Issuu on Google+

Prezos e recollida

ANO VIII • Nº 46

A CE favorable ás cotas

Silleda 2002

Africor Pontevedra

Auga sí, pero boa


2

Alfalfa Deshidratada Silo de Maíz Deshidratado Levadura de Cerveza Cebadilla de Cerveza Pulpa de Remolacha

GANADERÍA DIPLOMADA Venta permanente de sementales y novillas de alto pedigree Sanidad comprobada

VENDO

Te l é f o n o

9 8 5

5 5

5 0

Telf. 93 229 69 09 - Fax 93 229 69 08 E-mail: poballe@infonegocio.com 08034 Barcelona - c/ Enric Giménez, 4

0 0

COTA ALQUILO 150.000 Litros

COTA 168.000 KILOS

985 55 50 00

Te l é f o n o 9 8 5 5 5 5 0 0 0

Aquí podría estar

su anuncio E-mail: revista@afriga.es

Consulte nuestras tarifas

SISTEMAS INFORMÁTICOS DE GESTIÓN T e l e f o n o AFRIGA / XUÑO 2002

9 8 5

5 5

5 0

0 0


editorial

Coas

calores

do

verán non se van poder deixar enfriar temas tan importantes e urxentes como son a precaria situación de moitos productores a consecuencia da baixa nos prezos do leite en orixe, a importación por parte da industria de leite de fora ou a recollida irregular da que están a ser obxecto moitas das

cooperativas

que son primeiros compradores.

Os PECOs

Este ano o tan desexado periodo estival semella que vai estar marcado por unha inusual actividade, e en vez de praia e sol, imos ter moitos asuntos importantes pendentes dun acordo. Tanto dentro como fora do país moitas son as cuestións por resolver e negociar e que, aínda que de seguro non van ser aprobadas ata o regreso das vacacións, si terán que ir "collendo forma" e te-las súas "bases establecidas" para entón. Coas calores do verán non se van poder deixar enfriar temas tan importantes e urxentes como son a precaria situación de moitos productores a consecuencia da baixa nos prezos do leite en orixe, a importación por parte da industria de leite de fora ou a recollida irregular da que están a ser obxecto moitas das cooperativas que son primeiros compradores. Esta situación grave e sen fácil solución no noso país, está a producirse tamén noutros Países Membros, e en concreto, nos nosos maís inmediatos veciños como son Portugal, Francia ou Italia. Por outra parte, mirando un pouco maís alá do 2004 e 2008 está a adhesión dos países da Europa Central e Oriental, os tamén denominados PECOs. Estes futuros socios teñen un grande potencial productivo sobre todo a nivel agrícola e gandeiro polo que as negociacións son e serán tamén delicadas, en especial no que se refire ás axudas directas. Algúns países como Alemaña, Holanda, Suecia e o Reino Unido non están de acordo coa proposta común dos Quince na que se establece que a Comisión Europea, na súa proposta para o capítulo agrícola relativa á entrega de axudas directas ós candidatos a partires da súa incorporación no 2004, comeza-

rá cun 25%, un 35% no 2006 e a equiparación das axudas coas dos actuais socios no 2013. Os países que están a bloquea-la incorporación destes novos socios son contribuíntes netos ó orzamento comunitario e o que queren evitar é que a ampliación repercuta no que eles teñen que pagar, mostrando polo tanto a súa total disconformidade coas axudas agrícolas directas, tanto ós actuais como ós futuros socios. Salvando este escollo, no calendario pactado polos líderes da UE no Cumio de Gotemburgo (Suecia), as negociacións cos 10 candidatos mellor preparados deben concluir a finais deste ano co horizonte do 2004 para as primeiras incorporacíons. Canto á postura deses futuros socios decir que está a medrar o euroescpeticismo e por exemplo en Polonia están a proliferar posturas encontradas principalmente no referente á agricultura. Moitos polacos ven a incorporación como unha ameaza porque están seguros de que haberá unha invasión de productos agrarios e alimentarios, e que os países máis ricos, particularmente os alemans, se farán coas terras, que de seguro van mercar a baixo prezo. E se isto non chega, aí está a Farm Bill. No interior da revista profundizamos no coñecemento da nova lei agraria norteamericana, pois semella claro que esta lei supón, entre outras cousas, a blindaxe da agricultura e gandeiría norteamericana antes das negociacións na Organización Mundial de Comercio para o progresivo desmantelamento das formas de axudas e proteccións que impliquen distorsión do comercio. E mentres eles aumentan ás axudas, nos na Unión Europea o que estamos a discutir é precisamente a súa "eliminación".

XUÑO 2002 / AFRIGA

3


sumario

5

CONCURSOS

Silleda 2002

4

ACTUALIDADE

5

Os concursos volven á normalidade.

8

Na Unión Europea se comeza a move-las "fichas" que determinarán o futuro do sector.

SANIDADE ANIMAL

8

10

A CE favorable ás cotas

A Comisión Europea homologa a RB-51, unha vacina contra a brucelose.

MERCADO

13

Os prezos e a recollida do leite son causa de fortes enfrontamentos entre productores e industria.

10

COTAS

18

Brucelose

Case todos os países candiatos a entrar na Unión Europea son contrarios ó actual sistema de cotas.

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

19

A producción media dos socios de Africor Pontevedra acadou os 7.053 quilos.

13

MANEXO

23

Prezos e recollida

A salubridade da auga é esencial para producir leite de calidade e ter animais sans.

ALIMENTACIÓN

24

Escándalo en Alemaña pola detección de pensos adulterados con nitrófeno.

19

XENÉTICA

26

AFRICOR Pontevedra

Francisco Ahedo manifesta a súa disconformidade coas probas internacionais.

LEXISLACIÓN E RETRINCOS

27

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Consello de redacción: Xosé R. Anido, Celia Fernández, Gustavo Frog, Antonio María ■ Fotografía portada: Fernando Míguez, Fefriga ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Xosé Ramón Anido, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C-1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

Auga sí, pero boa

23

AFRIGA / XUÑO 2002


concursos

5

Silleda 2002 Logo dun ano de sequía de concursos, por fin recupérase a normalidade. ¡E cómo!. Nas vísperas do San Xoán reuníronse en Silleda os amantes da xenética (e tamén os que non o son) onde disfrutaron cos cinco sentidos das mellores vacas do Estado español, que participaron no XI Concurso Autonómico Fefriga 2002 e o XXIV Concurso Internacional Semana Verde. Entre elas, moitas galegas, as cales brilaron a unha grande altura, competindo con animais tan extraordinarios coma a impresionante vaca irlandesa Salinoise Ottawa, a extraordinaria Travesía Progress Lisa ou a Shoremar Ruby Jewel. Tanto no concurso de Galicia como no Internacional, as ganderías do noso país volveron mostra-la seriedade dun traballo que está dando magníficos froitos. Animais da calidade, entroutros, de Cid Astre Rosi, Bos Progress Grila, Agrortergal Galletera Juror, Bos Astre Baíña, Xercas Porta James Chita ou Xercas Cav Luci Storm foron boa mostra do duro e bonito traballo que están a desenvolver as nosas explotacións. Os gandeiros de Xercas, cos títulos de mellor rabaño de Galicia e mellor criador galego e internacional; a gandería Cid co título de xovenca gran campiona Galicia e tenreira campiona internacional; ou a gandería Cobas (cun animal impresionante da "factoría Bos") coa vaca gran campiona de Galicia e o mellor ubre de Galicia,

foron xustos protagonistas destes extraordinarios concursos. Tamén os amantes ós concursos puideron volver a disfrutar dunha interesantísima subhasta de animais de Bos, a cal mostrou (xunto coa súa participación no concurso) a seriedade e a importancia do traballo que aí se desenvolve.

Paralelamente á celebración dos concursos de gando e á subhasta celebráronse o XVIII concurso de xóvenes manexadores e o II concurso de pintura nos que quedou claro que a nosa xuventude está a recolle-lo relevo con ilusión. Estes foron un resumo dos resultados:

XI CONCURSO AUTONÓMICO DA RAZA FRISONA FEFRIGA 2002 Xuíz do concurso: Yvon Chabot, Xuíz Internacional da Asociación Holstein de Canadá Nome

Pai

Premio Conselleria de Agricultura (Tenreira) Carreira Sultan 41 Sultan Premio Conselleria de Agricultura (Xovencas) Noguerol Lerez Brisa Lerez Tenreira Campiona de Galicia Cid Astre Rosi Astre Xovenca Campiona de Galicia Casa Nova Kaban Windsor 353 Windsor Xovenca Gran Campiona Galicia Cid Astre Rosi Astre Premio Conselleria de Agricultura (Vacas Xóvenes) Agrortegal Pomba Cubeiro Cubeiro Premio Consellería de Agricultura (Vacas Adultas) Paloma Lérez Vaca Xove Campiona de Galicia Bos Progress Grila Progress Vaca Intermedia Campiona de Galicia Agrortergal Galletera Juror Juror Vaca Adulta Campiona de Galicia Bos Astre Baíña Astre Vaca Gran campiona de Galicia Bos Astre Baíña Astre Mellor Ubre de Galicia Bos Astre Baíña Astre Mellor descendencia de Vaca Bos Lindy Mera Mellor Criador de Galicia Xercas-SAT Cavadas, Xermade, Lugo Mellor Rabaño de Galicia Xercas-SAT Cavadas, Xermade, Lugo

Tenreira campiona de Galicia. Cid Astre Rosi

Gandería Carreira Pereiro Cid, C.B. S.A.T. Casa Nova Cid, C.B Granxa da Vidueira S.A.T. Casa Nova Carlota Granxa Caxigueira Cobas Cobas Cobas

Xovenca campiona de Galicia. Casa Nova Kaban Windsor 353 XUÑO 2002 / AFRIGA


6

concursos

Vaca xove campiona de Galicia. Bos Progress Grila

Vaca Intermedia Campiona de Galicia. Agrortegal Galletera Juror

Vaca adulta campiona de Galicia. Bos Astre Baíña

Vaca gran campiona de Galicia. Bos Astre Baíña

Mellor descendencia de vaca. Bos Lindy Mera

Mellor criador de Galicia. Xercas - SAT CAVADAS

Mellor xoven manexador. Iván Cid Salgado

Mellor manexador infantil. Manuel Otero Alvarellos

XVIII CONCURSO XÓVENES MANEXADORES Mellor Xoven Manexador Ivan Cid Salgado (Ganderia C.B., Barreiros-Lugo) Mellor Manexador Infantil Manuel Otero Alvarellos (Gandería Pérez, Forcarei -Pontevedra)

AFRIGA / XUÑO 2002


Xovenca campiona internacional. Travesía Progress Lisa

Vaca adulta campiona internacional. Shoremar Ruby Jewel

Vaca gran campiona internacional. Salinoise Ottawa

Mellor criador internacional. Xercas - SAT CAVADAS

II CONCURSO DE PINTURA. Fefriga 2002 1º premio alevín: Noél Rodríguez Alvite (co debuxo "A miña casa"). 1º premio infantil: Andrea Pardo Fernández (co debuxo "O País do Leite"). 1º premio junior: Jessica Bello Ben (co debuxo "Os Nosos Campos"). BOS Formation SARAIBA ET

XXIV CONCURSO INTERNACIONAL FRISÓN SEMANA VERDE Xuíz do concurso: D. Yvon Chabot Nome

Pai

Tenreira Campiona Internacional Cid Astre Rosi Astre Xovenca Campiona Internacional Travesia Progress Lisa Progress Xovenca Gran Campiona Internacional Travesia Progress Lisa Progress Vaca Xoven Campiona Internacional Pow Pow Ilstar Vaca Intermedia Campiona Internacional Salinoise Ottawa Salinoise Lulu Vaca Adulta Campiona Internacional Shoremar Ruby Jewel Rudholph Vaca Gran campiona Internacional Salinoise Ottawa Salinoise Lulu Mellor Ubre Internacional Merina HGF Dombinator Mellor Criador Internacional Xercas-SAT Cavadas, Xermade, Lugo Mellor Rabaño Internacinal Gandería La Flor, San Román de Cayón, Cantabria

Gandería Cid, C.B. - Barreiros Iraizotz Iraizotz Los Almendros Shannon Farms

VI SUBHASTA TOP-BOS Resumo - Bos Stonenhan Tronceda: 2.400 € - Bos Cousteau Boira: 2.600 € - Bos Aaron Zara: 2.300 € - Bos Metro Icia: 2.500 € - Bos Windsor Vera: 4.100 € - Bos Marty Adai: 4.500 €

La Ponderosa - Bos Manfred Lira: 4.600 € Shannon Farms - Bos Formation Saraiba: 6.100 € Los Almendros - Bos Winchester Bala: 6.100 € - Bos Lee Merla: 6.000 €

XUÑO 2002 / AFRIGA

7 Fotografías cedidas por FEFRIGA. Fotógrafo: Fernando Míguez


8

actualidade

A Comisión Europea favorable ás cotas A Comisión Europea considera que o mantemento do actual sistema de cotas ata o 2008 sería favorable para o sector leiteiro. Neste momentos Bruxelas está a analiza-las perspectivas de crecemento do mercado do leite e o funcionamento da súa regulación, baseada no sistema de cotas, de cara á revisión a medio prazo da Política Agrícola Común (PAC). O sector leiteiro, que representa o 14% do valor agrícola total, e que xenera 38.000 millóns de euros, é o máis importate da UE. Por iso é fundamental para todos o que se está a decidir en torno ós axustes do sector na revisión da PAC e as propostas que a Comisión Europea presente o 11 de xullo. Coa Axenda 2000, aprobouse un aumento das cotas leiteiras, o que beneficiou a países como España (con 550.000 toneladas) ou Italia. Tamén nesa ocasión, decidiuse unha reducción dos prezos de intervención a partires de 2005 e acordouse a introducción de pagos directos a partires da campaña 2005-2006. A Comsisión Europea considera que de manterse o acordado nesta Axenda 2000, as perspectivas do sector son "favorables" en canto ós prezos para os productores e os seus ingresos; e que nos "beneficiaría" de cara ás negociacións da Organización Mundial de Comercio (OMC), porque se reducirá a dependencia das axudas á exportación. Bruxelas ademais pensa que diminuirá o número de vacas e, en consecuencia, a "presión no mercado". Sen embargo, quedarán moitos outros aspectos "delicados" sen resolver. De acordo co establecido na Axenda 2000, a Comisión elaborou un informe para avalia-la aplicaAFRIGA / XUÑO 2002

ción da reforma aprobada no 1999, que prorrogaba o sistema de cotas lácteas ata o 2008, e así ver que facer no sector a partir desa data ata o 2015. Sen embargo, os expertos comunitarios, non pre-

sentarán unha proposta única, senón un documento onde se recollen catro posibles opcións, que serán debatidas polos Ministros de Agricultura. As catro opcións que plantexa o documento son:

1. MANTE-LO SISTEMA ACORDADO NA AXENDA 2000, que en principio sería máis favorable á renda do sector. Esta opción implicaría que ata o 2015 non se produciría ningún cambio e se aseguraría o mantenemento do sistema de cotas ata esa data cos niveis de cota establecidos no 2008. Na opinión dos expertos comunitarios, a producción non se incrementaría ó non aumentarse as cotas pero, pola contra, si está previsto que o faga o consumo interno, e os prezos ó productor tenderían a subir.

2. DIMINUI-LOS PREZOS DE INTERVENCIÓN E AUMENTA-LAS COTAS, co que se continuaría co "enfoque da Axenda 2000". Aumentaríanse novamente as cotas a tódolos países, baixaríanse os prezos de intervención e introduciríase unha axuda que compensaría parcialmente esta baixa. Estas alternativas suporían aplicar no 2008 exactamente as mesmas medidas que se aplicaron no 2000. O incremento de cotas proposto sería dun 3% en tres etapas, desde 2008/09 a 2010/11. Os prezos de intervención reduciríanse nunha media dun 10% e introduciríase unha axuda directa ó gandeiro que só compensaría preto do 60% da baixa dos prezos. O gasto que estas axudas suporían é un dos puntos valorados como negativos nesta opción. As medidas desta proposta, sumadas ás que entrarían en vigor no 2005 pola Axenda 2000, suporían que entre o ano 2000 e o 2015, as cotas aumentarían nun 4,7% e que os prezos institucionais reduciríanse nun 25%. A acción conxunta dun aumento das cotas, que levaría aparexado un aumento da producción, coa baixa dos prezos institucionais, implicaría unha reducción dos prezos ó productor. Os países exportadores da UE si se verían beneficiados debido a que ó se-los prezos interiores moito máis baixos, estos serían máis competitivos no mercado internacional e non serían tan dependentes das restitucións.

3. INTRODUCIR DOUS NIVEIS DE COTAS. Unha máis restrinxida para o consumo interno, e outra referida á producción de leite para as exportacións. Este sistema aplícase en Canadá e coñéceselle como o réxime de cotas dos dous tercios. A opción do réxime de cota dos dous tercios implicaría establecer dous tipos de cota. Unha chamada cota A para a demanda interna e unha cota C destinada á exportación. Recibe o nome de réxime dos dous tercios porque ésta sería a proporción da cota A, sendo o tercio restante o da cota C. De acordo coa proposta, a cota A sería un 5% máis baixa que a resultante no 2008, sen embargo, a suma da A e a C sería algo maior. Os expertos comunitarios consideran que esta opción, se ben reduciría considerablemente a necesidade de apoio comunitario, sería de difícil control e podería ser cuestionada pola Organización Mundial del Comercio.

4. ELIMINAR TOTALMENTE AS COTAS. Esta opción sería a máis negativa para os ingresos dos productores. Con esta medida, o sector lácteo veríase abocado ó mercado libre, a producción posiblemente aumentaría e os prezos ó gandeiro baixarían.


As axudas directas e a PAC As axudas directas ós agricultores dos futuros socios da EU está bloqueada pola oposición do Reino Unido, Alemaña, Holanda e Suecia. Estes países, que son os maiores contribuíntes ó orzamento da UE, non aceptan que as axudas ós futuros membros se vaian incrementando progresivamente ata igualarse ás dos actuais socios no 2013; de feito, os catro países son firmes partidarios de reducilas axudas, tanto ós novos como ós actuais socios. Ademais, argumentan que na Axenda 2000 que fixou os gastos para o 2006, non se previron estes gastos directos, punto que tamén parece comparti-lo Ministro español Cañete

quen considera que non se pode levar a cabo ningunha reforma sen diñeiro enriba da mesa. Por outro lado, hai outros países favorables a estas axudas directas, como Francia, que si defende o mantenemento das axudas agrícolas directas e rexeita que as negociacións para a ampliación da UE dependan da revisión da Política Agrícola Común (PAC). No que respecta a España, o Ministro di que a PAC debería respecta-las normas de competencia e o principio de solidariedade, e salienta que se deberían reducilas axudas ligadas á producción en favor dun desenvolvemento rural, aínda que sen "desmontar"

Resultados ós comicios ás cámaras agrarias Por provincias: A Coruña: o presidente da cámara agraria provincial é Roberto García, de Unións Agrarias (UU.AA), que ademais dos sete votos dos vocais electos de UU.AA., contou cos seis acadados polo Sindicato Labrego Galego (SLG). Lugo: o presidente provincial será Xosé Antón Ledo, do SLG, que accedeu á presidencia gracias ó apoio dos oito vocais da súa organización máis os cinco de UU.AA.. Ourense: o presidente provincial será Manuel Carlos Gómez, de Xóvenes Agricultores (XX.AA.), ó acadar maioría absoluta nesta provincia.

gonzalo

Pontevedra: o presidente será Román Santalla, de UU.AA., ó lograr unha mayoría suficiente, con 11 vocais, por diez de XX.AA. e cinco do SLG, que ademais contará co respaldo destes últimos. Aspectos a salientar destes comicios son a importante alta participación dos profesionais do agro e o acordo acadado por Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego, gracias ó cal o primeiro conseguiu a presidencia en tres das catro provincias, a pesares de que Xóvenes Agricultores resultou a lista máis votada con case a metade dos votos.

de forma total as subvencións directas ós agricultores. Por último, é por mostrar cal é a postura da Comisión Europea, dicir que o seu portavoz de Agricultura, Gregor Kreuzhuber, explicou en rolda de prensa que nun principio os pagos directos foron introducidos en 1992 para compensa-las baixas dos prezos dos productos agrícolas, pero que na reforma da PAC aprobada no marco da Axenda 2000 cambia o enfoque, polo que a partires de entón, as axudas directas se conceden para estabiliza-los ingresos dos agricultores e garantir a súa renda, pasando a formar parte do "acervo (lexislación) comunitario".

Manifestación en Estrasburgo Os agricultores europeos, varios miles segundo os convocantes, concentráronse o 11 de xuño ante a sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo, con motivo da revisión da Política Agrícola Común (PAC) e outros asuntos "críticos" que afectan ó futuro do sector. A manifestación foi organizada polo Comité de organizacións agrarias e das cooperativas da UE (COPA-COGECA) e o Consello Europeo de Xóvenes Agricultores (CEJA), baixo os lemas "unha nova ambición para a agricultura europea" e "xustiza para os productores de toda Europa". Con esta manifestación, os productores quixeron expresa-la súa preocupación pola revisión a medio prazo da PAC, a nova Lei Agraria dos Estados Unidos (a Farm Bill) e a "situación crítica" de certos mercados europeos. A financiación da ampliación da UE é outro dos asuntos importantes para o sector agrícola e polo tanto, o COPACOGECA invitou tamén á manifestación a productores de países en fase de ser candidatos.

XUÑO 2002 / AFRIGA

9


10

sanidade animal

Brucelose

en Ourense e Asturias A brucelose se trata dunha patoloxía infectocontaxiosa, producida por xérmolos do xenero da Brucela, que afecta a bovinos e ovinos, e que no ser humano se desenvolve baixo a enfermidade coñecida como as ‘febres de Malta’.

A vacinación A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural está a considerar a aprobación da vacinación de reses contra a brucelose nas zonas afectadas por esta enfermidade, da mesma maneira que se está a facer en Cantabria, comunidade na que se estivo a experimentar ca vacina durante dous anos. Semella que os datos obtidos nese "proxecto piloto" nesa comunidade ó longo deses dous anos foron decisivos para que a Comisión Europea a aprobase. En concreto en Cantabria vacináronse 16.000 cabezas, nunhas 400 explotacións.

Homologación da RB-51 A Comisión Europea, a proposta do Comité de Seguridade Alimentaria e Saúde Animal, aprobou por unanimidade a homologación da vacina contra a brucelose coñecida como RB-51. As consecuencias desta recente homologación, que xa non require do visto bo das autoridades españolas, será a redacción dun programa de loita contra a brucelose no que se incluirá a vacina como unha ferramenta máis da loita contra a enfermidade, xunto cos controis e o seguimento extricto do gando. AFRIGA / XUÑO 2002

Lucro Cesante A Deputación Provincial de Ourense non descarta facerse cargo das indemnizacións por lucro cesante para os gandeiros do macizo central ourensano afectados pola brucelose, no caso de que o Executivo europeo non aprobe as medidas compensatorias. Esta institución provincial sinalou, a través dun comunicado, que o titular da Deputación, Xosé Luis Baltar, comprometeuse personalmente a facer fronte a esta continxencia, e así o puxo de manifiesto logo dunha reunión mantida co conselleiro de Política Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes. A esa reunión acudiron tamén os alcaldes dos municipios de Chandrexa de Queixa e Montederramo, Francisco Rodríguez e Antonio Rodríguez, respectivamente. O conselleiro explicou as xestións realizadas polo seu departamento en Bruxelas para conseguir resolver con fondos europeos o problema da brucelose, que "afortunadamente está nun proceso de claro retroceso", dixo Diz Guedes. Con respecto á aportación de fondos de axuda ás ganderías afectadas polo mal da brucelose, Baltar indicou que os técnicos informarán de quen vai a percibi-lo lucro cesante, dende cando se vai percibir, e en que condicións. Bruxelas responderá á posibilidade de asumi-lo pago do lucro cesante nun mes ou mes e medio. A partires desa data, se a resposta é negativa, faráse cargo do mesmo a Deputación ourensá, coa axuda da Consellería que dirixe Diz Guedes.

Extensión do brote de brucelose ós animais de compañía

O concello asturiano de Tineo ten constacia do contaxio de varios cans do concello, onde xa hai confirmados máis dun centenar de reses afectadas. O Director Xeral de Gandería do Pincipado, Francisco Silva, reuniuse con gandeiros e concelleiros do Concello para analiza-la situación que está vivindo o sector a causa da enfermidade, situación que está a ser moi preocupante e complicada. Por unha parte, os gandeiros semellan dudar dos resultados das análises debido a que se están a detectar casos en explotacións que non compraron reses novas nos últimos anos e nas que aparece só un animal enfermo. Por este motivo, os gandeiros solicitaron a realización de contraanálises que servirían para verifica-la autenticidade dos casos detectados; sen embargo, esta petición feita polos gandeiros e o propio Concello, non foi secundada polo Principado, que considera que non se pode realizar esa segunda proba. Por outra banda, a situación complícase aínda máis coa detección de contaxios nos animais de compañía porque, aínda que isto é normal porque convien de xeito habitual co gando nas cortes, o que lles está a preocupar ós sindicatos é que se proceda ó baleirado dunha corte é non se faga un seguimento destes cans.


Novas EEB O 2010 podería se-la data

O director do Laboratorio Nacional de Referencia para as encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais, Juan José Badiola, afirma que a EEB podería ser erradicada de España entre os anos 2008 e 2010 se se seguen a mante-los sistemas de vixiancia actuais e se ten paciencia. Ademais, considera que, a pesares de que nas investigacións orientadas a combati-la non se está a avanzar moito, si se está a mellorar nos métodos de diagnóstico en vivo que permitirán investiga-la enfermidade de xeito preclínico.

Novo tratamento de residuos O Comité Científico Director considera que o novo tratamento de residuos contaminados por EEB proposto por unha empresa privada puidera non ser do todo efectivo. Este método pensado para a destrucción de residuos animais potencialmente contaminados por Encefalopatías Esponxiformes Transmisibles consiste nun quentamento destes residuos a 150º C durante 3 horas e unha hidrólise alcalina a alta presión. Para o Comité Científico Director semella que pudiera non ser do todo eficaz porque o líquido residual que queda tralo tratamento podería reter potencial infectivo da enfermidade. Ademais, os productos obtidos tralo proceso poderían conter tamén risco de EEB, logo de tres horas de tratamento, aínda que considera que o devandito risco iría diminuíndo a medida que aumentara o tempo de tratamento.

CIFRAS EEB Información do día 29/06/02 recollida da páxina web: www.eeb.es Número de animais afectados En España: 144 casos En Galicia: 42, dos que 19 corresponde a Lugo; 11 á Coruña; 7 a Pontevedra; e 5 a Ourense Número de Test Prionics En CC.AA : 249.163 En Galicia: 77.824

O MAPA prorroga a posibilidade de enterramento

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acaba de publicar a Orden APA/1587/2002 pola que se volve a prorroga-la posibilidade de que as autoridades competentes das CCAA poidan permiti-la inhumación de cadáveres das especies bovina, ovina e

caprina mortos nas explotacións ata finais do 2002, momento no que se pensa xa estará tramitado e aprobado o novo proxecto de regulamento comunitario sobre as normas sanitarias aplicables ós subproductos animais non destinados ó consumo humano.

Os tres supostos, que inclúe a actual lexislación española para a inhumación dos MER ou de corpos enteiros sen coloración previa ou sen separación dos MER son: • Cando hai unha falta de disponibilidade dunha planta de tratamento de MER o suficientemente cercana á explotación, e cando o traslado destos a outra planta poda supor un perigo de extensión da enfermidade. • Cando os animais mortos ou os desperdicios dos mesmos se atopan en lugares de difícil acceso, en territorios extrapenisulares ou se dean condicións climáticas especiais. • Cando os animais que morreran ou que se sacrificaran nun contexto de loita e erradicación da enfermidade sexa un número moi desproporcionado en relación cos medios dispoñibles A parte de darse estas condiciones especiais, para poder optar pola inhumación, a administración competente terá que garantir que non hai risco de transmisión da enfermidade. Ademais é imprescindible que ós ovinos e caprinos, así como, ós bovinos de más de 30 meses que vaian a inhumarse, se lles practiquen os test precisos, sempre que sexa posible, para acreditar que se atopan ceibes de EET. A inhumación tense que facer nun vertedoiro autorizado que deberá cumprir unha serie de requisitos mínimos.

O risco de EEB no callo depende do animal do que vén Para o Comité Científico Director o risco potencial de infectividade de EEB do callo dos animais é variable segundo a fonte (vacúns, ovinoscaprinos ou porcos) e o seu uso: Callo de vacúns: - O risco de que a infectividade de EEB estea presente no abomaso de tenreiros e vacúns adultos é mínimo no caso de países clasificados como de risco de EEB altamente improbable. - No caso do resto dos países, o risco é tamén mínimo, se o abomaso de onde se obten o callo foi recollido e almacenado en determinadas condicións e é adecuado para o consumo humano. Callo de pequenos ruminantes: O risco non é despreciable se é posible a presencia de alimentación

infectada por EEB no tracto dixestivo destes animais ou si se probou que pode ocurrir EEB no país de orixe. Callo de tenreiros usado na producción de lactosa procedente do soro e usado en medicamentos: - O risco de EEB en lactosa farmacéutica é mínimo cando o callo é obtido do abomaso de tenreiros que son adecuados para o consumo humano e é producido en determinadas condicións. Callo de porcos: - Risco mínimo se no tracto dixestivo dos porcos non existen alimentos infectados con EEB. Callo non animal: - No existe ningún risco sempre que non se engada outro material de orixe animal.

As cifras de EEB baixan en case toda a Unión Europea O comisario europeo de Sanidade, David Byrne, declarou ó longo do Consello de Ministros da Unión Europea (UE) que o número de casos de Encefalopatía Esponxiforme Bovina (EEB) "é estable ou baixo en tódolos Estados membros menos en España e Irlanda". Para Byrne a incidencia da

enfermidade é especialmente "preocupante" en Irlanda, onde o número de casos ascende a 120. Nese mesmo consello de ministros, o comisario de Sanidade presentou uns informes do Comité Científico da UE que son favorables á reducción da prohibición do "espinazo" nos bovinos.

XUÑO 2002 / AFRIGA

11


12

sanidade animal

A orixe do brote de febre aftosa no Reino Unido O Departamento británico de Asuntos Rurais (DEFRA) acaba de publicar un informe sobre a orixe e propagación da febre aftosa, que se iniciou en febreiro de 2001 e que se mantivo ata o pasado 30 de setembro, afectando a nada máis e nada menos que 10.512 explotacións, con 2.030 casos confirmados e 4,2 millóns de animais sacrificados. No informe ó que nos estamos a referir, cítase como foco da enfermidade unha granxa de cebo no noreste de Inglaterra dende a que se extendeu a enfermidade por dúas rutas: unha a través do movemento de porcos enfermos a explotacións en Essex e Kent; e outra, nunha segunda fase, na que o virus da enfermidade extendeuse polo aire a un rabaño de ovellas dunha explotación veciña, que

despois foron vendidas en mercados e a tratantes do norte de Inglaterra. No transcurso destes movimentos, outras ovellas, xente e vehículos tamén resultaron infectados, extendéndose a enfermidade por toda Inglaterra, Gales e o sur de Escocia. Como chegou o virus responsable da epizootia á granxa de

porcos é o que aínda non está do todo claro. Todo semella apontar a que o virus procedía de carne ou productos cárnicos infectados que se deron a comer ós porcos desa primeira explotación afectada. Sen embargo, as autoridades descartan que se poida identifica-la orixe deses productos.

Controis sen previo aviso O Parlamento Europeo (PE) dou o seu visto bo á propuesta de refundir nun único texto as normas comunitarias aplicables á producción, comercialización e importación dos productos de orixe animal destinados ó consumo humano. Co fin de garanti-lo cumprimento da lexislación sanitaria dos alimentos realizaranse controis en intervalos irregulares e sen previo aviso. Ademais, o Parlamento Europeo considera conveniente que cada Estado membro teña que presentar á Comisión, cando

Non haberá readmisión Polo dea agora, e segundo palabras do propio conselleiro de Política Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, a Xunta non far�� efectiva a readmisión dos veterinarios de saneamento mentres non haxa unha sentencia xudicial firme e definitiva.

AFRIGA / XUÑO 2002

esta o solicite, informes detallados dos controis realizados, informando públicamente dos nomes das persoas involucradas nas violacións das normas de hixiene. Canto ás infraccións a aplicar no caso dun incumprimento da normativa, o PE considera teñen que estar tamén unificadas en toda a UE, para o que se elaborará unha lista de posibles infraccións, onde se determinará, entroutras cousas, se as infraccións corresponde ó ámbito administrativo ou penal.


mercado

Prezos e recollida do leite en España A situación en España e, por ende, tamén na nosa Comunidade Autónoma, non é precisamente optimisma nin ten visos de mudar a curto prazo. Tanto no que se refire ó prezo do leite, que lonxe de subir ou polo menos estabilizarse segue a baixar de xeito continuado, como no tema das recollidas, precisamente porque non se recolle o leite que se tiña que recoller, a solución non semella que sexa para mañá.

CONFEDERACIÓN DE COOPERATIVAS AGRARIAS DE ESPAÑA-CCAE A CCAE expresou a súa profunda preocupación ó ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, pola "estratexia de desvertebración que está a levar a cabo a industria ó mercar leite a Portugal e Francia mentres que o leite dos productores españois organizados en cooperativas queda sen recoller”. Esta situación semella que está a poñer ás cooperativas en serias dificultades porque eles se ven na obriga de recolle-lo leite dos seus socios pero despois non atopan a quen vende-lo. O director da CCAE, o galego Eduardo Baamonde, no trascurso da súa reunión con Arias Cañete, calificou a actuación da industria de "acoso e derribo" da producción

española organizada, e engadiu que non entendía a razón que lles levaba a mercar leite doutros países europeos onde o prezo é similar ó de aquí. Nesta reunión, segundo informou Eduardo Baamonde, o ministro Cañete comprometeuse a controlar tanto o cumprimento das cotas como as compras españolas de leite noutros países comunitarios. Por outra parte, tamén comunicouse que a CCAE pedirá á FENIL na vindeira xunta directiva de INLAC que se comprometa coa dinámica de traballo proposta e deixe de dar contestacións evasivas, porque de seguir así, esta conferedración está disposta a considerar seriamente a posibilidade de retirarse de INLAC.

COORDINADORA DE ORGANIZACIÓNS DE AGRICULTORES E GANDEIROS-COAG Esta Coordinadora nunha reunión co ministro de Agricultura pediulle que esixa ás industrias lácteas o cumprimento do "contrato social" que ten cos gandeiros para recolle-lo seu producto. A través dunha nota de prensa, a COAG afirma que a industria se nega a recoller, nunha actitude vergoñenta e reprobable, o leite de distintas agrupacións de productores mentres recoñece que segue a merca-lo leite noutros países europeos, convertindo na súa opinión, ó Estado español nun

sumideiro de excedentes lácteos procedentes da UE. Esta práctica é considerada pola coordinadora como un fraude ó gandeiro que produce leite de calidade suficiente para abasatece-lo mercado, e tamén ó consumidor, porque non se lle está a vende-lo leite de calidade que este cre está a mercar. Esta situación, xunto coa circunstancia dos baixos prezos que está a padece-lo sector, deixa nunha moi difícil posición a moitas explotacións familares.

Ademáis, a COAG iniciará un periodo de movilizacións contra a actitude da industria láctea que concluirá nunha manifestación fronte á sede do Ministerio de Agricultura en Madrid o 11 de xullo. Outra medida anunciada pola COAG e que realizará un control exhaustivo de todas as cisternas de leite procedentes de Francia e Portugal "para evitar que cheguen ó seu destino: as industrias lácteas españolas".

XUÑO 2002 / AFRIGA

13


14

mercado FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS PRODUCTORES DE LÁCTEOS-FEPLAC A FEPLAC tamén denuncia a situación que está a vivir o sector , tanto no referente ós prezos como o da recollida. Esta organización, a través do seu presidente, Xaquín López, denunciou unha caída do 18% no prezo do leite nas explotacións galegas nos últimos seis meses. Para Xaquín López, existe unha falta de interése e preocupación por parte das admistracións para facer fronte a esta situación e afirmou que as perdas acumuladas no que levamos de ano ascenden a 27 millóns de euros só en Galicia, e de 84 millóns en toda España. A FEPLAC esixe do

MAPA o cumprimento da normativa, inspeccións das cisternas de procedencia portuguesa e francesa, pero sobre todo, cambios radicais na súa actitude ante o oligopolio industrial, esixíndolle ó Ministro que diga públicamente que o sistema de cotas vai continuar e que se vai a acabar co leite negro. Para o portavoz da FEPLAC, serán moitas as explotacións que non poderán superar estes recortes contínuos nos prezos e advirte que se a tendencia actual por parte da industria non cambia, nin sequera a recollida nas explotacións estará garantizada.

FEDERACIÓN NACIONAL DE INDUSTRIAS LÁCTEAS-FENIL A industria láctea española non desminte as importacións de leite doutros páises como Francia e Portugal pero resta importancia ó dato por considerar que a caída dos prezos é consecuencia da crise do mercado e non destas exportacións. O propio director xeral da FENIL, Miguel Ángel Vázquez de Prada no transcurso da celebración do "Día Internacioanl Lácteo", admitiu que se poderían estar importando en España máis de medio millón de litros diarios de Francia e Portugal, pero negou calquera relación entre esta política de abastecemento e a crise do sector. Canto ás críticas das cooperativas, que cifran a importación en España en máis de 750.000 litros ó día, Vázquez de Prada respondeu que

AFRIGA / XUÑO 2002

"nun mercado único esa medida non é irracional, ilóxica, ilegal e tampouco ten connotacións de que se estea especulando cunha baixa de prezos....Si é posible e ata lóxico que a industria láctea española o faga. Os compromisos que as empresas adquiran para o seu aprovisonamento son independentes de calquera fase crítica do sector". Para Vázquez de Prada ninguén é culpable, nin os gandeiros nin a industria, e a crise se superará de forma natural porque se trata "dunha situación pasaxeira" provocada polo grande excedente de leite na Unión Europea e en España. A solución, tempo ó tempo. Vázquez de Prada asegurou que "tódalas situacións cíclicas como esta crise tiveron un principio e un fin, e confio en que

en canto comece a baixa-la producción de leite e se dean mellores condicións no mercado internacional _posiblemente dentro duns meses_ a situación irá mellorando pola súa propia natureza. Non se pode dicir que o prezo estea en caída libre, logrouse manter nunha zona e non é ningunha cuestión de práctica da industria colexiada, senón fruto do mercado". Esta é a opinión do representante oficial da industria quen ademais considera que a Interprofesional Láctea-INLAC- "é un foro no que os profesionais deben entablar un diálogo sereno e responsable sobre o futuro do sector en térmos reais e non un foro sindical ou político". Estas foron as súas verbas.


Máis diferencia entre prezos de orixe e prezos finais O propio subsecretario do MAPA, Manuel Lamela, recoñece abertamente que, a pesares de que a industria paga menos ós agricultores e gandeiros nalguns productos – como ocorre claramente co leiteos prezos finais soben, facendo que os productos se encarezan para o consumidor e que a inflación suba. Nestes intres xa somos o segundo país con máis inflación da UE, cunha taxa interanual do 4,7% -tan só Grecia nos supera en inflación agroalimentaria. Segundo Lamela, "o paradóxico do caso é que a pesares de observarse

descensos, ás veces moi preocupantes, no prezo pagado en orixe, estas baixas non se trasladan ata o consumidor. Nalguns casos incluso se incrementa o prezo final". A conclusión é a de sempre: os auténticos prexudicados son os gandeiros e agricultores que cada vez reciben menos diñeiro pola producción, e tamén o consumidor, que ten que pagar máis. Exemplos claros atopámolos en calquera producto, pero nos que a nós máis nos interesa, o leite é os seus derivados, as diferencias cada vez son máis abraiantes- ó mesmo ritmo

que a nós nos baixan o prezo, sobe nos lineais das grandes superficies. Para Lamela a diferencia non se debe a un pacto de prezos na industria co fin de aumenta-los beneficios e achaca ó problema á pouca elasticidade do mercado, polo que pide ó sector un esforzo para detene-la inflación e unha maior transparencia. Nesta liña, o Observatorio de Prezos decidiu publicar na web do Ministerio de Agricultura o custo dos prezos en orixe e destino pero, polo de agora, esa información semella que non está dispoñible nesa páxina.

Situación dos productores franceses, portugueses e italianos ITALIA

Os productores italianos o que queren é acadar un acordo para establecer un prezo mínimo pero ata o momento, despois de máis de mes e medio dende o inicio da campaña, o acordo interprofesional está lonxe e o único que está claro e que as diferencias entre as partes, que se supón teñen que negociar, son cada día maiores. A industria non está disposta a pagar máis do que está a pagar, uns 32 – 33 céntimos por litro (unhas 53 – 55 ptas)- e ademais quere alargalo prazo de pago ó gandeiro, dos 60 días actuais ós 90. Estas condicións, como era de esperar, non son aceptadas polos productores. Por outra banda, neste Estado Membro tamén teñen serios problemas co leite fora de cota ou

PORTUGAL

O seu caso semella ser máis parecido ó do noso país que o caso francés. Alí os productores portugueses, a través da Associação de Lavoura do Distrito de Aveiro (ALDA) están a solicitarlle ó Gobierno luso a aplicación dunha serie de medidas, despois de que tiveran coñecemento dunha posible nova baixada de dous cénti-

negro porque está a tira-los prezos. Polo menos esta é a denuncia que a organización agraria italiana Confagricultura fixo pública na prensa. Este fenómeno non é recente, e segundo esta organización iniciouse hai tempo como unha estratexia das cooperativas para poder encobri-lo sobrepasamento dos seus socios e evita-la supertaxa. As consecuencias do leite negro, tal e como apunta Confagricultura son dous fundamentalmente que afectan negativamente o prezo de mercado. Por un lado, aumenta a oferta do leite, facendo baixa-los prezos, e por outro lado, o leite negro véndese a un prezo moito máis baixo que o de cota, polo que tamén se fan baixa-las cotizacións.

mos no prezo do leite do mes de maio. Entre as medidas que solicitaron poderíamos destacar a fiscalización das importacións dos productos lácteos, o control da distribución para impedi-los baixos prezos nos lineais, a defensa das cotas lácteas e un apoio financeiro para a recollida organizada do leite.

FRANCIA Os productores franceses estánse a ver afectados pola baixa de prezos do leite que se leva producindo dende o pasado outono, como tódolos demais países da UE e do mercado mundial. Sen embargo, tal e como apunta a Federación francesa de Productores Lácteos (FNPL), os productores franceses o que máis temen non é á baixa en sí senón que esta situación propicie a competencia á baixa e que as cadeas de distribución que operan neste país poidan verse tentadas a traer leite doutros países da UE onde os prezos sexan máis baixos. A FNPL quere evitar que esto ocorra e fai un chamamento á distribución para que evite este tipo de actuacións e, dese xeito, protexe-lo mantenemento do sector lácteo francés. Tamén hai que sinalar que Francia, aínda que é un dous países comunitarios onde se realizan acordos interprofesionales de recomendacións de prezo, non conseguiu acadar un acordo a este respecto nin para o primeiro nin para o segundo trimestre do año.

XUÑO 2002 / AFRIGA

15


16

mercado

A recollida de leite aumentou case un 6% Segundo os datos facilitados na páxina web do MAPA, no ano 2001, entregáronse ás industrias transformadoras 5.472.000 tone-

ladas, fronte ás 5.813.500 do 2000, o que supón un incremento de preto do 6%. Canto ás porcentaxes de materia graxa obsérvan-

se unhas variacións mínimas, ó igual que ocorre cos datos relacionados coa proteína.

Estatística mensual de recollida de leite na campaña 2001-2002 (Tm x 1000) Enero Febreiro Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

2001

455,2

431,6

493,6

504,3

525,2

512,1

510,9

495,6

2002

468,7

449,2

504,8

Sept. Octubro

Nov.

Dic.

465,6

468,1

480,6

470,7

Estatística mensual da porcentaxe media de materia graxa na campaña 2001-2002 Enero Febreiro Marzo 2001 2002

3,86

3,80

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

3,77

3,67

3,62

3,62

3,64

Sept. Octubro

Nov.

Dic.

3,70

3,83

3,88

3,77

3,78

Estatística mensual da porcentaxe media de proteína no periodo 2001-2002 Enero Febreiro Marzo 2001 2002

3,18

3,16

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

3,19

3,12

3,07

3,06

3,07

Nov.

Dic.

3,12

3,21

3,22

3,16

3,15

Cifra record de leite en po As reservas de leite en po destonado pasada só unha semana do mes de xuño xa rexistraban uns incrementos récord de 70.817 Tm, das que 33.925 foran intervenidas no mes de maio. A causa destes incrementos tan importantes semella estar nas fortes entradas de leite en po procedentes principalmente de Alemaña (9.227 Tm, 43%), Gran Bretaña (2.730 Tm, 22,45%), Holanda (1.523 Tm, 7,25% e España (1.189, 5,6%). Canto á manteiga, por esas mesmas datas, os stocks ascendían a 129.724 Tm, fronte ós 113.451 Tm do mes anterior. Estes incrementos son a consecuencia das entradas de manteiga na intervención a finais do mes de maio en Irlanda (4.496 Tm), Gran Bretaña (1.730), España (1.569 Tm), Alemaña 1.552 Tm, e Francia 1.110 Tm. Do total de manteiga dispoñible nos stocks de intervención; 129.724, un 31 %, procede de Irlanda, 15 % de España, un 14,16 de Holanda e un 8,2% de Alemaña. Esta tendencia, consecuencia directa da debilidade do mercado, provocou que a dous meses e medio para o peche reglamentario da intervención o límite máximo de cantidades que poden acollerse a esta medida se superaran con creces. Por este AFRIGA / XUÑO 2002

Sept. Octubro

motivo a Comisión decidiu suspende-las compras de intervención de leite destonado en po ó prezo de intervención pero, por outro lado, autorizou que os Estados membros podan proceder ás compras mediante licitación permanente ata ó 31 de agosto. Para iso, se fixará un prezo máximo de compra en función do prezo de intervención e das ofertas recibidas para cada licitación. Por outro lado, o Comité de Xestión de leite e productos lácteos celebrado a metade do mes de xuño, decidiu novas medidas para reactiva-lo mercado lácteo, moi especialmente en relación co comercio exterior. Acordouse un novo incremento das restitucións á exportación de leite en po. Para o leite en po destonado se aumentaron de 65 €/100 kg a 71,5 €/100 kg e para o leite enteiro, de 103 €/100 kg a 107,8 €/100 kg. Ademais, Bruxelas acaba de incrementa-la axuda ó leite destonado transformado para a fabricación de caseínas e caseinatos que xa fora incrementada. Se dúas semanas antes se acordara un incremento dos 3,2 €/100 kg ós 4,25 €/100 kg de leite destonado, agora o novo incremento acada os 4,86 €/100 kg de leite destonado.

Baixa máis dun 2% o consumo No día Internacional Lácteo, o Instituto Omega3 difundiu os datos do ano 2001 onde se evidencia o descenso no consumo de leite, un descenso de máis dun 2%, concretamente un 2,3% con respecto ó ano anterior. As estatísticas indican que os españois consumen preto de 113 litros de leite ó ano, o que equivale pouco máis ou menos a un vaso diario, na súa grande maioría consumidos por mulleres. Francisco Simón, director xeral de Alimentación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), precisamente quixo aproveitar esta data tan sinalada para facer unha chamada en favor do aumento do consumo de leite e os queixos que reflicten uns niveis por baixo da media comunitaria.


Farm Bill

Este é o nome da lei agraria aprobada recentemente polos EE.UU., que terá unha vixencia de seis anos e que ven substituir á anterior lei denominada " Fair Act" do ano 1996. A nova Farm Bill reforza, entroutros aspectos, as axudas equivalentes á PAC europea a través de tres niveis de subvención: Loan Rates (precios de sostemento), axudas fixas e pagos contracíclicos, que garantizan unha renda estable ós agricultores. Pero ademais, un orzamento novo e exclusivo para a conservación de medidas agroambientais 17.100 millóns de dólares; outro para o desenvolvemento rural 1.030 millóns de dólares e outro para potencia-lo comercio de productos estadounidenses no exterior -1.144 millóns de dólares. Os cambios que esta lei trae consigo non son precisamente do agrado nin da Unión Europea nin da Organización Mundial do Comercio (OMC), entroutras cousas, porque supón un volume de axudas desproporcionado, e sobre todo, porque vai distorsionar seriamente o mercado. Como é lóxico, os EE.UU defenden a súa futura política agraria e a UE tenta face-lo propio coa súa. O Departamento de Agricultura de EE.UU. (o USDA), a través da Secretaria de Agricultura, Ann Veneman, deféndese das criticas e afirma que é verdade que a nova Farm Bill supón cambios importantes nos programas agrarios e nos orzamentos, uns cambios considerados necesarios dende o seu punto de vista. Ademais, e en resposta clara ás críticas que desta lei fixeron algúns -en realidade moitos- engadiu que a OMC permite ós EE.UU. gastar 19.100 millóns de dólares ó ano en certos tipos de axudas agrarias, cifra que habería que comprarar cos 31.000 millóns de Xapón ou os 62.000 millóns da UE que supoñen tres veces o diñei-

ro que se pode outorgar neste tipo de axudas. A resposta da UE, a través do seu Comisario de Agricultura, Fischler, tamén foi inmediata. Para o Comisario Fischler o principal problema da Farm Bill non está no nivel de axudas á agricultura senón na natureza destas axudas por estar ligadas á producción e ó prezo dos productos, sendo profundamente distorsionantes para o comercio. O comisario explica que os contracíclicos, é dicir, os cheques que se abonan cando os prezos caen por baixo dun determinado nivel e así cubri-la diferencia entre o prezo real e o prezo marcado, son en realidade un mecanismo que neutraliza o mercado e polo tanto sinala a este respecto que "unha cousa é proporcionar ós agricultores unha rede de seguridade e outra inundar con productos os mercados internacionais". Canto a si se cumpre ou non o límite de gasto acordado na OMC a mellor maneira de entendelo é botar unha ollada a táboa comparativa das axudas dos EE.UU. e a UE. A comparación dos teitos fixados pola OMC é de 60.000 milllóns de dólares de axuda para a UE pero para uns 7 millóns de agricultores europeos, fronte a 19.000 millóns de axuda para só uns 2 millóns de agricultores norteamericanos. Ademais, o comisario suliña que eses límites da OMC son topes e

nunca obxectivos. A UE de feito gasta cada vez menos do fixado mentres que os EE.UU. fan o contrario e tenden a axustar a este límite os seus gastos reais. Por outro lado, Fischler non está de acordo en que as axudas dos pagos contracíclicos sexan axudas non ligadas á producción como pretenden os EE.UU. e que polo tanto non computen a efectos da reducción do montante global de axuda que se pacte na OMC, e pon en dúbida a posibilidade dunha eventual aplicación de axustes (circuit-breaker) no caso de que se acorde algo na OMC que fixera ter que cambia-la Farm Bill. A lei estadounidense queirámolo ou non vainos afectar, e moito, sobre todo no que se refire ás negociacións da reforma da PAC a medio camiño nestes momentos. Ademais, teremos que estar pendentes da situación do euro fronte o dólar, porque estas axudas xunto cun dólar débil nos poden prexudicar seriamente en canto ás exportacións. Os productos agrarios norteamericanos, producidos coas axudas da nova e archimillonaria Farm Bill serían ós que un dólar débil daría alas para a súa venda nos mercados exteriores, incluida a UE. Non é de estranar polo tanto que os EE.UU. manifesten o seu interese pola liberalización do comercio internacional agora que eles xa teñen ben "protexido o seu".

COMPARATIVA DAS AXUDAS AGRARIAS DOS EE.UU. E A UE Producción (valor en explotación) Número de explotacións 1996 Terras agrarias 1997 Tamaño medio por explotación Axuda Total Estimada (2000) Axuda Total Estimada per capita Axuda Total Estimada en % do PIB Axuda ó Productor Estimada (2000) Estimación de Apoio ó productor (equivalente a un agricultor a tempo

EEUU $ 190.000 millóns

UE $ 197.000 millóns

2.058.000 425 millóns Ha 207 Ha $ 92.300 millóns $ 338 0.92 % $ 49.0000 millóns $ 20 000 /agricultor completo)

7.370.000 134 millóns de Ha 18 Ha 103.500 millóns $ 276 1.32 % $ 90.200 millóns $ 14 000 /agricultor

XUÑO 2002 / AFRIGA

17


18

cotas

Os PECOS demandan máis cota Practicamente tódolos Países da Europa Central e Oriental (PECOs), candidatos á adhesión á UE, son contrarios á aplicación do actual sistema de control da producción de leite. Sen embargo, solicitaron á UE unha cantidade de cota de máis de 23 millóns de toneladas fronte ós 17 millóns de Tm que lles propón a Comisión Europea. Os Países PECOs, menos Polonia, piden unha cantidade de referencia superior á producción de leite constatada en 1999, metres que a Comisión propón unhas cotas inferiores a ditos niveis de producción. Isto non deixa de ser unha parte moi importante das negociacións que se están a levar a cabo antes da adhesión destes países que, dun xeito ou doutro, vainos afectar probablemente moito. É moi importante recordar que estes países xa declararon en País Polonia Rep. Checa Hungría Lituania Eslovaquia Estonia Letonia Eslovenia TOTAL

diversas ocasións a súa intención de, unha vez dentro, intentar facer unha minoría de bloqueo cos países comunitarios que nestes momentos están en contra das cotas, como é o caso do Reino Unido, Suecia, Dinamarca, Italia e posiblemente Finlandia, co fin de decidi-lo futuro do actual sistema de cotas. Co novo reparto de votos trala adhesión dos PECOs, acadar esta minoría é máis que posible, polo que o futuro das cotas lácteas podería estar, se a Comisión non toma medidas antes da súa incorporación, no que decidan os Países PECOs, e polo tanto o actual sistema podería desaparecer para o 2008, segundo diversas fontes. Polo de agora, so podemos engadir que as negociacións a este respecto entre a EU e os PECOs iniciaranse a finais de xuño.

Producción(1) 1999

Demanda Países PECOs Total cotas(1)

Proposta da Comisión Total cotas(1)

12472 2804 2110 1734 1162 703 946 595 22526

11217 3100 2800 2250 1236 900 1200 695 23398

8875 2506 1946 1459 946 563 490 463 17248

(1) As cantidades de producción e cotas totais están en miles de TM

Fondo de cotas galego A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural publicou recentemente a orde para a adquisición de cantidades de referencia do fondo nacional de cotas lácteas para o período 2002-2003. O prezo de venda será de 0,30 euros por quilo e as solicitudes deberán presentarse nas oficinas agrarias comarcais da consellería antes do 14 de septembro. O fondo dispón dunha asignación de preto de 6 mil Tm. Terán dereito a acceder ó fondo, e polo tanto tamén á asignación complementaria da reserva, que nesta ocasión terá un límite do 100% da cantidade adquirida ó fondo en tódolos casos, aqueles productores que dispoñan dunha asignación inferior a 400.000 quilos o 1 de abril de 2002; teñan a condición de agricultor a título principal ou accedan por primeira vez á producción láctea. Tamén poderán ter acceso ás axudas as agrupacións de productores, sociedades agrarias de transformación, cooperativas de producción, comunidades de bens ou sociedades civís, as institucións de carácter benéfico ou docente e explotacións de zonas desfavorecidas recollidas na directiva.

Posible modificación do fondo de cotas

O Ministerio de Agricultura está a preparar unha modificación da normativa que regula o fondo de cotas lácteas para a campaña 2002/03. O cambio que quere introducir é subilo límite máximo para poder solicitar cota ó fondo. Tal e como xa vos informamos no número anterior da revista, nestes momentos só poden solicita-la os gandeiros que teñen unha cota inferior a 400.000 kg a 1 de abril de 2002, permitíndose aumentar ese umbral a 500.000 kg no caso de que nunha Comunidad Autónoma o total das cantidades que se poden solicitar sexan menores ás cantidades dispoñibles. AFRIGA / XUÑO 2002

Coa modificación que se prepara, o límite de 500.000 kg elevaríase a 800.000 kg e con esta modificación búscase evitar que se produzan disfuncións que impidan a correcta distribución das cantidades de cota existente no Fondo Nacional. Asimismo, elevaríanse as cantidades máximas que pode adquirir un gandeiro, que seguirian dependendo da cota que o gandeiro tivera asignada ó inicio da campaña pero incrementaríanse as contías das porcentaxes. Así os productores con menos de 150.000 kg de cota poderían comprar como máximo o 80% da súa

referencia (agora é o 50%). Os productores con cotas entre 150.000 e 250.000 kg poderían adquirir como máximo o 60% da diferencia entre a súa cota e 350.000 kg (agora é do 50%). Se a cantidade de referencia asignada estivera comprendida entre 250.000 kg e 400.000 kg, ata un máximo do 50% da diferencia entre a súa cota e 600.000 kg (agora é un 25% da diferencia entre a cota e 500.000 kg). Ademais, introduciríase unha nova categoría na que se a cota asignada estivera comprendida entre 400.000 e 800.000, poderíanse adquirir ata 100.000 kg.


control e calidade do leite

Axudas para a mellora da calidade do leite

O MAPA ven de promulgar un real decreto polo que se establecen axudas á finaciación de accións de asesoramento para a mellora da calidade do leite producido e recollido nas explotacións. Segundo di este real decreto, estas axudas deben ser xestionadas polos compradores autorizados, os centros de recollida, establecementos de tratamento ou transformación autorizados, así como as agrupacións de productores, debido á súa capacidade de instrumentar un programa eficaz de asesoramento e mellora da calidade que inclúa a un conxunto de pro-

ductores. Non obstante, os beneficiarios serán os productores con cota asignada, que cumpran coas obrigas impostas polo sistema de cotas, e/ou que participen en programas de mellora das condicións hixiénico-sanitarias da súa explotación e do leite obtido nela. As solicitudes deberán ser presentadas polas agrupacións de productores de leite, os socios das cales deberán cumprir algún dos requisitos anteriores; e tamén os compradores autorizados poderán solicitalas sempre e cando se comprometan a un pago diferencial por pará-

7.053 quilos de media por vaca Segundo informacións facilitadas por Africor Pontevedra, no ano 2001 a asociación contou con 778 explotacións inscritas (26 explotacións menos que no 2000), cunha media de 25 reproductoras por explotación. A producción acadou os 7.053 quilos de leite de media, cunhas porcentaxes de graxa e proteína do 3,76 e 3,12%, respectivamente. En canto á calidade do leite un 63% das explotacións situouse por debaixo das

300.000 células somáticas, o 20% entre os 300 e 500.000, e un 17% por riba das 500.000 células somáticas. Nº explotacións

2000

2001

804

778

Media vacas

24

25

Rendemento

7.011

7.053

18.463

19.658

Reproductoras % graxa

3,74%

3,76%

% proteína

3,15%

3,12%

As mellores en producción En Pontevedra hai 28 ganderías que superan os 9.000 quilos de leite de media, 75 entre 8.000 e 9.000; 190 entre 7.000 e 8.000; e 270 entre 6.000 e 7.000. Entre elas destaca un ano máis a gandería de José Antonio Pazos García, de Silleda: 19 vacas cunha media anual de 10.641 quilos, 3,61% de graxa, 2,98 quilos de proteína e unha materia útil media de 702 quilos.

metros de calidade superiores ós que esixe a normativa vixente e que cumpran coas obrigas impostas polo sistema de cotas. As solicitudes presentaranse nos prazos que estableza cada Comunidade Autónoma e, en todo caso, antes do 30 de abril de cada ano. O importe total das axudas non poderá superar o 50% dos gastos necesarios para o desenvolvemento do programa de mellora. Serán gastos subvencionables a adecuación e limpeza de instalacións e equipos; a mellora das condicións hixiénicas das explotacións; a rutina de muxido e manipulación do leite; a mellora das condicións sanitarias das explotacións, no campo da prevención e control de enfermidades (sobre todo a mamite); e a prevención e control de resíduos de medicamentos e hormonais. Ademáis, os programas subvencionables, sempre que inclúan os anteriores factores, poderán contemplar accións de asesoramento en mellora xenética ou nutrición encamiñadas na mellora da calidade do leite. Asi mesmo serán subvencionables as inversións que resulten necesarias para levar a cabo os labores de asesoramento anteriormente descritos e que inclúan a adquisición dos seguintes bens e servicios: - Prestación da asistencia técnica ás explotacións. - Gastos derivados dos sistemas de revisión e control do funcionamento das instalacións de muxido e tanque de refrixeración. - Análise para o control de mamite, que incluirán o test de california, o estudio etiolóxico e os antibiogramas. - Gastos de xestión derivados do programa. - Formación do persoal técnico, que incluirá curso e conferencias. - Divulgación de boas prácticas e novas tecnoloxías ó gandeiro, que incluirá a elaboración de material didáctico como publicacións e folletos e a organización de cursos e conferencias. XUÑO 2002 / AFRIGA

19


20

control e calidade do leite

Propostas da industria portuguesa para mellora-la calidade do leite

Reconto medio máis alto no leite británico Nos últimos anos o reconto de células somáticas en Gran Bretaña semella que tende a subir. En decembro de 2000 o RCS foi de 175.000 por ml, claramente máis alto que dous anos antes, cando se rexistrou un reconto de 167.000 por ml. Un dato significativo a este respecto é que se observa que os recontos máis altos danse en vacas cuns rendementos máis baixos. Así por exemplo, o reconto en animais cunha producción media de 4.500 a 5.500 kg/ano é de 173.000 células por ml, mentres que nas vacas cun rendemento medio entre 10.500 e 11.500 litros, a media de RCS é de 162.000 por ml. Hai que dicir a pesar de que polo de agora os británicos atópanse dentro dos límites legalmente permitidos segundo a lexislación comunitaria- 400.000-, unha grande maioría das industrias británicas aplican penalizacións no prezo do leite cando se supera os 150.000 de células por ml. Como ocorre en moitos outros países, de seguir aumentando o reconto, tamén aumentarán as penalizacións.

AFRIGA / XUÑO 2002

Como xa vos informamos no número anterior, Portugal semella que ten que facer algo respecto da calidade do seu leite. A verdade é que non saíu moi ben parada nas inspeccións levadas a cabo por funcionarios comunitarios, sendo a detección de inhibores un dos puntos recollidos no informe. Precisamente co fin subsanar esta situación e elimina-la presencia de antibióticos no leite transformado, a Asociación Nacional de Industrias Lácteas de Portugal está a propoñe-la aplicación dun plan de mellora da calidade do leite que conten recomendacións tanto para para a industria como para os productores. As recomendacións ás industrias son: • Antes da entrada do leite na industria, teríanse que realizar test rápidos para a detección de antibióticos. • No caso de que a mostra fose positiva, o leite non podería ser descargado, ou de selo, tería que ser almacenado separadamente do resto, ata a realización de análises definitivas. • Para a confirmación do positivo detectado co test rápido, realizaríase outra análise. No caso de obterse novamente un resultado positivo, o leite tería que ser rexeitado.

• Ó productor o que se lle detectase unha mostra positiva, debería ser penalizado nun valor equivalente ó leite afectado pola contaminación do leite de toda a cisterna. • No caso de que o leite dun productor dese reiteradamente mostras positivas, habería que deixar de recolle-lo seu leite e comunica-lo feito ás autoridades competentes. • Cando un productor deixase un comprador para irse con outro, o primeiro que se debería facer é comunica por escrito ó segundo o rexistro de mostras positivas constatadas no leite entregado por ese gandeiro durante os últimos doce meses. As recomendaciones para os productores: • Minimiza-lo uso de antibióticos en animais en lactación. • Cumprir rigurosamente coas doses e duración dos tratamentos recomendados, así como os períodos de supresión. • Aplicar antibióticos só por prescripción veterinaria. • Constatar nun rexistro de explotación os antibióticos adquiridos e aplicados, así como doutros medicamentos veterinarios. • Contar dentro da explotación cun local, debidamente controlado, no que se garden os medicamentos veterinarios.

As autoridades italianas dan visto bo ó leite microfiltrado As autoridades italianas acaban de aprobar un novo procedemento de microfiltrado para o tratamento do leite. O procedemento, que elimina algo do soro, permite que o leite dure máis tempo que o leite fresco tradicional. Sen embargo, os productos tratados non duran tanto tempo como os

UHT, que non se consideran como frescos. O Ministro de Agricultura, Giovanni Alemanno, anunciou ademais que este tipo de leite microfiltrado será obxecto dun estricto etiquetado para permitir así ós consumidores poder elixir entre o "leite fresco tradicional" e o "leite fresco microfiltrado".


Norma de calidade para o iogurt O Ministerio de la Presidencia español publicou no BOE a orde que modifica a norma de que rixe a calidad para o iogurt. Segundo esta orde defínese ó iogurt "como o producto de leite coagulado obtido por fermentación láctica mediante a acción de Lactobacillus bulgaricus y Streptococcus thermophilus a partir de leite pasteurizado, concentrado pasteurizado, total ou parcialmente destonado, con o sen adición de nata pasteurizada, leite en po enteiro, semidestonado ou destonado, soro en po, proteínas de leite e/ou productos procedentes do fraccionamento do leite. Os microorganismos productores da fermentación láctica deben ser viables e estar presentes no producto terminado en cantidade mínima de 1 por 107 colonias por gramo ou mililitro. Ademáis enténdese por iogurt pasteurizado después da fermentación

ó producto obtido a partires do iogurt e que, como consecuencia da aplicación dun tratamento polo calor posterior á fermentación equivalente a unha pasteurización, perdeu a viabilidade das bacterias lácticas específicas e cumpre tódolos requisitos establecidos para o iogurt nesta norma, agás excepcións indicadas na mesma". O Goberno español xustificou esta modificación na norma en base a adaptala ás novas esixencias do mercado, tendo en conta o desenvolvemento de novos productos, a crecente demanda de productos semidestonados e a existencia no mercado de productos que non requiren o frío nos últimos anos. Coa entrada en vigor da nova norma, unha industria láctea española, tras máis de catro anos solicitando este cambio, ve cumprida a súa aspiración, e mostrou o seu covencimento en que o cambio redundará de xeito positivo no

sector gandeiro español, "porque axudará á empresa a exportar". Na outra banda a Asociación Española de Fabricantes de Iogurt e Postres Lácteos Frescos (AEFY) confirmou que recorrirá a nova norma ante a Audiencia Nacional, por entender que supón "unha actuación arbitraria da Administración, en defensa dun interese singular e particular, oposto ós interese xerais de consumidores, productores e ciudadanos". Tamén as organizacións de consumidores rexeitaron o cambio pois entenden que confundirá ós consumidores. Ó PSOE tampouco lle gostou nunca o cambio de norma. Isabel Pozuelo, responsable da área de consumo, defendeu a diferenciación entre o iogurt tradicional e os postres lácteos, "porque son productos distintos, nin mellores nin peores, porque teñen características nutricionais diferentes".

Mellora-la calidade con limpeza Hoxe en día a limpeza e as medidas hixenico-sanitarias son vitais para o noso negocio. Tan importante é ter unhas vacas boas productoras de leite como asegurarmonos de que as protexemos o máis posible de coller calquera enfermidade -é tan importate a cantidade como a calidade. Por este motivo indicimos insistentemente neste tema, e nesta ocasión, facéndonos eco das recomendacións que a Cooperativa Lemos fai ós seus socios respecto da limpeza como medio para asegurar unha boa calidade do leite. Segundo os técnicos desta cooperativa, a instauración de planos de desinfección, desinfectación, desinsectación e desratización repercutirán de maneira positiva evitando a proliferación de enfermidades nas explotacións. Gracias a unha boa "limpeza" teremos menos problemas dixestivos e de patas; aumentará a fertilidade das vacas e mellorará a calidade do leite, tanto a nivel bacteriolóxico como de RCS.

ÁREA DE PARTOS Antes do nacemento do terneiro, débese eliminar a cama vella da zona de partos, limpar con auga a presión e con cepillo toda a zona e aplicar un desinfectante. Tamén é aconsellable deixar baleira a zona sen que a ocupe ningún animal ata que pasen sete días antes da data prevista de parto. ÁREA DE CRÍA Non se debe hacinar ós animais e hai que muda-la cama o máis frecuentemente posible. Unha vez á semana elimina-la cama vella e limpar con auga a presión o chan e paredes dos boxes, aplicando un deasinfectante cando xa estea todo limpo. ANIMAIS ADULTOS Recoméndase efectuar unha limpieza constante das dexeccións e unha limpeza semanal das camas con

auga a presión e desinfectante. Nas estabulacións libres, é necesario limpia-los habitáculos polo menos unha vez á semana. EN TODA A EXPLOTACIÓN Dous ou tres veces ó ano, incluíndo paredes, fiestras e teitos, entre outros elementos. Primeiro hai que elimiana-la materia orgánica da corte, e logo proceder á limpeza con auga a presión e un cepillo, desincrustando toda a sucidade das paredes, teitos, tubos de vacío e conductos do leite. DESPARASITACIÓN É esencial para garantiza-lo benestar dos animais. Esta será interna e externa. A interna farase na primaveira e no outono. Con ela consíguese que os animais aproveiten mellor a alimentación, produzan máis e se reduzan os niveis de eliminación de ovos e lormas larvarias por heces ó pasto. A externa farase en septembro ou outubro.

XUÑO 2002 / AFRIGA

21


22

control e calidade do leite ■

Tarxeta láctea O Ministerio español de Agricultura, Pesca e Alimentación, nunha reunión celebrada no mes de xuño, plantexou ás comunidades autónomas un mecanismo específico de control telemático da recollida do leite que, segundo palabras do propio Subsecretario do MAPA, Manuel Lamela, "se vai poñer en marcha este mesmo mes como experiencia piloto gracias á colaboración de tres industrias, 100 productores e as correspondentes flotas de transporte de leite en cisterna" e asegurou que desta maneira "o leite fora de cota –leite negro- non poderá ser vendido". Nesta reunión que mantiveron o MAPA e os representantes das comunidades autónomas, o tema central foi precisamente a elaboración dun sistema integrado que garantizase o control total do leite dende a explotación ata o consumidor e que proporcionase unha información transparente en tempo real. Desta maneira o que se busca é supervisa-la calidade do leite ó longo da cadea alimentaria: dende a explotación ata a distribución, pasando pola industria. Este tipo de control informatizado realizarase a través dunhas tarxetas con microchips na que cada productor teña grabada a cota que lle corresponde e onde se rexistren ademais as saídas de leite. Cada entrega de leite que se faga irase descontando da mesma e os gandeiros non a poderán utilizar cando a tarxeta teña o seu saldo de cota cuberto. Nesta tarxeta figurarán ademáis outros datos sobre cada explotación como o tipo de leite entregado e a súa calidade. Con este mecanismo, a Administración pretende lograr un banco de datos completo do sector da producción do leite -algo que non conseguiu na última década trala aplicación das cotas e a pesar dos intentos para controlar ós primeiros compradores. AFRIGA / XUÑO 2002

Ademais, xunto cos mecanismos de control que se aplicarán tamén ás entradas e saídas de fábrica, se pecha o círculo contra a comercialización do leite negro ou sen cota, que actualmente se cifra nunhas 750.000 toneladas. En medios oficiais estímase que a intensificación dos mecanismos de control suporá a retirada das industrias que operan no mercado con leite sen cota ou que utilizan subproductos lácteos. Para que o sistema sexa efectivo, o MAPA pediu a colaboración das Comuniaddes Autónomas coa pretensión de que se aproben a medio prazo protocolos homoxéneos en tódalas administracións, en materia de toma de mostras e análise, para unifica-los rexistros de trazabilidade. Tal e como o propio Lamela sinalou, é un sistema complexo que require dous escenarios de actuación, un a curto prazo, en referencia á propia experencia piloto, e outro a medio prazo, referente á aprobación dos protocolos nas diferentes CC.AA.

Acabar coa mamite Unha das mamites máis frecuentes é a causada pola bacteria Streptococcus agalactia, motivo polo que que investigadores da Organización de Investigación Láctea de Australia comparten a opinión de que a mellor forma de loitar contra esta enfermidade é erradicando a bacteria da explotación –en principio controlar esta bacteria non é tan difícil se temos en conta que se atopa no ubre e non existen outras fontes de contaxio. En Australia, a porcentaxe de explotacións onde se rexistran altos índices de mamite é altísimo, en 9 de cada 15 explotacións, polo que é normal que estean preocupados por ese tema e dean

Con respecto ós prazos para a implantación do sistema, Lamela calculou que sobre marzo ou abril de 2003, momento no que xa se contaría con datos suficentes para analiza-los resultados da experiencia piloto e poder facelo extensivo a todo o sector. Durante esta reunión abordaronse ademais temas como o da mellora da calidade do leite, partindo das condicións hixiénicas na explotación, durante o transporte e ata a súa chegada ás industrias, incluíndo a calidade do producto final; e tamén o dos mecanismos de control económico do sector, a trazabilidade do producto e a xestión do sistema da supertaxa. Este protocolo da calidade do leite, xunto, a con outros temas, será analizado en profundidade na vindeira Conferencia Sectorial. Pola súa banda Bruxelas tamén informou da decisión de intensifica-los controis en España ante a existencia de excedentes a pesar da baixada do consumo. unha serie de consellos que, aínda que coñecidos por todos, sempre é interesante lembrar de cando en vez. En primeiro lugar, é imprescindible un bo manexo do muxido e unha correcta desinfección para evita-la "contaminación" dun animal a outro. Asi mesmo, é tan importante controla-la non propagación dentro da explotación como frea-la entrada da mesma dende fora, por exemplo, cando se repoñen animais. Neste caso os australianos recomendan repoñer con xovencas que non foran aínda muxidas, e no caso de ter que mercar vacas adultas, elexi-las cun reconto celular o máis baixo posible. Para evitar calquera dúbida o mellor, sen embargo, é coller unhas mostras de leite e facer unha análise para comprobar ca bacteria Strp. agalaxia non está presente nos ubres.


manexo

¿Que facer co calostro?

O que SI se debe facer

1.811 explotacións, púxose de manifiesto que máis do 40% dos bovinos recén nados tiñan concentracións de IgG por baixo dos 1.000 mg/dl nas 24-48 horas posteriores ó nacemento, e máis dun 25% tiñan uns niveis por baixo dos 620 mg/dl. Se temos en conta que por baixo do umbral dos 1.000 mg/dl de IgG os cuxos teñen unha maior probabilidade de caer enfermos, estes datos non son precisamente positivos. Por este motivo, a Organización norteamericana Alianza Bovina para a Xestión e a Nutrición publicou recentemente unha guía para que os gandeiros saiban exactamente o que deben e o que non deben facer co calostro.

- Limpa-lo ubre antes de muxir. - Muxir 1 ou 2 horas despois do nacemento. - Recolle-lo calostro dunha forma hixiénica. - Enfria-lo calostro inmediatamente despois da súa recollida. - Refrixera-lo calostro se vai ser consumido antes de 24 horas da súa recollida ou no caso contrario, conxela-lo. - Alimenta-lo cuxo co calostro templado dentro da hora seguinte ó nacemento. - Proporciona-lo calostro mediante unha botella con tetiña ou cun alimentador esofaxeal, no caso de que non consuma suficente. - Limpar e desinfecta-lo alimentador esofaxeal entre cuxos. - Aplica-la tintura de iodo os embigos dos cuxos.

O que NON se debe facer

- Desconxela-lo calostro con auga extremadamente quente ou con microondas. - Almacena-lo calostro máis dun ano. - Permitir que o cuxo mame da súa nai. - Permitir que o cuxo tome menos de 2 cuartos de calostro por toma.

O calostro ten unha concentración máis elevada de sólidos, graxa, proteína, vitaminas e inmunoglobulinas (Ig) que debemos aproveitar. Sen embargo, moitas veces o descoñecemento ou a rutina lévanos a facer un uso incorrecto do mesmo, co que as cuxas perden a posibilidade de adquiri-la súa primeira "vacina"- asegurar que toman unha cantidade suficiente de calostro de boa calidade é un medio de proporcionalle unhas mellores defensas contra as infeccións. De feito, un dos factores máis importantes que inflúen na mortalidade dos animais recién nados é o seu nivel de anticorpos IgG, que son obtidos a través do calostro que consumen durante as súas primeiras 24 horas de vida. O leite producido durante o segundo e terceiro día xa sería o que se coñece como leite de transición; e a partir do cuarto día, o leite pode ser considerado normal. Nun estudio realizado polo Sistema de Inspección de Sanidade Animal de EEUU en

- Mestura-lo calostro co leite de transición. - Usa-lo calostro de vacas enfermas ou con mamite. - Pasteuriza-lo calostro. - Usa-lo calostro que conten sangue ou algo anormal.

Auga sí, pero boa A composición da auga pode verse alterada por multiples factores, e non se-la mesma dun ano para outro. Debemos lembrar que a calidade da auga repercute directamente na calidade do leite e na saúde dos nosos animais, entre outras cousas. Cando decidimos facer unha análise, os resultados que normalmente nos dan, teñen que ver tanto coa composición química da auga como coa bacterioloxía, e dicir, aparecen os niveis de cloro residual, amoniaco, nitritos, nitratos, pH, conductividade, materia orgánica, cloruros, sulfatos, dureza total da auga, calcio e magnesio, ademais da confirmación da presencia ou ausencia de coliformes fecais, totais, estreptococos fecais, clostridios, etc. Unha vez que temos as análises é igual de importante asegurarmonos de que entendemos correctamente os resultados para saber se temos ou non un problema. Por exemplo, a presencia de coliformes totais non debe ser superior a

1/100ml porque poderíamos ter problemas de diarreas cos tenreiros e sen embargo, se se trata de coliformes fecais non se debería usar esa auga sen que sexa previamente depurada. Do mesmo xeito, existen outros compoñentes químicos da auga que cando presentan concentracións por riba dos niveis recomendados, nos poden dar problemas de diferente tipo, como ocorre cos carbonatos e bicarbonatos, que determinan o grao de "dureza" da agua, e que poden afectar negativamente a algunhas instalacións da explotación. No caso da salinidade, se se superan os niveis recomentados, pódense producir diarreas, ou non ser apta para vacas preñadas ou en producción. Outro aspecto a vixiar moito é a presencia de arsénico xa que pode causar graves diarreas sanguinolentas en animais xóvenes. Os sulfatos tamén son importantes, sobre todo nos meses de máis calor, e como non, os niveis de nitratos porque ó ser reducidos a

nitritos no rume, entran logo no torrente sanguíneo onde converten a hemoglobina en metahemoglobina, impedindo o transporte de osíxeno, que pode incluso provoca-la morte por asfixia. Da mesma maneira que facemos comprobacións rutinarias doutras cousas na explotación -salas de muxido, sistema de refrixeración ou ventilación, etc-, é igual de importante facer comprobacións do estado da nosa auga, sendo conscentes de que ten unha relación directa coa saúde dos nosos animais e en definitiva coa calidade do que producimos. Se todo o mundo sabe a cantidade de agua que consume un tenreiro ou unha vaca adulta ó día, por que non saber que niveis de certos compoñentes químicos da auga ou aspectos bacteriolóxicos da mesma poden afectar a saúde dos animais e por ende á nosa calidade e capacidade productiva. Unha comprobación ó ano da salubridade da agua seria suficiente. XUÑO 2002 / AFRIGA

23


24

alimentación

O escándalo dos

pensos “bio” adulterados Cando por fin semellaba que as cousas empezaban a "normalizarse", e os consumidores voltaban a sentirse seguros do que mercan, salta o escándalo dos

pensos bio adulterados en Alemaña e os sistemas de control alimentarios vense seriamente dañados e cuestionados. En concreto, detectouse a presencia de nitrófeno, un fitosanitario canceríxeno prohibido en toda a Unión Europea. Nun primeiro momento pensouse que só os productos de granxas avícolas "bio" estaban afectados, pero investigacións posteriores desvelaron que a mesma firma de pensos -CS Agri- tamén tiña na súa carteira de clientes granxas, bio ou non, doutras especies, polo que a contaminación podería afectar ademais ó leite e ós porcos. Por este motivo, unha das medidas adoptadas foi o peche de 500 explotacións convencionais no estado de MecklenburgoAntepomerania (leste de Alemaña) nas que se detectaron pensos contaminados coa mencionada substancia. Para a ministra alemana de Agricultura e Protección do

Case 17 millóns de euros de perdas pola destrucción das fariñas Oito asociacións de gandeirosAncoporc, Anprogapor, Aprovac, Arabovis, Asaja, Asovac, Confederación de Cooperativas Agrarias de España (CCAE) e Feagas- que en xaneiro pasado denunciaron ós matadoiros de Confecarne por cobrarlles-lo custo da destrucción das fariñas cárnicas en vez de cobrarllo ó consumidor, interpuxeron unha demanda contra algunhas asociacións da industria cárnica (Confecarne e Aprosa) e os seus matadoiros ante o Servicio de Defensa da Competencia. Segundo estas asociacións de gandeiros a contificación detallada das pérdas, en fun-

AFRIGA / XUÑO 2002

ción dos custos repercutidos por cabeza de vacún, porcino e ovino/caprino, a través das correspondentes facturas, é unha información que o Servicio debe solicitar ás empresas integradas nas asociacións denunciadas. A cantidade que estiman en concepto de perda polo cobro da destrucción destas fariñas é de, nada máis e nada menos, 16.936.250 euros. Asi as cousas, o que máis desexan é que o Servicio de Defensa da Competencia proceda cando antes á correspondente apertura do expediente e inicie as actuacións pertinentes.

Consumidor, Renate Künast, "a información recabada ata agora indica que estamos ante unha acción criminal que require unha resposta xudicial e non política"; e afirmou que esa "acción criminal" veuse favorecida pola existencia de vellos grupos de presión que operan sobre unha infraestructura de almacenamento que data dos tempos da extinta República Democrática Alemana (RDA). Segundo datos da investigación aberta nos estados federados onde se detectou o uso de pensos contaminados con nitrófeno -Baixa Saxonia, Renania do Norte-Westfalia, Brandenburgo, Saxonia-Anhalt e MecklemburgoAntepomerania- un dos posibles focos de infección son precisamente os vellos silos de almacenamento de gran da RDA. As propias fontes da Federación Europea de Fabricantes de Alimentos Compostos afirmaron que os resultados negativos obtidos de 190 mostras de pensos analizados pola asociación alemana, fan pensar que non existen indicios para crer que exista outra fonte de contaminación distinta dos silos de Malchin -utilizados en 1999 como almacén de cereais destinados á agricultura convencional. Canto ás medidas dispostas por parte da Unión Europea dicir que o Comité Permanente da Cadena Alimentaria e Sanidade Animal da UE, tras estudia-la posibilidade de prohibi-las importacións de certos productos alemanes, sinalou que dado que a orixe da contaminación fora claramente identificado, non parecía necesario polo momento a adopción de medidas adicionales por sentirse satisfeito cas explicacións do país afectado.


Un 23% máis de

cereais A Confederación de Cooperativas Agrarias de España (CCAE) fixo públicas as cifras correspondentes ás suas primeiras estimacións da colleita de cereales de outonoinverno. A estimación é de 15,5 millóns de Tm, case un 23% máis con respecto á desastrosa colleita do ano anterior- aínda por baixo das cifras do que se considera unha boa campaña. Canto ó millo

a producción estímase que será duns 4 millóns de Tm. Segundo as cooperativas, a excelente colleita que se esperaba para o mes de abril non foi posible fundamentalmente por unhas condicións climáticas moi adversas: exceso de calor durante todo o periodo vexetativo do cereal e escaseza de chuvias no mes de maio. Esto provocou que o esperado "cosechón" resulta-

Tm

Trigo brando

Navarra Aragón Cataluña Castela e León Castela-A Mancha Estremadura Andalucía Outros España Estimacións CCAE 2001 Variación

249.817 298.764 321.355 2.032.000 806.000 140.437 250.182 170.000 4.268.555 3.264.826 30,74%

Trigo duro 15.050 130.204 495 30.598 80.500 201.243 1.628.007 900 2.086.997 1.393.789 49,74%

Cebada 251.233 911.375 721.121 2.829.800 2.559.386 155.779 239.506 390.000 8.058.201 7.143.296 12,81%

ra decepcionante pola deficente maduración e enchido dos grans. A comunidade máis afectada foi Castela-León, onde se estiman unhas perdas de 131 millóns de euros por esta falla de auga e as xiadas. Ademais, a seca primavera afecta de xeito evidente ós gandeiros, que vense na obriga de alimenta-los seus animais con penso debido á falla de pastos naturais. Avea 28.044 25.343 21.415 110.000 298.660 255.000 109.476 6.800 854.738 716.888 19,23%

Centeo 8 12.621 1.480 190.000 19.150 3.500 236 37.500 264.495 163.438 61,83%

Total 544.153 1.378.306 1.065.866 5.192.398 3.763.696 755.959 2.227.407 605.200 15.532.986 12.682.237 22,48%

As choivas

resultaron prexudiciais Moitos son os agricultores e gandeiros que se viron seriamente prexudicados polos efectos das prolongadas choivas e os seus efectos nas colleitas de cereais e na herba para ensilar. Moitas leiras de trigo e centeo quedaron completamente aplastados pola auga, e se tivo que esperar para bota-lo millo e evitar así que pudrira nunha terra demasiado húmida. Se con isto non se tiveran bastante, a segunda colleita de ensilado de forraxe tivo que aprazarse se un non quería ficar soterrado coa maquinaria.

VÉNDESE COTA 188.000 LITROS 3,76% DE GRAXA

Teléfono 981 67 07 83 XUÑO 2002 / AFRIGA

25


26

xenética

Probas internacionais dos touros: información subxectiva e innecesaria FRANCISCO AHEDO Gandería La Travesía. Navarra Sempre fumos partidarios de usalas probas orixinais do país de orixe para a selección dos touros. Compara-los touros probados en cada país resulta interesante, pero os erros que provocan as conversións son tan grandes, que o que realmente se consigue é desinformar e enganar ó gandeiro e á industria en xeral. COMPOSICIÓN DO UBRE Canadá Maio 2002 C. Stormatic 88 fillas 18 ubre C. Lheros 75 fillas 13 ubre G. Tribute 41 fillas 9 ubre TOP100TPI Internacional G. Tribute 2.42 ubre C. Stormatic 2.19 ubre C. Lheros 1.61 ubre

Quizais nunca resultara tan claro o desastre como na lista de Maio de 2002 do TPI Internacional. A pesar de que SEMEX ten 10 touros entre

os 100 primeiros, nosotros non utilizaremos esta información, e rápidamente van a comprender os nosos lectores o motivo:

RANKING E LEITE LPI CANADÁ MAIO 2002 (Probas reais baseadas en miles de datos e feitos reais) Comestar Stormatic Nº1 LPI 2734 Leite 2347 Proteina 74

Tipo 16

117 Fillas

Regancrest C. Brant Nº2 LPI 2412 Leite 2529 Proteina 76

Tipo 11

43 Fillas

TOP100 TPI INTERNACIONAL MAIO 2002 (MACE) (Probas convertidas) Regancrest C. Brant Nº2 TPI 1834 Leite 2328 Proteina 70

Tipo 2.09

Comestar Stormatic Nº21 LPI 1687 Leite 1574 Proteina 50

Tipo 2.73

¿Entenden vostedes algo? ¿Por que a Stormatic, que ten unha proba real baseada nas 117 fillas, lle quitan 773 Kg de leite e 24 de proteina, e a Brant só lle quitan 201 de leite e 4 de proteina?. ¿Por que Stormatic que é o Nº 1 da LPI, cunha proba sólida baseada en máis de 100 fillas, está no Nº21 do TOP 100 Internacional, a 20 postos e 150 puntos de Brant, cando en Canadá, onde foron probados ambos, é Stormatic o que aventalla a Brant en máis de 300 puntos? ¿Por que Tribute, que ten 4 puntos menos que Lheros no sistema mamario e 9 puntos menos que Stormatic, é o mellor segundo a conversión ó TPI MACE para ubre? ¿Por que Outside, que en tres anos non aparecera en ningún listado internacional, hoxe xa con miles de fillas no mundo, é o 15 da TPI e o 26 do TOP 100 Internacional? AFRIGA / XUÑO 2002

Poderíamos encher boletíns de "por ques" e só chegaríamos a unha conclusión: a única fonte fiable sobre o valor xenético dos touros é a proba do seu país de orixe, e cantas máis conversións de Interbull o LPI, a TPI, a ICO ou a calquera outro sistema, máis erros, falsedades e desinformación estaremos acumulando. Afortunadamente, os gandeiros non utilizamos as fórmulas de conversión nos nosos programas xenéticos; acostumados a levantarnos moi cedo, e a vivir pegados ó día a día das nosas cortes, os anos nos enseñaron a valorar por enriba de todos os feitos, a información verídica que se extrae da realidade, e non as conxeturas ou as formulacións teóricas. A realidade é iso: a producción das nosas vacas, a súa mellora morfolóxica que permite aproveitar o máximo o seu poten-

cial productivo e a sú vida no rabaño, a observación das fillas dos touros que poden axudar a axilizar esa mellora, o seguimento da súa proba en programas eficientes e fiables. Todo o demais é un exercicio teórico de profesionais que, se ben está tamén involucrados no noso sector, non viven directamente ese "día a día" que ten pouco de teoría e moito de práctica. O lamentable é que algúns destes profesionais do mundo da xenética sigan realizando afirmacións gratuítas, contribuíndo co seu propio descoñecemento a desinformación, á confusión e o engano, cando a propia realidade, co peso inapelable das súas cifras e os seus feitos, xa lles leva moita ventaxa no mesmo momento en que eles intentan vendernos as bontades das súas máxicas e inútiles fórmulas.


Lexislación

lexislación retrincos

BOE

DOG

Real Decreto 480/2002, do 31 de maio, polo que se modifica a disposición transitoria segunda do Real Decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais. BOE nº 131, 1/6/02

Orde do 30 de maio de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas ós alumnos de centros escolares para o consumo de leite e determinados productos lácteos. DOG 7/6/02

Real Decreto 460/2002, do 24 de maio, polo que se establecen axudas á financiación de accións de asesoramento para a mellora da calidade do leite producido e recollido nas explotacións. BOE nº 131, 1/6/02 Orden APA/1618/2002, do 17 de xuño, pola que se fixan as datas de reconto da carga gandeira das explotacións de gando vacún para o cobro do pago por extensificación, correspondentes ó primeiro semestre de 2002. BOE nº 154, 28/6/02 Orden APA/1587/2002, do 21 de xuño, pola que se prorroga a Orde do 22 de febreiro de 2001, pola que se determinan, con carácter transitorio, os supostos excepcionais de inhumación previstos na disposición final terceira do Real Decreto 3454/2000 do 22 de decembro, polo que se establece e regula o programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais. BOE nº 153, 27/6/02

Orde do 7 de xuño de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias e se convocan para o ano 2002 DOG 13/6/02 Orde do 10 de xuño de 2002 pola que se establece, para os gandeiros da Comunidade Autónoma de Galicia, no período 2002/2003, o procedemento para a adquisición de cantidades de referencia ó fondo nacional coordinado de cotas lácteas e asignación complementaria da reserva nacional. DOG 13/6/02 Orde do 7 de xuño de 2002 pola que se establecen as medidas necesarias para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do programa de abandono voluntario e definitivo da producción leiteira para o período 2002/2003. DOG 13/6/02 Orde do 11 de xuño de 2002 pola que se establecen bolsas de prácticas para estudiantes que realizan ensinanzas de formación profesional agraria. DOG 18/6/02

Retrincos "Todos estivemos de acordo en que hai que respeta-las cotas e non permitir vende-lo leite ó consumidor a baixo prezo, nin de baixa calidade.... En Francia, por exemplo, non existen vendas a pérdas no leite, como en España, por parte das grandes superficies, alí respéctanse as cotas con rigurosidade, hai leite B pero moi pouco, e teñen uns prezos marcados que son revisados trimestralmente, ós que todo o mundo se cingue". Alejandro Mazorra, secretario xeral de UGAM-COAG, na II Asamblea Xeral da Interprofesional Láctea (INLAC). "Nin os gandeiros nin a industria son culpables da crise que padece o sector e que obedece ó grande excedente de leite na Unión Europea e en España". Miguel Ángel Vázquez de Prada, director xeral da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil).

"Somos firmes partidarios da ampliación da Unión sen condicións previas, pero ben negociada para os que xa forman parte da UE e para os que van a entrar, pois é evidente que é un acto de xusticia histórica". Jesús Gamallo, secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

"¡Canta parvada lle levan espetado ó eucalipto!. Se degradara o solo ata eliminar toda a flora, de seguida tamén el desaparecería". Xosé Martínez Couselo, no Recuncho de Altamira.

" Se non se corrixe esta situación tanto de baixos prezos como de ilegalidade permanente -en relación tanto ó incumprimento da normativa que regula as cotas, como a da calidade- o mes de xuño vai ser penoso e miles de explotacións van estar abocadas á práctica desaparición".

"Para os danos causados pola fauna salvaxe, non existe ningún tipo de indemnización, agás nos provocados por lobos en parques naturais. A Lei de Caza da Xunta deriva a responsabilidade dos danos ós cotos de caza no caso de que se trate dunha especie cinexética. Isto é, o lobo non entra nesta calificación, polo que só se poden reclamar os danos do xabarín".

Gaspar Anabitarte, responsable do sector lácteo de COAG.

BNG de Lalín.

XUÑO 2002 / AFRIGA

27


p รก g i n a 2 8 ( c o n t r a p o r t a d a ) p u b l i c i d a d

i d e m

n ยบ 4 4

I n q u i r e r

S

E

M

E

X


AFRIGA 46