Issuu on Google+

Normativa estadounidense da calidade do leite

ANO VII • Nº 42

O custo da producción

Gañarse o respeto

Tellados solares

Reino Unido: con licencia para matar


editorial

Se

realmente

estamos no certo, sería bo que a lexislación sancionadora se intentara interpretar

sempre

en

positivo, si se deran as circunstancias para iso, e se pretendera facer máis unha labor de sensibilización que de amedrentamento,

e

sempre

levada a cabo por persoal con suficientes coñecementos

que

fagan ver ó gandeiro que a súa visita valeu para algo.

Cuestión semántica Nos pasados meses adiantabamos a desaparición do Ministerio inglés de Agricultura como consecuencia dos escándalos da EEB e febre aftosa nos que se viu involucrado, e tamén nos preguntabamos se aquí en Galicia desaparecería tamén a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. E, se quer por simple cuestión semántica, na última reorganización da Consellería como consecuencia das elección galegas, os nomes de Agricultura e Gandería desaparecen deixando paso ós cualificativos de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Xa quedan atrás os anos en que se denominaba Consellería de Agricultura –a secas-; Agricultura, Gandería e Montes; ou Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Tamén quedan atrás anos de políticas nos que se pretendeu que a entrada das explotacións galegas no daquela Mercado Común Europeo fose o menos traumática posible, e conseguir dimensións e produccións economicamente viables. Sen embargo moitos quedaron polo camiño. Agora, e seguindo probablemente as pautas e directrices actuais da Comisión Europea e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación español, logo dos fracasos nas políticas de sanidade animal e a presión da opinión pública, o cambio na denominación xa indica que as políticas anteriores á crise da EEB son auga pasada e que comeza unha nova

etapa na que, no caso dos productores de leite, a sanidade animal e vexetal, a seguridade alimentaria e a concentración parcelaria poidan se-las prioridades da Administración galega, sempre e cando se dispoña de cartos abondo. Estas políticas a nivel galego estarán, por obriga constitucional, inseridas dentro do marco de políticas do Estado español, o cal prevé poñer en marcha unha importante normativa nova no eido da sanidade animal –nova lei de epizootias, lei de sancións en sanidade animal, da reestructuración das explotacións gandeiras, e da seguridade alimentaria; en definitiva, o control exhaustivo da producción. Probablemente as inspeccións estarán á orde do día para facer cumpri-las esixencias administrativas. Se realmente estamos no certo, sería bo que a lexislación sancionadora se intentase interpretar sempre en positivo, se se desen as circunstancias para iso, e se pretendese facer máis un labor de sensibilización ca de amedrentamento, e sempre levado a cabo por persoal con suficientes coñecementos que fagan ver ó gandeiro que a súa visita valeu para algo. Os productores tamén deberán seguir esforzándose para valoriza-las súas produccións fronte ó consumidor e demostrar á opinión pública que o seu leite é o resultado dun traballo serio, que é necesario defender.

DECEMBRO 2001 / AFRIGA

3


sumario

6

TORRE DE BABEL

Entrevista

4

ENTREVISTA

5

A contaminación electromagnética é outra forma máis de contaminación a ter moi en conta.

6

Xosé Ramón Anido fala con Pepe de Áureo sobre a actualidade e o futuro do sector leiteiro.

ACTUALIDADE

10

A legalización das cortes polos concellos terá que levarse a cabo o antes posible.

13 O custo da producción

XESTIÓN

13

Opinións de Quim Baucells, o director do Centro Veterinario de Tona, sobre os custos de producción.

SANIDADE ANIMAL

15

Veterinarios e gandeiros ingleses en contra da nova Lei de Sanidade.

17

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

17

PMO

Iniciamos unha interesante serie de artigos entorno á normativa aplicable á calidade do leite noutros países.

MEDIO AMBIENTE

20

Semella que por fin se vai potencia-lo uso de enerxías alternativas coma a enerxía solar.

TERRAS

21

No resumo da nova Lei de concentración parcelaria recollémo-las axudas económicas e o procedemento de concentración.

20 Tellados solares

MANEXO

22

As cargas eléctricas poden causar unha baixa no rendemento do gando.

COTAS

23

Segunda entrega sobre o informe do Tribunal de Contas europeo e as cotas lácteas.

MERCADO

21

24

Concentración

A baixa do prezo do leite semella que é algo máis ca unha ameaza.

ALIMENTACIÓN

26

A soia transxénica podería dobra-lo seu prezo.

LEXISLACIÓN E RECORTES

27

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Consello de redacción: Xosé R. Anido, Celia Fernández, Gustavo Frog, Antonio María ■ Revisión lingüística: Fernando Pereira ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Xosé Ramón Anido, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

Tribunal de contas

23

AFRIGA / DECEMBRO 2001


torre de babel

Nin tantán nin catro teléfonos Este pode ser un momento tan bo coma outro calquera para facer unha parada no camiño e pensar, polo menos durante uns segundos, sobre a profunda ignorancia na que vivimos de xeito voluntario e consciente. Moitas son as cousas que preferimos descoñecer ou polo menos ignorar, se con iso o noso xeito de vivir non se sinte alterado -¡quen é o valente que se atreve a vivir sen teléfono móbil ou sen luz eléctrica nos tempos que corren!. Ninguén. Non é que eu vaia de Robinson Crusoe e propoña a austeridade e a destrucción máxima de móbiles e tendidos eléctricos -eu tamén teño luz na casa, e, como non, levo o meu móbil ó meu carón por se acaso. O que me cuestiono eu é se é necesario estar permanentemente localizados ou se polo menos, non debiamos preguntarnos que danos reais nos poden causar este tipo de comodidades. E aquí chegamos ó verdadeiro problema: non queremos sabelo porque ó peor temos que deixar de usalos. Isto en realidade non é certo, aínda que o que si sería recomendable e que fosemos conscientes dos estudios con rigorosa base científica que se están a realizar e entender que se os resultados non chegan todo o rápido e claro que quixésemos é, en parte , porque hai moitos intereses creados. Un exemplo da difícil situación que estamos a vivir en torno a este tema témolo en moitas comunidades de veciños: uns opóñense á instalación das antenas de telefonía móbil e renuncian ós cartos que lles ofrece a compañía, pero rematarán padecendo de tódolos xeitos as consecuencias porque os veciños do inmoble do lado, aceptaron o contrato da compañía de telefonía móbil e ¡xa temos instalada unha nova antena!.

Queirámolo ou non, a contaminación electromagnética ou electropolución existe, e como ocorre con moitas outras formas de contaminación e polución, a lexislación é mínima e lenta, endurecéndose a medida que os estudios científicos son máis contundentes e claros ó respecto, e como non, a medida que os casos de xente afectada aumenta. Eses casos, case imposible de contabilizar, fan que de novo se demostre que son os feitos consumados os que nos fan reaccionar e corrixir. Unha mostra do que estamos a suxerir atopámolo nun colexio de Valladolid onde se detectaron, polo de agora, catro casos de cancro. A alarma saltou logo de que dous rapaces fosen diagnosticados con esa enfermidade; uns días máis tarde volvían ser noticia porque a xustiza obrigaba a retirar esas antenas; mais, por desgracia, a ledicia duraba pouco, ó ter coñecemento de que o número de nenos diagnosticados con cancro era de catro, o que sen lugar a dúbidas facía dispara-las estatísticas -¡quen pode pensar que é unha mera casualidade que se produzan catro casos desta enfermidade no mesmo centro!. A cuestión é que dende o mesmo momento en que se comezou con todo isto da telefonía móbil, moitas foron as persoas que alertaron sobre os posibles perigos que

Do que se trata non é de renunciar ó progreso e ás novas tecnoloxías pero non “asinando un cheque en branco”

CELIA FERNÁNDEZ

poderían derivarse dunha contaminación electromagnética ou electropolución, e ninguén fixo caso. Nós, por vivir no agro, non nos libramos destes "efectos", e de feito existen denuncias, neste caso sobre tendidos eléctricos. Recordo sen ir máis lonxe os casos de Merza ou Arteixo. Tamén, neste mesmo número, podedes atopar un artigo que se fai eco das denuncias presentadas por moitos gandeiros do Estado de Wisconsin polos danos que as instalacións eléctricas están a causar no gando, entre eles algunhas enfermidades, que non se mencionaban na noticia sobre a denuncia, e unha clara diminución na producción de leite. O que vai pasar no futuro inmediato non o sabemos, pero si se pode observar que as normas que se están a aprobar seguen todas a mesma liña: a especificar unha distancia mínima como primeira medida de precaución. Distancia que nestes momentos varía desde os 65 metros ós 500 metros, cando moitos científicos en realidade piden 600 metros. Manter estas distancias nas cidades vai ser moi difícil, polo que debemos estar, dende o meu punto de vista, moi ven informados se as compañías mudan as súas miras e empezan a instalar unha morea delas no agro. O problema non se solucionaría, senón que se trasladaría a zonas onde sexan menos conflictivas e, como non, chegados ó caso, podemos saír bastantes prexudicados. Do que se trata non é de tratar de renunciar ó progreso e as novas tecnoloxías todos queremos ter luz, teléfono , internet entre outras cousas- pero non "asinando un cheque en branco". Tan sequera teñamos coñecemento do custo real que estamos a pagar por todo ese progreso, e decidamos libremente se estamos dispostos a pagalo. DECEMBRO 2001 / AFRIGA

5


6

entrevista

Hai que gañarse o respeto do consumidor Nesta ocasión achegámonos a Pol, concello gandeiro por excelencia, acompañando a Xosé Ramón Anido nunha viaxe que nos levou, entreoutras, á S.A.T. Lamelas onde nos estaba esperando un sempre vital, Pepe de Áureo. Ó longo de toda a tarde ámbolos dous contertulios foron debullando algunhas das cuestións máis salientables da actualidade do sector leiteiro galego. Este foi o resultado. Datos da explotación Hai uns tres anos constituíse formalmente a S.A.T. Lamelas, con base territorial nas parroquias de Suegos (Pol) e Meda (Castroverde). A S.A.T. está formada polos socios Manolo López Rodríguez, Carmen López Queizán, José Rodríguez Queizán (coñecido por todos por Pepe de Áureo) e María Lenza Boudón. Dispoñen dunha superficie de 40 has. para producir forraxe, das que 30 has. son de millo. En total, 26 fincas, da que a máis grande ten 3 has. As instalacións de muxido atópanse en Suegos, onde teñen na actualidade 129 vacas en muxido, 12 secas, e 20 xovencas para parir. O resto da recría , unhas 110 xovencas, localízanse en Meda. Contan cunha sa de muxido rotativa, de 24 puntos. Cama dos cubículos: area. Sistema de limpeza: por auga.

Residuos Xosé Ramón Anido: Daquela Pepe, para comeza-la charla, se botamos contas sobre a carga gandeira da explotación, semella moi alta. Tendo en conta o tema dos residuos ¿cómo ves este tema?. Pepe de Áureo: A nosoutros mentres non nos fagan a analítica non sabemos se temos a terra saturada ou non. A nós na terra ben nos colle, xa que facemos bastante esterco pois cando baleirámo-la fosa quédanos 1 metro de esterco, que sacamos co remolque. Botamos dous días todo o zurro nunha finca de 7.000 AFRIGA / DECEMBRO 2001

metros e aínda quédanos parte dela sen cubrir. X. R.: Polo tanto semella que a limpeza por auga favorece moito a formación de esterco. P.A.: Si. A limpeza por auga cunha boa decantación sería o futuro. O problema é esa decantación como é. Nosoutros aínda que estamos bastante contentos, estamos loitando porque temos un problema, e temos que adaptarnos ó que temos. X.R.: ¿Cal é ese o problema?. ¿Teñen que se-las balsas máis grandes?. P.A.: Teñen que ser máis grandes e moito menos fondas. As fosas

teñen que ser baixiñas, e segundo din, nunca deben pasar de 2 metros. E o problema é que agora xa estámonos decatando diso. Sen embargo, aquí non temos terreo e é moi problemático facelas así. Aquí cada dous meses limpámola, queda a corte sequiña, e corre polos carreiros a auga perfectamente -ata che da gusto limpala corte. Pero, pásaste dos dous meses, e empeza a empastarse, empastarse, e xa tes aí o problema. O noso problema é pola area. Se estráramos con palla xa non teríamos problema coa decantación. A area non se asenta, mestúrase moito coa auga e non se separa coma a palla. Pero sen embargo coa area faise moi bo zurro, non nos fai falla remexelo, e non tes a palla flotando por riba. Antes na nosa casa utilizabamos serrin, había moito sempre flotando, e cando querías saca-lo xurro empezabas a sacalo e o que sacabas era auga, auga e auga. X.R.: ¿E non vos interesaría cambia-la area por palla, por exemplo?. P.A.: Non, a area vainos moi ben xa que levamos dous anos sen unha vaca con mamite. As vacas están moi cómodas nos cubículos, e por exemplo, cando traemos as


➔ xatas da finca de Castroverde que están preñadas de tres ou catros meses, e que veñen afeitas a estar nun patio libre sen ferro por ningún lado, e chegan aquí, mételas no medio das outras, e á media hora están deitadas entre os ferros. Isto demostra que a area vale. A palla tamén vale, pero o problema da palla é que tes moitos problemas de manexo con ela, e agora mesmo o quilo de palla está en 13-14 pesetas, para estrar e tirar. X.R.: ¿Como conclusión, pensas que realmente este sistema de limpeza pode axudar moito a cumpri-la lei dos residuos?. P.A.: Eu non sei como é a lei, pero axudaría moito. Se a auga fose ben decantada, podería botarlle máis auga a esa materia orgánica e non levaría a mesma porcentaxe de nitróxeno. X.R.: ¿Fostes a algún sitio a velas? P.A.: Fomos mirar a algún sitio pero adaptámolas un pouco á nosa maneira, pero non as adaptamos ben. Aí cometemos un erro grave. Hai sitios onde funciona moi ben e ves que a auga está transparente.

Comercialización do leite X.R.: Cambiando de tema, ¿coñeces algo da iniciativa de crear un grupo lácteo por parte dun grupo de gandeiros galegos?. P.A.: Non. Pero estiven nunha reunión hai varios meses cos da

FEPLAC e de feito propúxenlles que por que non recoller, envasar e vende-lo leite por parte dos propios gandeiros. Penso que hai moita diferencia de bebe-lo leite do noso tanque, ou doutro gandeiro calquera, que bebe-lo leite de calquera marca que se vende nun súper; hai moita diferencia no sabor, na calidade. Terá menos bichos -tamén porque llos mataron- pero que cambia o sabor e que é adulterado, tamén. E encima están xogando co noso producto, co noso prestixio e, ó mellor, arruinándonos. Eu xa ben sei que non é doado vender, teremos que empezar pouco a pouco, pero sería o futuro para nosoutros, non teríamos que estar en medio de fábricas grandes que están sobre-

dimensionadas, que se poñen de acordo entre elas e a nosoutros, por riba, penalízanos e nin sabemos a como nos van paga-lo leite que xa temos mandado -ou polo menos nosoutros non o sabemos-. X.A.: ¿Pero está a funcionar Interprofesional?. ¿Ou non fai nada?. P.A.: ¿Pero que fan?. Aquí non hai quen faga nada, nada máis que todo en contra de nós. X.R.: Sen embargo, Pepe, o outro día en Lugo, nunha reunión de Unións Agrarias, Román Santaia falaba do que ti estas a dicir, e comentou que o leite reconstituído e a baixo prezo reducírase practicamente a cero nos supermercados. P.A.: ¿E logo como seguen vindo permeatos e lactosoros por aí adiante?. ¿Para que veñen logo?. Os supermercados compran e nalgúns sitios os venden. Isto é algo que non podía haber. Están xogando con nosoutros. X.R.: ¿Entón o que estas a dicir e que como productores non teñen mecanismos para controla-lo leite que chega ó mercado?. P.A.: Claro, non tes nada. A nosoutros se agora mesmo nos aparece unha bomba por aí que implique ó leite, fúndenos a todos, e o das vacas tolas non sería nada comparado con iso. E fúndenos sen ter porqué, por que eu estou seguro de que agora podes bebe-lo leite do tanque de DECEMBRO 2001 / AFRIGA

7


entrevista calquera gandeiro sen problema, porque procura que non leve antibióticos... Eu entendo que controlen a producción, pero non que fodan ó producto antes de que chegue ó consumidor. Hoxe non hai leite malo no campo, o 98% dos productores teñen leite AA, e senón, que analicen as cisternas que saen das explotacións. X.R.: Vendo o panorama galego actual ¿ti que pensas?. P.A.: Nunha palabra, non hai libre competencia. Se aquí o das gasolinas é monopolio, o leite é outro monopolio. Se ti queres vende-lo leite a un primeiro comprador, o primeiro que che pregunta é con quen estas. As empresas márcanlles a que gandeiro poden coller e a quen non. É unha auténtica dictadura. X.R.: Pero o outro día a INLAC marcou o recibo único, libre escollida de comprador sen represalias, etc... P.A.: Si pero hoxe mesmo o das represalias está a pasar. Como exemplo, sei duns gandeiros de Teixeiro-Curtis que lle vendían a certa central, da que marcharon en novembro porque estaban ata o gorro e dixéronlle a outra se lles levaban o leite, e aceptaron. Cargaron o leite, por exemplo o día un, e ó terceiro día xa tiveron que volver para a primeira central. Iso non pode ser. Iso é todo

AFRIGA / DECEMBRO 2001

Entendo que controlen a producción, pero non que fodan o producto antes de que chegue ó consumidor

8

culpa nosa. Tiña que haber unha organización, e unha unión entre nós, que non a temos. Se o ano pasado se estivo enviando leite para fora, Inglaterra e por aí adiante, ¿por que non apoiamos esa decisión?. O que teríamos que facer é manda-lo leite aínda que fose a prezos iguais. Que saíra para fora, entón habería escaseza e saíran as empresas ó campo con pesetas. Pero nós non temos iniciativas e pensamos que a nosa fábrica é a mellor sempre. X.R.: Nese senso, ¿o que botarías de menos é algún tipo de organización, tipo sindical ou asociativo para aglutina-la xente, e que dalgún xeito fixera pesar o sentir do productor?. P.A.: Máis que sindical, asociativo, e que nos fixera respectar tanto no mercado, coma aquí na venda ós compradores.

X.R.: Si. O que chama a atención, por exemplo en Francia, é que son os mesmos productores os que controlan a trazabilidade das súas produccións, vendo se efectivamente as normas de comercialización dos seus productos están a cumprirse. P.A.: É que se sae algo malo no leite, vannos á nosa chepa todos. E sen culpa ningunha nosa. E claro, co lixo que algúns están a meter, non sería raro que saltase algo. Nosoutros somos os que sufrimos todo iso. E por riba, está o LIGAL, que iso é outro comercio; logo che mandan unha carta que tiñas auga no leite, e sen tela. No noso caso, sucedeu en setembro. Non é que tiveramos un 0,5 ou 1% de auga, senón o 6%, o que equivalería a uns 600 litros de auga, nin máis nin menos. Unha vergonza. Tamén outro caso. No pasado marzo recordo que nos baixou a todos a graxa e a proteína entre un 10 e un 15%. ¿Quen se queixou?. ¿Onde están os sindicatos que están representando ós gandeiros no LIGAL?. Todos caladiños.

Prezo X.R.: ¿Como ves o prezo? P.A.: Este ano o prezo non está tan mal, pero non esaxeradamente alto. Está para vivir. X.R.: ¿E por que ese convencemento tan grande de que vai baixar?. P.A.: Porque nolo impoñen. X.R.: Claro, razón non hai ningunha. Pero a xente bótalle a culpa a que non se respectan as cotas –moito leite comprimido, leite B-. Agora parece que hai leite de máis cando hai pouco falábase de que había leite de menos, e incluso falábase dunha suba do prezo no inverno. E agora coméntase de que a baixada de primavera adiántase ó inverno...¿Isto ten razón de ser?. ¿Hai sobreproducción?. P.A.: ¿Pero ti cres que hai sobreproducción?. Se houbese sobreproducción, ¿ti cres que seguiría entrando leite de Portugal ou Francia?. Non. Iría para Italia, Inglaterra, ou para onde fora. No


Pepe e Manolo de conversa con X. R. Anido

noso país sempre se gastou máis leite de setembro a marzo, e os baches viñeron sempre entre marzo e xullo. Agora están almacenando leite. Non sei porque. ¿Por que queren subi-lo mercado?, ou ¿por que encontraron leite máis barato noutro sitio – que non é real, que é leite en po?. A verdade, din que ó baixa-lo dólar, o mercalo leite en po é máis barato. Non sei se é verdade, ou se non. Pero non é leite coma ten que ser. Se se calcula o leite que se bebe en España e o que se produce, falta moito leite. E, por riba, cada dous litros que entran na central, saen tres. Aí medran. Isto estanos prexudicando moito, moito, moito e pode se-la nosa ruína. X.R.: ¿E do futuro que? P.A.: Que non hai gandeiros profesionais no sector. Iso é o máis grande problema que temos. En calquera gremio –taxistas, camioneiros, mecánicos, etc- hai profesionais, no noso non. ¿Nos veterinarios?. Si que son profesionais. Ves ós do saneamento que están loitando e loitando, e están unidos. A nosoutros agora co tema da baixada do leite en inverno, algúns ata falan de sete pesetas, e a industria estase a frega-las mans, pois, para que van baixar a catro, se nós xa contamos con sete... ¡e ó final báixannos seis, e todos tan contentos!. A culpa é toda nosa. Sen embargo, o prezo penso que non o van baixar.

X.R.: Pero non sei se te recordas que o outro día na charla de Baucells en Meira dixo, que prezos coma os deste ano, que nos esquezamos; e que quen non gañou cartos neste ano que abandone. Díxoo así de claro.

Maquinaria e alimentación X.R.: Pasando ó tema da maquinaria, ¿non pensas que facerte con maquinaria é carísimo, e para que, en moitos casos, so traballe dous meses ó ano?. P.A.: Exactamente, é o cancro da explotación. X.R.: Non sei se recordas que o outro día Baucells separaba moito a parte agraria da parte gandeira, e dicía que se ti fas as contas no tema da gandería seguro que te saen, pero como fagas as contas do tema agrario pódeste levar cada susto... P.A.: Nós aquí levámolo por separado. Eu bótolle contas ó silo e ó millo, e as fago coma se o comprara. Se me costa a 7 pesetas, contabilizo 7 pesetas, nin 3 ou 4 que me custaría producilo. Nós desde o mes de maio estamos metendo 18 quilos de silo de herba por vaca e día, e díxonos o nutrólogo que se estaba acabando e que estabamos gastando daquela na alimentación unhas 22 pesetas/litro, cunha media de producción duns 30 litros/vaca e día. Entón baixamo-los quilos de

silo de herba a 8, polo que baixamos 10 quilos, e estamos utilizando outros productos, deses preparados, valoráronse as racións, e as vacas, producindo igual ou máis leite, e baixamos 3 pesetas, polo que estamos en algo menos de 19 pesetas/litro. Polo que abaratamos a ración cando prescindimos do silo de herba. ¡Para que quero a herba, e toda esa maquinaria!. Acabas abandonando as vacas por traballa-las terras. Ese é o gran problema. Hai moita xente que non vale para ter vacas, pero que sen embargo, son uns agricultores extraordinarios. Así traballaríamos catro días á semana, teríamos vacacións, menos en tempos de campaña. O agricultor traballaría as súas terras e as dos outros, e chegado o tempo de tela forraxe, venderíalla ós gandeiros. Así faríamos agricultores profesionais e gandeiros profesionais. ¿E qué faría falta para os agricultores?. Primeiro que se fixera a concentración parcelaria, e segundo, poñer a funcionar en cada zona deshidratadoras de forraxe. Poderíanse deshidratar ata os nabos, se queres. Estaríamos así alimentando tan barato coma os cataláns, e tamén sería unha maneira de acabar con plantar tanto piñeiro ou eucalipto. Agora mesmo, calquera empresa de alimentación faiche calquera tipo de mestura, pero o que falta é quen che faga unha boa forraxe. X.R.: Polo tanto, para ti o tema da maquinaria pasa por unha especialización clarísima, ¿non si?. P.A.: Si. Se ti es cura, non podes ser frade. Eu enténdollo así. As vacas poden dicir o que queiran pero as vacas comen de todo, e non están para nada ligadas á terra. Ás vacas se lles das peras, comen peras. Eu me recordo a primeira viaxe que fixen a Francia, que na deshidratadora que fomos visitar había unha pilísima de laranxas e mazás, e eu non entendía que facían aí. Pois deshidrata-las e dárlle-las de comer ás vacas. DECEMBRO 2001 / AFRIGA

9


10

actualidade

Novo grupo lácteo de capital galego Segundo informacións de El Faro de Vigo creouse un novo grupo industrial lácteo con capital exclusivamente galego, logo da constitución por parte de douscentos productores galegos da sociedade Campoleite, que, cun capital social de 300 millóns de pesetas de capital social e a posta en funcionamento dunha planta en Rábade (Lugo), fai revitaliza-la posibilidade de contar cunha industria propia que recolla, transforme e comercialice o leite producido en Galicia. Segundo estas informacións, as instalacións de Rábade están listas para comeza-la actividade o 1 de xaneiro a unha media de 300.000 litros de leite ó día, un volume que, así as cousas, xa superaría ó de Feiraco. Os proxectos destes douscentos productores non se limitan a isto, e queren que a Xunta retome o proxecto de poñer a andar un grupo lácteo galego o suficientemente potente como para facer fronte ás empresas de fóra. Tamén entre os proxectos de Campoleite está lanzar unha oferta de compra a unha industria láctea de capital estranxeiro implantada en Galicia, aínda que polo de agora as negociacións están levándose coa máxima discreción posible. Manuel Bouzas, secretario xeral da FEPLAC, e un dos portavoces desta sociedade, confirmou que Campoleite sopesa levar a cabo esta oferta de compra, pero que polo momento prefire ser cauto; e sinala que espera ter noticias da Xunta para ter certeza do seu interese real neste proxecto, tendo en conta que para que que se poida lograr é imprescindible o apoio económico e institucional da mesma.

AFRIGA / DECEMBRO 2001

Legalización das cortes O Sindicato Labrego quere que os concellos legalicen de oficio as cortes, xa que estima que o 90% carecen de licencia de actividade e terán moitos atrancos para axustarse á lexislación de ordenación do sector vacún que está a elabora-lo MAPA. O borrador do decreto recolle medidas que "afectarán profundamente ós planeamentos urbanísticos, prexudicando o desenvolvemento das explotacións gandeiras", segundo o SLG. Esta normativa que previsiblemente se aprobará nun curto espacio de tempo anuncia a obrigatoriedade de que as explotacións estean regularizadas e establece un prazo de seis meses para que as cortes se axusten á lei e os gandeiros cumpran con tódolos requisitos administrativos, de benestar animal e hixiénico-sanitarios.

Así as cousas, o SLG pedirá ós alcaldes galegos que procedan a legalizar de oficio tódalas cortes dos seus concellos, dando licencias de obra e de actividade a aquelas que xa estean feitas. Neste punto semella que haberá consenso entre as diversas forzas políticas e sindicais, pois xa no programa electoral do Partido Popular establecíase un programa de regularización das explotacións gandeiras, no marco do Plano de Galego de Xestións de Residuos Agrarios. Segundo este programa electoral, o Partido Popular de Galicia pretende a regularización administrativa das explotacións preexistentes mediante un convenio con tódalas partes implicadas (Xunta, Administración local e representantes do sector).

Impedimentos para vende-lo leite O sindicato agrario vasco ENBA dirixiuse recentemente ó Ministerio de Agricultura para denuncia-las prácticas que están a impedi-la comercialización do leite español no mercado francés, entre outros. As probas destes "impedimentos" comerciais denunciados polo sindicato vasco indican que a grande distribución aumenta as cancelacións dos pedidos de leite provinte do Estado español, como consecuencia, segundo as informacións facilitadas por ENBA, de presións e chantaxes que reciben dos productores franceses. De feito, tras realizar un seguimento da situación no país veciño, o sindicato constatou que era certa a existencia dun pacto non escrito liderado pola interprofesional láctea

francesa (ONILAIT) cos distribuidores, co fin de pecha-la entrada do leite español que se vende a prezo inferior pero con excelentes parámetros de calidade. Ante este panorama, ENBA dirixiuse ó ministro de Agricultura, Miguel Arias, para que actuase pevante o que é "un verdadeiro atentado contra a libre circulación de mercadorías no mercado único". Sen embargo, o ministro recentemente declarou non ter coñecemento da existencia dos mencionados "atrancos" comerciais ó leite español en Francia; e todo iso apesares de que a FENIL, a federación de empresas lácteas de España, confirma as presións de productores franceses para impedi-la venda de leite envasado en España.


Os réximes especiais da Seguridade Social teñen os días contados

Noutras ocasións falamos da grande discriminación que supoñía pertencer ó réxime especial agrario da Seguridade Social, ou o que é o mesmo, o REASS, pero nunca puidemos imaxinar que un día, non moi remoto, iamos ter que reivindica-lo porque de novo parece que "máis vale malo coñecido, ca novo por coñecer". Isto débese a que no último Acordo de Pensións ratificouse a intención do Pacto de Toledo de integrar tódolos réximes especiais da Seguridade Social en dous: un por conta allea e outro por conta propia. Algunhas organizacións agrarias, como a COAG e a UPA puxeron o grito no ceo, e esixen que se manteña o actual réxime especial. A comisión de seguimento do último Acordo de Pensións de finais de marzo ten previsto abordar en breve a integración do REASS no réxime xeral (no caso dos traballadores por conta allea) e no especial dos traballadores autónomos (RETA) a aqueles que traballen por conta propia no campo. Comisións Obreiras si asinou este acordo, mentres que a Unión de Pequenos Agricultores (UPA), dependente da UXT, non o fixo ó ser partidaria do mantemento do actual sistema; este sindicato estima que o que hai que facer

non é modificalo, senón amplia-la cobertura das súas prestacións. Nesta mesma liña, a Confederación de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), insistiu en que o REASS debe permanecer como réxime específico pero mellorando algúns aspectos moi importantes que co paso do tempo non se axustan á realidade de hoxe. As propostas concretas que esta organización fai son, entre outras, amplia-las prestacións e facer máis contributivas as súas cotizacións; e admiti-la xubilación ós 60 para rexuvenecelo campo, sen que se vexa afectada a contía final da pensión como ocorre no réxime xeral. En concreto, no apartado de prestacións, a COAG propón incluír no REASS o concepto de incapacidade permanente cualificada. Na actualidade, cando un agricultor está en situación de incapacidade permanente total percibe unha pensión do 55% da base reguladora (unhas 45.000 pesetas), sen distinguir a idade do agricultor, mentres que no réxime xeral, se o traballador ten máis de 55 años, a prestación é do 75% da base reguladora. A COAG considera que dadas as dificultades do traballador do campo, este incremento -un 75% en vez dun 55%- da base reguladora no

caso de incapacidade total, debería aplicarse automaticamente, con independencia da idade. En relación á incapacidade temporal, que nestes momentos ten unha cobertura voluntaria, para a COAG debería ser obrigatoria e ademais poder percibi-la desde o cuarto día de baixa laboral, e non a partires do día 15. Ademais, reclaman que se inclúan como accidentes laborais os in itinere (os que se producen no traxecto de ida ou de volta do traballo, que xa están incluídos nas prestacións de réxime xeral, segundo a Lei de Riscos Laborais) e aqueles que non foron causados por unha actividade agraria, pero que se produciron no posto de traballo. Levar a cabo estas medidas, suporía un incremento de gasto, que a COAG sostén non implicaría necesariamente un aumento nas cotizacións dos traballadores e empresarios agrarios; senón que bastaría con incrementa-las contribucións do Estado ó REASS. O Estado, á súa vez, obtería eses ingresos incrementando o IRPF ou o imposto de sociedades a aqueles axentes económicos que, xerando unha importante porcentaxe da producción final agraria, non realizan ningunha contribución á Seguridade Social. DECEMBRO 2001 / AFRIGA

11


12

actualidade

Só un 37,2% dos cidadáns comunitarios está satisfeito coa seguridade alimentaria Nun intre coma o presente no que a Unión Europea está a tomar moitas medidas relacionadas coa seguridade dos alimentos, os nosos pero tamén os dos propios animais, polo menos a chama atención que a inseguridade sexa cada vez máis grande. Os datos feitos públicos a finais de novembro mostran como só un 37,2% dos cidadáns comunitarios considera satisfactoria a capacidade da política agraria comunitaria para asegura-la oferta de productos sans, polo que clarisimamente máis da metade están pedindo máis seguridade. A perda de confianza débese,

como é lóxico, ó grande número de problemas acontecidos neste pasado ano, a encefalopatía esponxiforme bovina e a febre aftosa, intoxicacións por dioxinas, rebrotes esporádicos pero insistentes de peste porcina, etc. Esta enquisa realizada a 16.029 persoas da UE indica en parte que as administracións toman as medidas moitas veces a rebufo dos problemas e cando non é así, non as dan a coñece-lo suficiente ós consumidores. Esta desconfianza está motivada precisamente en moitos casos pola falta de información real das situacións e das medi-

das que se están a tomar, conseguíndose só que o consumidor non reaccione todo o rápido que sería de esperar -é normal que retire sen moitas contemplacións a súa confianza nun producto determinado e sexa moi reticente á hora de voltar confiar nel. Por iso é vital para que os sectores afectados non se vexan danados sen motivo, que as administracións competentes fagan as campañas de información e control necesarias. Un dos aspecto que máis sorprende ó coñecer estas estatísticas é que para os profesionais do agro as medidas que se están a aprobar en materia de sanidade animal ou de alimentación, como é caso dos cereais transxénicos, poderían estar incluso a piques de raiar a paranoia en moitos casos.

Recomendan unha pasteurización a temperaturas máis elevadas Científicos británicos consideran que a bacteria mycobacterium avium paratuberculosis (MAP), que se atopa no gando vacún, podería ser un dos causantes da enfermidade dos humanos coñecida como de Crohn. Esta doenza, se ben non resulta mortal para o home, fai que a calidade de vida do que a padeza sexa as veces inaturable. A enfermidade en concreto produce inflamación dos intestinos que provoca con-

tinuas diarreas e dores intestinais. Nesta situación o corpo debilítase moito e é máis doado que os que a padecen, contraian outras enfermidades. Esta bacteria produce tamén unha doenza similar nos animais coñecida como de Johne, con síntomas moi similares. O profesor Hermon-Taylor, xefe do Departamento clínico da Facultade de Medicina de San Xurxo en Londres, afirmou que no

A renda agraria por activo aumenta un 2,7% no 2001 Como tódolos anos, a Oficina de Estatística da UE (EUROSTAT) fixo públicas as cifras provisionais sobre evolución das rendas agrarias. Segundo estes datos, a renda agraria por activo na UE aumentou un 2,7% por termo medio. No caso de España, a cifra semella coincidir coa cifra media do 2,7% de incremento. Estas son as cifras provisionais e, aínda que as poidamos considerar positivas, temos que ser conscientes de que o incremento por activo é algo maior debido a un descenso do 1,6% no número de ocupados no sector.

AFRIGA / DECEMBRO 2001

Variación da renda agraria por activo no 2001 Variación (%) Índice 2001/2000 1995=100 UE15 Zona Euro Dinamarca Portugal Austria Irlanda Bélxica Alemaña Países Baixos Reino Unido Finlandia Suecia España Grecia Francia Italia Luxemburgo

+2,7 +2,4 +12,5 +9,5 +8,5 +7,3 +6,2 +5,7 +4,3 +4,3 +3,0 +2,8 +2,7 +1,4 +0,8 -0,8 -2,4

106,6 111,8 100,2 117,0 86,5 97,8 109,5 128,8 83,7 58,4 106,6 110,5 122,8 96,4 106,6 112,6 93,9

seu laboratorio atopou a mencionada bacteria nos intestinos dos pacientes afectados por esta enfermidade. Segundo a súa opinión, entre un 21 e un 54% das vacas de leite de Europa occidental e Norteamérica teñen infección subclínica desta bacteria que é segregada no leite e en moitos casos, sobrevive á pasteurización do leite podendo chegar ata os seres humanos. Mais esta opinión non é compartida por toda a comunidade científica que consideran que o número de casos de enfermos de Crohn non diminuiría por reduci-la exposición humana a esta bacteria. Para estes científicos, a MAP ten unha baixa infectividade e é tolerada pola maioría da xente. Admiten, sen embargo, que factores como a propensión xenética, as condicións fisiolóxicas ou o estado sanitario da persoa, poden favorecer a que se contraia a enfermidade. Sen embargo, a pesar da falla de unanimidade entre os propios científicos, a Axencia Británica de Seguridade Alimentaria vai propoñer un incremento da temperatura da pasteurización, co fin de que esta sexa o suficientemente alta para garanti-la eliminación da mencionada bacteria e evitar calquera posible risco.


xestión

Custos de producción Quim Baucells, o director do Centro Veterinario de Tona (Catalunya), no que traballan 21 veterinarios especializados na asesoría a granxas de producción de leite, estivo a finais de novembro en Meira (Lugo), invitado por Pensos ARA, para impartir unha conferencia á que asistiron máis de cen gandeiros da zona. Na súa exposición centrouse nos custos de producción e verteu algunhas opinións que poden ser discutibles, pero que son as opinións dun técnico que leva vinte anos traballando no sector. Segundo Baucells, o entorno no que unha granxa calquera debe planifica-lo seu futuro pode acotarse en 5 puntos. 1) Estamos a producir leite nun réxime intensivo, aínda que non o pareza. A tendencia é a producir cada vez máis por vaca, como amosan os datos do Control Leiteiro, que sinalan un incremento dun 2,4% de media cada ano. Antes do 2010 será normal falar de granxas de 12.000 litros, como hoxe falamos das de 10.000. 2) Estamos nunha actividade na que é moi dificil instalarse. Para poñerse hoxe a producir, Baucells calcula que fai falla un investimento de 3.930.000 pts/vaca (ver CADRO 1). En Holanda, esa cifra superaría de lonxe os 8.000.000 de pts. 3) É unha actividade familiar, de forma maioritaria. Das 53.000 granxas que pode haber en España, menos de 100 pertencen

a empresas. Igual que é dificil instalarse, é dificil crecer. 4) É un sector sometido a moitas tensións. Destacou aquí como unha delas a "Indefinición do sistema de cotas", especialmente en España. Noutros países tiveron sempre este asunto máis claro pero en España non se aplicou, nin se está a aplicar, o sistema correctamente. Esta "indefinición" limita o crecemento e a planificación do futuro das explotacións. Dentro deste apartado cita

CADRO 1 Custos de instalación en pts/vaca Cota (10.000 l./vaca) (65 pts/l.) 650.000 Cortes 180.000 Sala de Muxidura 160.000 Maquinaria 100.000 Vacas 240.000 Subtotal Producción leite 1.330.000 Terra (0,5Ha/vaca) Maquinaria agricultura Subtotal Agricultura

2.500.000 100.000 2.600.000

TOTAL (pts/vaca)

3.930.000

tamén a dificultade para encontrar xente que queira traballar no campo, aínda pagando ben. O problema do persoal e o seu custo, vai ser moi importante a medio prazo. Finalmente, nun horizonte a longo prazo, non debe esquecerse que o prezo do leite está protexido en Europa (30-40% de seu custo), e que os acordos da WTO apuntan a un decrecemento dos subsidios e un avance cara a ó libre mercado.

BENEFICIOS Nun mercado, protexido ou non, o importante son os beneficios, e estes son o resultado de tres variables: 1) O prezo de venda do leite. Esta é a variable que depende menos do productor e a que mellor coñece. Pode influír moi pouco aquí, pois aínda facendo unha extraordinaria negociación pode supoñer ó final 0,5-2 pts/litro. 2) A cantidade de producto vendido. 3) Os custos de producción. Esta é a variable que depende máis do gandeiro e a que maior relación ten co beneficio final. DECEMBRO 2001 / AFRIGA

13


14

xestión

OS CUSTOS DE PRODUCCIÓN Non se pode precisar un "estándar" para todo o mundo do que debe custar producir un litro de leite. Pero cada granxa pode e debe coñecer e avalia-los seus custos, e isto debería ser prioritario para todos agora, que estamos nunha época de "vacas gordas". Se non coñecemos a fondo os nosos custos de producción, non podemos establecer programas para reducilos. No CADRO 2 vémo-los os gastos medios en pts/litro dun grupo de granxas asesorado polo C. V de Tona. Son datos referidos ó ano 2000, o cal é importante sinalar: os ingresos, en pts/litro, inclúen a venda de animais e outros ingresos derivados de subvencións, seguros, etc. No ano 2001, co prezo que levou o leite, a marxe económica melloraría extraordinariamente. En apoio da súa tese, Baucells presentou o CADRO 3, referido a outro

A ALIMENTACIÓN

CADRO 2 Gastos en pts/litro de leite Alimentación+cama Man de obra Auga+luz+gasóleo Sanidade+xenética Reparacións G. Financeiros G. Xerais Amortizacións (1)

27,5 6,1 1,4 4,5 2,0 0,4 2,8 4,8

Total Gastos

49,5

Ingresos totais en pts/l.

54,8

(1) Inclúe amort da cota.

AFRIGA / DECEMBRO 2001

grupo de granxas con datos deste ano. Trátase de granxas con 11.000 litros/vaca-ano, e nel pódese apreciar que toda mellora que fagamos sobre a producción de leite terá aproximadamente 9 veces máis influencia que calquera cousa que fagamos sobre do resto. En canto á cifra do 95%, Baucells afirmou que incluso en granxas con menor nivel productivo, os ingresos derivados da venda de leite dificilmente baixan do 85% dos ingresos totais. Finalmente, e para salienta-la importancia que ten coñecer a fondo os febles débiles dos custos de producción, dixo que conseguindo vender moi caro pódense chegar a mellora-los resultados en 0,5-2 pts/litro. Comprando moi barato, tamén se pode chegar a unhas cifras semellantes, pero sendo eficientes na producción, o intervalo de mellora pode situarse entre 6 e 20 pts/litro.

A alimentación lévase entre o 50 e o 60% dos gastos dunha granxa. O consumo de forraxe representa sobre o 40% da materia seca dunha ración, o que traducido a pesetas supón o 20-30% do custo da mesma. O resto hai que compralo

fóra; por iso falaba anteriormente de que estamos a producir leite nun réxime intensivo. Baucells opina que a vaca non está "necesariamente" ligada á terra. O que custa produci-la forraxe debe sela primeira pregunta a facerse en cada explotación, porque a xente pode levar sorpresas. Temos que sabe-lo que custa produci-lo alimento na granxa para poder comparar co que custa compralo fóra, e que cada quen tire as súas propias conclusións, porque cando compras sabes a que prezo e que calidade compras, podes escoller. De xeito xeral considera que hai unha grande ineficacia na producción de alimentos para o gando, sendo partidario de que as granxas contraten fóra a maioría dos servicios (externalizar), entre outras cousas pola imposibilidade de amortizar maquinaria que vai traballar 2 ou 3 meses ó ano. Sería axeitado separar en cada granxa a parte agraria e a parte do gando. A terra, en moitos casos, non sería imprescindible para producir alimentos, senón polo problema da xestión dos residuos.

O FUTURO A maiores do apuntado anteriormente, sinalou como temas importantes para o futuro, a calidade do producto (preocupacións do consumidor: saúde, calidade, sostibilidade, ecoloxía, medio ambiente; marco legal para o productor: medio ambiente, calidade do leite, benestar animal) e volveu insistir na man de obra e o medio ambiente como dous aspectos moi importantes para planificar. Todo isto, por suposto, a maiores da alimentación, a xenética, o prezo do leite, as subvencións, a inercia do mercado, a sorte, etc. Pero o futuro debe planificarse e depende de cada productor, que é o máximo responsable do seu negocio.

CADRO 3 Venda de leite Venda de animais Outros Ingresos

INGRESOS (%)

Pts/litro

Pts/vaca

95,0% 3,5% 1,5%

58 2,14 0,02

640.000 23.505 10.071


sanidade animal

Con licencia para matar No anterior número xa adiantabamos que o goberno de Tony Blair estaba preparando unha nova normativa de sanidade animal para intentar "lava-la cara" e minimizala incrible incompetencia mostrada polos diferentes gobernos británicos nas crises das EEB e da febre aftosa. Así as cousas, nestas semanas estanse a discutir na Cámara dos Comúns diferentes borradores

do texto da nova Lei de Sanidade Animal (Animal Health Bill), e semella que fóra do hemiciclo a contestación ó novo texto é importante tanto polos gandeiros coma os veterinarios británicos. O texto que foi dado a coñecer polo goberno concede ás autoridades importantes prerrogativas para obrigar ós gandeiros a sacrifica-lo seu gando co fin de conter axiña as

Agricultura negocia con Sanidade a retirada do certificado veterinario Segundo declaracións á prensa, o director xeral de Gandería do Ministerio de Agricultura (MAPA), Carlos Escribano, confía en que se retire o certificado veterinario, "posto que as negociacións con Sanidade están moi avanzadas". Escribano explicou ós xornalistas que se pode chegar a un acordo co Ministerio de Sanidade para retiralo se nos documentos de acompañamento dos animais que van a matadoiro ou guías sanitarias se inclúe a información adicional que solicitou o Ministerio de Celia Villalobos. Os datos que se poderían incluír na guía sanitaria serían: unha declaración de que o animal non contén residuos de medicamentos e que non ten síntomas aparentes de sufri-la encefalopatía esponxiforme bovina (EEB), apuntou Escribano. O director xeral de Gandería espera que a retirada do certificado estea resolta antes de fin de ano, posto que evita que os gandeiros teñan gastos innecesarios. Esta foi a nova publicada en varios medios de comunicación,

e nela queda claro que a precipitación ou a falta de entendemento entre ministerios puido se-la causa de que durante un ano entrase en vigor un requisito –o certificado- tan inxusto –polo custo que supuxo ó gandeiro/consumidor/contribuínte- como innecesario, xa que en ningún momento a administración explicou –e probablemente non explique- o porqué da súa eliminación. ¿Por que no seu día non se acordaron estas medidas que agora se queren implantar?. Entón, e segundo o dito por Escribano e lembrando que xunto co certificado ía a declaración xurada, ¿durante todo este ano 2001 os gandeiros/consumidores/contribuíntes teñen gastado innecesariamente o custo do certificado?. Realmente incríble. Non obstante, con todo o que se está "a cocer" nos despachos ministeriais, semella que volveremos a dar voltas e máis voltas ás oficinas dos veterinarios. Que deus nos colla confesados.

enfermidades no caso de que se detecten, xa que o goberno británico cre que a loita contra a febre aftosa foi obstaculizada polos gandeiros que solicitaban o sacrificio de animais supostamente sans ou que, pola contra, non deixaban pasa-lo persoal que ía face-lo sacrificio. Como consecuencia da probable aplicación desta nova lei, o persoal da administración poderá entrar sen permiso nas propiedades dos gandeiros e sacrificar aí mesmo ós animais. Este é un dos puntos que máis oposición está provocando, e algúns ata chegan a falar de que viola a Carta dos Dereitos Humanos por forzar ós gandeiros a sacrifica-lo seu gando, "xa que supón dar un cheque en branco para entrar nas cortes e asasina-los animais", dixo Barrie Jones, da Unión de Agricultores de Gales. Outro colectivo oposto frontalmente ó texto que se está a discutir é o dos veterinarios. Segundo dixo Roger Windsor, do Real Colexio de Veterinarios de Saúde Pública , "o goberno está buscando unha nova lei que agache máis erros nun baño de sangue. Eu non me opoño á política de sacrificio para o control das epizootias, pero ten que ser unha política de sacrificio controlada". Roger Green, presidente do Real Colexio de Veterinarios de Saúde Pública mostrou a súa frontal oposición a esta lei a través dunha carta ó xornal The Daily Telegraph. Nesta carta ó xornal, avisaba que a lei podería provocar epidemias moito peores cá da febre aftosa, ademais de servir de distanciamento de posicións cos productores. Por se isto non abondase, a lei non conta, na opinión dos expertos, cunha base científica que corrobore a necesidade deste tipo de medidas e que, pola contra, o único que fai é suscitar moitas cuestións de carácter ético. A traxectoria do goberno de Blair nestes temas é, mírese por onde se mire, nefasta e non semella máis ca un novo intento de control inxustificado e de limitación das liberdades, e todo isto a prol da "seguridade nacional". DECEMBRO 2001 / AFRIGA

15


16

sanidade animal

Uso prudente Investigan se hai dos antibióticos peixes priónicos Os Ministros de Saúde Pública dos Quince acordaron recomenda-lo uso prudente dos antibióticos e outros axentes antimicrobianos nos humanos e nos animais. Esta recomendación é unha das actuacións propostas pola Comisión europea na súa estratexia de combate-la posible resistencia destes en persoas e animais. Esta estratexia-marco da Comisión está inserida nunha serie de accións, como a recollida de datos do consumo destes productos, aumento da concienciación en médicos, farmaceúticos e veterinarios, establecemento da obriga da receita tanto para antimicrobianos destinados a homes e animais, mellora dos controis dos residuos nos alimentos, eliminación dos promotores do crecemento na alimentación animal e revisión das normas existentes en relación cos aditivos na alimentación. En Galicia todo isto suporá un incremento importante nas inspeccións veterinarias e do SEPRONA nas explotacións para o control do medicamento veterinario, o control do alimento (residuos e fariñas cárnicas), etc, etc, etc.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) constrúe en Vigo un laboratorio de máxima seguridade que será o encargado de estudiar en España as encefalopatías nos peixes e, en concreto, se o mal das "vacas tolas" pode transmitirse ó home dende animais criados en piscifactorías. Segundo dixo o responsable do laboratorio, o biólogo Antonio Figueras, "as fariñas animais tamén se utilizan para alimenta-los peixes de piscifactoría e queremos saber se o peixe se pode volver tolo co tempo se asimila os prións". Entre as liñas de investigación figurará como se manifesta externamente a enfermidade, xa que "non é doado, pois as vacas infectadas caen ó chan ou están desorientadas e no peixe buscamos trazos semellantes, coma unha natación errática, ou se se coloca panza arriba... ".

Os gandeiros non deben asumi-los gastos da EEB Nunha recente visita a Galicia o presidente do consello xeral de Colexios de Veterinarios de España, Juan José Badiola, manifestou que os custos da EEB non deben recaer nos gandeiros, senón na UE, "responsable, por non ter controlado o comercio intracomunitario de fariñas". E engadiu tamén que o Goberno "non debe desentenderse" deste problema. Badiola advertiu de que "non se debe baixa-la garda pois non se pode descartar que aparezan casos da enfermidade en humanos" e pediu ós gandeiros que "asuman a aparición de máis casos de EEB nos vindeiros anos".

Novos casos da EEB en Xapón Xapón é o único país asiático que ten que afrontar este problema, en aparencia 100% occidental, despois de que se atopara o primeiro caso en setembro. Nestes momentos confírmase o terceiro caso, e segundo informacións facilitadas polos responsables do Ministerio de Agricultura nipón, vaise levar a cabo o sacrificio e incineración de 62 vacas holstein dunha explotación onde se atopou ese terceiro caso. A vaca en cuestión xa foi sacrificada, 20 foron inmobiliza-

das, e esas outras 62 que mencionamos serano nos vindeiros días despois de que se lles fagan os test pertinentes, apesares de que non presentaron ningún síntoma desta enfermidade, polo que se insiste que só é unha medida de precaución. O problema, sen embargo, non son estas 62 vacas en cuestión, senón preto de 300 que foran criadas nesta mesma explotación e que foron enviadas a outras explotacións antes de que aparecese este caso de positivo.

Novo test rápido de detección da EEB Unha empresa biomédica americana comunicou a principios do mes de decembro que está en trámites de negociacións para a venda dun test de detección rápida da EEB a través dun laboratorio farmacéutico europeo. Nestes momentos, este test está en fase de homologación. O test, segundo se explicou na presentación que del fixo o

AFRIGA / DECEMBRO 2001

laboratorio, é fácil de usar xa que ten unha utilización similar ós test de embarazo que se venden nas farmacias. As análises fanse sobre unha mostra de tecido cerebral e garante uns datos moi precisos, fáciles de interpretar e en menos de cinco minutos. Ademais, o test está a ser utilizado con éxito na

detección da presencia de prións nos tecidos humanos. A aprobación definitiva avaliarase no primeiro trimestre do 2002, e o presidente do laboratorio espera que se vendan máis de 100 millóns en Europa e Xapón. Deste test o obxecto máis importante é precisamente que poida ser utilizado nos humanos e noutros animais vivos.


control e calidade do leite

PMO (I)

Con este artigo comezaremos una longa serie que pretende dar a coñece-la normativa aplicable á calidade do leite en diferentes países, e como están a desenvolvela as administracións e os gandeiros. Nesta ocasióno abrímo-la fiestra a este interesante aspecto para a nosa actividade como profesionais que espero axude a clarexar moitas dúbidas en canto, por exemplo, á extensisima regulamentación norteamericana-O PMO, da que facemos un clarificador resumo. A Grade A Pasteurized Milk Ordinance (Regulamento para o Leite Pasteurizado Categoría A) ou PMO é a normativa norteamericana de saúde pública, alimentación e medicamentos que, xunto coas GMPs (Códigos de Boas Prácticas na Fabricación, Envasado e Almacenado de Alimentos Humanos) marcan os requisitos de seguridade e hixiene na producción, recollida, pasteurizado e envasado do leite, sendo para a administración estadounidense un dos instrumentos máis efectivos para salvagarda-la calidade do leite. En definitiva, é a normativa que regula: 1) a producción, transporte, procesado, tratamento, toma de mostras, inspección, etiquetaxe e venda do leite; 2) a inspección do gando, das explotacións e das industrias lácteas; 3) a emisión ou a revocación do permiso de vende-lo leite ós productores, transportistas e distibuidores; e a fixación das multas e sancións. A PMO entrou en vigor no 1924 (coma Standard Milk Ordinance) e foi modificada máis de 20 veces, a última no 2001. En 1967 inseriuse dentro da PMO o coñecido coma Programa de Leite Anormal, que significou o comezo da limi-

tación das células somáticas no leite recollido, tomándose coma referencia o límite de 1.500.000 células somáticas/ml; o programa constou de tres fases: - Primeira fase : a partires de xullo do 1967, comezáronse a face-las análises para detectar "leite anormal" –por riba das 1.500.000 c.s./ml- coa mesma frecuencia que se facían as de bacterioloxía; - Segunda fase: a partires de xullo do 1968, incidiuse nas comunicacións polos productores e nas inspeccións ás explotacións cando no reconto de células somáticas se excedía de 1.500.000 c.s./ml; e finalmente, - Terceira fase: comezouse definitivamente a penalizar, coa suspensión do permiso de venda dese leite, no caso de excede-lo límite en tres de cinco análises. En Estados Unidos, os límites no reconto de células somáticas (RCS) na PMO foron modificándose á baixa, logo de moitas discusións, pois, por exemplo, en 1975 intentouse baixar sen éxito, sendo finalmente modificado en 1983, ano no que se aprobou dar un prazo ata xullo do 1986, en que o límite quedaría fixado nos 1.000.000 c.s./ml. Logo en 1989 e 1991, intentouse volver a baixa-lo límite ós 750.000

ou 500.000, pero a baixa non foi efectiva ata xullo do 1993 no que o límite obrigatorio quedou fixado nos 750.000 c.s./ml., límite que aínda hoxe está vixente. Sen embargo nos anos 1997, 1999 e 2001 intentouse baixar ós 400.000, non sendo ata o de agora efectivo, xa que hai moita contestación, sobre todo por parte dos gandeiros e primeiros compradores. Segundo a PMO, o leite que se recolle (coñecido coma leite Categoría A –ou en inglés Grade A-) ten que te-las seguintes características de calidade: Temperatura Arrefecido a 7ºC ou menos nas 2 horas despois do muxido, sempre que a temperatura da mestura, logo do primeiro e seguintes muxidos, non exceda ós 10ºC. Xermes totais Non excederá dos 100.000 xermes/ml, preferentemente ó mesturarse co leite doutro productor. Non excederá dos 300.000 xermes/ml cando se mesture leite antes da pasteurización. Células somáticas Non excederá das 750.000 células/ml, por productor individual Residuos de medicamentos Sen resultado positivo ós métodos de detección prescritos na PMO. DECEMBRO 2001 / AFRIGA

17


18

control e calidade do leite

A vixilancia das gomas das tetoeiras

O muxido é, como xa sabemos, un dos aspectos que debemos vixiar máis para evitar posibles infeccións ou problemas coa calidade do leite. Sen embargo, sempre que falamos do muxido insistimos moito na rutina do muxido, pero fálase moi por riba do equipo co que levamos a cabo esta tarefa. É verdade que, en teoría, se respectámo-las indicacións do fabricante da muxidora sobre o momento de

cambiar ou revisa-las pezas, non teriamos por que ter ningún problema; pero hai algúns aspectos específicos do "muxido" en cada explotación que poden facer varia-la duración en perfectas condicións dalgunha das pezas da muxidora. Este é o caso das gomas, un elemento tan importante como outro calquera, xa que se as mantemos en bo estado, sen deformacións, fendas, nin roturas, poderemos realizar un bo muxido, o que é sinónimo de vacas sans e leite de calidade. A continuación citaremos algúns dos aspectos a vixiar para mantelas en boas condicións: *Se por algunha causa debemos gardalas durante un período prolongado, hai que colocalas na escuridade e sen soportaren ningún peso que as deforme. * Calquera que sexa o procedemento de limpeza e desinfección empregado, deberemos deixa-las gomas libres de residuos de leite, dos residuos dos

Novo método para a detección de mamite Detecta-la mamite antes de que aparezan os síntomas nos pode permitir inicia-lo tratamento antes, co que este sería máis efectivo, o animal sufriría menos e se producirían menos perdas na producción de leite. Neste sentido, un equipo de científicos do Instituto de Investigación Hannah e da a Universidade de Glasgow (Escocia) comprobaron que o sangue e o leite de vacas infectadas por Staphylococcus aureus, responsable da mamite, conten unha determinada proteína, comprobando a continuación que

AFRIGA / DECEMBRO 2001

esta proteína só fora detectada nos animais afectados, polo que semella que hai unha relación intrínseca entre a mamite e a presencia desta proteína. A Administración escocesa, así como o Consello de Investigación de Ciencias Biolóxicas británico ten previsto financiar un estudio que se iniciará a partir do 1 de xaneiro do 2002, e que durará dous años, co fin de investigar e coñecer máis sobre estas proteínas e poder desenvolver un método de detección da mamite nas súas primeiras fases.

productos químicos usados na limpeza e desinfección, etc. Débese facer un bo lavado das superficies de goma en contacto co leite, para evitar que a graxa quede na goma, e esta perda elasticidade, favorecendo o desenvolvemento de bacterias. Así mesmo, evitaremos calquera tipo de acumulación de po, feluxe, lama ou bosta propias da actividade, que resecarían e racharían as gomas. * Temos que ter en conta os productos que utilizamos para o lavado, xa que algúns deterxentes ou desinfectantes utilizados na limpeza e desinfección de máquinas danan as gomas. É recomendable que o noso fornecedor destes productos nos confirme se son ou non corrosivos, e a concentración á que os temos que empregar para evitar que suceda. * Se utilizamos baquetas e cepillos para a limpeza de tubos e tetoeiras con puntas filosas, prodúcense estrías sobre as gomas, o que dificulta a limpeza e permite o aloxamento de bacterias. * Se prememos durante moito tempo as pezas de goma por acción das duchas de lavado sobre a boca das tetoeiras, estas deformaranse probablemente. En definitiva, o que se está a indicar aquí é que o traballo máis ou menos intenso ó que se someten as diversas pezas de goma das tetoeiras, así como os distintos axentes que actúan sobre delas, fan que a súa duración varíe. Unha estimación aproximada da duración das mesmas é que se poden usar unhas 2.000 veces -en termos xerais, cando menos unha vez ó ano deberemos cambialas. Sen embargo, vixiémo-las nosas en función da nosa particular rutina de muxido, e ter sempre en conta as instruccións que nos proporcionou o instalador da muxidora.


Defensa do sistema de cotas e de control de calidade Os pasados días 29 e 30 de novembro, gandeiros de vacún de leite do sindicato catalán Unió de Pagesos (UP) e da COAG-Iniciativa Rural de toda España reuníronse en Vic (Barcelona) para facer unha análise do proceso de reestructuración do que vén sendo obxecto o sector lácteo ó longo dos últimos anos. Nestas xornadas falouse do control da producción, o futuro das cotas e a calidade dos productos, e avaliáronse os sistemas de producción de leite, a calidade do producto e as perspectivas de futuro. A COAG-IR e a UP entenden que a mellor maneira para defende-lo futuro dos productores de leite é mediante o control da producción, o que na actualidade equivale a dicir, o cumprimento do sistema de cotas. Para os membros da COAG-IR e a UP é moi importante que na revisión da Axenda 2000 para a OCM dos productos lácteos, que está prevista no 2003, se aprobe o mantemento do sistema de cotas, incluso máis alá do 2008, aínda que iso si, adaptándoo ás necesidades do mercado interior. Segundo a súa opinión, a UE ten que defender este sistema nas negociacións e facer unha política que dea prioridade ó mercado interno europeo, tendo en conta que unha das maiores ameazas para a pervivencia das cotas lácteas son tamén as futuras negociacións da Organización Mundial do Comercio. No momento de negociar, insisten, a Unión Europea non debería esquecer que outras potencias comerciais como Canadá tamén aplican o sistema de cotas lácteas e o defende en tódolos e cada un dos cumios da OMC- polo que a UE non ten por que ser menos. Para a COAG-IR e a UP, esta política supón un aliciente para o productor, que no futuro tamén repercutiría no prezo que paga o consumidor; polo que se trataría de protexe-lo mercado interno de terceiros países. En canto ós prezos do leite, dicir que a COAG-IR e UP non están moi seguros nestes momentos de que a

industria non tente baixa-los prezos ós gandeiros apesares de que o prezo do leite nos lineais segue a mostrar unha tendencia alcista, e de que ademais o leite de venda a baixo prezo, que hai un ano representaba preto do 20% do mercado, practicamente desapareceu na actualidade. A COAG-IR e a UP estiman que máis que en baixa-los prezos, a industria debería pensar en repercutir no gandeiro o incremento do prezo nos lineais. Tamén en relación coas industrias, a COAG-I R e a UP demandan á Administración que someta á industria láctea ás mesmas esixencias de calidade ás que se somete ó gandeiro, para o que é

necesario establecer unha normativa dirixida á industria, de xeito que se poida medi-la calidade do producto transformado de forma obxectiva, cubrindo así o baleiro legal que existe na actualidade e evitando posibles fraudes mediante a implantación dun plano de control á industria. Así mesmo, os gandeiros da COAGIR e a UP reclaman dos poderes públicos un maior seguimento do destino que se dá á importación de sustancias tales como permeatos e lactosoros, ó obxecto de garantir que non se desvían ó leite de consumo, así como tamén esixir que o etiquetado do producto elaborado sexa totalmente transparente.

Control da calidade da materia prima Sábese que potencia-la máxima calidade das nosas produccións será decisivo nun horizonte non moi afastado, non só para conseguir un bo prezo, senón probablemente para seguir producindo. Neste punto cada vez o sector está máis premido e é deber de todos afrontar este reto da calidade. Dentro desta dinámica, as industrias tamén están a tomar diferentes iniciativas, sobre todo no control ou potenciación da calidade da materia prima. Neste senso o grupo Lactalis, que reco-

lle en Galicia 120 millóns de litros de leite ó ano, comezará a traballar nun plano de control continuo da materia prima polo cal, a través de inspeccións e análises, controlará a calidade de tódolos aspectos relacionados coa producción, como son as instalacións das explotacións gandeiras, a sanidade animal, o benestar animal, o muxido, a limpeza e desinfección nas salas de muxido, as boas prácticas hixiénicas dos traballadores e o control analítico do leite.

A Interprofesional láctea aposta polo autofinanciamento no 2002 A Interprofesional Láctea -INLAC– acordou nas pasadas semanas o seu autofinanciamento, de xeito que, segundo eles mesmos din, "todo o sector se involucre nas accións que levamos a cabo e nos desliguemos cada vez máis da Administración". Para o presidente da Interprofesional, o galego Tomás García Castañeda, representantes dos Xóvenes Agricultores, a Interprofesional estase a consolidar como o foro que reúne

a tódolos productores e industrias lácteas. Segundo Castañeda, tanto os primeiros compradores como a industria, contribuirán a partires do 2002 cunha contribución de 0,05 pesetas por litro de leite, é dicir, 1,5 euros por cada mil litros, ó financiamento da Interprofesional, co que asegurou que "é a primeira Interprofesional que decide adquirir este compromiso". DECEMBRO 2001 / AFRIGA

19


20

medio ambiente

Tellados solares O ministro de Medio Ambiente, Jaume Matas, presentou o 3 de decembro ás Comunidades Autónomas e ó Consello Económico e Social (CES) o documento de consulta sobre a Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible (EEDS), que inclúe 150 propostas "para acada-lo modelo de desenvolvemento sostible". Neste senso contémplase a instalación de tellados solares en 3 millóns de edificios españois nos vindeiros 10 anos.

O documento de consulta recolle sete accións clave sobre as que se actuará: crecemento económico, emprego e concorrencia; xestión dos recursos naturais e conservación da biodiversidade; formación, investigación e innovación tecnolóxica; cohesión social e territorial; loita contra o cambio climático e a contaminación atmosférica; turismo sostible, e xestión e reducción dos residuos. Vemos que as tendencias nos vindeiros anos son claras; probable-

mente tamén o será o incremento no custo das fontes de enerxía derivadas do petróleo, e como consecuencia, incrementarase o custo de tódalas produccións. Neste senso seguro que o uso da enerxía solar se potenciará nos vindeiros anos desde as distintas administracións e aumentará a oferta comercial deste tipo de enerxía "limpa e ceibe", polo que pode chegar a ser interesante para moitas explotacións leiteiras galegas -sempre dentro das limitacións climatolóxicas propias- , xa que o seu uso non está só limitado á electrificación básica e directa de vivendas rurais ou das cortes, senón que, por exemplo, se pode acoplar unha instalación de enerxía solar á rede xeral eléctrica complementándose ámbolos dous sistemas, vendendo á empresa fornecedora a enerxía solar producida e sobrante. Nos vindeiros números seguiremos falando deste tema.

A maioría das fariñas cárnicas

acaban en vertedoiros

O pasado día 29 de novembro, o ministro de Medio Ambiente, Jaume Matas, e o presidentes da Agrupación de Fabricantes de cemento de España (OFICEMEN), Manuel de Melgar y Oliver, subscribiron un acordo voluntario co obxectivo de previr, reducir e controla-la contaminación proviñente das fábricas de cemento. Este acordo estará vixente ata o 31 de decembro do ano 2005. Neste marco foi precisamente onde o señor Manuel de Melgar denunciou que o anterior acordo que obrigaba a incinera-las fariñas cárnicas non se está a cumprir. Segundo o propio Manuel de Melgar di, as fariñas de orixe cárnico no se están a eliminar nas súas instalacións, senón que están sendo depositadas en vertedoiros ou queimadas en instalacións que non cumpren coas garantías de seguridade necesarias. En concreto fala de que as

AFRIGA / DECEMBRO 2001

empresas que pertencen á OFICEMEN eliminaron tan só 8.000 toneladas de fariñas cárnicas das "300.000 ou 350.000" que o sector comprometeuse a eliminar mediante este sistema. Por desgracia semella que o depósito das fariñas cárnicas nos vertedoiros non é ilegal en España, pero si noutros países da Unión Europea (UE), como Alemaña ou Francia, entre outros, que desbotaron esta opción polos riscos que supón, xa que as fariñas poden volver á cadea alimentaria a través de ratas ou gaivotas, habituais visitantes dos vertedoiros, ou ben polos efluentes dos vertedoiros, que poderían traslada-los residuos a canles, e dende alí, de novo á cadea alimentaria. O responsable das cementeiras denuncia este feito porque, segundo parece, se está a incumprir un acordo anterior, concre-

tamente do 10 de xaneiro, asinado entre o MAPA e a patronal cementeira para soluciona-lo problema que xeraba tal cantidade de residuos, para o que as empresas cementeiras tiveron que adecua-las súas instalacións, investindo diñeiro por valor de dous mil millóns de pesetas. ¿Quen ten a culpa do incumprimento deste acordo?. Para o presidente de OFICEMEN as responsables son as Comunidades Autónomas, opinión que apoiou o ministro de Medio Ambiente, quen ademais aclarou que as administracións autonómicas son as competentes nesta materia. Coma sempre neste país, pasamos máis tempo dicindo quen ten a culpa en vez de face-las cousas como é debido. Polo menos por unha vez poderiamos recoñece-los erros e comezar a facelas cousas ben.


terras

Lei de concentración parcelaria para Galicia

(II)

Axudas económicas A consellería competente en materia agraria poderá establecer, ben directamente ou a través das entidades crediticias, os oportunos convenios de colaboración para a concesión de préstamos ós participantes na concentración parcelaria, para aumenta-la extensión das parcelas ou das explotacións que na súa superficie non acaden a unidade mínima ou a dimensión viable, para libera-las cargas e os gravames dos predios incluídos na concentración, para o pagamento de débedas xustificadas, contraídas como consecuencia da concentración, e, en xeral, para calquera outra finalidade que se relacione directamente coa concentración parcelaria. Fomentarase, mediante axuda económica e técnica, a agrupación de pequenas explotacións ou de parcelas lindantes, para efectos da súa explotación colectiva en réxime cooperativo. A consellería competente en materia de agricultura poderá incluír entre as súas liñas de axuda subvencións para aqueles propietarios que, unha vez decretada a concentración dunha zona e mentres a transmisión poida ter acceso ó procedemento, adquiran doutros propietarios terras suxeitas a este proceso, co fin de aumenta-lo tamaño das súas explotacións, e sempre que a dita adquisición produza unha diminución no número de propietarios da zona. Os mesmos dereitos corresponderanlles ós traballadores agrarios por conta allea que coa adquisición de terras reduzan o número de propietarios.

Procedemento de concentración parcelaria O procedemento de concentración parcelaria poderá iniciarse por petición de polo menos as dúas terceiras partes dos propietarios da zona para a que se solicita a mellora ou da maioría dos titulares dos lugares acasarados con actividade agraria e que teñan o principal das súas bases territoriais na zona, da maioría dos agricultores da zona que, como consecuencia da súa actividade, estean afiliados ó réxime especial agrario da Seguridade Social ou ben ó réxime especial de traballadores autónomos en función da súa actividade agraria ou ben dun número calquera deles ós que pertenza máis do sesenta e cinco por cento da superficie que se vai concentrar. Esta porcentaxe quedará reducida ó cincuenta por cento cando os que soliciten a concentración se comprometan a explota-las súas terras de xeito colectivo. Tamén a consellería competente en materia de agricultura poderá así mesmo inicia-la concentración parcelaria de oficio, procurando a súa realización en zonas concretas do territorio da Comunidade Autónoma galega. Cando estivesen incluídas plantacións agrícolas ou terras de monte con masas forestais, poderá facerse, ademais da clasificación do solo, tamén a do voo, que se valorará para os efectos de compensación no proxecto e no acordo. Neste suposto, a valoración realizarase con base en criterios obxectivos e sempre salvagardando os intereses lexítimos dos directamente afectados.

Daráselle-la oportunidade ós propietarios que o soliciten de realizar un proceso de permutas previo á concentración, por un período de seis meses. Rematado este período, poderá solicitarse unha prórroga de igual tempo sempre que conte co informe favorable dos servicios agrarios da consellería competente en materia de agricultura. Os gastos que ocasionen todos estes labores serán sufragados pola administración. Esta eliminará toda carga fiscal ou pública para as operacións de permuta e posterior rexistro, cando sexa da súa competencia. Ó proxecto de concentración parcelaria incorporaráselle un plano de aproveitamentos dos cultivos axeitado ás características agrolóxicas das terras, de xeito que se poida acadar un aproveitamento racional e sostible delas. A inclusión dun predio no plano de aproveitamentos de cultivos ou forestal obrigará ó seu titular ó estricto cumprimento deste ata tanto o concello regule os usos das terras concentradas. Rematada a concentración, a división ou segregación dun predio rústico non será válida cando dea lugar a parcelas de extensión inferior á unidade mínima de cultivo e, consecuentemente, non poderá ser obxecto de ningún dos auxilios ou beneficios que a consellería competente en materia de agricultura poida conceder para a mellora das explotacións. Logo da concentración, cando dous ou máis propietarios titulares de predios integrados en explotacións independentes, mediante permuta ou por calquera outro título, agrupen predios cunha superficie que sexa como mínimo de media hectárea en cultivos intensivos e horta, unha hectárea en labradío ou prado e tres hectáreas en monte, os gastos correspondentes ó outorgamento de escrituras, inscricións rexistrais e outros lexítimos correrán a cargo da consellería competente en materia de agricultura. (continuará...) DECEMBRO 2001 / AFRIGA

21


22

manexo

Danos por perdas de cargas eléctricas Cinco empresas de electricidade de Wisconsin foron denunciadas por unha ducia de gandeiros dese Estado norteamericano. O motivo destas denuncias foi que os gandeiros cren que as cargas eléctricas que se perden das liñas eléctricas están a causar un importante dano no rendemento do seu gando. Estas cargas eléctricas que "foxen" polo chan procedentes dos cables eléctricos soterrados, considéranse que son un factor que inflúe, e moito, na saúde das vacas e na diminución na producción de leite. Estes productores pensan que os niveis permitidos de cargas eléctricas que se perden, establecidos pola Administración dos Estados Unidos, favorecen ás compañías eléctricas. O caso semella estar para moitos bastante claro xa que, segundo os informes do tribunal que leva o caso, as compañías eléctricas denunciadas non avisaron adecuadamente ós gandeiros dos riscos destas perdas de electricidade; como tampouco non comprobaron nin inspeccionaron axeitadamente as instalacións neste sentido, tal e como esixe a lei estatal. Os cartos que probablemente deberán pagar as empresas eléctricas están aínda por especificar, pero os gandeiros que interpuxeron a denuncia esperan recuperalos custos estimados das perdas na producción, ademais das facturas dos veterinarios que trataAFRIGA / DECEMBRO 2001

ron ós animais, e calquera outro dano provocado por este motivo. E aínda que non hai unha data para a celebración do xuízo, quen sabe se pode sentar precedentes para o futuro. O número de denuncias neste Estado relacionadas con este tema son significativas: ó longo do ano pasado o Servicio Público de Electricidade de Wisconsin recibiu 300 peticións para que se medisen as perdas de cargas de tensión. Deses casos, nun 5% das explotacións, os niveis excedían ó limite estatal, pero tamén hai que dicir que, na maioría destes casos, se

gonzalo

atoparon cunhas instalacións defectuosas que por suposto contribuían a agrava-lo problema. En Galicia, aínda que as instalacións eléctricas non van soterradas, non somos conscientes de que estas perdas de cargas das liñas eléctricas estean a afectar ó noso gando, se é que realmente se fan inspeccións ó respecto para comprobar que as empresas eléctricas están a cumpri-la normativa neste senso se é que existe. Nós, polo de agora, semella que xa temos bastante coas baixadas de tensión, ou os cortes de abastecemento.


cotas

O Tribunal de Contas e as cotas lácteas (II) Aplicación do sistema de cotas De acordo co informe especial do Tribunal, tres Estados membros (Grecia, España e Italia) son criticados pola aplicación fragmentaria do réxime de cotas. En Italia, con respecto ás campañas leiteiras 95/96 a 98/99 adebédanse taxas suplementarias por un valor de 202,7 millóns de euros, 203,4 millóns de euros, 224,8 millóns de euros e 239,5 millóns de euros (uns 145.000 millóns de pesetas nada menos), respectivamente, por cada campaña debido ó exceso de producción. A Comisión recuperou das autoridades italianas este importe reducindo os pagos de anticipos mensuais do FEOGA. Os compradores de leite que deberían cobra-la supertaxa ós seus productores non o fixeron e non pagaron practicamente nada ás autoridades italianas (tan só uns 35 millóns de euros, dos 870 millóns adebedados). En España o réxime de cotas só se aplica plenamente dende a campaña 98/99. Ata entón, nin as autoridades estatais notificaran axeitadamente ós compradores o importe correcto de taxas que debían recadar, nin tódolos productores estaban informados da supertaxa a pagar. Debía pagarse supertaxa polas campañas 93/94 (11,4 millóns de euros), 95/96 (42,1 millóns de euros), e 96/97 (23,2 millóns de euros). Non obstante, as

notificacións de reclamación das taxas enviadas polas autoridades estatais ós compradores de leite impugnáronse xuridicamente e suspendéronse as taxas. No intre da fiscalización, os compradores de leite só recadaran e os productores só pagaran, unha pequena porcentaxe da supertaxa debida (uns 20 millóns de euros dos 78 millóns de euros adebedados). A Comisión recuperou o saldo, coma no caso de Italia, reducindo os anticipos mensuais do FEOGA a España. Mentres que nestes países a reducción dos anticipos mensuais dos pagos do FEOGA protexe en parte os intereses financeiros da UE, non se cumpre o obxectivo fundamental de que cada productor se responsabilice da súa producción excesiva. O ter que recorrer constantemente tanto ás reduccións dos anticipos como ás decisións de liquidación de contas con respecto ás cotas lácteas, mostra que non pode dicirse que o réxime de cotas estea plenamente aplicado en tódolos Estados membros case que dezasete anos despois da súa introducción. O aprazamento, dispensa ou suspensión do pago da supertaxa debida polos productores ten múltiples efectos: a) os contribuíntes italianos e españois pagaron efectivamente a taxa a través dunha reducción da Comisión do importe da axuda do FEOGA; sen unha acción correctiva, isto equivale a unha subvención estatal ós productores de leite, claramente contraria á

política comunitaria, que confire unha vantaxe inxusta ós productores españois e italianos; b) cando os productores de leite non pagan a taxa debida, pérdese o seu efecto disuasivo e foméntase a producción excesiva. A persistencia dos problemas de aplicación en Italia, España e Grecia débese a procesos xurídicos que obstaculizan o cobro efectivo da taxa ós productores de leite. As peticións de pago de taxa son inmediatamente impugnadas e os procedementos legais subseguintes levan moitos anos. Na práctica, isto deu lugar a retrasos indefinidos no pago da supertaxa. A existencia de quince cantidades de referencia estatais sen que se poidan transferir cotas entre productores que operan en distintos Estados membros implica que non poden obterse os mellores resultados dos recursos utilizados para producir leite. Isto obstaculiza o desenvolvemento racional da producción e limita esta nas rexións comunitarias máis idóneas. A restricción sobre as transferencias e sobre os mecanismos de compensación entre productores que operan en distintos Estados membros resulta anacrónica dende o punto de vista dun mercado único e á luz das normas sobre competencia vixentes na UE. Calquera supresión destas restriccións debería implicar unha reducción correspondente da cota global. (continuará...) DECEMBRO 2001 / AFRIGA

23


mercado

A caída do prezo do leite é unha ameaza inminente

Un seguro para o prezo do leite A Axencia de Seguros Agrarios dos EE.UU. puxo de novo en marcha por terceira vez un programa piloto dun seguro para o prezo do leite. Este seguro baséase nos contratos de futuro e teñen como finalidade que os gandeiros adquiran o coñecemento de como funcionan os ditos contratos e que se fomente o seu uso. Para poder participar neste programa, o gandeiro ten que producir polo menos 50.000 kg de leite/mes en seis meses consecutivos. Os devanditos productores, baixo este programa, adquiren contratos de futuro ata por 300.000 kg de leite. Cando o prezo do leite cae por baixo do prezo ó que se adquiriu o contrato, este suple a diferencia, funcionado como unha especie de seguro de prezo. A Axencia de Seguros Agrarios dos EEUU financia o 80% do custo da opción de futuro e os honorarios do axente de bolsa, ata 30 dólares por opción. O gandeiro soamente ten que paga-lo 20% do custo da opción de futuro. AFRIGA / DECEMBRO 2001

Esta caída, aínda sen materializar, pero xa comunicada por algunhas industrias ós gandeiros ós que lle recollen o leite, prodúcese no peor dos momentos. En primeiro lugar, estamos a remontar unha grave crise da que lonxe de saír semella que nos vai traer máis problemas, polo menos económicos se temos en conta as drásticas reduccións nas axudas por parte do MAPA en diferentes conceptos, como a recollida de animais mortos ou o pago polo certificado veterinario. En segundo lugar, e dende logo non menos significativo, é que está caída prodúcese en pleno inverno, que é cando se producía a suba estacional. O lóxico nestes momentos non era nin moito menos esperar unha caída que, segundo o portavoz do Sindicato Labrego Galego en Lugo, Antonio Villariño, podería ser de ata un 15%. Antonio Villariño pregúntase -e nós con elque pasará na primavera cando a baixa de prezos do leite ten unha maior incidencia. A situación pode chegar a ser insostible para a maioría dos productores, que o único que están a pedir é poder calcula-los posibles ingresos da súa "empresa" en base a uns prezos "estables e razoa-

Esta caída prodúcese en pleno inverno, que é cando se producía a subida estacional

24

bles". Unha das cousas que sorprende máis é que ante esta situación que afecta un sector vital para a nosa comunidade, a Administración non tome parte e deixe sen máis a moitos nas mans da industria. Os motivos que se aducen para unha inminente baixa dos prezos é que o leite está demasiado caro; que ó ter un bo prezo disparouse a producción, polo que a demanda internacional se reduciu; e que nos supermercados agromou de novo a guerra entre as marcas, facendo cae-los prezos. Estas razóns, sempre mencionadas nestas circunstancias, só poden indicar que de novo as industrias queren máis e máis cartos, sen se decataren de que en moitos casos se seguen a "apreta-lo pescozo", un día vanse a atopar sen leite nin a baixo nin alto prezo, porque non quedarán moitos a quen comprar. Por último quizás fora interesante reflexionar se realmente os prezos destes últimos meses que acadaron "máximos históricos" non serian en realidade o mínimo que nos teñen que pagar se queremos vivir dignamente da nosa "empresa".


IV

Conferencia Ministerial da Organización Mundial do Comercio

Esta conferencia da temida Organización Mundial do Comercio (OMC) celebrada nesta ocasión en Doha (Qatar) a mediados do mes de novembro, estivo nun principio a piques de fracasar polos profundos desacordos en temas de agricultura ou téxtiles sobre todo. Sen embargo, finalmente, e para saír do paso, os 142 membros da OMC acadaron o acordo de impulsar unha nova axenda para levar a cabo roldas de negociacións dirixidas a expandi-los mercados mundiais e reduci-las barreiras comerciais. Un avance importante desta reunión de Doha foi a incorporación de China e Taiwan á OMC, países que en principio ofrecen a oportunidade de amplia-lo mercado

UE Pascal Lamy, principal negociador da UE, salientou que os Quince buscaron a lexitimidade do comercio e non só a súa liberalización, sendo o máis salientable das reunións o acordo de aumenta-la confianza no sistema multilateral de relacións. Para o comisario europeo de agricultura, Franz Fischler, a UE non está contenta co éxito, debido á mención, aínda que matizada, da eliminación por fases dos subsidios á exportación

EE.UU. Os acordos subscritos en Doha por Zoellick, representante de comercio estadounidense, semella que nin sequera contan co apoio do congreso estadounidense e desbótase que se conceda a vía rápida de ratificación, polo que se vai estar negociando ata a eternidade, e para acada-lo respaldo do Capitolio poden pasar décadas, segundo afirmacións dun antigo secretario da administración de Jimmy Carter. Esta é unha proba máis de que os países máis competitivos non están

da OMC, cuns 1.300 millóns de consumidores potenciais máis á economía global. Por suposto, un dos países que espera beneficiarse máis desta nova incorporación é, como non, os EE.UU que conta con incrementa-las súas exportacións de productos agrícolas en nada máis e nada menos que 2.5 billóns de dólares anuais. O Director xeral da OMC, Mike Moore, dixo ó remata-las reunións que quedara impresionado pola boa disposición que a maioría dos ministros mostraran, intentando entender e acomodarse ás necesidades dos demais, e pola firmeza da determinación común de facer que a conferencia fose un éxitonon só polo interese nacional de

cada un, senón porque todo o mundo apreciou a necesidade de "dar un sinal de confianza nestes momentos difíciles de inseguridade internacional". O remate semella propio do Nadal, cheo de boas intencións e grandes promesas. Pero, como case sempre, asínanse unhas cousas e logo fanse outras, e senón aí está o proxecto de lei que en tema de agricultura está a piques de ser aprobado nos EE.UU. En definitiva, semella que respecto do comercio agrícola mundial tódalas espadas quedaron en alto de cara ó horizonte do 20052006, polo que deberemos seguir preparándonos.

agrícola porque semella, segundo a súa propia opinión, que este aspecto vai determina-lo resultado das negociacións. Hai que ter en conta que a UE inviste moitísimos cartos nos subsidios á agricultura; un exemplo témolo nas cifras asignadas neste concepto no ano 1999: 50.000 millóns de dólares, entre apoio nacional, barreiras aduaneiras e estímulos á exportación. Un claro exemplo deste descontento na UE atopámolo en Francia, país que se negou a asina-lo acordo final ata o

último momento. De feito, só o firmou cando se aceptou a polémica frase "eliminación gradual" no apartado das subvencións ás exportacións agrarias- elemento clave para a Política Agraria Común da UE, pero, ademais, conseguiu engadir unha condición decisiva: "sen danalo resultado das negociacións" no futuro. O goberno francés síntese satisfeito porque, tal e como se insistiu nun comunicado do goberno deste país, "os principios básicos da PAC non foron postos en dúbida".

dispostos a deixar de selo, e para iso invisten unha chea de cartos non respectando en moitos casos os acordos con organizacións internacionais. Un exemplo claro disto atopámolo nos EE.UU que nestes momentos está a elaborar un proxecto de lei para que, a partires das vindeiras dez campañas, o estado financie programas federais de apoio ó cultivo de cereais, soia e algodón con 168 mil millóns de dólares. O proxecto, avalado polos republicanos e demócratas, supón un golpe de temón con respecto ás políticas des-

reguladoras que se intentaron durante os últimos años para o sector agrícola. Un dos puntos importantes deste proxecto é a introducción de pagos compensatorios que se concederán ós agricultores cando os prezos estean por baixo de determinados límites. Pretender que estas axudas sexan consideradas "desligadas" pola OMC -cando obviamente están ligadas ó prezo- será un asunto moi polémico nas vindeiras conversas internacionais, se EE.UU as aproba. Dende logo a polémica está servida.

DECEMBRO 2001 / AFRIGA

25


26

alimentación

A soia xeneticamente modificada podería dobra-lo seu prezo A total diferenciación da soia xeneticamente modificada das outras variedades consideradas tradicionais podería facer que se duplicase o prezo para os importadores da UE. As novas propostas da UE, en referencia á trazabilidade e etiquetaxe para tódolos alimentos que procedan de colleitas xeneticamente modificadas, están agora sobre a mesa, pero as multinacionais estadounidenses temen que se teña que chegar a ter dúas cadeas de producción separadas para poder cumpri-la lexislación da UE. Segundo declarou o Jerry Slocum, presidente da Compañía de Gran do Norte de Missisipi, "o estricto cumprimento desa identificación pode dobrar facilmente o prezo da soia". A Comisión Europea concibiu o sistema de trazabilidade como parte do seu novo programa chamado "da granxa ó garfo", é dicir, unha trazabilidade total dende que se inicia a producción ata que nos chega á mesa, e todo, para mellora-la seguridade do que comemos e mitigar, na medida do posible, as preocupacións dos estados membros e dos consumidores en canto ós alimentos xeneticamente modificados –OGM-. Esta preocupación é moi evidente e a proba témola no feito de que non se aprobasen novas variedades de OGM nos últimos tres anos.

Establecidos os límites de dioxinas na alimentación dos animais Mediante unha Directiva do Consello, que entrará en vigor a partires do 1 de xullo do 2002, quedan establecidos os límites máximos de dioxinas e policlorobencenos (PCB) na alimentación humana e animal. Estes límites servirán, entre outras cousas, para que cando os ingredientes ou alimentos animais os sobarden, sexan considerados non aptos para o consumo. A Comisión reiterou ademais a necesidade de que os Estados Membros fagan os controis necesarios, polo que se establecerán un número mínimo de mostras dentro dos programas de vixilancia e control que se poñan en marcha dentro de cada estado membro. Estes controis son moi importantes, se temos en conta que a principal fonte de introducción das dioxinas no corpo e, polo tanto, na cadea alimentaria, é polos alimentos; e dicir, expoñendo ós alimentos humanos ou animais a fontes de combustión (pastos a rentes dunha fábrica, algúns procesos da industria alimentaria..) ou substancias que conteñan dioxinas previamente, como poden ser zurros aplicados ó chan. A exposición ás dioxinas non é nova, pero si o é a preocupación por elas, sobre todo a raíz dunha serie de escándalos alimentarios como o acontecido en Bélxica no ano 1999.

AFRIGA / DECEMBRO 2001

De ser aprobada esta proposta polos gobernos da UE e o Parlamento Europeo, requirirase que o gran e a soia xeneticamente modificados para a importación, así como os alimentos procesados, leven detallados a súa orixe e traxectoria ó longo de toda a cadea alimentaria. Evidentemente para Slocum isto non era necesario, xa que non pode imaxinar a ninguén que non se faga responsable de enviar un cargamento sen saber o que realmente é; ademais, este productor di que dada a maneira na que o gran é colleito e transportado ós portos para a súa exportación, só coa completa separación dende o principio, ó final pode garantir que non hai mestura entre as variedades xeneticamente modificadas e as variedades tradicionais. Sen embargo, estas duras normas son probablemente a única maneira de que os gobernos da UE terminen coa súa moratoria a novas propostas ó respecto. Polo de agora todo está sobre a mesa, pero hai algúns países membros que tamén son partidarios de ir máis alá e introducir regulamentos para considera-los productores de productos xeneticamente modificados responsables de calquera dano ó medio ambiente. En canto ó Comisario europeo de Saúde e Protección ós consumidores, David Byrne, e a Comisaria de Medio Ambiente, Margot Wallstrom, dicir que recomendan reinicia-los permisos dos OGM baseándose nas recentes propostas de etiquetaxe e trazabilidade, incluso aínda que estas non sexan oficialmente adoptadas ata dentro de tres anos como leis nacionais. Esta nova polémica non fixo máis que empezar e podería recruar se algúns países da chamada "liña dura", encabezados por Francia, seguen a insistir en que a lexislación ten que estar en vigor antes de que poidan considerar calquera autorización sobre calquera producto fresco xeneticamente modificado.

Alfalfa Deshidratada Silo de Maíz Deshidratado Levadura de Cerveza Cebadilla de Cerveza Pulpa de Remolacha Telf. 93 229 69 09 - Fax 93 229 69 08 E-mail: poballe@infonegocio.com 08034 Barcelona - c/ Enric Giménez, 4


lexislación recortes

DOG

Lexislación

Orde do 20 de novembro de 2001 pola que se modifica a do 4 de xuño de 2001, que establece as condicións de concesión de axudas ós investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios. DOG 26/11/01 Orde do 21 de novembro de 2001 pola que se modifica a Orde do 27 de marzo de 2001, na que se definen as bases reguladoras dun programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria e se convocan para 2001. DOG 28/11/01 Nomeamentos na Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Dog 19/12/01

DOCE Directiva 2001/82/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 6 de novembro do 2001, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos veterinarios. L311, 28/11/01 Regulamento (CE) no 2348/2001 dla Comisión, de 30 de novembro do 2001, polo que se modifica o Regulamento (CEE) no 2921/90 referente á concesión de axudas para o leite destonado con vistas á fabricación de caseína e de caseinatos. L315, 1/12/01

Directiva 2001/88/CE do Consello, de 23 de outubro do 2001, pola que se modifica a Directiva 91/630/CEE relativa ás normas mínimas para a protección de porcos. L316, 1/12/01 Decisión da Comisión, de 3 de decembro do 2001, pola que se aproban os programas de erradicación e vixilancia de enfermidades animais, así como de prevención de zoonoses, presentados para o ano 2002 polos Estados membros. L318, 4/12/01 Decisión da Comisión, de 3 de decembro do 2001, pola que se aproban os programas de vixilancia das EET presentados para o ano 2002 polos Estados membros e pola que se fixa o nivel da participación financeira da Comunidade. L318, 4/12/01 Regulamento (CE) no 2419/2001 da Comisión, de 11 de decembro do 2001, polo que se establecen disposicións de aplicación do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios introducido polo Regulamento (CEE) no 3508/92 do Consello. L327, 12/12/01

BOE

Orde de 15 de novembro do 2001 pola que se modifica a Orde de 21 de decembro do 1999 pola que se crea a Mesa de Coordinación de Identificación e Rexistro dos Animais da Especie Bovina e se regula unha base de datos informatizada. 23/11/01

Recortes

"É mellor nin falar da baixada, pero a xente está convencida de que vai ser así. Nós preparamos medidas para evita-la baixada da primavera. A de agora só responde ó intento das industrias de gañar máis cartos". Tomás Díaz, presidente da Interprofesional española do Sector Lácteo (INLAC).

"Nos supermercados rebrotou a guerra entre marcas e iso fai cae-lo prezo". Fontes da Consellería de Agricultura, Gandería e P. Agroalimentaria. "Os gandeiros son víctimas, non culpables" Juan José Badiola, presidente do consello xeral de veterinarios de España. "O Reass debe permanecer como réxime específico, aínda que debe mellorarse manifestamente porque se trata dun réxime obsoleto, caduco e trasnoitado", Eduardo Navarro, coordinador xeral de COAG.

"O axudar ós países en vías de desenvolvemento a atallar e erradicar eficazmente as enfermidades transfronteirizas dos animais redunda en beneficio da agricultura e o gando, tanto nos países ricos como nos pobres.......Os últimos anos foron testemuñas de gravísimas epidemias de febre aftosa provocadas pola propagación da enfermidade en países que ata entonces se libraran dela". Jacques Diouf, Director Xeral da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). "É incomprensible a pasividade e desidia do Ministerio no proceso de negociación aberto para a eliminación do certificado veterinario". Andoni García, responsable de Producción Gandeira de COAG.

NOVEMBRO 2001 / AFRIGA

27


p รก g i n a 2 8 ( c o n t r a p o r t a d a ) p u b l i c i d a d e

S E M E X


AFRIGA 42