Page 1

QUE LINGUA TAN PORCA!!!! Para algúns seica o galego é un idioma mal soante. Se un quere insultar o fai en galego porque o insulto soa peor. Se un di: -Vete a tomar por el culo, a frase soa moito máis fina que se dis: - Vai tomar polo cú. Por iso houbo tantas protestas cando Shin Chan saía na TVG. Agora eses debuxos bótannos en A3 pero ninguén protesta porque Sinosuke di: - Culito, culito (porque parece que estás a dicir Cultito, cultito), pero claro cando saía na tele gaita o condenado berraba: - Cuíño, cuíño (que soa a un curricho durante a matanza) e iso de ensinar aos nenos a dicir culo en galego é unha porcallada. Por iso agora Feijoo está empeñado en que os nenos aprendan inglés, para dicir os insultos no idioma finolis de Hollywood. Por iso nas manifestacións contra o Decreto do Galego a xente poderá insultar finamente: “ FEIJOO O DECRETO MÉTEO POLO ASS” (Vedes que ben soa?)


A lingua con retranca  

A lingua con retranca...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you