Issuu on Google+

Botiquín veterinario

ANO VII • Nº 40

Subhasta millonaria

Xestión de residuos agrarios

Silo de millo

Preocupación polo saneamento


editorial

Moitos

productores

de leite –grandes ou pequenos- non, entenderían e, probablemente, non aceptarían políticas apáticas ou insensibles co seu modo de traballar e vivir. Un bo comezo sería que por parte da Administración

se

revitalizase a Mesa do Leite e se crease a Interprofesional Galega. Nestes últimos anos, sen entrar en consideracións de tipo político, botouse en falta diálogo a fondo

e

acordos

entre as partes.

Incerteza Cando estamos a escribir estas liñas aínda non coñecemos quen foi o gañador das eleccións; eleccións que probablemente foron as máis animadas destes últimos anos. Pero rematada a campaña electoral e cos resultados definitivos, do que temos que estar moi atentos é ás novas do novo goberno galego xa que se estarán a prepara-los orzamentos da Comunidade Autónoma e neles teremos a oportunidade ver inicialmente como se deseñará a nova política da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria –se é que segue con esta denominación- e, como non, da Consellería de Medio Ambiente; e que sectores van a primar e cales deixarán "a ralentí". A chea de cartos que se teñen gastado e comprometido pola Administración galega, tanto pola EEB coma por ser un período preelectoral, poden condicionar moito a política que se pretenda desenvolver; e se cadra tamén a problemática internacional poda infrinxir "danos colaterais" ás economías de todos, pois xa se están a producir centos de miles de despedimentos en multitude de empresas do "mundo desenvolvido". O que semella moi claro é que a vital importancia que aínda ten en Galicia o sector –ou subsector como din algúns- leiteiro, e a necesidade de mantelo sempre forte, tense que ver reflectido en partidas orzamentarias que incentiven o desenvolvemento e o mantemento das explotacións leiteiras e do entorno no que viven

e traballan os productores de leite. E todo isto sen prexuízo de que quen goberne, goberne con maioría absoluta ou non. Moitos productores de leite –grandes ou pequenos- non entenderían e, probablemente, non aceptarían políticas apáticas ou insensibles co seu modo de traballar e vivir. Un bo comezo sería que por parte da Administración se revitalizase a Mesa do Leite e se crease a Interprofesional Galega. Nestes últimos anos, sen entrar en consideracións de tipo político, botouse en falta diálogo a fondo e acordos entre as partes. Probablemente se algunha das actuacións que se levou a cabo por parte da Administración fora consultada/consensuada cos representantes dos productores (sindicatos, cooperativas, federacións de empresarios) de seguro que a súa aplicación levaría moitos parabéns. Tamén é importante e necesario ter unha actitude aberta ante as críticas benintencionadas –non políticas-, e rectificar se fose preciso, xa que "é de sabios". Desde tódalas partes sería recomendable deixar dun lado, se así fose, estratexias de políticas que en moitos casos impiden ver nitidamente a realidade e as necesidades da gandería de leite galega. A nova lexislatura que está a comezar no noso país esperamos que sexa claramente unha aposta polo futuro e a prosperidade de todo o sector leiteiro galego, que consiga desenvolver actuacións ambiciosas e decididas. De seguro que terán o apoio da maioría.

OUTUBRO 2001 / AFRIGA

3


sumario

7

TORRE DE BABEL

Subhasta millonaria

4

CONCURSOS

6

Rectificacións serias e inmediatas.

7

Top Bos, subhasta millonaria.

ACTUALIDADE

10

Os orzamentos e financiamentos do sector acaparan unha actualidade á espera dos primeiros movementos despois das eleccións.

Medioambiente

15

MEDIO AMBIENTE

15

As novas normativas en relación ó medio ambiente están a condicionar moitísimo a maneira de levar unha explotación.

CONTROL E CALIDADE DO LEITE

17

17

O conselleiro defende a calidade do leite galego.

Memoria Ligal

SANIDADE ANIMAL

18

O botiquín veterinario estase a converter nun punto de controversia entre a Administración e os profesionais veterinarios.

COTAS

20

O goberno central obrigará á Xunta a paga-la supertaxa da campaña 95/96.

18 Botiquín veterianrio

MERCADO

22

España é o penúltimo país da UE en canto ó prezo do leite.

ALIMENTACIÓN

23

O silo de millo segue a ser unhas das forraxes máis importantes para a alimentación das nosas vacas.

20

XENÉTICA

26

O pago da supertaxa

O caso Emerson pon de manifesto a importancia de comprobar o que mercamos.

LEXISLACIÓN E RECORTES

27

Edita: AFRIGA. Asociación Frisona Galega ■ Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Xoán Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Xoán Álvarez Losada. INTERVENTOR, Xosé R. Pazos Fondevila. VOCAIS, Manuel Berdomás Tejo e Xosé Rodríguez Berbetoros. ■ Consello de redacción: Xosé R. Anido, Celia Fernández, Gustavo Frog, Antonio María ■ Revisión lingüística: Fernando Pereira ■ Deseño e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. ■ Publicidade: Xosé Ramón Anido, Lugar de Cano - Trasmonte, 15689 Oroso (A Coruña) Telf. 981 680 575, Fax 981 688 335, afriga@afriga.es, revista@afriga.es ■ Depósito legal: C1.292/94. ■ AFRIGA non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinadas.

Silo de millo

23

AFRIGA / OUTUBRO 2001


6

torre de babel

Rectificacións Unha rectificación todo o mundo sabe que é modificar o dito con anterioridade despois de recoñecer que o que se dixo non era exacto nin correcto. Sen embargo, rectificar é algo que moitas veces facemos de xeito doado porque consolámonos pensando que "rectificar é de sabios" pero, deberíamos ter en conta, que os danos causados polas nosas verbas poidan non ser tan "doados" de mudar. Tódolos días practicamente temos coñecemento dunha nova dada por certa que resultou non axustarse totalmente ou nada á realidade. ¿Por qué se publicou?. Porque vivimos inmersos nunha carreira de velocidade, e aínda máis, nun "sprint". Hai dous minutos se detén a unha persoa e xa temos a noticia na rede na que se explica o motivo da detención. ¿Publicámola? Pode ser. ¿Cómo?. Aí esta a cuestión. Sabemos que está detido pero coidadiño, o feito de estar detido non quere dicir nin moito menos que esa persoa sexa culpable dos feitos que se lle imputan. ¿Cómo a publicamos?. O mellor sería indo ás fontes directamente e esperar señores, esperar a que se esclarezan os feitos. ¿Se esperamos deixará de ser noticia?. Ese é un feito indiscutible, xa que moitas das veces, esperar case sempre significa perde-la noticia, pero só porque dentro de nada xa non será actualidade. Sen embargo, esa noticia pode converterse en algo interesante para o lector se se lle explican os feitos e se analizan as posibles consecuencias coa perspectiva que o tempo nos da -o presente case nunca se pode analizar ou explicar, soamente contar. O tempo e a perspectiva son fundamentais para manter unha certa coherencia

AFRIGA / OUTUBRO 2001

pero por desgracia para os que temos que vivi-lo século XXI, non hai tempo para estas cousas. Tentemos polo menos manter un certo grado de responsabilidade co se publica.

-

Nós dende aquí propoñémonos non volver a caer neste erro que si cometíamos no número anterior cun gandeiro de Cádiz, polo que rectificamos publicamente a través da nosa revista e tamén lle pedimos desculpas.

-

Naquela noticia falabamos de que un gandeiro de Vejer de la Frontera fora detido pola Policía Nacional e cuestionabámo-la súa profesionalidade, nun intre como os que estamos a vivir de grande sensibilidade da opinión pública, ou sexa, do consumidor, con todos estes temas. Co noso artigo poida que prexudicáramos a este gandeiro, o que dende logo, e como levamos demostrado moitas veces nesta revista, seria contraposto á nosa liña editorial, que o que pretende en realidade é a de servir de fonte e ponte de comunicación, información e entendemento entre as persoas deste sector. Nós e moitos máis, dixemos que esta persoa fora detida baseándonos no comunicado da propia policía de Cádiz cando a realidade, como, poderedes comprobar, foi outra ben distinta: - O 24 de abril, nunha inspección rutineira sobre a calidade do leite nesa explotación gaditana, técnicos da administración fan toma de mostras do leite que envían ó Laboratorio Pecuario de Córdoba. - O 30 de maio procédese á inmobilización da explotación coa imposibilidade de comercia-lo leite por detectarse cloranfeni-

-

-

col na mostra que se analizou no Laboratorio. A consecuencia inmediata desta inmobilización foi ter que "tira-lo" leite durante 9 días. O día 4 de xuño notifícaselle a iniciación dun expediente sancionador, por parte da Consejería de Agricultura y Pesca da Junta de Andalucía; e o día 11 deste mes comunícaselle que ten 15 días para face-la análise contradictoria. O 20 de xullo as análises contradictorias saen favorables ó productor –ou sexa que non hai presencia de cloranfenicol-, e a administración remite a terceira mostra contradictoria ó Centro Nacional de Alimentación en Madrid. O día 14 de agosto preséntase na explotación a policía cunha orde xudicial para facerlle unhas preguntas, non detelo. Apesares de que as análises era favorables ó productor e de que a policía só lle fixo unhas preguntas, o día 17 dese mes saíu a nota de prensa da policía de Cádiz na que se daba a entender que fora detido. Finalmente, o 24 de setembro notifícaselle ó productor que os resultados á terceira análise son favorables ó gandeiro, e polo tanto procédese ó sobresemento do expediente sancionador e o arquivo de tódalas actuacións.

Como vedes, todos falamos de detención cando non houbo outra cousa que unha apertura dun expediente sancionador a un productor que, ademais, foi sobresido por resulta-las análises favorables a esta persoa. Esperamos que as nosas rectificacións e desculpas alivien un pouco os posibles prexuízos causados.


concursos

V Subhasta

Top-Bos Como xa anunciabamos o pasado día 13 de Outubro, celebrouse en Silleda unha animadísima subhasta "Top-Bos", na que de novo se puxo de manifesto a extraordinaria calidade dos animais a subhastar e a importantísima cotización a que chegaron "as estrelas". Nunhas gradas ateigadas de público as poxas acadaron límites inesperados para moitos dos que estaban alí con intención de mercar. Un exemplo claro do que estamos a dicir é o prezo acadado por Bos Lee Xoia, que chegou ata ó 1.800.000 pesetas. En canto o resto das transacións, velaí vai un resumo:

Nacemento Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos Bos

Brock Bruixa ET Brock Maduxa ET Windsor Prima Marty Cova Celsius Celtia ET Terry Aladina ET Celsius Boba ET Lee Xoia ET Manfred Silva ET Progress Grila Winchester Estela ET Mattie Salaia ET Wade Iria ET Aeroline Donas ET Patron Parga ET Grand Ladra ET Astre Agra ET

4/9/00 23/10/00 5/7/00 4/7/00 20/5/00 15/5/00 27/4/00 7/12/99 23/11/99 13/11/99 18/6/99 28/4/99 30/7/98 20/4/98 4/7/97 8/8/96 8/8/96

Prezo 400.000 390.000 400.000 460.000 530.000 650.000 410.000 1.800.000 520.000 720.000 500.000 440.000 530.000 640.000 450.000 820.000 1.020.000

Concurso de Pintura Este ano, e a falta de Concurso, Fefriga tivo a excelente idea de celebra-lo día da subhasa un concurso de pintura adicado ós rapaces, quen se encargaron de poñer a nota de cor que gustaríanos ver máis a miudo nestas ocasións. Estes foron os gañadores dos 1º e 2º postos de cada categoría: Junior 1º "De tolas nada" por Cesar Riesgo Franco 2º "A vida no campo" por Jessica Bello Ben Infantil 1º "Saber traballar" por David Moldes Pérez 2º “A vaquiña solitaria" por Tania Pacio Rivas Alevín 1º "A miña casa" por Alba Blanco Pardo 2º "Unha vaca moi gorda que daba moito leite" por Andrea Pardo Fdez.

OUTUBRO 2001 / AFRIGA

7


8

concursos

III Open Holstein Como xa adiantamos os pasados 29 e 30 de setembro celebrouse na Feira de Mostras de Asturias de Xixón o III Open Holstein-XXIV Concurso Rexional de Asturias da Raza Frisona. Esta terceira edición do Open supuxo outro encontro de importantes ganderías de todo o Estado e de gandeiros visitantes sobre todo da cornixa cantábrica. De novo puidemos ver, agás dos veciños asturia-

CADRO DE HONRA

La Coroza Lindy Pamela

Campionato de tenreiras Travesía Progress Lisa

Progress

La Travesía (Navarra)

Campionato de xovencas Argomota Rudolph Donatela

Rudolph

La Argomota (Asturias)

Aeroline

Inclán (Asturias)

Campionato de vaca xoven Falcon Aeroline Maela "animal con moito estilo, moi alto, moi longo, cun bo sistema mamario"

Farruquiño Perlita Lindy

nos, unha importante representación de gandeiros e técnicos galegos, cántabros, cataláns, etc. O III Open Holstein non só acadou un grande éxito de asistencia de ganderias e público, senón que ademais, demostrou de novo, a excelente calidade dos animais que se presentaron. A continuación tedes o cadro de honra do concurso e algún dos comentarios que fixo o propio xuíz, José Luís Pereda.

Campionato de vaca intermedia Farruquiño Perlita Lindy Lindy "animal moi homoxéneo, ben balanceado, moi boa liña dorso-lumbar; camiña moi ben na pista" Campionato de vaca adulta La Coroza Lindy Pamela

Lindy

Gran campiona III Open Holstein La Coroza Lindy Pamela Lindy "animal moi balanceado, cunha grupa extraordinaria, e un excelente sistema mamario"

Badiola (Asturias)

Porta (Asturias) Porta (Asturias)

Mellor ubre La Coroza Lindy Pamela Mellor rabaño La Flor Mellor criador Badiola

Subhasta das Estrelas A subhasta das estrelas celebrada o sábado, estivo animadísima e o prezo máximo acadouno Badiola Jolt Dunia, de Badiola, con 1.500.000, seguidas polas 1.360.000 pesetas que acadaron Travesía Progress Lisa (campiona de tenreiras, de La Travesía), e Bourio Priscilla Storm, de Bourio (Castropol-Asturias). Salienta-la participación na mesma de dous animais da Gandería Reija, de Castroverde (Lugo). AFRIGA / OUTUBRO 2001


Anuncio Belmont ASCOL (idem pรกg. 17 revista nยบ 39)


10

actualidade

O Goberno deixa de financia-los gastos de recollida de animais mortos Os orzamentos do Estado para o 2002 non inclúen financiamento para convenios especiais coas comunidades autónomas de cara á retirada de animais mortos nas explotacións, nin para a eliminación de residuos e a súa posterior transformación en fariñas. Neste senso, o ministro Arias Cañete foi moi claro, xa que logo, «este ano foi excepcional, pero o vindeiro terán que se-las comunidades autónomas e o sector os que afronten os gastos da EEB». O ministro deixou claro que o labor do seu ministerio limitarase á coordinación das operacións de intervención que determine a Unión Europea en función da evolución dos prezos e do mercado. Apuntou, iso si, que os orzamentos recollen a necesidade de mante-las

medidas de prevención para garanti-la sanidade vexetal e animal, polo que Agricultura incrementará os seus recursos nesta materia nun 13,5 % respecto ó ano anterior. Moito nos tememos que na vindeira lexislatura este será un tema moi polémico e unha vez feitos os orzamentos da Comunidade Autónoma xa nos poderemos dar unha idea de por onde van os tiros, pois a chea de cartos que se están a gastar en persoal (veterinarios contratados, certificadores, auxiliares de laboratorio, administrativos, conductores), infraestructura (centros de información, automóbiles, camións), dietas, etc, é difícil mantela sen que incida directamente no peto do gandeiro, xa que polo de agora xa incide indirectamente no peto de tódolos contribuíntes.

Os Orzamentos do Estado seguen incidindo en reestructura-los sectores lácteo e vacún

O deputado do BNG no Congreso Guillerme Vázquez denunciou que os Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano seguen incidindo na reestructuración do sector lácteo "e agora tamén incorpora ó sector vacún". Na súa intervención na Comisión de Agricultura do Congreso, Vázquez explicou que a política do goberno desde 1996 deu como resultado a desaparición en Galicia de 21.151 explotacións de leite, o que supón un 47 por cento do total das rexistraAFRIGA / OUTUBRO 2001

das no conxunto do Estado. Ademais perdéronse 42.300 empregos neste sector. "Discrepamos profundamente desta política consistente en dimensiona-las explotacións leiteiras sen aumenta-la cota dispoñible, porque leva a que sigan desaparecendo. O Goberno pretende dimensiona-las explotacións a costa da desaparición das máis pequenas, o que terá especial incidencia en Galicia dado o elevado número de explotacións", explicou Vázquez.

Optimismo a esgalla O Conselleiro de Agricultura, Juan Miguel Díz Guedes, en plena campaña electoral, especificou que no sector lácteo "é un ano excelente para Galicia. Os prezos son excepcionais e non houbo supertaxa". Tamén apuntou que no 2001 destináronse 7.600 millóns de pesetas en controla-la EEB, dos que o 30 por cento foi ofrecido polo Goberno central, ademais dos 1.300 millóns de pesetas para distribuír en primas compensatorias de vacas nodrizas. Tamén comentou que este ano se incorporaron ó sector 3.500 mozos que recibiron axudas por un importe de 13.000 millóns de pesetas. Diz Guedes acusou ós candidatos da oposición de manipular datos agropecuarios durante os seus mitines: "Beiras e Touriño dan datos sobre agricultura falsos e que non se corresponden coa realidade". "O Goberno galego apoia a tódalas explotacións gandeiras galegas e seguirá traballando nun sector con gran futuro", afirmou Diz Guedes, "para defende-la realidade, a verdade, e de xeito principal, apoiar ó sector agrogandeiro galego fronte a quen nesta campaña electoral está a desprestixiar e a alarmar, desprestixiando a un segmento da nosa sociedade que está vivindo nun escenario esperanzador e ilusiónante". "Ante tanta mensaxe de pesimismo, quero recordar que a agricultura constitúe en Galicia un sector básico da economía e sociedade", explicou Diz Guedes, quen engadiu que no caso da gandería "Galicia é pioneira e unha das zonas mellor dotadas e con maior control, do contexto nacional". Fronte "ós intereses partidistas" de quen queren dar a entender (aludindo a Beiras e Pérez Touriño) que se está abandonando a actividade e a producción, Diz Guedes afirmou que estas declaracións que presentan un "escenario catastrófico e demoledor da realidade agrícola e gandeira" só pretenden "desprestixia-lo labor da Xunta para arrincar uns votos".


Decretos que discriminan Lidia Senra, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), asegurou que a súa organización accedeu a dous borradores de proxectos de Real Decreto elaborados polo Ministerio de Agricultura que, de ser aprobados, "suporán o peche masivo de explotacións en Galicia". Explicou que un dos borradores se refire á ordenación das explotacións de gando vacún o cal fixa unha serie de requisitos administrativos de distancias a núcleos de poboación, ademais de hixiene dos animais, que son "completamente inadmisibles para os gandeiros galegos". Segundo os planos do MAPA ós que tivo acceso o SLG, as cortes das

explotacións terán que estar a un mínimo de entre 250 e 1.000 metros dos núcleos de poboación, dependendo do número de vacas. Existe tamén a pretensión de esixir licencia de actividade para autoriza-las novas naves –cousa que en moitos casos xa está a suceder-, polo que, alomenos e segundo o SLG, a Xunta debería dar xa de oficio a certificación de actividade a tódalas explotacións actuais. Neste senso no número anterior xa sinalabamos que este punto está no programa electoral do PP. A secretaria xeral do SLG asegurou que en Galicia "é absurdo" falar de distancias entre explotacións e núcleos de poboación sen que se acometa previamente

unha ordenación do territorio e engadiu que "son inaplicables, posto que na maioría dos casos non existe espacio físico para cumprilas". Engadiu que o borrador do RD obriga tamén a que cada explotación asigne un veterinario autorizado, o que supón un "custe inasumible para as pequenas e medianas explotacións, ademais dun novo avance cara a privatización dos servicios sanitarios a animais". Lidia Senra considera que se o Goberno saca adiante estes proxectos, será «un mazazo» moito maior có da supertaxa. Denunciou «unha especie de pacto de silencio» sobre estes textos, ós que o SLG tivo acceso de forma extraoficial, dado que nin as administracións nin sequera os sindicatos estatais falan deles. O outro decreto pretende establecer que cada explotación teña alomenos o 15% de xovencas. Aquí, segundo Lidia Senra, o MAPA converte en obriga o que a UE establece como posibilidade.

Presión para axilizar subvencións A xunta de persoal da delegación da Consellería de Agricultura en Lugo denunciou nas semanas anteriores ós comicios galegos a existencia de presións a funcionarios para que axilizaran a tramitación de subvencións, coa finalidade de que as cartas que confirmaran a concesión das axudas chegaran antes do 21 ós seus destinatarios. Segundo o presidente da xunta de persoal, Manuel Ferreiro -técnico moi coñecido polos gandeiros lucenses- as ordes dos superiores nas que instan ós funcionarios a incumpri-la normativa vixente sempre son verbais e nunca por escrito. Segundo este técnico da Consellería as presións afectan especialmente a funcionarios dos servicios de Extensión Agraria e do Ilga (Instituto Lácteo e Gandeiro). Ferreiro apuntou que un dos trámites fundamentais dos expedientes é o da visita ás explotacións, que pretenden que

non se realicen. «Sería o mesmo caso se a un médico lle piden que faga un diagnóstico por escrito sen ver ó paciente. Podíalle da-la risa». Ferreiro insistiu en que as axudas que están en trámite agora son as estipuladas no Real Decreto 613 (antigo 808, 1887 ou 204), do que lembrou que o volume de solicitudes é moi importante e que o prazo para presentalas foi moi limitado e nos meses de xullo e agosto. A consellería aínda que "está satisfeita polo traballo desenvolvido polos seus funcionarios rexeita exercer presión algunha para acelera-la tramitación de expedientes, nega as acusacións e fala de vontade de ralentiza-las tramitacións". Ademais "lamenta que a algún deles lles moleste a eficiencia e profesionalidade de moitos outros funcionarios que cumpren os prazos e resolven os expedientes coa máxima

celeridade posible e, que, en ningún caso reciben presión algunha para realizar este labor, senón que este resultado é consecuencia da súa propia dedicación e profesionalidade". Segundo a consellería mentres que na provincia da Coruña xa se tramitou a finais de setembro o 85 por cento das solicitudes de axudas, en Lugo o índice de tramitación foi do 27 por cento. Ante esta situación a Consellería de Agricultura "nega calquera tipo de presión cara ós seus funcionarios e, en todo caso, debe entenderse unha chamada de atención ante a patente e notable diferencia da capacidade resolutiva do resto das provincias con respecto á de Lugo, o que sen dúbida prexudica ós solicitantes destas axudas, algo que este Departamento non pode permitir nin en período electoral nin en calquera outro momento". OUTUBRO 2001 / AFRIGA

11


12

actualidade

Coastra

Queixeiros de Galicia Un total de 25 queixerías de toda Galicia que representan a tódolos tipos de queixo galego e a tódolos tramos de capacidade productiva constituíron nas pasadas semanas a sociedade Queixeiros de Galicia. Como presidente foi nomeado o representante de Larsa, Pablo Pascual. A asociación constituída espera novas incorporacións xa que pretende aglutinala maior parte do sector e estableceu un prazo de tres meses para aquelas empresas que queiran incorporarse ó proxecto. A asociación ten aínda pendente fixa-la súa sede social en Silleda

ou en Sergude. A constitución do comité executivo tivo en conta sete tramos no volume de producción, desde 260 toneladas ata máis de 2.500. De cada tramo foi elixido un representante, agás no de menor producción que leva dous -Lácteos de Ourense e Queixerías de Carballo. Ademais dos nomeados no tramo de menor producción foron elixidos para os seguintes e de menor a maior producción Queinaga de Curtis, Cooperativa Hoxe de Silleda, Celega de Escairón, Queixerías Prado de Monforte e Larsa.

Problemas co En Foz o presidente da asociación de productores de leite As Marismas de Foz, Alberto Edrosa, solicitou á consellería de Agricultura que convocara e mediara nunha reunión "urxente" entre as empresas e os sindicatos, para aclarar cómo se van fixar algúns conceptos coa chegada do euro. Segundo esta asociación é fundamental coñecer que baremo se vai a aplicar ás primas de calidade xa

AFRIGA / OUTUBRO 2001

que "se se está a pagar por graxa e proteína 0,40 e 0,70 céntimos, respectivamente, o problema é que se a nova moeda é de un céntimo de euro, temémonos que se decida sacar estes conceptos ó tratarse de cantidades moi pequenas, ó igual que o que se recibe por células somáticas ou por xermes". Alberto Edrosa estima que isto causaría un importante prexuízo e solicitou á Consellería a que actúe canto antes.

A cooperativa da Estrada, Coastra, iniciou os pasos para a reforma do seu regulamento interno co fin de readmitir a trece socios expulsados por vende-lo leite a empresas distintas á que que ten convenio coa cooperativa. A proposta de reforma incide na división da súa actividade en dúas seccións: compras, vendas e servicios e comercialización leiteira. Actualmente, tódolos socios -se son productores- están na obriga de vende-lo leite a través da cooperativa. Con esta modificación os socios poderán beneficiarse das compras, vendas e servicios sen necesidade de comercializa-lo leite a través da cooperativa; con isto permitiríase a readmisión dos socios sancionados coa expulsión. Por outra banda na última asemblea da cooperativa, os socios acordaron tamén vende-lo antigo almacén para obter liquidez e adaptarse á normativa que lles permitirá facerse expendedores de gasóleo e de productos veterinarios e fitosanitarios.

IV Cata de Queixos de Galicia

Co fin de fomenta-la producción e comercialización do noso queixo, o pasado 11 de outubro os queixos Don Crisanto, na Denominación de Orixe (D.O.) "San Simón da Costa", Tres Pazos, na D.O. "Queixo de Tetilla"; Terra de Melide, na D.O. de "ArzúaUlloa"; e Castelo, da D.O. "Queixo do Cebreiro", resultaron gañadores dos primeiros premios da IV Cata dos Queixos de Galicia. O xurado da IV Cata de Queixos de Galicia elixiu o 10 de outubro, entre 41 queixos que se presentaron a concurso, os 21 queixos que participaron na cata final. Destes 41 queixos, 19 foron da Denominación de Orixe de Tetilla, 13 de Arzúa-Ulloa, 6 de San Simón da Costa e 3 do Cebreiro.


Na defensa do regadío As comunidades de regantes da Terra Cha levan varios anos solicitando a axuda das Administracións para manter e renova-las infraestructuras dos regadíos que foron construídos hai aproximadamente corenta anos, na época do plano de colonización de Galicia. Por poñer un exemplo, só na zona de Moncelos e Veiga de Pumar necesítanse máis de 200 millóns de pesetas (1,2 millóns de euros) para as obras máis elementais e imprescindibles. Algunhas fontes estiman que o custe da modernización de todo o regadío da Chaira sitúase en máis de 3.000 millóns de pesetas (18 millóns de euros). En toda a Terra Cha as canalizacións son de fibrocemento e as roturas e rebentóns adoitan ser moi frecuentes, dado que o material xa ten pouca resistencia. Por termo medio, unha reparación na canalización enterrada (como é o caso das parroquias de Veiga de Pumar, Arneiro ou Moncelos, en Cospeito) custa, de principio, unhas 50.000 pesetas. Só na Veiga de Pumar hai ó redor de quince quilómetros de canalización enterrada, que é a que máis urxentemente necesita ser substituída.

niu cos alcaldes dos seis concellos que atravesa o canal de regadío do Val de Lemos, salientou "que hai diñeiro máis que suficiente, a cuestión está en saber se existe interese por facer plantacións rendibles". Estas declaracións fíxoas como ultimátum ós regantes do Val de Lemos, para que decidan se están dispostos a involucrarse nun proxecto integral para a mellora das quenllas, segundo dixo Díz Guedes. "A Xunta garante cartos suficientes para facer algo serio e importante, pero necesita un compromiso previo dos agricultores que esixe a constitución dunha ou máis comunidades de regantes". Os investimentos nesta zona -que garantiría o recente convenio co Goberno central para a modernización de regadíos- están supeditados á redacción dun proxecto

que indique o número de regantes e a superficie susceptible de beneficiarse dun plano de aproveitamento agrícola. "Se para o mes de marzo do 2002 non hai demanda, os recursos iranse para outras comarcas», afirmou o conselleiro. Ante estas declaracións do conselleiro, o parlamentario do Bloque Emilio López Milucho dixo que "vai ser mellor que os agricultores atendan a consellería e que Diz Guedes coide as vacas" xa que entende que as declaracións do conselleiro son "un deixamento de funcións e ante isto o BNG asumiu a responsabilidade de poñer en marcha a comunidade de regantes do canal do Val de Lemos". Desde o BNG non se admite que os agricultores sexan os culpables do abandono do regadío e si as taxas que cobra a Confederación Hidrográfica.

Val do Lemos Sen embargo semella que hai cartos na administración, xa que o conselleiro de Agricultura, Díz Guedes, durante unha visita a Monforte de Lemos onde se reuOUTUBRO 2001 / AFRIGA

13


14

actualidade

Axudas cántabras Reciclaxe Os concellos de Chantada, Sarria e Taboada foron escollidos polas consellerías de Medio Ambiente e Agricultura para pór en marcha un plano piloto de recollida de residuos que xeran as explotacións agrarias, que servirá de base para aplicación dun plano global para a recollida e o tratamento de residuos gandeiros e agrícolas en toda Galicia. Nas sedes da cooperativa Icos en Chantada e Taboada e da cooperativa Xián en Taboada xa se atopan

bidóns especiais nos que se depositan por separado cinco tipos distintos de residuos que se recollen dentro desta campaña. Tamén os titulares de explotacións gandeiras destes recibirán os bidóns necesarios para que comecen a separar estes refugallos. Tamén persoal destes concellos encargarase de percorre-las parroquias informando do asentamento dos puntos de recollida e do criterio a seguir para depositar cada material no recipiente axeitado.

Reciclaxe das fariñas cárnicas Dende a prohibición do uso das fariñas cárnicas, comezouse a pensar que se podería facer con toda esta chea de toneladas de fariñas, agora inútiles; entre as diversas utilizacións alternativas unha empresa alemana, Saria BioIndustries, semella ter atopado unha solución rendible: obter biodiesel a partires destas fariñas. Actualmente esta empresa produce 500 toneladas diarias de fariñas animais, das que dous tercios destínanse ó seu uso como combustible e un tercio ás fábricas de cemento. Así mesmo, Saria produce 230 toneladas de graxa das que un 25% vai a combustible para as fábricas de cemento, outro 25% como combustible para uso propio e a metade restante para uso químico. Segundo a propia empresa, un dos principais problemas no manexo

AFRIGA / OUTUBRO 2001

das fariñas é que hai que realizar unha estricta separación entre os materiais de risco dos outros que non o son. Desta forma, as graxa e fariñas obtidas de materia prima de risco teñen que ser destruídas separadamente, proceso que desde 1996 se leva realizado nunhas instalacións de Francia. Por estes motivos, a empresa Saria tomou a decisión de producir biodiesel. A calidade do combustible resulta ser boa e dende o punto de vista do medio ambiente está a dar moi bos resultados xa que se reducen as emisións nun 50%. Segundo esta empresa, o futuro deste tipo de biodiesel dependerá de que se manteña a prohibición do uso das fariñas animais na alimentación, así como de que o biodiesel sega a estar exento dos impostos que gravan ó petróleo.

O pasado 7 de setembro do 2001 o Goberno de Cantabria estableceu unhas axudas excepcionais para os gandeiros afectados pola crise de mercado derivada da encefalopatía esponxiforme bovina e da febre aftosa, financiadas pola propia Comunidade Autónoma. Na exposición de motivos da orde dise que: "a última crise da EEB afectou de xeito especial á economía das explotacións gandeiras de Cantabria. A cadea de acontecementos que se iniciou coa aparición dos primeiros casos de «vacas tolas» en España provocou unha reacción de pánico nos consumidores, con caídas do consumo que acadaron niveis do 60%. Esta crise debe ser considerada excepcional. Supera amplamente as fluctuacións normais dos mercados agrarios. Foi provocada por factores que non son imputables ós gandeiros, que resultaban imposibles de prever polos mesmos, e que desbordan as súas capacidades financeiras e de xestión." Serán un total de 1.000 millóns de pesetas a repartir, e o importe máximo das axudas por vaca será de 14.000 para as vacas de aptitude cárnica, e de 8.0000 para as de muxido. O importe total da axuda por explotación non poderá supera-las 500.000 pesetas. No caso das Cooperativas ou Sociedades Agrarias de Transformación, o límite mencionado poderá multiplicarse polo número de socios que cumpran os requisitos establecidos na orde. Sen embargo en ámbitos gandeiros fálase de que as condicións impostas para o reparto son "complicadas" e que poderían sobrar cartos dada a complexidade das xustificacións que se piden para cobrar.


medio ambiente

Plan de xestión de residuos agrarios de Galicia AGER Ante a recente publicación da Resolución do 6 de xullo de 2001, relativa ó Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia, realizaremos un percorrido polo seu contido, facendo maior fincapé naquelas medidas que xa se están a aplicar no momento actual. O Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia (PXRAG) preséntase como unha síntese das diversas normativas (europeas, estatais e autonómicas) relativas á protección do medio ambiente e á regulación da eliminación ou reutilización dos residuos xerados nas explotacións agrarias. Non estamos, pois, ante un novo marco normativo, senón ante unha norma que recolle as pautas marcadas polas normativas xa existentes sobre prácticas agrarias que inciden no medio ambiente. Co PXRAG preténdese facer unha análise do impacto ambiental xerado pola actividade agraria en Galicia. O obxectivo é obter unha primeira aproximación aos niveis de contaminación, nos que estamos permitindo así deseñar un plan de xestión axeitado á situación real. A filosofía principal do PXRAG é a reducción do volume e a reutilización dos residuos que se xeran nas nosas explotacións. Para iso, identificáronse todos aqueles

residuos resultantes da actividade agraria -zurros, estercos, plásticos de silos e de invernadoiros, envases fito e zoosanitarios, cadáveres de animais, residuos sanitarios e residuos perigosos orixinados na maquinaria-, procedendo a unha análise das prácticas utilizadas actualmente e presentando toda unha serie de medidas para reducir o volume de residuos xerado, así como do fomento de prácticas adecuadas para reutilizalos de xeito respectuoso co medio ambiente. Como cada un dos residuos identificados no PXRAG ten unha problemática propia, imos analizalo separadamente.

Xurros e estercos Trátase de residuos orgánicos procedentes das dexeccións dos animais mesturadas, na maior parte dos casos, con restos do alimento e dos materiais utilizados para leito do gando. Este tipo de residuos foron sempre moi valorados como fertilizantes, e resultan imprescindibles para estercar os terreos que serven de base territorial das explotacións. As limitacións normativas no caso dos fertilizantes orgánicos oriéntanse a restrinxir a achega de nitróxeno aplicable ao solo, marcando 170 kg/ha/ano como límite máximo de nitróxeno.

Os zurros presentan unha composición química onde o nitróxeno supón como media 3,1 kg/m3, aínda que existe gran variabilidade na composición debido ás diferencias na alimentación do gando e ao manexo deste. Esta importante restricción implica que as explotacións terán que dispor de superficie de terreo suficiente para absorber os zurros que xeran; como media, podemos falar de 0,3 ha/vaca. A finalidade destas pautas é solucionar os efectos ambientais negativos que os zurros producen no medio ambiente, e que se deben principalmente ao lavado e arrastre de nitróxeno e fósforo cara aos cursos de auga, o que provoca procesos de eutrofización (falta de osíxeno na auga), coa conseguinte deterioración na calidade das augas. Outro problema que xeran estes residuos son contaminacións biolóxicas por patóxenos (salmonela, brucela, E. Coli, etc.) capaces de se manteren nas condicións que se dan na superficie do solo. Os zurros, debido ao seu contido de amoníaco, xeran outro impacto negativo, aínda que puntual e localizado no momento da súa manipulación e aplicación: os malos olores. Para todos estes problemas, no PXRAG descríbense prácticas e OUTUBRO 2001 / AFRIGA

15


16

medio ambiente

métodos destinados a reducir o volume xerado e a unha aplicación e almacenamento axeitados dos zurros. Considéranse tamén outras alternativas á aplicación directa dos zurros nos terreos de cultivo, como pode ser a compostaxe, a valorización enerxética ou a depuración dos efluentes, aínda que estas posibilidades veñen deseñadas para explotacións de grandes dimensións ou agrupacións de explotacións, sempre ligadas a grandes volumes de zurro. Na práctica, a maior repercusión do PXRAG nas explotacións será sobre a adecuación das fosas de zurro, e mesmo sobre as normas á hora de aplicar estes zurros. As novas explotacións, ou aquelas que desexen ampliar ou modificar as súas instalacións, deben ter en conta as normativas vixentes. Queremos dicir que as fosas que se constrúan deben ter que dimensionarse de maneira que teñan capacidade suficiente para almacenar o zurro que a explotación xere durante 90 días, e incluso durante aqueles períodos nos que, polas condicións climáticas, sexa desaconsellable a súa aplicación. Na liña de diminuír os efectos contaminantes dos zurros, as fosas deberán ser impermeables e estar divididas en dúas partes de igual tamaño; así mesmo, deberán estar cubertas para impedir a entrada de auga da chuvia, co que se consegue reducir o volume final de residuo e o risco de desbordamento das fosas. Para as explotacións xa existentes, o PXRAG ten en conta a súa adecuación progresiva ás características que vimos de sinalar. Tamén as formas e as pautas de aplicación se ven afectadas por este plan, establecéndose que o zurro deberá permanecer en repouso un mínimo de 3 meses, co que se consegue unha reducción importante do poder contaminante desta substancia. Unha vez transcorrido este período, a aplicación non se realizará AFRIGA / OUTUBRO 2001

sobre solos encharcados ou en períodos de chuvias intensas, ademais deixarase unha zona sen fertilizar á beira dos cursos de auga de entre 2 e 10 metros, e no caso de fontes ou pozos, non se aplicarán zurros nun radio de 35 a 50 metros, observando estes intervalos en función da permeabilidade do terreo. Para o resto dos residuos que se consideran no plan, resulta imposible a reciclaxe na propia explotación. Dado que son residuos catalogados como perigosos, a forma de eliminación consistirá en depositalos en zonas e en contedores habilitados para tal fin pola propia Consellería de Medio Ambiente. Deste xeito, e no referente a estes residuos, as explotacións só se verán afectas na medida en que se vexan obrigadas a modificaren as prácticas tradicionalmente utilizadas para a súa eliminación, como viñan sendo a queima ou o abandono sen control, coa conseguinte e progresiva deterioración ambiental. Máis concretamente, referímonos a envases que contiveron substancias catalogadas como nocivas e tóxicas, das que sempre quedan restos nos envases, polo que un abandono sen control provoca que estas substancias poidan entrar en contacto con cursos de auga, facendo que esta non sexa apta para o consumo, e mesmo provocando a morte de animais que puideran inxerilas. Dende o PXRAG recoméndanse prácticas destinadas a reducir o volume destes residuos, concretamente primando a utilización de productos selectivos nas doses recomendadas e só cando sexa estrictamente necesario. No caso dos plásticos de silos e invernadoiros, proponse a súa reutilización ata que queden inservibles. Un punto que se debe destacar no PXRAG é a implantación dun sistema de control sobre as explotacións dun certo tamaño

(para gando vacún, 38 vacas ou 85 xatos), control que se materializará en plans de xestión e valorización de cada explotación, e no que se reflectirán os seus propios datos xerais, o tipo de gando e o seu número, o sistema de producción, a forma de almacenaxe do zurro, estimacións sobre o volume e as características do zurro xerado, así como as características dos solos onde se aplicará, do momento e da forma de aplicación e da cantidade de zurro aplicado en cada parcela. A modo de conclusión, estamos ante un plan interesante, no que se identifican con total claridade os residuos que se xeran, a súa capacidade contaminante e incluso as prácticas máis axeitadas para eliminalos, reutilizalos, e almacenalos. Os beneficios que del se poden extraer serán para toda a sociedade galega, mais de xeito especial para o sector agrario, como sector especialmente interesado en evitar a deterioración ambiental, dado que tanto a agricultura como a gandería precisan dun medio ambiente de calidade para poder desenvolver a súa actividade. Feita esta valoración positiva do PXRAG, tamén temos que apuntar o feito de que un dos seus elementos esenciais está aínda por concretar: a forma en que a Administración forzará as explotacións a se adaptaren ás directrices consideradas. A transcendencia deste plan é tanta que debemos seguir de preto a súa implementación. Entendemos que non deberá ter un carácter exclusivamente sancionador ou punitivo, senón que, na medida en que a mellora ambiental é unha aspiración compartida por toda a sociedade, os agricultores non deben ser os únicos axentes que asuman os custos deste proceso; parece lóxico que a Administración se implique e facilite os grandes cambios que, sen dúbida, o PXRAG producirá.


control e calidade do leite ■

O Conselleiro salienta a calidade do leite de Galicia O conselleiro de Agricultura, Juan Miguel Díz Guedes, salientou que "o leite producido en Galicia é un dos de maior calidade no conxunto do Estado e é perfectamente apto para o consumo humano". O departamento que dirixe Díz Guedes publicou un comunicado coas súas declaracións ante as noticias de que o 47% das explotacións incumpren os requisitos mínimos de calidade do leite. O conselleiro sinalou que as explotacións c u m p r e n "maioritariamente" cos "parámetros esta-

blecidos pola Unión Europea sobre os índices de calidade", que, segundo el mesmo destacou "son máis rigorosos que, por exemplo, os que marcan o criterio de calidade nos Estados Unidos e non implican ningún risco para a saúde, xa que os tratamentos térmicos ós que se somete o leite nas industrias previamente á súa distribución para o consumo garanten a súa perfecta salubridade". Diz Guedes engadiu que "os resultados destes controis son variables, xa que nunha explotación que puido obter un resultado apto

de índice de calidade nun mes, o mes seguinte pode non obte-lo por causas puntuais".

A calidade do leite en Galicia A continuación mostrámo-los datos reflictidos na memoria do ano 2000 do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para que tirémo-las nosas propias conclusións neste importante asunto como é o da calidade do leite.

Clasificación do leite (% de explotacións) Xermes Anos

A

2000 1999 1998 1997 1996

72,4 73,5 73,5 73,9 59,6

Clases

Células somáticas

B

C

A

B

C

16,0 15,0 14,7 14,0 19,4

11,6 11,5 11,8 12,1 21,0

70,7 70,6 65,4 55,2 49,8

16,3 16,1 18,3 19,2 19,4

12,9 13,3 16,3 25,6 30,9

A

B

C

Xermes x1000/ml

<=100

100-400

>400

Cel. Som. x1000/ml

<=400

400-600

>600

Nº de mostras e determinacións por gandeiro e mes (dun total aproximado de 23.400 explotacións no ano 2000)

Resumo de calidades (Medias xerais do laboratorio) media aritmética

Nº de mostras

media xeométrica

anos

%G

%P

%LAC

%ESM

Pto. Conx.

Xermes

Células som.

2000 1999 1998 1997 1996

3,80 3,77 3,73 3,74 3,75

3,16 3,18 3,13 3,12 3,15

4,62 4,63 4,66 4,64 4,66

8,51 8,54 8,52 8,48 8,53

518 520 520 -------

55 51 51 67 84

281 288 317 367 375

1999 3,98

2000 4,13

Nº de determinacións Composición Bacterioloxía Resíduos RCS P. crioscópico Urea

3,89 3,26 3,33 3,89 0,97 0,03

4,08 3,97 4,01 4,08 2,12 0,96

OUTUBRO 2001 / AFRIGA

17


18

sanidade animal

Botiquín veterinario O botiquín veterinario semella que está a converterse noutro punto de controversia entre a administración e os profesionais veterinarios. O motivo non é outro que a intervención por parte da primeira de facer un listado do que os veterinarios poden ou non poden levar no seu botiquín cando van realiza-las consultas ós gandeiros. A continuación publicamos un artigo que pretende clarificar e explica-la postura dun grande colectivo de profesionais. JORGE DÍAZ O botiquín veterinario, formado polo conxunto das existencias de medicamentos coas que conta o facultativo para a práctica clínica, é a ferramenta básica de traballo que permite atender en calquera momento as necesidades dos seus pacientes. No momento actual, a Veterinaria acadou un grao de evolución que presenta unha esixencia de medios de diagnose, profilaxe e tratamento moi superior á de hai soamente uns anos. Un veterinario, hoxe en día, desemprega labores moi especializados, tanto médicos como cirúrxicos.

Neste senso, só o facultativo veterinario pode saber con que debe contar no seu botiquín, e a súa composición en ningún caso debería estar limitada por axentes alleos á práctica clínica. É o clínico veterinario o que decide en cada momento o tratamento que debe aplicar, a urxencia do mesmo e os medios dos que ten que dispor para iso. Non poden darse casos nos que o profesional non poida facer fronte a unha determinada patoloxía simplemente porque nun listado non vaia incluído o fármaco necesario para ela. Ademáis, tampouco pode ver limitáda-las súas posibilidades na prevención das enfermidades, tal é o caso da aplicación de biolóxicos e vacinas, que teñen que ser de uso e aplicación exclusivas do veterinario. No que se refire a todos aqueles aspectos relacionados coa Saúde Pública, o veterinario é a figura máis axeitada para garanti-la boa práctica en todo o relacionado co medicamento e a sanidade animal. Nesta orde de cousas, foi a propia opinión pública a que, nas recentes crises alimentarias, reclamou o control veterinario en tódolos pasos dos procesos productivos.

As “vacas tolas” levan custado 150.000 millóns A crise das vacas tolas leva custado 150.000 millóns de pesetas ás arcas das Administracións central e autonómicas cando está a punto de cumprirse xa un ano dende que se detectou o primeiro caso de encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) en España. Esta foi a cifra que o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Miguel Arias Cañete, deu nunha conferencia de prensa. Para Arias Cañete a evolución da enfermidade non foi tan importante como prognosticaron algúns, xa que só apareceron 64 casos positivos logo de facer ó redor de 240.000 análises, e sacrificarse 70.000 vacas AFRIGA / OUTUBRO 2001

maiores de 30 meses. Sen embargo, recoñeceu que cada caso é salientable porque existe o risco de que pase á cadea alimenticia, polo que nunca hai que levanta-la garda. O ministro fixo un balance positivo da xestión da crise. “Tomando como referencia o principio de precaución e seguindo as indicacións dos expertos da UE na materia, en España adoptáronse tódalas medidas que debían tomarse. España xestionou unha crise sen precedentes de sanidade animal con estándares tan altos coma o Estado máis avanzado da Unión Europea “, sinalou Arias Cañete.

ASAJA pide

a supresión do certificado veterinario

A Asociación Agraria Jóvenes Agricultores (ASAJA), a nivel estatal, pediu a través dun comunicado, que se supriman os certificados veterinarios en orixe. ASAJA asegurou que o certificado veterinario "levantou grande polémica cando se aprobou pola súa falta de rigor" e que "co tempo quedou demostrada a súa total ineficacia", á vez que lembrou que non se esixe na normativa comunitaria. O comunicado indica que ASAJA se dirixiu ó responsable do Comité Interministerial de Coordinación contra a encefalopatía esponxiforme transmisible (EET), Juan José Lucas, para solicitarlle que a nova norma que regule a epizootia non esixa un certificado ós bovinos, ovinos e caprinos con destino a matadoiro. Explica que nestes intres se encontra en fase de borrador un Real Decreto que substituirá ó de 2000 no que se establece e regula o programa integral coordinado de vixilancia e control das EET dos animais, que incluirá determinados aspectos e normas de aplicación en España do Regulamento comunitario. Na nosa Comunidade Autónoma non temos noticias de que os Xóvenes Agricultores fixeran ningún tipo de declaración neste aspecto, sen embargo sería moi positivo que tomaran en Galicia a mesma iniciativa que no resto de España e intercederan ante a Consellería para que eliminaran este absurdo requisito. Sabemos que son ben recibidos en San Caetano.


O conflicto entorno ó saneamento Como xa levamos informando, co ritmo ó que se está a facer o saneamento semella que non vai ser posible rematar con el saneamento a final de ano. Nestes momentos fálase de que só se fixo nun 50% das explotacións, polo que de seguir así, será imposible que a cabana galega estea saneada e as explotacións carecerán das cualificacións sanitarias necesarias para demostrar que están libres de enfermidades como a brucelose ou a tuberculose. A Xunta polo de agora, non deu a coñece-lo número de explotacións saneadas nin se pronunciou sobre o impacto que terá a crise que vive o sector por mor da paralización da actividade dos veterinarios de saneamento. Este serio atraso pode desembocar nunha grave situación para as explotacións galegas xa que, de non acredita-la cualificación sanitaria, non poderán comerciar co exterior con gando para vida. A crise semella ser que non afecta ó gando para matadoiro e, segundo o celo co que actúe a Consellería de Agricultura, tampouco ó comercio interior de animais para vida, aínda que tanto o Estado como a Unión Europea poderían obrigar á Xunta a paralizar tamén o comercio dentro do noso país para aquelas explotacións sen as acreditacións sanitarias pertinentes. Como xa diciamos en anteriores números, a Consellería vén de amplia-lo prazo da validez das follas de saneamento do pasado ano ata o final deste, pero non sabemos se primeiramente o saneamento estará rematado nesas datas –pouco probable- e se estas follas de saneamento do pasado ano valerán para os animais que se trasladen a outras comunidades autónomas. Tamén se

comenta que de non rematarse o saneamento ou de non facerse unha porcentaxe importante a tempo, a comunidade autónoma podería perde-la importante subvención que outorga a UE para estes traballos. Este conflicto de carácter laboral entre o colectivo de veterinarios non oficiais e a Xunta vén de lonxe, pero estoupou este ano logo de que este colectivo, duns 160 veterinarios aproximadamente, levase doce anos prestando servicios de saneamento gandeiro con contrato administrativo de servicios. A relación do colectivo coa Xunta de Galicia viña regulada por un contrato de prestación de servicios que realizaban uns profesionais como profesionais autónomos, o que impedía que se recoñecesen os servicios prestados á Administración, pero que sen embargo, emitían todo tipo de certificacións e inspeccións oficiais. Os veterinarios afectados solicitaron da Consellería que modificase algúns aspectos para acabar coa súa inseguridade laboral pero estas peticións, para ser considerados persoal laboral, foron desestimadas e non teñen visos de mudar polo de agora. Este conflicto é a causa do notable atraso, polo de agora sen data de solución. Ó día de hoxe, a Administración négase a recoñecer unha orde da Inspección de Traballo para inscribir ós veterinarios como persoal laboral, e os veterinarios presentaron o correspondente recurso. Mentres, nós só podemos esperar que isto se resolva o antes posible e confiar que este conflicto laboral non acabe afectándonos a nós, aínda que entendemos que estes profesionais se vexan na obriga de reivindica-los seus dereitos.

Tres días de folga Preto de 300 veterinarios das consellerías de Sanidade e Pesca foron á folga os días 17, 18 e 19 de setembro, para reclamar da Xunta unha maior coordinación, profesionalidade e independencia nos seus servicios. A través da folga a Plataforma de Veterinarios Oficiais de Galicia reclamou da administración galega a elaboración dun regulamento de inspección propio, do que carecen na actualidade, así como “transparencia” na tramitación de expedientes de inspección en base a criterios “exclusivamente sanitarios”. A Plataforma de Veterinarios vén denunciando a “inseguridade alimentaria á que se ve sometido o consumidor galego”, que se incrementa “notablemente pola imposibilidade dos servicios veterinarios de actuar cos recursos necesarios, con criterios profesionais e coa independencia precisa”. Tamén denuncian que a Xunta silencia os resultados positivos de EEB, xa que desde o mes de febreiro tan só a Xunta recoñeceu sete casos positivos e sen embargo teñen a constancia de que 94 vacas sospeitosas, as mostras das cales sairon dos 18 matadoiros autorizados cara ó laboratorio de sanidade animal de Lugo, nunca volveron alí, como tampouco foron enviadas ó centro de referencia de Zaragoza, segundo confirmou o seu director, Juan José Badiola.

OUTUBRO 2001 / AFRIGA

19


20

cotas

O Goberno obriga á Xunta ó pago da supertaxa O Goberno central obrigará por primeira vez á Xunta a paga-la supertaxa da campaña 95/96, polo que o Executivo galego terá que desembolsar 166 millóns de pesetas á Administración central e asumir así a débeda da empresa Lácteas Río Tormes, os gandeiros da cal superaron nesa campaña a cota asignada, e da que se fixo responsable o Goberno galego. Pese a que o Partido Popular anunciara no seu día que non ía haber supertaxa, finalmente impúxoselle a Galicia unha multa de 2.500 millóns de pesetas por exceso de producción.

As industrias lácteas, xunto coa Consellería de Agricultura, reaccionaron ante a imposición da multa e acordaron recorre-la sanción ante o Tribunal EconómicoAdministrativo Central. O recurso, presentado de forma colectiva polo sector, alegaba irregularidades na notificación da multa para evitar pagala. E así as cousas a Xunta decidiu entón actuar como aval subsidiario das industrias lácteas de xeito que a Administración galega comprometíase a facerse cargo da multa daquelas empresas que non fosen capaces de pagala no caso de que o

recurso presentado ante o Tribunal Económico-Administrativo non lles fose favorable. Cinco anos despois, unha das industrias avaladas, Lácteas Río Tormes, quebra sen ter pagado a multa e co recurso do Tribunal Económico na súa contra. O Goberno central responsabiliza agora á Xunta do pago dos 166 millóns de pesetas adebedados pola empresa. O Instituto Galego de Promoción Económica, a través do cal se realizou o aval, estudia agora a posibilidade de recorre-la decisión estatal de cobrárlle-la supertaxa.

Diminúen as entregas de leite na UE As entregas de leite á industria na campaña 2000/20001, trala corrección da materia graxa, cifráronse en 117.109.374 tn. Esta cifra supón unha diminución no volume de entregas de 105.272 tn, en relación coa campaña 1999/2000, o que representa unha diminución dun 0,1%. Sen embargo, nos 15 Estados Membros a evolución non foi homoxénea. Sete países diminuíron as súas entregas: Bélxica, Francia, Luxemburgo, Portugal, Suecia e o Reino Unido, sendo só unha reducción importante a do Reino Unido, que baixou as súas entregas en 378.000 tn, debido ós problemas sanitarios pola febre aftosa.

Polo contrario, a evolución da producción en relación coa cota si experimentou drásticas diferencias. Na campaña 1999/2000, a cota dispoñible ascendeu a 116,2 millóns de toneladas e, sen embargo, a producción superou este límite en 1,1 millóns de toneladas. Sen embargo, na campaña 2000/01, a cota dispoñible aumentou a 117 millóns de toneladas, debido fundamentalmente ós incrementos de cota que recibiron Italia, España, Irlanda, Grecia e Irlanda do Norte na Axenda 2000. En consecuencia, dado o aumentou na cota e o lixeiro descenso na producción, o exceso da cota baixou a 40.000 tn.

EVOLUCIÓN DAS ENTREGAS DE LEITE Á INDUSTRIA NA UE 2000/01 1999/00 Var % Bélxica Dinamarca Alemaña Grecia España Francia Irlanda Italia Luxemburgo Holanda Austria Portugal Finlandia Suecia Reino Unido UE-15

3.219.470 4.471.770 28.010.810 690.233 5.650.147 23.707.725 5.318.354 10.493.545 269.165 10.909.091 2.718.408 1.871.259 2.423.034 3.288.368 14.067.995 117.109.374

AFRIGA / OUTUBRO 2001

3.224.915 4.470.326 27.938.588 668.860 5.594.433 23.763.651 5.256.827 10.282.742 271.275 11.046.512 2.621.423 1.920.752 2.411.209 3.296.895 14.446.238 117.214.646

-5.445 1.444 72.222 21.373 55.714 -55.926 61.527 210.803 -2.110 -137.421 96.985 -49.493 11.825 -8.527 -378.243 -105.272

-0,17 0,03 0,26 3,20 1,00 -0,24 1,17 2,05 -0,78 -1,24 3,70 -2,58 0,49 -0,26 -2,62 -0,09

Oito países da UE superaron a súa cota na campaña 2000/01 A recadación pola supertaxa na campaña 2000/01 ascendeu a 289 millóns de euros (uns 48.000 millóns de pesetas), de acordo cos datos provisionais da Comisión Europea. Oito Estados Membros (Italia, Austria, Finlandia, Alemaña, Dinamarca, Luxemburgo e Grecia) foron os que superaron a súa cota, nun total de 818.490 tn. (un 0,7% da cota da UE). O 90% do exceso produciuse en tres Estados: Italia cunha superación de 398.000 tn, Alemaña con 250.000 tn e Finlandia con 101.000 tn. Italia vén de supera-la súa cota nunha importante cantidade (o 3,9% da súa cota), a pesares de que na campaña 2000/01 asignóuselle un incremento de cota de 600.000 tn. Como xa comentamos en números anteriores, España mantívose por baixo da súa cota en 207.884 tn, aínda que nesta campaña as entregas á industria, trala corrección de materia graxa, foi de 55.000 tn. máis que na campaña 1999/2000. O motivo deste resultado no balance é que ó igual que Italia, España conseguiu un incremento de cota.


UE

Un 10% de productores de leite menos na O número de ceses na producción de leite non deixa de medrar, tal e como levamos informando dende esta revista nos pasados números. Nesta ocasión facémonos eco das cifras totais da UE, as que, lonxe de ser mellores, reafirman a clara tendencia á reducción progresiva e sen freo no número de explotacións que abandonan esta actividade. Nas últimas catro campañas, algo máis de 200.000 productores desapareceron, dos que unha boa parte foron galegos. O número total de gandeiros de leite da UE na campaña 2000/01 ascendeu ós 642.000, o que supón unha reducción dun 9,3% en relación cos existentes na campaña 99/00. Isto tradúcese en que, dunha campaña a outra, case que 66.000 gandeiros decidiron abandona-lo sector lácteo, ben por cesar na actividade agraria ou para dedicarse a outra rama da producción. A tendencia de reducción mantívose en tódolos países da UE, aínda que con distinto grao de incidencia segundo os casos. Portugal foi o país no que a perda de gandeiros foi considerablemente maior- dunha campaña a outra desapareceron un tercio dos productores. España foi o segundo país coa reducción porcentual máis importante, un 13%. Na campaña 00/01 contabilizáronse 55.963 gandeiros españois, o que supón unha reducción de algo máis de 8.000 productores en relación co período anterior. En valores absolutos, a reducción maior produciuse en Alemaña, onde desapareceron 17.000 explotacións. Este país, con 129.000 productores, xunto con Francia, con 126.000, aglutinan o 40% dos gandeiros de leite da UE.

Nº productores de leite

Bélxica Dinamarca Alemaña Grecia España Francia Irlanda Italia Luxemburgo Holanda Austria Portugal Finlandia Suecia Reino Unido UE-15

Variación

00/01

99/00

%

17.421 9.735 129.144 12.393 55.963 126.510 29.071 71.093 1.165 33.239 62.915 23.895 23.358 12.471 33.553 641.926

17.897 10.568 146.350 13.873 64.299 132.216 31.650 76.421 1.230 35.383 66.525 35.796 26.064 14.236 35.204 707.712

-476 -833 -17.206 -1.480 -8.336 -5.706 -2.579 -5.328 -65 -2.144 -3.610 -11.901 -2.706 -1.765 -1.651 -65.786

-2,7 -7,9 -11,8 -10,7 -13,0 -4,3 -8,1 -7,0 -5,3 -6,1 -5,4 -33,2 -10,4 -12,4 -4,7 -9,3

O tribunal de contas considera que as cotas encarecen o leite Os consumidores comunitarios pagan polos productos lácteos “o dobre dos prezos normais do mercado mundial” debido ó actual sistema de cotas e ás medidas de apoio a este sector, segundo un informe do Tribunal de Contas da UE. O Tribunal de Contas sostén que o actual réxime de cotas ten como obxectivo controla-la producción mediante “cantidades de referencia” (cotas individuais) para os productores de leite e, en caso de

superación por un productor individual, este paga unha taxa “disuasoria” calculada segundo o excedente. Os excesos de producción deben ser comercializados mediante restitucións (axudas á exportación) e subvencións ó consumo interno, co conseguinte custo para o consumidor. O informe insiste en que, a pesares de que se produciu unha reestructuración no sector productor, os consumidores pagan o leite substancialmente máis caro en comparación co mercado mundial. OUTUBRO 2001 / AFRIGA

21


22

mercado

As vendas de leite a baixo prezo reducíronse un 11% nos últimos meses Segundo un estudio elaborado pola Interprofesional Láctea (INLAC), feito público a finais do mes de setembro, as vendas á perda (venda por baixo do custo) no sector lácteo, reducíronse dun 20% rexistrado en novembro do 2000 a un 9% contabilizado en xullo do 2001. O prezo do leite era de 87 pesetas por litro no mes de novembro do 2000, mentres que en xullo do 2001 acadou as 98,1 pesetas, por debaixo das cen pesetas que o sector lácteo considera óptimo. A suba é distinta segundo as zonas estudiadas, e así detéctase que Andalucía rexistra un 16,9% de leite a baixo prezo, mentres que Cataluña presenta un 4,9%, Madrid un 8%, Levante un 11,7% e o Norte un 9%. Segundo o presidente de INLAC, o galego Tomás Díaz, gracias a esta nova mostraxe conseguiuse aumenta-

la renda dos gandeiros, máis beneficios para as industrias e a capitalización das cooperativas, ademais de mellora-la calidade e imaxe do leite e elimina-la confusión sobre a calidade do leite que existía no consumidor. Pola súa banda, o vicepresidente de INLAC e representante da industria, Miguel Angel Vázquez de Prada, salientou tamén que é fundamental o cambio experimentado pola distribución, “xa que antes baseaban a súa estratexia nas ofertas de leite e agora fano aumentando o prezo do producto”. Sen embargo, acusou ós centros comerciais denominados “hard-discount” (Lidl e Tangelmann) de non segui-las mesmas pautas de conducta e mante-los prezos do leite por debaixo do custe.

España é o penúltimo país da Isto de estar na UE parécenos moi ben, ás veces, pero non tanto cando nos atopamos no segundo posto pola cola en canto a prezos de leite. O prezo medio do leite na Unión Europea no ano 2000 ascendeu ás 49,1 ptas/kg, para o leite con 3,7 % de materia graxa, segundo os datos facilitados por EUROSTAT (Servicio de Estatística da UE). O prezo español foi de 45,1 ptas/kg, unhas 4 ptas/kg por debaixo da media comunitaria. Este é, como se pode ver na táboa, uno dos prezos máis bai-

GABINETE TÉCNICO AGROPECUARIO

SERVICIOS TÉCNICOS AGRÍCOLAS

TERRA CHA ENXEÑERÍA TÉCNICA AGRÍCOLA Proxectos, asesoramento, medicións, etc.

SERVICIO VETERINARIO Programas de prevención: Reproducción, Calidade de leite, Podoloxía, Alimentación, etc.

Servicio de Clínica 650 61 12 60 Rúa Campo de Puente, 34-1º • 27800 VILALBA - LUGO Telf. 982 52 36 49 • E-mail: GTAGRO@terra.es AFRIGA / OUTUBRO 2001

UE

xos de toda a UE, só superior ó do Reino Unido, que acadou unha cotización media de 43,4 ptas/kg. Este feito estase a converter case nun malo costume difícil de entender xa que no noso país non se produce o suficiente leite como para autoabastecerse. O caso de Francia, que é un país que adoita vender leite a España, se ben o prezo estivo por debaixo da media, foi 3 ptas máis elevado có español. Italia e Grecia foron os Estados cos prezos máis elevados, acadando case as 57 ptas/kg. Así mesmo, por riba da media comunitaria, situáronse tamén Suecia, Dinamarca, Finlandia, Países Baixos e Alemaña. Prezos leite 2000 euros/100 kg ptas/kg Italia Grecia Suecia Dinamarca Finlandia Países Baixos Alemaña Francia Bélxica Irlanda Austria España Reino Unido UE

34,1 34 33,4 31,3 30,5 30,3 30 28,9 28,1 27,9 27,8 27,1 26,1 29,5

56,7 56,6 55,6 52,1 50,7 50,4 49,9 48,1 46,8 46,4 46,3 45,1 43,4 49,1


alimentación

Cómo e cando utiliza-lo silo de millo Como acabamos de ver, o silo de millo é unha forraxe caracterizada polo seu alto contido en enerxía e baixo contido en proteína e fibra, polo que, á hora de decidir cal é o mellor momento para comezalo, debemos ter en conta a cantidade e calidade do resto das forraxes coas que contamos. O ideal é abri-lo silo de millo cando dispoñamos dunha forraxe alta en proteína e de tipo fibroso: - silo de herba de alta calidade proteica e fibrosa. - Alfalfa deshidratada ou en rama. - Herba verde de calidade, especialmente a de primavera e outono, acordándonos sempre de suplementar con herba seca ou palla.

Se o silo de millo o combinamos cunha forraxe baixa en proteína, deberemos suplementa-la ración cun concentrado rico en proteína, como a fariña de soia 44%, que polo seu perfil nutritivo combina moi ben co silo de millo. Ademais, deberemos lembrar que polo escaso contido en minerais, sempre que deamos silo de millo, debemos reforza-la contribución de correctores ás vacas, para que nos permita seguir cubrindo as necesidades mínimas do animal. Aínda que cada vez son máis as explotacións onde se alimenta con silo de millo tódolos días do ano -que é o ideal- o máis frecuente é que a cantidade sementada só nos permita da-lo uns determinados meses ó ano. Neste último caso deberemos combinalo mellor posible con outras forraxes que posuamos na explotación e sobre todo debemos elixi-lo mellor posible a que animais llo damos.

IMPORTANCIA DO SILO DE MILLO Para o gandeiro, e sobre todo para as súas vacas, o silo de millo é unha das forraxes máis importantes coas que conta, polos moitos efectos beneficiosos que lles proporciona. É unha forraxe que destaca por: - a súa boa producción. - a súa facilidade de ensilado e boa conservación. - o seu alto contido enerxético. - a súa alta apetecibilidade polos animais.

O silo de millo é unha forraxe que se caracteriza por: - o seu alto contido en enerxía (1,6-1,7 Mcal/kg). - o seu baixo contido en proteína (8%). - o seu baixo contido en fibra efectiva. - o seu baixo contido en minerais (sobre todo calcio).

Silo de millo

As vacas de leite cando están en pico de lactación están nunha fase onde non son capaces de come-lo suficiente para mante-la súa producción, polo que botan man das súas reservas corporais e perden peso. Esta perda de peso terá efectos moi negativos nos parámetros reproductivos e sobre a propia lactación. Por iso, nesta etapa é moi importante darlles alimentos moi enerxéticos e concentrados para que compensen en parte esta mobilización das súas reservas corporais e que a caída de peso non sexa tan acusada. Se non contamos con silo de millo para tódolos días do ano e para tódolos animais, estableceremos unha orde de prioridades ás que darllo: 1. vacas de alta producción 2. vacas de media-baixa producción 3. vacas secas e cuxas; aínda que é mellor non utiliza-lo nelas, agás en casos especiais, como no caso de animais que estean recuperándose dunha longa enfermidade e perderan moito peso. 4. Cuxas menores de un ano; nunca usar, debido ó alto risco de engraxamento do ubre das cuxas nesta etapa.

Comezo do silo de millo O silo de millo é unha forraxe que polo seu alto contido en amidóns e a súa escasa contribución de fibra efectiva, provoca unha lixeira acidose a nivel de rume, que pode chegar a ser moi acentuada se as cantidades que damos OUTUBRO 2001 / AFRIGA

23


24

alimentación son moi altas ou se a vaca tras pasar un período de varias semanas sen comer silo de millo, comézao a comer sen un período previo de adaptación. Para compensar esta lixeira acidose é conveniente suplementa-la ración con bicarbonato ou outro ácido. Naquelas cortes onde o silo

de millo non dura todo o ano, é importante ter coidado ó empezar a da-lo para evita-los típicos problemas de enchentas e posteriores diarreas que se observan: - o recomendable é comezar a da-lo paseniño, empezando con pequenas cantidades e pouco a pouco ir subindo a can-

PRESUPOSTACIÓN FORRAXEIRA Unha vez que teñámo-lo millo ensilado, debemos presupostalo para saber cantos meses nos vai durar e ver se é interesante comprar máis ou se nos interesa reduci-la dose diaria que van comer para que nos dure máis tempo. É máis interesante dar menos cantidade e que nos dure máis tempo. Un silo de millo ten por termo medio 180 Kgs. de materia seca (M.S) por cada metro cúbico. Se cubicámo-lo noso silo e o multiplicamos por 180, obterémo-lo número total de Kgs. de materia seca que hai no silo. - supoñamos que temos un silo coas seguintes medidas: 34 mts. de longo x 2 mts. de altura x 4 mts. de ancho = 272 mts. cúbicos - se agora multiplicámo-lo total de metros cúbicos por 180, obteremos o total de Kgs. de materia seca dese silo: 272 x 180 = 48.960 Kgs de materia seca (M.S). - se coñecémo-lo contido en M.S do noso silo de millo, poderemos coñece-lo rendemento en verde da superficie plantada (4 ha.). Supoñamos que o silo ten un 35% de M.S: 48.960 Kg. M.S x 100%M.S/ 35% M.S = 139.885 Kgs. de millo verde nas 4 ha. Se a superficie sementada é de 4 hectáreas (ha), podemos coñece-lo rendemento en M.S, e en verde de cada ha.: 48.960 Kgs M.S. / 4 ha = 12.240 Kg MS por ha 139.885 Kg de millo verde / 4 ha = 34.971 Kg de millo verde por ha.

Alfalfa Deshidratada Silo de Maíz Deshidratado Levadura de Cerveza Cebadilla de Cerveza Pulpa de Remolacha Telf. 93 229 69 09 - Fax 93 229 69 08 E-mail: poballe@infonegocio.com 08034 Barcelona - c/ Enric Giménez, 4

AFRIGA / OUTUBRO 2001

tidade e a frecuencia de administración. - é tamén importante ás vacas recén paridas darlles silo de millo en pequenas cantidades os primeiros 7-10 días postparto e posteriormente ir subindo as cantidades ata acada-los valores normais.

CÁLCULO DA CANTIDADE DE SILO DE MILLO A REPARTIR DIARIAMENTE Coñecendo a cantidade de silo dispoñible, o primeiro que debemos é facer o cálculo da cantidade de silo de millo que podemos repartir diariamente. Se o noso rabaño o compoñen 40 vacas en muxidura e todas elas reciben a mesma cantidade de silo de millo: Supoñendo que teñamos un 5% de perdas (por restos en mal estado, sobras, etc...) dos Kgs. iniciais pasamos ós Kgs. reais cos que contamos: 139.885 Kg. de silo de millo – 5% de perdas = 132.890 Kg. de silo dispoñibles. 48.960 Kg. de M.S. – 5% de perdas = 46.512 Kg. de M.S. dispoñibles. - se dividímo-los Kgs. de silo de millo dispoñibles entre os 365 días do ano, obterémo-los Kgs. de silo que pode repartir diariamente para que nos dure tódolos días do ano: 132.890 Kg/ 365 días = 364 Kg. diarios. - se dividímo-los 364 Kg entre o nº de vacas que van come-lo silo de millo, teño os Kg. de millo que pode comer cada vaca ó día: 364 kg. / 40 vacas = 9 kg. de silo de millo por vaca e día (equivale a 3,15 kg. de M.S. por vaca e día) Con esta sinxela operación, podemos calcula-la cantidade de silo de millo que debemos dar ás nosas vacas cada día para que o silo me chegue durante todo o ano. Desta forma daremos unha cantidade homoxénea tódolos días do ano, o que é moito máis interesante que dar grandes cantidades os tres ou catro primeiros meses, porque semella que nunca se nos vai a acaba-lo silo, e terminar dando cantidades pequenas un ou dous meses máis, porque o silo se acabou antes do que pensabamos, circunstancia que é moi frecuente observar.


O mercado de grans despois dos sucesos nos

25

EE.UU

As consecuencias dos atentados nos EE.UU. son moitas, pero o peor de todo é que aínda non se saben cales van ser en realidade. O único que se pode facer polo de agora son especulacións en torno ó que pode ocorrer no mercado mundial de grans, sendo moi conscientes de que as decisións políticas dos EE.UU. terán un grande peso na evolución do mercado a medio prazo. Unha posible recesión tería un efecto negativo no prezo dos grans, pero tamén, dependendo do que aconteza no mercado financeiro, poderá afectar á futura demanda do consumo. Aparentemente, nos últimos días, os mercados estiveron máis atentos ás cuestións da producción e do clima que se viron atrasadas nos seus informes a causa destes atentados. Sen embargo, os primeiros días despois dos feitos, non poden ser considerados un bo indicador, xa que ante

a incerteza, os fondos especulativos poden saír do negocio inducindo a unha caída dos prezos. Segundo afirman algúns consultores agropecuarios arxentinos, un posible enfrontamento bélico podería beneficiar ás exportacións arxentinas xa que “se se entra en guerra, pecha-las reservas de grans adoita ser unha decisión estratéxica”. Nese senso, estes analistas estiman que se finalmente a hipótese bélica se confirma, a Arxentina podería capitaliza-la situación gañando algúns mercados internacionais. Non obstante, para estes consultores a hipótese dun conflicto ten que ver coa acción política e comercial, e se estará restrinxida a persoas ou grupos e non a países ou a ambos. O poder estratéxico que teñen as reservas de alimentos podería concentra-los stock dos EE.UU. e restrinxi-lo trafico de mercadorías. Todas estas hipó-

teses afectarían ós prezos de formas, por agora, pouco previsibles. Unha cousa si que semella clara, Arxentina, forte productor e exportador de grans, verá afectádo-los seus ingresos de exportación cos rumbos que tomen os acontecementos mundiais -o que aínda non se sabe é se positiva ou negativamente porque se seguirá a orientación da coalición cos EE.UU., involucrando tamén as medidas que se tomen a este nivel e a súa política comercial. Nun escenario bélico é posible un aumento do prezo do petróleo e dos grans. Arxentina espera unha colleita récord e podería beneficiarse, pero corre o perigo de perder como clientes ós países árabes, na hipótese de que EE.UU. dispoña un embargo e o Goberno arxentino o acate. Mentres tanto non podemos facer outra cousa que estar á expectativa a ver que pasa.

Segundo un informe levado a cabo polo Consello Económico e Social de Castela e León o pasado mes de Xuño, algunhas partidas de fariñas de carne, materia prima na elaboración de pensos para animais prohibidos na actualidade, conteñen area, suponse que para incrementa-las marxes económicas. O estudio, dirixido polo profesor da Universidade de Valladolid, Gregorio Antolín Giraldo, foi levado a cabo co ánimo de analiza-las consecuencias medioambientais na destrucción das fariñas de carne e o seu posible aproveitamento enerxético. Pero para sorpresa de moitos, atopouse un elemento que non debería estar aí: area. O sílice, tal e como afirman moitos nutrólogos, é unha “materia inerte” que non goza de ningún beneficio para a dieta animal,

polo que debemos deducir que o único obxectivo da súa presencia é a de incrementar fraudulentamente o peso das fariñas e, polo tanto, o prezo das mesmas. Agora a grande pregunta é se o sílice era empregado xa antes da prohibición destas fariñas para erradica-la EEB, a finais de 2000. A Unión de Pequenos Agricultores (UPA) pola súa parte presentou unha demanda ante a Fiscalía Anticorrupción, e sostén un contrainforme no que se di que “o contido proteico sería inferior ó que expón na etiqueta e ademais podería xerar problemas gástricos nos animais”. Ademais, consideran que este fraude afecta directamente á Administración, a cal está a subvenciona-la destrucción de fariñas cárnicas a razón de 36 pese-

tas o quilo. Neste caso, segundo a UPA, “a Administración estaría pagando a area a prezo de ouro”. A presencia do sílice é corroborada tamén polo propietario dunha incineradora, que non quere identificarse por temor a represalias, e que sostén que o fraude é xeneralizado e que a proba máis evidente é que cando se queiman as fariñas, a area vai cristalizando nas paredes do forno por ter unha combustión máis lenta. Se o “suposto” fraude dos pensos con area non fose suficiente, agora que estes pensos estanse a destruír temos no horizonte un novo problema. Os alimentos que se están a utilizar como alternativa, fariñas vexetais, poden estar sendo fabricados con cultivos transxénicos prohibidos pola nosa lexislación.

Presencia de area nos pensos

OUTUBRO 2001 / AFRIGA


26

xenética

Caso O rumor de que se estaba a comercializar seme falso dun touro chamado Emerson é xa un feito constatado e confirmado por Conafe. Segundo se informa no nº 124 da revista “Frisona Española”, unha das palletas analizadas confirmou que o contido da mesma non se correspondía co touro que se pretendía comercializar. O informe pericial, realizado polo laboratorio PHARMAGEN, confirmou que as palletas distribuídas co nome de identificación 00287-111900 e 00287120900 (este número de identificación é o que temos que mirar con especial atención)

Emerson

non contiñan seme algún do touro chamado Emerson. Se isto non fose bastante, na análise móstrase contido de seme mestura de dous touros, aínda sen determinar. Conafe, polo tanto, está a recomendar ós gandeiros que non utilicen seme con esta identificación, e que no caso de ter dúbidas, se poñan en contacto coa Confederación. O asunto do fraude destas palletas falsas é un tema que está en boca de todos e que preocupa, como é lóxico esperar, a compradores pero tamén ás casas comerciais. Para Conafe e as casas comerciais, o caso do touro Emerson, non fai máis que demostrar que os fraudes esporádicos que se poidan dar sempre acaban sendo detectados, e que, no caso deste touro, como de tódolos que queiramos mercar, existe

Prezo récord por un clon Na National Convention Sale, unha subhasta celebrada en Cedar Rapids, Iowa, o pasado 28 de xuño, pagáronse 100.000 dólares, uns 20 millóns de pesetas, por un clon da vaca Regancrest Jed Devorah (2EEX95) que nacerá en xaneiro do 2002. Trátase do prezo máis alto

AFRIGA / OUTUBRO 2001

acadado por un clon nunha subhasta ata a data. Devorah é filla de Juniper Rotate Jed pola vaca Snow-N Dellias Darlene (2EEX94), irmá completa de Dante. Os compradores foron un sindicato de 20 gandeiros, ó que pertence o propietario da gandería Regancrest.

seme garantido gracias ó número de rexistro que nos permite segui-la súa pegada xenética. O número de rexistro de RICECREST EMERSON ET é USAM0002271271, e non o que aparecía nas palletas falsas. Se non queremos ser enganados deberemos comprobar ben os números de identificación e requirir toda a información necesaria se temos dúbidas. Son moitas as empresas que xa fixeron os correspondentes comunicados indicando que en caso de calquera dúbida se poñan en contacto directamente con eles. Este caso ó final só demostra que sempre haberá un “listiño” que queira “enganarnos”, pero que gracias os tempos nos que vivimos, non é tan doado facelo. Lembrade: ante calquera dúbida, sempre podemos preguntar antes de mercar.

Venda seme Máis de 163.000 doses de seme foron repartidas dentro do programa de compra de seme da Consellería deste ano 2001, das que case que 74.000 corresponderon á doses de touros en proba, 68.000 de touros galegos probados e unhas 22.000 de touros estranxeiros probados. No caso de touros en proba repartíronse doses duns 50 touros galegos e 5 asturianos. Entre os touros probados da nosa Comunidade Autónoma salienta-la importante demanda de doses de LÉREZ, con case que 23.000 doses solicitadas, e BELESAR, con 18.000. Mentres que entre os touros estranxeiros LEE foi o máis solicitado con 8.900, e RUDOLPH, con 5.000.


lexislación recortes

Lexislación DOGA

Orde do 11 de setembro do 2001 pola que se convocan axudas para a agricultura ecolóxica e a gandería ecolóxica como métodos de producción agraria compatibles co medio DOG 21/9/01 Orde do 11 de setembro do 2001 pola que se convocan axudas para o mantemento de razas autóctonas puras en perigo de extinción DOG 21/9/01 Orde do 20 de setembro do 2001 pola que se establecen normas complementarias para a asignación de cantidades de referencia procedentes do aumento de cota láctea e doutras da reserva nacional DOG 28/9/01 Orde do 25 de setembro do 2001 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficiencia da xestión técnico-económica das explotacións agrarias e se convocan para o ano 2001 DOG 4/10/01

DOCE Regulamento (CE) no 1837/2001 da Comisión, do 10 de setembro do 2001, polo que se modifica o Regulamento (CEE) no 2237/77 relativo á ficha de explotación que debe utilizarse para o rexistro das rendas das explotacións agrarias DOCE 24/9/01 Regulamento (CE) no 1863/2001 da Comisión, do 10 de setembro do 2001, que modifica o Regulamento (CE) no 2390/1999, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) no 1663/95 relativas á forma e o contido da información contable que os Estados membros deben manter a disposición da Comisión con vistas á liquidación de contas da sección de Garantía do FEOGA DOCE 27/9/01 Regulamento (CE) no 1934/2001 da Comisión, do 1 de outubro do 2001, polo que se modifica o Regulamento (CE) no 296/96, relativo ós datos que deberán transmiti-los Estados membros e á contabilización mensual dos gastos financiados con cargo á sección de Garantía do Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola (FEOGA) DOCE 2/10/01 Directiva 2001/79/CE da Comisión, do 17 de setembro do 2001, pola que se modifica a Directiva 87/153/CEE do Consello pola que se fixan liñas directrices para a avaliación dos aditivos na alimentación animal DOCE 6/10/01

Recortes

"A consellería non é responsable de que neste contexto electoral os gandeiros deixen de recibi-lo que teñen dereito a recibir". Juan Miguel Díz, Conselleiro de Agricultura, Gandería e P. Agroalimentaria. "Europa é capaz de lidera-la producción láctea no mundo, debido á súa superior garantía de calidade". Manuel Lamela, Secretario de Estado de Agricultura do MAPA "Facer previsión neste país é unha temeridade, pois o cenário muda rapidamente. Mais tamén acho que nalgúns anos só 400 mil productores estarán entregando leite de forma regular. O restante vai desistir". Sebastião Teixeira, especialista do mercado de lácteos e profesor da Universidade Federal de Viçosa do Brasil. "É preciso mellora-lo poder de compra do brasileiro. Do contrario, en breve vai ate sobrar leite, pois a productividade das facendas crece tódolos anos". Jorge Rubez, presidente de Leite Brasil. "A resolución é fundamental para que eses mercados –de carne de vacún- se abran porque para a UE o problema máis grave hoxe non é a aftosa, senón a identificación e trazabilidade dos animais; o uso de residuos na alimentación ou promotores de crecemento e anabólicos avanzou na gandería arxentina". Ignacio Gómez Alzaga, productor e vicepresidente do Mercado de Liniers (Bos Aires). "Sentímo-lo tempo que se perdeu con este asunto, pero estamos satisfeitos pola retirada do certificado. Nin os gandeiros nin os veterinarios das explotacións podían certifica-la ausencia desas 27 enfermidades sen probas". Fernando Moraleda, secretario xeral da UPA. "As instalacións de Pontemaceira comezan a quedar pequenas ante o crecemento e as novas seccións que temos aberto. Gracias ó esforzo dos nosos 252 empregados e os técnicos, podemos producir 8.000 productos neste envase cada hora". Ramón Mandía, director comercial de Feiraco.

OUTUBRO 2001 / AFRIGA

27


p รก g i n a 2 8 ( c o n t r a p o r t a d a ) p u b l i c i d a d e

S E M E X


AFRIGA 40