Afriga97

Page 108

OS PRODUCTOS GALICAL FAVORECEN O RENDEMENTO DO MILLO O millo pide un pH de entre 6.0 e 7.5, pero cun manexo axeitado pode dar boa colleira en terra máis alcalina A acidez dos solos é unha das limitacións para a sementeira do millo. Para reducir o efecto limitante do pH e controlar o aluminio cómpre aplicar emendas cálcias ou magnésicas nas terras de cultivo. Os produtos Galical reducen rapidamente a acidez dos solos grazas aos seus altos índices de neutralización debidos ao alto contido en calcio e magnesio.

Ademais, o calcio e o magnesio son elementos esenciais para o bo desenvolvemento da planta. As emendas cálcicas melloran as condicións químicas, físicas e biolóxicas do solo. Favorecen a mobilidade e permanencia da auga, o aire e os nutrientes no solo. Deste xeito, favorécese a penetración das raíces no solo e a mellor absorción dos nutrientes. As cales vivas e apagadas son produtos de actuación rápida. Prácticamente nun mes reaccionan co solo e realizan a súa acción neutralizante. As calizas ou carbonato cálcico son produtos de actuación lenta e córrese o risco de que as chuvias provoquen perdas da emenda, xa que durante o primeiro mes só reacciona o 50% Precísanse seis meses ou máis para que se complete a acción neutralizante.

O millo adáptase moi ben en solos de pH entre 6 e 7. Require solos profundos ricos en materia orgánica, con boa circulación da drenaxe para non producir encharcamentos que asfixien as raíces


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.