Page 1

Latricada B o le t ín d a s L e tr a s d o IE S N1 d e R ib e ir a 17 de maio de 2018 os picapiedra este nadal heille deixar ós reis magos máis ghalletas có anterior, porque a miña abuela está a disir que tamén andan en crise . e non quero ser egoísta que ademais os nenos de África tamén queren xoghetes . non si? . a miña abuela tamén di que o reghalo máis ghrande é o que non se pode ter con cartos (non hai quen entenda e máis vendo como se poñen tódolos maiores cando ven o anunsio da lotería “ai, a quen lle tocara...”) di a abuela que ter pan na mesa e estarmos todos reunidos éche o millor das navidades.

(Inda que tampouco o entendo porque en canto empesamos a comer os laghostinos todos xuntos á mesa empesan todos a ghritar non sei que de cousas B que se puchamont ou que se os picapiedra tanto Pedro e tanto Pablo) . ai! outra cousa que non entendo é: se estes reis magos veñen de onde os marajás de oriente como é que non teñen cartos? . o vesiño disque lles vai pedir o aifon des e os rapases da escola a nova pleiestéixion . pobriños, non saben que os reis magos están en crise Pablo Pardavila

Daniel Abad

Lucía León


María Victoria Moreno María Victoria Moreno Márquez naceu o 1 de maio de 1939 en Cáceres (Extremadura) e morreu o 22 de novembro de 2005 en Pontevedra. Foi escritora de literatura infantil e xuvenil en galego, e profesora da ESO en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Utilizou o pseudónimo de Peregrina Pérez. Este ano é a figura protagonista do Día das Letras Galegas. É a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva este recoñecemento na historia da celebración. Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Participou activamente na vida cultural e política do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio; colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección “Árbore” da editorial Galaxia.

Como profesora, afanábase na

procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe. Fronte ás prohibicións, a censura e o medo, María Victoria ofrecía liberdade e xogos. Alimentaba os seus “cachorros” de palabras fermosas. A eles deixou en herdanza a súa biblioteca persoal. Algunhas das súas obras son: Eu conto, ti cantas (2005, literatura infantilxuvenil), Diario da luz e da sombra (2004, ensaio), Querida avoa (1993, narrativa), Elexías de luz (2006, poesía), Anagnórise (1988, literatura infantil-xuvenil).

© Consello da Cultura

En definitiva, esta muller é un exemplo das moitas persoas que loitan pola nosa cultura, pola nosa literatura, pola nosa lingua. Temos que agradecerlle todos os seus esforzos por levar adiante a nosa cultura, e que mellor forma que dedicándolle o Día das Letras Galegas? Carla Ayaso e Diana Rey

O Día das Letras Galegas O Día das Letras Galegas, día festivo en Galiza, é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega co obxectivo de facer homenaxe a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa de dita lingua.

© Real Academia Galega Cada ano, este día é dedicado a unha personalidade distinta, escollida Real Academia Galega,

Páxina 4

tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende a súa data de defunción. Dende a instauración desta celebración cultural, unicamente en 1998 houbo una dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas. A data de celebración deste evento é o 17 de maio, debido a que se corresponde co día no que, en 1863, se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou Renacemento cultural do galego. Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación da obra, a Academia debería

consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual”. O día das Letras Galegas conmemórase nos centros de ensino facendo exposicións, actividades educativas e actos con música e poesía. Hai tamén eventos, como por exemplo no museo Liste de Vigo, que abranguen actividades para todos os públicos, desde exposicións hasta murais para os máis pequenos. Martina Osorio e Rosalía Navarro

Latricada


Do instituto á universidade Levan toda a vida dicíndonos “o cambio da ESO a Bacharelato é moi grande”, cando o verdadeiro cambio vén despois. É certo que o paso a Bacharelato implica un cambio, pero cun pequeno esforzo lévase ben. Cando vas á universidade, ademais de aumentar a dificultade da materia a estudar, tamén tes que aprender a valerte por ti mesmo, xa que nós, os ribeirenses, temos que ir fóra se queremos ter estudos universitarios. O primeiro ano é moi duro: nova cidade, novos profesores, novos compañeiros e novos estudos. É un proceso de adaptación polo que todos temos que pasar, pero sempre é máis duro para uns que para outros. Aínda que nós as dúas estudamos carreiras completamente diferentes (Física e Filoloxía Inglesa na USC), ambas coincidimos co cambio que supón este novo curso. As aulas pasan a estar repletas de xente, é posible que non coñezas o nome de todos os teus compañeiros ao remate do primeiro cuadrimestre, e os profesores tanto poden subir apuntes ao campus virtual como desentenderse do tema. Ata xaneiro tes unhas materias e despois cámbialas por outras distintas, polo que tamén cambias de profesores. Pasas de estudar en época de exames a ter que estudar todos os días, e non te

sorprendas se aínda así suspendes! Ao principio é normal suspender algúns exames, xa que son moi distintos aos que estamos acostumados a facer: no caso das letras, son moito máis densos; e no caso das ciencias, nunca terás nun exame un exercicio como os que fas na clase. Aínda que parece que a universidade está chea de cousas negativas, tamén ten a súa parte positiva: coñeces moita xente nova e de moitos lugares distintos, tes máis liberdade e, o máis importante, estudas o que che gusta. Por moito que che custe adaptarte ao principio, non te desmoralices por suspender algunhas. Sempre e cando estudes o que verdadeiramente che gusta, sacarás o curso adiante xa sexa antes ou despois; non te cambies para outra carreira só porque sexa máis doada, loita por estudar o que che gusta, xa que o teu futuro depende diso. Ao haber tanto alumnado nas aulas é normal que o profesorado non poida adicar moito tempo a resolver dúbidas na clase, pero non é certo iso de que non se preocupan polos alumnos: eles dispoñen dunhas horas para titorías no seu despacho, polo que dispós da súa axuda, aínda que tamén hai xente de cursos superiores dispostos a axudar proporcionando apuntamentos e demais cousas.

O xeito de distribuír o horario das clases e a maneira de dalas é moi diferente, non só comparándoo co instituto senón tamén entre as diferentes carreiras. Non é obrigatoria a asistencia a clase, xa somos todos “grandiños” e cada un toma a súa propia decisión (aínda que somos conscientes de que ir a clase axuda moito a comprender as cousas, é complicado preparar a materia un mesmo). O método de avaliación tamén cambia: na maioría dos casos xógaste todo a un único exame, polo que é moi importante levar a materia ao día a poder ser. Aínda con todos estes cambios e complicacións, podemos admitir que a etapa universitaria é unha época moi boa das nosas vidas, xa que descobres moitas cousas novas por ti mesmo e desfrutas de novas experiencias asumindo as consecuencias das túas propias decisións. Nerea Enríquez e Andrea Santos

Escudo USC

Frases de profesores/as “Yes very well fandango non metiches a pata no fango” - Manolo Mariño.

“Aprovechando que el Pisuerga pasa por Valladolid” - Alejandro Amor. “Se non atendedes ídela palmar todos” “Esto é o máis difícil, o resto son cousas de primaria xa” - Juan Quintáns.

sea buena, bonita y barata” - Marcelino.

“Queres ir cun parte pra casa?”- Xan. “The class is ooooover!” -Javier Casamitja“Clin, no, pero gracias por participar” na. Andrés. “Non podedes facer unha tortilla coa re“Reeeeespiramos” - Marta Ojea. ceita da empanada” - Cándido. “Copiar este esquemilla en la libreta” “Tu no mires a la pantalla que igual te Miguel Ángel. duele la vista” -Mara. “¡Oigan!” “Calamos!?” -Teresa Iglesias. “Quien no sueñe con esto, suspende” “Es que me voy a hacer el harakiri” Juan Hermida. María Placín. “Monines, voy a intentar que la excursión

Rosalía, Martina e Diana Páxina 5


Entrevistamos

a un profesor, Miguel Ángel, e a unha alumna, Gemma Alfonsín

P: Como ves o acoso sexual / infantil / cibernético? M.A.: Vai aumentando porque aumenta cada vez máis o uso das redes sociais. Hoxe en día os nenos teñen á súa disposición aparatos móbiles e redes sociais . Antes, se sufrías acoso era só fóra da casa, pero agora no fogar tamén estás exposto a el. G.A.: O acoso por definición é un ataque á liberdade do individuo que non ten xustificación. Debemos rexeitar calquera tipo de acoso, sexa cal sexa.

M.A.: Depende das decisións de cada un a nivel de estudos. Actualmente o que máis saída profesional ten é a enxeñaría e a formación profesional técnica, penso que esta última é a máis rápida e sinxela para asegurarse un posto de traballo. G.A.: O acceso a un traballo hoxe en día é complicado, pero coido que non cabe renderse. Temos que formarnos máis e mellor. Penso que as dificultades se atopan sobre todo ao principio, unha vez que se ten a oportunidade de as capacidades, P: Por que cres ti que debe haber demostrar simplemente depende dun mesmo. igualdade entre homes e mulleres? M.A.: Porque todos somos seres P: Como cres que inflúen as novas humanos e somos iguais. tecnoloxías na vida das persoas? G.A.: Pola simple razón de que a M.A.: Son utilizadas para practicamente diferenza de sexo non xustifica unha todo, comprar, estudar, pagar as diferenza nos dereitos, de ningún xeito facturas, etc. se pode discriminar . G.A: As novas tecnoloxías depende de P: Que mellorarías na sociedade como se usen. Son un claro avance para todos e en todos os sentidos. actual? M.A.: Vexo necesario inculcar igualdade Achegan grandes vantaxes, pero como dende pequenos, tanto na escola como todo, teñen a parte negativa de quen as usa para facer mal. Debemos aprender na casa. G.A.: Moitas cousas pero, basicamente, a usalas. a solidariedade. A sociedade actual é P: Que mellorarías do ensino actual? enormemente egoísta e insensible con M.A.: Vexo necesario un menor número respecto aos demais. de alumnos por clase, así, o profesor podería ter un maior trato con cada un. P: Que expectativas de traballo ten a Tamén melloraría os contidos, de forma xente nova hoxe en día? que fosen máis adecuados, realistas e

Test da igualdade 1 Cando falan de sexo débil, pensas nas mulleres? A Si B Non 2 Cando unha muller estivo con moitos homes, non se respecta a si mesma? A Si B Non 3 Se unha muller fala moito cun home dás por suposto que ‘anda detrás del´? A Si B Non 4 Se unha muller di que a violaron, podo pensar que foi pola súa roupa ou actitude? A Si B Non 5 Se unha muller quere deitarse cun home, e despois cambia de opinión, quere en realidade facelo? A Si B Non 6 Se unha muller xoga a algún deporte, dáse por suposto que vai ser peor ca un home pola súa complexión física? A Si B Non 7 Se a túa parella non quixera ensinarche conversacións dela con outra persoa. Enfadaríaste? A Si B Non 8 Imaxina que fas un chiste machista e unha rapaza séntese ofendida. É unha amargada? A Si B Non 9 Es dos que pensa: E para cando “Día do Home”? A Si B Non 10 Pensas que unha rapaza que viste moi provocativa é una vergonza para o colectivo feminino? A Si B Non

Se a maioría destas respostas son a opción ¨A¨, tes actitudes machistas. O machismo non é persoal nin subxectivo, é unha conduta tóxica que limita e oprime, e por suposto senta as bases de cada agresión por violencia de xénero. Xera odio cara ao colectivo feminino e debe frearse. Aínda que o DRAE se refira ao sexo débil como “conxunto de mulleres”, é doado adiviñar a connotación despectiva do termo. Unha muller non ten por que ser menos forte ou intelixente polo seu xénero, non son calidades xenéticas, xa que se poden adestrar e mellorar. Cada quen é un mundo, e ninguén debe dar explicacións sobre a súa vida privada. Insinuar que unha persoa se respecta máis ou menos, infravalora o seu dereito a tomar decisións libremente. O que dirán remata multiplicando as inseguridades,e limitando a liberdade propia. Desgraciadamente, as mulleres son xulgadas antes pola súa roupa, físico ou “feminidade”, que polo seu intelecto ou personalidade. Debido a estas ideas, permítense as preguntas do tipo: gue tiñas posto?, bebiches aquela noite?, que fai unha rapaza na rúa tan tarde?, nalgún que outro xuízo de violación.

con aplicacións na vida. G.A.: Actualmente o ensino é pura competición… Valóranse máis as túas cualificacións nos exames que os teus coñecementos… Debería centrarse en aprender, aínda que fosen menos cousas, ou non en tanta profundidade…No formato actual o que se busca só é que teñas as nocións de cultura xeral mínimas ao rematar o instituto. P: Deberían potenciarse máis os idiomas e o intercambio con outros países? Por que? M.A.: Claramente si, nun mundo globalizado, os idiomas son moi importantes. Hai que saír, e pasar polo menos un ano fóra. Este tipo de experiencias cambian a túa forma de ver as cousas e a nivel persoal. G.A.: A globalización é algo real. Pensar e comunicarnos é o que nos diferencia dos animais, claro que é importante coñeceras linguas faladas noutros países, pois a día de hoxe estamos en contacto continuo con todo o planeta.

Diana Rey e Martina Osorio

O problema é que educamos as nenas para ter medo cando saen da casa, antes de educar os nenos para que sexan tolerantes e traten as súas compañeiras coma iguais. Un NON é un NON... de borracheira, cun escote ata o embigo, soa ou ás tres da mañá dun sábado pola noite. Un NON segue sendo un NON ata cando xa dixeches si, ou despois de facelo algunha outra vez. O respecto debería ser un valor fundamental para vivir na sociedade, antes de facer calquera comentario negativo, pensa en realidade se o teu criterio non está influenciado polo entorno ou aprobación dos teus compañeiros. Todo ten un límite, cando ofendas pide perdón e intenta autocorrixirte. Pensa antes de chamarlle guapa, porque ela non cho pediu. Non a presións, nin a controles. Non a mires coma unha lambetada, ela non está á venda.

Elena Abadín

Novidades no

@edlgnumeroun

@biblioiesn1ribeira

Latricadas 1  
Latricadas 1  
Advertisement