Page 1

Amor, amor, amor. Un percorrido amoroso poético-musical

River flows in you Twilight . Piano : ANA SANTALLA

CRISTINA COSTELA SEARA : A poesía é a forma máis máxica que o ser humano posúe para exteriorizar os seus sentimentos, as súas frustracións, os seus proxectos... aquilo que, ao fin e ao cabo, o diferencia do animal, a expresión máis sublime e máis nobre da que somos capaces mediante palabra. A poesía é quizais a arte máis próxima, máis comprensíbel, aquela que nos reafirma nos nosos propios medos e fracasos, nin tan distantes nin tan dispares a outros semellantes. Cada palabra nosa é susceptíbel de ser convertida en poesía. Cada mirada rompida, cada bágoa esvarada, cada amor esquecido, cada ledicia trasnoitada... é a nosa poesía. Ás veces, tamén, a vida é poesía; conseguimos esquecer o seu lado máis escuro e afrontámola con ledicia inusitada, afrontámola con versos que falan de amor, mesmo de esperanza; outras moitas, as máis, a negrume apodérase de nós, a tristura desprega o seu manto ilexítimo e as faces recollen versos de desesperanza. 1


XABIER GALEGO : Hoxe o motivo, ou máis ben a escusa, para falar de Amor con Poesía é que é 14 de febreiro. Amor e Poesía van da man. Ambos forman parte das nosas vidas. Porque o Amor é sentimento, e os humanos somos iso: un cúmulo de sentimentos. Pero nós non sempre atopamos as palabras axeitadas, aquelas que adoitan ser cruciais para a maioría de nós en determinados momentos. Por sorte, están os POETAS. Que extraordinario e que difícil é atrapar as emocións con palabras! E para falar de amor, para falar de poesía, imos procurar un pouco de historia:

MONTEVERDI : Orfeo. Coro de ninfas : AUDIO NOELIA BLANCO PÁJARO: Na antigüidade, os mitos ofrecían un tipo de resposta similar á que hoxe en día nos proporcionan as teorías científicas.Existen numerosos mitos sobre o amor, pero os máis coñecidos son os de Orfeo e Eurídice, e Cupido e Psique, procedentes da mitoloxía clásica, que é a máis próxima a nós. Neles podemos ver reflectidos moitos aspectos do amor. O mito de Orfeo é un dos máis escuros e máis cargados de simbolismo de cantos rexistra a mitoloxía helénica. A historia máis coñecida sobre Orfeo é a que se refire á súa esposa Eurídice. Cupido era o deus e o arqueiro do amor. Un deus novo e malicioso que propagaba a vida e a ledicia pola Terra. Exercía o seu encanto e o seu dominio sobre o corazón dos mortais e os deuses. Grazas a el, os seres humanos coñecían a ledicia da amizade e da tenrura do amor, pero tamén a dor que estes causan. Lanzaba frechas con puntas de ouro para prender os corazóns, ou de chumbo para apagar o lume do amor. Divertíase asemade facendo xurdir o amor ao mesmo tempo que as bágoas. Pero un día Cupido feriuse cunha das súas propias frechas e caeu preso do encanto da fermosa Psique. 2


PABLO GARCÍA CASTRO: O emperador romano Marco Aurelio Flavio prohibiu aos seus soldados o matrimonio ao considerar que os homes casados eran malos guerreiros. San Valentín, por entón bispo, opúxose convidando ás parellas a acudir a el para casalos en segredo. Informado o emperador, intentou convencelo do contrario, so pena de ser executado. Valentín negouse e tratou de converter a Claudio II ao cristianismo. O 14 de febreiro do ano 270 Valentín foi lapidado e decapitado. Conta a lenda que mentres agardaba o cumprimento da súa sentenza, namorou no cárcere da filla cega do carcereiro, Asterius, e que grazas á súa fe devolveulle milagrosamente a vista. Douscentos anos despois, o papa Gelasio instituíu a festividade que hoxe leva o seu nome, o que andando o tempo daría lugar ao “Día dos namorados”.

3


CANON MEDIEVAL : EN DIRECTO. CUARTETO DE CORDA

NOELIA BLANCO PÁJARO:

Porén, hai outro día para celebrar o Amor en Galicia, que é o 2 de febreiro. O refrán que se conserva di “pola Candeloria, casan os paxariños e mais a galiñola”. A Candeloria ten a súa orixe nos cultos pagáns, celebrada polos celtas (Brigantia) e os romanos (Lupercales). O nome Brigantia deriva de Brigid, deusa celta moi poderosa, que era a figura da nova lúa e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois de frío e o gris inverno. Os ritos de predición e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a protección dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade. O feito de sentírense no aire os primeiros abrollos do que axiña será a primavera outórgalle outro simbolismo, do mesmo xeito que acostuma a dicirse que é o tempo do casamento dos paxariños e que, de Candeloria en diante, "ningunha ave voa soa" e até onde a memoria da xente chega, fálase deste día como a "festa da luz". Escribiu Luís Amado Carballo:

CRUZ BUJÁN: A CANDELORIA Na catedral do abrente hoxe casan os paxaros, con nubes de neve e ouro está o ceo engalanado. Ficou o día ancorado na ría donda do ceo. Os roibéns soben no lonxe como rosarios de incienso.

4


O xantar do casamento, roibo, na palma da man das eiras madrugadoras xa está arranxado no val. Vai tocando polo campo a súa zanfona o rego e canta o vento nas farpas sonorosas dos piñeiros. O campo as montañas ruzas envolve en capa pluvial co hisopo do sol mollado dálles a beizón nupcial. Do casebre nugallán soben os vivas dos galos e na festa desta noite estrea un luar o campo.

PABLO GARCÍA CASTRO: Pero... para falar de algo, temos que, cando menos, coñecelo. Que é o Amor?: Hai moitas definicións do Amor. Unha das máis vellas topámola na Biblia:

5


ANXO GIL FIGUEIRAS: O amor é sufrido, é benigno; o amor non ten envexa, o amor non é xactancioso, non se envaidece; non fai nada indebido, non busca o seu, non se irrita, non garda rancor; non goza da inxustiza, mais goza da verdade. Todo o sofre, todo o cre, todo o agarda, todo o soporta. O amor nunca deixa de ser.

ADRIAN LE ROY: Nouviéme Brante de Bourgogne : EN AUDIO

NOELIA BLANCO PÁJARO: E no “Cantar dos Cantares” de Salomón, segundo a versión de Quevedo:

JULIA CACHEDA COUTO : Es hielo abrasador, es fuego helado, es herida que duele y no se siente, es un soñado bien, un mal presente, es un breve descanso muy cansado. Es un descuido que nos da cuidado, un cobarde con nombre de valiente, un andar solitario entre la gente, un amar solamente ser amado. Es una libertad encarcelada, 6


que dura hasta el postrero paroxismo; enfermedad que crece si es curada. Éste es el niño Amor, éste es su abismo. ¿Mirad cuál amistad tendrá con nada El que en todo es contrario de sí mismo!

PABLO GARCÍA CASTRO: Se en algo están de acordo os poetas é que “o amor non se sofre, gózase; o amor non se di, séntese”. Pero a pesar destas palabras, os escritores falan unha e outra vez deste sentimento universal.

MISTERIO DAS VOCES BÚLGARAS: Svatba : EN AUDIO

NOELIA BLANCO PÁJARO: O Amor como sentimento de unión, o Amor como sentimento fraternal, filial, maternal, humanitario, erótico, apaixoado...no Amor todo cabe, ata o odio, o martirio, a pena. Como na poesía. E como sentimento universal que nace canda o ser humano, remontámonos ao século VII a.C. para deleitarnos cun poema de Safo:

7


MARÍA JOSÉ CANAL : (LE O POEMA EN GREGO, AQUÍ NON O PODO TRANSCRIBIR, ESTA É A TRADUCIÓN) Parece un deus ese home que senta fronte a ti escoitándote moi preto mentres falas docemente e ris cun xeito encantador. Mais a min o corazón báteme no peito sen parar e con só mirarte un intre enmudezo, a lingua rómpeme, un lene lume acéndeseme baixo a pel, non vexo cos ollos, enxórdanme os oídos, asolágame a suor, un tremor sacódeme enteira, síntome máis pálida que a herba seca e peréceme que vou morrer. Pero todo pode soportarse...

8


PABLO GARCÍA CASTRO:

Catulo, no século I a.C. fala do paradoxo de amor como martirio:

JOSÉ RAMÓN CASTRO COSTOYA : Odi et amo. Quare id faciam, fortasse requiris. Nescio, sed fieri sentio et excrucior. (Odio e amo. Como o consigo, seguro que preguntas. Non o sei, pero sinto que é así e martirízame)

PABLO GARCÍA CASTRO: Ou como paixón:

9


ADRIANA CANGADO COSTA : Vivamus, mea Lesbia, atque amemus, rumoresque senum severiorum omnes unius aestimemus assis. Soles occidere et redire possunt; nobis cum semel occidit brevis lux, nox est perpetua una dormienda. Da mi basia mille, deinde centum, dein mille altera, dein secunda centum, deinde usque altera mille, deinde centum. Dein, cum milia multa fecerimus, conturbabimus illa, ne sciamus aut ne quis malus invidere possit, cum tantum sciat esse bassiorum. (Vivamos, miña Lesbia, e amémonos, as faladurías dos vellos severos que nos importen todas o que nada. O sol de cada día pode morrer e renacer, Pero nós teremos que durmir unha noite perpetua así que a breve luz se apague. Dáme mil beixos, despois cen, outros mil despois, de segundas cen, despois outros mil máis, para rematar, cen. Por fin, cando sumemos moitos miles, enguedellarémolos para non saber, aou para que ningún malvado poida envexarnos se sabe que houbo tantos beixos.)

NOELIA BLANCO PÁJARO: O amor é unha forza tan poderosa que se abre paso ante calquera escollo. Pode nacer en calquera lugar e en calquera persoa, adquire a forma do corazón que o anhela. MILLADOIRO: As fadas de estraño nome : EN AUDIO

NOELIA BLANCO PÁJARO: O Latín evolúe e as linguas románicas ábrense paso, o amor prosegue o seu camiño nelas. A lingua galego-portuguesa é a lingua de prestixio na península na Idade Media e nela fanse cantigas de amor tan fermosas coma esta:

10


MARCELO GOMES BEZERRIL : JOAO GARCIA DE GUILHADE Amigos, nom poss'eu negar a gram coita que d'amor hei, ca me vejo sandeu andar, e com sandece o direi: os olhos verdes que eu vi me fazem ora andar assi. Pero quem quer x'entenderá aquestes olhos quaes som, e dest'alguém se queixará; mais eu, já quer moira quer nom: os olhos verdes que eu vi me fazem ora andar assi. Pero nom devia a perder home que já o sem nom há de com sandece rem dizer, e com sandece dig'eu já: os olhos verdes que eu vi me fazem ora andar assi. 11


GREGORIO ALLEGRI: Misere : EN AUDIO

PABLO GARCÍA CASTRO: Amor apaixoado, afervoado... o amor entre humanos ou amor a Deus nos poemas de San Juan de la Cruz:

NEREA ÁLVAREZ GONZÁLEZ : La noche oscura En una noche oscura, con ansias en amores inflamada, (¡oh dichosa ventura!) salí sin ser notada, estando ya mi casa sosegada. A oscuras y segura, por la secreta escala disfrazada, (¡oh dichosa ventura!) a oscuras y en celada, estando ya mi casa sosegada. En la noche dichosa, en secreto, que nadie me veía, ni yo miraba cosa, sin otra luz ni guía sino la que en el corazón ardía. 12


Aquésta me guïaba más cierta que la luz del mediodía, adonde me esperaba quien yo bien me sabía, en parte donde nadie parecía. ¡Oh noche que me guiaste!, ¡oh noche amable más que el alborada!, ¡oh noche que juntaste amado con amada, amada en el amado transformada! En mi pecho florido, que entero para él solo se guardaba, allí quedó dormido, y yo le regalaba, y el ventalle de cedros aire daba. El aire de la almena, cuando yo sus cabellos esparcía, con su mano serena en mi cuello hería, y todos mis sentidos suspendía. Quedéme y olvidéme, el rostro recliné sobre el amado, cesó todo, y dejéme, dejando mi cuidado entre las azucenas olvidado.

VAUGHAN WILLIAMS: Greensleeves. : EN DIRECTO. BANDA LAXEIRO

NOELIA BLANCO PÁJARO: Como o amor é universal, marchamos ás Illas Británicas onde Shakespeare, famoso polas súas atormentadas obras de teatro, escribe fermosos sonetos amorosos coma este:

13


ANA DÍAZ: Shall I compare thee to a summer's day? Thou art more lovely and more temperate: Rough winds do shake the darling buds of May, And summer's lease hath all too short a date: Sometime too hot the eye of heaven shines, And often is his gold complexion dimm'd; And every fair from fair sometime declines, By chance or nature's changing course untrimm'd; But thy eternal summer shall not fade Nor lose possession of that fair thou owest; Nor shall Death brag thou wander'st in his shade, When in eternal lines to time thou growest: So long as men can breathe or eyes can see, So long lives this and this gives life to thee. (Podía compararte coa leda primavera se en ti é máis constante a grácil fermosura? Em maio rudos ventos abalan tenras xemas, e a renda dese tempo um breve instante dura. Ás veces moi ardente o ollo do ceo brilla, e outras escurece esse fulgor dourado; e todo o que é fermoso algún día declina, por mor da natureza, ou polo azar, mirrado. Mais nunca verás murcha a túa primavera, nin perderás tampouco esa túa beleza, nin se ha gabar a morte de que unha sombra sexas, cando en eternos versos o nome teu floreza. Mentres respire un home e a vista non o impida, terán vida estes versos, e a ti daranche vida.)

14


El Fantasma de la ópera: EN DIRECTO. BANDA LAXEIRO

PABLO GARCÍA CASTRO: O amor traspasa fronteiras, mesmo vai máis alá da morte, como afirma Francisco de Quevedo y Villegas:

EMILIA GAREA: Cerrar podrá mis ojos la postrera Sombra que me llevare el blanco día, Y podrá desatar esta alma mía Hora, a su afán ansioso lisonjera; Mas no de esotra parte en la ribera Dejará la memoria, en donde ardía: Nadar sabe mi llama el agua fría, Y perder el respeto a ley severa. Alma, a quien todo un Dios prisión ha sido, Venas, que humor a tanto fuego han dado, Médulas, que han gloriosamente ardido, Su cuerpo dejará, no su cuidado; Serán ceniza, mas tendrá sentido; Polvo serán, mas polvo enamorado.

THE CHIEFTAINS: Santiago : EN AUDIO 15


NOELIA BLANCO PÁJARO: Pero o amor tamén é traizón, coverténdose en desazón e en desamor. Así escribe a nosa Rosalía de Castro, baseándose en cantigas populares que falan disto:

TOMÁS VIANA FERNÁNDEZ : "Quíxente tanto, meniña, tívenche tan grande amor que para min eras lúa, braca aurora e craro sol; auga limpa en fresca fonte, rosa do xardin de Dios, alentiño do meu peito, vida do meu corazón." Así che falín un día camiñiño de San Lois, todo oprimido de angustia, todo ardente de pasión, mentras que ti me escoitabas depinicando unha frol porque eu non vise os teus ollos que refrexaban traiciós. Dempóis que sí me dixeches, en proba de teu amor, décheme un caraveliño que gardín no corazón. ¡Negro caravel maldito, que me firéu de dolor! Mais, a pasar polo río, ¡o caravel afondóu...! Tan bo camiño ti leves como o caravel levou. 16


Canon de PACHEBEL : EN DIRECTO ALUMNADO MÚSICA LAXEIRO

PABLO GARCÍA CASTRO : En 1942 Paul Éluard publica un poema que terá de se converter nun símbolo de amor... pola humanidade. Un Himno da Resistencia que será lanzado en paracaídas sobre Francia pola aviación inglesa.

17


Ludovico Einaudi - Nuvole Bianche (Alexander Flemming) : EN DIRECTO . PIANO : LARA VERDE YASSINE e ALBERT : Liberté Sur mes cahiers d'écolier Sur mon pupitre et les arbres Sur le sable sur la neige J'écris ton nom Sur toutes les pages lues Sur toutes les pages blanches Pierre sang papier ou cendre J'écris ton nom Sur les images dorées Sur les armes des guerriers Sur la couronne des rois J'écris ton nom Sur la jungle et le désert Sur les nids sur les genêts Sur l'écho de mon enfance J'écris ton nom Sur les merveilles des nuits Sur le pain blanc des journées Sur les saisons fiancées J'écris ton nom Sur tous mes chiffons d'azur Sur l'étang soleil moisi Sur le lac lune vivante J'écris ton nom Sur les champs sur l'horizon Sur les ailes des oiseaux Et sur le moulin des ombres J'écris ton nom Sur chaque bouffée d'aurore Sur la mer sur les bateaux Sur la montagne démente J'écris ton nom 18


Sur la mousse des nuages Sur les sueurs de l'orage Sur la pluie épaisse et fade J'écris ton nom Sur les formes scintillantes Sur les cloches des couleurs Sur la vérité physique J'écris ton nom Sur les sentiers éveillés Sur les routes déployées Sur les places qui débordent J'écris ton nom Sur la lampe qui s'allume Sur la lampe qui s'éteint Sur mes raisons réunies J'écris ton nom Sur le fruit coupé en deux Du miroir et de ma chambre Sur mon lit coquille vide J'écris ton nom Sur mon chien gourmand et tendre Sur ses oreilles dressées Sur sa patte maladroite J'écris ton nom Sur le tremplin de ma porte Sur les objets familiers Sur le flot du feu béni J'écris ton nom Sur toute chair accordée Sur le front de mes amis Sur chaque main qui se tend J'écris ton nom Sur la vitre des surprises Sur les lèvres attentives Bien au-dessus du silence J'écris ton nom Sur mes refuges détruits Sur mes phares écroulés Sur les murs de mon ennui J'écris ton nom

19


Sur l'absence sans désirs Sur la solitude nue Sur les marches de la mort J'écris ton nom Sur la santé revenue Sur le risque disparu Sur l'espoir sans souvenirs J'écris ton nom Et par le pouvoir d'un mot Je recommence ma vie Je suis né pour te connaître Pour te nommer Liberté.

(A tradución non se le) Liberdade Sobre os meus cadernos de colexial Sobre o pupitre e as árbores Sobre a area sobre a neve Escribo o teu nome Sobre todas as páxinas lidas Sobre todas as páxinas en branco Pedra, sangue, papel ou cinza Escribo o teu nome Sobre as imaxes douradas Sobre as armas dos belicosos Sobre a coroa de reis Escribo o teu nome Sobre a selva e o deserto Sobre os niños sobre as xestas Sobre o eco da miña infancia Escribo o teu nome Sobre as marabillas das noites Sobre o pan branco dos días Sobre as temporadas desposadas Escribo o teu nome Sobre todos os meus trapos de azul Sobre o estanque sol balorado Sobre o lago lúa viva Escribo o teu nome Sobre os campos sobre o horizonte Sobre as ás dos paxaros E sobre o muíño das sombras

20


Escribo o teu nome Sobre cada soplo de aurora Sobre o mar nos barcos Sobre a montaña lunática Escribo o teu nome Sobre a espuma das nubes Sobre as suores da tormenta Sobre a choiva grosa e insípida Escribo o teu nome Sobre as formas que centellean Sobre as campás das cores Sobre a verdade física Escribo o teu nome Sobre as sendas espertadas Sobre as estradas despregadas Sobre os lugares que desbordan Escribo o teu nome Sobre a lámpada que se prende Sobre a lámpada que se apaga Sobre as miñas casas reunidas Escribo o teu nome Sobre o froito cortado en dous Espello e a miña habitación Sobre a miña cama baleira Escribo o teu nome Sobre o meu can cobizoso e tenro Sobre as súas orellas elaboradas Sobre a súa perna torpe Escribo o teu nome Sobre o trampolín da miña porta Sobre os obxectos familiares Sobre o mar do lume bendito Escribo o teu nome Sobre toda carne concedida Sobre a fronte dos meus amigos Sobre cada man que se tende Escribo o teu nome Sobre o cristal das sorpresas Sobre os labios atentos Ben sobre silencio Escribo o teu nome Sobre os meus refuxios destruídos Sobre os meus faros aplastados Sobre as paredes do meu problema Escribo o teu nome Sobre a ausencia sen desexos Sobre a soidade núa

21


Sobre as marchas da morte Escribo o teu nome Sobre a saúde volta de novo Sobre o risco desaparecido Sobre a esperanza sen lembranzas Escribo o teu nome E polo poder dunha palabra Reinicio a miña vida Nacín para coñecerte Para nomearte Liberdade

NOELIA BLANCO PÁJARO: Hai un silencio namorado que existe entre as cousas, entre nós; un silencio no que calan os amantes e non se oe nin pasar o vento. Ese silencio namorado fálase en todas as linguas:

ALBERTO BLANCO IGLESIAS : Cuidado. O amor é um pequeno animal desprevenido, uma teia que se desfia pouco a pouco. Guardo silêncio para que possam ouvi-lo 22


desfazer-se. (Casimiro de Brito Intensidades, 1995)

PABLO GARCÍA CASTRO: Cando todo parece naufragar, ás veces, só necesitamos que nos collan a man. Unha man que aloumiña, protexe, dános seguridade, arrástranos cara adiante, une ... unha man que nos ama.

SERGIO QUINTEIRO: Si el món s'ensorra avisa'm, però mentrestant, agafa'm la mà! (Xelo Llopis Roca) (Se o mundo se derruba avísame, pero mentres tanto, cólleme a man!)

RIGHTHEOUS BROTHERS: Melodía desencadenada : AUDIO 23


NOELIA BLANCO PÁJARO: E quen dixo que un matemático non pode falar de amor á súa maneira?:

FRANCISCO RODRÍGUEZ : A= (a+i+x)k Amor(A) é a suma do apego persoal(a), o investimento parenteral ou familiar(i) e a sexualidade(x), e todo iso afectado polo ámbito(k). Matemático y geométrico Volver a ser entero y racional quiero desde que te quiero, pues convertido en feliz decimal mi unidad sólo es deseo. Y soy tangente que te toca, mediatriz que te divide, un vector entre tus rosas, el sustraendo que te pide. Soy la raíz de la potencia del beso enésimo que te di, un polinomio de urgencias, un subconjunto de ti. Soy compás en torno a tu boca, soy el arco de tus ojos, soy la cuerda que cortas con el radio de tu antojo. Volver a ser entero y racional puede resultar igual a cero. La cordura no puede hacerme mal, 24


si y sólo si, la recobro y no te pierdo. (Mario Daniel Casas)

PABLO GARCÍA CASTRO: Aínda que non saibamos contar:

BEA BOÁN : Dame, Amor, besos sin cuento, asida de mis cabellos, y mil y ciento tras ellos y tras ellos mil y ciento, y después de muchos millares, tres; y porque nadie lo sienta, desbaratemos la cuenta y contemos al revés. CRISTÓBAL DE CASTILLEJO

25


THOMAS NEWMAN: American Beaty : AUDIO

PABLO GARCÍA CASTRO: O amor entre persoas do mesmo sexo, amor lésbico, amor homosexual, por fin un dereito acadado coa lei do matrimonio:

CRISTINA COSTELA SEARA : Todo empezó con un sí quiero. Sí quiero aceptarme a mí misma/o. Sí quiero que en el instituto me entiendan. Sí quiero que mis amigos me apoyen. Sí quiero compartir mi vida contigo. Sí quiero que mi familia me acepte. Sí quiero que en mi trabajo me respeten. Sí quiero tener hijos. Sí quiero casarme contigo.

26


PABLO GARCÍA CASTRO: De todos os amores, non hai Amor máis grande que o amor dunha nai ao seu fillo. Xela Arias escribe un poemario completo sobre este sentimento:

MARCOS DOVAL ESTÉVEZ : Darío a diario. Invasión que se me convén fantástica. Invasión sen ocasión. Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns, de roupiñas pequenas e xoguetes de colores, de risas, choros, agarimos, agarimos. Darío a diario. A túa man ocupa un cuarto da miña xigante, por iso detesto un pouco tantas palabras. Todas para ti, ¡son a raíña parlante!, ¡emperatriz de sonidos guturais en diante!

NOELIA BLANCO PÁJARO: O amor tamén pode inventarse, pode ser un amor inesperado, un desexo que cambia todos os plans e programas, unha relación de entregarse un ao outro.

27


PILAR LÓPEZ: Alégrate que vén a noite e o seu prodixio de enganosas sombras. A túnica nocturna acomoda os desexos no recanto máis teu e escintila a razón na bóveda de estrelas. O amor, o milagroso amor ascende á flor do sangue e os humanos levantan co seu cantar o universo. (GONZALO NAVAZA)

GRIEG: Norwegian Dance no3 : EN DIRECTO . BANDA LAXEIRO

PABLO GARCÍA CASTRO: Asemade, o amor pode ser egoísta, posesivo:

28


CARLA GONZÁLEZ SILVA: Te quiero Tus manos son mi caricia, mis acordes cotidianos; te quiero porque tus manos trabajan por la justicia. Si te quiero es porque sos mi amor, mi cómplice, y todo. Y en la calle codo a codo somos mucho más que dos. Tus ojos son mi conjuro contra la mala jornada; te quiero por tu mirada que mira y siembra futuro. Tu boca que es tuya y mía, Tu boca no se equivoca; te quiero porque tu boca sabe gritar rebeldía. Si te quiero es porque sos mi amor mi cómplice y todo. Y en la calle codo a codo somos mucho más que dos. 29


Y por tu rostro sincero. Y tu paso vagabundo. Y tu llanto por el mundo. Porque sos pueblo te quiero. Y porque amor no es aureola, ni cándida moraleja, y porque somos pareja que sabe que no está sola. Te quiero en mi paraíso; es decir, que en mi país la gente viva feliz aunque no tenga permiso. Si te quiero es por que sos mi amor, mi cómplice y todo. Y en la calle codo a codo somos mucho más que dos. (MARIO BENEDETTI)

ROBBIE WILLIAMS & NICOLE KIDMAN: Something stupid : AUDIO NOELIA BLANCO PÁJARO: A poesía e o amor convértense en puro erotismo, no espello dos sentimentos máis apaixoados:

30


CHRISTIAN ORO GARCÍA : Deixei que el me tocase porque me gustaba ser tocada. Como unha frauta para un indio. Como un instrumento dun país libre. (Lupe Gómez)

NICOLA PIOVANI: La vida es bella. : EN DIRECTO. CUARTETO CORDA PABLO GARCÍA CASTRO: O amor e a poesía permítenos expresar todo tipo de amor e de sentimentos. Mesmo, o amor polos libros.

JENNIFER RODRÍGUEZ GARCÍA: Para fugarnos de la tierra un libro es el mejor bajel; y se viaja mejor en el poema que en el más brioso y rápido corcel. Aun el más pobre puede hacerlo, nada por ello ha de pagar: el alma en el transporte de su sueño se nutre sólo de silencio y paz. (Emily Dickinson)

31


PROKOFIEV: Capuletos e Montescos : AUDIO

NOELIA BLANCO PÁJARO: O amor como escusa, como comparación; tamén, como sentimento de unión coa humanidade, como petición de igualdade, de xustiza. O amor supremo.

MONTSE VÁZQUEZ FRAIZ : "A TORTURA” DICIMOS da xustiza que é cega, como o amor. Preparamos o berro. Incendiamos as tempas. Baleiramos os ollos." (María do Cebreiro, OS HEMISFERIOS)

PABLO GARCÍA CASTRO :

32


Non podemos rematar este repaso poético sen lembrar a Celso Emilio Ferreiro, ese que soubo converter un nome en todo un símbolo do amor, que soubo expresar tanto con tan pouco:

GRACIA SANTORUM : Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando é noite pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. 33


Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima. Digo Moraima cando a mañá é crara. Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non dicir Moraima.

NOELIA BLANCO PÁJARO: Porque o amor tamén é desamor, este poema de Idea Vilariño:

ALBA GARCÍA GONZÁLEZ Ya no será, ya no viviremos juntos, no criaré a tu hijo no coseré tu ropa, no te tendré de noche 34


no te besaré al irme, nunca sabrás quien fui por qué me amaron otros. No llegaré a saber por qué ni cómo, nunca ni si era de verdad lo que dijiste que era, ni quién fuiste, ni qué fui para ti ni cómo hubiera sido vivir juntos, querernos, esperarnos, estar. Ya no soy más que yo para siempre y tú Ya no serás para mí más que tú. Ya no estás en un día futuro no sabré dónde vives, con quién ni si te acuerdas. No me abrazarás nunca como esa noche, nunca. No volveré a tocarte. No te veré morir.

CRISTINA COSTELA SEARA : Namorarse é amar as coincidencias, amar é namorarse das diferenzas. O amor non é fantasía, o amor é poesía. E por iso, hoxe, estamos aquí: Porque queremos reclamar o Amor na Igualdade, o Amor homosexual, o Amor sen dominación. Porque todas as persoas están completas por si soas. Porque ninguén necesita a ninguén para ser feliz. Porque non somos medias laranxas, senón laranxas enteiras (de sermos laranxas) E porque non, o amor non fai sufrir. O amor non se demostra con celos, con bágoas. O amor non pode con todo.

35


XABIER GALEGO : E por iso agasallámosvos un poema propio de voso: Se ti estás en Lalín en Lalín non hai ninguén máis e se non estás en Lalín en Lalín non hai ninguén (versión propia de Epigramas de Ernesto Cardenal)

36


BACH, PARTITA. VIOLÍN : HELENA SANTALLA

37

Amor no laxeiro 2017  

Amor no laxeiro 2017

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you