Page 1

Latricada

15 de xuño de 2018

B o le t ín d a s L e tr a s d o IE S N1 d e R ib e ir a Beizos húmidos

FELIZ

Ollos pechados

E deuse conta de que podía ser feliz, estar contenta consigo mesma.

Lembrando tempos mellores Nos que había amor

Sen sentirse unha estraña ó mirarse ó espello.

Afundida no control, Xa non é ela mesma

Sen sentir que ninguén a quería, que non encaixaba, que non valía para nada.

Soterrada en vida

Un corpo sen alma Sen ser

Deuse conta de que podía encontrar o seu lugar no mundo, de que a espera pagara a pena, de que cada bágoa que vertera anteriormente converteríase nun sorriso.

Sen vontade Sumida na D O R

Deuse conta de que quizais algún día chegaría a ser feliz.

Sabendo o camiño Indo sen rumbo Dubidando A onde quere chegar?

Clara Rego. Gañadora do II Certame de Poesía na Categoría B (fragmento).

Lucía Santiago. Gañadora do II Certame de Poesía na Categoría A.

O galego a escena No taller de teatro participamos alumnado de varios cursos, 3º e 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Esta actividade axudounos non só a relacionarnos con xente do noso curso, senón con rapaces e rapazas doutros e facer amigos. Aínda que neste curso non puidemos representar ningunha obra, debido á falta de tempo, aprendemos a expresarnos, a facer monólogos, a improvisar e a falar en público para que tanto a xente do final da sala coma a xente que estea cerca nos escoiten. A profesora que nos organizaba e ensinaba foi Marga (a profesora de Tecnoloxía) coa colaboración de Pablo Pardavila (alumno, ou mais ben exalumno de 2° de Bacharelato). Foi unha actividade moi entretida e que realizamos os luns de 13.40 ata as 16.00, con comida incluída. En definitiva, pasámolo moi ben, rimos e aprendemos. Julieta Maño


Así foi a Olimpíada Matemática 2018 Este ano celebrouse a 8ª Olimpíada matemática e decidimos presentarnos xuntas. Non era a primeira vez que participabamos e Sara xa fora gañadora o ano pasado, polo que coñeciamos as regras e obxectivos da actividade. Queremos contarvos un pouco sobre a nosa experiencia ao longo das fases e tamén sobre o premio final, xa que este ano fomos gañadoras. A primeira fase consistía en colgar na aula virtual unha fotografía feita por nós e poñerlle un título que demostrase a súa relación coas matemáticas. Nesta primeira proba faltounos a inspiración, aínda que ao final quedamos satisfeitas co noso traballo. A nosa foto eran dous manequíns dun escaparate e o título era: “Aureamente perfectos?”. A idea era empregar o número áureo para comprobar se verdadeiramente os manequíns eran perfectos, xa que estes son os canons de beleza que se venden na actualidade e a nosa era unha especie de crítica cara á sociedade “perfecta” de hoxe en día. Nesta fase quedamos fóra dos 10 primeiros que recibían o premio, pero a nosa ilusión non rematou nin tampouco as nosas posibilidades. A segunda fase duraba unha semana de clase. Cada día publicaríase unha pista sobre un personaxe e unha pista sobre un lugar, o obxectivo era adiviñalos. Esta proba resultounos moito máis sinxela ca a anterior e foi intrigante ter que seguir unha serie de pistas ata chegar a unha única conclusión. Nesta fase si que conseguimos chegar a estar entre os 10 primeiros, en concreto de 8ª.

sétimas. A euforia que sentimos foi enorme e eu fun correndo a contarllo a Sara. A ambas nos encantan os deportes extremos e que había mellor nese momento que pasar dous días en Padrón cos nosos compañeiros facendo rafting e outras actividades do estilo. Por fin chegara o día da viaxe e nós estabamos moi nerviosas. Fomos en coche ata o punto de encontro, onde xa se atopaban unhas rapazas xogando ás cartas. Estabamos algo cortadas ata o momento no que nos convidaron a xogar e comezamos a falar todas xuntas. Cando non faltaba ninguén e xa remataramos de comer, fomos dar un paseo para facer tempo ata a hora na que tiñamos que ir facer unha das actividades. Comezou a chover ao estarmos todos preparados e dispostos a facer rafting, aínda que isto non nos detivo. Fomos en furgonetas ata o río e baixamos todos xuntos as barcas, con coidado e cooperando. Cos grupos feitos subimos ás barcas e o monitor explicou as cousas necesarias que tiñamos que saber. Durante as horas de rafting fixemos un xogo de equilibrio, baixamos por rápidos, abordamos outras barcas para tirar os nosos compañeiros. No tramo do final deixáronnos ir flotando e nadando polo río ata chegar a unhas

pedras grandes. Aquí foi cando os monitores puxeron do revés as barcas de maneira que nós colliamos carreira e escorregabamos por enriba. O que verdadeiramente rematou coa actividade dese día e nos fixo especial ilusión, foi tirarnos da ponte. Pola mañá almorzamos e fixemos paintball en lugar das actividades previstas debido ao mal tempo. Mollámonos un montón, pois para evitar os disparos do opoñente algúns arrastrabámonos polo chan mollado. Fixemos diversos xogos de atrapar a bandeira e un de correr arredor do campo mentres nos disparaban (mestres VS alumnos). Comemos en Padrón e estivemos xuntos ata a hora da recollida. Foi moi divertido e recomendámosllo a calquera. Impresionounos o feito de que a pesar da diferenza de idades nos leváramos todos tan ben. Podería dicirse que fixemos novos amigos e levamos unha experiencia extraordinaria para a casa. Oxalá puidéramos repetir para o ano!

Sara Fernández Lucía Santiago

A derradeira fase era a xincana matemática. Tratábase de probas de enxeño matemático e de orientación, ademais este ano engadiuse unha proba física. Na nosa opinión, esta foi a mellor das tres fases. Resolvemos as probas, e corremos polo instituto adiante en busca do lugar que marcaba o noso mapa en función da resposta. Iso si, houbo estrés e tensión, pero á vez moitas risas e compañeirismo. A innovación da proba física foi unha boa idea e esperamos que permaneza o ano que vén, pois coas boas experiencias e recordos que temos sen dúbida pensamos repetir. A nós tocounos pelar unha laranxa dunha soa vez, e Lucía, que non sabía nin sabe pelar patacas, conseguiuno sen dificultade. O peor foi rematar todo e ter que esperar polos resultados. Levamos unha gran sorpresa posto que quedamos

Páxina 2

Latricada


ERASMUS+ Unha viaxe no tempo ENTREVISTA A JUAN GAGO, coordinador do proxecto. P: En que consiste este proxecto ERASMUS que se desenvolve no noso centro este ano? Cada ERASMUS+ trata sobre un tema determinado e debe ter un título. Este é "Unha viaxe no tempo" e intenta reconstruír, baseándonos en distintas crónicas e acuarelas da época, a viaxe que realizou dende Florenci a Santiago de Compostela, Cosme III de Medici en 1668/1669. Neste proxecto analízanse distintos aspectos desa viaxe e compáranse cos da actualidade a nivel político, económico, social e cultural. P: Canto profesorado e alumnado participou? Están a colaborar varios profesores do equipo docente do IES Nº 1. Os máis implicados son os departamentos relacionados directamente cos temas que aborda o proxecto como son Música, Ciencias Sociais, Educación Plástica e Visual ou Informática. Outro compañeiro axúdame co tema da difusión nos medios e a contactar coas autoridades do Concello ou distintas organizacións locais. Tamén conto coa colaboración dos profesores de Inglés e de Galego que me axudan nas correccións dos textos. A parte final do ERASMUS+ require unha avaliación do impacto que este está a ter no centro, nos estudantes e nas familias, e para medir este impacto espero contar co departamento de Matemáticas para facer varios estudos estatísticos.

ENTREVISTA A MAME IBRAHIMA, alumno Erasmus. P: Como coñeciches o proxecto ERASMUS no que participaches este curso? Coñecín o proxecto grazas ao meu profesor. P:En que actividades colaboraches? Colaborei en moitas actividades cos meus compañeiros, por exemplo nunha actividade musical na que cantei unha canción con outra compañeira. Ensaiamos e logo actuamos cando recibimos o alumnado de intercambio.

A todos eles lles teño que agradecer a súa colaboración e a verdade é que me sinto moi apoiado no centro tanto polos compañeiros como polo equipo directivo. P: Formaras parte doutro proxecto similar en cursos anteriores? Non directamente, pero eu levei as actividades extraescolares en varios centros e nese traballo tiña contacto cos profesores que levaban este tipo de intercambios europeos e sempre sentín ganas de coordinar un proxecto deste tipo. P: Cales son os aspectos máis positivos que destacarías deste proxecto? Un dos aspectos que máis me motiva para seguir traballando é ver a ilusión do alumnado e das familias depositada no proxecto. Tamén encontro moi enriquecedor ver como funcionan outros sistemas educativos ou intercambiar distintas experiencias cos profesores doutros países. P:Habería algo negativo? O exceso de burocracia, pois todo debe ser xustificado en distintas plataformas da axencia nacional ou mesmo nas redes sociais deixando constancia de cada paso que se vai dando.

P: Recomendarías ao profesorado de secundaria que organizase intercambios deste tipo co seu alumnado? Si, absolutamente. Tanto para o alumnado como para o profesorado, o feito de saír da rutina das aulas e adquirir coñecemento noutros escenarios é moi enriquecedor. Animo a todo o mundo a participar neste tipo de proxectos. P: Poderías contarnos algunha experiencia ou anécdota da que gardes mellor recordo de entre todas as actividades realizadas? Estame a chamar a atención como se van intensificando as relacións entre os alumnos e as familias dos distintos países conforme vai desenvolvéndose o proxecto. Nalgúns casos están organizándose entre eles para encontrarse pola súa conta no verán. P: Tes pensado volver organizar un proxecto similar no futuro? Polo de agora estou moi centrado neste proxecto, pero a verdade é que xa teño en mente outros intercambios de cara ao futuro que me gustaría materializar.

P: Viaxaches a algún dos países implicados? A cal? Si, viaxei a Portugal! P:Que aspectos positivos destacarías do proxecto? O coñecemento da cultura, o idioma , a xente e convivir con outras persoas. P: Algún negativo? Só diría que houbo viaxes nas que estabamos cansos. P:Poderías contarnos algunha experiencia da que gardes un recordo especial? Recordo que o primeiro día, cando nos recibiron as familias, fomos

pasear por Lisboa e no camiño atopamos un home que vendía pulseiras na rúa, era senegalés. Comezou falar con nós, falou comigo no noso idioma común e despois, deunos unha pulseira a cada un dos amigos como agasallo. P:Recomendarías aos teus compañeiros e compañeiras participar en proxectos coma este? Recomendo fortemente participar nestes proxectos.

EDLG Nº1 Páxina 3


Ciencia en galego: Matemáticas, esas descoñecidas As matemáticas. “Esas cousas” que, cando alguén fala delas, fan a moitos pensar no mal que llo fixeron pasar no instituto ou tamén esas cousas aburridas que ao fin e ao cabo "nunca rematamos por usar", e infinitas cousas máis. Mais poucos pensan en todo o traballo que teñen detrás, en todas esas persoas que investiron o seu tempo en estudalas e en darlles a forma que coñecemos hoxe. Por iso para nós non son unha materia máis. Profundamos nelas dunha maneira divertida e interesante no taller de matemáticas. Ademais diso, o principal que facemos é coñecer o traballo que fixeron moitas mulleres, pero que en moitos casos foron eclipsados polo dun home, ou non se deron a coñecer, directamente. Mediante fichas, xogos e interesantes proxectos, imos rabuñando a superficie do intricado mundo das matemáticas e sacando a relucir eses segredos que sempre estiveron tan agochados e foron tan descoñecidos durante tantos anos, tamén coñecidos como mulleres matemáticas.

Foi unha vivencia moi interesante que agradezo ter experimentado, coñecer outra parte das matemáticas, ademais da do lado académico, e facer tamén unha pequena homenaxe a todas esas mulleres que foron descoñecidas ata o de agora, recordareino sempre con agarimo. Durante estes dous anos de taller, incluso fixemos algunha excursión. Unha delas foi á facultade de Matemáticas, onde a profesora Helena Vázquez nos deu unha charla sobre algunhas das mulleres que nós estabamos coñecendo, e que foron tan importantes para descubrir moitos dos coñecementos que hoxe posuímos. Sen lugar a dúbidas, foi unha experiencia inesquecible. Porén, ademais de enriquecernos culturalmente, tamén pasamos bos momentos cos amigos e desfrutamos moito comendo neses mediodías entre risas, cifras e as matemáticas: esas descoñecidas. Desirée González

Frases de profesores/as “Estades atentos a todo, menos ao

que hai que atender” Dolores Calo. “Vas levar un sopapoide aniquilador” Manolo Mariño. “Alguén quere ter una cita no recreo comigo, amores? María Brocos. “Ai, dios mío, estades en Babia!” Trini. “The next!” Benedicto.

“El que vuelva a hablar se va a quedar conmigo hasta las diez, eeh” Julio Catalán. “Cada ovella coa súa parella” Cándido. “Se

non atendedes ídela palmar todos” Juan Quintáns.

Gisele Pérez Michelle Sobrido Sergio Santiago

Novidades no

@edlgnumeroun @biblioiesn1ribeira

Final curso  
Final curso  
Advertisement