Page 58

58

nutriCIÓN

EFECTO DOS AZUCRES SOBRE O PH RUMINAL

Os azucres deberían ser considerados coma un nutriente relevante para equilibrar a enerxía das racións na procura da tan ansiada saúde dixestiva. Con base nos traballos científicos publicados, trataremos de fundamentar a súa capacidade para estabilizar o pH do rume e, como consecuencia, optimizar a función ruminal.

Luiza Fernandes1 e Adrián González2 Veterinaria. Especialista en Produtos Líquidos para a división europea da empresa SUGARPLUS, ED&F Man 2 Veterinario consultor nutricionista en vacún leiteiro

1

Na práctica diaria hai dúas frases ou fundamentos de base que mencionamos os nutricionistas con certa frecuencia cando falamos con gandeiros ou con outros compañeiros: a primeira é que “alimentar un ruminante é alimentar primeiro a flora microbiana do rume” e a segunda é que “para facer que os rabaños sexan de alta produción é indispensable conseguir unha estabilidade

dixestiva nos animais”, que só se alcanza a través da estabilidade en racións equilibradas. En definitiva, sabemos que se o rume non funciona correctamente e de forma estable, fracasaremos. Con toda seguridade sabemos que a acidose ruminal subaaguda (SARA) é o transtorno dixestivo máis frecuente nas nosas explotacións, o cal se traduce en multitude de problemas derivados deste (inestabilidade na produción diaria, perda de calidade do leite, coxeiras, mamites, infertilidade...). Cos resultados dos traballos científicos recentes demóstrase que os azucres serían de axuda na formulación de racións máis equilibradas enerxeticamente, reducindo este risco.

AFRIGA ANO XXIII - Nº 129

afriga129_nutricion_azucres_galego_02.indd 58

20/05/2017 23:15

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

Afriga 129. Edicion en galego  

Afriga 129. Edicion en galego