GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

Page 1

BibliotecaescolardoceiptorrecelaBibli otecaescolardoceiptorrecelaBibliotec aescolardoceiptorrecelaBibliotecaesc olardoceiptorrecelaBibliotecaescolar GUĂ?A DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR doceiptorrecelaBibliotecaescolardoce CEIP da Torre- Cela iptorrecelaBibliotecaescolardoceipto rrecelaBibliotecaescolardoceiptorrec elaBibliotecaescola


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Índice           

Localización Os usuarios Horarios Os espazos Servizos da biblioteca A organización dos recursos materiais Recursos humanos Préstamos Normas da biblioteca Normas de uso do ordenador Participación

Páxina 2 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

A BIBLIOTECA A biblioteca é un lugar para ler, informarnos, aprender e acceder ao coñecemento. É un espazo que debemos utilizar para actividades relacionadas coa lectura e a aprendizaxe. Está situada na planta baixa. Entrando pola porta principal debes dirixirte polo corredor da dereita onde atoparás a “Torriño”, a mascota do noso colexio.

OS USUARIOS Poden utilizar a biblioteca escolar o alumnado do centro, as familias, os mestres e mestras, o persoal non docente; tamén os veciños e antigos alumnos. Para poder levar libros en préstamo necesitas o carné. O carné da biblioteca farase ou renovarase ó iniciar o curso a alumnos, profesores e persoal do centro. As nais e pais que queiran facer uso da biblioteca levarán o carné a primeira vez que leven un libro en préstamo. Non se pode levar ningún recurso en empréstito sen estar na base de datos. Débese presentar o carné da biblioteca para retiralo. Ten que haber como mínimo un mestre para que poidas facer uso dos servizos que a biblioteca ofrece. Contamos cun caderno de rexistro de incidencias, onde se anotan as dificultades ou variacións que non se poidan recoller na aplicación informática. Un libro de visitas onde queda constancia do paso dos autores, ilustradores ou outras personalidades relevantes. Unha caixa de correo, con forma de Torriño, recolle as suxestións que os usuarios queiran aportar.

HORARIOS A biblioteca está aberta pola mañá segundo o horario establecido ó comezo de curso. Cada grupo de clase ten un horario onde se pode asistir acompañado polo titor. Xunto co titor e outros mestres colaboradores pódense realizar préstamos /devolucións ou outras actividades das que iremos informando. No recreo os préstamos e devolucións faranse de acordo co horario establecido ó inicio de curso; tamén as consultas que se precisen usando todas os recursos ofertados pola biblioteca. Páxina 3 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Polas tardes está aberta os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas, coincidindo coas actividades extraescolares. Farase constar e informarase do uso da biblioteca en momentos determinados.

OS ESPAZOS Na biblioteca hai varios espazos:  Recanto para pequenos lectores con alfombra, mesas e banquetas pequenas .  Zona de lectura e consulta con mesas e cadeiras para traballar individualmente ou en grupo.  Espazo multimedia con catro ordenadores.  Audioteca  Mesa de préstamo e xestión.  Expositor de revistas e xornais  Expositor de novidades.  Expositor de libros de interese relacionados con algunha celebración, actividade ou tema traballado. Está situado no corredor a carón de Torriño, ou no interior a carón da porta de entrada.  Armario de producións propias. A biblioteca é recurso, información e ocio. Nela tamén se realizan proxeccións, charlas, contacontos, reunións…

Páxina 4 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

SERVIZOS DA BIBLIOTECA Para utilizar os servizos da biblioteca hai que ter o carné ou estar acompañado doutro usuario .  Ler no recanto de lectura e zona de traballo.  Realizar consultas nas enciclopedias -que non se poden levar como préstamos- ou internet.  Actividades de dinamización cultural e formación de usuarios.  As mesas de traballo son para que poidas escribir no teu caderno, folios ou mesmo usar outros soportes dixitais.  Acceder aos recursos para préstamo, ata un máximo de tres, e devolver antes dos quince días ou renovar o préstamo. No caso de perda ou deterioro dun libro deberás repoñelo ou abonar o seu importe, para incorporalo de novo á biblioteca. Os usuarios poderán perder o uso dos servizos ofertados se incumpren as súas responsabilidades. Os préstamos e as devolucións sempre serán rexistradas mediante o programa informático de xestión.

A ORGANIZACIÓN DOS MATERIAIS: O MURAL DA CDU

RECURSOS

Na biblioteca temos un mural situado na parede onde Torriño nos presenta con distintas cores, imaxes e cifras as nosas seccións dos recursos. 0 Xeneralidades, enciclopedias, dicionarios (marrón) 1 Filosofía e ética( azul) 2 Relixión e mitoloxía (vermello) 4 Producións propias (negro) 5 Ciencias exactas e naturais (verde) 6 Ciencias aplicadas (morado) 7 Arte, música e xogos( rosa) 8 Literatura (amarelo) 9 Xeografía, biografía e historia ( lila) Páxina 5 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Os documentos de non ficción están ubicados de arriba a abaixo e de esquerda a dereita en baldas, por orde alfabética de autor e título. Carteis sinaladores coas cifras da CDU e algunhas palabras, nos indican cal é a sección. Cada documento leva unha etiqueta rectangular na parte inferior do lombo, co número da CDU e tres primeiras letras do autor (en maiúscula) e tres primeiras letras do título obviando os determinantes. Esta clasificación permítenos localizar rapidamente os recursos. Nas baldas explicítase, con unha cifra, as sección xerais e con dúas cifras as división de cada sección tendo na fronte da balda a cor que aparece no mural da CDU. Os libros de ficción están en estantes clasificados por nivel lector. Levan un adhesivo de cor, na parte superior da etiqueta, no lombo do libro:

Vermella para prelectores de E.Infantil e 1º Ciclo Verde para lectores de 2º Ciclo Amarelo para lectores de 3º Ciclo.

Segundo a CDU encabezan a etiqueta os díxitos 82, a continuación colocamos N (narrativa), T (tetro), P (poesía), C (Banda Deseñada), e I ( Inglés). Os libros de ficción están ordenados alfabeticamente por autor e título , agás os de E.Infantil e 1º Ciclo que están por portada. O material de produción propia está colocado no armario que atopamos a entrada da biblioteca. Como é material insubstituíble, pódese levar para as clases pero non para casa e debemos coidalo especialmente. Os fondos de inglés, música , relixión e xogos tamén están na biblioteca e pódense prestar. As películas, tanto en formato DVD como en vídeo, están catalogadas na aplicación Meiga e gardados na biblioteca. No futuro preténdese catalogar outro material: cartografía, esferas terráqueas… Páxina 6 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

RECURSOS HUMANOS A cargo do funcionamento da biblioteca está o equipo de biblioteca, formado por varios docentes e coordinado polo responsable da biblioteca. Este equipo está encargado da xestión técnica (catalogación, expurgo…), da compra de material segundo as necesidades do centro e da coordinación de actividades de dinamización e formación de usuarios. Tamén contamos coa colaboración dun grupo de alumnos voluntarios cada curso.

PRÉSTAMOS Os usuarios poderán acceder aos recursos ofertados, ata un máximo de tres durante quince días. O préstamo quedará rexistrado no MEIGA. Estas condicións poderanse variar segundo as necesidades da biblioteca. - As enciclopedias, dicionarios e outros recursos de consulta son para utilizar na propia biblioteca. - Ao coller un libro é preciso ser coidadoso e deixar o resto ben ubicado. En caso de dúbida consultar ás persoas responsables da biblioteca. Páxina 7 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

- Cada libro ten nas súas primeiras páxinas un número de rexistro. O número de rexistro é como o seu carné de identidade. Ese número indicase á persoa encargada dos empréstitos para que o anote no ordenador. - Ao devolver o libro, dvd,… sempre antes de que remate o prazo, indicar á persoa responsable de empréstitos/devolucións que o rexistre como devolto no programa informático. Se ao abrir un libro, dvd, cd, … tes unha data escrita, indicada como límite de devolución, nunca se poderá superar. En caso de dúbida consultar. - Os alumnos da etapa de infantil e 1º ciclo de primaria deixan o libro na cesta colocada para ese fin na mesa de préstamos, despois de informar aos encargados. Lembra que contamos co servizo de autoempréstito donde ti mesmo podes rexistrar na aplicación o recurso que levas. Este servizo atópase no ordenador 1 e 2.

NORMAS DA BIBLIOTECA - Non comer nin beber na biblioteca. - Moverse amodiño. - Falar baixiño para non molestar aos demais. - Saír e entrar a cada momento da biblioteca molesta ó resto dos usuarios. - Deberás coidar os libros. Non lle arrinques ningún adhesivo, e se traen material engadido (lupas, cartas, planos, …)deberás preocuparte de non perdelo para que o seguinte lector poida gozar do libro. - Ten coidado tamén se ten lapelas ou despregables. Tira delas con coidado. Lembra que son libros moi caros, e non é doado repoñelos. - Se deterioras ou perdes un libro, deberás repoñelo. - Cando vexamos algún libro estragado ou con algún problema deixarémolo na mesa de préstamos cunha notiña aclaratoria no caderno de incidencias.

NORMAS DE USO DO ORDENADOR Na biblioteca hai catro ordenadores para uso do alumnado. Podes utilizalos para consulta. A navegación en Internet ten certos perigos, por iso tes que respectar as seguintes normas: Páxina 8 de 9


“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA”

C.E.I.P. DA TORRE-CELA

- Sempre que uses Internet terá que estar un profesor presente. - Non debes dar os teus datos persoais a través de Internet: nome, teléfono, enderezo, … - Non farás actividades persoais tales como enviar ou recibir correo electrónico, ou entrar nun “chat”. -Nunca hai que quedar con persoas as que coñeceras a través de Internet. -O tempo máximo de uso do ordenador é de 10 minutos. -O uso da impresora será só co permiso do mestre.

PARTICIPACIÓN Os alumnos poden participar na xestión da biblioteca de varias maneiras: -A través do “Torriño de suxestións” podedes facer propostas sobre adquisición de libros, organización da biblioteca e funcionamento. - Os alumnos “ axudantes de biblioteca “ nos recreos devolven os libros prestados, ordenan, orientan e axudan aos compañeiros. participan na decoración da biblioteca con traballos plásticos. Poden axudar aos titores no empréstito. Outra maneira de participar é organizando sesións de contacontos tanto por parte do alumnado como do profesorado.

Páxina 9 de 9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.