Page 46

46

panorama internacional

As vacas en produción reciben 3,5 kg de materia seca ao día

CASPER PEDERSEN: “OS DATOS DOS NOSOS ANIMAIS SON FUNDAMENTAIS PARA TOMAR DECISIÓNS EN CANTO Á ALIMENTACIÓN, Á Seguridade na recollida de toda a produción, dereito a XENÉTICA E AO MANEXO DAS NOSAS VACAS voz e voto en todas as decisións da entidade e investimen- E DAS NOSAS FINCAS” tos estratéxicos e de futuro para o sector son as principais vantaxes de ser membros cooperativos, aínda que tamén hai unha serie de obrigas que cumprir. Segundo destacou o propietario de Tronsmark Holstein, “tes que venderlle todo o teu leite á túa cooperativa, tes que pagar un custo anual por ser socio –un diñeiro que, ao final, lle das á túa propia empresa– e tes que documentar con datos todo aquilo que consideran valor adicional para os produtos de Arla, información que responde á calidade do leite, ao benestar animal, á seguridade alimenticia e ao coidado do medio ambiente”.

RECOLLIDA DE DATOS E MANEXO A recolección diaria de datos é clave no día a día de Tronsmark Holstein e non só para garantir os requisitos de pertencer a Arla senón tamén para facer seguimento e análise da situación do rabaño. Segundo manifesta, “os datos dos nosos animais son fundamentais para tomar decisións en canto á alimentación, á xenética e ao manexo das vacas e das nosas fincas. Nós apuntamos toda a información nunha base de datos central, que é clave no noso proceso produtivo”. Na actualidade contan con 160 vacas en muxidura, ao redor de 20 secas e 180 xovencas de entre cero e vinte e catro meses, un rabaño que distribúen en dous establos diferenciados. As vacas en produción están nunha nave na que teñen 160 cubículos con camas de esterco seco e un curral de palla para 10 animais. Por outro lado, na nave das secas e da recría dispoñen doutros 160 cubículos de esterco seco e dun espazo de palla con capacidade para 40 xatas de cero a cinco meses. Os dous establos contan con boas instalacións orientadas ao benestar animal, como catro ventiladores que utilizan normalmente nos meses de verán e varios cepillos de cow confort. No ano 2008 decidiron instalar robots e na actualidade manteñen unha media de 2,8 muxidos por día. “As vacas son vixiadas cada seis horas, catro veces ao día. Así, vemos os animais máis tranquilos e compórtanse de maneira máis independente ca antes”, comenta.

Cubículos con camas de esterco seco

NUTRICIÓN E FORRAXES En canto á alimentación do gando, as vacas en produción reciben 3,5 kg de materia seca ao día, nunha ración composta por 10,2 kg de silo de millo, 3,4 kg de silo de herba, 3,5 kg de trigo tratado con bicarbonato, 2,7 kg de soia, 1,6 kg de torta de canola, 0,3 kg de graxa protexida e un suplemento de minerais. Ás vacas en produción distribúeselles unha vez ao día e ás xovencas e ás vacas secas, cada dous. Para o mantemento do rabaño, en Tronsmark Holstein dispoñen dunha superficie agrícola de 180 hectáreas. Destinan 70 a millo, outras 50 a herba e 60 a trigo, centeo ou triticale. Todo o traballo de campo é contratado a empresas externas que sementan e recollen as súas forraxes. Tan só dispoñen dun carro mesturador de 22 m3 de capacidade e dun cargador para diversos traballos da granxa. Así mesmo, teñen un almacén de 4.500 m3 para os ensilados e outro para palla e pensos. A fosa do purín, cunha capacidade de 7.000 m3, dálles autonomía para un ano.

AFRIGA ANO XXIII - Nº 129

afriga129_panorama_internacional_tronsmark_galego.indd 46

20/05/2017 14:10

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

Afriga 129. Edicion en galego  

Afriga 129. Edicion en galego