, mentres os prezos en orixe rexistraban esas baixas, o prezo de venda ó publico mantíñase nos 70 céntimos/l (116 ptas/l). Así as cousas, os gandeiros británicos non poden por menos que protestar levando a cabo concentracións ante varias industrias do país co fin de deixa-la súa postura ben clara.

O prezo medio do leite, pagado na Unión Europea en maio de 2002 roldou os 28,36 €/100 kg (47,19 ptas/kg), o que supón unha baixa de 0,59 €/100 kg (1 pta/kg) en relación co prezo de abril e de 3,95 €/100 kg (6,6 ptas/kg) con respecto ó prezo do mes de maio do pasado ano, segundo a información facilitada pola organización LTO. Este prezo calculouse en base á media do pagado por 16 das máis importantes industrias leiteiras que recollen na UE. O prezo refíerese a un leite con 4,2% de materia graxa, 3,35% de proteína, con menos de 25.000 bacterias, menos de 250.000 células e unhas entregas anuais de 350.000 kg. Nos EEUU, o prezo medio para a clase III en maio deste ano foi de 29,15 €/100 kg (48,5 ptas/kg), cotización que se ben é 1,22 €/100 kg (2,02 ptas/kg) inferior á do mes de abril, é moito máis baixa que a pagada en maio do ano anterior, que ascendeu a 36,29 €/100 kg (60,4 ptas/kg). A pesares desta reducción, os prezos de EEUU seguen sendo superiores ós da UE. Pola contra, en Nova Celandia, o prezo medio pagado en maio foi superior ó de abril. En maio pagaronse 16,73 €/100 kg (27,8 ptas/kg) fronte ós 15,70 €/100 kg (26,1 ptas/kg). A pesares do incremento, o prezo de maio deste ano foi moito máis baixo que o rexistrado no mesmo mes do ano anterior, onde a media rexistrada ascendeu a 19,65 €/100 kg (32,69 ptas/kg). A tendencia dos prezos segue a ser de baixadas xeralizadas, aínda que se podan producir pequenas subas como no caso de Nova Celandia que, sen embargo, non fan máis que lembra-los bos prezos de campañas anteriores.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

23


24

mercado

Informe anual da OCDE

2002 A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) fixo público o pasado 16 de xullo o seu informe anual sobre as políticas agrarias dos 30 estados membros da organización. Algúns dos aspectos maís salientables do informe son: • O importe total das medidas de apoio á agricultura no 2001 é de 310.959 millóns de dólares (uns 326.000 millóns de euros), un 1,3% do PIB global, lixeiramente inferior ó do ano anterior. As axudas en termos globais suponen un 31% da renda dos productores, algo menos que o 32% en 2000 ou o 38% no período 8688. Este descenso débese a unha relativa mellora dos prezos. • Dentro da OCDE, as axudas aumentaron un 3,1% en volume na Unión Europea, uns 105.624 millóns de dólares (111.000 millóns de euros) e un 3,4% nos Estados Unidos, uns 95.259

millóns de dólares (100.000 millóns de euros), mentres diminuiron sobre todo en Xapón, Turquía e Corea do Sul. A axudas relacionadas cos prezos ou coa producción real, a pesares de ter diminuido porcentualmente, continúan sendo o principal tipo de axuda, supoñendo o 69% do soporte ó productor; unha porcentaxe inferior ó 82% do periodo 86-88. A renda bruta das explotacións foi un 45% superior á que fora sen axuda algunha (62% no período 86-88). Os países da OCDE con menos axudas á agricultura foron con grande diferencia Australia e Nova Celandia (un 1%) e os que máis, por orde de maior a menor axuda: Suiza, Noruega, Corea do Sul, Islandia e Xapón cun 60%, a UE o 35% e, en torno ó 20%, Canadá e México. Durante 2001, o ingreso agríco-

Novo incremento das restitucións á exportación No Comité de Xestión de Leite e Productos Lácteos celebrado no mes de xullo, decidiuse un novo incremento das restitucións á exportación, coincidindo co inicio dun novo ano GATT. Os incrementos acordados, que entraron en vigor a partires do pasado 12 de xullo, foron os seguintes: - As restitucións á manteiga aumentaron un 6%, de 1.750 €/tn a 1.850 €/tn. AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

- As restitucións ó leite destonado en pó incrementaronse nun 19%, de 715 €/tn a 850 €/tn. - As restitucións ó leite enteiro en pó aumentaron un 12%, de 1.078 €/tn a 1.209 €/tn. - As restitucións ós queixos, aumentaron para tódolos destinos, excepto para o de EEUU, nunha media dun 7%. Para EEUU, o incremento medio foi dun 11%.

la aumentou na maior parte dos países da OCDE, en particular en Australia, Canadá e Nova Celandia, en menor medida na UE e nos EEUU, e só diminuiu de forma significativa en Noruega. • Por productos, os que máis axuda teñen de media nos países da OCDE son, de maior a menor: o arroz (máis do 80%), o azúcre, o leite (45%), o año, o trigo, o vacún, o millo (do 15% ó 30%), as oleaxinosas, o porco, o polo e os ovos. Por outra banda, segundo a OCDE, os mercados de productos agrícolas reactivaranse de aquí ó 2007 gracias a un aumento da demanda e das importacións de países de fora da zona da OCDE, sempre e cando os prezos mundiais, actualmente moi baixos, se recuperen progresivamente a medida que se reactive a actividade económica a finais de ano e no 2003. Finalmente lembrar os países asociados á OCDE: Australia, Austria, Bélxica, Canadá, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Italia, Xapón, Corea do Sul, Luxemburgo, México, Países Baixos, Nova Celandia, Noruega, Polonia, Portugal, República Eslovaca, España, Suecia, Suíza, Turquía, Reino Unido e Estados Unidos. Todas aquelas persoas que estén interesadas nun resumo do mencionado informe máis extenso, pode atopalo na seguinte dirección: www.oecd.org/pdf/M00030000/M0 0030609.pdf


mercado

Canadá perde

A Organización Mundial do Comercio (OMC) fallou esta vez a prol dos EE.UU e Nova Celandia logo dun longo periodo de disputas que tiñan a súa base nas prácticas á exportación de leite canadense. En 1995, Canadá substituiu o seu sistema de axudas á exportación, que se financiaba a través dunha taxa cobrada ós productores por outra política que permitía ás industrias a compra de leite a baixo prezo destinada á exportación. Esa nova política, semellante a unha das opcións que a Comisión Europea propuxo no seu documento de alternativas para o futuro do sistema de cotas lácteas na UE, consiste no establecemento dunha dobre cota, unha cota A para a producción de leite para o consumo interno e unha cota C para a producción de leite destinada á exportación, que se adquiriría ó productor a un prezo máis baixo que a cota A. En 1998, EEUU presenta unha queixa ante a OMC, á que se une Nova Celandia. Uno ano máis tarde, a OMC encontrou que efectivamente o sistema de leite adquirida a baixo prezo, destinada á exportación, era unha forma de aplicar subsidios. Ademais, considerou que Canadá estaba exportando con axudas, cantidades superiores ás permitidas baixo os acordos da OMC. En resposta a este dictame, Canadá introduxo novos programas pero non foron suficientes. EEUU e Nova Celandia volveron a mostrarse disconformes cos cambios introducidos e en xaneiro do 2002 presentaron unha nueva queixa na OMC. Nesta ocasión o fallo resultou favorable ós estadounidenses e nova celandeses pero Canadá aínda está no seu dereito de apelar.

Eliminación dos subsidios agrarios Moitos son os países que dende hai tempo veñen reclamando ante a Organización Mundial de Comercio (OMC) a eliminación dos subsidios agrarios causantes, segundo estes países, da distorsión do mercado. Este é o caso do denominado Grupo de Cairns, integrado por numerosos países exportadores de productos agrícolas, e que propón unha eliminación dos subsidios nun prazo de catro anos despois dun compromiso a ese efecto: un 50% o primeiro ano, e o 50% restante repartido en partes iguais nos tres seguintes. O mencionado Grupo Cairns está integrado, entre outros, por Arxentina, Uruguai, Chile, Brasil, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Guatemala, Canada, Australia, Indonesia e Sudáfrica, e rexeita as subvencións agrícolas criticando tanto á UE, como ós EEUU polo forte apoio interno a ese sector. A este respecto EE.UU. manifestou, a través do seu principal negociador ante a OMC, Allen Johnson, estar disposto á eliminación dos subsidios agrarios á exportación nun prazo de 5 anos a partires do momento no que se acade un acordo neste sentido. Para Johnson un 90% dese tipo dos subsidios á exportación os concede a UE e calculou que representan uns 2.500 millóns de dólares anuais, fronte ós 20 millóns en EEUU. Respecto ós créditos á

exportación, Johnson dixo que é importante aplicárlle-las disciplinas da OMC para que non se utilicen no futuro para supli-los subsidios á exportación, unha vez suprimidos estes. Hai que dicir que EEUU adopta esta postura logo de ter aprobado a súa Lei Agraria, a xa archicoñecida Farm Bill, que tantas críticas está a levantar precisamente por considerar que dirsorsiona, e moito, o mercado, e porque en realidade con esta lei os EE.UU fan a nivel interno o contrario do que eles mesmos predican na OMC. A UE pola súa parte segue a liña reflectida no compromiso da declaración de Doha de reducir, con vistas á súa total eliminación "todo tipo de axudas á exportación". Precisamente esta coletilla de "todo tipo" foi imposta pola UE, nun intento de subliñar que as axudas á exportación non son só as restitucións da UE, que son axudas claras e transparentes, senón tamén moitas axudas encubertas, como créditos ós compradores, beneficios fiscais ós exportadores, axudas alimentarias dudosas, monopolios do comercio exterior, etc. Como se ve cada un tenta defende-lo seu, polo que a reducción das axudas á exportación e tódolos aspectos relacionados con elas, serán de novo un dos puntos clave das vindeiras negociacións da OMC, e que condicionarán a futura política da UE.

Fischler considera vital un apoio político O comisario europeo de Agricultura, Franz Fischler, considera imprescindible que os ministros do ramo de Estados Unidos, Canadá, Australia e Xapón "tiren do carro" políticamente para que se poida acadar algún tipo de acordo nas vindeiras negociacións da Organización Mundial de Comercio. Segundo as súas propias palabras, "sen un compromiso aceptable nas negociacións

agrícolas hai pouca esperanza para a rolda de Doha". Otro aspecto sobre o que manifestou a súa postura foi sobre os subsidios agrarios, que, como a maioría, considera distorsionan o comercio, e as axudas á exportación. Tamén indicou que Europa está disposta a reducción de ambos, e ademais, a mellora-la apertura dos mercados; axudar máis ós países en vías de desen-

volvemento e ter en conta aspectos non comerciais como o medio ambiente e a seguridade alimentaria que son básicos para mantene-lo apoio público a unha maior liberalización do comercio. Por últimos dicir que Fischler pediu ós ministros que abran os seus mercados a tódolos productos dos países máis pobres sen cotas e impostos. Veremos que acordos se acadan finalmente.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

25


26

sanidade animal

Futura Lei de Sanidade Animal

Logo de 50 anos vixente, a vella Lei de Epizootías e o seu regulamento teñen os seus días contados. O Consello de Ministros ven de aproba-lo importante Proxecto de Lei de Sanidade Animal, na que se establecen as novas normas básicas e de coordinación para o ordenamento sanitario dos animais e os seus productos, aglutinando no seu contido a gran cantidade de normas vixentes en materia de protección sanitaria gandeira.

ORDENACIÓN SANITARIA A normativa aprobada recolle os requisitos que se deberán cumprir nas explotacións gandeiras, entre os que se inclúen a identificación dos animais e a eliminación de residuos de acordo coas normas de sanidade animal, saúde pública e protección do medio ambiente. Conxuntamente coa ordenación sanitaria das explotacións, a nova Lei de Sanidade Animal regulará as condicións dos medios de transporte e os certames de gando, establecendo para as empresas de transporte, a obriga de manter un rexistro de actividades, a necesidade de contar cunha autorización dos vehículos concedida pola Comunidade Autónoma onde radique a empresa, así como a preceptiva limpeza e desinfección dos mesmos tra-la descarga dos animais, e o cumprimento das condicións hixiénico-sanitarias e de protección animal requiridas. Para a autorización de certames de gando, fíxanse os requisitos hixiénicos das instalacións, esixindo para o seu funcionamiento a identificación dos animais, e a súa inspección polo veterinario oficial ou autorizado, así como a obriga de que os animais que participen nun mismo certame, e durante o mesmo periodo de tempo, procedan de explotacións co mesmo estatuto sanitario.

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

O novo marco legal artella as actuacións das Administracións na coordinación das accións de prevención, loita e erradicación das enfermidades animais, recollendo un amplio abano de temas que abranguen desde as condicións sanitarias das explotacións, á realización de controis e inspeccións para evita-la difusión de epizootías a través dos mercados gandeiros e o comercio internacional. Deste xeito regularanse as medidas de carácter preventivo e as

actuacións cautelares a adoptar no caso de risco sanitario, os procedementos para os intercambios con terceiros países, os requisitos para o desenvolvemento da actividade gandeira nas explotacións, a ordenación do mercado de animais, o control dos productos de uso veterinario e os utilizados na alimentación animal, así como as infraccións en función do risco sanitario e as sancións previstas segundo a gravidade da falta.

PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES Neste aspecto a Proposta de Lei contempla a responsabilidade dos particulares, sexan estes propietarios do gando, tratantes ou transportistas, na aplicación das medidas sanitarias, a vixilancia do estado do gando e a comunicación sobre sospeitas ou confirmación de enfermidades. Dentro destas actuacións de carácter preventivo, encóntranse tamén as medidas cautelares de salvaguarda a adoptar polas Administracións

Públicas, que recolle a Lei, e que poden supo-la prohibición do movemento e transporte de animais, o sacrificio obrigatorio, a suspensión de certames ou concentracións de gando, o peche temporal de establecimentos dedicados á producción ou comercialización de productos de uso animal, matadoiros ou centros de limpeza e desinfección, ou a limitación ou prohibición de importacións ou exportacións de animais, productos sanitarios ou utilizados para a alimentación.

INSPECCIÓNS E SANCIÓNS E como non, contémprase un réxime de inspeccións e controis, incluindo as posibles medidas cautelares, a adoptar por parte do persoal inspector, ante a constatación da existencia dun risco inmediato de propagación dunha enfermidade epizoótica ou de risco para a saúde pública. Fronte ó incumprimento desta normativa determínanse as accións ou omisións que se consideran infraccións, incluíndo as relativas ós materiais de risco, clasificándoas en leves, graves ou moi graves, de acordo coa súa repercusión na saúde pública, a sanidade animal ou o medio

ambiente, delimitando as responsabilidades, e incluindo un réxime de presuncións de responsabilidade. Paralelamente tipifícanse as sancións aplicables e as súas contías que, no caso das infraccións leves, suporán unha multas de entre 600 a 3.000 euros, nas infraccións graves de 3.001 a 60.000 euros, e nas moi graves entre 60.001 e 1.200.000 euros, podendo ascender estas cantidades ata o dobre do beneficio obtido polo infractor, cando o devandito beneficio supere a contía máxima da multa.


sanidade animal

Novas condicións sanitarias e de hixiene para os vehículos de transporte de gando O Consello de Ministros acaba de aproba-lo Real Decreto polo que se establecen as condicións básicas para os equipos, instalacións e funcionamento dos centros de limpeza e desinfección de vehículos destinados ó transporte de gando bovino, porcino, ovino, caprino, equino, ademais de coellos, aves de corral e especies de caza. Canto á autorización dos centros, será competencia das CC.AA e estará suxeita ó cumprimento de requisitos mínimos como é o de estar ubicada a unha distancia mínima de 1 Km de calquera explotación gandeira, e en zonas que non estean sometidas a restriccións ou prohibicións pola lexislación sanitaria vixente. Ademais, a limpeza e desinfección dos vehículos destinados ó transporte de gando, só poderá levarse a cabo en centros autorizados, debendo facerse no que estea situado máis preto do lugar onde se proceda á descarga dos animais transportados. Precisamente,

para facila-lo cumprimento desta norma e fomenta-la instalación de novos centros, no texto aprobado contémprase a posibilidade de que a Administración Xeral do Estado participe no finanzamento das axudas que establezan as CC.AA. Por outra banda, salientar que no caso de detectarse algunha epizootía que obrigue á restricción de movementos na zona, os centros afectados só poderán dar servicio ós vehículos dentro da zona. Outro requisito que deberán cumprir é dispoñer dunha persoa que se responsabilice da elección e dilución dos desinfectantes, así como da limpieza e desinfección dos vehículos e do control da documentación. Canto ós documentos, principalmente deberá figurar un certificado ou talón de desinfección que se emitirá tralas operacións de limpeza cun número que constará no precinto que se colocará nos vehículos unha vez finalizado todo o proceso. Tanto os talóns e documentos acre-

Novas propostas lexislativas sobre

zoonoses

No Consello de Ministros da Unión Europea celebrado o 16 de xullo se mantivo un interesante debate entorno ás propostas lexislativas presentadas pola Comisión en agosto do ano pasado. Logo de pasar por diferentes revisións e melloras, agora se espera poder acadar un acordo no mes de outubro. Unha das propostas é unha nova directiva que obrigaría ós Estados Membros a poñer en práctica sistemas de control e inspección más estrictos e coordinados no ámbito da sanidade e producción animal, recollendo información necesaria para facer unha avaliación das tendencias e poder así establecer

medidas de prevención. A outra, é unha proposta de regulamento sobre o control das Salmonellas e outros axentes zoonóticos presentes na cadena alimentaria. O Parlamento europeo propón tamén que se apliquen medidas equivalentes de control en terceiros países que exportan á UE, así como que se sancione ós países comunitarios que non apliquen a directiva, podéndose suspende-lo comercio intracomunitario de animais en aqueles Estados Membros que non conseguiran aprobar un programa de control nacional nun prazo de 12 meses a partires da definición dos obxectivos comunitarios.

As zoonoses son enfermidades que se poden transmitir dos animais ó home. A salmonella é a zoonose máis frecuente na UE, afectando a 166.000 personas en 1999, e que pode estar presente nun amplo conxunto de alimentos principalemtne ovos crudos e carne de polo e cerdos, pero tamén de vacún, productos cárnicos en xeral e lácteos. A segunda zoonose por número de afectados, 127.000 en 1999, é o Campylobacter; seguida da Listeria e E. Coli.

ditativos de desinfección, como os centros que conten cunha autorización das CC.AA. con anterioridade a esta norma, disporán dun periodo de adaptación de seis meses para cumprir cos actuais requisitos. Coa aprobación desta normativa, o MAPA pretende establecer uns procedementos básicos, de aplicación en todo o territorio nacional, que permita asegurar unhas condicións sanitarias adecuadas para o transporte de gando, que fundamentalmente se leva a cabo por carretera, tanto para a circulación entre Comunidades Autónomas, como para o mercado intracomunitario.

A favor da exportación de carnes

Varios son os países da UE que se mostran favorables ó fomento da exportación de carnes fronte á de animais vivos alegando que é unha cuestión de benestar animal. Tendo en conta que estes países son principalmente exportadores de carne e non de animais vivos, esta postura resulta cando menos curiosa, máis se pensamos que esa alegación ó benestar animal a fan para os animais vivos pero non de cebo ou reproductores. Canto ó transporte de animais dicir que Dinamarca prestará unha especial atención o longo da súa presidencia da UE a estes asuntos, e pretende que se reduza considerablemente a duración cando os animais estean destinados ó sacrificio, ademais de mellora-los controis. Por último, lembrar que na proposta que a Comisión acaba de publicar sobre a reforma a medio camiño da PAC, faise especial mención a que se teñen previsto reforza-las condicións e os controis para a concesión de subvencións para a exportación de animais vivos.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

27


28

sanidade animal

Aparece unha variedade distinta de Creutzfeldt-Jakob en Suiza Os científicos suizos temen que unha nova variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (CJD – a variante humana da EEB) se poida extender ós humanos. En concreto, a variante que está a causar esta alarma é a que denimonan CJD sporadic. Esta é unha forma diferente da enfermidade que afecta a persoas de máis de 60 anos mentres que a variante de CJD, que coñecíamos ata o de agora, afecta só a mozos. Se a EEB é tamén a causa do CJD esporádico en Suiza -a peor das posibildades- os investigadores teñen que traballar para tentar averigua-la razón de que o gando afectado pola EEB poda causar dúas formas diferentes de enfermidade: a variante CJD na Gran Bretaña e o

83 empresas lácteas paralizadas A Axencia Federal Alimentaria de Belxica (FFA) paralizou a principios do mes de xullo 83 empresas lácteas como medida preventiva ante o temor de que o leite estivera contaminado cun fungo venenoso. A FFA negou que existise perigo algún para a saúde pública e explicou que estas 83 empresas lácteas das rexións de Vallonia e Limburgo foron paralizadas pola sospeita dun posible contacto coa fonte da contaminación. Os responsables da investigación pensan que o causante desta contaminación foi un ingrediente de alimentos para animais importado dos Paises Baixos e que foi detectado en leite procedente dunha empresa de Luxemburgo.

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

resto de Europa, e a variante esporádica en Suiza. Polo de agora só se fala de posibles causas que aínda

non teñen unha base científica, polo que a prudencia ó falar destes temas debe seguir a se-la norma.

As cifras indican un claro ascenso de casos de CJD Cada ano entre 1997 e 2000: de 8 a 11. En 2001: 19 casos. Primeiro cuarto do 2002: 7, catro veces máis alto que en ningún outro sitio. Estas cifras que poden resultar baixas, non o son tanto se pensamos que a poboación de Suiza é de tan só 6,5 millóns e que neste ano xa cuadriplican o número de casos en comparación con outros países, incluída a Gran Bretaña.

Detección de polos alimentados

con proteínas animais A principios do mes de xullo un coñecido xornal londinense, The Guardian, informaba nas súas páxinas da aparición de importantes cantidades de polos conxelados tratados nos Paises Baixos con proteínas de orixe bovina. Estas partidas de polos poderían, de non detectarse a tempo, convertirse nun claro risco potencial de transmisión da encefalopatía esponxiforme bovina (EEB). Ás propias autoriades competentes do Reino Unido, segundo se informaba neste xornal, admitiron o mencionado risco de transmisión

debido á práctica de engadir proteínas de gando vacún á comida dos polos para que absorbesen máis auga e así engordasen máis axiña de xeito máis barato. As peitugas en cuestión procedían de Tailandia e Brasil, sendo despois "tratadas" en Holanda, e dende alí importadas ó Reino Unido. Tal e como se afirma no xornal mencionado, as autoridades británicas tiñan coñecemento destas prácticas ilícitas dende 1997, o que significa que se estivo a adulterar polos polo menos ó longo de máis de cinco anos.

Establecidos novos límites máximos de residuos

A Comisión Europea acaba de establecer no Reglamento 1181/2002 novos límites máximos de residuos (LMR) para 15 medicamentos, en consonacia coas directrices comunitarias de ir establecendo progresivamente LMR para tódalas sustancias farmacolóxicas activas que se usan en medicamentos veterinarios para animais productores de ali-

mentos. No establecemento dos LMR neste regulamento, especifícanse ademais deses 15 medicamentos, as especies animais nas que poden estar presentes os residuos, os niveis nos que poden estar presentes en cada un dos tecidos dos pertinentes obtidos do animal tratado (tecido diana) e a natureza do residuo (residuo marcador).


medio ambiente

Por un uso sostenible dos pesticidas A Comisión Europea quere poñer en marcha un plano para tentar consegui-la reducción do impacto dos productos fitosanitarios. Nunha comunicación titulada "Cara unha estratexia temática sobre o uso sostible de pesticidas" sinaláronse como principais obxectivos para este proxecto: • Minimiza-los riscos para a saúde e o medio ambiente do uso de pesticidas; • Mellora-los controis sobre a utilización e distribución dos pesticidas; • Reduci-los niveis de substancias activas perigosas, especialmente reemprazando as máis perigosas incluíndo alternativas non químicas; • Favorece-lo uso da agricultura de mínimos insumos ou ceibe de pesticidas; • Establecer un sistema transparente para evalua-los progresos,

incluíndo o desenvolvemento de indicadores axeitados. Este plano, que se atopa na súa primiera fase, aínda non conta cunha estratexia definitiva polo que a Comisión pretende primeiro inicar un periodo de consultas coas partes interesadas -agricultores, industria, ONXs, axentes sociais e administracións. O periodo de consultas e suxerencias rematará o 30 de novembro, data a partir da que se desenvolverá a estratexia definitiva que se enmarcará dentro do Sexto Programa de Acción Medioambiental. Segundo as propias palabras da portavoz comunitaria de Medio Ambiente, Pia Ahrenkilde, o que se quere é evitar que se volvan a producir situacións como a contaminación de pensos de Alemaña.

Alternativa moi ecolóxica Unha alternativa ó uso de pesticidas pode ser a utilización de fontes de calor de aplicación directa como a presentada hai poucos días na televisión. O invento en cuestión consiste en utilizar bombonas de butano que producen unha fonte calorífica que se transmite a unhas planchas, as cales van paralelas ó chan de xeito que queiman as malas herbas. A principal vantaxe é que se usaría en sustitución dos pesticidas cun custe que, en principio, se estima, igual ou inferior ó dos pesticidas. Este artiluxio semella ser apropiado para determinadas produccións intensivas pero, sobre todo, extensivas como é o caso do millo, maís aínda se se trata de produccións ecolóxicas.

Reducción de CO2

A Asociación para o Desimpacto Ambiental do Xurro (ADAP) ven de realizar un informe onde se pon de manifesto que "a producción de enerxía nas plantas de tratamento de xurro supón unha reducción dun 60% a un 70% nas emisións de CO2 fronte ás centrais de carbón o fuel-oil, un 30% fronte ás de gas e un 10% respecto ás máis avanzadas de ciclo combinado." Nese mesmo informe se suliña a importante contribución destas instalacións tanto no que se refire ó tratamento dos xurros como da producción de enerxía e reducción de CO2 ó sustituirse combustibles fósiles -derivados do petróleo- por gas natural. As compañías que conforman ADAP contan xa con cinco plantas en funcionamento en España e pensan poñer en marcha otras oito a finais deste ano, cun custo estimado duns 120 millóns de euros e que permitirá o tratamento de 900.000 toneladas de residuos.

¿Cómo reduci-la producción de metano? O metano, que é un gas producido polas feces dos animais, tanto ruminantes como monogástricos, ten unha capacidade de efecto invernadoiro 21 veces superior ó dióxido de carbono-o coñecido CO2, polo que contribúe, e moito, á destrucción da capa de ozono e ó calentamento global da Terra. Tendo en conta que as principais fontes de producción de metano están relacionadas coa agrigultura e a gandeiría, non é de estrañar que os países cunha importante cabaña gandeira se preocu-

pen por este tema e tenten buscar a maneira de reducir as ditas emisións. Este é o caso de Australia, país onde se está a investigar a fondo e no que as investigacións céntranse nos canguros, en concreto nunhas bacterias atopadas no seus estómagos. O motivo é que se comprobou como estes animais, que teñen unha dieta similar á das vacas ou as ovellas, non producen metano, segundo parece por unha ou varias bacterias que só se atopan nos estómagos destes marsu-

piais. Das 40 bacterias que se levan identificadas, unha semella ser capaz de reduci-lo hidróxeno, que se pensa está relacionado ca producción de metano. Demostrado isto, o seguinte paso é inocular esta bacteria noutro gando como poden se-las vacas, ver si a mencionada bacteria sobrevive, e se se mostra eficaz dentro do estómago destes animais, e dicir, se fai que estes animais, onde se introduxo a bacteria, non emitan metano ou o fagan en menor cantidade.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

29


¿ 30

xenética

?

Cómo degradan as vacas a celulosa

Sábese que as vacas, como ruminantes que son, poden dixeri-la celulosa gracias a unhas bacterias simbióticas que se atopan nos seus estómagos, pero entre os centos de especies de bacterias que viven no estómago dos ruminantes, só unhas poucas teñen a capacidade de degrada-la celulosa. En concre-

to só dúas bacterias celulíticas, a Fibrobacter succinogenes e a Runimococcus albus, semellan ter esta capacidade, de aí que os científicos esten agora na fase de secuencia-lo seu xenoma. En primeiro lugar, tentarán determina-las partes do xenoma que codifican para a producción das

celulasas as enzimas que descomponen a celulosa, así como como outras partes implicadas na descomposición da celulosa e outros polisacáridos vexetais. Tamén buscan poder determina-las partes do xenoma que son vitais na colonización e na persistencia da bacteria no rume da vaca. Os avances destas investigacións poden ter aplicacións moi diferentes, pero en calquera caso moi rendibles. Por unha banda, no caso que a nós máis nos interesa -o da producción de leite- os descubrimentos que se fagan neste campo poden axudar a mellorala productividade. Sábese que a productividade das vacas, xa sexa en réximenes intensivos ou extensivos, depende en grande medida da capacidade que estas bacterias teñan para degrada-la celulosa. Por outra banda, tamén poden ser moi útiles á hora de entendela propia degradación da celulosa e así controlar mellor múltiples aplicacións industriais e medio ambientais como pode se-la reciclaxe de papel. Neste caso o que busca é poder acelera-lo proceso de reciclaxe que precisamente a celulosa relentiza.

Vacas clonadas que morren xóvenes Investigadores da Universidade de Connecticut (EE.UU.) e da Universidade de Sâo Paulo (Brasil), nun artígo publicado en Nature Genetics a finais do mes de maio, informaron que as vacas clonadas que morren nada máis nacer rexistran patrones inusuais de inactivación do ADN no seu cromosoma X, mentres que as vacas clonadas que viven presentan patrones normais. Estes resultados poden explicalo por que de que moitos animais clonados morran xusto despois de nacer. Nas fémeas, unha copia do cromosoma X se silencia mediante un proceso denominado inactivación do cromosoma X. Isto ocorre AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

normalmente para asegurar que as células das fémeas posúen a mesma cantidade de expresión xenética que as células dos machos, que tan só aportan un cromosoma X. Nos animais clonados, sen embargo, un cromosoma X se atopa xa "inactivado" no núcleo doado e debe ser completamente reprogramado e desactivado despois no deserrolo. Neste novo traballo levado a cabo por científicos norteamericans e brasileños, se pon de manifesto que as vacas clonadas que morren ó pouco de nacer, teñen uns patrons anormais do cromosoma X nos nove dos dez xenes que analizaron no cromosoma X.

Observouse tamén que o patrón variaba dun clon morto a outro. Sen embargo, cando analizaron a expresión dos mesmos xenes en clons que viviron e en animais de control que foran concebidos mediante reproducción natural, non observaron diferencia alguna. Durante o desenvolvemento normal nos animais, tan só o cromosoma X que se hereda da nai, se atopa activo na placenta. Os autores deste estudio descubriron que nas placentas das vacas mortas, se encontraban activos os dous cromosomas X. Por iso, creese que isto pode se-la causa das placentas anormalmente grandes que se observan nos animais clonados.


alimentación

Crecemento acelerado Esta pregunta, que cada quen responderá ó seu gusto, plantexóusenos logo de ler un artigo publicado na revista Dairy Today do mes de maio no que se pon de manifesto como se pode acelera-lo crecemento das xovencas cuns resultados, en principio, sorprendentes: animais máis altos, delgados e que comezan a producir antes. "Crecemento acelerado" é, segundo apuntan moitos profesionais, a palabra de moda nestes intres nos Estados Unidos. Mike Hutjens, especialista de extensión leiteira da Universidade de Illinois, indica que o ritmo de crecemento actual das xovencas nas explotacións norteamericanas podería mellorarse, reducíndose de xeito importante algúns custos. Nunha enquisa levada a cabo en rabaños de leite dos EE.UU, máis do 63% das vacas en lactación comezan a producir cunha media de idade no primeiro parto superior ós 24 meses, e un 23% por riba dos 27 meses. Tendo en conta que cada mes de retraso por riba dos 24 meses ten un custe adicional duns 60 $ (60 euros aproximadamente) -en concepto de alimentación e a posible producción de leite–, pode que este programa, que basea as súas excelencias no uso de reemprazantes cunha maior porcentaxe de proteína, sirva para reducir eses custos. Mike Hutjens sinala que os investigadores de Cornell e Illinois

comprobaron como dando uns niveis máis altos de reemprazante de leite con máis proteína, as tenreiras gañaban máis de 0,9 quilogramos/día da 2ª á 6ª primeiras semanas de vida. Se temos en conta que os parámetros normais, utilizando o NRC 2001, son que unha tenreira de 40 quilos de peso ó parto alimentada con leite enteiro, ó 8% do peso corporal, gañase 0,25 kgs./día; e alimentada cun reemprazante lácteo tradicional a tenreira debería gañar uns 0,13 kgs./día, a diferencia é significativa. Outra interesante afirmación que se pode extraer, logo de comproba-los resultados obtidos no programa, é que as dietas líquidas actuais restrinxen o crecemento e polo tanto, un programa de cre-

cemento pode significar, paradóxicamente, "crecemento normal". Por outra banda, puídose comprobar como a medida que se incrementaba o peso diariamente, as necesidades de enerxía metabolizable e a proteína aparentemente dixestible tamén o facían. Ademais, nos casos con niveis de crecemento maiores de 0,9 kgs./día, se require unha dieta dun incremento nun 27% de proteína bruta, dando como resultado xovencas máis altas fronte a xovencas engrasadas. Este programa de "crecemento rápido" semella ser moi interesante para explotacións de leite cun excelente manexo e que buscan maximiza-la súa xenética, obter xovencas máis altas, e muxi-las súas xovencas antes.

Dentro deste programa • A dieta líquida debería ser máis concentrada (dun 14% a un 16% de materia seca) en comparación ó 12-13% de sólidos en programas de leite enteiro ou reemprazantes de leite tradicional. • Os reemprazantes lácteos deberían conter un maior nivel de proteina bruta -28% - e o 15% de graxa. Niveis de graxa máis altos poden ser necesarios durante periodos de tempo frío ou periodos de estrés. • Limita a cantidade de sólidos lácteos ó 2% do peso corporal da tenreira ó nacemento. Por exemplo, unha tenreira duns 40 kgs. debería recibir uns 0,8 kgs. de sólidos por día. A medida que as tenreiras se fan maiores, comezan a tomar penso iniciador. Deben ter auga a súa libre disposición dende o segundo día.

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

31


32

alimentación Por último, Mike Hutjens sinala que hai que ter en conta que cada xovenca é única e diferente polo que o control debe ser personalizado. Por exemplo, é posible que no caso das cuxas máis débiles, sexa difícil que consuman as cantidades estipuladas ou que o esterco das xovencas que participen no programa teña menos consistencia. Da mesma maneira, durante o transcurso de enfermedades clínicas e estrés por calor, o color do esterco pode ser crema claro pero se o esterco se volta demasiado solto, hai que comprobar que non hai deshidratación e, se é necesario, haberá que engadir un electrolito. As respostas ó programa por parte dos profesinais, tanto gandeiros como científicos como veterinarios, é, en principio, positiva aínda que con pequenas, pero non por iso, menos importantes matizacións.

Mike VandeHaar, científico da Universidade de Michigan, cuestiona os aforros que se puideran acadar cunha dieta alta en proteína e baixa en graxa, pero pensa que si se poden beneficiar as xovencas con esta dieta. VandeHaar se pregunta si os criadores poderían conseguilos mesmos resultados dando como alimento gran máis barato en vez de o carísimo reemprazante lácteo, e se unhas ubres que medraron tan rápido

producirán a mesma cantidade de leite. Chris Dutton, veterinaria e coxerente en Chaput Family Farms, Vermont, pensa substitui-lo reemprante alto en proteína por leite pasteurizado. Duttobn pensa que aínda que o reemprazante fomenta o crecemento da xovenca e cre que se muxen mellor, pensa que alimentar co leite pasteurizado ou do tanque ten máis sentido nestes momentos, polo menos dende o punto de vista económico.

O programa paso a paso

na explotación Siemers Holsteins De cuxa a xovenca, os resultados son impresionantes. En Siemers Holsteins, Wisconsin, alimentar con remprazantes de leite máis altos en proteína produce xovencas máis altas, delgadas que cos programas de alimentación tradicionais, e sen que se engraxe o gando.

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

"As xovencas son sempre máis grandes, máis longas, máis altas" opina Sherry SiemersPeterman, a encargada da alimentación das cuxas. E, engade que "podo dicir logo de tres anos de experiencia que non son gordas. Sen embargo, aínda é cedo para afirmar se as

xovencas criadas neste programa dan máis leite durante a primeira lactación". Jim Drackley, especialista en leite da Universidade de Illinois, explica que incrementa-lo contido de proteína ata o 28-30%, con 20% ou menos de contido graxo, tonifica os músculos e o crecemento dos osos sen que as xovencas se engraxen. Siemers Holsteins, é unha explotación con 2.100 vacas e unha media de producción de 11.800 kgs. de leite, na que traballan Sherry, os seus pais e tres irmáns. Cando a familia comezou a amplia-lo seu rabaño hai sete anos, o estrés de incorporar xovencas novas e esperar a que se adaptasen ás novas instalacións provocaba importantes baixas. Entón intentaron varias estratexias para fortalece-lo gando, das que 150 a 200 adoitan ser xovencas.


Sistema de alimentación da recría As cuxas recén nadas reciben uns 3 litros de calostro procedente das súas nais, ou doutra vaca libre de enfermidades de calquera tipo, dentro da primeira hora logo do nacemento, e outros 1,9 litros 12 horas despois. Despois, no segundo día as cuxas son alimentadas diariamente cun reempranzante lácteo cun 28% de proteína e un 20% de graxa. Tamén inician a alimentación a libre disposición dun iniciador texturizado ó 21%. O reemprazante o toman á 1 a.m. e á 1 p.m., e os electrolitos ás 5 a.m. e 5 p.m. "Isto realmente expande os seus nutrientes ó longo de todo o día" sinala Siemers-Peterman.

As cuxas que comezan con 1,9 litros de reemprazante dúas veces ó día, e pasan a 3,3 litros ós 10 días aproximadamente. Durante a última semana con leite, Siemers-Peterman baixa gradualmente a cantidade de reeemprazante para facilita-lo destete. As cuxas están instaladas nun invernadoiro, pasando logo a unha corte de transición ás nove semanas de idade. Destétanse dos 30 ós 33 días a menos que sexan xemelgas nadas con pouco peso ou enfermizas. Siemers-Peterman subliña a importancia de que teñan auga á súa disposición. "Sorprende a cantidade de auga que beben".

Os resultados obtidos con este programa son moi interesantes • 15 kgs.. máis de peso ás 7 semanas de idade. • 24 kgs. máis de peso ás 23 semanas de idade. • 56 kgs. máis de iniciador consumido por tenreira dende a 1ª á 23ª semana.

Ademais de tenreiras máis grandes, son máis sanas: "Realmente usamos moitos menos medicamentos con estas tenreiras. De feito reducimos os tratamentos con antibióticos nun 60% e rebaixamos tamén o índice de mortalidade". Siemers-Peterman estima que o programa intensivo con reemprazante lácteo custa de $71.50 a $77 por tenreira (aproximadamente 71,5 a 77 euros, unhas 12-13.000 pesetas), o que supón uns $20 máis por tenreira (20 euros) que co reemprazante tradicional. Pensa que o custo engadido paga a pena porque asegura obter finalmente as xovencas sanas e grandes que se precisan. O obxectivo desta explotación e que as xovencas pesen entorno os 400 kgs. e teñan uns 1,27 metros de alto no momento da primeira inseminación. Actualmente inseminan dos 12 ós 14 meses. "As xovencas son realmente excelentes, sanas e delgadas".

• 65 kgs. máis de iniciador consumido por tenreira destetada. • Gaña 0,45 kgs. máis por día dende a 1ª á 4ª semana de idade, o que supón unha media de 0,72 kgs por día.

Aínda queda unha importante cuestión por responder:

Como é o muxido "Esta xovencas están comezando a producir. Polo de agora o están facendo ben, pero aínda é demasiado cedo para compara-la producción de leite". Para Siemers-Peterman, o lóxico sería que unhas xovencas máis longas e altas lucirán uns rumes maís grandes para unha inxesta de materia seca maior; e máis inxesta de materia seca debería traducirse en máis leite. XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

33


34

alimentación

Racións de alfalfa deshidratada para vacas de leite ó inicio da lactación Nesta ocasión facémonos eco dun estudio realizado polos investigadores do Inra francés V. Thènard, M. Mauriès e JM. Trommenschlager. Neste estudio levaronse a cabo dous ensaios co obxecto de comprobar se realmente pagaba a pena adicionar 3 kg de alfalfa dehidratada (do 18% de contido en proteína bruta e fibra corta) en dietas de ensilado de millo e herba. As vacas coas que se fixo o estudio eran vacas de leite multíparas (27 Montbeliard e 27 Holstein) que recibiron dietas experimentais completas durante as primeiras 15 semanas de lactación. No ensaio púxose de manifesto que co uso de 3 kg de alfalfa dehi-

Pensos

contaminados As alertas causadas pola contaminación de pensos para a alimentación de diversas especies animais está á orde do día. Na mente de todos están as fariñas cárnicas, e máis recentemente os pensos contamiandos con nitrófeno en Alemaña ou a contaminación de porcos coa hormona MPA, acetato de medroxiproxesterona que provoca infertilidade se se usa en grandes cantidades, e que só está permitida na UE para animais de compañía e na fabricación de anticonceptivos para humanos. Todas estas alertas están a formar parte da actualidade un día si e outro tamén, pero pensemos que non é porque hai maís fraude senón porque agora hai maís controis. Se isto é realmente así, o paso seguinte debería se-la sanción sen paliativos ós que infrinxen a normativa relativa á alimentación animal.

AFRIGA / XULLO - AGOSTO 2002

dratada reducíase a cantidade de torta de soia sen reduci-la enerxía e a proteína bruta no aporte alimentario. A inxesta diaria foi incrementada cando as vacas se alimentaron con alfalfa (23.4 versus 21.1 kg/d). Sen embargo, con esta inxesta diaria maior non se conseguiu un aumento da producción láctea, a cal foi de 31,1 kg/d; o contido de materia graxa non se viu afectado (43.0 g/kg) mentres que si aumentou o contido proteico do leite (31.2 versus 32.3 g/kg) sen que variase o contido de caseína do leite. Neste experimento con vacas alimentadas individualmente, observouse ademais que: • Moitas das vacas non consumían fácilmente a alfalfa dehidratada;

• A excreción de nitróxeno calculada foi máis importante cunha dieta de alfalfa (372 versus 321 g N/d) porque a inxesta diaria foi máis alta, cunha inadecuada mobilización de nitróxeno na proteína do leite; • Ó inicio da lactación, os rankings de variación de peso e engorde non se viron afectados pola dieta; • Non se apreciou diferencia nas capacidades de reproducción; e • A adición de alfalfa semella que reduxo o risco de mamite ó mellora-la saúde do animal, debido ó poder de neutralización da alfalfa e á reducción das condicións de acedose.

A Xunta sancionou a unha empresa productora de pensos O Goberno galego acordou nas semanas pasadas impoñer unha multa de 30.050 euros a unha empresa fabricante de pensos, autora de dúas infraccións en materia de defensa do consumidor e de producción agroalimentaria. En concreto, esta empresa cometeu unha infracción sani-

taria grave, ó proceder á comercialización prohibida de pensos con fariña de carne e ósos de peixe; xunto cunha infracción administrativa calificada como grave, pola súa negativa a facilita-la información requerida polos inspectores da administración.

Novo test para a detección de fariñas de carne de ruminantes Unha empresa norteamericana acaba de lanzar ó mercado un novo text rápido que permite comproba-la presencia de fariñas cárnicas procedentes de ruminantes. Este test pode ser usado por calquera explotación gandeira, sexa cal sexa o seu tamaño, comerciais de alimentos para animais e auditores da calidade final do alimento co fin de comprobar, en tan só 10 minutos e in situ, se realmente o conti-

do e o etiqueta dos pensos se corresponden. Desafortunadamente este método, segundo semella fiable e rápido, non poderá ser usado na Unión Europea, principalmente porque, mentres nos EE.UU tan só está prohibida a alimentación de ruminantes con fariñas cárnicas doutros ruminantes, na Unión Europea non se permite a alimentación de animais con ningún tipo de fariña de carne e osos.


Lexislación DOG

Decreto 245/2002, do 24 de xullo, polo que se modifica o Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia. 30/7/02 Orde do 2 de agosto de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos productivos agrícolas e se convocan para o ano 2002. 8/8/02 Resolución do 13 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan quince e sesenta e seis cursos, respectivamente, de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro para agricultores. DOG 22/8/02 Orde do 13 de agosto de 2002 pola que se regulan e se convocan axudas para a compra de gando bovino que teña por obxecto a reposición das reses como consecuencia do sacrificio obrigatorio en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais. DOG 22/8/02 Resolución do 13 de agosto de 2002, conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e da Dirección

lexislación retrincos

Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, pola que se convocan cursos de aplicador/manipulador de praguicidas, nivel básico e cualificado. DOG 23/8/02 Orde do 13 de agosto de 2002 pola que se establecen as compensacións complementarias como consecuencia da declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina. DOG 23/8/02

DOCE Directiva 2002/69/CE da Comisión, de 26 de xullo de 2002, pola que se establecen os métodos de mostraxe e de análise para o control oficial das dioxinas e a determinación de PCB similares ás dioxinas nos productos alimenticios e nos pensos. DOCE L209, 6/8/02 Regulamento (CE) no 1494/2002 da Comisión, de 21 de agosto de 2002, polo que se modifican os anexos III, VII e XI do Regulamento (CE) no 999/2001 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo ó seguimento da encefalopatía esponxiforme bovina, a erradicación da encefalopatía esponxiforme transmisible, a eliminación dos materiales especificados de risco e a normativa para a importación de animais vivos e productos de orixe animal. DOCE L225, 22/8/02

Retrincos "A reforma das políticas agrarias esta a ser lenta, variable e insuficiente polo que hai que intensifica-los esfuerzos para continuar reducindo o apoio, asegura-lo bo funcionamento dos mercados, poñer en marcha medidas máis selectivas que falseen menos a producción e os intercambios".

producción, senón por responder ó que o público desexa: salubridade dos alimentos, benestar animal e bo estado do medio ambiente. Ó tempo que lles garante unha renda estable, o novo sistema evitará que os agricultores estean constreñidos pola necesidade de orienta-la súa producción en función das subvencións".

Informe anual da OCDE

Franz Fischler, Comisario de Agricultura, Desenvolvemento Rural e Pesca.

"Chega ata tal punto o paradoxo, e a falta de planificación das industrias españolas que a estratexia de recorte de prezos que impusieron as empresas transformadoras en España, levou a moitos grupos de gandeiros españois a ter que leva-lo leite cara a Francia a prezos moi baixos. Leite, xeralmente sen cota, que os franceses poden estar envasando e revendendo en España a prezos que fan a competencia ás nosas propias empresas, apoiándose en que as grandes superficies son de capital galo". Manolo Carlón, secretario xeral de la FEPLAC "No cabe esperar que as zonas rurais prosperen, o medio ambiente goce de protección, os animais estén ben coidados e os agricultores poidan subsistir, sen pagar por iso. No futuro, non se pagará ós agricultores por un exceso de

"Tal e como está desenvolvida actualmente a Lei do Medicamento, calquera tipo de tratamento médico farmacolóxico que se aplique a un animal de abasto destinado ó consumo humano debe de estar baixo control sanitario....Calquera tratamento nas mans dun incauto ou dunha persoa de pouca catadura moral e que escape o control pode derivar en que os medicamentos utilizados acaben no mercado......Os prexuízos para a saúde pública da existencia de fármacos nos productos de orixe animal son moitos pero, quizais, o máis grave é o dos antibióticos, por ter unha influencia moi silente. Non se nota nada pero se está aumentando a resistencia dos microorganismos a eles." Angel Nuñez, Veterinario clínico na "Voz de Galicia" do 09/08/02

XULLO - AGOSTO 2002 / AFRIGA

35


p รก g i n a 3 6 ( c o n t r a p o r t a d a )

P U B L I C I D A D

S

E

M

N U E V A

E

X


AFRIGA 47