Page 24

24

convocatorias

POXA DE GANDO FRISÓN. SARRIA (LUGO)

VENDIDOS 21 DOS 23 EXEMPLARES

Dana Mogul Danesa, vendida por 3.300 €

O día 13 de maio Africor Lugo, en colaboración co Concello de Sarria, organizou na nave do campo da feira da vila unha nova poxa de gando frisón no marco da XXIX Mostra Gandeira San Isidro Labrador.

Vendéronse 21 dos 23 animais poxados por un prezo medio de 2.019 euros, e alcanzouse un volume total de negocio de 42.400 euros. O animal máis cotizado foi a vaca Dana Mogul Danesa, unha filla do touro Mogul e de nai Artes, criado na gandería Forcao, de Outeiro de Rei (Lugo), que foi adquirido por 3.300 euros pola Sociedade Cooperativa Pena Guisande, do concello do Páramo. A xovenca mellor pagada foi a presentada pola gandería Vila, de Lugo. Trátase dunha filla de Seaver inseminada do 24 de agosto con nai Rampage Red BB81, que chegou aos 2.150 euros.

IV POXA DE BOIMORTO (A CORUÑA)

O VOLUME DE NEGOCIO SUPEROU OS 25.000 EUROS Africor Coruña celebrou a súa IV Poxa de Animais de Raza Frisona de Boimorto o pasado 26 de marzo, coa colaboración do Concello anfitrión.

O evento tivo lugar no marco da Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos (Magreco), que se desenvolveu ao longo desa fin de semana na localidade boimortense. A poxa concluíu coa venda de 12 animais, un volume de negocio de 25.050 euros e un prezo medio de 2.088 euros. O animal máis cotizado foi Castro Control Cati, presentado pola gandería Castro Segade S.C. e adquirido por Jorge Míguez Prado por 2.700 euros. Ao finalizar sorteouse un animal da raza frisona entre os compradores e o numeroso público asistente.

Castro Control Cati

AFRIGA ANO XXIII - Nº 129

afriga129_convocatorias_sarria_boimorto.indd 24

21/05/2017 17:10

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

Afriga 129. Edicion en galego  

Afriga 129. Edicion en galego