Issuu on Google+

Primeiro ano da

ANO VIII • Nº 43

Vivir do agro

EEB

Mellorando a eficiencia

¿Non recriar pode ser unha opción interesante?

Recrúa o conflicto do saneamento


editorial

Está claro que non temos mecanismos efectivos de negociación cas industrias. Estamos nas súas mans. Como dicía un gandeiro na prensa estes días pasados, "o sector está desestructurado e elas fan o que queren". Non pensamos que haxa que estar nunha confrontación permanente pero si ter unhas vías de diálogo, tanto coas industrias como ca administración, que neste momento semellan non existir. Para eso fai falla unión e non a desestructuración de que antes falaba ese anónimo gandeiro citado.

Sen forza para negociar Nestas semanas tócanos a todos reflexionar a fondo sobre o tema da baixa no prezo do leite. Primeiro tema para a reflexión: publicado no "El País" o día 4 de febreiro deste ano: "Los precios en orígen en los últimos meses se situaron en una media de 55 pesetas por kilo, 0,33 euros, y el objetivo es rebajar ese precio medio a unas 50 pesetas, 0,30 euros. Los industriales de la leche acordaron, en una reunión celebrada a finales del pasado año, una rebaja progresiva en los precios en origen ante la existencia de una oferta abundante en el sector y, en segundo lugar, por la caída de los precios exteriores para la leche en polvo y derivados, lo que hacía imposible la exportación. Las empresas, de acuerdo con esos compromisos, han puesto en marcha esas medidas, aunque solamente algunas firmas las han comunicado. Según fuentes del sector, una de las empresas que estaría cumpliendo los acuerdos al pie de la letra es Puleva. Sus responsables de compras han señalado al sector su decisión de bajar los precios 3 pesetas en las liquidaciones de enero y una peseta en marzo, para aumentar los precios 2 pesetas en abril y otras 2 pesetas en septiembre... Para el sector, los acuerdos de las empresas son ilegales y similares a los puestos en marcha en 1997 y que supusieron una denuncia por parte de UPA y la posterior condena a una multa de 7,21 millones de euros, 1.200 millones de pesetas". As industrias din que é unha decisión que se debe ó exceso de materia prima dispoñible e que non é froito de ningún acordo. Segundo tema: o prezo do leite non baixou para o consumidor, senón que máis ben subiu como calquera pode comprobar. Argumentasenos que hai que baixa-lo prezo para competir co leite que está entrando de Francia. Por outra banda nós vemos que xa non hai leites baratos nos supermercados, o cal quere dicir que non se están a utilizar permeatos ¿ou non quere dicir iso?.

Lembremos que hai unha denuncia admitida a trámite pola Audiencia Nacional. A ver se tamén aquí aínda que por outras vías está a pasar o mesmo que na carne. A finais de mes de xaneiro declaraba Eduardo Navarro, secretario xeral da COAG: "..porque os gandeiros contemplan atónitos como o prezo dos seus productos incrementouse nun 5,6% para o consumidor mentres eles perciben un 17,1% menos do que ingresaban o ano pasado". Especulación, chámase isto. Isto do leite francés non deixa de ser algo "escamante" porque é de todos coñecido que aquí temos un prezo medio do leite máis baixo que o prezo medio en Europa. Leandro Quintas daba outra explicación na Voz de Galicia do 1 de Febreiro: unha baixada de 4 pesetas durante 2 meses supón que as industrias aforren en Galicia preto de 1.200 millóns de pesetas, que ven a se-lo importe da multa que lles impuxo o Tribunal da Competencia e ratificou a Audiencia Nacional. Terceiro tema: ¿Quén negocia o prezo do leite?. Porque segundo os sindicatos presentes na Interprofesional (INLAC), esta decisión de baixar "coxunturalmente" 4 pesetas o prezo é unha decisión unilateral das industrias. Ou sexa, que de negociar nada. En Francia está negociando neste momento a Federación de Productores de Leite (FNPL) o prezo de leite para o trimestre. Aquí cada quen ten que negociar pola súa conta. Cuarto tema: ¿Cómo se lle pode facer fronte a unha situación como esta?. Está claro que non temos mecanismos efectivos de negociación cas industrias. Estamos nas súas mans. Como dicía un gandeiro na prensa estes días pasados, "o sector está desestructurado e elas fan o que queren". Non pensamos que haxa que estar nunha confrontación permanente pero si ter unhas vías de diálogo, tanto coas industrias como ca administración, que neste momento semellan non existir. Para eso fai falla unión e non a desestructuración de que antes falaba ese anónimo gandeiro citado.

XANEIRO 2002 / AFRIGA

3


4

sumario

5

ENTREVISTA

5

Entrevista

Mercedes e Manuel, dous mozos e experimentados gandeiros de Val Xestoso están metidos de cheo na tarefa de ser uns gandeiros eficientes.

ACTUALIDADE

8

A guerra dos prezos semella inminente.

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

11

11

PMO

Comezamos a debulla-la normativa estadounidense sobre calidade do leite.

SANIDADE ANIMAL

12

Rubén Varela fai un estudio sobre a crise da EEB no Estado español no 2001.

COTAS

16

Terceira e última entrega sobre o informe do Tribunal de Contas europeo e as cotas lácteas.

Primeiro ano da EEB

12

XESTIÓN

17

Membros do Equipo de Investigación en Empresas Agroindustriais preséntannos un estudio sobre a renda dos productores de leite galegos.

TERRAS

20

No último resumo da nova Lei de concentración parcelaria falamos do fondo de terras, do cumprimento do plano de aproveitamento de cultivos e das infraccións.

Vivir do agro

17

MERCADO

21

A baixa do prezo do leite ecolóxico causa sorpresa en Gran Bretaña.

ALIMENTACIÓN

22

A Asociación de Productores de Millo franceses presenta o gran de millo húmido enteiro e inerte coma un novo e interesante alimento para as nosas vacas.

Novo alimento

22

TEMA PARA O DEBATE

23

Recriar ou non recriar. ¡That’s the question!.

LEXISLACIÓN E RETRINCOS

27

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Consello de redacción: Xosé R. Anido, Celia Fernández, Gustavo Frog, Antonio María ■ Revisión lingüística: Fernando Pereira ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Xosé Ramón Anido, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

Recría de xuvencas

23

AFRIGA / XANEIRO 2002


entrevista

Mellorando a eficiencia Segundo o diccionario María Moliner dícese da eficiencia como "a cualidade da persoa eficiente", e eficiente "aplícase ó que realiza cumpridamente a función a que está destinado". O destino dun productor de leite galego é producir a maior cantidade de leite de calidade, coas importantes limitacións estructurais á que está suxeito, polo que o manexo eficiente dos recursos dispoñibles fai que sexa unha prioridade e un reto. As melloras no manexo nas nosas explotacións son primordiais á hora de raciona-los nosos recursos e de mellora-la nosa calidade de vida. Mercedes e Manuel, dous mozos e experimentados gandeiros de Val Xestoso están metidos de cheo nesta tarefa de ser eficientes e semella que o están conseguindo.

Na procura de que as súas vacas cumpran a función á que están destinadas, que é a de producir a maior cantidade de leite de calidade, dende hai dous anos están investindo para modifica-lo seu sistema de explotación coa intención de conseguir unha substancial mellora no manexo dos animais e na súa calidade de vida. En principio toda a actuación xirou en torno á construcción hai dous anos dunha nova corte. Ata ese momento o sistema de explotación baseábase na producción de herba (verde e ensilada) e o pastoreo directo na chea de fincas de pequena extensión que teñen espalladas no Val Xestoso. Malia que nese intre estamos a falar de produccións de ata 9.400 litros (no ano 98) en base a herba verde e silo de herba dunha gran calidade, o manexo dos animais era totalmente mellorable.

Como exemplo, e aínda que as vacas practicamente non estaban na corte, os problemas coas patas eran constantes, cousa atribuíble ás grandes distancias que tiñan que percorre-los animais para ir ó pasto. "Antes tiñamos que enviar vacas ó matadoiro por problemas coas patas. Había meses que unha vaca daba medias extraordinarias e noutros caía a producción por culpa das patas". Agora coa corte nova,

Nótase moitísimo na producción se teñen as camas cheas de serrín ou non

Traballando por un manexo máis eficiente

malia que as vacas non saen ó pasto, estes problemas remataron; sen embargo, e como sempre sucede cando se fan cambios de manexo tan importantes, aínda non están totalmente satisfeitos. "Tal como está, estamos contentos, agás no tema das camas xa que o serrín estanos a dar moitos problemas. Pero non lle vemos moita solución. Hai problemas de mamites. Non vai ben o serrín. Sen embargo estivemos vendo por aí outros elementos para as camas e non vimos cousa mellor". Nun principio, segundo nos comentou Manuel, na corte as vacas deitábanse directa e comodamente sobre terra, pero facían moitos furados, manchándose moito, polo que optaron polo serrín que é un material que non mancha e doado de manexar. "Aquí por exemplo nótase moitísimo na producción se teñen as camas cheas de serrín ou non; se están cheas, as XANEIRO 2002 / AFRIGA

5


entrevista vacas van comer e déitanse; se están baleiras, van comer e quedan de pé. E á hora de muxir as vacas atópalas moi limpas, pero non vai ben, polo tema das mamites, e aínda que botamos superfosfato non vai ben". Logo de descartar posibles problemas no sistema de muxido, aseguran que o problema das mamites que padecen está nas camas, polo que están pensando en cambia-lo serrín por palla. "A palla non a descartamos e estamos pensando en probar con palla, pero o problema que lle vemos é que ten que ser picada. Entón estamos mirando como podemos facer para picala. Co carbonato, aínda que non probamos, vimos que algúns veciños probaron con el e téñeno aí tirado, xa que é un problema moi grande manexalo".

Optimiza-la alimentación: menos traballo e máis rendemento A alimentación é un aspecto básico para estes dous gandeiros que non queren descoidar, e xa dende o primeiro día en que se produciu o cambio de ración como consecuencia do cambio de manexo os animais non tiveron ningún problema. "Antes co pastoreo aínda que nun principio chegaban a boas produccións, de aí a 15 días baixaban

Dorada da Rocha Storm moito –probablemente por ser a herba máis mala-. Agora as curvas de lactación non son tan pronunciadas; e a diferencia máis grande –aínda que tamén as vacas non son as mesmas- é a alimentación, se a fas ben, aínda que sen carro mesturador, penso que vai ben igual, o problema é que o deas feito polo número de cabezas.Tamén as medias de producción están subindo moitísimo". No racionamento van a ración única (12 quilos de mestura, 12 de silo de herba de moi boa calidade, e 18 de silo de millo e _-1 de palla) suplementando a partires dos 35 litros, con 6 quilos como máximo. Están moi contentos co resultado desta ración que ini-

ciaron hai dous meses dende que crearon a CUMA Arranxes. "En principio baixaron un pouco pero agora están a producir igual. ¡Comen todo o que lles botes!". Un dos aspectos que "miman" é o silo de herba, ó que dedican unhas 13 hectáreas. "Non deixamos espigar nada, facemos un presecado bo, e non lle botamos nada para conservar. Incluso metemos tres cortes nun mesmo silo e da unhas calidades boas". A recría dende marzo-abril ata setembro-outubro están nunha finca, tendo pasto suplementado con palla e algún ano se hai seca danlles un pouco de mestura; e despois no inverno danlles mestura e palla.

O bo funcionamento do binomio alimentaciónxenética fai que altas produccións sexan constantes

6

AFRIGA / XANEIRO 2002


■ Mellora da calidade de vida Paralelamente ó cambio na alimentación e no manexo en xeral da explotación, nos últimos meses puxeron en funcionamento a CUMA Arranxes, Soc. Coop. Galega, formada xunto a 6 gandeiros de Cambás (Aranga), e da que Manuel é presidente. "Se nós queremos que funcione a CUMA, funcionará, e estamos mirando a posibilidade de incorporar a novos socios. De momento a relación entre nós é moi boa". Puidemos comprobar que están moi orgullosos deste paso pois, en xeral, melloraron moitísimo no manexo dos animais –sobre todo os socios con máis animais- e aumentaron as produccións, e sobre todo, a calidade de vida, pois todo o racionamento faino o persoal encargado do carro mesturador. "Hoxe mesmo, con 7 socios, está facendo 8-9 racións diarias, comeza ás 8,30 da mañá e remata ás 14,30-15 da tarde. E iso que polo de agora non temos adaptados os silos ó carro pois este ano cada un os fixo como toda a vida sen pensar no carro. Para o ano levarannos menos tempo pois xa os faremos todos xuntos".

A alimentación non funcionaría sen xenética, e viceversa Dentro desta estratexia de mellora-lo manexo e a eficiencia, un punto que tampouco esquecen é o da xenética. O que están a descartar son touros negativos en proteína, e logo miran se é positivo en leite e que non teña o ubre negativo. "En graxa non temos problema xa que estamos nun 4,30-4,40%, sen embargo en proteína estamos en 3,10-3,20%, e este ano pensamos en pasar dos 11.000, xa que estes últimos meses tivemos medias de 34-36 litros/vaca". O bo funcionamento do binomio alimentación-xenética fai que altas produccións sexan constantes. Exemplos moitos: - Silvia Da Rocha Aproval, chegou na súa 4ª lactación ós 82 litros

Datos da explotación Propietarios: Manuel Filgueiras Freire e Mercedes García Sandá, 34 anos, A Rocha (Val Xestoso – Monfero) Superficie: 20 has., das que 6 de millo e o resto herba; a máis grande de 200 ferrados, onde están as xovencas. Nº de cabezas: 40 vacas, muxindo 35, e 45 xovencas. Rendemento: Para o 2002 prevén pasar dos 11.000 litros/vaca. 3,10%-3,20% proteína, graxa 4,30%-4,40%. Estes últimos meses tiveron medias de 34-36 litros/vaca. Instalacións: Nave para vacas en producción para 80 cabezas, e nave para 50 xovencas. Limpeza por auga, 2 fosas, están moi contentos co sistema. Non teñen problemas de decantación. Foi un descubrimento, moita comodidade. Alimentación: Ración única (12 quilos de mestura, 12 de silo de herba de moi boa calidade, e 18 de silo de millo e _-1 de palla) suplementando a partires dos 35 litros, con 6 quilos como máximo. Manuel é o presidente da CUMA Arranxes, Soc. Coop. Galega. - Dorada Da Rocha Storm, no seu 1º parto chegou a 60 litros (leva 273 días de lactación, con 14.631 litros) - Rufina Da Rocha Rudolph, na súa 2ª lactación chegou ós 70 litros. - Cristina Da Rocha C. Lee, no seu 1º parto, no 1º control, acadou os 46,5 litros. Todo o gando é gando recriado na casa, procedente de reses importadas hai 10 anos de Alemaña e a partires de aí recriaron practicamente todo. Agora a recría chégalles para repoñer pero como teñen a intención de amplia-lo número de animais non lles chegará. "É moi difícil saber en que número de

animais nos estabilizaremos. ¿Por qué?. Hai moitísimas cousas: En principio a idea é de conseguir 80 vacas en producción como límite, cunha cota de 800.000 litros. Con este número de animais pódese sacar máis rendemento ó tempo, cambiando as formas de manexo, que ter 100 ou 120". E ante a pregunta de que se lle dan máis importancia á alimentación ou á xenética, Manuel foi claro: "Unha cousa sen a outra non funcionaría, van parellas. A xenética ten moita importancia e alimentación tamén. Son dous temas claves. O asunto é ser eficiente no manexo, pois aí pódeste aforrar moitos cartos".

XANEIRO 2002 / AFRIGA

7


8

actualidade

Prezos dignos A industria láctea comezou hai meses a baixa pactada dos prezos ata chegar ás 5 pesetas (0,03 euros), nalgúns casos. Segundo informacións, o recorte á caída do prezo do leite en po nos mercados exteriores. Segundo a Feplac, as empresas acordaron hai unhas semanas a baixa dos prezos ante a existencia de excedentes no mercado e as maiores dificultades para exportar. A existencia de excedentes nestes meses de inverno, cando tradicionalmente había unha menor oferta de leite, deu lugar á apertura, hai unhas semanas, da intervención para leite en po e manteiga, así como ó establecemento de restitucións para a exportación. Sen embargo non se entende que nun Estado coma España, onde hai déficit de leite para a demanda interior, teñamos este problema. Na opinión da Feplac, esa situación débese ó leite fóra de cota e ás importacións de permeatos e lactosoros, e ameaza cunha guerra xudicial contra as industrias por estes recortes de prezos. Tamén o sindicato agrario vasco ENBA iniciou contactos con grandes cadeas de distribución (a maioría francesas) co obxectivo de dignifica-la imaxe do leite como producto de calidade, e eliminar dos lineais o leite como reclamo comercial para conseguir así un prezo digno, xa que comprobou que tras uns meses de prezos dignos as grandes superficies volven utiliza-lo leite como reclamo, ó poñelo a unhas 80 pesetas. E moitos se preguntan, ¿onde está a Interprofesional?.

AFRIGA / XANEIRO 2002

Valoriza-lo noso leite No nadal o sector leiteiro desgraciadamente volveu estar nas primeiras páxinas dos xornais co asunto dos permeatos, e outra vez de xeito "colateral", pois este asunto de suposto fraude alimentario abrangue exclusivamente ás industrias que procesan o noso leite. Sen embargo nos titulares da maioría dos xornais falábase da producción de leite e non da súa industrialización, que é onde se sospeita que se produzan as irregularidades. Mesmo na nota de prensa publicada pola Consellería de Política Agroalimentaria sobre as análises que se realizaron ás industrias, e que non detectaron a presencia de subproductos lácteos, podíase ler que: "Así mesmo, é preciso subliñar que o leite elaborado en Galicia é un dos de maior calidade dos realizados no conxunto do Estado destacando neste sentido que máis do quince por cento dos productores lácteos galegos están inscritos no sistema de Control Leiteiro que desenvolve a C.P.A.D.R. e que analiza periodicamente os niveis de salubridade do leite que se produce en Galicia". O que semellaba un problema exclusivo do sector industrial deu a impresión, segundo a prensa, de se-lo de todo o conxunto de sectores, e máis se asegurábase, segundo a afirmación do parágrafo anterior, que o 85% dos productores lácteos de Galicia non estivesen inscritos no control leiteiro, e polo

tanto non se analizasen periodicamente os niveis de salubridade do leite que se produce en Galicia. Entón, calquera lector que le o xornal volve tira-la mesma conclusión que co tema da encefalopatía: que os gandeiros son todos uns "delincuentes" por produciren leite adulterado. Sen embargo as industrias, as verdadeiras culpables do suposto fraude, en moitas das noticias non figuraban. Certamente unha das principais tarefas que deberemos afrontar nun futuro non moi afastado é valoriza-las nosas produccións directamente ante a opinión pública, mostrando non só a calidade e o valor nutritivo do leite que producimos, senón tamén a importancia vital que ten o mantemento das explotacións de leite de Galicia para a conservación do noso medio rural.

Ratificadas as multas ás industrias A Audiencia Nacional vén de ratifica-las multas de 1.184 millóns de pesetas a 16 empresas lácteas españolas que en 1997 impuxo o Tribunal de Defensa da Competencia por pactar prezos. A denuncia fora presentada en 1992 por Unións Agrarias-UPA e acusaba á Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) de pacta-los prezos que se pagaban ó productor, polo que o Tribunal chegou a comproba-

lo contido dunhas 200.000 facturas de pago ós gandeiros. As empresas multadas, que operan en Galicia, foron Leche Pascual, multada con 836 millóns, Clesa-Lácteas del Atlántico, con 400 millóns, Leyma, con 210, e Queserías Prado, con 27 millóns. Sen embargo aínda queda por resolve-las posibles penas por impoñer a outras 33 industrias, entre elas Lácteos Lence, Lagasa ou Larsa.


actualidade

Dous billóns para o sector leiteiro O Senado norteamericano incluíu 380.000 millóns de pesetas (dous billóns de dólares aproximadamente) para o sector leiteiro no proxecto de lei de agricultura que se está a debater nesta cámara. Sen embargo a administración Bush e algúns republicanos opóñense

a esta "xenerosidade" por parte do Senado, por estimar que provocaría uns excedentes importantes de leite. Esta importantísima cantidade estipularíase en dous niveis: 95.000 millóns de pesetas asignaríanse para garantir un prezo mínimo de 70 pesetas para o leite de Clase I no

Nordés do país, mentres que os 310.000 millóns restantes serían para contrarresta-los pagos cíclicos no leite de Clase III. Os pagos limitaríanse a unha producción de 3.600.000 millóns de quilos anuais por granxa e ano, ou aproximadamente de 400 a 450 vacas.

O sector agrario galego perdeu 30.000 empregos

O Instituto Galego de Estatística (IGE), organismo dependente da Xunta de Galicia, confirmou que o sector agrario perdeu durante o terceiro trimestre do ano pasado trinta mil empregos en Galicia, o que representa un descenso do 17,2 por cento na poboación ocupada na nosa actividade. Malia que a noticia apareceu sen demasiadas estridencias

nos distintos medios de información xeral, sen embargo é o suficientemente preocupante, tendo en conta ademais que a situación é a continuación do que xa sucedeu durante os primeiros seis meses de 2001, no que a caída do emprego agrario galego foi a marchas forzadas. Na noticia non se explicitaba o destino de toda esa masa laboral, pero supoñemos que a

xubilación e a emigración cara ás Canarias ou ás Baleares serán os destinos de todo este importante capital humano dos que un día deveceron por traballar no agro, e acadaren un medio de vida digno para eles e os seus fillos; non obstante as circunstancias non foron propicias e houbo que emigrar dos vilares. Así se escrebe a historia dun pobo. XANEIRO 2002 / AFRIGA

9


10

actualidade

Sen responsabilidades

Hai un ano Galicia enteira arrepiaba coas imaxes do enterramento masivo de centos de reses mortas na canteira de Lanzá, no concello coruñés de Mesía, por mandamento da Xunta de Galicia. Durante eses días os veciños de Lanzá estiveron de garda día e noite para evita-lo paso de camións cheos de vacas mortas e de fariñas animais, que pretendían vertelos nunha fosa común preto dun colexio e dun regato. Esta barbaridade "repugnante" (polo cheiro que desprendían os cadáveres en descomposición) provocou unha crise no goberno galego, coa dimisión do conselleiro de Agricultura, Cástor Gago, do Secretario Xeral desta Consellería, Angel Bernardo, e do director xeral de Producción Agropecuaria, Antonio Crespo, así como un replantexamento da política da Xunta con respecto á crise das EET. Neses días presentouse por parte de Unións Agrarias unha denuncia contra a actuación destes altos cargos da Xunta. Sen embargo un ano despois semella que o

Arranque de eucalipto

O pasado mes de decembro o propietario dunha plantación de eucalipto no lugar de Vilamartín Grande (San Xulián de CabarcosBarreiros), denunciou o arranque de 6.500 plantas de sete meses valoradas en un millón de pesetas (6.010,12 euros). Dáse a circunstancia de que a familia propietaria desta finca xa fora obxecto hai anos dun incidente semellante. A Garda Civil investiga os feitos para tratar de esclarece-lo ocorrido. Moitas das terras dedicadas a pasto no concello de Barreiros, eminentemente gandeiro, veñen sendo obxecto de plantacións indiscriminadas de eucalipto, segundo opinión de moitos veciños, o cal se traduce en accións que intentan preserva-lo uso que tivo o terreo durante tantos anos e evita-la proliferación desta praga. AFRIGA / XANEIRO 2002

procedemento penal está paralizado non se sabe moi ben porqué. Como ben dicía Roberto García, secretario xeral de UU.AA., "non se entende por que a un gandeiro que enterra ilegalmente unha vaca lle poden multar con dez millóns de pesetas, pero non pasa nada cando quen enterra é a Xunta".

Pagar pola recollida

Como consecuencia destes feitos, e a cercanía das eleccións galegas, o Presidente Fraga reorganizou o seu gabinete dando paso a Juan Miguel Díz Guedes, quen intentou lava-la cara da consellería (pois nun principio semellaba que a perda de votos ía ser importante) cunha dotación importante de cartos e de medios materiais e humanos, potenciando medidas de cara á galería, como a creación do Centro de Información ó Agro Galego (CIAG), o certificado gratuíto ou a recollida de animais mortos tamén gratuíta. Tamén neste pasado ano coidouse bastante a actuación inspectora para intentar non empeo-

gonzalo

ra-lo clima de crispación existente no noso agro. E semella que estas medidas pagaron a pena. Agora, cen días despois do proceso electoral, xa nos comezan a quita-lo dóce da boca: primeiro coa entrada en vigor da lei de sancións, e segundo coa eliminación da gratuidade da recollida de reses mortas. O pasado 22 de xaneiro o conselleiro Diz Guedes anunciou que a partires do vindeiro 15 de febreiro a recollida de reses mortas nas explotacións correrá a cargo dos gandeiros, polo que se volve pasar factura pola crise das encefalopatías por un concepto no que os propios gandeiros son as víctimas, e outros, incluída a administración, os culpables. Pero, para que "non sexa tan dura a caída", o titular de Política Agroalimentaria recomendou subscribir unha póliza de seguros, "a cal será subvencionada nun 80 por cento polas administracións (50 por cento a central e 30 por cento a autonómica)". Nas vindeiras semanas veremos como transcorre a xestión desta nova taxa.


control e calidade do leite ■ Seguindo coa normativa norteamericana de calidade do leite, a PMO, nesta ocasión centrámonos nos primeiros apartados das follas de inspección dos puntos de obrigado cumprimento por parte do gandeiro. Como veremos nos puntos seguintes, por moi sorprendente que pareza, nos Estados Unidos un leite de calidade ven avalado por unha inspección da explotación que abrangue aspectos moi semellantes ós que se recollen nas inspeccións que se realizan en Galicia; a diferencia radica, sen embargo, non nos aspectos técnicos a controlar, senón no feito de que no noso país pode chegar a ser un simple trámite de cumprimento, o que nos Estados Unidos vai máis alá e, supón en teoría, un aval ou garantía de salubridade. Ademais, estas inspeccións serven como notificación da posibilidade de suspensión do permiso de producción se os incumprimentos sinalados non se emendan antes da vindeira inspección. Nas inspeccións que realizan ás explotacións leiteiras as autoridades norteamericanas (polo equivalente ó noso Ministerio de Sanidade) para comproba-lo cumprimento desta normativa incídese en (*):

VACAS 1. Leite anormal: - As vacas que segregan leite anormal móxense ó final ou en equipos separados. - O leite anormal manipulado é eliminado de xeito apropiado. - Coidado axeitado do equipo co que se manipula o leite anormal.

PMO (II) CORTES 2. Construcción: - Chans, sumidoiros, comedeiros e bebedeiros de cemento ou materiais igualmente impermeables; en bo estado. - Muros e teitos lisos, pintados ou rematados axeitadamente; en bo estado; teitos sen po. - Cortes separadas para cabalos, cuxos e touros sen que estean amoreados. - Luz natural e/ou artificial axeitada; ben distribuída. - Ventilación apropiada. 3. Limpeza: - Limpas e libre de lixo. - Sen galiñas nin porcos. 4. Patios: - Inclinados para que drenen; sen pozas nin lixos. - Limpos; zonas de aloxamento de gando e corredores de limpeza mantidos apropiadamente. - Sen porcos. - Esterco almacenado en lugar inaccesible para as vacas.

SALA DE MUXIDO E LEITERÍA 5. Construcción e instalacións: Chans: - Lisos; de cemento ou outros materiais impermeables; en bo estado. - Inclinados para que drenen. - Drenaxes ben pechadas, se estivesen conectadas á rede de sumidoiros

Muros e teitos: - Material e acabado correctos. - Bo estado de fiestras, portas, incluíndo. Luz e ventilación: - Luz natural e/ou artificial axeitada; distribuídas apropiadamente. - Ventilación adecuada. - Portas e fiestras pechadas durante épocas de po. - Sistemas de ventilación e alumeado instalados apropiadamente. Requisitos varios: - Usos utilizados só para as operacións de muxido: tamaño suficiente. - Sen apertura directa ás cortes, excepto o permitido pola ordenanza PMO. - Refugallos líquidos axeitadamente eliminados. - Zonas cubertas apropiadas para camións de transporte, tal e como se require nesta ordenanza. Instalacións de limpeza: - Depósito de lavado con dous compartimentos de limpeza e secado de tamaño adecuado. - Instalacións de auga quente apropiadas. - Auga a presión ata a sala de muxido. 6. Limpeza: - Teitos, muros, fiestras, mesas, e superficies semellantes que non estean en contacto con productos, limpos. - Sen lixo, artigos innecesarios, animais ou galiñas.

(*) Os números dos puntos corresponden cos requirimentos sanitarios para o Leite cru de Grao A da PMO

XANEIRO 2002 / AFRIGA

11


12

2001 sanidade animal

Primeiro ano da

Encefalopatía Esponxiforme Bovina RUBÉN VARELA CALVIÑO

Research Assistant Departamento de Inmunoloxía The Rayne Institute - Londres

Hai xa uns 15 anos dende que se descubriu o primeiro caso de EEB no Reino Unido, no ano 1986, e dende aquela o número de casos neste país acadou a xa incrible cifra de máis de 181.000 animais. A partir do ano 1989, cando se descubriron os primeiros casos fóra do Reino Unido, concretamente en Irlanda, a EEB foi diagnosticada ata o ano 2001 en 19 países europeos e Xapón. España sumouse a esta infortunada listaxe no mes de Novembro do ano 2000 coa confirmación do primeiro caso nun animal dunha explotación familiar de oito vacas, na aldea de Enxerto (Carballedo, Lugo). O número de casos chegou, incluíndo os 2 casos do ano AFRIGA / XANEIRO 2002

2000, ata os 84 no ano 2001. O impacto que esta enfermidade tivo e ten na agricultura e gandería da Unión Europea (UE) é moi grande. A desconfianza dos consumidores nos productos cárnicos fixo que o seu consumo descendese logo da confirmación da enfermidade. Aínda que este consumo chegou a recuperarse posteriormente, os prezos que os gandeiros reciben polos seus animais segue sendo menor ós acadados antes do descubrimento da enfermidade. Ademais, en canto ós gandeiros con animais de leite se refire, esta enfermidade supón un punto máis de presión pola propia natureza da producción leiteira e a suposta

transmisión da enfermidade a través do consumo de pensos contaminados co axente da EEB. Hoxe en día as altas produccións acadadas por animais de alta xenética require dunha alimentación que poida cubrir tódalas necesidades do animal, alimentación que inclúe necesariamente o uso de pensos concentrados con altos contidos de enerxía e proteína. Esta proteína procedía nunha grande porcentaxe das fariñas animais, fariñas que hoxe están prohibidas na alimentación do gando vacún e que agora teñen que ser substituídas por proteínas de orixe vexetal como a soia, o que supuxo un aumento do prezo dos pensos.


➔ Os casos Españois ¿é Galicia realmente a máis afectada? Como xa se comentou anteriormente, o número de casos diagnosticados ata agora foi de 84. A idade media dos animais afectados é aproximadamente de 76 meses (uns 6 anos), idade moi semellante á dos animais diagnosticados no Reino Unido. O animal máis vello diagnosticado coa enfermidade foi un animal de raza frisona nado no ano 1986, que tiña case 15 anos e procedente dunha explotación asturiana. Os casos de animais máis novos detectados ata agora son os daqueles nados no ano 1997 con idades ó redor dos 42 meses. Case tódolos animais afectados (93%) naceron a partires do ano 1993, aínda que máis da metade (64%) dos animais naceron no ano 1995 en diante, despois de que entrase en vigor a Decisión comunitaria (94/381/EEC) do ano 1994 que prohibía alimenta-lo gando vacún con fariñas animais. En canto ás razas dos animais nos que se detectou a enfermidade, a raza frisona é a máis afectada pola EEB, con 53 animais (64% do total) pertencendo a esta raza, porcentaxe tamén semellante ó que se ve no Reino Unido. En case tódalas Comunidades Autónomas (CCAA), coa excepción de Aragón, Canarias, Madrid e a Comunidade Valenciana, atopáronse casos de EEB (ver táboa 1). Galicia atópase en primeiro lugar con 28 casos, seguido de Castela-Leon (16 casos) e Asturias (11 casos). Na táboa 1 amósanse tamén o número de tests feitos en cada CCAA e, outra vez, Galicia atópase en primeiro lugar con máis de 110.000 análises feitas (un 30% dos feitos en toda España), sendo Castela-Leon con 77.000 tests aproximadamente (un 21% do total) a seguinte CCAA, seguindo o resto das CCAA a bastante distancia. Mirando a táboa 1, Galicia parece se-la CCAA máis afectada pola EEB, nembargantes unha análise máis detallada amosa unha historia ben diferente. Usando o censo do Instituto Nacional de Estatística (INE, ano 1997), en Galicia hai un total de 1.000.251 animais incluíndo tódalas idades e produccións (número que non cambiou moito, segundo o censo publicado pola Xunta de Galicia do ano 1999 cun total de 1.127.687). Isto supón que Galicia ten perto do 18% de tódolos animais bovinos de España, con Castela-León (20%) e Cataluña (12%) as únicas CCAA que semellan algo a Galicia. Con estes datos (ver táboa 2) vemos que son as Illas Baleares a CCAA con máis incidencia de casos de EEB (14 casos cada 100.000 animais), seguido de Navarra (6 casos/100.000), Murcia (5 casos/100.000) e logo Galicia, con perto de 3 casos/100.000 animais, o que significa que temos 5 veces menos casos ca nas Baleares. Temos semellantes resultados se mirámo-la incidencia segundo o número de tests feitos (ver táboa 2), coas Illas Baleares outra vez a CCAA con maior incidencia (29 casos cada 10.000 tests), seguida de Navarra (12/10.000), Asturias (6/10.000), Cataluña (5/10.000), Murcia (4/10.000), Estremadura (3.5/10.000) e logo Galicia (2.5/10.000), ou sexa unha incidencia 12 veces menor ca nas Baleares.

TÁBOA 1 Casos de EEB e Tests feitos en cada CCAA. O número de tests inclúe aqueles feitos no Laboratorio Nacional de Referencia de Algete Comunidade Autónoma

Casos de EEB

Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela e León Castela A Mancha Cataluña Estremadura Galicia Madrid Murcia Navarra Comunidade Valenciana País Vasco A Rioxa TOTAL

Tests

1 0 11 7 0 3 16 1 6 3

25808 2754 19259 2413 3096 32235 77049 16086 12152 8533

28 0 1 6 0 1 0 84

112020 22051 2398 4953 3517 27250 1302 372876

TÁBOA 2 Incidencia da EEB nas distintas CCAA, cada 100.000 vacas e cada 10.000 test feitos Comun. Autónoma

Incidencia

Incidencia

(casos/100.000 vacas)

(casos/10.000 tests)

Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela e León Castela A Mancha Cataluña Estremadura Galicia Madrid Murcia Navarra Comunidade Valenciana País Vasco A Rioxa

0,2 0 2,6 13,7 0 0,8 1,4 0,3 0,9 0,6 2,8 0 4,5 5,8 0 0,6 0

0.4 0 5.7 29 0 0,9 2,1 0,6 4,9 3,5 2,5 0 4,2 12,1 0 0,4 0

XANEIRO 2002 / AFRIGA

13


sanidade animal Galicia e EEB ¿podemos fiarnos dos nosos políticos? O que estas estatísticas nos din é que en Galicia atópanse máis casos de EEB simplemente porque hai un maior número de vacas e fanse un maior número de tests. Nembargantes, aínda que estas estatísticas son favorables para Galicia, se miramos a data do ano na que foron diagnosticádo-los casos en Galicia, xorden máis preguntas ca respostas (táboa 3). En Galicia máis da metade dos casos (19 dos 28 da CCAA) foron confirmados dende o descubrimento do primeiro caso no mes de Novembro do 2000 ata o mes de Febreiro do 2001. Foi a partir de aquí cando entrou en vigor a normativa de compra por parte do Estado de animais destinados a destrucción sen seren analizados, normativa que estivo en vigor ata o 1 de Xullo do 2001. Isto fixo disminui-lo número de casos en toda España, descenso dramático en Galicia onde se pasou dos 13 casos de Febreiro a só 2 en Marzo, e ningún nos meses de Abril, Maio e Xuño. A partires do 1 de Xullo subiu outra vez o número de casos pero nunca ó nivel de antes da entrada en vigor da normativa. ¿Cal é o motivo?. As estatísticas oficiais ofrecen poucos datos para poder tirar conclusións ó respecto, aínda que parece difícil pensar que tódolos animais de risco foron eliminados

AFRIGA / XANEIRO 2002

TÁBOA 3 Casos mensuais de EEB no ano 2001, segundo o mes de confirmación, detectados en Galicia no resto de España 14 Galicia

12

Resto de España

10 CASOS

14

8 6 4 2 0

xan

feb

mar

abr maio xuño xul

ago

set

out

nov

dec

MES durante o período de intervención, xa que isto significaría a eliminación dun grande número de animais de raza frisona nados a partires do ano 93, que é onde se detectaron o maior número de positivos á enfermidade ata o de agora. Traducindo este dato en termos económicos significa que as explotacións desfixéronse de animais con seis ou menos lactacións, de feito os nados nos anos 95 e 96 andarían sobre a cuartaquinta lactación, ou sexa, nunha idade óptima da súa vida productiva. Nembargantes, este descenso coincide coa denuncia da Plataforma de Veterinarios Oficiais de Galicia (ve-lo número 37 de Afriga do mes de Xullo), na que se indica que entre 30 e 50 análises nunca volveron ós mata-

doiros dende o Laboratorio de Sanidade Animal de Lugo, encargado das análises en Galicia, e polo tanto ditos animais foron eliminados sen saberse o resultado do test.

Conclusións Estes resultados sinalan claramente que alguén non cumpriu coa normativa á hora de loitar contra a EEB, xa que máis da metade dos casos detectados en España naceron despois da entrada en vigor, a nivel Europeo, da primeira medida que prohibía a alimentación das vacas con fariñas animais. Pero non só alguén violou a normativa, senón que o Goberno non fixo cumprir esas leis, xa que ata o día de hoxe a penas se coñecen sancións a fabricantes de pensos ou a intervención dos devanditos pensos contendo materias primas ilegais, ou sexa fariñas de orixe animal, que polo visto neste primeiro ano de EEB foron usados en todo o territorio estatal. Estes feitos unidos ás denuncias sobre a posible "maquillaxe" das estatísticas da EEB, levan a pensar que, outra vez, os gandeiros son os maiores prexudicados dunha nova crise alimentaria, mentres que os verdadeiros culpables seguen sen ser castigados.


Programa de inspeccións comunitarias Nos vindeiros meses comezarán as inspeccións que para o ano 2002 realizarán funcionarios da Unión Europea para comproba-lo estado de cumprimento de diversos programas no campo da veterinaria e da alimentación. En España as inspeccións encadraranse nos seguintes puntos: Sanidade Animal: Programas de erradicación e control de enfermidades animais (brucelose bovina). Protección dos animais: Transporte dos animais. Seguridade alimentaria: Trazabilidade, controis de importacións en aduanas. Sería interesante que recalase en Galicia algunha misión destas, para estudia-lo cumprimento do estado de execución do noso programa de erradicación e control da brucelose bovina (campaña de saneamento gandeiro) para ver que opinión lles merece.

Axilidade na identificación O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) critica a lexislación que fixa as sancións ós gandeiros por defectos na identificación animal xa que, "a Administración non atende con presteza as peticións de recambios destas marcas solicitadas dende as granxas". UU AA denuncia que os crotais caen a cotío e a Administración tarda semanas en recambialos, e cuestiona que se lexisle sen ter solucionado antes situacións reais do

sector nas que os gandeiros non teñen alternativa. No caso da perda de crotais identificativos, "non ten lóxica falar de sancións dado que levamos anos denunciando que os crotais caen a cotío xa sexa polo roce cos ferros da corte, por que se enganchan nas matorreiras ou polo propio desgaste". "O certo é que caen e logo, cando se solicita outro, tardan semanas en colocalo no animal", di UU AA.

Alerta sanitaria

Na editorial do pasado número adiantabamos que as políticas agrogandeiras dos vindeiros anos das distintas administracións ían encamiñadas, entre outros obxectivos, a potencia-las medidas de sanidade animal, e o primeiro paso é o novo sistema de alerta sanitaria veterinaria que ven de artella-lo MAPA co fin, segundo fontes do Ministerio, "de elimina-los riscos sanitarios e combater con eficacia as epizootias e zoonoses no momento da súa aparición no territorio nacional". Neste senso créase un Servicio de Intervención Rápida que actuará directamente en situacións de emerxencia participando tamén no control de epizootias e zoonoses, cando sexa solicitado polas CC.AA.

Aínda que as medidas para atallalos focos infecciosos estaban xa reguladas, para combater periódica ou ocasionalmente as enfermidades dos animais, o novo sistema de alerta contará con maiores medios para planificar, coordinar e atallar calquera xérmolo infeccioso que se puidera detectar, tanto entre os animais de producción, como entre os de compañía ou entre a fauna salvaxe. Todos esperamos que o seu funcionamento sexa bastante máis serio có das campañas de saneamento, e realmente combata con eficacia as enfermidades dos nosos animais, algo que actualmente non se está a asegurar por parte das nosas autoridades.

O conflicto do saneamento recrúase

Nas pasadas semanas "rolaron" as primeiras cabezas do conflicto do saneamento gandeiro. Dous cargos da Consellería de Política Agroalimentaria foron cesados por asinaren un documento de apoio ós "campañistas", o que supón unha volta máis de rosca a este conflicto que está a poñer en serios apuros un dos programas estrela da Administración galega. As consecuencias deste conflicto son moi serias: máis de 340.000 vacas están sen sanear dende o ano 2000, e miles de explotacións galegas non dispoñen da cualificación sanitaria. Segundo fontes consultadas, os

veterinarios de saneamento recibiron o apoio ás súas reivindicacións dun grande número de veterinarios da administración pero, para evitar posibles represalias contra deles, algúns non asinaron o documento de apoio anteriormente citado. Así as cousas non seria estraño que houbera máis ceses ou despedimentos. Dende principios de xaneiro, unha vez que lles foi rescindido o contrato a estes veterinarios "díscolos", a empresa Tragsa comezou a face-los labores de saneamento "pouco a pouco" xa que moito do persoal que contratou non está experimentado no

sangrado dos animais e non coñece os lugares onde se atopan as explotacións. Ademais, a presión que se exerce sobre estes veterinarios recén contratados pode supor algún tipo de problema á hora de face-los traballos, polo que moitos gandeiros están preocupados, non só por non telo saneamento feito, senón porque non se fían da calidade do traballo e as consecuencias. Para rematar, vese que outra vez os únicos prexudicados das liortas entre a nosa administración e un grupo de profesionais son os gandeiros, ós que se lles utiliza como moeda de cambio.

XANEIRO 2002 / AFRIGA

15


16

cotas

O Tribunal de Contas e as cotas lácteas (e III) Para remata-lo resumo do informe especial sobre as cotas lácteas efectuado polo Tribunal de Contas europeo finalizamos coa opinión do Tribunal sobre os compradores

Autorización e control dos compradores Na maioría dos Estados membros, o mercado está dominado por unha serie de grandes compradores e a comprobación das súas declaracións do total de leite comprado esixe un tempo considerable e un emprego de recursos cualificados. Nos distintos Estados membros as prácticas varían considerablemente. En tres deles (Alemaña, Francia e os Países Baixos), examinábase minuciosamente a declaración e o inventario de existencias, e posteriormente cotexábase esta información con outros documentos comerciais da empresa. Noutros Estados membros (Grecia, España e Portugal) os controis tiñan un alcance máis limitado e ás veces baseábanse en rexistros elaborados expresamente para a inspección, sen que se realizasen controis cruzados coas contas publicadas ou con outros rexistros (España, Portugal). A retirada da autorización dun comprador é a única sanción que pode aplicar un Estado membro en caso de que non se respecte a regulamentación sobre as cotas, e resulta una medida tan drástica que se reserva para os abusos máis flaAFRIGA / XANEIRO 2002

grantes do sistema. Sen embargo, no caso de grandes compradores, a retirada da autorización non constitúe unha sanción pola súa incidencia nos productores de leite. En só tres dos Estados membros visitados (Alemaña, Países Baixos e Reino Unido) realizáronse controis de transporte durante a recollida da explotación. A aplicación deste requisito ás veces resultou complicada (por exemplo, decidir que organismos teñen dereito a deter e inspecciona-los camións).

Prezos do leite As sucesivas decisións do Consello de incrementa-las cotas nacionais sen reducir substancialmente os prezos de intervención impediu unha liberalización do sector leiteiro para equipararse a outros sectores agrícolas. Os consumidores da UE están pagando practicamente o dobre polo leite e productos lácteos do que pagarían nun mercado libre, o que lles supón cada ano un custo de preto de 20.000 millóns de euros. Ademais, necesítanse 3.000 millóns de euros anuais do orzamento comunitario para subvencionar exportacións e utilizacións específicas internas de manteiga e leite destonado en po.

Recomendacións do Tribunal de Contas europeo A Comisión debería: a) a curto prazo: - estudia-la posibilidade de permiti-la transferencia de cotas

entre productores que operen nos distintos Estados membros e reducir subsiguientemente a cota global, - especificar polo miúdo os controis que deben realiza-los organismos pagadores, para asegurar unha aplicación e presentación de informes coherente, - presentar propostas de lexislación que prevexan a aplicación de sancións graduadas ás explotacións leiteiras que infrinxan o réxime de cotas, - reforza-las disposicións para impoñe-la taxa e responsabilizar a quen deba pagala, e garantir que se calculen coherentemente e se cobren intereses de demora, - garanti-la dispoñibilidade de datos fiables sobre productos lácteos para proporcionar información de xestión do mercado, coma o consumo interno en equivalente de leite ou as porcentaxes de autosuficiencia por Estado membro; b) efectuar xa no 2002 propostas dunha reforma fundamental do sector lácteo, os obxectivos da cal sexan conseguir un equilibrio entre a producción de leite global e o consumo interno non subvencionado máis as exportacións potenciais non subvencionadas. Debería preve-la finalización do sistema de cotas, garantindo ó mesmo tempo un nivel de vida xusto para os productores leiteiros.


xestión

Vivir do agro: o leite como negocio

RUTH Mª RODRÍGUEZ FERREIROS Licenciada en A.D.E. Lugo PAULA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ ALBERTO GAYO LÓPEZ Membros do Equipo de Investigación en Empresas Agroindustriais de A.D.E. Lugo

Dende hai moitos anos, dende as administracións públicas galegas, españolas e europeas, preténdese, como fin último, mellora-la condición e calidade de vida dos gandeiros. A renda dos gandeiros é un dos elementos clave a estudiar neste punto. Segundo datos da Xunta de Galicia, a finais da pasada década a renda situábase en torno ó millón de pesetas por explotación, sen incluí-lo traballo do gandeiro. Como é de imaxinar, a pesares de que se mellorou segue sendo bastante reducida para un sector que trae consigo a loita coa natureza e o sacrificio constante sen poder descansar nin un só día.

Ademais, hai que observa-la dispersión, xa que habería unha porcentaxe elevada de explotacións a renda das cales rozaría a ridiculez, posto que se trata de pequenas explotacións e a composición da renda vén derivada da diferencia entre os ingresos e os custos. Se dentro dos primeiros aparece o prezo que se lle paga ó gandeiro polo litro de leite, que vai en función da calidade que, á súa vez, está moi correlacionada co tamaño da explotación (pola tecnoloxía no seu sistema e capacidade de investimento), prodúcese un círculo pechado que necesita da inxección de fondos, dos que non se dispón. Por iso, baixan de calidade, cobran menos, etc.. XANEIRO 2002 / AFRIGA

17


18

xestión E, pola outra banda, os seus custos son superiores, unitariamente falando ó resto das explotacións, derivado das economías que non son capaces de xerar, a pesares de estaren inseridas en sistemas como o cooperativismo -aínda que si consigan reducilos se non estivesen nese sistema-.

Polo tanto, é importante a análise da conta dun gandeiro, é dicir, dos seus ingresos e gastos. INGRESOS: neste apartado aparecerá como principal ingreso o prezo cobrado polo leite producido. A industria prima ou penaliza o prezo base en función da calidade

do leite. O pagador poderá se-la industria ou a cooperativa, en función de se o gandeiro está ou non baixo dito sistema, e se a cooperativa é ou non primeiro comprador. Así, os prezos medios cobrados polos gandeiros por litro de leite en Galicia foron os que se expresan na táboa 1:

Táboa 1. PREZO DO LEITE. SERIE MENSUAL. 1989 - 2001 1989

1990

1991

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999 2000

2001

Xaneiro

50,18

42,99

39,61

39,95

39,20

45,54

45,29

47,41

46,11

48,58

48,25 46,18

54,49

Febreiro

51,54

42,52

37,86

39,32

38,08

45,11

43,64

47,00

44,93

47,66

47,27 45,62

54,19

Marzo

50,75

38,20

36,51

36,39

36,28

43,65

42,99

45,71

43,58

46,87

46,62 44,95

53,75

Abril

42,80

36,87

34,38

34,44

34,81

41,25

42,60

43,49

43,35

46,59

45,30 44,34

53,65

Maio

41,76

37,08

33,60

31,87

33,43

39,21

42,51

42,53

43,22

46,47

43,78 44,06

52,83

Xuño

42,29

36,69

33,99

31,64

33,91

38,79

42,92

42,05

43,23

46,08

43,14 43,31

52,60

Xullo

42,73

36,27

34,08

32,15

36,37

38,47

43,32

42,12

43,46

46,05

42,82 43,86

52,83

Agosto

42,94

36,22

34,77

33,15

38,13

40,00

43,61

42,49

45,64

46,51

42,83 44,83

52,90

Setembro

47,20

36,31

38,11

34,47

41,56

43,53

44,80

43,39

46,74

48,03

43,28 47,42

Outubro

46,49

38,64

39,85

38,09

43,57

45,97

45,66

45,28

47,47

49,63

44,34 50,33

Novembro

45,82

39,55

40,90

40,11

45,97

46,77

46,41

45,77

48,34

49,57

45,31 51,98

Decembro

45,15

39,51

40,69

39,96

46,27

46,64

47,66

45,96

48,63

49,05

44,95 52,74

Fonte: Xunta de Galicia. Instituto Galego de Estatística

Como podemos observar na gráfica, o prezo do leite non segue unha continuidade a curto prazo senón que sufre oscilacións. Pero, de tódolos xeitos, observando a liña de tendencia vemos como a longo prazo é continuamente crecente, a pesares de que o devandito crecemento en once anos foi nulo. A explicación da evolución dos prezos é moi sinxela: no ano 1989 o prezo situábase nuns niveis moi elevados, a pesares de estarmos xa dentro da U.E. tiñamos uns prezos superiores ó

resto e a implantación das medidas ía encamiñada a iguala-los prezos (baixa-los nosos pola concorrencia en prezos). Así, durante os anos 89, 90, 91 e 92, o prezo do leite baixaba ata o seu mínimo histórico, situándose nas 31.64 ptas/lt. (despois de partir das 50 ptas/lt do 89). Posteriormente, cando xa se coñecían polos gandeiros as cotas lácteas e a supertaxa, o prezo do leite comezou a subir, en grande medida pola presión dos gandeiros e pola cada vez menor producción a nivel galego, posto que

EVOLUCIÓN MENSUAL DO PREZO DO LEITE. 1989 - 2001 60 55 50 45 40 35 30 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989 1989

AFRIGA / XANEIRO 2002

xa se comezaba co peche das explotacións. Así, dende entón, por termo medio, o prezo do leite foi subindo paseniño ata colocarse a finais do 98 en torno ás 50 ptas/lt provocada por unha guerra de prezos da industria (nivel de prezos de facía dez anos e sen deflactar). Nos anos seguintes houbo outro pequeno ciclo e parecía que cambiaba a tendencia, tirando os prezos á baixa. Isto provocouno, en grande medida, o descoñecemento de se Europa seguiría coa política proteccionista do sistema de cotas, acababa de saírse dunha guerra de prezos, estábase coa Axenda 2000 a voltas, non se sabía se o leite galego cumpría as medidas de calidade europeas, ... Ademais, segundo Europa, o noso nivel de prezos volvía ser demasiado elevado para unha posible competencia en prezos pola liberalización do mercado e do sector. Así, no ano 99 baixaron ata situarse en torno ás 42 ptas/lt.


■ No ano seguinte, cando xa se sabía o aumento de cota, a calidade do leite galego, etc. parecía que o prezo non sufría unha suba, senón que permanecía nos niveis do ano anterior, é dicir, parecía conseguirse a estabilidade tan desexada nos prezos. Pero, non foi así, xa que a mediados do ano 2000, contra o mes de agosto, cando o prezo estaba sobre as 43 Ptas/lt, en tres meses subiu ata as 50 Ptas/lt, é dicir, 7 ptas/lt (o 16 por cento). Ademais, nos catro meses seguintes o prezo ascendeu ata as 54 ptas/lt, sendo o causante deste desaxuste e alza nos prezos a E.E.B.. Posteriormente, nos meses de Marzo a Xuño do 2001 o prezo descende unhas pesetas en litro como reaxuste do mercado, sendo esta tendencia a que perdura. Esta última suba de prezos pode parecer beneficioso para o sector, e a curto prazo pode selo posto que se conseguen com-

pensar outras subas nos custos que provocou a devandita enfermidade, pero realmente tanto altibaixo nos prezos e tanta brusquidade será dificilmente sostible, e polo tanto coa baixa de prezos inminente os ingresos dos productores vanse ver resentidos, xa que se esperan ter certos ingresos non poden ser adiviños para coñece-las brusquidades que un sector coma este incuba tan ben. Na gráfica 1 podemos tamén observar uns picos que cada ano acontecen, derivado dos chamados "prezos de inverno" e "prezos de verán", que se corresponden coas épocas de menor e maior producción, respectivamente. Se nos centramos un pouco, para a provincia de Lugo os prezos do leite adoitan estar por riba da media galega. Así, por exemplo, dende o ano 1977 ata o 1998, a producción e os ingresos dos gandeiros lugueses foron os que se expresan na táboa 2.

Táboa 2. PRODUCCIÓN DE LEITE E PREZO. LUGO. 1977 - 1998 Leite mill pts 1977

6.233,80

Leite Tm

Prezo leite (Ptas/lt)

406,10

15,35

1978

9.584,60

572,20

16,75

1979

11.361,00

627,00

18,12

1980

12.464,10

614,30

20,29

1981

14.242,50

630,20

22,60

1982

15.340,80

638,40

24,03

1983

19.023,60

671,50

28,33

1984

22.832,90

706,90

32,30

1985

24.289,60

714,40

34,00

1986

25.588,80

710,80

36,00

1987

27.709,30

748,90

37,00

1988

31.772,40

722,10

44,00

1989

36.794,70

777,90

47,30

1990

31.522,00

796,00

39,60

1991

27.013,50

783,00

34,50

1992

28.908,70

720,90

40,10

1993

28.649,30

721,10

39,73

1994

30.143,00

701,00

43,00

1995

33.561,20

773,30

43,40

1996

41.099,20

912,10

45,06

1997

42.315,00

852,00

49,67

1998

44.156,00

929,60

47,50

Fonte: Elaboración propia a partires de datos da Xunta de Galicia

Para unha correcta avaliación dos ingresos dos gandeiros deberiamos deflactar eses datos, para así obtérmo-los ingresos en pesetas constantes, e comproba-la evolución dun compoñente básico da renda dos gandeiros. Como ingresos secundarios nunha “explotación-tipo” galega temos principalmente dous puntos: a venda de becerros e vacas de desvelle e as subvencións concedidas para a explotación. Dentro destes, a principal é a primeira, tendo uns prezos de venda que abalan en función da raza e idade da cría: desde as 20.000 Ptas. ata as 80.000 Ptas. de media. Neste apartado, derivado da Encefalopatía Esponxiforme Bovina (E.E.B.) estes prezos caeron en picado e ata o extremo de que se o animal sae femia non se atopa comprador, e saíndo macho páganse entre as 1.000 e as 15.000, respectivamente. Polo tanto, pódese comproba-la reducción considerable de renda que sufriron os gandeiros neste apartado, a pesar de que o puideron compensar co aumento que se produce no prezo do leite, tendo que observar esa marxinalidade que desde o noso punto de vista provocou para o sector leiteiro un lixeiro incremento. De tódolos xeitos, parece que os prezos dos becerros se recuperaron, aínda que a incerteza segue latente. (continuará...) XANEIRO 2002 / AFRIGA

19


20

terras

Lei de concentración parcelaria para Galicia e

( III)

Fondo de terras Constituirase un fondo de terras en cada zona que se concentre, que se nutrirá cos sobrantes das adxudicacións dos lotes de substitución e con toda clase de achegas ou adquisicións que por calquera título se fagan a aquel. As finalidades fundamentais do fondo de terras serán: - Facilita-la ampliación das explotacións da zona concentrada. - Estimula-la implantación de novas explotacións con dimensións e estructuras axeitadas que poidan favorece-la creación de emprego, dándolles prioridade ós novos agricultores que se establezan na zona e ós emigrantes retornados que así o manifesten e acrediten. - A mellora das explotacións existentes, procurando promocionar aquelas que non acadando a dimensión economicamente viable poidan demostra-la súa futura eficiencia económica.

Cumprimento do plano de aproveitamento de cultivos Transcorridos dous e catro anos desde a finalización do proceso concentrador, a administración deberá realizar unha avaliación da zona de concentración para valoralo grao de consecución dos obxectivos fixados, entre outros o cumAFRIGA / XANEIRO 2002

primento dos planos de aproveitamento de cultivos, a utilidade económica e social, así como a fixación de poboación no medio rural.

Son infraccións leves: 1. Non coidar ou non cultiva-los novos predios entregados. 2. Dificulta-los traballos de investigación e clasificación de terras. 3. Realizar actos que diminúan o valor das parcelas nun valor inferior ó dez por cento unha vez que o decreto de concentración parcelaria entrase en vigor.

4. Impedirlle ó persoal encargado da realización dos traballos de concentración parcelaria o acceso ás parcelas ou predios. 5. A deterioración ou o mal uso de calquera obra de interese xeral incluída nos planos de obras. 6. Non cultiva-los predios conforme a súa capacidade agrolóxica e o aproveitamento axeitado dos seus recursos, o cambio do uso da terra clasificada como labradío ou prado e o incumprimento do plano de ordenación de aproveitamento de cultivos ou forestal.

Son infraccións graves: 1. Impedir ou dificulta-lo amolloamento, a sinalización ou a realización das obras que aprobe a administración, así como retira-los sinais cando estean instalados. 2. Realizar, á entrada en vigor do decreto de concentración parcelaria, obras ou melloras nos predios sen a correspondente autorización. 3. Destruír obras, cortar ou derrubar arborado, extraer ou suprimir plantacións ou cultivos permanentes e esquilma-la terra e realizar actos que diminúan o valor das parcelas nun valor superior ó dez por cento unha vez que o decreto de concentración parcelaria entrase en vigor.

Son infraccións moi graves: 1. Impedir ou obstaculiza-la toma de posesión dos novos predios de substitución. 2. Impedir ou obstaculiza-la realización das actuacións incluídas no plano de obras e melloras territoriais. As infraccións en materia de concentración parcelaria sancionaranse da seguinte forma: a) As infraccións leves, con multa de 10.000 a 50.000 pesetas. b) As infraccións graves con multa de 50.001 a 250.000 pesetas. c) As infraccións moi graves, con multa de 250.001 a 500.000 pesetas. En todo caso, o infractor deberá repoñe-la situación alterada ó seu estado orixinario, así como indemniza-los danos e perdas causados.

Infraccións


mercado

Caída do prezo do leite ecolóxico A caída do prezo do leite ecolóxico en Gran Bretaña non semella que sexa un problema que teña unha pronta solución e ós productores non lles está quedando outra opción que vender preto da metade do leite ecolóxico coma non ecolóxico, co que isto supón para os productores británicos. A causa máis inmediata semella se-la sobreestimación que se fixo da demanda, producíndose moito máis do que en realidade o consumidor británico pedía. Para os productores deste tipo de leite, a causa podería estar "na inxenuidade dos productores, da industria e dos vendedores", xa que esperaban que o nivel de crecemento que se deu ó principio continuase; pero o crecemento da demanda ralentizouse e agora teñen que vende-lo seu leite ós consumidores non ecolóxicos. Apesares de que o goberno de Tony Blair di que axudará porque "quere apostar por unha agricultura sen productos químicos", a verdade é que isto

non está a se-la "salvación". De feito, o leite ecolóxico non é o único producto ecolóxico que está a ver mermada-las súas vendas: coa carne ocorre algo moi semellante, xa que está a ter problemas na súa comercialización. Segundo os productores ecolóxicos, un dos motivos está en que no Reino Unido, a diferencia do que ocorre noutros países da UE, as autoridades non queren pagar subvencións ás produccións ecolóxicas. En canto ás cifras, dicir que o mercado global de productos ecolóxicos medrou un 33%. En canto ó leite, a producción incrementouse nun 115%, pasándose de 32,5 millóns de litros a 70 millóns. ¿Significa isto que se ralentizou a demanda deste tipo de productos?. A verdade é que os productores teñen medo de que isto sexa certo, de feito a Cooperativa Británica de Fornecedores de Leite Ecolóxico (OMSCo) continúa vendendo só o 48% do seu leite ecoló-

xico dentro do mercado ecolóxico a 24,5 ppl, por baixo das 29,5 ppl do ano pasado; a algúns incluso páganlles menos, como media poderían estar a percibir 23,5 ppl. O mesmo está a ocorrer co año, a pataca, o pavo, e outras produccións biolóxicas.

Leite (ppl) Año (£/kg dw) Pataca (£/t) Pavo (£/kg)

2001

2000

24,0 2,20 225 7,41

29,5 2,85 290 7,01

Aínda así, a maioría dos productos ecolóxicos venden máis cós producidos de maneira convencional. Como conclusión poderiamos dicir que as vendas non son as esperadas, pero iso non quere dicir que os consumidores non merquen estes productos, quizás o que indican as cifras de vendas é que a oferta excede en moito á demanda- a sobrevaloración do posible mercado antes de comezar unha nova xeira ás veces ten estes resultados.

EE.UU e Nova Celandia versus Canadá Dende o ano 1999, estase a producir un forte enfrontamento na OMC entre os EE.UU e Nova Celandia contra Canadá, por consideraren os primeiros que é ilegal a política comercial deste país respecto do leite. Nun primeiro momento a OMC fallou que Canadá tería que a axusta-la súa política comercial, sobre todo no que respecta ós subsidios ás exportacións, tendo de prazo ata xaneiro do 2001. Chegado este momento, e logo dalgúns cambios na súa política comercial, fallouse a prol de Canadá, desestimando as denuncias dos EE.UU e Nova Celandia. O “culebrón” sen embargo segue, e os EE.UU e Nova Celandia volven a "asediar" a Canadá na Organización Mundial do Comercio, xa que a finais de decembro pasado deron

un paso sen precedentes na OMC, solicitando a esta organización que reexaminase a reclamación feita contra Canadá, xa que os cambios feitos por este país estaría a viola-las normas internacionais do comercio do leite, segundo os denunciantes. Entre outras cousas, Nova Celandia asegura que os subsidios ás exportacións canadenses fixeron cae-los prezos mundiais do leite, o que lles custou ós neocelandeses uns 6.300 millóns de pesetas. Por outra banda, a industria canadense "non se pode cre-las" últimas decisións adoptadas pola Comisión de Leite Canadense (CDC) que, "facendo oídos xordos ás preocupacións da propia industria e dos consumidores", anunciou unha desorbitada e inxustificada suba no prezo do

leite industrial empregado para a fabricación de derivados lácteos, como poden se-lo queixo, os iogures ou os xeados. Dende 1994, o IPC neste país mostra un incremento regular do 2%, mentres que o custo de leite industrial disparouse por riba do 20%, o que supón unha suba media anual do 3%. Estas subas inxustificadas, segundo a opinión do sector industrial, están a impedilo seu crecemento e a súa concorrencia, a pesares de que esta industria emprega a máis de 214.000 persoas, achega o 12,1% (máis de 415 billóns) do PIB procedente do sector industrial, e merca un 35% dos productos agrícolas canadenses. Polo que se ve, Canadá está a ter frontes abertas, dentro e fóra do seu territorio.

XANEIRO 2002 / AFRIGA

21


22

alimentación

Situación do mercado de cereais e leguminosas Unha boa maneira de comproba-la situación do mercado dos cereais e leguminosas é botarlle unha ollada ós prezos no mercado de Chicago, os cales podemos ver na táboa. A conclusión que podemos extraer é que dende logo, no que á soia e ó millo se refire, a tendencia para este ano é de que suban e non que baixen. No caso da soia é importante lembrar que é precisamente o mercado de Chicado o que en realidade marca os prezos desta leguminosa, especialmente importante para nós porque é un compoñente presente sempre nos pensos dos animais, nunha proporción de entre o 15 e o 30%. Os prezos estables da soia de 23-25 pesetas do ano 99 deixaron paso a subas progresivas no ano 2000, ano no que chegou a acada-las 37 pesetas/kg no porto, e pouco a pouco os prezos volveron baixar e a situación de agora é de lixeiras pero progresivas subas. Veremos que pasa nos vindeiros meses, sobre todo logo da crise arxentina e as medidas sobre dos OXM en China.

A devaluación do peso de seguro vai afectar, e moito, este mercado; hai que pensar que Arxentina é un exportador importante de millo e soia, e temos que estar moi atentos ás medidas que se están a tomar neste país para atalla-la crise e as súas consecuencias. En canto á esperada aclaración das medidas sobre organismos xeneticamente modificados (OXM) por parte das autoridades chinesas, dicir que afectaría sobre todo ó comercio da soia con este país. China, o país orixinario da soia, é sen embargo un grande importador deste producto, que se usa non só para alimentación animal senón tamén para consumo humano. O pasado ano as autoridades chinesas dictaron unhas leis sobre alimentos OXM, que na práctica bloquearon grande parte das importacións de soia, a maior parte da cal é transxénica. As regulacións chinesas sobre OXM nada teñen que ver, sen embargo, coas precaucións extremas e as presións sociais sobre este tema en Europa, que non existen nese país, que ademais cultiva OXM e ten ambiciosos programas de biotecnoloxía en agricultura.

MERCADO DE CHICAGO. 2001 Trigo marzo maio xullo setembro decembro

pts./Kg 20,77 20,45 20,16 20,31 21,06

Millo xaneiro marzo maio xullo setembro decembro

pts./Kg 14,66 15,24 15,73 16,18 16,55 16,98

Soia (gran) xaneiro marzo maio

pts./Kg 28,69 28,70 28,96

Novo alimento para as vacas Este novo alimento ó que nos estamos a referir non é nada máis ca millo, pero a novidade radica en que se trata do gran do millo húmido, enteiro e inerte. Segundo a Asociación Xeral de Productores de Millo franceses (AGPM) o gran de millo húmido enteiro pode ser usado como complemento das racións a base de millo ou de herba, no caso de rabaños de leite ou de carne, ben sexa neste caso na ración base para o engorde dos cuxos e das vacas vellas, como se puido demostrar coa raza Blonde de Aquitania. Se o gran recollémolo húmido coa colleitadora-picadora e almacenámolo inmediatamente en silos pechados hermeticamente ó aire, pódese conservar sen problema todo o ano, tal e como indican estes profesionais do millo; ademais a asociación considera que é factible facelo en tódolos departamentos do país. Considerado como un alimento de moito valor polos membros desta asociación, o gran de millo enteiro, húmido e inerte é por outra banda "doado de manexar e económico para o gandeiro; e é unha materia prima natural producida e consumida na explotación, unha grande vantaxe a ter en conta á hora da trazabilidade". Polo interese que pode ter para os nosos lectores, xa estamos a elaborar un completo estudio sobre AFRIGA / XANEIRO 2002

este tipo de alimento no que atinxe a conservación, manexo, racionamento, custos, etc, sobre a información facilitada pola AGPM, o cal publicaremos no vindeiro número.

Alfalfa Deshidratada Silo de Maíz Deshidratado Levadura de Cerveza Cebadilla de Cerveza Pulpa de Remolacha Telf. 93 229 69 09 - Fax 93 229 69 08 E-mail: poballe@infonegocio.com 08034 Barcelona - c/ Enric Giménez, 4


¿

tema para o debate

Non recriar

?

pode ser unha opción interesante

¿Pode un gandeiro cuestionarse non recriar e vender tódalas femias que nazan na súa granxa? Unha decisión coma esa obrigaríalle a comprar xovencas sempre que precisase repoñer, pero cos problemas que teñen moitas granxas en Galicia, problemas ós que se está a engadir a falta de man de obra, esta podería ser unha alternativa interesante para algunhas granxas. O obxecto deste artigo e analizar dende un punto de vista teórico as consecuencias desta decisión. E farémolo a partir dunha serie de supostos e considerando as circunstancias concretas dunha "granxa tipo". Cada granxa en particular debe analiza-lo que lle custa producir unha xovenca e as ganancias ou as perdas que se derivan da decisión de deixar de recriar. Co artigo tratamos máis de saca-lo tema a debate que de establecer conclusións definitivas. Cada un deberá tira-las súas segundo as súas circunstancias e as do seu entorno. Pero dito isto, podemos partir dunha premisa na que todos estaremos de acordo: 1) A cría de xovencas é un investimento moi importante para unha granxa se valorámo-la alimentación, o tempo de traballo, o espacio en instalacións e terras, manexo de residuos, etc. 2) e, en consecuencia, o número de primeirizas producidas

No CADRO 1 vemos un exemplo de como calcula-lo número de cabezas de que se compón o

rabaño de recría. Supoñemos unha granxa de 50 vacas, cun intervalo entre partos de 14 meses e un número de baixas na recría do 15%. Supoñemos tamén que, en termo medio, as xovencas están parindo con 26 meses de idade. Partindo pois destes supostos, vemos nos CADROS 1 e 2 que esta granxa tería 39 cabezas no seu rabaño de recría e sería capaz de producir 17 primeirizas cada ano.

CADRO 1

CADRO 2

cada ano nunha granxa repercute de forma importante na conta de resultados. Se non conseguimos cada ano suficientes primeirizas e de calidade aceptable, podemos considerar que foron cartos tirados.

O rabaño de recría

Cálculo do número de cabezas no rabaño de recría

Cálculo do número de primeirizas dispoñibles por ano

Período Vacas Interv. Partos % femias Perdas recría Edade 1º parto

Período Vacas Interv. Partos % femias Perdas recría Edade 1º parto

2 anos 50 14 meses 50% 15% 26 meses

2x50x(12/14)x0,5x0,85x(26/24)= 39

1 ano 50 14 meses 50% 15% 26 meses

1x50x(12/14)x0,5x0,85x(24/26)= 17

XANEIRO 2002 / AFRIGA

23


24

tema para o debate Custo dunha xovenca de reposición

primeirizas para repoñer e tería 2 sobrantes para vender.

Tomar unha decisión deste tipo precisa dunha análise moi detallada das súas consecuencias. O primeiro que temos que coñecer é cánto nos custa producir unha xovenca. Nos diversos traballos que temos consultado puidemos ver que este custo depende moito das circunstancias de cada granxa, onde entran variables como a xenética, a superficie dispoñible para pastoreo, etc., e que polo tanto se pode situar nun abano que vai das 100.000 ás 250.000 pts., podendo incluso chegar a cifras máis altas. No CADRO 5 vémo-lo que nos custa producir unha xovenca nesa "granxa tipo" coa que estamos a traballar, é dicir, 207.500 pts/primeiriza.

Vantaxes teóricas para a granxa que deixa de recriar

Outros supostos No CADRO 3 vemos outros supostos que vamos utilizar. A granxa ten una cota de 350.000 litros, dispón de 20 hectáreas de terreo e ten unha taxa de reposición do 30%. Tecnicamente adoita utilizarse o 20% de taxa de reposición, pero nós fixémo-las contas na nosa "granxa tipo" e nalgunhas outras, e saíanos o 30%. Seguindo co CADRO 3, vemos que esta gandería precisaría 15

1) Mellora no manexo do rabaño de vacas coa mesma man de obra de que se dispoñía antes, é dicir, melloras a tódolos niveis: alimentación, coidados dos animais, celos, etc. 2) Liberación de espacio, tanto de instalacións como de terra, tendo incluso a posibilidade de aumenta-lo rabaño de vacas. 3) Liberación de recursos financeiros. 4) Axilidade no stock. Ó non ter recría, a granxa compra xovencas unicamente cando lle fan falta. Non ten que xestiona-lo rabaño de recría e darlle saída as primeirizas, fagan falta nese momento ou non. Ademais, a granxa pode escolle-lo que compra e non ten que cargar necesariamente co que ten. En tódalas granxas temos que recriar xovencas que se cadra non nos tivera gustado recriar, porque non son das mellores vacas que temos etc. En definitiva, o gandeiro toma as decisións cando máis lle interesa e non está condicionado por todo o CADRO 4

CADRO 3 Vacas en muxido Cota Taxa de reposición Xovencass necesarias para reposic.

50 350.000 30% 15

Xovencas "sobrantes"

2

Prezo venda becerras

50.000

% de baixas na recria

15%

Custes de producir unha xovenca

207.500

Plus Ingresos + Diminución gastos

3.782.500

Diminucion Ing + Aumento gastos

3.660.000

Diferencia Diferencia/litro de cota

AFRIGA / XANEIRO 2002

que sucedeu no rabaño de recría nos dous anos anteriores. Incluso ten unha maior flexibilidade á hora de tomar decisións, pois, por exemplo, se precisa 2 xovencas e non encontra no mercado o que quere pode darlle a dúas vacas un parto máis ata que dea co que busca, etc. 5) Mellora na calidade de vida. Isto é incuestionable, pois non é o mesmo atende-lo rabaño de leite exclusivamente que atender tamén o de recría onde temos becerras con diarreas, becerras que hai que inseminar, etc. 6) Temas de medio ambiente. Sacando a carga da recría, pódese calcular nun 30% a reducción dos problemas medioambientais ocasionados polos residuos. 7) Outros problemas. Metemos aquí outra serie de problemas que se dan en moitas das granxas do noso país, cando vemos becerras "amoreadas" sobre engrellado, moi mal atendidas, cunha grande concentración de animais que favorece a propagación de enfermidades infecciosas, como podemos ver moitas veces coas diarreas, que se dan por ciclos, empezan unhas e despois seguen as

122.500 0,35

INGRESOS A MAIORES Venta das becerras 17 bec 50.000 pts/bec Gastos liberados 17 nov 15.000 pts/nov

850.000 255.000

DIMINUCION DOS GASTOS Custe das xovencas "non" criadas 17 nov 157.500 pts/nov TOTAL

2.677.500 3.782.500

DIMINUCION DOS INGRESOS Venta de xovencas preñadas 2 nov 180.000 pts/nov

360.000

AUMENTO DOS GASTOS Compra de xovencas para reposición 15 nov 220.000 pts/nov 3.300.000 TOTAL 3.660.000


➔ outras, etc. Ó non ter tempo nin sitio para atende-la recría non se pode controlar ben a súa alimentación e o seu crecemento, as coxeiras, as enfermidades, os celos etc. Todo isto, a maiores dos gastos en veterinarios e medicamentos, pódenos levar a ter unhas xovencas de moi mala calidade, atrasadas, e canto máis se atrasan máis tempo tardan en entraren no rabaño de vacas, é dicir, máis tardan en entraren en producción aumentando o número de cabezas do rabaño de recría, cos gastos que iso soporta. Finalmente, engadir outro tema: antes, unha xovenca que non empreñaba, ou collía unha mamite ou tiña calquera problema, ía ó matadoiro e podían ser 100.000 pts. Hoxe, ou a comisan ou case a regalas. 8) Poderíase traballar con fornecedores de xovencas coñecidos, que incluso poderían recria-las nosas propias becerras como veremos máis adiante.

Gastos liberados A tódalas vantaxes que sinalabamos no apartado anterior quixemos poñerlle unha cifra. Despois de facer algúns cálculos, que non veñen agora ó caso porque entran aspectos moi subxectivos (¿como valora-lo incremento da calidade de vida, por exemplo, chegamos á conclusión de que na nosa "granxa tipo" podiamos poñe-la cifra de 15.000 pts/xov. como gasto liberado. É dicir, supoñemos que cada xovenca que deixamos de recriar nos supón un aforro de 15.000 pts/xov. en gastos diversos, cifra na que, por suposto, non está incluída a alimentación nin o custo da becerra, senón os outros conceptos sinalados no apartado anterior: melloras no manexo das vacas, liberación de espacio, axilidade no stock, mellora da calidade de vida, gastos veterinarios, etc.

CADRO 5 COSTES DA RECRIA DUNHA XOVENCA Meses

días

pts/día

pts

0a1 1a3 3a8 8 a 15 15 a 18 18 a 26 A imputar por baixas

30 60 150 210 90 240

300 250 150 250 150

50.000 18.000 37.500 31.500 22.500 36.000 12.000

TOTAL

207.500

CADRO 6 Prezos das xovencas de reposición

Marxe bruta liberada 191.250

255.000

510.000

765.000

200.000

1,03

1,21

1,94

2,66

225.000

-0,05

0,14

0,86

1,59

250.000

-1,12

-0,94

-0,21

0,52

275.000

-2,19

-2,01

-1,28

-0,55

300.000

-3,26

-3,08

-2,35

-1,62

En pesetas por litro de cota CADRO 7 Prezos das xovencas de reposición

Marxe bruta total liberada (pts.) 191.250

255.000

510.000

765.000

200.000

358.750

422.500

677.500

932.500

225.000

-16.250

47.500

302.500

557.500

250.000

-391.250

-327.500

-72.500

182.500

275.000

-766.250

-702.500

-447.500

-192.500

-1.141.250 -1.077.500

-822.500

-567.500

300.000

En pesetas totais Desta maneira chegamos ó CADRO 4, onde vemos 4 apartados: 1) Ingresos a maiores. Como non vamos recriar, vendemos tódalas becerras e aforramos tamén os "gastos liberados". 2) Diminución dos gastos. Temos aquí os custos de alimentación da nosa "granxa tipo" multiplicados por 17 xovencas. 3) Diminución dos Ingresos. Segundo os CADROS 2 e 3 sobrábanos 2 xovencas para vender. Normalmente serían

as peores e supoñemos que as vendemos a un termo medio de 180.000 pts. 4) Aumento dos gastos. Como non temos rabaño de recría, temos que comprar toda a reposición. Supoñemos que poderiamos comprar a un termo medio de 220.000 pts/xovenca. Se volvemos agora ó CADRO 3, vemos que na nosa granxa deixar de recriar suporíamos un incremento nos ingresos de 122.500 pts, ou 0,35 pts/litro. XANEIRO 2002 / AFRIGA

25


26

tema para o debate

As cousas son máis complexas Naturalmente as cousas son máis complexas. Ó deixar de recriar hai moitas variables que deixamos de controlar e unha delas é o prezo que van leva-las xovencas cando precisemos compralas. No CADRO 6 fixemos os mesmos cálculos có CADRO 4 pero considerando que os prezos das xovencas varíen entre 200.000 e 300.000 pts, en termo medio, e que os "gastos liberados" varíen entre 191.250 e 765.000 pts/ano. Así, as cifras que aparecen no interior do cadro serían as pesetas por litro de leite que gañariamos ou perderiamos en función desas dúas variables. O CADRO 7 é o mesmo, pero referido á cota total.

Granxas especializadas na recría En vez de plantar eucaliptos, moitas das granxas que abandonan poderían trazarse a posibiliAFRIGA / XANEIRO 2002

dade de recriar para outros. A granxa tipo que estamos analizando, podería ter una carga de 3 cabezas por hectárea, é dicir, un rabaño de 60 cabezas entre becerras e xovencas. Estas granxas terían unha serie de vantaxes tamén: - é un traballo que se pode compaxinar con outras tarefas, pois a estes niveis non se precisa unha dedicación exclusiva. - Ten moi poucos problemas ambientais, pois a maior parte do tempo os animais fan pastoreo. - Pode lotear segundo tamaños. - As instalacións xa estarían amortizadas. Pode ser que houbese que facer algún investimento en cercas e bebedeiros. - As xovencas que pode ofertar serán, en xeral, mellores cás criadas nunha granxa que tamén fai leite, porque se dedica exclusivamente a iso e é lóxico pensar que as xovencas van estar mellor atendidas. É o seu negocio. - Pode traballar con fornecedores (gandeiros) e clientes

(gandeiros) xa coñecidos, cos que ademais pode establecer contratos. Estes contratos podían ser de recuperación, é dicir, que o gandeiro que lle vendeu a becerra ten prioridade para recuperala, ou de recría. Isto dos contratos sería un tema clave, pois debe existir unha boa relación e un clima de confianza. Por exemplo, aínda que se trate dun contrato de recría, o mellor é que o "especialista" compre a becerra e a responsabilidade sobre dela sexa súa mentres está na súa granxa. Respecto dos prezos, habería que establecer uns prezos de referencia baseados no prezo do leite ou outros, é dicir, establecer unha especie de "mibor" para xovencas. - O custo de producción das xovencas vai ser máis barato. - O especialista está metido nese mercado, e poderá máis facilmente dar saída a xovencas que saíron malas, xovencas que lle paren na granxa etc.


lexislación retrincos

Lexislación Retrincos DOCE

Regulamento (CE) no 2535/2001 da Comisión, do 14 de decembro do 2001, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) no 1255/1999 do Consello no que se refire ó réxime de importación de leite e productos lácteos e á apertura de continxentes arancelarios DOCE L 341, 22/12/01 Regulamento (CE) no 1/2002 da Comisión, do 28 de decembro do 2001, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) no 1259/1999 do Consello no que se refire ó réxime simplificado aplicable ós pagos efectuados ós agricultores en virtude de determinados réximes de axuda DOCE L1, 3/1/02

"Galicia é a rexión de España e unha das de Europa que máis leite produce. Se cadra podería producir aínda máis, pero tamén habería que valora-las limitacións que empeza a te-la carga gandeira sobre a superficie. Non é o mesmo producir leite con 10.000 gandeiros que con 85.000, e a cota galega é a que é... Hai que asignar esa cota de maneira que se produzan os maiores beneficios. Para o gandeiro que ten dez vacas están as xubilacións anticipadas. Se a un rapaz novo lle dis que a expectativa que ten é traballar con corenta vacas el dirá `a isto non xogo, adícome a outra cousa`. O que non ten ningún sentido é seguir mantendo un nivel de subemprego artificial".

BOE

Xosé Manuel Silva Rodríguez, lucense, director xeral de Agricultura da Unión Europea.

Real decreto 1467/2001, do 27 de decembro, polo que se derrogan o Real Decreto 1738/1997, do 20 de novembro, polo que se establecen axudas ós programas de carne de vacún de calidade, e o Real Decreto 1973/1999, do 23 de decembro, sobre determinadas axudas comunitarias en gandería. BOE 28/12/01

"O Ministerio de Agricultura iniciou un novo exercicio dominado pola escaseza de recursos para facer fronte ós proxectos para o desenvovemento dunha nova política agraria plantexada polo seu titular, Miguel Arias Cañete. O departamento baleirou o último ano as súas reservas...e non ten fondos para executar e complementar algunhas das medidas plantexadas por Bruxelas...Este axuste duro das contas de Agricultura interprétase en medios do sector como un posible paso para ir restando poder a este departamento con vistas á súa eliminación".

Real decreto 1377/2001, do 7 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. BOE 28/12/01

Real decreto 1416/2001, do 14 de decembro, sobre envases de productos fitosanitarios. BOE 28/12/01 Real decreto 1470/2001, do 27 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios. BOE 28/12/01 Orde do 20 de decembro do 2001 pola que se fixan as datas de reconto da carga gandeira das explotacións de gando vacún para o cobro do pago por extensificación, correspondentes ó segundo semestre de 2001. BOE 28/12/01 Real Decreto 2/2002, do 11 de xaneiro, polo que se regula a aplicación da iniciativa comunitaria Leader Plus e os programas de desenvolvemento endóxeno de grupos de acción local incluídos nos Programas Operativos Integrados e nos Programas de Desenvolvemento Rural (PRODER). BOE, 12/1/02 Real Decreto 1440/2001, do 21 de decembro, polo que se establece o sistema de alerta sanitaria veterinaria. BOE 14 /1/02 Orde do 18 de xaneiro, pola que se establecen sistemas de control do destino dos subproductos xerados na cadea alimentaria cárnica. BOE 19/1/02

Vidal Maté, xornalista especializado en temas agrarios.

"Un mercado lácteo libre, coma o de Estados Unidos, é o peor que nos podería pasar". Román Santalla, vicepresidente da Interprofesional láctea.

"O Ministerio de Agricultura, coa pasividade do de Sanidade, está intentando modifica-la denominación de iogurts. Na nosa cultura un iogurt é un derivado lácteo beneficioso para a saúde. Se acaba todo nunha mesma categoría de postres lácteos, estaremos ante un fraude social, un fraude que permite o Goberno porque se prega ás presións e ós intereses das marcas comerciais". Isabel Pozuelo, secretaria de Consumidores e Usuarios do PSOE.

XANEIRO 2002 / AFRIGA

27


p รก g i n a 2 8 ( c o n t r a p o r t a d a ) p u b l i c i d a d e

S E M E X


AFRIGA 43